Axenda e tempo do sábado 31 de maio - teatro, música, festas, exposicións

Actividades 


XVI FESTA PARA OS MAIORES
Recinto feiral de Amio
(7 euros nas billeteiras do Teatro Principal)
14.00 h. Xantar e a continuación actuación musical
               ORQUESTRA D´TACÓN
10.30 h. Trofeo Concello de Santiago de Ciclismo (escolas e cadetes)
                Saída e meta Xoan Carlos I
                (Club Ciclista Compostelano)
12.00 e 20.00 h. Pasarrúas: Charanga
12.00 h. Xogos populares
                Praza Roxa
17.00 h. XXXVIII Torneo da Chave Festas da Ascensión
               Parque da Alameda
            (Asociación de Xogadores da Chave de Santiago)
18.30 h. XAN PERILLAN COMPRA QUEIXO E COMPRA PAN
               Os Monicreques de Kukas (35º Aniversario)
               Zona C (Bonaval)
18.30 h SOPA DE SAPO (teatro infantil / comedia)
Talía Teatro
Teatro Principal
19.00 h. Teatro de Cámara  Ditea:
                Animaliños de Roberto Vidal Bolaño (estrea)
                Centro Sociocultural de Santa Marta
                (entrada libre)
20.00 h. Campionato da Chave Festas da Ascensión
               Parque da Alameda

21.00 h. Santiago 40 Pop  
21:00 h. Comienzo Warm Up - Paulo Regueiro
22:00 h.Show presentador - Oscar Martinez
22:15 h. Directo Mr. Kilombo
23:00 h. Actuación Robert Ramirez
23:30 h. Directo Antonio Orozco
                                Praza da Quintana
                                Entrada libre

22.30 h. Orquestra TROVADORES na Alameda

Santiago - Compostela Skate III

Santiago - csc Santa Marta - Animaliños Compostela


Ames - Obradoiros de manualidades

Santiago - Fundación Granell - exposicións solidaria proxecto Angola

Santiago - Museo do Pobo Galego - Illa de Ons

Santiago - As Cancelas - vehiculos clásicos de Renault

O Tempo

Ames Novo - Presentación daGuía para o descenso enerxético

Presentación da «Guía para o descenso enerxético» no Milladoiro o martes 3 de xuño

O vindeiro martes día 3 de xuño teremos un acto de presentación da Guía para o descenso enerxético no Milladoiro (Ames) coorganizado por Ames Novo e pola Asociación Véspera de Nada. Será no Café Babia, na R/ Raxoeira, ás 20:30 h e contará coa presenza de Manuel Casal Lodeiro, coordinador do libro, e coa presentación de Chus Boo, membro de Ames Novo.

Neste acto de Sementando a Revolución Pospetróleo explicarase brevemente cál é o problema do Teito do Petróleo ao que pretende responder a Guía, e como este libro quere servir de ferramenta para a urxente trasformación social da Galiza para a nova época historia que se abre tras a Era do Petróleo, dando pé a un debate cos asistentes á charla.

Ames - XXXIII Trofeo de fútbol Concello de Ames

Este domingo, 1 de xuño, dispútanse as semifinais do XXXIII Trofeo de fútbol Concello de Ames
Ás 18:00 horas xogarase a primeira semifinal no campo municipal do Milladoiro entre o Ortoño CF e o Bugallido FC.

Unha hora máis tarde, ás 19:00 horas, comezará a segunda semifinal. Neste caso disputarase no campo municipal de Bertamiráns entre o Biduído SR e o Bertamiráns FC.

Este domingo, 1 de xuño, dispútanse as semifinais do XXXIII Trofeo de fútbol Concello de Ames 2014. Ás 18:00 horas xogarase a primeira semifinal no campo municipal do Milladoiro entre o Ortoño CF e o Bugallido FC. Unha hora máis tarde, ás 19:00 horas, comezará a segunda semifinal. Neste caso disputarase no campo municipal de Bertamiráns entre o Biduído SR e o Bertamiráns FC. A final disputarase o domingo 8 de xuño, ás 19:00 horas, no campo municipal de fútbol de Bertamiráns.

Como cada ano, antes de finalizar a tempada, o Concello de Ames, en colaboración cos clubs de fútbol federados do concello, organizaron o Trofeo de Fútbol Concello de Ames. Este campionato xa está consolidado no municipio amiense posto que xa se levan disputadas trinta e tres edicións.

Neste torneo participan todos os equipos federados de Ames. En total son cinco os equipos que participan este ano nesta competición. Na fase previa o Bugallido FC gañoulle 5-1 ao Agrón FC.

Este domingo, 1 de xuño, disputaranse as semifinais deste trofeo. Ás 18:00 horas xogarase a primeira semifinal no campo municipal do Milladoiro entre o Ortoño CF e o Bugallido FC. Unha hora máis tarde, ás 19:00 horas, comezará a segunda semifinal. Neste caso disputarase no campo municipal de Bertamiráns entre o Biduído SR e o Bertamiráns FC. A final disputarase o domingo 8 de xuño, ás 19:00 horas, no campo municipal de fútbol de Bertamiráns.

Reparto dos ingresos 
Para este torneo os equipos poden contar cos xogadores que xa tiñan fichados para as súas respectivas ligas. Cada club puido inscribir para este trofeo un máximo de 25 xogadores e tivo que presentar, xunto coa solicitude de inscrición, a copia de todas as fichas que inscribiu.

Os ingresos dos partidos da semifinal e final (entradas, rifas, etc.), repártense a partes iguais entre os clubs que disputan esta fase do torneo. Na final, a cada equipo dánselle 25 entradas e os prezos para todo o torneo quedan estipulados da seguinte forma: 3 euros para todos. Así mesmo os clubs comprométense a darlle 25 entradas ao Concello para a final.

Oroso - Pleno ordinario de maio

O pleno de Oroso aproba por unanimidade a desafectación como dominio público de 6 escolas das parroquias que non prestan servizo

 O pleno municipal de Oroso celebrado na tarde do xoves aprobou por unanimidade o cambio da cualificación xurídica de seis escolas das parroquias do municipio que xa levan tempo sen desenvolver ningún tipo de servizo público. Trátase das escolas de Campo de Pasarelos, Horta de Arriba (Cachopal, Carollo, escola e local social de Gándara e de Marzoa, así como a escola de nenos e nenas de Vilarromarís.

A decisión plenaria supón a desafectación do domino público destes inmobles, que xa non acollían servizo público ningún, e a súa cualificación como bens patrimoniais. Un cambio que conta coa autorización previa da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

O pleno tamén aprobou por unanimidade o convenio de colaboración marco para a xestión compartida da promoción turística conxunta dos concellos da área de Santiago. Así mesmo, tamén saíu adiante a aprobación inicial da modificación da Ordenanza Fiscal reguladora do prezo público pola utilización da escola infantil do Concello de Oroso, “prezos públicos que non establece o Concello de Oroso senón a Xunta de Galicia”, remarcou o concelleiro de Ensino, Antonio Leira. A proposta foi aprobada cos votos a favor de PSOE, PP e BNG; e co voto en contra do Partido Galeguista, quen defendeu a gratuidade en todas as fases do ensino.

Libros de texto
Precisamente sobre ensino tratou a única moción aprobada nesta sesión plenaria, presentada polo BNG e que insta á Xunta de Galicia “á volta ao sistema de préstamo universal, a que se afiance o sistema de gratuidade e que non cambien os libros de texto o próximo curso”, segundo explicou o seu voceiro, Xosé Manuel Pérez. O voceiro do PP, Telmo Rodríguez, propuxo unha emenda na que se o Concello de Oroso expresase o seu apoio ao programa de gratuidade solidaria da Xunta de Galicia, emenda que non foi aceptada polo BNG.

Pola súa banda, o concelleiro de Ensino, Antonio Leira, apoiou a moción aínda que lembrou que “é un pouco repetida, pois en maio de 201 e en maio de 2013 xa se aprobaron mocións moi semellantes”. A moción saíu adiante co apoio dos 9 concelleiros de PSOE, BNG e PG; e cos 3 votos en contra do PP. A outra moción do BNG, sobre o incremento das taxas na AP-9, decaeu no debate sobre a urxencia e a terceira moción nacionalista foi retirada, xa que fora presentada por erro (xa que fora aprobada na sesión anterior).

Melide - 90.000 € de investimento en dúas obras

Preto de 90.000 € en saneamento en duas actuacións en Melide

· Melideadxudicaduas obras de saneamento por importe de máis de 90.000 €

· O goberno municipal dedidiu priorizar a rede de saneamento entre as actuacións a levar a cabo co fin de solventar toda a problemática existente navila e dando pasos importantes tanto na dotación de servizos como no coidado medioambiental.

A actuación comprende a rúa Antonio Ponte Rodríguez, unha rúa moi preto do casco urbano, unha área residencial de vivendas unifamiliares que carecía de servizo de saneamento. Tratarase da separación de pluviais e fecais. O Concello de Melide quere agradecer a boa disposición dos veciños xa que parte da rede discorrerá por propiedades privadas co fin de beneficiarse do ben común. Os traballosacometeránseao longo do mes de xuño e o importe ascende a máis de 30.000 €. 

Outra das obras adxudicadas engloba a dotación e arranxo do saneamento no Camiño de Santiago a altura de Furelos. Nestesenso dase por concluida unha fase importante da rede de saneamento e solvéntaseunha problemática vecinal e medioambiental que se estivo arrastrando ao longo de moitos anos. Dentro deste mesmo proxecto salientar a demolición da antiga depuradora de Santa María, obra que tería que estar acometida dende o ano 2007, actuación que foi quen de lograr o actual goberno local nesta lexislatura dentro do programa de saneamento integral que se está a realizar dende o Concello de Melide. Supoñerá unha mellora na zona porque se demole unha infraestructura obsoleta evitando o perigo que supón esta instalación.

Psoe Teo - Xuntanza informativa sobre o novo polígono industrial da ramallosa

Xuntanza informativa sobre o novo polígono industrial da Ramallosa

O día 27 de marzo o Concello de Teo aprobou inicialmente o plan de sectorización do sector núm. 1 do SUND 12, a denominada Area mixta terciario/industrial de Portoameneiro na Ramallosa. 
O prazo para presentar alegacións neste procedemento de desenrolo urbanístico que afecta a un nutrido grupo de pequenos propietarios, acaba o 20 de xuño, e actualmente atópase en exposición pública.

O PSdeG-PSOE de Teo organiza unha charla informativa para os propietarios e propietarias afectadas, a fin de informar das características deste procedemento, para que coñezan os seus dereitos e deberes como interesados, e resolver as dúbidas ao respecto deste polígono, para o cal contaremos con expertos en Urbanismo.

A xuntanza terá lugar o domingo 1 de xuño, ás 12 da mañá, no local social da Asociación de Veciños O Castro, sito no Lugar de Vilanova, na parroquia de Recesende.

Somos Parte - O IES de Cacheiras rexeta o peso lectivo da relixión

Masivo rexeitamento dos pais e nais do IES Cacheiras ao peso lectivo da relixión nas aulas
O 87,5% dos participantes no referendo organizado por Somos Parte rexeitou que a relixión teña valor académico nos currículos, e o 74,5% opóñense a que comparta horario con outras materias

desde onte venres, 30 de maio, e ata o vindeiro martes, os titores dos nenos e nenas do CEIP A Ramallosa poderán expresar a súa opinión sobre algúns dos cambios introducidos pola LOMCE

Cerca de nove de cada dez pais e nais de alumnos do IES Cacheiras están en contra de que a relixión teña valor no currículo académico dos seus fillos, e case tres cuartas partes rexeitan que comparta horario lectivo co resto das materias. Son as dúas conclusións da votación impulsada polo colectivo Somos Parte no único centro de ensino secundario do Concello de Teo, nunha iniciativa que xa se levara a cabo no CEIP Os Tilos e que a partir deste venres se realizará tamén no CEIP A Ramallosa.
A xuiza de paz Rosa Gómez

No referendo participaron 214 pais, nais ou titores legais dos 645 alumnos do IES Cacheiras, que recibiron nas súas casas papeletas coas dúas preguntas do referendo. A primeira delas referíase a se a relixión debe compartir horario lectivo co resto das materias. 149 persoas mostráronse en contra (un 74,5%) e 48 a favor, con 14 votos nulos e 3 en branco.

En canto á pregunta de se a relixión debería ter valor académico (isto é, contar, coma o resto das materias, para cuestións como o acceso ao ensino superior ou para a adxudicación de bolsas, tal e como recolle a actual Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa), rexistráronse 175 votos en contra (87,5%), 23 a favor (11,5%), 14 votos nulos e 2 en branco.

A xuíza de paz do concello de Teo, Rosa Gómez Limia, verificou a transparencia do procedemento coa súa presenza no reconto celebrado o mércores, 28 de maio, no que tamén participaron membros da ANPA.

Experiencia previa no CEIP Os Tilos
Os resultados da consulta proposta por Somos Parte en colaboración coa ANPA do centro son moi semellantes aos recollidos en abril no CEIP dos Tilos (Teo). Entón, un 90% dos pais e nais votaron en contra de que a relixión conte no currículo académico, e un 70% rexeitaron que comparta horario co resto das materias.

A intención de Somos Parte é estender este tipo de referendos a outros centros educativos de Galicia. Entre este venres 30 de maio e o martes 3 poderán votar, durante todo o horario lectivo, os titores legais dos nenos e nenas do CEIP A Ramallosa, tamén en Teo. 

Somos Parte
Somos Parte é unha Plataforma de Pais e Nais por un Ensino Público Democrático que consideran que as decisións que atinxen á educación dos fillos deben contar co consenso de toda a comunidade educativa; isto é: estudantes, pais e nais, e ensinantes. A plataforma pretende dar voz a pais e titores legais e coñecer, a través deste tipo de iniciativas consultivas, a súa opinión sobre materias de grande importancia no ensino.

Axenda e tempo do venres 30 de maio - Música, microteatro, festas, exposicións

Actividades 

Santiago - Festas Ascensión
CULTURA URBANA:

A partir das 17.00 h.:
" Xornadas de xogos e ocio alternativo para todas as idades"
(Obradoiro de pintura e agasallo de miniaturas de diferentes xogos de estratexia,
Xogos de Taboleiro, Troopa Trooper Star Wars e demostracions do xogo STAR WARS X-WING)
17.30 h. Obradoiro de Graffiti
19.00 h. Obradoiro de Turntablism (Dj)
20.00 h. Obradoiro de Beatbox
21:00 a 22:00   Exhibición de Turntablism: "DJ MIL, DJ CRO e DJ WEBO (Vella Escola)
       Show de Rap + Beatbox: "RISK & DAVBEAT" (De Buena Tinta)
Praza do Toural
(Organiza Concellaría de Servizos Sociais)

18.30 h. XAN PERILLAN COMPRA QUEIXO E COMPRA PAN
               Os Monicreques de Kukas (35º Aniversario)
               Zona C (Bonaval)
 20.00 h. II GALA LIRICA DOS CONSERVATORIOS DE GALICIA
               (Asociación de Amigos da Ópera de Santiago)
               Teatro Principal
               (Entrada: 5 euros)
20.30 h. FETÉN FETÉN
               Presentación do seu novo disco Bailables
              Salón Teatro
              5 euros anticipada/8 euros billeteira
20.30 h. XXXVIII Torneo da Chave Festas da Ascensión
               Parque da Alameda
               (Asociación de Xogadores da Chave de Santiago)
22.00 h. OS RESENTIDOS en concerto
               Praza da Quintana
               Entrada libre

22.30 h. Orquestra CAPITOL na Alameda

Santiago - Javier Krahe en Compostela

Santiago - A Regadeira de Adela - Microteatro


Ames - Obradoiros de manualidades

Santiago - Fundación Granell - exposicións solidaria proxecto Angola

Santiago - Museo do Pobo Galego - Illa de Ons

Santiago - As Cancelas - vehiculos clásicos de Renault

O Tempo

Teo - Esta fin de semana se celebran o XVII Torneo de fútbol sala y VI Trial

O XVII torneo intermunicipal de fútbol sala celébrase este fin de semana en Teo
Trátase dunha competición na que participan os gañadores das ligas de fútbol sala dos Concellos de Ordes, Arzúa, Frades, Outes, Santa Comba, Vedra, Touro, Tordoia, Negreira e Teo 

Psoe Ordes - Pleno ordinario maio

O PSOE denuncia que as cunetas da N-550 están cheas de xestas e de toxos e advirte do risco de lume que provocan

Os socialistas de Ordes denuncian o pésimo estado de conservación no que se atopan as cunetas da estrada Nacional 550 ao seu paso polo Concello de Ordes, que se une ao pésimo estado de conservación do firme desta estrada en xeral. O voceiro municipal do PSOE, Xesús Pedreira, asegura que “a pesar das nosas protestas, o ano pasado xa non se desbrozaron as cunetas, que este ano están cheas de xestas e de toxos de gran tamaño que supoñen un elevado risco de lume agora que se achega o verán”.

Por esa razón, os socialistas presentaron unha moción ao pleno municipal na que instan á Demarcación de Estradas do Estado en Galicia a que faga a limpeza das cunetas da N-550 canto antes e de xeito preventivo, xa que está a comezar a tempada de lumes e esta vexetación é un perigo cunha simple cabicha tirada dende un vehículo. “Estes días pódese observar que estiveron botando herbicida nas cunetas, que contaminan máis que eliminar vexetación”, apunta Xesús Pedreira, quen considera que “está claro que o uso de herbicida é eficaz para secar a vexetación, pero tamén é moi alto o prezo que se paga pola súa afección en abellas ou paxaros”.

Pequenas actuacións
Así mesmo, os socialistas aproveitaron a sesión plenaria para solicitar unha cuneta na rúa Coruña que evite que as augas pluviais vaian pola estrada. Ademais, os socialistas tamén lle solicitaráne ao Concello que realice diversas actuacións de mantemento e reparación dos parques infantís do municipio, tanto na Vila de Ordes como nas parroquias.

Por último, os socialistas pediron a colocación das placas identificadoras da rúa Canteira, o cambio dos escudos nas sinais existentes na intercesión desta rúa coa N-550 e que se intensifique a recollida dos residuos urbanos durante a celebración da vindeira ExpoOrdes, pois a Agrupación Socialista de Ordes recibiu varias protestas de veciños/as do Campo da Feira pola falla de recollida do lixo o sábado, intre no que os colectores estaban cheos e tiveron que deixar o lixo fóra.

Val do Dubra - Antonia Noya cumpre 100 anos

A veciña do Concello de Val do Dubra, Antonia Noya Iglesias, cumpriu o pasado domingo 25 de maio 100 anos. Co motivo do seu centenario Antonia Noya Iglesias recibiu na súa casa de O Pazo (Bembibre), onde sempre viviu, á familiares e amigos ao longo da tarde dese domingo. Foi unha xornada de celebración. Tamén recibiu as felicitacións do alcalde do
Concello de Val do Dubra, Ramón Camilo Varela Mariño, e da Concelleira de Educación, Sevizos Sociais e Persoal, Susana María Iglesias Blanco, os cales lle fixeron entrega dun ramo de flores e dunha tarta. A familia e os convidados á celebración desexáronlle á nova centenaria que siga cumprindo anos rodeada de familiares e amigos cada 25 de maio.

Pazo do Faramello - En xuño comezará Encontros no Pazo

Un ciclo de concertos no mes de xuño encherá de música o Pazo do Faramello

O próximo día 7 de xuño comezará a primeira edición dos Encontros no Pazo do Faramello. Concertos, exposicións, obradoiros, visitas guiadas e tamén unha oferta gastronómica completan a novidosa proposta que promoven e producen o propio Pazo do Faramello, Imperdible Servizos Culturais e Merlo Branco Producións e conta coa colaboración e patrocinio de diversas entidades. As entradas, a un prezo de 12 euros, -con dereito a concerto, visita ao pazo e petiscos- xa están á venda en http://www.culturaimperdible.com/es/tenda/ e a partir deste venres poderán adquirirse nalgúns lugares de Compostela e comarca. Tamén se poden mercar xa para asisitir aos obradoiros con TRIM. 

Os catro Encontros previstos inclúen unha visita guiada polo Pazo do Faramello, así como actividades musicais que combinan o aspecto lúdico co formativo e o gastronómico. As visitas permitirán coñecer mellor o Pazo, un fermoso espazo que conta cunha paisaxe natural única e con árbores senlleiras protexidas. Ademais, alberga numerosas obras artísticas galegas, así como elementos declarados BIC (ben de interese cultural). 

Canto á parte musical, haberá concertos comentados e obradoiros de diferentes instrumentos, polo que poderán acudir desde simples ouvintes ata alumnos ou aprendices. Prevese, deste xeito, conformar un ambiente de proximidade cos músicos e fomentar a interactuación co público.

A proposta é unha grande aposta cultural co máis representativo do panorama artístico galego acompañado dunha parte gastronómica e outra formativa. Sen dúbida, os Encontros no Pazo do Faramello son unha nova forma de pasar o mellor tempo de lecer neste entorno único da comarca de Compostela. 

Neste sentido, a iniciativa -posta en marcha totalmente de xeito privado- non podería terse levado a cabo sen a produción propio Pazo do Faramello, Imperdible Servizos Culturais e Merlo Branco Producións, conta co patrocinio das adegas Don Olegario e coa colaboración de Paula Franco Fotografía, Xoga Deseño, Tátara Comunicación e a entidade turística Área Santiago, grupo de 16 concellos para a promoción turística conxunta. 

Xabier Díaz, Sumrrá e Miguel Flores

O primeiro dos Encontros será o sábado 7 de xuño, ás 18 horas. Comezará unha visita guiada ao Pazo. Seguidamente, ás 19:30 inaugurarase a exposición pictórica de Ángela Merayo. Xa ás 20:30 horas terá lugar o primeiro dos concertos destes Encontros, o de Xabier Díaz. 

O seguinte Encontro será o sábado 14 de xuño. A programación comezará ás 18:30 cunha visita ao Pazo e ás 20h despois será a actuación de Sumrrá, cuxo concerto comentado estará enfocado no jazz. 

A terceira sesión será de novo un sábado, o 21 de xuño. Novamente, visita ao pazo ás 18:30 e concerto ás 20 h, desta volta con Miguel Flores, que centrará o seu comentario no flamenco. Nestes tres primeiros concertos, o aforo será limitado e o prezo da entrada, con copa de viño D.O. máis petiscos será de 12 euros. 

A programación rematará o 27 de xuño cunha intensa actividade. Ás 16h comezan tres horas de obradoiros de bouzouqui e guitarra, gaita, mandolina e cavaquinho impartidos por Trim, o trío formado por Fernando Barroso e Pedro Fariñas xunto co portugués Luís Peixoto. 

Ofrecerannos para pechar as xornadas tres diferentes obradoiros. Pedro Fariñas será o encargado de impartir a aula de gaita. Fernando Barroso será o encargado de impartir aulas de guitarra e bouzouki, e Luís Peixoto fará o mesmo coa mandolina e cavaquinho. Cada un dos tres obradoiros terá un máximo se 10 alumnos, polo que poderán disfrutar de 3 horas de clases realmente particulares con estes tres grandes músicos. O prezo de cada un dos obradoiros é de 25 euros e a entrada inclúe visita guiada ao Pazo, a celebrar ás 19 horas + copa de viño D.O. + pinchos.

As entradas con dereito a visita guiada ao Pazo, petiscos e concertos de Xabier Díaz, Sumrrá e Miguel Flores están xa á venda, a un prezo de 12 euros, en http://www.culturaimperdible.com/es/tenda/ e a partir deste venres poderán adquirirse en 'La Tita', sito na Rúa Nova, 46, Compostela. Ademais, poden mercarse tamén na Casa do Patín, local situado na Porta Fondo da Vila, 4, Padrón. 

Os pazos, construcións únicas

Desde Imperdible Servizos Culturais explican que con estas xornadas "queremos achegar o Pazo e a súa contorna a todo o mundo". Destacan que os pazos son "construcións propias, únicas de Galicia", nalgúns casos "auténticas xoias" como o Pazo do Faramello. Ademais, Imperdible agradece a “cercanía e interese” do Pazo por colaborar na difusión cultural co-producindo estes Encontros. 

Por outra parte, o deseño dos Encontros procura abrir a música a todo tipo de públicos, tarefa que realizará a través de propostas musicais que abranguen do folk ao jazz, pasando polo flamenco. Todas elas, ademais, da man de artistas radicados en Galicia.

"Nace para quedar"

Imperdible salienta que se trata dunha produción financiada integramente con fondos privados e con fórmulas de autofinanciamento. "É moi importante que as empresas galegas aposten pola nosa cultura e pola súa difusión", explican as responsables desta entidade cultural.

Sinalan, por último, que se trata da primeira edición dos Encontros no Pazo do Faramello, pero que a proposta artística "nace para quedar".

PP Ordes - Pleno ordinario de maio

O Concello de Ordes volve dar largas aos veciños e argumenta que atenderá as carencias cando lles pete 
O alcalde segue fuxindo dos problemas e parapétase na vicealcaldesa para evitar dar explicacións ante o Pleno 

No pleno deste mércores, o Goberno local rexeitou con arrogancia os rogos formulados polo PP para atender demandas longamente agardadas, argumentando que as atenderán cando lles pete, malia recoñecer as carencias trasladadas polo Grupo Popular
Ao rexedor moléstanlle os veciños, e moléstalle tamén que o PP actúe como altofalante dos homes e mulleres de Ordes 

O grupo de Goberno de Ordes deu resposta onte, cunha chulería inadmisible para os cargos públicos, a parte dos rogos formulados polo PP para arranxar algunha das diferentes carencias que os veciños veñen demandando deste hai meses ante a indiferenza municipal.

Facéndose eco das demandas que lle trasladan os veciños a cotío, o Grupo Municipal do PP aproveitou o Pleno ordinario de maio para reclamar que o Concello atenda necesidades como o desbrozamento das pistas da rede de camiños de concentración parcelaria (axúntase foto da pista de Trillán, en Buscás), o arranxo de fochancas en diferentes puntos da rede viaria municipal e a substitución dun espello convexo de tráfico en A Canle (Buscás) que xa non cumpre a súa función polo deterioro que presenta.

Problemas de seguridade nunha ponte sobre o Lengüelle
O grupo que lidera José Luis Martínez Sanjurjo reclamou tamén que o Concello de Ordes arranxe a “Ponte de Raña” sobre o río Lengüelle, en Montaos, moi deteriorada e con riscos para a seguridade dos seus usuarios; que amplíe a capacidade da marquesiña que utilizan os nenos de Vilagudín (Lesta) para agardar o transporte escolar; que se conecte a aldea de Vilagudín á rede de abastecemento de Tordoia (situada a 400 metros), previo acordo co Concello veciño; e que se arranxen os desperfectos que presentan as beirarrúas da rúa Campeiras, no núcleo urbano de Ordes.

Fronte ás demandas trasladadas polo PP, a tenente de alcalde respondeu en moitos dos casos cunha arrogancia impropia dun responsable público que ten entre as súas obrigas a de atender as necesidades dos cidadáns, argumentando baixo o pretexto da “toma en consideración”, que as obras reclamadas se farán só se o Goberno local o estima oportuno, “cando o decida o Goberno”.

Para o Partido Popular, o tono e as respostas ofrecidas pola voceira do equipo de Goberno de Ordes poñen de manifesto a súa incompetencia, por non terse corrixido a tempo unhas carencias das que xa tiñan coñecemento; pero tamén unha “inmensa soberbia”, demostrando que lles molesta que o PP se convirta en altofalante dos veciños.

Un alcalde que fuxe dos veciños
En opinión do portavoz municipal do PP de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, o silencio do alcalde, que volveu agocharse en lugar de responder ás necesidades dos veciños, acredita de novo a “covardía política dun rexedor que se parapeta na hipocresía de Silvia Marín por carecer de argumentos que ofrecer a uns veciños que están fartos de evasivas”.

BNG Ordes - Pleno ordinario mes de maio

PINZA ENTRE UxO E PSOE PARA REXEITAR A PROPOSTA DO BNG PARA A REDUCIÓN DE GASTOS SUPERFLUOS NO CONCELLO

O pacto entre UxO e Psoe, rexeitou a urxencia dunha proposta do BNG para reducir gastos superfluos no Concello de Ordes.

A proposta formulada polo voceiro nacionalista, Ramiro Recouso, consistía na adopción dunha serie de medidas como, entre outras, a procura do equilibrio financeiro no Museo de Traxe, que volve a xerar 46.300€ de déficit no 2014. A procura tamén dun equilibrio financeiro en Radio Ordes que evite un déficit de 55.000€. A renuncia ao aluguer da antiga estación de ferrocarril 12.000€, mais gastos de mantemento, si ADIF non cede gratuitamente a súa propiedade. A transformación da zona ORA por zona Azul Gratuita. Outra das propostas era sacar a concurso a concesión do mantemento eléctrico do Concello, concesión que leva caducada desde finais dos anos 90 e que se lle está renovando bianualmente á empresa concesionaria. Tamén se propoñía que o Concello xestione directamente a recadación dos tributos municipais, cedida á Deputación, que lle cobra ao Concello 160.000 por gastos de xestión

Aínda que a urxencia da moción foi rexeitada por UxO e Psoe, o edil nacionalista transformouna en rogos “in voce”, polo que Regos se viu na obriga de debater as propostas de resolución e posicionarse sobre as mesmas, rexeitandoas unha por unha.

MOCION PARA A CONSERVACIÓN E POSTA EN VLARO DA PONTE PEREIRA

O Pleno aprobou por unanimidade unha moción presentada polo edil nacionalista Pablo Vidal, para que o Concello adopte medidas para a conservación do entorno e a posta en valor da Ponte Pereira, ponte de orixe medieval, que se atopa nun preocupante estado de abandono.

Ames - Estrea do musical do IES de Bertamiráns



A Casa da Cultura de Bertamiráns acolleu a estrea de "Un musical de Cine", a última produción do alumnado do IES de Ames

Neste espectáculo faise un percorrido pola historia do cine; dende o cine mudo ata o cine de hoxe.

Na representación do musical participaron directamente uns 130 alumnos/as. Ademais, na realización da escenografía e dos aparellos tecnolóxicos que aparecen no musical participaron arredor de 120 rapaces e rapazas.

O alcalde de Ames, Santiago Amor, o concelleiro de Educación, Bernardo Moar, e a concelleira de Cultura, María Eugenia Martín, asistiron á estrea deste musical.

Un ano máis o alumnado do IES de Ames organizou un musical. Despois do éxito acadado cos musicais "Como a auga", "Folía en Semasei" e "Viaxe no tempo", este ano representaron "Un musical de Cine". Neste espectáculo faise un percorrido pola historia do cine dende os seus inicios ata a actualidade. Na representación do musical participaron directamente uns 130 alumnos/as. Ademais, na realización da escenografía e dos aparellos tecnolóxicos que aparecen no musical participaron arredor de 120 rapaces e rapazas. A estrea do musical foi estemércores, 28 de maio, na Casa da Cultura de Bertamiráns. Pola mañá, realizáronse dous pases para o alumando do IES de Ames, mentres que pola tarde houbo outros dous pases, que estiveron abertos ao público con invitación. O alcalde de Ames, Santiago Amor, o concelleiro de Educación, Bernardo Moar, e a concelleira de Cultura, María Eugenia Martín, asistiron á estrea deste musical.

Tras a exitosa experiencia dos últimos anos, elaborando tres musicais: Como a auga, Folía en Semasei e Viaxe no tempo, este ano o alumnado do IES de Ames presentou un novo proxecto, cuxo tema central é un percorrido pola historia do cine. Este espectáculo é un dos grandes proxectos anuais do centro, pola cantidade de xente e departamentos que participan, polo alto nivel conseguido cada ano e polas dimensións que acada, tanto sociais, como educativas no máis amplo sentido da palabra. Neste proxecto colaboran o Concello de Ames e o Centro Dramático Galego. 

Un musical de cine é unha experiencia educativa bianual, que consiste na realización dunha obra escénica orixinal que integra teatro, música, danza, malabarismos, acrobacias, cun fío argumental que supón un percorrido histórico ao largo da historia do cine. A participación de case todos os departamentos do instituto no proxecto, xustifican a consideración deste musical como un modelo de transversalidade e colaboración entre departamentos cun obxectivo común. 

En Un musical de Cine situámonos nunha sociedade futura, no ano 2054. Nun centro educativo do noroeste de Europa, rexido por estritas normas educativas que non deixan lugar para as artes e as humanidades, un grupo de alumnos e alumnas decide facer unha película. Os atrancos que se atopan no camiño, así como as axudas de actores e personaxes “de película”, van debuxando a historia da sétima arte a través de escenas e momentos cinematográficos de todos os tempos. 

Neste espectáculo faise un percorrido pola historia do cine (dende o cine mudo ata o cine de hoxe). Deste xeito, aparecen películas españolas comoMujeres al borde de un ataque de nervios ou Bienvenido, Mister Marshall. Tamén se fai referencia a outras películas míticas da historia do cine como poden ser Matrix, El mago de Oz, Greasse, Moulin Rouge, Casablanca, El muro de Pink Floyd, Harry Potter, e Cantanto bajo la lluvia, entre outras. Ademais, en diferentes escenas aparecen personaxes míticos do cine como poden ser Frankenstein, Hitchcock ou Mary Poppins, entre outros. 

A estrea do musical foi este mércores, 28 de maio, na Casa da Cultura de Bertamiráns. Pola mañá, realizáronse dous pases para o alumando do IES de Ames, mentres que pola tarde houbo outros dous pases, que estiveron abertos ao público con invitación. O alcalde de Ames, Santiago Amor, o concelleiro de Educación, Bernardo Moar, e a concelleira de Cultura, María Eugenia Martín, asistiron á estrea deste musical. 

250 alumnos/as participan no musical
Na representación deste espectáculo participaron directamente un total de 129 alumnos/as (33 actores; 52 bailaríns; 13 músicos; 5 técnicos de luz e son; 10 persoas encargáronse do vestiario, estética e perruquería; e 16 do atrezo). Ademais, na realización da escenografía e na elaboración dos aparellos tecnolóxicos que aparecen no musical colaboraron arredor de 120 alumnos/as de educación plástica e visual e de tecnoloxía de primeiro, terceiro e cuarto da ESO. Deste xeito, participaron na organización deste musical uns 250 alumnos/as do IES de Ames. 

O guión deste musical foi elaborado pola xornalista de Ames Radio, Nazaret López, que tamén se encargou da dirección de interpretación. Nazaret López realizou un guión baseado nas peticións dos profesores/as e nas achegas dos propios actores e actrices. Ariadna Brandón tamén colaborou na elaboración do guión, xa que se encargou de escribir unha das escenas do musical. Ademais, os profesores de física, música, bioloxía, ximnasia, entre outros, así como os pais e nais dos alumnos/as foron parte fundamental na organización deste musical. 

O IES de Ames xa recibiu varios premios pola representación do musical Viaxe no tempo. Este musical recibiu o premio “As boas prácticas da innovación educativa na categoría de convivencia escolar”, que outorga a Xunta de Galicia. O IES de Ames tamén foi finalista con este musical do premio “Acción Magistral” do Ministerio de Educación e Cultura.

Touro - II Carreira Pedestre Popular mañá sábado

Unos 300 corredores participarán el sábado, día 31 de mayo, en la II Carreira Pedestre Popular Concello de Touro

Más de 300 corredores participarán el sábado 31 de mayo en la II Carreira Pedestre Popular Concello de Touro. A la prueba deportiva, que comenzará en Fonte Díaz, capital del Concello de Touro, a las 18.45 horas, acudirán más de 200 adultos y unos 100 escolares. El Concello de Touro destaca la acogida por parte de los aficionados al deporte de esta prueba todavía reciente en el calendario de carreras populares.

La carrera tendrá una distancia de diez kilómetros y discurrirá por diferentes puntos del Concello de Touro, entre los que estará el núcleo urbano de Fonte Díaz. Los escolares tendrán un recorrido más corto y adaptado a sus condiciones físicas. La organización, que ofrecerá una camiseta a todos los participantes, entregará trofeos para los tres primeros clasificados de cada categoría. También tendrán premio los tres primeros corredores locales. La entrega de trofeos se realizará tras las pruebas, a las 21.15 horas, en el exterior de la sede del Concello de Touro, en Fonte Díaz. En la organización de la carrera, además del Concello de Touro, participan la Deputación da Coruña y la imprenta Ayude.

El alcalde de Touro, Ignacio Codesido, destaca que el próximo sábado los vecinos y vecinas de Touro se volcarán con la prueba deportiva. “Será un día de festa e deporte para Touro”, apunta el regidor, quien destaca que pese a ser la segunda prueba pedestre que organiza el concello, confía en que se consolide en los próximos años ante la creciente afición a este deporte y la respuesta obtenidas por los aficionados a participar en las carreras populares.

Axenda e tempo do xoves 29 de maio - Música, opera, exposicións

Actividades 
Santiago - Festas Ascensión
DÍA DA ASCENSIÓN
Concurso Cabalar Ascensión 2014
Mercado Nacional de Gando de Santiago (Amio)

PROGRAMA:
9.30 h. Apertura inscricións nos concursos
10.00 h. Concurso morfolóxico oficial de cabalos de pura raza galega (Copa Galicia P.R.G.)
10.30 h. Concurso morfolóxico oficial de eguas de pura raza galega (Copa Galicia P.R.G.)
11.00 h. Concurso tradicional de “Andadura galega na modalidade serrada (dous tempos). Proba oficial federada, puntuable para o “XVII Campionato Galego”.
11.30 h. -Concurso tradicional de “Andadura galega” na modalidade chapeada (catro tempos). Proba oficial e federada puntuable para o “XVII Campionato Galego”.
12.00 h. Entrega de premios e trofeos as gandeirías gañadoras e do Gran Premio Dragóns de Santiago
12.10 a 14.15 h. Exhibicións de doma de alta escola e doma en liberdade

12.30 h. Concerto: Banda Municipal de Música
(Obras de J. Serrano, J. Guerrero,G. Freire)
Rúa do Vilar

16.30 h. Volta ciclista da Ascensión

FOLK NA RÚA
18.00 h.
Praza do Toural: O.C.T. Ultreia
Praza de Cervantes: A.C. Brincadeira
Praza da Inmaculada: A.F. Cantigas e Agarimos
Praza do Obradoiro: A.F. Colexiata de Sar

18.30 h.
Praza do Toural: A.F. Colexiata de Sar
Praza de Cervantes: O.C.T. Ultreia
Praza da Inmaculada: A.C. Brincadeira
Praza do Obradoiro: A.F. Cantigas e Agarimos


19.00 h.
Praza do Toural: A.F. Cantigas e Agarimos

Santiago - Opera - La fille de Regiment

Santiago - Música Hindú nas Crechas


Ames - Obradoiros de manualidades

Santiago - Fundación Granell - exposicións solidaria proxecto Angola

Santiago - Museo do Pobo Galego - Illa de Ons

Santiago - As Cancelas - vehiculos clásicos de Renault

O Tempo

Teo - O CEIP A Igrexa de Calo presenta o seu museo da prehistoria

Preséntase no CEIP A Igrexa Calo o vídeo didáctico sobre o seu museo da prehistoria
O Museo da prehistoria nace dun proxecto educativo realizado polo alumnado de 6º de infantil e as súas familias que conta con máis de 100 pezas 

Dende que finalice o curso os fondos do museo estarán en varios centros fóra do colexio como o Mupega, o instituto Rosalía de Castro ou o local da SR de Calo 

A comunidade educativa de Calo está de noraboa. Este venres 30 de maio presentan o vídeo realizado sobre o Museo da prehistoria. O acto está dirixido ás familias do alumnado de 6º de infantil do CEIP A Igrexa Calo, os verdadeiros artífices deste museo. O vídeo vaise proxectar no aulario de infantil en dúas sesións, ás 18:00 horas e ás 19:30 horas. 

O Museo da Prehistoria de Calo naceu a principio deste curso 2014 a raíz da pregunta dunha nena sobre a imaxe dun petróglifo. Desa inquietude infantil saíu a proposta que as mestras lles farían ás familias. Traballar sobre a prehistoria. E sen dúbida a resposta das nais e pais dos nenos e nenas de cinco anos de Calo superou calquera expectativa. Foron quen de facer máis de 100 pezas a través das que recrearon os obxectos, útiles e maquetas para explicar a prehistoria. 

Ese é o eixe central sobre o que traballaron durante meses para aprender todo sobre esta etapa. Durante eses meses o alumnado de cinco anos ademais de coñecer a vida dos primeiros homínidos foron quen de explicalo diante dunha cámara. Desa iniciativa sae un vídeo que se poderá ver por primeira vez este venres no que cada un dos 43 nenos/as participantes son os guías do seu propio museo.

Á vista do resultado final o colectivo de nais en colaboración permanente coas mestras acordaron traballar para que este material non quedase esquecido en cada casa xa que a idea inicial era que cada alumno levara de volta a peza que prepara coa súa familia. Grazas a este traballo dende que remate o curso o 20 de xuño este traballo poderase ver fóra do centro. Neste momento xa teñen confirmado que a mostra estará no local de SR de Calo, no Corte Inglés de Santiago que ademais financiou as camisetas de guías para os rapaces, no CSC do Ensanche, no Mupega, no instituto Rosalía de Castro e no Parque Arqueolóxico da arte rupestre de Campo Lameiro. 

O Museo da Prehistoria de Calo ten más de 100 pezas e nel pódense ver dende instrumentos musicais da época, ferramentas, elementos como teares ou fornos, as roupas daquel momento prehistórico ata unha maqueta do petróglifo de Cornide (Teo). 

Os promotores desta idea, mestras e familias, queren agradecer a colaboración e o patrocinio ao CEIP A Igrexa Calo, á ANPA A Rabadela, ó Concello de Teo, ó GADIS e ó Corte Inglés. Merecen unha mención especial os colaboradores técnicos Lola Fernández co deseño gráfico, Mónica Cisneros coa coreografía e dirección dunha danza tribal que os/as nenos/as bailaron no entroido e Patricia Castelao, encargada das relacións externas. Cabe destacar tamén a entrega do realizador do vídeo Carlos Dávila cun mérito especial por ter traballado cun colectivo de nenos e nenas de cinco anos durante semanas de gravación. 

Ames - visita a nova sala da biblioteca do Milladoiro

O alcalde de Ames e o concelleiro de Educación visitaron a nova sala da biblioteca do Milladoiro para comprobar o estado no que se atopa antes de abrir ao público

Esta sala, que dispón dunha superficie de 190,80 metros cadrados, conta cunha ampla zona de lectura, unha área de servizos hixiénicos, un cuarto de limpeza e un almacén. A nova sala está comunicada coa biblioteca existente.

Nestes traballos investíronse un total de 108.827 euros. O acondicionamento da biblioteca do Milladoiro está incluído nun convenio asinado entre o Concello de Ames e a Deputación da Coruña.

O alcalde de Ames, Santiago Amor, e o concelleiro de Educación, Bernardo Moar, visitaron esta nova sala da biblioteca para comprobar o estado das obras, e así cumprir co compromiso feito antes de chegar á Alcaldía.

As obras de ampliación da biblioteca municipal do Milladoiro están a piques de rematar. Durante esta semana estansearranxando os últimos detalles desta obra que permitirá dotar ao Milladoiro dunha biblioteca apta para o estudo e a lectura e en mellores condicións que a actual. Esta mañá o alcalde de Ames, Santiago Amor, e o concelleiro de Educación, Bernardo Moar, visitaron esta nova sala da biblioteca, para comprobar o estado das obras. Proximamente, o novo local da biblioteca do Milladoiro, que dispón dunha superficie de 190,80 metros cadrados, será aberto ao público. Nestes traballos investíronse un total de 108.827 euros. O acondicionamento da biblioteca do Milladoiro está incluído nun convenio asinado entre o Concello de Ames e a Deputación da Coruña.

O Concello de Ames está rematando os últimos detalles da obra de ampliación da biblioteca municipal do Milladoiro. Unha vez rematados estes traballos, este novo local será aberto ao público. Haberá unhas xornadas de portas abertas cunha programación específica. Coa execución deste proxecto o goberno municipal cumpre o compromiso de dotar á localidade do Milladoiro dunha biblioteca apta para o estudo e a lectura e en mellores condicións que a actual.

Os traballos consistiron no acondicionamento integral dun local que linda coa actual biblioteca, que pasou a integrarse como unha nova sala de estudo. Este local foi reformado completamente. Deste xeito, houbo que executar a instalación da rede eléctrica, do sistema de fontanería e calefacción, executouse o recebado e pintado das paredes, entre outros traballos. Este local conta cunha superficie total de 190,80 metros cadrados.

A nova sala conta cunha ampla zona de lectura, unha área de servizos hixiénicos, un cuarto de limpeza e un almacén. Este local está comunicado coa biblioteca existente. Ademais, houbo que dotar a este espazo do mobiliario necesario. Colocáronse 12 mesas que dispoñen de 4 postos por mesa. Polo tanto, esta nova sala conta con 48 postos para persoas que desexen facer uso das mesas deste local.

Ampliación da zona de estudo da biblioteca do Milladoiro

O alcalde de Ames, Santiago Amor, e o concelleiro de Educación, Bernardo Moar, visitaron esta nova sala da biblioteca para comprobar o estado das obras. O rexedor municipal explicou que “a execución destes traballos permitiron ampliar a zona de estudo da biblioteca do Milladoiro, que actualmente resulta insuficiente para atender a demanda da crecente poboación, na súa grande maioría moza, tanto en idade escolar como universitaria”. “Este proxecto parte do compromiso feito público antes de chegar á Alcaldía”, destacou Santiago Amor.

A biblioteca municipal do Milladoiro non só é empregada pola veciñanza de Ames, senón que moitas persoas que residen na zona da Rocha e Conxo (Santiago de Compostela), así como en Vilar de Calo, Solláns e Cacheiras (Teo), empregan o servizo de préstamo de libros que ofrece esta biblioteca. Cómpre lembrar que facerse socio da biblioteca do Milladoiro é totalmente gratuíto e permíteche empregar o servizo de préstamo de libros. Ademais, hai que destacar que durante os últimos días houbo problemas co servizo de Internet na biblioteca. Dende o Concello xa se está traballando para solucionar estes problemas técnicos o máis axiña posible.

O acondicionamento da biblioteca do Milladoiro está incluído nun convenio asinado entre o Concello de Ames e a Deputación da Coruña, que permitiu a posta en marcha de diferentes obras que teñen que ver coa mellora de estradas, canalización de pluviais e seguridade viaria en varios puntos do Concello.

Horario da biblioteca

Esta mellora únese á ampliación do horario de apertura das bibliotecas municipais, que teñen un horario ininterrompido de 8:30 a 21:00 horas, de luns a venres, e os sábados de 09:00 a 14:00 horas. Esta ampliación de horario, que se está aplicando dende o pasado verán, permite reforzar o servizo que ofrecen as bibliotecas municipais de Bertamiráns e do Milladoiro especialmente na época de exames, o que permite dispoñer da zona de estudos durante un horario máis amplo. A ampliación do horario das bibliotecas municipais enmárcase dentro do compromiso de prestar un mellor servizo e converter a biblioteca nunha opción para o estudio.

AV Ponte do Romaño - Reunión coa concelleira María Pardo

A directiva desta Asociación mantivo o pasado martes 26 de maio unha xuntanza coa concelleira delegada de Desenvolvemento Urbano Sostible, dona María Pardo, na que se abordaron as demandas que reclamamos en relación o seu ámbito de competencias. Tamén asistiu o Concelleiro D.Luis Meijide .

Axenda e tempo do mércores 28 de maio - Festas, música, exposicións

Actividades 
Santiago - Auditorio de Galicia, concerto da Real Filharmonía de Galicia dirixida por Fabio Biondi e con Xosé Barato, narrador. [Pugnani].

Santiago - Festas Ascensión


12.00 h
Disparo de bombas anunciando o comezo das festas
12.30 h
Comparsa de CABEZUDOS
18.00 h a 20.00 h
No Campus Vida, festa infantil. Organiza Gas Natural.
22.00 h ANDRÉS CALAMARO en concerto
20.30 Apertura de portas
21.00 Artista convidado: LOS ÁRBOLRES
22.00 ANDRÉS CALAMARO
PRAZA DA QUINTANA
23.00 h Orquestra Compostela na Alameda 

Santiago - Día de la Esclerosis múltiple en Santiago


Ames - Obradoiros de manualidades

Santiago - Fundación Granell - exposicións solidaria proxecto Angola

Santiago - Museo do Pobo Galego - Illa de Ons

Santiago - As Cancelas - vehiculos clásicos de Renault

O Tempo