Axenda e tempo do sábado 27 de febreiro - Música, obradoiros, baile, mercado, exposicións

Santiago - Numax 

Ordes - Fin de semana de Zumba

Santiago -CSC O Ensanche - taller de personalización de paraugas 

Ames - Cocido sinfónico no Milladoiro

Santiago - Área Central - sábados creativos

Ordes - XXV Aniversario da Banda Municipal de Ordes - Concerto con Lamas & Romero 

Santiago - Borriquita de belem - Alejandro VargasTrio

Oroso - I Memorial Fernando Abad de ciclismo

Teo - Mercado de productos galegos en Os Tilos

Santiago - II Feira de Antigüedades

Frades - Monicreques para conmemorar o Día de Rosalía 

Lalín - Xuntanza Augas Bravas



Exposicións
Santiago - Gaias - José Suárez - Uns ollos vivos que pensan (ata o 27 de marzo) 

Santiago - Museo de Ciencias Naturais - Mostra sobre legumes

Santiago - Museo do Pobo Galego - Mostra de Gabriel Tizón

Santiago - Museo do Pobo galego - "Unha porta do Rial. Ehlaba Carballo e Riobó Prada" (ata o 6 de marzo)

O Tempo

Ordes - Conmemoración polo XXV aniversario da fundación da Banda Municipal

A Banda de Música de Ordes celebrará hoxe sábado, 27 de febreiro, o primeiro dos actos previstos no seu programa de conmemoración polo XXV aniversario da súa fundación. A partir das 19.45 horas os seus compoñentes subirán ao escenario da discoteca LP45 acompañados do trío folk ‘Vaamonde, Lamas e Romero’. Todos xuntos ofrecerán un interesante e orixinal espectáculo no que se mesturan o sabor popular e a modernidade. Música popular e teatralidade aderezadas con grandes doses de humor e retranca, que inclúe os arranxos realizados polo saxofonista e compositor Roberto Somoza. Un espectáculo único e distinto no cal tamén colabora o Concello de Ordes, a Deputación da Coruña e LP45 e que se poderá desfrutar de balde.

O amplo programa conmemorativo está deseñado pola Asociación Cultural Amigos da Música de Ordes. Vai especialmente dirixido ao pobo de Ordes, o seu público máis fiel e desenvolverase ao longo de todo o ano. Como eixe central destaca a gravación dun CD, para o que contarán coa participación de agrupacións locais como Os Viqueiras ou Pelexos de Ordes, as corais polifónicas de Santa Eulalia de Senra e Santa Cruz de Montaos, ou o trío Vaamonde, Lamas & Romero. Un traballo cuxa presentación oficial está prevista para finais de ano na casa da cultura ordense.

'A tres bandas'

Para a primeira fin de semana do mes de agosto está previsto o concerto titulado 'A tres bandas'. Unha actuación conxunta coas bandas de Arca e Boiro que congregará a máis de 100 músicos sobre o escenario que se instalará na Alameda de Ordes. Muiñeiras e xotas galegas, pasodobres, obras modernas, operetas etc, serán parte do repertorio. 

Este ano máis ca nunca o 26 de novembro celebrarase a festividade da súa patroa, Santa Icía. Pasacalles e concertos, actuacións musicais, colchóns inchables e xogos para cativos, concursos e sorteos, xantares e encontros populares sucederanse durante toda a xornada.

Xa de cara ao Nadal tamén se estuda a posibilidade de ofrecer un espectáculo musical familiar de monicreques no que a suite do 'Crebanoces', composta por Tchaikowsky, será un protagonista máis.

Con todo isto preténdese levar a cabo unha celebración que se estenda ao longo de todo un ano, e sen que estea limitada por áreas xeográficas, franxas de idade ou preferencias estilísticas. “Nos nosos concertos poderanse escoitar pezas de todos os estilos e procedencias. Tamén temos preparados espectáculos familiares para que os más novos e novas poidan apreciar a música de autor, e outros combinados co humor”, aseguran dende a organización. “Todo isto cunha finalidade predominante, que a música das bandas perdure ao longo do tempo”, aseguran os compoñentes da Banda de Música de Ordes.

Área Central - Nova xornada de Sábados Creativos

Area Central acoge hoy una nueva sesión de sus “Sábados creativos”, iniciativa semanal que ofrece actividades lúdicas para entretener a las familias. En esta ocasión, la temática será la que más interés despierta habitualmente: la cocina creativa.

La esquina amarilla de Area Central celebrará de 18.00 a 20.00 horas este taller gastronómico que tendrá como tema de fondo el invierno ya que los niños participantes podrán elaborar “muñecos de nieve” y “pingüinos dulces y salados”; a partir de frutas, yogures y otros alimentos saludables.

Las responsables de “Planeta Shalom” impartirán este taller y ayudarán a los pequeños asistentes a elaborar sus platos. El propio espacio de celebración del taller cuenta también con libros y lápices de colores por si los niños prefieren la lectura o pintura. 

Exposiciones complementarias a la Feria de Minerales

Por otro lado, desde mañana y hasta el domingo 6, se podrán ver en la esquina roja de Area Central varias exposiciones sobre minerales, enmarcadas éstas en la feria que comenzará el jueves 3. Cuatro vitrinas reunirán diferentes minerales de Galicia, propiedad del aficionado Carlos Rodríguez. Una pantalla emitirá fotografías de los diferentes minerales que existen en Galicia y cinco paneles explicarán la importancia de los recursos naturales de Galicia en una exposición cedida por la Escuela Técnica Superior de Ingeniería de Minas de Vigo.

Estas tres muestras forman parte de la segunda edición de la Feria de Minerales, que se celebrará desde el jueves 3 al domingo 6 en la esquina roja de Area Central. En esta feria participarán más de veinte stands de venta procedentes de Galicia, Castilla y León, Portugal y Lituania con minerales extraídos de Galicia, Portugal, Marruecos, la zona del Mar Báltico y Georgia.

Lalín - Visita virtual ao polígono Lalín 2000 na web municipal

O Concello ten previsto incluír na súa páxina web unha visita virtual ao Polígono Lalín 2000 co obxectivo de promocionar e darlle visibilidade ás empresas que están instaladas na principal e máis ampla área industrial do municipio. Desta maneira, todas as persoas que accedan ao portal do Concello dende calquera parte do mundo terán a oportunidade de coñecer o emprazamento exacto destas empresas e comprobar cales son os servizos que ofrecen. 

A visita virtual realizarase a través dun mapa do Polígono no que estarán localizadas cada unha das súas naves. Clicando sobre cada unha das parcelas que ocupan, o usuario poderá acceder a todos os datos da empresa, ademais de dispor dunha ligazón á páxina web da propia compañía, en caso de que dispoña dela.

O alcalde de Lalín, Rafael Cuíña, explica que a principal intención desta iniciativa é colaborar dende o Concello a que se incremente o coñecemento das empresas instaladas no Polígono Lalín 2000. Os obxectivos tamén pasan por aumentar a súa visibilidade e facilitar o coñecemento da súa actividade, ao tempo que se amosa a gran oferta de produtos e servizos que ofrecen as distintas industrias que están radicadas nesa área empresarial. 

Ademais, esta visita virtual que se está a impulsar dende o Concello tamén permitirá coñecer cales son os locais ou naves que están dispoñibles para a súa compra ou alugueiro no Polígono. A concelleira de Emprego, Katia Procino, afirma que “o Concello ten a obriga de poñer todos os medios para facilitar o incremento da actividade das industrias radicadas no noso municipio e, por suposto, favorecer o asentamento de novas iniciativas, algo ao que tamén contribuirá o recentemente inaugurado Viveiro de Empresas”. Procino insiste en que “calquera acción destinada a dinamizar a actividade no Polígono ten efectos beneficiosos para o conxunto do concello, xa que poderá redundar na creación de emprego e na reactivación económica”.

Por outra banda, o Concello vén de solicitar unha subvención co obxectivo de mellorar a sinalización no propio Polígono. Mediante este proxecto está previsto que se coloquen novos paneis informativos nas entradas da zona industrial.

PP Ames - Sobre os problemas eléctricos no rural

O PP de Ames amosou a súa satisfacción porque o Pleno da Corporación aprobara o xoves por unanimidade a súa moción que demandaba solucións ás deficiencias no subministro eléctrico no rural. Neste sentido, tamén agradece que o propio Goberno local atendera esta demanda, incluso antes de que fora aprobada polo Pleno, e remitira un escrito á compañía eléctrica solicitando información e demandando solucións.

A moción, que incorporou unha emenda do Grupo Municipal Ciudadanos de Ames, recorda os continuos cortes de subministro eléctrico que desde hai anos veñen padecendo os veciños, principalmente das zonas rurais de Ames. As incidencias son habituais en zonas como Ventosa, Cobas, Ames ou Piñeiro; ao que se sumaron os últimos episodios padecidos polos veciños durante o presente mes de febreiro, onde se viron afectados varios núcleos do concello, como Pedrouzos, Bugallido ou Tapia, entre outros.

O Grupo Popular solicita nesta moción a Gas Natural Fenosa unha profunda inspección da rede de subministro eléctrico, de xeito que se poidan detectar os puntos que provocan os cortes eléctricos. Así mesmo, demándase á empresa a reparación ou substitución da parte do tendido que se atopa en mal estado; xunto cos postes e outros elementos ou instalacións necesarias para garantir o subministro.

Por outra banda, o Grupo Popular valora de xeito moi positivo a aprobación unánime por parte do Pleno da reparación e acondicionamento do Cemiterio Municipal de Ames, que se levará adiante cun préstamo a 10 años, con dous anos de carencia e sen intereses, outorgado pola Deputación da Coruña. 

Esta actuación é necesaria non só por ser unha esixencia legal para todo municipio con máis de 20.000 habitantes, senón porque os veciños que proceden doutras localidades, así como os que non profesan a relixión católica, no poden ser soterrados nos cemiterios parroquiais e teñen que recibir sepultura en cemiterios municipais doutros concellos.

Non obstante, o Grupo Popular demandou ao goberno que en paralelo co traballo de licitación das obras, se fagan as xestións oportunas para que cando o Cemiterio se atope arranxado, se poida utilizar de maneira efectiva. Para elo, lembroulle da conveniencia de elaborar as bases para a tramitación do expediente administrativo para o outorgamento do dereito funerario polos usuarios, establecer un sistema de vixiancia das instalacións unha vez que se atopen en boas condicións, para evitar novos actos de vandalismo, e que se elabore a oportuna ordenanza fiscal para fixar os prezos para o uso da instalación.

Neste pleno incorporouse ao Grupo Popular o Concelleiro Roberto Martínez, logo da súa toma de posesión.

Psoe Ordes - A Diputación modifica o proxecto da estrada Ordes Cerceda

O grupo municipal socialista de Ordes celebra a aprobación hoxe por parte da Deputación da Coruña de dous importantes investimentos no municipio, que suman 270.000 euros, e lamentan o atraso na subvención nominativa de 150.000 euros para arranxar o polideportivo do colexio Campomaior por mor de que o Concello de Ordes non achegou a documentación necesaria. Os socialistas instan ao alcalde ordense a facer o seu traballo e remitir canto antes a documentación que falta para poder poñer en marcha unha actuación pola que o PSOE de Ordes leva máis dun ano traballando.

Así, na sesión plenaria de hoxe a Deputación presidida polo socialista Valentín González Formoso aprobou unha modificación do convenio para a mellora do firme na estrada de Ordes a Cerceda por Virís, entre o P.K. 6+500 e o límite municipal por un importe de 241.703,42 euros, dos que a Administración Provincial achegará 193.362,74 euros. Deste xeito, o pleno provincial modifica o acordo que tomara a anterior corporación en abril de 2015 para ampliar a plataforma da estrada de 7 a 9 metros, de xeito que permita incorporar beiravías e aumentar así a seguridade tanto de peóns e condutores, especialmente nas zonas máis poboadas como Bailía. As obras deben estar entregadas e xustificadas antes de novembro de 2016.

Así mesmo, a Deputación tamén aprobou unha achega de 30.000 euros para actuacións socioculturais entre as que figuran 9.000 euros para un animador sociocultural, 3.000 euros para un técnico de ximnasia pra maiores, 9.000 euros para a escola municipal e outros 9.000 euros para un técnico de Deportes.

Falta de documentación

Finalmente, o pleno provincial non puido aprobar hoxe unha das propostas polas que os socialistas de Ordes levan máis tempo traballando: o proxecto para o arranxo do polideportivo do colexio Campomaior. O investimento de 150.000 euros comprometido por parte da Deputación xa fora aprobado nunha sesión anterior, pero hoxe non se puido aprobar o proxecto debido a que o Concello de Ordes non achegou toda a documentación precisa.

O Concello de Ordes enviou a documentación o pasado 7 de xaneiro e, unha vez revisada, resultou incompleta. O 26 de xaneiro a Deputación lle requeríu ao Concello a documentación que faltaba, sen obter resposta ata o momento. A Agrupación Socialista de Ordes insta ao alcalde de Ordes a facer o seu traballo e enviar canto antes a documentación que falta para poder así poder poñer en marcha este importante investimento.

Santiago Futsal - Tropezo do equipo en Málaga

Durou a incerteza de se se podería disputar o encontro no Fernando Argüelles, pavillón que amosaba unha pista practicamente anegada debido á intensa choiva, ata o pitido inicial do árbitro que dando comezo ó encontro entre UMA Antequera e Santiago Futsal.

Transcorridos os tres primeiros minutos do encontro, os locais adiantaríanse no marcador co tanto de Fali, vantaxe que aumentou Miguel ata en dúas ocasións nos dous minutos posteriores para poñer o partido moi de fronte para os intereses malagueños. A pesar dos arreóns celestes por reducir as distancias, Cecilio foi o encargado de facer o 4-0 no ecuador da primeira parte. Javi Sánchez anotaría o quinto para os seus e, xa con porteiro xogador en pista, os celestes lograrían reducir distancias por medio de Antonio Diz. Con todo, Cecilio volveu anotar para os seus só un minuto despois. Pecharía o marcador na primeira parte o lucense Hugo Sánchez, que anotou o 6-2 ao fío do descanso.

Tras a continuación, os tantos de Óscar, Juan Varela, Cecilio. Javi Sánchez e Armando aumentarían a conta para o equipo malagueño. Álex Diz anotou o terceiro tanto celeste sobre a bucina e pechou o marcador co 11-3 definitivo.

Ficha do partido

UMA Antequera: Juan Varela, Cecilio, Fali, Javi Sánchez e Claudio- cinco inicial- Crispi, Miguel, Rafa, Óscar e Armando.

Santiago Futsal: Iker, Pablo Tallón, Hugo Sánchez, Álex Diz e Antonio Diz -cinco inicial- Pablo Mel, Santi, Dani Montes, Catela e Iván Rumbo

Árbitros: Gutiérrez Lumbreras e Lope Díaz. Amoestaron con cartón amarelo a Santi, Catela e Iván Rumbo por parte do Santiago Futsal.

Incidencias: Partido correspondente á 23ª xornada de Liga celebrado no Pavillón Fernando Argüelles

Goles: 1-0 min. 3 Fali, 2-0 min.4 Miguel, 3-0 min.5 Miguel, 4-0 min.10 Cecilio, 5-0 min.14 Javi Sánchez, 5-1 min. 15 Antonio Diz, 6-1 min. 15 Cecilio, 6-2 min.16 Hugo Sánchez, 7-2 min.25 Óscar, 8-2 min.29 Juan Varela, 9-2 min.31 Cecilio, 10-2 min.34 Javi Sánchez, 11-2 min.39 Armando, 11-3 min.40 Álex Diz

Ames - Inauguración da ETAP Ames Brión

Onte inaugurouse a Estación de Tratamento de Auga Potable Ames-Brión, que dispón dunha capacidade de 175 litros por segundo, para dar cobertura e servizo a máis de 50.000 veciños e veciñas de Ames e Brión, e uns 100.000 nunha estimación futura. Ao acto de inauguración asistiron o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, o alcalde de Ames, José Miñones, a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, o director de Augas de Galicia, Gonzalo Mosquera, os voceiros dos grupos municipais que forman parte do goberno municipal, así como a tenente de alcalde de Brión, Yolanda Bouzas, e o director técnico da obra, José María García. 

Onte o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, acompañado do alcalde de Ames, José Miñones, da conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, do director de Augas de Galicia, Gonzalo Mosquera, e dos voceiros dos grupos municipais que forman parte do goberno municipal, así como da concelleira de Medio Ambiente de Ames, a tenente de alcalde de Brión, Yolanda Bouzas, e varios concelleiros e concelleiras da corporación municipal de Ames visitaron a Estación de Tratamento de Auga Potable Ames-Brión para participar no acto de inauguración desta nova infraestrutura que dará servizo á veciñanza dos concellos de Ames e Brión.

As autoridades da Xunta de Galicia e dos Concellos de Ames e Brión, que estiveron acompañados do director técnico de obra, José María García Regueira, realizaron unha visita polas instalacións da nova ETAP. Deste xeito, accederon á Estación pola sala de cadros, e a continuación, visitaron a área de pretratamento, á oficina de control, e a zona de filtrado. Por último, o director técnico da obra realizoulles unha explicación técnica sobre un panel que estaba colocado na sala de bombeo.

A ETAP, que se sitúa preto da aldea da Ponte Maceira, dispón dunha capacidade de 175 litros por segundo para dar servizo aos municipio de Ames e de Brión, sendo máis de 50.000 os habitantes beneficiados coa súa posta en marcha y uns 100.000 nunha estimación futura. O proxecto inclúe 12 quilómetros de tubaxe, así como un deposito de regulación e de cabeceira de 10.000 metros cúbicos que se conecta por gravidade e subministra auga cara os depósitos xa existentes en Ames e Brión.

Para a execución desta ETAP a Xunta de Galicia achegou 8,1 millóns de euros, mentres que o Concello de Ames puxo 400.000 euros e o Concello de Brión aportou 200.000 euros, sumando un investimento total de 8,7 millóns de euros. 

Trala visita o alcalde de Ames, José Miñones, e o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, compareceron diante dos medios de comunicación. En primeiro lugar, Miñones agradeceulle á Xunta de Galicia “o traballo realizado para facer realidade esta instalación tan necesaria para os Concellos de Ames e Brión, que axudará a paliar os problemas de abastecemento que temos durante os meses de verán. Tamén aproveito para escusar a ausencia do alcalde de Brión que hoxe non nos pode acompañar como a el lle gustaría ao ter pleno na Deputación de A Coruña”.

Ampliación do servizo de abastecemento ata O Milladoiro

O rexedor de Ames aproveitou a ocasión para pedirlle a Núñez Feijóo a colaboración da Xunta para ampliar o servizo que presta esta ETAP ata a localidade do Milladoiro. “Na actualidade esta ETAP non dará servizo a todo o concello de Ames facéndose necesaria un importante investimento de canalización para dar cobertura ao resto do noso Concello. É preciso executar a canalización necesaria para que esta ETAP abasteza tamén ao núcleo principal do noso Concello, como é O Milladoiro. Non tería sentido doutro xeito que unha instalación como a que hoxe se inaugura, non preste o servizo a case a metade da nosa poboación ,e que o Concello de Ames teña que seguir comprando auga ao Concello veciño de Santiago para abastecer ao Milladoiro e unha parte de Teo”, apuntou Miñones.

Sobre o modelo de xestión desta instalación José Miñones dixo que “na actualidade Ames está inmersa nun proceso de licitación do ciclo integral da auga e mantendo a declaración de emerxencia para o seu abastecemento a través da empresa concesionaria. Esta motivación, xunto co feito da necesidade de deseñar unha xestión conveniada entre os Concellos que permita regularizar a explotación da ETAP, fai que ambos alcaldes teñamos solicitado á Xunta de Galicia que a explotación desta nova instalación sexa realizada a través de Augas de Galicia ou ben a través da propia sociedade encargada da obra, en concepto de garantía, e como así sucede noutros puntos de Galicia”.

Por último, o alcalde de Ames solicitoulle ao presidente da Xunta axuda en temas tan importantes e necesarios como a construción do novo centro de saúde do Milladoiro, a mellora das instalacións do centro de saúde de Bertamiráns, e a execución dun novo centro educativo.

Investimento de 8,7 millóns de euros

A continuación interveu o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, que subliñou que “a ETAP Ames-Brión, cun investimento de 8,7 millóns de euros, representa o grande esforzo orzamentario feito para dotar dun sistema de abastecemento propio a dous concellos en crecemento; dous concellos que forman parte dunha das áreas máis dinámicas como é a comarca de Compostela”.

Feijóo tamén destacou que “o plantexamento da Xunta de Galicia en relación co abastecemento de auga é que chegue a auga en Galicia a todos os núcleos que superen os 50 habitante, con independencia do lugar, e proseguir coas obras de saneamento das rías e dos ríos galegos. É un obxectivo ambicioso pero a auga é fundamental para a garantía da saúde publica”. Para iso anunciouse unha mobilización para este ano 2016 de 90 millóns de euros para acometer obras de saneamento e abastecemento.



Feijóo concluíu a súa intervención destacando a aposta do Goberno galego pola eficiencia, pola cooperación e pola prestacións de servizos comúns como están levando a cabo os Concellos de Ames e Brión. E, consciente do incremento da poboación de Ames, referiuse tamén a outras actuacións que a Xunta está a levar a cabo no concello de Ames, tanto en materia educativa como no eido da sanidade.



Centro de saúde do Milladoiro



Sobre o centro de saúde do Milladoiro o presidente da Xunta recolleu a proposta lanzada polo alcalde de Ames e adiantou que onte chegou á Consellería de Sanidade a documentación enviada polo Concello de Ames sobre a construción do novo centro de saúde do Milladoiro. Núñez Feijóo explicou que a Xunta avaliará de xeito inmediato a documentación enviada polo Concello, co obxectivo de poder construír un novo centro de saúde no Milladoiro. “Avaliaremos a documentación para, se é posible, facer o proxecto construtivo e a licitación do novo centro neste ano 2016”, adiantou o presidente da Xunta.

PP Santiago - Reunión Padroado do Refuxio de Animáis

A concelleira do Grupo Municipal do Partido Popular, Teresa Gutiérrez, tras a reunión do Padroado da Fundación do Refuxio de Animais, ofreceu unha rolda de prensa para denunciar a intención da concelleira de Benestar Animal de cesar á directora do Refuxio “sen xustificación” e de malas maneiras. Neste senso, informou de que nun punto da orde do día ía incluída a proposta de cese, que tivo que ser retirado na propia reunión tras a petición de todos os padroados, que reclamaban documentación e unha motivación obxectiva para o cese: “Non hai ningunha causa que o xustifique nin problemas na dirección nin na xestión do Refuxio”. 

Para a concelleira popular, “quen debe ser reprobada e dar explicacións é a concelleira de Benestar Animal, que faltou no seu interese e na súa obrigación de velar polo Refuxio”. “A causa que esgrime o grupo de goberno é a perda de confianza -continuou-, pero non a vincula á súa labor, senón a unha carta escrita pola propia directora ao alcalde e ao resto de padroados amosando o seu malestar polas declaracións da concelleira nas que falseaba os datos de sacrificios”. Neste senso, recordou que no pasado mes de novembro a concelleira de Benestar Animal ofrecía unha rolda de prensa na que indicaba que o número de sacrificios ascendía a seiscentos. “Datos gravemente inexactos”, subliñou Teresa Gutiérrez, quen explicou que os datos do ano anterior eran de aproximadamente medio centenar. Dende ese momento, cortouse todo tipo de comunicación entre a concelleira e a directora. “A sensación que temos é que a concelleira está tendo unha revancha persoal”, lamentou e esixiu explicacións ao respecto.

“O grupo popular non está de acordo con que se cese a unha persoa por facer o seu traballo e por velar pola imaxe e os intereses do Refuxio”, subliñou Teresa Gutiérrez, quen cualificou de “neglixencia” e de “irresponsabilidade” esta decisión, xa que “non se pode suspender un contrato sen máis alternativa e sen ter en conta que a directora é a única veterinaria que ten o Refuxio”. Por iso e tal e como explicou Teresa Gutiérrez, todos os padroados pediron información relativa a cal é a alternativa, o custe da rescisión do contrato de alta dirección, as bases para a nova convocatoria e o tipo de contrato polo que se optaría.

Segundo Teresa Gutiérrez, o alcalde debería impedir esta “inxustiza” da súa concelleira, xa que senón será copartícipe dunha “decisión a mala fe”. Para finalizar, destacou a profesionalidade da directora, que está máis que demostrada nos dez anos que leva á fronte do Refuxio: “É unha persoa que se desvive polo Refuxio, que ten iniciativa e que está nunha busca permanente de colaboradores”.

Silleda - Inauguración da obra "Homenaje a París"

O alcalde de Silleda, xunto con varios concelleiros, procedeu onte á inauguración da escultura “Homenaje a París”, unha obra doada hai un par de anos polo escultor e gravador Carlos Alberto Castro Robles, (Bos Aires, 1957).

A obra, colocada sobre unha grande base de pedra, está realizada en aceiro cortén esmaltado, e ten tres metros de alto, cun peso de 700 kilogramos. 

O artista cedeu no 2014 a obra ó Concello de Silleda, onde ten as súas raíces, e onde se afincou dende entón. A peza conta con réplicas en museos e parques de Luxemburgo, Extrasburgo, ou cidades coma Dallas, (Texas).

O Concello de Silleda fíxose cargo do traslado da escultura dende Girona, cidade na que o artista levaba residindo dende o ano 1988, logo de ter residido tamén na capital francesa, onde comezou a xestar a obra cedida. 

O alcalde, Manuel Cuiña, agradece en nome de todos os veciños e veciñas o xesto de Castro Robles, que hai uns meses se afincou xunto a familiares no municipio de Silleda, terra natal do seu avó (era do lugar de Riobó, en Negreiros), ademais de destacar o prestixio e traxectoria do autor. Ademais desta peza, no traslado tamén se incluíu todo o taller do artista e outras dúas obras da súa propiedade.

Castro Robles foi un dos introductores do chamado Movemento Madí en España. Esta corrente artística iniciuose en Arxentina no ano 1946 da man de artistas plásticos e trasladouse a todas as ramas da arte, baseándose na extremación dos conceptos de creación e invención.

Castro Robles está considerado, a nivel internacional como un dos artistas de gravado de maior prestixio e técnica, proxectando tamén a súa obra cara á escultura. As súas creacións están presentes no Museo Nacional Reina Sofía, no Madi Museum and Gallery de Dallas, Galería John Szoke-grapchic, de Nova York, Grandes Casinos de España, en Madrid; no Cente Cultural de Woluwe-Saint Pierre (Bruxelas), Galería de Arte de Rivadavia (Bos Aires) e en moitas obras localidades. Ademais ten participado en exposicións e mostras de moitos países de Europa, América e Asia.

Santiago - Proposta de renovación do modelo de xestión do Refuxio de animais

A concelleira de Benestar Animal presidiu onte unha reunión do Padroado da Fundación Refuxio de Animais, na que presentou unha proposta para renovar o modelo de xestión do refuxio. Noa Morales formuloulles aos membros do Padroado a posibilidade de dividir o actual posto de alta dirección de Bando noutros dous contratos, un de director e outro de veterinario. A edil insistiu en que “este modelo sería máis eficiente e máis eficaz, e permitiría afrontar mellor a actual carga de traballo no Refuxio”.

A concelleira deu conta desta proposta, sobre a que deberá que decidir o Padroado, nunha reunión na que tamén se analizou a posibilidade de desistir o contrato coa actual directora do Refuxio. Un informe da Asesoría Xurídica do Concello entende que esta medida sería acaída, fundada na perda de confianza tras as actuacións levadas a cabo pola responsable do refuxio que, no 10 de decembro de 2015, remitiu aos membros do Padroado da Fundación unha carta na que acusaba á concelleira de Benestar Animal de impedir que se levaran a cabo algunhas actividades, de non responder ás súas solicitudes, e de darlle un trato marxinal ao Refuxio de Bando. Noa Morales rexeitou estas acusacións, e o Padroado acordou solicitar un novo informe antes de adoptar unha decisión sobre o posible desestimento do contrato de alta dirección.

O informe da Asesoría Xurídica do Concello analizado hoxe explica que o persoal de alta dirección non se rexe polo Estatuto dos Traballadores, senón polo Real Decreto 1382/1985, do 1 de agosto, que sinala o “desestimento do contrato por falta de confianza no traballador como unha das causas de extinción da relación laboral, o que sería impensable no caso dunha relación laboral ordinaria”. Tamén advirte que “ao persoal contratado baixo unha relación de alta dirección élle esixible un grao de compromiso, lealdade e boa fe na relación contractual proporcionado ao grao de coñecementos esixidos e responsabilidades exercidas, así como ás condicións laborais e, en particular, retributivas propias do cargo do que desfruta”.

Contas e melloras no convenio colectivo do Refuxio 

Na reunión de hoxe, o Padroado da Fundación Refuxio de Animais tamén aprobou as contas da anualidade 2014, e deulle o visto bo provisional ás de 2015. Ademais, analizouse o orzamento de 2016, pendente de incorporar novos gastos non contemplados e de estudar a posibilidade de tramitar unha póliza de crédito. A concelleira de Benestar Animal explicou que esta operación é necesaria “porque durante a elaboración dos orzamentos de 2015, o anterior goberno esqueceu a incorporación da subvención nominativa do Refuxio, que foi preciso incluír despois a través dun modificativo aprobado en pleno”. 

Noa Morales tamén levou á reunión do Padroado unha proposta para mellorar o convenio colectivo dos traballadores do Refuxio, tanto a nivel salarial como social. A edil explicou que se acordou solicitar un informe económica antes de aprobar esta modificación, e adiantou que os orzamentos municipais de 2016 prevén destinar 23.000 euros máis ao Refuxio, para acompañar esas melloras.

Axenda e tempo do venres 26 de febreiro - Música, teatro, charlas, exposicións

Santiago - Numax 

Boqueixón - Charla sobre os riscos de internet e as redes sociais

Santiago - Casa das Crechas - Xosé Constenla - Virada por avante

Brión - Concerto da escola de música Magariños 

Ordes - Tarde de fábula na biblioteca

Ames - Cocido sinfónico no Milladoiro

Silleda - Festa de Namorar 

Lalín - Xuntanza Augas Bravas

Santiago - Concerto da Real Filharmonía



Exposicións
Santiago - Gaias - José Suárez - Uns ollos vivos que pensan (ata o 27 de marzo) 

Santiago - Museo de Ciencias Naturais - Mostra sobre legumes

Santiago - Museo do Pobo Galego - Mostra de Gabriel Tizón

Santiago - Museo do Pobo galego - "Unha porta do Rial. Ehlaba Carballo e Riobó Prada" (ata o 6 de marzo)

O Tempo

Casa das Crechas - Xosé Constenla presenta o seu cuarto disco "Virada por Avante"

Xosé Constenla presenta hoxe aquí o seu cuarto traballo discográfico, titulado ‘Virada por Avante’, cun concerto especial no que estará acompañado polo productor do disco, Fredi Marugán, ás guitarras, e polo pianista Javier Constenla. 

En ‘Virada por Avante’ atopamos claras influencias do folk-rock americano, de James Taylor a Ray Lamontage, xunto coa corrente iberoamericana de canción de autor, como sinal de identidade deste músico compostelano. Sen dúbida, trátase do álbum máis maduro, persoal e sofisticado de Xosé Constenla, no que participaron, ademais de Fredi Marugán, artistas e técnicos tan recoñecidos como Javier Bergia e Oscar Herrador (Stateroom Studios)".

Brión - Concerto da Escola Municipal de Música Magariños

Alumnos e alumnas da Escola Municipal de Música Magariños de Brión ofrecerán hoxe venres 26 de febreiro un recital de piano e guitarra dentro da terceira edición dos “Venres musicais”, unha iniciativa creada en 2014 para conmemorar o décimo aniversario do centro brionés e que se converteu nun programa máis debido ao éxito acadado. 

A cita é na sala municipal de exposicións de Brión, a partir das 20:00 horas. A entrada é libre e de balde ata encher aforo, cousa que xa aconteceu nos anteriores “Venres musicais”. O acto está organizado pola ESMU Magariños, que conta coa colaboración do Concello de Brión, a Deputación da Coruña e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Ordes - Tarde de fábula na biblioteca

Hoxe venres, 26 de febreiro, a biblioteca de Ordes celebrará unha nova sesión das súas ‘Tardes de contos e lendas’. Nesta ocasión ofrecerase unha selección de fábulas clásicas guionizadas por Esteban Acuña, para o que tamén se contará coa participación do público asistente. A cita dará comezo a partir das 18.30 horas e vai dirixida a nenos e nenas de 3 a 8 anos.

Numax - Programa do 26 ao 3 de marzo

«Ave, César!» e «Sayat Nova», grandes estreas da semana en NUMAX

A nova comedia dos irmáns Coen canda unha das obras mestras do armenioSergei Paradjanov encabezan a oferta da semana no Cinema NUMAXJoel e Ethan Coen mergúllanse en Ave, César! no fascinante mundo dos estudios do Hollywood clásico, nunha enxeñosa comedia que nos leva á rodaxe dunha superprodución ambientada na antiga Roma. O actor principal, interpretado porGeorge Clooney, resulta secuestrado durante os ensaios e o seu mediador, encarnado polo sempre eficaz Josh Brolin, será o encargado de o atopar e liberar. A medio camiño entre a parodia e a homenaxe ao vello Hollywood,Ave, César! vén de se estrear mundialmente neste mes de febreiro no Festival de Berlín e terá a súa estrea en NUMAX o venres 26.
Xa metidos en marzo, en concreto o mércores día 2, chega á pantalla de NUMAX un título esencial na historia da sétima arte. Sayat Nova, traducida ao español como El color de la granada, sitúase como o cumio artístico do cineasta armenio Sergei Paradjanov. A pesar de ser mutilada pola censura soviética en 1969, ano da súa estrea, o traballo de recuperación levado a cabo pola Cineteca di Bologna e a Fundación Martin Scorsese devólvenos a metraxe orixinal dun filme visualmente abraiante, que recompón a vida deSayat Nova, poeta e trobador armenio do século XVIII. En palabras de Jean-Luc Godard: «No templo do cinema hai imaxes, luz e realidade. Paradjanov era o mestre dese templo».

Outros filmes en carteleira

Continúa na pantalla de NUMAX El abrazo de la serpiente, longametraxe colombiana que segundo o crítico Jordan Mintzer, constitúe «unha exploración visualmente hipnótica do ser humano, a natureza e os poderes destrutivos do colonialismo». O filme de Ciro Guerra, que na vindeira fin de semana optará ao Oscar á mellor película de fala non inglesa, terá en NUMAX a súaderradeira proxección o xoves 3 de marzo.
Ademais, ao longo da semana poderedes seguir gozando de Carol, de Todd Haynes, turbadora aproximación á historia de amor lésbico interpretada por dúas actrices especialmente inspiradas: Cate Blanchett e Rooney Mara. O vindeiro xoves 3 de marzo celebrarase a derradeira proxección de Carol en NUMAX.
Tamén afronta a súa última semana en carteleira Transeúntes, de Luis Aller. O «big bang» cinematográfico arredor da cidade de Barcelona vivirá o seuúltimo pase o martes 1 de marzo.

Margarita Ledo presenta na Libraría NUMAX «Manuel María: Eu son fala e terra desta miña terra»

A cineasta, catedrática e académica Margarita Ledo Andión visita o xoves 25 de febreiro ás 20:30 Libraría NUMAX para presentar a edición en formato libro-DVD do filme Manuel María: Eu son fala e terra desta miña terra, cuxo deseño correu a cargo do Laboratorio NUMAX. No acto de presentación intervirán, amais da propia autora, o editor Miguel Anxo Fernán Vello e o escritor e cofundador de Nós Produtora Cinematografica, Nemesio Barxa.

Ave, César!
(Joel e Ethan Coen, 2016)

Sayat Nova
(Sergei Paradjanov, 1969)

Programación

Venres 26 de febreiro

12:00 Transeúntes (vo)
15:45 Carol
18:00 Ave, César! Estrea
20:00 El abrazo de la serpiente
22:20 Ave, César!


Sábado 27 de febreiro

12:00 Transeúntes (vo)
15:45 Ave, César!
17:40 El abrazo de la serpiente
20:00 Carol
22:15 Ave, César!


Domingo 28 de febreiro

12:00 Carol
15:45 Transeúntes (vo)
17:40 Ave, César!
19:40 El abrazo de la serpiente
22:00 Ave, César!

Martes 1 de marzo

12:00 Ave, César!
15:45 Carol
18:00 Ave, César!
20:00 Transeúntes (vo)
Último pase
22:00 El abrazo de la serpiente


Mércores 2 de marzo

12:00 Carol
15:45 Ave, César!
17:45 El abrazo de la serpiente
20:10 Sayat Nova Estrea
21:50 Ave, César!


Xoves 3 de marzo

12:00 Ave, César!
15:45 Sayat Nova
17:30 Ave, César!
19:30 El abrazo de la serpiente
Último pase
21:50 Carol Último pase
VO: Versión orixinal sen subtítulos | VOSG: Versión orixinal subtitulada en galego

Na Libraría NUMAX

Manuel María. Antoloxía poética
Margarita Ledo Andión

Esta antoloxía, froito do traballo de escolma de Amelia Outeiro Portela e Darío Xohán Cabana, recolle unha mostra ampla da extensísima obra poética de Manuel María e da variedade dos seus temas e formas.
 
Mensaje de años luz
Xènia Dikalo e Eduard Mondéjar

A ciencia astronómica actual preséntanos un crecente número de novos planetas semellantes ao noso, territorios aínda inexplorados coa posibilidade de albergar vida. Este traballo supón unha chamada a exploradores que queiran adentrarse desde un punto de vista científico nestes inmensos sistemas naturais.
Aún queda mucho por decir
Rose Ausländer

As palabras de Ausländer son sinxelas, lixeiras, depuradas, límpidas, cada sílaba ten unha intensidade inconmensurábel, como se acabaran de nacer. Cos seus poemas combate e resiste todo o terror do século XX: o exilio, a persecución, a Shoah, a humillación, o silencio.

Ames - Hoxe Cocido Sinfónico no Milladoiro

Hoxe 26 de febreiro, continúa a programación teatral amesá coa representación na Casa da Cultura do Milladoiro do espectáculo "Cocido sinfónico" da compañía Os Tres Tenedores. O espectáculo comezará ás 18:30 horas e as entradas xa están á venta na Billeteira electrónica municipal, á que se pode acceder dende o banner da páxina web do Concello. Os tíckets de entrada tamén se poden adquirir na billeteira da propia Casa da Cultura unha hora antes do comezo da obra. 

Trala imposibilidade de actuar durante a programación de Nadal os Tres Tenedores pisan escenario amesán este mes de febreiro. Cocido sinfónico é un espectáculo innovador de teatro, música e humor, dirixido a un público infantil e familiar. Saúl Cacharrón, Paco Nogueiras e Martín Nogueira son os encargados de preparar este "cocido" musical. O menú está composto de música interpretada en directo, clown e moito humor. 

Tres vagabundos transfórmanse en cociñeiro, xefe de cociña e camareiro ao tempo que lles mostran a nenos e nenas a súa forma, moi particular, de preparar suculentos pratos. Enriba da mesa, acompañados polos tres tenedores, os pratos do Cocido sinfónico deixarán un regusto con sabor a risas no público. 

Os Tres Tenedores levan dende o 2010 actuando por toda Galicia cunha bagaxe de máis de 60 actuacións. Contan con espectáculos innovadores de teatro, música e humor, dirixido a un público infantil e familiar onde se mestura o coñecemento sobre as distintas familias de instrumentos, estilos musicais máis relevantes, instrumentos de refugallo, variadas coreografías... ofrecéndoo dun xeito divertido, didáctico e orixinal, onde os rapaces e rapazas son tamén os protagonistas principais do espectáculo. En definitiva, trátase un grupo de docentes e musicólogos con ampla experiencia no eido das artes escénicas e musicais. 

O prezo das entradas para asistir a este espectáculo é de 4 euros. Os maiores de 65 anos, menores de 12 e os estudantes poderán adquirila por un prezo reducido de 2 euros. As entradas xa están á venta na Billeteira electrónica municipal, á que se pode acceder dende o banner da páxina web do Concello. Os tíckets de entrada tamén se poden adquirir na billeteira da propia Casa da Cultura unha hora antes do comezo da obra.

Silleda - Festa de Namorar

Hoxe venres, día 26 celebrarase no Centro Social dos Maiores da Bandeira a Festa de Namorar, con motivo da festividade do San Valentín. A celebración terá lugar entre as 18.00 horas e as 21.00 horas, con pinchos para os asistentes, chocolatada e animación musical en directo a cargo de Suso de Melide. O prezo é de 5 euros por persoa. Para anotarse, os interesados poden achegarse ata o propio Centro Social dos Maiores da Bandeira, o de Silleda, ou chamar ao 986 592037. Así mesmo tamén se repartirán agasallos e se celebrarán sorteos coma o de unha cea romántica para dúas persoas, xentileza do Hotel Rústico Nos.

Dende a Concellería de Benestar, Pili Peón anima a todos e todas os maiores a acudir a esta cita que se vén celebrando con éxito e agradece a colaboración do Hotel Rústico Nos.

Boqueixón - Sesión informativa sobre os riscos de Internet e as Redes Sociais

O Concello de Boqueixón, en colaboración coa APA do CPI Antonio Orza Couto e a ANPA do CRA Boqueixón-Vedra, ten organizada unha interesante xornada informativa para este venres 26 de febreiro ás 20:15 h. na Casa do Concello baixo o título “Os riscos de Internet e as Redes Socias”.

O obxectivo desta xuntanza, que será impartida por un formador da Guardia Civil, é sensibilizar aos pais sobre os principais riscos existentes polo uso non apropiado destas ferramentas e ao mesmo tempo proporcionarlles os recursos necesarios para axudarlles na prevención dos mesmos ou minimizar as súas consecuencias.

As redes sociais, e internet en xeral, hoxe en día teñen un enorme potencial, nun sentido tanto positivo como negativo, e, por tanto, enfrontámonos a novos riscos e novas oportunidades que precisan ser identificadas e estudadas. Conceptos como ciberbullying (acoso entre menores), o grooming (acoso entre un adulto e un menor), o sexting (envío de fotografías sexuais), por desgraza empezan a ser de uso corrente, facéndose necesario establecer mecanismos e canles de control e denuncia, na que a colaboración entre pais, educadores e a sociedade en xeral é absolutamente necesaria.

Neste sentido, o caso das novas tecnoloxías suscita ás veces certos problemas xa que non é raro que nenos superen aos seus pais no manexo do mundo dixital, o cal pode dificultar o seu labor de mediación. O reto consiste en establecer unha nova mirada a este escenario co ánimo de recoñecer as oportunidades que ofrecen as novas tecnoloxías e, ao mesmo tempo, identificar os riscos xerais e persoais que suscitan.

Esta sesión está incluída dentro do programa de prevención de drogodependencia e outras conductas adictivas que este concello pon en marcha conxuntamente cos concellos de Teo e Touro, en colaboración coa Consellería de Sanidade.

Santiago - Concerto da Real Filharmonía co pianista Luís Fernando Pérez e o director Paul Daniel

La Real Filharmonía de Galicia toca hoy Santiago, en el Auditorio de Galicia a las 21:00 horas. En ambas actuaciones llevará la batuta el director titular y artístico de la agrupación, Paul Daniel. 

En estas citas la orquesta le rendirá homenaje al compositor romántico alemán Felix Mendelssohn (1809-1847). Los conciertos comenzarán con la Obertura La bella Melusina, una obra cargada de poesía musical basada en los cuentos fantásticos de Melusina, una princesa-hada que una vez a la semana era mitad serpiente o sirena. De origen muy remoto, se cree que celta, se trata de un mito medieval que aparece en el siglo XIV a través de la novela de Jean D’Arras. 

El pianista Luis Fernando Pérez

A continuación la RFG acercará al público el Concierto para piano nº 2 de Mendelssohn, interpretado en esta ocasión por el pianista madrileño Luis Fernando Pérez. Se formó en la Escuela Superior de Música Reina Sofía de Madrid y se perfeccionó en Alemania y en Barcelona. A lo largo de su carrera profesional ha sido galardonado en diversos certámenes internacionales. Imparte clases magistrales en Hungría, Francia, Portugal, Japón y en varias ciudades españolas. Además, es profesor de la Cátedra de Música de Cámara en la Escuela Reina Sofía, profesor de piano en el Centro Superior Katarina Gurska (Madrid), en la Academia Marshall en Barcelona y en la Universidad Europea de Madrid. Ha tocado en multitud de escenarios de Europa, Asia, America y Estados Unidos y sus discos han recibido prestigiosos premios internacionales en la campo de la música. 

el broche final del concierto lo pondrá la Sinfonía nº 3 “Escocesa” de Mendelssohn, fruto del viaje del compositor a Escocia y dedicada a la Reina Victoria.

Charla previa del director y el pianista con el público

Antes de la celebración del concierto los asistentes a la cita musical tendrán la oportunidad de participar en un encuentro previo con el director Paul Daniel y con el pianista Luis Fernando Pérez. La charla se celebrará a las 20:15 horas en la Sala Mozart del Auditorio de Galicia. Esta iniciativa se enmarca dentro de la experiencia “CONvers@ndo con”, que promueve la RFG antes de cada actuación, con la finalidad de acercar la música al público de manera informal y distendida. Se podrá asistir a este encuentro presentando la entrada del concierto.