O Concello de Boqueixón inicia a creación dun Arquivo Histórico Fotográfico.
A colaboración veciñal é básica para que este proxecto teña auténtico valor histórico
Dende hai uns días o Concello de Boqueixón esta a poñer en marcha unha nova iniciativa que vai a permitir que o este municipio conte cun arquivo histórico fotográfico propio e totalmente dixitalizado. O proxecto xurde dende a convicción, por parte do concello, de que esta institución debe de ser depositaria da identidade e do patrimonio municipal e polo tanto debe existir o compromiso de respectar o patrimonio e nosa memoria e identidade.
Este arquivo quere recoller tanto imaxes, fotografías ou documentos de especial relevancia do pasado do noso municipio e que sirvan para dar fe do descorrer histórico de Boqueixón. Co paso do tempo as xentes pasan, mudan as costumes, as paisaxes, polo tanto é importante que todo isto non desapareza para sempre, que non se perda e se escape da no nosa memoria. Así e de cara as xeracións futuras é necesario que este pasado, esta historia colectiva, poida permanecer recollida e conservada con este proxecto.
Para ese proxecto vai a ser imprescindible a colaboración de todos os veciños e veciñas, sen quenes este proxecto non poderá ser posible, para facilitar a súa participación e que poidan aportar as fotografías antigas a este Arquivo Histórico Dixital realizarase unha serie de actividades de difusión polas parroquias, tamén os interesados tamén se poden achegar ao concello para colaborar nesta iniciativa.
Ó tratarse dun arquivo dixital, non vai a supoñer ningunha cesión permanente de material orixinal, é dicir, os documentos, as fotografías orixinais van ser simplemente escaneadas e inmediatamente devoltas aos seus donos. Tamén cumpre sinalar, especialmente coas fotografías, que todas teñen valor e interese, e que non se vai a descartar ningunha a priori.
Unha vez rematado, Arquivo Histórico Fotográfico quedará na Casa do Concello a disposición dos boqueixanenses para a súa consulta. Unha pequena selección quedará permanentemente exposta na páxina web do concello. Outra selección máis ampla constituirá un catálogo temático e periódicamente faranse exposicións polas parroquias para manter viva a chama da memoria.