Axenda e tempo do sábado 15 de novembro - Música, rastrillos, presentacións, exposicións

Santiago - Área Central - mercadillo de antigüedades

Santiago - VII Certame Galego de Bandas 

Ames - Magosto 

Ames - Presentación candidatura cidadá

Santiago - Borriquita de Belem - Mundo Chillón

Santiago - Gentalha do Pichel - concerto contra os desahucios

Santiago - Sala Capitol - El Reno Renardo

Santiago - Saa Moon - Paracetamol 

Santiago - Cineuropa


Exposicións

Oroso - Fotografías de Loli Fernáandez (Lindeiros) (ata o 30 de novembro)

Santiago - Museo do Pobo Galego - Barriga Verde, de feira en feira (ata o 11 de xaneiro)

Brión - - Soños (ata o 19 de novembro)

Santiago - Fundación Granell - A Illa de Granellandia (ata o 23 de novembro)

Santiago - Bus Station Space - Imaxinar que soño (ata o 4 de nadal)

Santiago - Fonseca - “Diversa. Arqueoloxía dende o Incipit alén Europa” (ata o 29 de novembro)

Santiago - Zona C - Ukelele Project (ata o 5 de nadal)

Santiago - Auditorio de Galicia - Xulio Maside (ata xaneiro 2015)

O Tempo

Ames - A praza de Chavián de Bertamiráns acolle este sábado a tradicional festa do magosto

O Concello de Ames preparou un amplo programa de actividades para todos os públicos

Haberá unha saída micolóxica, obradoiros infantís, música e, sobre todo, castañas

O Concello de Ames organiza este sábado a festa do magosto que terá lugar na praza de Chavián de Bertamiráns. As áreas de Cultura, Medio Ambiente e Xuventude prepararon un amplo programa de actividades para todos os públicos que inclúen saída micolóxica, obradoiros infantís, música a cargo de grupos locais e merenda a base de chourizos e castañas.

Ás 10:30 horas arrancará a xornada festiva cunha excursión micolóxica para coñecer as características e cualidades dos cogomelos. Os participantes sairán dende a praza do Concello cara ao lugar de Sisalde, acompañados polo profesor José Manuel Castro Marcote, quen lles explicará as boas prácticas a ter en conta á hora de recoller estes típicos produtos do outono. Co experto aprenderán unha serie de nocións para poder diferenciar as distintas especies de cogomelo, se son comestibles ou tóxicos. Nesta saída que transitará por distintas carballeiras e piñeirais farase especial fincapé en amosar a importancia ecolóxica dos cogomelos.

Pola tarde, haberá unha exposición na praza de Chavián onde se identificarán e clasificarán os cogomelos recollidos que, unha vez expostos, serán novamente devoltos ao monte para que as esporas caian na terra e volvan nacer novas especies.

As persoas interesadas en participar nesta saída micolóxica deberán realizar as inscricións, -antes das 14:00 horas de hoxe-, a través do correo electrónico: auladanatureza@concellodeames.org ou no número de teléfono 660 004 665. Para esta actividade recoméndase levar unha cesta ou unha bolsa de tea e un coitelo.

Paralelamente, os nenos e nenas de entre 5 e 8 anos poderán asistir ao obradoiro de construción de xoguetes vellos para tempos novos, a cargo de membros da Asociación educativa e cultural Musicrearte. Será na casa da Cultura de Bertamiráns de 11:00 a 13:00 horas. Haberá quince prazas e as inscricións faranse no teléfono 981 535 949.

A propia festa do Magosto comezará ás 17:00 horas. A música soará da man de grupos locais como a Requinta da Maía, -da asociación Follas Novas-, e a Requinta da Laxeira. Tamén a esa hora e no mesmo sitio, a praza de Chavián, os pequenos poderán participar nun obradoiro de maquillaxe e globoflexia e, media hora máis tarde, impartirase o segundo obradoiro de construción de xoguetes e instrumentos musicais.

Ás 18:00 horas, a veciñanza poderá degustar a gastronomía outonal composta por un lote con castañas asadas, pan con chourizo e unha bebida. O prezo será de dous euros.

Ademais do consistorio amesán, colaboran na organización desta festa tradicional varios colectivos municipais como o club de atletismo MillaRaio, a asociación do produto caseiro Lentura, a asociación cultural Follas Novas, a asociación de festas do Milladoiro, a comisión de festas Virxe da Peregrina, o club de patinaxe Sarela, a asociación de comerciantes de Bertamiráns e a asociación educativa e cultural Musicrearte.

Federación de Bandas - VIII Certame galego en Santiago



- O Certame divídese en tres seccións competitivas en función do número de membros das bandas, a terceira celebrarase o sábado, mentres que a primeira e a segunda terán lugar o domingo

- Máis de 500 músicos de toda Galicia encherán durante dous intensos días o auditorio de Galicia

A Federación Galega de Bandas de Música Populares (FGBMP) organiza por oitavo ano consecutivo, co patrocinio da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) e a colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, o Certame Galego de Bandas de Música, que terá lugar no Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela hoxe, sábado 15, e o domingo 16.

O Certame reunirá a 11 bandas de música, escollidas por sorteo, que competirán entre si en tres seccións, cinco bandas na terceira, catro na segunda e dúas na primeira, en función do número de músicos que as conforman. A terceira sección está formada por bandas con ata 50 músicos, a segunda por bandas de entre 51 e 70 e a primeira por aquelas bandas que contan con máis de 71 membros. 

As 11 bandas tocarán unha obra de elección libre, un pasodobre e unha obra de carácter obrigatorio, Na Galiza de Paulino Pereiro para as bandas da primeira sección, Aires do Norte de Jaime Ismael Enguídanos para as da segunda e Festa na Tolda de Gustavo Freire para as da sección terceira. As 11 actuacións serán valoradas por un xurado composto por cinco profesionais de contrastada traxectoria no mundo da música popular que determinará o podio en cada unha das seccións. O xurado valorará afinación, sonoridade, interpretación e técnica de cada unha das bandas participantes, tanto na obra de carácter obrigatorio como na libre, dando a coñecer o seu veredicto nas seccións terceira e segunda ao rematar a xornada do sábado e o da primeira ao remate da competición o domingo.



Horarios e participantes

O Certame comezará o sábado ás 17 h. coa actuación da primeira participante da sección terceira, Banda de Música Municipal de Silleda, á cal seguirá a Banda de Música A Lira de Ribadavia (17.40 h.), a Banda da Escola de Música de Rianxo (18.20 h.), a Unión Musical de Cabral (19.00 h.) e en último lugar participará a Banda Asociación Cultural e Musical Solfa xa ás 19.40 h. En torno ás 20.30 h. darse a coñecer o veredicto do xurado.

Xa o domingo, o concurso na sección segunda comezará ás 16.30 h. coa actuación da Agrupación Músico-Cultural de Ribadumia, seguida pola Banda de Música Xuvenil de Xinzo (17.20 h.), a Xove Banda de Narón (18.10 h.), e pechando a sección, a Banda de Música Municipal de Agolada ás 19.00 h. A competición na sección primeira, comezará ás 20.05 h. coa actuación da Banda de Música Cultural de Teo e rematará coa presencia na Sala Brage da Banda de Música Municipal de Caldas de Reis, ás 21.05 h. A partir das 22.30 h. terá lugar o acto de clausura no que se dará a coñecer o veredicto do xurado. Ademáis faranse entrega dos premios do Certame así como os do VII Concurso Galego de Composición. No tocante a este último, o presidente da FGBMP, Armando Morales, sostén que é fundamental para a nosa cultura polo “legado artístico-musical” que produce ao fomentar a aparición de novos compositores.



En último lugar, dende a FGBMP lémbrase que se fará unha ampla cobertura de todo o que pase no Certame nas redes sociais para achegar o evento a todas aquelas persoas interesadas que non poidan acudir durante a fin de semana o Auditorio de Galicia.

Área Central - Mercadillo de antigüedades e talleres para nenos



Como todos los terceros fines de semana del mes, más de veinte expositores procedentes de diferentes puntos de Galicia y Portugal se darán cita en los pasillos del complejo

El público familiar también disfrutará con las actividades de “Planeta Shalom”

Hoy sábado regresa a los pasillos de Area Central su ya consolidado rastro de antigüedades, un evento mensual que reúne más de veinte expositores y miles de piezas antiguas originales y reproducciones, ofrecidas a los coleccionistas y a los amantes de muebles y objetos antiguos.

El rastro, que ocupa un espacio de más de 400 metros cuadrados, puede visitarse el tercer fin de semana de cada mes, el sábado entre las 10 y las 22 horas; y el domingo entre las 12 y las 21 horas. En el rastro los paseantes pueden adquirir variadas joyas de coleccionismo que, tal y como señala el gerente de Area Central, Juan Carlos Losada, "difícilmente se pueden localizar en los establecimientos clásicos". 

El rastro de antigüedades, que lleva celebrándose desde el año 2009, es una apuesta clara de Area Central por continuar siendo una referencia entre las superficies comerciales como centro de eventos. 

Por otro lado, Area Central continúa con su apuesta por las actividades de carácter familiar y hoy sábado, a partir de las 18.00 horas, los responsables de la empresa Planeta Sholam volverán a impartir su actividad lúdico-educativa “Sábados creativos”, en los que durante dos horas los niños podrán realizar llaveros, chapas y demás objetos relacionados con el otoño.

BNG Santiago - Sobre o conflicto da limpeza

O BNG reclámalle ao alcalde que non desprece as protestas lexítimas do persoal de limpeza que non cobra o seu salario

Requírelle que “non bote balóns fóra” no conflito coa empresa concesionaria contratada polo Concello de Santiago 

O grupo municipal do BNG demándalle ao alcalde Agustín Hernández que “non bote balóns fóra” no conflito da empresa concesionaria da limpeza Linorsa por impago de salarios ao persoal. 

Para o BNG, o alcalde debe adoptar unha actitude proactiva e non desprezar as protestas lexítimas das traballadoras que reclaman os soldos que lles adebeda esta empresa contratada polo Concello de Santiago para a limpeza das súas dependencias. 

O BNG, ademais de amosar a súa solidariedade coas traballadoras, aposta por combater a precariedade laboral que sofren colectivos coma este. Así, insiste en requirir celeridade e contundencia ao Goberno de Hernández para que a empresa pague as nóminas con normalidade, xa que administración ten o deber de controlar as concesionarias contratadas e de velar polo cumprimento do servizo ofertado.

O Concello ten que actuar xa, porque a cada mes que pase, se agrava o conflito e a responsabilidade municipal co destino dos fondos

Solucionar antes de que o problema se agrande e o concello debe traballar nas vías de rescisión do contrato e

Garantir unha solución inmediata 

E inadmisible que unha empresa cobre puntualmente e eses cartos non se dirixan a pagar ao persoal que presta ese servizo

Ordes - A AECC Ordes consegue para este domingo un cheo absoluto na súa IV Comida Solidaria

A cita terá lugar no Pazo do Bidueiro e contará con sorteos de agasallos doados por ACORDES e cun recital a cargo de Tania Veiras

A IV Comida Solidaria da AECC de Ordes, que este vindeiro domingo terá lugar no Pazo do Bidueiro ás 14.30 horas, rexistrará un cheo absoluto. En total serán 320 comensais, coincidindo co número máximo de entradas das que se dispoñía. Xa son máis de 1.900 euros a cantidade recadada só coa venda dos tickets, agardando que a cifra se supere grazas aos donativos que se poderán entregar ese mesmo día no peto instalado para tal fin. Todos estes cartos irán destinados á investigación para a cura da enfermidade. 

O programa dese día inclúe tamén o sorteo de todo tipo de agasallos doados pola Asociación de Comerciantes de Ordes (ACORDES). Entre eles destacan estancias de fin de semana no balneario Marina Spa, en O Grove, e na Casa da Escola, no Concello de Trazo (Xaveste). Tras os postres e o café a cantante local Tania Veiras ofrecerá un pequeño recital, o cal servirá para abrir a sesión de baile que se prolongará ao longo da tarde.

Ademais dos veciños, veciñas e representantes de todos os sectores, na lista de asistentes a este evento figuran tamén Manuel Regos, alcalde de Ordes; Elena Viturro, presidenta da AECC A Coruña; Emilia Vázquez, presidenta da EECC Ordes; Marcos Calvo, psicólogo da EECC, ademais doutros membros do equipo de goberno local e concelleiros da oposición.

Para facilitar o desprazamento ata o pazo haberá autobuses gratuítos a partir das 14 horas, que partirán da Alameda de Ordes e que repetirán o traxecto unha vez finalizado o encontro.

Ordes - A Asociación de Amigos da Música de Ordes honra a Santa Cecilia

A xornada conmemorativa será o sábado día 22. Ata o vindeiro luns poderanse adquirir tickets para participar na comida de confraternización

O vindeiro sábado 22 de novembro a Asociación Cultural Amigos da Música de Ordes, en colaboración co Concello de Ordes, celebrará a festividade de Santa Cecilia. 

Para conmemorar a festividade da patrona da música ás 13.30 horas a Banda de Música de Ordes ofrecerá un concerto aberto a todo o público no Campo da Feira. Alí tamén terá lugar o gran xantar de confraternidade para os socios, socias e todo aquel que adquira, ata o vindeiro luns, o seu tícket. Según os organizadores ata o de agora xa se contabilizan en máis dun cento o número de asistentes. Petiscos variados, empanada, polbo, carnes, postres e café completan a carta para ese día. No caso de que sea preciso resgardarse da chuvia instalarase unha gran carpa con calefactores, que tamén acollerá un servizo de bar, xogos e actividades para os máis cativos. Actuacións musicais, un novo concerto da Banda de Música de Ordes, sorteos de agasallos e outras sorpresas pecharán esta parte do programa.

Xa a partir das 21 horas dará comezo a verbena nocturna, que nesta ocasión correrá a cargo do grupo Alborada.

Santiago Futsal - Arrancan las ligas locales

· Arranca la temporada para todos los equipos de liga local del Santiago Futsal

· Todos los equipos de la base del Santiago Futsal y el equipo femenino Santiago Futsal A Gaiola se ponen en marcha

· Horarios de los partidos de los equipos de ligas locales

Este fin de semana comienza la competición para todos los equipos de la base del Santiago Futsal que militan en ligas locales. De esta manera, los equipos de categoría prebenjamín, benjamín, alevín, infantil, cadete y el equipo femenino Santiago Futsal A Gaiola, disputarán este fin de semana sus primeros partidos de Liga.

Con el comienzo de la temporada de los equipos de las ligas locales del Santiago Futsal, el total de los 16 equipos que componen el área de formación del club, están en marcha en sus respectivas competiciones.

Por su parte, las jugadoras del Santiago Futsal A Gaiola, que jugarán por segunda temporada en Liga local, llegan a este comienzo de Liga tras proclamarse campeonas del Torneo de Fútbol Sala de Vedra.

Horarios

PREBEN.1º Sábado 17h. Pab. Monte dos Postes
CD San Mamed vs Santiago Futsal

PREBEN.2ºA Sábado 17.45h Pab. Monte dos Postes
SD Touro vs Santiago Futsal

PREBEN. 2ºB Sábado 10.45h Pab. Monte dos Postes
Santiago Futsal B vs La Milagrosa

BENJ. A Domingo 10.45h Pab. Monte dos Postes
Meigas FS vs Santiago Futsal A

BENJ.B Sábado 10.00h Pab. Lamas de Abade
R. San Lorenzo vs Santiago Futsal B

ALEV. A Domingo 12.15h Pab. Monte dos Postes
Santiago Futsal A vs SD Cacheiras

ALEV. B Sábado 18.30h Pab. Monte dos Postes
Santiago Futsal B vs Burgo Arasolis Viaxes

INFANT. Domingo 11.30h Pab. Monte dos Postes
Santiago Futsal vs Os Viquingos

CADETE. Sábado 10.45h Pab. Lamas de Abade
Praíá SFC vs Santiago Futsal

SEN. FEM. Domingo 11.15h Pab. Roxos
Santiago Futsal A Gaiola A vs Santiago Futsal A Gaiola B

USC - Un equipo do Club de Debate Compostela, finalista no torneo estatal da Universidade de Salamanca

O equipo do Club de Debate Compostela da USC formado por María Táboas, Ignacio Seijo, Adrián González e Iván Rodríguez resultou finalista do primeiro torneo nacional de debate da Universidade de Salamanca sobre un futuro de Europa. 

Esta primeira edición do certame versou arredor da cuestión concreta da viabilidade, e pertinencia, do futuro de Europa como unha federación de Estados. O proceso de debate era o usual no ámbito académico: catro membros por grupo, dous grupos en cada debate e un sorteo das posturas a favor e en contra xusto antes de comezar. 

Participaron 12 grupos, dous pola ESADE de Barcelona, outros tantos pola Universidade de Salamanca, dous máis pola asociación DILEMA de Córdoba e pola USC, e un pola asociación CDU de Córdoba, pola Universidade de Lleida, pola Universidade de Deusto e pola de Comillas.

Os dous grupos da USC compóñanse por oito debatentes de diversas idades e carreiras. O segundo equipo –formado por Irene Picallo, Jessica Rodríguez, Ález González e Paula Mayo– chegou a cuartos tras superar unha fase de grupos e o primeiro a unha disputadísima final co equipo da Universidade de Córdoba, que finalmente se alzou en vencedor.

Os debates universitarios, nos que a USC soe moverse entre os primeiros postos, son para Nacho Seijo “necesarios para potenciar a facilidade de comunicación do estudantado, imprescindible na vida laboral de calquera persoa”. “Incentívase ademais o traballo cooperativo e o compañeirismo xunto á competitividade sana”, remarca.

Silleda - mostra fotográfica “Moi cerca de Santiago… Sorpréndete”

A exposición Moi cerca de Santiago...Sorpréndete poderá visitarse na Aula Gastronómica do Mercado de Abastos de luns a sábado pola mañá, no horario de apertura da praza. A mostra, que se abriu hoxe ao público conta con 53 imaxes de 32 autores, que participaron no concurso fotográfico organizado polo grupo Área de Santiago. O municipio de Silleda está presente a través de fotografías que amosan a feira da Bandeira ou o camiño de Santiago.

A organización da exposición no Mercado de Abastos permitirá amosar diferentes aspectos dos concellos de Área Santiago dende a mirada dos propios veciños e os seus visitantes nun espazo que é o segundo lugar máis visitado da cidade.

As fotografías preséntanse realizadas en vinilo sobre paneis de cartón de niño de abella, un produto de nova xeración e ecolóxico. A exposición consta de catro seccións, que se corresponden coas catro categorías do concurso de fotografía do pasado verán para destacar os múltiples recursos dos concellos de Área Santiago.

Os gañadores foron: na categoría Festas e tradicións, a fotografía presentada por Aroa Martínez Sánchez e titulada "A Estrada, Agrupación Tequexetéldere"; en Patrimonio Histórico e Cultural, a fotografía de José Ramón Moire Silva denominada "Ponte Ledesma"; en Paisaxes e Natureza, a fotografía presentada por José A. Sanjurjo da "Aldea na parte traseira do Pico Sacro"; e en Gastronomía, a fotografía de José Ramón Moire Silva titulada "Galo de Curral de Vila de Cruces".

O obxectivo do concurso foi dar a coñecer os atractivos dos Concellos que forman parte de Área Santiago: A Estrada, Arzúa, Boqueixón, Lalín, Melide, O Pino, Oroso, Padrón, Rois, Santiago de Compostela, Silleda, Touro, Trazo, Val do Dubra, Vedra e Vila de Cruces.

Melide - Nova oferta de actividades no Centro ocupacional

· Comenzan o primeiro trimestre do curso 2014/2015 con un sinfín de actividades destacando, entre outras, a de natación na piscina climatizada da vila.

· Tres novas alumnas entraron a formar parte do Centro no presente curso. 

O Centro Ocupacional de Melide oferta un amplo abano de actividades co único fin de mellorar as capacidades funcionais, cognitivas e tamén físicas do seu alumnado. Desenrrolan a cotío actividades centradas na lecto-escritura, informática ou traballos manuais. Sen embargo, dentro do curriculum escolar tamén se contemplan novas actividades de conciliación familiar e incremento da autonomía persoal como o caso de cociña, música ou natación, todas elas actividades realizadas fóra do centro no que se imparten a diario ás clases. 

Xunto con estas actividades que combinan todo tipo de capacidades a directora do centro ocupacional en coorganización coa concellería de servizos sociais executan excursións educativas e turísticas ao mesmo tempo de que se fai participe ao alumnado do centro aos eventos anuais de data sinalada no calendario como é o caso do Magosto, Nadal, Entroido ou Festa do Melindre. 

O centro traballa en horario de maña de 9.00 a 13.30 h no Edificio Multiusos da vila. Este ano a matricula incrementouse en tres novos membros cun total de 11 usuarios. 

Dende o departamento de servizo sociais do Concello de Melide traballase arreo para ampliar continuamente o benestar tanto de familias como dos alumnos e alumnas, sendo conscientes da importancia da existencia do centro para posibilitar a conciliación laboral e familiar ofrecendo un servizo de atención a persoas con deficiencias de tipo psicomotórico e sensorial de diversas características madurativas e de organización cognitiva.

Oroso - Exposición de Loli Fernández, fotógrafa de Lindeiros, ata o 30 de novembro

O centro cultural de Sigüeiro acollerá ata o 30 de novembro unha exposición da fotógrafa santiaguesa Loli Fernández 

A fotógrafa santiaguesa Loli Fernández e o concelleiro de Cultura de Oroso, Antonio Leira, inauguraron esta mañá unha exposición de fotografías enmarcada na edición 32 do Outono Fotográfico, certame no que o Concello de Oroso participa por sexto ano consecutivo. Unha mostra que recolle unha selección de 18 imaxes de Loli Fernández, fotógrafa de Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela. 

A exposición mestura impactantes imaxes en branco e negro de primeiros planos de veciños e veciñas da contorna de Compostela, cunha selección de paisaxes da bisbarra na que a fotógrafa gusta de xogar coas luces e as sombras, buscando sempre darlle un significado ás súas imaxes máis aló do que está a simple vista. Algo que poderán comprobar todos os veciños e veciñas que se acheguen polo salón de exposicións do centro cultural de Sigüeiro antes do vindeiro 30 de novembro.

O Concello de Oroso leva seis anos consecutivos participando no Outono Fotográfico, o festival galego de fotografía que chega este ano á súa 32 edición. Polo Outono Fotográfico de Oroso teñen pasado fotoxornalistas como Xoán Soler e Sandra Alonso (de La Voz de Galicia), unha mostra conxunta de El Correo Gallego e Patricia Santos (fotógrafa centrada actualmente na reportaxe social e que ten traballado en xornais como El País, El Correo Gallego ou Santiago Siete), aos que se suma hoxe Loli Fernández (Lindeiros). Canda eles teñen exposto tamén grandes fotógrafos da contorna orosá como Antonio Matías, Carlos Pereira, Belén Rodríguez, José Lagares e María Marcos

Santiago - Bárbara Lennie recolle este domingo o Premio Cineuropa (+horarios fin de semana)

Será ás 20.00h no Teatro Principal nunha gala na que poderemos ver o seu último filme ‘Magical girl’

· Esta fin de semana estará tamén en Compostela Borja Cobeaga, guionista de ‘Ocho apellidos vascos’ que nos presenta o seu útlimo filme, ‘Negociador’

· Dentro de Cineuropa Concerto, temos a Silvia Pérez Cruz & Raül Fernández Miró que presentan o sábado ás 21.00h no auditorio Abanca o seu novo disco ‘Granada’

Esta fin de semana temos dúas citas moi importantes nesta XXVIII edición. A actriz Bárbara Lennie recolle o seu Premio Cineuropa de mans do alcalde da cidade o domingo no Teatro Principal nunha gala , ás 20.00h, na que poderemos ver o seu último filme, ‘Magical Girl’. A película, dirixida por Carlos Vermut, vén de conseguir no festival de San Sebastián a Concha de Ouro a mellor filme e mellor director. Pero Lennie non é a única figura destacada do cinema español que nos acompañará en Santiago esta fin de semana. Borja Cobeaga, director de "Pagafantas", guionista de "Ocho apellidos vascos" e responsable da serie de humor "Vaya semanita", presentará en Cineuropa a súa película "Negociador", en dous pases no Teatro Principal, sábado ás 19.45h e domingo ás 23.00h. Ao remate de ambos pases manterá un encontro co público.

Xornada do sábado
Na xornada do sábado destacamos da sección oficial, ademais da proxección de ‘Negociador’, a de ‘What we did on our holidays’. Temos tamén dous eventos importantes dentro do Panorama Audiovisual Galego xa que poderemos asistir ao proxecto ‘Videocartas Galiza-Berlín’ e á presentación do filme de Eloy Domínguez Serén ‘Jet Lag’. De Panorama Internacional, veremos os filmes ‘Still the water’, ‘Mommy’ e ‘Jauja’ e teremos o último pase de ‘What we do in the shadows’ do Fantastique Compostela. Nesta xornada de sábado temos tamén unha cita do Cineuropa Concerto: Silvia Pérez Cruz & Raül Fernández Miró presentan o seu novo disco ‘Granada’ no Auditorio Abanca ás 21.00h

Xornada do domingo
Na xornada do domingo a protagonista é Bárbara Lennie que recibe o Premio Cineuropa e teremos un novo pase de ‘Negociador’. Ademais, na sección oficial veremos os últimos pases de ‘What we did on our holidays’ e ‘Vergiss mein ich’ e o primeiro de ‘Le meraviglie’. Tamén poderemos ver por primeira vez ‘The guest’ do Panorama Internacional.

Xornada do luns
Da sección oficial o luns teremos o pase único de ‘L’enlèvement de Michel Houellebecq’, o primeiro de ‘Class Enemy’ e o último de ‘Vergiss mein ich’ ‘Phoenix’ e ‘Negociador’. Tamén poderemos ver de novo e por última vez no festival ‘Magical girl’ dirixida por Carlos vermut e protagonizada por Bárbara Lennie, premio Cineuropa desta edición

A continuación van os comentarios do festival sobre os filmes que poderemos ver os vindeiros días dentro da sección oficial:

PHOENIX: Christian Petzold, de quen hai dous anos vimos “Bárbara”, protagonizada xa pola formidable Nina Hoos, ofrece unha obra que trae resonancias de títulos de culto como “Los ojos sin rostro” de Franju ou o hitchcokiano “Vértigo”. Unha melodrama sublimado, con amour fou egresado de entre os mortos. Un cabaret de onírica beleza. E unha poderosa metáfora sobre a amnesia ante os horrores dos sistemas totalitarios. Unha das máis fermosas e perturbadoras historias de amor contadas neste 2014.

WHAT WE DID ON OUR HOLIDAYS: Andy Hamilton e Guy Jenkins, fenómenos de culto en Gran Bretaña pola súa serie de humor “Outnumbered” dan unha volta máis ás relacións de mozos e adultos. Unha especie de subversión voraz de “Verano azul”, con cáustico sentido do humor, homenaxe memorable a “Los Vikingos” de Richard Fleischer. E un funeral con avestruces. Unha das sorpresas da tempada.

L´ENLEVÈMENT DE MICHEL HOUELLEBECQ: De como un escritor de culto pode prestarse a protagonizar unha das películas de comicidade máis desatada do cinema europeo do 2014. A partir da desaparición na vida real de Michel Houellebecq, esta película fabula o seu secuestro, que é como un “atraco ás tres” con coartada intelectual. Vitalista, mordaz, euforizante.

LE MERAVIGLIE: A gran sorpresa de Cannes, co Gran Premio do Xurado para a italiana Alice Rohrwacher. Unha familia que vive en comuna, afastada da sociedade de consumo. E a invasiva chegada dun reality show que ten como musa a Monica Bellucci.

CLASS ENEMY: Este filme esloveno conseguiu visibilidade ao gañar a Semana da Crítica en Venecia. E a partir de aí iniciou a súa ruta triunfal por unha decena de festivais europeos até a súa candidatura aos Premios Lux. Ofrece unha vertente crúa do cinema “de aulas”. Aquí non hai club de poetas mortos nin profesor Keating. Unha alumna que se suicida, un titular de alemán que pasa por déspota obsesionado con Thomas Mann. Un cabeza de turco. Outra das firmes candidatas a gañar neste XXVIII Cineuropa.

NEGOCIADOR: Borja Cobeaga, guionista de “Ocho apellidos vascos” e un dos pais do programa de humor da ETB “Vaya semanita” atrévese a abordar o fracaso do proceso de paz do 2005, co goberno socialista. E a súa vía é a dun humor suave, terso, case costumista. Situacións de comicidade que rompe a estratexia da tensión. Enviados do goberno e de ETA que comparten cervexas e ven o partido de fútbol no cuarto dun hotel. Humor, si. E, de fondo, o agridoce fracaso. E actores agudos como Ramón Barea ou Carlos Areces.

XXVIII edición de Cineuropa     SABADO 15
TEATRO PRINCIPAL 
16:00 POPEYE Robert Altman 
18:00 WHAT WE DID ON OUR HOLIDAYS (NUESTRO ÚLTIMO VERANO EN ESCOCIA) Andy Hamilton, Guy Jenkin 
19:45 NEGOCIADOR Borja Cobeaga 
21:30 MOMMY Xavier Dolan 
00:00 WAKE IN FRIGHT Ted Kotcheff 
SALÓN TEATRO 
16:00 VIDEOCARTAS GALIZA-BERLIN Ana Seijo, Sandra Martínez, Adriana P. Villanueva, Sabela Pernas 
18:15 JET LAG Eloy Domínguez Serén 
19:30 STILL THE WATER Naomi Kawase 
21:30 JAUJA Lisandro Alonso 
23:15 WHAT WE DO IN THE SHADOWS (LO QUE HACEMOS EN LAS SOMBRAS) Taika Cohen (Taika Waititi), Jemaine Clement 
00:45 CORMAN’S WORLD (EL MUNDO DE ROGER CORMAN) Alex Stapleton 
CENTRO CULTURAL AFUNDACIÓN 
16:15 THE SUGARLAND EXPRESS (LOCA EVASIÓN) Steven Spielberg 
18:15 SCORPIO Michael Winner 

20:15 THE PARALLAX VIEW (EL ÚLTIMO TESTIGO) Alan J. Pakula 

XXVIII edición de Cineuropa    DOMINGO 16
TEATRO PRINCIPAL 
17:00 WHAT WE DID ON OUR HOLIDAYS (NUESTRO ÚLTIMO VERANO EN ESCOCIA) Andy Hamilton, Guy Jenkin 
20:00 PREMIO CINEUROPA: BÁRBARA LENNIE MAGICAL GIRL Carlos Vermut 
23:00 NEGOCIADOR Borja Cobeaga 
SALÓN TEATRO 
16:00 HIGH SOCIETY (ALTA SOCIEDAD) Charles Walters 
18:00 LE MERAVIGLIE Alice Rohrwacher 
20:00 THE GUEST Adam Wingard 
21:45 VERGISS MEIN ICH (LOSE MY SELF) Jan Schomburg 
23:30 WAKE IN FRIGHT Ted Kotcheff 
CENTRO CULTURAL AFUNDACIÓN 
12:00 COEURS (PETITES PEURS PARTAGÉES) Alain Resnais 
16:15 HARRY AND TONTO (HARRY Y TONTO) Paul Mazursky 
18:15 SHAMPOO Hal Ashby 
20:15 LENNY Bob Fosse 

XXVIII edición de Cineuropa    LUNES 17
TEATRO PRINCIPAL 
16:30 L’ENLÈVEMENT DE MICHEL HOUELLEBECQ (EL SECUESTRO DE MICHEL HOUELLEBECQ) Guillaume Nicloux 
18:15 VERGISS MEIN ICH (LOSE MY SELF) Jan Schomburg
20:00 MOMMY Xavier Dolan 
22:30 PHOENIX Christian Petzold 
SALÓN TEATRO 
16:15 NIGHT AND DAY (NOCHE Y DÍA) Michael Curtiz 
18:30 NEGOCIADOR Borja Cobeaga 
20:00 CLASS ENEMY Rok Bicek 
21:45 MAGICAL GIRL Carlos Vermut 
00:00 BAADASSSSS CINEMA Isaac Julien 
CLEOPATRA JONES Jack Starrett 

BNG Ordes - Satisfeitos coa rectificación do alcalde

O BNG de Ordes, está sumamente satisfeito coa rectificación realiza por Regos, e de ubicar no antigo Centro Comarcal o Centro de Emprendedores da Comarca.

O Grupo Nacionalista, a través do seu Concelleiro Pablo Vidal, presentou “no Pleno do pasado mes de Abril unha iniciativa na que se instaba a Regos a utilizar este espazo abandonado como Viveiro de Empresas ou Centro de Emprendedores, dado as vantaxes que ofrece o inmóbel que foi sede do Centro Comarcal de Orde para impulsar a creación de emprego no Concello”

O edil nacionalista lembra “que esta proposta foi rexeitada polo equipo de goberno que forman Regos e Pedreira, edil do Psoe, aducindo que o proxecto de crear este Centro de Emprendedores na primeira planta da Praza de Abastos estaba moi avanzado, practicamente rematadas”

O BNG tacha a Regos e ao seu socio do Psoe, de incapaces e ineptos. “Coa súa política errática están prexudicando gravemente os intereses dos veciños e veciñas de Ordes que ven como proxectos que deberían estar en funcionamento hai moitos meses, se ven retrasados por non apoiar en tempo e forma as iniciativas que propostas polo BNG, solo coa intención de non por aínda mais de manifesto a súa incapacidade para rexer o Concello de Ordes”

Pablo Vidal, “dálle a benvida ao mundo do sentido común e espera que no sucesivo se deixen gobernar polo BNG, que é o único grupo político que aporta iniciativas a prol de futuro de Ordes.”

Axenda e tempo do venres 14 de novembro - Música, teatro, cine, exposicións

Santiago - Capitol - Arizona baby

Santiago - Vilamincha - Tony Lomba 

Ames - Estrea de "Un juguete para Margarita" 

Santiago - Dado Dada - Sara de Sousa

Santiago - Gentalha do Pichel - concerto contra os desahucios

Santiago - Real Filharmonía de Galicia 

Santiago - Cineuropa


Exposicións

Santiago - Museo do Pobo Galego - Barriga Verde, de feira en feira (ata o 11 de xaneiro)

Brión - - Soños (ata o 19 de novembro)

Santiago - Fundación Granell - A Illa de Granellandia (ata o 23 de novembro)

Santiago - Bus Station Space - Imaxinar que soño (ata o 4 de nadal)

Santiago - Fonseca - “Diversa. Arqueoloxía dende o Incipit alén Europa” (ata o 29 de novembro)

Santiago - Zona C - Ukelele Project (ata o 5 de nadal)

Santiago - Auditorio de Galicia - Xulio Maside (ata xaneiro 2015)

O Tempo

Santiago - Últimos servizos da policía local

SERVIZOS PRESTADOS POLA POLICÍA LOCAL
Dende ás 8:00 horas do 12/11/2014 ata ás 08:00 horas do 13/11/2014

09,30 ACCIDENTE DE TRÁFICO: Na Avda. Camilo José Cela entre dous vehículos, con resultado de danos materiais e unha persoa ferida leve. 

10,15 AUXILIO: Unha ambulancia do 061 traslada a un home ao CHUS por unha caída na rúa Santa Clara, con golpe na cabeza.

19,30 CONCENTRACIÓN: Na rúa do VILAR, cun quince persoas.

20,30 ACCIDENTE DE CIRCULACIÓN: Na rúa ANXO CASAL consistente en atropelo en paso de peóns a peón de 62 anos de idade por parte dun vehículo, resultando unha persoa ferida leve. 

--,-- LOCALIZACIÓNS PERMANENTES: De tres persoas (arresto domiciliario). 

--,-- ACCIDENTE DE TRÁFICO: Na praza da Paz entre dous vehículos, resultando danos materiais. Parte amigable.

20,45 ACCIDENTE DE TRÁFICO: Na rotonda da Avda. Rodríguez de Viguri, entre tres vehículos. Cobren parte amigable.

--,-- INSPECCIÓN DE LOCAIS: contrólanse sete locais. 

02,08 CAIDA DE ÁRBORE: Acódese ao lugar de Marzo de Arriba en compañía dos Bombeiros para retirar unha árbore que ocupaba un carril de circulación.

02,50 PERSOA DESORIENTADA: Acódese a rúa Romero Donallo, onde se auxilia a unha persoa desorientada e acompáñaselle ao seu domicilio. 

05,25 FESTA EN PISO: acúdese a un piso.

Santiago - Xornada do venres 14 en Cineuropa

Estrea de ‘Las altas presiones’ de Ángel Santos e concerto da RFG na xornada do venres 14 en Cineuropa
Las altas presiones de Ángel Santos
Ademais, dentro de Cineuropa Concerto poderemos ver tamén a Arizona Baby na Sala Capitol presentando o seu s 19.00h﷽﷽ carrama Audiovisual G presentando o seu tamto da Real Filharmontacamos a presentaciúltimo traballo 'It is called work' 

A xornada do venres 15 tráenos unha cita musical clave xa no programa de Cineuropa. Trátase do concerto que cada ano dedica a Real Filharmonía de Galicia ao festival e que nesta ocasión poñerá a música á proxección de ‘A quimera do ouro’ de Charles Chaplin. Será ás 21.00h no Auditorio de Galicia nun concerto dirixido por Paul Daniel e previamente, ás 20.30h poderemos asistir a un Conversando con… co director de Cineuropa José Luis Losa. Pero nesta xornada hai outras citas especiais, entre as que destacamos a presentación na sección oficial do festival de ‘Las altas presiones’ de Ángel Santos. Será ás 20.00h no Teatro Principal e Santos estará na proxección para manter un debate ao remate co público asistente.
A quimera do oro con Charles Chaplin

A programación do Teatro Principal ofrece tamén os pases únicos de ‘Scarecrow’ dentro do ciclo do Novo Hollywood ás 16.30h e de ‘El arca de Noé’ dentro de Panorama Audiovisual Galego ás 22.15h coa presentación e posterior debate co seu director, Adán Aliaga, e os seus produtores, Luisa Romero e Sergio Frade. Ademais poderemos ver un novo pase de ‘Una noche sin luna’ do Panorama Internacional ás 18.30h e o primeiro pase de ‘What we do in the shadows’ da sección Fantastique Compostela xa na madrugada cara ao sábado, ás 00.15h.

A programación do Salón Teatro comeza cos pases únicos de ’15 días en la playa’ ás 16.00h e ‘The land between’ ás 17.30h, ambas dentro do ciclo Disidencias e continua co pase único de ‘Heart of darkness; a filmmaker´s apocalypse’ de Novo Hollywood ás 19.00h. Ás 20.45h poderemos ver por primeira vez no festival ‘What we did on our holidays’, que vén de acadar o premio do público no festival de Valladolid e ás 22.30h teremos un novo pase de ‘Phoenix’, da Sección Oficial. Pecha a xornada do Salón Teatro o pase único de ‘The Gambler’ de Novo Hollywood.

As proxeccións deste venres, 20 en total, complétanse con cinco filmes da sección ‘Ao outro lado do muro: o cine na RDA’ no Centro Galego Contemporáneo e tres filmes de ‘Cando tiburón devorou o cine: ascenso e caída do Novo Hollywood’ e un de ‘Tributo ao último Resnais’ no Centro Cultural Afundación.

Arizona Baby no Cineuropa Concerto
E dentro de Cineuropa Concerto, ademais de ter o concerto da Real Filharmonía de Galicia, mañá poderemos ver tamén a Arizona Baby. Será ás 21.30h na Sala Capitol, nun evento enmarcado tamén no ciclo Compostela Rock Tras ter convulsionado o panorama co seu orixinal formato, imaxe e actitude grazas ao seu celebrado "Second To None", Arizona Baby volve ao grande. Atrás queda –só aparcado uns meses– o impacto total de Corizonas e un exquisito intermedio, o seu mini álbum "The Truth,The Whole Truth and Nothing But The Truth" (2012).

O seu regreso triunfal do trío arrinca coa edición dun EP homenaxe ás cancións de traballo americanas, "It Is Called Work (Chámase traballo)" incluíndo a primeira incursión do grupo en castelán coa demoledora "16 Toneladas", anticipada nos seus últimos directos ou no seu paso polo televisivo Un Lugar Llamado Mundo.

Comentarios do director do festival, José Luis Losa, aos filmes da Sección Oficial que poderemos ver nesta xornada:

LAS ALTAS PRESIONES: Ángel Santos é cineasta pleno desde aquela curta no que adaptaba a Chejov, "O cazador”. Agora chega desde Pusan para celebrar en Cineuropa a súa segunda longa, “Las altas presiones”, que fala de (des)amores e (des)arraigamentos, de cinefilias sobreviventes, de paixóns carbonizadas. Sen estrondos, coa estilización e a elegancia marca da casa.

PHOENIX: Christian Petzold, de quen hai dous anos vimos “Bárbara”, protagonizada xa pola formidable Nina Hoos, ofrece unha obra que trae resonancias de títulos de culto como “Los ojos sin rostro” de Franju ou o hitchcokiano “Vértigo”. Unha melodrama sublimado, con amour fou egresado de entre os mortos. Un cabaret de onírica beleza. E unha poderosa metáfora sobre a amnesia ante os horrores dos sistemas totalitarios. Unha das máis fermosas e perturbadoras historias de amor contadas neste 2014.

WHAT WE DID ON OUR HOLIDAYS: Andy Hamilton e Guy Jenkins, fenómenos de culto en Gran Bretaña pola súa serie de humor “Outnumbered” dan unha volta máis ás relacións de mozos e adultos. Unha especie de subversión voraz de “Verano azul”, con cáustico sentido do humor, homenaxe memorable a “Los Vikingos” de Richard Fleischer. E un funeral con avestruces. Unha das sorpresas da tempada.

TEATRO PRINCIPAL 
16:30 SCARECROW (EL ESPANTAPÁJAROS) Jerry Schatzberg 
18:30 UNA NOCHE SIN LUNA Germán Tejeira 
20:00 LAS ALTAS PRESIONES Ángel Santos PRESENTACIÓN E DEBATE CO SEU DIRECTOR, ÁNGEL SANTOS 
22:15 EL ARCA DE NOÉ Adán Aliaga, David Valero PRESENTACIÓN E DEBATE CO SEU DIRECTOR, ADÁN ALIAGA, E OS SEUS PRODUTORES, LUISA ROMERO E SERGIO FRADE 
00:15 WHAT WE DO IN THE SHADOWS (LO QUE HACEMOS EN LAS SOMBRAS) Taika Cohen (Taika Waititi), Jemaine Clement 
SALÓN TEATRO 
16:00 15 DÍAS EN LA PLAYA Flavia de la Fuente 
17:30 THE LAND BETWEEN David Fedele 
19:00 HEARTS OF DARKNESS: A FILMMAKER’S APOCALYPSE (CORAZONES EN TINIEBLAS) Fax Bahr, George Hickenlooper, Eleanor Coppola 
20:45 WHAT WE DID ON OUR HOLIDAYS (NUESTRO ÚLTIMO VERANO EN ESCOCIA) Andy Hamilton, Guy Jenkin 
22:30 PHOENIX Christian Petzold 
00:30 THE GAMBLER (EL JUGADOR) Karel Reisz 
CGAC 
16:00 FÜNF PATRONENHÜLSEN (CINCO CARTUCHOS VACÍOS) Frank Beyer 
17:30 NACKT UNTER WÖLFEN (DESNUDO ENTRE LOBOS) Frank Beyer 
19:45 KARBID UND SAUERAMPFER (CARBURO Y ACEDERAS) Frank Beyer 
21:15 JAKOB, DER LÜGNER (JACOB THE LIAR) (JAKOB, EL MENTIROSO) Frank Beyer 
23:00 DER VERDACHT (LA SOSPECHA) Frank Beyer 
CENTRO CULTURAL AFUNDACIÓN 
12:00 PAS SUR LA BOUCHE Alain Resnais 
16:30 CISCO PIKE Bill L. Norton 
18:15 THE HEARTBREAK KID (EL ROMPECORAZONES) Elaine May 

20:00 BLUME IN LOVE (BLUME ENAMORADO) Paul Mazursky