Axenda e tempo do sábado 1 de novembro - Breakdance, talleres, música, exposicións

Ames - As mil vidas de Matias Houseman

Santiago - Área Central - campeonato de Breakdance

Santiago - Museo das peregrinacións - Talleres onde está wally?

Ordes - Homenaxe o Soldado Lois


Santiago - spergillus en el Sonar


Exposicións

Brión - Metagénesix - (Ata o 29 de outubro)

Santiago - Bus Station Space - Imaxinar que soño (ata o 4 de nadal)

Santiago - Zona C - Ukelele Project (ata o 5 de nadal)

Santiago - Auditorio de Galicia - Xulio Maside (ata xaneiro 2015)

Santiago Ánxel Casal - Preistoria polos rapacesdo colexio de Calo (ata o 31 de outubro)


O Tempo

Área central - Sábados creativos y campeonato de Breakdance


Los establecimientos comerciales abren en su horario habitual

La jornada de mañana sábado en Area Central promete ser intensa: además de estar los establecimientos comerciales abiertos, la esquina verde acogerá la tercera edición de “Santiago Street Battles”, la esquina roja tendrá la actividad lúdico-educativa “Sábados creativos” y diferentes aves ocuparán la esquina amarilla en la “exposición de pájaros” de la Sociedad Compostelana de Ornitología.

Desde la mañana, el ambiente de cultura urbana ya inundará la esquina verde de Area Central con diferentes clases de breakdance y el concurso de graffiti Xuventude Crea 2014 de la Xunta de Galicia. Por la tarde, de 16.00 a 21.00 horas se desarrollará el Campeonato de España de Breakdance, un evento organizado por la Asociación Vella Escola y el Concello de Santiago. (Más información: Asociación Vella Escola:Pablo Castiñeiras:637.089.318).

El público familiar contará también mañana sábado, de 18.00 a 20.00 horas en la esquina roja, con la actividad lúdico-educativa “Sábados creativos” en la que los pequeños podrán participar en varias dinámicas y elaborar diferentes elementos relacionados con el Halloween.

Por último, este sábado, por ser el primero del mes, regresa a Area Central la “exposición de pájaros”, una actividad organizada por la Sociedad Compostelana de Ornitología en la que se pueden contemplar diferentes aves y compartir testimonios con los miembros de esta entidad. Se podrá visitar de 10.00 a 20.00 horas.

Ordes - Pleno de outubro

O pleno de Ordes aproba novas medidas para evitar o tránsito de camións polo casco urbano

Tamén se instará á Xunta a repoñer o mesmo número de profesores que había nos centros académicos durante o ano 2010

O pleno do Concello de Ordes acordou solicitar da Xunta de Galicia a cesión da titularidade da estrada AC 413 (Ordes – Carballo), no seu tramo correspondente á Rúa do Recreo. Unha proposta plantexada polos nacionalistas que no seu texto tamén demandan convocar á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras; á Deputación da Coruña e a SOGAMA, a manter unha xuntanza para elaborar un convenio de financiación para o arranxo da estrada de Mercurín. Con elo preténdese evitar o tránsito de tráfico pesado polo centro da vila de Ordes, sobre todo o dos camións que se dirixen cargados cara ao vertedoiro de Areosa e a planta de Gesuga, no veciño Concello de Cerceda. 

No texto tamén se solicita a cesión da titularidade da estrada AC 524 (Ordes – Lanzá) nos tramos da rúa Lagartos ate a rotonda do Ceidón. Neste punto os socialistas conseguiron incluir unha enmenda que reclama o mantemento da solicitude de cesión da estrada de Mercurín e de toda a Rolda Leste por parte da Xunta. No debate Manuel Regos avanzaou que esta medida vai ser “moi complicada de realizar” xa que a titularidade supramunicipal destes viais “por lei fai imposible a súa cesión a un só municipio”, pero que aínda así “o goberno local está disposto a apoiar calquera medida en beneficio dos habitantes de Ordes e que contribúa a solucionar os inconvintes ocasionados polo tránsito destes vehículos”. Agás o PP, que se abstivo, as votación contaron co apoio das demais forzas políticas. 

Non foi o único punto que se abordou relacionado co tráfico rodado na vila. Así, por unanimidade aprobouse dotar dun único sentido de circulación á rúa Rosalía de Castro, alegando que o estacionamento de vehículos en ambos marxes recomenda adoutar esta medida. 

Da man do Partido Socialista acordouse instar á Xunta de Galicia e ao director de Augas de Galicia a que sexan substituídos os depósitos de auga da vila de Ordes con cargo ao canon da auga. Tamén prosperou a súa solicitude de exixirlle ao Goberno o mantemento do Instituto da Muller como organismo autónomo, ademais da modificación dos seus obxectivos para seguir coa labor de deseñar estrategias e políticas de igualdade entre homes e mulleres. Os socialistas reclaman tamén máis financiamento para levar estes puntos a cabo para poder seguir incidindo na loita contra a violencia de xénero ou a educación non sexista entre outros.

A pesar da abstención do PP, os socialistas tamén sacaron adiante a última das súas mocións. Nela ínstase á Consellería de Educación a manter o mesmo número de profesores que había nos centros de ensino ordenses no ano 2010. Según Xesús Pedreira “nos colexios de Primaria pasamos de 94 a 93 profesores tras o peche de tres colexios rurais, o que supuso a perda doutros 4. En Secundaria de 104 pasouse a 86. Ademais hai que sinalar que moitos dos profesores non están impartindo as súas especialidades senón outro tipo de asignaturas, e non esquecerse do abandono de moitas das infraestructuras académicas”.

Ames - Pleno de outubro

O pleno de Ames dá luz verde á Conta Xeral de 2013, que conta cun remanente positivo de 54.289 euros, e aproba por unanimidade a primeira ordenanza municipal que regulará o sector do taxi

O rexedor amiense destacou que “Ames cada ano que pasa é máis solvente e canta máis solvencia teña o noso Concello máis futuro ten”. Engadiu que a Conta “amosa que o Concello está normalizando a súa situación económica a pesar do escenario de crise”. Santiago Amor fixo fincapé en que “se mantén o alto nivel de servizos que ten este Concello, sen ningunha mingua na calidade dos servizos públicos que se prestan aos veciños de Ames”.

A Conta reflicte que o Concello pechou o 2013 cun remanente de tesourería, o indicador que permite comprobar o nivel de solvencia dunha administración, de máis de 54.289 euros. O resultado orzamentario axustado amosa un balance de 918.935 euros positivos. Trátase do segundo ano consecutivo no o Concello acada un remanente positivo, confirmando unha melloría nas contas municipais.

O alcalde destacou que “hoxe por hoxe Ames sigue dando pasos firmes cara a recuperación definitiva cunha meta moi clara: acabar o mandato co Concello saneado”. O rexedor avanzou que se están dando os pasos para a apertura do cemiterio e que o Goberno proporá unha parcela para solventar os problemas xurídicos da destinada ao centro de saúde do Milladoiro.

O pleno de outubro do Concello de Ames supuxo a aprobación definitiva da Conta Xeral de 2013, que por segundo ano consecutivo reflicte un remanente de tesourería positivo e se presenta dentro do ano seguinte. Ademais, a Corporación municipal aprobou por unanimidade a ordenanza do sector do taxi, o primeiro texto que regulará este servizo e que foi consensuado co sector. A sesión incluíu a aprobación de cinco mocións, unha delas de urxencia, presentadas polos membros da oposición.

No punto de dar conta ao pleno das xestións realizadas pola Alcaldía, o rexedor de Ames, Santiago Amor, explicou que se recibiu comunicación de Augas de Galicia de que se está redactando o proxecto de ampliación da depuradora de Sisalde en base ao anteproxecto e que en canto estea rematado se remitirá ao Concello. Ademais, informou de que a Dirección de Transportes do Sector Postal remitiu un escrito ao Concello sobre a moción para que a Oficina de Correos do Milladoiro poida abrir en horario de tarde. Este organismo informa de que considera que o servizo no municipio está cuberto e que polo momento non se contemplan ampliacións nin mermas no servizo.

Tras o remate do pleno, o alcalde informou de como estaba a día de hoxe o cemiterio municipal. En resposta ás cuestións prantexadas por unha veciña, o rexedor amiense lembrou que a obra do cemiterio foi recibida en 2010 e que presentaba deficiencias, o que motivou o inicio dun procedemento xudicial coa empresa construtora que aínda non está resolto. Con todo, Santiago Amor avanzou que antes de final de ano se levará ao pleno o regulamento e ordenanza do cemiterio co obxectivo de determinar o seu modelo de xestión e poñelo en marcha no menor prazo posible. O rexedor recoñeceu que se trata dunha situación incómoda debido á necesidade que supón non contar aínda con esta infraestrutura desde o seu remate en 2010.

Na sesión plenaria celebrada onte, deuse aprobación definitiva á ordenanza do sector do taxi. Nela, incluíuse a través dunha emenda aspectos máis garantistas para o sector do taxi de Ames. A Corporación aprobou por unanimidade o texto, que foi consensuado co sector.

Conta Xeral 2013

No pleno tamén se aprobou a Conta Xeral correspondente a 2013. A Conta Xeral reflicte que o Concello pechou o 2013 cun remanente de tesourería, o indicador que permite comprobar o nivel de solvencia dunha administración, de máis de 54.289 euros. Trátase do segundo ano consecutivo no que o Concello de Ames acada un remanente de tesourería positivo, confirmando unha melloría nas contas municipais que se iniciou na Conta Xeral de 2012, na que o remanente foi positivo, algo que non acontecía desde o ano 2006. Ademais, aínda que cun retraso de 15 días sobre o prazo, aprobase no ano seguinte. 


Santiago Amor, ao igual que o resto de membros da oposición, agradeceu o traballo dos técnicos dos servizos económicos do Concello. Ante as críticas da oposición sobre os resultados da Conta, o rexedor destacou que “este documento amosa que o Concello está normalizando a súa situación económica a pesar do escenario de crise”. O alcalde fixo fincapé en que “neste contexto, mantemos todos os servizos e mesmo aumentamos algúns, dando pasos firmes cara a recuperación”.

O alcalde destacou a importancia que tivo neste feito o plan de mellora do departamento de contratación, que definiu como “un cambio estratéxico que permitiu dar cobertura contractual a servizos que antes non a tiñan, acadando unha mellora xurídica e económica”. Deste xeito, dixo que se conseguiu “mellorar os prazos de pagos a proveedores, algo no que se sigue traballando para tentar acortalos, e mellorar o prezo tras as licitacións, incluíndo nos procesos negociados ata 8 ofertas co fin de buscar o beneficio para o Concello”. Este feito “permite que depois dunha licitación sempre se consiga un mellor servizo ao mellor prezo, buscando o interese do municipio por riba de todo e non permitindo saldar servizos básicos e esenciais para o día a día dos cidadáns”.

Ante as críticas da oposición, o rexedor subliñou que o Concello mantén todos os servizos e incrementou o seu gasto en acción social (con convenios con Cáritas Milladoiro e Bertamiráns), no fomento de emprego (a través dos obradoiros e programas integrados), aumentou o número de usuarios nos servizos, asinou contratos cos clubes deportivos, mantivo o apoio a asociacións e festexos e baixou a débeda en 700.000 euros. O alcalde destacou as achegas do Estado, da Xunta e da Deputación e que se rende a conta no ano seguinte, cando nos mandatos do Goberno socialista se facía cunha media de dous anos de atraso o que facía que non se puidera optar a subvencións. O rexedor amiense admitiu que “a todos nos gustaría estar nunha situación económica mellor, pero agora están as contas máis saneadas que nunca, algo que é bo para todo o Concello”.

Santiago Amor incidiu en que “o Concello de Ames estaba mal, agora está mellor e sobre todo estamos mellorando e espero que as contas do 2014 así o demostren”. Ademais, fixo unha defensa da cesión da recadación de tributos á Deputación, algo que se reflectiu por primeira vez na Conta de 2013 e que supuxo melloras retributivas e de liquidez para Ames.

Mocións

A sesión plenaria acolleu no apartado de control ao goberno o debate de cinco mocións presentadas pola oposición. A primeira foi a presentada polos concelleiros non adscritos María Dolores Fernández Álvarez, Alfonso Rey López, María González Gómez, Manuel Ferreiro Santiago, Emilio Martínez Carballeira e Ramón García Argibay sobre a solicitude de emendas nos Orzamentos Xerais do Estado. Este texto foi aprobado por maioría simple cos votos a favor dos concelleiros que presentaron a moción e a abstención do resto.

A Concelleira de Medio Ambiente, María Eugenia Martín, subliñou que a moción era extemporánea, xa que rematou o prazo de presentación de emendas. Ademais, destacou que as propostas “son inviables e nada realistas”, xa que obras como a depuradora de Sisalde ou a mellora dos camiños de Santiago corresponden á Xunta de Galicia e non ao Estado. Neste sentido, lembrou que a Xunta está redactando neste momento o proxecto de ampliación da depuradora de Sisalde e que nas rutas xacobeas que pasan por Ames “o Concello xa fixo actuacións e está pelexando por acadar investimentos a través do Plan Director”. Pola súa banda, o alcalde, destacou que o Goberno amiense “está a favor de facer investimentos pero que antes de traer propostas cribles hai que ter proxectos e non vender fume”.

Pola súa banda, o rexedor destacou que “antes de traer propostas sen un proxecto nin unha valoración documentada o que había que facer en lugar de pedir de xeito arbitrario é buscar o consenso entre todos e contando coa participación de todos”. “A partir de aí é cando se ten credibilidade e se pode ir a outras administracións”, engadiu. O alcalde instou aos concelleiros/as a “abandonar a súa terquedade” e a aceptar que nos Orzamentos do Estado hai proxectos que se realizarán no entorno de Ames e que beneficiarán ao municipio. Neste sentido, informou, ademais, de que o Goberno central está redactando o estudo informativo sobre a variante de trazado entre Sigüeiro e Padrón.

Os concelleiros non adscritos María Dolores Fernández Álvarez, Alfonso Rey López, María González Gómez, Manuel Ferreiro Santiago, Emilio Martínez Carballeira e Ramón García Argibay tamén presentaron unha moción sobre a solicitude de revisión catastral completa do Concello á que os concelleiros non adscritos Pilar Candocia Pita, Susana Mayo Redondo e Anxo Doval Rey presentaron unha emenda á totalidade. Esta emenda foi aprobada por unanimidade de toda a Corporación. No pasado pleno de setembro, o Goberno xa aprobara unha moción para considerar como terreos rústicos a efectos catastrais e fiscais os solos non urbanizados e remitiuna ao Catastro.

Pola súa banda, o grupo municipal socialista presentou unha moción sobre a normativa reguladora das bolsas na educación post obrigatoria, que recibiu un voto particular dos concelleiros non adscritos Pilar Candocia Pita, Susana Mayo Redondo e Anxo Doval Rey. Este voto e a moción foron aprobados coa abstención do grupo de Goberno.

O PSOE tamén presentou unha moción sobre o estado dos centros de saúde do municipio. Este punto saíu adiante cos votos a favor dos concelleiros socialistas e dos non adscritos e coa abstención do grupo de Goberno. Sobre esta cuestión, o alcalde de Ames explicou que nos últimos meses mantivo tres reunións coa conselleira de Sanidade, e contactos co xerente do Sergas e reunións co xerente da Área Sanitaria, que visitou os centros de Milladoiro e Bertamiráns. Santiago Amor destacou que, ante os problemas xudiciais que presenta a parcela do S-15, estivéronse buscando alternativas temporais e visitando locais para unha ubicación provisional do centro de saúde do Milladoiro mentres non se constrúa o novo. Ademais, subliñou que se acometerá en breve a reposición da cuberta do centro do Milladoiro e que o Goberno, debido aos problemas xudiciais do S-15 traerá ao pleno a cesión doutra parcela ao Sergas. Lembrou o compromiso de Sanidade con facer un novo centro no Milladoiro desde o 2010, algo para o que solicitara licencia naquel momento, remitindo o proxecto.

Por último, os concelleiros non adscritos Pilar Candocia Pita, Susana Mayo Redondo e Anxo Doval Rey presentaron unha moción de urxencia para o arranxo do patio interior da EEI do Milladoiro. Neste punto, presentaron un voto particular concelleiros non adscritos María Dolores Fernández Álvarez, Alfonso Rey López, María González Gómez, Manuel Ferreiro Santiago, Emilio Martínez Carballeira e Ramón García Argibay para que se incluíse tamén o arranxo do patio do CEIP Agro do Muíño. O voto particular contou cos votos favorables dos concelleiros socialistas e non adscritos e cos votos en contra do grupo de Goberno, xa que o concelleiro de Educación, Bernardo Moar, indicou que xa está previsto a realización de traballos no centro de Agro do Muíño. A moción en conxunto aprobouse coa abstención do grupo de Goberno.

Brión - Presentado o Outono Cultural

Pintura, literatura, teatro, poesía, música e magosto compoñen o programa do Outono Cultural do Concello de Brión
O programa abrirase este venres 31 de outubro coa exposición colectiva da Asociación Galega de Arte e Cultura

O Concello de Brión vén de rematar a programación do seu “Outono Cultural”, que inclúe unha ducia de actividades lúdico-culturais de acceso libre e totalmente de balde para os veciños e veciñas de Brión. Unhas propostas que combinan arte, literatura, teatro e música, sen esquecer a celebración do tradicional Magosto, unha das festas populares máis característica destas datas que terá lugar o venres 28 de decembro.

A programación abrirase este venres 31 de outubro, ás 20.30 horas, cunha dobre actividade: a inauguración da exposición colectiva da Asociación Galega de Arte e Cultura e a presentación da novela “Soñadores sin porvenir”, de Constantino Cuesta. Será na sala de exposicións de Brión a partir das 20.30 horas. A mostra poderá visitarse ata o 10 de novembro.

Novembro
Co mes de novembro chega o teatro ao Outono Cultural de Brión, no que participarán un total de tres compañías profesionais e unha compañía de teatro afeccionado que encherán de cultura o centro social polivalente de Pedrouzos os sábados pola noite. O primeiro en actuar será o coñecido dúo Mofa e Befa, que o sábado 8 de novembro presenta “Shakespeare para ignorantes”, a partir das 20:30 horas.

Unha semana despois, o sábado 15 de novembro, ás 21:00 horas, será a quenda e Teatro de Cámara DITEA, que representarán “Animaliños”, de Roberto Vidal Bolaño. E o sábado 22 de novembro máis teatro profesional con Teatro do Morcego, que porán en escena a obra “Misterio Cómico” a partir das 20:30 horas. 

A programación do “Outono Cultural” para o mes de novembro complétase cunha exposición de Anselmo Lamela, que poderá visitarse entre o 21 de novembro e o 12 de decembro na sala de exposicións de Brión, e co tradicional Magosto na Carballeira, que este ano terá lugar o venres 28, dende as 19:00 horas, e contará coa actuación da charanga tradicional “Vai de Roda”. 

Decembro
Para o mes do Nadal, Eva Veiga e o Grupo Ouriol presentarán o recital de poesía “Vagalumes no vento”, unha perfecta combinación de versos e música, coa participación dos intérpretes Bernardo Martínez e Fito Ares. Celebrarase o sábado 13 de decembro, ás 18:30 horas, no Centro Social Polivalente. A entrada será libre e gratuíta.

O venres 19 terá lugar a presentación do libro e da exposición fotográfica “Brión en fotos. Unha memoria visual do século XX”, un proxecto elaborado por un grupo de veciños e veciñas de Brión que verá a luz pública na Sala de Exposicións de Brión a partir das 20:30 horas. A mostra poderá visitarse libremente ata o 21 de xaneiro de 2015.

Finalmente, o sábado 20 de decembro, o grupo profesional Boneca Lareta presentará “Sede de mal”, unha representación teatral que terá lugar no centro social polivalente a partir das 20:30 horas. E o sábado 27 de decembro, no mesmo espazo escénico, celebrarase o concerto de Odaiko Perkussion Group, un recital que comezará ás 20:30 horas con entrada libre.

Santiago - Os máis pequenos poderán xogar a Onde está Wally? no Museo das Peregrinacións

Celebraranse tres novos obradoiros para nenos de entre 6 a 12 anos, o sábado todo o día e o domingo pola mañá 

O Museo das Peregrinacións e de Santiago (sede Praza das Praterías) promove esta fin de semana tres novos obradoiros didácticos para nenos de entre 6 e 12 anos. Os máis pequenos teñen así a oportunidade de achegárense á historia da cidade a través de xogos. 

O sábado 1 de novembro, ás 12.00 horas, celebrarase o obradoiro titulado “Busquemos a Xelmírez”. Trátase de coñecer a relevancia da obra do Mestre Mateo, en particular o Pórtico da Gloria. Os rapaces terán que buscar ao infiltrado entre a inconografía do Pórtico. “É unha actualización da coñecida serie de libros Onde está Wally?, en versión compostelá, cunha paisaxe de pedra e escultura. Nesta ocasión o popular Wally será substituído polo bispo Xelmírez” -sinalan os organizadores-.

Tamén o sábado, pola tarde, ás 18:00 horas, terá lugar o taller “Acordes musicais”, no que os nenos fabricarán os seus propios instrumentos con elementos cotiás como unha botella de anís, un prato de cerámica, dedais, culleres, cunchas de vieiras ou mesmo latas. Coñecerán a importancia da música ao longo da historia, dende os instrumentos representados no Pórtico da Gloria (cuxas réplicas están expostas en parte no propio Museo das Peregrinacións) ata os nosos días. 

O domingo pola mañá, ás 12:00 horas, realizarase o obradoiro “Sopa medieval”. Comezará cunha breve visita á exposición permanente do museo “Compostela Dicitur. A Cidade da Catedral”, unha recreación do Santiago do século XIII. Logo os rapaces buscarán en grupo, nunha gran sopa de letras, os nomes das sete portas da muralla que rodeaba a cidade. 

Cada taller terá un máximo de 15 participantes

Cada taller, cunha duración de entre unha hora e media e dúas horas, ten un custo de 3 euros. Para participar en calquera deles é necesaria a inscrición previa, a través do enderezo visitasguiadas@consorciodesantiago.org, no teléfono 981 566 110 ou tamén na propia recepción do Museo das Peregrinacións e de Santiago. Os obradoiros terán un máximo de quince participantes cada un e un mínimo de seis para poder celebrárense.

BNG Compostela - Demanda de posta en marcha dos concellos veciñais

O BNG reclama no Pleno que se activen os consellos municipais para fomentar a participación cidadá
Proporá melloras nos terreos municipais usados como aparcadoiro, a inclusión do protocolo de temporais no Plan de Emerxencias e a aplicación da bonificación no recibo do lixo por uso de composteiros

O grupo municipal do BNG trasladou ao Pleno ordinario de outubro a necesidade de activar os consellos municipais de participación cidadá que deu ao traste o PP nestes tres anos de Goberno local, xa que só dous dos 14 existentes se chegaron a constituír e todos eles permanecen sen actividade e incumpren o regulamento de convocatorias. O BNG rexistrou para esta sesión plenaria tres mocións e tres rogos encamiñados a propor iniciativas de interese para a cidade, ademais de diversas preguntas para o control do labor do Goberno local.

Un dos rogos do BNG foi destinado a reclamar melloras nos terreos utilizados como aparcadoiros nas proximidades do centro urbano, motivado polo atraso que sofre a posta en marcha do Plan sectorial de aparcadoiros disuasorios que a Xunta presentou en xullo de 2012. Os terreos utilizados como aparcadoiro sen ningún tipo de ordenación -na Pontepedriña debaixo das vías do tren, na parcela que está a carón do Conservatorio na rúa Altiboia, ou na que vai da vía de Clara Campoamor á rúa de Sar- contribúen á mellora da mobilidade no centro urbano posto que moitos veciños e veciñas da cidade e de fóra desta non chegan a entrar cos seus vehículos nas rúas con maior afluencia de tráfico.

Outra das iniciativas foi encamiñada a incluír no Plan de Emerxencias Municipal un apartado referido aos temporais. O BNG lembroulle ao alcalde o compromiso adquirido no Pleno en que se aprobou este documento para incorporar este protocolo de prevención contra os posíbeis riscos de temporais.

O BNG requiriu ademais a aplicación da bonificación estabelecida na taxa de recollida de lixo ás persoas que fan uso de composteiros, que favorecen a redución de residuos orgánicos, que o PP deixou de repercutir nos recibos.

Reclamou tamén o BNG unha campaña de concienciación sobre a violencia de xénero para desenvolver en colaboración co tecido social da cidade e outra das mocións foi dirixida a declarar o Concello de Santiago libre do Tratado Transatlántico de Comercio e Investimento (TTIP), ademais de instar ao Ministerio de Economía a que suspenda as negociacións deste acordo que pretende maior cesión da soberanía aos poderes económicos.

Psoe Ordes - Pleno de outubro

O Pleno de Ordes aproba medidas para tratar de evitar o paso de camións polo casco urbano grazas a unha emenda do Partido Socialista 
Os socialistas ordenses sacaron adiante as súas tres mocións

O Concello de Ordes solicitará da Xunta de Galicia a cesión da titularidade das estradas AC-412 Ordes-Carballo e AC-524, ao seu paso polas rúas dos Lagartos e Recreo (respectivamente), e que asuma a titularidade da Rolda Leste e da estrada de Mercurín como medidas para evitar o paso de tráfico pesado polo centro da vila de Ordes, especialmente dos camións que se dirixen ao vertedoiro de SOGAMA ou á planta de Gesuga. Unha petición presentada polo grupo nacionalista e que foi emendada polo PSOE de Ordes, que conseguiu incluír a petición de que a Xunta asuma a titularidade tanto da Rolda Este como da estrada de Mercurín.

“Isto que pedimos non é nada extraordinario senón que é o que acontece en practicamente todos os municipios onde se executa unha circunvalación: o Xunta asume a titularidade do novo vial que acaba de poñer en marcha e o Concello asume o tramo do antigo vial, neste caso a rúa dos Lagartos”, explica Xesús Pedreira, voceiro dos socialistas ordenses.

Apoio ás mocións socialistas

Pedreira amosou a súa satisfacción pola aprobación das tres mocións presentadas, aínda que lamentou a abstención do Partido Popular á hora de solicitar a reposición dos 22 profesores perdidos polos centros educativos de Ordes nos últimos catro anos: 13 no IES Nº1 de Ordes, 5 no Maruxa Mallo, 1 no Campomaior e 4 polo peche das unitarias. Un feito que denunciou especialmente Xesús Pedreira xa que “o acontecido coas unitarias amosa a política cínica da Xunta de Galicia que de portas afora di que hai que fixar xente no rural e despois quita do rural servizos básicos como as escolas”. Así mesmo, tamén se aprobou a proposta de solicitarlle ao Goberno do Estado o mantemento do Instituto da Muller como organismo autónomo.

Outra moción socialista que saíu adiante foi a de instar á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas a que utilizar o canon da auga que lles leva cobrando aos veciños e veciñas do municipio para arranxar os depósitos de auga de Reboredo, situados nas proximidades do polígono empresarial de Merelle. Uns depósitos que abastecen á vila de Ordes, que teñen máis de 50 anos e que contan con fendas nas súas paredes exteriores, situación que vén denunciado o PSOE de Ordes dende 2013. Pedreira lamentou a abstención do PP, “sobre todo porque o xustifican dicindo que na Consellería non hai constancia desta petición, o cal non é certo porque hai xa unha petición de cando os socialistas estabamos no Goberno de Ordes e o ano pasado volvemos a presentar esta petición como emenda aos orzamentos e foi rexeitada polo Partido Popular”.

Aceptación dos rogos

Por último, os socialistas ordenses amosaron a súa satisfacción pola aceptación dos seus rogos, que inclúen:

- dar continuidade ás beirarrúas en Alfonso Senra e Rúa Nova, na entrada cara a rúa Mundito, rebaixando os bordes para que poidan circular os vehículos dos veciños desta rúa que teñan que acceder a garaxes, os de emerxencias e os de carga e descarga.

- Enviar á Policía Local a evitar problemas de tráfico á saída do IES Nº1, especialmente en días chuviosos 

- habilitar a zoa central do mercado de Abastos para que, os mércores, acolla a venda de estes produtos primarios do campo, para potenciar o inmoble e garantir unha maior hixiene e salubridade.

- Demandar dos donos do solar entre a rúa Recreo e a rúa Víctor González Faya a poda dunha figueira que invade a beirarrúa. 

- aplicar a ordenanza municipal a aquelas persoas donas de cans que non recollan os excrementos destes, sobre todo cando son reincidentes, e volver facer unha campaña contra esta falla cívica de convivencia. Así mesmo, pediuse que a Policía Local vixíe a presenza de cans de razas perigosas nos lugares de recreo, entretenemento e xardíns, e que se aplique a Ordenanza para a seguridade dos veciños.

Santiago FUtsal - El Levante UD DM lévase os 3 puntos de Sar

· El Santiago Futsal consiguió igualar el encuentro en tres ocasiones
· Santi Valladares “El partido estuvo ahí para los dos, yo creo que el empate sería lo más justo.”

Santiago Futsal y Levante UD DM se enfrentaron en un encuentro que cambió de ritmo en el descanso. Una primera mitad en la que los visitantes se pusieron por delante en dos ocasiones, y una segunda en la que los locales igualaron el encuentro pero en la que un error defensivo les costó el partido.

Comenzó el encuentro con ocasiones para el conjunto visitante que generaban claro peligro en la meta local. Marcos Vara protagonizaría una gran parada en los primeros minutos del encuentro, pero nada podría hacer con el lanzamiento de penalti de Jordi Lledó tras una mano de Lucas Bolo dentro del área en el minuto 6.

Tan sólo dos minutos después, Pablo Tallón demostraría gran talante ofensivo al robar un balón en campo contrario y cedérselo a Santi, para que este no errara en el mano a mano con el partero e igualara el marcador.

Kiko Berrocal lograría adelantar a los suyos, y poner el 1-2 en el marcador antes del descanso en un tiro que golpeó en el palo y que se paseó por la línea de gol hasta que se introdujo en el interior de la portería.

Tras la reanudación, el Santiago Futsal salió a la pista de Sar con mayor garra y entereza. Lucas Bolo conseguiría igualar el marcador 2-2 con un gol al segundo palo en una jugada de estrategia tras el saque de falta de Dani. Pero la igualada duraría pocos minutos, pues el cuadro levantino se volvería a poner por delante en el minuto 28 con un gol de José Revert en un saque de falta directa.

A continuación, los locales se hicieron con el dominio del encuentro y generarían las ocasiones más claras de todo el partido, pero Yerai Olivero detendría las varias oportunidades que tuvieron los de Santiago para conseguir el tercero. Sin embargo, nada podría hacer el meta levantino para detener un magnífico disparo de Gallego que se colaría al interior de la portería visitante y que significaba el 3-3 a falta de 10 minutos para concluir el encuentro.

A falta de 4 minutos, Carlos Martínez marcaría el definitivo gol del encuentro que le daría la victoria a los visitantes tras el saque de falta y el pase al segundo palo que el de Levante no perdonaría.

Victoria para el Levante UD DM y la tercera victoria en Sar que se escapó para el Santiago Futsal.

Sala de prensa

El entrenador del Santiago Futsal, Santi Valladares, compareció ante los medios tras la finalización del encuentro y analizó el encuentro “El partido tuvo dos partes, la primera en la que nosotros no jugamos, porque yo no nos vi en la primera parte. Y una segunda en donde se vio lo que teníamos que ver desde la primera.”

El entrenador añadió que “el partido estuvo ahí para los dos, yo creo que el empate sería lo más justo.”

Ficha del partido:

Santiago Futsal 1: Marcos Vara, Borja, Chus, Dani ‘Chino’ e Iván Rumbo –cinco inicial- Marci, Diego Quintela, Gallego, Lucas Bolo, Santi y Pablo Tallón

Levante UD DM 2: Yerai, Lolo Jarque, Carlos Márquez, Sena y Jordi Lledó – cinco inicial- José Revert, Carlitos, Kiko Berrocal, Pedro García y Álex Oviaño

Árbitros: Del Pozo García y López Jiménez. Amonestaron con tarjeta amarilla a Dani ‘Chino’, Lucas Bolo, Marci, Santi e Iker López en el Santiago Futsal; y a Lolo Jarque, Jordi Lledó y Pedro García en el Levante UD DM

Incidencias: Partidos correspondiente a la 8ª Jornada de Liga con una asistencia de 1000 personas

Goles: 0-1 min. 6 Jordi Lledó, 1-1 min.8 Santi, 1-2 min. 10 Kiko Berrocal, 2-2 min. 23 Lucas Bolo, 2-3 min. 28 José Revert, 3-3 min. 31 Gallego, 3-4 min. 36 Carlos Martínez.

Axenda e tempo do venres 31 outubro - Teatro, música, libros, deporte, exposicións

Ames - As mil vidas de Matias Houseman

Santiago - Fraggle Rock - festa de samaín

Santiago - Teatro Principal - Amantes

Santiago - Borriquita de Belem - Noche voodoo

Ordes - presentación de Os televisores estrábicos


Santiago - Multiusos de sar - festa de hallowen e partido do Santiago Futsal


Exposicións

Brión - Metagénesix - (Ata o 29 de outubro)

Santiago - Bus Station Space - Imaxinar que soño (ata o 4 de nadal)

Santiago - Zona C - Ukelele Project (ata o 5 de nadal)

Santiago - Auditorio de Galicia - Xulio Maside (ata xaneiro 2015)

Santiago Ánxel Casal - Preistoria polos rapacesdo colexio de Calo (ata o 31 de outubro)


O Tempo

Santiago - Inauguración na Granell da exposición A illa de Granellandia

A exposición “Os tesouros da illa de Granellandia” recolle as ilustracións do conto homónimo, realizadas a partir de obras do pintor surrealista galego Eugenio Granell
A mostra, promovida polo Consorcio de Santiago, inaugúrase esta tarde na Fundación Granell, coa asistencia do alcalde

O Consorcio de Santiago, en colaboración con “El Patito Editorial”, inaugura esta tarde, ás 19.30 horas, a exposición Os tesouros da illa de Granellandia na Fundación Granell. A mostra recolle as ilustracións do conto homónimo escrito por Francisco López-Barxas. Trátase de partes de obras do pintor surrealista galego Eugenio Granell ás que o deseñador Fausto Isorna engade ao protagonista desta historia. Ao acto de inauguración asistirán, ademais do escritor e de representantes da editorial, o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; o alcalde de Santiago, Agustín Hernández; e a concelleira de Cultura, María Antón

Paco López-Barxas inspirouse na figura e na obra de Granell á hora de escribir o seu libro, editado en 2012 polo Consorcio de Santiago e “El Patito Editorial” para conmemorar o centenario do nacemento do ilustre artista. O protagonista desta historia é o pequeno Granell, que vive nun mundo onde todo é de cor negra, en alusión á época escura que viviu o pintor. Un día o rapaz atravesa o encerado da súa clase e chega a unha illa onde se atopa cun universo de cor, unha referencia á chegada de Granell ao Caribe exiliado trala Guerra Civil. Esta illa chámase Granellandia e alí descobre unhas cuncas con tintas nunca vistas, coas que volve visibles formas invisibles. Antes de voltar de novo ao seu país mete nun cofre todos os tesouros que atopou na illa.

“É unha viaxe surrealista de ida e volta que pretende achegar aos máis pequenos a vida e a obra do xenial Granell, dende a súa infancia, os longos anos no exilio e, finalmente, a volta a Santiago, a través dos seus cadros” -explica López-Barxas-. O autor indica que o proceso creativo comezou coa elección dun total de 30 obras de Eugenio Granell, que lle serviron como apoio para relatar e ilustrar a súa historia. Son na súa maioría cadros pero tamén debuxos que aparecen en cubertas de libros, unha escultura… e ata un debuxo realizado polo pintor para un selo de Correos. 

Estas obras ilustran o conto, xunto cos debuxos do protagonista, realizados polo deseñador Fausto Isorna e que se integran coas pezas orixinais de Granell. Son trazos feitos con xiz de cor branca con fondo en negro que contrastan co colorido dos cadros do pintor surrealista. Así, a exposición reúne as diferentes ilustracións que compoñen o libro e, ao lado de cada unha delas, móstrase unha reprodución dos cadros orixinais de Granell que apoian esta historia. Poderá visitarse ata o 23 de novembro.

Ordes - Homenaxe o Soldado Lois

Ordes celebrará a tradicional misa e ofrenda floral na honra ao ‘Soldado Lois’ o vindeiro sábado, día de Todos os Santos
Será ás 12 horas no cemiterio do Piñeiro e contarase coa presenza da Infantería da Mariña do Terzo Norte do Arsenal de Ferrol entre outros 

Este sábado 1 de novembro, día de Todos os Santos, o Concello de Ordes celebrará a tradicional misa e ofrenda floral ante a tumba de Manuel Lois García, coñecido popularmente como o ‘Soldado Lois’. Como é habitual a cita será ás 12 horas no cemiterio municipal do Piñeiro, lugar onde repousan os restos deste símbolo local. Manuel Regos, alcalde de Ordes, anima a todos os veciños e veciñas a participar nestes actos “cos que queremos render unha merecida homenaxe a este home que entregou a súa vida para salvar a dos seus compañeiros e que supón un orgullo para todas e todos nós”.

Este ano o Concello conta coa colaboración da Infantería da Mariña do Terzo Norte do Arsenal de Ferrol, cuxa banda de música amenizará o acto un ano máis. Como novidade por primeira vez acudirá Alejandro Ferreira, recentemente nomeado coronel comandante. Tamén se contará coa asistencia de representantes doutros corpos como son a Garda Civil de Ordes, a Comandancia da Garda Civil da Compañía de Santiago de Compostela, Policía Local de Ordes, alcaldes doutros concellos da Mancomunidade, así como concelleiros da corporación local e os membros do equipo de goberno de Ordes.

Historia do Soldado Lois

Nado no municipio de Ordes en maio de 1912, Manuel Lois García ingresa no Grupo das Forzas de Infantería da Mariña en Ferrol. Ese mesmo ano pasa a servir no cruceiro Baleares, asignándoselle como posto de combate o de telefonista do canón 4. 

Será a comezos do mes de setembro de 1937 cando navegando por costas alxerianas avisten unha formación cun importante cargamento de material de guerra con destino Cartaxena e Alacante, composta por 4 vapores, 2 cruceiros e 7 destrutores. O Baleares decide atacar, recibindo un impacto que provoca que un cascote penetre na parte alta da caixa de urxencia que contén proxectís iluminadores, esbourando un deles. Como consecuencia prodúcese unha acumulación de gases no seu interior, o que supón un elevado risco tanto para a embarcación como para a súa dotación. Ante esta situación o alférez de navío D. Miguel Pardo de Donlebun solicita un voluntario para abrir a dita caixa, sendo o ‘Soldado Lois’ o primeiro en asumir o requirimento. Nada máis facelo unha enorme labarada envolveuno completamente quedando todo o seu corpo abrasado. As crónicas narran que “coas súas mans agarrou o proxectil. Os seus músculos, que non lle obedecen por estar totalmente carbonizados, fan que caia ao chan. Aínda así co seu peito empurrou o proxectil, o cal rodou pola cuberta ata caer ao mar, pasando así o perigo”. 

Ese mesmo día Manuel Lois García falecía na enfermaría do buque mentres o comandante lle impoñía a Medalla Naval, título oficialmente confirmado o 27 de novembro dese mesmo ano. Posteriormente, en maio de 1939, foille concedida a Cruz Laureada de San Fernando. Ademais da súa tumba monumento o ‘Soldado Lois’ dispón dun monumento no centro da vila, concretamente na Alameda de Ordes.

BNG Compostela - Si Currás non vai a Tragsa será pola presión social

Rubén Cela afirma que o PP se veu na obriga de dar marcha atrás co nomeamento de Currás en Tragsa pola presión política e social

Agustín Hernández herdou as prácticas políticas dos seus dous predecesores na Alcaldía e ten a mesma capacidade de crear problemas onde non os había

O portavoz do grupo municipal do BNG de Santiago, Rubén Cela, logo de que o presidente da Xunta pechase a porta aparentemente de Tragsa a Ángel Currás sinalou que “o PP se ve na obriga de dar marcha atrás pola presión política e social exercida cando se coñeceu a noticia”

Rubén Cela insistiu en que Currás, que segue dobremente imputado, “debía estar fóra da Corporación municipal dende hai moito tempo” e que “a súa marcha non pode depender de que o premien con algún outro cargo público logo da desfeita que realizou á fronte do Concello de Santiago”.

O BNG é contrario a estas prácticas políticas do PP que non contribúen a estabelecer a confianza necesaria entre a cidadanía e os representantes públicos. Así, considera que Agustín Hernández “herdou as prácticas políticas dos seus dous predecesores na Alcaldía, Ángel Currás e Conde Roa, porque a xestión segue igual nas formas e no fondo e ten a mesma capacidade de crear problemas onde non os había”.

Todo isto o que puxo de relevo son “os verdadeiros valores” do PP. “Non tiñan ningún escrúpulo en intentar premiar co erario público a Currás polos seus servizos prestados e pola súa marcha en silencio, a pesar da súa pésima xestión á fronte do Concello de Santiago, as súas aptitudes e a súa condición de dobremente imputado”, engadiu.

Advertiu tamén que a situación de Santiago non se resolve “con pedir perdón, como adoita facer o PP ultimamente, nin con discursos de rexeneración democrática que consisten nun cambio de caras, porque é necesario depurar as responsabilidade para facerlle fronte de xeito tallante á corrupción que aflora derivada do clientelismo político”.

Psoe Oroso - O precandidato Manuel Mirás reunese cos socialistas de Ames

O Alcalde de Oroso fixo un chamamento en Ames a centrarse nas municipais e “chegar á maioría silenciosa”

O precandidato á Secretaría Xeral Provincial Manuel Mirás explicou á militancia socialista de Ames que “planificación, obxectivo e estratexia son os piares fundamentais para sacar este partido adiante”. No encontro celebrado onte á noite na Agrupación Local amesá, Mirás recoñeceu que no PSdeG están “acostumados a traballar de forma desorganizada”. Puxo como exemplo a ausencia na meirande parte das agrupacións dun censo de simpatizantes, “no que hai que traballar para ser fortes en todas as localidades”. “Estamos a sete meses dunhas eleccións municipais e hai que facer o que se poida, non perder o que temos”, destacou.

Para iso chamou a “contar coa militancia”, a través do contacto directo. “Este partido funcionou sempre igual: mirade canta xente se mobiliza nunha campaña, pero despois non nos acordamos desa xente”, reprobou.

O Alcalde de Oroso destacou a necesidade de facer unha política de proximidade en todas as localidades, o que “é posible con planificación e estratexia”. Os candidatos socialistas “teñen que ser vistos pola maioría silenciosa”, explicou, “a señora maior e o señor maior que non van ao bar nin a facer a compra, esa xente que non vai a ningún sitio máis que á misa, son a maioría silenciosa”. Neste sentido, instou a buscar o encontro con todos os veciños do municipio, “traballando paso a paso”.

Formación 
Para lograr este achegamento ao conxunto da sociedade local, Mirás avogou por “ensinar a dúas ou tres persoas en cada agrupación a comunicar”. “Podemos ter as mellores ideas do mundo, e facer as mellores cousas do mundo, pero se non sabemos comunicar non facemos nada”. Ao seu xuízo “á xente que se mete en política hai que ensinarlle a comunicar”. “Hai quen nace orador, pero normalmente apréndese”, recalcou, para despois exemplificar que “cando o secretario xeral dunha agrupación ten diante vinte persoas, sempre ten que aproveitar para comunicar”.

Pero a comunicación é só unha das áreas que abrangue a súa aposta pola formación, que inclúe tamén “asesoramento xurídico, urbanístico e sobre o propio partido”.

Mirás avogou por un asesoramento xurídico unificado, para evitar recorrer a avogados que defenderon a cargos socialistas que posteriormente traballaron para o PP, ou que mesmo asesoran a ambos partidos de forma simultánea. Asemade, considera “fundamental” que os militantes do partido coñezan a estrutura orgánica do PSdeG e do PSOE, así como que os novos concelleiros reciban formación sobre os procedementos que se realizan nun concello, tanto desde o equipo de goberno como desde a oposición. 

Ter “unha soa voz”
O rexedor orosán reiterou en Ames a necesidade de constituír un consello provincial de alcaldes, con reunións trimestrais, para falar “cunha soa voz” en asuntos de interese común. Da mesma maneira, avogou por constituír consellos comarcais para reunir a cargos orgánicos e públicos do partido xunto coa militancia local. O obxectivo, dixo, é fortalecer as comarcas.

Desde o seu punto de vista non hai que esquecer o contacto permanente cos simpatizantes, para os que quere que os consellos comarcais sexan accesibles, porque “hai que ir facendo canteira”.

“O obxectivo fundamental é volver a ser o que fomos na provincia”, rematou.

Manuel Mirás arrincou o pasado venres 24 en Ordes a súa programación de visitas polas agrupacións locais para explicar o seu proxecto para a futura executiva provincial. Tras visitar Frades, As Pontes, O Pino e Ames, hoxe xoves 30 estará ás nove da noite en Negreira. O venres 31 estará tamén pola noite coa militancia de Tordoia e Trazo.

Santiago - presentación de Cineuropa 2014

Celébrase do 9 ao 30 de novembro no Teatro Principal, Salón Teatro, CGAC e Afundación de Abanca
227 películas na 28ª edición de Cineuropa
· Presentaron o programa o alcalde da cidade, Agustín Hernández; a concelleira de Cultura, María Antón, e o director do festival José Luis Losa
· Os premiados desta edición, que estarán en Compostela para recoller os galardóns, son a actriz Bárbara Lennie; o realizador Nils Malmros e o produtor Paulo Branco

O alcalde da cidade, Agustín Hernández; a concelleira de Cultura, María Antón, e o director de Cineuropa, José Luis Losa, presentaron esta mañá a 28ª edición do festival, que se celebra do 9 ao 30 de novembro. Poderemos ver un total de 227 películas no Teatro Principal, Salón Teatro, CGAC e Afundación de Abanca. Ademais, hoxe tamén se anunciaron os premiados deste ano que estarán en Compostela para recibir o seu galardón. Trátase da actriz Bárbara Lennie, o realizador danés Nils Malmros e o produtor de cinema independente Paulo Branco. As proxeccións complétanse con Cineuropa Concerto, un programa musical no que poderemos asistir a oito concertos, entre eles propostas especiais arredor do cinema da man da Banda Municipal de Música e da Real Filharmonía de Galicia.

Desde que no ano 1987 unhas vinte películas se agruparan na que foi a primeira edición de Cineuropa, en Compostela novembro é o mes do cinema. Este ano, serán máis de duascentas películas as que poderemos ver, máis de duascentas ventás abertas ao mundo que farán que na nosa cidade se poida ver o máis comentado do proxectado nos festivais internacionais: Cannes, Berlín, Venecia, Locarno... Trátase, na súa maioría, de películas que aínda non se puideron ver no resto de España. 

Esta edición de Cineuropa abrirá o seu telón o próximo 9 de novembro coa proxección de ‘Une nouvelle amie’, a obra recen filmada por François Ozon, un dos habituais do festival. Esta será a primeira das 35 películas que competirán na Sección Oficial polo premio do público. Entre elas, pratos fortes como os últimos filmes de Bonello, os irmáns Dardenne, Mike Leigh… ou o recente León de Ouro en Venecia, e filmes galardoados en Cannes, na Berlinale, na Seminci, en Locarno ou en San Sebastián, entre outros. 

Ademais das seccións habituais, Sección Oficial, Panorama Internacional, DOCS-Cineuropa, Fantastique Compostela, Panorama Audiovisual Galego ou DOCS-Music, este ano para Neil Young, o programa complétase con outras seccións. Cinefilias con tributos específicos a Lauren Bacall, James Garner, Robin Williams, Eli Wallach, Mario Monicelli e Philip Seymour Hoffman; unha Retrospectiva a Nils Malmros e un apartado específico para os Premios Lux. Faremos tamén un repaso ao cinema do Novo Hollywood coa proxección de 60 filmes en ‘Cando o tiburón devorou o cine; ascenso e caída do Novo Hollywood’ e, con motivo do 25 aniversario da caída do muro de Berlín, repasaremos o cinema alemán nas seccións ‘Berlín; 25 anos sen muro’ e ‘Ao outro lado do muro: o cine na RDA’. Tamén teremos seccións especiais dedicadas a Cole Porter, Alain Resnais, Roy Anderson e Bertrand Bonello, así como unha sección de ‘Disidencias’ cun especial ‘Foco asturiano’ e o tradicional Maratón.

Bárbara Lennie, Nils Malmros e Paulo Branco, premiados desta edición

Bárbara Lennie, a definida por algúns como musa do cine indie español, presente nos últimos meses en "Stella Cadente" e en "El Niño", acaba de obter un triunfo maiúsculo en San Sebastián coa Concha de Ouro para "Magical Girl". Igual que o pasado ano sucedeu con Marian Álvarez, protagonista de "La herida", esta presenza en Cineuropa da actriz máis poderosa do panorama español, estamos seguros de que será o anticipo do seu Goya por "Magical Girl". Un filme que poderemos ver o día que lle entregamos o premio, e no que Barbara Lennie comparte memorable cartel con Pepe Sacristán, un dos nosos premios Cineuropa de 2012.

Nils Malmros, o gran clásico do cine danés, é candidato este ano ao Oscar coa súa obra mestra "Sorrow and Joy", filme que poderemos ver en Cineuropa. Malmros foi este ano protagonista dunha retrospectiva no Festival de Rotterdam, un repaso ao seu cine que se celebrará igualmente en Cineuropa como primicia absoluta en España, e que vai ser en sí mesmo un dos eventos cinematográficos de maior relevancia deste outono en todo o estado.

Paulo Branco é o produtor europeo máis relevante do último medio século dentro do cinema independente. Produtor de Wim Wenders, de Paul Auster, de David Cronenberg ou de Manoel de Oliveira, entre outros. Visitounos cun dos seus filmes hai dous anos e agora volve para recibir o noso tributo, e ofrecernos unha película, "Variacións Casanova", con John Malkovich, a metade de camiño entre a ópera, o teatro e, claro, o cine.

Cineuropa Concerto
Ademais das proxeccións Cineuropa ofrece un programa musical paralelo en Cineuropa Concerto. Teremos oito citas musicais de variados estilos e para todos os gustos. Destacamos a colaboración da Banda Municipal de Música e da Real Filharmonía de Galicia con programas específicos de música de cine. A Banda ofrece o domingo 23 na Sala Agustín Magán ‘Música do cinema español’ e a RFG, o día 14 no Auditorio de Galicia, ‘Charles Chaplin: The gold rush (A quimera de ouro)’. 

Ademais, Guitar Crusher estará o día 7; Aurora & The Bertrayers presenta o seu novo disco ‘Shadows go away’ o 13 e Arizona Baby tamén presentan o seu novo traballo, ‘It is called work’ o venres 14. Os tres concertos serán na Sala Capitol. O sábado 15 poderemos asistir á presentación de ‘Granada’, o novo disco de Silvia Pérez Cruz & Raül Fernández Miró no Auditorio Abanca; o sábado 22 chegan Elefantes con ‘El Rinoceronte’ á Capitol e pechan o Cineuropa Concerto, o xoves 27, tamén na Capitol, Supersubmarina co seu último traballo: ‘Viento de cara’.

Silleda - O Concello pon en marcha un programa de traballo no que participarán 17 desempregados/as

-A Xunta de Goberno Local acordou solicitar ao Servizo Galego de Colocación a selección destes novos operarios, que poderán completar a súa base de cotización a través do Programa de Obras de Humanización Municipal 2014-2015.

-Pediranse 6 peóns de obras públicas (varredores), 5 operarios de xardineiría, 1 para limpeza de edificios, 2 traballadores da construcción 2 oficiais albaneis e 1 electricista, que comezarán a traballar o vindeiro día 1 de decembro

O Concello de Silleda poñerá en marcha un novo plan de traballo, no que se creará un equipo formado por un total total de dezasete operarios/as en situación de desemprego.

Trátase de persoas desempregadas e que seguirán percibindo o subsidio do INEM, ademais doutra cantidade a maiores que achegará o Concello de Silleda ata completar a Base de Cotización Social. Dende o Concello xa se solicitou ao Servizo Galego de Colocación que se faga a pertinente selección. A proposta vén de ser aprobada pola Xunta de Goberno Local, xunto coas memorias xustificativas que acompañan a solicitude á Oficina de Emprego, que se encargará da tramitación e selección do persoal para a posta en marcha do chamado Programa de Obras de Humanización Municipal 2014-2015.

Dos 17 operarios/as solicitados, 6 son peóns operarios para obras públicas (barredores), que traballarán na limpeza de viarios e conservación de mobiliario, así coma o lavado de beirarrúas , ou limpeza doutros espazos . Tamén se solicitan 5 operarios de xardinería, para acondicionamento e atención das diferentes áreas recreativas que son propiedade do Concello (parque das Pedrosas, parques infantís, áreas de descanso, áreas recreativas no rural, xunto á vía da prata…). 

Solicítase tamén unha persoa para traballar na limpeza de edificios públicos e un oficial electricista para completar os traballos que se están a realziar dentro do programa de aforro enerxético. 

O Programa de Obras de Humanización Municipal 2014-2015 tamén contará con un equipo formado por 2 albaneis Oficiais de Primeira e dous peóns de construcción, que se centrará na reparación, restauración e mantemento de rúas, pistas, centros sociais do rural ou outros edificios de titularidade municipal, segundo as necesidades.

Durante 6 meses

Todos eles traballarán a xornada completa (de 08.00 a 15.00 horas), por un período de 6 meses, o máximo que permite este programa. O Concello de Silleda tería que asumir a diferencia do salario ata a base de cotización (no caso dos que non teñan completaríase o abono ata o Salario Mínimo Interprofesional).

O alcalde, Manuel Cuíña advirte que con esta proposta se está a axudar as persoas que están a día de hoxe no paro “tendo en conta que, por exemplo, os que levan xa seis meses en situación de desemprego só están a cobrar a metade do subsidio”. Sinala ademais que a través deste programa o Concello poderá dispoñer de personal para realizar “tarefas que son básicas” nun momento complicado “ao non poder realizar contratacións polo plan de axuste e tendo en conta as políticas de recorte que están aplicando outras Administracións”. 

Plan Provincial de Emprego

Por outra banda, o pasado martes rematou o contrato dos traballadores e trababalladoras que formaron parte da primeira quenda do Plan Provincial de Emprego. O alcalde, Manuel Cuiña e a concelleira de Emprego, Pilar Peón, despediron ao grupo. A segunda quenda continuará traballando nos distintos equipos da plantilla municipal ata o 31 de decembro.

Camara de Comercio - O Premio Manuel Beiras recoñece un ano máis o esforzo normalizador de empresas compostelás no uso do galego

A concelleira de Normalización Lingüística, María Corral, e o representante do Comité Executivo da Cámara de Comercio de Santiago, Juan José Maril, presentaron a XV edición do Premio Manuel Beiras. O certame, organizado nesta ocasión polo Concello de Santiago, recoñece o esforzo que realizan as empresas e institucións do municipio no proceso de normalización do uso da lingua galega. 

Calquera empresa ou comercio que estea radicado no municipio de Santiago pode optar ao premio. Poden propoñelo os seus representantes ou propietarios ou tamén pode suxerilo calquera persoa ou entidade que o considere merecente deste galardón. Para formular as propostas de candidatura chega con comunicalo ao Departamento de Lingua Galega do Concello de Santiago (dlg@santiagodecompostela.org / 981 542 409) antes do 30 de novembro. 

As bases do premio diferencian dúas categorías: empresas que veñen utilizando o galego de maneira continuada e empresas que galeguizaron recentemente a súa comunicación (porque son de nova creación ou porque mudaron os seus usos hai pouco tempo). O xurado tamén pode outorgar unha distinción especial a unha persoa ou entidade que contribuíra significativamente á normalización lingüística no ámbito empresarial. 

Entrega de premios 

A distinción consiste nunha escultura creada polo artista Acisclo Manzano que se lles entregará ás empresas galardoadas nun acto aberto que se celebrará en decembro no Concello. As empresas e comercios premiados poderán amosar nos seus establecementos a posesión deste galardón como unha garantía máis de que respectan o idioma da comunidade. 

Durante os primeiros días de decembro celebraranse as reunións do xurado, composto por representantes das empresas distinguidas en 2013, un representante do Concello, a Cámara de Comercio, a Secretaría Xeral de Política Lingüística, a USC, unha asociación en defensa da lingua, un membro do Colexio Oficial de Xornalistas e un representante dunha asociación de consumidores. 

O nome do Premio Manuel Beiras é unha homenaxe a este galeguista polo seu apoio á lingua, ademais de pola súa actividade como comerciante compostelán. Recibiu a Medalla de Ouro da cidade pola súa contribución cultural, un exemplo de compromiso colectivo dende o sector socioeconómico.

Santiago - Amantes de Vicente Aranda en formato teatral no Principal

Nos últimos anos produciuse un movemento inverso, é o teatro quen acode ao cine como fonte de inspiración. Amantes, obra teatral, xorde a partir de Amantes, película; película que se prestaba especialmente a ser sometida a esta "metamorfose" teatral polo seu peculiar estilo tráxico concentrado nun clásico trío, ese microcosmos onde aniñan e resolven os mil matices da paixón amorosa que Vicente Aranda, no esplendor da súa madurez como creador, analiza nun thriller sentimental que comeza como unha comedia de enredo, se interna no melodrama e culmina na catarse liberada propia da traxedia.

AMANTES
Vicente Aranda
Centro Dramático Nacional / Sandra Toral Producciones Madrid
español 90’

Luisa Marta Belaustegui
Paco Marc Clotet
Trini Natalia Sánchez

Álvaro del Amo dirección
Álvaro del Amo dramaturxia
César Barló axuda dirección

Paco Azorín escenografía
Juan Sebastián vestiario
Nicolás Fischtel iluminación