Ames aproba a nova RPT e un suplemento de crédito para o cemiterio municipal

Ames, 02/07/2016 - Este xoves pola tarde celebrouse o pleno ordinario do mes de xuño no que os concelleiros e concelleiras da corporación municipal déronlle luz verde á modificación puntual do Convenio Colectivo do persoal laboral e á Relación de Postos de Traballo (RPT). Ademais, Francisco Javier García tomou posesión do seu cargo como concelleiro e aprobáronse outros puntos de vital importancia como o suplemento de crédito 1/2016 co obxectivo de habilitar unha partida de crédito para poder executar obras no cemiterio municipal.

Silleda remata os depósitos de auga de A Laxe, en Oleiros


 Silleda, 02/07/2016 - O Concello de Silleda rematou as obras de construción da caseta que albergará os depósitos veciñais  de auga do lugar de A Laxe, na parroquia de Oleiros.
Esta obra, que viñan demandando dende hai tempo os veciños residentes da localidade, iniciouse  fai agora case un ano, coa escavación pertinente para a realización da base e onde se asentarán as novas dotacións, que darán servizo a 12 vivendas.

Unha tese da USC relaciona os fármacos antiepiléticos en nenos con enfermidades de risco cardiovascular

Santiago, 02/07/2016 - A doutora María del Carmen Gómez Lado relaciona na súa tese de doutoramento a administración de fármacos antiepilépticos coa elevación da homocisteína en pacientes pediátricos. Como explica a investigadora, a homocisteína está considerada como factor de risco para desenvolver arterioesclerose e enfermidades cardiovasculares en idade adulta, ademais de terse vinculado co aumento do risco de accidentes cerebrovasculares na infancia.

Ventín defende ao seu conserxe

 Ames, 02/07/2016 - A primeira consecuencia da nova Relación de postos de traballo (RPT) de Ames é a posibilidade da marcha do "señor Casas" do colexio de Ventín. O actual conserxe podería comezar setembro cun novo posto na brigada de obras, esta posibilidade movilizou a comunidade educativa que non quere a súa marcha.
A asociación de nais e pais ven de publicar unha nota nas redes sociais na que explica todo o sucedido

Mañá domingo as Fillas Bravas en Bertamiráns

Ames, 02/07/2016 - Este domingo ás 13:00 horas tres mulleres van tomar a praza da Maía de Bertamiráns. Son Patricia de Lorenzo, Mónica García e Arantza Vilar e veñen como as Fillas Bravas, un dos espectáculos da compañía de teatro Chévere. As Fillas Bravas son “fillas do vento, mulleres de andar a pé de toxo” e chegan ante o público con coplas inspiradas en cantos tradicionais galegos, ben orgullosas do seu pasado.

Ames desde a mirada dos nenos e das nenas

Ames, 2/07/2016 -  Un dos programas de conciliación de verán do Concello de Ames remataba onte, o Xuño Lúdico, e hoxe comeza outro que se estende ao longo dos meses de xullo e agosto, a Escola de Verán. Un total de 364 nenas e nenos, repartidos entre O Milladoiro e Bertamiráns, participan nesta edición. Este servizo está dirixido a alumnado de segundo ciclo de infantil e educación primaria que estean empadroados no Concello de Ames. O concelleiro de Educación e Cultura, David Santomil, achegouse esta mañá ata o CEIP da Maía para saudar a algúns dos rapaces e rapazas que participan neste programa.

Brión recibe o Premio Peña Novo

 Brión, 02/07/2016 -  O alcalde de Brión, José Luís García, recolleu de mans do conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez, o XXII Premio Lois Peña Novo pola súa utilización, dende 1979 e de xeito ininterrumpido, e realización de accións en defensa da lingua galega.

A banda de música Santa Cruz de Ribadulla presenta un CD

de esquerda a dereita: José Rodríguez Ramos
 (director da banda de música Santa Cruz de Ribadulla), 
Carlos Martínez Carrillo (alcalde de Vedra), 
Raquel Cutrín Carbía (vicepresidenta da Asociación 
da banda de música Santa Cruz de Ribadulla)
 e Enrique Vázquez Martínez (concelleiro de cultura de Vedra)
Vedra, 02/07/2016 - A casa consistorial de Vedra acolleu onte venres 1 de xullo a presentación oficial do cd musical da banda de música Santa Cruz de Ribadulla.

Os voluntarios "chaquetas vermellas" regresan a Compostela

 Santiago, 02/07/2016 -  O programa de voluntariado dos Chaquetas Vermellas, logo de cancelarse nos últimos anos, volve ás rúas e prazas de Santiago para informar directamente ás persoas que visitan a cidade.

O Río Natura Monbus Obradoiro presenta os novos Equipamentos Oficiais

Santiago, 01/07/2016 - O Río Natura Monbus Obradoiro presentou os Equipamentos Oficiais de xogo para a tempada 2016/17 en Tiro Libre Scq, ademais da ampliación do acordo con esta tenda, que pasa de ser punto de venda a Socio Estratéxico do club.

O PP acusa a CA de actuar “de forma precipitada e sen rigor” na rúa de San Pedro

Santiago, 01/07/2016 - O concelleiro do Grupo Municipal Popular, Alejandro Sánchez-Brunete, acusa a Compostela Aberta de actuar de forma precipitada e sen rigor á hora de poñer en marcha as primeiras medidas para acadar a peonalización da rúa de San Pedro.

Baby boom na Rosaleda con nove bebés en 24 horas

Na foto, Lola Igrexas,
matrona da Rosaleda, entre Puri e Toño,
 os felices papás de Xandre e Elora,
que naceron o martes ás 21:45 horas
 Santiago, 01/07/2016 - A pesar de que a lúa chea foi a principios da pasada semana, os bebés preferiron esperar a que pasase a ponte de San Juan para que os seus papás "e sobre todo as súas mamás" puidesen comer a gusto as sardiñas e algunha, ata saltar a fogueira para conxurar aos bos espíritos no reto que afrontarían unhas horas despois.

Santiago prepara os colexios para o inverno

Santiago, 01/07/2016 - A Concellaría de Educación e Cidadanía inviste 150.000 euros en reparacións e melloras nos centros públicos durante o verán

Silleda reanuda as reunións cos veciños con dous encontros en Silleda e Bandeira


 Silleda, 01/07/2016 - As reunións que se viñan mantendo dende o Concello de Silleda cos veciños das distintas parroquias antes das eleccións, reanudaranse nas vindeiras semanas con dúas convocatorias xa fixadas para os días 13 e 14 de xullo.

Teo rexeita o recorte de horarios no transporte metropolitano

Teo, 01/07/2016 -  O Concello de Teo rexeita os novos recortes de horario no servizo de transporte metropolitano na liña entre Pontevea e Santiago, tanto o que a empresa pretende aplicar unilateralmente nunha expedición de tarde como a supresión de dúas frecuencias autorizada pola Xunta de Galicia os sábados pola mañá.

Ordes acolle a primeira MasterClass pública de Salsation & Zumba de toda Galicia

Ordes, 01/07/2016 - Mañá sábado, 2 de xullo, ás 19.30 horas, o Campo da Feira de Ordes encherase de xente chea de ritmo e ávida de exercicio físico para participar na que será a primeira Salsation  & Zumba MasterClass que teña lugar en Galicia.

O Concello lanza un novo programa piloto para decorar as rúas durante o verán

 Santiago, 01/07/2016 - Marta Lois estivo acompañada da presidenta da Asociación Hostalería Compostela, Sara Santos, que presentou as liñas básicas do programaCompostela Destino 5 Estrelas, no que colabora Turismo de Santiago e que se desenvolverá entre o 1 o 17 de xullo co obxectivo de aumentar as pernoctacións na cidade antes da celebración das Festas do Apóstolo.

Carboeiro modifica o horario de visitas para adaptalo ao verán


Silleda, 01/07/2016 -  O mosteiro de Carboeiro modifica o seu horario de visita para adaptalo ao verán, e aproveitar máis a luz natural, así como dar máis cobertura aos turistas que soen aumentar a afluencia ao enclave con motivo das vacacións e o bo tempo.

Inauguración da XXIX edición dos Cursos de verán ‘Galego sen fronteiras’

Santiago, 01/07/2016 - A XXIX edición dos Cursos de verán de lingua e cultura galega ‘Galego sen fronteiras’ que organizan o Instituto da Lingua Galega da USC (ILG), a Real Academia Galega (RAG), a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Deputación da Coruña, inaugurarase hoxe venres, 1 de xullo.

O 5 de xullo chega o flamenco a Borriquita de Belem

Santiago, 01/07/2016 - Cando a paixón, o coñecemento e a experiencia se unen, o resultado è sempre único. Iso é exactamente o que sucede cando baila Isaías Salazar e lle acompañan Miguel Flores á guitarra e Sandra Calderón ó cante.

Ames presenta a súa estratexia de promoción da saúde e de estilos de vida saudables

Ames, 01/07/2016 - O alcalde de Ames, José Miñones, e a concelleira de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, Luísa Feijóo, presentaron a  estratexia que vai a desenvolver o Concello de Ames para a promoción da saúde e de estilos de vida saudables.

A Cámara de Comercio organizou unha xornada de competencias dixitais en colaboración con Google

Santiago, 01/07/2016 - Máis de cen pemes galegas participaron esta tarde na Cámara de Comercio de Santiago no taller presencial de Activa o teu Negocio, o proxecto impulsado por Google co obxectivo de optimizar a presenza e participación online das pemes a través de formación en competencias dixitais e no que participan como socios a Fundación Incyde das Cámaras de Comercio, BBVA e CEPYME.

O embaixador de Turquía visitou a Cámara de Comercio

Santiago, 01/07/2016 - O presidente da Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela, Jesús Asorey, o secretario xeral, Fernando Barros, e o técnico de comercio exterior da entidade, Fernando Pérez-Soba, reuníronse na sede cameral co embaixador da República de Turquía en España, Ömer Önhon, a conselleira Comercial da Embaixada, Fatma Kayhan, e o cónsul honorario de Turquía en Galicia, Francisco Peleteiro. Analizaron as relacións comerciais e as oportunidades de negocio que ofrecen ambos territorios.

Constituído o grupo motor que dirixirá o proceso dos orzamentos participativos para o exercicio 2017

Santiago, 01/07/2016 - O martes pola tarde quedou constituído o grupo motor que dirixirá o proceso de orzamentos participativos para o 2017. Na primeira xuntanza participaron 70 persoas, entre colectivos veciñais, tecido asociativo, partidos políticos (que conforman o Consello de Relacións Veciñais) e cidadáns e cidadás a título individual.

Spin2016 convida os universitarios a vivir unha aventura emprendedora no Camiño de Santiago

Santiago, 1/07/2016 -  Spin2016, o maior evento dedicado ao emprendemento universitario, convoca os estudantes de todos os países da rexión iberoamericana a participar en The Spin Way, unha experiencia única coa que poderán desenvolver unha idea de negocio mentres percorren o Camiño de Santiago.

Pleno de xuño no concello de Ordes

 Ordes, 30/06/2016 - O Pleno ordense rexeitou na sesión correspondente ao mes de xuño o expediente de modificación de crédito proposto polo Goberno Local. En total habería que falar de 358.000 euros, dos cales  218.000 € destinaríanse á amortización de débeda e 140.000 € para a ampliación do aparcamento do tanatorio do Valado.

Cidadáns Ames demanda que o posto de xuíz de paz sexa cuberto por demandantes de emprego en risco de exclusión social

Ames, mércores, 29 de xuño de 2016-  O voceiro de Cidadáns no Concello de Ames, Javier López, trasladoulle ao alcalde de Ames a necesidade de que se prioricen aqueles perfiles de demandantes de emprego en risco de exclusión social de cara a cubrir o posto de xuíz de paz no municipio.

Lalín inicia unha campaña de promoción turística en varios municipios da costa galega

 Lalín, 30/06/2016 - O concelleiro de Turismo, Francisco Vilariño, vén de presentar a nova campaña de promoción turística do Concello de Lalín. Este novo proxecto de difusión dos atractivos do municipio levarase a cabo en  numerosos municipios da costa galega, onde, tras alcanzar un acordo que se aprobou en Xunta de Goberno Local cunha empresa xestora de puntos informativos,  se colocaron, sen custe algún para as arcas municipais, varios paneis publicitarios de Turismo en puntos especialmente transitados de diferentes vilas das Rías Baixas.

Modificacións de tráfico en San Pedro e na rotonda de Conxo

Santiago, 30/06/2016 - Cambios no tráfico por mor da peonalización da rúa de San Pedro e as obras do túnel de Conxo

Maximino Castiñeiras "o poeta da Maía" será o protagonista fdas bibliopiscinas de Ames


Ames, 30/06/2016  Este venres, 1 de xullo, comeza unha nova edición do programa lúdico de bibliopiscinas que este ano presenta varias novidades. Esta iniciativa comeza cun recital do grupo Rosas sobre a figura de Maximino Castiñeiras, "O poeta da Maía", que se desenvolverá, ás 18:00 horas, na praia fluvial de Tapia.

IV edición da concentración moteira Milli Riders que terá lugar este fin de semana en Melide

Melide, 30/06/2016 - Os socios do motoclube Milli Riders están actualmente inmersos na organización da IV concentración moteira de Melide que dará comezo este venres día 1 de xullo cunha recepción para todos os inscritos ás 20.00 h

A Mancomunidade de Ordes participa no proxecto 'Deseñando o teu futuro'


Ordes, 30/06/2016 - A Mancomunidade de Ordes participará este verán no programa 'Deseñando o teu futuro', desenvolvido pola Consellería de Política Social.

Fin de semana chea de festas en Ordes na honra a San Pedro e á Virxe do Carme

Ordes, 30/06/2016 -   Varias parroquias do municipio de Ordes  ultiman detalles estes días para vivir unha fin de semana marcada pola festa, a diversión, a música e o baile. 

Ultimate Painting e El Monstruo, protagonistas da inauguración do ‘TerraZeando

Santiago, 30/06/2016 - Os sofisticados británicos Ultimate Painting e os galegos El Monstruo protagonizan o concerto inaugural do 'TerraZeando. Ciclo de concertos ao fresco' organizado pola asociación Desconcierto Cultural coa colaboración do Concello de Santiago.

Séptima edición do “minicanmiño” de santiago

Santiago, 30/06/2016 - O sábado 2 de xullo realizarase a séptima edición do "Minicanmiño". Este novo grupo de "perregrinos da esperanza" estará composto por un grupo duns 20 voluntari@s que guiarán a 10 cans da Fundación Refuxio de Animais, e os padriños e madriñas co seu afillado/a.

A Fundación Meniños imparte unha charla sobre adopcións no Pazo da Peregrina

Ames, 30/06/2016 - Este xoves, 30 de xuño, ás 18:00 horas, a Fundación Meniños ofrece no Pazo da Peregrina de Bertamiráns unha sesión informativa para persoas interesadas no programa de adopcións especiais. Previamente, esta organización realizou esta mesma charla en Vigo, Ourense e Cee. Actualmente, a través deste programa estase apoiando a 7 familias con 17 nenos e nenas en proceso de adopción, mentres que 7 nenos e nenas están á espera de atopar unha familia adoptiva.

Teatro del Arte presenta ‘Luciérnagas’, sobre un texto de Carolina Román

 Santiago, 30/06/2016 - Despois da exitosa ‘En construcción’, escrita e protagonizada por Carolina Román e Nelson Dante e dirixida por Tristán Ulloa, e que puidemos ver en Compostela, Carolina Román presenta agora un novo texto: ‘Luciérnagas’. Da man de Teatro del Arte e protagonizado por Carmen Gutiérrez, Fede Rey e Jaime Reynolds,

Estudarán nun curso o impacto cotiá da pegada ecolóxica

Santiago, 30/06/2016 - Ao longo dunha semana, do 29 de agosto ao 2 de setembro, o curso ‘Pegada ecolóxica, o noso impacto cotiá’ reunirá na Aula Magna da Escola Técnica Superior de Enxeñaría ata un máximo de 100 participantes que se familiarizarán con este concepto e as súas implicacións no día a día.

l Torneo Club Hóckey A.C. Órdenes

Ordes, 30/06/2016 - A partir deste venres, 1 de xullo, e ata o vindeiro domingo, 3 de xullo, terá lugar o I Torneo Club Hóckey A.C. Órdenes no pavillón Castelao I.  Nel participarán un total de 8 equipos, procedentes non só de Galicia, senón tamén de Cataluña e incluso de países estranxeiros como Austria.

Este venres arranca en Ordes o II Concurso de tapas 'De bo dente!'

Ordes, 30/06/2016 - Ordes xa ten nova data para o seu concurso de tapas. Será o vindeiro mes de xullo, concretamente durante as dúas primeiras fins de semana (días 1, 2, 3, 8, 9 e 10). Trátase da segunda edición deste concurso.

Charamela premiada coa Medalla de Ouro de Melide

Melide, 30/06/2016 - Como ven sendo habitual o día de San Pedro entreganse as Medallas de Ouro de Melide que van dirixidas a un persoeiro, institución ou asociación que ten unha recoñecida traxectoria no mundo da cultura, música ou co seu bo facer ten unha repercusión na vida cotiá da vila.

Entregados os premios do terceiro campionato mundial de modelado 3D con móbil promovido pola USC

Santiago, 30/06/2016 - Os equipos galardoados na D3Mobile Metrology World League 2016 recibiron este mércores os seus respectivos premios no marco dunha cerimonia que congregou na Escola Politécnica Superior da USC preto de medio centenar de estudantes de ESO e BAC e profesorado de centros educativos de ensino medio de Galicia e doutras comunidades autónomas como Castela e León ou Asturias.

Monográfico extraordinario de Dereito homenaxe a António Cândido Macedo de Oliveira

Santiago, 30/06/2016 - O profesor da USC e director do Observatorio Internacional da Regulación das Entidades do Sector Público (OIRESP), Marcos Almeida, e a directora da EGAP, Sonia Rodríguez-Campos, presentaron este mércores na Facultade de Dereito da USC o número monográfico extraordinario da Revista Dereito. Revista Xurídica da USC en homenaxe ao profesor António Cândido Macedo de Oliveira, presidente da Asociaçao de Estudos de Direito Regional e Local (AEDREL), que estivo presente no acto.

A USC reduciu en 2015 o seu déficit en 1,6 millóns de euros

Santiago, 29/06/2016 - A USC pechou o exercicio económico correspondente a 2015 cun superávit de 1,6 millóns de euros, o que permite reducir déficit a unha maior velocidade do previsto inicialmente polo Plan Económico-Financeiro de Reequilibrio, documento que define a estratexia económica da USC para absorber o déficit acumulado da institución académica (preto de 14 millóns de euros a finais de 2014). As estimacións previstas para 2015 eran dun superávit de 67.000 euros.

Xente de Rois reclama un plan director de obras e mantemento

Rois, 29/06/2016 - Xente de Rois presentou unha moción para debater no Pleno Ordinario de Rois do próximo luns 4 de xullo. Unha moción na que instamos ao equipo de goberno á redacción dun Plan Director de obras e mantemento, consensuado con asociacións de veciños, outras entidades, grupos de persoas implicadas no desenvolvemento do concello e mesmo as diferentes agrupacións políticas.

A Escola de Música Magariños de Brión abre o prazo de matrícula para novo alumnado

Brión, 29/06/2016 - A Escola Muncipal de Música Magariños abre o prazo de matrícula para novo alumnado alumnado. As inscricións poderán realizarse ata o vindeiro 22 de xullo na propia ESMU (avenida de Santa Minia, nº 70), de luns a venres, en horario de 10:00 a 13:00 horas, e os martes, de 16:00 a 19:00 horas. A documentación necesaria para solicitar a matrícula podese consultar na páxina web da Escola. As prazas son limitadas.

Preséntase unha nova edición do Acelerador de Transferencia da USC

Santiago, 29/06/2016 - O programa ‘Acelerador de Transferencia’ presentarase en dúas xornadas que organiza a Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento da USC (AVTE) en Santiago, mañá día 30. Quen desexe asistir debe inscribirse previamente. O Acelerador é unha iniciativa orientada a facilitar a transferencia ao mercado de resultados de investigación xerados polos grupos da USC. 

A Escola de Altos Estudos Musicais realizará novas probas en setembro

Santiago, 29/06/2016 - O Curso Avanzado de Especialización Orquestral impártese na Escola de Altos Estudos Musicais, en Santiago, e está recoñecido como título propio de posgrao pola Universidade de Santiago de Compostela. Diríxese a músicos instrumentistas con titulación superior que teñan como meta adquirir a formación e a experiencia necesarias para integrarse nunha orquestra profesional.

Lousame acollerá do 12 ao 15 de xullo un curso gratuíto de aplicador de produtos fitosanitarios

Lousame, 29/06/2016 - A Casa da Cultura de Lousame acollerá, do 12 ao 15 de xullo, un curso de aplicador-manipulador de produtos fitosanitarios, nivel básico, que será impartido de forma gratuíta pola Xunta de Galicia.

O 1 de xullo comeza a tempada de piscina en Silleda

Silleda, 29/06/2016 - O vindeiro venres día 1 de xullo abrirán ao público os dous recintos das piscinas municipais, (en Silleda e A Bandeira). O horario será o mesmo que o do ano pasado: de 14.00 a 21.00 horas, de luns a venres e o sábado e domingo abrirán de forma continuada dende as 15.00 ás 21.00 horas.

Concerto conxunto do Coro Novo da OSG e da Coral Xuvenil de JM de Palma de Mallorca

Santiago, 29/06/2016 - O Coro Novo da Orquestra Sinfónica de Galicia e a Coral Xuvenil de JM de Palma de Mallorca ofrecen un recital conxunto este mércores 29, ás 20.00 horas na Igrexa da Universidade. A entrada é libre ata completar aforo.

Deborah García presenta no Museo de Historia Natural o libro Todo es cuestión de química

Santiago, 29/06/2016 - A divulgadora científica Deborah García Bello presenta este mércores 29 no Museo de Historia Natural da USC o seu libro Todo es cuestión de química. A presentación, de entrada libre, será ás 19.30 horas e nela intervirá ademais Manuel Vicente. Rematará cun debate co público. 

A praza Isaac Díaz Pardo de Sigüeiro acolle hoxe o concerto dos combos da Escola de Música de Oroso

Oroso, 29/06/2016 - O praza Isaac Díaz Pardo de Sigüeiro collerá mañá mércores 29 de xuño, ás 20:00 horas, o concerto dos combos da Escola de Música de Oroso.

Jesús Castro presenta «Os nomes e os himnos» na Libraría NUMAX

Santiago, 29/06/2016 - O poeta Jesús Castro Yáñez (Baltar, A Pastoriza, 1992) achegarase á Libraría NUMAX para presentar o seu poemario Os nomes e os himnos, editado por Espiral Maior, co que obtivo o Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé en 2015. 

LAR Legido e Pablo Sax darán hoxe un concerto de improvisación libre na Casa das Crechas

Santiago, 29/06/2016 - Hoxe mércores a Casa das Crechas acolle as nove da noite un concerto de 2M, a alianza de LAR Legido e Pablo Sax, dous músiconautas libres que crean e improvisan en base a unha realidade cotiá, máis alá de parámetros habituais de estilo ou clasificación. 

A veterana Ánxeles Rodríguez, campiona nacional en xavelina

Ordes, 29/06/2016 - A atleta ordense Ánxeles Rodríguez, un dos máximos referentes locais desta modalidade deportiva, participou esta fin de semana no Campionato Nacional de Veteranos en Pista ao Aire Libre.

O PSOE de Tordoia pedirá a documentación da nave da Pontraga

 Tordoia, 28/06/2016 - O PSOE de Tordoia vai solicitarlle ao Concello toda a documentación sobre a situación actual da nave da Pontraga, construída por Adriva Collection e na actualidade utilizada como almacén para feirantes, despois das afirmacións públicas realizadas polo alcalde, Antonio Pereiro, nas que aseguraba que coñecía ao novo dono e que “teno todo ao día”.

Un curso en Ciencias da Educación avaliará a situación da infancia en Galicia

 Santiago, 28/06/2016 - Baixo a dirección das profesoras Mar Lorenzo Moledo e Mª del Carmen Gutiérrez Moar, o curso ‘Os dereitos dos nenos e das nenas: a situación da infancia en Galicia’ celebrarase na Facultade de Ciencias da Educación de Campus Vida os días 21 e 22 de xullo.

Santiago aspira a ser sede en 2018 do Campionato do Mundo Xuvenil de Xadrez

Santiago, 28/06/2016 - O concelleiro responsable de Deporte, Rafael Peña, acompañado doutros membros da Corporación, recibiu en Raxoi unha delegación da Federación Internacional de Xadrez.

Comezan as obras para o peche das pistas de pádel de O Castro


Silleda, 28/06/2016 -   A pasada semana comezaron as obras do peche das pistas de pádel de O Castro, adxudicadas á empresa Endenor, Mantenimiento y Servicios, S.L., ao presentar ésta a oferta máis vantaxosa, por un importe de 39.796,60 euros, IVE engadido.

Teo investirá máis de 70.000 euros en parques infantís

28/06/2016 - O Concello de Teo investirá máis de 70.000 euros durante este verán na construción, mellora e mantemento de varios dos máis de corenta parques infantís cos que conta o municipio. As distintas actuacións pretenden aumentar a dotación de espazos de uso público, ademais de renovar e preservar as condicións de seguridade dos xa existentes.

Esquerda Unida de Compostela e Compostela Aberta organizan hoxe unha mesa redonda sobre  LGTBIfobia 

Santiago, 28/06/2016 - A cita será no local de Compostela Aberta, na praza do Toural, esta tarde as 20:00 horas.