FAMILIAS DE FRADES VISITAN O ZOO ‘CORAX’ DE PADERNE PARA
COÑECER A VARIEDADE DA FAUNA
Frades - visita o Zoo Corax de Paderne
Silleda - o goberno aproba a licitación dos programas lúdicos
A Xunta de Goberno Local aprobou
os pregos para a adxudicación do programa lúdico educativo fóra do horario
lectivo
-O
contrato do servizo para nenos e nenas de 3 a 12 anos realizarase por procedemento
negocia con publicidade, cun prezo de licitación de 80.000 euros
-As
claúsulas están disponibles na web municipal e as empresas teñen un prazo de 15
días naturais dende mañá para presentar as súas ofertas
Santiago - axenda sábado 4
Verán
na rúa
12:30 Alameda
Caixa de Tambora.
Performance de música africana
20:00 Praza de San Martiño Pinario
Marimba en pedra
22:30 Praza da Quintana
Odaiko Percussion
Group
Psoe Ames Novo Ames - a oposición dalle o alcalde a oportunidade de rectificar
PSdG-PSOE e
Ames Novo ofrécenlle ao alcalde a posibilidade de restituír a legalidade do
pleno de xullo
-
Os dous grupos da oposición
presentan un recurso de reposición e emprazan ao rexedor a retomar a sesión no
punto en que foron vulnerados os seus dereitos
-
José Manuel Miñones e Pilar
Candocia advírtenlle a Santiago Amor de que acudirán á xustiza se non corrixe o
seu erro
Ordes - prazo de inscrición para viaxe a Torremolinos
Torremolinos, Marbella, Puerto Banús
e Málagan novos destinos da excursión organizada polo Concello de Ordes
Santiago - programación do Verán na Rúa
Chimichurri presenta ‘Circo Chicharrón’
Xa na xornada do luns ‘Verán na Rúa’
continúa coa súa programación de circo. O madrileño Chimichurri chega desde
Alcrocon (Madrid) para presentar o seu espectáculo ‘Circo Chicharrón’.
Ordes - a premio nacional de Danza Manuel Segovia dará un obradoiro coreográfico en Ordes
O Museo do Traxe Juanjo Liñares
realizará un obradoiro coreográfico os vindeiros 10, 11 e 12 de agosto
Será impartido por Manuel Segovia e
Violeta Ruiz, Premio Nacional de Danza á Creación 2001 e cofundadora da
Compañía Ibérica de Danza. O prazo de inscrición estará aberto ata o próximo
luns por tan só 20 euros
Silleda - o concello licita a compra dunha furgoneta
A adquisición, mediante procedemento
negociado sen publicidade, realizarase con cargo á axuda do Fondo de
Compensación Ambiental
Ordes - hoxe celebrase no concello o Día das Bandas
Ordes celebrará o seu tradicional Día
das Bandas este sábado
Participarán a Banda de Música de
Ordes e a Banda Municipal de Boiro
Ames - máis de 350 rapaces na Escola de Verán que continúa este mes
Máis
de 350 nenos e nenas participaron en xullo nas actividades da
Escola
de Verán, que continúa en agosto
Este
servizo, que permite a conciliación da vida familiar e laboral
e
está destinado a nenos e nenas de segundo ciclo de infantil e
educación primaria, continuará mañá coas actividades
correspondentes ao mes de agosto.
Brión - un cento de rapaces viaxaron a Málaga co concello
MEDIO CENTO DE MOZOS VIAXARON A MÁLAGA
NUNHA NOVA EDICIÓN DAS VIAXES DA MOCIDADE
Os participantes visitaron
Nerja, Ronda, Torremolinos, Marbella...
Un grupo de case cincuenta mozos e mozas brioneses participaron do 21
ao 28 de xullo nunha nova edición das Viaxes da Mocidade, unha excursión
organizada polo Concello de Brión destinada á xente nova de entre 18 e 35 anos
de idade.
Oroso - clausúrase o campus de verán do R.C. Celta
OROSO CLAUSURA CON ÉXITO A TERCEIRA EDICIÓN DO CAMPUS DE
VERÁN DO R.C. CELTA DE VIGO
Durante seis xornadas, 34 participantes recibiron unha
formación integral para mellorar a súa capacitación deportiva
Tres rapaces de Oroso foron escollidos para participar
nun adestramento gratuíto con xogadores do Celta da súa categoría
Santiago - axenda venres 3 de agosto
10.00 h
No Cersia, a
alcaldesa en funcións, Reyes Leis, asiste á inauguración da aula CEMIT.
12.00 h
Na Casa do
Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo
municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.
Ames - o goberno califica de incompresible que a oposición informe de enmendas que retirou
O
Goberno amiense cualifica de “incomprensible” que os grupos da
oposición continúen informando dunhas emendas das que
solicitaron a
súa retirada
O Goberno amiense quere amosar a súa sorpresa polo feito de
que os
grupos da oposición continúen referíndose ás emendas aos
orzamentos municipais, cando os concelleiros non adscritos
solicitaron polo Rexistro Municipal o 27 de xullo a devolución
destes documentos e de todas as súas copias. Por todo isto,
resulta
incomprensible que se continúe informando sobre uns documentos
dos
que reclamaron a súa retirada.
BNG Ordes - o pleno rexeita a conta do 2011 o secundar os argumentos do BNG
O PLENO REXEITA A
CONTA XERAL DE 2011
O argumento do
BNG, de que existía máis dun millón de euros de gastos sen xustificar, foi
secundado pola maioría do Pleno da Corporación Municipal.
O portavoz
municipal do BNG manifestou que “o
alcalde convocou o Pleno durante as vacacións do interventor municipal, para
evitar que este confirmase no Pleno a certeza das afirmacións do BNG”.
Silleda - o 18 de agosto volta a Festa da Empanada
A Festa da Empanada volta á
vila da Bandeira o vindeiro sábado 18 de agosto
-A cita gastronómica estará aderezada de novo
polo Bandeirock, o Esmorga Folk e outras
actividades lúdicas e deportivas
- Inés Colmeiro, directora do programa Larpeiros, da Televisión de Galicia,
será a pregoeira desta 38 edición da cita gastronómica, declarada de Interese
Turístico no ano 1999
-O venres celebrase a segunda edición da Ruta da
Empanadilla, na que participan sete bares da localidade con distintas receitas
caseiras
Silleda - o concello sinala as fontes que son potables no municipio
O Concello de Silleda sinaliza unha ducia de fontes
públicas que non son potables
-Están situadas en varios
puntos do municipio
-Do total de mananciais
analizados outros 30 arroxaron bos resultados
Ames - Milladoiro, Tapia e Cobas están de festa desde hoxe
O Milladoiro, Tapia e Cobas estarán de festa esta
fin de semana
Con motivo
da celebración das festas da Madalena no Milladoiro, a
Policía Local de Ames informa aos veciños e veciñas de que
se producirán cortes de tráfico na Travesía do Porto para
facilitar o desenvolvemento das actividades.
Melide - o pleno aproba por unanimidade a conta xeral do 2011
O pleno ordinario celebrado
o mércores no salón de sesións da Casa do Concello de Melide ven de aprobar por
unanimidade dos dous grupos políticos presentes (PP e BNG) as contas do ano
2011
Ames - adxudícase o mantemento da rede semafórica do concello
A
Xunta de Goberno Local aproba a adxudicación do servizo de
mantemento das instalacións semafóricas de Ames
Con
esta adxudicación, o Goberno de Ames cumpre o seu compromiso
de
traballar para garantir o funcionamento en óptimas condicións
da
rede de semáforos do municipio, que pola súa antigüidade
presentaba múltiples problemas e avarías.
Santiago - hoxe comeza o Festival Internacional de Percusión
A música será a
protagonista nas rúas de Compostela durante esta primeira fin de semana do mes
de agosto dentro do festival ‘Verán na Rúa’ da man do Festival Internacional de
Percusión (FIP).
Ordes - inaugurado o curso de atención sociosanitaria
Inaugurado o curso para desempregados de atención
sociosanitaria na aula adaptada do Mesón do Vento
Ames - nenos do concello saen para un campamento en Allaríz
Un
grupo
de 45 nenos e nenas saíron para participar nun
campamento no albergue Fundación González Ferreiro de Allariz
Un grupo de 45 nenos e nenas amienses de 8 e 9 anos viaxaron rumbo
a Allariz para participar nun campamento que se realizará no
Albergue Fundación Ramón González Ferreiro.
Santiago - balance da programación Vive o Verán
Máis de
1.800 participantes nas actividades de “Vive o verán”
Malia que aínda queda algunha actividade en
agosto e setembro, o programa “Vive o verán”, organizado pola Concellería de
Centros Socioculturais, pechou o groso do seu calendario con 1.867
participantes nos meses de xuño e xullo. Nesta cifra inclúense tantos os
participantes nas actividades periódicas e puntuais (1.691 entre ambos meses) e
os rapaces e rapazas inscritos en xullo no programa de conciliación das “Mañás
de verán e de xogo”, 176 en total.
Ordes - comenzou o Verán cultural
A Alameda de Ordes transfórmase en escenario para o
espectáculo 'Dous pallasos en máis apuros', primeira cita do seu Verán Cultural
Mañá o recoñecido e premiado clown Peter Punk ofrecerá o seu show a Chungatrona
Santiago - axenda xoves dous de agosto
11.30 h
Na Casa do
Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo
municipal socialista, Marisa del Río, sobre asuntos de carácter local.
12.00 h
Na Casa do
Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Festas,
Francisco Noya, sobre asuntos da súa área.
Plataforma Lixo Ames - o goberno municipal dubida sobre o cobro retroactivo
Xorden dúbidas no goberno de Ames
sobre o cobro retroactivo do lixo
O Goberno popular de Ames despois de afirmar durante
varios meses que o cobro retroactivo do lixo se trataba dunha medida de
obrigado cumprimento avalado polos informes legais que eles manexaban recúan a
súa postura inicial e piden agora a Deputación de A Coruña informes xurídicos.
Psoe Trazo - o psoe reclama que o alcalde reduza o seu salaria a metade
Trasladarán ao vindeiro pleno
unha proposta para que o salario de José Dafonte pase de 3.095 euros mensuais a
un máximo de 1.500
Ames - o Milladoiro celebra esta fin de semana as festas da Madalena
O
Milladoiro celebra esta fin de semana os días grandes das
festas da
Madalena
A festividade en honra da Madalena no Milladoiro comezou xa o
22 de xullo con diversos actos relixiosos e culturais
organizados
pola Asociación Cultural A Madalena. Con todo, os días grandes
da
festa son o 3, 4, 5 e 6 de agosto e O Milladoiro preparase
para vivir
unhas xornadas chea de música e lecer.
Ordes - prazo para renovar o DNI no mes de setembro
Veciños e veciñas de Ordes poderán
renovar ou solicitar o seu DNI no mesmo municipio dende o 3 ó 7de setembro
É preciso pedir cita previa nas
oficinas do Concello ou ben chamar ao teléfono 981 680 002
Santiago - o clown RudiDudi no Verán na Rúa
VERÁN NA RÚA celebrarase en lugares emblemáticos da cidade durante o
mes de agosto
RudiDudipresenta na Praza da Quintana Clowntamination
Unha nova actividadefamiliar,
o clown RudiDudi,terá lugar hoxe
xoves 2 de agostoás19:30 h na Praza da Quintana e pechará a xornadaunha nova edicióndeCurtocircuito na rúa, con proxección na
Praza do Touralás 22:30 h. Ambas
actividadeencadradas no programa, organizado polaConcellaría de Cultura, “Verán
na rúa”.
Oroso - dous ordenses gañan o I trofeo de Pádel do concello
OS ORDENSES ANTONIO MUÍÑO E MANUEL REY GAÑAN O I TORNEO
DE PÁDEL CONCELLO DE OROSO
Venceron na final á parella conformada por José Benito
Rodríguez e José Manuel Romero, de Sigüeiro, nun partido moi desputado: 7-6 e
6-3
Teo - reforzo de protección civil ata o mes de setembro
O CONCELLO DE TEO REFORZA O SERVIZO DE PROTECCIÓN CIVIL QUE CUBRIRÁ AS 24 HORAS ATA FINAIS DE SETEMBRO
·
Mañá incorpóranse catro
novos traballadores de Protección Civil, contratados de xeito temporal grazas a
unha subvención da Consellería de Traballo
Ordes . a SD Ordes presenta o seu equipo xuvenil
A S.D. Club Órdenes
presenta o seu equipo xuvenil
A S.D. Club Órdenes presentou onte no campo anexo de Vista Alegre o seu equipo
xuvenil.
Santiago - axenda mércores 1 de agosto
11.00 h
A concelleira de
Comercio, Reyes Leis, fai entrega dos premios das Noites Abertas aos comercios
gañadores. Ás 11.00 h en Blanco (Xeneral Pardiñas) e ás 11.15 h
en Piteira (República do Salvador).
Ames - o concello pide un informe a deputación sobre o cobro da taxa do lixo
O Concello de Ames solicita ao departamento de Asistencia a Municipios da Deputación da Coruña un informe sobre o cobro da taxa do lixo
Con estas actuacións, o Goberno amiense pretende que todas as decisións que se tomen sobre esta cuestión se fagan sempre cumprindo a lexislación e coa seguridade xurídica. O Executivo continúa traballando de forma seria para buscar alternativas e analiza todas as opcións posibles.
Con estas actuacións, o Goberno amiense pretende que todas as decisións que se tomen sobre esta cuestión se fagan sempre cumprindo a lexislación e coa seguridade xurídica. O Executivo continúa traballando de forma seria para buscar alternativas e analiza todas as opcións posibles.
Silleda - listas de cobro do IBI rústico
O CONCELLO DE SILLEDA, PON EN EXPOSICIÓN PÚBLICA AS
LISTAS COBRATORIAS DE IMPOSTO SOBRE BENS INMOBLES DE NATUREZA RÚSTICA, URBANA E
DE CARACTERÍSTICAS ESPECIAIS DO EXERCICIO DE 2012.
BNG Ordes - o BNG votará en contra das contas do 2011 xa que falta un millón de euros por contabilizar
O BNG VOTARÁ EN
CONTRA DA CONTA XERAL DE 2011, XA QUE HOUBO MÁIS DUN MILLÓN DE EUROS DE GASTO SEN
CONTABILIZAR
- O Pleno
debatirá este xoves, 2 de agosto, ás 10:00, a aprobación da Conta Xeral de
2011.
- No informe sobre
a liquidación Da Conta Xeral de 2011, o interventor confirma que o goberno
municipal gastou máis dun millón de euros que non figuraban nos Orzamentos.
Silleda - o concello analiza cos técnicos o informa da Xunta sobre o PXOM
O CONCELLO ANALIZA COS TÉCNICOS DE EPTISA O CONTIDO DO INFORME DA XUNTA SOBRE
O PXOM
A
alcaldesa de Silleda e responsable de urbanismo ven de valorar positivamente o
envío do informe previo á aprobación inicial do PXOM do Concello de Silleda
dende a Xunta de Galicia, que neste momento está sendo avaliado polo
departamentos técnicos do concello e da empresa redactoras, no prazo acordado
coa Secretaria Xeral de ordenación do Territorio e urbanismo.
Ames - entrega do diploma o gañador da Festa das Tapas
Entrega
do diploma acreditativo ao gañador da Festa das Tapas do
Milladoiro
O concelleiro de Promoción Económica do Concello de Ames,
Bernardo
Moar, e o organizador da V Festa das Tapas do Milladoiro,
Carlos
Rivas, fixeron entrega do diploma acreditativo como campión
desta
edición á cervexaría Galway.
Frades - o CELVIT gaña o maratón de fútbol sala
O CELVIT GAÑA O MARATÓN DE FÚTBOL CONCELLO DE FRADES 2012
O equipo Celvit, integrado por xogadores das
parroquias de Céltigos e de Vitre, proclamouse vencedor no Maratón de Fútbol
Concello de Frades 2012, disputado no campo municipal de herba artificial. O
Celvit gañoulle na final ao Xuventude, nun encontro moi igualado que rematou o
tempo regulamentario con empate a cero e que se tivo que decidir nos penaltis.
Ordes - "Dous payasos e máis apuros" inaugura o verán cultural esta tarde
O espectáculo de
clown ‘Dous pallasos en máis apuros’ inaugura hoxe o Verán Cultural de Ordes
O programa, gratuito e que durará ata o 17 de agosto, combina títeres, teatro,
obradoiros, música e festexos para desfrutar en familia ó aire libre
Santiago - Roi Sixto abre o programa Verán na Rúa
VERÁN NA RÚA celebrarase en lugares emblemáticos da cidade durante o mes de agosto
Roi Sixto abre o programa de
actividades de verán cun espectáculo familiar
Verán na rúa chega para ofrecer unha programación variada e de calidade para
todos os públicos. A Concellaría de Cultura programa máis de 20 actividades
musicais, de cinema, clown e maxia, ao longo do mes de agosto. hoxe ás 19:30 h na Alameda compostelá Roi Sixto ofrecerá un espectáculo
familiar de malabares e maxia cómica, que leva o título de Roi o cagabolas.
Frades - o concello homenaxea o SE Abellá polo seu ascenso
O CONCELLO DE FRADES HOMENAXEA Á S.E. ABELLÁ POLO SEU
ASCENSO A PRIMEIRA AUTONÓMICA
29 de xullo de 2012.- O Concello de Frades vén de realizar unha
homenaxe á S.E. Abellá polo seu recente ascenso á Primeira Autonómica, así como
ao seu equipo de veteráns, que este ano tamén acadaron o ascenso á Primeira
División da Zona de Santiago.
Ames - valoración do alcalde sobre as obras da estrada Roxos Portomouro
VALORACIÓNS
ALCALDE DE AMES SOBRE AS OBRAS DE MELLORA DA ESTRADA
ROXOS-PORTOMOURO
O
alcalde de Ames, Santiago Amor, acompañou hoxe á delegada da
Xunta
na Coruña, Belén do Campo, quen anunciou que mañá se licitarán
as obras para a mellora da estrada Roxos-Portomouro (AC-453),
nos
concellos de Ames e Val do Dubra.
Santiago - axenda martes 31 (inclue festas do Apóstolo) e cortes de tráfico
8.30 h
Pleno
extraordinario
Na Casa do
Concello, sesión extraordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do
día:
Punto único: Resolución de alegacións e aprobación definitiva, se
procede, do orzamento e cadro de persoal do Concello para o ano 2012.
Oroso - mañán se clausuran os cursos de natación cunha festa
O
CONCELLO DE OROSO CLAUSURA MAÑÁ MARTES OS SEUS CURSOS DE NATACIÓN CUNHA FESTA
CON HINCHABLES NA PISCINA MUNICIPAL DE SIGÜEIRO
BNG Ordes - o goberno recoñece que uso de xeito irregular as subvencións para pago a proovedores
O BNG AFIRMA QUE O
GOBERNO MUNICIPAL RECOÑECEU A EXISTENCIA DE IRREGULARIDADES NO USO DO DIÑEIRO DAS
SUBVENCIÓNS RECIBIDAS POLO CONCELLO
Santiago - axenda luns 30 (inclue festas do Apóstolo)
11.30 h
Na Casa do
Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán,
Ángel Currás, e do xerente do Auditorio, José Víctor Carou ,
para presentar a programación cultural do mes de agosto.
Ordes - máis de 3000 persoas na feira de Cans de Caza de Mesón do Vento
Máis de 3.000 asistentes
avalan a XX Feira de Cans de Caza de Mesón do Vento como a mellor de toda
Galicia
50 criadores, 40 razas e unha cifra superior a 2.300 exemplares expostos danse
cita nunha das citas cinexéticas máis importantes de todo o territorio nacional
según a prensa especializada
SUP Santiago - o sindicato de policía convoca unha concentración para mañán luns co lema "En defensa de la seguridad pública"
El
comité local del Sindicato Unificado de Policía de Santiago de Compostela
convoca para mañana día 30 de julio, a partir de las 12:30 horas, una concentración
delante de la Comisaría
de Policía, sita en la avenida Rodrigo de Padrón, bajo el lema “En defensa de
la seguridad pública”.
Santiago - axenda domingo 29 (inclue festas do Apóstol)
10.00 h
Na Granxa do Xesto, Ruta Mountain Bike polo Pedroso. Aberta a todo o que
queira participar. Organizada coa colaboración de Aquagest , no marco da
programación de Vive o Verán.
12.00 h
Na Rúa do Vilar, concerto da Banda Municipal de Música dirixida por Xosé
Carlos Serans.
Ames - o concello formaliza unha operación de crédito de máis de 70000 euros
O Concello de Ames
formaliza unha operación de crédito de 70.212 euros
correspondente
á segunda fase do sistema de pago a provedores
Esta
operación
permitirá
abonar
75 facturas
de
empresas
provedoras
do
Concello
que,
incluídas
na
relación
inicial,
non
comunicaron
a
súa
vontade
de
participar
no
procedemento
ata
esta
segunda
fase.
A
participación
nesta
fase
permitirá
que
os
provedores
vexan
abonadas
as
súas
facturas
nos
próximos
días.
Teo - o concello inviste máis de 3000 euros en tecnoloxía para os colexios
O CONCELLO INVISTE MÁIS DE 3.000 EUROS NA MELLORA TECNOLÓXICA DOS COLEXIOS DO CONCELLO
·
O alcalde asinou un
convenio de colaboración co CEIP de Calo para o cableado eléctrico e de rede
nas aulas destinadas ó proxecto ABALAR da Xunta de Galicia
·
O ano pasado realizouse un
convenio similar co CEIP da Ramallosa
PP Arzua - o Partido Popular propón rebaixar as subvencións aos grupos políticos do concello
El PP de Arzúa propone una rebaja en las subvenciones a los grupos políticos del municipio
Los populares presentarán una moción en el pleno del próximo lunes con dos propuestas orientadas a controlar el gasto del Concello
Tordoia - ata final de ano o concello investirá en obras máis de 650000 euros
O
CONCELLO DE TORDOIA INVESTIRÁ MÁIS
DE
650.000 EUROS EN OBRAS ATA FINAIS DE ANO
O rexedor anunciou a relación de proxectos
que xa están en marcha ou en trámites de contratación, dirixidos a mellorar as
infraestructuras
Ames - ata o 3 de agosto está aberta a inscrición para o setembro lúdico
Os
nenos e nenas de Ames poden inscribirse no Setembro Lúdico ata
o 3
de agosto
Para
ocupar
o
tempo
de
lecer
que
teñen
os
nenos
e
nenas
de
Ames
dende
o
remate
da
Escola
de
verán
e
o
comezo
do
curso
escolar,
o
Concello
de
Ames
programa
a
iniciativa
Setembro
Lúdico.
Este
programa,
que
ten
aberto
o
prazo
de
inscrición
ata
o
3 de
agosto, vai
dirixido
aos
rapaces
e
rapazas
escolarizados
no
segundo
ciclo
de
educación
infantil
e
en
educación
primaria,
que
están
empadroados
en
Ames.
Ordes - mañán ten lugar o proceso de selección do curso de atención sociosanitaria
Ordes acollerá mañán luns o
proceso de selección para participar no curso de atención sociosanitaria
Terá lugar na Casa da Cultura a partir das 9.30 horas. Os asistentes
complementarán a súa formación con prácticas en empresas do sector
Frades - XIX campionato municipal de pesca
UN TOTAL DE 18 NENOS E NENAS
PARTICIPARON NO XIX CAMPIONATO
MUNICIPAL DE PESCA DO CONCELLO DE FRADES
O alcalde Miguel Prado
entregou unha medalla conmemorativa a cada pequeno, que pescaron un total de 29
troitas en dúas horas
Ames - a aula CeMIT colabora desde mañán coa semana da xuventude
A
Aula CeMIT colabora na celebración da Semana da Xuventude con
dous
cursos sobre redes sociais e busca de emprego
A
Aula
da
Rede
de
Centros
para
a
Modernización
e
Inclusión
Tecnolóxica
da
Xunta
de
Galicia,
Rede
CeMIT,
do
Concello
Ames
colaborará
na
celebración
da
Semana
da
Xuventude,
que
terá
lugar
entre
o
30 de
xullo
e
o
4 de
agosto,
coa
celebración
de
dous
cursos.
Ordes - verán cultural
O Verán Cultural de Ordes traerá festexos,
teatro, música, obradoiros e títeres ás rúas e prazas do Concello
Desenvolverase ininterrumpidamente
dende o vindeiro mércores co espectáculo de clown ‘2 payasos en máis apuros’ e
finalizará o 17 deste mes, último día de celebración das patronais na honra a
Santa María
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)