Ordes . entrega de diplomas do curso de iniciación a informática e internet

40 veciños de Ordes obteñen o diploma dos cursos de Iniciación á Informática e de Introducción a Internet
Arredor de 40 veciños e veciñas de Ordes recolleron onte, de mans da tenente alcalde Silvia Marín, o diploma que corrobora os coñecementos adquiridos na rama de informática e no uso de Internet. Todo elo grazas ó curso promovido polo Concello de Ordes e homologado pola Xunta de Galicia que se desenvolveu nas últimas semanas na aula de informática, ubicada na Casa da Cultura. No acto de entrega Marín destacou “o mérito de todos estes alumnos e alumnas por esforzarse en adquirir novos coñecementos, así como pola asistencia ás clases en horario nocturno”. Marín animounos a todos a “continuar con esta aprendizaxe nos cursos que o Concello ten pensado convocar en próximas datas, nos cales se ofrecerán coñecementos máis avanzados porque consideramos imprescindible para calquera saber utilizar un ordenador e navegar por Internet”.

Ningún comentario: