Axenda sábado 9 de marzo - exposicións, festas, concertos


SANTIAGO   
11.00 h No centro sociocultural da Trisca, saída da ruta “o barrio de San Pedro”, dentro do programa “Cultura viva. Fai túa Compostela”. 

16.00 h No pavillón de Vite, Campionato de España de Hóckey a Patíns Feminino de clubs na categoría Sub-16.

A partir das 16.30 h No pavillón do Restollal, V Trofeo de Judo Cidade de Santiago. Sobre as 19.30 h, entrega de trofeos. 

ACTIVIDADES

Santiago - 20.30 h Na Zona C, 'Escenas poéticas 2', con 'Desassossego de Dandylady' dentro de 'Teatro&danza', é un recital musical-teatral sobre o desacougo.   +INFO

Santiago - 21.00 hNo Teatro Principal, concerto de Odaiko dentro de Sons13 para presentar o disco 'Odaiko and friends'.    +INFO

Ordes - discoteca Tubos - fiesta fluor +INFO

Touro - discoteca O Barranco - celebramos o Dia da Muller  +INFO 


EXPOSICIÓNS
Santiago - MUPEGA - Luces de Alén Mar - As escolas de americanos en Galicia   +INFO 

Teo - exposición "A muller innovadora na ciencia"   +INFO 

¿queres recibir cada día esta axenda e outras novas no teu correo? inscríbete aquí

Psoe Ordes - verquidos nas proximidades dunha zona de xogos do Colexio Castelao

O PSOE DE ORDES DENUNCIA VERQUIDOS CONTINUOS DE RESTOS DA COCIÑA DO COLEXIO CASTELAO A UNHA ZONA ONDE XOGAN OS NENOS

Os socialistas solicitarán ao Concello que arranxe a situación de xeito definitivo e denunciarán a situación ante as consellerías de Educación e de Sanidade

Psoe Ames - petición de pleno extraordinario para pedir explicacións sobre os problemas do grupo municipal

O Grupo Socialista de Ames solicitará un Pleno Extraordinario para que o Alcalde de Ames de as explicacións do acontecido no seu grupo.
Para os Socialistas o Alcalde non deu a cara e mira cara outro lado sen dar as
explicacións oportunas onde as debe dar, que é no máximo órgano, o Pleno da Corporación

PP Ordes - o PP insta o concello a que evite o paso dos camións polo centro da vila

O PP de Ordes insta ao Concello a implantar medidas disuasorias eficaces para evitar que os camións circulen polo centro da vila
A avaría dun camión de grandes dimensións no centro da vila causou dificultades ao tráfico rodado este mércores durante varias horas

Psoe Teo - improvisación no arranxo da rúa Castiñeiro en os Tilos

ARRANXO RUA CASTIÑEIRO: UNHA NOVA IMPROVISACIÓN NA URBANIZACIÓN DOS TILOS
O PSdeG de Teo quere amosar o seu descontento pola reiterada improvisación, por parte do Goberno de Martiño Noriega, no arranxo dos problemas da urbanización dos Tilos

Ordes - Mesón do Vento celebra mañán a XV Festa do Lacón con Grelos

Todo listo en Mesón do vento para acoller a milleiros de persoas con motivo da XV Feira do lacón con grelos
Este ano celebrarase unha mostra morfolóxica de gando vacún da comarca. Tamén se exporán mulos e exemplares traídos expresamente dende Holanda 

Santiago - concerto de Odaiko anda Friends dentro do Sons13

‘Odaiko&friends’
Odaiko ofrecerá hoxe sábado 9 marzo no Teatro Principal un concerto dentro do ciclo Sons13.
Odaiko Percussion Group toma o seu nome del odaiko, unha variante moi voluminosa do tambor tradicional xaponés, o taiko 
A próxima cita de Sons (mércores 13 marzo) traerá a Coetus Orquestra de Percusión Ibérica (Barcelona) & Eliseo Parra (Valladolid) ao Teatro Principal.

Silleda - obradoiros para o rural

A Concellería de Cultura e Participación Cidadá programa un total de oito obradoiros para o rural 
-Os ciclos, para os que se precisa un número mínimo de veciños, serán impartidos por artesáns e artistas silledenses
-Coiro, artes plásticas, abalorios, cestos e sombreiros de palla, pintura, teatro e arte floral conforman a oferta

Brión - a fonte de Santa Minia cumpre 100 anos

A FONTE DE SANTA MINIA CUMPRE CEN ANOS 
Inaugurada en 1913, foi construída grazas á financiación de Vicente Ramos para celebrar o primeiro aniversario da Feira de Pedrouzos

Ames - adxudicadas as obras do Rego dos Pasos en Bertamiráns

A Xunta de Goberno Local aproba a adxudicación das obras que permitirán reducir os efectos dasubida do nivel da auga do Rego dos Pasos enBertamiráns

Nestes traballos, nos que se investirán preto de 21.500 euros, actuarase sobre unha superficie total de 200 metros cadrados, na zona próxima á Travesía do Lodeiro e á Avenida da Maía. O obxectivo das obras é minimizar os efectos que poden causar no entorno, e especialmente nas vivendas próximas, as subidas de nivel do caudal.

A Xunta de Goberno Local tamén aprobou a adxudicación das obras de canalización de pluviais e mellora da seguridade viaria no lugar de Ventín, en Biduído.

Esquerda Unida Santiago - reunión coa coordinadora galega de ONG

REPRESENTANTES DO CONSELLO COMARCAL DE ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA REÚNENSE COA COORDINADORA GALEGA DE ONGD.
O CONSELLO COMARCAL DE EU COMPOSTELA APOIA AS DEMANDAS DA COORDINADORA SOBRE POLÍTICAS ESTABLES DE COOPERACIÓN E EDUCACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO, COMPRA PÚBLICA ÉTICA E A PETICIÓN DUN LOCAL

Frades - reunión coa delegada da Xunta na Coruña, Belen Do Campo

O ALCALDE DE FRADES AGRADÉCELLE Á DELEGADA DA XUNTA NA CORUÑA A AXILIZACIÓN DAS OBRAS DE SANEAMENTO EN PONTECARREIRA E PÍDELLE A SÚA COLABORACIÓN NO ABASTECEMENTO DE AÑÁ E MOAR
Roberto Rey invitou hoxe a Belén do Campo a visitar os traballos Pontecarreira, rematados a falta de construír a depuradora

Axenda 8 de marzo - Día da Muller

SANTIAGO   
10.00 h En San Roque, o alcalde compostelán, Ángel Currás, visita a praza de San Roque con motivo das obras de remodelación que se levaron a cabo, acompañado pola concelleira de Urbanismo, María Pardo.
10.00 h Na Casa das Asociacións de Benestar Social (CABES), en Salgueiriños, a concelleira de Muller, María Castelao, asiste á inauguración da Xornada da Muller Traballadora con discapacidade, organizada por Cermi Galicia. 
10.15 h e 12.00 h No Auditorio de Galicia concerto Didáctico arredor das matemáticas: 'O piano e as matemáticas' con música de 'Music for 88' de Tom Johnson interpretada por Nicasio Gradaille.
11.20 h No IES Xelmírez II, a concelleira de Muller, María Castelao, asiste ao acto de presentación da exposición fotográfica realizada polos alumnos e alumnas de 1º da ESO con motivo do Día Internacional da Muller. 
11.30 h Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local. 
12.00 h Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local. 
12.00 h Na Catedral, o alcalde compostelán, Ángel Currás, e o concelleiro de Seguridade e Mobilidade, Luis Bello, asisten aos actos con motivo do patrón dos Bombeiros, San Xoán de Deus, e ao posterior acto de confraternización no parque.
12.00 h Na praza do Obradoiro, a concelleira de Benestar Social, María Castelao, asiste ao acto de entrega de vehículos a 8 entidades de persoas con discapacidade intelectual de Galicia, co obxectivo de paliar a dispersidade xeográfica e facilitar o transporte adaptado de persoas con maiores problemas de mobilidade. 
17.00 h No salón nobre de Fonseca, a concelleira de Muller, María Castelao, asiste ao acto conmemorativo do Día Internacional da Muller que organiza a Oficina de igualdade de xénero da USC. 
20.00 h No salón vermello do Concello, o alcalde compostelán, Ángel Currás, preside o acto de homenaxe a tres mulleres con motivo da celebración do Día Internacional da Muller, organizado pola Concellería da Muller. 

20.30 h 
Microteatro na Regadeira de Adela. Primeiro asalto da obra "Faust Box" de UT-Tópico Teatro que poderá verse completa na Zona C no mes de abril.
20.30 h Na Zona C, 'Escenas poéticas 2', con 'Desassossego de Dandylady', dentro de 'Teatro&danza'. É un recital musical-teatral sobre o desacougo.

21.00 h 
No Auditorio de Galicia, concerto do programa de abono dirixido por Paul Daniel no que se interpretarán obras de Wagner, Soutullo e Chaikovski.
21.00 h No Teatro Principal, concerto Función Colectiva Festival Atlántica: Día Internacional das Mulleres: Unha sesión chea de historias de mulleres. Festival de Narrración Atlántica / Falabaratos

ACTIVIDADES DIA DA MULLER NA COMARCA   +INFO 

EXPOSICIÓNS
Santiago - MUPEGA - Luces de Alén Mar - As escolas de americanos en Galicia   +INFO 

Teo - exposición "A muller innovadora na ciencia"   +INFO 

¿queres recibir cada día esta axenda e outras novas no teu correo? inscríbete aquí

Teo - Día da Muller, homenaxe a seis costureiras do concello

O CONCELLO HOMENAXEA ÁS MULLERES NA FIGURA DE SEIS COSTUREIRAS DE TEO
O acto público do 8 de marzo celebrarase na Casa Común de Rarías dende as 19:00 horas 
Durante o mesmo voluntarias do roupeiro municipal leerán a Declaración institucional

Bng Santiago - celebracións Día da Muller

O BNG de Santiago anima a participar nos actos Día Internacional das Mulleres 
O lema do BNG do 8 de marzo é “A soberanía será feminista ou non será” para defender a autonomía das mulleres como alternativa a unha vida digna 

Mancomunidade de Ordes - Día da Muller, cooperativismo e campaña One Woman

A Mancomunidade de Ordes conmemorará o 8 de marzo cunha xornada sobre o cooperativismo e as mulleres 
Tamén formará parte da campaña One Woman, desenvolvida por ONU Mulleres, coa difusión do tema musical 'Unha muller' 

Esquerda Unida Santiago - comunicado polo Día da Muller

A MULLER FONTE DE RIQUEZA
Este 8 de marzo, a Área Activa da Muller de EU en Compostela, quere poñer en valor á muller como fonte de riqueza. 

Oroso - Día da Muller, cooperativismo, teatro e fotografía

O CONCELLO DE OROSO CONMEMORA O 8 DE MARZO CUNHA XORNADA DE COOPERATIVISMO, CUNHA OBRA DE TEATRO E COA ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO DE FOTOS
A vintena de fotografías presentadas ao concurso “Muller traballadora” poderá visitarse na Aula de Música ata o 29 de marzo

Brión - Día da Muller, manifesto a prol da igualdade

BRIÓN CONMEMORA O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER CONVIDANDO AOS VECIÑOS E VECIÑAS A ASINAR UN MANIFESTO A PROL DA IGUALDADE DE XÉNERO

Poden adherirse nos distintos centros municipais ou a través do Facebook do Concello de Brión

Ordes - campaña da Cruz Vermella no Día da Muller

Cruz Roja Juventud lanza una campaña para promover la reflexión sobre los ámbitos en los que se manifiestan las desigualdades
Se desarrollarán actividades en Ordes bajo el lema “¿Sueñas con un mundo mejor?”

Axenda xoves 7 marzo - exposicións, conferencias, microtetaro, humor

SANTIAGO
11.00 h  Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Ángel Currás, recibe a Sir Anthony James Leggett, Premio Nobel de Física 2003. 

12.00 h  Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Adrián Varela, para presentar o Campionato de España de Judo. 

12.00 h  Na Cidade da Cultura (Torres Hejduk), a concelleira María Castelao asiste á inauguración da exposición Emoción-Razón: a gran dualidade, de Ramón Conde. 

12.30 h  Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, María Pardo, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión. 

17.00 h Na Almáciga, a concelleira de Educación, María Castelao, visita o CEIP Santiago Apóstolo. 

20.00 h No salón de actos do Colexio A Estila, a concelleira de Educación, María Castelao, asiste ao acto de entrega de bolsas do curso 2012-2013. 

20.00 h No Auditorio Novagalicia Banco, rúa Preguntoiro, 23, conferencia de Sir Anthony James Leggett, Premio Nobel de Física 2003, baixo o título Why can't time run backwards?* (Por que non pode ir o tempo cara atrás?), dentro do programa ConCiencia. 

CORTES DE TRÁFICO
Con motivo das obras de canalización para unha acometida de auga á altura do número 66 da rúa Sarela de Abaixo, é preciso pechar ao tráfico este vial o mércores 6 de marzo durante todo o día. Os residentes do nº 111 ata o nº 66 farán a entrada e a saída por Bar de Arriba e dende o nº 11 ata o nº 66, por Sarela de Abaixo.                                             

Con motivo das obras de canalización de gas pecharase ao tráfico a entrada ao barrio de Cornes pola rúa Escultor Camilo Otero dende o mércores 27 de febreiro ata o xoves 7 de marzo. A entrada e saída do barrio farase pola avenida de Vilagarcía.  

UNIDADES DO CENTRO DE TRANSFUSIÓN DE SANGUE
15025 I.E.S. LAMAS DE ABADE(SANTIAGO)
UNIDADE MÓBIL DIANTE DO INSTITUTO
09:30 - 14:30
16:00 - 21:00

ACTIVIDADES
Santiago 20.30 h Microteatro na Regadeira de Adela. Primeiro asalto da obra "Faust Box" de UT-Tópico Teatro, que poderá verse completa no Teatro Principal no mes de abril.   +INFO

Santiago - 20.00 h No Teatro Principal, o humor de Miguel Lago co monólogo 'Soy un miserable', dentro do ciclo 'Falabaratos'. Miguel Lago é premio ‘Cómico do ano de Paramount Comedy 2011-2012’.    

Silleda - ITV agrícola en Bandeira   +INFO

Santiago Pub Babel - coloquio sobre a situación laboral de muller galega   +INFO

Santiago - Pub Borriquita de Belem - DJ Kapuzzi   +INFO

EXPOSICIÓNS
Santiago - MUPEGA - Luces de Alén Mar - As escolas de americanos en Galicia   +INFO 

Teo - exposición "A muller innovadora na ciencia"   +INFO 

¿queres recibir cada día esta axenda e outras novas no teu correo? inscríbete aquí

Teo - un autobús arde en Os Tilos

O CONCELLO DESTACA O TRABALLO DE PROTECCIÓN CIVIL DE TEO NO CONTROL DO INCENDIO DUN AUTOBÚS ESCOLAR NOS TILOS

Psoe Ames - as obras da estrada de Roxos son so un simple asfaltado

O PSOE DE AMES LAMENTA QUE AS OBRAS DA AC-453 ROXOS-PORTOMOURO SE REDUZAN A UN MERO ASFALTADO

Melide - actividades para celebrar o Día Da muller Traballadora


O Concello de Melide organiza unha batería de actividades para conmemorar o día da Muller Traballadora

• Dende o departamento de Igualdade e Benestar do Concello de Melide, estánse a organizar unha serie de actividades encamiñadas a celebrar un dos días máis importantes e reseñados no calendario como é o día 8 de marzo, día adicado a Muller Traballadora. 

• En palabras da concelleira de Igualade e Benestar do Concello de Melide, Mª Jesús López Mourón, hoxe en día existen aínda roles, estereotipos, símbolos, tradicións, que fomentan ou dificultan as oportunidades e liberdades de mulleres e homes no aspecto económico, político, social e cultural. Destacando á gran importancia de traballar e sensibilizar no ámbito das persoas máis xóvenes co fin de ir eliminando a desigualdade de oportunidades entre homes e mulleres que existe na sociedade”. 

Ames - sistema de iluminación para o mercadiño de Bertamiráns

O Concello de Ames dota ao mercado de rúa de Bertamiráns dun sistema de iluminación pioneiro para os postos dos vendedores ambulantes

Unha das principais actuacións que se realizou nas rúas Ameneiral e Entrerrios foi a instalación de 11 arquetas, que contan con capacidade de 6 tomas de 24V DC cada unha e con unha estrutura móbil escamoteable.

Con esta actuación permítese optimizar o período establecido para a actividade comercial os días de mercado de rúa, alongando ata as 20:30 horas o tempo de venda efectiva.

O custo mensual que ocasiona a utilización deste sistema de iluminación por parte dos 65 postos de venta ambulante é de tan só 20.73 euros, IVE incluído, polo que se consegue un importante aforro.

Trátase dun sistema de iluminación pioneiro en Galicia e que esta sendo obxecto de interese por outros concellos con mercados de tarde/noite.

Frades - Festa da Merenda 2013 en Aiazo

A FESTA DA MERENDA DE AIAZO TERÁ LUGAR O DOMINGO 24 DE MARZO E INCLUIRÁ UNHA DEGUSTACIÓN GRATUÍTA DUN MILLEIRO DE MERENDAS

Silleda - o CIM impulsará o longo de este mes unha campaña nas redes sociáis sobre a muller traballadora

O CIM de Silleda impulsará unha campaña nas redes sociais ao longo do mes de marzo sobre a muller traballadora
Baixo o lema “Creadoras”, realizaranse gravacións con mulleres do municipio, falando sobre distintas cuestións de xénero e a súa actividade.

Brión - este domingo novo mercadiño de obxectos usados

A CARBALLEIRA DE SANTA MINIA ACOLLERÁ ESTE DOMINGO O MERCADIÑO DE OBXECTOS USADOS

Brión - programa de actividades da piscina municipal

A PISCINA MUNICIPAL CUBERTA DE BRIÓN PON EN MARCHA UN PROGRAMA DE ACTIVIDADES PARA CONSEGUIR CHEGAR AOS 2.000 USUARIOS 
Conta na actualidade con 1.379 socios, un 29,48% máis que en agosto de 2012

Oroso - comeza a reurbanización da rúa Xuncal

O CONCELLO DE OROSO INICIOU AS OBRAS DE REURBANIZACIÓN DA RÚA XUNCAL (SIGÜEIRO), QUE ESTARÁN REMATADAS ANTES DE 3 MESES
As obras comezaron coa renovación de pluviais e continuarán cun novo saneamento e coa eliminación das distintas alturas das beirarrúas
Durante os traballos estará prohibido aparcar en toda a rúa, que permanecerá aberta ao tráfico

Frades - sistema de envío de infromación municipal por email

O CONCELLO DE FRADES PON EN MARCHA UN SISTEMA DE ENVÍO DE INFORMACIÓN MUNICIPAL POR E-MAIL
Os veciños interesados poderán anotarse ben a través da web municipal ou ben na Casa do Concello

Esquerda Unida Santiago - rexeitamento dos recortes en políticas de igualdade

A Área de Mulleres de Esquerda Unida Compostela denuncia a reforma da Lei 7/1985 de Bases do Réxime Local, que pretende a redución xeral das competencias municipais centralizando nas deputacións provinciais as competencias dos concellos pequenos, e, nun paso posterior, reducir o número de concelleiros e concelleiras. Esta reforma supón:

Axenda mércores 6 marzo - exposicións, microteatro, concertos, cine

SANTIAGO
12.00 h Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, para presentar o VI Ciclo de Jazz 1906. Estará acompañado por Juan Paz, brand manager de 1906 e Carlos López, director artístico e coordinador musical do ciclo.

12.30 h Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Muller, María Castelao, para presentar os actos con motivo do 8 marzo, Día Internacional da Muller. 

17.30 h No Cersia (San Lázaro), a concelleira de Educación, María Castelao, reúnese co presidente da Federación de ANPAS de Santiago, Fernando Lacaci. 

18.00 h Da praza do Hospitaliño, en San Roque, saída da nova ruta didáctica do programa “Cultura Viva. Fai túa Compostela”, nesta ocasión “As casas da cidade”. 

CORTES DE TRÁFICO
Con motivo das obras de canalización para unha acometida de auga á altura do número 66 da rúa Sarela de Abaixo, é preciso pechar ao tráfico este vial o mércores 6 de marzo durante todo o día. Os residentes do nº 111 ata o nº 66 farán a entrada e a saída por Bar de Arriba e dende o nº 11 ata o nº 66, por Sarela de Abaixo.                                             


Con motivo das obras de canalización de gas pecharase ao tráfico a entrada ao barrio de Cornes pola rúa Escultor Camilo Otero dende o mércores 27 de febreiro ata o xoves 7 de marzo. A entrada e saída do barrio farase pola avenida de Vilagarcía.  

UNIDADES DO CENTRO DE TRANSFUSIÓN DE SANGUE
15043 CIFP POLITÉCNICO DE SANTIAGO(SANTIAGO)
UNIDADE MÓBIL NO APARCADOIRO
09:30 - 14:30
15:30 - 21:00 

15762 NEGREIRA
UNIDADE MÓBIL DIANTE DO CENTRO DE SAÚDE
15:30 - 21:0


ACTIVIDADES

Santiago 20.30 h Microteatro na Regadeira de Adela. Primeiro asalto da obra "Faust Box" de UT-Tópico Teatro, que poderá verse completa no Teatro Principal no mes de abril.   +INFO

Santiago 21.00 hNa zona C de Bonaval, concerto de Rubén Pozo (Barcelona) dentro da xira 'Menos es más', unha chiscadela que fai referencia a que estará acompañado no escenario só por unha guitarra (Íntimo&Acústico).    +INFO

Silleda - ITV agrícola en Laro   +INFO

Ames - Club de lectura no Milladoiro   +INFO

Santiago - facultade ciencias políticas - ciclo de cine sobre recursos humanos   +INFO

EXPOSICIÓNS
Santiago - MUPEGA - Luces de Alén Mar - As escolas de americanos en Galicia   +INFO 

Teo - exposición "A muller innovadora na ciencia"   +INFO 

¿queres recibir cada día esta axenda e outras novas no teu correo? inscríbete aquí

Silleda - curso de viticultura en colaboracion con Unións Agrarias

A Concellería de Medio Rural e Medio Ambiente organiza en colaboración con Unións Agrarias un curso de viticultura
O ciclo, gratuito e que se celebra dende o 21 de marzo ao 21 de abril, comprenderá dende coñecementos de poda das viñas ata o almacenamento dos caldos

BNG Santiago - eliminación de vertidos no regato de Cancelón en Belvís

Elvira Cienfuegos esixe a eliminación dos vertidos contaminantes e a recuperación da calidade da auga do regato do Cancelón, en Belvís
O BNG rexistrou unha iniciativa que defenderá no vindeiro Pleno municipal para a recuperación ambiental deste regato

Santiago - Rubén Pozo hoxe na Zona C

Un honesto e cegador primeiro disco 'Menos es más' Rubén Pozo
Hoxe mércores 6 de marzo ás 21.00 na Zona C Rubén Pozo nun concerto acompañado so por guitarra, dentro do ciclo Íntimo e Acústico

Satiago - abertos prazos de admisión e matrícula nas escolas infantís do concello

Abertos os prazos de admisión e matrícula nas escolas infantís municipais de Conxo, Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños

Ames - o concello busca solucións para o firme da rúa Anxeriz no Milladoiro

O alcalde de Ames requírelle á empresa que realizou as obras na rúa Anxeriz a toma de mostras in situ a fin de analizar e solucionar os desperfectos que se produciron no pavimento

O Concello de Ames está levando a cabo as xestións necesarias para determinar e atallar as causas das deficiencias que presenta o pavimento desta rúa do Milladoiro. Estas xestións veranse completadas esta semana coa extracción, o venres 8 de marzo, de mostras na propia rúa para analizar a resistencia dos materiais empregados nesta obra

Santiago - microteatro na Regadeira de Adela

UT·Tópico Teatro 'Faust Box' Primeiro asalto

Microteatro Na Regadeira de Adela
A obra completa poderá verse no Teatro Principal do 4 ao 7 de abril no ciclo Teatro e danza

Ordes - programa de conciliación de Semana Santa

Ordes abre o prazo de inscrición para participar no programa ‘Conciliar en Semana Santa será fácil e divertido’
O Concello porá un servizo de transporte gratuito para os nenos e nenas que residen nas parroquias ubicadas no municipio

Matrioska Teatro - estrea de C'est la vie no Teatro Principal de A Estrada


Matrioska Teatro estrea no Teatro Principal da Estrada o seu primeiro espectáculo: Cést la vie 
Anabell Gago, Lorena Conde e Chelo do Rejo –actrices experimentadas no teatro galego lánzanse xuntas á aventura de crear unha nova compañía: Matrioshka Teatro, na que, con 
vocación de permanencia, apostan por espectáculos contemporáneos, creativos, cheos de 
poesía e sentido do humor e artísticamente arriscados

Santiago - Miguel Lago no Falabaratos 2013

‘Soy un miserable’, de Miguel Lago
Este xoves as 20.00 nova cita no Teatro Principal dentro de “Falabaratos”
Tras o cheo do Principal con Joaquín Reyes,o falabaratos Miguel Lago encherá de novo o teatro de risas con Soy un miserable.

Esquerda Unida Santiago - petición de máis implicación do concello na busqueda da igualdade

A Área de Mulleres de Esquerda Unida Compostela reclama ao Concello de Santiago unha maior implicación na loita para a igualdade entre mulleres e homes e contra a violencia machista.
As mulleres seguimos a ter menores salarios en iguais traballos, maior pobreza, menos oportunidades, máis precariedade laboral, menores taxas de actividade recoñecida, responsabilidade dos coidados a dependentes, e escasa representación nos órganos directivos empresariais e políticos. Mentres continúan os asasinatos, escoitamos declaracións de cargos públicos que desprestixian as leis contra a violencia machista, mantense a desprotección e a falta de medios para a independencia das mulleres maltratadas e ameazadas

Axenda martes 5 marzo - tráfico, exposicións, transfusión de sangue

SANTIAGO
11.30 h  No Teatro Principal, ROLDA DE PRENSA do director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, para presentar o concerto de Odaiko, dentro de Sons 13. Na rolda tamén estará o músico Juan Collazo. 

12.00 h  Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Turismo, Reyes Leis, para informar da presenza de Santiago na feira internacional de Turismo de Berlín (ITB).

CORTE DE TRÁFICO

Con motivo das obras de canalización para unha acometida de auga á altura do número 66 da rúa Sarela de Abaixo, é preciso pechar ao tráfico este vial o mércores 6 de marzo durante todo o día. Os residentes do nº 111 ata o nº 66 farán a entrada e a saída por Bar de Arriba e dende o nº 11 ata o nº 66, por Sarela de Abaixo.                                             


Con motivo das obras de canalización de gas pecharase ao tráfico a entrada ao barrio de Cornes pola rúa Escultor Camilo Otero dende o mércores 27 de febreiro ata o xoves 7 de marzo. A entrada e saída do barrio farase pola avenida de Vilagarcía.  

UNIDADES DO CENTRO DE TRANSFUSIÓN DE SANGUE
15762 NEGREIRA
UNIDADE MÓBIL DIANTE DO CENTRO DE SAÚDE
15:30 - 21:00


ACTIVIDADES
Silleda - ITV agrícola en Laro   +INFO

EXPOSICIÓNS
Santiago - MUPEGA - Luces de Alén Mar - As escolas de americanos en Galicia   +INFO 

Teo - exposición "A muller innovadora na ciencia"   +INFO 

¿queres recibir cada día esta axenda e outras novas no teu correo? inscríbete aquí

BNG Santiago - para o BNG o goberno municipal está "ausente" no tema do paro na cidade

Rubén Cela: “O Goberno local do PP está ausente para combater o paro, o principal problema da cidade”
Preto de 100 persoas perderon o seu posto de traballo no mes de febreiro en Santiago de Compostela 

Oroso - o Oroso TM consegue dous primeiros postos no campionato de España de tenis de mesa

O Oroso TM consegue dous títulos de campión de España e un terceiro posto nos campionatos de España de tenis de mesa
O conxunto orosán foi o único club galego que acadou un título nesta competición 

Brión - invitación a asinar un manifesto en prol da igualdade de xénero

O concello invita os veciños e veciñas a asinar un manifesto a prol da igualdade de xénero 
Os veciños poderán adherirse dende hoxe martes á iniciativa ben presencialmente, nos distintos centros municipais, ben a través de Internet, no Facebook do Concello de Brión

Ordes - mañán mércores se presenta o concurso "Operación Ordes"

PRESENTACIÓN DO CONCURSO MUSICAL 'OPERACIÓN ORDES', ESTE MÉRCORES NO IES Nº1 

Santiago - Miguel Costas no Compostela Rock

Compostela Rock presenta De Costas + Dr. Gringo
Miguel Costas presenta o seu novo disco ‘Alguien tenía que hacerlo’
Costas é un dos músicos máis respectados dentro e fóra do mundo musical, pola súa coherencia e o seu rexeitamento a imposicións de mercado, sendo fiel á as súas ideas.

Mancomunidade de Ordes - creación dun servizo lingüístico do galego

A Mancomunidade de Ordes acorda a creación dun servizo lingüístico de galego 
Volverá a solicitarlle á Xunta a cesión das instalacións do Centro Comarcal para instalar alí a súa sede, unha sala de exposicións e aulas de formación 

Ames - II Gala do deporte Feminino nos actos do Dia da Muller

O Concello de Ames acolle a II Gala do deporte feminino galego dentro dos actos conmemorativos do Día Internacional da Muller

Este ano a conmemoración do día da muller estará ligada ao deporte. Aproveitando a celebración da II Gala do deporte feminino galego no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro, os actos desenvolveranse na xornada do sábado 9 de marzo.

A programación de actividades comezan ás 17:00 horas cunha exhibición de patinaxe a cargo do alumnado das escolas deportistas de Ames. A continuación, ás 18:00 horas, haberá un partido de fútbol sala entre a selección galega e un combinado de Ames. Por último, ás 19:30 horas, realizarase unha exhibición de boxeo.

Estarán en Ames as medallistas olímpicas galegas Tamara Echegoyen, Sofía Toro e Begoña Fernández, que recibirán o galardón de mellores deportistas galegas 2012.

Teo - arranxo da rúa Castiñeiro en Os Tilos

A empresa adxudicataria arranxa o firme da rúa Castiñeiro en Os Tilos As deficiencias na obra realizada no ano 2009 detectáronse no asfaltado 

Ames - a policía local recupera xoias roubadas en Portanxil

A Policía Local de Ames recupera as xoias procedentes dun furto rexistrado no lugar de Portanxil

Tras o correspondente recoñecemento das xoias por parte dos seus propietarios, os axentes procederon a súa devolución. A Policía Local e a Garda Civil abriron as correspondentes investigacións para tratar de esclarecer o furto e localizar ao autor ou autores.

Os axentes colaboraron no último mes en varias campañas postas en marcha pola Dirección Xeral de Tráfico. Na campaña de vixilancia de autobuses escolares, a Policía Local de Ames controlou 20 vehículos que se encargan deste servizo nos colexios de Ames. Na de control de camións, os axentes realizaron un total de 42 actuacións.

Consello da Cultura - xornada sobre "A protección dos camiños históricos en Galicia"

Os días 6 e 7 de marzo no Consello da Cultura Galega
Xornadas de debate sobre “A protección dos camiños históricos en Galicia”

Esquerda Unida - moción en defensa das pensións

Para o Consello Comarcal de EU Compostela a decisión do Goberno, de non revalorizar as pensións en España na contía equivalente á desviación entre o IPC a 30 de novembro e a previsión de inflación abonada a principio de ano, do 1%, volve incidir en diminuír a renda dispoñible dos pensionistas no marco das políticas de axuste para cumprir cos obxectivos de déficit.

Axenda luns 4 de marzo - tráfico, exposicións, concertos

SANTIAGO
9.00 h Na sede do Consorcio, o alcalde compostelán e presidente do Consorcio, Ángel Currás, preside a Comisión executiva da devandita entidade. A continuación, Consello de Administración. Declaracións ao remate. (13.00 h aprox.). 

12.00 h Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, acompañado por Miguel Costas e a súa banda, para presentar o concerto deste último na Sala Capitol o domingo 10 de marzo. 

12.30 h Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Participación Cidadá e Centros Socioculturais, Francisco Noya, para presentar a nova imaxe da Concellería de Centros Socioculturais. 

20.00 h No Salón Vermello, o alcalde compostelán, Ángel Currás, preside o acto de entrega dos trofeos á Deportividade.

CORTE DE TRÁFICO
Con motivo das obras de canalización de gas pecharase ao tráfico a entrada ao barrio de Cornes pola rúa Escultor Camilo Otero dende o mércores 27 de febreiro ata o xoves 7 de marzo. A entrada e saída do barrio farase pola avenida de Vilagarcía.  

ACTIVIDADES
Silleda - ITV agrícola en Laro   +INFO

Brión ITV agrícola   +INFO

Santiago - Casa das Crechas - LAUREN RIOUX   +INFO 


EXPOSICIÓNS
Santiago - MUPEGA - Luces de Alén Mar - As escolas de americanos en Galicia   +INFO 

Teo - exposición "A muller innovadora na ciencia"   +INFO 

¿queres recibir cada día esta axenda e outras novas no teu correo? inscríbete aquí

Ordes - cooperativismo para conmemorar o 8 de marzo

A Mancomunidade de Ordes conmemorará o 8 de marzo cunha xornada sobre o cooperativismo e as mulleres 
Tamén formará parte da campaña One Woman, desenvolvida por ONU Mulleres, coa difusión do tema musical 'Unha muller' 

Ames - comezan as obras de mellora da travesía do Porto

Comezan as obras de mellora e acondicionamento da Travesía do Porto, no Milladoiro

A empresa adxudicataria das obras, Martínez Montes e Hijos, iniciou os traballos na zona, levando a cabo a renovación do firme asfáltico mediante o varrido previo da superficie e a aplicación de dobre tratamento asfáltico.

Estes traballos poden chegar a ocasionar algún tipo de inconveniente aos veciños e veciñas durante a súa execución e pola presenza de operarios na zona. Por este motivo, rexistraranse restricións de tráfico nesta rúa, en momentos puntuais e que en función do desenvolvemento das obras poderán chegar a ser totais nalgúns dos carrís de circulación. O Concello lamenta as posibles molestias que poidan ocasionar os traballos.

O alcalde de Ames, Santiago Amor, fai fincapé que “as obras na Travesía do Porto permitirán mellorar a seguridade dos vehículos e peóns que cada día transitan por esta zona, despois de moitos anos sen que tivera unha actuación desta índole”. Asemade, a empresa construtora está nestes días acometendo as obras das beirarrúas.

Oroso - xornada de fomento do cooperativismo no Día da Muller Traballadora

O concello de Oroso organiza unha xornada de fomento do cooperativismo e un espectáculo teatral gratuito para conmemorar o 8 de Marzo

As interesadas en participar na xornada “O cooperativismo: unha fórmula de emprego válida para as mulleres” deben anotarse nos Servizos Sociais de Oroso

Ames - a policía local realizou máis de 4000 actuacións o longo do 2012

A Policía Local de Ames realizou durante o 2012 máis de 4.000 actuacións, entre as que destaca a colaboración coa Garda Civil na resolución de furtos e detención de sospeitosos

O xefe da Policía Local, José Antonio Rodríguez, subliña “a importancia que ten a colaboración cidadá na labor realizada, xa que moitas veces supón unha información necesaria para desenvolver o traballo”. Destaca, ademais, “o aumento dos controis conxuntos levados a cabo coa Garda Civil, especialmente na resolución de furtos”

En 2012, descendeu o número de intervencións por infraccións de tráfico. Outro dos labores que realiza a Policía Local en materia de tráfico é a retirada de vehículos inservibles ou abandonados nas rúas. Con estas condutas prodúcese unha molestia á cidadanía ao reducirse o número de prazas de aparcamento dispoñibles. O número de expedientes abertos por abandono de coches no 2012 foi de 66

Ordes - entrega de diplomas do curso de apoio familiar

15 mulleres da comarca de Ordes obteñen o seu certificado de profesionalidade en Apoio domiciliario e alimentación

Incluido no II Plan de Inclusión Social persegue a integración de mulleres no ámbito laboral. O presidente da Mancomunidade reclama “máis cursos deste tipo para unha comarca cun elevado índice de paro” 

Frades - remata o curso de ofimática persoalizado

Dez veciños e veciñas de Frades participaron nun curso de ofimática, persoalizado a o nivel de cada alumno, de 50 horas lectivas
O alcalde de Frades, Roberto Rey, fixo entrega dos diplomas acreditativos aos alumnos dun dos cursos máis demandados

Axenda domingo 3 de marzo - exposicións, tráfico, teatro, maxia


SANTIAGO
A partir das 9.00 h No Estadio de San Lázaro e no Monte do Gozo, proba inaugural do Campionato de España de Enduro de motociclismo.

BNG Ames - o BNG solidarízase cos afectados polas multas impostas a Plataforma do LIxo

O BNG de Ames solidarízase c@s veciñ@s e a Plataforma do Lixo inxustamente denunciados por defender os seus dereitos 

Stop Desahucios - roteiro polas sucursáis do Banco Popular

ROTEIRO POR SUCURSAIS DO BANCO POPULAR CONTRA O AUMENTO DOS DESAFIUZAMENTOS

Silleda - a apertura do albergue da Bandeira se retrasará un mes e medio

A apertura do albergue de peregrinos da Bandeira retrásase ao pedir a empresa construtora unha prórroga

PP Ordes - estado lamentable da ampliación da Alameda

Tan só catro anos despois de executar as obras, a ampliación da Alameda de Ordes presenta un estado lamentable

Ordes - pleno de febreiro

O pleno de Ordes modifica o uso da preaza de abastos para a creación dun centro de emprendemento empresarial

Teo - o concello organiza unha excursión as termas de Outariz so para mulleres

O CONCELLO DE TEO ORGANIZA UNHA EXCURSIÓN ÁS TERMAS DE OUTARIZ SÓ PARA MULLERES PARA CELEBRAR O 8 DE MARZO

Ames - V Festival folk Val da Maía

Seis grupos de Vilalba, Marín, Pontevedra, Boqueixón e Ames participaron no festival de música galega Val da Maía

Brión - 120 nenos do colexio de Pedrouzos visitaron o concello

OS 120 NENOS E NENAS DO CEIP PEDROUZOS  VISITAN A CASA DO CONCELLO DE BRIÓN

Ordes - inaugurase un curso impartido pola Federación Galega de Futbol

A Federación Gallega de Fútbol imparte un curso de técnicos especialistas en porteiros na cidade deportiva de Ordes

Santiago - os centro socioculturáis colaboran na recollida de aceites

Os centros socioculturais colaboran na recollida selectiva do aceite vexetal de fritura