Santiago – axenda sábado 14 e actuacións policía local

AXENDA MUNICIPAL
Sábado 14

A partir das 8.30 h e durante todo o día:
No Auditorio de Galicia (Sala Mozart), fase comarcal do Club de Debate. Ás 19.00 h, o concelleiro de Educación e Normalización Lingüística, Ángel Currás, asiste ao acto final de proclamación de gañadores e entrega de premios. (Horarios en www.santiagodecompostela.org).

BNG Ordes – Pablo Vidal novo responsable local do BNG

PABLO VIDAL RÍOS ELEXIDO NOVO RESPONSÁBEL LOCAL DO BNG DE ORDES
- A asamblea local do BNG apoiou por unanimidade a candidatura encabezada por Pablo Vidal, da que tamén forman parte os concelleiros Gonzalo Castro e Montserrat Rei.
- A nova dirección local presenta unha renovación do 50% nos seus integrantes e presenta unha media de idade de 34 anos.

Oroso – comeza a terceira edición do concurso das tapas

OROSO INICIA ESTA FIN DE SEMANA A TERCEIRA EDICIÓN DO SEU CONCURSO DE TAPAS DE OROSO, QUE CONTA CON 19 ESTABLECEMENTOS PARTICIPANTES
Con cada consumición, o cliente recibirá unha tapa que poderá valorar para participar no sorteo dunha estancia para dúas persoas nun hotel-balneario e vales de desconto nos comercios de Sigüeiro

AGApap – o estado da saude infantil e os problemas dos pediatras se debaten hoxe en Santiago

O ESTADO DA SAÚDE INFANTIL E OS PROBLEMAS DOS PEDIATRAS DE ATENCIÓN PRIMARIA TRATARANSE MAÑÁ NA REUNIÓN DA ASOCIACIÓN GALEGA DE PEDIATRÍA DE ATENCIÓN PRIMARIA AGAPap
Os pediatras enfróntanse ao axustado dos recursos e as consecuencias dunha distribución xeográfica ineficiente
A VI reunión anual da Asociación Galega de Pediatría de Atención Primaria celebrarase mañá na Facultade de Medicina, en Santiago

Silleda – Vila de Cruces – convenio polo aforro enerxético

O Concello de Vila de Cruces e o Concello de Silleda firmaron o convenio de colaboración para o aforro enerxético
Vila de Cruces, 13 de abril de 2012
A alcaldesa de Silleda, Paula Fernández Pena, e o Alcalde de Vila de Cruces, Jesús Otero, veñen de firmar o convenio de colaboración para o aforro enerxético.

Ames – inaugurada a exposición “a luz da porcelana” que estará aberta ata o día 20 en Bertamiráns

O Pazo da Peregrina acolle a exposiciónA luz da porcelana, que reúne 300 novas creacións de Chus Cao
O alcalde Santiago Amor asegurou esta tarde na inauguración que a exposición de Chus Cao contribúe a consolidar unha oferta cultural que procurapropostas xenuínas, con selo propio, e que acheguen un matiz diferenciador para despertar o interese do público”. Segundo Amor, esta mostra “permite avanzar ademais no noso propósito de que o Pazo da Peregrina sexa unha referencia tanto a nivel local como autonómico”.

Oroso – Manuel Mirás comeza este domingo os “encontros co alcalde” respondendo directamente os veciños

MANUEL MIRÁS INICIA ESTE DOMINGO OS “ENCONTROS CO ALCALDE”, NOS QUE RESPONDERÁ DIRECTAMENTE ÁS PREGUNTAS E INQUEDANZAS DOS VECIÑOS
A primeira cita terá lugar este domingo 15 de abril, ás 10:30 horas, no atrio da igrexa de Trasmonte
13 de abril de 2012.- O alcalde de Oroso, Manuel Mirás Franqueira, iniciará este domingo 15 de abril os “Encontros co alcalde”, unha iniciativa “para achegarse dun xeito máis directo aos veciños para respostar ás súas preguntas e inquedanzas”, explica o primeiro edil orosán. Uns encontros que comezarán a celebrarse este domingo na parroquia de Trasmonte e que despois se extenderán periodicamente polas restas parroquias orosáns.

Comarca – o auditorio de Galicia acolle a fase comarcal do clube de debate

O Auditorio de Galicia acollerá este sábado a fase comarcal do Club do Debate
Ames, 13 de abril de 2012. O sábado 14 de abril celébrase a fase comarcal do Club de Debate na Sala Mozart do Auditorio de Galicia. Participarán un total de nove equipos de escolares de secundaria dos concellos de Ames e da comarca (tres equipos de Ames, tres de Teo, un de Rois e dous equipos de Santiago). Esta iniciativa foi posta en marcha a través dos Servizos de Normalización Lingüística destes municipios. Os rapaces e rapazas debateran sobre o tema “¿Deben os poderes públicos promover a diversidade lingüística?”.

Ames – II xornadas sobre violencia de xénero

O Concello de Ames acollerá a próxima semana as “II Xornadas sobre violencia de xénero”, que abordarán as súas consecuencias na infancia e na adolescencia
Organizada pola Concellaría de Asociacionismo, Igualdade, Muller e Xuventude, esta acción formativa diríxese a profesionais do sector e ten unha duración de 40 horas. A parte presencial realizarase en cinco xornadas, que se desenvolverán entre o 17 e o 26 de abril, no Pazo da Peregrina en Bertamiráns. A inauguración, o martes 17 ás 18,00 horas, contará coa intervención do alcalde de Ames, a secretaria xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, un representante da Deputación da Coruña e a concelleira de Asociacionismo, Igualdade, Muller e Xuventude.

Avanza Trasdeza – actividades de animación a lectura

Avanza Trasdeza, en colaboración coa Concellaría de Infancia e Mocidade, organiza actividades para animación e fomento á lectura


Silleda, 13 de abril de 2012
A Asociación Avanza Trasdeza, coa colaboración da Concellaría de Infancia e Xuventude que dirixe Margarita Campos, vén organizando, dende mediados da pasada semana, actividades para animación e fomento da lectura para os nenos e nenas que polas tardes se achegan á Casa da Xuventude de Silleda.
Varias veces por semana, durante a tarde, un membro da Asociación, acude ao devandito edificio municipal para traballar cos nenos neste eido. Son os propios rapaces quen elixen o libro, e tamén os nenos e nenas quen os len para os seus compañeiros; asemade, este membro fai de guía ao mesmo tempo que lles axuda na comprensión de textos ou na lectura de imaxes, entre outras.

Psoe – reunión de Pachi Vazquez cos gandeiros de Trazo e Ordes

PACHI VÁZQUEZ ESIXE MEDIDAS ESTRUTURAIS E CRÉDITOS DO IGAPE A XURO CERO PARA O SECTOR AGROGANDEIRO NUN ENCONTRO CON GANDEIROS DA COMARCA DE ORDES
Xesús Pedreira lembrou que os socialistas de Ordes “fomos os primeiros en conseguir levar a Pleno iniciativas contra a seca que agora se presentarán no resto dos municipios de Galicia”
13 de abril de 2012.- O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, vén de anunciar a presentación dunha serie de iniciativas parlamentarias e nos concellos en apoio do sector agrogandeiro “con medidas estruturais, non limosnas”. Un anuncio realizado durante a súa visita onte xoves a unha explotación leiteira en Trazo e reiterado minutos despois nunha xuntaza con máis de corenta representantes do sector gandeiro e concelleiros socialistas da comarca de Ordes.

Teo – os nenos de Calo celebraron o día da árbore

O ALUMNADO DA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL DE CALO CELEBRA O DÍA DA ÁRBORE

· Prantaron varios exemplares do xénero prunus no xardín do centro para contar con sombra nos meses de verán
13 de abril de 2012.- Os nenos e nenas da Escola Infantil Municipal de Calo celebraron o Día da Árbore cunha serie de actividades no centro. A máis destacada foi a prantación de varias árbores do xénero ‘prunus’ na zona axardinada do centro educativo.

Ames – remata a campaña de recollida de tapóns a favor de Paula

Remata a campaña en favor de Paula na que se recolleron máis de 20 bolsas de tapóns de plástico

O Concello de Ames, a través da Oficina de Voluntariado, puxo en marcha a mediados do mes de xaneiro unha campaña para recoller tapóns de plástico en favor de Paula, unha nena de 19 meses que ten agenesia sacra.
Tres meses despois a campaña remata cun balance máis que positivo. A colaboración dos veciños e veciñas de Ames permitiu encher arredor de 25 bolsas de gran tamaño con tapóns de plástico.
O Concello de Ames enviaralle os tapóns á plataforma de apoio a Paula. Despois a devandita plataforma remitiralle todos os tapóns que xunte á empresa Acteco, unha compañía de reciclaxe de Alacante, que llos trocará por diñeiro.

BNG Ordes – o alcalde cede e mostrará o BNG a relación certificada de facturas

O ALCALDE CEDE DIANTE DO ANUNCIO DUNHA DEMANDA XUDICIAL DO BNG E PON A DISPOSICIÓN DOS NACIONALISTAS A RELACIÓN CERTIFICADA DE FACTURAS QUE SE PRETENDEN PAGAR CO PRÉSTAMO DE 2,7 MILLÓNS
Os nacionalistas presentarán unha moción no próximo Pleno, onde proporán a reprobación do alcalde polo seu comportamento neste asunto.
- Gonzalo Castro considera lamentábel ter que acodir ao anuncio dunha demanda xudicial para que no Concello haxa un mínimo de transparencia.

Santiago – axenda venres 13 e actuacións policía local

Venres 13

10.00 h e 11.30 h
Ás 10:00 h no Colexio Santa Apolonia e ás 11.30 h no CEIP Arquitecto Casas Novoa, 2º ciclo de concertos didácticos nos centros de educación infantil e primaria de Santiago “Os cantos no país do xeo”, organizados pola Concellería de Educación, a través da Escola Municipal de Música.
11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.
12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.
12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Adrián Varela, para presentar o duatlón que se vai celebrar o 14 de abril na cidade en colaboración co Club Triatlón Bricosa Santiago.
13:00 h. na Casa do Concello (sala de prensa), o alcalde de Santiago, Xerardo Conde Roa, comparece en rolda de prensa.

BNG O Pino – o alcalde falsea a verdade o falar do polígono

Segundo os nacionalistas está parado polo estado actual de Martinsa-Fadesa e a pasividade do goberno municipal antes esa situación
O BNG de O Pino denuncia a falsidade das declaracións do alcalde respecto do polígono industrial
O Pino, 12/abril/2012.- A semana pasada apareceron na prensa as declaracións do alcalde do Pino, o popular Manuel Taboada, nas que amosaba a súa satisfacción polo desbloqueo do polígono industrial do Pino debido a que Patrimonio fixou definitivamente o trazado do Camiño de Santiago. O BNG da localidade denuncia a falsidade destas declaracións xa que afirman que o polígono industrial non está bloqueado por esta circunstancia.

Ames – III campionato de patinaxe artístico

O pavillón de Bertamiráns acollerá este sábado o terceiro campionato de patinaxe artística das escolas deportivas

Este sábado 14 de abril terá lugar no pavillón polideportivo de Bertamiráns a terceira edición do campionato de patinaxe artística que se celebra dentro do programa das Escolas Deportivas Municipais. A competición desenvolverase en horario de mañá, entre as 10:30 h e as 14:00 horas, e pola tarde de 16:30 h a 20:00 horas.

Silleda – reunión sobre o proxecto ríos

O Concelleiro de Medio Ambiente reunirase hoxe con representantes de Adega para tratar cuestións sobre o Proxecto Ríos
O Concelleiro de Medio Ambiente e Medio Rural manterá hoxe unha reunión con representantes de ADEGA, e con responsables da granxa escola de Abades, e algún voceiro da Asociación Caza e Pesca.
O encontro será na granxa escola Fervenza do Toxa, en Abades, ás 12.30 da hoxe. No mesmo, falarase sobre o Proxecto Ríos, e a posibilidade de desenvolvelo nos meses de verán no Concello de Silleda, para un maior aproveitamento da actividade, xa que habitualmente este programa lévase a cabo dende mediados de abril ata principios de xuño, e dende mediados de setembro ata mediados de novembro. O inconveniente de realizalo en primavera ou outono, e que nestes meses, os posibles beneficiarios non estarían dispoñibles, por motivos escolares.

Tordoia – comezan as obras de mellora dos accesos o multiusos

EN MARCHAS AS OBRAS DE URBANIZACIÓN DOS ACCESOS PARA O CENTRO MULTIUSOS DE TORDOIA
Os traballos, valorados en 100.000 euros, inclúen a execución de beirarrúas, recollida de pluviais e alumbrado público
12 de abril de 2012.- O Concello de Tordoia acomete desde a semana pasada os traballos precisos para a humanización da contorna do Centro Multiusos que está situado na Pontepedra. Cun importe ao redor dos 100.000 euros financiadas na súa totalidade pola Consellería de Industria con cargo ao Plan de Industria e Comercio, a execución das obras ten un prazo aproximado dun mes e permitirá mellorar os accesos a este centro no que se centralizarán boa parte das actividades deportivas destinadas aos veciños de Tordoia

Oroso – os infatís das escolas deportivas gañan o torneo internacional de Moaña

O EQUIPO INFANTIL DA E.D. XUVENTUDE OROSO GAÑA O III TORNEO INTERNACIONAL DE FÚTBOL DE MOAÑA
11 de abril de 2012.- O equipo infantil das Escolas Deportivas Xuventude Oroso vén de gañar o III Torneo Internacional de Fútbol-11 de Moaña, celebrado no campo de fútbol do Casal durante a pasada fin de semana. Un triunfo que lograron logo de vencer na quenda de penalties ao equipo portugués da E.F. Fernando Pires. Ademais, dous xogadores da ED Xuventude Oroso alzáronse cos trofeos ao máximo goleador do torneo (Esteban Becerra) e MVP da final (Antón Arnejo).

Silleda – aprazase a apertura da rua Cartaxena

Aprázase a reapertura da rúa Cartaxena por choivas
Silleda, 12 de abril de 2012
O Concello de Silleda apraza os actos institucionais para a reapertura da rúa Cartaxena programados para o vindeiro sábado, xa que están previsto que chova.

Santiago – hoxe The Bright na sala Zona “C”

The Bright presentan o seu pop-folk americano dentro do ciclo ‘Íntimo&Acústico’
  • As entradas, 8€ anticipada e 10€ día do concerto, poden mercarse na Reixa, na billeteira do Teatro Principal e o día do concerto na Zona “C”
  • Os próximos concertos do ciclo neste mes de abril serán Abraham Boba o 18 de abril; Maika Makovski +Gentle Music Men o 20; e Mónica de Nut Trío o 23 e o 24

Ames Novo Ames – posición sobre a renuncia do concelleiro do PP Alfonso Rey as suas responsabilidades

Ames Novo solicítalle ao alcalde que decida de forma inmediata as responsabilidades de cultura e educación
Susana Mayo: "Na época máis delicada para os centros de ensino e a programación cultural, o goberno Popular deixa no aire a responsabilidade destas áreas. Hai tempo que se sabía que Alfonso Rey ía abandonar o goberno, e o alcalde non é capaz de telo previsto. Eficientes e responsables non se lles pode chamar "

BNG Ordes – o BNG levará o alcalde o xulgado se non explica en 5 días que facturas se pagarán

O BNG LEVARÁ AO ALCALDE AO XULGADO SE NO PRAZO DE 5 DÍAS NON FACILITA A RELACIÓN CERTIFICADA DE FACTURAS QUE SE VAN A PAGAR CO PRÉSTAMO DE 2,7 MILLÓNS
- Castro afirma que o alcalde se nega a cumprir coa lei, e non informa ao Pleno da relación certificada de facturas impagadas, razón pola que os nacionalistas o acusan de esconder gastos de “dubidosa xustificación”

Santiago – axenda e actuacións policía local


Xoves 12

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal do BNG Rafael Vilar, do actor cómico Leo Bassi e do director do Festiclown, Iván Prado.
12.00 h
Na Sala Mozart do Auditorio de Galicia, Ensaio Aberto da Banda Municipal de Música.
20.00 h
No CSC das Fontiñas, faladoiro “Da letra ao cine: reflexións sobre versións fílmicas de obras literarias” a cargo da profesora Patricia Fra. Presenta José Luis Losa, director de Cineuropa. Dentro do programa Cine Classics’12, organizado pola Concellería de Centros Socioculturais. Entrada de balde ata completar aforo.

Esquerda Unida Santiago – Conda Roa está inhabilitado politicamente para gobernar

O CONSELLO COMARCAL DE EU COMPOSTELA CONSIDERA QUE CONDE ROA QUEDA INHABILITADO POLÍTICAMENTE COMO ALCALDE
O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela hai uns días, cando se soubo da querela da fiscalía contra Conde Roa por defraudar supostamente a Facenda, decidiu agardar a que o afectado realizase as súas declaracións antes de pronunciarse.

Ames – galitoon presenta este venres “Rosalía, a pulga que escribía”

A Casa da Cultura do Milladoiro acollerá este venres día 13 a representación da obra de teatro infantil “Rosalía, a pulga que escribía” da compañía Galitoon teatro_infantil-1

A partir das 18:30 horas os máis pequenos de Ames poderán gozar con Rosalía, unha pulga que prepara unha festa sorpresa para un dos seus mellores amigos: Bruno, o canguro carteiro.

Brión – cuarta edición do concurso fotográfico Brionnatura

OS SENDEIROS DE BRIÓN SERÁN OS PROTAGONISTAS DA CUARTA EDICIÓN DO CONCURSO FOTOGRÁFICO BRIONATURA 2012
Os traballos deberán enviarse vía e-mail a concellodebrion@gmail.com antes do 18 de maio
11 de abril de 2012.- O Concello de Brión vén de convocar a cuarta edición do concurso fotográfico Brionatura 2012, unha iniciativa coa que pretende poñer en valor o patrimonio etnográfico do municipio. Nesta ocasión, a diferencia das convocatorias anteriores, o certame plantexa un tema sobre o que deberán versar as fotografías: os sendeiros de Brión.

Silleda – a xunta local de seguridade contará con un especialista en violencia de xénero

O Subdelegado do Goberno de Pontevedra, compormeteuse na Xunta de Local de Seguridade celebrada esta mañá a designar unha persoa especializada en violencia de vénero
Silleda, 11 de abril de 2012
No Concello de Silleda vén de celebrarse esta mañá unha Xunta Local de Seguridade á que asistiu o Subdelegado de Goberno de Pontevedra, Antonio Coello Bufill, que recentemente tomou posesión do seu posto no goberno autonómico.

Ames – curso de redes sociais

A Aula CeMIT do Concello de Ames está impartindo un curso sobre as redes sociais

A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello Ames organizou tres cursos para o mes de abril.

Oroso – curso gratuito de informática básica para desempregados

OROSO ACOLLERÁ UN CURSO GRATUÍTO DE INFORMÁTICA BÁSICA PARA DESEMPREGADOS
11 de abril de 2012.- O servizo Emprega Oroso convoca un curso de informática básica dirixido a persoas desempregadas, no que poderán participar quince veciños. Un curso formativo de 20 horas lectivas que terá lugar no centro multimedia de Sigüeiro do 7 ao 11 de maio, en horario de 10:00 a 14:00 horas.

Ames - exposición "A luz da porcelana" de Chus Cao

O Pazo da Peregrina reúne na exposición “A luz da porcelana” as novas creacións de Chus Cao
A mostra está formada por unhas 300 pezas, desde vaixelas ata xoiería, decoradas a man pola artista con motivos inspirados na natureza creando o seu propio universo imaxinativo. “A luz da porcelana” ofrece un completo percorrido polos traballos máis recentes de Chus Cao, nos que a creadora introduce novas técnicas e soportes.

Ordes – visita de Xosé Neira Vilas

Ordes recibe a visita do escritor Xosé Neira Vilas con motivo do 50 aniversario de ‘Memorias dun neno labrego’
Máis de 200 estudantes do IES Maruxa Mallo participan nunha charla na que o autor explicou o proceso creativo da súa obra máis coñecida. Radio Ordes ofrecerá o vindeiro mércores a conferencia en diferido

Santiago – gala de perruqueria profesional organizada pola firma holandesa Keune

KEUNE PRESENTA AS TENDENCIAS PARA O 2012 EN PERRUQUERÍA PROFESIONAL E A SÚA NOVA LIÑA SO PURE EN SANTIAGO DE COMPOSTELA
A prestixiosa firma holandesa traerá ao estilista Jeroen Struijlaart para unha espectacular gala desfile que reunirá a máis de 200 profesionais, 120 chegados de Portugal
Pola tarde terá lugar un curso de cor

Santiago – Ars Artis presenta “Será o meu propio paraiso” na Zona C

É a terceira estrea teatral esta tempada na Zona “C” que xa tivo 700 visitantes nas dúas primeiras
Ars Artis estrea ‘Será o meu propio paraíso’ con 10 funcións na Zona “C”
  • Serán os días 14, 15, do 19 ao 22 e do 26 ao 29 en horario de 20.30h agás os domingos que será ás 19.30h

  • As entradas, a 8€, poden mercarse na billeteira do Teatro Principal (de martes a sábado de 18 a 21h) ou na da Zona “C” aberta desde as 18h os días de función

Festiclown – Leo Bassi en Galicia

ROLDA DE PRENSA DE LEO BASSI E IVAN PRADO (FESTICLOWN) NO CONCELLO DE SANTIAGO (Xoves 12, ás 11 am)

LEO BASSI fará unha acto moi especial na Praza do Obradoiro
Ensombrecido pola censura (que o concello de Compostela exerceu ao votar abaixo a actuación que o cómico italiano tiña prevista para o 10 de abril no Teatro Principal), a xira continúa e, máis aínda, convértese nun acto que vai moito máis aló dos teatros, converténdose nun alegato á liberdade e ao dereito que ten calquera artista a traballar libremente sen que teña máis xuíz que o propio público.
Así, Leo Bassi fará do Xoves 12 de abril unha xornada moi especial:

Santiago – axenda mércores 11 e actuacións policía local


Mércores 11

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.
12.30 h
No Teatro Principal, ROLDA DE PRENSA do director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou; e de Lucas Herrador e Olga Abad de Ars Artis para presentar 'Será o meu propio paraíso' que se estrea na Zona "C" o sábado 14.

Psoe Ordes – inicio das obras da ronda Leste

OS SOCIALISTAS DE ORDES CELEBRAN O INICIO DAS OBRAS DE CONSTRUCCIÓN DA ROTONDA DE ACCESO A BUSCÁS, QUE PERMITIRÁ FINALIZAR A ROLDA LESTE
Xesús Pedreira asegura que “despois tanto traballo e de tantas iniciativas presentadas polos socialistas, semella que desta vez a Xunta cumpre e que a rolda leste será pronto unha realidade”

Teo – paseo interxeneracional por Luou este domingo

O CONCELLO DE TEO ORGANIZA UN ROTEIRO INTERXERACIONAL POR LUOU ESTE DOMINGO

· Poden participar persoas de todas as idades, xa que é un percorrido de dificultade baixa polos lugares máis senlleiros da parroquia
· Esta actividade da Concellería de Benestar Social, Igualdade e Participación Veciñal é gratuíta e non require inscrición previa

Ames – obradoiro de asociacionismo e participación xuvenil

Ábrese o prazo para inscribirse no obradoiro de asociacionismo e participación xuvenil
A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) organiza para o próximo 24 de abril un obradoiro de asociacionismo e participación xuvenil dirixido a toda a mocidade amiense, que se enmarca dentro do programa ACTIVA, e que está promovido pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.

Oroso – VII edición do concurso de marca páxinas

A BIBLIOTECA MUNICIPAL DE SIGÜEIRO CONVOCA A SÉTIMA EDICIÓN DO CONCURSO DE MARCAPÁXINAS
Está dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 14 anos, que deberán presentar os seus orixinais na bilbioteca municipal antes do 9 de maio

Silleda – este xoves reunión preparatoria das festas de verán

O Concelleiro de Cultura reunirase cos veciños de Silleda de cara á organización para a celebración das festas de verán da vila
Silleda, 10 de abril de 2012
O Concelleiro de Cultura e Turismo ten prevista unha reunión cos hostaleiros, colectivos, asociacións e veciños e veciñas do casco urbano de Silleda o xoves 12 de abril ás 20.30 horas na Casa da Cultura.

Ames – este venres remata o prazo para solicitar ou renovar servizos complementarios

O prazo para preinscribirse e renovar praza nos servizos complementarios do Concello de Ames remata o próximo venres
Para facer máis sinxela esta tramitación administrativa, o Concello de Ames habilitou por primeira vez este ano o portal www.conciliames.org, que permite aos usuarios realizar de forma telemática a preinscrición e renovación de praza na rede de comedores escolares e nos programasBos días coleeTardes divertidas”.

Mesía – hoxe abrese o prazo de solicitude de axudas para os novos nacementos

O Concello de Mesía abre mañá mércores 11 de abril o periodo de presentación de
solicitudes de axudas por nacemento de fillos ou fillas, adopcións e
acollementos que se produzan durante o ano 2012. A axuda ten unha contía de 300
euros por cada nacemento, adopción ou acollemento, en pagamento único. É
compatible con calquera outra establecida polas demais administracións públicas
e os seus organismos dependentes.

Santiago – próximas citas teatráis

Dentro do programa de Teatro&Danza da Concellería de Cultura
‘El Testigo’ con El Brujo e ‘Grooming’ de Teatro de la Abadía, próximas citas teatrais en Compostela
  • Rafael Álvarez ‘El Brujo’ protagoniza este venres día 13 no Auditorio ‘El Testigo’, adaptación teatral da obra de Fernando Quiñones, sobre a vida de Miguel Pantalón
  • O xoves que vén, 19 de abril, Teatro de la Abadía presenta no Teatro Principal ‘Grooming’ dirixida por José Luis Gómez con Nausicaa Bonnín e Antonio de la Torre

Silleda – os hostaleiros tamén participaran na reapertura da rua Cartaxena

Os hostaleiros da Cartaxena involúcranse na reapertura da rúa ofrendo degustación de tapas elaboradas pola tarde e organizando concertos para a noite
Ao acto acudirán o Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o Xefe Territorial de Industria, Ignacio Rial

Ames – comezaron os cursos para técnicos de futbol base

Comeza a primeira edición das xornadas de formación de técnicos de fútbol base que organiza o Concello de Ames

As xornadas foron inauguradas polo concelleiro de Deportes, Tempo Libre e Voluntariado, Manuel Ferreiro, e polo director deportivo do Bertamiráns FC, Manuel Aller “Leví”, que impartiu unha charla sobre os principios técnicos ofensivos e defensivos do fútbol.
As xornadas, que contan con 51 persoas inscritas, desenvolveranse todos os luns dos meses de abril e maio ata o 14 de maio, no edificio de usos múltiples de Aldea Nova (aula 6), en horario de 20:00 h a 22:30 horas.

Brión – 50 veciños viaxaron a Torremolinos

CINCUENTA VECIÑOS E VECIÑAS DE BRIÓN PARTICIPARON NA VIAXE DOS MAIORES A TORREMOLINOS
10 de abril de 2012. Un total de cincuenta veciños e veciñas de Brión participaron na tradicional viaxe dos maiores que organiza anualmente o Concello de Brión e que este ano tivo como destino central Torremolinos. Durante seis xornadas, estes 50 veciños e veciñas maiores de 55 anos aproveitaron para coñecer localidades como Ronda, Marbella, Puerto Banús, Málaga, Mijas, Nerja e Gibraltar.

AGApap – reunión anual dos pediatras de atención primaria

OS PEDIATRAS DE ATENCIÓN PRIMARIA REÚNENSE PARA ACTUALIZAREN COÑECEMENTOS E ESTUDAR OS SEUS PROBLEMAS NA REUNIÓN ANUAL DA AGAPap
Os pediatras enfróntanse ao axustado dos recursos e as consecuencias dunha distribución xeográfica ineficiente
A VI reunión da Asociación Galega de Pediatría de Atención Primaria celebrarase na Facultade de Medicina, en Santiago o 14 de abril

Santiago – axenda martes 10 e actuacións policía local

Martes 10

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, para presentar a campaña "Ler, contar e gozar coas letras", que se desenvolverá de abril a xuño nos csc da cidade.
12.00 h
Na Sede do Consorcio de Santiago (Rúa do Vilar, 59), presentación da VII edición do Programa ConCiencia. Asistentes:
Xerardo Conde Roa, Alcalde e Presidente do Consorcio de Santiago
Juan Casares Long, Reitor da Universidade de Santiago
Jorge Mira, profesor da USC.

Ames – o concello repartirá esta semana 20000 kilos de alimentos entre familias sen recursos

O Concello de Ames repartirá esta semana preto de 20.000 quilos de comida entre 313 familias amienses sen recursos
Esta iniciativa está promovida polas concellarías de Servizos Sociais e Voluntariado. No reparto dos alimentos colaboran os técnicos e traballadores de diferentes departamentos (Servizo de Atención ao Migrante, Oficina de Voluntariado e o departamento de Educación Familiar), a brigada municipal de obras e varias persoas voluntarias.

Brión – ultimos días de inscripción para a III BTT do clube “esfola arrós”

ÚLTIMOS DÍAS PARA ANOTARSE NA III MARCHA EN BICICLETA DE MONTAÑA “OS ESFOLA ARRÓS”, QUE TERÁ LUGAR ESTE DOMINGO 15 DE ABRIL EN BRIÓN
A día de hoxe están anotados un total de 250 ciclistas, procedentes de clubes de toda Galicia, e restan 50 prazas

Ames – ultimos días de recepción de orixináis para o IX certame literario

Últimos días para presentar orixinais ao IX Certame Literario Concello de Ames de narrativa e poesía

Ames, 9 de abril. Todos os interesados en participar na novena edición do Certame Literario Concello de Ames teñen de prazo ata o xoves día 12 para presentar os seus textos, que deben ser inéditos e escritos en lingua galega. A Concellaría de Cultura, Educación e Patrimonio convoca este concurso de narrativa e poesía, consolidado xa en todo o país como un referente para os novos autores, co obxectivo de fomentar a creatividade literaria en galego. Os gañadores coñeceranse o 14 de maio de 2012 e os premios entregaranse o 17 de maio de 2012, Día da Letras Galegas, nun acto público que se celebrará na Casa da Cultura do Milladoiro.

Mancomunidade Ordes – renovación da axuda para o de curso habilidades sociais para persoas con discapacidade

A MANCOMUNIDADE DE ORDES SOLICÍTALLE Á XUNTA A RENOVACIÓN DA AXUDA PARA O CURSO DE HABILIDADES SOCIAIS PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE
A Gala do Deporte terá lugar o mércores 16 de maio en Oroso
9 de abril de 2011.- O pleno da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes aprobou esta mañá solicitarlle á Consellería de Traballo e Benestar a renovación da axuda para a organización dunha nova edición do curso de habilidades sociais para persoas con discapacidade. Unha exitosa iniciativa que a entidade supramunicipal desenvolve dende hai uns anos nunha aula especificamente habilitada polo Concello de Ordes no recinto feiral do Mesón do Vento (Ordes).

Silleda - “Cincenta, a gata borrallenta” representarase no concello

“Cincenta, a gata borralleira” estará en A Bandeira o día 13 e en Silleda o día 14
Esta actividade está organizada pola Concellaría de Cultura e as entradas, a 5€, comezaron a venderse hoxe
Silleda, 9 de abril de 2012
A obra de teatro “Cincenta, a gata borralleira” representarase o vinceiro venres día 13 a partir das 21.00 horas no Centro Cultural Vista Alegre de A Bandeira e o día 14 a partir das 20.00 horas, na Casa da Cultura de Silleda.

Caney –semana do Bacallau

Semana Gastronómica do bacallau no Restaurante Caney de Santiago
Santiago de Compostela, Luns 9 de Abril de 2012. O Restaurante Caney de Santiago de Compostela (www.caney.es) comeza hoxe e ata o 14 de Abril a Semana Gastronómica do Bacallau.

Tordoia – setenta persoas participaron nunha charla cosbre a política agraria común

MÁIS DE SETENTA PERSOAS PARTICIPARON NUNHA CHARLA INFORMATICA SOBRE A PAC EN TORDOIA
O concello promoveu a celebración desta acción informativas co obxecto de dar a coñecer os cambios nesta política

Ames – celebrouse a primeira edición da Ames Cup de futbol

O Vista Alegre CF, a SD Villestro e o Atlético Fátima foron os gañadores da primeira edición da Ames Cup nas categorías prebenxamín, benxamín e alevín
O concelleiro de Deportes, Tempo Libre e Voluntariado, Manuel Ferreiro, manifestou que a primeira edición da Ames Cup “foi un auténtico éxito tanto polo nivel mostrado polos equipos participantes coma pola afluencia de público que pasou polo campo municipal de Bertamiráns durante os catro días nos que se desenvolveu o torneo”.
Máis de 2000 persoas pasaron polo campo municipal de Bertamiráns para asistir á primeira edición da Ames Cup.

Santiago – axenda luns 9 de abril

11.30 h

Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal do BNG, Elvira Cienfuegos, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h.

Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, Paula Prado, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

13.00 h

En Padrón, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asiste aos actos con motivo da celebración do Día de Santiago en Padrón.

Santiago – axenda domingo 8 e actuacións policía local

12.00 h
No Teatro Principal, concerto especial de Semana Santa da Banda Municipal de Música dirixida por Xosé Carlos Seráns.
19.00 h
No Auditorio de Galicia, dentro do ciclo Novas Orquestras e enmarcado no programa de Concertos Semana Santa 2012, concerto da orquestra Nova da Sinfónica de Galicia, dirixida por Pietro Rizzo; e concerto da Orquestra de Nenos da Sinfónica de Galicia dirixida por Jorge Montes. [Bach, Respighi, Holst, Soutullo].

Ames – aberto o prazo de inscripción para novos cursos de informática no Milladoiro

A aula de informática do Milladoiro abre o prazo de inscrición para os cursos de abril, maio e xuño

Este luns comeza o prazo de inscrición para acudir aos cursos que se impartirán durante os meses de abril, maio e xuño na aula de informática de Milladoiro. A programación desta aula situada na Casa da Cultura de Milladoiro para a primavera 2012 xa está pechada e dende o día 9 de abril todos aqueles que o desexen poderanse inscribir na propia aula de luns a venres de 16:00h a 20:00h. No mes de abril impartirase un curso para aprender a buscar emprego a través da rede, no mes de maio a aula acollerá un curso de iniciación ás follas de cálculo e para o mes de xuño queda o obradoiro de mecanografía para nenos/as. Os veciños e veciñas de Ames que estean interesados nos cursos deben inscribirse canto antes xa que as prazas son limitadas.

Silleda – o concello firmará un novo convenio de colaboración con Vila de Cruces

O Concello de Silleda firmará un novo convenio de colaboración co Concello de Vila de Cruces
Silleda, 7 de abril de 2012
O Concello de Vila de Cruces e o Concello de Silleda asinarán un novo convenio de colaboración para o aforro enerxético entre os dous municipios.
Por este acordo, cada un dous concellos fará a solicitude dunha subvención á Consellaría de Traballo e Benestar para o fomento de emprego a través dos programas de cooperación para un electricista cun contrato do de 12 meses de duración a tempo parcial. As súas funcións serán a colocación de luminarias de menor consumo e máis rendemento, a colocación de contadores con discriminación horaria. A instalación de paneis solares térmicos en edificios de gran consumo de auga sanitaria e o apagado de alumeado público en lugares superfluos.