Amosando publicacións coa etiqueta AMES. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta AMES. Amosar todas as publicacións

As familias de acollida dos nenos e as nenas saharauís montan un posto no mercadillo de Bertamiráns

Ames, 27/08/2016 - Hoxe sábado, 27 de agosto, as familias de Ames, Teo e Santiago que acollen nenos e nenas saharauís a través do programa “Vacacións en paz” montarán un posto no mercadiño de Bertamiráns.

Ames concede ás Asociacións de Comercio axudas por valor de máis de 20.000 euros

Ames, 26/08/2016 - A Asociación de Comerciantes de Bertamiráns (ACB), a Asociación de Empresarios do Polígono Industrial do Milladoiro (AAEPNM), a Asociación de Empresarios PALMIRA BOULEVARD e a Asociación de Empresarios, Comerciantes e Profesionais do Milladoiro (AEMI) son as beneficiarias das axudas que a Concellaría de Promoción Económica ven de conceder co obxectivo de apoiar e fomentar a actividade comercial no municipio. A contía destas axudas é de 20.169,88 euros.

Unha viaxe por Bélxica, Afganistán e Xapón a través dos contos dende Tapia

Ames, 26/08/2016 - Dous contacontos desprazaranse á praia fluvial de Tapia hoxe venres. Baixo unha carpa, a partir das 20:00 horas, convidan ás familias a achegarse e asistir a unha sesión de narracións baseada na obra de Neira Vilas “Contos vellos para rapaces novos”. Trátase dunha escolma de contos populares que o escritor recolleu ao longo de seis anos de cinco continentes diferentes; actividade enmarcada no programa autonómico de fomento á lectura “Culturea, cultura e lingua no verán”. En caso de chuvia a actividade trasladarase á Casa da Cultura do Milladoiro. 

Comunicado de Ames Novo sobre a transparencia no concello

Ames, 25/08/2016 - Esta semana podíamos ler na prensa que o cumprimento da lei de Transparencia é desigual nos concellos galegos, so 29 dos 55 cunha poboación de máis de 10.000 habitantes teñen un Portal de Transparencia. Enseguida un dos concelleiros de goberno facíase eco da noticia e sinalaba nas redes sociais que estaba orgulloso de que fose Ames un dos concellos que cumpre esta lei na súa totalidade.

O PP de Ames reclama que se recepcione o polígono onde se sitúa a nova escola infantil de Bertamiráns

Ames, 25/08/2016 - En el mes de abril de 2016 el Grupo Municipal del Concello de Ames manifestó su preocupación por el acondicionamiento del entorno de la nueva Guardería del Consorcio Galego de Igualdade en Bertamiráns y acusaba de dejadez al Gobierno Tripartito.

Ameixenda celebra as súas festas esta fin de semana

Ames, 25/08/2016 - As festas da parroquia de Ameixenda pechan o calendario de festividades do mes de agosto. Desenvolveranse ao longo dos días venres 26, sábado 27 e domingo 28. A veciñanza celebra celebra as festas na honra da súa patroa, Santa Mariña, con misas solemnes, as actuacións de distintos grupos musicais e orquestras, así como xogos para os máis pequenos o domingo 28.

Ames firma un convenio para a cesión das parcelas do novo centro de saúde do Milladoiro

Ames, 24/08/2016 - O Salón de Plenos da Casa do Concello de Ames acolleu a firma dun convenio de cesión entre o Concello de Ames e a empresa Montesgal S.L. Nel cédense ao consistorio tres parcelas situadas na Travesía do Porto, no Milladoiro, onde está previsto construír o novo centro de saúde.

Entrevista con Pepe Casas, conserxe de Ventín en Ames

Ames, 21/08/2016 - Este semana falamos con Pepe Casas, o conserxe de Ventín, sumido nunha polémica laboral desde que o concello firmou a nova relación de postos de traballo (RPT).

A asociación amiense Rutasapie organiza en outubro unha saída á Serra de Cazorla

Ames, 18/08/2016 - A asociación amesá de sendeirismo e montañismo “Rutasapie” levará a cabo unha nova saída no mes de outubro, cuxa inscrición permanece aberta. O destino desta saída é o parque natural da serra de Cazorla, Segura e as Vilas, na provincia de Xaén. Para os días 29, 30 e 31, que coinciden coa ponte de Todos os Santos, a asociación preparou tres rutas distintas, de dificultade leve a moderada, por distintos recunchos desta serra declarada Reserva da Biosfera pola UNESCO. O prezo de inscrición é de 239 euros, o xeral, e de 230 para persoas federadas.

O cuarteto Tetramorph pecha o ciclo Noites en Vela este venres

Ames, 17/08/2016 - Este venres, 19 de abril, a Pontemaceira acolle a última sesión das Noites en Vela deste Verán. Pechará este ciclo de concertos o cuarteto de música clásica Tetpamop, que actuará ás 22:00 horas. Remata así unha iniciativa nada da colaboración entre os departamentos de cultura dos Concellos de Ames e Negreira.

Unha nena procedente da área de Chernóbil pasa o seu terceiro verán en Ames

Ames, 12/08/2016 - A finais do mes de xuño unha familia amesá, residente no Milladoiro, recibía a unha rapaza de 12 anos de idade procedente da rexión rusa de Briansk. Esta área, do país ruso, é a que presenta maiores niveis de contaminación radioactiva, procedentes do accidente nuclear de Chernóbil, que tivo lugar en 1986.

O domingo agosto celébrase o XXXI Descenso do Tambre de piragüismo

Ames, 11/08/2016 -  A praia fluvial de Tapia será o escenario o próximo domingo, 21 de agosto, da XXXI edición do Descenso do Tambre. O Club de Piragüismo Ribeiras do Tambre, xunto co Concello de Ames, organizan esta competición que chega a súa trixésimo primeira edición.

Nace Vía Centrum, un novo partido con sede en Ames e formado por antigos membros de Ciudadanos


Santiago, 10/08/2016 - Santiago de Compostela foi a cidade elixida para acoller a presentación dun novo partido político de centro que nace en Galicia con vocación nacional. Así o puxo de manifesto o presidente de Vía Centrum Partido Demócrata, José Luís Méndez Otero, quen destacou que Centrum ofrece “as garantías democráticas dunha efectiva participación cidadá e social na toma de decisións deste país”.

Agrón comeza hoxe a celebración das súas festas estivais

Ames, 10/08/2016 - A comisión de festas de San Lourenzo de Agrón celebra un ano máis as súas festas estivais, facéndose oco no calendario de verán. A parroquia amesá acolle tres días de misas solemnes e concertos amenizadas por dúos e orquestras; hoxe día 10, mañá xoves 11 e venres 12 deste mes de agosto.

A hostaleria de Bertamiráns abrirá unha hora máis con motivo das festas da Peregrina

Ames, 09/08/2016 -  Os locais hostaleiros situados en Bertamiráns poderán ampliar o seu horario de peche nunha hora máis durante os días 9, 10, 11, 12, 13 e 14 de agosto de 2016 con motivo das festas da Peregrina.

El Partido Popular de Ames pide a la Concejala de Economía y Hacienda valentía y coherencia.

Ames, 08/08/2016 - Los informes municipales de intervención y tesorería que trimestralmente se presentan al Pleno de la Corporación recogen un apartado referente a la “Información relativa al cumplimiento de los plazos en la ejecución de pagos”. Esta información tiene cierta complejidad técnica para el ciudadano normal, y a lo largo de la misma se refiere a diferentes tipos de periodos medios de pago; así, en la información de facturas o documentos justificativos pendientes de pago al final del trimestre se recoge un periodo medio del pendiente de pago de 130,11 días.

Ames está levando a cabo traballos de limpeza en beirarrúas e vías da zona rural

Ames, 08/08/2016 - O Concello de Ames, a través da concellaría de Obras Públicas, está realizando traballos de mantemento e limpeza das beirarrúas e das vías interiores da zona rural amesá. Estes traballos estanse realizando principalmente nas parroquias do rural e nos arredores de Bertamiráns e do Milladoiro. Para desenvolver estes traballos contratouse un equipo de xardinería composto de dous operarios, que traballan a xornada completa durante catro meses. Esta actuación ten un custo para o Concello de 18.694.50 euros.

O Fútbol Club Meigas realiza unha selección de xogadoras para formar parte do seu equipo

Ames, 05/08/2016 - Dende o 24 de agosto ata o 16 de setembro o Fútbol Club Meigas vai desenvolver unhas xornadas de portas abertas de fútbol feminino co obxectivo de seleccionar xogadoras para formar parte do seu equipo na categoría provincial de fútbol sala.

Pacto X Ames presenta alegacións a RPT

Ames, 05/08/2016 - Pacto X Ames presentou esta mañá por rexistro o documento coas alegacións á RPT aprobada cos votos en solitario de PSOE-BNG-PODEMOS. Un documento no seu primeiro punto solicita a anulación completa.

O PP de Ames pide o mantemento da praza de Chavian

Ames, 05/08/2016 - La Plaza de Chavián, en Bertamiráns, es uno de los lugares de reunión más concurridos de nuestro municipio. Diariamente, un considerable número de vecinos, mayores y pequeños, se reúnen para charlar y jugar en sus diferentes espacios.