AYUNTAMIENTO DE AMES


Ames atópase entre os concellos de Galicia con maior poboación
O Concello de Ames pasa a ser un dos principais municipios de Galicia en canto a poboación se refire. Segundo se desprende dos datos do INE dispón de 27.893 habitantes. O crecemento exponencial que experimentou este concello na última década sitúao no posto décimo sexto se temos en conta aos 315 concellos de Galicia. Iso pódese contrastar se revisamos os últimos datos oficiais proporcionados polo Instituto Nacional de Estatística. Este é unha cifra provisional xa que o padrón municipal con data de 1 de xaneiro de 2010 non se pecha ata finais deste ano.
O lema de Ames “Un concello emerxente” adáptase como anel ao dedo se temos en conta a realidade social deste municipio nos últimos anos. Este concello da comarca de Santiago de Compostela está medrando a pasos axigantados ata converterse nun dos principias municipios de Galicia en canto a poboación se refire. Este incremento poboacional ven determinado pola constitución de dous grandes núcleos urbanos que aglutinan a maior parte de poboación. En Bertamirás e no Milladoiro residen 18.545 habitantes. Milladoiro é o núcleo máis poboado con 11.376 veciños/as, en segundo lugar atópase Bertamiráns con 7.169. Os 9.348 habitantes restantes distribúense polas urbanizacións que hai no municipio e polos diferentes lugares do rural amiense.
O pasado 1 de marzo pechouse o período para contabilizar a poboación do exercicio 2009. Todas as cifras oficiais do padrón municipal do Instituto Nacional de Estatística xéranse a partir do mes de marzo cando reciben os datos proporcionados polos distintos concellos de Galicia e de España. Así o Concello de Ames tivo que enviar antes desta data todos os movemento poboacionsis que se produciron no seu territorio durante o 2009. Segundo os datos proporcionados polo INE, a 1 de xaneiro de 2010, están censados en Ames 27.893 habitantes, polo que está moi preto da cifra de 28.000 que se previa para este ano.
Aínda que non se trata de datos oficiais Ames experimentou un incremento de preto de 1.000 habitantes nos último ano, concretamente censáronse 910 novos veciños e veciñas. Por franxas de idades hai que destacar que un 22,32 % dos habitantes teñen entre 30 e 39 anos; un 18,99% están entre os 40 e os 49 anos e un 13,04 teñen de 0 a 9 anos. Estes datos indican ben as claras que existe unha poboación eminentemente xoven en idade de traballar que se traslada a este municipio para establecer a súa residencia habitual. Ademais este grupo poboacional elixe este contorno para criar aos seus fillos e fillas, polo que isto provoca que haxa un gran numero de nenos e nenas no noso municipio. Os mozos e mozas que residen no Concello, comprendidos entre 0-19 anos, representan o 22,66% da pirámide demográfica.
Todas estas características sociais implican que dende a Administración local se teña que dedicar un gran número de recursos a políticas sociais como son o programa Bos Días Cole, o servizo da Rede de Comedores Escolares e o programa Tardes Divertidas. Ao mesmo tempo tamén se realizan actividades en períodos non lectivos, como os programas lúdicos (Primavera lúdica, Xuño lúdico e Setembro lúdico) e numerosos obradoiros destinados aos rapaces para colaborar coa súa formación persoal e profesional día a día.
En contraposición existe un baixo porcentaxe de poboación envellecida. As persoas de entre 60 e 69 anos representan o 6,65% mentres que os de 70 a 79 suman unha porcentaxe do 4,23%. Este índice vai decrecendo segundo aumenta o número de anos. Hai que destacar que nestes intres hai dúas persoas centenarias no concello, un home e unha muller. Por outra banda hai que salientar a paridade de sexos xa que só existen tres puntos de diferenza entre os homes e as mulleres: os primeiros representan o 48,53% da poboación, mentres que elas o 51,47%.
Preto dos 30.000 habitantes
Pero deixando de lado eses números e centrándonos nos últimos datos oficiais publicados polo Instituto Nacional de Estatística a data de 1 de xaneiro de 2009 podemos dicir que Ames é un dos concellos galegos que máis medrou nos últimos quince anos. No ano 1996 había censadas 13.288 persoas, das que 6.453 eran homes e 6.835 eran mulleres. Vendo estes datos e comparándoos cos actuais as diferenzas son significativas. Catro anos despois, no 2000, a poboación amiense xa era de 16.549 habitantes pero o incremento máis grande produciuse na última década chegando a case 28.000 cidadáns censados, cun incremento de preto de 12.000 persoas.
Por outra banda se collemos estes datos demográficos e os comparamos cos dos 314 municipios restantes de Galicia pódese observar que Ames encóntrase entre os concellos galegos con maior índice de poboación. Despois das sete grandes cidades de Galicia hai un grupo de seis municipios que teñen cifras similares en materia de poboación. Ames, Carballo, Culleredo, Oleiros, Ribeira e Redondela andan en torno aos 30.000 habitantes. Entres estes dous grupos hai que destacar a Narón e a Vilagarcía de Arousa que contan con algo máis de 37.000 habitantes censados.
Se temos en conta aos concellos da comarca, Ames tamén sae gañador posto que só está por debaixo de Santiago de Compostela, que conta con 95.092 habitantes. O terceiro posto é para Teo que conta con 17.807 veciños/as, despois está Brión (7.205), Vedra (5.059), Boqueixón (4.462) e Val do Dubra con 4.423 cidadáns censados.
Na actualidade ocupamos o posto número décimo sexto tendo en conta os concellos máis poboados de toda Galicia. O municipio amiense foi subindo postos nesta clasificación a medida que pasaron os anos. Así en 1960 ocupaba o posto número 55 con 9.597 habitantes. Dez anos despois, en 1970, subiu catro chanzos ata chegar ao posto 51, pero o incremento máis significativo comeza na década dos noventa. No ano 2000 Ames xa contaba con 16.549 veciños/as e xa ocupaba o posto vixésimo quinto. Este incremento persistiu ata os nosos días ata chegar á décimo sexta posición.  
Boas comunicacións e servizos
Este auxe poboacional ven determinado por un incremento na oferta de servizos e de calidade de vida que ofrecen os núcleos urbanos e  rurais de Ames. Este incrible aumento confírmao coma un dos municipios máis atractivos por varias razóns: a oferta de vivenda nova e de calidade a bo prezo, ser un importante núcleo de puxanza económica, os servizos municipais orientados á mellora na calidade de vida son moitas das características que fan de Ames un perfecto destino para comezar a construír unha nova vida familiar.

Ademais, a súa proximidade coa cidade de Santiago de Compostela e a mellora das comunicacións co resto de Galicia, en parte grazas á posta en marcha da autovía que une Santiago con Brión, supón un paso moi importante para empadroarse no Concello: prezos máis ao alcance dos cidadáns e todo preto da casa nun ambiente máis relaxado lonxe da tensión que se respira nas cidades.

Aínda que no futuro todo parece indicar que o crecemento da poboación non vai aumentar ao ritmo destes últimos anos, tanto pola crise como polo estancamento de poboación que sufre a sociedade española, Ames seguirá sumando habitantes ao seu censo. Deste xeito, poderá seguir presumindo de ser un dos municipios que máis medre en toda Galicia nos próximos meses e, por que non, alcanzar a cifra soñada dos 30.000 amienses.


AYUNTAMIENTO DE TEO


O CONCELLO ENVÍA Á XUNTA O DOCUMENTO DO PXOM DE TEO APROBADO PROVISONALMENTE O PASADO 20 DE ABRIL


·        A Xunta ten tres meses para emitir un ditame de aprobación definitiva ou non sobre o documento urbanístico de Teo



07 de maio de 2010. O documento do PXOM de Teo xa está na última fase de tramitación. O día 5 de maio o expediente do Plan Xeral de Ordenación Municipal tivo entrada na Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras abríndose un prazo de tres meses para que a Xunta emita un ditame de aprobación definitiva ou non do documento.

Este último texto do Plan Xeral foi aprobado provisionalemente na sesión plenaria extraordinaria do 20 de abril superando o último trámite municipal. Este documento responde aos requerimentos da última orde da Xunta do 27 de xaneiro da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras.

Nos últimos meses as converas mantidas dende o Concello co Conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández e co Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, serviron para definir os límites da cumplimentación da orde do 27 de xaneiro de 2010 da CMATI, recollidos neste último documento. 

AYUNTAMIENTO DE AMES


Ames acollerá a terceira edición da Festa da Lingua

Esta mañá presentouse no Pazo da Peregrina a terceira edición da Festa da Lingua, que terá lugar o vindeiro día 28 de maio, ás 20:30 horas, no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns. Este evento está organizado e financiado pola Deputación da Coruña e conta coa colaboración dos Concellos de Ames, Santiago de Compostela, Rois, Dodro, Teo e Oroso. A festa en prol da lingua galega sae por primeira vez da cidade da Coruña e a partir de agora irá rotando polas diferentes comarcas da provincia. Para asistir a gala é preciso dispor dun convite que se pode recoller nas dependencias de Normalización Lingüística dos municipios colaboradores.

“Quero agradecer a confianza depositada en Ames para organizar a terceira gala da Festa da Lingua”, así comezou Francisco Villaverde, concelleiro de Cultura, Deportes e Patrimonio Histórico do Concello de Ames, o discurso de presentación da Festa da Lingua. Esta festividade vense realizando dende o ano 2008 pero ata o de agora celebrouse no teatro Rosalía de Castro da Coruña. Dende o Servizo de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña decidiron darlle un pequeno xiro a organización deste evento. Deste xeito, a partir deste ano a Festa da Lingua vaise ir rotando polas diferentes comarcas da provincia para facer participe a toda a poboación desta celebración.

Na rolda de prensa de presentación estiveron, Xoan Manuel Sande, deputado responsable da área de Benestar Social, Políticas de Igualdade de Xénero e Normalización Lingüística da Deputación da Coruña, Francisco Villaverde, concelleiro de Cultura, Deportes e Patrimonio Histórico do Concello de Ames, Martiño Noriega, alcalde do Concello de Teo, Manuel Dos Santos Rodríguez, tenente alcalde do Concello de Rois, Guadalupe Rodríguez Silva, concelleira de Normalización Lingüística do Concello de Santiago de Compostela e Vanesa Reboredo Fraga, concelleira de Ensino do Concello de Oroso.
Xoan Manuel Sande, deputado responsable da área de Benestar Social, Políticas de Igualdade de Xénero e Normalización Lingüística da Deputación da Coruña, explicou que “a través deste acto pretendemos consolidar esta festividade que se celebra no mes de maio e promocionar a lingua galega. Ademais cada ano vamos a implicar a unha comarca diferente da provincia para achegarlle esta festividade a toda a cidadanía e para colaborar cos distintos servizos de normalización lingüística provinciais”.   
Dende o organismo provincial decidiuse que a primeira comarca que albergaría este acto sería a de Santiago de Compostela. Así o Concello de Ames interesouse pola organización deste evento que se levará a cabo no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns o vindeiro día 8 de maio a partir das 20:30 horas. A gala estará presentada pola xornalista Belén Regueira e haberá varias actuacións. Ademais, a xornalista Belén regueira e o poeta Carlos Negro, veciño de Ames, darán lectura a dous manifestos en prol da lingua galega.
María  Ordóñez, da compañía Talía Teatro, interpretará o monólogo titulado Nin en soños de Sechú Sende e, Celso Fernández Sanmartín, contará o conto Bicoca de boca en boca. Tamén haberá varias actuacións musicais como a da Banda de Balbina, gañadora do A polo ghit do ano 2009, e a do grupo Espido formado por Guadi Galego e Gillermo Fernández de Berrogüeto.
Premio Rosalía de Castro
Ademais nesta gala farase entrega do Premio Rosalía de Castro. Este galardón e de recente creación e entregarase por primeira vez este ano. A través deste premio trátase de recoñecer o labor que realizan en prol da lingua galega as institucións e persoas máis relevantes de Galicia. O premio non dispón dunha dotación económica, pero recoñecerá a todos e todas aquelas figuras que traballen e loiten pola nosa lingua. O ditame do xurado emitirase o día 21 de maio e outorgarase na gala do día 28 de maio.
A entrada a este evento será de balde. Só é preciso recoller un convite antes do día 25 de maio nos departamentos do Servizo de Normalización Lingüística dos Concellos que colaboran na organización. No caso de Ames poderanse recoller na Casa da Cultura do Milladoiro e no Servizo de Normalización Lingüística, situado no Pazo da Peregrina. Neste caso os convites poderán recollerse ata o 26 de maio.

AYUNTAMIENTO DE MELIDE


A escritora Inma López Silva abrirá a Festa do Melindre este domingo en Melide

·         A escritora, de raíces melidenses, ofrecerá o pregón de apertura da festa ás 11 da mañá.

·         Durante todo o día, na Praza da Convento poderán visitarse os stands das catro casas reposteiras de Melide, stands de artesanía e como novidade, mostras doutros produtos de alimentación, como o queixo ou os embutidos da comarca.
A 19ª Festa do Melindre de Melide abrirá este ano cun marcado cariz literario. A encargada de facelo será a escritora Inma López Silva, que ademais de destacar pola súa obra narrativa, é recoñecida no panorama cultural galego como unha das máis renomeadas estudosas da actividade teatral galega.

Inma López Silva, quen ademais procede dunha familia melidense, lerá o seu pregón trala interpretación da Escola de Gaitas Axóuxere, que poñerá a música a esta nova edición da homenaxe á repostería tradicional da zona. O Concello de Melide, como vén facendo nos tres últimos anos, enxalzará este ano unha nova actividade artesanal na figura dun melidense. Nesta ocasión trátase de recuperar o oficio tradicional do ferreiro, na persoa de Manuel Lodeiro, hoxe xa falecido, pero coñecido durante durante moitos anos como “o ferreiro de Melide”.

Tralo pregón e a homenaxe ao ferreiro, será o momento da degustación gratuíta dos melindres, ricos e amendoados que ademais se ofrecerán ao público durante todo o día, nos stands que as catro casas reposteiras terán instaladas na Praza do Convento. Durante a tarde, amais da repostería, todos cantos se acheguen á festa poderán visitar tamén os stands de artesanía e a gran novidade desta edición, as mostras doutros produtos de alimentación propios da comarca ou con etiqueta de calidade. É o caso dos queixos, dos embutidos e a carne da comarca, e de produtos do Caurel recoñecidos xa co distintivo de calidade.

Programación infantil
O Concello de Melide entregará ás 17h –tamén na praza do Convento- os premios dos debuxos gañadores do III Certame de debuxo Melindresricos, no que participaron 61 alumnos dos colexios de toda a comarca. Amais dos premios aos gañadores, farase entrega tamén de agasallos a todos os nenos e nenas que participaron.

Posteriormente, un espectáculo de títeres, que se desenvolverá baixo unha gran carpa que cubrirá toda a praza  (en previsión da mala meteoroloxía), dará comezo ás 17.30h, e será aberta a todo tido de público.

Os encargados de poñer a música na Festa do Melindre será o grupo Espido, formado polos membros de Berrogüeto Guadi Galego e Guillermo Fernández, que actuarán na praza do Convento, en aberto, a partir das 20 horas.



AYUNTAMIENTO DE OROSO


O CENTRO CULTURAL DE SIGÜEIRO ACOLLE UNHA MOSTRA DE PINTURA E ESCULTURA DE LUÍS PACHÓN

A exposición poderá visitarse ata o vindeiro 20 de maio

07 de maio de 2010.- O alcalde de Oroso, Manuel Mirás Franqueira, e o concelleiro de Cultura, Eduardo Veiras, inauguraron esta noite unha exposición de pintura e cerámica do artista Luís Pachón. Unha mostra que recolle 21 cadros e 6 esculturas deste artista nado en Allariz e que poderá visitarse no Centro Cultural Fernando Casas e Novoa ata o vindeiro 20 de maio.

Manuel Mirás destacou que “a inauguración hoxe desta exposición pon de manifesto que a Festa da Troita non é só unha festa gastronómica, senón que tamén ten compoñentes deportivos e culturais como esta magnífica selección de obras de Luís Pachón”. Neste sentido, Mirás Franqueira recordou que “por este auditorio teñen pasado artistas de todas as nacionalidades e incluso un ministro de Cultura inaugurou o noso certame máis senlleiro, o OrosoArtes. Pero Luís Pachón ten a honra de poder expoñer aquí no marco da Festa da Troita, que é o mellor escaparate que se pode atopar nesta comarca”.

Luis Pachón defínese a si mesmo como un “pintor de orde e concerto, dono dunha serea execución”. Aqueles que visiten o centro cultural de Sigüeiro nas vindeiras semanas poderán disfrutar dunha selección de acuarelas, que Pachón define como “un refuxo íntimo”, e das súas esculturas, nas que fai “medrar a imaxinación” e “busca a xeometría natural das cousas”.


AYUNTAMIENTO DE TEO


O CIM ORGANIZA E IMPARTE OBRADOIROS DE RISA E CHARLAS SOBRA SAÚDE NOS MESES DE MAIO E XUÑO


·        As asociacións ARC dos Tilos, AAVV Cruceiro do Monte, AAVV Baiuca e Teenses pola igualdade son os colectivos que solicitaron estas actividades polo momento
·        Case cincuenta mulleres están xa anotadas nas actividades de risoterapia que comezaron esta semana nos Tilos


07 de maio de 2010. O Centro de Información á Muller –CIM- de Teo organiza e imparte obradoiros de risa e charlas sobre saúde nos meses de maio e xuño. Este mesmo luns a avogada do CIM comezou a impartir un obradoiro de risa na ARC dos Tilos coa participación de dezaseis mulleres.

Dende o Concello ofertáronse ás asociacións varias actividades sendo o obradoiro de risa un dos máis solicitados. Concretamente esta actividade impartirase entre usuarias da asociación dos Tilos, da AAVV Cruceiro do Monte, da AAVV Baiuca de Solláns e de Teenses pola igualdade nas próximas semanas. Entre todos os colectivos está previsto que participen case cincuenta mulleres nos talleres de risoterapia.

Cada obradoiro dura seis horas, en tres sesións de dúas horas cada unha. Os talleres están impartidos por persoal do CIM e fanse en horario de tarde facilitando a asistencia das mulleres fóra do horario laboral. Entre os obxectivos da risoterapia está conseguir un estado de ánimo optimista, adquirir capacidades de xerar risa voluntaria e favorecer o crecemento persoal, o benestar e a calidade de vida das mulleres.

O CIM tamén ten programadas dúas charlas sobre saúde que impartirán o Dr. Cajide que é xinecólogo e a psicóloga do Centro o 11 de xuño a partir das 19.00 horas. O lugar aínda está por determinar xa que había persoas interesadas a AAVV Cruceiro do Monte, Baiuca e O Castro.

O CIM de Teo reuniuse coas asociacións do Concello no mes de xaneiro para detectar cales eran as actividades que máis interese tiñan para os colectivos municipales de cara a poder programar axustándose ás necesidades con máis demanda. Calquera persoa interesada en pedir información sobre estas actividades pode poñerse en contacto co persoal do CIM (981 815 700) ou con calquera das asociacións coas que se está traballando. 

PP MELIDE


O PP de Melide insta a Cea a que cumpra coas súas obrigas e non demore máis a aprobación inicial do PXOM

·        A representante popular afirma que a alcaldesa está provocando que se teña que revisar o plan debido ó cambio de lei por non telo presentado en tempo

Melide, 7 de maio de 2010. A Voceira do Partido Popular de Melide, Ánxeles Vázquez, acusa a Cea de demorar “intencionadamente” aprobación inicial do PXOM, xa que “do contrario non se entende que, dende o mes de novembro do ano pasado, no que se anunciou que se levaría a pleno, a día de hoxe non teñamos ningunha nova”.

Neste senso, Vázquez amosa a súa preocupación por dito atraso, debido a que “se deixamos pasar máis tempo, pode que o Plan se teña que revisar para adaptarse á nova Lei”. Para a representante popular, este feito non tería que acontecer se Cea fixera os deberes e cumprira coas súas obrigas. A Voceira popular recorda que en reiteradas ocasións preguntoulle ó equipo de goberno os motivos polos que aínda non aprobara inicialmente o Plan, “pero o único que atopamos é unha morea de contradiccións nas palabras de Cea”. Por todo iso, Vázquez pídelle á rexedora “unha pouca máis de seriedade no desempeño das súas funcións”. Do mesmo xeito, ínstaa a que non demore máis o PXOM, por ser un documento de vital importancia para o desenvolvemento do municipio. 

AYUNTAMIENTO DE BOQUEIXON


BOQUEIXON ACOLLERÁ DUAS NOVAS VOLUNTARIAS  EUROPEAS.


O Concello de Boqueixón acollerá  dentro do Servizo de Voluntariado Europeo dúas novas voluntarias europeas.
Para este período 2010 – 2011 as participantes serán unha moza de Polonia e outra de Hungría, a primeira delas comezará as súas actividades no vindeiro mes de xuño mentras que a moza húngara incorporarase ó proxecto no mes de setembro.
O servizo de Voluntariado Europeo, é unha das accións inscritas no Programa Xuventude en Acción, que  permite o intercambio de experiencias prácticas,  aprendizaxe e o intercambio intercultural  dos mozos e mozas de toda Europa
Estas dúas voluntarias participarán durante 12 meses nas actividades socio culturais do concello,  convivindo cos nenos e nenas do noso concello. Tamén se programarán actividades  interculturais en colaboración co CRA Vedra Boqueixón e o CPI Antonio Orza Couto, para que os máis nenos coñezan de preto outras culturas e outros países da UE.    
Dende a posta en marcha do SVE,  o noso concello foi o punto de destino de 15  mozos e mozas de distintos países europeos, Italia, Suecia, Hungría...  e a día de hoxe tamén actúa como organización de envío, xa que ten un mozo participando nun proxecto en Suecia.
A Omix de Boqueixón é o departamento encargado do xestión e  asesoramento dos programas europeos para  mocidade de Boqueixón e os vindeiros meses, ademais do SVE, ten prevista a participación en intercambios xuveniles en Bulgaria e Italia así como a organización dun intercambio xuvenil en Boqueixón no  mes de xullo.  


PP MELIDE


O PP de Melide lamenta que unha vez máis os melidenses teñan que pagar cos seus impostos os erros cometidos por Cea

·        A representante popular denuncia a actitude da rexedora en todo o proceso coa traballadora da escola infantil

·        Cea despedira de forma improcedente á coidadora e, tras ter que readmitila porque o xulgado fallou na súa contra, tívoa dous meses sen asegurar

Melide,6 de maio de 2010. A voceira do Partido Popular de Melide, Ánxeles Vázquez, amosa o seu malestar pola actitude da alcaldesa, xa que na Xunta de Voceiros que se celebrou esta mañá con motivo de que o Concello explicase por qué a coidadora da escola infantil estaba sen asegurar, Cea recoñeceu que a única responsable é ela mesma debido a que readmitiu mediante sentencia xudicial a esta traballadora e non se dou orde ós organismos pertinentes para que se fixeran os trámites administrativos. Vázquez lamenta que Cea actúe sempre a golpe de denuncia e lamenta que a traballadora tivera que agardar hasta esta semana para recibir o soldo correspondente.

A representante popular solicitara unha xunta de voceiros a pasada semana co fin de que a alcaldesa clarificara os motivos polos cales o Concello tivo traballando a unha coidadora da escola infantil durante 2 meses sen estar asegurada, feito que saíu á luz pública despois de que unha inspección se achegara hasta a escola infantil e comprobara en sito os feitos. Unha traballadora que fora despedida de forma improcedente, polo que o xulgado, por sétima vez consecutiva, fallou en contra do Concello, quen a tivo que readmitir e pagarlle os catro meses que estivo sen traballar.

Por todo iso, a Voceira do PP pediulle á alcaldesa que se centre e faga as cousas con un pouco de seriedade, “xa que un erro pódeselle perdoar a calquera, pero o que xa non se pode consentir e que este se repita constantemente”. Do mesmo xeito, ínstaa a que asuma a súa responsabilidade e que non se escude sempre en erros administrativos. “Que non esqueza que a xefa de todo o persoal é ela”, subliñou.

Ánxeles Vázquez non oculta a súa preocupación pola posible multa que o Concello poida ter que pagar, debido a que a falta é tipificada como moi  grave, e tal e como xa pagaron máis de 60.000 € en despidos improcedentes, o que supón que as arcas municipais se sigan mermando polo traballo pésimo dunha alcaldesa que só lle preocupa a foto

PP ARZUA


El PP de Arzúa insta al Concello a que cumpla la normativa y realice inspecciones periódicas en los parques infantiles

·        La representante popular denuncia el retraso de dos años en la finalización de las obras de acondicionamiento del parque

Arzúa, 6 de mayo de 2010.- La Portavoz del Partido Popular de Arzúa, Leyre Aldasoro, celebra que, tras dos años de denuncias e interpelaciones al equipo de gobierno, el Concello por fin cuente con un parque infantil adaptado a la normativa vigente. “Hoy celebramos – manifiesta la representante popular- la finalización de las obras de acondicionamientos del parque, aunque con un retraso de dos años sobre la obligatoriedad que tenía el Gobierno de Xaquín García para ajustarse a la Normativa vigente”. Por ello, Leyre Aldasoro insta al gobierno nacionalista a que cumpla con el decreto de la Xunta 245/2003 y se realicen inspecciones periódicas para garantizar el correcto mantenimiento de los juegos y de la propia área lúdica.

Desde el PP, recuerdan que desde mediados del año 2008 llevan realizando una intensa campaña de denuncias y preguntas plenarias al equipo de gobierno del Bloque arzuano, puesto que ya en julio de 2008 los populares presentaron una moción en la que se urgía al gobierno local a solicitar las ayudas de la Diputación en relación con las subvenciones para el acondicionamiento de los parques infantiles. En esta misma línea, Aldasoro lamenta que en aquella ocasión la moción popular fue rechaza por el BNG, lo que llevó a los populares a realizar una campaña municipal con argumentos fotográficos, sobre el estado deplorable en el que se encontraba el parque arzuano, con el objetivo de presionar para el acondicionamiento del mismo.

Aldasoro denuncia, además, que al acto de inauguración, previsto para el próximo sábado a las 12:00 horas, los concejales populares no han sido invitados, una práctica que, tal y como indica, “viene siendo habitual por el equipo de gobierno, que hace del concello su cortijo”. 

BNG ORDES


O BNG ESIXE AO ALCALDE QUE INFORME DO DESTINO DO MILLÓN DE EUROS DE GASTOS NON INCLUIDOS NOS ORZAMENTOS DE 2009

  A intervención municipal constata a existencia de perto dun millón de euros de gastos que non estaban incluidos nos Orzamentos Municipais


O BNG esixiulle ao alcalde de Ordes, Manuel Regos, información sobre o destino do millón de euros de gastos que non foron incluidos nos Orzamentos aprobados pola Corporación Municipal para o ano 2009.

O concelleiro do BNG, Ramiro Recouso, instou ao alcalde de Ordes “a que de maneira inmediata, informe de cal é o conceito das facturas pendentes de pago cos proveedores do concello, que ascenden a perto dun millón de euros, xa que, segundo un informe da intervención municipal, non gardan relación cos gastos incluidos nos Orzamentos Municipais do ano 2009”.

Recouso afirmou que “os veciños e veciñas de Ordes teñen dereito a saber a que destinou o alcalde ese millón de euros que non foi orzamentado”.

O concelleiro nacionalista manifestou que “a consecuencia dunha xestión absolutamente caótica e irresponsábel do alcalde, existe un millón de euros de facturas impagadas, que colocan ao Concello nunha situación crítica, debido ao destrago sin control de recursos públicos, provocando unha situación delicada nas pequenas empresas, traballadores e familias, que ven impagados os seus traballos e o subministro de materiais ao Concello de Ordes.”

AYUNTAMIENTO DE AMES


Comeza unha nova edición do programa de Animación do Comercio na Rúa

[06/05/2010] A Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Turismo e Medio Ambiente pon en marcha, outro ano máis, unha nova edición do programa de Animación do Comercio na Rúa co obxectivo de fomentar e dinamizar o comercio local nos núcleos urbanos do Milladoiro e Bertamiráns. Tras a boa acollida que tivo a edición anterior a Administración local volve a repetir fórmula para tratar de animar as tardes de compras durante os meses de maio e xuño. O programa de animación pretende darlle máis colorido as rúas comerciais de Ames, máis agora, coa chegada do bo tempo.
Un ano máis a área de Promoción Económica ven de presentar un novo programa de Animación do Comercio na Rúa, co que se pretende dinamizar a actividade comercial do concello, achegando un toque de cor e alegría nas tardes das compras locais desta primavera. As actividades iniciaranse este venres día 7 de maio na praza de Manuel Murguía do Milladoiro, e o día seguinte trasladaranse a praza de Chavián de Bertamiráns.

Tras a boa acollida que tivo esta iniciativa o ano pasado optouse por manter a mesma liña de programación. Así, os máis pequenos poderán gozar da instalación gratuíta de inchables, que estarán situados nas prazas de Manuel Murguía, no Milladoiro, e a praza Chavián, en Bertamiráns, entre as 17:00 h. e as 20:00 horas. Ademais un animador percorrerá, nunha bicicleta de tres prazas, as rúas máis comerciais destas dúas localidades realizando actividades de globoflexia.

Esta quinta edición desenvolverase durante oito días dos meses de maio e xuño, repartidos en catro venres no Milladoiro e catro sábados en Bertamiráns. Ademais da xornada inaugural, que terá lugar esta fin de semana, as actividades de animación na rúa desenvolveranse no Milladoiro os venres 21 de maio e 4 e 18 de xuño, mentres que en Bertamiráns serán os sábados 22 de maio e 5 e 19 de xuño.

Esta iniciativa, promovida dende a Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Turismo e Medio Ambiente, forma parte do Plan de Valorización e Promoción do Comercio Local do Concello de Ames xunto a outras actuacións postas en marcha ao longo do ano, como por exemplo, as campañas de Nadal e de Calidade en Galego, así como accións de asesoramento e formación para novos emprendedores e comerciantes consolidados. Co obxectivo de divulgar esta iniciativa distribuíronse entre os establecementos comerciais, de xeito gratuíto, varios carteis e marcapáxinas que poderán distribuír entre a súa clientela e inseríronse anuncios en prensa.

A concelleira de Promoción Económica, Emprego, Turismo e Medio Ambiente, Úrsula Seijas, explicou que "despois de ir mudando a fórmula non últimos anos, buscando a máis beneficiosa para o comercio volvemos a repetir as actividades do ano pasado tras a boa acollida que tiveron. O que pretendemos a través deste ambiente de diversión e dinamizar, promover e apoiar o comercio mediante a dinamización da vida social urbana. Coa chegada do bo tempo tentaremos facer máis agradables e atractivas as nosas rúas".


AYUNTAMIENTO DE TEO


A PROGRAMACIÓN DAS LETRAS GALEGAS DURANTE O MES DE MAIO CENTRARASE NA FIGURA DE UXÍO NOVONEYRA


·        Este sábado 8 a compañía Migallas Teatro presenta o espectáculo “Canta connosco!” na Mediateca do Grilo


06 de maio de 2010. O departamento de Cultura do Concello de Teo preparou unha programación para Maio centrada nas letras e na figura de Uxío Novoneyra, autor homenaxeado o Día das Letras Galegas. As actividades deste mes comezan o sábado 8 na Mediateca do Grilo coa compañía Migallas teatro presentando o espectáculo “Canta connosco!”. A actividade está dirixida ó público infantil e familiar xa que se trata dunha comedia con canción infantil. O acceso é libre e comezará ás 19.00 horas.

Uxío Novoneyra será o protagonista o luns 10 cunha conferencia sobre a súa vida e obra a cargo da profesora Esperanza Mariño na Mediateca do Grilo a partir das 20.00 horas. O venres 21 baixo o título “Uxío Novoneyra, na voz de xente” organízase unha xincana literaria e contos musicados para nenos/as de ata 15 anos. Será no Parque dos Tilos dende as 18:00 horas.

O mércores 19 na Mediateca do Grilo ás 20:00 horas haberá tempo para o cinema. Proxéctase un paquete de curtas que Mr Misto presenta en forma dun dos seus Bits que xa se veñen ofertando en Teo. Neste caso verase cine galego de diferentes xéneros dende o documental ó cine de medo, todas integramente en galego.

Maio: mes das letras rematará coa 3ª Festa da lingua que se celebrará no Auditorio da Casa de Cultura Bertamiráns o venres 28 e coa que colabora o Concello de Teo. A programación cultural do mes de maio en Teo conta coa colaboración da Deputación da Coruña e da Xunta de Galicia a través do programa “Letras Vivas”. 

AYUNTAMIENTO DE BOQUEIXON


XIX ENCONTRO DE MAIORES DE BOQUEIXON

O vindeiro Domingo 9 de maio terá lugar o XIX Encontro de Maiores do Concello de Boqueixón que este ano se realizará  no entorno do local social da parroquia de Loureda.

Nesta nova edición  esperase a presenza de mais de 800 persoas que participarán ó longo da xornada nas actividades que se organizarán para eles.

A xornada comezará as 10:30 recollendo ós participantes polos diferentes puntos do concello.  As 12:00 terá lugar unha misa é ó remate da mesma  tódolos asistentes participarán nun xantar de confraternidade.
Tralo xantar haberá  baile, animación e sorteos de diversos premios e coa actuación do  dúo  musical Eva e Camilo e do grupo de música tradicional a  Requinta da Laxeira. 

AYUNTAMIENTO DE BRION


O CONCELLO DE BRIÓN ORGANIZA
UN CICLO GRATUÍTO DE CINE MANGA

Terá lugar os domingos 9 e 23 de maio na escola municipal de música e será preciso anotarse previamente na Casa da Cultura

06 de maio de 2010. O Concello de Brión organiza o seu primeiro ciclo de cine manga, que terá lugar os domingos 9 e 23 de maio nas dependencias da escola municipal de música (Pedrouzos-Brión) en horario de 17:30 a 22:30 horas. Unas proxeccións totalmente gratuítas nas que os veciños e veciñas de Brión poderán disfrutar de catro das películas máis significativas do manga nipón da man de autores clásicos como Katsuhiro Otomo e Hayao Miyazaki.

A sesión deste domingo 9 de maio inclúe a proxección de dúas películas. Ás 17:30 horas proxectarase “El viaje de Chihiro”, unha das películas manga máis valoradas e premiadas deste século. Non en van, a cinta de Hayao Miyazaki alzouse co Óscar á mellor película de animación en 2003 e recolleu outros 35 grandes premios a nivel internacional (como o César, o BAFTA ou o British Awards).

Aproximadamente ás 20:00 horas, terá lugar a proxección da que está considerada como a primeira gran obra mestra do cine manga: “Akira”, de Katsuhiro Otomo. Esta película de corte futurista, presentada no 1988, abriu un novo estilo de facer cinema en Xapón e inspirou numerosas sagas de anime e manga.

Inscricións na casa da cultura

A entrada para estas dúas proxección é totalmente de balde, se ben é preciso anotarse previamente na Casa da Cultura de Brión ou no teléfono 981 50 99 08 antes deste sábado 8 de maio. Para o domingo 23 de maio quedará unha segunda proxección, cos filmes “Memories” (Katsuhiro Otomo) e “La princesa Mononoke” (Hayao Miayazaki).

Este primeiro ciclo de cine manga está organizado polo Concello de Brión en colaboración coa Deputación Provincial da Coruña e a firma Ideara. É unha actividade incluída dentro do II Programa de Prevención de Drogodependencias, denominado “Pensa x ti”, e promovido pola área de Benestar Social, Políticas de Igualdade de Xénero e Normalización Lingüística da Deputación da Coruña.

AYUNTAMIENTO DE TORDOIA


O CONCELLO DE TORDOIA INICIA A RECUPERACIÓN DA DA FONTE DE CASTENDA E DA SÚA CONTORNA, ONDE HABILITARÁ UNHA ZONA DE OCIO PARA OS VECIÑOS

Os traballos suporán un investimento de 20.000 euros e prevese que estén rematados no mes de xullo

06 de maio de 2010.- O Concello de Tordoia vén de iniciar os traballos de rehabilitación da Fonte de Castenda, situada no lugar do Foxo, na parroquia de Santa María de Castenda. Cun investimento de preto de 20.000 euros, asumidos en exclusiva polo Concello, a execución desta obra permitirá poñer en valor esta fonte como parte do patrominio cultural do Concello.

Emprazada nunha zona de paso habitual e preto do río, a fonte de Castenda era moi empregada por veciños e camiñantes, xa que estaba situada nun cruce de camiños dende Restande e Cabaleiros cara Santiago. Co obxectivo de recuperar este lugar como parte do patrimonio etnográfico e cultural de Tordoia, o Concello xa comezou a executar uns traballos que incluirán no só a rehabilitación da fonte, senón tamén a creación dun área de esparcemento ao seu redor. “O obxectivo é que a fonte de Castenda volva recuperar a relevancia que tivo na súa época como punto de encontro e de zona de paso habitual da veciñanza”, explica o alcalde de Tordoia, Antonio Pereiro.

O rexedor anuncia que nestes días os obreiros municipais están a realizar traballos de limpeza do entorno e traslado dos materiais necesarios para acometer o traballo. O acondicionamento do acceso á fonte, así como a mellora da captación de auga da mesma serán un dos obxectivos que acometerá a brigada municipal de obras. Despois habilitarase unha zona de recreo no lugar con bancos e parrilladas. O prazo previsto para o remate destes traballos é o vindeiro mes de xullo, a tempo para que veciños e visitantes poidan gozar dela coa chegada do bo tempo. 


AYUNTAMIENTO DE OROSO


O MINISTRO DE XUSTIZA, FRANCISCO CAAMAÑO,
SERÁ O PREGOEIRO DA XIV FESTA DA TROITA

Os tres días de festa comezarán mañá venres coa inauguración da exposición de Luís Pachón e a primeira sesión do festival “Oroso en Vivo”, coas orquestras Olympus e Ciclón

O Concello de Oroso ten preparado un dispositivo especial para esta fin de semana e habilitará distintas zonas de aparcamento en Sigüeiro

06 de maio de 2010.- A decimocuarta edición da Festa da Troita, que terá lugar en Sigüeiro do 7 ao 9 de maio, contará cun pregoeiro de excepción: o ministro de Xustiza, Francisco Caamaño. O ministro galego será o encargado de dar o pregón no día grande da Troita, o domingo 9 de maio, ás 13:30 horas na alameda de Góis. Un acto no que estará acompañado polo popular humorista Xosé Luis Bernal “Farruco”. “Vai ser moi interesante pois ambos, no seu estilo, teñen un verbo bonito e fácil”, adianta o alcalde de Oroso, Manuel Mirás Franqueira.

O alcalde orosán destaca que “aínda que temos o listón moi alto, se o tempo acompaña esperamos repetir o éxito do ano pasado e que durante os próximos tres días pasen unhas 35.000 persoas por Sigüeiro”. Neste sentido, Mirás Franqueira amósase convencido de que a concentración das celebracións na alameda de Góis “daralle máis vistosidade á Festa da Troita, pois é un lugar cunhas vistas impresionantes a todo o paseo fluvial do Carboeiro, perfectamente enlazado co centro de Sigüeiro e a carón da N-550”.

Inauguración Luís Pachón


A XIV Festa da Troita 2010 comezará mañá venres 7 de maio coa inauguración da exposición de pintura e cerámica de Luís Pachón. Unha mostra que recolle 21 cadros e 6 esculturas deste artista nado en Allariz e que supón unha selección moi representativa da súa arte. O acto de inauguración terá lugar ás 20:00 horas no centro cultural Fernando Casas e Novoa e que contará coa presenza do artista alaricán, do alcalde de Oroso e do concelleiro de Cultura, Eduardo Veiras. A exposición poderá visitarse ata o vindeiro 20 de maio.

Os actos do primeiro día da Festa da Troita rematarán coa primeira sesión do festival “Oroso en vivo”. As orquestras Olympus e Ciclón reunirán a milleiros de afeccionados á música na alameda de Góis, que será o centro das celebracións desta XIV Festa da Troita, a partir das 22:00 horas.

Feira dos Oficios e da Artesanía


Para o sábado quedará a gran novidade deste ano: a primeira edición da Feira da Artesanía e dos Oficios, na que participarán unha vintena de artesáns “que estarán traballando en Sigüeiro durante a fin de semana e á vista de todos os visitantes”, apunta o coordinador da Festa da Troita, Antonio Leira.

Entre as 11:30 e as 20:30 horas, expertos artesáns na arte da orfebrería, da canteiría, da encadernación, da xoiería, da restauración de mobles, da tapicería e da talla de madeira terán os seus postos en Sigüeiro os días 8 e 9 de maio. Tamén asistirán un ferreiro, un pintor, un xaponés que elabora navallas de Taramundi, un artesán do vidro e outro do coiro que “estarán facendo as súas obras en vivo diante dos milleiros de persoas que nos visitan, vendéndoas e incluso facilitando a participación da xente”, sinala Antonio Leira.

Para os máis pequenos, o Concello de Oroso ten programada a actuación da compañía Caramuxo Teatro, que representará “Os Bolechas”, uns personaxes moi queridos polos cativos. Será o sábado 8 de maio, ás 18:00 horas, na praza Alexandre Bóveda de Sigüeiro. Durante todo o día, a charanga Apeles será a encargada de poñer a nota musical ata a segunda sesión do festival “Oroso en vivo” que, a partir das 21:30 horas, contará coas orquestras Marbella e Costa Oeste.

Día da Troita


As celebracións do día grande da Troita, o domingo 9 de maio, comezarán ás 8:00 horas, como é tradición, co traslado dos 40 pescadores aos tramos do XIV Concurso de Pesca. Un concurso cuxos premios serán entregados ás 13:30 horas, xusto despois da lectura do pregón a cargo do ministro de Xustiza, Francisco Caamaño. Ata entón, a charanga NBA (Betanzos) e os gaiteiros “Os Viqueiras” (Ordes) encargaranse de animar aos visitantes á Feira da Artesanía e dos Oficios e á tradicional concentración de coches clásicos.

Unha xornada na que o Concello de Oroso repartirá, a paritr das 13:00 horas, máis de 500 quilos de troita de balde nun stand instalado na alameda de Góis. Unha cifra á que haberá que sumar as degustacións gratuítas que se poderán disfrutar nos 36 bares do municipio que participan nesta degustación. “Cos datos que nos facilitaron os establecementos hosteleiros, podemos dicir que o domingo degustaranse en Oroso máis de 2.500 quilos de troita, 500 deles na carpa do Concello na alameda de Góis e o resto nos locais da vila”, sinala Manuel Mirás.

Pola tarde terá lugar un Festival Folclórico, no que participarán os dous grupos máis representativos do municipio: Lembranzas do Tambre (Sigüeiro) e Buxos Verdes (Senra). A cita será o domingo 9 de maio, ás 18:30 horas, na praza de Alexandre Bóveda de Sigüeiro. A orquestra Fania protagonizará a sesión vermú e será a encargada de pechar a XIV Festa da Troita cunha verbena popular ás 21:00 horas na alameda de Góis.

PSOE A BAÑA


HOMENAXE 1º DE MAIO

Con motivo da conmemoración do 1º de Maio,  que tivo lugar o pasado sábado, celebrouse  na Casa do Pobo de San Vicente de A Baña,  un acto de homenaxe aos militantes históricos da Agrupación Socialista de A BAÑA.
Antonio Campos Pena como Presidente de Honor e membro fundador da Agrupación Local Socialista, e Secundino Ferreiro Vieito, membro  da primeira Executiva Local, recibiron da man do actual Xecretario Xeral, Enrique Vázquez Naveira, una placa como recordatorio dos seus 28 anos como afiliados.
Compañeiros  quen nos falaron da Fundación da Agrupación Local alá polo ano 1982, de cómo foron aqueles difíciles anos e de cómo tiveron que loitar para construir un proxecto socialista que perdura ata os nosos días. Historias de compañeiros e compañeiras que deben formar parte da nosa memoria colectiva como socialistas e a quenes temos a obriga de homenaxear.


Na actualidade a Agrupación Socialista de A Baña conta con preto de 100 afiliados, sendo a cuarta agrupación socialista con maior número de afiliados da área de Compostela, e representada por catro compañeiros membros do Comité Provincial de A Coruña, máximo órgano do partido a nivel provincial.


AYUNTAMIENTO DE AMES


Asínanse varios contratos por valor de máis de 500.000 euros

Esta mañá o alcalde de Ames, Carlos Fernández, recibiu no seu despacho aos administradores das empresas adxudicatarias de varias obras que están incluídas no Fondo Estatal para o Emprego e a Sustentabilidade. O rexedor municipal asinou o contrato de dúas obras de saneamento nos lugares de Reino e Leboráns que se unen aos que se ven executar en Trasmonte, Salgueiros e Burgueiros. Deste xeito complétase a rede de saneamento na parroquia de Trasmonte.  Ademais vaise acondicionar unha senda verde que unirá os núcleos de Bertamiráns e do Milladoiro. Estes proxectos terán un custo de máis de 5000.000 euros.  

Nas vindeiras semanas comezarán a executarse varios dos proxectos incluídos no Fondo Estatal para o Emprego e a Sustentabilidade. Despois de que o pasado 28 de abril a Xunta de Goberno local aprobase adxudicar de xeito definitivo algunhas destas obras só quedaba asinar os correspondentes contratos coas empresas adxudicatarias. Este trámite levouse a cabo esta mañá no despacho de alcaldía.

O Concello de Ames vai dando pasos de xeito paseniño co fin de habilitar unha senda  verde que una os dous principais núcleos poboacionais do termo municipal. Na Xunta de Goberno local celebrada o pasado 28 de abril acordouse adxudicar definitivamente as obras comprendidas no proxecto “Acondicionamento de senda verde entre Bertamiráns e Milladoiro”, incluída no Fondo Estatal  para o Emprego e a Sostenibilidade Local, á empresa Construcciones y Reformas González Camiño SLU, polo importe de 66.624 euros.

Despois de que a Xunta de Goberno local dese a súa aprobación para que a adxudicación provisional se convertese en definitiva, esta mañá asinouse o contrato para que as obras enmarcadas dentro deste proxecto comecen o antes posible. O Alcalde de Ames, Carlos Fernández, e o administrador da empresa adxudicataria foron os encargados de asinar o devandito contrato.

Este trazado ten unha lonxitude de 13.400 metros e discorre principalmente por pistas forestais que cruzan por varios núcleos rurais. Na zona de Firminstáns, o recorrido necesita atravesar a estrada CP205 cuxo titular é a Deputación da Coruña. A empresa adxudicataria terá que arranxar as fochancas que existen nas pistas e acondicionar algunhas das vías que atravesan os espazos forestais xa que moitas delas están impracticables debido as choivas do inverno. Ademais tamén terán que colocar a correspondente sinalización do itinerario que segue a ruta.

A senda atravesa as parroquias de Ortoño, Bugallido e Biduído, pasado polos núcleos rurais de Eirapedriña, Firmistáns, Tarrío, Buceleiras, Barreiro, Framil, Fraiz e Ventín. As condicións topográficas do percorrido posibilitan a práctica do sendeirismo e do ciclismo para persoas de diferentes idades, ao mesmo tempo, que se pode gozar do patrimonio do rural (igrexas, lavadoiros, cruceiros…) e dos diferentes ecosistemas ambientais.

No futuro esta senda quedará unida a outra ruta que esta previsto habilitar entre a praia fluvial de Tapia e o futuro miradoiro, que está incluído dentro do proxecto do campo de golf que o Real Aero Club de Santiago vai a construír na parroquia de Ameixenda. Deste xeito perséguese unir a zona sur do concello coa zona norte mediante unha serie de sendas verdes que permitan o transito peonil e a practica deportiva, ao mesmo tempo que se mantén un contacto directo co medio natural.

Obras de saneamento
Ademais esta mañá asináronse dous contratos máis para acometer dúas obras de saneamento na parroquia de Trasmonte. Deste xeito os veciños e veciñas dos lugares de Leboráns e de Reino disporán dunha nova rede de saneamento. Estes traballos enmárcanse dentro das obras de saneamento que está executando o Concello e que serán sufragadas con cargo ao Fondo Estatal  para o Emprego e a Sostenibilidade Local.

O Concello pretende deste xeito rematar a rede de saneamento na parroquia de Trasmonte despois de completar a das parroquias de A Ameixenda e Agrón. Para iso investiranse 435.634,24 euros co fin de levar a cabo os proxectos de saneamento nos lugares de Leboráns, Trasmonte, Reino, Salgueiros e Burgueiros, todos pertencentes a parroquia de Trasmonte. Os contratos para executar as obras de saneamento en Salgueiros e Burgueiros xa foron asinados e o de Trasmonte asinarase este venres.

Estas obras contemplan a canalización de tubaria de PVC de distinto diámetro para o saneamento cos correspondentes pozos de rexistro e arquetas de saneamento. Previamente haberá que realizar a escavación dunha zanxa e posteriormente procederase ao recheo compactado da mesma. Finalmente contémplase a reposición do pavimento afectado pola execución das obras semellante ao existente.

AYUNTAMIENTO DE TEO


A POLICÍA LOCAL INICIA UNHA CAMPAÑA DE CONTROIS DE ALCOHOLEMIA AOS CONDUCTORES DE AUTOBUSES ESCOLARES


·        As probas faranse en días e centros aleatorios alomenos unha vez ó mes

·        Esta iniciativa entra dentro da política municipal de realizar campañas de mellora da seguridade viaria no Concello cunha policía de proximidade


05 de maio de 2010. A Policía Local de Teo comezou esta mañá no CEIP da Ramallosa unha campaña de controis de alcoholemia aos conductores de autobuses escolares nos centros educativos do termo municipal. Esta campaña realizarase en días e centros aleatorios alomenos unha vez ó mes durante o curso escolar.

Segundo explicou o oficial da Policía Local, Manuel Parga, “a experiencia de hoxe foi moi positiva”. Todas as persoas que participaron deron negativo e os mesmos conductores “amosaron colaboración e amosáronse encantados con que se realicen este tipo de controis”. Os membros da Policía Local realizan tamén unha revisión das condicións técnicas e administrativas dos vehículos usados para o transporte.

Esta iniciativa persigue mellorar a seguridade nos traslados escolares. Dende o Concello enténdese que este tipo de iniciativas melloran a seguridade e a tranquilidade de toda a comunidade escolar integrada por alumnos/as, pais e nais, os centros e os propios conductores das empresas de transporte.

O Concello pretende con campañas coma esta contar cunha Policía Local de proximidade que a sociedade valore de xeito positivo. Hai unhas semanas iniciábase unha campaña de fomento de uso das cadeiras infantís nos vehículos. Esta campaña de sensibilización comezou no CEIP de Calo e está na fase informativa. Manuel Parga explica que “nesta primeira fase o problema que detectamos é que algunha xente non utiliza a cadeira axeitada á idade do/a neno/a ou non a leva anclada de xeito correcto”. Sen embargo “si que notamos que a  maioría da xente dispón do dispositivo de seguridade e agora só falta que o utilice sempre de xeito correcto”. Despois da fase informativa que aínda continuará durante unhas semanas haberá unha fase de control e sanción se a Policía Local detecta un  mal uso das cadeiras infantís. A sanción por esta infracción é de 150 euros e 3 puntos. 


AYUNTAMIENTO DE OROSO


O CONCELLO DE OROSO INSTALARÁ TRES NOVOS PARQUES INFANTÍS A CARÓN DAS ESCOLAS
UNITARIAS DE SENRA, DEIXEBRE E TRASMONTE

Os traballos comezan coa renovación do parque infantil da praza Alexandre Bóveda (Sigüeiro)

05 de maio de 2010.- O Concello de Oroso vai instalar tres novos parques infantís nas parroquias de Senra, Deixebre e Trasmonte, que estará situados a carón das respectivas escolas unitarias. Unhas obras que inclúen tamén traballos de mellora no parque infantil da praza Alexandre Bóveda (Sigüeiro) e que están incluídas no Plan Provincial de Parques Infantís da Deputación Provincial da Coruña.

O concelleiro de Parques e Xardíns, Xosé Castro, sinala que as obras consistirán “na reposición do firme do parque da praza Alexandre Bóveda e na construción de novas instalacións nas unitarias de Deixebre, Senra e Trasmonte, que levarán un chan de caucho e area e diversos xogos como tobogáns, columpios e balancíns”. Unhas obras que o Concello de Oroso agarda que estén rematadas nun prazo de quince días.

Con estes traballos, o Concello de Oroso dá continuidade ás obras de mellora nos seus parques infantís acometidas no primeiro semestre de 2008. Uns traballos que daquela permitiron a substitución dos antigos columpios dos parques infantís do Paseo do Río Carboeiro e da praza Alexandre Bóveda (ambos en Sigüeiro) por uns novos.