Melide - O goberno municipal aproba os presupostos para o ano 2013

O goberno municipal aproba os presupostos para o ano 2013 seguindo as premisas e austeridade e axuste á realidade da facenda local.
Este xoves celebrouse un pleno extraordinario da corporación melidá onde o principal punto da orde do día era a aprobación dos orzamentos para o vindeiro ano 2013. 

O concelleiro de facenda e persoal, Luis Arias, foi o encargado de presentar uns orzamentos baseados na austeridade e axustados á realidade económica co fin de facer fronte aos pagos co provedores nun curto prazo de tempo, manter os servicios públicos municipais e acometer investimentos como é o remate do centro sociocultural ou a apertura dunha terceira sala do velorio local.

Trátase dun presuposto de 5.554.069,47 € no estado de gastos e de ingresos que aprobou por maioría o goberno local do partido popular, encabezado pola rexedora Ánxeles Vázquez. Seguindo a liña inaugurada cos presupostos aprobados en 2012, nos que se fixo fronte á máis dun millón de euros de facturas do goberno anterior con provedores e a un total de 751.859,23 € de débeda bancaria, grazas a unha contención e minoración do gasto por parte de todos os departamentos que conforman o goberno local. Estas actuacións permitirón por unha banda, elaborar en tempo e forma os presupostos para o ano 2012 de maneira que entren en vigor o 1 de xaneiro do vindeiro ano e por outra, dende fai moitos anos, non arrastrar débedas pendentes de exercicios contables anteriores. 

A consecuencia primeira de levar a cabo uns orzamentos axustados á realidade é o incremento do investimento, que ascende a unha partida total de 558.223 € que se adicarán previsiblemente á apertura do Centro Sociocultural da vila, partida que ascende a 158.875 €, a creación dun espazo de ocio infantil no Palacio de Congresos, cun orzamento de 150.318 € e ampliación do velorio municipal, cun total de 63.200 €, que permitirá a apertura dunha terceira sala.

No estado de gastos, cabe destacar que un 37,36 % do orzamento se deriva a gastos de persoal, onde se fixeron esforzos destacados como foi o pago dos trienios ao persoal que os adquire por dereito, a provisión dunha praza de auxiliar administrativo e outro de técnico en tesourería por interinidade, e a non amortización doutras prazas que quedaron sin cubrir por xubilación.

Por outra banda, e tal como xa resaltará o edil de facenda nos anteriores orzamentos de 2012, axustar as contas municipais permitiu neste ano, por un lado aumentar o investimento e por outro permitir dar un paso adiante nas subvencións nominativas á entidades sociais como é o caso de Cáritas Parroquial que recibirá 3.000 €, 10.000 € para asociacións deportivas e culturais e 1.300 € para casos de emerxencia social. Foi este o punto máis controvertido no que os grupos da oposición representados polo BNG e o PSdG-PSOE foron máis críticos co goberno local, ao non elevar a partida orzamentaria destinada a emerxencia social. Cuestión que Luis Arias resolveu ao enumerar ás cantidades doadas pola administración local cando tanto o BNG como o PSdG-PSOE formaban goberno sendo en moitos casos inferiores ás actuais, a pesares da diferente situación de crise económica de agora con respecto a anos anteriores.

Por outra banda, o concelleiro de facenda resaltou que a partida de emerxencia social era en todo caso axustada a realidade, xa que no ano en curso non se fixo uso dela, pero en todo caso, debido a boa xestión económica, e á mellora considerable das finanzas locais ao non ter recoñecido extraxudicialmente ningun crédito, permitirá, no caso de ser necesario, a modificación de créditos para dotar dita partida.

Por outra banda, a rexedora municipal destacou a importancia do pleno dos presupostos, como un dos máis importantes da lexislatura, nos que se da conta do estado económico da facenda local, destacando o axuste feito no presente ano, co pago aos provedores, o mantemento dos servizos públicos, a amortización da débeda bancaria que ascenderá a finais de 2013 a outros 345.298,53 € máis pagados en concepto de xuros e amortización.

Ningún comentario: