O BNG levou propostas de obras para incluir no POS no Pleno do mes de outubro e finalmente foron incluidas catro das propostas dos nacionalistas, que serán refrendadas no Pleno extraordinario do próximo venres.
As obras que se executarán a proposta do BNG son a da estrada que vai de Esmorís á intersección coa N-550, na parroquia de Buscás, a pista que vai de Pereira ao Carballo e a pista que vai da Poza a Cercedo, na parroquia de Pereira e a pista de acceso á Escola na parroquia de Vilamaior.
Estas obras suman unha inversión total de 125.000 euros, o 30% do total dos recursos destinados ao Plan de Obras e Servizos.
Os nacionalistas advirten de que o estado do pavimento de moitas das pistas e estradas das parroquias do concello atópanse nun estado de conservación moi deficiente.
Gonzalo Castro, amosuou a súa satisfacción porque o Plan de Obras e Servizos do ano 2013 incluirán catro obras propostas polo BNG de Ordes nas parroquias de Buscás, Pereira e Viilamaior, que suporán un investimento de 125.000 euros, un 30% do total dos recursos destinados ao POS.
Esta propostas foron realizadas polos nacionalistas no último Pleno da Corporación Municipal, onde se adquiriu o compromiso de levar estas propostas a unha Comisión de Urbanismo para aprobar as memorias e proxectos de execución destas obras.
Gonzalo Castro salientou que “o estado do pavimento de moitas das pistas e estradas das parroquias do noso concello atópanse nun estado de consevación moi deficiente, ocasionando graves perxuizos aos nosos veciños”.
O portavoz nacionalista destacou “o lamentable estado de estradas como a que vai desde o lugar de Esmorís até a N-550, que é a vía de saída utilizada por moitos veciños para dirixirse desde a importante parroquia de Buscás, que conta con máis de 500 habitantes, até A Coruña”
As propostas do BNG que foron incluidas finalmente no Plan de Obras e Servizos para o exercicio 2013, foron as seguintes:
- Pavimentación con aglomerado da estrada que vai de Esmorís á intersección coa N-550, na parroquia de Buscás.
- Pavimentación das seguintes pistas na parroquia de Pereira: a pista que vai de Pereira ao Carballo e a pista que vai da Poza a Cercedo.- Pavimentación da seguinte pista na parroquia de Vilamaior: a pista de acceso á Escola de Vilamaior.
.jpg)
Ningún comentario:
Publicar un comentario