Amosando publicacións coa etiqueta AEMI. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta AEMI. Amosar todas as publicacións

Milladoiro terá unha Noite en Branco

Ames, 14/6/2016 - Dúas asociacións de comerciantes colaboran para dinamizar a noite do Milladoiro. A Asociación de Empresarios, Comerciantes e Profesionais do Milladoiro (AEMI) e o Centro Comercial Aberto Palmira Bulevar organizan o próximo 17 de xuño a primeira Noite en Branco no Milladoiro. 

Os comerciantes do Milladoiro preocupados pola ola de roubos producidos en establecementos

Ante a reciente oleada de roubos producidos en distintos establecementos comerciais da localidade, os propietarios dos negocios, a través dos seus representantes AEMI é Palmira Boulevar, denuncian a falta de prevención e protección que sufren.

AEMI - Éxito da XI Feira do Comercio Val da Maia


Onte clausurouse a XI Feira do Comercio Val da Maia celebrada no Milladoiro, Ames, e organizada pola Asociación de Empresarios do Milladoiro, AEMI, coa colaboración do concello de Ames e a Deputación da Coruña, Asociación de comerciantes de Bertamiráns, Asociación de Comerciantes Viorneira e Asociación de empresario do Polígono Novo MIlladoiro. 


A presidenta de AEMI Loli Mella e
a gañadora dun televisor sorteado na Feira

Boas prespectivas as que se tiran dos 3 días de Feira, abundante público e satisfacción en xeral entre os expositores polo número de visitas. En canto os resultados económicos foron dispares e mentres algúns dos comerciantes mostráronse moi satisfeitos outros non obtiveron un número de ventas salientable ainda que si consideraron positiva a súa presenza para a marca que representan; esta diferenza de criterios e mostra do momento que se vive a nivel económico con un principio de recuperación pero que ainda non é suficiente como para que se visibilice con claridade.


Os stands máis visitados foron o de Píkara Diveractividades que estivo cheo de pais con nenos ben parace facerse fotos cos persoaxes que por alí pasaban, Maléfica, Frozen, Micky ou Minnie, ou para que os cativos se puideran maquillar. Os hinchables e a pulpería foron tamén protagonistas da fin de semana. 
A Asociación de Comerciantes mostrase satisfeita e prepara xa novas actividades. 

Ames - este venres se inaugura a XI Feira de Comercio Val da Maia

Este venres 12 de xuño, ás 17:00 horas, realizarase a apertura da XI Feira do Comercio Val da Maía que se desenvolve por segunda vez na localidade do Milladoiro. Este ano uns 40 establecementos comerciais ofrecerán os seus produtos con grandes descontos. A feira contará con máis de 1.000 metros cadrados de oportunidades. Este evento, que se desenvolverá no pavillón polideportivo do Milladoiro, terá lugar os días 12, 13 e 14 de xuño. 

O concelleiro de Comercio e Promoción Económica, Ramón Senra, explica que “dende o Concello de Ames colaborase nesta iniciativa comercial ofrendo a cesión das instalacións onde se desenvolverá a feira do comercio e tamén apoiando aos organizadores co traballo do persoal municipal”. Senra Ríos tamén indica que “é moi importante dar a coñecer os establecementos comerciais e o tecido empresarial que existe en Ames entre a veciñanza amesá e a xente que reside na comarca”.

A XI Feira do Comercio Val da Maía está organizada pola Asociación de Empresarios, Comerciantes e Profesionais do Milladoiro (AEMI), en colaboración co Concello de Ames, a Deputación da Coruña, a Asociación de Comerciantes de Bertamiráns (ACB), a Asociación de Empresarios Novo Milladoiro, e a Asociación de Pequenos Comerciantes Viorneira, Palmira Bulebar.

Está previsto que a este evento acudan arredor de 40 expositores, que ocuparán unha superficie de 1.000 metros cadrados. Nesta feira haberá comercios de diferentes sectores como o téxtil, calzado, electrónica, óptica, roupa, artesanía, complementos do fogar ou agasallos. Estes postos ofrecerán unha gran variedade de ofertas e promocións en todos os sectores e actividades comerciais. Cómpre destacar que este ano, ademais de establecementos comerciais, haberá stands de empresas e profesionais que ofrecerán os seus produtos e servizos.

Horario de apertura

A XI Feira do Comercio abrirá ao público este venres 12, ás 17:00 horas, e permanecerá aberta ata as 21:00 horas. O sábado e o domingo o horario de apertura será ininterrompido de 10:00 h a 21:00 horas. A entrada será libre e haberá atraccións para os nenos, inchables e aparcamento gratis.



Ademais de poder comprar diferentes produtos aos mellores prezos, as persoas que asistan á Feira do Comercio poderán gozar dunha ampla oferta lúdica e gastronómica, xa que haberá inchables para os nenos/as e postos de polbo para xantar. Tamén haberá churrerías, xeadarías e rede wifi. Haberá tamén unha exposición de coches patrocinada por Dimonorte na zona exterior.

Ames - este venres comeza unha nova edición da feira do Comercio Val da Maia

Este venres, 12 de xuño, comezará unha nova edición da Feira do Comercio Val da Maía. Ás 17:00 horas abriranse as portas da que xa é a décimo primeira edición desta iniciativa comercial. Este ano uns 40 establecementos comerciais ofrecerán os seus produtos con grandes descontos. A feira contará con máis de 1.000 metros cadrados de oportunidades. Este evento, que se desenvolverá no pavillón polideportivo do Milladoiro, terá lugar os días 12, 13 e 14 de xuño. 

Esta fin de semana o pavillón do Milladoiro converterase no gran centro de compras de todo o Concello de Ames e dos municipios limítrofes. A Asociación de Empresarios, Comerciantes e Profesionais do Milladoiro organiza este evento comercial en colaboración co Concello de Ames, a Deputación da Coruña, a Asociación de Comerciantes de Bertamiráns, a Asociación de Empresarios Novo Milladoiro, e a Asociación de Pequenos Comerciantes Viorneira, Palmira Bulebar. 

Está previsto que a este evento acudan arredor de 40 expositores, que ocuparán unha superficie de 1.000 metros cadrados. Nesta feira haberá comercios de diferentes sectores como o téxtil, calzado, electrónica, óptica, roupa, artesanía, complementos do fogar ou agasallos. Estes postos ofrecerá unha gran variedade de ofertas e promocións en todos os sectores e actividades comerciais. Cómpre destacar que este ano, ademais de establecementos comerciais, haberá stands de empresas e profesionais que ofrecerán os seus produtos e servizos.

A XI Feira do Comercio abrirá ao público o venres 12, ás 17:00 horas, e permanecerá aberta ata as 21:00 horas. O sábado e o domingo o horario de apertura será ininterrompido de 10:00 h a 21:00 horas. A entrada será libre e haberá atraccións para os nenos, inchables e aparcamento gratis.

Ademais de poder comprar diferentes produtos aos mellores prezos, as persoas que asistan á Feira do Comercio poderán gozar dunha ampla oferta lúdica e gastronómica, xa que haberá inchables para os nenos/as e postos de polbo para xantar. Tamén haberá churrerías, xeadarías e rede wifi. Haberá tamén unha exposición de coches patrocinada por Dimonorte na zona exterior.

Ames - Merca , Tapea e Gaña ata o 11 de xullo no Milladoiro

A localidade do Milladoiro acolle ata o vindeiro 11 de xullo a iniciativa comercial “Merca, Tapea e Gaña!!!”

Este venres, 4 de xullo, comezou no Milladoiro o evento comercial “Merca, Tapea e Gaña!!!”, que está organizado pola Asociación de Empresarios do Milladoiro (AEMI). Ata o venres, 11 de xullo, haberá importantes descontos nas tendas do Milladoiro e a veciñanza poderá gozar das tapas que sirvan os bares desta mesma localidade. Con esta actuación preténdese impulsar o sector hostaleiro e o comercio local do Milladoiro. Nesta iniciativa participan 66 establecementos comerciais e hostaleiros.

A Asociación de Empresarios do Milladoiro (AEMI) organiza a iniciativa Merca, Tapea e Gaña!!!, que se celebra dende o 4 ao 11 de xullo na localidade do Milladoiro. Esta iniciativa divídese en dúas partes que se complementan: Merca, con descontos e promocións nas tendas, e Tapea, con ruta de tapas nos establecementos hostaleiros.

Segundo informan dende a Asociación de Empresarios do Milladoiro (AEMI) con esta iniciativa preténdese dinamizar tanto o sector do comercio como a hostalaría local, así como ofrecerlle aos clientes, veciños e visitantes unha oferta comercial e de ocio atractiva.

Os comercios ofrecerán prezos especiais e descontos, mentres que os locais hostaleiros organizarán un concurso de tapas. No concurso de tapas elixiranse as tres tapas gañadoras entre os locais participantes. O primeiro premio estará dotado de 350 euros; o segundo premio son 150 euros, e o local que prepare a terceira mellor tapa levará 50 euros. Ademais, os tres locais hostaleiros gañadores recibirán un diploma acreditativo do posto acadado no devandito concurso.

Ademais dos comercios e locais hostaleiros, tamén participan nesta campaña 4 concesionarios de vehículos e o Centro Dental Macía, que ofertarán varios descontos e agasallos.

Está previsto que este evento remate o vindeiro venres, 11 de xullo, cunha festa no aparcadoiro da rúa Agro do Medio. De acordo coa información facilitada por AEMI, esta festa comezará a partir das 17:00 horas, e contará cunha actuación musical, con diferentes actividades e animación para nenos e nenas. Tamén se realizará a entrega dos premios ás mellores tapas e haberá un sorteo de agasallos.

Ames - Campaña "Este outono caen premios"

Preséntase a campaña comercial 'Este outono caen premios'
Nesta iniciativa, que se desenvolverá entre o 1 e o 31 de outubro, participan máis de 70 establecementos pertencentes as 4 asociacións comerciais que existen no concello neste momento.

AEMI - do 10 o 16 de xuño terá lugar no Milladoiro o evento "Merca e Tapea"


A Xunta Directiva de AEMI ( Asociación de empresarios, comerciantes e profesionais do Milladoiro ) vai realizar, na semana do 10 ao 16 de Xuño o evento “Merca e Tapea”

Ames - éxito da novena edición da Feira do Comercio

Máis de 20.000 persoas visitaron a novena edición da Feira do Comercio Val da Maía, na que se superaron as 4.000 operacións de venta

Ames - inaugurada a novena edición da Feira do Comercio

Comeza a novena edición da Feira do Comercio Val da Maía
O evento, que se celebra por primeira vez no Milladoiro e no que colaboran as catro asociacións de comerciantes de Ames, reúne a 44 establecementos, a cifra máis alta de todas as edicións.

O acto de inauguración, celebrado ás 16:30 horas, contou coa asistencia doalcalde de Ames, Santiago Amor; o concelleiro de Promoción Económica,Bernardo Moar; a presidenta de AEMI, Dolores Mella; o presidente de ACB,Juan Carlos Zaera; o presidente da Asociación Viorneira Palmira Boulebar,José Manuel Fernández, e o presidente da Asociación de Empresarios NovoMilladoiro, Javier Santos

Ames - hoxe inaugúrase a IX Feira do Comercio Val da Maia

Xa está todo preparado para a inauguración da IX Feira do Comercio Val da Maía, que terá lugar hoxe no pavillón do Milladoiro

Esta fin de semana, o pavillón do Milladoiro converterase no gran centro de compras de todo o Concello de Ames e dos municipios limítrofes. Durante os días 15, 16 e 17 de marzo a localidade do Milladoiro acollerá a novena edición da Feira do Comercio.

Serán tres días nos que un total de 44 establecementos porán á venda os seus produtos con grandes descontos. A inauguración da feira terá lugar este venres, 15 de marzo, ás 16:30 horas e permanecerá aberta ata as 21:00 horas. O sábado e o domingo o horario de apertura será de 10:00 h a 21:00 horas.

AEMI_ACB – asociaciones de comerciantes de Ames firman un convenio de colaboración

Convenio de Colaboración entre las dos asociaciones de Comerciantes y Empresarios más grandes de Ames para el sorteo conjunto de un coche eléctrico y ecológico

El viernes 14 de octubre los presidentes de las dos asociaciones de empresarios y comerciantes de Ames, AEMI, de Milladoiro y la ACB de Bertamiráns, han firmado su primer convenio de colaboración para la realización de campañas conjuntas de promoción comercial en Ames, con la presencia del Concelleiro amiense del área . Esta unión histórica para el comercio y el empresariado amiense comenzó con la campaña “Compre en Ames”, lanzada por estas dos asociaciones, y afianzada con la firma del primer convenio de colaboración para el sorteo de un coche eléctrico y ecológico durante la temporada otoño-invierno.

AEMI, la Asociación de Empresarios, Comerciantes e Profesionais do Milladoiro, representada por su presidente Carlos Neira, y la ACB, Asociación de Comerciantes de Bertamiráns, con su principal directivo Juan Carlos Zaera, firmaron un Convenio de Colaboración el viernes 14 de octubre, ante la presencia del concelleiro de Comercio y Promoción Económica de Ames, Bernardo Moar, para la realización conjunta de promociones comerciales que comienzan con la campaña “Fai as túas Compras en Ames”, y con la realización de un Gran Sorteo de un coche eléctrico y ecológico durante la temporada Otoño-Invierno de los años 2011-2012, entre los meses de octubre y marzo.

Este ambicioso proyecto que se hizo realidad, según las palabras de los dos presidentes, viene a confirmar la excelente relación entre las directivas de las asociaciones empresariales más grandes de Ames que apuestan por el trabajo en conjunto para “ganarle a la actual crisis” y para promover las compras en el ayuntamiento de Ames. Por su parte el concelleiro Bernardo Moar, invitado por estas dos instituciones para certificar esta unión, mostró su satisfacción por el acuerdo alcanzado, felicitó a las dos asociaciones y les deseó el mejor de los éxitos para estas campañas conjuntas. AEMI - CONVENIO CON ACB

Los presidentes de la ACB y AEMI comentaron que estas asociaciones entregarán, a partir del comienzo del sorteo en la segunda quincena de octubre de 2011, a todas las tiendas e integrantes de estas dos asociaciones de las ciudades de Bertamiráns y Milladoiro, cupones para el sorteo de UN COCHE ELECTRICO Y ECOLÓGICO RENAULT TWIZY URBAN 45, que será un excelente premio para el ganador de esta fantástica campaña conjunta.

La entrega de estos cupones por parte de los asociados de la ACB y AEMI a sus clientes, se realizará sin obligación de compra, y lo único que tienen que hacer los que visiten y compren en las tiendas y comercios amienses para tener la posibilidad de ganar un novedoso coche eléctrico y ecológico, es que deberán cubrir estos cupones con sus datos, nombre y número de teléfono, para participar en este Gran Sorteo que concluye al finalizar febrero del 2012 y que se realizará en la segunda quincena de marzo ante Notario. Por lo tanto, la ACB y AEMI habrán entregado casi 200 Vales por asociado, lo que equivale a un total de casi 30.000 vales en todo Ames, por lo que se cubrirá casi la totalidad de la población.