Axenda e tempo do sábado 22 de agosto - Música, festas, exposicións

Santiago - Numax 

Santiago - Feito a Man - Tato Trio

Negreira - Noite Folk 

Silleda - Festa da Empanada 

Santiago - Feito a Man -  N.O.M.

Ordes - Festas en Ardemil

Lalín _ Feira Medieval

Santiago - Gaias - Cidade Imaxinaria

Santiago - Feito a Man - Sinestesia

Outros Concertos + info

Exposicións

Santiago - Museo do Pobo Galego - Estalote

Santiago - Fundación Granell - 20 formas de cambiar el mundo (ata decembro)

Santiago - Fonseca Elipsis de Rafael Navarro (ata o 29 de agosto)

Santiago - Cidade da Cultura - Camiño, A orixe (ata o 11 de septembro)


O Tempo

Ames - XXX Edición do descenso do Tambre

A praia fluvial de Tapia acolle este domingo, 23 de agosto, a XXX edición do descenso do Tambre. Arredor de 500 padexeiros e padexeiras de clubs de toda Galicia xuntaranse na tradicional baixada do Tambre. O Club de Piragüismo Ribeiras do Tambre, xunto co Concello de Ames, organizan esta competición que chega a súa trixésima edición. Por segundo ano consecutivo, a proba de descenso, que ten un percorrido de 5.400 metros de distancia, realizarase ás 12:30 horas, mentres que a proba de circuíto na que participan rapaces e rapazas das categorías benxamín, alevín, infantil e cadete desenvolverase a partir das 16:00 horas na praia fluvial de Tapia. As embarcacións que poden participar nesta proba son K-1 e C-1.

O contorno da área recreativa de Tapia e o curso do río Tambre compoñen unha paraxe ideal para a práctica do piragüismo. Un ano máis, e xa van trinta, o Club de Piragüismo Ribeiras do Tambre, en colaboración co Concello de Ames, organizan o xa tradicional descenso do Tambre. Nesta proba participarán arredor de 500 padexeiros/as de toda Galicia que descenderán polas augas do río Tambre. 

Esta proba está dividida en dúas partes. Ás 12:30 horas realizarase o descenso do Tambre, que ten unha distancia de 5.400 metros entre Portomouro (Val do Dubra) e a praia fluvial de Tapia (Ames). No descenso do Tambre participarán padexeiros/as correspondentes ás categorías kaiak home (veterano, sénior, júnior e cadete), kaiak muller (sénior, júnior e cadete) e canoa home (sénior, júnior e cadete). Haberá trofeos para os deportistas das tres primeiras embarcacións de cada modalidade e categoría. Tamén se entregarán trofeos aos tres primeiros clubs clasificados. A entrega de premios realizarase arredor das 14:00 horas.

Pola tarde, desenvolverase a segunda parte do evento. Entre as 16:00 horas e as 19:30 aproximadamente, realizarase a proba correspondente ás categorías benxamín, alevín, infantil e cadete. Para elo instalarase un circuíto dun quilómetro e medio na praia fluvial de Tapia. A entrega de premios realizarase arredor das 20:00 horas. Estas probas están encadradas dentro da Liga provincial da Coruña. 

Participan clubs de toda Galicia
No descenso do Tambre hai inscritos uns 100 padexeiros/as, mentres que na proba de circuíto participarán uns 360 rapaces e rapazas. Como en edicións anteriores este ano serán moitos os club galegos que loiten por acadar un bo posto neste evento deportivo. No descenso do Tambre participarán padexeiros/as de 19 clubs de toda Galicia, mentres que na Regata provincial daranse cita 12 clubs da provincia da Coruña.

Para poder competir, os padexeiros deberán estar en posesión da licencia federativa debidamente actualizada para a tempada 2015 e será de uso obrigatorio o chaleco salvavidas para todos os participantes. A recollida de dorsais realizarase antes de cada proba nas instalacións da praia fluvial. Ao final da regata daráselle a cada participante unha bolsa con avituallamento.

Stop desahucios - Agustín Hernández insulta, dende a oposición, ás persoas afectadas polos desafiuzamentos.

Cando pensabamos que non tiñamos xa nada máis que dialogar co Partido Popular despois do seu paso á oposición, logo dunha máis que funesta etapa no goberno municipal de Compostela cunha política de costas xiradas ao drama diario da maioría da poboación, a súa prepotencia demostrou non ter fin. No día de onte, ao fío da retirada das axudas á Red Madre e outras asociacións vencelladas ao discurso antimulleres do Opus Dei, como a posta a disposición dun edificio municipal, Agustín Hernández aseveraba que o novo goberno municipal "practicaba así o seu primeiro desafiuzamento en Compostela".

Agustín Hernández decidía deliberadamente, neste exercicio de demagoxia, insultar ás persoas afectadas polos desafiuzamentos, demostrando a súa nula sensibilidade para esta traxedia social. Se non lle parecía suficiente ter colaborado activamente dende o goberno cos bancos que deixaron sen casa a centos de persoas, agora parece querer apropiarse do noso discurso para defender os privilexios da súa camarilla. Esta manobra demostra que o patanismo dalgúns políticos supera con moito o esperable.

Como toda organización democrática que se prece, Stop Desafiuzamentos Compostela oponse á posta a disposición clientelar e opaca de edificios públicos ás asociacións afíns, deporte que o PP ensaiou reiteradamente mentres negaba recursos que posibilitasen saídas habitacionais para as familias desafiuzadas. Tamén nos opoñemos á financiación pública de organizacións como a Red Madre, de destacado percorrido na agresión ao absoluto e incuestionable dereito das mulleres a decidiren o que facer co seu propio corpo, sen pedir permiso nin perdón. 

Nunha etapa como a actual, as vivendas municipais e as axudas á vivenda deben estar principalmente ao servizo das máis pobres, pois mentres non se garanta o exercicio dun dereito esencial como é o da vivenda, calquera outro destino resulta pervertir a vocación de servizo público que debería ter calquera goberno municipal. Doutra banda, no seo dunha vaga de terrorismo machista con dúcias de asasinatos, que o Partido Popular saia publicamente a defender o recorte dos nosos dereitos como mulleres non merece nin olvido, nin perdón.

Tátara Comunicación - Leilia hoxe en Negreira e o 25 en Noia

Hoxe sábado, día 22 de agosto, Leilía levará os sons do seu último disco 'ConSentimento' ao Refuxio de Covas, en Negreira. Será ás 23:00 horas, no marco da XXIII 'Noite Folk'. Antes delas actuará o grupo Limagoia, que celebra o seu 25º aniversario. A entrada será de balde.

O público que se achegue hoxe, ás 23:00 horas, ao Refuxio de Covas para ver as Leilía comprobarán que 'ConSentimento' “é unha homenaxe ás mulleres que fixeron e fan realidade a creación, a conservación e a transmisión da tradición oral galega”, explican as integrantes deste grupo de música tradicional. A actuación está organizada polo Concello de Negreira e conta coa colaboración da Agadic e a Deputación da Coruña. 

A 'Noite Folk' comezará ás 22 horas coa actuación do grupo de pandeireteiras local Limagoia, que celebra o seu 25º aniversario. Cabe destacar que Limagoia está dirixido, desde os seus inicios, por unha das compoñentes de Leilía, Felisa Segade. Despois das cantareiras locais, será xa a quenda de Leilía e, para rematar, Xosé Manuel Budiño pechará o concerto sobre a medianoite. A entrada aos espectáculos será de balde. 

Na posta en escena de Leilía poderanse escoitar melodías e sons rescatados do pasado, “que se retocan con instrumentos de hoxe e que se tecen con palabras actuais, para dar lugar a un espectáculo no que Leilía aúna respecto, coherencia e madurez”, insisten desde o grupo. Ademais, 'ConSentimento', é “un espectáculo no que grupo aúna respecto, coherencia e madurez”, indican as súas integrantes.

Próxima actuación, en Noia
Ademais de en Negreira, as Leilía actuarán o vindeiro sábado 25 na Praza do Tapal, en Noia. Se ben, non deixan de facer soar as súas voces e ferreñas, xa que logo de actuaren o pasado día 28 de xullo nun festival en Suecia, o 27 deste mes de agosto celebrarán un concerto no Centro de Interperetación de Tourón (Pontecaldelas) dentro do Ciclo Monumenta. Ademais, volven aos escenarios o 11 de setembro en Ribeira e o 11 de outubro en Narón.

BNG A Estrada - Denuncia do estado dos ríos polos problemas dos sistemas de depuración

O portavoz do BNG da Estrada, Xosé Magariños, acompañado por militantes da organización nacionalista, compareceron na mañá de onte en rolda de prensa diante do monumento ao salmón na Porta do Sol da Estrada para dar a coñecer o estado no que se atopan os nosos ríos, por mor das deficiencias dos sistemas de depuración das aguas do concello da Estrada.

Segundo explicou o concelleiro nacionalista, “a escolla desta ubicación para facer esta rolda de prensa non é casual, se este é o monumento escollido polo goberno do PP para homenaxear ao salmón, os nosos ríos non son os preferidos por este peixe para desovar, que é polo que volven á Estrada cada ano desde hai miles de anos”.

“Os nosos ríos baixan contaminados polo mal funcionamento dos sistemas de depuración e tamén pola falta del en moitos casos”, explicou Magariños. Os nacionalistas recolleron nunha escolma fotográfica os problemas que eles veñen de denunciar, unhas imaxes que subirán as redes sociais, e nas próximas semanas amosarán por toda a vila, onde se aprecian claramente os vertidos de fecais e todo tipo de residuos sólidos e líquidos que van directos ao Liñares e ao Ulla.

“Dos poucos sistemas de depuración que temos non se salva practicamente ningún”, afirmou Magariños, “desde Sabucedo, xusto ao lado do fermoso paraxe dos muíños da Vesacaballa, pasando polo río Tabeirós, o Zarabeto entre Ouzande e Guimarei, até chegar ao Liñares, máis tamén no río Vea e no regato de Figueiroa, atopamos literalmente “merda” e perdoade a expresión”.

“Mais tamén en pleno casco urbano”, explicou o concelleiro nacionalista, “xusto detrás do antigo colexio de Cristo Rei hai un sumidoiro que verte incontroladamente todo tipo de lixo e agua contaminada, que sumado ao vertido que hai xusto en fronte da Lennon, que denunciamos reiteradamente, paséase por todo Guimarei até desembocar no Liñares, deixando un rastro nauseabundo e insoportábel ao seu paso”.

“Todo isto”, engadiu Magariños, “lévanos a pensar que A Estrada ten un serio problema cos seus sistemas de depuración; se Sanidade fixera unha inspección sorpresa como fixo na piscina municipal, a multa sería considerábel para o concello, e iso que agora xa hai tempo que non chove e hai pouco caudal, cando veñan as choivas os nosos ríos serán unha auténtica cloaca”.

O concelleiro do BNG instou ao goberno municipal “a poñerse mans á obra e arranxar este problema serio que temos cos nosos ríos contaminados”. “De pouco valen os monumentos ao salmón se logo asolagámolo con lixo e augas de pouca ou nula salubridade, unhas aguas que tamén utilizamos as persoas para refrescarnos destas altas temperaturas nas numerosas praias fluviais que hai nos nosos ríos, principalmente no Liñares e no Ulla”, afirmou Magariños.

“O BNG sempre criticou os sistemas de depuración que se instalaron na Estrada, xa que consideramos que non eran axeitados, e ás probas me remito”, indicou Xosé Magariños, “cómpre apostar por outras solución máis acaidas á nosa realidade e aos caudais do rural, como por exemplo sistemas biolóxicos baseados en filtros verdes ou lagunaxe”. “O que si está claro é que o sistema que hai agora mesmo non funciona e é caro de manter”, afirmou Magariños.

Psoe Ordes - Apoio o sector lácteo

A portavoz municipal do PSOE de Ordes, Verónica Gómez, participa hoxe, xunto con outros integrantes da agrupación socialista, na tractorada multitudinaria coa que os gandeiros da comarca reivindican que a Xunta de Galicia e o Ministerio adopten medidas urxentes e eficaces para superar a grave crise de prezos que atravesa o sector leiteiro, en especial desde a desaparición do sistema de cotas na pasada primavera. 

Verónica Gómez considera necesario que as administracións autonómica e central se impliquen dunha vez cos gandeiros e resolvan a situación: “se non se establecen os mecanismos necesarios para os prezos sexan rendibles, numerosas explotacións de Ordes e do conxunto da comarca terán que pechar e destruíranse deceas de postos de emprego directos e indirectos”, afirma Gómez, lembrando que a bisbarra ordense ten na produción leiteira un dos seus grandes motores económicos. 

A portavoz socialista ordense acusa ao alcalde, José Luis Martínez (PP), e aos integrantes do seu grupo de goberno, de caer en graves contradicións. “Está claro que ao PP o sector só lle interesa para situarse detrás da pancarta e para saír na foto”, manifesta Verónica Gómez, que lembra que hai tan só uns meses o actual rexedor e demais representantes do PP votaro en contra das solucións para recuperar o prezo do leite presentadas polo PSOE no pleno municipal. 

De feito, en novembro pasado o PSOE volvera pedir a formalización de contratos de compravenda negociados con transparencia e con garantías de prezo e recollida como maneira eficaz de previr as consecuencias da desaparición das cotas. Naquel momento, o actual alcalde e entón portavoz do PP chegou a asegurar que a caída de prezos “é unha cuestión de estacionalidade”, tal como consta na acta do pleno. 

Verónica Gómez empraza a Martínez a dicir se cre na viabilidade deste sector económico estratéxico, a recoñecer os seus problemas e a ter o valor necesario para demandar solucións ante a Xunta e o Ministerio. “Máis alá de palabras baleiras -manifesta Gómez-, o PP nunca fixo nada a favor do sector gandeiro e a súa inoperancia non permitiu adiantarse e atallar as dificultades que se cernían desde hai un ano sobre a produción de leite”.

A concelleira socialista advirte por tanto que o alcalde de Ordes “carece da máis mínima credibilidade cando cara á galería di que apoia o sector, dado que para empezar xa se nega a recoñecer os seus problemas” e representa un partido que practica unha perniciosa deixación de funcións na súa xestión desde a Xunta e desde o goberno central. 

Por último, o PSOE de Ordes felicita aos gandeiros do municipio e do conxunto da comarca polo éxito da mobilización de hoxe, que concentrou centos de tractores e milleiros de persoas polas rúas da vila. Tamén fan extensiva a felicitación aos sectores do comercio, da hostalería e demais negocios, que secundaron de forma practicamente unánime o peche solidario cos produtores de leite durante as dúas horas de manifestación.

Ames - Reunión co servizo de infraestruturas da Coruña sobre a seguridade nos centros escolares

Onte o alcalde de Ames, José Miñones, mantivo unha xuntanza na Casa do Concello co xefe do servizo de infraestruturas da Coruña, Felipe de la Vega, para abordar diferentes cuestións do Plan de seguridade dos centros educativos posto en marcha recentemente polo goberno municipal. De seguido, realizaron unha visita, acompañados do concelleiro de Obras Públicas, Blas García, á zona onde se retirou a estrutura da pasarela que está colocada na estrada AC-544 que une Bertamiráns e Negreira. Tamén visitaron a zona de entrada do CEIP da Maía e do IES de Bertamiráns, así como a entrada do CEIP de Barouta. O obxectivo destas visitas foi ver in situ as posibilidades de mellorar a seguridade viaria en todas estas zonas. 

Esta visita enmárcase dentro das conversas que leva mantendo nas últimas semanas o goberno municipal coa consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas para mellorar a seguridade viaria en varios puntos de entrada e saída de colexios e en diferentes puntos da rede de estradas que discorren polo termo municipal. Deste xeito, o encontro desta mañá foi froito dunha invitación feita polo goberno municipal para que o xefe do servizo de infraestruturas da Coruña, Felipe de la Vega, se achegase ata Ames e despois das conversas mantidas na reunión coa consellería de Educación por parte do alcalde e do concelleiro de Educación, David Santomil.

Arranxo AC-540 Ponte Maceira
Na reunión mantida na Casa do Concello, o alcalde de Ames, José Miñones e o xefe do servizo de Infraestructuras, Felipe de la Vega, falaron sobre a obra que se está a executar na estrada AC-540 ao seu paso pola Ponte Nova de Ponte Maceira. O acondicionamento desta estrada foi executado en base a un convenio do ano 2007, xa fai 8 anos, e cun orzamento de 700.000 euros. No 2010 foron finalizadas as obras pero presentando numerosos defectos que foron comunicados por parte do Concello en febreiro de 2011. 

Trala reunión mantida acordouse finalizar coas obras necesarias de reparación e repintado da estrada que se levarán a cabo no mes de setembro. Tamén se lle pediu a colocación das luces LED da Ponte Nova, tal e como foi executado no seu día e que foran roubadas ás poucas semanas da súa colocación. "Para o Concello de Ames é moi importante o acondicionamento desta zona cun alto valor turístico e patrimonial, e esperamos que o esforzo económico que supón esta dotación poida ser disfrutado polos veciños e mesmo polos peregrinos que se queiran achegar", afirma o alcalde.

Seguridade peonil no entorno dos centros educativos
O alcalde, José Miñones, o concelleiro de Obras Públicas, Blas García, e o xefe do servizo de infraestruturas da Coruña, Felipe de la Vega, visitaron a zona onde se retirou a estrutura da pasarela que está colocada na estrada AC-544 que une Bertamiráns e Negreira. Neste lugar xa se pintou un paso de peóns, pero estiveron vendo o lugar máis axeitado para colocar os semáforos que permitan cruzar esta estrada con maior seguridade. Este é un lugar moi transitado xa que nesta zona atópase á área deportiva de Bertamiráns, que inclúe o pavillón polideportivo, a piscina descuberta e o campo de fútbol.

Os traballos comprometidos por parte da Xunta de Galicia eran a colocación de dous semáforos cun sistema de pulsación para o paso de peóns. Dende o Concello solicitóuselles a colocación de sinais verticais luminosas e alumeado do paso de peóns, para unha maior seguridade nos meses de inverno nos que tanto a primeira hora como pola tarde xa é de noite.

De seguido, achegáronse ata a entrada do CEIP da Maía e do IES de Bertamiráns. Alí plantexaron a posibilidade de colocar outros dous semáforos no paso de peóns que está en fronte ao CEIP da Maía co obxectivo de que os vehículos paren cando os viandantes crucen esta estrada e tal como foi solicitado dende as ANPAS dos centros. "Este é un lugar con moito tránsito de nenos/as e adultos, tanto na hora de entrada coma de saída do colexio, polo que é preciso que haxa a suficiente seguridade para poder cruzar con tranquilidade" afirma José Miñones. 

A seguridade peonil no entorno dos centros educativos de Bertamiráns é unha demanda das ANPAS e na que o Goberno municipal está a traballar de cara ao vindeiro curso 2015-16. O xefe de servizo trasladou a dificultade que tiña a instalación de dous puntos de rede semafórica nun tramo tan curto de espazo e instou á colocación doutro tipo de sistema luminoso de sinalización do paso de peóns de inicio.

Outro dos centros de ensino visitados foi o CEIP de Barouta. No caso deste centro solicitóuselle ao xefe do servizo de infraestruturas da Coruña que coloquen unhas sinais luminosas de limitación de velocidade neste lugar para minorar a velocidade dos vehículos que pasan pola estrada AC-453. Tamén se pretende que haxa controis de velocidade na contorna deste colexio para minorar a velocidade dos vehículos que circulan por esta estrada. Por parte da Xunta estudarase a posibilidade de colocación dalgún sistema de redución de velocidade complementario ao de sinalización. Estas medidas enmárcanse dentro do Plan de seguridade dos centros educativos que puxo en marcha recentemente o goberno municipal a través da concellería que dirixe David Santomil.

Outras actuacións en materia de seguridade viaria
Por outra banda, o goberno municipal preguntoulle ao xefe do servizo de infraestruturas da Coruña por un suposto compromiso adquirido co anterior goberno municipal para dotar de máis puntos de luz á rotonda na que conflúen a estrada AC-544 e a autovía AG-56. Trala visita, acordouse solicitar por escrito unha actuación sobre este punto. 

Asemade, propúxose unha alternativa para aliviar de tráfico a rotonda que está situada na Avenida da Maía (estrada AC-543), xusto en pleno centro de Bertamiráns. Esta alternativa consistiría en permitirlle aos condutores que poidan xirar cara a rúa das Pesqueiras sen ter que ir facer un cambio de sentido da circulación na devandita rotonda. Esta medida permitiría eliminar a saturación de vehículos que ten esta rotonda, e que dá acceso a estrada AC-544 dirección avenida da Peregrina e Negreira. Felipe de la Vega dixo que se vai estudar a viabilidade de colocar un carril central de desvío dependendo do ancho da estrada.

O rexedor municipal agradeceu a boa disposición mostrada por Felipe de la Vega. Ademais, engadiu “agardamos poder contar con estas melloras en materia de seguridade viaria o antes posible, xa que o 10 de setembro dá inicio o curso escolar 2015-2016. Esta visita enmárcase dentro das relacións e conversas de traballo que está mantendo o Concello de Ames coa consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas”.

Lalín - Peche da aula da UNED

O aforro derivado do peche da aula da Uned en Lalín destinarase a políticas sociais, a gran prioridade do Goberno municipal para este mandato. Así o explicou hoxe a concelleira de Educación, Katia Procino, quen tamén incidiu en que a decisión de resolver o convenio que existía entre o Concello e o Padroado do Centro Asociado da UNED en Pontevedra se adoptou tras unha rigorosa análise económica que demostraba que o servizo era moi deficitario e que non cubría “nin de lonxe” as necesidades académicas dun concello como o de Lalín. 

En concreto, Procino lembra que en virtude dese acordo mantíñase operativa unha Aula na que se impartía unha única titulación -a de Administración e Dirección de Empresas (ADE)- e na que este ano tan só estaban matriculados 13 alumnos repartidos en tres cursos. O Concello estaba a destinar máis de 50 mil euros a manter operativo este servizo, é dicir, case 4.000 euros por alumno. 

A súa continuidade nin sequera está xustificada polas clases para as probas de acceso universitario xa que para iso “non é necesario ter a UNED en Lalín, e moito menos cando todos os exames os hai que ir facer a Pontevedra”. “En conclusión”, di Procino, “queda claro que a oferta académica era ínfima e que o número de estudantes moi escaso, polo que non resultaba rendible nin social nin economicamente que o Concello seguise a financiar este servizo”.

Ademais, segundo Procino, estes datos demostran que “a única decisión cortoplacista e populista foi a de José Crespo cando porfiou por abrir en Lalín unha aula da UNED polo simple feito de alimentar o seu ego persoal”. Ao mesmo tempo a concelleira de Educación pregúntase por que o PP non aplicou as fórmulas para potenciar a súa oferta en lugar de deixala esmorecer, como corroboran os feitos.

Co obxectivo de propiciar un incremento da oferta educativa, o Goberno decidiu aproveitar parte do aforro polo peche da UNED a aumentar as axudas ao transporte universitario, que convoca a concellería de Benestar Social, e que pasarán dos 9.000 euros que se destinaron no curso pasado aos 15 mil previstos para este curso que está a piques de comenzar. O goberno municipal adoptou a decisión de destinar un maior orzamento a este sistema co obxectivo de beneficiar a máis alumnos e para favorecer o seu acceso a un maior número de titulacións. 

A meirande parte do aforro pasará a engrosar as partidas destinadas a políticas sociais, a gran prioridade para este mandato.

Axenda e tempo do venres 21 de agosto - Música, feiras, festas, exposicións

Santiago - Numax 

Santiago - Feito a Man - Sabela king & The Heartbreakers

Santiago - Verán na Rúa - De Vacas

Santiago - Feito a Man -  Dixie Town +The Fabulous Resaca Brothers

Ordes - Festas en Ardemil

Lalín _ Feira Medieval

Santiago - Feito a Man - Pinchas y Pinchos 

Outros Concertos + info

Exposicións

Santiago - Museo do Pobo Galego - Estalote

Santiago - Fundación Granell - 20 formas de cambiar el mundo (ata decembro)

Santiago - Fonseca Elipsis de Rafael Navarro (ata o 29 de agosto)

Santiago - Cidade da Cultura - Camiño, A orixe (ata o 11 de septembro)


O Tempo

Brión - IV Ruta BTT Río Tambre Brión

A Asociación O Esquío no Piñeiro e a Piscina Municipal Cuberta de Brión están a ultimar os preparativos para a posta en marcha dunha nova edición da Ruta BTT Río Tambre-Brión, que este ano presenta grandes novidades. A principal é que o programa se desenvolverá en dúas xornadas, os días 12 e 13 de setembro.

Para o sábado 12 está programada a Cronoescalada Carballeira de Santa Minia-Torres de Altamira. A proba dará comezo ás 18.00 horas e, cada 30 segundos, os participantes na mesma irán saíndo da Carballeira de Santa Minia para realizar unha escalada contra reloxio ata as Torres de Altamira, percorrendo unha distancia de entre 5 e 6 quilómetros. Os tres primeiros clasificados nas categorías masculina e feminina levarán un trofeo.

O domingo 13 de setembro contará con dúas probas deportivas. A primeira delas comprenderá a estrea do I Duatlón Cross Río Tambre, que sairá ás 09.00 horas das inmediacións da Piscina Cuberta Municipal, que tamén será o punto de chegada. Esta proba conta cun percorrido de 25 quilómetros en bicicleta e 6 a pé.

Media hora máis tarde dará comezo a proba grande, a IV Ruta BTT Río Tambre-Brión. Os participantes na proba deberán completar un percorrido que discorrerá ao longo de 45 quilómetros de sendeiros –tanto polas ribeiras do Tambre coma polo Monte Rubial-, cunha dificultade técnica e física media. O punto de saída e de chegada será o pavillón municipal de Brión.

Ao igual ca no caso anterior, os treis primeiros clasificados das categorías masculina e feminina destas dúas probas levarán un trofeo. Ademais, e como é de costume, a organización agasallará a todos os participantes cunha camiseta técnica transpirable. 

Ao finalizar as probas do domingo, terá lugar un xantar de confraternidade no pavillón municipal brionés ao que poden acudir todos aqueles participantes que o desexen. Dende a organización anuncian tamén varias sorpresas nesta xornada.

Inscricións e prezos
As inscricións para calquera das tres probas deben formalizarse a través da web http://rutabttdotambre.blogspot.com.es/. Para a Cronoescalada hai un total de 150 prazas dispoñibles e o prezo é de 8 euros. No caso do Duatlón Cross, hai outras 150 prazas e o custo ascende a 12 euros. Finalmente, a Ruta BTT Río Tambre-Brión conta ata 300 prazas e o prezo é tamén de 12 euros. 

Dende a organización estableceron un bono especial para dúas probas por 15 euros. Os participantes poderían escoller entre acudir á Cronoescalada e ao Duatlón Cross, ou ben entre a Cronoescalada e a Ruta BTT.

Cómpre lembrar que o pago das inscricións inclúen os dorsais, un agasallo conmemorativo da proba, a comida de confraternización do domingo, o control de tempos por chip, avituallamentos, aparcamento de balde, vestiarios e duchas, piscina e sauna. Tamén o prezo cubre todos os custos relacionados cos seguros de responsabilidade civil, os servizos de ambulancia e de recollida en caso de accidente.

Ames - A Xunta de Goberno aproba o expediente de contratación para o subministro de maquinaria para a brigada de obras

Onte salón de Plenos da Casa do Concello acolleu unha nova sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local, na que se aprobaron tres expedientes de contratación de distintos servizos municipais. Primeiro para o subministro de maquinaria de parques e xardíns. De seguido, aprobouse o expediente de contratación do servizo de mantemento e reparación dos ascensores, montacargas e plataformas salvaescaleiras instalados nas dependencias municipais e edificios auxiliares. Por último, aprobouse un terceiro expediente para a contratación do servizo de seguros de accidentes colectivos do Concello de Ames. Tamén se aprobou o cambio de titularidade dunha licenza de obra maior, así como unha licenza de primeira ocupación e unha licenza de obra maior.

A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá o expediente de contratación, mediante procedemento aberto e oferta económica mais vantaxosa, do servizo de subministro de maquinaria de parques e xardíns para a brigada municipal de obras do Concello de Ames. Deste xeito aprobáronse os pregos deste procedemento e autorizouse, como valor estimado do contrato, o importe de 38.204,54 euros. Con esta contratación preténdese paliar a falta e material que teñen os operarios da brigada de obras para poder desenvolver o seu traballo diario.

Por outra banda, aprobouse o expediente de contratación, mediante procedemento aberto e oferta económica mais vantaxosa, do servizo de mantemento e reparación dos ascensores, montacargas e plataforma salvaescaleiras instalados nas dependencias municipais e nos edificios auxiliares do Concello de Ames. Actualmente o mantemento destes ascensores vense prestando polas propias empresas instaladoras, sendo así varias as empresas que están facturando pola prestación deste servizo. 

Para o adecuado mantemento destes aparatos, e de cara a obtención dun mellor prezo, faise necesario que o Concello promova a contratación da prestación do servizo de mantemento de ascensores cunha única empresa. A duración do contrato será dende o 1 de outubro de 2015 ata o 30 de setembro de 2017, non admitíndose prórrogas. Asemade autorizouse, como valor estimado deste contrato, o importe de 32.783,67 euros.

Contratación do servizo de seguros de accidentes



Por último, aprobouse o expediente de contratación, mediante procedemento aberto e oferta económica máis vantaxosa, do contrato privado de servizos seguros de accidentes colectivos do Concello de Ames. Ademais, autorizouse como valor máximo total do presente contrato o importe de 36.000 euros. Este contrato terá unha duración inicial de dous anos comezando o 1 de outubro de 2015, podendo prorrogarse de maneira expresa por períodos anuais ata un máximo de catro anos (incluído período inicial e prorrogas).

PP Santiago - Agustín Hernández insta ao Goberno local a que impulse proxectos da anterior etapa

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular, Agustín Hernández, instou, onte, ao equipo de goberno a que informe dos plans adoptados para as obras da rúa de Montero Ríos, avenida de Vilagarcía ou a Casa da Xuventude e a súa conexión co parque de Belvís. Proxectos que, tal e como recordou o voceiro popular, o anterior goberno do PP deixou encamiñados e que o actual executivo municipal decidiu, fai dous meses, de forma unilateral e sen contar coa opinión dos veciños, paralizalos, para acometer outras necesidades máis urxentes.

O voceiro do PP lamentou que a actitude do goberno de querer “rachar con todo” paralice proxectos que xa estaban en tramitación. “Non hai razóns obxectivas para paralos”, destacou. Por todo iso, insta ao actual equipo de goberno a que retome o traballo e lle dea o impulso necesario para poñelos en marcha. Do mesmo xeito, Agustín Hernández amosou a súa preocupación polos plans do goberno con respecto a outra serie de proxectos que o PP deixou en marcha e dos que lle deu debida conta no informe do traspaso de poderes, para que o novo goberno lle dera o impulso necesario para acometelos o antes posible. Neste senso, referiuse a: 

Proxectos para Vite. Obras de mellora das redes de saneamento e pluviais en Cima da Eira e actuacións de pavimentación en Guadalupe. Ámbolos dous proxectos, que responden a peticións directas dos veciños e que recollen demandas históricas do barrio, están en fase de contratación. 

Obras en Angrois. O proxecto do almacén xa está aprobado, tan só pendente de que se inicie o proceso de contratación. 

Proxecto de accesibilidade en varios puntos do concello. Son obras de mellora importantes, xa que actúan en puntos críticos de toda a cidade, priorizados pola asociación COGAMI. 

Proxecto de repavimentación en Castiñeiriño e O Romaño. As actuación están tamén sen licitar. 

Reurbanización dos ámbitos de acceso á cidade: Vista Alegre – Avio – Torreira – Ponte Romaño. Está pendente a aprobación do proxecto. 

Obras de saneamento en Amio e a pista polideportiva e o proxecto de reurbanización de As Cancelas. Pendente da aprobación do proxecto.

Actuacións en Conxo. Pendentes de aprobación. 

“Castiñeiriño, O Romaño, Vista Alegre, Vite, Amio, Conxo… Son barrios que demandan que se acometan obras urxentes. Por iso, calquera decisión que se tome ao respecto deberíaselle explicar tanto aos veciños coma a corporación”, subliñou Agustín Hernández. “Son proxectos de cidade –continuou-, feitos polo concello. Non son os proxectos do Partido Popular, senón que son os proxectos dos veciños e veciñas de Santiago de Compostela”. 

O voceiro do PP tamén se referiu ás obras de execución da rúa Basquiños e Almáciga. Neste senso, considera un erro moi grave a decisión do goberno local de paralizar a contratación do tramo Santa Clara – San Roque, xa que provocará que quede incompleto todo o eixo. No tocante á zona de Almáciga, quedan pendentes a segunda fase de Escultor Asorey e a reurbanización de Tras Santa Clara, con proxectos redactados e pendentes da súa aprobación. 

Agustín Hernández lamentou esta forma de “gobernar a costas dos veciños” e recordou que todos os proxectos reflectidos nos orzamentos responden a demandas veciñais. “No documento de traspaso de poderes, detallóuselle o estado de cada un dos proxectos. Non hai desculpa para xustificar un atraso. Son proxectos que buscan acometer obras de renovación e de mellora de diferentes barrios do concello”, sentenciou.

Silleda - Corte da N-525

O tramo da estrada nacional Santiago-Ourense (N-525) ao seu paso pola localidade silldense da Bandeira quedará dende maña venres pola tarde pechado ao tráfico con motivo das festas de verán. A Subdelegación do Goberno en Pontevedra autorizou hai varias semanas o desvío do tráfico, que se fará efectivo dende as 16.00 horas de mañá ata a madrugada do domingo ao luns. A autorización chegou logo da petición formulada dende a Alcaldía de Silleda, que se comprometeu, coma en anos anteriores a sinalizar e organizar de forma axeitada a modificación temporal do tramo afectado.

É por iso, que dende o goberno municipal apélase á responsabilidade de todos os veciños e veciñas, así coma dos visitantes, para que respeten o desvío habilitado e a sinalización provisional. Neste senso, reitérase que durante as tres xornadas “quedará prohibido aparcar nas tres rúas da Bandeira nas que se habilitará o desvío”. Estas son a rúa Doutor Penoucos, rúa do Parque e rúa Ramón de Valenzuela. Lémbrase que en anteriores ocasións foron moitos os condutores sancionados por estacionar na vía habilitada como desvío. O peche da vía nacional concédese tendo en conta que o Concello é o responsable, por iso dende o executivo local se apela á colaboración veciñal, para ter os tres tramos despexados.

Tamén dende o Concello se procedeu xa a retirar destas vías os colectores de lixo, a fin de ter despexadas estas tres rúas. 

Os festexos da Bandeira, coa empanada como gran reclamo, continúan hoxe coa IV Ruta da Empanadilla, o campionato interparroquial de Tiro á Corda, actividades para nenos, e o XXVII Esmorga Folk. O sábado será o gran día coa XLI Festa da Empanada na que se agardan a milleiros de persoas. As festas rematarán o domingo 23 e o luns día 24 será Festivo Local no municipio de Silleda.

Músicos ao vivo - Músicos Ao Vivo asina un convenio con AGADIC para a celebración dun festival en outono

A Asociación Músicos ao Vivo contará co apoio da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para o desenvolvemento da primeira edición do Festival Premios Martín Códax da Música que terá lugar os vindeiros 15, 16 e 17 de outubro en diversos espazos de Santiago de Compostela. Así o recolle o convenio que veñen de asinar este mediodía a presidenta da Asociación de Músicos Ao Vivo, Iria Piñeiro e o director da AGADIC, Jacobo Sutil.

A iniciativa, para a que se contará coas actuacións de artistas e grupos gañadores das anteriores edicións destes galardóns galegos da música, supón o arranque dunha terceira edición que chegará cargada de novidades en canto a calendario e requisitos para participar na convocatoria.

Concertos e encontros profesionais
Mediante este acordo, a Agadic reitera o seu apoio á difusión dos Premios Martín Códax da Música a través de iniciativas encamiñadas a que sexan socialmente recoñecidos como os principais galardóns do sector musical galego. Con esta mesma finalidade e no caso do festival previsto para este outono, xunto coa programación de concertos, organizaranse encontros profesionais, coloquios e diferentes accións promocionais.

A Asociación Músicos ao Vivo puxo en marcha estes premios en 2013 co obxectivo de recoñecer a creación, a diversidade e a calidade artística das producións musicais galegas, así como o seu potencial como industria e motor económico. A través deles promóvese o traballo dos músicos galegos tanto dentro como fóra da nosa Comunidade, ademais de descubrir novos talentos e de lle achegar ao público a música e o seu proceso de produción.

Santiago Futsal - Novas sobre David Palma e Mon Barreiro

O xogador foi sometido a unha ecografía que mostrou unha rotura na unión proximal músculo-tendón do recto anterior esquerdo
O prazo de recuperación prolóngase ata as 6 ou 8 semanas
A ecografía realizada no día de onte ao xogador David Palmas Mato mostra unha rotura na unión proximal músculo-tendón do recto anterior esquerdo, con afección tendinosa. Os servizos médicos do club estimaron que o prazo de recuperación do peche se prolongará ata as 6 ou 8 semanas.

========================================================================

O seleccionador español, Venancio López, volveu contar con Mon Barreiro como adestrador de porteiras na concentración da absoluta española. O segundo adestrador do conxunto branco encóntrase co combinado nacional dende o luns, co que permanecerá no 'stage' que están a realizar na Cidade Deportivas Las Rozas (Madrid), ata o sábado día 22 de Agosto.

Oroso - Matricua Aula de Música

A Aula de Música do Concello de Oroso abrirá o prazo de presentación de solicitudes para novas matrículas no curso 2015-2016 entre o 26 de agosto e o 9 de setembro. As prazas son limitadas e outorgaranse segundo a orde de entrada das solicitudes no rexistro municipal. Terán preferencia sempre as persoas empadroadas no municipio de Oroso. 

A oferta da Aula de Música para o novo curso inclúe as modalidades de música e movemento, linguaxe musical, frauta, guitarra, baixo eléctrico, piano, saxofón, violín, canto e batería. Para as prazas que poidan quedar vacantes, poderán formalizarse as matrículas durante o curso. 

O Concello lembra que o usuario non debe pagar a matrícula ata que se teña confirmada a praza por parte do departamento municipal de Cultura. Nese momento, para facer efectiva a matrícula hai que acudir ao apartado ‘tributos on line’ da páxina web do Concello de Oroso. Posteriormente, canda o xustificante de pago, haberá que prsentar a carta de domiciliación, unha fotocopia da tarxeta sanitaria, unha foto de tamaño carné, o título de familia numerosa se é o caso, e a autorización para a cobertura gráfica e audiovisual dos actos da Aula de Música.

Para obter máis información sobre os trámites de inscrición e a oferta formativa da Aula de Música, as persoas interesadas poden chamar ao Centro Cultural (981 69 09 03) de luns a venres entre as nove da mañá e as dúas da tarde.

Santiago - O cineasta Aki Kaurismäki visitará Curtocircuito

A concelleira de Acción Cultural Branca Novoneyra, e o director do Festival internacional de cinema Curtocircuito Pela del Álamo, anunciaron en rolda de prensa na casa do concello, a presenza en Curtocircuito 2015 do laureado director finés Aki Kaurismäki.

O festival internacional de cinema Curtocircuíto que se organiza desde a concellaría de Acción Cultural e que conta coa xestión do Auditorio de Galicia, continua a consolidar o prestixio acadado coa presenza do mestre finés Aki Kaurismäki. Esta é a primeira dunha serie de sorpresas que traerá o festival na súa próxima edición que se celebrará do 6 ao 11 de outubro. 

Curtocircuíto pretende ser algo máis que un festival de cinema, para converterse nun punto de encontro lúdico e cultural.

Kaurismäki é internacionalmente coñecido por filmes como Nubes pasaxeiras (1996) ou Un home sen pasado (2002), polo que levou a Palma de Oro en Cannes. As súas películas xiran en torno a personaxes esperpénticos en difíciles situación e están cargadas de humor negro e dun humanismo que gañou ao público de todo o mundo.

Curtocircuito presenta así o primeiro programa, desta índole, que se lle dedica ao finés en España: 'Rock & Shorts' recollerá as súas obras menos coñecidas, os 'rock films' e curtametraxes e no programa especial titulado 'Signed by Aki K.', o finés compartirá co público filmes referenciais para el.

O festival contara coa presenza de Kaurismäki os días 9 e 11 de outubro. Amais das sesións, haberá encontros co publico.

A sesión 'Rock & Shorts'
A sesión 'Rock & Shorts' mostrará varios dos filmes musicais que fixo cos Leningrad Cowboys, banda de rock'n'roll de grande prestixio. Esta unión fixo mundialmente coñecido a Kaurismäki grazas á película Leningrad Cowboys Go America (1989), na liña de cintas de grandes grupos, como A Hard Day's Night (Richard Lester, 1964), rodada en plena beatlemanía. O filme dos Leningrad Cowboys tivo unha importante xira internacional, pero antes a colaboración entre o cineasta e a banda xa dera sinais de grande creatividade con propostas como Rocky VI (1986), Thru the Wire (1987), Rich Little Bitch (1987), Those Were the Days (1992) ou These Boots (1993), todas incluídas no programa. Estas peliculas conteñen algunhas das constantes que posteriormente marcarán a obra do finés. Cunha narración moi traballada, dilapidan a idea tradicional do videoclip.

Ademais de contar con esta dilatada obra musical, Kaurismäki tamén realizou varios filmes no marco de proxectos con outros cineastas, que o levaron a visitar países como Portugal, país que ama e no que reside actualmente. Alí rodou Bico (2004) e O Tasqueiro (2012). A primeira, documental de carácter patrimonial, é un honesto retrato dunha vila da zona montañosa de Castro Laboreiro, ao norte do país. Pola súa banda, O Tasqueiro conta a historia do dono dun bar en horas baixas, que intenta atraer clientes. Rodada en Guimarães, a cinta destila o esperpéntico patetismo humanista da obra do seu autor, no contexto luso. Completan o programa Valimo (2007), sobre unha fundición; e Dogs Have no Hell (2002). Esta última retoma os personaxes da súa exitosa Un home sen pasado, e conta o que aconteceu con eles logo do final do filme.


Kaurismäki, programador convidado
A segunda sesión, titulada 'Signed by Aki K.', reúne un trío de filmes elixidos polo autor. Son apostas moi especiais, pequenas xoias que o finés quere dar a descubrir ao público. A primeira delas, The Fatal Glass of Beer (Clyde Bruckman, 1933), é unha das grandes comedias escritas polo mestre do xénero W.C. Fields, tamén protagonista da curta. Coñecido nos anos 30 por desenvolver un alter ego fedello e satítico, esta película é unha parodia dos melodramas canadianos desa época.

A seguir, o filme censurado de John Huston, sobre soldados marcados mentalmente pola Segunda Guerra Mundial. Let There Be Light (1946) é un interesantísimo documental, sen ditribución ata o 80, no que segue a varios excombatentes afectados por síndromes postraumáticos. Completa a sesión o filme do seu axudante Chilles Charmant, Seul l'avenir nous le dira (2015), un tolo exercicio de ciencia-ficción, no que o realizador de cinema alemán Rainer Werner Fassbinder queda crioxenizado nun aparello e esperta no ano 2028 en Francia, para atopar que o país está sumido nunha terrible ditadura.


‘Noite Curta’ como adianto do festival en setembro
O festival contará ademais en setembro con dúas sesións ao aire libre, abertas a toda a cidadanía, na praza das Praterías os mercores 2 e 9 ás 21.30 h.

Este programa especial, co nome de Noite Curta, proxectará as películas gañadoras da pasada edición, amais de contar cunha colaboración co festival de música WOS INC. A través deste acordo, o evento musical contará con proxeccións de cinema, que se anunciarán en breve, mentres que a segunda Noite Curta establecerá diálogos entre as dúas artes. Os concertos de Curtocircuíto, irmandados con WOS INC, serán tamén un dos pratos fortes da vindeira edición, que quere converterse nun importante evento cultural e lúdico para a cidade, co seu centro no cinema, mais establecendo relacións con outras disciplinas.

En breve, anunciaranse novos contidos sobre Curtocircuíto, con retrospectivas dedicadas a importantes autores, unha sección oficial con importantes estreas internacionais ou obradoiros para públicos diversos, amais de encontros con directores, entre outras actividades.

Pacto X Ames - Enmendas orzamentos do estado

En esta semana estase levando a cabo no Congreso dos Deputados a presentación e debate sobre os PresupuestosGenerales del Estado.

Dende Pacto por Ames estivemos analizando o documento orzamentario e observamos que o goberno do PP deixa un ano máis ao concello de Ames fora e non figuran nos orzamentos partidas económicas.

Tendo en conta que a solución da situación da Nacional 550 ao seu paso polo Milladoirodebería ser unha prioridade, tanto por motivos de seguridade como por motivos de vertebración e socialización do núcleo do Milladoiro, dende Pacto por Ames consideramos que o Goberno do Estado debería incluír nos orzamentos unha partida para facer fronte a un estudo de viabilidade co fin de buscar unha solución definitiva para este viario que parte pola metade OMilladoiro.

Considerando que o novo goberno municipal ten a posibilidade de efectuar emendas ao documento do novo proxecto orzamentario, e tendo en conta os prazos na tramitación, Pacto por Ames solicita: 

Que o goberno municipal de Ames presente ás correspondentes emendas ao proxecto orzamentario de tal xeito que se inclúa unha partida nos PresupuestosGenerales del Estado suficiente para levar a cabo un estudo de viabilidade da proposta máis axeitada para desviar o tráfico da N550 ao seu paso polo Milladoiro,ben sexa a través da variante ou a través dun túnel.

Teo - Entrega do Caxato de Avelino

O Salón de Plenos do Concello de Teo foi o lugar de reunión no mediodía deste martes daquelas persoas que quixeron lembrar a persoa de Avelino Pousa convocados pola Irmandade Avelino Pousa Antelo, a Irmandade Manuel María da Terra Chá e a Asociación Cultural Xermolos.
Foi o alcalde da localidade, Rafael Sisto, o encargado de abrir o acto cunhas palabras nas que lembrou o legado cultural e o valor humano que Avelino nos deixou, e nas que fixo referencia a que o Concello de Teo segue sendo o portador do segundo caxato de Avelino Pousa, presente a cotío no Salón de Plenos da Casa do Concello, o cal considerou como o “orgullo máis decidido e unha honra maior que este concello, que foi a súa casa, siga sendo a súa casa para pór en valor o seu legado”. Así mesmo, Rafael Sisto comprácese en que “siga a ser esta casa, o Concello de Teo, a que cada ano sexa o lugar escollido para celebrar a cerimonia de entrega do Caxato de Avelino”.

O acto continuou con dúas voces femininas, por un lado a escritora Navia Rivas de Castro recordou a figura de Avelino cun texto do propio Avelino sobre o que fixo unha reflexión sobre a figura do “caxato” coa dualidade metafórica dun caxato vieiro ou xusticeiro á vez.

Por outro lado, Sara Torreiro, veciña de Santa María de Arzúa, parroquia que este ano foi agasallada co “terceiro caxato Avelino Pousa”, recordou a presenza de Avelino nas festas desta parroquia, tanto na festa caldaria, como no castelo da noite de San Xoán e puxo en valor a idiosincrasia rural e o apego ao propio para confluír neste mundo globalizado. “Idiosincrasia esta –dixo- na que Avelino encaixou de marabilla”.

Proseguiría o acto coa entrega oficial do “Caxato de Avelino” por parte de Alfonso Blanco Torrado, da Asociación Xermolos, ao presidente da Asociación de Veciños de Santa María de Arzúa, así como a entrega dun cadro representativo da figura de Avelino, que acompañará o caxato, o cal foi entregado por “Mini” e “Mero”.

Para rematar, Nora Pousa, filla de Avelino, quixo agradecer a todos os asistentes a súa presenza, así como aos organizadores e institucións colaboradoras o afecto mostrado cara a figura do seu pai e felicitou á parroquia de Santa María de Arzúa por ser a portadora do caxato deste ano, parroquia da que lembrou que Avelino definía como o lugar onde se comía “unha pluscuamperfecta cunca de caldo”.

A continuación os actos seguiron no paseo Avelino Pousa nos Verxeis cunha intervención musical a cargo de Raúl coa peza “O gaiteiro nubeiro”, e falarán Mini e Mero no nome dos asistentes e unha persoa da familia, pechando o acto a concelleira de Cultura de Teo, Pilar Faxil.

Ames - Plan de mantemento das pistas deportivas municipais

O Concello de Ames, a través da concellaría de Deportes, vén de rematar a elaboración dun informe sobre o estado dos espazos deportivos municipais. A través deste estudo avaliouse o estado dun total de 23 pistas polideportivas descubertas que están repartidas por todo o termo municipal de Ames. O obxectivo do goberno municipal é coñecer o estado actual destas instalación, para poder elaborar un plan de mantemento e acondicionamento de ditas pistas polideportivas. As actuacións máis urxentes e de primeira necesidade levaranse a cabo nos vindeiros meses.

A superficie do concello conta con multitude de espazos deportivos que necesitan dun mantemento necesario para a perfecta conservación dos mesmos. Algúns destes espazos como son as instalacións deportivas cubertas conta  con persoal de mantemento específico, pero non sucede o mesmo cos espazos e pistas polideportivas descubertas que se van deteriorando co paso do tempo e as inclemencias meteorolóxicas.

Debido a iso, dende a concellaría de Deportes elaboraron un informe que recolle as deficiencias e necesidades dos espazos deportivos que se atopan ao aire libre e que non contan cun plan de mantemento programado. Segundo se detalla neste informe os principais traballos que hai que realizar nas pistas polideportivas descubertas son o pintado de liñas, canastras e porterías; a reparación, limpeza e pintado do pavimento das pistas; a reparación dos pechamentos metálicos; a limpeza do pavimento das instalacións e dos muros dos pechamentos exteriores; a reposición de elementos dos equipamentos (redes de porterías e canastras); a fixación das porterías; e a limpeza da maleza existente no peche perimetral das pistas.

A través destes traballos preténdese propiciar a práctica deportiva nunhas condicións óptimas, eliminar os posibles riscos e previr as lesións na práctica deportiva, e eliminar o mal aspecto visual que presenta o entorno destas pistas polideprotivas. O obxectivo do goberno municipal é coñecer o estado actual destas instalación, para poder elaborar un plan de mantemento e acondicionamento de ditas pistas polideportivas. As actuacións máis urxentes e de primeira necesidade levaranse a cabo nos vindeiros meses.

Segundo explica o alcalde e concelleiro de Deportes, José Miñones, “vaise elaborar un plan mensual de mantemento e acondicionamento das pistas polideportivas descubertas. O noso obxectivo é que algúns dos traballos de mantementos destas instalacións sexan executados pola brigada municipal de obras, mentres que outras labores serán contratadas. Ademais, vaise a facer unha programación anual de investimentos para arranxar as instalación que teñan maior necesidade”.


Os espazos deportivos nos que se vai actuar están repartidos entre as localidades de Bertamiráns e do Milladoiro, as urbanización de Aldea Nova e As Mimosas, e pola zona rural (Ameixenda, Castiñeiro do Lobo, Costoia, Covas, Guimaráns, Lapido, Ortoño, Piñeiro, Proupín, Tapia, Tarrío e Ventín). Deste xeito, os traballos de mantemento e acondicionamento levaranse a cabo nun total de 23 pistas polideportivas.

Feito A Man - Novas datas para os concertos aprazados

Os concertos aprazados nos últimos días por mor da choiva quedan da seguinte maneira:

- O concerto dos MORNING que non se puido realizar o pasado sábado, aprázase ao domingo 23 ás 13.30h na rúa de Tras Salomé.

- O concerto dos BASTARDS ON PARADE que non se puido realizar o sábado pasado, aprázase a o venres 21 ás 22.30h

- O concerto de DE VACAS na Praza de Feixóo será o luns 24 ás 18h.

Por outro lado, informamos de que as entradas para a Ultranoite no País dos Soviets de Chévere (que servirá de peche do Feito a Man 2015 o próximo mércores 26), están á venda na rede a través da páxina redenasa.tv e tamén se poden adquirir fisicamente en calquera dos locais da Asociación Cultural Cidade Vella. Teñen un prezo de 12€

A programación para esta semana podedes consultala na páxina do festival:

Finalmente, convidámosvos a difundir os vídeos que estamos realizando do Feito a Man deste ano:

Axenda e tempo do xoves 20 de agosto - Música, mercadillos, circo, exposicións

Santiago - Numax 

Santiago - Feito a Man - The Eskies

Santiago - Verán na Rúa - Ekilibua, a xogar!!

Santiago - Feito a Man - Gelria

Ames - Noite de observacion do cosmos 

Santiago - Atardecer no Gaias - Lorena Álvarez 

Santiago - Feito a Man - Mercadillo na ruela de Xerusalén

Santiago - Feito a Man - Es un árbol + IGMIG

Outros Concertos + info

Exposicións

Santiago - Museo do Pobo Galego - Estalote

Santiago - Fundación Granell - 20 formas de cambiar el mundo (ata decembro)

Santiago - Fonseca Elipsis de Rafael Navarro (ata o 29 de agosto)

Santiago - Cidade da Cultura - Camiño, A orixe (ata o 11 de septembro)


O Tempo

Teo - Santiago - Homenaxes a Ánxel Casal

Na tarde de onte tiña lugar unha homenaxe a Anxel Casal en Montouto, na Estivada da Ribeira moi preto da curva onde apareceu asasinado en 1936.

Editor e galeguista, Ánxel Casal foi asasinado cando era alcalde republicano de Santiago e o seu corpo foi atopado nunha gabia o 19 de agosto de 1936. Tiña só 40 anos.

Ademais do seu traballo como político demócrata e galeguista, Casal levou a cabo un importante labor editorial, fundando a editorial Lar e a imprenta Nós, que deu ao prelo obras xa clásicas da literatura galega. O seu labor como normalizador da lingua galega estivo tamén vinculado ao ámbito da educación, e impulsou as primeiras escolas do ensino en galego.

Este ano cumprense os 120 anos do nacemento de Casal e na súa homenaxe participaron ademáis de Martiño Noriega, alcalde de Santiago, e Rafa Sixto, alcalde de Teo, os rexidores de A Coruña, Xulio Ferreiro, e de Arzua José Luís García. O acto foi conducido por Pilar Faxil, concelleira de cultura de Teo e o presidente da asociación Oliveira, Xosé Luís Santos Cabana foi o encargado de abrir o acto. A música foi posta polos gaiteiros da Asociación A Mámoa de Luou e das pandereteiras do grupo Aldomil; a peza que interpretaronm estas últimas, leva por título "O Paseo" e foi recuperada na compostelana parroquia de Grixoa por Montse Rivera e Felisa Segade, trátase dunha melodía que se interpretaba cando a xente que estaba presa se sabía que o día seguinte ia ser "paseada".

O actou pechouse no monolito que lembra o lugar onde apareceu asasinado cunha ofrenda floral e o Himno galego.

=================================================================



Por outra Banda o BNG de Compostela realizou a súa propia homenaxe o editor, pola mañá en Santiago, epndurando do balcón de Raxoi unha bandeira co escudo que no seu día deseñara o propio Ánxel Casal