Santiago, 30/07/2016 - Penultima xornada das festas en Compostela e chega unha das máis esperadas, a homenaxe ao traxe galego que sempre reúne a unha boa cantidade de xente na rúa. Por si fora pouco carlos Blanco e Luis Dávila encherán a Quintana con retranca galega da boa.
O Pleno aproba a modificación da ordenanza do ICIO para favorecer a construción do centro de saúde do Milladoiro
Ames, 30/07/2016 - Este xoves pola tarde celebrouse o pleno ordinario do mes de xullo no que os concelleiros e concelleiras da corporación municipal aprobaron por unanimidade a modificación da ordenanza do ICIO para favorecer a construción do centro de saúde do Milladoiro. A semana pasada o Sergas solicitoulle ao Concello unha bonificación do 95% para o pago do ICIO, tal e como permite a lei.
José Luís García representará á FEGAMP na Axencia Galega de Servizos Sociais
Brión, 30/07/2016 - O alcalde de Brión, José Luís García, representará á Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) na Axencia Galega de Servizos Sociais, según lle vén de comunicar o secretario xeral de FEGAMP, Eduardo Ramonde Rodríguez.
Hoxe dispútase o VIITriangular do Praiña S.C. en Teo
Teo, 30/07/2016 - Hoxe sábado, 30 de xullo, dispútase o VII Triangular do Praíña Sporting Club, no que colabora o Concello de Teo, entre outras entidades. Este torneo futbolístico xogarase no Campo de Reis, en Pontevea, a partir das 18:30 horas.
A Deputación concédelle a Ames máis de 500.000 euros para executar unha senda peonil
Ames, 30/07/2016 - O pleno da Deputación da Coruña deulle luz verde, co voto favorable de todos os grupos políticos, a investimentos por importe de máis de 3,6 millóns de euros para a mellora da rede viaria provincial nos concellos coruñeses. Ao Concello de Ames correspóndenlle 533.097 euros para executar unha senda peonil entre Bertamiráns e Agro do Muíño.
Incendio na tarde de onte en Aluminios Cortizo en Padrón
Padrón, 29/07/2016 - O lume declarado na tarde de onte nunha nave anexa as instalacións centrais de Padrón foi totalmente extinguido.
Ames publica o mapa de necesidades educativas do concello
Ames, 29/07/2016 - O Concello de Ames, a través da concellaría de Educación, vén de publicar na web municipal (sección de Avisos) o informe do mapa de necesidades educativas, que foi elaborado polo Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA), pertencente á Universidade de Santiago de Compostela. O alcalde de Oroso reclama explicacións do retraso na apertura da saída da AP-9
Oroso, 29/07/2016 - O alcalde de Oroso, Manuel Mirás Franqueira, acompañou esta mañá a unha delegación do PsdG-PSOE, encabezada polo candidato dos socialistas á Presidencia da Xunta de Galicia, Xaquín Fernández Leiceaga, nunha visita ás obras da xaída sur da AP-9 en Sigüeiro, paralizadas dende outubro de 2016. Unha delegación na que tamén participaron os deputados nacionais Pilar Cancela e Ricardo García Mira, así como o senador Ángel Mato.Oroso aproba unha modificación de crédito de 201.000 euros para alumeado e abastecemento
Oroso, 29/07/2016 -A unanimidade marcou o pleno municipal de xullo en Oroso, pois todas as cuestións na Orde de Día foron aprobadas co apoio dos catro grupos municipais. Así, o pleno acordou unha modificación de crédito por 201.252 euros, cuberto con remanente de Tesourería para gastos xerais, para a realización de diversas actuacións no municipio.O PP de Santiago pide que se liciten de novo os locais da nave 5 da praza
Santiago, 29/07/2016 - O portavoz do Grupo Municipal Popular, Agustín Hernández, amosou, esta mañá en rolda de prensa, a súa “fonda preocupación” polo futuro da Nave 5 do Mercado de Abastos, ante o escaso éxito da convocatoria para a concesión dos dez locais baleiros. “Podemos avanzar que vai ser un rotundo fracaso, xa que a metade dos postos van quedar desertos”, informou o voceiro popular, quen recordou que a convocatoria foi froito dunha decisión unilateral do Goberno municipal, realizada de xeito abrupto e precipitado.O Mesón do Vento prepárase para celebrar esta fin de semana a súa Feira de Cans de Caza máis concorrida
Ordes, 29/07/2016 - O Mesón do Vento agarda esta fin de semana un bo número de visitantes con motivo da XXV Feira de Cans de Caza. Unha edición na que según os seus organizadores se esperan preto de 3000 exemplares de distintas razas entre setters, grifóns, teclees, bassets, beagles, podencos, jack terriers, dogos, gascóns, brunos de juras, sabuesos etc.
“Picheleir@s” volve ao casco histórico de Compostela
Santiago, 29/07/2016 - Volve ás rúas do centro histórico compostelán a exposición “Picheleir@s”, promovida polo Consorcio de Santiago e que se inauguraba en 2014 con grande éxito. Esta mostra recolle a maioría de oficios e profesións -moitos xa desaparecidos- que tiveron protagonismo na cidade dende a Idade Media ata a actualidade.A primeira edición de ‘Vives emprega Teo’ clausúrase con resultados positivos
Teo, 29/07/2016 - O Concello de Teo clausurou hoxe a primeira edición do proxecto ‘Vives Emprega Teo’, que desenvolveu en colaboración coa entidade Acción Contra el Hambre. O concelleiro de Benestar, Igualdade, Mocidade e Participación Veciñal, Ignacio Iglesias, presidiu a entrega de diplomas ás persoas participantes, acompañado pola técnica de inclusión sociolaboral do programa, Geli Rodiño, e pola xestora de programas de inclusión social da Fundación Acción Contra el Hambre, Susana Quintas.
A Real Filharmonía toma o Apóstolo
Santiago, 28/07/2016 - Onte foi o día para os concertos na rúa, os dos grupos da cidade que tocaron na zona nova; hoxe a protagonista será a Real Filharmonía de Galicia que estará a partir das 9 e media da noite na Quintana.
Preséntanse seis empresas á licitación do Ciclo Integral da Auga no Concello de Ames
Ames, 28/07/2016 - A concelleira de Economía e Facenda, Genma Otero, informa que o pasado venres, 22 de xullo, rematou o prazo de presentación de solicitudes de participación no procedemento aberto do Ciclo Integral da Auga. Dende o goberno municipal móstranse satisfeitos xa que se presentaron seis empresas a este concurso público de licitación, que quedou deserto noutras ocasións.
O Concello de Brión organiza un curso de manexo de drons de 30 horas lectivas
Brión, 28/07/2016 - O Concello de Brión, a través da área de formación do seu Espazo Tecnolóxico, oferta a toda a cidadanía unha novidosa acción formativa dirixida á adquisición de competencias no manexo de drons.
Pleno municipal de Ordes de Xullo
Ordes, 28/07/2016 - O pleno do Concello de Ordes arrancou onte cun minuto de silencio en memoria do xoven Álvaro Paredes, asasinado en Ordes o pasado 17 de xullo. Na sesión tamén se fixo pública a declaración institucional de “enérxica condena e repulsa de todos os actos vilentos con resultado de morte acontecidos no termo municipal”. O PP de Ames critica a subida dos prezos das escolas deportivas municipais.
Ames, 28/07/201 - No próximo pleno do mes de xullo, debaterase a proposta do goberno tripartito para subir os prezos das escolas deportivas municipais.
A Consellería de Sanidade asumirá a xestión dos dous centros de saúde de Silleda
Silleda, 28/07/2016 - O alcalde de Silleda, Manuel Cuíña, firmou o convenio de cesión dos dous centros de saúde do municipio, que pasarán á xestión da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.
Turismo deseña unha estratexia para os 20 concellos bañados polo Ulla
Editan un libro que ensina as particularidades das enfermidades infecciosas a través da arte
Santiago, 28/07/2016 - Os libros de historia encargáronse de lembrar que os Reis Católicos tomaron Granada a finais do século XV ou que Napoleón fracasou na campaña para invadir Rusia algo máis de tres séculos despois. Posteriormente, a microbioloxía e a parasitoloxía engadiron a estes apuntamentos históricos que o tifo estivo presente en ambos acontecementos, retrasando a toma do reino andaluz, no primeiro caso, ou contribuíndo a minguar o exército francés no segundo.Máis de 15 disciplinas a escoller no programa de actividades deportivas das instalacións da piscina Iván Raña
Ordes, 28/07/2016 - O Departamento de Deportes do Concello de Ordes acaba de facer público o programa de actividades a desenvolver nas instalacións da piscina Iván Raña ao longo da vindeira tempada.
Presentada a XIII edición do Feito a Man
Santiago, 28/07/2016 - Onte presentouse a XIII edición do Feito a Man, festival de rúa organizado pola Asociación Cultural Cidade Vella, coa presenza de Manu Rodriguez, Sandra Varela e Anxeles Porto da organización; e coa Concelleira de Acción Cultural do Concello de Santiago de Compostela, Branca Novoneyra.Este sábado a canceira de Ordes acolle a 'Festa dos cans'
Ordes, 28/07/2016 - Este próximo sábado, 30 de xullo, de 10 a 20 horas a canceira de Ordes abrirá as súas portas ao público xeral. 'A festa dos cans' é unha iniciativa coa que se pretende dar a coñecer as instalacións municipais, ao mesmo tempo que se permite o contacto directo cos exemplares que neste momento residen no centro situado no polígono industrial de Merelle. Programa destinado a que os rapaces xoguen de novo nas rúas de Compostela
Samtiago, 28/07/2016 - Que os nenos e nenas xoguen libremente nas rúas, como se facía antes, e que o fagan ademais utilizando a nosa lingua. É o obxectivo do programaDespois de merendar… a rúa é nosa!, que presentou o alcalde nunha rolda de prensa na que estivo acompañado pola técnica de Lingua Marta Besada e polas monitoras de Xandobela Nerea Couselo e Chus Caramés.A Real Filharmonía de Galicia ofrece o concerto do Apóstolo hoxe xoves ás 21:00 horas
Santiago, 28/07/2016 - A Real Filharmonía de Galicia participa un ano máis nas celebracións das festas do Apóstolo, conmemorativas do Día de Galicia. A compostelá Praza da Quintana acollerá hoxe xoves, 28 de xullo, un concerto dirixido polo mestre titular da agrupación, Paul Daniel, ás 21:00 horas, que ademais se retransmitirá en directo por streaming a través da web da orquestra (www.rfgalicia.org) e das redes sociais. A entrada é gratuíta, previa retirada da invitación na billeteira do Teatro Principal. En caso de choiva, a actuación trasladarase ao Auditorio de Galicia. O programa de emprego “InserAmes - Brión VIII” alcanzou un nivel de inserción que se achega ao 50%
Ames, 28/07/2016 - O programa integrado para o emprego InserAmes-Brión VIII, que desenvolven conxuntamente os Concellos de Ames e Brión, está rematando as súas actividades, iniciadas no pasado mes de setembro de 2015, e que finalizarán o vindeiro 31 de agosto. Ao longo destes meses estase atendendo a un total de 80 participantes de ambos concellos, menores de 30 anos, desempregados e con cualificación máxima de bacharelato. Nesta edición alcanzouse un nivel de inserción que se achega ao 50%. Deste xeito, superouse o obxectivo de inserción inicial establecido no 40%.As festas do Apóstolo celebran o Día de Padrón
Santiago, 27/07/2016 - Nova xornada nas festas do Apóstolo despois de que onte os Dandy
Warhols encheran a Quuintana. Si queres ver o comezo do concerto visita o noso canal de youtube
Hoxe o día está dedicado a Padrón pero ademais a zona nova encherase de concertos
A Xunta reclama a Santiago que o transporte urbano sexa gratuito para os menores de idade
Santiago, 27/07/2016 - A Xunta insta aos Concellos da Coruña, Vigo, Santiago, Ourense e Lugo a adoptar as medidas necesarias para estender ao transporte urbano a gratuidade para menores de 18 anos, en cumprimento da solicitude realizada pola Cámara galega. Así, llelo trasladou onte a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, mediante unha misiva.
O Psoe de Teo acusa ao PP de desfachatez pola postura coa denegación do IDAE
Teo, 27/07/2016 - Os socialistas de teo critican a postura do Partido Popular do concello, en contraposición coa do partido a nivel rexional, por cargar a responsabilidade no goberno municipal e non no IDAE. Este é o comunicado publicado polos socialistas:
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade convoca o III concurso de fotografía e vídeo “Imaxes con Fondo”
Ames, 27/07/2016 - O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, do que o Concello de Ames é socio, convoca este ano a terceira edición do concurso de fotografía e vídeo Imaxes con Fondo. O concurso ten como tema central a multiculturalidade e as recepción de propostas permanecerá aberta ata o 15 de outubro deste ano.
Oroso clausura este venres os seus cursos de natación cunha festa con inchables
Oroso, 27/07/2016 - O Concello de Oroso celebrará este venres 29 de xullo a clausura dos seus cursos de natación cunha gran festa con inchables na piscina municipal de Sigüeiro. Uns cursos nos que tomaron parte un total de 156 persoas (140 nenos e 16 adultos), o que supón un significativo incremento da participación con respecto a anos anteriores.
Presentada a nova tempada da Real Filharmonía de Galicia
Santiago, 27/07/2016 - A Real Filharmonía de Galicia (RFG) presentou onte a súa nova temporada de abono 2016-2017 na súa sede, o Auditorio de Galicia. Asistiron ao acto o alcalde de Santiago e presidente do Consorcio de Santiago, Martiño Noriega; a concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra; a xerente do Consorcio da cidade, Belén Hernández; ademais do director titular e artístico da orquestra, Paul Daniel. O verán de Ordes énchese de estrelas con 'Todocosmos'
Ordes, 27/07/2016 - O programa astronómico ‘Todocosmos’ levarase a cabo este verán en Ordes. A dita actividade está dirixida a xente de todas as idades que sintan curiosidade por observar as estrelas, galaxias e planetas. O público asistente contará en todo momento coas explicacións e o asesoramento de especialistas e profesionais da materia.10 padexeiros do Club Ribeiras do Tambre acadan medalla no campionato galego infantil e cadete
Ames, 27/07/2016 - Os rapaces e rapazas do Club de piragüismo Ribeiras do Tambre conseguiron uns grandes resultados no campionato galego de pista cadete e infantil disputado este pasado sábado, 23 de xullo, no complexo deportivo David Cal, situado en Verducido. A representación amesá estivo composta por 16 rapaces e rapazas que lograron 10 medallas. Deste xeito, subíronse o podio en 5 competicións conseguindo unha medalla de ouro, dúas de prata e outras dúas de bronce. A vindeira fin de semana competirán no campionato de España que tamén se celebra en Verducido.Ames leva a pleno a modificación do ICIO para o centro de saúde de Milladoiro
Ames, 26/07/2016 - O goberno de Ames dá un novo paso cara a pechar
un convenio coa consellería de Sanidade, que permita o inicio das obras do tan
demandado centro de saúde do Milladoiro. A pasada semana o Sergas enviou
o texto definitivo no que solicita unha bonificación do 95% para o pago do ICIO
ao Concello, tal e como permite a lei. Para elo o goberno debe levar ao pleno a
modificación desta ordenanza, xa que nesta recóllese unha bonificación do 90%,
en vez do 95%.A aula CeMIT do Concello de Arzúa volve abrir hoxe as súas
Arzúa, 26/07/2016 - A aula CeMIT do Concello de Arzúa , sito na rúa Lugo abre de novo en horario de 16 a 21 de luns a xoves e de 11:00 a 14:00 de luns a venres, poñendo a disposición da cidadanía un centro titorizado polo axente TIC encargado da xestión da aula, equipado con 20 ordenadores con acceso a internet, e cunha oferta formativa de cursos e charlas en novas tecnoloxías de diversas temáticas, como ofimática, redes sociais, imaxe e son, desempregados ou cursos de iniciación .
O BNG de A Estrada quere que a carballeira da Sagrada sexa de titularidade do concello
A Estrada, 26/07/2016 - Veciños e veciñas da parroquia de Codeseda rexistraron no concello un escrito no que solicitan que a masa común da carballeira da Sagrada quede baixo a titularidade do concello da Estrada no proceso de concentración parcelaria que afecta a esta parroquia.
A unidade de inspección dos equipos de aplicación de produtos fitosanitarios recala en Bandeira e Silleda o xoves 28
Silleda, 26/07/2016 - A unidade móbil para a inspección obrigatoria dos equipos de aplicación de produtos fitosanitarios remata a rolda de inspeccións polo municipio coa visita a Bandeira e Silleda o vindeiro xoves, día 28 de xullo.
65 persoas visitaron o petróglifo do Monte Castelo en Ames
Ames, 26/07/2016 - O Concello de Ames organizou, coa colaboración do colectivo A Rula, unha ruta nocturna para visitar o petróglifo do Monte Castelo, no lugar de Ventosa. Sesenta e cinco persoas desprazáronse ata o local social de Augapesada, onde membros do colectivo lles falaron dos distintos petróglifos do territorio amesán.Noite grande do Apóstolo con fogos, folc e orquestras
Santiago, 24/07/2016 - O día de onte encheu as rúas e os barrios de xente, do Compostela Dub ao concerto de Charles Bradley, e da chave ao futbolín.
Comunicado do concelleiro Juan José Cruz García
Lalin, 24/07/2016 - Ante as reiteradas chamadas dos medios de
comunicación e co obxecto de despexar calquera posible dúbida sobre os motivos
e finalidades da miña decisión de abandonar o Goberno municipal de Lalín, eu,
Juan José Cruz García, quero deixar meridianamente claros os seguintes
aspectos:
Teo lémbralle á xunta o compromiso de financiar a edar da insua
Teo, 24/07/2016 - O alcalde de Teo, Rafael Sisto, dirixiuse á conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, para lembrarlle o compromiso adquirido polo seu departamento de concretar este verán o investimento para construír unha nova Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) na Insua (Luou).
As universidades de Santiago e A Coruña desenvolven o grao interuniversitario en Paisaxe
Santiago, 24/07/2016 - Os reitores das universidades de Santiago e da Coruña, Juan Viaño Rey e Julio Abalde Alonso, asinaron unha declaración de intencións para o deseño e implantación do grao en Paisaxe, primeiro de interuniversitario de Galicia logo da implantación do Espazo Europeo de Educación Superior.
O Festigal chega á súa XV edición coa enerxía de Kepa Junkera, Poetarras, Biribirlocke, Arrhythmia e Esposa
Santiago, 24/07/2016 - Santiago de Compostela encherase de música e de diversión na noite do 24 de xullo, véspera do Día da Patria, cun Festigal cheo de enerxía na súa XV edición con Kepa Junkera & Sorginak, Poetarras, Arrhythmia, Biribirlocke e Esposa.
O Consorcio de Santiago saca a concurso as obras de reparación do tellado da igrexa de San Agustín
Santiago, 24/07/2016 - O Consorcio de Santiago acaba de sacar a concurso a obra de reparación do tellado da igrexa de San Agustín, por un importe global de 83.747,61 euros. O prazo de execución desta actuación estímase en tres meses. As empresas interesadas teñen ata o 17 de agosto para presentar as súas ofertas.“A vida vén do mar” do Abacco acada o primeiro premio no II Concurso de tapas 'De bo dente!'
Ordes, 24/07/2016 - Esta fin de semana entregáronse os premios do II Concurso de tapas 'De bo dente!' “A vida vén do mar” do bar Abacco foi escollida como a mellor receita segundo a clientela de Ordes. O segundo e o terceiro lugar foron para “Pizza Star” e “Hamburguesa de polbo” do bar Doniña e da Birroteca – Gastrobar Soul Food respectivamente. No primeiro caso o premio ascende a 230 €, mentres que os seguintes acadan 170 e 120 €.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
















