Axenda martes 11 - Tráfico, concertos, teatro, exposicións, transfusión de sangue,



SANTIAGO
Martes 11
9.30 h
No Mupega (San Lázaro, 107), o alcalde compostelán, Ángel Currás, inaugura a conferencia final do proxecto ParkAtlantic, xunto co conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández. 
10.30 h
No Arcebispado, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á reunión da Fundación San Castor e Santa Adelaida, vinculada ao Proxecto Home - Fundación Monte do Gozo. 

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal do BNG, Elvira Cienfuegos, sobre asuntos de carácter local. 

11.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Turismo e Comercio, Reyes Leis, para presentar o II encontro empresarial Getting Contacts, que se celebrará o vindeiro venres en Área Central. Na rolda tamén estarán Daniel Ramos, presidente de AJE Galicia, e Juan Carlos Losada, xerente de Área Central.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde da cidade, Ángel Currás, e do director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, para presentar a programación cultural do Concello para este Nadal.

12.10 h
No Mupega (San Lázaro,107), a concelleira de Medio Ambiente, María Castelao, participa na conferencia final do proxecto ParkAtlantic coa ponencia “O impacto do proxecto ParkAtlantic en Santiago e accións de capitalización: o Plan de Acción Local dos parques de Compostela”. 

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Educación, Rebeca Domínguez, para presentar a actividade didáctica e o concerto “As arpas de Breogán”, a cargo do músico Rodrigo Romaní, que asistirá á rolda. 

13.45 h
No Salón Vermello, recepción aos socios do proxecto ParkAtlantic. 

18.30 h
Na Fundación Eugenio Granell, a concelleira de Benestar Social, Paula Prado, asiste á inauguración da exposición “A enerxía da asociación son os seus socios” realizada polos membros da asociación Fonte da Virxe de Familiares e Amigos de Enfermos mentais. 

19.00 h
No Local Social de Amio, o concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, asiste á actividade de pintado de figuras do belén colectivo que están a realizar os rapaces e rapazas que participan nas actividades dos centros dentro do programa Vive o Nadal 2012.

20.30 h
No Teatro Principal, Paso de Valverde presenta 'Sánatos' dentro do Festival de Teatro Agustín Magán.

21.00 hNa Zona "C", Xoán Curiel preseta 'Novas' dentro do ciclo Íntimo&Acústico.


TRÁFICO
Con motivo da reparación da calzada no entroncamento do Camiño do Chan de Curros e Camiño dos Vilares, é preciso pechar ao tráfico a entrada a ámbalas dúas rúas por Cima da Eira e Guadalupe durante todo o día o vindeiro martes, 11 de novembro. 

Poderase acceder ás mesmas por Travesa do Cendal, rúa dos Irmandiños e rúa dos Camiños da Vida. O transporte urbano fará este mismo percorrido. Permitirase o acceso en todo momento aos residentes.

CENTRO DE TRANSFUSIÓN
BIOLOXÍA 
MATEMÁTICAS (SANTIAGO)
UNIDADE MÓBIL DIANTE DA FACULTADE
09:30 - 14:30
15:30 - 21:00

NEGREIRA
UNIDADE MÓBIL DIANTE DO CENTRO DE SAÚDE
16:00 - 21:00

ACTIVIDADES
Santiago - ata o día 15 promoción de entradas rebaixadas 
para o Compostela Rock 2013   +INFO 

Ames - Centro Acupuntura e Pilates Arume
obradoiro de Pilates para embarazadas y mamás con bebés    +INFO 

EXPOSICIÓNS
Santiago - No Centro Sociocultural de Cornes, exposición fotográfica “Así e como vivo”, con motivo do Día Internacional para a eliminación da violencia de xénero

A biblioteca municipal de Melide pon a disposición do público máis de 1.500 volumes doados polos Padres Pasionistas    +INFO

Santiago - "180 segundos" de Jesús de la Iglesia ábrese na Zona C      +INFO 

Santiago - hotel Araguaney Eurostar - exposición de Vazquez Alemán   +INFO

Brión - exposición de debuxos "Os fillos de Butades"    +INFO

Melide - A biblioteca municipal de Melide pon a disposición do público máis de 1.500 volumes doados polos Padres Pasionistas.    +INFO

Ningún comentario: