EL MONTAPLATOS
Ben e Gus son dous asasinos a soldo que permanecen encerrados na habitación lúgubre dun soto á espera das ordes da organización para a que traballan. Mentres, comezan a recibir absurdos encargos de comidas a través dun montacargas.
EL Montaplatos de Harold Pinter é un novo espectáculo de Animalario, dirixido por Andrés Lima e protagonizado por Guillermo Toledo e Jesús Barranco. Alberto San Juan asina a tradución e adaptación. El Montaplatos (orixinalmente titulada The drumb waiter, algo así como O camareiro parvo) está datada en 1959, e púxose en escena por primeira vez o 21 de xaneiro de 1960 no Hampstead Theatre Club. Neste texto, Pinter volve encerrar nunha habitación a dous seres humanos para falarnos da estúpida servidume que se xera nas relacións humanas.
Palabras do director, Andrés Lima, sobre El Montaplatos de Harold Pinter:
“... creo que o autor define moi ben as relacións humanas tachándoas de servidume estúpida. Quen se comunica connosco? (e digo nós porque Ben e Gus somos nós, como Epi e Blas ou O Gordo e o Fraco ou Don Quixote e Sancho Panza), Dios? A Mafia? O Xefe? Os bancos? O meu pai? En calquera caso pómonos ao servizo de alguén ou algo que define o mundo como unha guerra continua entre os seres que o habitan mentres eles piden pratos combinados e nós na nosa parvada non entendemos que significa. É moi simple, están a pórse morados, comen á nosa costa e ademais pagámoslles por iso. Pero a nosa parvada tamén é a nosa responsabilidade. Abre os ollos e mira a quen tes enfronte. Ao teu lado. Na túa habitación. Sempre me gustou imaxinar a atmosfera desa habitación 10 minutos antes, e experimentar con esas pausas que nunca son reais en teatro, por antirítmicas, e chegar a construír un mundo con elas, co silencio, cos ruídos.
Como che soan as tripas cando estás morto de medo?
A miña simpatía polo montaplatos nace de véla como un PESADELO CÓMICO, algo así como a vida. A primeira vez que a lin pensei en ETA, a banda terrorista, isto situoume no plano político e isto levoume ao persoal, cal é o medo do asasino? e máis claramente cal é o medo entre irmáns? Aínda non deseñei a posta en escena pero intúo que as tubaxes do soto gritarán e a parvada de Ben e Gus será a súa norte. Ao realismo desta obra vaille moi ben a frase de Ionesco: "A vida do home é absurda, a súa traxedia ridícula."
A COMPAÑÍA: ANIMALARIO
No ano 2001 Andrés Lima, Alberto San Juan e Guillermo Toledo fundan Animalario Teatro. Desde entón produciron 10 espectáculos como “Tren de Mercancias”, “Pornografía barata”, “Todo lo que Uds. no pudo saber de la boda de Alejandro e Ana”, “Últimas palabras de Copito de Nieve”, “Hamelin”, “Marat-Sade”, “Algerino servido de dos amos”, “Tito Andrónico”, “Urtain” e agora “Penumbra”, dirixidas por Andrés Lima. Con todas elas obtiveron varios premios Max.
ANDRÉS LIMA. Director
Director da Compañía Animalario (gañadora no 2005 do Premio Nacional de Teatro ademais de catorce Premios Max, en concreto tres deles para Andrés Lima como Mellor Director). Realizou numerosos cursos por España. Estivo de bolseiro pola Residencia Internacional de Escritores Emerxentes no teatro Royal Court (Londres). Actor, director e autor.
de Harold Pinter
Animalario
Guillermo Toledo, Jesús Barranco
Andrés Lima dirección
Teatro Principal
mércores 19 decembro
21:00
15 euros / 10 euros (anfiteatro)
venda de entradas: entradas.novagaliciabanco.es / 902434443
Teatro Principal 18:00-21:00 (de martes a sábado)
Ficha
EL MONTAPLATOS de Harold Pinter
Dirección: Andrés Lima
Tradución: Alberto San Juan
Intérpretes: Guillermo Toledo e Jesús Barranco
Axudante de dirección: Laura Galán
Escenografía e vestiario: Beatriz San Juan
Deseño de Iluminación: Valentín Álvarez
Deseño de son e música: Nick Powell
Produción: Joseba Gil
Documentalista: Walter ScopherbillUnha produción de ANIMALARIO