O CONCELLO DE BRIÓN CONVOCA O XXI CONCURSO DE TARXETAS DO NADAL
As tarxetas poden entregarse antes do 22 de decembro nos centros escolares do municipio ou na Casa da Cultura
O Concello de Brión convoca o seu tradicional Concurso de Tarxetas de Nadal, dirixido a todos os nenos e nenas en idade escolar do municipio. Un concurso que este ano celebra a edición número vinteún, despois de que no Nadal de 1991 o Concello de Brión decidise convocar este pequeno certame como medio de promoción das artes plásticas entre a comunidade escolar brionesa.
O Concello de Brión estableceu tres premios para cada unha das etapas educativas: educación infantil, 1º-2º-3º ciclos de Primaria e 1º-2º ciclos da ESO. Uns premios consistentes en vales intercambiables por libros, xogos ou material escolar, así como o correspondente diploma acreditativo, que se entregarán na tarde do 5 de xaneiro no transcurso da Cabalgada de Reis. A técnica e os material para a elaboración das tarxetas son totalmente libres. Unhas tarxetas que poderán entregarse en calquera dos centros de ensino de Brión ou na Casa da Cultura ata o sábado 22 de decembro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario