O Concello de Ordes emprende unha campaña de concienciación para aumentar o consumo no comercio local
Con esta medida, enfocada á época do Nadal, destácanse tanto os beneficios económicos, como os sociais e os medioambientais que trae consigo
Baixo o lema 'Merca no teu Concello, merca en Ordes' o Concello de Ordes ven de emprender unha campaña de concienciación na que se anima a todos os veciños e veciñas a realizar a súas compras no ámbito local. Dita iniciativa estase a desenvolver a través das redes sociais, no ámbito da prensa escrita, e a través da cartelería distribuida polo municipio. Tamén se teñen realizado cuñas radiofónicas que diariamente se emiten dende a emisora local.
Deste xeito o Concello pretende aproveitar unha das épocas de maior consumo, a do Nadal. Entre os beneficios que se destacan por mercar no pequeno comercio do municipio sobresale a incidencia que isto ten na xeración de emprego e riqueza para o municipio, xa que o 80% dos postos de traballo ubicase no ámbito das PEMES. Con este hábito tamén se fomenta a diversidade empresarial, o que supón un reparto da riqueza entre un maior número de axentes e persoas. Outro dos beneficios desta medida é a reducción do risco do emprego de man de obra barata por parte das grandes multinacionais, aspecto que se da sobre todo en países con vacíos lexislativos neste tipo de dereitos.
Neste aspecto cabe destacar tamén que incrementando o gasto en pequenas empresas do ámbito local axúdase a reducir a evasión fiscal. Según un estudo recentemente publicado polo Ministerio de Facenda o 72% deste tipo de fraudes ven dado por parte dos grandes grupos corporativos. Pola contra o pequeno comercio local paga os seus impostos na Comunidade e país de orixe, o cal revirte directamente nos servizos sociais e no Estado de Benestar.
Pero non sóamente hai que falar de beneficios económicos senón tamén mediambientais. Mercando no comercio do noso municipio redúcese a emisión de CO2 e elementos contaminantes á atmósfera, xa que non será preciso transportalo dende outros puntos. Así o seu percorrido ata as nosas mans será menos contaminante.
Ningún comentario:
Publicar un comentario