Ames – ampliación da campaña de reciclaxe de vidro

Amplíase a campaña de reciclaxe que están desenvolvendo o Concello de Ames e a Mancomunidade do Barbanza

Repartirase un trío de bolsas de rafia co obxectivo de facilitar a separación na casa do vidro, plástico e papel segundo a cor da bolsa.

Debido á ampliación da campaña tamén se incrementan os días nos que se repartirán as bolsas de reciclaxe.

A campaña desenvolverase os días 29 de febreiro e 1, 2, 5 e 6 de marzo na Casa da Cultura de Bertamiráns, mentres que na Casa da Cultura do Milladoiro realizarase os días 7, 8, 9, 12 e 13 de marzo.

Ames, 23 de febreiro de 2012. O Concello de Ames e a Mancomunidade do Barbanza están desenvolvendo unha campaña para fomentar a reciclaxe. Trátase dunha campaña de concienciación sobre a separación en orixe dos residuos sólidos urbanos. Repartirase un trío de bolsas de rafia co obxectivo de facilitar a separación na casa do vidro, plástico e papel segundo a cor da bolsa. Debido á ampliación da campaña tamén se incrementan os días nos que se repartirán as bolsas de reciclaxe. A campaña desenvolverase os días 29 de febreiro e 1, 2, 5 e 6 de marzo na Casa da Cultura de Bertamiráns, mentres que na Casa da Cultura do Milladoiro realizarase os días 7, 8, 9, 12 e 13 de marzo. Para poder recoller as bolsas, os veciños/as terán que achegar unha carta sobre esta campaña, que previamente xa se lle enviou aos seus domicilios.

Dende a Concellaría de Medio Ambiente, Desenvolvemento Sostible e Sanidade lembran que a xeración de lixo é un dos grandes problemas ambientais de hoxe en día. Os residuos sólidos urbanos do Concello de Ames teñen como destino o Complexo Medioambiental do Barbanza, situado en Lousame, que conta cun sistema de tratamento de residuos respectuoso co medio ambiente, baseado na reciclaxe dos envases e no tratamento da materia orgánica para a elaboración de compost. A maior parte do lixo que xeramos pode reciclarse. Para iso hai que separar os distintos tipos de residuos e depositalos no colector correspondente.
Co obxectivo de concienciar a veciñanza amiense da importancia da reciclaxe e da separación en orixe dos residuos sólidos urbanos o Concello de Ames e a Mancomunidade Serra do Barbanza van desenvolver unha campaña que consistirá na achega dun trío de bolsas de reciclaxe para a correcta separación do vidro, plástico e papel co obxectivo de facilitar a separación na casa e logo o seu depósito no colector correspondente.
A veciñanza amiense poderá obter esta bolsa, de xeito gratuíto, na Casa da Cultura de Bertamiráns e O Milladoiro. Debido á ampliación da campaña tamén se incrementan os días nos que se repartirán as bolsas de reciclaxe. A campaña desenvolverase os días 29 de febreiro e 1, 2, 5 e 6 de marzo na Casa da Cultura de Bertamiráns, mentres que na Casa da Cultura do Milladoiro realizarase os días 7, 8, 9, 12 e 13 de marzo, en horario de 09:00 h a 14:00 horas e de 16:30 h a 21:00 horas. Para poder recoller as bolsas os veciños/as terán que achegar unha carta sobre esta campaña, que previamente xa se lle enviou aos seus domicilios.
A Mancomunidade do Barbanza repartirá un trío de bolsas de rafia co obxectivo de facilitar a separación na casa do vidro, plástico e papel segundo a cor da bolsa. Deste xeito, os veciños/as disporán de tres bolsas diferentes. Na bolsa azul depositarán o papel e o cartón; na bolsa verde poderán deixar o vidro e na bolsa amarela porán os envases de plástico, latas e bricks. Ademais, a veciñanza amiense xa dispón dun caldeiro que foi distribuído pola Mancomunidade do Barbanza nunha campaña anterior. Neste caldeiro poden depositar os residuos orgánicos (restos de comida, tanto crus como cociñados, follas secas, etc.) para despois deixalo no colector pequeno de tapa verde. Cumprindo estas normas de separación conseguiremos manter o concello máis limpo e ser máis respectuosos co medio. Lembra que separar para reciclar é cousa de todos/as.

Servizo de recollida de cartón
Dende o pasado mes de outubro o Concello de Ames está prestando o servizo de recollida selectiva porta a porta de cartón para os comerciantes do polígono industrial Novo Milladoiro e para o pequeno e mediano comercio. O obxectivo deste servizo é facilitar aos comercios a correcta xestión destes materiais e o cumprimento das obrigas impostas pola lexislación vixente. Os colectores de papel e cartón (azuis) están preparados para recibir o papel e cartón procedente dos fogares e xeralmente vense saturados e desbordan co cartón dos comercios. Para evitar esta situación, manter limpo o noso concello e mellorar a imaxe das nosas rúas, púxose en marcha este servizo. Con esta acción ademais contribúese á mellora do medio ambiente garantindo que o papel e o cartón dos comercios se recicla.
Os comerciantes deben pregar os cartóns e sacalos á beirarrúa axeitadamente amontoados e pregados, sen obstruír o paso dos peóns. O persoal de recollida percorrerá as rúas comerciais e recollerá todo o cartón amontoado e depositado polos/as comerciantes na ruta e días establecidos. A recollida do cartón polo polígono Novo Milladoiro realízase os xoves a partir das 11:00 horas, mentres que para o pequeno e mediano comercio levase a cabo os luns e xoves dende as 17:00 horas. Este servizo é totalmente gratuíto.

Psoe Ames – o goberno da a calada por resposta no seu conflicto interno

O Grupo Socialista rógalle ao alcalde explicacións do acontecido e este da a calada por Resposta e nega a crise interna de goberno.

A arrogancia ou ignorancia do Alcalde de Ames lévalle a decir no Pleno que non existiu crise interna de goberno.

Onte viviuse en Ames un capítulo máis da actitude "arrogante" e "chulesca" do alcalde de Ames, o Sr. Amor, que está a levar nos últimos meses sen capacidade algunha de diálogo.

No pleno de onte, e logo de todo o acontecido no último mes con cruces de declaracións contrarias entre o alcalde e un gran sector do seu grupo de goberno encabezado polo voceiro, o Sr. García Argibay e que chegaron ata a intervención dos máximos órganos do partido, os responsables máximos do goberno de Ames se presentaron sen intención algunha de dar explicacións sobre os motivos de todo o acontecido. Xa na orde do día no capítulo de "dar conta" o alcalde non incluíu mención algunha a este asunto nunha actitude de arrogancia ou de ignorancia dos feitos acontecidos e que amosan ou ben a falta de diálogo do grupo de goberno ou a visoñez do alcalde que non é capaz de ver os problemas internos do seu grupo e que encheron páxinas na prensa.

O Grupo Socialista, tal e como declarou ao longo destas semanas, citara ao grupo de goberno a explicar a situación interna no lugar onde se tiñan que dar as explicacións oportunas, e que non é outro que o Pleno do Concello. No apartado de rogos e preguntas foi cando o voceiro do Grupo Socialista, Jose Miñones, pediu ao alcalde estas explicacións, xa que entende este grupo que todo canto acontece nas relacións internas do grupo de goberno afecta a vida municipal e por extrapolacion á cidadanía.

O alcalde nunha actitude que catalogamos de "arrogante" e "irresponsable" solo puido negar o evidente e afirmar que non existiu crise algunha no goberno. Entendemos que a actitude do alcalde e irresponsable co seu cargo e o órgano plenario, e irrespetuosa cos grupos da oposición e sobre todo coa cidadanía, que despois de todo o leído e escoitado nestas semanas esperaban unhas explicacións oficiais por parte do grupo popular.

Entende este grupo que a calada por Resposta é a peor das éleccions posibles e que non asumir os feitos e os problemas non permitirán ao grupo de goberno afrontalos, e polo tanto resolvelos, polo que a ferida aberta non se cerrou aínda e será solo cuestión de tempo que volva a abrirse, xa que a bicefalia de poder seguirá existindo no Concello de Ames.

O Pleno de onte, unha vez máis, evidenciou a parálise absoluta que está a sufrir o Concello de Ames,no que os asuntos de deliberación e acordo non foron máis alá de 20 minutos de DURACION do Pleno, quedando as restantes 3 horas con asuntos de control do goberno presentados dende a oposición.

A ocasión perdida polo alcalde pasará factura a este goberno que segue sen conseguir despegarse do seu papel de oposición e que mes a mes segue acusando dos seus problemas ao partido socialista e a situación económica.

Sindicato unificado de policía – comunicado sobre as oposicións a policía autonómica

Aclaraciones: Abel Lobato (675696681), Secretario Federal del SUP-Galicia para la Policía Autonómica

Con motivo de la próxima convocatoria de plazas para la Unidad del Cuerpo Nacional de Policía

Adscrita a la Comunidad Autónoma de Galicia (Policía Autonómica), el Sindicato Unificado de Policía

quiere hacer público el siguiente COMUNICADO:

Se está generando un gran malestar entre los policías destinados en la Jefatura de la Policía

Autonómica en Santiago de Compostela. Todo ello por las informaciones que están apareciendo relativas

a la posibilidad de que puedan cubrirse vacantes en las sedes provinciales de este cuerpo (A Coruña,

Lugo, Ourense y Pontevedra), con policías de nueva incorporación, no respetando la antigüedad de los

policías que ya prestan servicio en la Unidad, en concreto en la Jefatura de Santiago de Compostela,

alguno de ellos con más de seis años de permanencia.

No se puede entender que la Dirección General de la Policía pueda, ni tan siquiera, plantearse la

posibilidad de obrar de esta forma y pisotear los derechos adquiridos de los policías que llevan años

destinados en la Policía Autonómica. En la Jefatura de Santiago hay aproximadamente 30 policías

esperando desde hace tiempo el ocupar una plaza en otra sede. Sirva como ejemplo, que si se convocan

vacantes en Ourense, habría casi 20 peticionarios en Santiago con más de 6 años de antigüedad.

El SUP está a favor de que se cubran las vacantes existentes, algo que lleva años solicitando

insistentemente. Pero estas vacantes deben ser cubiertas por el sistema reglamentariamente establecido,

que no es otro que el Concurso Específico de Méritos, el más justo porque es el que más respeta los

derechos de los policías y tiene en cuenta sus méritos profesionales, pero nunca una comisión de servicio

que premie el amiguismo, el enchufismo y la “dedocracia”.

Con este sistema de convocatoria (comisión de servicio), se corre el riesgo que, a los seis meses, los

policías elegidos participen en un concurso general de méritos y, en consecuencia, abandonen la unidad

en tan solo medio año, quedando de nuevo la Policía Autonómica en precario en cuanto a recursos

humanos.

Este sindicato tiene constancia que desde la Jefatura de la Policía Autonómica se está actuando

correctamente, algo de lo que deberían tomar nota los responsables policiales y políticos de la DGP en

Madrid y obrar en consecuencia. No es tan difícil hacer las cosas bien.

Poco se habrá conseguido, si el precio que hay que pagar por reforzar la plantilla de la Policía

Autonómica, es pisotear los derechos de los policías que ya la componen, algo que el Sindicato Unificado

de Policía no va a permitir y para ello tomará las medidas oportunas.

Santiago de Compostela, 23 de febrero de 2012

Santiago – axenda venres 24 febreiro

Venres 24

10.30 h

No Hostal dos Reis Católicos, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, inaugura o VI Congreso Autonómico do CSI-F Galicia. Ás 14.30 h, asiste á clausura.

11.00 h

No CEIP Lamas de Abade, o concelleiro de Educación, Ángel Currás, inaugura o ciclo de concertos didácticos “Os contos no país do xeo”, organizados pola Concellería de Educación a través da Escola Municipal de Música.

11.30 h

Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h

Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h

Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Urbanismo, María Pardo, sobre asuntos da súa área.

18.00 h

Na Praza de Vigo, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, preside a ofrenda floral a Rosalía de Castro con motivo do aniversario do seu nacemento, hai 175 anos.

19.00 h

Fórum Cidade

No Hostal dos Reis Católicos, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asiste á conferencia sobre Dieta Atlántica impartida polos profesores Rafael Tojo e Rosaura Leis enmarcada no Fórum Cidade, organizado polo Concello.

20.30 h

Na Zona "C", 'Mujer muerta caminando', dirixida por Carlos Álvarez-Ossorio.

21.00 h

Sons 2012

No Auditorio de Galicia, Leilía presentan o seu novo disco 'ConSentimento' dentro do ciclo Sons 2012.

21.00 h

No Teatro Principal, 'Sexo, por que non?' de Franca Rame, Darío e Jacopo Fo. eme2. Mercedes Castro. Álvaro Lavín, director.

Silleda – o campeonato galego de enduro chega o concello

A Concellaría de Deporte colabora na realización da carreira incluida no Campionato Galego de Enduro que organiza Móvete Na Moto

Silleda, 23 de febreiro de 2012. A Casa da Cultura do Concello de Silleda acolleu hoxe a presentación da I proba do Campionato Galego de Enduro, cun presuposto de 3.600 euros, que se ralizará este fin de semana no municipio. Ao acto acudiron o representante do Moto Club Móvete na Moto – entidade organizadora –, José Cánda Rodríguez, un colaborador do clube, Adrián Ares Carballude, e o Concellerio de Deporte, Klaus Brey.

Explicaron que o día 25, terán lugar as verificacións técnicas e administrativas entre as 16.00 e as 19.30 horas da tarde diante do IES Pintor Colmeiro, mentres que a celebración da carreira será o día 26 de 9.00 a 14.00 horas. Está previsto un circuito que pasa polos montes de Siador, Cortegada, Xubín e incluso toca unha pequena zona de Forcas; por este trazado os participantes terán que pasar 4 veces, facendo un percorrido total de 27 kilómetros. Quen desexe asistir ao evento deportivo poderá facelo situándose no tramo de estrada que vai dende Silleda a Tixoa.

Neste I Enduro Concello de Silleda, proba puntuable para o Campionato Galego, haberá un total de 73 participantes dos cales 9 rivalizarán na categoría Senior, na que destacan nomes como o de Xacob Agra e Aarón Bernárdez Carro; 17 pilotos estarán en Senior B, 7 en Junior, 13 en Veteranos, 24 Aficcionados e por último, 3 serán as que loitarán polo título na categoría Feminina.

José Canda destacou que no trazado haberá un par de puntos complicados que “seguramente sexan os tramos decisivos para a proba”. Quixo agradecer ao Concello de Silleda a súa colaboración, e tamén ás demais entidades colaboradoras, así como aos veciños das zonas por onde pasa o trazado, e aproveitou para pedir “encarecidamente que, a poder ser, os das zonas por onde se realicen as probas non leven ese día o gando para as fincas lindantes, por motivos de seguridade tanto para os participantes como para os animais”.

O Concelleiro de Deporte, Klaus Brey, afirmou que “o Concello aposta por estas actividades que tanta aceptación teñen no municipio, e a pesar das limitacións económicas que sufrimos, sempre que poidamos botaremos unha man nestas iniciativas”. Manifesta tamén o seu desexo de que “aínda que este ano sexa a primeira vez, agardamos que goce de moita aceptación por parte tanto dos participantes, coma do público asistente e os veciños da zona, para que na vindeira edición tamén poidan contar con nós para levar a cabo esta actividade”.

Auditorio de Galicia - “Sexo, por que non” hoxe e mañán no principal

Estará o venres 24 e sábado 25 ás 21.00h e o domingo 26 ás 20.00h.

’Sexo, por que non’ no Teatro Principal

  • A obra, de Franca Rame, Dario e Jacopo Fo está dirixida por Álvaro Lavín e protagonizada por Mercedes Castro

  • As entradas poden mercarse en Novagaliciabanco ou na billeteira do Principal abertas de 18.00 a 21.00h.

Santiago de Compostela, 23/02/2012.- Dentro da programación de Teatro&Danza da concellería de Cultura, esta fin de semana teremos no Teatro Principal ‘Sexo, por que non?’ en tres función: venres 24 e sábado 25 ás 21.00h e domingo 26 ás 20.00h. A obra, de Franca Rame, Dario e Jacopo Fo está dirixida por Álvaro Lavín e protagonizada por Mercedes Castro. As entradas para asistir poden mercarse, a 10€ (6€ no anfiteatro), en Novagaliciabanco ou na billeteira do Principal aberta de 18.00 a 21.00h.

“Por que case nunca falamos de sexo? Por que, se o facemos, sempre o tomamos desde os complexos e o estereotipo? Xa que o sexo é unha parte central das nosas vidas, por que nos é tan difícil compartir as experiencias que o rodean?” Fuxindo do bombardeo pornográfico, do tópico e do chiste fácil, Sexo? Por que non? é unha comedia trepidante na que desde Adán e Eva ata os nosos días se mostran situacións cotiás entorno ao encontro carnal. Unha comedia reflexiva, para mozos e maiores, un punto de encontro humorístico para rachar cos tópicos e os tabús.

Os autores: Franca Rame, Darío e Jacopo Fo

Franca Rame decidiu poñer en escena un libro escrito polo seu fillo, Jacopo Fo, titulado ‘O Zen ou a arte de foder’, que tivo un éxito desmesurado entre a mocidade italiana nos anos noventa. Arroupada polo seu marido Dario Fo e polo propio Jacopo, construíu un monólogo á altura da grande actriz que é, no que é difícil de diferenciar a voz de Franca da do personaxe que interpreta.

Estreado baixo o título ‘Sesso? Grazie, tanto per gradire!’ o 18 de novembro de 1994 no Teatro Comunale de Cervia, o espectáculo estivo máis de catro anos en cartel en Italia. A derradeira función realizouse 22 de outubro de 1998 no Teatro Regio de Parma.

Franca Rame e Dario Fo constitúen a parella por excelencia da dramaturxia contemporánea. Sempre comprometidos coa vertente social do teatro, compuxeron textos de denuncia social e crítica aos modos de vida e á conformación do poder occidental. Dario Fo recibiu o premio Nobel de Literatura en 1997. O seu fillo Jacopo Fo tamén é escritor, actor, director de escena e colaborador nos principais xornais italianos como columnista.

Ordes – este sábado celebrase o entroido no concello

Ordes celebrará este sábado o seu Entroido repartindo máis de 4.000 euros en premios no seu concurso de disfraces

Un gran desfile terá lugar dende as 17 horas polas principais rúas do pobo ata chegar o campo da feira, onde terá lugar a exhibición dos participantes

Ordes 23 de febreiro 2012. Este vindeiro sábado día 25 o Concello de Ordes celebrará a partir das 17 horas o seu particular Entroido. A esa hora está previsto que dé comenzo un desfile polas principais rúas da vila ata chegar ao campo da feira. Alí terá lugar o concurso de disfraces que este ano repartirá algo máis de 4.000 euros en premios. Unha cantidade donada polas firmas Seguros Reale e Jaime Castro asesoría e seguros.

Nesta edición os premios en metálico para as modalidades de carroza (cunhas dimensións máximas de 7m de largo X 4m de alto e 3,30m de ancho) serán de 600 e 400 euros para os dous únicos clasificados. No caso das comparsas convócanse as categorías infantil e adulto. Quen teña ata 16 anos poderá optar a tres premios de 200, 150 e 125 euros, mentres que no caso dos maiores serán de 400, 300 e 200 euros. En ambos casos os grupos terán que estar integrados por máis de cinco compoñentes. No caso dos disfraces individuais na categoría infantil, tamén con participantes ata os 16 anos, os premios serán de 125, 90 e 75 euros; mentres que os adultos poderán acadar 175, 125 ou 90 euros. O Concello de Ordes tamén concederá o premio simpatía, dotado con 150 euros; un premio especial do Concello á mellor comparsa municipal, con 200 euros; ademáis de sete premios de accésit 100 euros cada un.

Para levar a cabo esta cita que cada ano congrega a mlleiros de persoas o tráfico pola rúa Alfonso Senra permanecerá cortado dende as 16.30 ata as 18 horas aproximadamente. Aqueles vehículos que circulen en dirección A Coruña serán desviados polas rúas dos Lagartos e Galicia, mentres que os que vaian con destino Santiago de Compostela terán que circular polas rúas Rosalía de Castro e Lagartos.

Ames - “Citizen” de Chevere representase completa no Milladoiro

A Casa da Cultura do Milladoiro acolle a representación da peza teatral Citizen Completo da compañía Chévere

A triloxía Citizen é unha obra en tres actos con dúas pausas. Ten unha duración de tres horas e media. Durante a obra ofrecerase un refrixerio ao público asistente.

Nesta obra participan actores de recoñecido prestixio como son Patricia De Lorenzo, Manuel Cortés, Miguel De Lira, Mónica García, Arantza Villar, Nekane Fernández e Iván Marcos.

Esta obra será representada pola empresa Chévere, unha compañía de teatro que leva 25 anos traballando pola cultura galega.

Ames, 23 de febreiro de 2012. A programación teatral de febreiro complétase este venres 24, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro coa representación da peza teatral Citizen Completo, da compañía Chévere. Citizen fala da construción dun imperio económico desde a periferia. Fala de como utilizar o que nos ofrece a historia en beneficio propio, de como se constrúe a realidade coma se se tratase dun serial. É a biografía inventada dun personaxe real, Amancio Ortega, que se converte en escusa para falar, ironizar e cuestionar os efectos da globalización en relación coas nosas identidades colectivas e individuais. Esta obra está dirixida ao público adulto.

Despois do traballo realizado con Testosterona sobre a identidade e a construción de xénero, o novo proxecto de creación escénica de Chévere é Citizen. Trátase de pór en práctica novos procesos de traballo e produción, combinando a aposta pola investigación coa necesidade de obter uns resultados de cara ao público.

O proxecto completo de Citizen está estruturado en tres partes, en tres espectáculos autónomos de pequeno e mediano formato, que se foron facendo e estreando na Sala Nasa ao longo da tempada 2010-2011 coma se se tratase dunha obra de teatro por episodios. A triloxía Citizen é unha obra en tres actos con dúas pausas. Cada un deles é a continuación e a consecuencia do anterior. E ao final, a suma dos tres supón un novo espectáculo de maior formato. Ten unha duración de tres horas e media. Durante a obra ofrecerase un refrixerio ao público asistente. Nesta obra participan actores de recoñecido prestixio como son Patricia De Lorenzo, Manuel Cortés, Miguel De Lira, Mónica García, Arantza Villar, Nekane Fernández e Iván Marcos.

As entradas poderán mercarse media hora antes do comezo da función na Casa da Cultura do Milladoiro. O prezo das entradas é de 10 euros. Terán un 50% de desconto os estudantes con carné e os maiores de 65. Tamén se poden reservar as entradas, para iso hai que chamar ao número de teléfono 981 535 940 ou enviando un correo electrónico á dirección cultura.milladoiro@concellodeames.org. As entradas reservadas terán que ser recollidas o día da función entre as 20:00 h e as 20:30 horas. As entradas que non se recollan nese horario serán vendidas a partir das 20:30 horas.

Esta obra está inspirada en Citizen Kane

Citizen inspírase no Citizen Kane de Orson Welles. Esta película conta a historia de Charles Foster Kane, un empresario norteamericano da comunicación que chegou a ser unha das persoas máis ricas e poderosas do mundo no primeiro terzo do século XX. A nosa obra conta a historia de Amancio Ortega, un empresario galego do téxtil que se converte nunha das persoas máis ricas do mundo no último terzo do século XX.
Citizen fala da construción dun imperio económico desde a periferia. Fala de como utilizar o que nos ofrece a historia en beneficio propio, de como se constrúe a realidade coma se se tratase dun serial. Citizen é unha historia de ficción baseada nun personaxe real chamado Amancio Ortega, que construíu un imperio chamado Inditex, máis coñecido como Zara. Desta maneira, Citizen convértese nunha boa desculpa para falar, ironizar e cuestionar os efectos da globalización en relación coas nosas identidades individuais e colectivas.

Esta obra de teatro conta as historias cruzadas de Amancio Ortega, un empresario galego do téxtil que se converte nunha das persoas máis ricas do mundo no último terzo do século XX, e de Sara, unha rapaza implicada na loita anti-franquista na década dos 70. Anos despois acaba traballando con outras veciñas nun taller de confección que cose para unha gran empresa. Esta obra será representada pola empresa Chévere, unha compañía de teatro que leva 25 anos traballando pola cultura galega. Chévere practica un teatro directo e cómplice, que trata sen prexuízos e con espírito crítico temas que preocupan á xente de hoxe.

Unha compañía con máis de 20 anos de traxectoria

Chévere é unha compañía de teatro con máis de 20 anos de traxectoria. Neste tempo, converteuse nun dos grupos máis dinámicos e populares de Galicia, sorprendendo ao público non só co seu peculiar sentido do humor, senón que chegou a impor unha estética e un estilo propios e reconocibles. Chévere mantén unha proposta estética ecléctica, desarraigada e singular e un importante compromiso cultural en todo tipo de frontes. Chévere, ademais, promoveu a creación dunha sala estable de espectáculos en Santiago de Compostela en 1992: a Nave de Servizos Artísticos-NASA. Nos últimos anos Chévere ampliou e diversificou o seu teatro de operacións: teatro científico, teatro con perspectiva de xénero, visitas teatralizadas, formación, audiovisual... E fíxoo sobre a base dun equipo que, individualmente achega unha importante experiencia e capacidade tanto en teatro como no audiovisual, e que colectivamente ten unha demostrada solvencia a nivel de produción e xestión de proxectos culturais.

Ordes – o concello é un dos 10 “máis innovadores”

O Concello de Ordes é seleccionado como un dos dez finalistas do concurso ‘El pueblo más innovador’desordes creativas 2

Organizado por unha coñecida marca de lavavaixelas, en total foron convidados a participar máis de 1.000 municipios de toda España

Ordes 23 febreiro 2012. O Concello de Ordes é o único municipio galego finalista do concurso ‘El pueblo más innovador’. Un certame levado a cabo por unha coñecida marca de lavavaixelas que pretende dar a coñecer o proxecto máis orixinal e innovador posto en marcha durante os últimos 30 anos por aqueles concellos que non teñan máis de 14.000 habitantes. En total foron máis de 1.000 municipios de toda España ós que se lles enviou a proposta, sendo Ordes grazas o seu certame de cultural Desordes creativas un dos seleccionados. Neste caso o xurado valorou tanto a iniciativa e a orixinalidade de combatir o feismo da vila a través de graffitis, como a calidade dos traballos coas que cada ano se decoran as fachadas e paredes de edificios públicos e privados.

Entre os municipios cos que debe competir o de Ordes figuran: Nuevo Baztán (Madrid), Morales del Vino (Zamora), Borriol (Valencia), Gelves (Sevilla), La Luisiana (Sevilla), La Romana (Alicante), Ordes (A Coruña), Puigcerdà (Girona), Castillo de Locubín (Jaén), Redován (Alicante).

A partir de agora precisarase da colaboración das familias para superar a segunda fase do concurso xa que os 15.000 euros do premio irán para o concello que presente o maior número delas inscritas. Cada unha delas poderá optar a un dos cinco premios de 3.000 euros que se ofrecen. Basta con presentar unha receta que rete á eficacia do lavavaixelas e ter como mínimo dous fillos menores de 18 anos. Para elo poden chamar aos teléfonos 981 681483 ou 981 688 500 de 12 a 15 horas ou ben remitir un correo electrónico a prensa@concellodeordes.com cos datos persoais dos membros da familia e o teléfono de contacto.

Brión – o concello incrementa o seu patrimonio

O CONCELLO DE BRIÓN INCREMENTA NUN 7,5% O SEU PATRIMONIO, QUE SUPERA OS 34,2 MILLÓNS DE EUROS

En 2011 medrou en 2,39 millóns de euros grazas especialmente á incorporación da piscina municipal e da área de ocio de Pedrouzos

23 de febreiro de 2012.- O Concello de Brión vén de aprobar o seu inventario municipal de bens, que ascende a un total de 34.204.253,23 euros (a 31 de decembro de 2011) e que supón un incremento dun 7,52% con respecto ao ano anterior. Un crecemento de 2.394.341,45 euros froito da incorporación das novas infraestruturas realizadas polo Concello brionés nos últimos doce meses, especialmente a piscina municipal climatizada de Pedrouzos e o parque municipal de Pedrouzos, que concentran máis do 60% dese incremento.

O alcalde de Brión, Xosé Luís García, destaca que “non paramos de medrar, todo co fin de lograr un máis elevado nivel de vida para os nosos veciños e veciñas e facer de Brión un concello agradable, pacífico e atractivo”. De feito, este incremento no patrimonio municipal tradúcese tamén nun incremento do 1,03% no gasto corrente para o mantemento dos bens e servizos municipais nos orzamentos de 2012.

Melloras de infraestruturas

A maior incorporación ao patrimonio municipal de Brión durante 2011 foron as instalacións da piscina municipal de Pedrouzos, que supuxeron un investimento de 1,12 millóns de euros por parte da Deputación Provincial da Coruña e o Concello de Brión. Unhas instalacións que ocupan unha superficie de 2.353 metros cadrados sobre unha parcela na que a Institución Provincial investiu outros 150.000 euros para o seu acondicionamento.

Neste edificio, de planta baixa e soto, están situados unha piscina climatizada de 577 m2 e 1,55 metros de profundidade e un ximnasio de 141 m2 de superficie, así como vestiarios para homes e mulleres e outras dependencias. Unhas instalacións que contan a día de hoxe cun total de 1.186 aboados.

A outra gran incorporación ao inventario municipal foi o parque municipal de Pedrouzos, “unha gran área de ocio para o disfrute de toda a familia, pois inclúe xogos para os nenos, aparellos de ximnasia para a terceira idade, zonas de paseo e unha área reservada para os mozos, cunha pista de skate”, sinala Xosé Luís García. Ademais das distintas instalacións incluídas nesta área de ocio, o maior incremento patrimonial provén da recepción da urbanización da Área de Reparto 8, na que está situado ese parque municipal, e que está valorada en máis de 570.000 euros.

Por último, o inventario municipal de Brión inclúe tamén outras incorporacións que supuxeron unha importante mellora dos servizos e infraestruturas que disfrutan os veciños e veciñas do municipio como o acondicionamento da nova biblioteca municipal de Pedrouzos, o alumeado público en Monte Balado e no paseo do Río Pego ou distintas actuacións en materia de saneamento, entre as que destacan o novo bombeo de Nináns. Completan as novas incorporacións ao inventario municipal pequenos traballos de reparación de estradas (por 91.000 euros) e beirarrúas (por outros 63.000 euros).

Ordes – contos con ritmo na biblioteca

As Tardes de contos e lendas da biblioteca de Ordes ofrece este venres o relato ‘Contos con ritmo’

Con este programa preténdese fomentar o hábito á lectura entre os rapaces e rapazas de 6 a 8 anos, ademáis de familiarizalos co centro

Ordes 23 febreiro 2012. A biblioteca municipal de Ordes celebrará mañá venres unha nova entrega das súas Tardes de contos e lendas. Unha iniciativa coa que se pretende fomentar o hábito á lectura entre os rapaces e rapazas de 6 a 8 anos, ademáis de servir como escaparate para todas as actividades e posibilidades que se lles brindan dende o centro. Nesta ocasión os asistentes poderán disfrutar a partir das 18.30 horas do relato ‘Contos con ritmo’, ofrecido polo grupo Duendecico.

Por outra banda permanece aberta ao público a mostra sobre o Antroido a través da cal os usuarios e visitantes poderán tomar nota de costumes e receitas típicas desta época do ano. Así poderán aprender a elaborar pratos típicos como as filloas, orellas ou cocido. Tamén se está a exhibir unha ampla selección de libros e documentos relacionados con esta festa, pertencente ó fondo documental da biblioteca.

Adxunto foto de arquivo dunha das celebracións da ‘Tardes de contos e lendas’

Auditorio de Galicia – Lelía en sons 2012

Leilía en concerto dentro do ciclo Sons 2012

  • Presentan o seu último traballo, ‘ConSentimento’ no Auditorio de Galicia a partir das 21.00h.LEILIA 2011 C_compr

  • A seguinte cita con Sons será o 24 de marzo con Pablo Milanés e Andrés Suárez

Santiago de Compostela, 24/02/2012.- Mañá, o ciclo Sons 2012 ofrécenos unha nova cita coa calidade e a diversidade. Así, partir das 21.00h. poderemos escoitar ás Leilía, que presentan o seu último traballo, ‘ConSentimento’ no Auditorio de Galicia. As entradas, a un prezo único de 10 euros están á venta en Servinova e na billeteira da Concellería, situada no Teatro Principal que ten horario de martes a sábado de 18.00 a 21.00h. Ademais, mañá mesmo poderán mercarse a partir das 18.00 e ata o comezo do concerto na billeteira do Auditorio de Galicia.

ConSentimento é un homenaxe a todas as mulleres que fixeron e fan realidade a creación, a conservación e a transmisión da tradición oral galega. Un agradecemento personificado na figura de Eva Castiñeira, unha cantadora, unha pandereteira, unha muller como tantas e tantas mulleres que dende case o anonimato sementaron a nosa terra de arte, cultura e beleza. Coa inestimable colaboración do músico e arranxista compostelán Xoán Porto, Leilía propón neste quinto traballo unha concepción musical acorde a unha nova realidade. Un disco no que apenas tres instrumentos: guitarra, acordeón e contrabaixo, abrigan á perfección a beleza do canto tradicional os versos de varias das mellores poetas galegas da actualidade: Ana Romaní, Yolanda Castaño, Eva Moreda, Mariña Pérez, Eva Veiga, Ana Amado e Marilar Aleixandre. O deseño do espectáculo corre por conta doutro dos grandes profesionais da escena galega: Quico Cadaval.

LEILÍA nace no ano 89, da man de seis mulleres, Ana, Patri, Merchi, Montse, Felisa e Rosario, que cunha aposta pioneira e atrevida, propuxeron recuperar do esquecemento a tradición oral galega. É así como abriron un camiño propio ao publicar a mediados dos 90 “Leilía” (Dismedic) composto exclusivamente por pezas tradicionais. Con esta publicación obtiveron un fondo recoñecemento de crítica e público, que descobre un xeito de expresión oral, ata daquela practicamente descoñecido na nosa sociedade. Unha vez sentados os cementos atrévense a dar un paso máis: achegar a música do pasado ao presente, por medio da incorporación de instrumentos e polifonías non tradicionais. Así nace “I é verdade i é mentira” (Virgin Records) (1998) baixo a produción musical de Nando Casal e Antón Seoane, membros de Milladoiro. No ano 2003, publican «Madama« (Discmedi) no que seguindo a estela do anterior traballo, incorporan un novo elemento: letras de temática actual.

No 2005, coincidindo co seu 15º aniversario, publican «Son de Leilía« (Leilear), un percorrido pola historia do grupo, no que se reflectiran as raíces tradicionais, así como as pezas máis evolucionadas, pasando polas diferentes colaboracións que tiñamos feitas ó longo dos nosos 15 anos de historia. 

Ás portas do 2012 sae á luz CONSENTIMENTO, un traballo no que as melodías tradicionais recollidas por Leilía se engalanan coas letras creadas por destacadas escritoras para a ocasión e tamén polos arranxos musicais feitos por Xoan Porto. Un disco, que sen deixar de soar a Leilía, ten corpo e gusto propio.

BNG Teo – renovación do consello local

O BNG de Teo renova o seu Consello Local e elixe Responsábel Local a Andrés Fernández

O BNG non permitirá que o conflito creado polo Encontro Irmandiño afecte aos veciños e veciñas da localidade

Teo, 23 de febreiro do 2010.- A Asemblea Local do BNG de Teo reuniuse a pasada noite para elixir os seus cargos de dirección, tal e como corresponde despois da 13ª Asemblea Nacional, e para definir a súa posición institucional logo da baixa dun grupo de militantes entre os que se atopa o Alcalde e varios concelleiros do goberno municipal.

A Asemblea local elixiu como novo Responsábel Local a Andrés Fernández, e como vicerresponsábel local a Soedade Amieiro, así como un novo Consello Local no que estarán os actuais concelleiros Manuel Anxo Fernández Baz e Carme Dieguez. O Consello Local complétase coa presenza de Ana María Fernández, Álvaro Alonso, Mónica Bastos, Xoán Xesús Freire, Alexandre Pérez, Concha Lopes, Almudena Taboada e Renato Núñez.

O BNG seguirá a traballar con normalidade no concello de Teo logo de constatar que a maioría da militancia da localidade permanece na organización e que, ademais, nos últimos días se teñen producido novas altas de afiliación coa vontade construtiva de pasar páxina “á decepcionante decisión de Martiño Noriega e outras persoas de abandonar e descualificar ao BNG para crear un novo proxecto”.

A asemblea ratificou a decisión da Executiva Nacional do BNG de solicitar a renuncia inmediata á acta de concelleiras/os que abandonaron a organización para que tomen posesión as seguintes persoas da lista que manteñan a súa adhesión á organización. A Asemblea xustifica esta decisión baseándose no feito de que a elección para ditos cargos públicos foi obtida dentro dunha candidatura do BNG, e que quen propuxo a súa integración nesa lista do BNG foron as e os militantes do BNG de Teo.

Os nacionalistas decidiron que no caso de que os concelleiros e concelleiras que abandonaron a organización non renuncien ás actas de edís, o BNG non participará do goberno municipal. Para os nacionalistas, “non se darían as condicións para compartir proxecto de goberno con quen despreza ao BNG”. Desde o BNG lamentan que a maior preocupación dos concelleiros/as que abandonaron a organización sexa pechar filas arredor do alcalde e debilitar ao BNG: “Foi a súa obsesión estes días e iso é o que significa a súa unidade de acción”. Pola súa banda, a preocupación do BNG é seguir traballando por un proxecto político coherente e centrado nos veciños e nas veciñas de Teo, coma sempre porque “o BNG non cambiou”, subliñan.

Así, consideran que a mellor aportación que poden facer á normalidade institucional do Concello é deixar de integrar o goberno municipal, para evitar que o conflito promovido polo Encontro Irmandiño e compartido por Martiño Noriega, salpique aos intereses dos veciños. Aseguran que todo o mundo pode comprender que se alguén decide marchar do BNG, descualificalo e impulsar outro proxecto, as relacións e a confianza non seguen sendo as mesmas. “Non sabemos con que proxecto se gobernaría Teo no caso de que non fose o BNG quen formara o goberno pero si sabemos que non respondería ao que decidiu colectivamente o mesmo BNG que acadou maioría absoluta nas eleccións”, destacan e engaden: “Sería lastimoso e decepcionante, pero o BNG non ten a responsabilidade e non se mantería nun goberno meramente por conservar postos de poder”.

A Asemblea Local tamén acordou transmitir publicamente con claridade que no caso de que Martiño Noriega e os demais concelleiros que se deron de baixa do BNG non renunciasen ás actas,  “non imos promover nin apoiar un cambio de goberno local. No que dependa do BNG, esta situación non vai ser ningunha oportunidade para o Partido Popular e a nosa actuación institucional seguira sendo coherente e construtiva”.

Santiago – axenda xoves 23 febreiro

Xoves 23

10.00 h

No salón reitoral de San Xerome, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asiste ao consello de administración de Uninova e ao de Cursos Internacionais (11.15 h).

11.30 h

Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Medio Ambiente, Obras e Infraestruturas, María Castelao, sobre asuntos da súa área.

12.00 h

Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Educación, Ángel Currás, para presentar o programa de conciliación para as familias de Compostela Semana Santa 2012.

12.30 h

O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, e o concelleiro de Tráfico, Albino Vázquez, asisten á posta en marcha dos novos semáforos ubicados nas interseccións da rúa República do Salvador con Xeneral Pardiñas e Doutor Teixeiro.

13.00 h

Na rúa do Cottolengo, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asiste ao acto de inauguración das novas instalacións da sede central de Proxecto Home.

16.15 h

Na praza Aurelio Aguirre,1- Conxo, o concelleiro de Educación, Ángel Currás, visita a Escola Infantil Municipal de Conxo, convertida nun Parque de Bombeiros con motivo do Entroido 2012.

17.30 h

Pleno ordinario

Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día

1. Aprobación, se procede, de actas de sesións anteriores.

2. Aprobación definitiva do Plan parcial do solo urbanizable delimitado número 14 (SUD-14). Monte do Seixo.

3. Suspensión da encomenda de xestión a EMUVISSA da urbanización do solo urbanizable non programado número 11 (SUNP-11). Castiñeiriño.

4. Aprobación inicial da ordenanza reguladora da inspección técnica das edificacións (ITE).

5. Designación de representantes na comisión mixta relativa á delegación das competencias para autorizar as obras no ámbito do perímetro azul actualmente atribuídas á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural e do Comité Asesor do Camiño de Santiago no Concello de Santiago de Compostela e na Comisión Asesora do Patrimonio Histórico.

6. Proposta da Alcaldía de designación de novas rúas na cidade.

7. Proposición do grupo municipal do PSdeG-PSOE sobre modificación da Lei Hipotecaria.

8. Proposición do grupo municipal do BNG para a mellora da promoción do Camiño de Santiago.

9. Proposición do grupo municipal do PSdeG-PSOE sobre a procura de solucións ao aumento do desemprego en Compostela.

10. Concesión de medallas do corpo da Policía Local e galóns de méritos.

11. Dar conta de aprobación definitiva do Regulamento Orgánico e de Administración do Concello, por falta de reclamacións.

12. Dar conta de sentenzas e persoamentos en recursos contenciosos administrativos.

13. Dar conta de Resolución da Alcaldía de delegación de competencias.

14. Dar conta de resolucións da Alcaldía, das concellarías delegadas e acordos da Xunta de Goberno Local.

15. Rogos e preguntas.

16. Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos municipais.

20.30 h

Na Zona "C", 'Mujer muerta caminando', dirixida por Carlos Álvarez-Ossorio.

21.00 h (hora estimada en función do remate do pleno)

No restaurante Curro da Parra (rúa Travesa, 20, baixo), o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, e varios concelleiros asisten ao comezo do Fórum Cidade coa actividade Fórum Tapas, dentro da cal doce establecementos, gañadores dalgún dos premios das pasadas edicións de Santiago(é)tapas, ofrecerán a súa Tapa Fórum, creada especificamente para o evento.

21.00 h

No Auditorio de Galicia, concerto da Real Filharmonía de Galicia dirixida por Christoph König. Christian Zacharias, piano. [Henze, Debussy, Brahms].

Antroido nos Centros Socioculturais

18,00 a 19,00, Lsc de Laraño. Obradoiro: Dramatización e creación teatral. Expresión corporal. Rapaces/as entre 3 e 12 anos.

BNG Teo – mocións para o pleno de febreiro

O BNG de Teo presenta cinco mocións ao Pleno Municipal deste mes

A Reforma Laboral, a suba do IBI, a ILP SOS Sanidade Pública, o Día de Rosalía de Castro e o Día Internacional das Mulleres, temas arredor dos que xiran as propostas

Teo, 22 de febreiro do 2012.- O grupo municipal do BNG de Teo presenta cinco mocións no Pleno Municipal deste mes que se celebra mañá, xoves 23, na Casa do Concello. Os temas arredor dos que xiran as mocións son o rexeitamento da Reforma Laboral e da suba do Imposto de Bens Inmobles; o apoio á Iniciativa Lexislativa Popular SOS Sanidade Pública; a solicitude de declarar o 24 de febreiro como Día de Rosalía de Castro e a adopción de varios acordos en relación ao Día Internacional das Mulleres

O Goberno central vén de aprobar unha ampla reforma do réxime laboral, que socava as bases sobre as que se asentaban as relacións laborais, contendo medidas concretas que limitan os dereitos dos traballadores e traballadoras, tanto no que atinxe aos seus dereitos económicos como á súa capacidade de negociación laboral. Porén, como o propio Goberno vén afirmando, esas medidas non contribuirán de xeito directo a xerar emprego nin a mellorar a estabilidade laboral das persoas que na actualidade ocupan postos de traballo en precarias condicións. Por todo iso, os nacionalistas solicitan do Pleno da Corporación Municipal que acorde manifestar o rexeitamento a esta Reforma.

O Goberno Central vén tamén de aprobar un Real Decreto-Lei, de medidas urxentes en materia orzamentaria, que inclúe o incremento do Imposto de Bens Inmóbeis de Natureza Urbana (IBI).

Este incremento, ademais de que supón indubidabelmente un ataque frontal á autonomía local, por ser os concellos os que teñen a posibilidade de fixar os tipos impositivos do IBI, vai repercutir gravemente na economía das familias. Polo exposto, o grupo municipal do BNG solicita do Pleno da Corporación Municipal a adopción do acordo de manifestar o rexeitamento a esta medida e solicitarlle ao presidente da Xunta que inste ao goberno do estado a retirar este incremento ademais de que se proceda a unha reforma urxente do financiamento local e se impulse un Plan de Financiamento Local.

Noutra das mocións que se presentan a este Pleno o BNG pídelle á Corporación que manifeste o seu apoio á Iniciativa Lexislativa Popular impulsada pola Plataforma SOS Sanidade Pública así como animar aos veciños e veciñas de Teo a colaborar con esta iniciativa. Piden tamén nesta moción que se inste á Xunta de Galiza e á Consellaría de Sanidade a garantir a Sanidade Pública como servizo universal, gratuíto e de calidade e a manter a xestión pública e directa do Sistema de Saúde de Galiza

Os nacionalistas tamén presentan ante o Pleno unha moción para que a Corporación declare o 24 de febreiro Día de Rosalía no concello así como para que se emprenda e apoie a realización de actividades de promoción da obra da escritora que impliquen ao conxunto dos veciños e veciñas do concello o 24 de febreiro, data recollida oficialmente pola Consellaría de Cultura da Xunta de Galiza no seu Calendario do Libro e da Lectura.

A última das mocións é en relación ao Día Internacional das mulleres. A crise económica e social que estamos a vivir e a falta de alternativas xustas e sociais dende os gobernos do Estado e de Galiza, golpea de maneira especial ás mulleres. Ademais, o BNG quere facer especial incidencia no retroceso democrático que supoñerá a anunciada derrogación da norma que actualmente regula a interrupción voluntaria do embarazo. Unha demanda de décadas das mulleres que se cumpriu hai escasos meses e que o PP anuncia que desmantelará como tantas outras políticas públicas de igualdade. O grupo municipal do BNG solicita á Corporación que acorde que o Concello se comprometa a defender os dereitos das mulleres e manifestarse contra a derrogación de dita Lei. Ademais, tamén pide que se demande ao Goberno da Xunta de Galiza o desenvolvemento de medidas relativas á información e á educación afectivo sexual e reprodutiva e que o Concello apoie a mobilización reivindicativa dos dereitos das mulleres convocada para o 11 de Marzo polas organizacións feministas actuantes en Galiza.

Teo – día da muller 2012

A PROGRAMACIÓN DO DÍA DA MULLER NO CONCELLO DE TEO BUSCA VISIBILIZAR A IMPLICACIÓN REAL DOS HOMES NO TRABALLO DOMÉSTICO

· Unha das actividades destacadas é un concurso de tortillas no que os cociñeiros serán un grupo de homes representativos do Concello
· Tamén haberá unha declaración institucional o propio xoves 8 de marzo e unha mesa redonda que chamará a atención sobre o traballo das leiteiras
· Teenses pola Igualdade e a Asociación de Mulleres Rurais de Teo colaboran co Concello na elaboración do programa de actos
22 de febreiro de 2012. O concelleiro de Benestar, Ignacio Iglesias, presentou esta mañá o programa de actividades organizado con motivo do Día das Mulleres, que se celebra o oito de marzo. Na presentación estivo acompañado da presidenta de Teenses pola Igualdade, Rosa Gómez Limia, asociación que colabora co Concello xunto coa Asociación de Mulleres Rurais de Teo no deseño e realización destes actos.
Segundo explicou o edil o programa deste ano quere buscar “a implicación real dos homes no traballo doméstico e a visibilización desta implicación”. E para eso artellouse un concurso de tortillas que se celebrará o sábado 3 de marzo. “Queremos entrar no ámbito privado dos homes e levalo ó ámbito público” explica Iglesias. Para eso un grupo de homes representativo do Concello de Teo farán unha tortilla na súa casa ese sábado 3 de marzo. Ademais de cociñar deben facer a compra e fregar os cacharros. “Trátase de amosar como fan o traballo na cociña que é unha das tarefas máis domésticas e queremos facer un seguimento de todo o proceso, tanto o previo como o de recoller e fregar”.
Os cociñeiros seleccionados para esta edición do concurso son Carlos Blanco, Rafael Sisto, Ezequiel Mosquera, José Manuel Maceira, Fernando López, Marcos Pernas, Christian Barros, José Manuel Crespo, Ramón Parajó, Jorge Carballido, Carlos Lapido, José A. Patiño, Enrique Ferro, David Pedreira e José M. Dosil. Para levantar acta de todo o proceso o Concello conta coa colaboración do alumnado do IES de Cacheiras que acompañarán ós concursantes mentras realizan a tortilla, para facer fotos e deixar constancia da actividade.
A xornada rematará co veredicto dun xurado composto por mulleres: Carmen Morán, Rosa Gómez Limia, Malena Suárez, Rosa Arcos, Puri Cabido, Rosa Moreiras e Paloma Puime. A degustación das tortillas será no CSC da Ramallosa a partir das 19:30 horas. O acto público estará presentado por Paula Carballeira e haberá música coa cantante Sés.
Iglesias destaca que se trata de chamar a atencións sobre a “necesidade de que os homes fagan unha asunción real do traballo doméstico para posibilitar que as mulleres teñan un acceso tamén real a todos os ámbitos da sociedade, dende o laboral ó lúdico”.
O 8 de marzo a partir das 19:30 horas no salón de plenos do Concello darase lectura a unha declaración institucional e celebrarase unha mesa redonda sobre “O traballo das mulleres: as leiteiras de Teo”, na que intervirá Luisa Múñoz, profesora do departamento de Historia Contemporánea da USC e de Ana Calvo, Dora e Fina Abeijón. Estas tres son mulleres con experiencia como leiteiras. O concelleiro de Benestar explica que se elixiu este tema dado que o traballo como leiteiras é “paradigmático do traballo feminino”. E permitiu nas décadas dos 40, 50 e 60 que moitas mulleres foran pequenas autónomas e “puideran acadar unha independencia económica” destaca Ignacio Iglesias.
Rosa Gómez Limia explicou na súa intervención en que consistirá a II Festa das mulleres e das asociacións que se celebrará o 9 de marzo na Casa Común de Rarís. Esta actividade naceu o ano pasado da man de Teenses pola Igualdade e segundo a presidenta da asociación “é unha festa para celebrar en pé de igualdade e afastarnos da idea de que sempre se destacan máis os temas negativos cando se fala de igualdade”. Este ano xa contan coa colaboración de 14 asociacións. Haberá unha merenda comunitaria e a continuación actuacións e unha mostra do traballo do movemento asociativo. Pechará a festa a cantante teense Loli Nogueira, moi coñecida despois do seu paso por un programa televisivo de ámbito estatal.
Gómez Limia tamén anunciou a celebración dunha mesa redonda, organizada pola súa asociación, este venres 24 na Casa Común dos Tilos a partir das 20:00 horas co título “A encrucillada das mulleres ante a crise económica” na que participarán Laura Seara e Carmen Cagide.
Rosa Gómez destacou que estamos lonxe da igualdade “mentres as mulleres non estean representadas en pé de igualdade e con naturalidade”. Pero apostou por seguir “recoñecendo o traballo das mulleres, ese traballo sutil e anónimo” e por buscar “a cooperación dos homes”.
O programa de actos con motivo do oito de marzo do Concello de Teo pecharase coa excursión ás Termas de Outariz o 11 de marzo dirixida a mulleres maiores de 25 anos residentes en Teo. Para participar só teñen que anotarse no teléfono de Servizos Sociais 981 809 707 ata o próximo 2 de marzo.

Ames – reciclaxe de vidro

O Concello de Ames pon en marcha unha campaña para concienciar a veciñanza da importancia que ten a reciclaxe de vidro

A campaña desenvolverase os días 27, 28 e 29 de febreiro e 1, 2 e 3 de marzo nas casas da cultura de Bertamiráns e do Milladoiro. Repartíranse bolsas de rafia entre os veciños e veciñas de Ames para a correcta separación do vidro.

Dende a Concellaría de Medio Ambiente, Desenvolvemento Sostible e Sanidade lembran que a maior parte do lixo que xeramos pode reciclarse. Para iso hai que separar os distintos tipos de residuos e depositalos no colector correspondente.

Esta iniciativa dá continuidade a outra campaña que se puxo en marcha no pasado mes de outubro para prestar o servizo de recollida selectiva porta a porta de cartón dirixido aos comerciantes do polígono industrial Novo Milladoiro e ao pequeno e mediano comercio.

Ames, 22 de febreiro de 2012. O Concello de Ames e a Mancomunidade do Barbanza poñen en marcha unha campaña para fomentar a reciclaxe de vidro. Trátase dunha campaña de concienciación sobre a separación en orixe dos residuos sólidos urbanos. Para elo repartíranse bolsas de rafia entre os veciños e veciñas de Ames para a correcta separación do vidro. A campaña desenvolverase os días 27, 28 e 29 de febreiro e 1, 2 e 3 de marzo nas casas da cultura de Bertamiráns e do Milladoiro. Para poder recoller a devandita bolsa os veciños/as terán que achegar unha carta sobre esta campaña, que previamente xa se lle enviou aos seus domicilios. Esta iniciativa dá continuidade a outra campaña que se puxo en marcha no pasado mes de outubro para prestar o servizo de recollida selectiva porta a porta de cartón dirixido aos comerciantes do polígono industrial Novo Milladoiro e ao pequeno e mediano comercio.

Dende a Concellaría de Medio Ambiente, Desenvolvemento Sostible e Sanidade lembran que a xeración de lixo é un dos grandes problemas ambientais de hoxe en día. Os residuos sólidos urbanos do Concello de Ames teñen como destino o Complexo Medioambiental do Barbanza, situado en Lousame, que conta cun sistema de tratamento de residuos respectuoso co medio ambiente, baseado na reciclaxe dos envases e no tratamento da materia orgánica para a elaboración de compost. A maior parte do lixo que xeramos pode reciclarse. Para iso hai que separar os distintos tipos de residuos e depositalos no colector correspondente.

Co obxectivo de concienciar a veciñanza amiense da importancia da reciclaxe e da separación en orixe dos residuos sólidos urbanos o Concello de Ames e a Mancomunidade Serra do Barbanza van desenvolver unha campaña que consistirá na achega dunha bolsa de reciclaxe para a correcta separación do vidro co obxectivo de facilitar a separación na casa e logo o seu depósito no colector correspondente.

A veciñanza amiense poderá obter esta bolsa, de xeito gratuíto, na Casa da Cultura de Bertamiráns e O Milladoiro os días 27, 28 e 29 de febreiro e 1, 2 e 3 de marzo, en horario de 09:00 h a 14:00 horas e de 16:30 h a 21:00 horas (o sábado 3 de marzo o horario de recollida será de 11:00 h a 14:00 horas). Para poder recoller a devandita bolsa os veciños/as terán que achegar unha carta sobre esta campaña, que previamente xa se lle enviou aos seus domicilios.

Ademais de poder recoller a bolsa de reciclaxe a veciñanza amiense recibirá unha pequena charla para coñecer como se realiza unha correcta separación en orixe. Deste xeito, explicaráselles que as botellas e tarros de vidro deben depositarse no colector iglú verde, o papel e cartón hai que depositalo no colector azul, os envases de plástico, latas e bricks van ao colector grande de tapa amarela e os residuos orgánicos (restos de comida, tanto crus como cociñados, follas secas, etc.) deposítanse no colector pequeno de tapa verde. Cumprindo estas normas de separación conseguiremos manter o concello máis limpo e ser máis respectuosos co medio. Lembra que separar para reciclar é cousa de todos/as.

Servizo de recollida de cartón

Dende o pasado mes de outubro o Concello de Ames está prestando o servizo de recollida selectiva porta a porta de cartón para os comerciantes do polígono industrial Novo Milladoiro e para o pequeno e mediano comercio. O obxectivo deste servizo é facilitar aos comercios a correcta xestión destes materiais e o cumprimento das obrigas impostas pola lexislación vixente. Os colectores de papel e cartón (azuis) están preparados para recibir o papel e cartón procedente dos fogares e xeralmente vense saturados e desbordan co cartón dos comercios. Para evitar esta situación, manter limpo o noso concello e mellorar a imaxe das nosas rúas, púxose en marcha este servizo. Con esta acción ademais contribúese á mellora do medio ambiente garantindo que o papel e o cartón dos comercios se recicla.

Os comerciantes deben pregar os cartóns e sacalos á beirarrúa axeitadamente amontoados e pregados, sen obstruír o paso dos peóns. O persoal de recollida percorrerá as rúas comerciais e recollerá todo o cartón amontoado e depositado polos/as comerciantes na ruta e días establecidos. A recollida do cartón polo polígono Novo Milladoiro realízase os xoves a partir das 11:00 horas, mentres que para o pequeno e mediano comercio levase a cabo os luns e xoves dende as 17:00 horas. Este servizo é totalmente gratuíto.

Teo – pleno ordinario de febreiro

O PLENO DECIDIRÁ SOBRE A PROPOSTA DE CLASIFICACIÓN DO PROCEDEMENTO DE CONTRATACIÓN DO ALUMEADO PÚBLICO

· Na sesión tamén se debaterán diferentes mocións do BNG e do PSdeG-PSOE en contra dos recortes da sanidade pública

22 de febreiro de 2012. A corporación teense reúnese este xoves 23 de febreiro para celebrar a sesión ordinaria do pleno deste mes. O debate terá lugar, como xa é habitual, en horario de tarde, ás 20:00 horas, para facilitar a asistencia das persoas interesadas e celebrarase no salón de sesións da Casa Consistorial, na Ramallosa.

O principal punto da orde do día será a proposta da alcaldía de clasificación de proposicións do procedemento de contratación do servizo de conservación e mantemento do alumeado público e das instalacións municipais. A mesa de contratación proponlle ó órgano de contratación, que neste caso é o pleno, a proposta de clasificación das empresas que se presentaron, un total de nove. A proposta da alcaldía propón a clasificación das propostas e a solicitude da documentación á empresa máis valorada de cara a adxudicación do contrato.

O servizo que se vai contratar comprende a instalación de iluminación pública e a rede semafórica, as instalacións eléctricas de todos os edificios de propiedade municipal ou competencia municipal así como as instalación eléctricas de titularidade municipal de calquera tipo, como bombas de achique, equipamentos deportivos, etc.

Na sesión tamén se debaterán dúas mocións do BNG e do PSdeG-PSOE que coinciden en criticar os recortes na sanidade pública. As dúas propostas amosan o seu apoio á Iniciativa Lexislativa Popular impulsada pola Plataforma SOS Sanidade Pública ademais de instar á Xunta de Galicia a garantir a sanidade pública como un servizo universal, gratuíto e de calidade e a manter a xestión pública e directa do Sistema de Saúde de Galicia.

A orde do día ten os seguintes puntos:

  1. Dar conta das resolucións da alcaldía (da 34/12 á 95/12).
  2. Dación de conta do informe conxunto de tesourería e intervención sobre o cumprimento de prazos de pago das operacións comerciais (4º trimestre de 2011).
  3. Ditame da proposta da alcaldía de clasificación de proposicións do procedemento de contratación do servizo de conservación e mantemento do alumeado público e instalacións municipais.
  4. Ditame da moción do PSdeG-PSOE sobre apoio da plataforma SOS Sanidade pública contra recortes e privatizacións na sanidade pública galega.
  5. Ditame da moción do BNG de apoio á iniciativa lexislativa popular para a defensa e promoción da sanidade pública en Galiza.
  6. Ditame da moción do BNG contra a subida do imposto de bens inmóbeis (IBI) decidida polo goberno do Estado.
  7. Ditame da moción do PSdeG-PSOE para a modificación pola Xunta de Galicia dos criterios das axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación con entidades locais.
  8. Ditame da moción do PSdeG-PSOE sobre a mellora da visibilidade dos pasos de peóns na AC-841,
  9. Mocións.
  10. Rogos e preguntas.

Silleda – constitúese o consello municipal de educación

A Concellaría de Educación constituirá hoxe con varias entidades máis, o Consello Municipal de Educación

O Concelleiro de Educación, Matías R. Da Torre, ten prevista para mañá ás 20.00 horas na Casa da Cultura de Silleda, unha reunión con varios representantes das diferentes asociacións e entidades educativas de Silleda para constituir o Consello Municipal de Educación.

Este Consello está pensado para que sexa un órgano colexiado de participación e información da xestión municipal referido á educación, e contará cun representante de cada Centro Educativo, ANPA e Fundación a prol do ensino en Silleda, por isto foron convidados o CEIP de Silleda, o CEIP de Bandeira, a Galiña Azul Escola Infantil de Silleda, o Colexo María Inmaculada, o IES Pintor Colmeiro, a Fundación Preescolar na Casa, ANPA Pícaros do CEIP de Silleda e ANPA Brincadeira do CEIP de A Bandeira.

Entre as funcións a desempeñar polo Consello están a de propoñer ao órgano competente fórmulas encamiñadas a resolver os problemas relacionados co ámbito das súas funcións, emitir informes, por iniciativa propia ou a petición do Concello sobre materias da súa competencia, presentar iniciativas ou suxestións ao Concello para ser discutidas nas comisións informativas municipais correspondentes, compartir accións educativas ou involucrar á comunidade educativa na sociedade trasdezá e viceversa.

O Concelleiro de Cultura, Educación, Turismo e Participación Cidadá, Matías R. da Torre, afirma que “coidamos que toda persoa ten dereito a intervir no proceso de toma de decisións no ámbito local, pois isto é algo inherente a unha sociedade transparente e democrática” e continúa “un dos nosos obxectivos fundamentais é achegar o máis posible a Administración aos veciños e lograr que interactúen, algo que sen dúbida redundará en beneficio de todos”.

BNG A Estrada – rexeitamento da lei de saude sexual e reprodutiva

O BNG quere que o concello rexeite a revogación a lei Saúde Sexual e Reprodutiva e da Interrupción Voluntaria do Embarazo que planea facer o goberno central

Na moción que vén de rexistrar o BNG, co gallo do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, pide que o concello apoie as manifestacións convocadas para 11 de marzo convocadas polas organizacións feministas actuantes en Galiza

A Estrada, 22 de febreiro de 2012: A crise económica e social que estamos a vivir e a falta de alternativas xustas e sociais dende os gobernos do Estado e de Galiza, golpea de maneira especial ás mulleres. A feminización da pobreza é xa un feito na nosa sociedade facendo desaparecer avances acadados en decenios de esforzos de acción positiva.

O paro feminino medra por riba do masculino así como o número de mulleres inactivas que desisten de buscar emprego. A nova precarización do mercado laboral e o recorte nas pensións afectará máis negativamente ás mulleres, que son maioría nos traballos a tempo parcial e na economía somerxida, cun promedio de menos anos de cotización e tamén son maioría como perceptoras de pensións non contributivas. Os recortes de servizos sociais e de atención á dependencia forzan a máis mulleres a asumir de novo o papel de coidadoras non retribuídas. Todos eles son pasos atrás na procura da independencia económica imprescindíbel para rachar situacións de convivencia de parella violentas.

Ante este deterioro das condicións de vida das mulleres galegas, a Xunta de Galiza renuncia a utilizar as súas competencias para fortalecer as políticas de igualdade e redistributivas e convértese en axente activo do recorte dos dereitos da cidadanía.

Neste 8 de Marzo de 2012, Día Internacional das Mulleres, o BNG quere facer especial incidencia no retroceso democrático que supoñerá a anunciada derrogación da norma que actualmente regula a interrupción voluntaria do embarazo. Unha demanda de décadas das mulleres que se cumpriu hai escasos meses e que o Partido Popular anuncia que desmantelará como tantas outras políticas públicas de igualdade.

A despenalización do aborto democratizou o acceso á prestación e aliviou a presión moral que se exercía sobre as mulleres que decidían non continuar cun embarazo. A normativa ameazada incorpora políticas de información e prevención de embarazos non desexados, elemento clave en calquera política que pretenda diminuír a súa incidencia. Non hai razóns sanitarias ou sociais, non hai polémica alén da provocada polos grupos radicais conservadores e a xerarquía católica, que xustifique un retroceso de tal calibre.

Dende as institucións onde o BNG ten presenza, dende a rúa xunto coas mulleres militantes feministas que non renuncian a reivindicar os dereitos de cidadanía da outra metade da humanidade, reclamamos o mantemento da lexislación actual e reclamamos que esas Institucións se pronuncien no mesmo sentido.

Polo o exposto, o grupo municipal do BNG solicita de todos os partidos con representación no Pleno da Corporación municipal o apoio á moción que contén os seguintes puntos:

  1. O Concello comprométese a defender os dereitos das mulleres e manifestarse contra a derrogación da Lei Orgánica 2/2010, de 3 de marzo, de Saúde Sexual e Reprodutiva e da Interrupción Voluntaria do Embarazo, que garante para elas a libre decisión sobre a súa maternidade.

  2. Pedirlle á Xunta de Galiza que inste ao Goberno do Estado ao mantemento da devandita lei.

  3. Demandar do Goberno da Xunta de Galiza o desenvolvemento de medidas relativas á información e á educación afectivo sexual e reprodutiva, garantindo o acceso universal aos servizos e programas de saúde sexual e reprodutiva, o acceso a métodos seguros e información sanitaria sobre a anticoncepción e prevención de enfermidades de transmisión sexual.

  4. O Concello apoia a mobilización reivindicativa dos dereitos das mulleres convocada para o 11 de Marzo, Día Internacional das Mulleres, polas organizacións feministas actuantes en Galiza.

Fundación Araguaney – lunas de Amal

Volve o cine euroárabe a Compostela coas xa consolidadas “Lúas de Amal”

É a cuarta vez que o Festival Amal organiza esta actividade co obxectivo de achegar o cine euroárabe a Santiago ao longo de todo o anomailing-Luas

As proxeccións serán os últimos luns de cada mes. A primeira comeza o 27 de Febreiro na Galería Caroní da Fundación Araguaney (Rúa do Vilar, 21). “Erhal. Diario da Praza Tahrir” de Marc Almodóvar sera a película inicial

Santiago de Compostela, Mércores 22 de Febreiro de 2012. O vindeiro luns 27 de febreiro regresan a Santiago as “Lúas de Amal”, unha iniciativa da Fundación Araguaney para exhibir cine euroárabe fóra da semana oficial do propio Festival Amal.

É xa o cuarto ano que se organiza dita actividade, grazas á que o público poderá ver gratuitamente unha serie de películas que foron proxectadas en edicións anteriores do Festival. Nesta e nas demáis ocasións, a hora de proxección das películas será ás 22,00 h. O curioso é que os espectadores poderán votar entre 3 opcións para elixir a película que desexen que se proxecte en cada ocasión. Poderá facerse a través da web www.festivalamal.es

“As Lúas de Amal” comezarán o vindeiro luns 27 de Febreiro, data na que se exhibirá a longametraxe documental “Erhal. Diario da Praza Tahrir”, de Marc Almodóvar. Como primeiro prato das lúas, os espectadores poderán visionar o primeiro dos films que se proxectou na pasada edición de Amal, o día 24 de Outubro. O documental é unha crónica dende dentro dos 18 días de revolución en Exipto que provocaron o 14 de xaneiro de 2011 a caída dun dos ditadores máis estables de Oriente Próximo: Ben Alí. O pobo, reclamando liberdade e xustiza social, rompeu a barreira do medo, saíu á rúa e iniciou unha revolta que sacudiría ao mundo enteiro.

PRÓXIMAS CITAS COAS “LÚAS DE AMAL”

Nas seguintes citas o público determinará a película que se proxecte. Para iso, a organización dará a elixir entre 3 posibles títulos, e os espectadores poderán votar polo seu favorito na web www.festivalamal.es. O filme que teña máis votos será o que se exhiba.

As datas das próximas “Lúas de Amal” son as seguintes: 26 DE MARZO, 30 DE ABRIL, 28 DE MAIO e 25 DE XUÑO.

Melide – aprobado o orzamento para o 2012

O Concello de Melide aproba o orzamento para o ano 2012 marcado pola austeridade a fin de sanear as arcas municipais.

  • O pasado luns o Concello de Melide aprobou en Pleno o orzamento para 2012 marcado pola austeridade e o esforzo en manter os servizos básicos que ofrece a administración local.
  • O esforzo no estado de gastos vaise centrar no pago de facturas pendentes de anos anteriores e na posta en marcha dunha política de orientación e formación aos desempregados.

Melide, 22 de febreiro de 2012.- O Concello de Melide aprobou en Pleno o pasado luns os ornamentos para o ano en curso, xa que ate o momento encontrabanse prorrogados os do ano anterior. O encargado de defender a presentación destes orzamentos foi Luis Arias, o concelleiro de Facenda, quen presentou uns presupostos realistas, acordes coa realidade que está a vivir a facenda local. Todo o esforzo económico vaise centrar en pagar aos proveedores que adeudan facturas do ano 2009,2010 e 2011 que ascenderán a un montante de un millón de euros. O actual goberno local decidiu poñer todo o seu esforzo na conservación dos servizos que actualmente ten o Concello, incentivar a formación e a orientación para os desempregados ademáis de pagar as facturas pendentes. A débeda actual da administración local melidense ascende a 3.5 millóns de euros, a pesares de ter pagado no que vai de lexislatura o goberno municipal 1.233 facturas por importe de 1.5 millóns de euros. Pola súa banda, a alcaldesa de Melide informou que queda sen presupuestar a débeda co Consorcio que ascende a 430.000 €, 100.000 € do capítulo VI de investimentos reais, asi como unha reclamación por parte da empresa concesionaria da Piscina Municipal climatizada de Melide por un importe de 46.000 €. Segundo palabras do Concelleiro de Facenda no primeiro trimeste procederase ao pago de preto dun millón de euros en facturas pendentes. Outra das novidades que se presenta nestas contas para o ano 2012 é a previsión da partida orzamentaria correspondente para proceder o pago dos trienios do persoal laboral que até o de agora non viñan percibindo a pesares de haber no Concello sentenzas xudiciais que así o estimaban. En materia laboral tamén se prevé elaborar un Plan de Prevención de Riscos Laborais. A xestión do goberno local en materia económica, destacar que segundo cifras dadas polo concelleiro de Facenda, Luis Arias, o aforro do segundo semestre do ano foi notable xa que chega á diminución dun 40 € do gasto en teléfono, un 83 % do gasto corrente en obras e ata un 90 € en festexos entre outros. Luis Arias amosase satisfeito coas contas presentadas xa que de cumprirse serán un punto de partida idóneo para sanear a situación de crise da facenda local.

Santiago – axenda mércores 22 de febreiro

Mércores 22

11.00 h

Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal socialista, Francisco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h

No Salón Vermello, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, xunto coa concelleira de Benestar Social e UMAD, Paula Prado, presenta o festival Musicompostela, actividade enmarcada no Plan de Acción Local na Prevención de Drogodependencias.

12.00 h

Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal do BNG, Elvira Cienfuegos, sobre asuntos de carácter local.

13.30 h

No Salón Vermello, recepción ao A. Lobelle de Santiago FS, con motivo da consecución da quinta Copa Xunta por parte do club santiagués.

16.00 h

No Auditorio de Galicia (Sala Mozart), Alfredo Padilla ofrece unha Clase Aberta de balde sobre Shakespeare e o seu teatro, con motivo da promoción do obradoiro 'Montando a Sakespeare' que se celebra na Zona "C" e ao que se poden inscribir todos os que o desexen ata o 3 de marzo (Máis información en http://www.alfredopadilla.es/curso.html).

19.00 h

Na Escola de Altos Estudos Musicais, coloquio con Christian Zacharias, 'De Scarlatti a Brahms', en relación ao concerto que dará o xoves coa Real Filhamronía de Galicia.

ANTROIDO 2012

20.00 h. ACOMPAÑAMENTO DO MECO polas comparsas e participantes no Antroido desde a praza do Toural ata a Praza Roxa facendo o percorrido seguinte:Rúa Nova, Rúa do Vilar, Rúa da Senra, Doutor Teixeiro, República do Salvador, para rematar na Praza Roxa.

(Prégase aos acompañantes vistan de rigoroso loito para a ocasión)

21.00 h. QUEIMA DO MECO e animación

Acompañamento: BANDA MUNICIPAL DE SANTIAGO

Animación: MOFA E BEFA

Praza Roxa

Antroido nos Centros Socioculturais

17,00 a 18,00 Lsc San Lorenzo, obradoiro de máscaras. Rapaces/as entre 6 e 12 anos

18:30 Csc. Vite, Xogos: Batalla das flores. Nenos/as

19:00 a 22:00, Csc O Ensanche. Acompañamento á comitiva do enterro do Meco. Todos os públicos, preferente adultos.

Silleda – preescolar na casa

A Concellaría de Educación colabora coa Fundación Preescolar na Casa que desenvolverá a súa actividade no Ceip de A Bandeira

Silleda, 21 de febreiro de 2012. A Fundación Preescolar na Casa ten previsto desenvolver as súas actividades no Ceip de A Bandeira, e a Concellaría de Educación, que dirixe Matías R. da Torre, colaborará con ela na facilitación das instalacións e no apoio para as inscripcións para o programa.

As actividades, Espazos das Familias, - que pertence a Preescolar na Casa – darán comezo neste mes. A Fundación é unha entidade sen ánimo de lucro que oferta, a través dun equipo de profesionais, un Servizo de Orientación Educativa ás familias e un Servizo de Difusión que comprende unha ampla variedade de accións divulgativas.

Dende esta fundación, as familias terán a oportunidade de favorecer o encontro con outras con características e necesidades similares, profundizar no desenvolvemento dos cativos para comprendelos mellor e ter actuacións máis axeitadas, aproveitar os recursos disponibles como elementos educativos, recoñecerse como principais educadores dos fillos, favorecer a sociabilización, e a participación en actividades lúdicas, todo para o desfrute dos máis pequenos.

Aqueles que estén interesados, poden inscribirse a través do correo electrónico correo@preescolarnacasa.org, da web www.preescolarnacasa.org, ou tamén na Casa da Cultura de Silleda (986581028).

O Concelleiro de Educación, Matías Rodríguez, considera que “é un programa educativo moi acaído, efectivo e necesario para o apoio educativo das crianzas no medio rural”.

De máis aló – BNG Forcarei – pleno xoves 23

O BNG DE FORCAREI , AGARDA O PLENO DESTE XOVES PARA AVALIAR SE OS CAMBIOS NA ORGANIZACIÓN FACILITARÁN A XESTIÓN AUSTERA PROMETIDA POLA NOVA ALCALDESA.

A formación nacionalista presentará varias mocións en relación ao complexo momento socioeconómico que atravesamos e buscará o debate coa nova alcaldesa para que se posicione.

A concelleira nacionalista preguntaralle a alcaldesa se xa ten constancia da ubicación da incineradora do Irixo

Este xoves celebrase on pleno ordinario no que Belén Cachafeiro se estrea como alcaldesa a pesar de ser ordinario introduce, por imperativo legal, de novo cuestións relativas á organización.

O BNG agarda que a alcaldesa cumpra o dito no seu discurso de toma de posesión en relación a garantir un recorte nas atribucións salariais tanto dos membros do goberno como dos concelleiros da corporación , de ser así o BNG dará todo o seu apoio ás propostas dos populares.

Porén hai un punto na orde do día que inquieta aos nacionalistas , xa que se propón a votación dunha dedicación exclusiva con autorización de compatibilidade. Este tipo de cuestións introdúcense cando unha persoa pasa a traballar como cargo público e traballa, ao tempo, no sector privado. De ser así o BNG votará en contra porque nestes momentos de crise, onde hai moita xente en paro, onde se fala de redución da xornada laboral con redución de salario… non pode ser que haxa privilexiados que cobren dous salarios. Considera o BNG que os poucos recursos hai que redistribuílos, non agrupalos.

MOCIÓNS PRESENTADAS

O BNG presenta para este pleno 5 mocións que esperan sexan debatidas no pleno.

A primeira delas en relación a supresión das gardas nocturnas nas farmacias do concello. Tras preguntar no pleno de decembro sen ter contestación o BNG pediralle ao PP que non prive de máis servizos aos veciños de Forcarei (xa enviamos nota sobre asunto )

A situación laboral que se deriva do decreto da reforma laboral aprobada polo PP tamén preocupa ao BNG xa que sen dúbida o novo marco de negociación no traballo , o abaratamento do despido , as reducións de salario e xornada laboral, a posibilidade de introducir ERE´s na administración … é algo que vai a afectar ao concello. Polo que, é básico que os veciños coñezan a posición dos dirixentes populares do concello como a visión do BNG, implicado sempre na defensa dos dereitos de todos traballadores en calquera punto do país.

Tamén coidan básico os nacionalistas ver como afectará no concello a suba do IBI imposta polo PP da “austeridade”. Neste senso o BNG agarda que a nova alcaldesa sexa consciente que a aprobación de medidas urxentes por parte do goberno central vai supor un incremento do IBI

no 2013. Os nacionalistas preguntarán sobre o impacto no concello e sobre os investimentos ou servizos vai poñer en marcha con este incremento de recadación.

O BNG proporá a través dunha moción un plan de reactivación do comercio e a industria local a través da mellora da sinalización industrial nos polígonos do concello, como a creación dun proxecto de sinalización dos locais e comercios de Soutelo e Forcarei.

Outra das cuestións plantexadas será a posibilidade de buscar solucións a comunicacións das aldeas coas vilas mediante ao transporte á demanda ,máis recoñece ,que esta cuestión debe contar co consenso de todos os actores implicados.

Por último o BNG presenta unha moción para lograr un acordo plenario no que se proceda sempre a comunicación á empresa local das ofertas de obras públicas , favorecendo deste xeito, a participación en igualdade de condicións, do tecido empresarial e industrial local.

MÁIS PREGUNTAS NOVAS E RECORDATORIO DO QUE FICA SEN CONTESTAR:

No apartado de preguntas a concelleira do BNG , fará un recordatorio das preguntas que ten pendente de contestar o PP dende o pleno de agosto e lembrará que o artigo 97.6 e 7 do ROF establece a obrigatoriedade de contestar inmediatamente no pleno seguinte. Aínda que o BNG tamén debe recoñecerlle que dende o anterior pleno , non volvemos a ter problemas coa documentación cuestión que facilita enormemente o traballo a esta organización, así que agardamos que esta NOVA boa práctica do PP tamén funcione coas preguntas (axuntamos cadro coa preguntas)

Tamén preguntaremos sobre a cuestión da incineradora do Irixo xa que No pasado pleno de decembro presentou unha moción sobre a ubicación dunha incineradora no Irixo. O BNG demandaba da corporación un posicionamento sobre a localización .O PP rexeitou debater esta moción por non ter ningunha comunicación da situación da planta incineradora. Preguntaremos, por tanto, se por fin teñen constancia deste tema e nese caso se pensan priorizar os intereses locais como fixeron os alcaldes de Lalín e o Carballiño ou os intereses do PP.

Outra cuestión que interesa os nacionalistas e a previsión da convocatoria da praza de técnico de cultura , a substitución do policía local recentemente trasladado as horas extras ...

O BNG ROGA AO CONCELLO QUE ACELERE O PROCESO DE CP DE MEAVÍA QUINTILLÁN .

O noso grupo ten preguntado sobre o estado da CP Meavía – Quintillán , sen que o goberno municipal ofrecese información clara ao respecto , o que demostra que a este grupo so lle afecta a CP á hora de facer visitas electorais , pero non para resolver. O BNG instou no pleno de decembro a apoiar a enmenda do Grupo Parlamentar do BNG para dotar de fondos as actuacións pendentes.

Concretamente nesta CP se levouse a cabo algunha modificación nos planos de melloras do viario tamén debido o trazado dos núcleos rurais moitos veciños viron a afectadas as súas

peticións pola non inclusión dos núcleos rurais. Polo anteriormente exposto, o Grupo Municipal do BNG de Forcarei e tendo en conta que o proceso é básico para esta parroquia

Pediralle á alcaldesa que inste aos técnicos a acelerar o proceso, que se interese polo plan de mellora e or último que se interese polo estado das alegacións

Auditorio de Galicia – este sábado Diamond Dogs no Compostela Rock

Diamond Dogs presentan o seu novo álbum ‘Set Fire To It All’ dentro do Compostela RockDiamond_Dogs_compr

  • Será este sábado, 25 de febreiro, ás 20.30h. na Sala Capitol e chegan capitaneados por dous dos guitarras máis importantes que teñen: International Fred e Lars Karlsson

  • Acompáñanos como teloneiros os galegos Sugar Mountain que presentan un amplo repertorio dos seus discos e novas cancións da súa próxima gravación

Santiago de Compostela, 21/02/2012.- Compostela Rock, nova aposta da concellaría de Cultura ofrécenos este sábado, ás 20.30h na Sala Capitol unha nova cita, desta vez cos Diamond Dogs e Sugar Mountain. Os Diamond Dogs, que nos presentan o seu novo traballo ‘Set Fire To It All’ chegan a Santiago capitaneados por dous dos guitarras máis importantes da súa historia: International Fred e Lars Karlsson. Os teloneiros, os galegos Sugar Mountain, presentan un amplo repertorio dos seus discos e novas cancións da súa próxima gravación. Máis adiante, chegarán da man deste ciclo a Compostela Cooper, Mark Lanegan+Creature with The Atom Brain, Toy Dolls e Leiva.

Neste 2012 os suecos Diamond Dogs cumpren vinte anos de carreira e celébrano facendo o que mellor saben facer: tocar cancións de rock ‘n’ roll. ‘Set Fire To It All’ é o título do seu novo álbum no que podemos atopar colaboracións de membros de bandas como The Hellacopters, Dogs D’Amour, Johnny Thunders, Ian Hunter ou Hanoi Rocks. Con el demostran unha vez máis por que son un dos alicerces base do rock escandinavo. Xunto ao seu líder Sören “Sulo” Karlsso, o supergrupo sueco contará con Martin Tronsson ao baixo, Henrik “Duke Of Honk” Widen aos teclados, Magic Gunnarsson ao saxofón, Johannes Dran á batería e as incribles guitarras de Fredrik “International Fred” Fagerlund e Lars Karlsson.

Sugar Mountain está formado por Yago Carreño (guitarra), Isaac Campos (órgano & pianos), Rubén Álvarez (baixo), Gonzalo Arca (voz), Laura Solla (guitarra) e Iván Trigo (batería). Presentan neste concerto en directo un amplo repertorio no que aparecen cancións do seu tres discos e novas cancións do que será a súa próxima gravación. Sons de raíces americanas aderezados con guitarras acústicas, riffs de guitarra eléctrica e unha base rítmica compacta. Atopámonos cancións urxentes como ‘Meet Me’ e ‘1964’, influencias de bandas clásicas como os Stones e as Faces en Not Your Business, ou a elegancia de Tom Petty en baladas como ‘I Feel Down’. Un estilo cada vez máis persoal demostrado en directo con cancións cheas de melodías luminosas e coidadas.

Venta de entradas

As entradas para este concerto, 15€ anticipada e 18€ na billeteira, poden mercarse na web de Novagaliciabanco, na rede Ticketmaster, incluída a súa web, Carrefour, FNAC, Halcón Viajes, Tendas Tipo, A Reixa Tenda, e www.salacapitol.com, así como nas billeteiras da Concellaría, no Teatro Principal de martes a sábado e de 18.00 a 21.00h.

Ames – festa de entroido

As rúas do Milladoiro enchéronse de cor, música e animación coa Festa do Entroidoentroido

Este ano por primeira vez o Concello de Ames organizou un concurso-degustación de receitas de entroido ademais dun concurso de disfraces, no que se repartiron 2.650 euros en premios

A celebración do entroido amiense centralizouse nunha carpa instalada no aparcadoiro da rúa Agro do Medio, no Milladoiro

Varios concelleiros/as do goberno municipal e dos grupos da oposición participaron na Festa de Entroido

Ames, 20 de febreiro de 2012. Os veciños e veciñas de Ames botáronse ás rúas para celebrar as festas do Entroido como manda a tradición e gozar das charangas, dos produtos típicos destas datas -orellas e filloas- e do elemento central das festas: os disfraces. Centos de rapaces e rapazas desfilaron detrás das charangas coas súas orixinais roupaxes e maquillaxes varias, gozando por un día do pracer de esconderse detrás dunha careta, reconverténdose na súa personaxe favorita. Este ano por primeira vez o Concello de Ames organizou un concurso-degustación de receitas de entroido ademais dun concurso de disfraces, no que se repartiron 2.650 euros en premios. A celebración do entroido amiense centralizouse nunha carpa instalada no aparcadoiro da rúa Agro do Medio, no Milladoiro. Varios concelleiros/as do goberno municipal e dos grupos da oposición participaron na Festa de Entroido.

O Concello de Ames preparou para este ano un entroido sen precedentes, aberto e participativo. As concellerías de Cultura, Educación e Patrimonio e de Comercio, Promoción Económica, Traballo e Turismo organizaron unha Festa do Entroido na que, se celebrou, por primeira vez, un concurso-degustación de receitas de entroido ademais dun concurso de disfraces. Deste xeito, o Concello de Ames deu un paso adiante na súa firme aposta por revitalizar e consolidar esta celebración, atendendo os cambios pobocionais rexistrados no municipio nos últimos anos e en consonancia coa gran tradición do entroido en Galicia.

A resposta da cidadanía amiense non puido ser mellor xa que as rúas do Milladoiro enchéronse de cor, música e animación. Moitos veciños e veciñas acudiron disfrazados ata a carpa que estivo instalada no aparcadoiro da rúa Agro do Medio. Ademais, centos de rapaces e rapazas desfilaron detrás das charangas coas súas orixinais roupaxes e maquillaxes varias, gozando por un día do pracer de esconderse detrás dunha careta, reconverténdose na súa personaxe favorita. A animación comezou ás 17:30 horas coa actuación da Charanga "Vaite xa", que percorreu as rúas do centro do Milladoiro. Arredor das 18:00 horas a charanga chegou a carpa, que estivo instalada no aparcadoiro da rúa Agro do Medio, para ir animando á veciñanza mentres non empezou a música da exhibición de disfraces.

Concurso de disfraces

A partir das 18:30 horas comezaron as exhibicións e o desfile diante do xurado dos participantes no concurso de disfraces. Cada comparsa tivo que levar a súa propia música, pero aquelas que non tiñan música desfilaron ao ritmo da música que lle puxo a organización. Trala exhibición de disfraces comezou o desfile que percorreu as rúas do Milladoiro ao ritmo da charanga "Vaite xa". O desfile pasou polas rúas Agro do Medio, Rúa de Abaixo, Raxoeira, Anxeriz e Curuxa, para volver á carpa que estivo instalada na rúa Agro do Medio.

Os gañadores do concurso de disfraces foron os seguintes. Na categoría infantil gañou o clon Star Wars formado por Álvaro e Guillermo Güimil Fuentes de Bertamiráns, que recibiron un premio de 100 euros. Na categoría individual a gañadora foi A Bolboreta, Lucia Rey Gulias de Laraño, que foi premiada cun vale de 150 euros. Na categoría de grupo gañou o grupo Fíos de Outes, que obtivo un premio de 300 euros, e na categoría de comparsas o premio de 500 euros foi para a comparsa Ritual Budú.

Concurso-degustación de receitas típicas do entroido
Por outra banda, ás 17:30 horas, comezou o concurso degustación de receitas típicas do entroido. Primeiro realizouse a presentación dos pratos elaborados polos participantes no concurso gastronómico. No concurso gastronómico de receitas típicas do entroido presentáronse cinco receitas doces e cinco salgadas. Os participantes foron dúas persoas particulares, a Asociación Lentura, a Cafetería da Casa da Cultura do Milladoiro, a panadería O Milladoiro e o Restaurante Ponte Maceira. As receitas presentadas tiveron que ser obrigatoriamente típicas do entroido.

Houbo dúas modalidades: salgadas e doces. Na categoría de receitas salgadas o primeiro premio foi para Arepas Tropicais de Marisol Fialli, da cafetería da Casa da Cultura do Milladoiro, o segundo recaeu en José Gaspar do Restaurante Pontemaceira, que preparou un Lacón recheo, e o terceiro foi para as Filloas do cocido, preparadas por Ana Coto Souto. Mentres que na categoría de receitas doces gañou Mamen Rivera coas Tortiñas de rixóns. O segundo premio recaeu en Marisol Fialli, da Cafetería da Casa da Cultura do Milladoiro, que preparou o Pan de xamón, e o terceiro foi para as Orellas de Entroido, de Amacio Mosquera da Panadería O Milladoiro. Os primeiros premios tanto para pratos doces coma para salgados foron de 400 euros, os segundos ascenderon a 250 euros e os terceiros foron de 150 euros.

Os gañadores do concurso de disfraces e do concurso-degustación poderán trocar os seus vales de compras nos establecementos comerciais asociados á Asociación de Comerciantes de Bertamiráns (ACB), á Asociación de Empresarios e Comerciantes do Milladoiro (AEMI), á Asociación Palmira-Boulevard do Milladoiro e á Asociación Parque Empresarial Novo Milladoiro durante os tres meses seguintes ao concurso.

Arredor das 20:30 horas, comezou a actuación da orquestra "Super Fama". Ademais, os participantes puideron degustar as filloas que elaborou a Asociación Lentura.

Santiago – axenda martes 21 e modificacións do tráfico

Martes 21

12.00 h

Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h

Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, para presentar o programa "Imos de sendeirismo", que se realiza en colaboración co Club de sendeirismo Vía Láctea, e o programa de viaxes e excursións da rede de centros 2012.

ANTROIDO 2012

15.00 h. CONCENTRACIÓN de carrozas, comparsas e charangas

Estación do Ferrocarril

17.30 h. DESFILE DE ANTROIDO polas rúas Romero Donallo,

Santiago de Chile, Frei Rosendo Salvado, Praza Roxa, República do

Salvador, Hórreo, Senra, para rematar na Avda de Xoán Carlos I.

19.30 h. Actuación da ORQUESTRA FANIA BLANCO SHOW

Paseo Central da Alameda

21.00 h. Decisión do xurado e ENTREGA DE PREMIOS

Antroido nos Centros Socioculturais

18:00 Lsc de Vidan,Gran baile de entroido (Obrigarorio asistir disfrazado) Todos os públicos

Todo o día:

Csc. Vite., Participación na Comparsa de Entroido. Todos os públicos

Lsc Marantes, Participación na Comparsa de Entroido. Todos os públicos

Lsc Lamascal, Participación na Comparsa de Entroido. Todos os públicos

Lsc Peregrina, Participación na Comparsa de Entroido. Todos os públicos

Lsc Nemenzo, Participación na Comparsa de Entroido. Todos os públicos

Lsc Busto, Participación na Comparsa de Entroido. Todos os públicos

Lsc Grixoa, Participación na Comparsa de Entroido.Todos os públicos

Modificacións no tráfico por mor do Antroido

O Departamento de Tráfico e Seguridade Cidadá do Concello de Santiago de Compostela informa que, con motivo da celebración do desfile do ANTROIDO o vindeiro martes, 21 de febreiro, queda prohibido o estacionamento de vehículos nas rúas polas que se desenvolverá o devandito desfile entre as 14.00 horas e o remate.

Así mesmo, produciranse cortes intermitentes de tráfico nas mesmas rúas, polo que se recomenda evitar na medida do posible circular pola zona do Ensanche na tarde deste martes de Antroido e seguir as indicacións da Policía Local e dos paneis informativos de tráfico.

A concentración das carrozas comezará a partir das 15.00 horas na Estación de Ferrocarril. Unha vez efectuada a descarga os vehículos desprazaranse á rúa Marqués de Sargadelos onde terán espazo reservado.

O desfile comezará as 17:30 horas e continuará polas seguintes rúas: Romero Donallo, Santiago de Chile, Frei Rosendo Salvado, Praza Roxa, República do Salvador, Hórreo, Praza de Galicia e Senra, para rematar na Avenida de Xoán Carlos I. Neste último punto as comparsas xirarán cara á Alameda e as carrozas continuarán cara á rúa Rosalía de Castro e avenida da Coruña ata a rúa Marqués de Sargadelos (zona próxima ao estanque).

Recoméndase aos conductores que se despracen en dirección Norte-Sur que eviten o centro da cidade, circulando pola avenida de Lugo (SC-20) e interior do túnel do Hórreo.