Santiago – axenda do sábado 11 o luns 13

Sábado 11

12.00 h

No Cemiterio de Boisaca, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, preside a homenaxe a un grupo de veciños composteláns, vítimas da Guerra Civil de 1936.

16.00 h

Na Catedral de Ourense, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asiste á ordenación episcopal de Don Leonardo Lemos, obispo designado da Diócese de Ourense.

19.30 h

No Campo da Festa de Marrozos, tradicional alto ou atranque do Entroido dos Xenerais da Ulla. Durante todo o día, toda a comparsa, formada por xenerais, correos, coros e parrandas, percorrerán a parroquia convidando os veciños e vistantes a participar neste entroido tradicional.

20.30 h

Na Zona "C", 'Mujer muerta caminando' de Cámara Negra Teatro, dirixida por Carlos Álvarez-Ossorio, dentro da programación de Teatro&Danza.

21.00 h

No Auditorio de Galicia, concerto de The Idan Raichel Project (Israel) dentro do ciclo Sons 2012. Artista convidada: Najla Shamin.

Entroido nos Centros Socioculturais

10:30 Lsc Peregrina, obradoiro Historia do entroido. Adultos.

11:00 Lsc Nemenzo, obradoiro Preparación desfrace. Todos os públicos

18:00 Csc de Conxo, obradoiro Facemos instrumentos musicais . Nenos /as

Domingo 12

12.00 h

Na Casa Consitorial de Lalín, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asiste á apertura da XLIV Feira do Cocido de Lalín.

12.00 h

No Teatro Principal, concerto da Banda Municipal de Música dirixida por Xosé Carlos Seráns.

Luns 13

11.30 h

Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, reúnese co xerente comercial do norte de España de Iberia, Ignacio Fariña, co director xeral comercial e de clientes, Manuel Antonio López Aguilar, e co director de ventas España, Víctor Moneo Ocaño.

11.30 h

Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal do BNG, Elvira Cienfuegos, sobre asuntos de carácter local.

12.15 h

Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Familia e Benestar Social, Paula Prado, sobre asuntos da súa área.

12.30 h

Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, Paula Prado, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

Entroido nos Centros Socioculturais

18:30 Casa Agraria, obradoiro informático Entroido na rede. Nenos/as.

BNG Ordes – a marcha do festival Brincadeira supón un persuixo económico e de promoción

O BNG AFIRMA QUE A SUPRESIÓN DO BRINCADEIRA CAUSARÁ UN GRAVE PERXUIZO ECONÓMICO E DE PROMOCIÓN DO CONCELLO

Castro critica ao alcalde por deixar que o Brincadeira se vaia para cambre, cando a organización rebaixou nun 70% o custo da colaboración do concello

Gonzalo Castro, portavoz municipal do BNG de Ordes, criticou ao alcalde de Ordes, Manuel Regos, por “deixar que o Festival Brincadeira se vaia para Cambre, ao negarse a prestar ningún tipo de colaboración para a organización deste importante evento”.

O portavoz do BNG de Ordes salientou que “resulta lamentábel que agora que o Festival Brincadeira conseguiu convertirse nunha referencia a nível estatal, como o atestigua o éxito da súa última edición, que contou cun cartel con grupos de primeiro nível e coa asistencia de perto de 20.000 persoas, teña que irse do noso concello pola desidia e a incapacidade de alcalde”.

Castro manifestou que “a organización do festival presentou unha proposta ao alcalde na que rebaixaban nun 70% a colaboración que prestou o Concello a este festival na edición de 2011, unha proposta pola que o Concello só tería que asumir a colocación do escenario e do equipo de son nesta edición de 2012, mais o alcalde negouse incluso a reunirse cos organizadores do festival para buscar unha solución que permitise seguir celebrando o Brincadeira en Ordes”.

O portavoz nacionalista salientou que “o custo que tería que asumir o Concello de Ordes para manter o Festival Brincadeira no noso Concello sería mínimo comparado coa grave perda económica que suporá a marcha do festival para sectores económicos do noso concello, como o hosteleiro e o comercial”.

Para Gonzalo Castro a saída deste festival fora de Ordes tamén suporá “a perda da importante campaña de promoción do Concello de Ordes que supoñía este festival, como o demostra o feito de que un 30% dos asistentes ao festival na edición do ano pasado fosen de fora de Galiza”.

O portavoz do BNG de Ordes fixo fincapé en que “o beneficio económico para os sectores hosteleiro e comercial e a promoción no exterior do Concello de Ordes xustificaban con creces o custo do aluguer dun escenario e dun equipo de son por parte do Concello de Ordes, só a miopía e a incapacidade dun goberno paralisado foi incapaz de entender algo tan obvio”.

Brión – os orzamentos chegan preto dos 5 millóns de euros

OS ORZAMENTOS DO CONCELLO DE BRIÓN PARA 2012 ASCENDEN A 4,97 MILLÓNS DE EUROS E MANTEÑEN A SÚA APOSTA POLO MANTEMENTO DOS SERVIZOS PÚBLICOS

Xosé Luís García explica que se trata duns orzamentos “guiados polos principios de contención do gasto, da máxima eficiencia na utilización dos recursos e cun claro compromiso cos servizos públicos”

10 de febreiro de 2012.- O pleno municipal de Brión aprobará na súa sesión ordinaria do vindeiro mércores 15 de febreiro os seus orzamentos para 2011, que ascenden a 4.970.671 euros. A repercusión do difícil escenario económico nacional e internacional actual na cifra global dos orzamentos supón unha diminución de tan só 3.183 euros con respecto a 2011 e permiten manter unha ratio de algo máis de 658 euros por habitante.

O alcalde brionés, Xosé Luís García, asegura se trata duns orzamentos “guiados polos principios da contención do gasto, da máxima eficiencia na utilización dos recursos públicos e cun claro compromiso cos servizos públicos que o Concello presta aos seus veciños”. Neste sentido, Xosé Luís García asegura que o obxectivo é conseguir “máis cultura, máis deporte, máis servizos sociais, máis seguridade e protección, máis atención cidadán, máis equipametnos e mellores infraestruturas para lograr un máis elevado nivel de vida para os nosos veciños e facer de Brión un concello agradable, pacífico e atractivo”.

Contención do gasto

Os orzamentos de Brión para 2012 amosan o compromiso do Concello de Brión coa contención do gasto e co mantemento dos servizos públicos á cidadanía. Así, o capítulo de gastos de persoal experimenta unha reducción do 1% con respecto ao 2011, grazas á reforma da Relación de Postos de Traballo realizada hai unhas semanas. Pola contra, o capítulo de gastos correntes ascende a case dous millóns de euros, o que supón o 38% do orzamento.

O incremento dun punto porcentual en gasto corrente con respecto a 2011 xustifícase na necesidade de manter o nivel de servizos que se prestan aos veciños e veciñas de Brión. Nesta mesma liña vai tamén o capítulo de orzamentos que, a pesares da crise económica, tan só diminúe en 19.059 euros con respecto a 2011. O alcalde de Brión explica que “de acordo co compromiso de contención do gasto, non se prevén novas obras, senón que o 60% dos investimentos destinaranse a manter en bo estado a nosa rede de estradas e beirarrúas mentres que o 40% dirixirase a investimentos que teñen como fin o mantemento dos servizos existentes, como a escola de música, os centros sociais, a gardería municipal, a biblioteca...”.

No que atinxe aos ingresos previstos, a pesares dunhas reduccións do 1% das transferencias correntes e do 4% das transferencias de capital ao Concello de Brión por parte doutras administracións, os recursos propios da corporación increméntanse nun 0,4% con respecto a 2011. Isto é posible grazas, sobre todo, á nova incorporación de altas de IBI e a pesares da baixada da actividade económica en sectores como a construción.

Esta proposta da Alcaldía sobre o orzamento de 2012 será debatida no pleno ordinario do Concello de Brión, que terá lugar ás 13:00 horas do mércores 15 de febreiro de 2012. A recente aprobación do Real Decreto Lei 20/2011 de medidas extraordinarias do Goberno unido á baixa laboral da titular de Intervención, motiva que o debate dos orzamentos se celebre de xeito excepcional neste mes de febreiro, xa que a aprobación dos orzamentos se realizou sempre de xeito puntual no último pleno de decembro.

Ames – programa de adopcións especiais da fundación Faiben

O programa de adopcións especiais da fundación Faiben organiza un novo encontro de formación de familias no Pazo da Peregrina cartel_faiben

Ames, 10 de febreiro de 2012. Este sábado 11 de febreiro no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, terá lugar un novo encontro de formación de familias, organizado pola fundación Faiben. Fundación de apoio á infancia e ao benestar, (www.faiben.org ), quen a través do programa de adopcións especiais “adoptar é posible” traballa con familias interesadas en adopcións especiais. Dito programa desenvólvese en colaboración coa Consellería de Traballo e Benestar, a través da Secretaría Xeral de Familia e Benestar. Entre os obxectivos do programa está a sensibilización, captación, información e formación das familias dispostas a adoptar menores da comunidade autónoma galega, que polas súas características especiais teñen máis dificultades para exercer o seu dereito a vivir en familia.

Este programa encárgase de buscar solución adoptiva a aqueles nenos/as que, estando en situación de ser adoptados, as súas características persoais poñéndollo mais difícil. Falamos de nenos/as maiores, grupos de irmáns, nenos/as con algunha discapacidade física ou intelectual, ou algunha outra característica que dificulte a súa adopción. En Galicia hai nenos/as que están medrando en centros de menores, e precisan e desexan ser membros dunha familia.
Atopar e formar familias é un dos obxectivos do programa. Acompañalos nos comezo do proceso adoptivo é outro aspecto clave que minimiza os riscos de fracaso e favorece a evolución da integración. Na formación trabállase en grupos reducidos para que a dinámica da xornada sexa participativa e práctica. Non se pretende ensinar, senón tomar conciencia das expectativas, motivacións, medos, destrezas, debilidades... que cada un individualmente ten, e poder afrontar con éxito a tarefa de facerse pais e fillos, e formar unha familia.
Tamén se trata de poñer as familias, no lugar dos nenos/as que están a espera dunha adopción, facéndose conscientes dos medos, feridas, mecanismos de defensa que se viron obrigados a desenvolver, carencias afectivas que arrastran.
A finalidade é ter unha visión máis obxectiva e desenvolver habilidades para favorecer a integración. Nunha palabra conseguir que o proceso de encaixe dun neno cunha familia, responda no posible as expectativas de ambos. Moitos nenos/as que temos á espera dunha adopción levan anos en centros de menores porque os seus procesos, familiares, xudiciais..., son lentos e, ás veces, complicados de resolver.
Dende este programa afirman que estes nenos/as merecen a oportunidade de pertencer a unha familia, e sentirse membros dela. De que estes cativos/as se sintan parte dun entorno que os acolla, protexa e aposte por eles de xeito incondicional. A experiencia dos 26 nenos que foron adoptados nos últimos anos confírmao.
Si desexas contactar co "programa de adopcións especiais" podes facelo a través do teléfono 902 404 224 ou do correo adoptareposible@faiben.org. A sede do programa atópase no Milladoiro, na rúa das Hedras, número 5, 3º C.

Sindicato Unificado de Policia – nota sobre as oposicións a policía autonómica

image

Brión – o grumir extingue un lume e colabora nunha excarcelación

O SERVIZO DE EMERXENCIAS DE BRIÓN EXTINGUE UN LUME FORESTAL EN BASTAVALES PROVOCADO POR UN VEHÍCULO INCENDIADO VehiculoIncendiado-1

Os membros do gruñir brionés tamén participaron onte xoves na excarcelación dun ferido nun accidente de tráfico en A Baña

10 de febreiro de 2012.- Efectivos do Servizo de Emerxencias de Brión (SEBRI) extinguiron na noite de onte xoves un lume forestal na parroquia de Bastavales provocado por un vehículo incendiado. O suceso tivo lugar ás 20:30 horas, cando veciños da zona alertaron ao 112 da existencia dun coche ardendo nunha pista de terra detrás do camposanto de Bastavales.

Tres efectivos do SEBRI desprazáronse ata o lugar dos feitos con dous vehículos, a Bomba Urbana Lixeira (BUL) e a pick up, e procederon a apagar o lume no vehículo e tamén nuns matorrais cercanos, nos que prenderan as lapas. A rápida intervención dos membros do SEBRI, unida ás baixas temperaturas, impediron que o lume se extendera a unha zona de monte cercana.

Excarcelación

VehiculoVolcado-1

Por outra banda, membros do SEBRI participaron tamén na xornada de onte na excarcelación dunha persoa do interior dun vehículo volcado na parroquia de Corneira (A Baña). Unha intervención na que colaboraron cos Bombeiros de Santa Comba, a Garda Civil de Tráfico e o 061. Tamén acudiu un helicóptero á zona, aínda que finalmente o ferido foi evacuado en ambulancia a un centro hospitalario. O suceso tivo lugar ás 14:45 horas de onte xoves.

Ordes – exposición sobre o entroido

A biblioteca municipal de Ordes acolle dende hoxe unha mostra sobre as tradicións do Entroido 10 febreiro 2012 Exposición Entroido na biblioteca

Fotografías, receitas e libros expóñense para achegarlles unha das festas máis celebradas do Concello a todos os usuarios e visitantes

Ordes 10 febreiro 2012. A biblioteca municipal de Ordes acollo durante estes días unha mostra sobre a festa do Entroido, con libros, recetas de cociña, máscaras, fotografías e outros moitos elementos relacionados con esta festa tan celebrada no Concello. Os ususarios poderán aprender a elaborar pratos típicos desta época do ano como filloas, orellas, lacón con grelos ou follados. Admirar a colorida e vistosa indumentaria dos piliqueiros, así como outras estampas típicas do Entroido. 10 febreiro 2012 Exposición Entroido na biblioteca 1

Na ludoteca os máis pequenos xa poden disfrutar cunha exposición de fondos bibliográficos cos que poderán aprender a maquillarse ou a confeccionar disfraces, antifaces e máscaras.

Silleda – programación entroido 2012

A Concellaría de Cultura activa grandes carnavais en Silleda nas próximas semanas

- Esta fin de semana celebrarase o Entroido en Lamela, mentres que a semana vindeira será o turno de A Bandeira, Silleda, Laro e Parada

Silleda, 10 de febreiro de 2012. Un total de cinco parroquias do Concello de Silleda celebrarán ao grande o Entroido nas próximas semanas.

Lamela inaugurará estas datas mañá ás 17.00 horas cun desfile de entroido que ten prevista a saída dende Barrabaite. Hora e media máis tarde celebrarase o tradicional Alto dos Xeneais e a continuación terá lugar o pregón a cargo de “Os Regueifeiros”. A partir das 23.00 horas comezará o gran baile de entroidos amenizado coa Festa Radio Líder; a media noite será a entrega de premios aos mellores disfraces.

O primeiro día de festa en A Bandeira será o xoves 16 que haberá cunha conferencia impartida por Xosé Ramón Mariño Ferro titulada “O Entroido ou os praceres da carne, ás 20.30 horas, mentres que ao día seguinte, a vila celebrará por cuarto ano consecutivo a Gran Vellada co Tractor Filloeiro.

O sábado 18 será o gran día en A Bandeira. A xornada empeza ás 12.30 horas coa presentación dos cabezudos, confeccionados previamente nun obradoiro, e ás 16.00 horas dará comezo o desfile de máscaras, con saída dende a rúa do Agro do Balo, e encabezado polos Xenerais. Ás 17.30 horas celebrarase o Alto dos Xenerais infantil, e media hora máis tarde terá logar o popular e tradicional alto dos Xenerais do Entroido. O programa rematará ese mesmo día ás 22.30 horas no polideportivo cun baile de disfraces amenizado por dous grupos musicais. Prolongarase ata medianoite, momento en que serán entregados os premios ás mellores máscaras nas diferentes categorías. O luns día 20, será o Entroido infantil, no centro cultural Vista Alegre a partir das 17.00 horas, no que actuará Raquel Queizás “Contos do Cestiño, evento organizado pola asociación do mesmo nome que o centro.

A vila de Silleda recóntrase co entroido

En Silleda, os carnavais darán comezo o día 17 a partir das 19.30 horas coa actividade “Roteiro dos carnaBares”, organizado por varias asociacións de Trasdeza. Consiste na degustación de pinchos naqueles establecementos hosteleiros colaboradores, polas persoas que acudan disfrazadas. Asemade, nestes locais estará a exposición “Antroidos dantonte”; desta actividade tamén se poderá desfrutar o sábado, dende a mesma hora. O 18, os cativos poderán celebrar o Entroidiño Infantil, dende as 17.00 horas na Praza da Feira Vella, onde haberá música, animación e unha carpa.

Silleda festexará o gran día de Entroido o domingo 19, pois celebrarase o gran defile de máscaras e o baile do entroido que terá lugar no mesmo emprazamento que o infantil. Todos aqueles que queiran optar aos premios deberán inscribirse previamente na Casa da Cultura antes das 17.15 horas dese mesmo día. As recompensas económicas son as seguintes: Comparsas: 1º 300 euros “Concello de Silleda”; 2º 150 euros “A.VV. Olaia”, 3º 100 euros “A.S.C. Adellís”. Invividuais e parellas de Ecos (en vales de compra no comercio de Silleda): 1º 90 euros; 2º 60 euros e 3º 50 euros. Premio “Asociación Feiral Semana Verde” cesta de artesanía ao disfraz que mellor simbolice a cultura rural.

O Dúo Punto Cero será o encargado da música cara ao fin da xornada.

A organización deste entroido corre a cargo da Concellaría de Cultura, Educación e Turismo do Concello de Silleda; A.S.C Adellís, Ecos, Avanza Trasdeza, Banda de Música Municipal de Silleda, Escola Municipal de Música, ANPA Pícaros, SD Silleda, Asociación de Mulleres do Municipio de Silleda.

A parroquia trasdezá de Laro ten previsto celebrar estas datas o día 17 os actos comezarán ás 22.00 horas cunha cea na que o menú será empanada, churrasco, doces típicos destas datas, café e chupitos; o prezo da mesma será de 15 euros para os adultos e 8 para os nenos. Quen que desexe asistir poderán retirar as invitacións, ata o día 15, en Casa Castro e Comercio Alonso en Laro, e no Bar Debian, en Silleda. Haberá premio para os mellores disfraces e a velada estará amenizada polos grupos Trasnos de Doade e dúo Máster. A organización do entroido nesta parroquia corre a cargo da Asociación de Amigos da Trotilla.

Parada tamén prevé levar a cabo o seu tradicional baile de máscaras na noite do día 18, e o trío Bluestar animará a velada con música; a Asociación de Veciños foi a encargada de organizar o evento.

Nesta ocasión, Dornelas non festexará o seu popular entroido nin o Alto dos Xenerais.

Cabe destacar que todos estes programas de carnaval están promovidos pola Concellaría de Cultuta, Educación e Turismo do Concello de Silleda.

O Concelleiro de Cultura, Matías R. da Torre, afirma que “dende este departamento trátase de que esta festa tan popular como tradicional subsista naqueles lugares onde se vén celebrando habitualmente, e tamén revitalizalo como é o caso de Silleda, onde decaeu nos últimos anos” e engade que “por isto se demanda a participación activa dos colectivos sociais e dos veciños en xeral para recuperar o ambiente do carnava; tamén de haí a inversión económica dende esta Concellería”.

Ames – programación entroido 2012

O Concello de Ames convida a participar na Festa do Entroido, que por primeira vez contará cun concurso de disfraces e outro de receitas típicas de carnavalentroido2

A celebración, organizada polas concellerías de Cultura, Educación e Patrimonio e de Comercio, Promoción Económica, Traballo e Turismo, terá lugar o luns día 20 a partir das 18,00 horas no aparcadoiro da rúa Agro do Medio. Para facilitar a participación na Festa do Entroido, o Concello de Ames posibilitará tamén o estacionamento no párking da rúa das Palmeiras, a tan só 50 metros lugar onde se celebrará a festa, á que se poderá acceder a través dun paso peonil.

Os interesados en participar no concurso-degustación de receitas de entroido poderán inscribirse ata o día 15 na Casa da Cultura do Milladoiro, no departamento de Promoción Económica do Concello de Bertamiráns ou a través do mail cultura.milladoiro@concellodeames.org. Os primeiros premios, tanto para pratos doces coma para salgados, recibirán vales de compra por valor de 400 euros. Os segundos premios terán un importe de 250 euros e os terceiros de 150.

No caso do concurso de disfraces, as inscricións poderán realizarse ata o día 20 na Casa da Cultura do Milladoiro, a través do teléfono 981 535 940, ou no correo cultura.milladoiro@concellodeames.org. Haberá un premio de 100 euros na categoría infantil e un de 150 euros na categoría individual. Na categoría de grupo o premio ascende a 300 euros e na de comparsa a 500 euros.

Ames, 10 de febreiro de 2012. O Concello de Ames prepara para este ano un entroido sen precedentes, aberto e participativo. As concellerías de Cultura, Educación e Patrimonio e de Comercio, Promoción Económica, Traballo e Turismo están a organizar unha Festa do Entroido na que, se celebrará. por primeira vez,  un concurso-degustación de receitas de entroido ademais dun concurso de disfraces. Deste xeito, o Concello de Ames dá un paso adiante na súa firme aposta por revitalizar e consolidar esta celebración, atendendo os cambios pobocionais rexistrados no municipio nos últimos anos e en consonancia coa gran tradición do entroido en Galicia.

Con este obxectivo, o Concello pretende marcar un antes e un despois na celebración do entroido en Ames e fai un chamamento á participación cidadá nun evento que promete ser divertido e xenuino. Segundo a organización, os participantes serán os auténticos protagonistas desta celebración a través das súas receitas gastronómicas e dos divertidos e coloridos disfraces. Ao entroido de Ames non lle faltará a música, cunha actuación da charanga “Vaite xa” e coa orquestra “Super Fama”.

A Festa do Entroido celebrarase o luns día 20 de febreiro, a partir das 18.00 horas, no aparcadoiro da rúa do Agro do Medio do Milladoiro. Para facilitar a participación na Festa do Entroido, o Concello de Ames posibilitará tamén o estacionamento no párking da rúa das Palmeiras, a tan só 50 metros do lugar onde se celebrará a festa, á que se poderá acceder a través dun paso peonil.

A intención do goberno de Ames é que o ano que se celebre o entroido en Milladoiro, a expoliquidación teña lugar en Bertamiráns e ao revés. Así, Bertamiráns acollerá a expoliquidación no próximo mes de marzo.

Concurso-degustación de receitas típicas do entroido

Neste concurso poderán participar todas as persoas maiores de 18 anos a título individual, ou ben representando unha asociación, local hostaleiro, empresa... As receitas terán que ser obrigatoriamente típicas do entroido, e haberá dúas modalidades: salgadas e doces. As inscricións deberán presentarse na Casa da Cultura do Milladoiro ou no departamento de Promoción Económica na Casa Consistorial, en Bertamiráns, de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas. Tamén poderán presentarse a través do correo electrónico: cultura.milladoiro@oncellodeames.org. A data límite de presentación será o mércores día 15 de febreiro. O día 20 de febreiro, ás 17.30 horas, presentarase o prato na carpa do Concello. Cada prato deberá permitir 60 pequenas degustacións.

Os participantes optarán a diferentes premios, dotados con vales de compra cambiables nos establecementos comerciais asociados á Asociación de Comerciantes de Bertamiráns (ACB), á asocicación de Empresarios e Comerciantes do Milladoiro (AEMI), á Asociación Palmira-Boulevard do Milladoiro e á Asociación Parque Empresarial Novo Milladoiro durante os tres meses seguintes ao concurso. Así, os primeiros premios tanto para pratos doces coma para salgados serán de 400 euros, os segundos ascenderán a 250 e os terceiros serán de 150 euros.

Disfraces para todas as idades

No concurso de disfraces poderán participar todas as persoas, asociacións, comunidades ou colexios que o desexen. As inscricións deben facerse na casa da Cultura do Milladoiro, a través do teléfono 981 535 940, ou no correo electrónico cultura.milladoiro@concellodeames.org. Admitiranse inscricións ata o día 20 ás 14.00 horas. Á hora de apuntarse ao concurso, os participantes deberán achegar nome e apelidos, teléfono dos participantes ou representantes do grupo ou comparsa e categoría na que se inscriben. Haberá en total catro modalidades nas que se poderá concursar: unha modalidade infantil, que estará constituída por unha ou dúas persoas ata os 12 anos; unha modalidade individual na que poderán participar unha ou dúas persoas maiores de 12 anos, unha modalidade de grupo que se constituirá por tres ou catro persoas de calquera idade e unha modalidade de comparsas que deberá estar formada por sete persoas ou máis tamén de calquera idade.

Ao igual que no concurso gastronómico, os participantes optarán a premios dotados con vales de compra cambiables nos establecementos comerciais de distintas asociacións de comerciantes e empresarios de Ames. Na categoría infantil o premio ten un importe de 100 euros, na categoría individual 150 euros, na categoría de grupo o premio ascende a 300 euros e na de comparsa a 500 euros. Os participantes deberán presentarse o día 20 de febreiro ás 18.00 horas na carpa instalada polo Concello no aparcadoiro da rúa Agro do Medio. Alí poderán facer unha exhibición en base á cal o xurado realizará a súa cualificación. Despois destas actuacións, que non deberán durar máis de 5 minutos, o desfile percorrerá as rúas de Milladoiro ao ritmo que marque a charanga “Vaite xa”.

Teo – continúa esta fin de semana o entroido de Reis

CONTINÚA O ENTROIDO DOS XENERAIS EN TEO, ESTE FIN DE SEMANA NA PARROQUIA DE REIS

  • Os coros de vellos e bonitos percorrerán a parroquia durante o sábado e o domingo, pechando as dúas xornadas co atranque no campo da festa
  • Trece persoas a cabalo e máis de 70 persoas nas comparsas forman parte da comitiva festiva

10 de febreiro de 2012. O Concello de Teo continúa celebrando o tradicional entroido dos xenerais este fin de semana na parroquia de Reis. O tamaño da parroquia obriga a saír o sábado e o domingo e nas dúas xornadas a comitiva festiva rematará no campo da festa co alto ou atranque.

As comparsas e os xenerais sairán o sábado a partir das 11:00 horas de Coira e pasarán polo Freixeiro, Valiñas de abaixo e Valiñas de arriba onde pararán para comer. Despois de repoñer forzas con produtos típicos desta época, seguirán cara Samar, Pazos, Montecelo, Vieiro, a Ribeira, o entorno do campo de fútbol e rematarán no campo da festa. e cara a o campo de fútbol e remata no campo da festa rematarán no campo da festa. O domingo sairán pola mañá do Ferreiriño tamén sobre as 11:00 horas e pararán en Chao do Río, Outeiro, no lugar de Olveira e na residencia da terceira idade, en Xermeade, Pontevea para rematar de novo no campo da festa. As coordenadas do campo da festa para o GPS son as seguintes: 42º 52´45”/8º 21´58”

Os dous días, sábado e domingo, farase o atranque a última hora da tarde, en torno ás 20.00 horas. A parroquia de Reis terá uns carnavais con trece persoas a cabalo, máis de 70 persoas nos coros de vellos e bonitos e varias carrozas.

Persoa de contacto da organización: María Vázquez, teléfono 627 207 381

CONVOCATORIA DE PRENSA –ENTROIDO REIS-:

DÍA: 11 e 12 de febreiro.

HORA: 10,00 horas//20,00 horas .

LUGAR: Parroquia de Reis. Teo.

Teo – unidade didáctica sobre o entroido

A CONCELLO EDITA UNHA GUÍA DIDÁCTICA SOBRE O ENTROIDO, DÁNDOLLE CONTINUIDADE Ó TRABALLO REALIZADO CO SAN MARTIÑO

· A presentación deste material educativo realizarase no CEIP de Calo

· A unidade didáctica está coordinada pola edil de Educación, María Álvarez Garea

10 de febreiro de 2012. A concelleira de Educación, María Carmen Álvarez Garea, e o alcalde de Teo, Martiño Noriega, presentarán o próximo luns 13 de febreiro unha nova unidade didáctica para os escolares de infantil e primaria sobre o Entroido. Trátase dun novo exemplar do Educateo, que se editou por primeira vez con motivo do San Martiño, o pasado mes de novembro.

Neste caso, a concellería de Educación coordinou unha unidade didáctica e un cd multimedia sobre o Entroido galego en xeral e sobre a súa manifestación na comarca do Ulla co entroido dos xenerais en particular. A presentación á prensa deste traballo realizarase no CEIP da Igrexa-Calo, para que se poida ver o uso desta ferramenta multimedia por parte dos máis pequenos que son os verdadeiros destinatarios.

O acto coa prensa será ás 13:45 horas e durante a mesma a edil de Educación explicará como xurdiu a idea de realizar este material multimedia para traballar nos colexios e os obxectivos que se perseguen.

Convocatoria de prensa:

DÍA: 13 de febreiro.

HORA: 13,45 horas.

LUGAR: CEIP da Igrexa-Calo. Teo.

Galeria Caroní – exposición de joyas inspiradas en distintas culturas del mundo

La Galería Caroní inaugura exposición de joyas inspiradas en diferentes culturas del mundo Foto principal Susana Ruiz

Santiago de Compostela, Viernes 10 de Febrero de 2012. El próximo martes 14 de Febrero, la Galería Caroní (Rúa do Vilar, 21. Santiago de Compostela) inaugura la exposición de joyas “Arqueología y naturaleza”, creadas por Susana Ruíz. La propia Susana Ruíz estará en la Galería Caroní el martes a las 19,30 h de la tarde para presentar su colección al público en general.

Se trata de una muestra compuesta por una cuidadosa selección de joyas inspiradas en diferentes culturas, como la Azteca, la Mapuche, la Celtibérica y los petroglifos gallegos. “Arqueología y naturaleza” es el nombre que recibe esta colección de piezas únicas, exclusivas y creadas a mano por Susana Ruíz, una arqueóloga de profesión, joyera por vocación y gran observadora de la naturaleza, hecho que plasma en sus creaciones.

Susana nos cuenta que “cada joya es tratada con delicadeza exclusiva hasta el punto de conseguir plasmar calidez en la plata, de manifestar la fragilidad de la historia, la fugacidad del tiempo, la eternidad de los minerales, la belleza de la naturaleza y la importancia del pasado que nos ha preservado sus secretos en forma de arte”.

Pulseras, anillos, collares y brazaletes en plata, cuero o piedras semipreciosas, componen una variada selección de joyas muy originales y vistosas, perfectas para vestir a la mujer actual.

Todas las joyas estarán también a la venta desde el 14 de Febrero y hasta el 30 de Marzo.

Silleda – esta tarde celébrase o obradoiro de cambio climático

Medio centenar de veciños acuden ao obradoiro sobre o cambio climático na Casa da Xuventude

O obradoiro “Fronte ao cambio climático” celebrarase de 18.00 a 20.00 horas na casa da Xuventude de Silleda. Este seminario, no que está previsto que participen arredor de medio centenar de persoas, pretende favorecer a implicación cidadá na loita contra o cambio climático promovendo actitudes, concienciando, e sensibilizando aos participantes ante esta grande problemática.

Hai 27 adultos inscritos, con idades que están comprendidas entre os 20 e os 65 anos, e 22 cativos con idades que van dende os 4 ata os 11 anos.

Hoxe é tamén a data límite para visitar a exposición “O noso mundo, o noso futuro, a nosa opción” na Casa da Xuventude de Silleda, que versa sobre o cambio climático. Esta mostra está promovida pola Consellería de Infraestructuras, Territorio e Medio Ambiente e organizada pola concellería de Medio Ambiente e polo departamento de Xuventude do Concello de Silleda.

Ao igual que o obradoiro, esta mostra está integrada no programa “Sostendo” e é unha exposición itinerante que seguirá a amosarse noutros concellos galegos a partir de mañá.

Oroso – nova rede de bombeo de auga na parroquia de Trasmonte

O CONCELLO DE OROSO DOTARÁ AO LUGAR DE O EMPALME DUNHA REDE DE BOMBEO QUE DARÁ SERVIZO A 35 VIVENDAS DA PARROQUIA DE TRASMONTE

O Concello xa ten redactado o proxecto da obra, orzamentada en 56.000 euros, que será licitada antes de finais de marzo

10 de febreiro de 2011.- O Concello de Oroso vén de rematar a redacción do proxecto de execución dunha Rede de Bombeo no lugar de O Empalme (parroquia de Trasmonte) e dun grupo de bombeo na zona máis baixa deste núcleo de poboación para poder derivar as augas residuais verquidas ao alcantarilllado ata a rede xeral de saneamento. Unha rede xeral que discurre pola estrada N-550, situada a 365 metros de distancia.

Unha obra orzamentada en 56.269 euros, financiados con cargo ao Plan de Cooperación cos Concellos, e que ten un prazo de execución de 3 meses. O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, sinala que “o noso obxectivo é que poida saír a licitación antes do 30 de marzo para que poidan executarse o máis pronto posible”. Neste sentido, o alcalde orosán recoñece que o gran número de empresas que se están a presentar aos distintos concursos está a ralentizar un pouco a adxudicación dalgunhas obras. “Á licitación do abastecemento de auga aos núcleos rurais de Vilacide de Abaixo e de Berdomás, que sacamos a concurso a principios de xaneiro, presentáronse máis de sesenta empresas”, exemplifica Mirás Franqueira.

Características das obras

As obras consistirán na instalación dunha rede de bombeo no lugar de O Empalme, onde na actualidade existen 35 vivendas, e a execución dun grupo de bombeo na zona máis baixa deste núcleo de poboación para poder derivar as augas residuais verquidas ao alcantarillado existente na zona ata a rede xeral de saneamento. Na actualidade, este núcleo rural de Trasmonte dispón de rede de saneamento, aínda que se atopa en desuso ao non contar con grupo de bombeo. Unha vez realizada esta obra, a estación de bombeo de augas residuais (EBAR) de O Empalme terá capacidade para atender ata a 60 vivendas.

Os traballos incluirán un desmonte de terras na zona ata a rasante axeitada, separando a terra vexetal para a súa posterior reutilización e deixando taludes de seguridade naquelas zonas que quedan a distinto nivel. O pozo de bombeo, prefabricado de 1,5 metros de diámetro por 3 metros de profundidade, contará con dous grupos electrobomba que, mediante sondas de nivel, farán que funcione unha bomba alternativamente ou as dúas á vez. As bombas enviarán as augas residuais a través dunha tubería de impulsión de polietileno de alta densidade ata alcanzar o pozo de rexistro de conexión coa rede xeral, situada na N-550.

Unha vez redactado polos servizos técnicos municipais de Oroso, este proxecto será enviado á Deputación Provincial da Coruña. Unha vez que o organismo provincial dé a súa conformidade ao proxecto, éste sairá a licitación pública.

Ordes – comeza o programa de radio “sumando todas”

‘Sumando todas’ visibilizará dende Radio Ordes os logros e avances en materia de igualdade acadados por mulleres

Con este programa, que se emitirá os luns ás 19.30 horas, o Concello quere incidir na concienciación social naqueles aspectos relacionados coa discriminación por cuestión de xénero 10 febreiro 2012 Charo Fernández e  Laura Bugalho en Radio Ordes 'Sumando todas'

Ordes 10 febreiro 2012. ‘Sumando todas’ é o título do novo programa que Radio Ordes estreará o vindeiro luns 13 de febreiro a partir das 19.30 horas. Conducido por Charo Fernández Velho, profesora de lingua galega do instituto Maruxa Mallo da mesma localidade, ‘Sumando todas’ preséntase como un espazo que pretende visibilizar os logros das mulleres á par que avanza na súa igualdade.

Laura Bugalho, fundadora do colectivo Transgaliza e premio Nicolás Salmerón de Derechos Humanos 2011 na categoría de libertades sexuais, será unha das convidadas nesta primeira entrega. Mariana Carvallal, actriz e directora cinematográfica, falará sobre ‘Escoba!’, serie que dirixe e que actualmente emite a TVG. Charo Fernández Velho tamén nos achegará as figuras de dúas mulleres relevantes nos eidos da literatura e do feminismo como son Virginia Woolf e Concepción Arenal. A música da cantante caboverdiana Cesária Évora, falecida no mes de decembro do pasado ano, será outra das protagonistas.

A través desta iniciativa o Concello de Ordes quere contribuir na igualdade de oportunidades e loitar contra calquera tipo de discriminación por cuestións de xénero.

‘Sumando todas’ emitirase cada luns a partir das 19.30 horas no 107.3 da FM e tamén a través do blog www.radioordes.com. O igual que ocurre cos demáis programas producidos e realizados pola emisora municipal tamén se poderán descargar gratuitamente os podscats a través de dito blog.

de máis aló – concurso de cartas de amor do concello de Fene

CARMEN CUESTA PRESIDIRA O XURADO DO CERTAME DE CARTAS DE AMOR

A profesora de Historia do Instituto de Ensino Secundario de Canido (Ferrol) Carmen Cuesta presidirá este ano o xurado do Certame de Cartas de Amor que desde hai 13 anos convoca Radio Fene (Radiofusión). Carmen Cuesta coordina ademais as Equipas de Normalización Lingüística da cidade departamental. A persoa que resulte gañadora recibirá como premio unha cea para 2 persoas e o aloxamento dunha noite no Hotel Pazo Libunca de Narón. Ainda está aberto o prazo para presentación de cartas ata o vindeiro luns ás 12 do mediodia. Pódense enviar baixo plica a Radiofusión. Casa do Concello. 15500 Fene (A Coruña) ou enviar ao correo electrónico direccion@radiofusion.eu

Xunto con Carmen Cuesta formarán parte do xurado, representantes dos grupos políticos da Corporación de Fene. O fallo daráse a coñecer o vindeiro martes 14 de febreiro, Dia de San Valentín, patrono dos namorados.

As cartas de amor, se há amor,
Têm de ser
Ridículas.
Mas, afinal,
Só as criaturas que nunca escreveram
Cartas de amor
É que são
Ridículas.

Fernando Pessoa

Ames – balance das accións formativas do concello

Máis de 1.300 persoas beneficiáronse das acción de formación ocupacional e de promoción do emprego postas en marcha polo concello de Ames no ano 2011 rede_xiana2

Un total de 135 persoas participaron nas diferentes accións de formación e de fomento do emprego

Ademais, atendéronse máis de 1.000 demandantes de información-orientación e intermediación laboral e realizáronse 825 entrevistas con persoas que buscan asesoramento na busca de emprego

Ames, 10 de febreiro de 2012. O Concello de Ames está levando a cabo diversas accións co obxectivo de fomentar o emprego local entre a veciñanza amiense. Existen varias ferramentas que a Administración local leva desenvolvendo no eido da formación e que están dirixidas ás persoas desempregadas para que poidan optar a traballos en sectores dun maior índice de ocupacionalidade. Rematado o 2011 toca facer balance e avaliar as políticas activas de emprego postas en marcha durante o pasado ano. Un total de 135 persoas participaron nas diferentes accións de formación e de fomento do emprego, así como nos programas integrados para o emprego desenvolvidos durante o 2011. Ademais, atendéronse máis de 1.000 demandantes de intermediación laboral e realizáronse 825 entrevistas con persoas que buscan asesoramento na busca de emprego. A través dos programas de cooperación contratáronse 21 persoas que integraron diferentes brigadas e que traballaron en varios programas municipais. Na actualidade estase desenvolvendo a quinta edición do programa InserAmes do que se están beneficiando 100 usuarios/as.

Dende a concellaría de Comercio, Promoción Económica, Traballo e Turismo fan balance das actuación realizadas durante o último ano en materia de formación ocupacional e de promoción do emprego. A pesar de que a situación económica non é óptima o Concello de Ames está contribuíndo, na medida do posible, a posta en marcha de diferentes ferramentas para fomentar o emprego entre a cidadanía amiense que se encontra en situación de desemprego.

O concelleiro de Comercio, Promoción Económica, Traballo e Turismo, Bernardo Moar, explica que “estase realizando un importante esforzo económico para seguir desenvolvendo diferentes accións formativas e de promoción do emprego. Estamos vivindo unha situación de crise económica na que non hai que redobrar esforzos para conseguir que a veciñanza de Ames que se atopa desempregada poida acadar unha maior formación co obxectivo de atopar traballo. Dende o Concello estamos a desenvolver diferentes medidas activas de emprego en colaboración coa Xunta de Galicia e coa Deputación da Coruña”.

InserAmes IV

Durante o 2011 desenvolvéronse diferentes programas como a cuarta edición do programa integrado para o emprego InserAmes, que rematou cun 34% de insercións laborais. Das 100 persoas que participaron na cuarta edición deste programa, 34 conseguiron algún tipo de contrato. O obxectivo deste programa é intervir en colectivos con especiais dificultades de inserción laboral, avaliando individualmente as potencialidades e carencias dos participantes, a través do deseño de IPIS (Itinerario Personalizado de Inserción), no que se combinan diferentes accións de formación e práctica profesional e que teñen unha evidente relación coa capacidade de acceso ao emprego no que se acadou unha inserción laboral de 34 participantes no programa, sendo 58 participantes os que tiveron algún tipo de contrato neste período dun ano.

Na fase formativa transversal impartíronse catro cursos (desenvolvemento de habilidades sociais; busca activa de emprego; alfabetización informática e autoemprego; e creación de empresas). Ademais, realizouse unha segunda fase de formación específica na que se impartiron cinco cursos (dietética e nutrición de colectivos especiais; comunicación comercial; coidador de nenos/as con hiperatividade; manipulador de alimentos de alto risco; e coidador de discapacitados físicos e psíquicos). Para impartir a formación específica tívose en conta o perfil de cada participante e os sectores e ocupacións con mellores perspectivas do mercado. A formación transversal e especializada impartiuse nas aulas do edificio de Servizos Múltiples de Aldea Nova.

InserAmes V

Ademais, na actualidade está desenvolvéndose a quinta edición do programa integrado para o emprego, InserAmes V, no que participan 100 usuarios/as. Os sectores básicos nos que incide este programa de emprego, e que son os que aínda rexistran demanda de emprego, son as enerxías renovables e a eficiencia enerxética e o coidado a dependentes. Aínda así, os titores atenden as particularidades de cada caso e son moitos os ámbitos nos que fan asesoramento. Ata o de agora realizáronse o curso de condutos de carretilla elevadora-Dumper; eficiencia enerxética en edificios; iniciación á enfermería de alzeheimer; e habilidades sociais e resolución de conflitos.

Rede Xiana

Por outra banda púxose en marcha un curso de montaxe e mantemento de instalacións solares térmicas e outro de aproveitamento forestais, que se enmarcou dentro da Rede Xiana. Este é un programa que está promovido pola Deputación da Coruña e cofinanciado con cargo ao Fondo Social Europeo. Destes cursos beneficiáronse 35 persoas desempregadas do Concello de Ames. Durante este ano Ames volve a ser unha das tres sedes provinciais encargadas de impartir o curso de operario de almacén, que se enmarca dentro da Rede Xiana, e no que participan 17 persoas. Anteriormente, xa se impartiu o obradoiro de empregabilidade.

Este programa busca mellorar o nivel dos servizos de proximidade da poboación rural, elevando o nivel de benestar e garantindo a igualdade de oportunidades especialmente para as persoas de maior vulnerabilidade ou en risco de exclusión social, así como executar accións locais coherentes coas iniciadas desde outros niveis administrativos procurando establecer sinerxías entre os instrumentos de políticas públicas das distintas administracións.

Servizo de orientación laboral

O Concello conta cun servizo de orientación laboral, como entidade colaboradora do Servizo Público de Emprego, co obxectivo de asesorar a todas aquelas persoas que precisan información e que están na busca de emprego. Deste servizo beneficiáronse máis de 1.000 usuarios. Durante o pasado ano o Concello contou cos servizos de un axente de emprego e desenvolvemento local e contratouse un axente de emprego e promoción económica. Estes dous técnicos atenderon a 498 demandantes de información-orientación e intermediación laboral. Ademais dóuselle continuidade á contratación dun orientador laboral que atendeu a 587 persoas e realizou 825 entrevistas. Os servizos destes técnicos estiveron cofinaciados pola Consellería de Traballo e Benestar Social e o Fondo Social Europeo.

Asesoramento empresarial

Tamén se conta cun servizo de asesoramento empresarial e apoio ás iniciativas empresariais. O pulo que están collendo as políticas de apoio ao autoemprego neste concello fai que dentro das políticas activas de emprego, este sector estea consolidándose como un instrumento básico no desenvolvemento económico. Isto implica que os emprendedores necesiten cada vez máis apoio técnico e financeiro para a creación de empresas. Dende xuño de 2011 atendéronse 112 emprendedores en relación á tutela de novos proxectos empresariais ou asesoramento a empresarios en diferentes eidos.

Programas de cooperación

A través deste programas o Concello de Ames contratou a un total de 21 traballadores desempregados na convocatoria de 2011 e 2012. Este programa ten por obxecto a realización de obras ou servizos de interese xeral e social dentro dos municipios. Dentro desta convocatoria contratouse persoal para tres brigadas (brigada de espazos públicos municipais; brigada de protección de marxes fluviais e do espazo forestal; e brigada de espazos forestais). Ademais,a través do programa IMMA contratáronse 4 mulleres.

Viveiro de empresas

Por outra banda o O Concello de Ames continúa apoiando ás iniciativas empresarias de nova creación a través do Viveiro de Empresas. Durante o 2012 farase unha restruturación do Viveiro de Empresas habilitando un novo local polo que pasará a dispoñerse de catro. O complexo conta cunha instalación completa para o desenvolvemento da actividade profesional, ademais dunha sala de reunións independente. Este espazo de xestión pública, situado no Edificio de Servizos Múltiples de Aldea Nova, tenta facilitar o arranque de novas empresas no ámbito amiense. Este viveiro serve como punto inicial no camiño das novas iniciativas dos emprendedores amienses.

Centro de Formación de Aldea Nova

O Concello de Ames está traballando no acondicionamento e posta en funcionamento do Centro de Formación de Aldea Nova. Un espazo que conta con 714 metros cadrados adicados á formación ocupacional no que se inclúen tres aulas teóricos-prácticas, dous talleres e tres despachos de oficina e sala multifuncional. Deste xeito o Concello de Ames disporá dun edificio onde se poidan desenvolver diferentes actividades dedicadas á formación tanto das persoas desempregadas como das empresas que conforman o tecido empresarial de Ames. A formación continúa é unha das claves para o éxito empresarial e para conseguir a integración no mercado laboral. Este centro albergará as distintas accións formativas que desenvolve o goberno municipal.

Durante o ano 2012 estase procedendo á homologación de cinco novas especialidades formativas ocupacionais.

Santiago – axenda venres 10 de febreiro

Venres 10

10.00 e 12.00 h

No Auditorio de Galicia, concerto didáctico con Xacobe Martínez Antelo Standard 4tet.

11.30 h

Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, para presentar a programación básica das actividades e servizos dos centros e locais socioculturais, así como as actividades do Entroido nos propios centros.

12.00 h

Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h

No Salón Vermello, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, e a concelleira de Comercio, Reyes Leis, fan entrega dos premios do sorteo “Noites Abertas”.

20.30 h

Na Zona "C", 'Mujer muerta caminando' de Cámara Negra Teatro, dirixida por Carlos Álvarez-Ossorio, dentro da programación de Teatro&Danza.

21.30 h

Na Sala Capitol, concerto de Corizonas dentro do ciclo Compostela Rock. Presentación en Galicia do novo disco 'The news today'.

Brión – cursos de iniciación a informática e a acces 2007

O CONCELLO DE BRIÓN CONVOCA DOUS CURSOS DE INICIACIÓN Á INFORMÁTICA E MICROSOFT ACCESS 2007

Terán unha duración de 20 e 40 horas, respectivamente, e o prazo para inscribirse remata o vindeiro 24 de febreiro

09 de febreiro de 2012.- O Concello de Brión dous novos cursos de informática: un de iniciación á informática e outro para aprender a utilizar a base de datos Access. Dous cursos que terán lugar no telecentro de comunicacións de Brión e para os que xa está aberto o prazo de inscrición na Casa da Cultura ou no teléfono 981 50 99 08. O prazo para anotarse remata o 24 de febreiro e a admisión realizarase por orde de inscrición, con preferencia para os veciños e veciñas de Brión.

O curso de Iniciación á Informática ofrece ao alumno os coñecementos básicos para manexar un ordenador e aprender a utilizar o sistema operativo Windows. Unha formación básica para poder realizar os seguintes módulos que completan o Curso de Informática de Usuario (Word, Access, Excel, Power Point e Internet). As clases terán lugar ao longo de 20 horas, os martes e xoves entre o 6 de marzo e o 10 de abril en horario de 20:00 a 22:00 horas. O cuota única é de 30 euros.

Por outra banda, o curso de Microsoft Access é o quinto módulo do Curso de Informática de Usuario e nel os alumnos aprenderán a utilizar esta base de datos. O coste do curso é de 50 euros polas 40 horas lectivas correspondentes. O Concello de Brión oferta a posibilidade de organizar grupos de mañá (de 10:30 a 12:30 horas) e de tarde (de 20:00 a 22:00 horas). As clases terán lugar os luns, mércores e venres entre o 27 de febreiro e o 16 de abril.

Estes dous cursos formativos están incluídos no Curso de Informática de Usuario, que ao longo do ano imparte o Concello brionés. Uns cursos que serven de base para aqueles alumnos que desexen obter as Acreditacións Europeas de Manexo do Ordenador, un certificado oficial da Fundación ECDL (European Computer Driving Licence) que imparte o Concello de Brión. De feito, o Curso de Informática de Usuario está deseñado para que os alumnos poidan optar ás acreditacións da ECDL, pois se trata dun recoñecemento internacional dos seus coñecementos que mellorarán en gran medida o currículum do alumno.

Silleda – cambios na xunta de goberno local

O Concelleiro de Deporte, Klaus Brey, remplazará á Concelleira de Emprego. Margarita Campos, nas XGL

Silleda, 9 de febreiro de 2010. Hoxe tivo lugar a primeira Xunta de Goberno Local cun pequeno cambio na súa constitución. A partir de agora, o Concelleiro de Deporte, Klaus Brey, substituirá á Concelleira de Emprego, Margarida Campos, nas sesións municipais.

A imposibilidade da asistencia de Campos ás xuntas e demáis reunións municipais débese á súa estadía en Italia, onde está a completar os seus estudos de Flauta a través dunha Beca Erasmus.

Cabe destacar, que os dous seguen a ter as mesmas áreas, que non foron modificadas ningunha das atribucións dos Concelleiros, e que Margarita Campos continuará á fronte da súa concellería, posto que está en continuo contacto co Concello de Silleda, levando a cabo todas as súas funcións por vía telemática, sen que a distancia lle impida realizar ningunha tarefa para o municipio.

Ames – o xuzgado de Paz condea o autor dunha pintada denunciado polo concello

Unha sentenza obriga ao autor dunha pintada no Milladoiro a indemnizar ao Concello de Ames

A chamada dun empregado municipal alertando da infracción nun muro da Travesía do Porto permitiu a actuación da Policía Local. O infractor foi identificado cando ía abandonar o lugar dos feitos e os axentes incautáronse do material empregado para realizar a pintada.

O Concello de Ames presentou denuncia contra este acto vandálico por “deslucimento de bens inmobles de dominio público”. A resolución do Xulgado de Paz de Ames condena ao autor da pintada a seis días de localización permanente e a indemnizar ao Concello cunha suma de 500 euros.

Ames, 9 de febreiro de 2012. O Concello de Ames será indemnizado polo autor dunha pintada nun muro da Travesía do Porto, no Milladoiro, tras a sentenza ditada polo Xulgado de Paz da localidade na que se condena ao infractor como responsable dunha falta por “deslucimento de bens inmobles de dominio público”. Os feitos tiveron lugar o 22 de xuño de 2011, data na que un empregado municipal da brigada de medio ambiente efectuou unha chamada á Policía local alertando da presenza dunha persoa que estaba a realizar pintadas nunha fachada municipal.

A actuación dos axentes permitiu a identificación do infractor no momento no que tentaba abandonar co seu coche o lugar dos feitos. No rexistro do vehículo, a Policía local incautouse de pintura líquida, sprays de diferentes colores, rodillos, espátulas e plantillas de madeira con distintos símbolos e formas.

No seu compromiso para perseguir e actuar de forma inmediata e dilixente ante calquera acto vandálico que poida rexistrarse no municipio, evitando que poida quedar impune, o Concello de Ames decidiu denunciar os feitos e persoarse como acusación no proceso xudicial aberto no Xulgado de Paz da localidade. Na súa sentenza, con data 30 de novembro de 2011, o Xulgado de Paz considera probada a autoría das pintadas, admitida polo denunciante, e condena ao infractor a unha pena de 6 días de localización permanente por unha falta de “deslucimento de bens inmobles de dominio público” a indemnizar ao Concello de Ames cunha suma de 500,95 euros como parte prexudicada.

O Concello de Ames quere agradecer a colaboración cidadá obtida para conseguir erradicar feitos como os denunciados anteriormente e, do mesmo xeito, destaca a eficacia da actuación da Policía local para avanzar neste labor común.

Melide – arranxados os problemas das vivendas de protección oficial

Solventánse os problemas de sumidoiro nas vivendas de protección oficial de Melide.

 

  • A través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras e despois da xuntanza mantida pola alcaldesa de Melide, Ánxeles Vázquez mailo responsable desta área do goberno autonómico, Agustín Hernandez, estánse solventando todos os problemas de olores e de atascos na rede de saneamento que se estaban a producir nas vivendas de protección oficial de Melide.
  • As queixas da veciñanza foron constantes durante os catro anos de goberno de bipartito que non conseguiron solventar o problema.

Melide, 9 de febreiro de 2012.- A alcaldesa de Melide mantivo a semana pasada unha reunión co responsable da Consellería de Medio Ambiente, territorio e infraestructuras co fin de arranxar os problemas de saneamento que os veciños e veciñas residentes nas vivendas de protección oficial de Melide viñan sufrindo dende hai algúns anos sen que ninguén tomase ninguha solución ao respecto. As queixas dos afectados eran continuas xa que se producían inundacións continuamente nos sotos de ditas edificacións, ademáis dos malos olores que afectaban á veciñanza de maneira habitual. Para solventar o problema o anterior goberno local formado pola coalición BNG-PSOE trasladaba a motobomba do Concello ao lugar cada vez que se producían enchentas xa que do contrario a situación sería de total insalubridade.

As actuacións que se procederon a realizar foron a eliminación das arquetas sinfónicas exteriores para reemplazarlas por un bote sinfónico dentro dos garaxes, ademáis da substitución da rede exterior en 50 metros xunto coa modificación dos tubos interiores para conseguir desta maneira pendentes artificiais que favorezan o fluxo das augas residuais que antes non existían. Ánxeles Vázquez, a alcaldesa de Melide amósase moi satisfeita con esta actuación para solventar un problema de saneamento e olores que viñan sufrindo os veciños desta área de Melide e que tan incomodos para a vida coitá resultaban.

Silleda – convenio para a prevención de incendios

O Concello de Silleda firmará un convenio de colaboración coa Consellería de Medio Rural para a prevención de incencios forestais

- Presentáronse 230 Ha ao programa que está totalmente subvencionado

Silleda, 9 de febreiro de 2012. A Concellería de Medio Rural e Medio Ambiente do Concello de Silleda firmará un convenio de colaboración coa Consellería do Medio Rural para a paticipación no programa de prevención de incendios forestais mediante a realización de tratamentos preventivos en vías, camiños e outras superficies forestais de titularidade municipal. Con este documento, o goberno local comprométese a xestionar a biomasa vexetal nas superficies da súa titularidade realizando traballos preventivos mecanizados nos estados arbóreos, arbustivo, e subarbustivo así coma labores de roza nas áreas de cortalumes.

Para cumplir con este programa, a Concellaría de Medio Rural empregará os medios do Concello: dous tractores funcionando a pleno rendemento durante toda a xornada e segundo o Concelleiro deste departamento, Antonio Couso “faríase incluso o desbroce de maneira manual cando a ocasión o requira, sobre todo en épocas de máximo risco”. Asemade, remarca que a limpeza de pistas non se limita ao prazo do convenio, senon que “é unha labor que se está a realizar durante todo o ano”.

Todos estes traballos preventivos a realizar, por este convenio, están subvencionados ao cen por cento pola conxellería, cun importe máximo de 130 € por hectárea, e comezarán unha unha vez firmado o acordo, e se contempla as mesmas datas que o ano pasado, é previsible que remate a principios de setembro.

As zonas de actuación prioritarias debe estimalas o Concello, e son aprobadas por un técnico da Consellaría do Medio Rural, dacordo co Progrma de Prevención do Distrito Forestal; no Concello de Silleda, acordouse presentar unha superficie total de 230 Ha nas que se levarán a cabo a limpeza. O Concelleiro de Medio Rural destaca que “prácticamente en todas as parroquias do termo municipal se realizarán este tipo de tarefas”.

O Concello de Silleda ven participando nestes convenios dende o ano 2007, aínda que sempre colaborou en todos aqueles que tiñan como obxectivo a prevención de incendios forestais. Segundo o Concelleiro de Medio Ambiente, Antonio Couso, “é imprescindible levar a cabo estas labores de desbroce para previr os incendios forestais que durante o periodo estival e de máis seca arrasan os montes galegos”.

Oroso – segunda fase das beirarruas entre Oroso e A Ulloa

OROSO INICIA A SEGUNDA FASE DAS BEIRARRÚAS QUE UNIRÁN SIGÜEIRO COA GARDERÍA MUNICIPAL DA ULLOA E QUE ESTARÁN REMATADAS EN MARZO SegundaFaseBeirarruas2-1

Os traballos incluirán a instalación dunha recollida de pluviais que evitarán que escorreguen ata a rúa do Xuncal

9 de febreiro de 2011.- O Concello de Oroso vén de iniciar a segunda fase das obras de construción das beirarrúas que unirán Sigüeiro coa gardería municipal da Ulloa, seguindo a marxe dereita da Avenida de Compostela (N-550). Uns traballos cuxa financiación está incluída na modificación do proxecto de acondicionamento da intersección da N-550, aprobada polo pleno municipal o pasado mes de setembro.

O concelleiro de Vías e Obras, Eduardo Veiras, agarda que os traballos poidan estar rematados o vindeiro mes de marzo, tal e como estaba previsto inicialmente. Así, durante estes últimos dous días, operarios da empresa adxudicataria das obras procederon a realizar os primeiros movementos de terras previos á realización das obras, que incluirán a construción dun muro a carón dun talud cercano á rotonda da N-550 e que proporcionará maior seguridade aos peóns.

Evitar inundacións

Ademais da construción das beirarrúas, a obra inclúe tamén a instalación dun sistema de recollida de augas pluviais “que evitarán que poidan escorregar pola pendente ata a zona urbana, como acontece agora coa rúa do Xuncal cando se rexistran fortes precipitacións”, indica Eduardo Veiras. As melloras na zona tamén incluirán o retranqueo dos postes de alumeado público e unha mellora da sinalización viaria.

Durante a realización dos traballos, a zona estará convintemente sinalizada e vixiada para a circulación dos vehículos, ante o pequeno estreitamento da calzada que se produce cando hai maquinaria pesada traballando. Un estreitamento que, en todo caso, non está a producir ningún tipo de retencións de tráfico.

Unha vez rematada esta segunda e última fase das obras de reurbanización da marxe dereita da Avenida de Compostela, estas beirarrúas mellorarán a seguridade viaria daqueles pais e nais de Sigüeiro Os veciños e veciñas de Sigüeiro xa disfrutan dende a semana pasada da primeira fase de beirarrúas, que incluíu tamén a colocación de distinto mobiliario urbano (bancos e papeleiras), así como unha ampliación da zona reservada para a parada do transporte metropolitano, que en próximas datas disporá dunha nova marquesiña.

As obras executáronse en dúas fases: unha primeira no casco urbán (financiadas con 95.466 euros aportados pola Deputación Provincial da Coruña.) e unha segunda ata a rotonda (subvencionadas con cargo ao proxecto de construción da devandita rotonda).

Tordoia – clases de informáticas para tódalas idades

INFORMÁTICA PARA TODAS AS IDADES NA CASA DA CULTURA DO CONCELLO DE TORDOIA

Xa está aberto o prazo para inscribirse nestes cursos de iniciación ás novas tecnoloxías

9 de febreiro de 2012.- O Concello de Tordoia ven de promover, unha edición máis, os cursos de iniciación á informática dirixido a todos os veciños e veciñas do municipio. Xa está aberto o prazo para inscribirse na Casa da Cultura, sen ningún tipo de límite de idade. Aquelas personas interesadas teñen á súa disposición dous horarios de formación, os luns e mércores, de 19h a 21 horas, ou os martes e xoves, de 17h a 19h.

Estes cursos, dirixidos a todas aquelas persoas que desexen adquirir os coñecementos básicos no eido da informática, comezarán no mes de marzo. Desde o Concello de Tordoia recálcase a necesidade de que toda a poboación, con especial incidencia nos maiores, poida ter acceso ás novas tecnoloxías polo que o curso permitirá adquirir coñecementos precisos para poder manexarse no sistema operativo Windows e algúns dos seus programas, así como adentrarse tamén na Internet. Os grupos que se están formando son reducidos, de arredor dunha ducia por clase, o que permitirá unha formación máis personalizada. As persoas interesadas poderán anotarse ou conseguir máis información sobre os cursos na Casa da Cultura ou ben no teléfono 981 683 006.

EU Santiago – moción sobra a atención o parto

image

Ames – Redrum representa a comedia musical “Moito Conto” na casa da cultura de Bertamiráns

Redrum Producciones representa a comedia musical Moito Conto na Casa da Cultura de Bertamiráns

Pola mañá, ás 11:00 horas, haberá unha sesión escolar, mentres que pola tarde, ás 18:30 horas, realizarase un segundo pase para o público infantil en xeral

Un total de 224 alumnos/as dos CEIP Agro do Muíño e Barouta acudirán a sesión de teatro escolar

Ames, 9 de febreiro de 2012. Volve o teatro infantil ao Concello de Ames. Este venres, 10 de febreiro, a compañía Redrum Producións representa a obra Moito Conto na Casa da Cultura de Bertamiráns. Dirixida ao público familiar, a comedia musical Moito Conto está protagonizada por Mónica García, Guillermo Carbajo e Tamara Canosa, e baséase no conto Hansel e Gretel. Desta peza teatral faranse dúas representacións no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns. Pola mañá, ás 11:00 horas, haberá unha sesión escolar, mentres que pola tarde, ás 18:30 horas, realizarase un segundo pase para o público infantil en xeral. Un total de 224 alumnos/as dos CEIP Agro do Muíño e Barouta acudirán a sesión de teatro escolar.

O auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro acolle este venres, 10 de febreiro, a representación de Moito Conto, a última proposta escénica para público familiar de Redrum Producciones, na que o cineasta lalinense Álex Sampayo dirixe un texto propio escrito en colaboración con Guillermo Carbajo e Tamara Canosa a partir do popular Hansel e Gretel dos irmáns Grimm. Esta comedia musical está recomendada para nenos/as maiores de 6 anos.

As entradas poderán mercarse media hora antes do comezo da función na Casa da Cultura de Bertamiráns. O prezo das entradas é de 4 euros. Terán un 50% de desconto os menores de 12 anos, os maiores de 65 e os estudantes con carné. Tamén se poden reservar as entradas, para iso hai que chamar ao número de teléfono 981535940 ou enviando un correo electrónico á dirección cultura.milladoiro@concellodeames.org. As entradas reservadas terán que ser recollidas o día da función entre as 17:30 h e as 18:00 horas. As entradas que son se recollan nese horario serán vendidas a partir das 18:00 horas.

A compañía compostelá persegue a través do seu espectáculo a concienciación ambiental. O método empregado é a reformulación de contos tradicionais coñecidos por todos, co obxectivo de estimular a creatividade dos máis pequenos e chegar aos recordos dos maiores, convidándoos a ser nenos de novo, conxugar diferentes mensaxes e romper os prexuízos preconcibidos. Ao tempo, contribúen á idea central da montaxe os textos das cancións e a utilización escenográfica de materiais reciclados.
A interpretación corre a cargo de Mónica García, no papel da malvada madrasta e da manipuladora froiteira; Guillermo Carbajo como Pepiño, un Peter Pan diferente, obsesionado por crecer e converterse nun adulto; e Tamara Canosa como Manola, a irmá de Pepiño, unha rapaza inqueda e impulsiva. Para a posta en escena desta peza, a propia compañía fíxose cargo do deseño da escenografía, Manuel Riveiro asumiu o espazo sonoro e Carlos Álvarez-Ossorio, a iluminación.
Sinopse da obra
Tomando como pretexto o famoso conto dos irmáns Grimm Hansel e Gretel, a peza amosa as aventuras de Pepiño e Manola, dous rapaces que, enganados pola súa madrasta, acabarán perdidos no bosque e vivirán unha aventura que os cambiará para sempre: os nenos terán nas súas mans o destino dos contos e dos soños e terán que salvalo convertendo o que consideraban defectos en virtudes.
Como ensinanza desta historia afloran valores tales como a autoestima e a aceptación da nosa identidade, as relacións de complicidade fraternal, a importancia de aprender a escoitar e a pensar antes de actuar ou o valor do traballo en equipo.

Espectáculo 100% ecolóxico
Moito Conto posúe unha filosofía medio ambiental que, presente en todo o proceso de produción, levou á compañía a cualificar o espectáculo como “100% ecolóxico”. O principal obxectivo é educar e sensibilizar sobre a importancia da reciclaxe e da reutilización, a separación do lixo, o respecto ao ambiente, o uso responsable da auga e da enerxía e a adopción de estilos de vida saudables e pautas de comportamento respectuosos co contorno natural.
Esta mensaxe ecolóxica non só está implícita no texto e nas cancións da obra, senón que tamén é visible na escenografía e no atrezzo, construídos con materiais completamente reciclados ou reciclables, así como no uso de iluminación LED para conseguir un maior aforro enerxético e reducir o impacto ambiental. Con esta fórmula, a compañía compostelá pretende iniciar un novo camiño na concepción das postas en escena, a través dunha alternativa pioneira, viable, ecolóxica, eficiente e estética.
Redrum Producciones é unha compañía creada en 2009 por mozos e mozas procedentes de diversos campos do sector audiovisual, que naceu coa clara intención de ofrecer alternativas creativas que axuden ao desenvolvemento da industria teatral galega. Entre as súas máximas destaca a posta en escena de espectáculos dirixidos directamente ao público, primando a claridade nas historias pero sen esquecer un coidado concepto artístico. A súa primeira montaxe foi A Pensión, con Álex Sampayo como director escénico debutante e protagonizada pola actriz Rosa Álvarez.

Fundación Araguaney – Amal abre o prazo para a sua X edición

O Festival Internacional de Cine Euroárabe Amal abre o prazo para participar na súa X edición MailingOpenCall2012

Santiago de Compostela, Xoves 9 de Xaneiro de 2012. Xa está aberto o prazo de inscrición para participar na X edición do Festival Internacional de Cine Euroárabe Amal, que se celebrará o próximo mes de Outubro de 2012 en Santiago de Compostela. A data límite para inscribir películas é o 1 de Xuño de 2012.

Poderá presentarse calquera longametraxe de ficción, documental ou curtametraxe producida ou coproducida por un país árabe, así como aquelas películas que aborden temática árabe, independentemente do seu país de orixe. Admitiranse películas infantís e experimentais. Os traballos presentados deberán ser realizados entre os anos 2010 e 2012.

A inscrición deberá realizala o titular dos dereitos do filme, e farao de forma online na páxina web do festival: www.festivalamal.es

As obras seleccionadas serán proxectadas nas sedes do Festival. As curtametraxes, tanto documentais como de ficción, poderán verse, como xa ocorreu na pasada edición, a través da web www.festivalamal.es

SOBRE O FESTIVAL AMAL

Amal é o único Festival de España que promove actividades relacionadas coa cultura árabe e cuxa filosofía é a de servir como punto de encontro para o diálogo entre culturas. Ao longo dos seus nove anos de vida, que con este serán dez, o Festival Amal experimentou un crecemento progresivo, incrementando a súa oferta de actividades e a súa difusión nos medios de comunicación. Na pasada edición, no ano 2011, foron máis de 5.000 persoas as que acudiron ás proxeccións do festival Amal.

Películas de directores como Mohamed Al-Daradji, Mourad Ben Cheikh, Oliver Laxe, Fermín Muguruza, Halima Ouardiri, Hesham Issawi, Nikos Megrelis ou Léa Féhner conformaron a selección oficial da pasada edición.

Medios nacionais e internacionais fixéronse eco do Festival. Tanto é así que Amal chegou aos fogares de todo o mundo grazas á difusión que lle deron medios de comunicación de varios países, en especial do mundo árabe.

Medios internacionais como Euronews, con presenza en 102 países; France 24, cadea de noticias francesa; Axencia EFE, primeira axencia de información de España e cuarta a nivel mundial ou Alrai, importante diario de Xordania, informaron do Festival Amal fose das nosas fronteiras. Ademais, emisoras de radio, medios escritos e televisións árabes promoveron o certame en Exipto, Irán ou Líbano, entre outros.

As Cancelas SXXI – a sociedade as Cancelas SXXI remodelará dous cruces para mellorar o tráfico

As Cancelas remodelará dos cruces para mejorar el tráfico en su entorno

La sociedad As Cancelas Siglo XXI ha suscrito con el Ayuntamiento de Santiago de Compostela un convenio para la mejora del tráfico rodado en el entorno del centro comercial As Cancelas. En virtud de este acuerdo, la sociedad, controlada por Realia y Carrefour Property, se hará cargo de los proyectos técnicos y la ejecución de las obras en la confluencia de las calles Avenida de Juan Pablo II, Rúa As Cancelas y Rúa do Doiro, así como en la intersección de las avenidas Camino Francés y Rodríguez de Viguri.

El acuerdo ha sido suscrito por el alcalde de Santiago, Gerardo Conde Roa, el director general de Realia, Íñigo Aldaz, y el director general de Carrefour Property España, Justo Martín.

Según lo estipulado en el convenio, las obras se realizarán en un plazo máximo de un año, a contar desde la fecha de aprobación de los proyectos técnicos por parte del Ayuntamiento.

Las actuaciones aportarán una solución al previsible incremento de tráfico por la afluencia de usuarios al centro comercial As Cancelas, cuya apertura está prevista para el segundo semestre del año. La remodelación de las dos intersecciones permitirá que el tránsito de vehículos sea fluido, al tiempo que garantizarán una conexión homogénea del sistema viario del entorno y la seguridad vial.

Estudios técnicos

Para llevar a cabo estas actuaciones, As Cancelas encargó a la empresa Técnicas y Proyectos, S.A. (Typsa) la elaboración de un análisis del tráfico rodado en el entorno del centro comercial. Este informe, que se realizó en colaboración con los servicios técnicos municipales, estableció la conveniencia de realizar las obras de mejora en las dos intersecciones contempladas en el convenio.

De este modo, en el encuentro de la Avenida de Juan Pablo II con la Rúa das Cancelas y la Rúa do Doiro, situado al norte del centro comercial, se construirá una glorieta que sustituirá al cruce sin organización vial actualmente existente.

Por su parte, en la intersección de las avenidas Camino Francés y Rodríguez de Viguri, al oeste del centro comercial, se efectuará una remodelación de la actual glorieta partida semaforizada, que permitirá mejorar los flujos de tráfico y disminuir el tiempo en los cambios de sentido.

Suma de actuaciones

Las actuaciones previstas en el convenio firmado hoy por el Ayuntamiento de Santiago y As Cancelas se sumarán al soterramiento de la calzada central de la Avenida del Camino Francés, al paso por la intersección con la Rúa do Monte dos Postes. Esta actuación de la Junta de Compensación del Suelo Urbanizable no Programado Número Cuatro (SUNP-4) del Camino Francés se halla actualmente en ejecución.

El centro comercial del siglo XXI

As Cancelas es el nuevo centro comercial de Santiago de Compostela para el siglo XXI. Promovido por la inmobiliaria Realia y Carrefour Property España, abrirá sus puertas en el segundo semestre de 2012 con una variada y hasta ahora inédita oferta comercial.

Para llevar a cabo el proyecto, Realia y Carrefour Property constituyeron la sociedad As Cancelas Siglo XXI, en la que participan a partes iguales. La entidad promotora invertirá 90 millones de euros en la construcción y desarrollo de este espacio único.

El nuevo centro tendrá una superficie bruta alquilable total de más de 50.000  metros cuadrados, distribuida en cinco plantas: tres plantas de superficie directamente destinada a actividades comerciales y dos niveles subterráneos de aparcamiento.

En la primera de las plantas se ubicará un hipermercado Carrefour junto a otros 46 locales que serán ocupados por firmas de reconocido prestigio. La segunda planta albergará firmas de moda y complementos fundamentalmente. En la tercera se instalarán los cines y locales especializados en ocio y restauración. El centro dispondrá también de 2.150 plazas de garaje, de las cuales 2.000 se localizarán en las dos plantas subterráneas y las 150 restantes en la superficie.

En conjunto, As Cancelas contará con unos 140 locales, todos de firmas de primer nivel. Según las primeras estimaciones, el nuevo centro atraerá a ocho millones de visitantes anuales.

Marcas que ya han comprometido espacios

As Cancelas en cifras

Hotel Tryp – rematadas as obras de remodelación

El TRYP Santiago es el tercer hotel de la marca en Galicia

El TRYP Santiago finaliza sus obras y estrena la nueva imagen de la marca TRYP.

normal_03TRYPSantiago-Hall

· El hotel TRYP Santiago, de cuatro estrellas, dispone de 99 habitaciones, así como un auditorio y 7 salas con una amplia oferta de servicios para la celebración de eventos y reuniones

· El establecimiento ha finalizado las obras de modernización que lo convierten en el primer TRYP de España integra completamente en la “filosofía” del Grupo, desarrollando actividades que faciliten que la ciudad disfrute del hotel

· Ubicado en la Calle Restoral, a poco metros de “El Corte Inglés rodeado por un parque natural de 100.000 m², cerca de las principales arterias de salida y entrada de la ciudad, muy próximo a la estación de ferrocarril y a escasos 15 kilómetros del aeropuerto de Lavacolla

Madrid, 06 de febrero – El hotel TRYP Santiago, perteneciente a la cadena TRYP by Wyndham, está a punto de finalizar las obras de reforma que se iniciaron el pasado mes de junio, poco después de que este hotel fuera incorporado a la red de establecimientos urbanos propiedad del grupo norteamericano Wyndham. Con la adhesión de este hotel en Santiago de Compostela, la firma ha añadido este año un establecimiento más a los dos que ya gestionaba en Galicia, uno en A Coruña y otro en Vigo, alcanzando así una cifra de 55 emplazamientos en España.

En el hotel TRYP Santiago ya se puede disfrutar de la “Plaza Central”; siendo este espacio un amplio vestíbulo con una zona de bienvenida con mostradores para el registro de los clientes que permiten la interacción con los clientes; y una atmósfera cálida y acogedora con un mobiliario auténtico y ecléctico. Además de la promoción de actividades relacionadas con el programa “Own the City” (Es tu Ciudad!) que facilitarán que la ciudad se disfrute y se integre en el hotel, como iniciativas gastronómicas, etc.normal_04bTRYPSantiago-Reception

El TRYP Santiago es un hotel de cuatro estrellas, de arquitectura moderna y funcional de seis plantas de altura. Está ubicado en una nueva zona residencial de Santiago de Compostela, conocida como “O Paxonal”, rodeado por un parque natural de 100.000 m² y a escasos metros del Centro Comercial El Corte Inglés. Enclavado cerca de las principales arterias de salida y entrada de la ciudad, el hotel se encuentra muy próximo a la estación de ferrocarril y a escasos 15 kilómetros del Aeropuerto de Lavacolla. Además es posible llegar caminando a la zona monumental de Santiago de Compostela en apenas 20 minutos.

El hotel TRYP Santiago cuenta con 99 habitaciones, seis de ellas Junior Suites, equipadas con todas las comodidades y servicios, como televisor LCD con canales vía satélite, acceso a internet WiFi gratuito, teléfono directo, aire acondicionado, calefacción, caja de seguridad o minibar. Se trata de un establecimiento concebido especialmente para mujeres y hombres en viaje de negocios, siendo a la vez la mejor alternativa para todos aquellos turistas urbanos aficionados a las escapadas y viajes de fin de semana. El hotel cuenta con un nuevo “GastroBar” donde se pueden degustar los mejores platos típicos de la gastronomía gallega, pero presentados de una forma muy original, basada en la presentación en tapas. Platos pensados para disfrutar, probar nuevas cosas y sobre todo para compartir.

Para la organización de eventos o para la asistencia a los mismos, el hotel TRYP Santiago dispone de un auditorio con capacidad de hasta 125 personas, así como 7 salones, diáfanos y con luz natural, adaptados para todo tipo de convenciones y banquetes. Estos salones, con distintas capacidades de hasta 500 personas, cuentan con medios y equipamientos audiovisuales de última generación para garantizar el éxito de cualquier evento que se celebre en ellos, ya sea una reunión de negocios o cualquier acto de celebración.normal_17dTRYPSantiago-Meetings

Datos del TRYP Santiago

  • Dirección

Rúa do Restollal, 24. 15702 Santiago de Compostela

  • Información general
    • Habitaciones: 99, todas exteriores (incluyendo seis Junior Suites).
    • Servicios en habitaciones: aire acondicionado, calefacción, teléfono en dormitorio y baño, TV vía satélite y Canal Plus, Internet WiFi gratuito, minibar, caja fuerte, cerradura de seguridad, secador de pelo, toma de ordenador y de fax.
    • Restauración: Restaurante; cafetería.
    • Eventos: un auditorio (con capacidad para 125 personas) y siete salones (con capacidad para hasta 500 personas).
    • Otros servicios: garaje, lavandería y tintorería, planchado, room service.

Acerca de TRYP by Wyndham

TRYP by Wyndham representa más de 90 hoteles y aproximadamente 13.000 habitaciones en Europa y América. La marca, posicionada en ofrecer un servicio selecto y precios medios, presta servicios actualmente a los viajeros de negocios y de placer en ciudades cosmopolitas incluyendo, Madrid y Barcelona en España; París; Lisboa, Portugal; Frankfurt y Berlín, Alemania; Buenos Aires, Argentina; Sao Paulo, Brasil; y Montevideo, Uruguay.

Wyndham Hotel Group, parte de la familia de empresas Wyndham Worldwide (NYSE: WYN), es la empresa hotelera líder mundial con aproximadamente 7.190 hoteles y 611.200 habitaciones en 65 países bajo las marcas hoteleras: Wyndham Hotels and Resorts®, Ramada®, Days Inn®, Super 8®, Wingate by Wyndham(R), Baymont Inn & Suites®, Microtel Inns & Suites®, Hawthorn Suites® by Wyndham, TRYP by Wyndham™, Howard Johnson®, Travelodge®y Knights Inn®). Además, la empresa posee un acuerdo de licencia para franquiciar las marcas Planet Hollywood Hotels, Dream® y Night® y ofrecer servicios de administración en todo el mundo.

Todos los hoteles son en propiedad y están operados independientemente, excluyendo algunos hoteles Wyndham y los hoteles internacionales Ramada, administrados por Wyndham Hotel Management, Inc., una de sus filiales o a través de un socio de riesgo compartido. Wyndham Hotel Group tiene su sede en Parsippany, Nueva Jersey. Información adicional disponible en: www.wyndhamworldwide.com.

Wyndham Hotel Group compró la marca hotelera TRYP a Meliá Hotels International en junio de 2010. Wyndham Hotel Group y Meliá Hotels International trabajan juntos en el desarrollo internacional de la marca y en su comercialización mediante sus sistemas centrales de reservas y programas de fidelización para ofrecer una ventaja competitiva única.

Acerca de Meliá Hotels International

Fundada en 1956 en Palma de Mallorca (España), Meliá Hotels International es una de las compañías hoteleras más grandes del mundo, además de líder absoluto del mercado español. En la actualidad dispone de más de 350 hoteles y 87.000 habitaciones distribuidos en 35 países de 4 continentes, comercializados bajo las marcas: Gran Meliá, Meliá, ME, Innside, Tryp by Wyndham, Sol y Paradisus. El Club Meliá, único club vacacional entre las hoteleras españolas, complementa la oferta de productos y servicios de la Compañía.

En 2011, la compañía familiar fundada por Gabriel Escarrer Juliá, y que durante décadas operó bajo la denominación “Sol Meliá” emprende una nueva andadura bajo la marca que representa su presente, y su futuro: Meliá Hotels International.

Ames – comeza o curso de operario de almacén

Comeza o curso de operario de almacén que se enmarca dentro da Rede XIANA

Ames é unha das tres sedes encargadas de impartir o curso de operario de almacén no ámbito provincial

O curso consta dun total de 250 horas que están distribuídas nunha parte teórica e outra práctica

Ames, 8 de febreiro de 2012. Este luns comezou o curso de operario de almacén que está incluído dentro da Rede XIANA (Rede de Xestión Integral, Accesibilidade, Novas Tecnoloxías e Adaptabilidade no mercado laboral galego), que desenvolve a Deputación da Coruña en colaboración co Concello de Ames. Este programa naceu co obxectivo de fomentar o emprego a través dunha mellor formación e capacitación profesional. Neste plan formativo participan 17 persoas desempregadas. O curso consta dun total de 250 horas que están distribuídas nunha parte teórica e noutra práctica.

O Concello de Ames, en colaboración coa Deputación da Coruña, acaba de poñer en marcha un curso de operario de almacén, que se enmarca dentro da Rede Xiana. Este curso estase desenvolvendo nunha das aulas do Centro de Formación e Servizos Múltiples do Concello, situado na urbanización Aldea Nova. Así, un total de 17 persoas desempregadas do Concello de Ames e da comarca están recibindo unha formación especializada neste xacemento de emprego grazas a este curso que está dirixido ás persoas desempregadas pertencentes aos sectores con maior taxa de desemprego.

A Rede XIANA (Rede de Xestión Integral, Accesibilidade, Novas Tecnoloxías e Adaptabilidade no mercado laboral galego) ten como principal obxectivo o fomento do emprego en municipios, da provincia da Coruña, de menos de 50.000 habitantes. Esta iniciativa persegue a dinamización da base económica do medio rural, fomentando a aparición de actividades profesionais competitivas e multifuncionais como son os novos xacementos de emprego. Este plan formativo está cofinanciado polo Fondo Social Europeo.
Ademais, busca mellorar o nivel dos servizos de proximidade da poboación rural, elevando o nivel de benestar e garantindo a igualdade de oportunidades especialmente para as persoas de maior vulnerabilidade ou en risco de exclusión social, así como executar accións locais coherentes coas iniciadas desde outros niveis administrativos procurando establecer sinerxias entre os instrumentos de políticas públicas das distintas administracións.
Ames é unha das tres sedes provinciais encargadas de impartir o curso de operario de almacén. En principio non estaba previsto que se realizase este curso en Ames porque xa era sede do obradoiro de empregabilidade. Finalmente, debido a redistribución provincial de beneficiarios e de sedes optouse por centralizar no Concello de Ames a impartición do curso para os usuarios/as amienses e doutros concellos da comarca de Compostela e doutras comarcas provinciais.

O curso de operario de almacén conta con 250 horas de formación das que xa se están beneficiando 17 alumnos e alumnas participantes no itinerario de Formación Específica e Colectivos en Risco de Exclusión Social. As clases teóricas comezaron o día 6 de febreiro e desenvolveranse ata o próximo 24 de abril. Primeiro desenvolverase unha fase teórica que consta de 100 horas lectivas. Posteriormente, haberá unha segunda fase na que o alumnado desenvolverá prácticas nunha empresa e que consta de 150 horas lectivas. Esta segunda fase desenvolverase entre o 5 de marzo e o 27 de abril.

Contidos do curso

Ao longo deste curso os asistentes participarán en cinco módulos formativos. Un dos módulos aborda a estrutura sectorial e orientación no mercado de traballo (transporte por estrada). Neste módulo analizarase a área profesional de almacenaxe e distribución co obxectivo de orientar a súa actuación no mercado de traballo de acordo coas súas propias capacidades e intereses nun itinerario profesional coherente.

O segundo módulo que figura na programación aborda as técnicas de manipulación de mercadorías para realizar as tarefas relativas á manipulación de mercadorías na súa recepción e expedición, utilizando para iso os medios técnicos informáticos dispoñibles para a xestión física da mercadoría do almacén.

Tamén se impartirá un módulo de prevención de riscos e saúde laboral para capacitar o alumnado na prevención de riscos laborais nas empresas de almacenamento, determinando accións preventivas e/ou de protección da saúde para minimizar ou eliminar os factores de risco presentes no ambiente de traballo e que afectan tanto aos traballadores como ao funcionamento da propia empresa.

Outros módulos son o de manexo e condución de equipos de desprazamento de cargas (o alumnado aprenderá a efectuar a condución horizontal e vertical dos equipos de desprazamento de cargas de forma segura e eficaz) e o de mantemento preventivo básico de equipos de desprazamento de cargas, no que os participantes aprenderán a aplicar o plan de mantemento preventivo básico, utilizando o manual técnico do fabricante, nas partes e mecanismos que forman os equipos de desprazamento de cargas.