CELÉBRASE O I TORNEO DE CANTEIRAS PRAÍÑA SP. NO QUE PARTICIPAN 10 EQUIPOS DA COMARCA DE ALEVÍNS E BENXAMÍNS
A competición terá lugar hoxe venres e o sábado no pavillón dos Tilos
Esta iniciativa do Praíña conta co patrocinio de Reale Seguros e do Concello de Teo
O Departamento de Deportes, dirixido por Anxo Rei, colabora na organización do I Torneo de canteiras Praíña SP. nas categorías de alevín e benxamín. Os partidos xogaranse no pavillón dos Tilos durante a tarde de mañá venres 28 e o sábado 29 durante todo o día.
Esta iniciativa impulsada dende o Praíña fomenta o deporte de base e conta co patrocinio do Concello de Teo e da entidade Reale Seguros.
Dentro da categoría de benxamíns participan o Praíña SP. C., a S.D. Compostela, o Bertamiráns C.F., o Calo S.R., o Amio C.F., a S.D. Milladoiro, o Atlético Furia e o C.D. Dodro.
Na categoría de alevíns tamén participan un total de oito combinados da comarca, concretamente o Praíña SP. C. “A”, o Praíña SP. C. “B”, a S.D. Compostela, o Calo S.R., o Amio C.F., a S.D. Villestro, o Santiago C.F. E o C.D. Dodro.
Dende a organización destacan que a entrada ós partidos é gratuíta e lembran que haberá sorteos sorpresa durante as dúas xornadas de competición. E os equipos participantes pola súa banda poderán facerse con algún dos premios xa que haberá trofeo para o campión, o subcampión, o máximo goleador da categoría e o porteiro menos goleado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario