Axenda e tempo do sábado 4 de xullo - Música, festas, exposicións

Santiago - Numax 

Santiago - Cidade da Cultura - Atardecer no Gaias - The Lakazans

Santiago - Sala Moon - hip hop Natural Party

Santiago - Festas en Angrois

Santiago - Vía Stellae

Outros Concertos + info

Exposicións

Santiago - Museo do Pobo Galego - Dionisio Tasende, De homes... e mulleres (ata o 5 de xullo)

Santiago - Fundación Granell - 20 formas de cambiar el mundo (ata decembro)

Santiago - Fonseca Elipsis de Rafael Navarro (ata o 29 de agosto)

Santiago - Cidade da Cultura - Camiño, A orixe (ata o 11 de septembro)


O Tempo

Ames - Reunión con COGAMI

O alcalde de Ames, José Miñones, e a concelleira de Participación cidadá, Isabel González, mantiveron unha xuntanza co presidente da Confederación Galega de Persoas Discapacitadas (COGAMI), Anxo Queiruga. Esta xuntanza serviu para ter unha primeira toma de contacto e para presentar o novo goberno municipal ante esta entidade. Tamén se falou do traballo que desenvolve esta confederación en Ames e doutros temas como a accesibilidade. 

Nesta xuntanza abordáronse cuestións de grande importancia para o Concello de Ames como son o tema da accesibilidade. Neste eido cómpre destacar que o Concello de Ames xa desenvolveu unha fase dun plan de accesibilidade, a través do cal xa se melloraron as instalacións de varios edificios municipais como a Casa da Cultura de Bertamiráns. Segundo indica o rexedor municipal “temos que seguir traballando nesta dirección para mellorar a accesibilidade do noso concello”.

Por outra banda, a entidade COGAMI desenvolve traballos de conservación e mantemento en dous dos lugares máis frecuentados polas amienses no seu tempo de lecer como son o parque do Pazo da Peregrina e o paseo fluvial de Bertamiráns. Neste lugares realizan traballos de xardinería, limpeza e conservación destas áreas verdes.

Por último, o presidente de COGAMI, Anxo Queiruga, tamén aproveitou esta cita para presentarlle ao goberno municipal as empresas que forman parte desta confederación de persoas con algún tipo de discapacidade.

O alcalde de Ames, José Miñones, trasladoulle ao presidente de COGAMI a intención de seguir colaborando con esta entidade. “Dende o goberno municipal queremos que COGAMI continúe desenvolvendo as súas actividades no noso termo municipal e traballaremos nesa dirección”, apuntou Miñones.

Teo - Pleno extraordinario o próximo luns

A corporación teense reúnese este luns 6 de xullo en sesión extraordinaria. O debate terá lugar, como xa é habitual, en horario de tarde, ás 20:00 horas, para facilitar a asistencia das persoas interesadas e celebrarase no salón de sesións da Casa Consistorial, na Ramallosa. A sesión tamén se retransmitirá por streaming a través da web municipal, premendo no banner En directo, na marxe dereita da portada. 

Os asuntos centrais deste pleno serán os relacionados coa xestión directa do servizo municipal de abastecemento de auga potable, saneamento e depuración de augas residuais do Concello de Teo. Nesta sesión votaranse tres propostas de resolución de alegacións e aprobación definitiva da ordenanza fiscal que regula a taxa por abastecemento e depuración, da memoria para a xestión directa do servizo e da modificación do anexo de persoal. 

No pleno de marzo aprobáronse os tres acordos e no período de exposición pública a empresa Viaqua e traballadores da mesma firma presentaron alegacións contra estes acordos. Na proposta da alcaldía que se votará o luns deféndese o rexeitamento das alegacións, baseándose en razoamentos técnicos. No caso de quedar rexeitadas as alegacións a memoria para a xestión directa, a ordenanza e a modificación do cadro de persoal quedarían aprobadas definitivamente e pecharíase deste xeito o proceso administrativo de municipalización da auga en Teo. 

A orde do día ten os seguintes puntos: 
Dar conta da constitución dos grupos políticos municipais. 
Dar conta da composición das comisións informativas. 
Proposta da alcaldía sobre creación da Xunta de Portavoces. 
Proposta da alcaldía de nomeamento de representantes da corporación en órganos colexiados. 
Ditame da proposta da alcaldía de resolución de alegacións e aprobación definitiva da ordenanza fiscal reguladora da taxa de abastecemento de auga, sumidoiros e depuración. 
Ditame da proposta da alcaldía sobre resolución de reclamacións e aprobación definitiva da memoria para a xestión directa do servizo de abastecemento de auga, sumidoiros e depuración. 
Ditame da proposta da alcaldía de resolución de reclamación e aprobación definitiva da modificación do anexo de persoal.

Ordes - José Luis Martínez é o novo alcalde

Ao longo da mañá de onte celebrouse a sesión de constitución da nova corporación do Concello de Ordes na que o popular José Luís Martínez Sanjurjo foi elexido novo alcalde de Ordes. Un acto ao que non faltaron numerosos veciños e veciñas que encheron o salón de plenos do antigo consistorio. Unha elección acadada grazas aos sete votos a favor emitidos polos integrantes do Partido Popular na nova corporación, partido que foi lista máis votada nos pasados comicios. Pola súa banda tanto o único membro do PSOE como os tres do BNG abstiveronse, mentres que os seis de UXO votaron en contra. 

“Non lle poñades chatas á obra namentras non se remata. O que pense que vai mal que traballe nela; hai sitio para todos”. Con esta cita de Castelao o novo alcalde de Ordes definiu o seu xeito de facer política de cara aos vindeiros catro anos. Unha filosofía basada no beneficio común á cidadanía e no traballo responsable e feito en equipo. Tras recoller o seu bastón de mando asegurou que “non se poden prometer imposibles” pero que respostará “con moito esforzo ante a enorme responsabilidade confiada”. No seu discurso de investidura tamén destacou que como único límite establecido ao seu mandato figura “o respecto á lei e a igualdade de oportunidades para todos, rexeitando calquera trato de favor e exercendo o Goberno local con responsabilidade”. Martínez Sanjurjo definuse como “o alcalde de todas e todos os ordenses”, apostando pola fórmula do traballo realizado con “exemplaridade e transparencia” para tratar de recuperar a “credibilidade” perdida nos últimos tempos no que atinxe á labor política.

O novo alcalde tamén se reafirmou na importancia que ten a atención directa a todos os habitantes de Ordes, polo que manterá “abertas as portas dos despachos para atender aos veciños e veciñas”. Unha dinámica que se levará a cabo, incluso, un sábado ao mes, no que él mesmo ou algún concelleiro atenderán persoalmente as queixas e suxestións daqueles e daquelas que non poidan facelo ao longo da semana. 

Martínez Sanjurjo asegurou que “chegou o momento do cambio” ao que tantas veces aludira durante a campaña electoral. Para isto “se cumprirá co programa presentado como si de un contrato se tratase, e se escoitará con humildade á xente para diferenciar o verdadeiramente importante do accesorio”. Unha man tendida non só a o pobo de Ordes “senón tamén aos restantes membros da corporación”. A todas as forzas políticas o novo alcalde solicitoulles o seu apoio “para poder alcanzar acordos alomenos naqueles temas que son de interexe xeral” 

Nun día tan importante no que o novo alcalde estivo rodeado dos seus máis achegados tamén tivo palabras para todas e todos eles. Aagradeceu o apoio brindado por todos os membros do seu equipo, afiliados e simpatizantes e, moi especialmente, o da súa familia e amigos.

Santiago - Campaña da Policía Local de control de vehículos

Entre os días 6 e 12 de xullo a Policía Local de Santiago adhírese á programación das campañas e operacións para o ano 2015 impulsadas pola Dirección Xeral de Tráfico levando a cabo nesta ocasión unha campaña de vixilancia e control das condicións dos vehículos.

A Policía Local quere con isto lanzar a mensaxe a toda a cidadanía de que hai que prestar unha especial atención ao adecuado mantemento e posta a punto de todos os elementos de seguridade do vehículo: pneumáticos, freos, luces e sinalización, etc. O mantemento correcto de todos eles convértese nunha actividade totalmente imprescindible para combater a sinistralidade.

A inspección dos vehículos é fundamental para a seguridade viaria. Está demostrado que os fallos técnicos contribúen de forma decisiva aos accidentes: a eles débese o 6% do total de sinistros de automóbil, o que representa anualmente 2.000 vítimas mortais na Unión Europea e un número moi superior de feridos. Esa proporción elévase ao 8 % no caso dos accidentes de moto.

Segundo un estudo recente do RACE, os defectos nos pneumáticos son a causa do aumento nas saídas da vía, que en 2013 supuxeron o 34% dos accidentes na estrada, fronte ao 30 % do ano anterior. É recomendable que a profundidade das ranuras teña como mínimo 3 milímetros. O límite legal é de 1,6 milímetros.

Que un vehículo responda de forma adecuada en todo momento depende en gran medida das condicións de uso que se lle dea e do seguimento do programa de mantemento que se establece para el. A Policía Local lembra que un bo control dos sistemas do vehículo é unha garantía para nosa propia seguridade na estrada.

Frades - Campamentos de verán

O Concello de Frades vén de convocar os seus campamentos municipais de verán, que terán lugar do 13 de xullo ao 7 de agosto no multiúsos de Frades en horario de 9:30 a 13:30 horas. O concello incrementa nunha semana a oferta e mantén os prezos de 20 euros para empadroados e de 30 euros para non empadroados (quincena) e 40 euros e 60 euros no caso do mes completo. As inscricións deben realizarse no Concello de Frades antes do 7 de xullo.

Os campamentos incluirán xogos, contos, cancións, bailes e visitas ao campo de fútbol municipal e á piscina de Papucín, onde haberá un día especial de xogos. Ademais, están previstos obradoiros de pulseiras, cupcakes, cociña e traballos manuais, así como diversas actividades deportivas e, como novidade, actividades en inglés.

PP Oroso - Pregunta en pleno sobre os chalets de Vilanova

El portavoz del Partido Popular de Oroso, Alexander Doval, ha anunciado hoy que su grupo llevará al pleno que se celebrará este este mes una pregunta sobre la situación legal en la que se encuentran los chalets situados en el Alto de Vilanova, al lado de la AP-9

Desde el grupo popular aseguran que se han visto obligados a tomar esta decisión después de que el gobierno municipal se negase a facilitar a la oposición información sobre la legalidad de estas viviendas.

“Creemos que es importante que nos aclaren algunos asuntos porque estamos preocupados por los vecinos que viven allí”, aseguró Doval, quien no entiende los motivos de “tanto oscurantismo” por parte del gobierno municipal.

En este sentido, el portavoz popular defiende que, si el regidor, Manuel Mirás, “no tiene nada que esconder”, debería facilitar dicha información para la “tranquilidad de todos los vecinos”.

Axenda e tempo do venres 3 de xullo - Música, escena, exposicións

Santiago - Numax 

Santiago - Cidade da Cultura - Atardecer no Gaias - Amatria

Santiago - Dado Dada - Sabina Cia

Santiago - Vía Stellae

Outros Concertos + info

Exposicións

Santiago - Museo do Pobo Galego - Dionisio Tasende, De homes... e mulleres (ata o 5 de xullo)

Santiago - Fundación Granell - 20 formas de cambiar el mundo (ata decembro)

Santiago - Fonseca Elipsis de Rafael Navarro (ata o 29 de agosto)

Santiago - Cidade da Cultura - Camiño, A orixe (ata o 11 de septembro)


O Tempo

Oroso - Sigüeiro acolle este sábado o III Festival Folclórico Paseo do Carboeiro

O Concello de Oroso organiza por terceiro ano consecutivo o festival folclórico “Paseo do Carboeiro”, que terá lugar este sábado 4 de xullo no marco natural do parque do Carboeiro a partir das 18:30 horas. Unha iniciativa coa que o Concello de Oroso pretende “dar a coñecer a nosa música e as nosas tradicións, desfrutando dunha xornada de festa e confraternidade, tal e como aconteceu nas dúas primeiras edicións”, explica o alcalde Manuel Mirás. 

Para conseguilo, o Concello de Oroso asinou hai uns meses un convenio de colaboración coas distintas asociacións musicais do municipio para a promoción da nosa cultura con eventos como o III Festival Folclórico: Lembranzas do Tambre, Buxos Verdes, Amigos do Acordeón e Néboas no Cumio. De feito, o concelleiro de Cultura, Luís Rey, agradece por adiantado a colaboración destas agrupacións locais, “sen cuxo traballo non podería ter lugar un evento coma este”. 

Este ano, como novidade, haberá unha actuación matutina a cargo dos grupos infantís de Lembranzas do Tambre. Será ás 13:00 horas no parque do Carboeiro e dará paso a un xantar no que haberá unha gran churrascada e servizo de bar a prezos populares. E, ao rematar, foliada!. 

A terceira edición do Festival Folclórico comezará ás 18:30 horas coas actuacións dos grupos orosáns Lembranzas do Tambre (Sigüeiro), Buxos Verdes (Senra-Cardama) e Néboas no Cumio (Sigüeiro), todos eles colaboradores na organización do festival. Como grupos convidados, este ano actuarán “Pandereteiras de Marantes”, Rancho Folclórico Sachadeiras da Várzea (Góis, Portugal) e os locais Amigos do Acordeón (Sigüeiro-Oroso). Ao rematar o festival haberá churrascada e foliada a ata que o corpo aguante.

A Raiña - Continúa o ciclo de actividades con actores, humoristas e música tradicional

OS DA RÍA, os actores e o director de OS FENÓMENOS (Xosé A. Touriñán, Fede Pérez e Alfonso Zarauza) e o grupo de música tradicional ARRUEIRO serán este venres 3 de Xullo os protagonistas do ciclo de actividades culturais que os hostaleiros da compostelá Rúa da Raíña e Vide Vide organizan en torno ao viño.

A hora dos viños dos venres na Rúa da Raíña está chea de sorpresas. Viños galegos e tapas creadas especialmente para a ocasión acompañan as actividades culturais, que dan comezo ás 20:00h.

CATA ABERTA DE VIÑOS
Os asistentes poderán catar dous viños galegos, un branco e un tinto. Os viños deste venres son Mara Martín (D.O. Monterrei) e Marquesiño (D.O. Valdeorras). A cata, aberta e gratuíta, estará guiada polos responsables e os enólogos das súas adegas e polo dúo Os da Ría, encargados de poñerlle o humor.

MÚSICA TRADICIONAL
O grupo Arrueiro levará a música tradicional ás tabernas. O pasarrúas comezará ao rematar a cata e amenizarán toda a rúa.

UN VIÑO CON...
Os actores e o director do filme Os Fenómenos (Xosé A. Touriñán, Fede Pérez e Alfonso Zarauza), compartirán conversas coa xente que se quera achegar a falar con eles da película, do tempo ou da vida. Conversas informais ao redor dunha copa de viño galego.

Ademáis de todas as actividades, probar os viños e as tapas en calquera dos locais participantes terá premio, xa que cada día haberá agasallos e sorteos de lotes de viño, visitas guiadas ás adegas e moito máis. Durante o ciclo, repartíronse xa até hoxe máis de 60 premios.

Ames - Hoxe comezan os encontros no Pazo

O Concello de Ames desenvolverá durante a primeira quincena do mes de xullo a terceira edición do Festival de verán "Encontros Culturais no Pazo 2015". O certame comeza este venres, 3 de xullo, coas actuacións de Xoán Curiel, que está acompañado da banda Son+d2, e de Xosé Manuel Budiño, que presentará o seu último traballo: Sotaque. Para o vindeiro venres, 10 de xullo, están programadas as actuacións de Paco Nogueiras e da gran fadista portuguesa María do Ceo. Todas os concertos realizaranse nos xardíns do Pazo da Peregrina. Estas actuacións están subvencionadas pola Rede Cultural da Deputación da Coruña e pola Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia.

O programa do festival de verán Encontros Culturais no Pazo 2015 comeza este venres 3 de xullo, ás 20:30 horas coa actuación de Xoán Curiel e a banda Son+d2, que porán en escena o espectáculo Estamos no verán!!! Na presentación deste festival, Xoán Curiel, destacou que “van a representar o espectáculo Estamos no verán!!!, que é un espectáculo en banda que está incluído dentro do programa de dinamización lingüística FalaRedes 2015, que a Secretaría Xeral de Política Lingüística leva aos concellos da Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia”. 

Curiel tamén explicou que é “unha función moi completa con danza, música en directo e elementos de teatro, que está dirixida aos cativos pero que tamén lle vai gustar aos maiores porque hai moitos estilos como a bossa nova ou o funky. En definitiva, é un espectáculo dinámico e moi participativo no que os rapaces van a pasar un anaco de tempo moi entretido”. 
A actuación principal do primeiro día do festival será o concerto de Xosé Manuel Budiño, que comezará ás 22:30 horas, e no que presentará o seu último traballo: Sotaque, que foi gravado no seu estudio “Ardora” e mesturado e masterizado nos estudios “Atlântico Blue Studios de Lisboa”. Este traballo de composición propia reflexa a impronta da música tradicional e en especial da percusión galega, sempre tocada e pulida a man, xunto coa utilización da electrónica co acento característico de Budiño, co seu Sostaque. Trátase dun álbum conceptual onde as diferentes gaitas, percusións e voces galegas teñen a labor de marcar o ritmo ao longo de nove músicas compostas por Budiño máis unha peza tradicional, chea de sutileza e vitalidade. 

Xosé Manuel Budiño doulle as grazas ao Concello de Ames por poder actuar neste festival de verán. O músico galego manifestou “síntome agradecido porque fun habitante de Ames e tratáronse moi ben. Tiña ganas de volver a Ames para representar o meu espectáculo. Basicamente vou facer o espectáculo do novo disco que se chama Sotaque”. Ademais, Budiño explicou que “o seu espectáculo inclúe a actuación de varios artistas convidados como son Isaac Palacín, que estará na percusión, Alfonso Merino que estará co seu violín, Fernando Barroso, que se ocupará dos instrumentos de corda, e Xabier Díaz, que interpretará as súas músicas tradicionais”. 

Programa da segunda xornada do festival

O festival de verán Encontros Culturais no Pazo 2015 continuará a seguinte semana, o venres 10 de xullo. Nesta ocasión, a xornada comezará ás 20:30 horas coa actuación de Paco Nogueiras, que representará o espectáculo Brinca Vai! (de aquí a acolá). Nogueiras porá en escena unha función de música infantil cos ritmos máis diversos (electrónica, pop, folk, reggae, rock). Brinca Vai! De aquí a acolá é un espectáculo baseado no libro-CD-DVD “Brinca Vai!”, editado por Kalandraka Editora, no que se combinan cancións, animacións e interpretacións cos ritmos e rexistros máis divertidos. 

A segunda xornada deste festival pecharase, ás 22:30 horas, cun concerto da gran fadista portuguesa María do Ceo, que actualmente xa está considerada como a sucesora de Amalia Rodrigues, tanto no estilo, como na interpretación. Esta artista interpretará algúns dos seus temas máis coñecidos, fados tradicionais e algunha composición feita especificamente para ela. Destacan interpretacións como a da canción María la portuguesa, coñecido tema de Carlos Cano, cantado nunha versión en portugués que emocionou ao escoitala á propia viúva do falecido cantante andaluz. Os excepcionais músicos que a acompañan nos seus concertos, dan forma a un espectáculo de gran calidade musical que destaca polos seus matices, sensibilidade, e a sempre doce voz de María do Ceo, onde entenderemos de inmediato a identidade cultural luso-galaica.

Brión - Melloras nos centros educactivos e no pavillón

As brigadas municipais de Obras de Brión comezaron esta semán os traballos de reordenación da zona de aparcamento e mellora dos accesos ao colexio de Pedrouzos, ao Instituto de Brión e ao polideportivo municipal brionés. Unhas obras orzamentadas en 31.774 euros e que teñen un prazo máximo de execución de dous meses, “polo que estarán rematadas para o inicio do curso escolar”, apunta o alcalde de Brión, José Luís García.

Os traballos consistirán na instalación dunha rede de recollida de pluviais e sumidoiros na zona, que é o que se está acometendo nestes momentos. Unha vez rematados estes traballos, procederase á construción dunhas beirarrúas con adoquín de formigón e á sinalización da zona, ordenando o espazo para aparcamento de turismos e dos autobuses escolares. José Luís García explica que esta obra “mellorará a seguridade viaria tanto dos usuarios do polideportivo municipal como, especialmente, dos alumnos e alumnas do colexio e do IES Brión”.

Frades - Programación de verán

O Concello de Frades vén de presentar a súa programación para o verán 2015, que recolle case medio cento de actividades para todos os gustos e idades. Iniciativas que van dende unha quincena de excursións, a media ducia de actividades deportivas e numerosas iniciativas dirixidas aos máis pequenos, con programa de conciliación familiar incluído. Unhas actividades que se poden consultar na web municipal: www.concellodefrades.es.

Nesta ocasión, o Programa de Verán de Frades mantén as actividades tradicionais e que tanto éxito tiveron estes anos como os Xoves de Praia, dúas excursións ao Aquapark, o Día do Neno, a excursión multiaventura e as actividades deportivas: campionato municipal de pesca infantil, maratón de fútbol 7, cursos de natación, maratón de fútbol, Día da Bicicleta e campionato de pádel. Así mesmo, retoma iniciativas postas en marcha en 2014 e que tiveron unha gran participación veciñal, como a Festa da Xuventude, o Torneo de Tenis, a Festa Xogueteira ou a Festa da Auga.

No capítulo de novidades, este ano haberá unha excursión á Ribeira Sacra o 12 de xullo, con viaxe en catamarán e visita a adega incluídos. Ademais, do 18 ao 20 de setembro terá lugar unha viaxe ao País Vasco e Burgos, para a que haberá que anotarse antes do 4 de setembro. Así mesmo, durante o verán haberá cursos de bixutería, broches con fimo, fofuchas, pádel, zumba, aquagym e actividades en inglés, que se unen aos habituais cursos formativos de preparación do graduado en ESO, informática e manipulador de alimentos.

Melide - terceira concentración moteira MilliRiders

Por terceiro ano consecutivo a asociación deportiva MilliRiders organiza coa colaboración do Concello de Melide a terceira concentración moteira da comarca. 

Un fin de semana cheo de actividades que comezará o sábado día 4 coa apertura do recinto feiral para ásinscricións dos participantes xaás 10.00 h da mañá. Ás 11.00 h está programada unhaFeira – Exposición relacionada co mundo da motocicleta. Haberá un xantar – churrascada para todos o que así o queiran programado para ás 14.00 para dar paso aoxa tradicional Show lava-motos e o show acrobático desta vez correrá a cargo de Paulo Martinho. 

Tamén como é tradicional se programa unha ruta moteiraás 18.30 h para visitar os concellos máis próximos. Pola noite, despois da cea de fraternidade entre todos os moteiros inscritos, haberá un concerto “La edad del oro del pop español” no Cantón de San Roque a cargo de Chus Herranz, Alberto Comesña, Pablo Perea ou Joaquín Padilla. A segunda volta estará da man de Dj Magick. O domingo 5 de xullo seguirá a actividade coa entrega de trofeos ás 11.00 h e clausurarase esta terceira edición cunha nova ruta moteira. Dende a organización recordase que as inscricións teñen un prezo de 25 € no caso da completa e 15 € na mediana. As prazas son limitadas.

PP Provincial - Novos Deputados provinciais

La dirección provincial del Partido Popular, tras las reuniones mantenidas con los alcaldes y los portavoces del Partido Judicial de Santiago durante las últimas semanas, ha propuesto a Agustín Hernández, Andrés García y Susana García para ocupar las tres actas de diputados que le corresponden a los populares en la Diputación de A Coruña tras los resultados de las elecciones municipales celebradas el pasado 24 de mayo.

El portavoz de los populares en Santiago, el alcalde de A Baña y la concejala de Ordes ocuparán este puesto durante los dos primeros años y, transcurrido este periodo, cederán sus lugares a Alejandro Sánchez Brunete, Ángeles Vázquez y Ovidio Rodeiro.

Axenda e tempo do xoves 2 de xullo - música, mercadillos, exposicións

Santiago - Numax 

Santiago - Cidade da Cultura - Atardecer no Gaias - Puma Pumko

Santiago - Borriquita de Belem - jamborrí!!! 

Santiago - Café Medusa - mercadillo

Santiago - Vía Stellae

Outros Concertos + info

Exposicións

Santiago - Museo do Pobo Galego - Dionisio Tasende, De homes... e mulleres (ata o 5 de xullo)

Santiago - Fonseca Elipsis de Rafael Navarro (ata o 29 de agosto)

Santiago - Cidade da Cultura - Camiño, A orixe (ata o 11 de septembro)


O Tempo

Ames Novo - Ames Novo propón unha asignación económica para o goberno que non supere a do 2011

A suma dos gastos de goberno e oposición manterá unha equivalencia proporcional as aprobadas hai catro anos

A proposta de Ames Novo pasa por dous conceptos moi claros. Por un lado unha equivalencia, en canto a custos, da nova corporación con respecto aos aprobados no 2011. En este sentido procurase unha proporcionalidade de xeito que, sexa cal sexa o número de membros do goberno, se manteña a equivalencia mencionada.

En segundo lugar Ames novo marca como referencia a hora de fixar soldos o seu código ético, aprobado en asemblea e dado o coñecer antes da campaña electoral.

En canto as propostas concretas, o número mínimo de dedicacións exclusivas para o novo goberno fíxase en 2,5; unha cifra que se incrementa un 0,25 a partir dos 5 concelleiros ata un máximo de 4 dedicacións exclusivas para un equipo de 11 concelleiros. Estas dedicacións poderán ser convertidas en parciais a criterio do goberno.

En canto as cantidades económicas, seguindo o código ético que Ames Novo aprobou en asemblea, o alcalde cobrará un máximo de 41.000 € brutos ano; en esta cantidade inclúense xa dúas pagas extras. A primeira tenencia de alcaldía cobrará o 90% de esta cantidade (36.900 € / ano). Os concelleiros cobrarán o 80% de esta cantidade (32.800 € / ano).

En canto as asignacións os grupos municipais Ames Novo propón manter a dobre dotación actual, fixando 120 € / mes por grupo municipal e 80 € / mes por membro de grupo municipal.

A proposta de Ames Novo se presenta buscando un equilibrio entre o contexto actual de crise económica e a necesidade de que todo traballo, o político tamén, sexa remunerado dun xeito razoable.

Música na Noite - Decimo oitava edición do festival de Teo

Un concentrado de cinco bandas de folk e rock nunha única xornada compoñen este ano o cartel do Festival Música na Noite, que chega á súa décimo oitava edición en Calo (Teo). Terbutalina, Os Tres Trebóns, Deseqilibrio Mental, Pan de Capazo e A Magnifique Bande dos Homes sen Medo compoñen unha noite con varias das propostas máis en forma do panorama musical galego. 

O festival celébrase o próximo sábado 4 de xullo no Campo de San Domingo en Solláns, Calo. A cita leva xa case tres decenios como referente da música en Galiza. Os concertos son gratuítos e comezan ás 22.00 horas. 

As bandas 
Entre as propostas que actuarán en Calo están os inclasificables A Magnifique Bande dos Homes sen Medo, un conxunto de dez fantásticos instrumentistas herdeiros das charangas 
populares que se atreven a r interpretar desde a música de fanfarria balcánica ao jazz ou o 
rock progresivo, sempre co humor e a diversión com bandeira. Pola súa banda, Pan de 
Capazo porán a cara folk ao Música na Noite cun concerto de baile e mestizaxe no que se mesturan as gaitas galegas con instrumentos e texturas doutros países, de Euskadi a Moldavia; o grupo, curtido en escenarios de media Europa, editou xa catro disgos de grande interese.

Deseqilibrio Mental son, pola súa banda, a achega local ao festival. Experimentados e cunha traxectoria que se aproxima aos dez anos, acaban de editar novo EP, Séculos Escuros (I), onde afondan nas súas raíces apegadas ao punk rock directo, comprometido e visceral. Os Tres Trebóns é o medio de expresión de tres grandes da música galega, Xurxo Souto (Os Diplomáticos de Monte‐Alto), Fran Amil (Ulträqäns, Os Papaqueixos) e Antón Díaz (Ulträqäns, Os Papaqueixos), un vehículo para contar historias con instrumentación peculiar (baixo, batería e acordeón). 

Por último, Terbutalina, son, con cinco anos e seis discos ás costas, o presente perfecto do punk máis irreverente, unha banda cunha lexión de seguidores e un dos directos máis divertidos da volta. 

A historia
Música na Noite naceu nos anos oitenta para achegar a Calo a diversas bandas de folk do momento. Durante esta primeira vida, que durou ata 1996, converteuse nunha das citas máis populares do panorama da música tradicional. A asociación Lúa Chea recuperouno no 2008, desta vez apostando por dúas noites de estilos diversos.

Oroso - Actividades gratuitas de aquagym

O Concello de Oroso ofrecerá actividades gratuítas de Aquagym durante todo o mes de xullo, dirixidas aos usuarios e usuarias da piscina municipal de Sigüeiro. Para participar nestas actividades non será preciso anotarse, senón que todos aqueles veciños e veciñas que o desexen poden sumarse ás clases que se impartirán de luns a venres, entre as 19:30 e as 20:00 horas, na piscina de Sigüeiro.

O aquagym é unha modalidade de fitness acuático que inclúe varios exercicios para a tonificación muscular. Os que practican esta actividade conseguen unha mellora da súa condición física en xeral, polo que está indicado para todo tipo de persoas e de idades. De feito, a propia resistencia da auga permite desenvolver a capacidade motriz das persoas maiores cun menor risco de lesións.

Frades - Campeonato de pesca infantil e Festa Xogueteira

O Concello de Frades celebrará este domingo 5 de xullo dúas actividades gratuítas dirixidas aos máis pequenos e pequenas do municipio: o campionato municipal de pesca infantil e a Festa Xogueteira, para escolar e infantil. Dúas actividades de participación totalmente de balde, se ben é preciso anotarse previamente no Concello de Frades ou chamando aos teléfonos 981 695 567 e 981 695 663. 

Así, o domingo comezará coa celebración da duodécima edición do campionato municipal de pesca infantil, que terá lugar a partir das 10:00 horas no río Maruzo, ao seu paso pola parroquia de Céltigos. Os únicos requisitos para participar son ter menos de 16 anos, estar acompañado por un adulto e levar da casa as propias canas e cebo. 

O Concello de Frades entregará agasallos a todos os participantes, así como unhas lambonadas. Tanto os novos pescadores como os seus familiares que se acheguen pola área recreativa de Céltigos poderán desfrutar dun pequeno almorzo para repoñer forzas unha vez rematada a competición.

Festa xogueteira
Xa pola tarde, a partir das 16:30 horas a asociación socioeducativa Antonio Gandoy e o Concello de Frades organizan a segunda edición da Festa xogueteira, unha iniciativa de participación libre e de balde dirixida a nenos e nenas de preescolar e de infantil que deberán estar acompañados das súas familias. A festa terá lugar de 16:30 a 20:00 horas na área recreativa Os Pasos (Aiazo) e a participación é totalmente de balde, sempre que se anoten antes do 4 de xullo. En caso de choiva, a festa trasladarase ao pavillón municipal de Ponte Carreira.

A “Festa xogueteira” está organizada pola asociación socioeducativa Antonio Gandoy e subvencionada polo Concello de Frades. Está dirixida a que pais e nais compartan tempo cos seus fillos a través de distintos xogos: construcións, música, contos, xogos de auga, pintura de dedos, area... Os participantes deberán levar a merenda e as bebidas.

Dende a asociación socioeducativa Antonio Gandoy explican que a “Festa xogueteira” é un tempo de ocio compartido entre nais/pais con fillos/as de preescolar e de infantil. Nesta festa tamén participarán as orientadoras do proxecto educativo “Espazos das Familias-Preescolar na Casa”, que se encargan do deseño das actividades e dos diferentes espazos de xogo. Así, as actividades están dirixidas ao fomento da investigación e da exploración con diferentes materiais, distribuídos en recantos de xogo ou zonas organizadas por temáticas.

As familias de Frades acompañarán aos seus fillos polos diferentes Espazos, seleccionando aqueles que máis lles gustan aos nenos/as. Non haberá un tempo definido para permanecer en cada Espazo e haberá Espazos de construción, de motricidade, de música, de arte, de texturas...

Touro - Celebrado el pleno de organización

El Concello de Touro abordó en la sesión extraordinaria del Pleno celebrado ayer el reparto de áreas entre los concejales de Gobierno y aprobó la creación de la Xunta de Goberno Local. También fue aprobada la propuesta de dedicación exclusiva.

El alcalde de Touro, Ignacio Codesido, asumirá el área de Obras, Servicios e Urbanismo, según la propuesta de creación de comisiones informativas. Jesús Martínez Pereira será delegado de Cultura y presidirá esta Comisión; Manuel Puga García, se encargará de Servizos Sociais, Igualdade de Xénero e Familia; Adela Isabel Iglesias Tojo, será delegada de Deportes; Alfredo Souto Castelo, de Agricultura e Medio Ambiente; Raúl Maximino Míguez López se hará cargo de Facenda e Contas; María Josefa Codesido Barreiro, delegada de Promoción de Emprego e Turismo; y al frente de Educación estará María Victoria Pazos Pérez.

El Concello de Touro contará con tres grupos municipales: Partido Popular (8 concelleiros), BNG (2 concelleiros) y PSdeG-PSOE (1 concelleira). La celebración de un pleno ordinario será cada tres meses, que coincidiría con el último viernes del tercer mes del trimestre natural. El PP apoyó este punto, BNG votó en contra y el PSOE se abstuvo. El primer pleno ordinario será el próximo día 25 de septiembre.

Por su parte, la Xunta de Goberno Local, además de por el alcalde, estará integrada por Jesús Martínez Pereira, Alfredo Souto Castelo y Adela Isabel Iglesias Tojo. La propuesta sobre creación de la Xunta de Goberno Local contó con el respaldo del PP. La oposición se abstuvo. Y en función de lo establecido en el artículo 46 del Reglamento de Organización, Funcionamiento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, los tres concelleiros antes mencionados también serán tenientes de alcalde. (Jesús Martínez Pereira, primer teniente alcalde; Alfredo Souto, segundo teniente alcalde y Adela Iglesias, tercera teniente alcalde).

El pleno del Concello de Touro también abordó la propuesta de creación de la Xunta de Contratación e de Compras. Estará presidida por el alcalde y por cuatro concejales: Manuel Puga García, Raúl Maximino Míguez López, Josefa Codesido Barreiro y María Victoria Pazos Pérez.

El pleno también aprobó una única dedicación exclusiva, que corresponderá al alcalde, que percibirá por tal concepto una retribución bruta anual de 40.000 euros, ajustándose a lo establecido por ley. Esta retribución será incompatible con la percepción de dietas por asistencia a órganos colegiados y a comisiones de selección y tribunales. Y serán de aplicación las normas de incompatibilidad establecidas en la legislación vigente. El pleno dio luz verde a la cantidad de 150 euros como dieta por asistencia de los miembros de la Corporación que no tengan dedicación exclusiva a las sesiones de Pleno, Xunta de Goberno Local, comisiones informativas y Mesa de Contratación y Xunta de Contratacións e Compras. En este punto el PP votó a favor, BNG en contra y el PSOE se abstuvo.

El Pleno, como último punto tratado del orden del día, aprobó la adhesión al convenio marco entre la Administración General del Estado y la Xunta de Galicia para la implantación de una red de oficinas integradas de atención al ciudadano en el ámbito territorial de Galicia.

Melide - Convenio coa Cámara de Comercio de Santiago

No día de onte tivo lugar no Concello de Melide unha reunión cos socios do proxecto que está en marcha para desenrolar un viveiro de empresas en Melide.
Hoxe día 2 de xullo terá lugar a apertura pública de sobres para o comezo do proceso de contratación, mediante o procedemento de subasta. 

A esta convocatoria presentáronse 22 empresas. O Concello de Melide pediu unha prórroga ata o 30 de novembro para a xustificación da obra. Aínda así, na xuntanza mantida en alcaldía seguiuse coa liña na que se rematou a anterior lexislatura traballando nunha adenda de traballo a tres bandas, Cámara de Comercio, administración local e Fundación Instituto Cameral de cara estipular un convenio de xestión do asesoramento do viveiro para que estea todo perfectamente ordenado ao remate das obras. 

Neste convenio determinarase o apoio técnico que recibirán as empresas ao tampoco que se fixaran os criterios de admisión dos emprendedores interesados en afincarse no viveiro. Dita instalación atenderá a Melide, Arzúa, Boimorto, Vilasantar, Sobrado, Santiso e Toques.

ANPA IES Cacheiras - banco de libros e demanda de máis dotación

A Xunta directiva da Anpa do IES de Cacheiras quere dar a coñecer a situación de infradotación de recursos materiais e de profesorado que padece este centro e que se agravou cos recortes no ensino dos últimos anos. Unha situación que vai en detrimento da educación que reciben os nosos fillos e fillas.

A dotación de profesorado do noso IES, un centro de 650 alumnos, correspóndese coa dun centro de 300. Dende o curso 2011/2012 o número de profesores/as asignados ao centro reduciuse en 6, mentres que o número de alumnado mantívose sen variación. Isto redunda directamente nunha mingua duns recursos xa claramente insuficientes para atender as necesidades do alumnado en aspectos tan esenciais como a Atención á Diversidade, cun único profesor de apoio para todo o centro; a imposibilidade de crear os agrupamentos que faciliten unha atención individualizada; a redución de materias optativas que reforcen a adquisición das linguas e mesmo a dificultade para cubrir as gardas.

Á infradotación de profesorado hai que engadirlle a infradotación tecnolóxica cunha rede de ordenadores obsoletos e escasos. O IES de Cacheiras, por non ter, non ten ,nin sequera, ordenador e canón para o profesorado en todas as aulas. Algo esperpéntico na sociedade actual e máis tendo en conta o agravante de que o alumnado que chega ao IES desde os centros de Primaria vén acostumado ao uso constante do ordenador como unha ferramenta de traballo na aula, polo tanto, a entrada no instituto supón para eles e elas unha grave marcha atrás na metodoloxía e nos recursos. 

O centro só conta cunha Aula de Informática con 20 postos na que non colle nin sequera todo o alumnado dunha clase e posúe unha única aula TIC de 25 postos para os 650 alumnos. 

No centro temos unha biblioteca dun tamaño claramente insuficiente (64m2 para 650 alumnos), a Xefatura Territorial comprometeuse a ampliala, pero un ano despois segue sen adxudicarse a obra.



Exiximos a mellora de todos os recursos humanos e materiais do IES para que os nosos fillos e fillas poidan ter un ensino público coas mínimas condicións de calidade.

Ames - reunión da mesa de comercio

O alcalde de Ames, José Miñones, o concelleiro de Desenvolvemento sostible, Infraestruturas e Planificación, Blas García, e a concelleira de Benestar social e Dereitos para a cidadanía, Luísa Feijóo, mantiveron unha xuntanza cos representantes das catro asociacións de profesionais e comerciantes municipais. A esta xuntanza tamén asistiron os técnicos municipais. Esta xuntanza serviu para ter unha primeira toma de contacto e para presentar o novo goberno municipal ante as devanditas asociacións. Nesta reunión acordouse manter encontros bimensuais con todas as asociacións e ter reunións individualizadas con cada unha destas entidades para resolver temas independentes de cada unha delas.

Este martes, 30 de xuño, o goberno municipal mantivo unha xuntanza de traballo con representantes da Asociación de Empresarios, Comerciantes e Profesionais do Milladoiro; Asociación de Comerciantes de Bertamiráns; Asociación de Empresarios Novo Milladoiro; e Asociación de Pequenos Comerciantes Viorneira, Palmira Bulebar. Deste xeito, déuselle cumprimento a un dos 21 puntos, que se recolleron no documento asinado por parte das forzas políticas de esquerdas, vinculados ao acordo do pleno de investidura. 

Esta primeira reunión serviu para que o goberno municipal se puidera presentar antes os representantes das devanditas asociacións e tamén foi un primeira toma de contacto para, a partir de agora, establecer un calendario de traballo conxunto entre todas as partes. O primeiro paso acordado foi que todas as partes se reunirán cada dous meses. Deste xeito, quedou fixada un novo encontro para o día 1 de setembro. Ademais destas reunións, o goberno municipal tamén lles trasladou a intención de manter encontros individuais con todas as asociacións para tratar temas concretos de cada unha delas.

O alcalde de Ames, José Miñones, trasladoulles que o Concello de Ames “prestará apoio e colaboración ás iniciativas e aos proxectos que presenten as asociacións de comerciantes e profesionais municipais”. Asemade, manifestou que “o comercio e o sector hostaleiro de Ames é un motor importante para a economía amesá, polo que hai que potenciar e apoiar todas as actividades que se poidan executar neste sector”.

Axenda e tempo do mércores 1 de xullo - Música, conferencias, exposicións

Santiago - Numax 

Santiago - Cidade da Cultura - 100 aniversario da teoría da relatividade

Santiago - Vía Stellae

Outros Concertos + info

Exposicións

Santiago - Museo do Pobo Galego - Dionisio Tasende, De homes... e mulleres (ata o 5 de xullo)

Santiago - Fonseca Elipsis de Rafael Navarro (ata o 29 de agosto)

Santiago - Cidade da Cultura - Camiño, A orixe (ata o 11 de septembro)


O Tempo

Ames - A Aula CEMIT renovará os ordenadores

A Aula CeMIT de Ames, situada na Casa da Cultura de Bertamiráns, contará con novos ordenadores. Está previsto que no mes de xullo a Xunta de Galicia, a través do AMTEGA, renove os equipos informáticos desta aula debido á antigüidade dos computadores e pola actividade que ten a devandita Aula. Os equipos serán ordenadores HP de sobremesa, con 8 GB de RAM, procesador i5, e 64 bits. Estes ordenadores disporán do sistema operativo Windows7 Professional. Ademais, a Aula CeMIT impartirá catro cursos durante o mes de xullo.

A Rede CeMIT da Xunta de Galicia configúrase como o instrumento fundamental para promover a alfabetización dixital da sociedade galega. A Rede CeMIT ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da sociedade da información. 

Entre o 6 e o 22 de xullo desenvolverase un curso de mecanografía para nenos/as. Nesta actividade os máis pequenos aprenderán a utilizar o teclado de forma correcta. Ademais, visitarán diferentes páxinas web que serán de interese para os rapaces. Este curso levarase a cabo os luns e os mércores en dúas quendas. O primeiro grupo asistirá de 10:00 a 11:00 horas e o segundo de 12:00 a 13:00 horas.

Haberá outros dous obradoiros de mecanografía: un para adultos e outro para as familias. No primeiro curso os adultos aprenderán a escribir correctamente co teclado, mentres que no segundo obradoiro pais/nais e fillos aprenderán de xeito conxunto a colocar ben os dedos para escribir co ordenador, ademais impartiranse varias nocións sobre a seguridade da rede para os máis pequenos. Este cursos impartiranse do 7 ao 23 de xullo todos, os martes e xoves. O obradoiro de adultos será de 09:45 a 10:30 horas, mentes que o curso para as familias desenvolverase de 11:00 a 12:00 horas.

Curso sobre ferramentas web
Por outra banda, desenvolverase un curso sobre as diferentes ferramentas web que existen. Nesta actividade impartiranse diversos recursos web para a organización do traballo, como xestionar o noso calendario, creación de documentos compartidos, etc. Esta actividade forma parte da iniciativa do Banco do Tempo da rede CeMIT, polo que será impartida na aula CeMIT de Ames e retransmitirase noutras aulas CeMIT galegas. Realizarase do 27 ao 30 de xullo de 10:00 a 12:00 horas.

Ademais, cando non se están realizando cursos, a Aula ten servizo de aula aberta no que se pode utilizar o equipamento da aula. O horario é de luns a venres de 16:30 a 20:30 horas e polas mañas de 9:30 a 13:30 horas, sempre que non existan actividades planificadas.

Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades poden dirixirse á Aula CeMIT de Ames sita na Praza de Chavián s/n (Casa da Cultura), chamando o número de teléfono 662371511 a través da páxina web http://cemit.xunta.es ou enviando un correo electrónico á seguinte dirección: cemit.ames@xunta.es

Xente de Rois - Demanda para que os plenos cambien de hora

Na sesión de funcionamento da corporación municipal de Rois celebrada onte aprobouse, cos votos a favor de PP e PSdG e en contra de BNG e Xente de Rois, que o Pleno se celebre en sesión ordinaria o primeiro luns non festivo de cada mes impar do ano, ás 9:30 horas.

Pere Tobaruela, concelleiro de Xente de Rois, manifestou o seu desacordo porque “se se celebra entre semana e a dita hora, imposibilita en maior medida que os veciños poidan asistir ás sesións, ademáis de que se dificulta a asistencia aos propios concelleiros que non temos decicación exclusiva e temos obrigas laborais”. A proposta de Tobaruela foi adaptar o horario tendo en consideración estes aspectos, salientando a potenciación da asistencia e a implicación da xente na política local. Proposta que foi denegada.

Negreira - O novo goberno reunirase con empresas para establecer un plan de pagos

O Goberno Municipal manterá os vindeiros días sendas reunións con empresas de servizos para acometer e acordar plans de pagos antes as importantes débedas que o Concello ten con elas.

Despois de pedir informes ao Departamento de Intervención e Tesourería e unha vez que os temos enriba da mesa o Goberno Municipal acordou manter reunións coas empresas de telefonía e subministro eléctrico para intentar acordar un plan de pagos e así ir rebaixando a débeda que a data de hoxe o Concello ten comprometida.

No que respecta á compañía que subministra tanto telefonía como datos a toda a administración municipal a cifra que temos de impagos ascende a 6.631,02 euros. Cantidade nada menor e que ven arrastrando facturas dende outubro de 2014.

Co representante desta empresa manterá o Alcalde unha reunión o mércores 1 de xullo ás 9 da mañan.

Reunión na que se abordará a mellor forma, sen castigar mais aínda as contas municipais, de por en marcha para poñer ao día a débeda que temos ao día dehoxe.

Respecto a compañía eléctrica coa que comercializa o Concello de Negreira a cifra total das facturas que están sen pagar, e a maior parte inclusive sen aprobar, é a de 210.081,88 euros.

Cantidade que non se comprende máximo cando durante os catro anos pasados o goberno saínte cansouse de vender os seus marabillosos logros en materia de aforro enerxético. Logros que agora vemos non son tales.

Nos vindeiros días e unha vez nos poñamos en contacto coa empresa eléctrica en cuestión concertaremos unha entrevista para ir baixando a cifra de débeda que temos na actualidade.

Así mesmo faremos o mesmo con outras empresas locais e non locais, empresas que estes primeiros días se acercan ata as oficinas municipais para interesarse polas facturas que teñen pendentes, e que non son poucas.

Festigal - Chega a edición 2015

O Festigal 2015 chega coas actuacións de Ruxe Ruxe, Sokram, Familia Caamagno, Ibuprofeno Teatro, Superoito, Caxade, Carapaus, o Mago Antón Habelas Hainas e Maianas, ademais do cento de actividades previstas para o 24 e o 25 de xullo no campus sur de Santiago de Compostela no marco do Día da Patria Galega.

Na presentación deste evento "festivo e reivindicativo", Alberte Mera, de Galiza Nova -unha das entidades da comisión organizadora- explicou que o Festigal está consolidado dende os seus inicios en 2002 no calendario de festivais de verán, "cunha aposta polo talento e a creatividade do noso país que se celebra no marco do Día da Patria" e que serve para "reivindicar a nosa cultura, en momentos en que as institucións e poderes intentan calar a nosa nación, a nosa lingua, artistas e novos valores". "Os escenarios do Festigal serviron de lanzadeira de moitos grupos hoxe consolidados", engadiu. 

Así, haberá máis de 100 actividades en 2 días, con actividades musicais, teatro, presentacións de libros, debates, ideas, coloquios sobre a situación de Galiza e o dereito a decidir, espazo infantil, obradoiros, deporte, artesanía, asociacionismo, entre outras, todas elas gratuítas. Destacou tamén que haberá espazo para acampada na noite do 24 de xullo cun prezo simbólico de 3 euros para o que cómpre inscribirse en info@festi.gal "O Festigal só é posíbel grazas ao público, a artistas comprometidas e ao voluntariado nacionalista que fai ese traballo", explicou, "e así conseguimos o premio da música Martín Códax como mellor festigal galego". "O Festigal é rebeldía e alegría para erguer a nosa nación", concluíu.

Pola súa parte, Tania Ameneiro, da Fundación Galiza Sempre, agradeceu a participación de artistas nesta presentación e explicou que As Maianas, que gañaron o concurso "Novos Valores Festigal 2015" serán quen abran esta edición o 24 de xullo ás 22:00 no campus sur.

Seguirán Habelas Hainas, que ofrecerán música tradicional e feminista; Caxade presentará unha mostra da Banda de Música da Bandeira; segue a veterana banda Ruxe Ruxe e pecha a xornada do 24 Sokram co seu disco "Chuvia ácida" que virá con colaboracións.

O Café Concerto do 25 de xullo, iniciarase coa maxia do Mago Antón, despois Isa Risco e Marián Bañobre van dinamizar a festa co espectáculo "O Furancho", para seguir co folk de Carapaus co último disco "Déixao andar"; co rock de Familia Caamagno e con Superoito.

Ordes - O vindeiro venres celébrase a constitución da nova corporación

O Concello de Ordes celebrou onte o derradeiro pleno desta lexislatura, no cal se aprobou por unanimidade a acta da sesión anterior. A continuación o alcalde en funcións, Manuel Regos, tivo unhas palabras de despedida e de agradecemento tanto para os compañeiros de partido como para os demais membros da corporación. 

Posteriormente os concelleiros e concelleiras que xa non estarán presentes no vindeiro goberno tiveron unhas palabras de despedida, que no caso de Ana Álvarez (CidGa) “son máis un ata pronto que un adeus”. No caso de Xesús Pedreira (PSOE) quixo agradecer tamén o traballo conxunto de todos e todas, destacando a súa intención e motivación na toma de decisións para “situar a Ordes nun lugar destacado no mapa da comarca e de toda Galicia”. Roberto Iglesias, concelleiro en funcións de Deporte, despediuse asegurando que “estes catro anos supoñen unha experiencia inesquecible na que aprendín moito tratando de facer o mellor para Ordes”, e asegurou que o seu distanciamento da actividade política é definitiva, “xa que o meu é un ata sempre”.

Especialmente emotiva foi a quenda de intervención de Estrella Vázquez (PP), unha das figuras máis veteranas do cadro político municipal. Estrella agradeceu a colaboración e o traballo en equipo brindado tanto polo seu equipo de goberno como polos traballadores do Concello na súa etapa como concelleira de Urbanismo e Educación. Tamén o apoio e a confianza brindada polos veciños e veciñas, ademais da axuda e ensinanzas achegadas por Manuel Regos e Teodosio Martino nos seus anos de concelleira. 

Relevo na alcaldía
Por outra banda hoxe fíxose pública a convocatoria para a sesión de constitución da corporación. Esta terá lugar o vindeiro venres 3 de xullo ás 12 horas no salón de plenos situado no antigo edificio consistorial. Nela está previsto que Xosé Luís Martínez Sanjurjo (PP) tome posesión como novo alcalde de Ordes tras os resultados electorais rexistrados no proceso lexislativo municipal que tivo lugar o pasado 24 de maio. Deste xeito a corporación quedaría encabezada pola lista popular con sete concelleiros, seguidos de UXO con seis, BNG con tres e PSOE cun concelleiro.

Santiago - Reunión da Comisión executivo do Consorcio

O Consorcio de Santiago celebrou a súa Comisión Executiva, presidida polo alcalde da cidade e presidente do organismo interadministrativo, Martiño Noriega. Ademais dos representantes das tres Administracións consorciadas -Administración Xeral do Estado, Xunta de Galicia e Concello de Santiago-, asistiron por invitación os portavoces dos grupos municipais, pendente de que se celebre o Pleno que faga efectivo o nomeamento dos dous concelleiros que terán parte no Consorcio.

Entre os temas abordados na Comisión destaca a aprobación da nova temporada da Real Filharmonía de Galicia, que se presentará aos medios hoxe mércores en rolda de prensa, ás 11:30 horas no Auditorio de Galicia. No acto darase conta tamén das actuacións que está previsto realizar en Vigo, nas principais cidades galegas e noutros puntos de España.

Por outro lado, a Comisión deu luz verde á programación da Escola de Altos Estudos Musicais, dependente do Consorcio, para o curso 2015-2016. Un ano máis, o ilustre compositor aragonés Antón García Abril impartirá o Curso de Composición no centro. Así mesmo, celebrarase a cuarta edición do Curso Avanzado de Especialización Orquestral, un curso de posgrao recoñecido como título propio da Universidade de Santiago e dirixido a músicos novos con titulación superior que teñan como meta integrarse nunha orquestra profesional, para o que se formarán coa Real Filharmonía de Galicia.

Ademais, a Escola realizará a terceira edición do Curso de Especialización Instrumental, que prepara a xoves músicos galegos nun instrumento, en particular en violín, viola, violoncello, contrabaixo, frauta, óboe, clarinete, fagot, trompa, trompeta, trombón ou percusión. E teñen a oportunidade de ofrecer varios concertos públicos na cidade.

Convenios coa Televisión de Galicia e a Universidade de Santiago
No transcurso da Comisión Executiva informouse de varios acordos de colaboración do Consorcio con diferentes organismos, entre eles a Televisión de Galicia, destinado a difundir a través da TVG e da Radio Galega a actividade xeral da orquestra e os seus programas e actuacións concretas. 

O Consorcio asinou tamén un convenio coa Universidade de Santiago de Compostela. Trátase dun acordo de cooperación educativa para que alumnos de Mestrado en Industria Musical, curso de posgrao propio da USC, realicen prácticas no Consorcio.

Ames - Ata o 13 de xullo ábrese o prazo para anotarse no setembro lúdico

Este programa de conciliación da vida laboral e familiar desenvolverase do 1 ao 9 de setembro. O prazo de inscrición ábrese dende hoxe, 30 de xuño, ata o vindeiro 13 de xullo. Os interesados/as poden recoller a documentación necesaria no departamento de Educación, situado no Pazo da Peregrina en Bertamiráns, ou na Oficina municipal do Milladoiro. Premendo nos enlaces que están á túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o impreso de inscrición no programa Setembro Lúdico e as bases dos programas lúdicos.

Para conciliar a vida familiar e laboral dende o remate da Escola de Verán e o comezo do curso escolar, a concellaría de Educación do Concello de Ames pon en marcha o programa Setembro Lúdico. Esta iniciativa está dirixida aos rapaces e rapazas escolarizados no segundo ciclo de educación infantil e en educación primaria, que están empadroados no Concello de Ames.

Os nenos e nenas para os que se solicite o programa deberán pertencer a unha unidade familiar empadroada na súa totalidade no Concello de Ames, no momento de presentar a correspondente solicitude. Ademais, haberá que acreditar a necesidade da conciliación da vida laboral e familiar por parte dos dous proxenitores ou titores. Por último, os solicitantes deberán estar ao día no pagamento de todos os servizos ofertados polo Concello de Ames, e en xeral, non ter débedas co Concello. 

O programa iniciase ás 7:30 h co servizo 'Bos Días' que se desenvolverá ata as 9:00 horas, podendo o usuario/a escoller entre as modalidades con ou sen almorzo. O servizo de almorzo só funcionará ata ás 8:30 horas. Entre as 9:00 e as 14:30 horas desenvolveranse as actividades de lecer e educativas propias do servizo. Estas actividades desenvolveranse tanto en Bertamiráns coma no Milladoiro (nos locais habilitados polo Concello). Os nenos e nenas que non vaian usar o servizo de comedor serán recollidos/as ás 14:30 horas, mentres que os usuarios/as de comedor terán xogo libre e comedor ata as 16:00 horas. 

Trámites de inscrición

Este martes, 30 de xuño, abre o prazo de inscrición para participar no programa do Setembro Lúdico. As solicitudes de inscrición poderán presentarse ata o 13 de xullo. Os interesados/as poden recoller a documentación necesaria no departamento de Educación, situado no Pazo da Peregrina en Bertamiráns, ou na Oficina municipal do Milladoiro. Posteriormente, haberá que entregar esta documentación no Rexistro Xeral da Casa do Concello en Bertamiráns (de luns a sábado), na Oficina Municipal do Milladoiro ou no Rexistro do departamento de Educación, situado no Pazo da Peregrina (de luns a venres). Tanto para a entrega como para a recollida dos papeis, o horario de atención ao público é de 9:00 h a 14:00 horas. En ningún caso se admitirán inscricións fóra de prazo. 

Unha vez rematado o prazo de inscrición publicarase a lista de admitidos/as na que se indicarán os lugares das actividades por grupos nos taboleiros de anuncios da Casa do Concello, do Pazo da Peregrina e da Oficina Municipal do Milladoiro. Para máis información poden chamar ao departamento de Educación marcando o número de teléfono 981 891 476 ou enviar un correo electrónico ao enderezo educacion@concellodeames.org.

Cámara de Comercio - Contas anuáis do 2014

A Cámara de Comercio de Santiago aprobou no pleno ordinario de xuño as Contas Anuais e a Memoria de 2014. O resultado positivo do pasado exercicio cifrouse en 5.579,49 euros, mentres que para este ano en curso se manexa un presuposto que ascende a 1.023.000 euros, ingresos que proceden dos servizos prestados ás Administracións Públicas e das aportacións voluntarias das empresas.

O presidente da entidade, Jesús Asorey, indica que a Cámara de Santiago é unha entidade saneada e con solvencia. “A nosa cámara está preparada para abordar o futuro con éxito, malia que o noso presuposto descendeu un 48 por cento nos últimos cinco anos. O noso valor fundaméntase na alianza estratéxica que mantemos co territorio onde nos asentamos”.

A Cámara compostelá con afán de dar maior transparencia e de poñer en coñecemento do empresariado e da sociedade en xeral o seu funcionamento e estrutura organizativa elaborou un informe de boa gobernanza corporativa. Trátase dun exhaustivo documento que detalla a natureza xurídica e fins da entidade, ámbito territorial e número de empresas adscritas segundo o censo electoral –43.838–, órganos de goberno, encomendas de xestión e procedementos de contratación, organismos onde está presente e participación en sociedades civís ou mercantís, así como varios marcos legais.

No apartado de control e transparencia, o informe di que a Cámara está sometida á tutela da Xunta de Galicia, á que se someten os presupostos ordinarios e extraordinarios de gastos e ingresos, ademais de fiscalizar as contas anuais e liquidacións. Engade que as contas anuais, xunto co informe da auditoría e o de goberno corporativo, serán depositadas no Rexistro Mercantil de Santiago e publicadas na web http://www.camaracompostela.com/.