Ames - cuarenta mozos partiron para un campamento en Aveiro, Portugal


Un grupo de 40 rapaces e rapazas de primeiro a cuarto da ESO saíron para o campamento xuvenil de Aveiro
Un grupo de 40 rapaces e rapazas amienses de entre 12 e 16 anos viaxou rumbo a Portugal para participar no campamento da localidade de Aveiro. Arredor das 10:00 h da mañá, os rapaces partiron a esta actividade que organiza o Concello e que ten por obxectivo participar unha aventura baseada na actividade deportiva, na expresión corporal, e na natureza como feitos importantes para o desenvolvemento da xuventude e o coñecemento de Aveiro e a súa contorna.

Tordoia - simulacro de accidente laboral


A PONTEPEDRA ACOLLEU UN SIMULACRO DE ACCIDENTE LABORAL NA PLANTA DE TRATAMENTOS DE ÁRIDOS SITUADA EN CABALEIROS 

PP Boimorto - o PP oponse a suba de tasas aprobada polo concello


El PP se opone a la subida generalizada de tasas aprobada por el
Concello de Boimorto 
Critican la intención de cobrar por ir a la piscina, al gimnasio y los cursos de natación
Rechazan, también, que el Ayuntamiento modifique la ordenanza municipal que regula el servicio de ayuda a domicilio para que los vecinos paguen más

Santiago - axenda sábado 14 e actuacións policía local




22.00 h (escolares) e 22.30 h (adultos)
Na Praza da Quintana, saída da carreira nocturna e segunda proba do I circuíto de carreiras saudables “Corre San”. Participa o concelleiro de Deportes, Adrián Varela. Percorrido: Quintana, rúa do Vilar, Porta Faxeira, paseo dos Leóns, Ferradura, volta pola alameda, Porta Faxeira, rúa Nova, Conga, rúa do Vilar e Quintana.

Teta e Coliño - merendola o martes 17 en Bertamiráns


A ASOCIACIÓN TETA E COLIÑO convídavos a asistir á nosa reunión de verán: MERENDOLA Ó AIRE LIBRE! Compartiremos entre todos unha agradable tarde familiar de merenda, charla e xogos. 

Ames - convocatoria de axudas para actividades de ANPAS

O Concello de Ames abre a convocatoria de axudas para a promoción de actividades levadas a cabo polas ANPAS
En total, destínanse 18.500 euros á subvención, ata un 80% do presuposto total, de saídas culturais e de actividades extraescolares realizadas en 2011 polas ANPAS. As solicitudes poden presentarse no rexistro xeral do Concello de Ames ata o vindeiro día 7 de agosto

Jogafan FS - aberto o prazo das escolas deportivas


Aberto o prazo de inscrición para participar nas escolas deportivas do clube Jogafán Fútbol Sala

Silleda - bases para a concesión de axudas a entidades deportivas


As bases para a concesión de axudas municipais aos clubes e entidades deportivas aprobaranse na vindeira xunta de goberno local

         A contía a repartir redúcese nun 35 por cento, por esixencias do plan de axuste

Brión - VII festival de Bandas na Carballeira de Santa Minia


A CARBALLEIRA DE SANTA MINIA ACOLLE HOXE SÁBADO O VIII FESTIVAL DE BANDAS DE MÚSICA DE BRIÓN CON MÁIS DE 130 MÚSICOS DE BRIÓN, TOURO E CEDEIRA
O director da banda brionesa, Jorge Rey, adianta que “o público poderá disfrutar dun repertorio moi variado, dende solistas a pasodobres, con algunha muiñeira e mesmo unha banda sonora dun musical”

PP Oroso - o PP pide a construcción da senda peatonal de Marzoa


El PP pide al Gobierno local que cumpla su compromiso con los vecinos y construya una senda peatonal en Marzoa
Los populares llevan a pleno una moción para que se construyan sendas peatonales en todas las parroquias del municipio  “Pedimos al alcalde que cumpla sus compromisos electorales
tan pronto haya presupuesto para hacerlo”, afirma el portavoz del PP, José Manuel Balado

Silleda - gañadores dos concursos de microrelatos e microcurtas


Frades - hoxe celébrase o día do neno


FRADES CELEBRA HOXE SÁBADO O DÍA DO NENO
NA PISCINA DE PAPUCÍN CON INCHABLES, XOGOS, PAIASOS E UN TREN TURÍSTICO POLO MUNICIPIO

Ames - máis de 120 persoas nos cursos de informática do concello


Arredor de 120 persoas participaron nos obradoiros de informática do primeiro semestre de 2012Entre o 2 de xullo e o 17 de agosto ofrecerase o servizo de Aula Aberta en horario de mañá, de 10:00 h. a 13:00 horas.

Fundación Araguaney - o festival Amal recibe o recoñocemento do goberno Arxentino


A III Mostra Internacional de Cine Euroárabe Amal en Arxentina, organizada en conxunto coa Asociación Cine Fértil de Bos Aires, tivo unha gran repercusión e participación de público na cidade de Córdoba (Arxentina). Tanto é así que este ano a mostra se federalizó e a Cidade de Córdoba foi escenario do mellor do cine árabe contemporáneo.

Oroso - 25 artistas galegos participan no GoisOroso Arte 2012



Os Amigos do Acordeón de Oroso de Sigüeiro participarán o sábado nun gran festival na praia fluvial de Peneda (Portugal)

BNG A Estrada - o BNG oponse a supresión da oficina do rexistro da propiedade


O BNG oponse á eliminación da oficina do rexistro da propiedade da Estrada

“Se o PP non rectifica as oficinas como a que temos na nosa vila, serán meros receptores de documentación, obrigando aos veciños e veciñas da Estrada a acudir a Vigo para realizar o resto dos trámites relacionados coa liquidación, ademais de perder o resto dos servizos que se lles viñan prestando”

Esquerda Unida Santiago - alegacións a ordenanza de ocupación da vía pública


AO EXCMO. PRESIDENTE-ALCALDE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
O abaixo asinante, Xabier Ron Fernández, con D.N.I.               en calidade de coordinador comarcal de Esquerda Unida Compostela, con domicilio a efectos de notificacións en rúa Dublín nº 8 baixo (15707. Compostela) ante o PRESIDENTE-ALCALDE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, comparece e di:
Que con data 15 de xuño de 2012 publícase no Boletín Oficial da Provincia de A Coruña, nº 113 a aprobación inicial da A ORDENANZA REGULADORA DE ACTIVIDADES, INSTALACIÓNS E OCUPACIÓNS DA VÍA PÚBLICA DO CONCELLO DE SANTIAGO.

Frades - máis de 150 alegacións no primeiro mes de exposición do PXOM



OS VECIÑOS DE FRADES PRESENTAN MÁIS DE 150 ALEGACIÓNS AO PLAN XERAL NO SEU PRIMEIRO MES DE EXPOSICIÓN PÚBLICA

O alcalde, Miguel Prado, recomenda aos veciños que “comproben os datos das súas propiedades e se informen no Concello para así poder enriquecer este Plan e que sexa froito do acordo de todos”

Silleda - novos horarios das liñas de autobuses


O Concello de Silleda difunde os novos horarios das liña de autobuses logo de cambios sustanciais nas rutas que afectan ao municipio
Ademais de cambios horarios, as empresas de transporte suprimen e varían algúns servizos

Teo - I campus de fútbol americano do Club San Francisco


O I CAMPUS DE FÚTBOL AMERICANO CLUB SAN FRANCISCO TEO REXISTRA MÁIS DE TRINTA PARTICIPANTES

·        O evento, que se desenvolve este sábado 14 de xullo, contará con boa parte do plantel do equipo portugués Porto Renegades

·        Esta primeira edición do Campus está organizada pola entidade deportiva e pola concellería de Deportes de Teo

Ordes - o vixésimo encontro de grupos de danza rexional este ano en Leira


O XX Encontro de Grupos de Danza Rexional terá este ano como escenario a parroquia ordense de Leira
Celebrarase o vindeiro 22 de xullo e contará coa actuación de grupos

Bolanda - presentado no Hostal o proxecto "Santiago Oculto dos Peregrinos"


·       O emblemático Hostal dos Reis Católicos acolleu a presentación dun novo proxecto que contribuirá a coñecer e divulgar a pegada xacobea en Compostela
·       Representantes das principais institucións e asociacións de Santiago destacaron a importancia dun proxecto que reúne e difunde un patrimonio “único no mundo”

BNG A Estrada - cacerolada contra os recortes


Cacerolada-concentración contra os recortes e a subida de impostos do PP
 Fagámonos oír! Este sábado, ás 12 horas, na Praza do Concello, o BNG da Estrada convoca a todos os veciños e veciñas da Estrada a unha cacerolada contra os recortes e a subida de impostos que vén de anunciar o goberno de Mariano Rajoy, e que previsibelmente se aproben mañá venres no Consello de Ministros.

Ames - o concello recibe unha axuda para a reducir o abandono escolar


O Concello de Ames recibe unha axuda de 8.280 euros para a realización de iniciativas dirixidas á redución do abandono escolar
A través desta subvención, a Concellaría de Xuventude desenvolve o programa 'Redución do abandono escolar', dirixido aos mozos/as de 2° ciclo de Educación Secundaria (3° e 4° de ESO), PCPI, Diversificación curricular e mozos/as maiores de 18 anos, que non obtiveron o título da Ensinanza Secundaria Obrigatoria (ESO).
Esta iniciativa inclúe varias actividades como son os encontros educativos, celebrados en xuño, ou a actual preparación das probas de ESO para a convocatoria de setembro na que participan 27 persoas.

Brión - o concello ten a sua primeira pista de padel


PSOE Ordes - charla sobre a lei de caza


A AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE ORDES ORGANIZA HOXE VENRES NA CASA DA CULTURA UNHA
CHARLA-COLOQUIO SOBRE A LEI DE CAZA

BNG Teo - petición o concello para que solicite a supresión do copago farmacéutico


O GRUPO MUNICIPAL DO BNG SOLICITA A SUPRESIÓN DO COPAGO FARMACÉUTICO
Centos de pensionistas teenses vense afectados por un sistema inxusto que busca o financiamento nas persoas enfermas
O grupo municipal do BNG rexeita os recortes en educación e denuncia a supresión de aulas e a concentración de alumnado de infantil e primaria

BNG Ordes - o BNG propón que o concello pida a supresión do copago farmacéutico



O BNG PROPÓN QUE O CONCELLO DE ORDES PIDA A SUPRESIÓN DO COPAGO FARMACÉUTICO ÁS PERSOAS PENSIONISTAS

- Gonzalo Castro manifestou que “perto de 3.000 pensionistas de Ordes se verán afectados por este sistema totalmente inxusto, que tamén aumenta a aportación de miles de persoas activas”.
-  Castro calificou o copago de “confiscación aos máis necesitados para o pago do rescate á banca privada”.

Imperial Stormtroopers - este venres presentase en rolda de prensa o evento 2013 El retorno


Darth Vader regresa a Santiago en 2013

  • 25 de maio do próximo ano, fans da saga Star Wars conmemorarán o 30 aniversario da estrea de O Retorno do jedi cun desfile lúdico
  • Celebrarase a segunda edición do evento Imperial Stormtroopers, que en 2010 logrou atraer a máis de 20.000 persoas á capital de Galicia

Oroso - as beirarrúas de Senra poderían estar rematadas en 3 meses


MANUEL MIRÁS: “AS BEIRARRÚAS DE SENRA ESTARÁN REMATADAS EN POUCO MÁIS DE TRES MESES” 
Operarios de Construcciones Galdiano SA iniciaron os traballos de sinalización e desmonte para a construcción de 1,6 kms de beirarrúas

Santiago - axenda venres 13 e actuacións policía local


11.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Ángel Currás, reúnese co presidente de Aspanaes (Asociación de pais de nenos autistas), Jesús Vázquez San Luis. Declaracións ao remate.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

Santiago - clausurase o Vía stellae


O Festival, que comezou o día 2, ofreceu un total de 20 concertos en diversos lugares da cidade

A Real Filharmonía de Galicia clausura o Via Stellae con ‘O soño dunha noite de verán’

  • Será mañá día 13 ás 20h no Auditorio de Galicia e as entradas, a 8€, poden mercarse en Novagaliciabanco ou nas billeteiras do Principal e, o mesmo día, no Auditorio
  • Ademais, na xornada de mañá teremos o segundo dos concertos de Jazz no Mercado; nesta ocasión con ‘Isto é Jazz’ co Xacobe Martínez Antelo Quinteto

Ames - remata o curso na escola de adultos

Remata o curso na Escola Municipal de Adultos de Ames
En xuño obtiveron o título da ESO o 45% do alumnado, ao resto quédalle pendente algún ámbito que deberán sacar en setembro.

Bolanda - o Hotel Monumento San Francisco obten un sobresainte na páxina Booking

San Francisco Hotel Monumento obtiene un sobresaliente de sus clientes en la página de reservas Booking 
·           La nota media sobre 800 comentarios es de un 9,2, lo que convierte al hotel compostelano en uno de los establecimientos mejor valorados de España

Teo .solicitude de reunión urxente coa Consellería de Educación


O GOBERNO DE TEO SOLICITA UNHA REUNIÓN URXENTE CON EDUCACIÓN PARA QUE COMPROMETA UNHA SOLUCIÓN Á NECESIDADE DE OBRAS NOS COLEXIOS

·       Todos os centros de infantil e de primaria precisan importantes reformas estruturais, demandadas á Xunta en numerosas ocasións
·        O Concello leva investido máis de 500.000 euros nos últimos anos en actuacións que exceden as súas competencias

PSOE Ordes - o PSOE proporá reducir as retribucións os concelleiros e aforrar máis de 40000 euros


OS SOCIALISTAS DE ORDES PROPORÁN NO VINDEIRO PLENO UNHA SERIE DE MEDIDAS PARA AFORRAR MÁIS DE 40.000 € NAS RETRIBUCIÓNS AOS CONCELLEIROS

Xesús Pedreira considera que esta medida “é un exercicio de responsabilidade da clase política co resto da cidadanía en época de recurtes”

Brión - segunda edición do rastriño de compra-venda


A CARBALLEIRA DE SANTA MINIA ACOLLERÁ UNHA SEGUNDA EDICIÓN DO RASTRIÑO DE COMPRA-VENDA DE OBXECTOS USADOS E DE SEGUNDA MAN O 22 DE XULLO
O Concello de Brión convoca unha segunda edición do rastriño de compra-venda de todo tipo de obxectos usados e de segunda man, que terá lugar na carballeira de Santa Minia o domingo 22 de xuño, a partir das 16:00 horas, coincidindo coa celebración do Festival Internacional de Folklore.

Ordes - este venres remata o prazo para a xuntanza de maiores


Este venres remata o prazo de inscrición para asistir á  tradicional xuntanza de maiores do Concello de Ordes
Terá lugar o vindeiro 22 de xullo no pazo do Bidueiro. Haberá unha misa solemne e unha gran comida

Santiago - en outubro se reunen en Santiago os xestores do patrimonio mundial


Santiago será a sede da vindeira xuntanza técnica de xestores do patrimonio mundial  o 23 e 24 de outubro 
§  A decisión foi tomada na última asamblea do Grupo de Ciudades Patrimonio da  Humanidade de España (GCPHE), e que se saldou coa elección da capital galega como o lugar de acollida da reunión deste colectivo dentro dos actos de celebración do 40 aniversario da Convención do Patrimonio Mundial da Unesco.
§  O rexidor compostelán, Ángel Currás Fernández, aclarou que o actual equipo de goberno está a traballar para resolver a débeda contraída dende o ano 2007 co GCPHE por parte do anterior goberno municipal socialista e que pode supor a saída de Santiago deste organismo

Ordes - o venres comezan as festas de Santa Mariña en Parada


A parroquia ordense de Parada inicia este venres as súas festas patronais na honra a Santa Mariña
As orquestas Philadelphia, Aché, Sorpresa e Grupo Musical porán a nota musical a unhos festexos que arrancarán cunha gran churrascada

Santiago - o centro social do ensanche acolle a exposición Chemical Orange de Luis González


O Csc do Ensanche amosa os traballos do artista e animador sociocultural Luis González, Chemical Orange

O centro sociocultural e xuvenil do Ensanche acolle desde o 9 de xullo a exposición “The Chemical Orange AKA Luis González: O Arte de comunicar a cultura” que recolle a obra de deseño gráfico, grafiti dixital, e vídeo creacións do artista e animador sociocultural Luis César Romero González, que formaba parte do equipo de animación deste centro ata o seu falecemento o pasado 12 de xullo de 2011.

Ames - comeza as obras no saneamento de Ponte Loureiros


Iníciase o proceso de contratación da obra de ampliación do saneamento en Ponte Loureiros

A Xunta de Goberno local acaba de aprobar o inicio do expediente de contratación da obra de ampliación do saneamento no lugar de Ponte Loureiros pertencentes á parroquia de Covas, que está incluída no POS complementario de 2011.

Santiago - axenda xoves 12 e actuacións policía local


10.45 h
No Centro Sociocultural da Gracia, o alcalde compostelán, Ángel Currás, xunto co concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, visita os participantes nas actividades de Vive o Verán.

11.30 h
No CEIP das Fontiñas, a concelleira de Educación, Rebeca Domínguez, visita o Programa de conciliación familiar e laboral “Escolas de Verán 2012” con motivo do inicio das actividades do Planetario Móvil, equipamento facilitado pola Obra Social “La Caixa”.

Santiago - este xoves penultima xornada do Vía Stellae


Juan Sancho, Manuel Vilas e Pierre Hantaï na penúltima xornada do Via Stellae
  • O tenor sevillano Juan Sancho interpretará, acompañado á arpa por Manuel Vilas, o programa ‘Canto latino’ a partir das 20.00h na Igrexa da Universidade
  • No Salón Teatro, a partir das 22h, poderemos gozar do programa ‘Tres países, tres séculos, tres estilos, un clave’ co clavecinista Pierre Hantaï

Ames - 27 nenos participan no campamento da aula da natureza


Un total de 27 nenos/as están participando no campamento urbano de verán que se desenvolve entre o 9 e o 20 de xullo na Aula da Natureza

 Este luns dou comezou o campamento urbano de verán que está desenvolvendo o Concello de Ames, a través da Concellería de Medio Ambiente, na Aula da Natureza.

As Cancelas - comeza a entrega de locáis


Comienza la entrega de locales en As Cancelas



As Cancelas ultima todos los detalles previos a su apertura y ha comenzado la entrega de los locales a los operadores que ocuparán los más de 50.000 metros cuadrados de la superficie destinada a ventas.

Ames ´duas rapazas do concello gañan o campionato galego cadete de piragüismo


Andrea Tomé Pérez e Irene Mirás Vázquez gañaron o campionato galego cadete K-2 da XVII Copa Galega Pista 2012
 As padexeiras do club de piragüismo Ribeiras do Tambre-Ternera Gallega de Ames lograron a primeira posición na categoría muller cadete K-2, na distancia de 200 metros, da Copa Galega Pista 2012.

BNG Ordes - proposta de reducción de gastos en dietas de más de 50000 euros


O BNG PROPÓN UNHA REDUCCIÓN DOS GASTOS EN DIETAS DOS CONCELLEIROS DE MÁIS DE 50.000 EUROS ANUAIS
- A proposta que os nacionalistas levarán ao próximo Pleno propón a eliminación do cobro de dietas por Plenos e Comisións de carácter extraordinario e a reducción do número de membros nas comisións informativas.

esquerda Unida - alegacións os orzamentos


Dende o Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela remitimos as alegacións feitas ós orzamentos municipais de 2012

descarga en PDF

Ordes - a "movida" conta con novos autobuses nocturnos


A movida de Ordes conta cun novo servizo de autobuses nocturnos para a fin de semana
Ata o momento xa se abriron liñas en Santiago, A Coruña, Val do Dubra e Cabaleiros. Empresarios e hosteleiros xa estudas outras rutas para dotalas con este servizo, así como a organización de eventos e festas

Silleda - os Xeneráis de Bandeira participarán nun encontro en Viana do Castelo


Os Xenerais da Bandeira participan a vindeira fin de semana no II Encontro de Teatro Popular do Eixo Atlántico en Viana do Castelo
-O certame Eixpressoes, que ao longo deste mes terá lugar en varios escenarios, ten como obxectivos profundizar, dinamizar e divulgar mostras da cultura popular

Ames - aberto o prazo para os novos cursos da aula CEMIT


Xa está aberto o prazo para inscribirse nos cursos que organiza a Aula CeMIT do Concello de Ames durante o mes de setembro

No primeiro obradoiro os usuarios/as coñecerán máis polo miúdo a traballar cunha folla de cálculo, no segundo curso os participantes aprenderán a realizar trámites electrónicos.
Tamén se ofertan actividades sobre o papel do community manager e o streaming de audio e vídeo, que terán unha duración de 16 horas.

Ordes - aberto o prazo nas escolas deportivas


As escolas deportivas da S.D Club Órdenes abren o seu prazo de inscrición de cara a nova tempada
Este ano o clube porá en práctica un novo plan formativo no que se traballarán distintos aspectos como a técnica, a táctica ou a forma física dependendo da categoría

Brión - o concello solicita a apertura da variante da AC-300



O CONCELLO DE BRIÓN SOLICITARALLE Á XUNTA A APERTURA AO TRÁFICO DO TRAMO DA VARIANTE DA AC-300 ENTRE A ESTRADA DE NOIA E A AUTOVÍA

Xosé Luís García lembra que “non ten sentido ter sen uso un tramo que leva rematado máis de nove meses, a falta de colocar a sinalización, e que podería dar un bo servizo aos veciños da zona”

Oroso - o concello habilita un segundo carril no cruce da av da Grabanxa coa nacional


O CONCELLO DE OROSO HABILITA UN SEGUNDO CARRIL PARA AXILIZAR A CIRCULACIÓN NO ENTRONQUE DA AVENIDA DA GRABANXA COA N-550
As obras de reurbanización están incluídas no Plan Complementario do 2011 da Deputación e suporán un investimento de 46.000 euros

Teo - abertas as inscripcións para "Goza do Ulla"


O CONCELLO DE TEO XA ADMITE INSCRICIÓNS PARA PARTICIPAR NO PROGRAMA DE ROTEIROS ‘GOZA DO ULLA

·       Os dezanove municipios polos que pasa o río organizan cadansúa actividade de sendeirismo desde este 14 de xullo ata o 18 de novembro
·        As inscricións poden efectuarse unha semana antes de cada saída no departamento municipal de Deportes

Frades - actividades de verán


O CONCELLO DE FRADES PROGRAMA VIAXES
Á PRAIA TODOS OS XOVES DE XULLO E AGOSTO

O programa de actividades de verán do Concello tamén ofrecerá viaxes ao Aquapark de Cerceda e ao Zoo Corax de Paderne, actividades de conciliación, un campionato de pesca e actividades deportivas

Bolanda Santiago - presentación oficial de "O Santiago oculto dos peregrinos"


Preséntase oficialmente O Santiago Oculto dos Peregrinos 
·       No acto intervirán a secretaria xeral para o Turismo, o alcalde de Santiago, o deán da catedral, os presidentes da Cámara de Comercio e da Asociación de Hostalería e o director do proxecto
·      A presentación terá lugar este xoves, 12 de xullo, ás 12.30 h nun dos espazos xacobeos máis emblemáticos da cidade, o Hostal dos Reis Católicos
·       A meta dunha das tres maiores peregrinacións do mundo amosa por primeira vez as pegadas xacobeas que marcaron a súa configuración actual

Santiago - axenda mércores 11 e actuacións policía local


10.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Ángel Currás, reúnese co director xeral de Urbaser, José María López Piñol. Asisten os concelleiros María Castelao e Juan de la Fuente. (Haberá declaracións ao remate).

11.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Ángel Currás, reúnese co presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira; co tesoureiro, Justo Cortizo, e coa vogal Ana Blanco.

Oroso - entrega de galardóns os deportistas máis destacados


O CONCELLO DE OROSO DISTINGUE AOS DEPORTISTAS E ENTIDADES DEPORTIVAS
MÁIS DESTACADOS DA TEMPADA 2011-2012

O alcalde Manuel Mirás destacou o traballo realizado polo axedrecista Martín Pena Varela, a ED Xuventude Oroso, a SD Deixebre, o Oroso Tenis de Mesa e o equipo de veteráns Vinoteca Raquel 

Santiago - xornada do mércores 11 no Vía Stellae


O festival celébrase en diferentes lugares da cidade do 2 ao 13 de xullo

Jordi Domènech e o Ross Daly Quartet protagonizan a xornada do mércores 11 de xullo no Via Stellae
  • O contratenor catalán Jordi Doménech protagoniza un concerto de música de Italia e Inglaterra con Dani Espasa, clave, e Oriol Aymat, violoncello, ás 20h no Salón Teatr 
  • Música antiga e world-music conviven no proxecto creativo de Ross Daly Quartet que presenta o seu ‘Labyrinth’ ás 22.00h na Igrexa da Universidade

Tordoia - gañadores da IV carreira pedestre


MANUEL OLIVER PÉREZ E EUSEBIA MALDONADO GAÑAN A IV CARREIRA PEDESTRE DE TORDOIA

Os mellores competidores locais da proba foron José Luis Fraga Pulleiro e María Pilar Orgeira Rei
A carreira, con doce categorías de idade, acadou os 326 participantes, procedentes da comarca e de múltiples puntos de Galicia

Ames - o Bertamiráns gaña o 31º Trofeo de fútbol do concello


O Bertamiráns FC adxudícase a trixésima primeira edición do Trofeo de fútbol Concello de Ames
O Bertamiráns FC impúxose na final ao Ortoño CF por tres goles a un

Silleda - ultímase a área recreativa de Lamela


A Concellería de Obras e Servizos ultima o acondicionamento da área recreativa de Lamela
As tarefas para a instalación dun parque biosaudable adquirido pola Asociación de Veciños, foron completadas polo Concello coa realización dun peche, arranxo da finca e a próxima dotación de céspede

Santiago - axenda martes 10 e actuacións policía local



11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Festas, Francisco Noya, para presentar o concerto “Quintana de Vivos”. Na rolda estará o músico Xosé Manuel Budiño.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

Ames - a xunta local de seguridade crea unha comisión para crear o plan local de seguridade


A Xunta Local de Ames acorda crear unha comisión de coordinación para elaborar o Plan Local de Seguridade
A reunión estivo copresidida polo alcalde de Ames, Santiago Amor, e polo subdelegado do Goberno na Coruña, Jorge Atán. Na xuntanza tamén se acordou intensificar a coordinación en materia de seguridade cidadá.

PSOE Trazo - Beatriz Dominguez reelexida secretaria xeral


BEATRIZ DOMÍNGUEZ SIABA, REELIXIDA SECRETARIA XERAL DA AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE TRAZO

A Agrupación Socialista de Trazo reelixiu esta fin de semana por unanimidade a Beatriz Domínguez Siaba como secretaria xeral do PSdeG-PSOE de Trazo.

PSOE Ordes - Jesús Pedreira reelexido secretario xeral


A AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE ORDES REELIXE
POR UNANIMIDADE A XESÚS PEDREIRA
COMO SECRETARIO XERAL

A Agrupación Socialista de Ordes vén de reelixir por unanimidade a Xesús Pedreira Mirás como secretario xeral do PSdeG-PSOE ordense.

Ames - aberto prazo de inscripción nos cursos de natación de agosto


Ábrese o prazo para apuntarse nos cursos de natación de agosto
O prazo de inscrición para os cursos de natación de agosto estará aberto ata o vindeiro 20 de xullo.
Un total de 102 nenos e nenas participan nestes cursos durante o mes de xullo.

Brión - o VII festival de bandas celebrase este sábado


A CARBALLEIRA DE SANTA MINIA ACOLLE ESTE SÁBADO O VII FESTIVAL DE BANDAS DE MÚSICA DE BRIÓN

Participarán as bandas de música de Brión, Touro e Cedeira

Silleda - o concello acada más de 35000 euros para investir en igualdade


O Concello de Silleda recibirá 35.772 euros
para a promoción da igualdade

-Ademais do programa de apoio para o Centro de Información á Muller (CIM), a Secretaría Xeral de Igualdade vén de conceder unha axuda para a posta en marcha do programa Silleda 

Santiago - Rodelinda, a ópera de Haendel, este martes no Vía Stellae


Será mañá, martes 10 de xullo, ás 20.00h no Teatro Principal

O Via Stellae presenta Rodelinda, ópera de Haendel, en concerto por primeira vez en Galicia

  • Dirixida por Dani Espasa, chega da man de Vespres d’Arnadí, agrupación orquestal que forma un dos proxectos máis sólidos no panorama musical estatal
  • As entradas, a 10€ poden mercarse en Novagaliciabanco ou na billeteira do Teatro Principal aberta todos os días desde as 16.30h.

Santiago - axenda luns 9 e actuacións policía local


11.00 h
No polígono de Costa Vella, o concelleiro de Tráfico, Mobilidade e Seguridade Cidadá, Albino Vázquez, presenta o novo servizo da grúa.
NOTA: haberá un vehículo a disposición dos medios de comunicación que sairá ás 10.45 h da Praza do Obradoiro.

Ordes - o museo do traxe Juan Liñares exibirá as mellores pezas no Hostal dos Reís Católicos


O Museo do Traxe Juanjo Linares exhibirá as súas mellores pezas no Hostal dos Reis Católicos

En colaboración coa Galicia Fashion Week ata o 23 de xullo poderán verse indumentarias xaponesas, indias, de distintas rexións españolas ou incluso pezas empregadas por artistas como Antonio Gades ou Rocío Jurado

Música na Noite - éxito do 15º festival


Miles de persoas encheron o campo da festa nas dúas xornadas
Éxito rotundo do 15º Festival Música na Noite

 A 15ª edición do Festival Música na Noite rematou onte cun gran éxito de asistencia. Se na primeira xornada a estimación de público rondaba as 2.000 persoas, a noite de onte non foi menos, cunha afluencia similar, aínda que con máis variedade de idades entre as persoas asistentes. A A.C. Lúa Chea rematou as existencias de comida e non deu abasto para atender a barra, que estivo toda a noite tan animada como concorrida.

Ames - presentación do libro "Contrapicados" de Mariña Pérez




Arredor de 100 persoas asistiron á presentación do libro Contrapicados da escritora amiense Mariña Pérez Rei 
Mariña Pérez Rei é nativa da parroquia amiense de Agrón e participou como xurado nas edicións de 2010 e 2011 do Certame Literario do Concello de Ames. 
Este acto enmarcouse dentro das actividades coas que o Concello de Ames intenta apoiar e promocionar os creadores e creadoras amesáns.

Melide - centos de persoas no XIX Festival Galego da Terceira Idade


Centos de persoas dánse cita en Melide para celebrar a XIX edición do Festival Galego da 3º Idade.
·         Trátase da exaltación da experiencia vital, conxugado coas gañas de vivir e a beleza. Con esta é a decimonovena edición dun festival que cumpliu fai un ano a súa maioría de idade.
·         Ao certame achegaronse participantes de centros sociais de toda Galicia xunto con veciños e veciñas que desfrutaron dun festival cheo de alegría e humor.

Oroso - primeira exposición de Silvia Pedreira


O CENTRO CULTURAL DE SIGÜEIRO ACOLLE DURANTE ESTE MES DE XULLO A PRIMEIRA EXPOSICIÓN DA PINTORA SILVIA PEDREIRA FRAGA, VECIÑA DE ORDES

Ames - 11 persoas no obradoiro de vidreiras artísticas


Un total de 11 persoas participan no Obradoiro de Vidreiras Artísticas
Neste curso, organizado polo Concello de Ames e impartido por José Luís Tejedor, os asistentes están aprendendo a construír e deseñar una pequena vidreira para colocar nunha fiestra.

Fundación Araguaney - se incorpora a fundación Celso Currás


A Fundación Araguaney incorpora a Celso Currás como patrono

 A Fundación Araguaney-Puente de Culturas, presidida por Ghaleb Jaber Ibrahim, decidiu incorporar ao seu padroado a Celso Currás Fernández.

Santiago - axenda domingo 8 e actuacións policía local


Domingo 8

12.00 h
No Palco da Alameda, concerto da Banda Municipal de Música dirixida por Xosé Carlos Serans.

20.30 h
Via Stellae
Na Igrexa da Universidade, concerto de Iva Bittová baixo o nome de 'Violín e voz, un folclore moi persoal' dentro do Via Stellae.

Santiago - o concello dos primeiros de España en acollerse a ampliación dos plazos do PIE


O Concello de Santiago, entre os primeiros de España en acollerse a ampliación dos prazos de devolución do PIE

·        Permitirá reducir en máis de 850.000 euros anuais a carga financiera

Esquerda unida Santiago - Esquerda Unida critica o circo mediático en torno o Códice


O CONSELLO COMARCAL DE ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA COMPARTE A
SATISFACCIÓN POLA RECUPERACIÓN DO CÓDICE CALIXTINO.
O CONSELLO COMARCAL DE EU COMPOSTELA CRITICA O CIRCO
MEDIÁTICO QUE O PP ESTÁ A FORMAR PARA A DEVOLUCIÓN DO CÓDICE
CALIXTINO.

Silleda - o concello súmase o proxecto "Goza do Ulla"


Silleda súmase ao proxecto ‘Goza do Ulla’,
 cun roteiro polo Baixo Deza

-O percorrido, dende a Mámoa da Chousa Nova en Abades ata a desembocadura do Deza, en Cira, realizarase o vindeiro 12 de outubro

-Este programa, que comparten 19 municipios da Ribeira do Ulla, servirá para dar a coñecer as potencialidades e recursos turísticos e patrimoniais de Trasdeza

Ames - o luns reúnese a xunta local de seguridade


A Xunta Local de Seguridade do Concello de Ames celebrarase o vindeiro luns
A Xunta Local de Seguridade do Concello de Ames celebrarase o vindeiro luns, 9 de xullo, ás 11,30 horas no Salón de Plenos.

BNG A Estrada - o BNG critica que se siga sen PXOM


O alcalde fala de proxectos urbanísticos, pero seguimos sen PXOM
“os proxectos urbanísticos de futuro, o modelo de urbanismo do concello, márcaos o PXOM, e os veciños e veciñas aínda non puideron opinar sobre el, porque o alcalde non é capaz de presentarllo”