Santiago – transporte para o partido do Obradoiro este domingo

Servizos especiais para asistir ao partido de baloncesto Blu:sens Monbus – Assignia Manresa (16/10/2011)

Con motivo do partido de baloncesto que se disputará o vindeiro domingo día 16 de outubro ás 12.30 horas no multiusos Fontes do Sar, os servizos de transporte serán os seguintes:

· Haberá un servizo lanzadeira desde a rúa de Ramón Piñeiro (lateral do Parlamento de Galicia) ata o multiusos Fontes do Sar a partir das 11.30 h.

· A liña C11 (circular de Fontiñas) accede ao multiusos Fontes do Sar cunha frecuencia de 30 minutos os domingos e festivos pola mañá. As paradas máis céntricas para acceder a esta liña sitúanse na rúa Xeneral Pardiñas, praza de Galicia, rúa da Ensinanza, rúa Virxe da Cerca e rúa de San Pedro.

· Ao remate do partido, manteranse os dous servizos para a volta: servizo lanzadeira con destino a Ramón Piñeiro e a liña C11.

Ames – plan de choque para a rúa Anxeríz

O Concello de Ames prepara un Plan de Choque para repoñer os xardíns da rúa Anxeriz no Milladoiro

Ames, 14 de outubro de 2011. O Concello de Ames prepara un Plan de Choque para repoñer os xardíns da rúa Anxeriz onde o anterior goberno, con Carlos Fernández á cabeza, fixo unha inversión de 1.256.141,56 euros sen contemplar previsión para un posterior mantemento polo que agora os xardíns están totalmente abandonados e presentan un grave estado de deterioro ao igual que o pavimento da propia rúa.

Nos próximos días o Concello procederá ao levantamento e acondicionamento de tódolos xardíns da Rúa Anxeriz así como á instalación dun rego ecolóxico que permita un gasto eficiente da auga sen despilfarrala. Os xardíns atópanse gravemente deteriorados por non contar cun sistema de rego propio e debido a que a seca obrigou a restrinxir o uso de auga para garantir o consumo doméstico.

Este non é un caso illado de despilfarro de diñeiro en infraestruturas para as que non se prevé un mantemento posterior, pois o mesmo ocorreu co cemiterio municipal no que se investiron preto de 2 millóns de euros e 70.000 euros máis nun xardín, cando a obra nin sequera estaba rematada e para o cal tampouco se tivo previsión de mantemento.

Os traballos serán realizados por un grupo de alumnos en prácticas que acolle o Concello de Ames procedentes dun centro de formación encadrados dentro da Programación de Accións Formativas dirixidas a persoas traballadoras en desemprego. Entre os traballos que levarán a cabo está a poda das árbores e o replantado de especies. Estas actuacións levaranse a cabo cando comece a cambiar o tempo para ter maiores posibilidades de éxito no replantado.

Ames – a asociación Os Castros firma un convenio co concello

O Concello de Ames firmou un contrato coa asociación “Os Castros” polo cal esa asociación asume o obradoiro municipal de baile tradicional, gaita e pandeireta

O contrato inclúe 15 actuacións de “Os Castros” repartidas entre o que queda de ano e durante todo o 2012

O contrato suporá un aforro duns 14.000 euros con respecto ao que había con anterioridade, pero principalmente suporá transparencia e unha clara aposta polas asociacións do propio municipio

Ames, 13 de outubro de 2011. A concellería de Cultura, Educación e Patrimonio de Ames firmou un contrato coa asociación cultural amiense “Os Castros” polo cal esa asociación asume o obradoiro municipal de baile tradicional, gaita e pandeireta. O contrato suporá un aforro duns 14.000 euros con respecto ao que había con anterioridade, pero principalmente suporá transparencia e unha clara aposta polas asociacións do propio municipio.

O concelleiro de Cultura, Alfonso Rey, explicou que este contrato é o resultado de “dialogar con practicamente todas as asociacións que hai neste concello para logo tomar unha decisión”. Esta decisión estivo movida polo aspecto económico e porque a asociación facía unha oferta total de formación nos tres ámbitos que se traballan no obradoiro, baile, gaita e pandeireta. Alfonso Rey explica que “a obriga do Concello é xestionar unha oferta o máis satisfactoria posible e ofertar un servizo co aval de informes técnicos que xustifiquen as propostas”.

O importe a pagar por este obradoiro é de 50 euros por persoa e curso. Nos anos anteriores esta actividade supoñía un custe para o concello de máis de 33.000 euros e o novo contrato firmouse por 19.000 euros. Este contrato inclúe 15 actuacións de Os Castros repartidas entre o que queda de ano e durante todo o 2012.

O edil de cultura, Alfonso Rey, explicou que aínda sendo destacable o aforro que permite o cambio de asociación que imparte o obradoiro, o máis importante é “que se buscou o mellor para os usuarios do obradoiro”. Alfonso Rey explicou que co contrato se da “un salto cualitativo en calidade demostrando que se poden facer as cousas mellor dun xeito máis económico”.

Brión – teatro este sábado para abrir o outono cultural

O GRUPO NAVIA TEATRO ESCOLA ABRE ESTE  SÁBADO O “OUTONO CULTURAL” DE BRIÓN COA REPRESENTACIÓN DA SÚA OBRA “PEDRO O CHOSCO”

14 de outubro de 2011.- O grupo de teatro afeccionado Navia Teatro-Escola abrirá mañá sábado 15 de outubro a programación do “Outono Cultural” coa representación da súa obra “Pedro O Chosco”. Unha actuación que terá lugar ás 20:30 horas no centro social polivalente de Pedrouzos (Brión). A entrada é libre e gratuita.

Este grupo de teatro afeccionado de Vigo ofreceralles aos veciños e veciñas de Brión a súa visión sobre “Pedro O Chosco”, unha personaxe fantasmagórica do mundo dos contos infantís. Unha obra que levan representando por toda Galicia nos últimos dous anos e pola que mesmo estiveron nominados aos VII Premios Buero de Teatro Joven.

Esta representación forma parte do programa “Outono Cultural” organizado polo Concello de Brión e que inclúe unha gala lírica e a actuación de seis compañías de teatro. Sete espectáculos de entrada libre e gratuita grazas á colaboración establecida un ano máis entre o Concello de Brión, a Deputación Provincial da Coruña, a Consellería de Cultura e Turismo e a Federación Galega de Teatro Afeccionado (FEGATEA).

Santiago – corte de tráfico en Roxos

ASUNTO: corte de tráfico en Lugar de Roxos

Por mor das obras de canalización de Gas Galicia, a rúa Lugar de Roxos pecharase ao tráfico por tramos dende o día 17 de outubro ata o día 8 de novembro. Os desvíos estarán debidamente sinalizados e posibilitarase o paso de peóns e dos vehículos dos residentes sempre que as obras o permitan, dado o estreito da calzada.

O Concello de Santiago de Compostela prega a todos os cidadáns desculpen as molestias que esta alteración no tráfico lles poida ocasionar.

Santiago – axenda sábado 15, domingo 16 e luns 17 de outubro

Sabado 15

11.00 h

Na praza do Toural, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asiste á demostración de Ourives de Compostela.

17.00 h

Na Praza do Obradoiro, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, recibe á peregrinación do Club Victoria 75 Aniversario.

21.00 h

Teatro en Xira

No Teatro Principal, Teatro El Cruce presenta 'La colmena científica o el Café de Negrín' de José Ramón Fernández dentro do ciclo Teatro en Xira. Dirección: Ernesto Caballero. Con José L. Esteban, David Luque, Lola Manzano, Paco Ochoa, Iñaki Rikarte e Pedro Ocaña.

Domingo 16

12.00 h

No Teatro Principal, concerto da Banda Municipal de Música, dirixida por Xosé Carlos Seráns.

18.30 h

No Teatro Principal, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asiste ao musical infantil “Cantamos Contigo”. (Primeira sesión do musical, ás 17.00 horas)

20.30 h

Na Igrexa de San Paio de Antealtares, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asiste ao concerto Ars Combinatoria, dentro do Compostela Organum Festival.

Luns 17

12.00 h

Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, da concelleira de Turismo, Reyes Leis, e dos directores do Fórum Gastronómico, Jaume von Arend e Pep Palau.

12.30 h

Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, Paula Prado, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

17.00 h

Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, recibe o presidente da Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela, Luis Menéndez.

18.00 h

Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, recibe a asociación de veciños de Lavacolla.

19.00 h

Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, recibe a asociación de veciños do Casco Histórico.

20.00 h

Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, recibe a asociación de veciños de San Lázaro.

Oroso – calusura mostra Goisoroso

MANUEL MIRÁS DESTACA O GOISOROSO ARTE COMO FORO PARA O DESCUBRIMENTO DE NOVOS ARTISTAS

Máis de setenta veciños participaron na clausura da mostra, que incluíu unha actuación musical do grupo Néboas

13 de outubro de 2011.- Máis de setenta veciños e veciñas de Oroso encheron o auditorio do centro cultural Fernando Casas e Novoa durante a clausura da exposición internacional “GoisOroso Arte 2011”, que tivo lugar na noite do martes. Un acto que incluíu unha actuación musical do grupo Néboas, conxunto de Sigüeiro que participou este ano na inauguración deste certame na localidade portuguesa de Góis.

O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, destacou que o papel de GoisOroso Arte como foro para o descubrimento de novos valores da arte. “Este ano pasounos con Tino Cuesta, que foi o noso representante en Góis e descubrimos que é un gran artista. Pero non é o primeiro caso, pois o GoisOroso Arte serviu para descubrir a varios artistas, xente que se deu a coñocer grazas a estas exposicións”.OROSO - CLAUSURO GOISOROS

Constantino Cuesta, representante do Concello de Oroso na exposición celebrada en Góis, tamén participou no acto de clausura da exposición. Cuesta, médico no centro de saúde de Oroso, destacou que para el “a arte é un flotador e invítovos a todos a que fomentedes hobbies como a arte, pois serán o flotador que vos axude a mantervos a flote na vosa vida”. Finalmente, o concelleiro de Cultura, Antonio Leira, agradeceu a colaboración de Cuesta e do Grupo Néboas para que “GoisOroso Arte 2011 fose todo un éxito grazas á colaboración de todos e todas”.

A exposición GoisOroso Arte estivo exposta ao público ao longo das últimas tres semanas e media no centro cultural de Sigüeiro, onde foi visitada por numerosos veciños e veciñas de Oroso. Incluíu un total de 56 obras de artistas galegos e portugueses, tanto de pintura como de escultura, que reflexionaban sobre o valor da solidariedade no mundo actual. Os artistas que participaron nesta edición foron: Acácio Malhador, Alberto Sanmiguel Rodríguez, Alfonso Rivero de Aguilar, Ana D. Abella López, Ana I. Rodríguez, Trelles, Ángeles López Fraga, Armando Martínez, Aurora Santos, Belén Rodríguez Pazo, Blanca Aroca, Camarro, Carel Verlegh, Carlos Fernando Antunes, Carlos Pereira da Silva, Carmen Sevillano, Carolina Caixeiro, Cosme, Eduardo J. Ortun, Estrela Rúa Barcia, Fernando Martins, Fran Lareo, Francisco Maceira Rodríguez, Guadalupe García Ferreiro, H. Mourato, Henrique Tigo, Herman Mertens, Hiroshi Umezaki, Isabel Rodríguez Galán, Jorge Miguel Pinho de Almeida, Julia Jiménez, Lucía Dubra Ríos, María Dolores Rodríguez Martínez, María Esther Rodríguez Noya, María José Fiaño Lois, María José Rodríguez, Madalena Bandeira, Manuel Coelho Pinto, Margarida Lourenço, Marina Cocós, Mário Silva, Mary Carmen Calviño, Nando Pereiro, Nolo Suárez, Óscar Aldonza Torres, Paz Vicente, Pedro Pinto, Pepa Mariño, Sabela Roma, Silvia Peça, Tino Cuesta e Xoán Vila.

Frades – cursos gratuitos para ocupados

O CONCELLO DE FRADES ORGANIZA SETE CURSOS DE FORMACIÓN GRATUITOS PARA ADULTOS OCUPADOS

Mantén os obradoiros máis exitosos (xardinería, arte floral, conservación de alimentos, cociña, pintura en vidro e informática) e propón tapicería de mobles como novidade

13 de outubro de 2011.- O Concello de Frades organiza sete cursos de formación gratuitos, de trinta horas de duración cada un, dentro do seu programa de actividades “Outono-Inverno 2011”. Un programa que este ano inclúe unha novidade: un curso de tapicería de mobles, así como novas edicións dos obradoiros que rexistraron unha gran participación na convocatoria de 2010, como son os de xardinería, conservación de alimentos, arte floral, pintura en vidro, informática e, sobre todo, cociña. De feito, o curso de cociña foi unha das grandes sorpresas da pasada convocatoria, xa que estaba inicialmente previsto a realización dun obradoiro na Pontecarreira e finalmente houbo que amplialo tamén á parroquia de Galegos, debido á gran demanda rexistrada.

Sete actividades educativas e formativas que están dirixidas especialmente aos adultos ocupados do municipio co obxectivo axudarlles a mellorar a súa formación laboral e mesmo abrirlles novas posibilidades de negocio. As clases terán lugar no edificio multiusos do Concello de Frades e tanto as datas e os horarios serán determinados unha vez que se conforme o grupo, de acordo co horario e cos intereses dos participantes. Por iso é preciso anotarse canto antes na Casa do Concello ou no teléfono 981 695 567, xa que os cursos comezarán en canto se conforme un grupo.

Brión – novos cursos

O CONCELLO DE BRIÓN ORGANIZA UN OBRADOIRO DE PHOTOSHOP, DOUS CURSOS DE INTERNET E UN CURSO DE MANIPULADOR DE ALIMENTOS

13 de outubro de 2011.- O Concello de Brión vén de presentar a súa oferta formativa para o vindeiro mes de novembro, que inclúe un obradoiro de Photoshop, dous cursos de manexeo de Internet e un curso de manipulador de alimentos. Uns cursos para os que xa está aberto o prazo de inscrición na Casa da Cultura, no teléfono 981 509 908 ou no mail voluntariado@briondixital.org ata o vindeiro 28 de outubro.

O telecentro de comunicacións de Brión centralizará tres dos catro cursos formativos de novembro. O primeiro deles terá lugar o sábado 5 de novembro, cun obradoiro de Photoshop de catro horas de duración (de 10:00 a 14:00 horas) no que se darán unhas bases para o manexo deste programa de retoque fotográfico. O prezo de inscrición é de 10 euros.

Así mesmo, entre o 28 de novembro e o 19 de decembro terán lugar dous cursos de manexo de Internet, que terán lugar en horarios de mañá (de 10:30 a 12:30 horas) e de tarde (de 20:00 a 22:00 horas). En ambos casos, as clases terán unha duración de 20 horas e o prezo de anotación é de 30 euros.

Finalmente, o cuarto curso formativo é un xa tradicional por estas datas: o curso de manipulador de alimentos. O curso impartirase o luns 15 de novembro no centro social polivalente, en horario de 16:00 a 19:00 horas. A cota de inscrición é de 25 euros.

Santiago – axenda´14 outubro

Venres 14

11.30 h

Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h

Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Cultura, Ángel Currás, e do director da Banda, Xosé Carlos Seráns, para presentar a temporada 2011-2012.

12.15 h

Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Educación, Ángel Currás, para presentar o curso de educación de adultos da Fundación Radio Ecca.

12.30 h

Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h

Na Igrexa de San Domingos de Bonaval, inauguración da exposición Cerimonial, festa e liturxia na Catedral de Santiago. Asisten:

Xerardo Conde Roa, Alcalde e Presidente do Consorcio de Santiago

José María Díaz Fernández, Deán da Catedral de Santiago

Xosé Manuel Villanueva Prieto, Xerente do Consorcio de Santiago

Ramón Yzquierdo Peiró, Director do Museo da Catedral e Comisario da Exposición

13.00 h

Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Facenda e Orzamentos, Cecilia Sierra, sobre asunto da sua área.

20.30 h

Na Igrexa das Orfas, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, é investido Cofrade de Honra Civil 2011 da Irmandade dos Estudantes.

21.00 h

Teatro en Xira

No Teatro Principal, Teatro El Cruce presenta 'La colmena científica o el Café de Negrín' de José Ramón Fernández dentro do ciclo Teatro en Xira. Dirección: Ernesto Caballero. Con José L. Esteban, David Luque, Lola Manzano, Paco Ochoa, Iñaki Rikarte e Pedro Ocaña.

Fundación Araguaney – o festival Amal en outros puntos de Galicia

O cine euroárabe que promove Amal chega a outros puntos de Galicia

- O cine euroárabe chega a toda Galicia grazas ao Festival de Cine Amal

- 8 curtametraxes que se emitirán en bucle, de 1 hora de duración, en pantallas de varios museos de Galicia

Santiago de Compostela, Xoves 13 de Outubro de 2011. A Galería Caroní da Fundación Araguaney acolleu esta mañá a presentación do Ciclo de Cine Experimental organizado polo Festival Amal. Trátase dunha actividade innovadora, que pretende achegar o cine euroárabe a diversos puntos da xeografía galega. Por isto, serán oito curtametraxes euroárabes independentes cun claro carácter experimental os que se proxecten en cinco museos de arte contemporánea galegos: CGAC (Santiago de Compostela), MARCO (Vigo), MACUF (A Coruña), Museo Provincial (Lugo) e Centro Cultural Edificio Simeón (Ourense).

Amal 2011 espera desta forma contribuír ao enriquecemento do panorama cultural en Galicia, fomentando a interculturalidad e a innovación en beneficio de toda a sociedade. f. araguaney - amal en toda galicia

As oito curtametraxes emitiranse nas pantallas habilitadas para iso en cada un dos museos de arte contemporánea. En todas as cidades que colaboran poderemos ver os seguintes: “A Film”, de Hisham Bizri (Líbano); “Dru”, de Jihane Chouaib (Francia); “Dot”, de Eid Abdel Latif (Exipto); “Missing”, de Tariq Rimawi (Xordania / Reino Unido); “The last passenger”, de Mounes Khammar (Alxeria); “Al Massilah”, de Peter Webber (Catar); “Exit”, de Mohanad Yaqubi (Palestina / Francia) e “The Power of generations”, de Mohammed Jassim (Bahréin).

Esta mañá así o presentou o director do Festival Amal, Ghaleb Jaber, quen insistiu en que Amal Experimental é unha iniciativa nova, pioneira en Galicia, “que representa a xuventude do cinema árabe, posto que as curtametraxes emitidas son feitas por directores de diferentes países e todos eles buscan a esencia da linguaxe do cine árabe. Ademáis, o Festival Amal é un festival de tódolos galegos, a referencia do mundo árabe en Galicia, e Amal Experimental fai posible que as produción deste certame cheguen a toda a nosa comunidade”.

Á rolda de prensa tamén asistiron Cristina Trigo Martínez, Coordinadora do Servizo de Educación e Actividades do CGAC; Francisco Cougil Hermida, Técnico do Centro Cultural da Deputación de Ourense e Coralie Yap Chine, Coordinadora do Festival Amal. Manifestaron o seu agradecemento tamén os representantes do MARCO, MACUF e Museo Provincial de Lugo a través dunha carta, posto que non puideron asistir.

As proxeccións das 8 curtas será en bucle e a duración é de 1 hora en total. As datas de Amal Experimental son dende o sábado 22 e ata o sábado 29.

Horarios particulares:

Centro Cultural Deputación de Ourense Edificio Simeón: 24-26 Outubro de 19,00 -22,00 h

CGAC: 22, 23, 24, 25-29 Outubro de 16,00 a 20,00

MACUF: 22 Outubro de 20,00 a 21,00; 25-29 Outubro de 11,00 a 14,00 e de 17,00 a 21,00 h.

MARCO: 22, 29 Outubro, de 11,00 a 21,00; 23 Outubro de 11,00 a 15,00; 25-28 Outubro de 18,00 a 19,00 horas.

Museo Provincial de Lugo: 22 de Outubro de 19,00 a 20,00; 24-29 Outubro de 18,00 a 20,00 horas.

Ames – prazo aberto para doceava carreira popular

Xa está aberto o prazo para inscribirse na XII Carreira Pedestre Popular Concello de Ames

Ames, 13 de outubro de 2011. O prazo de inscrición para a décimo segunda edición da Carreira Pedestre Popular Concello de Ames xa está aberto e rematará o xoves día 20 de outubro. O paseo fluvial de Bertamiráns será o escenario desta proba que se celebrará durante a mañá do vindeiro domingo 23 de outubro. Trátase dun evento xa máis que consolidado no termo municipal de Ames e que reúne cada ano a moitos atletas de toda a contorna e doutras localidades de Galicia. Todos os interesados poderán formalizar a súa inscrición por correo electrónico na dirección inscricionsFGAsantiago@gmail.com. Para máis información poden poñerse en contacto co departamento de deportes do Concello de Ames chamando ao número de teléfono 981 884 991.

Os atletas que van participar na décimo segunda edición da Carreira Pedestre Popular Concello de Ames teñen a súa cita 23 de outubro, para disputar unha das mellores probas deportivas que se celebran no termo municipal amiense. Cada ano que pasa a afluencia de deportistas é maior e nas rúas de Bertamiráns xúntanse un gran número de persoas que gozan practicando este deporte. Ademais ao organizarse unha semana antes que a Carreira pedestre popular de Santiago de Compostela, esta proba conta cunha gran participación de atletas que veñen a Ames co fin de preparar a proba santiaguesa.

Nesta actividade poderán participar todas aquelas persoas que o desexen, con ou sen licenza federativa. As inscricións poderanse facer ata as 22.00 horas do día 20 de outubro enviando un correo electrónico á dirección inscricionsFGAsantiago@gmail.com. Os e as interesadas farán constar os seguintes datos: nome e apelidos, data de nacemento, localidade de procedencia, club e número de licenza federativa (se a ten). Non se admitirán inscricións fóra do prazo establecido nin se admitirán inscricións o día da carreira.

Os corredores tomarán a saída ás 11:00 horas da mañá dende o paseo fluvial de Bertamiráns. Para poder participar, as persoas inscritas deberán recoller o seu dorsal ata media hora antes de que comece a proba na que participan. Os dorsais estarán depositados na secretaría da organización situada no paseo fluvial de Bertamiráns. Os participantes deberán ademais colocarse na zona de saída 10 minutos antes do comezo de cada proba.

Recibirán trofeos os tres primeiros clasificados de cada categoría, masculinos e femininos e tamén os tres primeiros absolutos masculino e feminino. Os premios non serán acumulativos. A entrega de trofeos farase ao rematar a carreira. Aos atletas que obteñan algún premio poderáselles solicitar que acrediten a súa idade coa presentación do DNI ou pasaporte. Cómpre salientar que todo corredor ou corredora que chegue á meta sen o dorsal será automaticamente descualificado.

O percorrido e a distancia da carreira varían segundo a categoría e a idade dos participantes. A traxectoria máis longa ten 7.500 metros e será a que sigan os corredores das categorías xuvenil-júnior, promesa-sénior e dos diferentes grupos de veteranos. Os participantes das categorías infantil e cadete terán que correr nun circuíto de 2.500 metros, os alevíns de 1.500 metros, os benxamíns e prebenxamíns seguirán unha ruta de 500 metros.

O control da carreira estará a cargo do comité de xuíces e cronometradores da Federación Galega de Atletismo na Delegación de Santiago de Compostela. Aínda que a proba sexa de carácter estritamente deportivo e popular, admitiranse reclamacións, pero agárdase un espírito e un comportamento deportivo por parte de todos os participantes. As reclamacións aos resultados oficiais formularánselle ao xuíz árbitro da competición non máis tarde de 30 minutos despois da publicación dos resultados.

Ames – repintado de pasos de peons

O Concello de Ames está repintando pasos de peóns en rúas de Bertamiráns e Milladoiro

Ames, 13 de outubro de 2011. O Concello de Ames comezou  o martes a repintar os pasos de peóns de varias rúas do Milladoiro e continuará nos vindeiros días co repintado tamén en rúas de Bertamiráns. O custo deste traballo é de 5.967,64 euros. As rúas afectadas en Milladoiro son 14 e en Bertamiráns 15. As marcas viarias coma os pasos de peóns son claves para garantir a seguridade dos cidadáns que circulan a pé ou nos seus vehículos. Nos últimos meses dende o Concello detectouse un notable deterioro do estado dos pasos de peóns nas dúas principais zonas urbanas do municipio, O Milladoiro e Bertamiráns, polo que dende a Concellería de Vías, Obras, Parques e Xardíns se plantexou a iniciativa de repintar estas marcas de xeito urxente.

Os traballos executarante nas rúas Ameneiral, Fieira, Fontaldeiro, J.L.Azcárraga, Lodeiro, Pesqueiras, Pedregal, Travesía Pedregal, Poeta da Maía, Avda. Da Peregrina, Rúa do Bosque, Rúa Paxaró, Cómaro, Fragua e Entrerríos en Bertamiráns. No Milladoiro ás rúas nas que se realizará o repintado dos pasos de peón serán Agro da Madalena, Agro do Medio, Castelao, Cereixos, Cruxa, Figueiras, rúa do Francés, Moa, Panasqueira e Seidón, Xeixo, Pardiñeiros, Raxoeira e Xaquín Lorenzo. O pintado farase con pintura acrílica e microesferas de vidro nos pasos de peóns con banda de parada nos núcleos de Bertamiráns e Milladoiro. O pintado comezou o pasado martes día 11 de outubro e prevese que os traballos duren unha semana.

O Concelleiro de Vías, Obras, Parques e Xardíns, Alfredo Taboada, explicou que “esta actuación é unha primeira medida de urxencia para acondicionar a sinalización horizontal, que dará paso a máis medidas desta índole para acondicionar toda a sinalización en todo o Concello, non soamente nos núcleos urbanos”.

Silleda – xunta local de sguridade o martes 18

O vindeiro martes 18 de outubro celebrarase no Concello de Silleda a xunta local de seguridade

Silleda, 11 de outubro de 2011. A xunta local de seguridade volverá a reunirse no Concello de Silleda o vindeiro martes día 18 ás 12.00 horas. Ademais da aprobación da acta da sesión anterior na orde do día figuran cuestións coma o informe do subdelegado do Goberno en Pontevedra sobre a adaptación da composición e as funcións da xunta de seguridade, segundo figura no desposto do Real Decreto 1087/2010 do 3 de setembro, polo que se aproba o regulamento que rexirá estes órganos, ou o informe da Comisión de Coordinación Policial correspondente ao ano 2010.

Tamén se dará conta do informe sobre a evolución da criminalidade no periodo 2000-2010 e se abordarán cuestións como o informe da Policía Local sobre a valoración do estado en que se atopa a colaboración entre o Concello de Silleda, e a Dirección Xeral de Tráfico. No tocante á violencia de xénero, na sesión tamén se analizará o informe da responsable da Unidade contra a Violencia sobre a Muller da Subdelegación do Goberno e se formularán, se procedo, propostas e acordos ao respecto.

A xunta de seguridade está conformada por representantes da Subdelegación do Goberno en Pontevedra, representantes da Garda Civil, Policía Local e membros do goberno municipal.

Santiago – novas intervencións medioambientáis

Medio Ambiente anuncia novas intervencións nas marxes do Sarela e no parque de Ramírez

13/10/2011 A concelleira de Medio Ambiente, Obras e Infraestruturas, María Castelao, fixo balance dos 100 primeiros días de Goberno no seu departamento e anunciou algunhas das intervencións previstas para os vindeiros meses. Entre estas, citou a segunda fase de restauración das marxes do Sarela, a eliminación das filtracións ao río Sar na Rocha, unha intervención integral no parque de Ramírez, a reparación dos parques infantís máis deteriorados. Do xa realizado, puxo énfase no peche do vertedoiro de Aríns.

Facendo un repaso da xestión nestes tres meses, salientou no eido do medio ambiente a reactivación do proxecto Park Atlantic. Debido a que con anterioridade non se realizara ningún gasto, indicou que foi preciso cambiar as anualidades do proxecto e reprogramar o mesmo. Houbo reunións cos socios do proxecto, do que Santiago é xefe de fila e estase a traballar nun plan de acción para o futuro.O alcalde e a concelleira durante unha visita con técnicos ao vertedoiro de Aríns.
Tamén se referiu María Castelao a un problema ao que, despois de moitos anos, se está a piques de dar solución: as filtracións ao río Sar na Rocha. A empresa concesionaria do servizo de augas, Aquagest, está traballando actualmente neste tema.
Respecto ao outro río principal do municipio, o Sarela, anunciou que se está a elaborar o proxecto da segunda fase da restauración das súas marxes, as comprendidas entre Galeras e O Romaño. Afirmou que as obras comezarán nun período aproximado dun mes e que serán executadas pola brigada de obras do Urbana Santiago Norte, que xa realizara a primeira fase.
Adxudicacións
En materia de obras, a concelleira recordou as adxudicacións producidas nos últimos meses, como o reforzo do firma da vía pública de Barciela (96.000 euros) e da comprendida entre A Ponte e Ponte Albar, en Grixoa (150.000 euros); o acondicionamento do Centro Sociocultural de Marrocos (108.892 euros) ou a instalación de alumeado público no campo de fútbol de herba artificial de San Lázaro (49.000 euros).
Xa falando de parques e xardíns, referiuse á prórroga do mantemento do parque de Salgueiriños a unha empresa filial de Cogami ou a apertura da zona do parque Eugenio Granell afectada polas obras nos colectores, que "estivera pechada catro ou cinco meses pola falta dunha simple varanda". Igualmente, lembrou as intervencións realizadas nos parques Pablo Iglesias e Ponte Pereda.
Remodelación dos parques e pequenas intervencións
A Concellería está tamén a traballar na valoración da "actuación integral" que se vai a realizar no parque de Ramírez. Ademais desta, vaise a intervir naqueles parques máis antigos, que cifrou nun 85% do total, solucionando as súas deficiencias. "Iremos acometendo melloras ao longo de toda a lexislatura, priorizando os que estean en peor estado". Entre os traballos previstos contémplase a substitución de pavimentos de area por outros de caucho ou de herba artificial, labores de pintura e lixado ou cambio de pezas, entre outros.
Outras xestións que María Castelao non quixo esquecer foron aquelas que, pola súa dimensión, non teñen tanto eco, pero que "supoñen importantes melloras para os veciños". Entre estas comentou a substitución duns alcorques na rúa Ulpiano Villanueva, que permitiu crear novas prazas de estacionamento, ou os contactos con ADIF para que "subsanen todas as carencias que os veciños tiveron que soportar nestes anos" de obras do AVE. Outra destas medidas prácticas, en colaboración coa Concellería de Mobilidade, é a creación dunha parada de autobús na rúa do Hórreo, en fronte do centro de saúde.
Remate da Escola de Salgueiriños e reactivación do CSC de Santa Marta
Na rolda de prensa tamén anunciou o remate das obras da Escola Infantil de Salgueiriños, que xa está a disposición de Educación para que poda iniciar o proceso de matrícula. O que se iniciará nunhas dúas semanas será a obra para urbanizar o acceso á Escola e para crear unha liña de estacionamento, aspectos non previstos no proxecto inicial.
No caso do Centro Sociocultural de Santa Marta, indicou que se desbloquearon as obras, paralizadas durante uns meses, tras as modificacións do proxecto inicial. Neste punto, a concelleira afirmou que "non cremos nos modificados" e que o Goberno municipal velará porque as obras se fagan "co orzamento de adxudicación inicial".
Vertedoiro de Aríns e negociacións pola EDAR
María Castelao dedicou unha especial atención á "solución de dous grandes problemas" como son o peche do vertedoiro de Aríns e as negociacións para cambiar a situación da nova estación depuradora da Silvouta. Sobre o primeiro, indicou que "o problema é máis grave do que pensabamos nun principio" e que serán necesarios uns 20 anos para rexenerar a zona. A Concellería está a traballar cun experto mundial nestas cuestións, Josep María Serena, para elaborar un plan de acción.
Respecto ás negociacións co Ministerio de Medio Ambiente e a Consellería de Medio Ambiente en relación á EDAR, expresou o seu convencemento de que "no menor tempo posible a depuradora sexa unha realidade para os composteláns"
Traballo transversal
Para a posta en marcha de todos estes proxectos, a edil destacou o esforzo de "comunicación entre departamentos" que debe realizar unha concellería "transversal" como a súa. Tamén indicou que, nesta chegada ao Goberno, foi preciso cambiar determinados "hábitos, inercias e dinámicas" para darlle un ritmo "máis áxil" ao traballo do departamento.
A propósito deste labor de coordinación citou o primeiro reto que, en colaboración con outras concellerías e con Alcaldía, supuxo a organización das Festas do Apóstolo nun limitado período de tempo. Malia isto e as dificultades orzamentarias, apuntou que foron unhas "festas exitosas e con gran

Ames – festividade do Pilar no novo cuartel da garda civil

O novo cuartel da Garda Civil de Milladoiro acolle por primeira ver a festividade da Virxe do Pilar

Ames, 12 de outubro de 2011. O 12 de outubro festéxase a festa nacional de España pero tamén se celebra a festividade da Virxe do Pilar, patroa da Garda Civil. No novo cuartel do Milladoiro tamén quixeron ser partícipes desta festividade e organizaron unha serie de actos. Ás 12:30 horas houbo unha misa no Centro Parroquial de San José, no Milladoiro, e ás 13:30 horas serviuse un aperitivo no novo Cuartel da Garda Civil que se inaugurou hai cinco meses. Nestes actos estiveron Jorgue Rodríguez Serantes, comandante do posto da Garda Civil no Milladoiro, o alcalde de Ames, Santiago Amor, o alcalde de Teo, Martiño Noriega, o sarxento da Policía local de Ames, José Antonio Rodríguez, e o sarxento da Policía local de Teo, Manuel Parga. Tamén asistiron varios membros das corporacións municipais de Ames e Teo.

Ao igual que en anos anteriores o Concello de Ames e a Garda Civil do Milladoiro sumáronse ás celebracións da festividade da Virxe do Pilar e do Día da Hispanidade. A Festa do Pilar celébrase o día 12 de outubro na honra da Virxe do Pilar, patroa da Guarda Civil. Esta festividade coincide co Día da Hispanidade. Para celebrar esta festividade a Garda Civil que presta o seu servizo nos termos municipais de Ames e Teo organizou un acto que se desenvolveu no Milladoiro, localidade onde está situado o seu cuartel.

Os actos comezaron cunha misa no Centro Parroquial de San José, no Milladoiro, que comezou ás 12:30 horas. De seguido todas as persoas que asistiron á liturxia desprazáronse ata o Cuartel da Garda Civil do Milladoiro, onde se serviu un aperitivo.

Varios membros das corporacións municipais dos Concellos de Ames e Teo tamén se uniron a celebración desta festividade. Deste xeito asistiu o alcalde de Ames, Santiago Amor, acompañado de varios membros do grupo de goberno, asistiron tamén membros do Partido Socialista de Ames e do Partido Popular de Teo. Tamén asistiu ao aperitivo o alcalde de Teo, Martiño Noriega. Amigos e familiares dos axentes da Garda Civil e da Policía local de Ames e Teo achegáronse ata o Milladoiro para participar nesta festa.

BNG A Estrada – o IBI podería subir un 60% sen as bonificacións

Se se confirma a eliminación da bonificación do IBI, os recibos subirán un 60%

O remanente de 1.450.000 euros que menciona o Concelleiro de Facenda, gastouse gracias aos votos do PSOE e do PP, en contra do criterio do BNG que o quería adicar a amortizar débeda e para o PXOM
O BNG convida a todos os estradenses a asistir ao pleno de mañá xoves e impedir esta suba de impostos
O BNG xa ten organizada unha reunión informativa, aberta a todos os estradenses, para o venres 14, ás 9 da noite na Sala de Exposicións de Caixa Nova, para explicar as consecuencias deste atraco do PP

A Estrada, 12 de outubro de 2011: A respecto do artigo de opinión que o Concelleiro de Facenda, Alberto Blanco, escribiu hoxe para un medio de comunicación local, o portavoz municipal do BNG, Xosé Magariños explicou que “o IBI, a contribución, en absoluto é un imposto progresivo, xa que, aínda que se paga máis en función da superficie do terreo ou do solar, o prezo por metro cadrado é igual para todos (traballadores, pensionistas, parados, etc),” “Outra cousa sería,” engadiu o concelleiro nacionalista, “se ao pagar o IBI se contemplara a renda do contribuínte, daquela si, pero non é o caso.”
“Por outra banda,” precisou o nacionalista Xosé Magariños, “recórdolle, por se xa o esquecera o señor concelleiro, que o remanente 1.450.000 euros que menciona no seu artigo e nas declaracións na radio municipal, gastouse grazas aos votos do Partido Popular e do PSOE, que votaron a favor, en contra do criterio do BNG que o quería para amortizar débeda e para o PXOM”.
“Xa sei,” explicou Magariños, “que daquela Alberto Blanco non era concelleiro, pero que cada pau aguante a súa vela, porque se se fixera o que dicía o BNG, agora non poderían utilizalo como xustificación da suba dos impostos un 60%, que será o que teñan que pagar a maiores todos os veciños e veciñas do Concello da Estrada”.
“Como xa fixemos en 2004, cando o BNG aprobou en solitario esta bonificación que quer eliminar agora o PP, faremos o imposíbel para evitar esta subida de impostos”, explicou o portavoz do BNG. “Neste sentido”, engadiu, “non só invitamos a todos os veciños e veciñas a amosar a súa repulsa contra esta subida acudindo ao pleno de mañá xoves, senón que o BNG xa ten organizada unha reunión informativa, aberta a todos os estradenses, para o venres 14, ás 9 da noite na Sala de Exposicións de Caixa Nova, para explicar as consecuencias deste atraco do PP.” “No BNG non nos vamos a quedar cos brazos cruzados”, explicou Magariños, “se en 2004 había motivos para aprobar esta bonificación, en 2011, e con esta crise, máis aínda”.
O portavoz do BNG, Xosé Magariños tamén se referiu ao feito de que o grupo de goberno do PP recoñece que o máis sensato sería agardar a ter unha nova ponencia de valores unha vez se aprobe o Plan Xeral. Neste sentido o concelleiro nacionalista indicou que “no BNG se xa estabamos preocupados polo PXOM, ante a falta de noticias oficiais, isto é, en comisión, agora xa entramos nunha fase de pánico, porque con estas declaracións implicitamente o PP está recoñecendo que de momento non se aprobará.” “Co cal non haberá máis ingresos, non haberá unha nova ponencia de valores, e o PP recorre ao máis fácil, subir os impostos”, rematou dicindo o portavoz municipal do BNG.

Santiago – implantarasé o pago fraccionado de impostos

Facenda implantará o pago fraccionado dos impostos

11/10/2011 A concelleira de Facenda e Orzamentos, Cecilia Sierra, anunciou que o Goberno municipal está xa barallando a posibilidade de establecer o pago do Imposto de Bens Inmobles (IBI) no mes de maio, e non a finais de ano como actualmente. Ademais, permitirase o pago fraccionado do imposto.

Estas dúas medidas, explicou a Cecilia Sierra, responden á necesidade de "mellorar a cadencia" dos pagos ao longo do ano e de conseguir "un alivio para as familias compostelás". A intención municipal é que o fraccionamento se poida xa permitir no exercicio 2012 e comprometeuse telo totalmente implantando en 2013, concedendo aos cidadáns ata tres prazos de pago.
A posta en funcionamento desta medida está sendo tratada coa empresa encargada da xestión das pasarelas de pago municipais. Ademais, indicou, a intención é aplicar o fraccionamento de pagos non só ao IBI, senón tamén ao resto de impostos.
O cambio nas datas de pago e o fraccionamento contribuirán, en palabras da concelleira, a mellorar as frecuencias de pago do Concello a provedores. Nesta dirección van tamén outras medidas modernizadoras, como o establecemento dun rexistro automático de facturas. Segundo explicou, "buscarase que dende o propio Rexistro se escaneen as facturas para que, previo paso por Intervención, pasen aos distintos departamentos para a súa aprobación". Lembrou que na actualidade, dende o rexistro da factura á súa aprobación pasan entre 20 e 30 días.
A propósito dos tempos de pago aos provedores, apuntou que o último dato dispoñible era o de 28 millóns de euros en facturas pendentes, cuns períodos medios de pago de case 123 días, pero que, neste mesmo 2011, se teñen detectado facturas sen pagar de ata 10 meses de antigüidade. Non obstante, estimou que, grazas á operación de tesourería por 4 millóns de euros realizada e á entrada dos primeiros pagos do IBI, a cifra pendente podería estar nos 21 ou 22 millóns de euros. "A operación de crédito permitiunos adiantar un ou dous meses pagos a provedores, que en moitos casos nos agradeceron esta medida por estar pasando un momento crítico", afirmou.
A concelleira tamén anunciou outras medidas modernizadoras nos servizos económicos, como a creación dun módulo informático para que cada concellaría poida consultar a execución do orzamento e realizar os axustes oportunos. Igualmente, a través deste módulo, os edís poderán facer as súas propostas de orzamentos. "A partir de aí e das previsións de ingresos realizaranse os axustes pertinentes", explicou Cecilia Sierra.
Orzamentos 2012
Seguindo cos orzamentos, neste caso de 2011, dixo que o seu departamento "ten pendente a posta ao día dos ingresos de agosto e setembro, para coñecer o grao de execución do orzamento actual e prever a execución ata finais de ano". Nesta materia e cara o novo exercicio, un dos obxectivos de Facenda é establecer controis trimestrais de graos de execución.
Coñecido o estado de execución do orzamento actual, traballarase no novo, cuxa aprobación inicial se prevé en novembro, co obxectivo de que estea aprobado definitivamente antes de rematar 2011. Xa se deron os primeiros pasos para establecer os niveis de ingresos do próximo exercicio, para a partir de aí fixar as partidas de gastos. Neste punto recordou que en toda a lexislatura vai existir un teito de gasto.
Medidas de aforro
Cecilia Sierra fixo estes anuncios nunha rolda de prensa na que tamén repasou algunhas das medidas postas en marcha polo seu departamento nos primeiros cen días do novo Goberno municipal. Así, no capítulo do gasto corrente, referiuse á supresión do límite de libre disposición de 12.000 euros para os concelleiros. "Agora poden facer propostas de gasto, pero quen autoriza todos os gastos é esta Concellería".
Ademais, engadiu, "asentáronse as bases dunha política de contención e aforro", coa rebaixa media de entre o 15% e o 30% do que denominou "gastos superfluos" en determinadas partidas. Nalgunhas partidas esta diminución pode chegar ata o 50%. Incidiu en que parte deste aforro se destinará a gasto social.
Nas medidas de aforro enmarcou tamén a redución do 30% do número de asesores e a diminución das dedicacións exclusivas, que suporán en toda a lexislatura un aforro duns dous millóns de euros.
Finalmente, falou da elaboración dunha auditoría de gasto enerxético, concepto que, dixo, supón "un gasto anual de entre 2,5 e 3 millóns de euros.

Negreira – a feira de saldos aprazada

A cita da Feira de Saldos, inicialmente prevista para o 5 e 6 de novembro, queda finalmente aprazada

de Concello de Negreira, el miércoles, 12 de octubre de 2011 a las 5:06

A cita da Feira de Saldos, inicialmente prevista para o 5 e 6 de novembro, queda finalmente aprazada para o mes de marzo, segundo confirmou onte o concelleiro de Comercio e Industria, Jesús Capeáns Gómez, por «falta de quorum suficiente», tendo en conta que non se chegaba a cubrir os dous terzos do total do aforamento con firmas locais como esixe a nova Lei do Comercio, aínda expresando a súa intención de participar na feira un total de 15 firmas comerciais de Negreira.

 

«A intención do Concello era apoiar ao comercio local sufragándolle oito metros dous seus estands e correndo con outros gastos, sobre todo en gratitude por sufragar as festas de xullo, pero a baixa dalgunha firma impediu que chegaramos á superficie mínima», sinalou Jesús Capeáns, quen defende que a feira teña unha maior presenza local que nas últimas edicións cando chegou a haber unha vintena de firmas foráneas.

Época inadecuada

Capeáns considera que o Concello «non pode organizar a feira, xa que teñen que ser vos propios comerciantes, pero se colaborar activamente e ou noso apoio vanno a ter sempre», comenta o edil negreirés, quen apunta que esta época non é a máis apetecible para moitos profesionais, que propuxeron aprazar esta quinta edición do certame ao mes de marzo «xa que nos dixeron que apenas teñen stocaxe, xa que por mor dá crise non fixeron tantas compras como outros anos».

O Concello de Negreira debería realizar un desembolso económico importante por non solicitar a subvención pertinente o colectivo de comerciantes, o que sen dúbida suporía un problema engadido para organizar a Feira de Saldos, pois xoga na súa contra a problemática que afecta á asociación de empresarios, cuxa actividade está paralizada polos problemas internos logo dun período no que estivo rexida por unha xunta provisional para aclarar o desfasamento das súas contas económicas.

A edición da Feira de Saldos do ano pasado, celebrada no pavillón de Pedra Mámoa, estivo organizada os días 30 e 31 de outubro pola empresa Xestedec coa colaboración municipal. A preparación desta Feira foi polémica ao haberse destapado unha controvertida xestión económica por parte dos xestores da asociación local de empresarios

Silleda – reunión coa secretaria de estado de igualdade

La secretaria de Estado de Igualdad y la alcaldesa de Silleda se reúnen para impulsar la inserción laboral de las mujeres

11 de octubre de 2011.- La secretaria de Estado de Igualdad, Laura Seara, y la alcaldesa de Silleda (Pontevedra), Paula Fernández, se han reunido para analizar la situación de las mujeres en el ámbito rural y plantear mecanismos de colaboración que faciliten la inserción laboral de las mujeres.

Seara ha explicado que “el objetivo es que las distintas administraciones trabajen mano a mano para incrementar la incorporación de las mujeres rurales al mercado laboral. Se trata, además de dar pasos hacia la igualdad de oportunidades allí donde los obstáculos son mayores, de potenciar el desarrollo económico del medio rural”. En este sentido, la secretaria de Estado de Igualdad ha valorado la iniciativa de la alcaldesa de marcar como prioritarias las medidas en materia de igualdad entre mujeres y hombres. SILLEDA - REUNION SECRETARIA ESTADO IGUALDADE

Secretaría de Estado y Ayuntamiento de Silleda han establecido un primer contacto que servirá para abrir una vía de colaboración entre ambas instituciones.

EL COLECTIVO DE MUJERES RURALES, UNA PRIORIDAD

Por su parte, la alcaldesa de Silleda, Paula Fernández Pena, apunta que, dentro de una de sus máximas prioridades, la de potenciar el empleo, desde el gobierno municipal silledense se tratará, en colaboración con la Secretaría de Estado de Igualdad, de promover e impulsar el colectivo de la mujer rural, uno de los más desfavorecidos a nivel laboral.”Las mujeres del rural silledense demostraron siempre su capacidad de trabajo, y en este momento de especial dificultad, van a poder contar con todo nuestro apoyo en el plano de la formación y el empleo”.

Ames – actividades Sanauga

63 persoas asisten ás actividades de Sanauga

Ames, 11 de outubro de 2011. A piscina municipal de A Telleira acolle desde esta semana o programa de actividades acuáticas para maiores e persoas con discapacidade. O programa Sanauga preséntase como unha alternativa de deporte saudable destinado a un colectivo que conta cunhas necesidades de coidado e mantemento moi específicas. Un total de 63 persoas repartidas en catro grupos tiveron ocasión de desenvolver as primeiras actividades na auga, co ánimo de favorecer a mobilidade e o benestar físico a un ritmo axeitado. Esta iniciativa ten como obxectivo tratar de mitigar as dores de diversas doenzas musculares e óseas. Á primeira xornada desta actividade, que foi onte, tamén asistiu o concelleiro de Deportes, Tempo Libre e Voluntariado, Manuel Ferreiro.

Onte comezaron de novo as actividades do programa Sanauga posto en marcha pola Concellaría de Deportes ,Tempo Libre e Voluntariado, e xestionado pola Oficina de Voluntariado de Ames (OVA). Este programa ten como obxectivo favorecer a mobilidade e o benestar físico dun colectivo moi determinado mediante diferentes actividades na auga. A de onte foi a primeira sesión desta actividade que se levará a cabo na piscina municipal A Telleira ata o mes de xuño.

O programa Sanauga encamíñase sobre todo a atender as necesidades da terceira idade e de xente con algún tipo de discapacidade física, indo máis alá do simple exercicio na auga. Trata de favorecer o benestar físico dos e das participantes, minorando as dores de doenzas nos ósos ou na musculatura por medio de actividades que non requiran un gran esforzo e tendentes á relaxación corporal.

Un total de 63 persoas, repartidas en catro grupos, tres de 15 persoas e un de 18, participan nas actividades do programa de Sanagua. Estas actividades desenvolveranse todos os luns e mércores ata o mes de xuño. A primeira quenda terá lugar ás 9:15 horas, a segunda ás 10:45 h. a terceira ás 11.30 e a última ás 12.15 horas. En cada unha delas participarán quince persoas baixo excepto na segunda quenda que participan 18, todos teñen a supervisión de dous monitores. A segunda quenda está especialmente pensada, pola dispoñibilidade de liñas de transporte público, para as e os participantes que se despracen desde O Milladoiro. A receptividade ante a posta en marcha desta iniciativa foi moi boa, proba diso é que dos 45 inscritos do ano pasado, este ano pasouse a 63.

Sanauga vai máis alá da natación e destina as súas actividades á relaxación e á mellora física das persoas participantes. Tendo en conta o grupo ao que está dirixido, non se trata de realizar actividades que supoñan un grande desgaste físico e un alto rendemento, senón de contribuír ao benestar dos e das asistentes. A maioría dos participantes son xubiladas e persoas que contan con algunha discapacidade ou enfermidade. Os exercicios na auga son fundamentais para minorar a artrose ou outras doenzas de ósos e de musculatura.

Segue aberto o prazo de inscrición durante o mes de outubro

O prazo de inscrición seguirá aberto durante este mes, posto que haberá unha lista de espera para cubrir posibles baixas. Se unha persoa falta máis de dous días seguidos e non xustifica a súa falta ese lugar poderá ser ocupado por outra.

Brión – mantemento alumeado público

O CONCELLO DE BRIÓN E ELECTRICIDAD CRUCEIRO SL FORMALIZAN UN CONTRATO PARA A REPARACIÓN E MANTEMENTO DO ALUMEADO PÚBLICO EN BRIÓN

11 de outubro de 2011.- O Concello de Brión vén de formalizar coa empresa Electricidad Cruceiro SL un contrato para a reparación e mantemento de material do alumeado público no municipio de Brión durante os vindeiros catro anos. Un contrato, adxudicado mediante procedemento aberto con multiplicidade de criterios de valoración, que ascende a un total de 40.061 euros anuais (IVE incluido), o que supón un montante total de 160.244 euros.

Electricidad Cruceiro SL resultou a adxudicataria do procedemento grazas especialmente ás melloras que comprometeu en materia de eficiencia e aforro enerxético. A empresa adxudicataria, ademais de ter presentado a proposta máis convinte para o Concello de Brión, comprometeuse a investir 24.000 euros en materia de eficiencia e aforro enerxético.

Ademais, o Concello de Brión tamén valorou que a empresa presentase unha memoria medioambiental xenérica e parcialmente adaptada á realidade do servizo, así como que dispoña dun número suficiente de medios humanos e un bo parque automobilístico e de maquinaria que lle permitirán prestar o servizo en Brión con todas as garantías.

Santiago – axenda mércores 12 e xoves 13 de outubro

Mércores 12

12.15 h

En San Francisco, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asiste aos actos con motivo da Festividade da Virxe do Pilar, patroa da Garda Civil.

21.00 h

No Multiúsos Fontes do Sar, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asiste ao partido do Obradoiro.

Xoves 13

10.00 h

Na sede do Consorcio de Santiago (Rúa do Vilar, 59), ROLDA DE PRENSA de presentación do programa Conciencia 2011 e da cerimonia de entrega do Premio Fonseca a Roger Penrose. Asisten o reitor da USC, Juan Casares; o alcalde de Santiago e presidente do Consorcio, Xerardo Conde Roa; e o profesor da USC e responsable de ConCiencia, Jorge Mira.

12.00 h

Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Medio Ambiente, Obras e Infraestruturas, María Castelao, sobre asuntos da súa área.

14.15 h

Na Casa do Concello, encontro do alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, cos participantes da misión comercial inversa Polonia, Marrocos e Alxeria-Galicia.

17.00 h

Pleno extraordinario

Na Casa do Concello, sesión extraordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:

1. Ratificación da urxencia da convocatoria.

2. Ditame sobre a aprobación da conta xeral do exercicio de 2010.

3. Expediente de crédito extraordinario e suplemento de crédito do Organismo Autónomo “Auditorio de Galicia”.

20.00 h

No Palacio de Congresos, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asiste á inauguración oficial do XXV Congreso Nacional da Sociedade de Pediatría Extrahospitalaria e Atención Primaria.

Ames – envío de ficheiros contables o ministerio de economía

Ames remitiu hoxe os ficheiros contables correspondentes á Conta de 2010 ao Ministerio de economía

A Conta Xeral do Concello de Ames está aprobada con Decreto nº 1790/2011 dende o pasado venres día 7 de outubro pero un problema informático impediu remitila ao Ministerio ata hoxe

Ames, 11 de outubro de 2011. O Concello de Ames formou a Conta Xeral do 2010 o pasado venres día sete de outubro, pero debido a un problema coa aplicación informática relacionado co programa contable, non se puido enviar ao Ministerio de Economía ata hoxe, día 11 de outubro. Deste xeito, o concello de Ames, que aprobara en pleno e por unanimidade unha solicitude ao Ministerio pedindo ampliación de prazo para render a conta ata finais de outubro, rende a Conta por primeira vez en moitos anos dentro do exercicio que lle corresponde, aínda que fóra do prazo do Consello de Contas, que está establecido ata o 15 de outubro. O alcalde de Ames, Santiago Amor, explicou hoxe que espera que finalmente non se produza a retención de 400.000 euros por parte do Estado, e que como moito se produza un atraso no pago.

O pasado venres día sete firmouse o decreto nº 1790/2011 polo que quedou aprobada a liquidación da Conta Xeral do Concello de Ames e hoxe quedarán transmitidos os ficheiros ao Ministerio de Economía. O problema informático que impediu remitir antes a Conta non se puido solventar ata esta semana debido a que a aplicación contable é a mesma que emprega a Deputación de Coruña e o pasado venres foi festivo local na cidade herculina. Santiago Amor, explicou que “espera que nos anos vindeiros non se repitan episodios coma este” e afirmou que “o que se fixo foi cumprir, co esforzo dos traballadores municipais, cunha responsabilidade herdada da mala xestión de Carlos Fernández” por iso “agradeceu a labor dos servizos económicos deste Concello, que traballaron dobrando quenda durante as últimas semanas”.

Santiago Amor explicou que agora mesmo as nóminas dos traballadores do concello non corren perigo, “porque ademais se tomaron medidas para ter un remanente de tesourería co fin de facer fronte a imprevistos”. O rexedor amiense transmitiu unha mensaxe de certa tranquilidade aínda que a situación económica do Concello “segue sendo complicada”. Nas vindeiras semanas cobraranse recibos da contribución urbana por valor de máis de 4 millóns de euros, pero “trátase dun diñeiro que xa está gastado en facturas e outros compromisos de pago coma un crédito de 2 millóns de euros” explicou o popular Santiago Amor, que afirma que a partir de agora se traballará no novo Orzamento de cara ao vindeiro exercicio, e máis a medio prazo nun Plan de Equilibrio Financeiro.

Ames – programa Amessan

Esta semana comeza unha nova edición do programa Amessan

O programa Amessan reinicia a súa actividade un ano máis co fin de atender ás persoas maiores de 60 anos e aquelas que teñen algún tipo de discapacidade. Esta semana comeza unha nova edición do programa Amessan, que dende hai oito anos, leva promovendo hábitos de conduta saudables para os adultos e anciáns de Ames. As actividades incluídas neste programa desenvolveranse nas salas de usos múltiples de Bertamiráns e do Milladoiro e nos locais sociais da Tarroeira, Piñeiro, Cruxeiras, Trasmonte, Agrón, Ameixenda, Bugallido e Covas. Este ano hai arredor de 400 persoas inscritas que asistirán ás actividades de ximnasia terapéutica, expresión a través das mans, expresión musical (clases de pandeireta), baile de salón e aos obradoiro de memoria.

A pesar de que sempre se incide en que Ames é un concello eminentemente mozo hai que destacar que existe unha franxa de idade que engloba ás persoas maiores que tamén requiren unha atención especial. Na actualidade están censados no municipio amiense un total de 4.149 persoas maiores de 60 anos. Para atender as necesidades deste grupo social o goberno municipal dálle continuidade ao programa Amessan co fin de promover hábitos de conduta saudables entre os adultos e anciáns de Ames.

Dende o grupo de goberno encabezado por Santiago Amor apostan por darlle continuidade ao programa Amessan porque considérano moi positivo para o colectivo de persoas ao que está dirixido e porque moitos dos usuarios/as demandaron a súa continuidade ao remate do curso anterior. A concelleira de Servizos Sociais, Familia, Dependencia e Maiores, María Dolores Fernández, agradécelle ás asociacións que lle deixen ao Concello as instalacións onde se van a desenvolver as actividades incluídas neste programa. Por último, María Dolores Fernández deséxalle a todos os usuarios/as de Amessan que aproveiten o curso e que se divirtan nas actividades que se ofertan. AMES - AMESSAN 2011

Nos últimos anos Amessan está cumprindo o seu obxectivo principal de promover o benestar físico, psicolóxico e social da poboación maior do concello de Ames. A través das diferentes actividades integradas no proxecto, que están acadando un bo nivel de participación, lógrase ademais que os maiores saian da casa, coñezan xente, estean entretidos e ao mesmo tempo fagan exercicio.
Este obxectivo conséguese a través do programa Amessan que se desenvolve nas salas de usos múltiples de Bertamiráns e do Milladoiro e nos locais sociais da Tarroeira, Piñeiro, Cruxeiras, Trasmonte, Agrón, Ameixenda, Bugallido e Covas. Nesta edición manteranse os mesmos grupos que se viñan desenvolvendo o curso pasado. Deste xeito, impártense as actividades de Amessan en 10 puntos distintos do termo municipal.

Durante o curso 2011-2012 serán arredor de 400 usuarios/as os que poidan asistir ás actividades de ximnasia terapéutica, expresión a través das mans, expresión musical (clases de pandeireta), baile de salón e aos obradoiro de memoria. Estas actividades teñen como fin axudar a atrasar a deterioración psicobiolóxica e a aumentar a autoestima das persoas maiores.

Hábitos de conduta saudables
As clases comezan entre o 10 e o 14 de outubro, en diferentes días e horarios segundo a actividade e o lugar. As clases de expresión musical terán lugar na Ameixenda e en Trasmonte. Este obradoiro utiliza como vehículo de comunicación a música -clases de pandeireta- e traballan áreas físicas, creativas e relacións interpersoais.
Por outra banda, ás persoas que se apunten a ximnasia terapéutica potenciaráselles a actividade motriz, as habilidades cognitivas e faránselles propostas para mitigar a deterioración sensorial e perceptiva e os trastornos emocionais e afectivos. Esta actividade desenvolverase en Piñeiro, Bugallido, no Milladoiro, en Bertamiráns, na Tarroeira e en Cruxeiras.
A creatividade é a ferramenta básica da expresión a través das mans, que ademais busca a activación das habilidades manuais e a capacidade individual de elección, dado que cada persoa elixe libremente con que material traballar. Esta actividade desenvolverase nas parroquias de Agrón e de Cruxeiras.
O obradoiro de memoria impártese no Milladoiro e no local social de Covas. As clases de baile de salón impartiranse nos locais sociais de Bugallido, Ameixenda e Piñeiro. Para obter máis información poden chamar ao número de teléfono 981 88 37 03, en horario de 10:00 h. a 14:00 horas, ou ao móbil 696 952 746, dende 18:00 h. ata as 20:30 horas.

Picando no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o impreso no que figuran todos os horarios e lugares onde se impartirán as actividades incluídas no programa Amessan.

Fundación Araguaney – presentación festival Amal

El Festival de Cine Euroárabe Amal presenta su programación completa

Santiago de Compostela, Martes 11 de Octubre de 2011. La Galería Caroní de la Fundación Araguaney-Puente de Culturas ha acogido esta mañana la presentación oficial de la programación de Amal 2011.

En la rueda de prensa han intervenido: Ghaleb Jaber Martínez, FUNDACION ARAGUANEY - PROGRAMA AMALDirector del Festival Amal; D. José Ignacio Fariñas Rodríguez, Gerente Comercial Norte Iberia; D. Anxo Quintanilla Louzao, Director del Consorcio Audiovisual; D. José Lúis Castro de Paz, Vicedecano da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC; Dña. Montse Besada Vergara, Xefa de Produción Allea da TVG; D. Juan Carlos Fernández Fasero, director del AGADIC y el alcalde de Santiago, D. Gerardo Conde Roa.

El director del festival, Ghaleb Jaber, expuso ante los medios de comunicación el programa completo de actividades que se ofrecerán durante la semana de Amal. Un total de 26 películas, entre cortos y largos, que se proyectarán en las dos sedes del Festival. La Galería Caroní, Rúa do Vilar 21, exhibirá proyecciones a las 12 del mediodía; mientras que en el Teatro Principal se exhibirán a las 18,00, 20,00, 22,00 y 00,00 horas. También habrá un Ciclo de Cine Infantil, con 2 cortometrajes para niños, y el Ciclo de Cine Experimental, iniciativa en la que colaboran varios centros de arte contemporáneo de Galicia proyectando en sus sedes 8 cortometrajes de cine euroárabe.

Además de películas, el Festival Amal viene cargado de actividades. Los amantes de la gastronomía podrán disfrutar de la mejor cocina árabe, gracias a la Semana Gastronómica de Cocina Árabe que organiza el Restaurante Caney. Habrá también talleres de cocina, danza y caligrafía árabe.

Otra de las formas de conocer a fondo la cultura de Oriente Medio es a través de Amal Informa, una iniciativa en la que, a través de cuadros con información sobre las culturas árabe y europea, la gente podrá conocer más detalles sobre ambas.

Para conocer más información sobre el resto de actividades que trae el Festival Amal 2011, puede consultarse la web: www.festivalamal.es

Todas las personalidades que tuvieron la oportunidad de intervenir en la rueda de prensa, manifestaron su apoyo a un festival de tal calado en el otoño de Santiago de Compostela. El alcalde de Santiago, Gerardo Conde Roa, no dudó en comentar que “é una honra ter na nosa cidade un festival desta categoría, que emprega o cine, a arte e a gastronomía en particular, e a cultura en xeral, como instrumento para o diálogo entre Oriente Medio e Occidente”. Expuso que el Festival Internacional de Cine Euroárabe Amal es hoy en día un de los referentes más importantes del género en Europa, encargado de acercar dos culturas tan lejanas, pero en realidad tan cercanas. Además, añadió que “nestes momentos de crise, é a cultura a que debe xogar o papel máis importante na sociedade”.

Santiago – I feira internacional de emprego

Confirmadas xa máis de 100 ofertas de traballo na I Feira Internacional de Emprego

11/10/2011 A Concellaría de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego de Santiago de Compostela, organizadora da primeira edición da Feira Internacional de Emprego (FIE) en colaboración coas entidades asinantes do Pacto Local polo Emprego (PALE), que terá lugar os días 3 e 4 de novembro no pavillón Multiusos Fontes do Sar, conta xa cos primeiros datos de participación, tanto no referido a demandantes de emprego como a empresas ofertantes de postos de traballo.

Empresas de todos os sectores de actividade laboral, como tecnoloxía, banca, formación, comunicación, seguros, comercio, servizos ou sanidade tomarán parte na FIE. Ata o momento, un total de 21 empresas, entre as que destacan firmas como El Corte Inglés, Seguros Bilbao, Tecnocom, Duatel, Egasa, Noyamovil ou Aquagest, confirmaron xa a súa participación neste evento. O número de ofertas de traballo presentado polas empresas ascende ata o Cartel da Feira Internacional de Emprego.momento a 112.
Ata o 21 de outubro, dez días antes do comezo da Feira, os interesados en participar nos procesos de selección laboral deben inscribirse na páxina web FIE, axuntando o seu currículo.
O departamento de Emprego do Concello preseleccionará entre os candidatos aqueles que se axusten ao perfil de cada oferta, cun número mínimo de 3 candidatos por posto. Os seleccionados polas empresas participantes realizarán unha entrevista de traballo os días 3 e 4 de novembro. Ata o momento, un total de 714 persoas, das que 397 son mulleres e 317 son homes, formalizaron xa a súa inscrición on-line.
Con estes primeiros datos, a I Feira Internacional de Emprego de Santiago de Compostela reafírmase na súa vocación de servir como instrumento de dinamización da economía local, dando a coñecer as oportunidades de emprego, os requisitos e competencias que demanda o mercado laboral, e proporcionando información para mellorar a situación laboral da cidade.
FIE Exposición
Xunto a diversos servizos, como a recepción, a zona multimedia, o espazo de prensa ou a zona de descanso/networking, a Feira Internacional de Emprego habilitará ás empresas e entidades participantes cadanseu expositor propio con espazo para ofertar os seus servizos e manter un contacto directo cos asistentes. Nel poderán informar sobre as súas actividades, programas de emprego, prácticas ou bolsas, ademais de recoller currículos para procesos futuros de selección e contratación.
Programa das xornadas
Por outra banda, as instalacións do Multiusos do Sar servirán tamén para realizar un bo número de actividades paralelas, nunhas xornadas tituladas ‘Os Novos Mercados de Traballo e as Estratexias Innovadoras para a Busca de Emprego’. Nos vindeiros días darase a coñecer o programa completo destas xornadas, de carácter gratuíto, que contarán coa participación de diversos especialistas en temas relacionados co ámbito laboral: dende técnicas de mellora da imaxe persoal, automotivación ou coaching persoal, ata novos métodos de busca efectiva de emprego ou experiencias laborais noutros países.

Santiago – corte de tráfico na rúa San Francisco

ASUNTO: corte de tráfico na costa de San Francisco

Por mor de obras de reparación do pavimento, a costa de San Francisco permanecerá cun único carril de circulación dende o vindeiro xoves, 13 de outubro, ata o venres 27 de outubro, de tal xeito que só se permitirá o tráfico de baixada pola devandita costa.

Polo tanto, quedará prohibida tamén a subida dos vehículos pola rúa de Domingo García-Sabell para acceder a San Francisco. Os vehículos que, procedentes de Galeras, queiran acceder a San Francisco, deberán seguir ata o cruce coa rúa de Morón, xirar á dereita e seguir por esta rúa e pola rúa dos Castiñeiros ata San Francisco.

Todos estes desvíos estarán debidamente sinalizados. Nas horas punta do día a Policía Local regulará o tráfico no cruce do Sacho debido ao previsible incremento do tráfico neste punto.

O Concello de Santiago de Compostela prega a todos os cidadáns desculpen as molestias que esta alteración no tráfico lles poida ocasionar.

BNG A Estrada – eliminación de bonificacións na contribución

O PP traizoa aos veciños e veciñas da Estrada eliminando a bonificación dos recibos da contribución

A bonificación dos recibos da contribución, por mor dunha ponencia de valores mal feita, beneficia a todo o pobo da Estrada, que se conseguiu grazas ao esforzo e apoio de centos de veciñas e de veciños que durante 50 días estiveron pechados no concello, e que loitaron para pagar uns recibos da contribución xustos”

Sendo o BNG a forza minoritaria da oposición, en tendo en fronte a un PP con maioría absoluta e a un PSOE en contra dos veciños e veciñas, aprobamos en solitario a bonificación que pretende eliminar agora o PP”

A Estrada, 11 de outubro de 2011: O PP acaba de aprobar na Comisión de Facenda de hoxe martes a eliminación da bonificación do IBI da vila e do rural. O BNG da Estrada votou en contra da modificación da ordenanza por considerala “non só inxusta e inoportuna, senón unha traizón ao pobo da Estrada”, afirmou o seu portavoz municipal, Xosé Magariños.

O concelleiro nacionalista considera “un erro eliminar estas bonificacións porque veñen a solucionar provisionalmente unha ponencia de valores mal feita con subas desproporcionadas e inxustificadas do recibo da contribución”. “E o PP e o actual alcalde son culpábeis desta situación, xa que foron eles os que aprobaron esa ponencia feita para saquear os petos dos veciños e veciñas”, engadiu o portavoz municipal do BNG.

“Porque hai que recordar”, explicou Xosé Magariños, “que sendo o BNG a forza minoritaria da oposición, en tendo en fronte a un PP con maioría absoluta e a un PSOE en contra dos veciños e veciñas, aprobamos en solitario a bonificación que pretende eliminar agora o PP, até que haxa unha nova ponencia de valores”.

“Unha bonificación, que beneficia a todo o pobo da Estrada”, engadiu o portavoz do BNG, “conseguida grazas ao esforzo e apoio de centos de veciñas e de veciños que durante 50 días estiveron pechados no concello, que loitaron para pagar uns recibos da contribución xustos.”

Xosé Magariños afirmou que “a eliminación da bonificación do IBI terá consecuencias nefastas para moitas familias (traballadores, pensionistas, parados, ...), que nesta fase da crise, que a cada paso é máis virulenta, van ter que facer verdadeiros malabarismos non só para afrontar os gastos diarios, senón para pagar a suba de impostos que vai aprobar o Partido Popular”.

“O PP deixou de lado o seu programa de goberno con proxectos imposíbeis e boas palabras para dar paso ao programa oculto, esquecendo a xestión da que tanto presumían, para dar paso ao máis doado, a suba de impostos”, afirmou o portavoz do BNG.

“Se o PP quere ter máis ingresos non ten máis opción que aprobar canto antes o PXOM, así non só se actualizaría a ponencia de valores desastrosamente mal feita, senón que permitiría a dinamización da economía local”, explicou Xosé Magariños. “Se durante o bipartito o PP non adicara os catro anos poñer paus nas rodas, agora xa teríamos o plan xeral aprobado, e a situación do concello sería ben distinta”, manifestou o portavoz municipal do BNG.

“Con esta medida, o PP está a traizoar aos seus propios votantes, xa que non o elixiron alcalde para subirlles os impostos, senón para facer unha boa xestión dos recursos, cousa que non está facendo, se avaliamos os 100 primeiros días de goberno”, engadiu Xosé Magariños.

“E quero recordar”, engadiu o concelleiro nacionalista, “que o BNG nestes últimos anos no goberno municipal mantivo conxelados os impostos municipais, e facendo unha boa xestión dos recursos, puido afrontar os gastos do concello e facer investimentos”.

“En 2004, o pobo da Estrada demostrou que a mobilización social dá os seus froitos”, afirmou o portavoz municipal do BNG. “Se en 2004 fomos quen de parar a un goberno municipal en contra dos veciños e veciñas, en 2011 tamén podemos conseguir frear esta subidas dos impostos municipais, pero cómpre mobilizarse e facelo xa!”, remachou Xosé Magariños.

PSOE Ames – descoordinación no goberno municipal

A DESCOORDINACIÓN E DESORGANIZACIÓN DO GOBERNO DE AMES ESTÁ XERAR UN ABANDONO XERALIZADO EN TODO O CONCELLO

Tanto as parroquias como as zonas urbanas amosan importantes carencias na atención e mantemento. A falta de coordinación entre as concellerías de Vías, Obras, Parques e Xardíns e a de Acción Parroquial e Rural, que visten un santo para desvestir a outro, está a deixar importantes baleiros nas labores cotiáns. A orixe do problema está na bicefalia que rexe o concello, incapaces de organizar unha labor común e coordinada.

Cada día que pasa faise mais evidente a descoordinación existente no goberno de Ames. As concellarías de Vías, Obras, Parques e Xardíns e a de Acción Parroquial e Rural estanse a pisar o terreo xerando o desconcerto entre os traballadores que non teñen unhas labores ben definidas e que cando as teñen son para atender con grandes equipos zonas moi concretas como pasou en Castrigo ou a realizar obras de dubidosa competencia municipal que atenden a intereses particulares, antes que a intereses xerais.

Dende o 11 de xuño, momento en que asumen o goberno de Ames, moitas das actuacións da brigada estiveron orientadas a satisfacer as promesas electorais realizadas antes que a gobernar e a atender as necesidades cotiáns do concello. Así, atopámonos con coches abandonados en Travesía do Porto, beirarrúas “conquistadas pola maleza” en Ventín ou na Avenida da Maía, a sinalización das parroquias e lugares sen o mantemento axeitado por non falar da parafernalia e difusión dada á limpeza no paseo fluvial. Pero tanta difusión non se corresponde cos resultados, ou como cando anuncian reposicións do mobiliario estas son só dunha parte, quedando outras sen atender como os bancos que se atopan en mal estado ou desaparecidos. Tamén resulta lamentable o estado no que se atopa o parque de Aldea Nova, falto de seguimento por parte do departamento de limpeza e que xa foi motivo de dous rogos por parte dos Socialistas nos pleno de Xullo e Setembro polo inaceptable estado das papeleiras e as instalacións municipais. A descoordinación dos departamentos fai que non se teña unha programación mensual dos traballos que teñan que levar a cabo as distintas Brigadas e que, xunto coa perda de persoal das mesmas, o resultado sexa a deixadez de funcións.

ABANDONO ESCANDALOSO DO CAMPO DA FESTA DE AGRÓN

A petición dos veciños achegámonos a ver o campo da festa de Agrón o luns as 20:00. Puidemos comprobar como o lugar se atopa cheo de lixo. Vasos de plástico e vidro, cristais, caixas de cartón e de bebidas, papeis, bolsas, restos de comida, Pola mañá os equipos do concello foron recoller as jaimas pero como non existe organización nin coordinación dos equipos, a zona quedou sen limpar. Isto non sucedía antes, onde a correcta coordinación das labores permitía recoller o material do concello e ao mesmo tempo limpar a zona. Nunca un campo da festa nos 8 anos anteriores permaneceu cheo de lixo máis alá da mañá seguinte a rematar a festa, facendo igualmente limpeza durante os días da festa. Isto deixou

de facerse por deixadez e sobre todo pola nula capacidade do goberno actual para levar adiante unha labor coherente no concello. Na oposición tiñan solución para todo, durante a campaña prometeron todo a todo o mundo, pero cando se topan coa realidade, coa labor cotiá do concello fan augas como o Titanic e non lle chegan nin a sola do zapato á xestión realizada polos socialistas.

Ames, 11 de outubro de 2011.

O voceiro do grupo municipal socialista,

Carlos A. Fernández Castro.

Educación – o ies leliadoura de Ribeira movilízase este martes

o profesorado do IES Leliadoura mobilízase este martes 11 de outubro

O controvertido conselleiro de Educación, de visita na Pobra, en foto de arquivo

Ribeira, 10 de outubro de 2011. A dirección do IES Leliadoura quere trasladar á comunidade educativa, medios de comunicación e á sociedade en xeral, as actuacións que mañá 11 de outubro se levarán a cabo por iniciativa de profesorado do centro e que se recollen na seguinte nota informativa:

"Profesores e Profesoras propoñemos mobilizarnos endefensa do Ensino Público. Para esto propoñemos as seguintes actuacións para o martes 11 de outubro:

  • Debatir nas aulas a importancia do ensino público e a incidencia dos actuais recortes orzamentarios que está acometendo a Administración.
  • Saída ao patio dez minutos antes das 11,30 do profesorado e alumnado que o desexe.
  • Lectura dun manifesto en defensa do ensino público (5 min). Proposta de seguir coas medidas de protesta (en coordinación cos demáis centros e anpas)
  • Esixencia do nomeamento de Profesor/a de PT necesario neste centro.
  • Colocación dunha pancarta alusiva.
  • Convidar ás ANPAS, pais, nais e medios de comunicación.
  • Seguir co recreo e co horario normal"

Fonte: certo xornal

Oroso – tardes divertidas dedicadas a igualdade

O CONCELLO DE OROSO ORGANIZA ESTE MARTES UNHA XORNADA DE EDUCACIÓN EN IGUALDADE NO MARCO DO PROGRAMA “TARDES DIVERTIDAS”

Dirixido a nenos e nenas de 6 a 11 anos, a asistencia é libre e de balde

10 de outubro de 2011.- O Concello de Oroso, en colaboración coa Deputación Provincial da Coruña, organiza mañá martes 11 de outubro, entre as 16:30 e as 18:30 horas, unha xornada de Educación para a Igualdade. Unha iniciativa que terá lugar no marco do programa de conciliación familiar “Tardes Divertidas”, que durante mañá martes estará aberto de xeito libre e gratuíto para todos os nenos do municipio.

A xornada está dirixida a nenos e nenas de entre 6 e 11 anos de idade. Os obxectivos da mesma será romper cos estereotipos e roles de xénero, reflexionar sobre a corresponsabilidade e tratar de identificar e eliminar aspectos sexistas na nosa propia linguaxe. Uns elevados obxectivos que se tratarán de acadar mediante unha metodoloxía lúdica, de xeito que os rapaces cheguen a esas conclusións a través do xogo.

Esta xornada de Educación para a Igualdade terá lugar nas instalacións do CEIP de Oroso, en horario de 16:30 e as 18:30 horas, no marco de “Tardes Divertidas”, un programa de conciliación familiar posto en marcha este ano polo Concello de Oroso e que dá servizo a todos os nenos de 3 a 12 anos escolarizados en Oroso. Un programa que inclúe obradoiros formativos e recreativos, actividades físicas, exposicións de traballos manuais, sesións de música e baile, circuítos de educación viaria, festas temáticas, reforzo escolar...

Silleda – nova ordenanza municipal de limpeza

Hoxe entra en vigor a ordenanza municipal de limpeza e ornato de Silleda

-Logo de informar aos propietarios de solares con maleza o pasado mes de agosto e de que a maioría non cumplira, enviaranse novos escritos informando da sanción á que se enfrontarán se non limpan as fincas no tempo que se lles indique

Silleda, 10 de outubro de 2011. O Boletín Oficial da Provincia (BOP) de Pontevedra publica hoxe o texto íntegro da ordenanza de de Convivencia, Residuos, Limpeza Viaria e Ornato do Concello de Silleda. Logo da súa aprobación no Pleno e de que non se rexistraran alegacións, esta publicación supón a entrada en vigor definitiva desta normativa municipal, en virtude da cal o Concello pode iniciar os correspondentes expedientes sancionadores.

No texto recóllense distintos aspectos e normas relacionadas, como o seu nome indica, coa limpeza de solares, vías ou o tratamento de residuos. En canto ao mantemento de solares, a normativa establece que os propietarios de terreos situados no termo municipal deberán mantelos nas debidas condicións de hixiene, salubridade e seguridade.

“Para iso, realizarán as tarefas de mantemento necesarias co fin de que permanezan limpos de maleza, evitando que as augas de escorrentías e as ramas das árbores afecten ao espazo público. Esta obriga comprende tamén a esixencia de desratización e desinfección dos citados terreos, cando estean próximos ás vivendas”, reza un dos artigos referidos á limpeza de solares.

Igualmente, no artigo 80 do citado texto, e no relativo ao procedemento a seguir, recóllese que o Concello, logo do trámite de audiencia aos interesados, requiriralles que, no prazo que se lles indique, realicen as obras ou operacións necesarias para manter os terreos nas debidas condicións de hixiene, seguridade, salubridade, ornato público, e, de ser o caso, o valado dos mesmos.

Nova comunicación a propietarios

Dende o Concello remitíronse a mediados do pasado mes de agosto cartas aos donos de solares en zona urbana sitos en Silleda e A Bandeira nos que tras unha revisión efectuada pola Policía Local se detectou a existencia de maleza e suciedade. Dos 31 solares (27 de Silleda e outros 4 de A Bandeira) incluidos no listado, só dous propietarios acometeron a limpeza, segundo se desprende dunha recente inspección ao respecto. Así as cousas, o Concello de Silleda volverá a remitirlle unha segunda comunicación lembrándolles a obriga de manter limpas as súas parcelas e procedendo xa a informarlles de cal sería a sanción que terían que pagar , no caso de non acometer os traballos no prazo de tempo que se lle indique.

O incumprimento da ordenanza (tanto no caso da limpeza de solares como noutros aspectos recollidos no texto) pode implicar a apertura de expedientes sancionadores e tamén multas coercitivas As sancións económicas poden variar entre os 50 euros da infracción tipificada como leve ata 3.000 euros, para as moi graves. A ordenanza introduce tamén a posibilidade de convir traballos en beneficio da comunidade, en lugar de sancións económicas en función das circunstancias de cada caso.

Este procedemento adicional, segundo recolle a ordenanza será especialmente aplicable nos actos vandálicos (sustración, queima, rotura ou pintado en mobiliario urbano, ou realización das necesidades fisiológicas na vía pública, entre outros).

Silleda – ximnasia para maiores

Este martes comezan as clases de ximnasia para maiores no Centro Social de Silleda

-As sesións de baile serán os venres, de 20.30 a 21. 45 horas

Silleda, 10 de outubro. Este martes día 11 de outubro darán comezo no Centro Social de Silleda as clases de ximnasia para maiores. As sesión terán lugar todos os martes e xoves en horario de 10.00 a 11.15 horas. Con este ciclo, que será impartido tamén por persoal de Turnativa, dende o Concello de Silleda preténdese seguir fomentando un estilo de vida sana entre a terceira idade, favorecendo tamén a autoestima e autonomía personal.

Mentres, as sesión de bailes de salón para os maiores silledenses celebraranse todos os venres (no mesmo centro) en horario de 20.30 a 21.45 horas. Todos os interesados poden anotarse nas dependencias do propio Centro Social.

Brión – saude para a terceira idade

46 VECIÑOS PARTICIPAN NAS ACTIVIDADES ACUÁTICAS DE SÁUDE PARA A TERCEIRA IDADE, QUE POR PRIMEIRA VEZ TEÑEN LUGAR NA PISCINA CUBERTA DE BRIÓN

As clases comezaron esta mañá e terán lugar todos os luns e mércores

10 outubro de 2011. Un total de 46 veciños e veciñas de Brión, maiores de 55 anos, participan dende hoxe na quinta edición do programa de Actividades Acuáticas de Saúde organizadas polo Concello de Brión. Unhas actividades que por primeira vez teñen lugar na nova piscina municipal cuberta climatizada de Brión, no canto das instalacións do Balneario do Tremo.

Un cambio que suporá un incremento no tempo en que estes veciños poderán disfrutar destas xornadas de ximnasia terapéutica. Así, mentres no Balneario do Tremo se impartía unha única sesión semanal dunha hora, na piscina municipal terán lugar dúas sesións semanais de 45 minutos cada unha.

As actividades estarán dirixidas por monitores especializados da piscina municipal, que se encargan de organizar diversos e divertidos exercicios na auga (como dar palmas por debaixo da auga, xogos con pelotas ou avanzar/retroceder na piscina) que serven para desenvolver a capacidade motriz dos maiores. De feito, moitos dos participantes na iniciativa repiten de anos anteriores debido aos beneficios que estes exercicios están a xerar na súa saúde.BRION - SAUDE PARA A TERCEIRA IDADE

Os Servizos Sociais de Brión conformaron un total de catro grupos de participantes, tendo en conta diversas variables que favorecesen a participación dos veciños (como integrar nun mesmo grupo ás persoas da mesma parroquia ou procurar que o horario coincida coa disponibilidade do transporte público). Unhas clases que terán lugar todos os luns e mércores en horario de 10:30 a 11:15 horas e de 11:15 a 12:00 horas.

Novo grupo

Catro grupos que teñen nestes momentos todas as súas prazas cubertas, se ben dende o Concello de Brión non desbotan a posibilidade de facer un novo grupo no caso de que se reunisen un mínimo de 10-12 persoas máis. As clases teñen un custe de 10 euros mensuais, cuns descontos do 50% no caso de que os maiores se apunten a outras actividades ou para as súas parellas. Máis información nos Servizos Sociais de Brión, no centro social polivalente de Pedrouzos ou no 981 50 99 10.

O Concello de Brión facilitoulles aos maiores o gorro de piscina, mentres que os maiores teñen que levar dende as súas casas as zapatillas, o bañador e o albornoz. Este programa foi creado polo Concello de Brión en xaneiro de 2008 e a de 2011 será a súa quinta edición, a primeira que terá lugar nas novas instalacións da piscina municipal.

Santiago – axenda 11 de outubro

Martes 11

11.30 h

Na Escola Oficial de Idiomas (rúa Ulpiano Villanueva 1-2), o grupo municipal do BNG reúnese coa directiva da Escola Oficial de Idiomas.

NOTA: Gráficos ao inicio e declaracións ao remate da xuntanza.

12.00 h

Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Facenda e Orzamentos, Cecilia Sierra, sobre asuntos da súa área.

20.30 h

No Auditorio de Galicia, proxección de 'Premios Goya 2011' dentro de +Curtocircuíto. 

21.00 h

No Teatro Principal, Produccións Teatrais Excéntricas presenta 'Oeste Solitario' de Martin McDonagh. Adaptación: Avelino González. Dirección: Quico Cadaval. Con Evaristo Calvo, Víctor Mosqueira, María Lado e Marcos Correa. [RGTA]

Oroso – escola de iniciación do Celta de Vigo

A ESCOLA DE INICIACIÓN AO FÚTBOL DO CELTA DE VIGO BOTA A ANDAR EN OROSO CON 31 NENOS

E NENAS DE IDADES ENTRE OS 4 E OS 7 ANOS

O concelleiro de Deportes asegura que “máis que xogar ao fútbol, trátase de coller hábitos, destrezas e coordinación para o futuro deportista”

10 de outubro de 2011.- O Concello de Oroso e o R.C. Celta de Vigo veñen de poñer en marcha esta semana a primeira Escola de Iniciación ao Fútbol de Oroso, na que participan un total de 31 rapaces e rapazas de entre 4 e 7 anos de idade. Esta Escola de Iniciación ao Fútbol de Oroso é a primeira que a Fundación Celta de Vigo pon en marcha fóra da cidade olívica grazas á colaboración do Concello de Oroso e da Escola Deportiva Xuventude Oroso.

O concelleiro de Deportes, Luís Rey Villaverde, reuniuse cos pais e nais dos rapaces que van participar nesta escola deportiva e explicoulles que “o obxectivo principal, máis que xogar ao fútbol, é que os nenos e nenas collan hábitos, destrezas e coordinación que lles servirán como futuros deportivas, ben sexa para xogar ao fútbol ben para calqueroutro deporte”. Neste sentido, Rey Villaverde sinaloulles aos pais que “tamén lle daremos moita importancia á nutrición do neno, aos hábitos de hixene, educación, compañeirismo, etc”.OROSO - ESCOLA CELTA DE VIGO

Luís Rey estivo acompañado polo coordinador de Fútbol Base do R. C. Celta de Vigo, Antonio Otero, e polo coordinador da Escola de Fútbol de Oroso, Hugo Rama. As clases terán lugar dende esta semana no campo de fútbol de Sigüeiro todos os luns e mércores en horario de 17:30 a 19:00 horas. Nos días de moita choiva, as clases trasladaríanse de día e de lugar: os venres no polideportivo municipal de Sigüeiro. A Escola de Iniciación ao Fútbol de Oroso é a primeira que a Fundación Celta de Vigo pon en marcha fóra da cidade olívica, onde se leva facendo con éxito nos últimos tres anos.

Santiago – v edición do “Camiño de Santiago” de Squash

Boa parte da elite mundial do squash volve a reunirse en Santiago de Compostela

10/10/2011 A pista de cristal instalada no centro comercial Área Central acollerá do 17 ao 22 de outubro a quinta edición do Torneo Internacional PSA e WISPA "Camiño de Santiago". Ademais, este ano celébrase o Campionato de España Absoluto do 14 ao 16 de outubro.De esq. a der.: Rogelio Chantada, Manuel Cornes, José Ramón Lete, Adrián Varela e Jesús Souto.

Serán 11 días de competición nos que participarán 200 xogadores, algúns deles situados nos primeiros postos da clasificación mundial nas categorías masculina e feminina. Entre estes está o compostelán Borja Golán, actual número 36 do mundo. O primeiro cabeza de serie na categoría masculina será o británico Adrian Grant, número 17 do mundo, e o segundo o sudafricano Stepehn Coppinger, número 33. Na categoría feminina, entre outras, estarán en Compostela a número 44 do mundo, a sudafricana Siyoli Waters, e a 56, a canadense Alexandra Norman. Ao torneo acuden xogadores e xogadoras de 20 países diferentes.

 

De esq. a der.: Rogelio Chantada, Manuel Cornes,

José Ramón Lete, Adrián Varela e Jesús Souto.

Este é o torneo máis importante de squash que se realiza España, e un dos máis importantes de Europa, segundo indicou Manuel Cornes, presidente do Squash Club Santiago, organizador da proba. Para este club tivo palabras de agradecemento o concelleiro de Deportes, Adrián Varela, así como para os patrocinadores desta proba. Cara o futuro, manifestou o "compromiso absoluto" do Concello con este torneo.
O edil expresou o seu desexo de que os representantes locais, Borja Golán e Carlos Cornes realicen un bo papel no torneo. Así o desexou tamén o secretario xeral para o Deporte da Xunta, José Ramón Lete, quen indicou que este torneo xa se ten convertido nun "patrimonio para os santiagueses".
Ademais dos mencionados, estiveron na rolda de prensa de presentación da competición, entre outros, a concelleira de Turismo, Reyes Leis; o presidente da Federación Española de Squash, Rogelio Chantada; o director do torneo, Jesús Souto; e o xogador Borja Golán.

Fundación Araguaney – concierto gratuito de Serenata Guayanesa

“Serenata Guayanesa”, cuarteto con más 30 años de trayectoria en el género de contrapunteo e instrumental de música típica y folclórica venezolana, dará un concierto, gratuito, el jueves 13 en el Araguaney

El Cuarteto Musical integrado por Miguel Ángel Bosch (Tenor y Cuatrista),  Iván  Pérez Rossi  (Barítono ligero), Cesar Pérez Rossi (Barítono y Percusionista) y Mauricio Castro Rodriguez (Contratenor y Percusionista), realizó su primera presentación en Ciudad Bolívar en el año 1971, y desde entonces, ha difundido por más de tres décadas la idiosincrasia venezolana y  ha ocupado el primer lugar en lo que refiere al género de contrapunteo e instrumental de música típica y folclórica venezolana, ganándose el reconocimiento de ser nombrados “Patrimonio Cultural de Venezuela”. Este cuarteto ha viajado por todo el mundo, representando a Venezuela por todo lo alto siendo aplaudidos en los grandes escenarios del mundo entero.

El Grupo Musical visita Compostela en el marco de la celebración del “Día de la Resistencia Indígena” y ofrecerá un Concierto, en el Salón de Actos del Hotel Meliá Araguaney, Santiago de Compostela,  el día 13 de octubre de 2011 a las 20:00 horas con entrada libre.

El concierto, promovido por el Consulado General de la República Bolivariana de Venezuela, supone una oportunidad única para saborear el talento venezolano, la inteligencia, el decoro y el buen hacer de este Grupo Musical que nació a las orillas del río Orinoco y que en el mundo entero se ha convertido en referencia para hablar de música tradicional venezolana: Serenata Guayanesa.