Axenda e tempo do sabado 28 - Cine, maxia, exposicións

Santiago - Numax

Santiago - Área Central - Papa Noel, talleres creativos, e mercadillo solidario

Ames - I Feira de desenvolvemento local

Ames - X Festival de Maxia 

Santiago - Auditorio - Juan Tamariz

Santiago - Cineuropa 

Outros Concertos + info

Exposicións

Santiago - Colexio de psicólogos - Elana ivonne Daprá (ata finais de novembro)

Santiago - Auditorio de Galicia - Salto de páxina (ata febreiro 2016)

Santiago - Fundación Araguaney - Destinos inciertos (ata o 29 de novembro)

Santiago - Fundación Granell - 20 formas de cambiar el mundo (ata decembro)

O Tempo

Área Central - papa Noel, talleres creativos e un mercadillo solidario hoxe no centro comercial

– Puesta la campaña de Navidad en marcha, Area Central contará con hoy sábado varias actividades: la visita de Papá Noel, los talleres “Sábados creativos” y un mercadillo solidario a favor de la Asociación de Padres de personas con discapacidad de Teo (ASPAMITE). 

Organizado por la Asociación cultural Rosalía de Castro de Teo, en este mercadillo solidario más de treinta niños vinculados a esta asociación pondrán a la venta sus juguetes, libros, etc. como el fin de conseguir una buena recaudación de fondos destinados a ASPAMITE. En los puestos también habrá a la venta diferentes postres caseros realizados en sus propias casas. Esta actividad, que dará comienzo a las 16.00 horas en la esquina verde, estará amenizada con música tradicional gallega de la mano de la agrupación de música de la propia asociación Rosalía de Castro. 

Papá Noel visitará Area Central hoy sábado y todos los días de diciembre hasta el día 23. Su horario es de 18.00 a 20.00 horas y atenderá a los niños enfrente del punto de información de Area Central. 

Por otro lado, hoy sábado vuelve a ser “creativo” y la esquina amarilla contará con una nueva sesión de los talleres “Sábados creativos”, en la que los niños aprenderán a elaborar instrumentos musicales con sus manos a partir de materiales de reciclaje. Su horario será de 18.00 a 20.00 horas. 

Por último, ya se puede visitar en la esquina verde de la planta primera la exposición de las obras participantes en el concurso “Constrúe a túa árbore de Nadal”. La muestra cuenta con más de veinte árboles de Navidad elaborados por guarderías y colegios de Santiago de Compostela y por personas particulares.

Santiago - Xornada de Cineuropa do sábado 28

Hong Sang-Soo xa gañara en 2013 o Leopardo de Ouro á Mellor Dirección por Our Sunhi. Nesta ocasión o premio acadado en Locarno foi o Leopardo á Mellor Película e o premio á Mellor Interpretación Masculina para Jung Jae-Young. Right Now, Wrong Then, que se atopa entre o máis sensible e divertido da notable carreira do cineasta surcoreano, narra dúas variacións dunha mesma historia, a relación entre un director de cinema e unha solitaria pintora. Emotiva e moi disfrutable, estrearase ás 21:30 h no Teatro Principal.

No Salón Teatro ás 22:00 proxectarase novamente Me quedo contigo, filme do mexicano Artemio Narro soamente proxectado no maratón. Trátase dunha aparentemente frívola historia de despedidas de solteira que devén en violencia extrema. Cinema salvaxe e altamente recomendable. A continuación, ás 00:00 h no mesmo Teatro, pasarase The Final Girls, de Todd Strauss-Schulson, mellor guión e Premio especial do Xurado no festival de Sitges, unha delirante volta de torca aos slasher ochenteiros.

No Teatro Principal haberá nova oportunidade de asistir aos pases de Bakemono no Ko (The Boy and the Beast), de Mamoru Hosoda (ás 17:30 h), Desde allá, de Lorenzo Vigas (19:45 h), Cemetery of Splendour, de Apichatpong Weerasethakul (23:30 h). Pola súa banda, no Salón Teatro, tamén se poderá asistir a novas proxeccións de El Rey de La Habana, de Agustí Villaronga (16:00 h), Paulina (La Patota), de Santiago Mitre (18:15 h), e Francofonia, de Alexander Sokurov (ás 20:15 h).

 PROGRAMACIÓN COMPLETA SÁBADO 28

TEATRO PRINCIPAL
17:30 THE BOY AND THE BEAST (BAKEMONO NO KO) Mamoru Hosoda
19:45 DESDE ALLÁ Lorenzo Vigas
21:30 RIGHT NOW, WRONG THEN Hong Sang-soo
23:30 RAK TI KHON KAEN (CEMETERY OF SPLENDOUR) Apichatpong Weerasethakul

SALÓN TEATRO
16:00 EL REY DE LA HABANA Agustí Villaronga
18:15 PAULINA (LA PATOTA) Santiago Mitre
20:15 FRANCOFONIA Alexander Sokurov
22:00 ME QUEDO CONTIGO Artemio Narro

00:00 THE FINAL GIRLS Todd Strauss-Schulson

Santiago - Juan Tamariz en Compostela

O mago Juan Tamariz chega este sábado a Compostela para presentar o seu show ‘Maxia potaxia’, dentro da programación infantil e familiar da concellaría de Acción Cultural. Será a partir das 20.30 h cando o poderemos ver no Auditorio de Galicia. As entradas teñen un prezo de 25 euros e poden mercarse xa no despacho de billetes do Teatro Principal, no 902 434 443 ou en entradas.abanca.com. Ademais, o propio día poderán mercarse desde as 18.00 h no despacho de billetes do Auditorio de Galicia.

Maxia Potaxia é un compendio dos mellores números de Tamariz, en compañía da maga colombiana Consuelo Lorgia, quen asombrará ao público cos seus dotes telepáticas. É un espectáculo divertido e sorprendente no que se poden ver os mellores números e ilusións realizadas nos 40 anos da carreira de Juan Tamariz quen solicita a participación do público, facendo maxia de preto, pero proxectando sobre unha pantalla. Un show que non debes perder!

Biografía de Juan Tamariz

Juan Tamariz naceu en Madrid, o 18 de outubro de 1942. Coñeceu a maxia á idade de catro anos, cando os seus pais o levaron a un teatro a ver a un mago, e desde ese momento decidiu iniciar a súa aprendizaxe máxica. Tan pronto como tivo o nivel suficiente de maxia aprendida empiricamente, pediu prestados os que serían os seus primeiros libros de maxia. Empezou ademais a presentar espectáculos ante públicos cada vez máis numerosos, e a prepararse para ingresar na Sociedade Española de Ilusionismo (SEI). Presentouse na SEI á idade de 16 anos, pero non foi aceptado porque non tiña a idade mínima. Juan, con todo, volveu presentarse cando tiña 18 anos e solicitou o exame de ingreso. Despois de asombrar aos examinadores ingresou na sociedade sen que lle fose esixido cumprir o requisito mínimo de idade. Fundou, xunto con outros compañeiros, a Escola Máxica de Madrid… Juan casou coa colombiana Consuelo Lorgia en 2008, maga de profesión tamén.

Despois de varios premios nacionais e o segundo posto no FISM xunto a Juan Antonio, en 1973 Tamariz deu o seu salto definitivo cara á gloria, cando gañou con honras o Premio Mundial de Cartomagia no Congreso Mundial de Maxia, celebrado en Francia. Durante a súa carreira profesional combinou xiras, conferencias para magos de Europa, América e Asia, charlas culturais sobre historia da maxia para públicos profanos coas súas actuacións en vivo e en televisión.

Ao longo da súa carreira, Tamariz apareceu nunha enorme cantidade de programas de televisión, tanto dentro como fóra de España, contribuíndo á evolución da maxia e a súa difusión por este medio. O seu debut ante as cámaras produciuse no ano 1961; anos máis tarde apareceu con asiduidade en Buenas Tardes (1972), o programa que presentaba Raúl Matas. En 1976 presentou, xunto a Julio Carabias, un espazo dedicado ao mundo da prestidixitación: Tiempo de Magia. Ese mesmo ano puxo a proba os seus dotes de actor interpretando a Don Estrecho, un dos Tacañones do concurso Un, dos, tres... responda otra vez. Abandonou o programa tras actuar en 53 episodios, en febreiro de 1977, e incorporouse ao espazo infantil El Recreo, onde deslumbraba aos máis pequenos cos seus trucos de maxia. 

En anos sucesivos continuou aparecendo no famoso Un, dos, tres, esta vez na súa condición de mago. Tamén conduciu os seus propios espazos de maxia en distintas cadeas: Por arte de magia (1981-1982) e Magia Potagia, xunto a Pepe Carroll, ambos en TVE, e Chantatachan (1992) en Telemadrid, acompañado de Alaska. Apareceu en Carta Blanca (TVE2) en 2006, co seu propio programa e en varias seccións e ocasións no programa dedicado á maxia Nada x aquí (Cuatro). Algunhas das principais cadenas mundiais nas que interviu son NBC (EE. UU.), NHK (Xapón), JTV (Inglaterra), TF1 (Francia) e RTP (Portugal), así como series de programas para Caracol TV e RCN (ambas de Colombia), e Canal 13 (Chile).



Ames - X Festival de maxia

As localidades de Bertamiráns e do Milladoiro acollerán durante o sábado 28 e o domingo 29 de novembro, respectivamente, un festival de maxia que está dirixido a todos os públicos. As actividades desenvolveranse nas Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro, así como nas carpas que estarán instaladas na praza da Maía, situada en Bertamiráns, e na praza de Manuel Murguía, situada no Milladoiro. Tamén haberá obradoiros de maxia para os nenos/as de 8 a 14 anos. A reserva de entradas para asistir á Gala Máxica e as inscricións para participar nos obradoiros infantís pódese facer entre o 23 e 27 de novembro a través do teléfono 981 53 59 40 ou enviando un correo electrónico ao enderezo cultura.milladoiro@concellodeames.org

O fin de semana do 28 e 29 de novembro estará repleto de actuacións e obradoiros de maxia. As actividades comezarán o sábado 28 na Casa da Cultura de Bertamiráns, e repetiranse o domingo 29 na Casa da Cultura do Milladoiro. Ás 11:00 da mañá, o mago Dani Polo ofrecerá un obradoiro de maxia. Está dirixido a nenos e nenas de entre 8 e 14 anos e ofértanse un total de 50 prazas (25 en Bertamiráns e 25 no Milladoiro). É necesario inscribirse e pódese facer chamando ao número de teléfono 981 53 59 40, dende o día 23 ata o 27 de novembro.

Xa pola tarde, de 16:00 a 18:30 horas, as actividades trasládanse á Carpa Máxica, situada na praza da Maía, en Bertamiráns, e na praza Manuel Murguía, no Milladoiro. Alí os magos Dani García e Noel teñen preparadas actuacións para todos os públicos.


Gala Máxica Internacional

A principal actividade do X Festival de Maxia de Ames será a Gala Máxica Internacional. Este ano outra das novidades é que haberá unha función máis da Gala Máxica Internacional sumando un total de tres pases aos que poderán acudir preto de 600 persoas. Esta gala, que está dirixida ao todos os públicos, estará presentada polo mago Dani Polo e contará coa participación dos magos Pablo Cánovas, Raúl Alegría, Patxi e Sasha. 

Esta gala celebrarase hoxe sábado 28 no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns. Haberá dúas funcións, a primeira ás 17:30 e a segunda ás 20:30 horas. Hai un aforo limitado de 216 butacas por función. No Milladoiro será o domingo 29 de novembro, ás 18:30 horas, no auditorio da Casa da Cultura. Neste caso tamén existe un aforo limitado de 146 butacas.

A reserva de entradas para asistir á Gala Máxica Internacional pódese facer entre o 23 e 27 de novembro a través do teléfono 981 53 59 40 ou enviando un correo electrónico ao enderezo cultura.milladoiro@concellodeames.org. As entradas teñen un prezo de 2 euros para maiores de 18 anos e 1 euro para menores de 18 anos. As entradas reservadas terán que recollerse o día da función en taquilla 30 minutos antes do comezo do espectáculo. Poderanse reservar como máximo 4 entradas por persoa.

Ames - Pleno de Novembro

Este xoves pola tarde celebrouse o pleno ordinario do mes de novembro no que se abordaron diferentes temas de vital importancia para o Concello de Ames. No eido económico aprobouse a Conta Xeral de 2014 e unha transferencia de crédito para o financiamento da construción da nova escola infantil de Bertamiráns. No apartado de investimentos e obras aprobouse por unanimidade a participación do Concello de Ames no Plan de Acción Social (PAS) 2015, a través da convocatoria PAS convenios, e mailo proxecto técnico do parque infantil accesible que vai executar na área deportiva do Milladoiro. Por último, aprobouse por unanimidade unha moción presentada por Ciudadanos para o nomeamento honorífico de Maximino Viaño García como cronista oficial do Concello de Ames.

A corporación municipal aprobou por maioría absoluta cos votos a favor do goberno municipal e dos concelleiros/as dos grupos municipais do Partido Popular, Ames Novo e Pacto por Ames, e a abstención do concelleiro de Ciudadanos, a Conta Xeral correspondente ao exercicio 2014. A Conta Xeral reflicte que o Concello pechou o 2014 cun remanente de tesourería, que é un indicador da capacidade de autofinanciamento do Concello, de 1.642.561,36 euros.

Dentro da Conta Xeral un dos documentos máis importantes onde se reflicten as principais magnitudes é a liquidación orzamentaria que se estrutura en tres partes diferenciadas (liquidación do orzamento de gastos, de ingresos e o resultado orzamentario). Como cifras significativas hai que destacar que as obrigas recoñecidas netas ascenden a 19.015.191,53 euros, cunha porcentaxe de execución do orzamento de gastos do 87,50%. E os dereitos recoñecidos netos foron de 20.682.484,14 euros, cunha porcentaxe de execución do orzamento de ingresos do 79,30%. Estas cifras arroxan un resultado orzamentario do exercicio 2014 (cos axustes polas desviacións) cun superávit de 1.891.613,75 euros. 

A concelleira de Economía e Facenda, Genma Otero, destacou que “o resultado orzamentario do exercicio habería que interpretalo e analizalo tendo en conta moitas variables que minorarían o seu importe. Unha delas é que no gasto de capital (capítulo VI- investimentos reais) non se executou gran cantidade de actuacións previstas no orzamento onde existía un crédito definitivo de 2.107.395,87 euros e tan só se executou nun 43,84%, é dicir 923.790,41 euros. Isto quere dicir que se non se fixeron actuacións en investimentos por un importe de 1.183,605,42 euros, o 56,16% do crédito total do capítulo VI. Isto mostra a inactividade do goberno do PP que non deu resposta ás demandas dos veciños/as de Ames, e a nós parécenos un despropósito”.

Achegas económicas en favor dos grupos políticos

Como novidade nesta Conta Xeral incluíse un informe de seguimento das achegas económicas de carácter mensual recoñecidas polo Pleno en favor dos grupos políticos municipais. Este informe, que a partir de agora formará parte das sucesivas contas xerais, inclúese co fin de favorecer a transparencia na Administración local. Deste xeito, deuse conta do resultado deste seguimento das achegas dos grupos durante os anos 2011, 2012, 2013 e 2014, onde o PSOE entregou todos os xustificantes en prazo e forma, o PP entregounos fóra de prazo e non aportou os movementos da conta bancaria e o BNG xustificou tamén fóra de prazo con máis de dous anos e medio de atraso e ten que xustificar aínda unha parte dos gastos que non se xustificaron e que ascenden a 1.601,47 euros.

A concelleira de Economía e Facenda, Genma Otero, recordou que “aínda que esta aprobación da Conta Xeral do 2014 sempre leva aparellado un debate da xestión do orzamento, temos que saber que aprobar esta conta non supón aceptar nin estar de acordo coa xestión realizada polo equipo de goberno correspondente. Unha mostra diso é que este equipo de goberno estando totalmente en desacordo coa xestión realizada polo anterior equipo de goberno vai votar a favor da súa aprobación por unha cuestión de responsabilidade. O que se está a votar é si se está de acordo co reflexo contable (documento técnico) do exercicio orzamentario e con esta aprobación se permite que os órganos de fiscalización externos (Consello de Contas) poidan facer a súa labor de control e fiscalización das contas”. 

Transferencia de crédito para a nova escola infantil de Bertamiráns

Outros dos temas económicos que se abordaron foi a aprobación por unanimidade dunha transferencia de crédito para o financiamento da construción da nova escola infantil de Bertamiráns, que se está executando nunha parcela próxima ao paseo fluvial desta localidade. O Concello e o Consorcio teñen asinado un convenio para a construción desta escola infantil, mediante o cal se estableceu que a Xunta de Galicia achega o 60% e o Concello o 40% restante. 

PAS 2015- Convenios

No eido de investimentos e obras o Pleno aprobou por unanimidade a participación do Concello de Ames no Plan de Acción Social (PAS) 2015, a través da convocatoria PAS convenios. Ademais, aprobouse solicitarlle ao ente provincial a inclusión da subvención nominativa que xa se tiña solicitada para a execución de investimentos, que estaban pendentes de aprobación e que pasa a incluírse neste Plan como son o parque infantil accesible, que se vai construír nas inmediacións da Travesía do Porto por un importe de 68.769 euros, e o proxecto denominado “conexión ao polígono industrial dende a avenida do Muíño Vello ata a estrada de Ventín no Milladoiro”, que conta cun presuposto por contrata de 144.878,53 euros, e cuxo obxecto primordial consiste en crear un acceso rodado para o instituto do Milladoiro. 

Os trámites levados a cabo en relación con estas posibles actuacións redundaron en que estes proxectos xa teñen crédito nas partidas correspondentes do orzamento provincial aprobado, pero non foi aprobado o correspondente convenio de colaboración para levalos a cabo. Agora coa aprobación do pleno estas dúas actuacións serán incluídas dentro do PAS 2015 a través da convocatoria PAS – convenios. O Concello de Ames dedicará parte da asignación do PAS 2015 para o financiamento dos 28.975,71 euros que tería que achegar a Administración local para executar o proxecto de creación dun acceso rodado para o instituto do Milladoiro.

Asemade, aprobouse por maioría absoluta, cos votos a favor do grupo de goberno e dos concelleiros/as de Pacto por Ames e do Partido Popular, o proxecto técnico do parque infantil accesible que vai executar na área deportiva do Milladoiro. Na votación deste punto os concelleiros/as de Ames Novo e de Ciudadanos abstivéronse. Trátase do primeiro parque infantil accesible que se executará no termo municipal de Ames. Este espazo de xogo vai a ter tres zonas diferenciadas cun camiño polo medio do parque, que no futuro preténdese que estea unido cun acceso directo dende a Travesía do Porto. Este parque infantil disporá de varios elementos de xogo, dos cales a maior parte van a ser accesibles para nenos e nenas con discapacidade funcional. Inicialmente vai ter un acceso que descorrerá entre a pista polideportiva e a piscina municipal.

Por outra banda, aprobouse por unanimidade a concesión de dúas achegas nominativas. Unha para a Asociación de Empresarios e Profesionais do Milladoiro (AEMI), por valor de 7.158 euros, para o financiamento do proxecto “XI Feira de Comercio Empresarios e Profesionais do Milladoiro” e outra para o Motoclub Ameixenda, por valor de 2.000 euros, para sufragar os gastos derivados da organización do campionato de Supercross “Gran premio Concello de Ames 2015”.

Outros dos puntos aprobados por unanimidade foi á revisión ordinaria do contrato de limpeza viaria e xestión do punto limpo do Concello de Ames, exercicio 2015, solicitada pola empresa Urbaser S.A. e que supón a aplicación do coeficiente de actualización do 1,220 pasando a ser o prezo do contrato para o 2015 de 686.660,68 euros. Antes de pasar ao apartado de mocións, aprobáronse tamén por unanimidade tres puntos relacionados coa modificación da ordenanza municipal reguladora das tarxetas de estacionamento e accesibilidade; a modificación da ordenanza municipal reguladora da prestación de alimentos; e a modificación do regulamento do servizo municipal do transporte adaptado.

Recoñecemento honorífico a Maximino Viaño

No apartado para o control do goberno os concelleiros/as da corporación municipal debateron unha moción presentada polo grupo de Pacto por Ames para solicitar a implantación dunha comisaría da Policía Nacional no concello de Ames. Ao non existir consenso entre os diferentes grupos políticos municipais sobre este tema, finalmente o voceiro de Pacto por Ames decidiu retirar a devandita moción.

Por último, aprobouse por unanimidade unha moción presentada por Ciudadanos para o nomeamento honorífico de Maximino Viaño García como cronista oficial do Concello de Ames.

Teo - Cortes de tráfico en Parque Montouto

O Departamento de Obras do Concello informa que entre os días luns 30 de novembro e o xoves 3 de decembro realizaranse melloras do pavimento na urbanización Parque Montouto. Estes traballos provocarán cortes de tráfico e a prohibición de estacionar nas rúas afectadas.

Segundo indica a empresa que fará a obra, Ponciano Nieto, a previsión é a seguinte. Os traballos comezarán o luns 30 de novembro, afectando en primeiro lugar á rúa Concepción Arenal, logo Emilia Pardo Bazán e por último María Pita. 
  • Concepción Arenal, os días 30 de novembro e 1 de decembro.

  • Emilia Pardo Bazán, os días 1 e 2 de decembro.

  • María Pita, os días 2 e 3 de decembro.  

Durante os días nas citadas rúas estará cortada ao tráfico e non se poderá estacionar. Segundo se vaia executando a obra irase deixando circular. 

Oroso - Pleno de Novembro

O pleno municipal de Oroso aprobou provisionalmente a modificación puntual Nº 5 (Enlace AP-9) do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Oroso. O pleno resolveu as alegacións presentadas durante o novo período de exposición pública que se abriu a raíz da aprobación en xullo dunha emenda presentada pola Xunta de Galicia, que reclamaba que se compensase a zona verde que se perdía no polígono con motivo da construción do enlace sur da AP-9 en Sigüeiro.A proposta foi aprobada cos 8 votos a favor de PSOE e BNG e cos 5 votos en contra do PP e Anova.

O alcalde, Manuel Mirás, volveu insistir en que “todos os informes sectoriais están claros e completos. A Consellería, que é quen dá o visto bo á modificación, tan só dixo que tiñamos que conseguir tantos metros de zona verde noutras zonas do Concello como os que se utilizaban do polígono para a construción do enlace sur da AP-9” e lamentou que “haxa quen pretenda embarrar o campo e dicir barbaridades cando é unha modificación que mellorará a calidade de vida de moitos veciños e veciñas”.

Un punto no que coincidiu o voceiro municipal do BNG, Xosé Pérez, quen indicou que “o arquitecto municipal di que na proposta está xustificado o interese público e o secretario reitera que o feito de que se faga a modificación non suspende a execución de ningunha sentenza” polo que lembrou que os concelleiros “actuamos en defensa dos intereses de todos os veciños e por iso votamos si, polo interese dos veciños do concello de Oroso”.

Sen embargo, tanto PP como Anova mantiveron o seu voto en contra manifestado en xullo de 2015. Nas súas dúas quendas de palabra, o voceiro do PP, Alexánder Doval, limitouse a asegurar: “esperaremos ao ditame da Xunta de Galicia”. Pola súa banda, o voceiro de Anova, Siverio Mirás, ratificouse na alegación desestimada nese mesmo pleno e acusou ao autor do proxecto de presentar un informe falso.

Conta xeral

O pleno municipal tamén aprobou, cos 7 votos a favor do Grupo de Goberno e os 6 votos en contra da oposición, a Conta Xeral de 2014. Os grupos da oposición basearon as súas críticas en que o alcalde asegurara que o Remanente Líquido de Tesourería para Gastos Xerais era de 48.404 euros, cando o Informe de Intervención dicía que era negativo. Manuel Mirás admitiu o erro: “o remanente líquido de Tesourería para gastos xerais é negativo, pero tamén é certo que temos un superávit de 471.216 euros”. O alcalde asegurou que “por moito que lean a parte que non é tan boa, as contas do Concello de Oroso están moi ben e así o poden comprobar se consultan co Ministerio de Facenda ou coa Deputación”.

Os tres partidos da oposición coincidiron en volver criticar a situación laboral do arquitecto e o PP solicitou que se sacasen máis servizos a concurso, como fontanería, xardinería ou alumeado para tratar de conseguir aforros económicos. Mirás lembroulle ao voceiro popular que o concurso de alumeado público xa está licitado e que o de fontanería sacouse a concurso e foi declarado deserto. Sobre a cuestión do arquitecto, asegurou que “é un tema recorrinte. Xubilarase e marchará a casa” e lembroulle a Doval que quen fixo o contrato que se pon en cuestión foi o goberno do PP.

Unanimidade no resto da sesión

O resto da sesión plenaria caracterizouse polo acordo unánime de todos os grupos municipais. Así, aprobouse que o inmoble que se destinaba a escola no núcleo rural de Igrexa (parroquia de Oroso) e a súa parcela sexan destinados a un uso sociocultural para dar así resposta ás demandas dos veciños de establecer aló un local de reunión e desenvolvemento de actividades socioculturais. Así mesmo, aprobouse a supresión da servidume de paso desta parcela e a afectación deste ben no inventario municipal, para destinalo a uso sociocultural. Nesta mesma orde de cousas, o pleno acordou unha actualización no Inventario, cambiando unha parcela que estaba inscrita como “terreo de depósito de augas” a parcela para actividades socioculturais.

O pleno acordou conceder unha bonificación do 95% da cota do imposto de construcións, instalacións e obras (ICIO) pola construción da nova escola infantil Chousa Nova de Oroso. Tamén se aprobou o deslinde dunha leira no lugar do Cachopal (San Mamede dos Ánxeles) e a rectificación anual do Inventario Municipal de Bens e Dereitos do Concello de Oroso para o exercicio 2015, que ascende a 7,85 millóns de euros. Por último, o pleno aprobou o regulamento de funcionamento e uso do punto limpo do Concello de Oroso, que entrará en funcionamento en breve, e os nomes de varias rúas: Chousa Nova, Cerceda, O Pino e Paralela Avenida de Compostela.

Mocións

A unanimidade mantívose na quenda de mocións, salvo na presentada polo PSOE para pedir a inclusión de forma inmediata da vacina da meninxite B no calendario de vacinas. Unha moción que foi aprobada cos 9 votos a favor de PSOE, BNG e Anova e coa abstención do PP. O PP xustificou a súa abstención en que “a incorporación a deben decidir os técnicos, non os políticos nin os pais”. Manuel Mirás indicou que “os médicos galegos queren a vacina” e lembrou que aos veciños “hai dúas cousas que se lle poñen difíciles. Primeiro, que hai que comprala e custa máis de cen euro. E segundo, que tes que ir a un pediatra particular porque no Sergas non a poñen. Cando menos, a Xunta podería autorizar aos sanitarios dos centros de saúde a poñer a vacina”.

PSOE e BNG aprobaron unha moción conxunta contra a violencia contra as mulleres para instar á Xunta de Galicia a incluír o termo “feminicidio” na lei de protección integral contra a violencia de xénero e a mellorar os servizos de atención ás vítimas. O PP aprobou tamén a súa moción sobre o tema, na que instaba a traballar no ámbito educativo como piar fundamental contra a violencia de xénero. O voceiro do PSOE, Antonio Leira, lembrou que “o Concello de Oroso xa está facendo todo isto e foi pioneiro neste tipo de actuación. Estamos comprometidos ao 100%”.

O BNG tamén viu aprobada a súa solicitude de que se promova o 2016 como o Ano das Irmandades da Fala e que o Concello de Oroso se comprometa á difusión da súa historia. Finalmente, o PP retirou a súa moción para pedir unha rebaixa de taxas xa que, como lle indicou o alcalde orosán, “está pedindo a modificación dunha ordenanza e iso non é posible cunha moción. Imos pedir un informe de Intervención e volveremos a traelo para o seu debate no pleno”.

PP Oroso - Vota en contra da Conta Xeral

O grupo municipal do Partido Popular de Oroso, encabezado polo seu portavoz, Alexander Doval, xustificou hoxe o voto en contra da súa formación á Conta Xeral presentada polo goberno local, despois de comprobar que o concello mentira sobre o estado das contas municipais.

En concreto, Doval xustificou o cambio de postura dos populares, que se abstiveron na comisión especial de contas, despois de que o alcalde, Manuel Mirás, non explicase os motivos polos que o remanente do concello pasara a ser negativo, cando o goberno local comunicara que era positivo.

“Nas notas de prensa que o goberno local envía aos medios e na web municipal eliminouse o cualificativo negativo e só fálase dun remanente de 48.000 euros”, indicou Doval, quen asegurou que levou unha “sorpresa moi desagradable ao comprobar que o remanente é negativo en lugar de positivo”.

Para o portavoz dos populares, este feito, ademais de ser o “suficientemente grave” como para votar en contra da Conta Xeral, é unha proba máis de que o rexedor trata de “facernos parvos a todos os veciños de Oroso”.

Por último, o grupo municipal dos populares aproveitou o pleno celebrado onte para solicitar a limpeza das sendas peonís que van desde O Portiño ata a Estación de Oroso, e o mantemento e limpeza do cemiterio municipal de Marzoa.

Lalín - Pesar polo falecemento de Neira Vilas

O Concello de Lalín manifesta o seu máis fondo pesar pola morte do escritor Xosé Neira Vilas, ao tempo que traslada o seu apoio e o seu máis sentido pésame aos seus familiares e achegados, así como en xeral a todo o pobo por unha perda tan significativa. O autor de “Memorias dun Neno Labrego”, a obra máis traducida e vendida da literatura galega, faleceu onte na súa casa de Gres aos 87 anos de idade. Nacido en Vila de Cruces, en 1928, Neira Vilas era unha das voces narrativas máis estreitamente ligadas ao imaxinario dun mundo rural -o galego- que, para el, sempre tivo como referencia indiscutible a comarca do Deza. 

Neste sentido, tamén foi moi estreita a súa relación co Concello de Lalín. De feito, Xosé Neira Vilas ía ser, en xaneiro, o pregoeiro da edición número 48 da Feira do Cocido. O propio alcalde, Rafael Cuíña, lembraba hoxe a boa disposición e receptividade que lle amosou o día que o visitou na súa casa para pedirlle que “se sumase á nómina de escritores como Otero Pedrayo ou Álvaro Cunqueiro, que tamén foron pregoeiros da feira”. 

“Para min”, explica Cuíña, “supoñía unha verdadeira honra que un home do prestixio de Neira Vilas aceptase ser o pregoeiro da Feira. Esta circunstancia, sen lugar a dúbidas, tería contribuído a elevar aínda máis a reputación dun evento que todos os anos xoga un papel fundamental na difusión da nosa cultura por Galicia e o mundo”. O rexedor recorda que a presencia de Neira Vilas como pregoeiro tamén ía propiciar que se visualizase o cambio de modelo na celebración da Feira: “como xa dixen, nesta ocasión o tradicional palco de autoridades tan só ía estar ocupado polo escritor e por un grupo de nenos e nenas, sen a presencia abafante e estrambótica de políticos que se vivía noutros anos”. 

Con esta medida tamén se quería simbolizar o enorme papel xogado por Neiras Vilas na difusión da literatura entre os máis pequenos e o gran peso dos personaxes infantís na súa obra. Ese peso conta cun claro expoñente en Lalín, que dende 2011 conta coa rúa “Memorias dun neno labrego” e cunha estatua que representa a Balbino, o seu protagonista.

Finalmente Cuíña quixo amosar hoxe o seu recoñecemento a unha persoa excepcional, que
“coas súas obras foi quen de situar a paisaxe do Deza -a nosa paisaxe vital e afectiva- como unha dos espazos de referencia da literatura universal”.

Vecios Boqueixón - Condolencias polo pasamento de Xosé Neira Vilas

Fillo de labregos, emigrante, escritor, numerario da Real Academia Galega, Doutor Honoris Causas polas universidades da Coruña e da Habana, multitude de premios literarios nas súas costas… e veciño. Este foi, é e será Xosé Neira Vilas.

A Agrupación Veciñ@s de Boqueixón quere render unha sentida homenaxe tanto ao escritor como sobre todo ao noso benquerido veciño. Hoxe todos choramos a morte dun dos referentes das nosas letras, mais sobre todo, choramos porque nos deixa un dos nosos máis queridos veciños.

Trasladamos pois as nosas mais sentidas condolencias aos seus familiares directos e amigos sabendo que ainda que hoxe nos deixe, sempre ficará entre nós. O seu Balbino, quedará, por sempre, dentro de nós.

Fundación Xosé neira Vilas - Pasamento do escritor

A Fundación Xosé Neira Vilas comunica que faleceu no seu domicilio de Gres – Vila de Cruces (Pontevedra) o escritor Xosé Neira Vilas (Gres, 1928).

O velorio terá lugar no Panteón de Galegos Ilustres de Santiago de Compostela a partir das 18:30 h. do día de hoxe.

O funeral celebrase na parroquia de Santiago de Gres ás 17:30 h. de hoxe día 28, onde posteriormente recibirá sepultura no panteón familiar.

Silleda - Pesar pola morte de Xose Neira Vilas

O alcalde de Silleda, Manuel Cuiña Fernández, amosou onte o seu pesar pola morte do escritor Xosé Neira Vilas, "un home moi querido no noso municipio", engade. Cuiña lembra que algúns dos últimos actos públicos aos que asistiu o autor tiveron precisamente como escenario o municipio de Silleda. Así o pasado día 30 de outubro o autor da célebre "Memorias dun neno labrego" foi nomeado socio de honra do Centro Cultural Vista Alegre da Bandeira, "nun acto moi emotivo no que o propio autor lembraba a relación que sempre o uniu con estas terras", recorda. Ademais o sábado pasado asistiu en Cira á representación de "Espantallo Amigo" na parroquia de Cira.
"É unha gran perda para todos os galegos, por Neira Vilas é xa patrimonio de todos os galegos", sinala o alcalde.
MAnuel Cuiña, que asitirá aos actos fúnebres en lembranza do pai de Balbino, advirte que "tanto como escritor e xornalista como persoa era un home entrañable ao que sempre recordaremos con moito agarimo".
O alcalde silledense lembra que no ano 2007 "nada máis ser nomeado concelleiro de Cultura de SIlleda tiven a sorte de compartir con el na súa casa en Gres unha tarde memorable da que sempre gardarei gratos recordos, ao igual que doutros moitos momentos nos que estiven ao seu lado, como a apertura da exposición sobre Memorias dun neno labrego na Bandeira o pasado ano", engade.
O alcalde amosa ademais, en nome de todos os veciños e veciñas de SIlleda, o seu pesar ante a familia e achegados do escritor e ante o Concello de Vila de Cruces.

Vedra - Día de loito por Xosé Neira Vilas

O concello de Vedra decreta hoxe sábado 28 de decembro Día de Loito Oficial pola morte do recoñecido escritor Xosé Neira Vilas, nacido nas Terras do Ulla e fortemente unido a elas.

Boqueixón - Dous días de loito polo pasamento de Xosé Neira Vilas

O Concello de Boqueixón decretou dous días de loito oficial en sinal de pesar pola morte do escritor e intelectual Xosé Neira Vilas, Fillo Adoptivo do concello dende o ano 2014. A medida adoptouse en sinal de recoñecemento á magnífica e relevante aportación do autor á nosa literatura e conta co consenso manifestado por tódolos membros da corporación.

Neira Vilas amosou sempre un forte compromiso intelectual, social e cultural co municipio. O Executivo mostrou o seu profundo pesar pola irreparable perda dun home que gañou un merecido lugar na historia de Boqueixón e de Galicia, ademais de ser un exemplo a seguir polas futuras xeracións na defensa dos valores e da cultura galega. 

“Galicia perdeu a un grande da súa literatura pero Boqueixón acaba de perder un fillo” declarou, Ovidio Rodeiro , quen trasmitíu as súas condolencias á familia e aos máis achegados.

Durante o sábado e o domingo as bandeiras ondearán a media asta e suspenderanse todos os actos oficiais programados polo concello, en sinal de dor.

PP Santiago - Mellora do mecanismo de información do transporte público

O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular, Alejandro Sánchez-Brunete, presentou onte a terceira das proposicións que o grupo popular levará ao vindeiro pleno de decembro, relativa á mellora e modernización dos mecanismos de información do transporte público; e que se suma así á solicitude de declaración da Semana Santa de Santiago como Festa de Interese Turístico de Galicia e á proposta para abordar a problemática social e de convivencia que se dá na rúa do Vilar e na praza do Toural.

O concelleiro popular subliñou a necesidade de que o Goberno local incremente o número de postes electrónicos de información que hai nas paradas e que impulse unha campaña de difusión da aplicación ‘Máis Bus’, co fin de incrementar o seu nivel de coñecemento. Neste senso, Alejandro Sánchez-Brunete avoga pola instalación de oito novos postes electrónicos, que se sumarían aos 22 xa existentes e que non suporía unha inversión maior de 50.000 euros. “Hai cobertura financeira suficiente para que a empresa municipal TUSSA faga fronte a este investimento, xa que podería aplicar os beneficios do último ano”, explicou. Do mesmo xeito e tendo en conta o nivel de coñecemento da aplicación ‘Máis Bus’, o concelleiro popular insta ao concello a que leve a cabo unha campaña de difusión e información de dita aplicación, co fin de que máis usuarios a empreguen e se beneficien de todos os datos que facilita. 

Para finalizar, Alejandro Sánchez-Brunete lamentou a decisión do executivo municipal de non renovar a flota de autobuses, tal e como prevé o actual contrato. Para o concelleiro popular, é unha oportunidade perdida, non só para mellorar a imaxe da flota, senón para contar con autobuses accesibles ás persoas con mobilidade reducida. Actualmente, dos 50 autobuses, tan só 18 teñen ramplas automáticas.

Ames - Presentación do proxecto Ames 2020

Onte o salón de plenos da Casa do Concello acolleu a presentación do proxecto Ames 2020, para concorrer á convocatoria DUSI cofinanciada con fondos FEDER da Unión Europea. Tratouse dun acto aberto á cidadanía no que participaron o alcalde de Ames, José Miñones, os voceiros dos grupos municipais que forman parte do goberno, Gemma Otero, voceira do grupo municipal Contigo Pódese, Blas García, voceiro do grupo municipal socialista, e David Santomil, voceiro do grupo municipal do BNG, así como o Axente de Desenvolvemento Local do Concello de Ames, e Adolfo Neira, de EOSA Consultores, que é a empresa encargada de elaborar o proxecto que presentará o Concello de Ames. A esta presentación tamén asistiron outros concelleiros/as do goberno e do grupo municipal Ames Novo, traballadores/as municipais e veciños/as. 

O proxecto Ames 2020 consiste nun plan de base integrado e a longo prazo que marcará a ruta do desenvolvemento amesán nos próximos catro anos. Este proxecto presentarase á convocatoria de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado (DUSI) do Fondo de Desenvolvemento Europeo (FEDER). 

Como sinalou o alcalde de Ames, José Miñones, con este proxecto “búscase evitar o desenvolvemento urbanístico que se ven dando en Ames nos últimos anos, nos cales se realizaron obras urbanística de forma atomizada sen contar cun plan integral. Este proxecto vai máis alá do Plan Xeral de Ordenación Municipal, xa que contempla distintos aspectos da planificación dun concello como o desenvolvemento sostible, a diminución da contaminación, as conexións ou a integración de dispositivos tecnolóxicos intelixentes”.

FEDER destinou en España unha partida de subvencións das cales 83,14 millóns de euros corresponden a Galicia. Ames, como concello de máis de 20.000 habitantes poderá optar a unha subvención de cinco millóns de euros. O proxecto presentado competirá cos doutros concellos de características similares ás de Ames. A data límite de entrega destes proxectos é o día 13 de xaneiro de 2015. O proxecto a presentar na Unión Europea debe contemplar, obrigatoriamente, unha serie de obxectivos temáticos que lle permitan a Ames desenvolverse como núcleo intelixente, sostible e integrador. 

Ames, concello intelixente, sostible e integrador

Para elo hai que levar a cabo unha serie de estratexias de desenvolvemento urbanas sostibles e integradas. No apartado de cidade intelixente haberá que presentar un proxecto baseado nas tecnoloxías da información e da comunicación (TIC), exemplificado na implantación de controis intelixentes dos residuos urbanos, do rego dos espazos públicos verdes ou da mellora da conexión da cidadanía á Internet.

En canto á sostibilidade haberá que presentar iniciativas para dispor dunha economía baixa en carbono en todos os sectores, preservando a protección do medio ambiente a través da optimización de recursos. Neste punto trataríase de dar pulo a un maior uso do transporte público en detrimento do privado a través dunha mellora das conexións municipais ou da aposta polo uso de enerxías renovables.

Por último, no eido de cidade integradora, haberá que plantexar un acceso igualitario aos servizos sociais e culturais para a toda a cidadanía amesá e actuar naquelas áreas que, por urbanización ou falta de conexións, se atopen máis illadas. A mellora dos accesos ás persoas con mobilidade reducida tamén é un dos puntos que se inclúen neste aspecto. 

Participación cidadá

Dende o goberno municipal búscase o apoio e a participación da veciñanza amesá para a elaboración, máis pormenorizada, destes puntos de actuación. Os amesáns e amesás están chamados a comunicar suxestións, propostas e diferentes ideas a través dun portal que o Concello habilitou especialmente para a elaboración deste plan. Na dirección web www.ames2020.gal a cidadanía atopará un formulario de participación que a partir desta semana pode enviarlle ao Concello. Outra opción é enviar un correo electrónico ao enderezo info@ames2020.gal

A participación cidadá dos axentes sociais, das asociacións económicas e sociais é un dos aspectos claves no desenvolvemento das estratexia DUSI. Deste xeito, na páxina web www.ames2020.gal existe unha axenda na que se notificarán os encontros que o goberno municipal manterá con asociacións, agrupacións civís ou grupos políticos ao longo do vindeiro mes de decembro e en xaneiro. 

O rexedor municipal incide na idea de que “dende o goberno vaise a establecer un proceso de participación cidadá. O proceso de recompilación de achegas quérese acabar antes das festas de Nadal para que despois á empresa EOSA Consultores poida redactar o proxecto que se vai presentar. A convocatoria destas axudas saíu publicada o pasado 17 de novembro. Dispoñemos de 45 días hábiles para presentar a nosa candidatura. O prazo remata o vindeiro 13 de xaneiro” 

Miñones admite que “se trata dun tempo reducido para elaborar o proxecto, pero isto non impedirá os esforzos do Concello por conseguir que toda a cidadanía participe”. Na presentación de Ames 2020 lembrouse que outros proxectos participativos que xa se levaran a cabo en Ames, como a Axenda21, contaron cunha gran resposta por parte da veciñanza amesá.

Partido galeguista Padrón - Moción concilia

Unhas das principais preocupacións das familias na actualidade é a conciliación da vida familiar e laboral, precisamente co obxecto de dar resposta a esta preocupación ponse en marcha os programas de Concilia Despertares, Nadal e Verán no noso Concello de Padrón, e máis nos tempos actuais de crise. Un programa que ofrece, servizo de gardería, almorzo e actividades lúdicas.

Estos programas teñen como obxectivo principal responder ás necesidades familiares derivadas de desfase existente entre os horarios escolares e laborais, garantindo atención dos nenos e nenas por persoal debidamente cualificado que lles ofrezan actividades encamiñadas a fomentar a súa creatividade, autonomía e interese por coñecer do seu entorno e cubrindo a necesidade de atención a nenos e nenas do inicio das clases pola mañá.

E observando que na Xunta de Goberno de agosto de 2015 aprobase a prestación do servizo Concila Despertares 2015-16 a desenvolver entre o 14 de setembro de 2015 ata o remate do curso escolar 2015-16, e adxudicación da prestación de dito servizo a empresa PEKEXOGO por un importe de 13.189,00 euros ( IVE engadido ). Ademais de observar que no expediente de contratación visto polo concelleiro do PGD en data 11 de novembro en dependencias municipais, solo aparecen as memorias das 4 empresas presentadas a realizar o servizo e máis das propostas da realización do Programa Concialia Despertares 2015-16 asinada pola concelleira de Servizos Sociais e a Proposta á Xunta de Goberno Local para a aprobación de dito programa. 

ACORDO A ADOPTAR

- Crear unha Comisión de Seguimento deste Concilia Despertares 2015-16, para comprobar que se cumplen todos os parámetros que marca a lei con respeto ao servizo, e para controlar a calidade e coherencia do servizo prestado, a través do seguemento continuado por parte desta comisión.

- Dita Comisión estará constituida por técnicos do Concello, Concelleira de Servizos Sociais, e representantes das distintas formacións políticas representadas nesta Corporación,( un representante por cada Partido Político ).

- Que esa Comisión creada evalue e revise no sucesivo o sistema de contratación de ditos servizos Concilia Despertares, Nadal e Verán, así como o funcionamento e seguemento dos mesmos.

Axenda e tempo do venres 27 de novembro - Conferencias, magosto, cine, teatro, música, exposicións

Santiago - Numax

Santiago - Área Central - Papa Noel abre o Nadal

Brión - Magosto con chocolatada 

Santiago -Biblioteca Anxel casal - contos de amor, erotismo e morte

Ames - I Feira de desenvolvemento local

Santiago - A Raiña - Magosto Máxico

Santiago - Conferencia sobre seitas

Ames - Grupo Municipal de Teatro - A Voda de Chejov 

Santiago - Capitol - Guadalupe Plata

Santiago - Cineuropa 

Outros Concertos + info

Exposicións

Santiago - Colexio de psicólogos - Elana ivonne Daprá (ata finais de novembro)

Santiago - Auditorio de Galicia - Salto de páxina (ata febreiro 2016)

Santiago - Fundación Araguaney - Destinos inciertos (ata o 29 de novembro)

Santiago - Fundación Granell - 20 formas de cambiar el mundo (ata decembro)

O Tempo

Numax - Programación do 27 de novembro ao 3 de decembro

Dennis Stock fotografa a James Dean
no último filme de Anton Corbijn

LIFE - TRÁILER VOSE
Seguindo a máxima de que o fotógrafo é tan obxecto do retrato como o retratado, Anton Corbijn introdúcese en Life, a estrea no Cinema NUMAX desta semana, na relación entre Dennis Stock e James Dean. Stock, fotógrafo —igual que Corbijn— que anos despois entraría en Magnum, atopouse no inverno de 1954 con James Dean, quen daquela estaba a piques de consagrar conRebelde sen causa a carreira que iniciara en Ao leste do edén para entrar pouco despois no panteón dos mitos do século XX. Deste encontro nacería unha amizade e unha serie de fotografías que a revista Life rexeitou e que acabarían por se converter nun dos alicerces da revolución da icona masculina no tránsito dos anos 50 aos 60.

Tamén na nosa carteleira

Continúa unha semana máis na carteleira Rams, o filme de Grímur Hákonarsonque gañou a Espiga de ouro na SEMINCI deste ano e tamén  Sicario, de Denis Villeneuve, que terá o seu último pase o xoves 3 de decembro. Tamén segue na carteleira Letters to Max, de Eric Baudelaire.

Life
(Anton Corbijn, 2015)


Aos 26 anos, Dennis Stock xa estaba atado a unha vida en familia. Este seu mundo amalloado logo cambalea en se cruzando con James Dean, camiño de mudar a cultura popular: dos traxes aos vaqueiros e dos galáns aos ídolos adolescentes. Unha sesión de fotos vainos levar os dous polas estradas dos Estados Unidos, virará a vida de Stock e dará a luz algunhas das fotografías máis míticas da época.

Programación

Venres 27 de novembro

12:00 Sicario
16:00 Rams
17:45 Letters to Max
19:45 Life (Estrea)
21:45 Life


Sábado 28 de novembro

12:00 Letters to Max
16:00 Sicario
18:15 Rams
20:00 Life
22:00 Life


Domingo 29 de novembro

12:00 Sicario
16:00 Life
18:00 Letters to Max
20:00 Rams
21:45 Life

Martes 1 de decembro

12:00 Rams
16:00 Life
18:00 Letters to Max
20:00 Life
22:00 Sicario


Mércores 2 de decembro

12:00 Life
16:00 Sicario
18:15 Rams
20:00 Life
22:00 Letters to Max


Xoves 3 de decembro

12:00 Letters to Max
16:00 Life
18:00 Life
20:00 Rams (Último pase)
21:45 Sicario (Último pase)
VO: Versión orixinal sen subtítulos | VOSG: Versión orixinal subtitulada en galego

Santiago - Xornada de Cineuropa do venres 27

Baseada na novela do cubano Pedro Juan Gutiérrez, Villaronga suaviza a dureza do relato orixinal para mostrar en El Rey de la Habana a vida de Reinaldo, un pícaro adolescente fuxido dun correccional que debe sobrevivir na decadente cidade de La Habana. A actriz Yordanka Ariosa foi galardoada coa Cuncha de Prata en San Sebastián pola súa excelente interpretación de “jinetera”. A cita con Reinaldo, El Rey de la Habana, será ás 16:00 h no Teatro Principal. A continuación, ás 18:15 h pasarase por primeira vez Rak Ti Khon Kaen (Cemetery of Splendour), do tailandés Apichatpong Weerasethakul, Un Certain Regard na pasada edición de Cannes. A película, de atmosfera tan onírica como sobrecolledora, céntrase nun improvisado hospital cuxos pacientes padecen unha misteriosa variante da enfermidade do soño.

Ixcanul, Premio Alfred Bauer en Berlín, proxectarase ás 17:30 h no Salón Teatro. O debut do guatemalteco Jayro Bustamante, é un fermoso exercicio etnográfico sobre a vida dunha moza nunha comunidade indíxena que vive na faldra dun volcán. A película irradia unha dobre denuncia social: a precariedade social das comunidades indíxenas, e o papel secundario da muller dentro desas pequenas sociedades. No mesmo Salón Teatro ás 19:15 h comezará Bakemono non Ko (The Boy and the Beast), filme xaponés de animación dirixido por Mamoru Hosoda. Unha fabulosa historia de aprendizaxe e aventuras, poética, emotiva e visualmente fastuosa.

Como xa é tradición, esta noite celebrarase o maratón de Cineuropa, composto esta vez de nove películas, unha delas sorpresa e a maior parte inéditas no festival. Cine para pasar unha noite de celebración e diversión.

Haberá tamén oportunidade de asistir aos últimos pases de La calle de la amargura, de Arturo Ripstein (Salón Teatro ás 21:30 h), Peace to us in our Dreams, de Sharunas Bartas (tamén no Salón Teatro pero ás 23:15 h), e The Invitation, de Karyn Kusama, que se proxectará no Teatro Principal ás 20:15 h. A ampla carteleira que Cineuropa ofrece esta xornada completarase con películas doutras seccións programadas no Salón Teatro e a sede Afundación.

PROGRAMACIÓN COMPLETA VENRES 27

TEATRO PRINCIPAL
16:00 EL REY DE LA HABANA Agustí Villaronga
18:15 RAK TI KHON KAEN (CEMETERY OF SPLENDOUR) Apichatpong Weerasethakul
20:15 THE INVITATION Karyn Kusama
22:15 MARATÓN
THE FINAL GIRLS Todd Strauss-Schulson
ME QUEDO CONTIGO Artemio Narro
CUB Jonas Govaerts
THE GIRL IN THE PHOTOGRAPHS Nick Simon
MISTERIOS DE ULTRATUMBA Fernando Méndez
SENSATIONAL JANINE Kurt Nachmann
THE GIFT Joel Edgerton
THE WORLD OF KANAKO Tetsuya Nakashima
PELICULA SORPRESA MARATÓN

SALÓN TEATRO
16:00 DAVID HOLZMAN’S DIARY Jim McBride
17:30 IXCANUL Jayro Bustamante
19:15 THE BOY AND THE BEAST (BAKEMONO NO KO) Mamoru Hosoda
21:30 LA CALLE DE LA AMARGURA Arturo Ripstein
23:15 PEACE TO US IN OUR DREAMS Sharunas Bartas

SEDE AFUNDACIÓN
16:30 CORNERED (VINGANZA) Edward Dmytryk
18:15 CROSSFIRE (ENCRUCILLADA DE ODIOS) Edward Dmytryk

19:45 THE HIDDEN ROOM Edward Dmytryk