CERTAMEN DE CALIFICACIONES FEPFI 2011SANTIAGO DE COMPOSTELA
Acto de presentación – 30 de octubre
Calificaciones - 31 de octubre, 1 y 2 de noviembre
Santiago de Compostela, 20 de octubre de 2011
EL CERTAMEN
La Federación Española de Profesionales de la Fotografía y de la Imagen, FEPFI,
organiza desde 1999 el Certamen de Calificaciones, que se celebra cada año en una ciudad
distinta de la geografía española. Santiago de Compostela, capital autonómica gallega, es la
ciudad que acogerá (del 31 de octubre al 2 de noviembre) el Certamen de Calificaciones 2011
en su XV edición de fotografía y la IX edición de audiovisuales.
El Certamen tiene como principal finalidad valorar el nivel de calidad de las obras
fotográficas y audiovisuales de España, así como el nivel de profesionalidad de sus federados.
Como resultado se pretende poner en valor acciones tales como la formación y la promoción.
El Certamen de Calificaciones no es un concurso, no hay un ganador. El Certamen es un
análisis de todas y cada una de las obras presentadas por los autores que permite conocer de
cada autor cuál es su nivel de calidad y a todos cual es el nivel del conjunto de los fotógrafos y
videógrafos españoles. Es un sistema riguroso, tanto en su desarrollo como en su organización,
aunque estando en constante progreso para adecuarlo a la evolución de la imagen
contemporánea.
Las Calificaciones se organizan por medio de dos paneles (fotografía y audiovisuales)
formados cada uno de ellos por un presidente de panel y compuesto por 5 jueces más un
sustituto. El jurado, encargado del análisis y valoración de las obras, lo forman Maestros
fotógrafos y Maestros videógrafos, así como jueces especialistas invitados expresamente para
aportar otros puntos de vista.
El evento, que cuenta con la asistencia de profesionales provenientes de toda la
geografía española, está abierto al público relacionado con el mundo de la imagen y la
asistencia es gratuita para todos los interesados. En este sentido se han invitado a las escuelas
de imagen de la zona y se ha promocionado entre todos los federados de FEPFI y los
profesionales de Galicia.
Principalmente se pretende la formación continua de los autores a través del propio
Certamen y del Panel Abierto, así como del reconocimiento profesional del trabajo realizado por
los federados, otorgando los méritos correspondientes a los autores.
Para promocionar y divulgar el Certamen de Calificaciones y sus resultados, FEPFI
trabaja cada año en la publicación del libro “Un Año de Luz” y en la realización de una
exposición itinerante:
• El libro “Un año de Luz“ se edita con las obras fotográficas de mérito y con la
Colección de Honor, que se distribuyen entre todos los federados, empresas del
sector, bibliotecas especializadas, escuela de fotografía…
Doña Urraca, 13 - 34005 PALENCIA - 979 100 130 - administracion@fepfi.es - www.fepfi.es
CIF: G50557735 – Inscrita en el Registro de Asociaciones Profesionales con el nº 5021 1
• La exposición fotográfica y videográfica de las obras de Colección de Honor se
exhibe en una ruta itinerante por todo el territorio nacional.
Gracias a este certamen y a la influencia que ha tenido sobre los autores, potenciando la
mejora continua de sus trabajos, España es el país europeo con mayor número de autores
reconocidos como QEP y Master QEP, certificados a la calidad fotográfica otorgados por la
Federation of European Photographers ( FEP ).
FEPFI – certamen de calificaciones en Santiago
Santiagoycomarca – conferencia de Youmes M’ Jahed na Fundación Araguaney
BNG Ames – suba desmesurada dos comedores escolares
O BNG de Ames denuncia a suba desmesurada dos comedores escolares que propón
o goberno Popular
Pilar Candocia: "Os comedores de Ames son un servizo exemplar pola súa calidade e garantía da boa alimentación das nosas nenas e nenos; axuda a que aprendan a comer e que as familias concilien o traballo e a vida familiar. O PP sobe os prezos de forma desmesurada e bota por terra un exemplo de servizo, un dos logros da cidadanía de Ames mellor valorados"
Ames (21.10.2011) O goberno Popular de Ames trasladou unha proposta ao Pleno municipal na que se recolle a suba de máis dun 50% dos prezos dos comedores escolares. En concreto a tarifa pasaría dos 70 € actuais a 110 € mensuais por usuario para o curso 2011-2012 para a maioría das familias.
No Pleno municipal do xoves da semana que vén, 27 de outubro, abordarase a modificación das Ordenanzas fiscais e reguladoras de prezos públicos para o ano 2012, que foron tratadas hoxe en comisión. Na maioría dos impostos, taxas e prezos públicos o goberno propón a actualización das tarifas, o que supón en case todos os casos o aumento do 3,1% do IPC. Pero o goberno Popular fai unha importante excepción coas taxas pola prestación dos servizos educativos complementarios, que chegan a subir un 57% no caso dos comedores escolares. No seguinte cadro resumimos as principais modificacións:
Comparativa das tarifas actuais e das tarifas propostas do Partido Popular (prezo por usuario e mes)
| Prezo actual (curso 2011-2012) | Proposta do PP (curso 2012-2013) | |
| Comedores escolares | 70 € | 110 € (*) |
| Bos días cole | 40 € | 60 € |
| Tardes divertidas (básico) | 50 € | 75 € |
(*) Esta é a cifra determinada para as unidades familiares que superen o 200% do IPREM (532,51 € mes no 2011), que no caso da Ames son a maioría das familias.
Os servizos educativos complementarios (comedores, bos días cole, tardes divertidas, programas lúdicos...) convertéronse en Ames nun auténtico logro social, moi valorado polas familias. O seu valor reside na calidade alimenticia, na súa función educativa, así como no servizo de conciliación que permite as familias compatibilizar a súa vida laboral e familiar. Foi Pilar Candocia como concelleira de Educación quen iniciou este servizo, ao que dificilmente renunciaría a cidadanía de Ames dado o grande apoio social co que conta. Cando o anterior goberno Socialista intentou subir os prezos -en menor contía que o actual- a oposición das familias foi tan forte que conseguiron botar abaixo a súa pretensión; naquel momento Santiago Amor era unha das voces máis críticas coa subida.
O Partido Popular quere facer agora no goberno aquilo ao que se opoñía antes de entrar no goberno. O goberno Popular incumpre a palabra dada, e fai o contrario do proposto hai tan só uns meses.
Ademais da suba proposta o goberno tamén está explorando o cambio de modelo dos comedores. Ao longo deste mes os Populares estiveron falando con diferentes ANPA para solicitarlles colaboración voluntaria na atención das nenas e nenos durante o xantar. O BNG aprecia por baixo desta manobra o obxectivo de modificar o modelo profesional actual para retornar ao modelo anterior, utilizando ás ANPA para desenvolver o servizo e transferir a responsabilidade.
Para o BNG isto suporía un salto atrás no servizo e unha seria complicación para as ANPA e as familias. O modelo dos comedores de Ames é unha referencia de calidade. A calidade profesional que proporciona o equipo de cociñeiras/os e monitores/as expresamente cualificados, garante o bo desenvolvemento do servizo, a educación de hábitos alimenticios e, en xeral, a tranquilidade das familias.
Ames – novos prezos nos comedores escolares
Por primeira vez nos comedores escolares de Ames quen ten máis paga máis
Aprobouse a modificación de 22 ordenanzas municipais polas que quedan conxelados a maioría dos impostos e as taxas dos comedores escolares de cara ao curso 2012/2013 rexeranse por primeira vez polo principio de progresividade
Ames, venres 21 de outubro de 2011. A comisión informativa permanente de Economía, Facenda e especial de Contas de Ames aprobou 22 puntos relacionados coas ordenanzas fiscais e reguladoras de prezos públicos. O goberno local mantén a conxelación de impostos, cumprindo o compromiso electoral. Tampouco se aumentou o IPC, salvo nas taxas e prezos públicos de obrigatorio cumprimento por imperativo legal ou por contratos de concesionarias. A modificación máis salientable é a introducida na ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación de servizos complementarios, onde está encadrado o servizo de comedores.
Entre os impostos que quedan conxelados destaca o de Bens Inmobles, o imposto sobre o Valor dos Terreos de Natureza Urbana (plusvalía), o Imposto de Construcións, Instalacións e Obras (ICIO), e conxélase tamén o imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica. Aplícaselle o IPC por imperativo legal ou por contrato á ordenanza fiscal reguladora da taxa polo saneamento e depuración de augas residuais, a taxa pola subministración de auga e o IPC galego pola utilización do complexo da piscina cuberta municipal.
A modificación máis salientable que irá a pleno o vindeiro xoves día 29 de outubro é a que introduce a progresividade no pago das taxas dos comedores escolares a partir do curso 2012/2013. Entre as novidades que implica a modificación da ordenanza salienta que por primeira vez no Concello de Ames se implanta o concepto de progresividade, que implica a introdución da renda no cobro deste servizo mediante a utilización do IPREM (Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples). Por vez primeira haberá catro tramos que terán como referencia a renda das familias e que irán do 50% ao 100% , do 100% ao 150%, do 150% ao 200% e un último tramo de máis do 200% tendo como referencia a renda familiar.
O primeiro tramo establece un pago de 80 euros ao mes e vai dirixido ás familias que estean entre o 50% e o 100% do IPREM; no segundo tramo aboaranse 90 euros, e é para as familias que estean entre o 100% e o 150%, no terceiro aboaranse 100 euros e nel están as familias que estean entre o 150 e o 200%, e o cuarto é para aquelas que superen o 200% do IPREM e terán que pagar unha taxa de 110 euros. Estes novos prezos entrarán en vigor para o curso 2012/2013.
O Concelleiro de Servizo, Ramón García Argibay, explicou que “a modificación da taxa garante a viabilidade da rede de comedores escolares e pon fin á incerteza que o anterior goberno socialista tiña sometido a este servizo, debido a que coa xestión irresponsable de Carlos Fernández este servizo era inviable para o Concello e supoñía a quiebra do sistema de comedores a corto prazo. Ademais non hai que esquecer que o servizo dos comedores o financia o Concello integramente, sen ningunha axuda doutra administración”.
Aumentan as bonificacións para as familias
Outra novidade a destacar é que se aumentan as bonificacións xa que se cumpre o estipulado na normativa autonómica relativo ao trato preferente dos membros de familias de especial consideración, ademais das familias numerosas xa definidas pola lei 40/2003 do 12 de novembro. Así terán dereito a importantes bonificacións as familias monoparentais, as familias con persoas maiores a cargo, nas que haxa familiares discapacitados, as que convivan con persoas que teñan recoñecida situación de dependencia, ou as acolledoras de nenos e nenas ou adolescentes que non poden ou non deban estar con seus pais.
No tocante ás taxas dos comedores escolares, terán bonificación total os casos de emerxencia social ou as unidades familiares cunha renda percápita igual ou inferior ao 25% do IPREM anual. Terá dereito a bonificación do 50% as familias numerosas de categoría especial, as unidades familiares cunha renda percápita igual ou inferior ao 50% e aquelas familias que sen estar en situación de emerxencia social, acheguen un informe social no que se acredite de forma conxunta que se trata de familias con problemas de integración social, familias en risco de desestructuración etc. E terán dereito a bonificación do 20% das taxas as familias numerosas de categoría xeral e as de especial consideración, tal e como se establece nos requisitos da lei 31/2011 do 30 de xuño de poio á familia e convivencia de Galicia.
A modificación desta ordenanza é froito dun gran traballo conxunto de varias concellerías, estre a que está a de Servizos Sociais, Familia, Dependencia e Maiores. A concelleira desta última, Mª Dolores Fernández destacou “o gran apoio que terán as familias censadas en Ames con esta modificación substancial da ordenanza”.
Melide - Restauración e posta en valor do Camiño Francés ao seu paso por Santa María de Melide
- As actuacións de restauración están integramente asumidas pola Dirección Xeral do patrimonio cultural, órgano adscrito a Consellería de Cultura e Turismo ascendendo o total do orzamento a 178.457, 57 €.
- Trátase do acondicionamento do Camiño Francés ao seu paso pola parroquia de Santa María de Melide. Entre as actuacións que se contemplan neste proxecto de restauración son a limpeza do Cruceiro románico e o acondicionamento dunha zona de descanso.
Melide, 21 de outubro de 2011.- A Dirección Xeral do Patrimonio Cultural dependente da Consellería de Cultura e Turismo vai acometer unha serie de actuacións para a restauración do Camiño Francés cara Santiago de Compostela ao seu paso por Santa María de Melide. Entre as obras que se van acometer que terán un custo total de 178.457, 57 € asumidas integramente por dito organismo, destaca o soterramento da liña de electricidade que descorre pola zona, a limpeza do Cruceiro románico, así como o hormigonado da zona de descanso e de toda a praza de Santa María menos o acceso ao atrio da igrexa e a base do Cruceiro, zonas que serán acondicionadas con chapa cuña. Así mesmo, dentro deste proxecto contemplase a creación dunha área de descanso provista de bancos e papeleiras co fin de coidar a estética do Camiño de Santiago e prestar servizo tanto a veciños como a peregrinos que a miúdo descorren pola zona. A alcaldesa de Melide, Ánxeles Vázquez xunto coa concelleira de obras e servizos, Rosa Cabado, están a coordinar todas as actuacións necesarias dende o Concello de Melide para que as obras transcorran con total normalidade para os veciños da zona e poidan crear os menores inconvenientes posibles. Así mesmo, a alcaldesa de Melide, destaca o beneficioso deste proxecto para Melide e para a riqueza arquitectónica da vila, restaurando e acondicionando un dos lugares do Camiño Francés que posúe máis beleza ao seu paso por Melide.
Silleda – comeza a remodelación da praza da Feira Vella
Comezan as obras para a remodelación e mellora da praza da Feira Vella
-Os xardíns contarán cun diseño máis anovador. Xa están a pintar os bancos e limparanse os columpios
-A xunta de goberno local acordou dirixirse á Diputación de Pontevedra para que esixa as responsabilidades que procedan á empresa que realizou as obras aínda o pasado ano
Silleda, 21 de outubro de 2011. Os traballos para a remodelación da praza da Feira Vella de Silleda comezaron estes días coa renovación das zonas axardinadas, logo de que foran retirados todos os adoquíns soltos como medida de seguridade. Os operarios municipais comezaron xa a dar forma aos xardíns, cun deseño anovador que incluirá a formación de volumes. Esta actuación, xunto co pintado dos bancos e a limpeza dos columpios nos parque infantil, conferirá a este céntrico espazo, un dos máis frecuentados polos cativos da localidade, unha estética renovada e acorde ao seu entorno.Logo destas actuacións, e como xa se anunciara o pasado mes de xullo, a praza da Feira Vella será pechada ao tráfico rodado, restrinxindo a circulación únicamente aos residentes da zona. En virtude do informe policial ao respecto, o actual acceso aos vehículos dende a rúa Antón Alonso Ríos (antiga San Isidro) será anulado e a praza pasará a contar cunha única entrada e saída dende a rúa Outeiro, na que se instalarán bolardos. Outra das recomendacións do citado informe, á que se lle dará cumplimento, é a de repintar os pasos de peóns nos puntos de elevación desta praza de Silleda, que se borraron ao botarlle novo asfalto ás rúas.
Na sesión da xunta de goberno local celebrada hoxe deuse conta do acordo para retirar os adoquíns soltos, que supoñían un perigo para os usuarios, así como dos informes do técnico municipal e da Policía Local ao respecto. Esta praza foi remodelada hai agora un ano con cargo ao Plan Anticrise da Deputación de Pontevedra (PID), cunha inversión de 50.000 euros. Por iso, e a vista do mal estado e as deficiencias dos traballos, na xunta de goberno tamén se acordou dar tralado do estado desta praza á Deputación, como promotora dos traballos, para que proceda a esixir á empresa concesionaria as responsabilidades que corresponda.
Dende o goberno municipal, antes de adoptar este acordo trasladáronse as queixas sobre os adoquíns ao director técnico das citadas obras para que lle ordease a empresa a súa recolocación, algo que non chegou a producirse, por iso o Concello optou por actuar de oficio “para salvargardar a seguridade dos usuarios”, engade a alcaldesa, Paula Fernández.
Brión – exposición dos traballos do curso de técnica fotográfica
OS ALUMNOS DO CURSO DE TÉCNICA FOTOGRÁFICA EXPOÑEN OS SEUS TRABALLOS NO CENTRO SOCIAL POLIVALENTE DE PEDROUZOS
21 de outubro de 2011.- O Centro Social Polivalente de Pedrouzos (Brión) acollerá durante as vindeiras semanas unha exposición de fotografías froito do traballo dos alumnos que participaron no Curso de Técnica Fotográfica. Organizado polo Concello de Brión, este curso tivo lugar entre o 2 de maio e o 20 de xuño, sendo impartido polo fotógrafo Ricardo Iglesias Bonel. A mostra fotográfica poderá ser visitada libremente no recibidor central do centro social polivalente.
Brionatura
Por outra banda, a vindeira semana remata o prazo de presentación de orixinais á terceira edición do Concurso de Fotografía Ambiental Brionatura 2011, unha iniciativa convocada polo Concello de Brión para poñer en valor o patrimonio etnográfico do municipio. O concurso está aberto a todos os afeccionados ao mundo da fotografía maiores de 18 anos, sexa cal sexa a súa nacionalidade, e cada participante pode presentar ata un máximo de 3 propostas. Os únicos requisitos son que as fotografías deben estar tomadas nalgún punto da xeografía de Brión e versar sobre o seu patrimonio etnográfico.
As fotografías deberán remitirse vía e-mail a: concellodebrion@gmail.com cunha resolución mínima de 1024 píxeles (para o lado máis grande). Cada imaxe deberá enviarse nun e-mail, identificada cun título e cun documento word ou PDF no que conste o nome e apelidos do autor, enderezo, teléfono, correo electrónico, lugar onde foi tomada a fotografía e unha breve descrición da mesma.
Teo – actividades relacionadas coa feira de San Martiño
O CONCELLO PROGRAMA ACTIVIDADES RELACIONADAS COA FEIRA DO SAN MARTIÑO DÍAS ANTES DA CELEBRACIÓN DA FEIRA
· Trátase de accións encamiñadas a dinamizar este evento e achegar as orixes históricas á xente do Concello
· O pleno ordinario do pasado mes de xullo aprobaba por unanimidade a proposta de declaración da feira do San Martiño como festa de interese turístico
21 de outubro de 2011. O Concello de Teo programa este ano actividades relacionadas coa feira do San Martiño, coa intención de dinamizar este evento e achegar as súas orixes históricas ás persoas do propio municipio. A fin de semana anterior ó 11 de novembro, data de celebración da feira cabalar en Francos, realizarase unha conferencia e un roteiro cultural que permitirán coñecer un pouco máis da realidade dunha festa que vén celebrándose dende hai séculos.
O sábado 5 de novembro ás 19:00 horas na escola unitaria de Francos realizarase unha conferencia sobre as orixes históricas da feira. Dúas especialistas en historia serán as encargadas de falar sobre os antecedentes desta xuntanza así como da súa evolución ó longo dos séculos. Con esta conferencia quérese aumentar o coñecemento sobre os acontecementos que nos son máis próximos e os espazos que habitamos noutras etapas da historia. Ese mesmo día o local estará aberto dende as 18:00 horas xa que se expoñerán distintos documentos históricos, planos e imaxes antigas, relacionadas todas coa aldea de Francos e os seus entorno.
O domingo 6 de novembro dende as 11:00 horas está programado un roteiro cultural de dúas horas de duración que terá de novo como eixe central o San Martiño. A saída da ruta será dende o campo da feira do San Martiño e a dificultade é baixa. A aldea de Francos é o centro do antigo “Couto de Francos”, un importante núcleo a nivel histórico, artístico e antropolóxico. Este roteiro está deseñado para mostrar algún dos elementos que lle dan esa riqueza como a aldea de Angueira de Castro, o pazo do Faramello, o camiño real de Francos, a casa de Raíces e o conxunto de vivendas anexas, a ponte de Paradela sobre o río Tinto que comunica os Concellos de Teo e Brión, o cruceiro medieval de Francos e a igrexa do Espíritu Santo, o cine Garpeni e a fonte das Barreiras.
O pleno ordinario do Concello de Teo do mes de xullo aprobaba por unanimidade propoñerlle á Xunta de Galicia a declaración da feira do San Martiño como festa de interese turístico. Daquela destacouse que esta feira ten unha antigüedade documentada de alomenos catro séculos. Na proposta aprobada no pleno xa se adiantaba a intención de realizar accións para o mantemento, dignificación e promoción da festa.
Santiago – axenda 22, 23 e 24 de outubro
Sábado 22
9.00 h
Xornadas Micolóxicas no Centro Sociocultural de Conxo. Roteiro Micolóxico ao Pedroso: rota de descoberta e identificación de cogomelos.
10.00 h
Pleno extraordinario
Na Casa do Concello, sesión extraordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
PUNTO ÚNICO: sorteo membros das mesas electorais para as eleccións xerais 2011.
12.00 h
Na Biblioteca da Cidade da Cultura, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asiste á inauguración do ciclo “Diarios Sonoros: Retratos musicais do s.XX” de aCentral Folque coa actuación de Patrick Molard.
16.15 h
No Multiúsos Fontes do Sar, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asiste ao partido de fútbol sala entre o Lobelle e o Azkar Lugo.
17.00 h
Xornadas Micolóxicas no Centro Sociocultural de Conxo. Exposición, identificación e estudo. Pase de diapositivas: “Cogomelos 2011”.
18.00 h
No Teatro Principal, Galitoon presenta 'Rosalía, a pulga que escribía' de Andrea Bayer. Dirección: Santiago Alonso e Andrea Bayer. Con Santiago Alonso e Rogelio Lema [RGTA]
Domingo 23
12.00 h
No Teatro Principal, concerto da Banda Municipal de Música baixo o nome 'Novos compositores'. Dirección: Xosé Carlos Seráns.
20.00 h
No Teatro Principal, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asiste ao concerto de Le Trio Joubran dentro do ciclo Ghazal, enmarcado no IX Festival internacional de Cine Euroárabe Amal. Tamén asiste o concelleiro de Cultura, Ángel Currás.
Luns 24
9.00 h
No Hostal dos Reis Católicos, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asiste á conferencia do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, organizada por Fórum Europa.
11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Economía, Comercio, Turismo e Mercados, Reyes Leis, para presentar un ciclo de talleres dirixido ao sector comercial do Barrio de San Pedro dentro do programa Urbana Santiago Norte.
12.30 h
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, visita, xunto co concelleiro da Brigada de Vías e Obras, Juan de la Fuente, as obras que se están a realizar no Campus Vida.
Punto de encontro: diante da Facultade de Políticas.
19.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, reúnese coa asociación de veciños da Almáciga.
20.00, 22.00 e 23.59h.
No Teatro Principal, proxección de varios filmes dentro do IX Festival internacional de Cine Euroárabe Amal.
BNG A Estrada – falta de avance na democratización do rural
O BNG lamenta que non se avance na democratización do rural, unha vía que abriu o BNG no último mandato coa aprobación do Regulamento de Participación Cidadá
A Estrada, 21 de outubro de 2011: Logo da presentación pública e nomeamento dos representantes do Alcalde nas parroquias, o BNG mantén a defensa doss Consellos Parroquiais como as únicas entidades lexítimas para defender os intereses destas perante o goberno municipal.
A través do seu portavoz municipal, Xosé Magariños, o BNG indicou que “oss ConsellosParroquiais son elixidos pola parroquia, e neste sentido, sobre eles deben pivotar todas as demandas dos veciños e veciñas do rural”. “Por exemplo, deberían ser oss Consellos Parroquiais, e non os pedáneos, os que indicaran que puntos de luz hai retirar, dentro do plan de aforro enerxético que leva a cabo o goberno municipal, porque son os membros destas xuntas os que, no momento oportuno, terán que dar conta das súas decisións perante todos os veciños e veciñas da parroquia, e non os pedáneos que só dan conta das súas decisións perante o Alcalde”, explicou Xosé Magariños.
“Por outra parte,” manifestou o portavoz do BNG, “a figura do pedáneo sempre estivo vinculada á cor política do Alcalde, e á defensa dos intereses do partido do alcalde, no canto dos intereses do veciños e veciñas da parroquia, o que non axuda nada á convivencia democrática no rural e a que as decisións que afecten ás parroquias sexan secundadas por todos e todas.”
“O BNG,”, engadiu o concelleiro nacionalista, “lamenta que non se avance na democratización do rural, unha vía que abriu o BNG no último mandato coa aprobación do Regulamento de Participación Cidadá, e que regula estas entidades de participación cidadá, entre outros asuntos”.
Teo – curso de coidadores de persoas con Alzheimer
TRINTA PERSOAS PARTICIPARÁN NO CURSO PARA COIDADORES DE PERSOAS CON ALZHEIMER QUE SE REALIZA EN TEO COA COLABORACIÓN DE AGADEA
· A xornada inaugural será este luns 24 de outubro na Casa Común de Calo, e contará coa presenza do doutor Alfredo Robles Bayón, director da unidade de neuroloxía cognitiva do hospital A Rosaleda
· Nesa mesma xornada o Concello e Agadea formalizarán un convenio de colaboración que permitirá seguir traballando na atención a doentes de alzheimer e outras demencias
21 de outubro de 2011. O curso para coidadores de persoas con alzheimer que se imparte en Teo a partir da semana próxima contou cunha magnífica acollida, anotándose un total de 30 persoas ata este momento. Esta actividade está organizada por Agadea (Asociación Galega para Axuda dos Enfermos con Demencia tipo Alzheimer) en colaboración co departamento de Benestar do Concello de Teo, dirixido por Ignacio Iglesias.
A xornada inaugural deste curso, que se desenvolverá en oito sesións en outubro e novembro polas tardes, contará coa presenza do doutor Alfredo Robles, director da unidade de neuroloxía cognitiva do hospital A Rosaleda. Nesta conferencia inaugural, que se impartirá no salón da Casa Común da Igrexa- Calo a partir das 19:00 horas, abordarase o concepto, evolución e tratamento farmacolóxico da enfermidade do Alzheimer. Cabe destacar que para asistir a esta primeira xornada non hai que estar inscrito/a no curso e pode asistir calquera persoa interesada no tema.
Durante as 24 horas que durará este curso profesionais especializados na atención a estes doentes como psicólogos/as, enfermeiros/as, avogados/as, ou traballadores/as sociais tratarán diferentes temas relacionadas coa atención ós enfermos/as. Aspectos prácticos como a organización e a planificación da vida diaria, a hixiene bucodental don dependentes serán temas que se tratarán xunto con outros máis xenéricos como as cuestións legais a ter en conta diante da demencia ou os recursos sociais e os programas de Agadea.
Colaboración futura
O próximo luns tamén se asinará un convenio de colaboración entre o Concello de Teo e Agadea que permitirá seguir traballando na atención a persoas con este tipo de demencias. Segundo explica o concelleiro Ignacio Iglesias “esta liña de traballo conxunto ten obxectivos concretos a curto prazo como as Aulas de estimulación integral que se porán en marcha no Concello, permitindo a prevención ademais de mellorar a calidade de vida das persoas afectadas de deterioro cognitivo e ás súas familias e coidadores”.
O convenio será asinado polos representantes das dúas entidades, o alcalde de Teo, Martiño Noriega, e María Isabel Gey, presidenta de Agadea.
Fundación Araguaney – Amal na prensa internacional
Gran acollida ao Festival de Cine Euroárabe Amal na prensa internacional
Santiago de Compostela, Venres 21 de outubro de 2011. O Festival Internacional de Cine Euroárabe Amal, leva 9 anos fomentando o achegamento entre a cultura árabe e a europea. Tanto pola enorme calidade da selección de películas e curtametraxes, como pola gran oferta de actividades que promoven o irmandamento de culturas, Amal é xa unha cita ineludible nas axendas dos medios de comunicación a nivel internacional.
Importantes axencias do panorama xornalístico interésanse diariamente polas propostas do Festival. Propostas como poden ser os talleres nos que se inicia aos participantes na danza, cociña ou caligrafía árabes, as exposicións, os coloquios con directores e expertos no audiovisual, así como as propias proxeccións de cine ou a semana gastronómica de cociña árabe. Todas elas permiten que os espectadores e participantes en Amal perciban a cultura árabe a través dos cinco sentidos.
Medios internacionais como Euronews, con presenza en 102 países, entre eles toda Europa, América e o norte de África; France 24, cadea de noticias francesa; Axencia EFE, primeira axencia de información de España e cuarta a nivel mundial ou Alrai, importante diario de Xordania, informarán do Festival Amal fora das nosas fronteiras.
É moi importante a repercusión que, sobre todo, está tendo Amal no mundo árabe. Emisoras de radio, medios escritos e televisións árabes promoven o certame en Exipto, Irán ou Líbano, entre outros. Exemplo deles son os diarios exipcios como Shorouk, Moheet, Secrets 7 Days, Massai.Ahram, o coñecido diario xordano Alrai e IFilmTV de Irán.
Medios nacionais, rexionais e locais, tamén difunden diariamente as informacións máis relevantes que suscita o Festival Internacional de Cine Euroárabe Amal
Psoe Negreira – cursos nas parroquias
Cursos nas parroquias
Dín que “Non hai peor xordo que o que non quere oír e cego que non quere ver”. E nesto é no que se está a converter o actual grupo de dirixentes que desgoberna o noso Municipio, sendo a xordera e a ceguera, os seus principais defectos, aparte da inacción e a apatía.
Transcorridas apenas dúas semanas da catastrófica xestión na posta en marcha dos obradoirosal. Tra-lo comprensible malestar e enfado feito público e explícito dos principais afectados e participantes de dito programa ós que se lle impuxeron uns horarios imposibles e incompatibles coas súas rutinas e modos de vida, obrigándoselles a aboar unhas taxas altamente elevadas en comparación co resto de actividades ofertadas en aras dunha “suposta igualdade de condicións para todos e todas” contemplamos que unha vez máis o “ONDE DIXEN DIGO, DIGO DIEGO” e AQUÍ NON PASOU NADA son as principais máximas deste grupo do Des-Goberno.
Así e non gracias precisamente, nin ó sentido común, nin moito menos ó arrepentemento por parte de ningún dos máximos responsables, senón a simple imposición dos feitos e da propia realidade: os horarios tan cacareados que ían ter lugar todos pola mañá, despois de todos os desgustos e lóxica incomprensión ante a falta de explicacións, así como se nada pasan á tarde, como xa dende un principio estiveron e nunca deberon cambiar, feito do que era plenamente consciente a nosa agrupación.
A tenor desto xúrdennos varios interrogantes, que como nos casos anteriores estamos seguros que terán a calada por resposta. Así:
¿Onde quedaron por tanto Sres do PP e do PBN esas ansias de equiparar dereitos e procurar a igualdade para todos? E agora e unha vez constatados os feitos, e sendo sabedores de que hai uns grupos de veciños que asisten nun horario e outros noutro, ¿Por qué non cambiar todos os obradoiros en horario taciturno (de tarde) sen existir agravios comparativos entre os mesmos?, ¿Con qué argumentos e a quén van responsabilizar agora do fracaso total e intencionado de determinados núcleos, en concreto Lueiro, Zas e Campelo (nos cales, nin sequera o equipo gobernante era coñecedor de sí existían locais acondicionados para tal fin) onde aseguraron formar grupos?, e agora unha vez máis, a realidade tozuda se impón dándonos totalmente a razón. ¿ Como explican vostedes a baixa considerable de usuarios nas actividades, na gran maioría das parroquias, entre elas Alvite, Bugallido, Gonte, Landeira, Marcelle, ou como no caso de Aro, onde de dous grupos se pasa a un só?, ¿Sabían vostedes “personalidades”, ou impórtalles acaso, que en varios sitios a xente con tal de non pagar, moitas veces porque non pode, tivo que prescindir das clases e cambialas por ximnasia ou memoria, xa que por estes obradoiros non teñen que aboar ningunha cantidade?, ¿Debido a qué razón, “xa que queremos tanta igualdade” nuns sitios non poden desfrutar das mesmas oportunidades, que noutros, existindo antes un abano amplo e variado entre o que eles podían optar libremente, como é o caso de ximnasia (lugares onde esta non se imparte, están ansiosos por recibir esta disciplina)?, e agora vénse obrigados a elexir … ¿E ante esta situación, como van estructurar o tempo e as xornadas adicadas a ditas actividades sendo conscientes, ou xa deberían de selo, do absoluto fallo do plan inicial? Se é que había plan?, xa que planificar implica, previsión, ter en conta todolos factores e amosar interese polos mesmos e todo o proceso.. e está visto que vostedes non seguiron ningún.
Pero sen dubida o peor de todo, é a indiferencia, a total indolencia e absoluto desprezo que ante o fallo e a equivocación, descobre unha pasmosa incapacidade para poñer solución ou reparar o mal feito. Así, ante as innumerables queixas, dubidas e confusión que lóxicamente se lle presentan á xente, a resposta por parte do Concellal de turno é de rotunda negativa a da-la cara e dar as explicacións oportunas.
Preto de 300 persoas co Goberno do PSdeG-PSOE DE NEGREIRA, puideron beneficiarse e desfrutar de todas as innumerables bonanzas que teñen estas actividades para a súa vida persoal, familiar e social, nun contexto de distensión, armonía e ledicia onde eran tratados con consideración e respecto, posto que as súas necesidades, intereses e desexos eran coñecidos de primeira man polas persoas encargadas de xestionar e dirixir estas. Agora, en tan só cinco meses da entrada destes novos xestores máis dun centenar de persoas non asisten a estes obradoiros, e o peor de todo: teñen a real sensación de que non importa e que eles non son importantes. En definitiva, ¿E así “señores mandatarios” como vostedes entenden as políticas sociais e a súa preocupación polo benestar das persoas? ¿Ou será acaso este o famoso aforro do que vostedes tanto presumen? So que o aforro é simplemente nos usuarios: nada mais
Dende o Grupo Municipal Socialista lamentamos dita situación, en especial o perxuízo e o dano que dun xeito totalmente intencionado están sofrendo os nosos veciños, que inxustamente e moi lonxe de desfrutar, aprender e vivir están preocupados e anguriados polas mentiras e calumnias verquidas por uns. Pola nosa parte, simplemente queremos dicirlles que estamos ahí, que non están sós e que defenderemos as súas necesidades e intereses ante quén sexa. Con respecto ós que están ahí no sillón, advertirlles que seguimos vixiantes, pendentes e controlando permanentemente todo o que se faga, e que velaremos porque non se pase por riba da xente, en especial se se trata dos dereitos das persoas deste Concello, aínda que para algúns non valan nada ou moi pouco
Oroso – Manuel Mirás califica de barbaridade quitar o mercado de Santiago
MIRÁS: “O QUE É UNHA BARBARIDADE É QUITAR UN MERCADO QUE LEVA MÁIS DE 130 ANOS EN SANTIAGO”
O alcalde orosán lembra que a proposta, aprobada por unanimidade no pleno municipal, defende a continuidade do mercado en Santiago e que se trata “dunha opción máis para que o mercado quede na comarca”
20 de outubro de 2011.- O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, considera totalmente fora de lugar as declaracións do alcalde de Lalín, Xosé Crespo, sobre o ofrecemento dunha parcela como posible ubicación do mercado de gando de Amio, no caso de que este desapareza de Santiago. Mirás Franqueira lembra que “Oroso non está facendo poxa con ninguén, pero hai que enterarse ben das cousas antes de falar xa que nós o que aprobamos en pleno, co apoio unánime de todos os grupos políticos, foi solicitar que o mercado de gando permaneza en Santiago. De non ser así, preferimos que queda na zona e por iso ofrecemos esa parcela”.
Segundo Manuel Mirás, “non é cuestión de localismos, pero o que é unha barbaridade é querer quitar un mercado que leva máis de 130 anos en Santiago”. Por iso, asegurou que “nós a quen defendemos é aos produtores gandeiros da zona, pois entre as comarcas de Santiago e Ordes hai milleiros de explotacións. Non temos ningún outro tipo de interese, nin de colocar a parcela como parecen insinuar algúns. Simplemente estamos ofrecendo unha opción máis a considerar se o mercado marcha de Amio, pero a nosa aposta firme é que siga onde estivo os últimos 130 anos”.
Mirás Franqueira sinala que “o que estamos temendo é que ao final imos quedar sen mercado en Santiago e en ningún outro sitio. Algúns falan e falan de aforrar, pero ao final o que están facendo é acabar con todo. Esperemos que co mercado non pase o mesmo que coa fusión das Caixas, que tamén ía ser todo un éxito e non había problema ningún, e a realidade é que ao final foi un fracaso porque xa non existe ningunha das dúas caixas”.
O alcalde orosán lembra que “a feira de Amio dálle un movemento importante a esta zona, non só para os gandeiros senón que tamén beneficia de xeito indirecto a outros sectores como hostalería, restauración, etc polo que sería unha mágoa que desaparecera. Por iso nós imos defender con todas as nosas forzas que quede en Santiago”.
A proposta, aprobada por unanimidade de todos os grupos municipais de Oroso (PSOE, PP, BNG e Partido Galeguista) o pasado 29 de setembro, insta ao Concello de Santiago de Compostela a que non deixe desaparecer o mercado de gando de Amio, por considerar que suporía un grave perxuicio económico á comarca. No caso de non quedar en Santiago, a corporación municipal orosán ofreceu unha parcela de 10.598 metros cadrados no futuro polígono industrial San Martiño II (a carón da N-550 e da AP-9) como unha posible ubicación para esta feira de gando.
Santiago – axenda venres 21 de outubro
Venres 21
11.30 h
Na Casa do Concello (Salón Verde), o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asina un convenio con directivos da empresa Laietana sobre a Finca do Espiño (GRÁFICOS). A continuación (Sala de Prensa), ROLDA DE PRENSA.
12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.
12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.
20.00 h
Na Zona "C", inauguración da intervención 'Cal e Canto' do Colectivo Batbirulau. Asisten os membros do colectivo; o concelleiro de Cultura, Ángel Currás; e o director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou.
20.30 h
No Centro Sociocultural de Conxo, Xornadas Micolóxicas. Conferencia impartida por José María Costa Lago, da Asociación Micolóxico-naturalista Pan de Raposo baixo o título “Algúns cogomelos comestíbeis e as súas posibilidades de confusión”.
20.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, e a concelleira de Mercados, Reyes Leis, reúnense cos gandeiros.
Santiago – axudas para o pago do imposto de bens inmobles
O Concello concederá axudas de ata 100 euros para o pago do IBI a persoas con dificultades económicas
20/10/2011 Os orzamentos de 2012 incluirán unha partida que permitirá conceder unha axuda de ata 100 euros de máximo para o pagamento do Imposto de Bens Inmobles (IBI) a composteláns desempregados ou en dificultades económicas. Así o anunciou en rolda de prensa a concelleira de Facenda e Orzamentos, Cecilia Sierra.
A edil explicou a partida destinada a estas subvencións non nominativas será de entre 60.000 e 100.000 euros. Poderán así outorgase axudas en función duns baremos económicos que se determinarán nunhas bases. A cantidade da axuda determinarase, de forma progresiva, en virtude da situación particular de cada contribuínte, ata un máximo de 100 euros. Recordou a propósito desta cuestión que Santiago conta neste intre con 8.039 desempregados.
Tamén anunciou a intención do Goberno municipal contemplar nos orzamentos de 2013 unha diminución dos tipos en determinadas taxas e prezos públicos. Se esta baixada de impostos non se pode aplicar xa en 2012 –dixo- é por "falta de tempo". Cecilia Sierra
Oroso – firma de convenio con la Caixa
O CONCELLO DE OROSO E LA CAIXA ASINAN UN ACORDO DE COLABORACIÓN PARA DESENVOLVER ACTIVIDADES CULTURAIS NO MUNICIPIO
O acordo refrendado hoxe por Manuel Mirás e Manuel Jesús Márquez reforza o certame internacional Goisoroso Artes
20 de outubro de 2011.- La Caixa vai colaborar co Concello de Oroso no desenvolvemento de actividades sociais e culturais no municipio. Así o refrendaron esta mañá o alcalde de Oroso, Manuel Mirás, e o director de Área de Negocio de La Caixa, Manuel Jesús Márquez Martínez San Vicente, que asinaron un convenio de colaboración entre La Caixa e o municipio orosán. Unha firma na que tamén participaron o concelleiro de Cultura, Antonio Leira, e o director da sucursal de La Caixa en Sigüeiro, Andrés Ramos Reigosa.
O alcalde de Oroso agradeceu a colaboración ofrecida por La Caixa pois “sempre dixen que me gusta a filosofía que teñen moitas empresas de implicarse social e culturalmente naqueles municipios onde traballan, pois é unha forma de devolverlle aos veciños parte dos beneficios que tiran da súa actividade”. Por iso, Manuel Mirás sinalou que “o feito de que unha entidade como La Caixa, que xa leva meses colaborando en Oroso, asine este acordo é moi importante e será moi positivo para a vida social e cultural deste municpio”.
Unha colaboración que La Caixa xa mantén con algunhas entidades sociais de Sigüeiro e que tamén comezou a desenvolver co Concello de Oroso durante a edición de 2011 do certame internacional Goisoroso Artes, celebrado entre os meses de setembro e outubro. “A sinatura de hoxe refrenda o apoio de La Caixa a este certame e dalle tamén un pulo á súa continuidade”, explica o concelleiro de Cultura, Antonio Leira.
Teo – comeza a liga de futbol sala con case trinta equipos
COMEZA A XIV LIGA DE FÚTBOL SALA MUNICIPAL COA PARTICIPACIÓN DE CASE TRINTA EQUIPOS
· Os partidos da primeira volta comezan o próximo luns 24 de outubro, e xogaranse nos pavillóns municipais de Calo, Os Tilos e A Ramallosa
20 de outubro de 2011. O Departamento de Deportes, dirixido por Manuel Anxo Fernández Baz, ultima nestes días o comezo da XIV edición da liga de fútbol sala municipal. Esta competición que se realiza ano tras ano cun notable éxito de participación conta este ano con 27 equipos inscritos, que forman tres grupos de 9 combinados cada un.
Os partidos comezarán o próximo luns 24 e xogaranse nos pavillóns municipais de Calo, Os Tilos e A Ramallosa. A competición divídese en dúas voltas, disputándose a primeira entre finais de outubro e o 20 de xaneiro de 2012. Os partidos realízanse os luns, martes, xoves e venres en horario de 21:15, 22:00 e 22:45 horas.
A liga de fútbol sala ten como obxectivo fomentar o deporte e está dirixido a un público adulto. Os equipos teñen que pertencer ó Concello, aínda que cada un pode ter algún xogador de fóra do municipio. O gañador da liga de fútbol sala de Teo representará ó Concello no torneo intermunicipal de fútbol sala que se celebra no mes de xuño. O Departamento de Deportes informa do calendario e dos resultados da Liga nun grupo de facebook público que podes atopar buscando “Liga fútbol sala, Concello de Teo” se tes perfil de usuario nesta rede social.
Karate
Por outra banda este domingo 23 de outubro celébrase no pavillón dos Tilos o X Torneo de kárate Concello de Teo a partir das 17:00 horas. As categorías que competirán son cadete, junior e sub-21 femenino e masculino na modalidade de kumite.
Trátase dun evento organizado pola Agrupación Deportiva Galaika, coa que colabora o Club San Francisco dos Tilos e o Concello de Teo.
Ames – plan de obras e servicios 2011
A Xunta de Goberno Local adxudicou a contratación de obras de pavimentación, saneamento e abastecemento incluídas no POS 2011 por importe de 157.692 euros
Ames, 20 de outubro de 2011. A Xunta de Goberno Local de Ames adxudicou a contratación das obras de pavimentación do camiño de Pontemaceira a Carballo pasando por Trasmonte; a ampliación do saneamento e abastecemento en Tarrío e obras de saneamento, abastecemento e anulación de fosa séptica en Guimaráns (Bugallido) incluídas todas elas no Plan de Obras e Servizos do 2011 da Deputación da Coruña. Tamén se aprobou o censo das tarifas incluídas pola prestación de servizos educativos complementarios, bos días cole tardes divertidas, e comedores escolares. Do mesmo xeito a Xunta de Goberno Local aprobou o censo das tarifas incluídas pola prestación do Setembro Lúdico.
A obra de pavimentación do camiño de Pontemaceira-Trasmonte-Carballo adxudícase por un importe de 19.158,42 euros. A ampliación do saneamento e abastecemento en Tarrío adxudicouse pola contía de 60.862,71 euros e as obras de saneamento, abastecemento e anulación de fosa séptica en Guimaráns (Bugallido) adxudicouse por 77.671,54 euros. Estas obras páganse principalmente cos fondos do POS 2011 que aporta a Deputación da Coruña, a cargo do Concello corre o 5% do importe das mesmas.
Psoe Ames – o psoe marca a folla de ruta do goberno
OS SOCIALISTAS MARCAMOS A FOLLA DE RUTA AO GOBERNO DE AMES
Vista a reacción inmediata do Goberno do PP á visita realizada polo grupo municipal dos Socialistas de Ames á rúa Anxeriz, insistirán en marcarlle a liña de acción a Santiago Amor.
Nesta mesma liña de actuación, os socialistas visitaron aos veciños de Castelo, onde a maleza invadía as beirarrúas. Hoxe o Goberno tapa a vergonza dos seus descoidos a golpe de intervención.
Para o portavoz, Carlos Fernández, o seguidismo dos populares á labor de oposición dos socialistas reflicte que “tiñamos razón cando detectamos a descoordinación, o desgoberno e a inexperiencia do actual goberno”
O grupo municipal dos Socialistas de Ames incrementará as súas visitas a distintos puntos do concello e intensificará a súa labor de oposición para “esporear a acción de goberno do PP, en beneficio de toda a veciñanza”
Ames, 20 de outubro de 2011. O portavoz do grupo municipal dos Socialistas de Ames, Carlos A. Fernández Castro, ven de salientar a satisfacción que lles ten producido a “inmediata reacción do Goberno municipal á visita que realizamos á rúa Anxeriz, esperando que recollan as nosas demandas e se recupere por completo o aspecto que este emblemático emprazamento do Milladoiro se merece”.
Considera o anterior alcalde que o paseo do grupo municipal pola rúa, a conversa cos veciños e a posterior denuncia do abandono á que a tiña sometido o goberno popular “acendeu as alarmas do aparato de propaganda de Amor, que, de seguido anunciou un Plan de Choque, e, por certo, sexa ben vido”, dixo Fernández.
As reaccións ás últimas denuncias da oposición socialista por parte do goberno municipal amiense, das que son exemplo a limpeza do campo da festa de Agrón ou o devandito anuncio de recuperación da vexetación na rúa Anxeriz, levan a Carlos Fernández e ao seu grupo municipal á conclusión de que, estas accións “non só están a marcar a acción do goberno, senón que se ten convertido na única liña coherente de actuacións do equipo de Santiago Amor”.
Por este motivo o grupo dos Socialistas de Ames decidiu “incrementar as visitas e as accións de oposición co fin de que se axilice a labor de goberno, moi entumecida pola falta de coordinación, o desgoberno, a bicefalia entre Amor e Argibay e polas crecentes loitas de poder entre concellarías”, apunta o voceiro do PSdeG-PSOE amiense.
ULTIMO OBXECTIVO LOGRADO: “A LIMPEZA DAS BEIRARRÚAS EN CASTELO”.
Dentro desta liña de actuación dos socialistas se inclúe a visita realizada aos veciños de Castelo, cuxa consecuencia inmediata foi a aparición da brigada municipal para limpar as beirarrúas, que estaban invadidas pola maleza. O portavoz socialista insiste en que “estamos a marcar a folla de ruta ao goberno do PP”.
O grupo municipal dos Socialistas de Ames anima aos veciños e veciñas a colaborar nesta labor de denuncia e de demandas ao goberno local a través do correo electrónico gruposocialista@concellodeames.org, pois “é notoria a influencia que a nosa crítica construtiva exerce sobre o goberno de Santiago Amor”.
Fundación Araguaney – actividades Amal 2011
Falta un día para que comiencen las actividades que propone el Festival Amal
Santiago de Compostela, Jueves 20 de Octubre de 2011. El sábado 22 de Octubre el Festival Amal dará el pistoletazo de salida con la celebración de tres cursos (danza, cocina y caligrafía) para adentrar a sus asistentes en la cultura árabe a través de dichas disciplinas. Mientras tanto, aportamos información útil para el público asistente.
ENTRADAS/BONOS YA A LA VENTA
Será el lunes día 24 de Octubre cuando comiencen las tan esperadas proyecciones de cine euroárabe en Compostela. En vista del éxito del Festival Amal y para que todo el mundo pueda asistir, ya están a la venta unos bonos de 10 películas por 15 euros. De esta forma, los espectadores podrán despreocuparse a la hora de comprar su entrada en taquilla diariamente. El bono de 10 está a la venta en la taquilla del Teatro Principal. El que lo prefiera también podrá comprar sus entradas individualmente pagando 2 euros por sesión de largometraje o 1 euro por sesión de cortometrajes.
Pero eso no es todo. Amal lo hace aún más fácil ofreciendo la venta de entradas por internet. Para ello habrá que visitar la web de Novacaixagalicia:
PROGRAMACIÓN DISPONIBLE EN LA WEB
El Festival de Cine Euroárabe Amal concentrará en una semana infinidad de actividades, todas ellas muy interesantes y ligadas a la cultura árabe. El equipo de organización y de voluntarios trabajan para que todo salga perfecto, por lo que todo el que desee estar informado podrá consultar la web: www.festivalamal.es o el Facebook del Festival.
CORTOS ONLINE A PARTIR DEL LUNES 24
Desde el lunes 24 de Octubre, día en que comienza Amal, todos los cortometrajes participantes en el Festival estarán disponibles online en www.adnstream.tv
Oroso – reunión informativa sobre a aula de música
O CONCELLO DE OROSO CONVOCA AOS VECIÑOS A UNHA REUNIÓN INFORMATIVA SOBRE A POSTA
EN MARCHA DA AULA DE MÚSICA
20 de outubro de 2011.- O Concello de Oroso convoca aos veciños e veciñas do municipio a unha reunión informativa sobre a posta en marcha da Aula de Música de Oroso. Unha reunión que terá lugar mañá venres 21 de outubro, ás 20:00 horas, no centro cultural Fernando Casas e Novoa de Sigüeiro. Durante este encontro, o concelleiro de Cultura, Antonio Leira, presentaralles o proxecto de Aula de Música preparado polo Concello de Oroso para este curso 2011-2012.
Brión – Teatro do Morcego representa hoxe “O lazariño de Tormes”
TEATRO DO MORCEGO REPRESENTARÁ MAÑÁ VENRES EN BRIÓN “O LAZARIÑO DE TORMES”
A actuación terá lugar ás 20.30 horas no centro social polivalente. Entrada gratuíta ata completar aforo
20 de outubro de 2011.- Teatro do Morcergo representará mañá venres 21 de outubro en Brión a súa premiada versión do clásico “O lazariño de Tormes”. Unha actuación que terá lugar a partir das 20:30 horas no auditorio do centro social polivalente de Pedrouzos. A entrada é totalmente libre e gratuíta ata completar aforo.
“O lazariño de Tormes” é un monólogo sobre o texto clásico da literatura española onde destaca a interpretación de Celso Parada, actor-director e fundador de Teatro do Morcego. A pobreza, a fame e o despotismo son tres elementos básicos que se conxugan na visión que Teatro do Morcego fai desta clásica obra de autor anónimo e que mesmo foi distinguida co premio María Casares á mellor versión dunha obra teatral.
Teatro do Morcego é unha compañía fundada no ano 1989 polo actor e director Celso Parada e por Isabel Ávila. Durante os últimos 22 anos de actividade ininterrompida, esta compañía con sede en Narón ten recibido numerosos premios, entre os que figuran o devandito Premio María Casares ou os premios Compostela polas súas distintas montaxes.
Esta representación forma parte do programa “Outono Cultural” organizado polo Concello de Brión e que inclúe unha gala lírica e outros cinco espectáculos teatrais máis durante os meses de outubro e novembro. Uns espectáculos de entrada libre e gratuita grazas á colaboración establecida entre o Concello de Brión, a Deputación Provincial da Coruña, a Consellería de Cultura e Turismo e a Federación Galega de Teatro Afeccionado (FEGATEA).
BNG Vedra – o alcalde de xurado en Arxentina
O alcalde, no xurado dunha reina da beleza na Arxentina.
Publicado o 17 de Outubro de 2011
ULTIMA ORA: O alcalde dedicase ao realmente importante,…. a elección da Reina de la Colectividade Española 2011/2012.
Noticia recente, publicada na web da Xunta: Galiciaberta
http://www.cronicasdelaemigracion.com/articulo/cronicas/2011-10-10/federacion-sociedades-espanolas-celebro-dia-hispanidad/14116.html
«La Federación de Sociedades Españolas en Argentina celebró el Día de la Hispanidad
Mariana Ruiz, Buenos Aires, 10 de octubre de 2011
La Federación de Sociedades Españolas de Argentina celebró, como todos los años, el ‘Día de la Hispanidad’ con un festival artístico que reunió sobre el escenario del Teatro Avenida a casi una veintena de conjuntos de bailes y música de entidades federadas.
Este mega festival artístico de más de tres horas de duración, como es habitual, además, fue marco para la elección de la Reina de la Colectividad Española 2011/2012.
Fueron 33 candidatas, cada una en representación de una asociación española, las que desfilaron por la pasarela en tres oportunidades (con ropa de calle, con ropa de noche y con traje regional) en el marco de la competencia.
El jurado, integrado por el cónsul adjunto, Ricardo Santos; la presidenta del Consejo de Residentes Españoles de Buenos Aires, María Teresa Michelón; el alcalde de Vedra, Carlos Martínez; el presidente del Club Español, José Carballedo; y el gerente general de Iberia –…………etc, etc»
Ames – inauguración do curso na escola de maiores de Bertamiráns
A Escola Integral de Maiores de Bertamiráns inaugurou un novo curso no que as clases de informática serán a principal novidade
A Casa da Cultura de Bertamiráns estreará nova aula de informática en outubro
Ames, 18 de outubro de 2011. Hai 15 días que comezaron as clases na escola integral de maiores de Milladoiro, e agora tócalle a Bertamiráns. Hoxe ás 16.30 foi a presentación na Casa da Cultura de Bertamiráns do novo curso da Escola Integral de Maiores ao que acudiron alumnos/as, profesores/as, o coordinador da Oficina de Voluntariado de Ames (OVA), Rubén Ramos e o concelleiro de Voluntariado, Manuel Ferreiro. As clases en Bertamiráns serán das 16.30 horas ás 19.00 os mércores e os xoves. A primeira quenda, para aqueles alumnos de nova incorporación, será de 16.30 horas ás 17.30 horas, mentres que para o alumnado que xa está máis avanzado a quenda que vai de 17.30 a 19.00.
Malia que entre a escola de Milladoiro e a de Bertamiráns a maioría son similitudes, tamén hai diferenzas. En Milladoiro a maioría das persoas que asisten viven no propio núcleo urbano, mentres que en Bertamiráns son moitos os que se achegan dende o rural polo que o Concello de Ames lles facilita a asistencia a esta actividade ofrecendo o servizo de transporte adaptado. Tanto en Milladoiro coma en Bertamiráns os maiores aprenden materias coma matemáticas, xeografía, historia, escritura, gramática, ou lectura comprensiva; pero ata este ano soamente aqueles que asistían a Milladoiro podía asistir tamén a clases de informática. Debido a que o Concello de Ames abrirá unha aula de informática en Bertamiráns o vindeiro mes, os alumnos da Escola de Maiores tamén terán xornadas de iniciación á informática a partir do mes de xaneiro.
A nova aula de informática
O Concello de Ames pon en marcha a partir do mes que ven unha aula CEMIT en Bertamiráns, trátase dunha aula de informática que xestionará un axente TIC. É unha aula libre que estará na Casa da Cultura de Bertamiráns e na que tamén se impartirán cursos e diversas xornadas formativas relacionadas con ese ámbito. A aula comezará as actividades o vindeiro mes e abrirá en horario de 9.30 a 11.30 polas mañáns, e de 16.30 a 20.30 pola tarde.
A historia da Escola Integral de Maiores: os profesores e alumnos
Dores, unha das profesoras xubilada docente, foi a iniciadora destes cursos fai xa once anos, indo polos domicilios para darlles clases aos primeiros alumnos que quixeron iniciar esta andaina. Un deles foi Harry, un rapaz colombiano, que leva na escola desde os seus comezos. Outro dos profesores, Antonio, comezou hai 4 anos impartindo docencia a nenos dunha forma desinteresada despois dunha xubilación anticipada. Máis adiante empezou a dar clases a maiores, como resultado das conversas que tivo con Dores. Pero tamén hai caras novas entre o alumnado, como o caso de Mercedes. Ela chegou a esta escola porque lle gusta realizar actividades relacionadas con esta escola como é a costura. Na súa infancia case non puido asistir a escola ata que os seus irmáns pequenos o puideron facer, cando ela xa tiña uns 10 anos. Polo tanto, poucos anos puido ir e o que aprendeu, como ela conta "xa me esqueceu". Por iso decidiu comezar esta nova andaina.
Un dato curioso é que se segue mantendo a dinámica dos cursos anteriores. O número de mulleres que participan nas Escolas Integrais de Maiores de Ames é superior ao de homes. O centro do Milladoiro este ano conta cun total de 20 alumnos, onde tan só 2 son homes. No caso de Bertamiráns todas as alumnas son mulleres e a cifra ascende a 19 participantes. Cómpre lembrar que o prazo de matrícula aínda está aberto e que se agarda máis alumnado.
Por noveno ano consecutivo, a Oficina do Voluntariado de Ames pon en marcha a Escola Integral de Maiores, unha iniciativa da Consellería de Deportes, Tempo Libre e Voluntariado que está dirixida a todas as persoas de certa idade con ganas de aprender. Ademais, as actividades dos centros do Milladoiro e Bertamiráns supoñen un xeito de distracción e interacción para os maiores de Ames.
O coordinador da Oficina de Voluntariado de Ames (OVA), Rubén Ramos, convida a todos/as interesados/as a que participen xa que a escola manterá aberto o prazo de inscrición ata o mes de decembro. Para inscribirse os/as interesados/as deberán achegarse á OVA (Oficina de Voluntariado de Ames), en Bertamiráns, ou chamar ao número 981 883 703.
Brión – a probación do plan de obras e servicios 2012
O PLENO DE BRIÓN APROBA POR UNANIMIDADE INVESTIR 94.000 EUROS DO POS 2012 EN MANTEMENTO E MELLORA DE VÍAS E BEIRARRÚAS EN TODAS AS PARROQUIAS
Os outros 140.479 euros sufragarán gasto corrente en materia de limpeza viaria, recollida de lixo e alumeado público
O pleno aproba por unanimidade deixar de pertencer á Fundación Refuxio de Animais de Santiago e recoller os animais a través dunha empresa de servizos
19 de outubro de 2011.- O pleno municipal de Brión aprobou por unanimidade a proposta da Alcaldía sobre o Plan de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal 2012 (POS 2012), que no caso de Brión ascende a un total de 234.132,64 euros. Unha proposta que destina o 60% do plan (140.479 euros) a gasto corrente e o 40% restante (93.653 euros) a obras de nova realización.
Así, eses 140.479 euros adicaranse a financiar gasto corrente do Concello de Brión en materia de alumeado público, recollida de lixo e gastos de limpeza viaria. O alcalde de Brión, Xosé Luís García, explicou que os outros 93.653 euros, dos que o Concello de Brión terá que aportar 17.900 euros, “destinaranse a dous proxectos de mantemento e mellora da rede viaria (77.255 euros) e de remodelación e reparación de beirarrúas (34.300 euros) de xeito que haberá obras de mantemento en todas as parroquias de Brión”. A partida máis significativa, orzamentariamente falando, adicarase á segunda fase da remodelación das beirarrúas da parroquia de Bastavales.
Refuxio de animais
Os tres grupos municipais (PSOE, PP e BNG) tamén mantiveron a unanimidade á hora de aprobar a revogación do acordo plenario de 30 de xaneiro de 2006, polo cal o Concello de Brión se adhería á Fundación Pública Refuxio de Animais de Santiago de Compostela por un periodo de dez anos. O secretario municipal deu lectura a un informe que recollía os elevados gastos que a pertenza a esta fundación acarrexaban para as arcas municipais, pois se tiña que aboar unha cuota fixa cuatrimestral de case 3.800 euros, á que había que sumar o custo por cada animal que se recollese (unha media de 34 euros por animal, vivo ou morto).
Os tres grupos municipais coincidiron en sinalar que os gastos que acarrexaba pertencer a esta fundación eran elevados, sobre todo nesta situación de crise económica na que é preciso recurtar gastos, polo que acordaron prestar este servizo dun xeito máis eficiente a través dunha empresa de servizo, á que se lle pagaría por animal recollido. Xosé Luís García explicou que, aínda que o Refuxio de Animais de Santiago de Compostela deixará de prestar este servizo a 31 de outubro, “os veciños e veciñas de Brión non van notar ningún tipo de cambio na prestación deste servizo, pois asinaremos o contrato coa nova empresa antes de rescindir o acordo coa Fundación”.
Mocións do BNG e pesar pola morte de Baleato
Finalmente, na parte de control aprobáronse as dúas mocións presentadas polo BNG, en ambos casos cos 8 votos a favor de PSOE e BNG e cos 3 votos en contra do PP (na sesión non estaban presentes 1 concelleira socialista e 1 concelleira do PP). Deste xeito, o pleno acordou que o Concello de Brión se dirixirá á Xunta de Galicia para solicitar o mantemento das axudas á Normalización Lingüística e tamén pedir que a revisión do valor dos bens inmobles se faga do xeito máis riguroso posible para evitar subidas de impostos esaxeradas aos veciños.
Antes do inicio da sesión ordinaria, o alcalde de Brión, Xosé Luís García, tomou a palabra para propoñer un acordo aos grupos municipais de PP e BNG para transmitir o pesar da corporación municipal pola morte de Juan Manuel Baleato, que durante 20 anos foi alcalde da localidade veciña de Val do Dubra. Un pesar que se lle fará chegar a familia de Baleato Iglesias.
Silleda – prazo de solicitude para bonos de transporte universitario
O prazo para solicitar bonos de transporte universitario remata a finais deste mes
-Xa se atendeu medio cento de peticións para este curso
Silleda, 19 de outubro de 2011. Os silledenses que cursen estudos universitarios ou de ensino Secundario en distintas cidades galegas poden solicitar os bonos de transporte nas dependencias municipais ata o vindeiro luns día 31. As solicitudes, que se abriron no mes de agosto, deben presentarse no Rexistro, cumplimentando unha folla de inscrición e achegando o certificado de empadronamento e unha fotocopia de matrícula nos estudos correspondentes. Unha vez aceptada a petición, os bonos poden recollerse como se vén facendo nos últimos anos, nas instalacións da Casa da Cultura de Silleda.
Dende a apertura do prazo de solicitude rexistráronse xa 50 altas. Á vista destes datos e tendo en conta que só no pasado mes de setembro xa se duplicou o número de peticións respecto ao curso pasado, dende a Concellaría de Educación, que dirixe Matías Rodríguez da Torre, estímase que as cifras de anos anteriores vanse superar amplamente. No curso 2010-2011 destináronse 1.947,40 euros de fondos municipais para sufragar o desconto destes bonos. Os que non se acollan a este sistema no prazo estabrecido non terán dereito a disfrutar do desconto estipulado a través desta axuda municipal
Santiago – axenda xoves 20 de outubro
Xoves 20
12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes e Xuventude, Adrián Varela, sobre asuntos da súa área.
12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Facenda e Orzamentos, Cecilia Sierra, sobre asuntos da súa área.
20.00 h
No Polígono de Costa Vella, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asiste á inauguración do concesionario de Automóbiles Grupo Fernández.
21.00 h
No Auditorio de Galicia, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asiste ao concerto de abono da Real Filharmonía de Galicia dirixida por Günter Pichler e con Alexander Lonquich, piano. [Schumann, Strauss, Brahms]
Oroso – o concello triplica os cursos gratuitos
O CONCELLO DE OROSO TRIPLICA OS CURSOS GRATUITOS PARA PREPARAR AS PROBAS DE GRADUADO EN SECUNDARIA ANTE A GRAN DEMANDA VECIÑAL
Participarán un total de 53 alumnos, que tratarán de repetir o éxito do ano anterior no que se rexistrou un 90% de aprobados
19 de outubro de 2011.- O Concello de Oroso vai triplicar o número de cursos gratuitos de preparación para as probas de obtención do Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) debido ao gran número de participantes rexistrado. O concelleiro de Ensino, Antonio Leira, explica que “inicialmente tiñamos previsto organizar un único curso pero, diante do gran número de veciños que se interesaron decidimos facer un esforzo e organizar outros dous cursos máis para evitar que quedaran fóra unha vintena de veciños”.
Deste xeito, os 53 veciños e veciñas que se anotaron neste curso gratuito (34 máis que no curso pasado) poderán asistir a clases a partir do vindeiro luns 24 de outubro. Unhas sesións que se impartirán na aula de informática do Concello de Oroso, situada na rúa do Deporte número 9 (Sigüeiro). Miguel Anxo Gómez, profesor-administrador da Aula de Formación Educaoroso, apunta que “durante a semana que vén faremos unha avaliación inicial para ver o nivel dos alumnos e poder facer os grupos de traballo o máis homoxéneos posibles”.
Novidades nos cursos
Miguel Anxo Gómez sinala que “este ano imos incluír tamén un servizo de titoría, de xeito que durante unha hora e media á semana haberá un profesor a disposición dos alumnos para resolver todas as dúbidas que poidan xurdir na aula”. A maiores, o Concello de Oroso vai colgar na web da Aula de Formación Educaoroso (www.concellooroso.com) a práctica totalidade dos materiais educativos que se entreguen na aula, “de xeito que os alumnos que non poidan acudir a unha sesión poidan ter acceso a esa documentación”, puntualiza Miguel Anxo Gómez.
Durante a edición de 2010, presentáronse ás probas libres para a obtención do Graduado en ESO un total de 19 veciños e veciñas de Oroso, dos que máis do 90% conseguíu o título e os restantes quedaron pendentes de tan só unha asignatura.
Rapaces novos
Entre os participantes destaca a presenza dun importante número de rapaces novos “que se atopan con que en case todos os postos de traballo lles esixen o graduado en secundaria, polo que para eles estes cursos son moi importantes para que poidan acceder ao mercado laboral”, sinala Antonio Leira. De feito, o concelleiro de Ensino explica que “dende o Concello de Oroso decidimos facer un esforzo económico e triplicar o número de cursos de formación en ESO porque somos conscientes dos problemas de emprego que está a xerar esta crise económica e que a formación continua é a nosa mellor ferramenta para mellorar a empregabilidade dos nosos veciños e veciñas”.
Ademais, canda ese importante grupo de rapaces novos tamén é significativo o aumento do número de adultos que apostan por este tipo de cursos para adquirir, actualizar, completar ou ampliar os seus coñecementos e aptitudes para o seu desenvolvemento persoal e profesional a través da Aula de Formación de Adultos “Educaoroso”.
Santiago – Incolsa aforrará máis de 200000 euros en alugueres
Incolsa aforrará máis de 200.000 euros en alugueres
19/10/2011 Incolsa aforrará 52.000 euros ao ano en alugueres despois de que o Consello de Administración da empresa municipal aprobase por unanimidade a modificación e cancelación dos diferentes contratos que mantiña. Isto supón un aforro en alugueres de máis de 200.000 euros nos vindeiros catro anos.
Con esta decisión, Incolsa tamén aplica a política de redución de custos en alugueres que o Goberno municipal está aplicando en diferentes áreas, optimizando así os recursos existentes. O aforro permitirá ademais que a empresa municipal poida dedicar maiores recursos para a súa función, a promoción turística da cidade.
Os contratos de aluguer que estaban en vigor en Incolsa eran tres: un para o local da rúa do Vilar, 63, onde se sitúa a oficina de información turística e a maior parte dos traballadores da empresa; outro tamén na rúa do Vilar, no número 68, onde se atopan a Santiago de Compostela Convention Bureau, a Santiago de Compostela Film Commission e os departamentos de produtos e comunicación da empresa; e unha nave no Polígono do Tambre, que se emprega como almacén da empresa pública.
Incolsa manterá a súa oficina de información turística no mesmo local da Rúa do Vilar, pero cun aforro no aluguer de máis de 19.000 euros ao ano despois de diversas negociacións coa persoa arrendadora. Incolsa cancelará o contrato de aluguer da oficina da Rúa do Vilar, 68, o que suporá un aforro anual de máis de 18.000 euros. Incolsa tamén cancelará o contrato de aluguer da nave do Polígono do Tambre, cun aforro para as contas da empresa municipal dun pouco máis de 14.000 euros máis IVE.
O Consello de Administración de Incolsa, debido a que o Concello de Santiago dispón de locais propios debidamente acondicionados para acoller as dependencias que sexa preciso trasladar, aprobou por unanimidade estas medidas coa finalidade de reducir os custos fixos da empresa municipal. En calquera caso, garántese que a oficina de información turística continuará situada no mesmo punto da Cidade Histórica, na que o pasado ano se atenderon 230.000 consultas.
Fundación Araguaney – cursos no festival Amal
Últimos días para apuntarse aos cursos de introdución á danza, cociña e caligrafía árabes que propón o Festival Amal
Santiago de Compostela, Mércores 19 de Outubro de 2011. O Festival Internacional de Cine Euroárabe Amal inclúe dentro das súas actividades a celebración de 3 cursos moi interesantes para coñecer a cultura árabe.
Os sábados 22 e 29 de Outubro, o Festival Amal propón a todo aquel que o desexe penetrarse no mundo árabe participando nos talleres de danza, cociña e caligrafía impartidos por expertos en cada campo.
Os cursos de danza do ventre serán impartidos por Martha Franco, unha das principais artífices da introdución da súa aprendizaxe en Galicia, e Mariana Vieira Basso. Terán lugar os sábados 22 e 29 de Outubro, de 10,30 a 13,30 h.
O curso de introdución á cociña oriental darase en dúas sesións, tamén os sábados. Este permitirá coñecer a confección dalgúns pratos tradicionais e será impartido por Ganem Ao Droubi, os sábados 22 e 29, de 10,30 a 13,30 h.
Súmase a estas actividades paralelas o curso de caligrafía árabe impartido por Ihab Ao Oumaoui. Este terá lugar o sábado 29 de Outubro, de 10,00 a 14,00 h.
Para apuntarse a calquera dos talleres simplemente hai que entrar na páxina web do Festival (www.festivalamal.es) e cubrir un formulario de inscrición. Ademais, deberán abonarse 5 euros por persoa para a participación no taller de danza, e 30 euros para poder participar no de caligrafía ou no de cociña. Haberá límite de 20 prazas para o de caligrafía e de 30 para o de cociña. O de danza non ten aforamento limitado.
Máis info: www.festivalamal.es
Brión – explicacións sobre a denuncia do PP
XOSÉ LUÍS GARCÍA ASEGURA QUE O PP DE BRIÓN “TRATA DE INVENTARSE UN CASO DE TRATO DE FAVOR CON FALSEDADES, MEDIAS VERDADES E INCLUSO POÑENDO NA MIÑA BOCA PALABRAS QUE NON DIXEN”
O alcalde reitera que “en ningún momento houbo demora nin mala fe” neste caso e que o Concello actuou cumprindo os prazos marcados pola lei
Xosé Luís García lembra que a demolición da caseta farase tras a denuncia dos veciños, non do PP, diante do Concello e unha vez que Patrimonio autorice o derrubo
18 de outubro de 2011.- O alcalde de Brión, Xosé Luís García, amosa a súa indignación coa actuación do PP de Brión no caso dunhas obras realizadas por un particular nunha vivenda ubicada na parroquia de A Torre. García asegura que os populares brioneses “tratan de inventarse un caso de trato de favor con falsedades, medias verdades e incluso poñendo na miña boca palabras que non dixen”.
Neste sentido, o rexedor brionés aclara que en ningún momento asegurou que as devanditas obras se realizaran cumprindo estrictamente a lei, como afirma o voceiro do PP de Brión. “O que dixen e manteño é que o Concello de Brión actuou en todo momento conforme á lei, que non é o mesmo, e que en ningún momento houbo demora nin mala fe por parte do Concello”, puntualiza Xosé Luís García, quen lembra que “non é a primeira vez que o señor Tomé pon palabras que nunca dixen na miña boca para así tentar dar verosimilitude ás súas acusacións”.
O Concello actuou con dilixencia
Por iso, Xosé Luís García reitérase nas súas afirmacións do pasado mes de setembro, nas que afirmara que os técnicos e profesionais do Concello de Brión actuaron en todo momento conforme ao indicado na Lei e con total dilixencia. “Pódese estar de acordo ou non co resultado dos expedientes, pero o Concello de Brión sí que actuou con dilixencia e sen ningún trato de favor. Proba diso é que se realizaron dous expedientes de legalización e vaise derrubar esa caseta”, sinala Xosé Luís García.
Unhas actuacións que se realizarán logo das denuncias realizadas polos veciños diante do Concello de Brión, que actuou con dilixencia e sen demora, e non polas denuncias nos medios de comunicación por parte do Partido Popular. Neste sentido, basta con comprobar as datas das denuncias veciñais cos expedientes abertos por parte do Concello e as denuncias feitas polos populares.
Cronoloxía do caso
Neste sentido, compre lembrar que a Lei 9/2002, de 30 de decembro, de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia establece no seu artigo 209 a figura administrativa da reposición da legalidade urbanística e especifica no seu cuarto punto que este “deberá resolverse en el plazo de un año a contar desde la fecha del acuerdo de iniciación”. Neste sentido, o alcalde brionés asegura que “cumpríuse escrupulosamente pois houbo resolución antes de que se cumprira o ano”.
Unha vez recibida no verán de 2010 a primeira denuncia veciñal sobre as obras de restauración nun alpendre e nun muro, o Concello de Brión abríu un expediente de reposición da legalidade urbanística de acordo co marcado pola Lei.
- No caso do muro, o propietario presentou un informe técnico no que acreditaba a antigüidade da construcción, polo que a obra foi legalizada. O seu estatus legal actual é que o muro se atopa fóra de ordenación, polo que só se poden realizar nel tarefas de conservación e mantemento.
- No que atinxe á restauración do alpendre, ao tratarse dunha obra nas inmediacións dunha zona protexida por Patrimonio, o Concello trasladou a denuncia á Xunta. Así, o 30 de decembro de 2010, o Servizo de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura autorizou esas obras cunha única condición: que as portas e as fiestras fosen de madeira. Feitos eses cambios, a construción quedou legalizada.
Novidades no derrubo da caseta
Por último, xa no ano 2011, os veciños tamén denunciaron a construción dunha caseta no interior da propiedade deste veciño. Os servizos técnicos municipais puxéronse en contacto con este veciño para poder entrar na súa propiedade e analizar a legalidade das devanditas obras. Acto seguido, abriron o correspondente expediente. Unha vez presentadas as alegacións por parte do propietario, o 30 de agosto de 2011 emitiuse un Decreto da Alcaldía que ordena o derrubo da caseta, cun prazo de 30 días para solicitar o permiso de derrubo diante de Patrimonio e un prazo de 3 meses para executalo.
Na actualidade, o particular xa solicitou no Concello de Brión o permiso para proceder ao derrubo da caseta. Un permiso que a semana pasada lle foi remitido a Patrimonio para que autorice o derrubo e éste poida levarse a cabo.
O alcalde brionés asegura que os dous expedientes de reposición urbanística e a próxima demolición da caseta demostran que non houbo ningún tipo de trato de favor e que o Concello de Brión actuou en todo momento conforme ao marcado pola Lei.
Fundación Araguaney – conferencia sobre redes sociáis e xornalismo no mundo árabe
OS ACTUAIS CAMBIOS NO MUNDO ARABE. INFLUENCIA DAS REDES SOCIAIS E O XORNALISMO NAS REVOLUCIÓNS DA PRIMAVERA 2011
Por Younes M´Jahed, Vicepresidente da Federación Internacional de Periodistas (IFJ), Presidente do Sindicato Nacional da Prensa Marroquí, Vicepresidente da Comisión de Liberdades da Unión Árabe de Periodistas.
Lugar: Hotel Meliá-Araguaney. Alfredo Brañas, 5. Santiago de Compostela
Día: Venres 21 de outubro de 2011
Hora: 20.00
Santiago de Compostela, Mércores 19 de Outubro de 2011. A Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela (APSC) en colaboración coa Fundación Araguaney e a Fundación Carlos Casares convoca a socios, prensa e público en xeral este venres, 21 de outubro ás 20.00 horas no salón do Hotel Meliá-Araguaney á conferencia “Os actuais cambios no mundo árabe. Influencia das redes sociais e o xornalismo nas revolucións de primavera de 2011”, que impartirá o xornalista, sociólogo e profesor marroquí Younes M´Jahed, segunda autoridade mundial da International Federation of Journalists (IFJ) e especialista en información internacional.
Younes M´Jahed traballa actualmente no diario marroquí Al Ittihad Ichtiraki II, e ata hai pouco foi o corresponsal da axencia española EFE en Marrocos. Coñece de primeira man a realidade do mundo árabe e a de todos e cada un dos países que o compoñen, aos que viaxa con frecuencia. É autor de numerosas publicacións sobre dereitos humanos e liberdades no seu país, -no que estivo preso nos tempos de Hassan II- así coma análises sobre a sociedade civil, informes sobre a liberdade de expresión e o recente libro “O movemento dos xóvenes en paro e a comunicación” (Organización do Traballo Árabe, O Cairo 2010).
No acto estarán tamén os presidentes das Fundación Araguaney e Carlos Casares, Ghaleb Ibrahim e Gustavo Garrido, respectivamente, e o presidente da APSC, Luís Menéndez, quen fará a presentación de Younes M´Jahed e moderará o posterior coloquio.
Santiago – plan para o rural
Un plan integral determinará os proxectos e servizos prioritarios para o rural compostelán
18/10/2011 O concelleiro de Medio Rural, Luis Bello, explicou as liñas básicas de traballo do seu departamento, de nova creación nesta lexislatura. Anunciou a elaboración dun Plan de Desenvolvemento Rural (PDR), que "priorizará e secuenciará as obras, proxectos e servizos destinados ao rural compostelán". Confía en contar con algo máis de dous millóns de euros anuais para as diferentes actuacións nesta área.
Bello comezou a súa intervención recordando que a súa concellería ten como prioridade básica "achegar o Concello aos veciños", mantendo reunións periódicas con eles. Puxo como exemplo deste contacto directo o seguimento que nestes momentos se están a realizar ás obras que ADIF está rematando en Angrois, comprobando as reclamacións veciñais. Ademais, comprometeu un funcionamento "áxil" do departamento, baseado nunha "planificación estratéxica" e na "economización de todos os recursos".
Sobre o PDR, indicou que "contemplará un plan de ampliación da rede de saneamento e abastecemento de auga para os vindeiros oito anos", co obxectivo de "mellorar substancialmente as redes existentes no rural de Santiago e mellorar as actualmente en funcionamento". Afirmou manexar datos que apuntan que "sería necesario a día de hoxe un investimento de aproximadamente 70 millóns de euros para dotar de novos servizos ás zonas que carecen deles".
Como considerou imposible dispor desa cantidade, subliñou que se establecerán prioridades para dotar destes servizos aos núcleos máis importantes para, chegado o momento, poder conectar todos os servizos nos demais lugares. Calculou que neses oito anos se poida dotar deses servizos de abastecemento e saneamento a un 35% destes núcleos máis importantes.
Luis Bello
Limpeza de cunetas e obras de asfaltado
Recordou que, nada máis pórse en marcha a Consellería, xa se acometera unha limpeza de cunetas. É a súa intención acometer un plan de traballos dende primeiros do mes de abril ata finais de outubro ou principios de novembro de cada ano, acompañado tamén da apertura e perfil de cunetas. Apuntou que contará cuns 300.000 euros para estas actuacións. Tamén neste caso se establecerán prioridades e se realizarán rotacións.
O Concello –indicou- ten uns 1.000 quilómetros de pistas asfaltadas e outros 2.000 de pistas de concentración. No caso destas últimas, o Concello terá a colaboración da Consellería de Medio Rural.
A propósito do asfaltado das pistas do rural, o seu departamento prevé contar cunha brigada propia para pequenas obras. Para actuacións máis en profundidade considera necesario agardar a ter un estudo de todas as necesidades.
Alumeado público
O edil de Medio Rural tamén se referiu á ampla rede de iluminación pública do municipio, cifrada nuns 25.000 puntos de luz. Neste caso, dixo, as carencias están localizadas e serán solucionadas ao longo desta lexislatura.
Tamén deu conta do deseño dun plan de aforro enerxético, que "nos permitirá aforrar na factura da luz, que nestes intres supera os 1.700.000 euros".
Variante de Aradas
Volvendo ao compromiso de diálogo permanente cos veciños, comentou as reunións que está a manter cos veciños para explicarlles o proxecto da variante de Aradas ao Polígono do Tambre. Esta actuación está agora a en período de alegacións, polo que considera necesario "despexar dúbidas e recoller propostas de modificación".
PXOM
Finalmente, confirmou que se "abordará a modificación do PXOM". Lembrou o paradoxo que se produce neste tema, con parcelas urbanizables ás que o Concello non lles concede licenza por carecer de servizos básicos. Luis Bello cre posible "non ser tan ríxidos con esta normativa".
Santiago – axenda mércores 18 outubro
Mércores 19
11.00 h
No Salón Vermello, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, recibe os participantes no Campionato de España absoluto de Squash.
12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal socialista, Francisco Reyes, sobre asuntos de carácter local.
12.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal socialista, Mercedes Rosón, sobre asuntos de carácter local.
13.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Medio Ambiente, Obras e Infraestruturas, María Castelao, sobre asuntos da súa área.
19.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, reúnese coa asociación de veciños do Romaño.
Fundación Araguaney – semana de la cocina Árabe
El Restaurante Caney acoge un año más la Semana Gastronómica de cocina Árabe
- 10 entrantes, 7 primeros y 3 variedades de postres componen la carta de cocina árabe del Caney
- Entre el 24 y el 29 de Octubre en el Restaurante Caney
Santiago de Compostela, Martes 18 de Octubre de 2011. Como manda la tradición, el Restaurante Caney del Hotel Araguaney va a celebrar la semana gastronómica de cocina árabe. Coincidiendo con el Festival Internacional de Cine Euroárabe Amal, el Caney ampliará su oferta con opciones de cocina de oriente medio.
Entre el 24 y el 29 de Octubre, cualquiera que lo desee podrá degustar un menú completamente árabe en el Restaurante Caney del Hotel Araguaney. Desde sopas, cremas, ensaladas, platos de pasta, pollo o cordero, hasta postres con sabores de lo más típico y sabroso.
Entre la carta, creada expresamente para la semana de cocina árabe, encontraremos entrantes, platos principales y postres. Así nos lo mostró el jefe de cocina del Caney, Pedro Lestón, en la rueda de prensa de presentación de la semana árabe. Sopa harira (sopa de lentejas, fideos, garbanzos, apio, cilantro y perejil), Falafel (Croquetas vegetales de garbanzos secos, cilantro y comino), Maqlouba (Pollo, berenjenas y arroz con ensalada de yogurt) y Tarta Kinafe (Tarta de origen palestino hecha con pasta kadaiff, queso cremoso, pistachos y agua de rosas), son algunas de las opciones que nos podemos encontrar en la carta.
Además, también se pondrá a disposición de los clientes un menú degustación compuesto por entrantes variados, un plato principal y un postre, que combina todos los olores, sabores y colores de la gastronomía de Oriente Medio.
Lo mejor de la cocina de oriente y occidente se únen durante la semana del 24 al 29 para dar origen a las recetas tradicionales árabes trasladándonos a los fogones del otro lado del Mediterráneo gracias a la degustación de las mejores muestras de su cocina.
O Restaurante Caney acolle un ano máis a Semana Gastronómica de cociña Árabe
- 10 entrantes, 7 primeiros e 3 variedades de postres compoñen a carta de cociña árabe do Caney
- Entre o 24 e o 29 de Outubro no Restaurante Caney
Santiago de Compostela, Martes 18 de Outubro de 2011. Como manda a tradición, o Restaurante Caney do Hotel Araguaney vai celebrar a semana gastronómica de cociña árabe. Coincidindo co Festival Internacional de Cine Euroárabe Amal, o Caney ampliará a súa oferta con opcións de cociña de oriente medio.
Entre o 24 e o 29 de Outubro, calquera que o desexe poderá degustar un menú completamente árabe no Restaurante Caney do Hotel Araguaney. Dende sopas, cremas, ensaladas, pratos de pasta, polo ou cordeiro, ata sobremesas con sabores típicos e saborosos.
Entre a carta, creada expresamente para a semana de cociña árabe, atoparemos entrantes, pratos principais e sobremesas. Así nolo mostrou o xefe de cociña do Caney, Pedro Lestón, na rolda de prensa de presentación da semana árabe. Sopa harira (sopa de lentellas, fideos, garavanzos, apio, cilantro e perexil), Falafel (Croquetas vexetais de garavanzos secos, cilantro e comino), Maqlouba (Polo, berenjenas e arroz con ensalada de yogurt) e Torta Kinafe (Torta de orixe palestina feita con pasta kadaiff, queixo cremoso, pistachos e auga de rosas), son algunhas das opcións que nos podemos atopar na carta.
Ademáis, tamén se porá a disposición dos clientes un menú degustación composto por entrantes variados, un prato principal e unha sobremesa, que combina tódolos cheiros, sabores e cores da gastronomía de Oriente Medio.
O mellor da cociña de oriente e occidente se mesturan durante a semana do 24 ao 29 para dar orixe ás receitas tradicionais árabes trasladándonos aos fogóns do outro lado do Mediterráneo grazas á degustación das mellores mostras da súa cociña.