PSOE SILLEDA


AS XUVENTUDES SOCIALISTAS DE SILLEDA ORGANIZA UNHA RUTA DE SENDERISMO O PROXIMO SABADO 10

QUERESE POÑER CON ELA EN VALOR A RUTA DA AUGA DE PARADA E DARLLA A COÑECER A MOCIDADE SILLEDENSE



2 de Abril de 2010.- As Xuventudes Socialistas silledenses organizan para o sabado 10 de Abril, ás 16 horas unha ruta de senderismo que percorrerá os 6,8 km da ruta da auga de Parada, para ademáis de facer unha actividade lúdico deportiva, poñer en valor as potencialidades turísticas do noso concello, “ademáis de poñer en valor a ruta que con tanto esforzo conseguiron arranxar os veciños de Parada”

O punto de encontro para todos os interesados será na rotonda de Laro, ainda que si algún dos participante non ten vehículo para desplazarse poderá sair da sede do partido socialista  na Rúa República Argentina nº 18 as 15:45h en coches que a organización pon a súa disposición.

 A actividade está aberta a todos os que queiran asistir, sen límites de idade, xa que a ruta “é fácil e ten unha duración dunhas dúas horas e media”, por iso a mocidade socialista fai un chamanento  convidando “a todas as persoas que queiran compartir unha tarde disfrutando da ruta da Auga”

AYUNTAMIENTO DE OROSO


A DEPUTACIÓN DA CORUÑA MELLORARÁ E AMPLIARÁ A SENDA PEONIL DE VILARROMARIZ , NA CP-3801

As obras de construción da senda peonil que unirá Sigüeiro con Porto Avieira comezarán a vindeira semán

31 de marzo de 2010.- A senda peonil de Vilarromariz, que está a executar a Deputación Provincial da Coruña, contará con dous novos tramos para conectala co local social da parroquia e para avanzar uns cincuenta metros máis no entorno do camposanto. Así o acordou o tenente de alcalde e concelleiro de Obras de Oroso, Xosé Manuel Pérez, co responsable provincial de Obras, Bernardino Rama, despois da visita ás obras realizada polo deputado provincial.

Así mesmo, o responsable provincial de Obras confirmou que a vindeira semán comezarán os traballos de construción da senda peonil que unirá Sigüeiro con Porto Avieira. Dúas obras que supoñen un investimento de máis de 300.000 euros e que mellorarán a seguridade viaria dos veciños e veciñas que ata o de agora tiñan que circular polos arcéns da CP-3801.

No caso de Vilarromariz, as obras xa están en marcha e estase procedendo á preparación do chan para albergar unha senda peonil de dous metros de ancho, cunha base de zahorra artificial compactada e con quince centímetros de formigón. Trátase dunha obra orzamentada en 159.000 euros e dun quilómetro de lonxitude. Unha lonxitude que se incrementará grazas ao acordo acadado coa Deputación Provincial, de xeito que os veciños disporán dunha conexión co local social e, ademais, as beirarrúas non só chegarán ata a porta do camposanto senón que continuarán uns cincuenta metros máis.

No que atinxe á senda peonil entre Sigüeiro e o desvío á urbanización de Porto Avieira, duns dous quilómetros de lonxitude na marxe dereita da AC-3801 (sentido Frades), está orzamentada tamén en algo máis de 159.000 euros. O responsable provincial de Obras confirmoulle ao Concello de Oroso que os traballos comezarán a vindeira semana e que se executarán con rapidez, xa que o terreo xa está preparado para a construción da senda peonil.

Estas dúas sendas uniranse en breve ás xa existentes en Trasmonte e Vilacide. A elas haberá que sumar este mesmo ano unha quinta senda peonil no núcleo de Vilar de Arriba (Deixebre), orzamentada en 80.297 euros e financiada polo Fondo Estatal para o Emprego e a Sostenibilidade Local. Unha senda peonil de 606 metros de lonxitude que discorrerá pola marxe dereita da estrada que cruza a aldea de Vilar de Arriba e que a conectará coa senda que une Os Carballos co núcleo de Vilar de Abaixo.

AYUNTAMIENTO DE MELIDE


Socorro Cea reunirase o luns co Director Xeral de Protección da Natureza para interesarse pola autovía Lugo- Santiago

·         A alcaldesa de Melide acudirá a esta reunión coa voceira do Partido Popular e o voceiro do Partido Socialista.
A alcaldesa de Melide, Socorro Cea, reunirase este luns, 5 de abril, co Director Xeral de Protección da Natureza, Ricardo García-Borregón, para informarse das xestións que a Xunta de Galicia está a realizar en relación ao trazado da Autovía Lugo-Santiago que afecta a Melide.

Nos últimos días, publicábase na prensa que existía un informe da Xunta que aconsellaba estudar trazados distintos para esta zona ao que xa foi exposto no Concello de Melide no pasado mes de maio. Ante a falta de comunicación oficial da Xunta co Concello de Melide, ata este momento, a alcaldesa solicitou unha entrevista co responsable desta área da Xunta de Galicia, a fin de aclarar cal é contido do informe emitido por este departamento e as posibles consecuencias que poidan ter estes novos informes ou decisións.

A alcaldesa de Melide avanzou tamén que asistirá á entrevista cos dous voceiros dos outros grupos políticos con representación no Concello de Melide, Ángeles Vázquez polo Partido Popular e Manuel Prado polo PsdG-PSOE. A rexedora melidense xa anunciara a súa intención de “unir as forzas dos tres partidos políticos neste tema, pois é de interese xeral para toda a veciñanza de Melide, e é preciso apostar xuntos polo progreso e o avance económico e empresarial de Melide, que será incrementado co paso da autovía”.
As accións inmediatas a levar a cabo polo Concello de Melide serán decididas cando se teña información oficial e se coñeza a opinión das administracións autonómicas e estatal ao respecto. 

PP SANTIAGO


Piden melloras na senalización da Vía da Prata

Os concelleiros do Grupo Municipal Popular animan a facer o Camiño
Pulsa aquí para acceder á foto
O concelleiro do Grupo Municipal Popular, Ángel Espadas, solicitou hoxe, dende o Camiño, melloras na sinalización do tramo da Vía da Prata por estar algo deteriorada. Considera que aínda que o seu estado xeral e bo, con estes pequenos retoques conseguiriamos situala en óptimas condicións.
Os concelleiros populares Amelia González, Ángel Espadas e Albino Vázquez Aldrey iniciaron esta Semana Santa o percorrido do Camino pola Vía da Prata, con saída dende Ourense.
Todos destacaron o maravillos trato recibido durante toda a Ruta, e as duras condicións metereolóxicas ás que tiveron que facer fronte, pola intensa choiva, granizo e incluso auga neve no alto de Dozón, que tiveron que soportar nalgunha etapa.

Marzo 30, 2010

Conde Roa protesta pola saturación nas oficiñas de Gas Natural

Arquivado en:   — sbaston @ 2:15 pm
Anuncia unha concentración para esixir un trato digno na Capital de Galicia
O voceiro do Grupo Municipal Popular, Xerardo Conde Roa, anuncio hoxe unha concentración diante das oficiñas de Gas Natural, en Xeneral Pardiñas, para protestar pola saturación que se está a producir  neste local.
Considera que esta situación que se vive diariamente “é unha auténtica tomadura de pelo ós cidadáns de Santiago e da súa comarca”, e cualificou de “absolutamente indignante que moitas persoas perdan a mañá e reciban o trato que están a recibir por parte desta empresa”.
Con esta protesta o líder popular faixe eco das continuas queixas veciñais que se reciben tódolos días nas oficiñas do Grupo Municipal tanto de cidadáns como do sector comercial, polo enorme retraso que acumula a atención ó público.
En declaracións ós medios de comunicación, Conde Roa manifestou que ”con este trato se está a tomar  as instalacións de Santiago como unha oficiña máis propia do terceiro mundo que da importancia que ten estar na Capital de Galicia”, do que desculpou ós traballadores por “non ser os responsables de ter que estar aclarando os oscuros recibos que está emitindo a compañía a todos os seus clientes, nin do enorme retraso que teñen que soportar cada vez que veñen aquí”.
“É unha auténtica vergoña e eu chamo a unha clara rebelión popular para que nestes días nos personemos todos os composteláns diante destas oficinas porque é intolerable o que está a facer esta compañía cos cidadáns de Santiago”, manifestou Conde Roa, quen considera que “literalmente os está maltratando, tomando o pelo e humillando constantemente dun xeito ó que non hai dereito nunha sociedade democrática”.
Tamén espera que as asociacións de consumidores, entidades veciñais e outros partidos políticos se sumen a esta protesta que, dixo, “imos convocar para que dunha vez por todas estos señores que residen en Barcelona e alrededores se den conta de que en Galicia, ademais de productores de enerxía eléctrica temos dignidade”.
Ademais, os políticos galegos non estamos dispostos a que se nos pisotee do xeito como o están a facer por parte desta compañía en Santiago de Compostela.
Segundo puido recoller das protestas veciñais, a maioría dos usuarios se queixan de falla de persoal para atender ó público, polo que se producen situacións de veciños que chegan a primeira hora e non son atendidas ata as doce ou unha, ou doutras que teñen hora para as 11 e non lles da tempo que os atendan ese mesmo día.

AYUNTAMIENTO DE AMES


Preto de 1.000 usuarios acudiron aos orientadores laborais do Concello de Ames

Ames dispón de dous orientadores laborais, que se encontran nas dependencias municipais da Casa do Concello, en Bertamiráns, e nas oficinas municipais do Milladoiro. Estes traballadores dedícanse a asesorar a todas aquelas persoas que precisan información na busca de emprego, sumando 921 usuarios atendidos en total, tanto provenientes do Servizo Público de Emprego como pola súa conta. Este departamento súmase ás restantes iniciativas en materia de dinamización do emprego como son Inserames III, a Rede XIANA ou Ames Solar, entre outros.

Este servizo que leva a cabo o goberno municipal ten como principal obxectivo avaliar o perfil curricular de cada demandante de emprego. Ao mesmo tempo actúa sobre as actitudes e capacidades destes para establecer medidas que adecúen os seus intereses e motivacións á situación actual do mercado. Ademais, tenta detectar e dinamizar as posibles iniciativas de autoemprego.

Estes orientadores determinarán os obxectivos profesionais dos usuarios do servizo así como as competencias xerais e técnicas profesionais das que dispoñen grazas a unha ferramenta fundamental: a entrevista. Nestas citas perséguese fomentar e potenciar a autonomía do demandante no proceso de inserción laboral establecendo un plan de traballo inicial para que este poida afrontar a súa busca.

De xeito máis específico, os orientadores da oficina de Bertamiráns e da do Milladoiro avaliarán cada perfil de xeito individual concretando e clarificando o que persegue profesionalmente. Deste modo permitirase unha optimización no asesoramento e na toma de decisións potenciando os seus puntos fortes de cara a acadar un emprego adecuado aos seus intereses e posibilidades.

Primeiro paso

A primeira ferramenta de axuda é a entrevista. Nesta cita, os orientadores son os encargados de informar acerca do servizo de orientación laboral e doutros servizos do Servizo Público de Emprego. En termos xerais, analízase a situación actual do demandante e o seu perfil para avaliar se o usuario é, ou non, un posible candidato a desenvolver un itinerario personalizado de inserción (IPI).

O traballo deste persoal vai ás veces máis aló de informar, orientar e deseñar un plan, senón que a motivación para non desistir na busca é fundamental nesta época de crise. Os últimos datos do Instituto Galego das Cualificacións arroxan un total de 2.442 parados no municipio no primeiro trimestre deste ano.

A poboación en situación de demanda de emprego, composta polos residentes de máis de 16 anos do Concello de Ames, caracterízase simultaneamente por tres características básicas. A primeira deles é estar sen traballo, nin por conta allea nin por conta propia, a segunda é estar en busca de traballo e a terceira está relacionada coa súa dispoñibilidade para traballar.

Obxectivo: dinamización na crise

Este novo dato estatístico supón un aumento de 537 parados respecto dos datos do ano 2008, producíndose un forte incremento na poboación masculina. Esta tendencia ascendente que experimentou o paro no Concello concéntrase no sector da industria manufactureira, na construción, no sector do motor e na hostalería.

Nos anos precedentes o colectivo feminino representou o 63’64% do total de desempregados pero na actualidade o forte incremento no sector masculino aproximou esas porcentaxes. Das 2.442 persoas desempregadas, 1.319 son mulleres, representando o 54’01%, mentres que 1.223 son homes, o que supón o 45’98% do total da poboación.

Estes datos reflicten a importancia de levar a cabo este tipo de medidas dinamizadoras que promovan o non estancamento e motiven a busca de emprego.

Seguintes pasos

Unha vez levada a cabo a entrevista, e que o demandante se considere candidato ou candidata á elaboración dun Itinerario Personalizado de Inserción, comeza a fase de recollida de información e a elaboración do perfil. Neste apartado, os orientadores analizarán os datos curriculares, a dispoñibilidade e afondan no obxectivo profesional principal.

A partir de aí, elabórase un plan individual, de acordo co participante, establecendo tarefas, estratexias, actívanse os servizos e programas nos que participará e recóllese nun documento de compromiso de actividades asinado polo interesado e o titor.

A fase de desenvolvemento das actividades descritas no itinerario comezará segundo o planificado á vez que se leva a cabo un seguimento que permitirá, de ser necesario, modificar e redefinir as pautas para asegurar o correcto funcionamento da orientación laboral.

Usuarios

As persoas atendidas polo servizo de orientación laboral ascenden a preto de 1.000, das que 552 foron usuarios enviados polo Servizo Público de Emprego, máis do 50%, e 371 foron usuarios non direccionados polo SPE que acudiron por conta propia. Ademais, 28 usuarios foron susceptibles dun itinerario personalizado de inserción (IPI).

As oficinas repartiron o traballo case ao 50% xa que a delegación de Bertamiráns atendeu a 441 desempregados e a do Milladoiro a 480, aportando resultados similares.

No que respecta á distribución por sexo, os datos apuntan a unha maior presenza da muller aínda que con porcentaxes moi próximas ás que obteñen os homes. Así, o 53’81% das persoas derivadas polo Servizo Público de Emprego, que acudiron ás oficinas, son mulleres polo 46’19% que representan os homes.

As sondaxes dos datos relativos á inserción ata este comezo de ano confirma o difícil momento que nos deixa a crise económica, onde o 87% dos usuarios permanecen desocupados polo 13% que atoparon emprego. Se ben non hai que ser pesimistas ante as fortalezas e as oportunidades que presenta o territorio amiense cun comercio maioritariamente de nova creación e moi densamente situado por eixes, así como polo apoio da Administración local mediante actuacións dinamizadoras e de promoción.

Outras medidas ocupacionais

Durante este período 2009/2010 o Concello de Ames continuou coas súas iniciativas para axudar na dinamización do emprego no territorio municipal. Algunhas das máis importantes son Ames Solar, a Rede Xiana, os plans de cooperación, os cursos do Plan AFD ou Inserames III.

Ames Solar desenvólvese dende o pasado xuño para loitar contra o desemprego e promover o uso das enerxías renovables. Participan 26 persoas ás que se lle facilita formación e emprego durante un ano na instalación de enerxía solar térmica e noutras medidas de aforro enerxético. Na primeira fase o alumnado comezou colocando paneis solares na escola infantil municipal O Bosque e no Club de Piragüismo Ribeiras do Tambre, na área recreativa de Tapia. Na súa segunda fase comezaron as obras nos pavillóns do Milladoiro e de Bertamiráns.

A Rede Xiana estivo dirixido a sectores da poboación con maior taxa de desemprego para fomentar unha mellor formación e capacitación profesional. Unhas 15 persoas gozaron coa aprendizaxe e as posteriores prácticas en entidades e organizacións públicas e privadas a través de acordos coa Deputación da Coruña.

Son 100 usuarios os que se están beneficiando do Programa Integrado en materia de Emprego, InserAmes III, que busca a integración no mercado laboral daquelas persoas que se atopan no paro. Durante o mes de novembro e decembro levouse a cabo a fase de formación transversal, xunto coas sesións de titoría correspondente aos itinerarios personalizados. Dende comezos de ano están participando en diferentes actividades formativas.

Outras das medidas foron o curso do Plan AFD de monitor de actividades de tempo libre infantil e xuvenil, ao que asistiron 15 persoas, e os plans de cooperación mediante os cales se puideron contratar a 27 desempregados e desempregadas para tarefas de interese xeral no Concello de Ames.

O Concello de Ames, coñecedor da importancia que ten o tecido empresarial do pequeno comercio como motor económico e xerador de emprego, tamén aposta pola formación de todos aqueles emprendedores que aposten por poñer en marcha novas iniciativas empresarias. Deste xeito durante o mes de abril desenvolverase un seminario formativo que terá como principal obxectivo xerar, madurar e avaliar, dunha maneira sinxela, unha idea de negocio e ver as posibilidades que ten para converterse nun proxecto de empresa.

O incremento do desemprego, xunto coa evolución constante do mercado de traballo, froito das evolucións sociais, tecnolóxicas e organizativas, fai que a busca de emprego comporte unha dificultade engadida para as persoas que se ven nesa situación. Este servizo facilitado dende a Administración local persegue precisamente axudar nese eido para mellorar as condicións de vida dos veciños e veciñas amienses.

AYUNTAMIENTO DE AMES


Rematan os traballos de repoboación en dúas fincas de Framán e O Lombao

Durante o ano pasado o Concello de Ames asinou varios convenios de tala, roza e repoboación con veciños e veciñas, que tiñan parcelas situadas nas faixas de especial protección de núcleos poboacionais. Despois de que os propietarios das fincas tivesen que realizar os traballos de limpeza nas súas fincas, esta mesma semana o Concello estivo desenvolvendo o proceso de repoboación nos lugares de Framán e O Lombao. A repoboación realizouse con castiñeiros híbridos e cerdeiras para madeira. 

O Concello de Ames xa rematou o proceso de repoboación. Durante todo esta semana procedeuse á repoboación das faixas de seguridade que xa estaban limpas. Despois de que os propietarios rematasen coa tala e limpeza destas zonas, o Concello, comezou a repoboación con castiñeiros híbridos e cerdeiras para madeira. Este proceso levouse a cabo en dúas parcelas situadas nos lugares de Framán e O Lombao, nas que se plantaron preto de 500 plantas. Con este traballo déuselle continuidade aos convenios que se asinaron con algúns veciños de Ames, dentro do Plan para a protección do espazo rural e dos asentamentos de poboación do Concello de Ames de 2009.

Os propietarios e propietarias de parcelas incluídas nas faixas de especial protección, nos núcleos poboacionais, están obrigados a realizar a xestión do combustible vexetal. Todos os anos o Concello de Ames pon a disposición destes veciños e veciñas unha serie de convenios para facilitarlle a execución destes traballos e cumprir, deste xeito, a lei de prevención e defensa contra os incendios forestais, ao tempo que se intenta evitar a deforestación.

Un dos convenio ofertado durante o ano 2009 recollía a posibilidade de que o Concello repoboase aquelas parcelas que estiven situadas nas faixas de especial protección. Deste xeito a Administración sufragou o 80 % do custo que supuxo a repoboación naquelas zonas das parcela declaradas como faixas de especial protección. Cómpre lembrar que estas zonas son as que se atopan a 100 metros arredor de calquera núcleo poboacional, edificación, urbanización, depósito de lixo, cámpings, instalacións recreativas, obras, parques e instalacións industriais. No resto da parcela, e dicir, na zona non declarada como faixa de especial protección os propietarios tiveron que pagar o 100% do custo da repoboación realizada polo Concello.

Estudo do terreo
Unha vez asinado o convenio, levouse a cabo un estudo do terreo baseándose nas características da parcela, para elaborar a proposta da plantación. Antes de comezar coa repoboación houbo que facer uns traballos previos para preparar e acondicionar os terreos onde se ía a levar a cabo este proceso. Estes traballos consistiron no subsolado do terreo, para acondicionar o solo antes de proceder a plantación das árbores. Practicamente en todos os terreos se procedeu ao subsolado do solo cun tractor.

O proceso de subsolado levouse a cabo coa finalidade de mellorar a estrutura do terreo, onde despois se plantaron as diversas especies. Posteriormente realizáronse os buracos onde se introduciron as plantas. A repoboación fíxose con frondosas como son os castiñeiros híbridos e as cerdeiras destinadas a producir madeira. En dous terzos da finca plantáronse castiñeiros e no resto da parcela puxéronse cerdeiras. Esta actuación desenvolveuse durante esta semana en dúas parcelas situadas nos lugares de Framán e O Lombao.
O Concello plantou preto de 500 árbores, que se distribuíron en marcos de catro por catro metros. Tanto a apertura dos buracos como a plantación realizouse de xeito manual, asegurándose deste xeito un pormenorizado coidado das plantas na súa fase de crecemento. Ademais ao tempo que se realizaron os buracos tamén se realizou o proceso de aboado.  

Con este tipo de actuacións o Concello pretende converter as faixas de especial protección nunha barreira contra os incendios forestais. Ao mesmo tempo garántese a repoboación das parcelas con frondosas autóctonas para evitar o empobrecemento do solo.

AYUNTAMIENTO DE OROSO


A ESCOLA DEPORTIVA XUVENTUDE OROSO CONSEGUE O SEU QUINTO ASCENSO
CONSECUTIVO NOS SUS CINCO ANOS DE VIDA

A ED Xuventude Oroso foi galardoada nos Premios Deporte e Vida, organizados pola Fundación Compostela Deporte

31 de marzo de 2010.- O equipo de cadetes da Escola Deportiva Xuventude Oroso vén de conseguir un novo campionato de liga e outro meritorio ascenso de categoría, de xeito que o conxunto militará a vindeira tempada na Primeira Autonómica. Un ascenso rubricado despois da victoria dos xogadores orosáns por 8-0 diante do equipo do San Mamed, partido ao que asistíu o concelleiro de Deportes, Eduardo Veiras.

Con este triunfo, a Escola Deportiva Xuventude Oroso leva cinco campionatos de Liga consecutivos nas cinco tempadas que levan participando os distintos eqipos desta escola de fútbol de Oroso. De feito, a ED Xuventude Oroso foi seleccionada, un ano mais, nos Premios Deporte e Vida, que organiza a Fundación Compostela Deporte. A escola orosá foi distinguida cun diploma e 500 euros de premio polo bo traballo que vén desempeñando polo deporte de base en Oroso. 

AYUNTAMIENTO DE AMES


Ames será de novo unha das sedes da Rede XIANA neste 2010

[31/03/2010] Este programa nace co obxectivo de fomentar o emprego a través dunha mellor formación e capacitación profesional. O Concello de Ames será sede da zona oito ofertando o curso de Montaxe e Mantemento de Instalacións Solares Térmicas, que dispón dun total de 529 horas. Deste plan formativo poderanse beneficiar 18 persoas, que terán como prazo de inscrición do 5 ao 30 de abril. As clases comezarán o 1 de xuño e disporán dunha parte teórica e prácticas profesionais.
A Rede XIANA (Rede de Xestión Integral, Accesibilidade, Novas Tecnoloxías e Adaptabilidade no mercado laboral galego) ten como principal obxectivo o fomento do emprego en municipios, da provincia da Coruña, de menos de 50.000 habitantes. Esta iniciativa persegue a dinamización da base económica do medio rural, fomentando a aparición de actividades profesionais competitivas e multifuncionais como son os novos xacementos de emprego.

Ademais, busca mellorar o nivel dos servizos de proximidade da poboación rural, elevando o nivel de benestar e garantindo a igualdade de oportunidades especialmente para as persoas de maior vulnerabilidade ou en risco de exclusión social, así como executar accións locais coherentes coas iniciadas desde outros niveis administrativos procurando establecer sinerxías entre os instrumentos de políticas públicas das distintas administracións.

Módulo de formación
Ames será unha das tres sedes encargadas de impartir o curso de montaxe e mantemento de instalacións solares térmicas. Os concellos adheridos agrúpanse en trece zonas onde se impartiran os diversos obradoiros, polo que o municipio amiense actuará como sede da oitava zona da provincia da Coruña que abarca tamén os municipios de Brión, A Baña, Negreira, Santa Comba e Val do Dubra.

O módulo de montaxe e mantemento de instalacións solares térmicas contará con 529 horas totais de formación das que se poderán beneficiar 18 alumnos e alumnas participantes no itinerario de Formación Específica e Colectivos en Risco de Exclusión Social.

Ao longo deste curso os asistentes aprenderán a realizar a montaxe, posta en servizo, operación e mantemento de instalacións solares térmicas coa calidade e seguridade requiridas cumprindo coa normativa vixente. Estas actividades contarán coa supervisión dun técnico en posesión do carné profesional en instalacións térmicas de edificios (RITE).

Nas máis de 500 horas, os alumnos e alumnas estudarán módulos como Montaxe Eléctrica de Instalacións Térmicas Solares, Prevención e Seguridade na Montaxe Mecánica e Hidráulica, Mantemento destas instalacións, etc… sumando unha formación transversal en Igualdade, Sensibilización Ambiental e Formación nas Novas Tecnoloxías.

Formación complementaria
Ademais destes campos, os destinatarios serán preparados para a obtención do certificado de profesionalidade e terán apoio para a obtención do permiso de conducir B1 e a creación da súa propia empresa.

Unha vez rematada a parte teórica, os alumnos e alumnas levarán a cabo prácticas profesionais que completarán a súa aprendizaxe técnica.

Prazo de inscrición
Os interesados en acceder a este curso deben cumprir unha serie de criterios entre os que se encontran a posesión do Graduado Escolar, Graduado en ESO ou un nivel de coñecementos equivalentes. Ademais, debe demostrarse ou acreditar un nivel de competencia en comunicación en lingua castelá, competencia matemática, en ciencia e tecnoloxía e competencia dixital.

O prazo para solicitar a admisión comezará o vindeiro 5 de abril e rematará o 30 do mesmo mes. Os interesados en cubrir as 18 prazas existentes do módulo deberán dirixirse ao departamento de Promoción Económica do Concello de Ames, chamar ao teléfono 981 883 002 ou tamén pode consultar a páxina web www.redexiana.org.

Outra opción
Os veciños e veciñas da zona oitava (que engloba a Ames, Brión, A Baña, Negreira, Santa Comba e Val do Dubra) teñen a posibilidade de acudir a outro obradoiro formativo enmarcado dentro da Rede XIANA. O Concello de Negreira impartirá o curso de Aproveitamentos Forestais para os interesados neste campo profesional.

Esta non será a primeira vez que o municipio amiense acolla algún dos ciclos de formación da Rede XIANA. A comezos deste mes de marzo tivo lugar a entrega de diplomas para os 15 desempregados que cursaron o módulo de atención socio-sanitaria a persoas en domicilio cun grande éxito que se espera repetir nesta nova ocasión.

AYUNTAMIENTO DE FRADES


O CONCELLO DE FRADES HOMENAXEARÁ ESTE LUNS
A EMILIA SÁNCHEZ, VECIÑA QUE CUMPRE 106 ANOS

31 de marzo de 2009.- O Concello de Frades realizará o vindeiro luns, 5 de abril, ás 12:00 horas, unha homenaxe á veciña máis lonxeva do municipio: Emilia Sánchez, que cumpre 106 anos. Para iso, o alcalde de Frades, Miguel Prado, desprazarase ata a casa de Emilia Sánchez na localidade de Pedreira (Moar) para facerlle entrega dun agasallo conmemorativo.

AYUNTAMIENTO DE BRION


AS OBRAS DE SANEAMENTO E ABASTECEMENTO DE SAÍME E GOSENDE ESTARÁN REMATADAS EN ABRIL

O Concello de Brión tamén acometerá o saneamento e abastecemento dos lugares de Souto e Gontade antes do verán

31 de marzo de 2010. Os operarios municipais do Concello de Brión veñen de iniciar as obras de saneamento e abastecemento dos lugares de Saíme (Bastavales) e Gosende (Os Ánxeles), uns traballos que estarán rematados a finais do vindeiro mes de abril. Acto seguido, os operarios municipais acometerán o saneamento e abastecemento de Souto e Gontade, ambas localidades da parroquia de Os Ánxeles e que se prevé finalizar antes do verán.

As obras de Saíme e Gosende están incluídas dentro do Plan de Cooperación cos Concellos da Deputación da Coruña por un importe total de 176.000 euros (xunto coa aldea de Gosende), dos que o Concello de Brión aporta 17.600 euros. Ademais, o Concello de Brión aproveitará estes traballos de instalación da rede de saneamento de fecais para levar tamén o abastecemento de auga a estas catro localidades.

As obras están a ser acometidas a través dos operarios municipais de Brión. Nelas traballan unha retrocargadora de rodas e un martillo-pala retro, de 22 toneladas cada un; así como outras tres palas, dous martillos-pala, un camión 4x4 e un tractor con grúa. Unha maquinaria alugada á empresa Concepción Otero Tobío por un importe de 59.500 euros, despois da adxudicación definitiva do contrato o pasado 23 de marzo.

Con estas obras, o Concello de Brión continúa avanzando no seu obxectivo de completar o saneamento de todo o municipio. Así, no verán de 2009, o Concello de Brión dotou de saneamento ás localidades de Espiñeiros, Vexo e Cristimil, coñecidas como “Os Lugariños”; e en abril dese mesmo ano rematou os traballos de saneamento e abastecemento de agua nas localidades de Gundín, Vilas e Vioxo de Abaixo. Deste xeito, durante o 2009 case 350 novos veciños e veciñas de Brión tiveron acceso a estes servizos. 

AYUNTAMIENTO DE OROSO


O PLENO DE OROSO TOMOU COÑECEMENTO DO INFORME DO INTERVENTOR MUNICIPAL SOBRE A EXECUCIÓN DO PLAN DE SANEAMENTO 2009-2015

Tratouse dunha simple cuestión administrativa, pois o informe nin sequera ten que someterse a votación

31 de marzo de 2010.- O pleno municipal de Oroso, reunido esta mañá en sesión extraordinaria, tomou coñecemento do informe de Intervención Municipal sobre a execución do Plan de Saneamento 2009-2015. Un simple trámite administrativo pois o informe ten que estar entregado hoxe (31-3-2010) na Deputación Provincial da Coruña e a documentación remitida pola institución provincial chegou onte mesmo (30-3-2010).

Esta premura explica que a convocatoria da sesión plenaria extraordinaria de hoxe tivese lugar onte martes, pois foi con esa data cando chegou a documentación previa e cando se puido elaborar o informe de intervención municipal. Un informe, en todo caso, sobre o cal os grupos políticos que compoñen o pleno municipal de Oroso non tiveron que pronunciarse, pois a sesión extraordinaria desenvolveuse de acordo coa seguinte orde do día:

1- Ratificación da urxencia da sesión (único punto no que houbo votación)
2- Toma de coñecemento do informe de intervención municipal con data 30-3-2010
sobre o Plan de Saneamento 2009-2015 aprobado polo pleno de Oroso de 28-05-2009.

Un informe no que o interventor municipal sinala que “se están a cumprir substancialmente os obxectivos fixados” e advirte que “ao incorrer nun remanente líquido de tesourería negativo isto provocará, de acordo co artigo 9.2 do RD 5/2009, que non se podan financiar con operacións de crédito inversións en próximos exercicios ata que non se corrixa a situación”.

O Concello de Oroso considera que as críticas verquidas pola voceira do PP sobre falta de democracia e transparencia no municipio non teñen sentido ningún, pois a propia convocatoria da sesión insiste en que é unha simple “toma de coñecemento”, non unha aprobación nin un debate. É dicir, que aínda que o informe fose elaborado e entregado con 15 días de antelación, o desenvolvemento da sesión plenaria sería o mesmo e non habería debate algún.

AYUNTAMIENTO DE FRADES


A PARROQUIA DE AÑÁ (FRADES) CELEBRA MAÑÁ XOVES A QUINTA EDICIÓN DA FESTA DA SANTA RESACA

As orquestras Olympus e Ciclón serán as encargadas de poñer o acompañamento musical á festa da mocidade fradense

31 de marzo de 2010.- A parroquia fradense de Añá celebrará mañá xoves, 1 de abril, a Festa da Mocidade na honra da Santa Resaca, que este ano chega á súa quinta edición e que conta coa colaboración do Concello de Frades. Milleiros de mozos, tanto do municipio coma dos demais concellos da comarca, reuniranse a partires das 23:00 horas no campo da festa de Añá para asistiren a esta peculiar celebración, na que disfrutarán dunha noite de verbena ata altas horas da madrugada protagonizada polas orquestras Olympus e Ciclón.

Unha festa que estará presidida pola imaxe da Santa Resaca, creada hai tres anos por un veciño desta aldea de Frades que moldeou unha figura de madeira con forma de muller, cunha botella nunha man e un vaso noutra, que foi bautizada como “Santa Resaca”. De feito, no campo da festa haberá un “altar” dende onde a Santa Resaca presidirá as celebracións e mesmo sairá en “procesión” polos arredores do campo da festa.

Os organizadores agardan repetir o éxito da pasada edición, na que uns 3.000 “devotos” honraron á Santa Resaca. Na zona haberá habilitadas varias parcelas para aparcamento e, en previsión de que chova, haberá unha carpa que cubrirá o campo da festa de Añá.

PP OROSO


El Grupo Popular critica que se haya convocado el pleno de hoy sobre el Plan de Saneamiento, el día anterior a las 15.00 horas, sin tiempo suficiente para que la oposición estudie el expediente

El PP de Oroso denuncia nuevas “artimañas” de alcalde para ningunear a la oposición

La portavoz popular lamentó la falta de calidad democrática y de transparencia en la gestión de Manuel Mirás


31. marzo. 2010.- La Portavoz del Partido Popular de Oroso, María José Mira, quiere volver a reiterar su rechazo por la dictadura que el alcalde impone en el Ayuntamiento. En este sentido, denuncia el último capítulo de los despropósitos del regidor al convocar el pleno, que tuvo lugar esta mañana, el día anterior a las 15.00 horas, sobre un asunto de carácter económico. Los populares critican esta actitud “despótica” de Manuel Mirás, faltándole al respeto a la oposición, ya que en una tarde es imposible hacer un análisis riguroso del expediente que se iba a debatir. “Con estas artimañas, señala la portavoz popular, lo único que se persigue es ningunear y anular el trabajo de control que le corresponde a la oposición”. Concretamente, en el pleno de esta mañana, los populares denunciaron que se ha intentado “colar el expediente por la puerta de atrás” porque al haber un remanente líquido de tesorería negativo, en la ejecución del Plan de Saneamiento (2009-2015), no se podrá financiar a través de operaciones de crédito, lo que pone en evidencia fallos en la gestión de este Plan que Manuel Miras quiere ocultar a los vecinos, convocando el pleno sin respetar los tiempos mínimos para estudiar los expedientes que le corresponde a la oposición.

María José Mira considera que alcalde está faltando al respeto a todos los vecinos al poner obstáculos de forma permanente a la oposición, con el objetivo de que no se conozca la situación real económica del municipio. Por ello, los populares lamentan que el Ayuntamiento de Oroso ya sea conocido fuera de sus fronteras por la falta de transparencia y de participación de un alcalde que gobierna a base de ocurrencias y amordazando al PP. En este sentido, la portavoz popular advierte que seguirá denunciando estos hechos y trabajando para que la “voz del PP” en el Ayuntamiento se siga escuchando, a pesar de las trabas de un alcalde que poco entiende de “democracia y respeto institucional”.

AYUNTAMIENTO DE MELIDE


O PP  insta á Socorro Cea a convocar unha Xunta de portavoces para esclarecer a situación da Autovía Lugo –Santiago ó seu paso por Melide.

·        O Grupo Popular considera prioritario manter unha xuntanza dos tres voceiros debido ás novas contradictorias que saen nos medios de comunicación.

·        Ánxeles Vázquez afirma que é inadmisible que a alcaldesa. A día de hoxe, non dixera nada ó respecto, e que dea a calada por resposta cando en realidade ten a obriga como rexedora dar a coñecer a verdade dos feitos

Melide,30 de marzo de 2010.- A voceira do PP de Melide ven de solicitar a través dun escrito formulado no rexistro do Concello a petición dunha xunta de portavoces para esclarecer a realidade da situación actual da autovía.  Segundo Ánxeles Vázquez é incrible que a Alcaldesa Socorro Cea non fixera ningún movemento, e non  propiciara unha xuntanza cos  voceiros do PP , PSOE e BNG para clarificar a situación e para consensuar a toma medidas ó respecto “  tan só nos cabe pensar que ou ben sabe a realidade e non lle interesa contradicir ó voceiro do PSOE, ou pola contra non lle interesa Melide”.

O Grupo Popular Municipal considera moi graves as acusacións vertidas sobre a Xunta  culpandoa  do retraso de anos na construcción da autovía e mesmo de non propiciar o desenvolvemento do interior de Galicia. Ánxeles Vázquez pediralle explicacións ó voceiro do PSOE na Xunta de Portavoces sobre as declaracións vertidas nos medios de comunicación por considerar incrible que unha persoa  poida dicir tantas mentiras, sen poñerse colorado, sobre unha institución cando aquí o único responsable de non ter nin sequera o estudio medioambiental feito é do Ministerio de Medio Ambiente,  e os únicos que teñen que responde, porque nos últimos seis anos non se fixera absolutamente nada, é o Goberno Central
O PP asegura que unha vez mais o tempo está a dar a razón ao PP, porque hai meses que vimos dicindo que non hai ningunha tramitación realizada sobre a  autovía Lugo Santiago ó seu paso por Melide, algo que se demostra na petición de información que o Ministerio de Medio Ambiente realizou á Xunta. 

 “ que por parte de la Dirección Xeral se informe sobre la amplitud y nivel de detalle que debe darse al estudio de impacto ambiental, así como sobre outras posibles alternativas de actuación...”

Neste senso, os populares advirten que non van a permitir que a alcaldesa e o seu equipo traten de confundir aos veciños para xustificar a falta de vontade do Goberno Central para facer esta estrada. Por iso esixen transparencia e que se poña enriba da mesa toda a información sobre este asunto para evitar as manipulacións e os enganos.

AYUNTAMIENTO DE AMES


Os propietarios de parcelas en núcleos de especial protección deberán cumprir coas obrigas da lei de incendios

[30/03/2010] Os propietarios e propietarias de parcelas incluídas nas faixas de especial protección, nos núcleos poboacionais, deberán cumprir coa obriga de realizar a xestión do combustible vexetal. Como en anos anteriores, o Concello de Ames, está realizando unha campaña de comunicación para lembrarlle a todos os veciños e veciñas que dispoñan dunha parcela, que estea situada nunha faixa de especial protección, que deberán realizar os devanditos traballos de tala e roza.
Achégase o verán, coas altas temperaturas e a existencia de combustible vexetal, o perigo de incendio nos montes incrementa. A Concellaría de Medio Ambiente está desenvolvendo unha nova campaña de divulgación das obrigas legais dos propietarios de parcelas forestais situadas nun lugar próximo a vivendas ou outras edificacións e instalacións.

Unha vez rematado o estudo dos núcleos prioritarios onde se interveu o ano pasado, o Concello de Ames considera que durante o 2010 as actuacións prioritarias deberan centrarse en 17 núcleos, repartidos en sete parroquias do termo municipal de Ames. Agora é o Distrito forestal de Ordes o que ten que aprobar esta relación de lugares onde se terán que realizar os correspondentes traballos prioritarios.

Estas áreas repártense entre sete parroquias: en Ames atópanse Carreira, Castelo e Proupín; en Piñeiro, o lugar de Piñeiro preto do tele-club; na parroquia de Covas contémplanse Ventosa; en Trasmonte existen catro zonas de especial risco como son Leboráns, Igrexa-Trasmonte, Sorribas e Carballo; en Ortoño atópase Aldea Nova - estrada de Santiago a Noia, Val da Seara e O Castro; na Ameixenda os lugar de Quintáns, Vilar, Sura e Folgueira; e na parroquia de Agrón o lugar de Insúa. Aproximadamente débese controlar a biomasa dunhas 70 hectáreas.

A lei 3/2007 de prevención de incendios indica que as persoas arrendatarias, usufrutuarias ou titulares de terreos están obrigados a xestionar a biomasa vexetal nunha franxa de 100 metros arredor de calquera núcleo poboacional, edificación, urbanización, depósito de lixo, cámpings, instalacións recreativas, obras, parques e instalacións industriais. Ademais deberán rozar e talar as especies arbóreas de alta combustibilidade, como piñeiros, eucaliptos e acacias, nos 50 metros desde o extremo da propiedade. Os 50 metros restantes deberán estar limpos de matogueira.

Para cumprir coas obrigas de limpeza das parcelas, os propietarios deben asumir eles mesmos os traballos. No caso de incumprimento das obrigas sinaladas anteriormente, segundo o artigo 22 da Lei 3/2007, de procedemento para a xestión da biomasa no ámbito das redes secundarias, o Concello de Ames procederá á execución forzosa dos traballos.

Adxudícase a obra de instalación dunha illa de colectores soterrados na urbanización de As Mimosas

[30/03/2010] A Xunta de Goberno local vén de aprobar a adxudicación doutro proxecto que se sufragará con cargo ao Fondo Estatal para o Emprego e a Sustentabilidade posto en marcha por segundo ano consecutivo polo goberno central. A empresa 2000 Joscón Construcciones SL será a encargada de instalar unha illa de colectores soterrados na urbanización de As Mimosas. Esta mesma compañía colocará unha illa de colectores soterrados na praza da Maía e outra na urbanización de Aldea Nova. Estes tres proxectos teñen un custe total de 144.000 euros.
As illas de colectores subterráneos substitúen aos colectores de lixo tradicionais, os iglús do vidro e todos os anteriores sistemas de recollida de residuos, que ocupan tanto espazo, que se enchen tan rápido e que moitas veces están tan dispersos. Co fin de ir cambiando os vellos colectores por uns máis modernos, o Concello de Ames, decidiu incluír no Fondo Estatal para o Emprego e a Sustentabilidade, tres obras relativas a colocación de colectores soterrados nas urbanizacións de Aldea Nova e As Mimosas e na praza da Maía, en Bertamiráns.

Neste senso a Xunta de Goberno local vén de aprobar a adxudicación dunha destas obras á empresa 2000 Joscón Construcciones SL, para que execute a obra de instalacións de colectores soterrados na urbanización de As Mimosas. O importe de adxudicación ascende a contía de 48.000 euros. Esta mesma empresa será a encargada de colocar outra illa de colectores na urbanización de Aldea Nova. Estas son as dúas urbanizacións máis grandes que existen no concello e nelas reside un gran numero de poboación achegándose aos 1.200 habitantes.

En Bertamiráns tamén se colocará unha illa de colectores soterrados na praza da Maía, por ser un dos lugares onde existe unha illa máis importante de colectores. A colocación destas tres illas de colectores ascende a un custo total de 144.000 euros, que serán financiadas a través do Plan E. Estes tres obras foron adxudicadas a empresa 2000 Joscón Construcciones, SL, por un importe de licitación de 48.000 euros cada unha.

Ademais a Administración local sufragará a instalación de tres colectores soterrados no contorno do Milladoiro, a través do Fondo Estatal para o Emprego e Sustentabilidade Local, e cinco con cargo ao orzamento municipal de 2010. As vantaxes das illas ecolóxicas son múltiples, xa que ademais de facilitar a reciclaxe dos residuos contribúen a mellorar a calidade de vida da cidadanía, pois elimina malos cheiros e facilita o depósito do lixo.

Os proxectos destas obras inclúen a instalación dun grupo de seis colectores soterrados para recoller os residuos sólidos, distribuídos en dúas plataformas que albergan catro e dous colectores respectivamente. A primeira plataforma hidráulica estará enterrada e será elevada mediante unha torre de control. Disporá de catro colectores de ata 1.100 litros de capacidade, que poderá ser baleirada en camións de recollida de carga traseira. A segunda plataforma será cargada con grúa e disporá de dous colectores de tres por tres metros de capacidade. As dúas plataformas disporán dunha apertura con tambor de vertido en aceiro inoxidable e peche automático, matizado coa inscrición municipal e identificación do tipo de residuos que recolle.

AYUNTAMIENTO DE MELIDE


O Concello de Melide solicita á Xunta “información fidedigna” sobre a autovía

·         A alcaldesa remitiu un escrito á Xunta de Galicia solicitando copia do informe emitido por este organismo sobre o treito Palas de Rei-Arzúa da autovía Lugo-Santiago.

·         A día de hoxe no Concello de Melide non consta ningunha información oficial sobre as posibles variacións do tratado.

·         Socorro Cea avanzou que “tan axiña como recibamos información oficial ao respecto, convocaremos unha Xunta de Voceiros para que todos os grupos políticos de Melide fagamos fronte común a prol da autovía”.
O Concello de Melide remitiu unha carta á Dirección Xeral de Conservación da Natureza (dependente da Consellería de Medio Rural) na que solicita unha copia do informe que, segundo se publicou na prensa, emitiu esta entidade sobre a improcedencia do actual trazado da autovía Lugo-Santiago entre as localidades de Palas de Rei e Arzúa. Este trazado, consensuado con veciños e diversas administracións foi posto a exposición pública, tamén no Concello de Melide no mes de maio de 2009.

Nos últimos días, varios medios de comunicación fixéronse eco da existencia dun informe da Xunta de Galicia no que, supostamente, se recomenda buscar novas alternativas a este trazado que dende o mes de maio pasado se entendía por definitivo e pendente de continuar cos trámites administrativos necesarios para a súa execución.

No escrito remitido á Xunta de Galicia dende o Concello de Melide, a alcaldesa solicita tamén que se aclare se este informe, terá ou non carácter vinculante “ante as contraditorias informacións publicadas ao respecto, e dado que o Concello de Melide non recibiu ata o día de hoxe comunicación oficial ningunha ao respecto deste proxecto, que será fundamental para a economía melidense e para o seu tecido empresarial”.

A alcaldesa de Melide, Socorro Cea, avanzou que “tan axiña como este Concello dispoña dalgunha información oficial sobre os posibles cambios ou decisións que poidan alterar os prazos previstos para a execución deste tramo da autovía, convocaremos unha Xunta de Voceiros para informar ao Partido Popular, xa que neste tema é fundamental que todos os partidos políticos de Melide fagamos unha fronte común a prol deste proxecto, básico para o desenvolvemento de Melide”.

O equipo de goberno local considera que non é positivo nin operativo facer valoracións de aspectos dos que non se ten información fiable, e afirma que actuará con contundencia tan axiña como as diferentes administracións implicadas informen e aclaren a situación actual.



AYUNTAMIENTO DE TEO


LÉVASE A PLENO A ADHESIÓN AO CONVENIO DE COLABORACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO DO TRANSPORTE METROPOLITANO NA ÁREA DE SANTIAGO


·        Na sesión tamén se debaterán dúas mocións do PP e do PSdeG-PSOE

30 de marzo de 2010. A corporación teense reúnese este mércores 31 de marzo para celebrar a sesión ordinaria do pleno deste mes. O debate terá lugar, como xa é habitual, en horario de tarde, ás 20:00 horas, para facilitar a asistencia das persoas interesadas. A sesión realízase no Centro Sociocultural da Ramallosa, onde se vén celebrando nos últimos meses.

O principal punto da orde do día é a adhesión por parte do Concello de Teo ao Convenio do Transporte Metropolitano. O Concello mantén unha relación coa Xunta neste eido dende o 2006, coa firma do primeiro convenio. Neste momento existe a necesidade de revisar este acordo polo que nos últimos meses os concellos da comarca de Santiago veñen negociando coa Xunta de Galicia un novo acordo en materia de transporte metropolitano que aporte resposta ás novas necesidades en materia de mobilidade que se veñen detectando. O pleno debe decidir se ratifica a adhesión ó “Convenio de colaboración para o desenvolvemento conxunto do transporte metropolitano de Galicia na área de transporte metropolitano de Santiago” e o “Anexo técnico do convenio da área de transporte metropolitano de Santiago de Compostela”.  

Unha das principais novidades deste novo convenio no referente ao Concello de Teo é a implantación de liñas interiores que permitirán unir os núcleos das zonas máis rurais –con menos frecuencias de viaxes- cos corredores da AC-841 e da N-550 que si teñen mellor conexión con Santiago. Estas liñas interiores establécense a petición do propio Concello.

Outras mocións incluídas na orde do día son a proposta do PSdeG-PSOE sobre o Día internacional da muller e unha do PP no que pide que os autónomos e pemes non teñan que tributar IVE polas facturas non cobradas.


A orde do día ten os seguintes puntos:

  1. Dar conta das resolucións da alcaldía (da 95/10 á 191/10).
  2. Ditame da moción do PSdeG-PSOE sobre proposta para o día internacional da muller.
  3. Ditame da moción do PP de apoio á proposición de lei do GPP no Congreso dos Deputados para que autónomos e pemes non tributen polo IVE das facturas non cobradas.
  4. Ditame da proposta da alcaldía sobre o convenio de colaboración para o desenvolvemento conxunto do transporte metropolitano de Galicia na área de transporte metropolitano de Santiago.
  5. Mocións.
  6. Rogos e preguntas.

AYUNTAMIENTO DE OROSO


O CENTRO CULTURAL DE SIGÜEIRO ALBERGARÁ ATA
O 19 DE ABRIL UNHA MOSTRA FOTOGRÁFICA DOS IRMÁNS MAYO SOBRE A GUERRA CIVIL ESPAÑOLA

30 de marzo de 2010.- O concelleiro de Cultura de Oroso, Eduardo Veiras, e o deputado provincial Bernardino Rama inauguraron esta mañá a exposición fotográfica “Irmáns Mayo. A Guerra Civil española”, que poderá visitarse no centro cultural Fernando Casas e Novoa de Sigüeiro ata o vindeiro 19 de abril. Unha mostra composta por cerca dun centenar de imaxes sobre a Guerra Civil realizadas polos cinco representantes do colectivo Irmáns Mayo, que durante máis de sete décadas permaneceron nos arquivos da Biblioteca Nacional.

Eduardo Veiras agradeceu á Deputación da Coruña a elección de Oroso para albergar esta exposición e destacou que esta mostra “recolle unha visión distinta do conflicto, pois é a visión duns xornalistas dende o bando republicano”. Pola súa banda, Bernardino Rama invitou aos veciños e veciñas de Oroso a visitar esta exposición, “que nos recorda en imaxes a realidade dun conflicto que non debemos esquencer”.

“Irmáns Mayo. A Guerra Civil española” é unha iniciativa da Deputación da Coruña e do Ministerio de Cultura que recolle preto de cen fotografías da Guerra Civil captadas polas cámaras Leika dos cinco representantes do colectivo Irmáns Mayo, axencia fotográfica fundada polos coruñeses Xulio e Francisco Souza Fernández, conxuntamente con Faustino del Castillo. A mostra é un testemuño visual que permite afondar no coñecemento deste conflicto bélico.

Así, en Sigüeiro poderán contemplarse imaxes (todas elas en branco e negro) dos combatintes da 43 División, dos presos republicanos no cárcere de Carabanchel, das trincheiras do Ebro, da fronte de Guadalajara e de Madrid, así como da realidade social dun país en guerra. Fotos que poderán ser visitadas no auditorio do Centro Cultural Fernando Casas e Novoa ata o vindeiro 19 de abril.

AYUNTAMIENTO DE FRADES


O CONCELLO DE FRADES ADQUIRE UNHA PARCELA
DE 3.300 M2 PARA CONSTRUÍR A DEPURADORA QUE DARÁ SERVIZO A PONTECARREIRA E GAFOI

O Concello solicitará permiso de paso aos veciños da marxe dereita da AC-3803 para executar parte da rede de recollida de fecais

30 de marzo de 2010.- O Concello de Frades vén de adquirir unha parcela de 3.312 metros cadrados na zona de O Foxo, onde se instalará a depuradora que dará servizo a Pontecarreira e Gafoi. Unha adquisición que supuxo un investimento de 6.000 euros e que agora o Concello de Frades porá a disposición de APPLUS, empresa que está a redactar o proxecto do saneamento de Pontecarreira e Gafoi.

O alcalde de Frades, Miguel Prado, espera que “unha vez adquirida a parcela, a empresa poida iniciar os traballos topográficos inmediatamente despois de Semana Santa e poidamos dispoñer dun proxecto nun par de meses”. Unha obra de construción da depuradora de Pontecarreira e do saneamento de Pontecarreira e Gafoi suporá un investimento de máis de 700.000 euros, financiados pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Proxecto prioritario


“Sabemos que é un proxecto prioritario para a Xunta, porque así nolo confirmaron tanto o conselleiro como o delegado provincial”, explica Prado Patiño, “a quen tamén lles informamos da necesidade de que o proxecto non se quede só no núcleo de Pontecarreira senón que beneficie tamén aos veciños de Gafoi”. Un engadido que suporá un investimento adicional de preto de 200.000 euros e que o alcalde de Frades está convencido de que a Xunta accederá a acometer “pois xa nos demostraron en varias ocasións que teñen a vontade de deixar ben feito o saneamento desta parroquia e dar servizio a todos os veciños da zona”.

A parcela onde se ubicará a Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) está situada na zona de O Foxo, cerca da actual Estación de Tratamento de Augas Potables (ETAP) e a medio camiño entre o río Tambre e a pista polideportiva do IES de Pontecarreira. Unha ubicación que foi escollida tanto pola súa proximidade ao río como polas súas propias características xeográficas, pois presenta unha menor pendente que parcelas máis achegadas á ETAP.

Petición de paso


O proxecto que está a preparar a empresa APPLUS para o saneamento de Pontecarreira e Gafoi inclúe a construción de dúas redes independentes para a recollida de augas pluviais e augas fecais en Pontecarreira e Gafoi. Un proxecto para cuxa execución será preciso que o Concello de Frades solicite permiso de paso a uns corenta veciños que viven na marxe dereita da AC-3803, a carón do río Lamelo.

A xustificación deste permiso de paso radica en que algúns baixos desas propiedades están situadas por debaixo da liña marcada pola estrada AC-3803. Deste xeito, a traída de recollida de pluviais poderá construírse ao nivel da AC-3803, pero a recollida de fecais terá que ir pola parte posterior das vivendas/propiedades dos veciños. Así aproveitarase a pendente natural da zona para a recollida das augas fecais e evitarase o sobrecoste que suporía a instalacións de varios puntos de bombeo na zona.