Axenda e tempo do venres 2 de outubro - Música, curtas, exposicións

Santiago - Numax

Santiago - Galicreques

Santiago - Auditorio de Galicia, descubre unha orquestra para ti, a tua!

Santiago - Cronopios - Taller de escritura creativa -  

Santiago - MobbDeep + DJ kancer + Lopes

Santiago - Zona C - Presentación de Curtocircuito

Santiago - Paraninfo da Universidade - Trio Caronium

Outros Concertos + info

Exposicións

Santiago - Fonseca - retrospectiva Montero Ríos (ata o 31 de outubro)

Santiago - Numax - Sings of the Seventies (ata o 10 de outubro)

Santiago - Colexio de psicólogos - Elana ivonne Daprá (ata finais de novembro)

Santiago - Fonseca - Trazos do Pasado (ata o 15 de outubro)

Santiago - Fundación Granell - 20 formas de cambiar el mundo (ata decembro)


O Tempo

USC - A universidade no ranking das mellores

A Universidade de Santiago incorpórase na edición 2015-2016 aoTimesHigherEducationWorldUniversityRankingposicionándose no intervalo 501-600. Para a súa elaboración, esta clasificación baséase nos datos procedentes de 1.126 institucións universitarias, a análise de 11,3 millóns de artigos científicos e as respostas de enquisas a máis de 11.000 académicos arredor do mundo. O ránking preséntase como “a listaxe das mellores universidades a nivel mundial e como a única clasificación do rendemento das universidades en base á análise das das súas misións básicas: docencia, investigación, transferencia de coñecemento e perspectiva internacional”.

Segundo a análise que realiza TimesHigherEducation (THE), a USC acada os seus mellores resultados en índice de citacións (30% da nota final), actividade de transferencia de coñecemento cara a industria (2,5%) e perspectiva internacional (7,5%), aspectos aos que seguirían a análise do proceso docente (30%) e investigador (30%).

O ránking de THE inclúen un total de 25 universidades españolas. A de Santiago comparte posición coas universidades do País Vasco, Granada, La Laguna, Oviedo, Salamanca, Sevilla e Zaragoza. Nas primeiras posicións sitúanse a Autónoma de Barcelona (146); PompeuFabra (164); Barcelona (174); Autónoma de Madrid e Navarra (301-350); e Complutense, Politécnica de Cataluña, Rovira i Virgili e Valencia (401-500). Completando a presenza española seguiríanlle, no intervalo 601-800, as de A Coruña, Alcalá, Castela A Mancha, Carlos III de Madrid, Murcia, Politécnica de Valencia, Politécnica de Madrid e Vigo.

Ames - Campaña de censo de mascotas "E ti... de quen ves sendo?"

O Concello de Ames, a través da concellaría de Medio Ambiente, acaba de poñer en marcha unha campaña co lema: E ti... de quen vés sendo?, coa que se pretende recordarlles a todos os veciños e veciñas de Ames a obriga de censar as súas mascotas no Censo Municipal de Animais de Compañía. Para inscribir aos animais no censo é imprescindible que estean debidamente identificados mediante o microchip, para isto durante o mes de outubro, todas as clínicas veterinarias do municipio ofertarán un 20% de desconto na implantación dos microchips.

A concelleira de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, Catuxa García, explica que “coñecer cantos animais de compañía habitan no municipio, así como as súas características particulares, permitiralle o Concello crear e mellorar servizos, como habilitar zonas de esparexemento canino, e traballar as posibles problemáticas en futuras campañas. Tanto o censado como a identificación dos animais son trámites obrigatorios que poden ocasionar sancións económicas se non se fan. A identificación dos animais é unha ferramenta fundamental para fomentar a tenza responsable, evitar extravíos e combater o abandono”.

Nesta campaña, que se desenvolverá durante todo o mes de outubro, colaboran todas as clínicas veterinarias do municipio (Saudevet, Mundo Vivo, Hospican, Novo Milladoiro e Media Lúa). Para fomentar que os propietarios de mascotas inscriban aos seus animais no Censo Municipal de Animais de Compañía, estas clínicas veterinarias ofertarán un 20% de desconto na implantación dos microchips. É imprescindible que os animais estean debidamente identificados mediante o microchip antes de rexistralos no censo municipal. O Rexistro Galego de Animais de Compañía actualízase todos os anos a través dos municipios, por iso é importante contar con este censo municipal.

Para facilitar a implantación dos microchips as clínicas veterinarias desprazaranse ao rural en horario de 17:00 h a 21:00 horas. Deste xeito, hoxe están no local social de Biduído; mañá, 2 de outubro, desprazaranse ata o local social de Trasmonte; o 6 de outubro estarán no local social de Piñeiro; o 8 de outubro achegaranse á parroquia da Ameixenda para estar na Aula da Natureza; o 9 de outubro irán á parroquia de Ames para estar no local social de Cruxeiras; o 15 de outubro achegaranse ata a parroquia de Bugallido para estar na escola unitaria de Guimaráns; o 16 de outubro estarán no local social de Agrón; o 22 de outubro visitarán o local social de Lens; e o 23 de outubro local desprazaranse ata o local social de Tapia.

O censo destes animais é un trámite que se realiza de xeito gratuíto. Tan só e preciso cubrir un modelo de instancia e entregalo no Rexistro Xeral da Casa do Concello, no Rexistro das oficinas de Educación, situadas no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, ou na Oficina Municipal do Milladoiro, en horario de 9:00 h á 14:00 horas. O Rexistro Xeral de Bertamiráns tamén abre os sábados polas mañás.

Fundación Granell - O proxecto Circo Lab hoxe en sesións de mañá e tarde

CIR/CO/LAB é un laboratorio de experimentación educativo-tecnolóxico itinerante. Un espazo para achegar á sociedade as competencias que nacen da Cultura Dixital. O laboratorio itinerante desprazarase por toda España entre o 18 de setembro e o 18 de decembro. O venres 2 de outubro estará no Museo Fundación Eugenio Granell, de 11.00 a 14.00h e de 16.00 a 20.00h.

A súa actividade baséase no modelo interdisciplinar “Educación Steam” que integra o deseño e as artes na educación xunto coas seguintes disciplinas: ciencias, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas.

A súa pretensión é conseguir que a tecnoloxía facilite potenciar o desenvolvemento da imaxinación, da creatividade, da intelixencia emocional e do pensamento crítico.

CIR/CO/LAB está formado por un equipo multidisciplinar que considera vital a integración da tecnoloxía no sistema educativo para cambiar os procesos de aprendizaxe.

Dirixido a calquera persoa cunha inquedanza pola tecnoloxía e con interese por aprender.

Frades - aprobada a conta xeral do 2014

O pleno municipal extraordinario celebrado este mediodía en Frades aprobou a Conta de 2014 e a súa remisión ao Tribunal de Contas, logo de ter sido exposta ao público durante 23 días e non terse presentado alegación algunha. Unhas contas que recollen un remanente de tesourería de 73.667,48 euros e un investimento por habitante de 191,39 euros.

O tesoureiro municipal, Manuel Marzoa, explica que son unhas contas que “demostran que se está facendo unha política de estabilidade e equilibrio sen descoidar o investimento”. Así, as Contas de 2014 recollen unha execución do 86% do gasto previsto e dun 83% dos ingresos, así como unha liquidez en bancos de 241.683,25 euros. A proposta foi aprobada cos 8 votos a favor do PP e as 2 abstencións do BNG.

Ordenanza de prezos públicos

Así mesmo, o pleno municipal aprobou a creación da primeira Ordenanza Xeral de Prezos Públicos do Concello de Frades así como a delegación do Pleno na Xunta de Goberno Local da potestade para establecer e modificar os prezos públicos. Dúas medidas que foron aprobadas cos 8 votos a favor do PP e os votos en contra do BNG.

Ante as reticencias do BNG, Manuel Marzoa explicou que “hoxe non estamos fixando ningún prezo, senón aprobando unha ordenanza para regular o que xa se estaba facendo”. Un punto que corroborou o alcalde de Frades, Roberto Rey, “non se van poñer prezos novos. Sempre houbo actividades gratuítas e outras de pago, o que estamos facendo agora é simplemente regular o procedemento”.

Así, esta nova ordenanza, que entrará en vigor 15 días despois da súa publicación no BOP, recolle descontos do 50% para familias numerosas, garante a prioridade aos empadroados en Frades á hora de participar nas actividades e establece o pago mensual nas actividades de carácter anual. “Ademais, o Concello de Frades resérvase a posibilidade de establecer a gratuidade en cursos e actividades para persoas desfavorecidas, sempre previo informe dos Servizos Sociais municipais”, indicou Manuel Marzoa.

PP Santiago - Satisfacción polo abono dunha parte da paga extra aos funcionarios

El Grupo Municipal del Partido Popular amosa a súa satisfacción ante a decisión do concello de atender a súa demanda de abonar, este mesmo ano, o 26,23% da paga extraordinaria correspondente a 2012 aos traballadores municipais. Neste senso, os populares recordan que o pasado mes de setembro presentaron unha pregunta escrita instando ao actual equipo de goberno a que este mesmo ano fixera efectiva o pago.

Para os populares, a decisión de cumprir a petición do PP supón, ademais, o recoñecemento por parte do Goberno local da boa situación económico - financeira do concello que fai posible o abono de dita parte, equivalente a 48 días, que se sumaría ao 25% abonado no 2014. 

Tal e como lembra o grupo popular, os concellos víronse na obriga de suprimir a paga extraordinaria de decembro de 2012 polas medidas de axuste adoptadas polo Goberno central, para facer fronte a unha conxuntura económica complicada. Unha decisión que se tomou coa vontade de devolvela cando as circunstancias melloraran. Neste senso e tal e como informan os populares, grazas a boa xestión do goberno do Partido Popular, quen cumpriu coa estabilidade orzamentaria no 2014 e logrou rebaixar o período medio de pago de máis de 100 días, en 2011, a 3 días no mes de marzo de 2015; o concello de Santiago ten crédito suficiente para proceder ao pago da parte detraída da paga extra.

Santa Comba - Vales desconto "costavales"

A Asociación de Empresarios de Santa Comba ven de poñer en marcha un novedoso sistema de vales de desconto para o seu uso en todo tipo de comercios e negocios da Costa da Morte, co nome de “Costavales”. O sistema está na súa fase piloto funcionando xa en 17 establecementos comerciais de Santa Comba, e recentemente mereceu o apoio do Concello desta localidade e mais do de Ponteceso, onde se pretende implantar a continuación, co apoio dos empresarios locais. Tamén colaboran cos “costavales” entidades sen ánimo de lucro como o equipo de fútbol Xallas F. C. ou Cáritas Parroquial de Santa Comba.

Os “costavales”, inspirados nas moedas locais complementarias que están a funcionar en diversos lugares do mundo, consisten nunha serie de vales impresos en forma de billetes con valores de 1, 2 , 5, 10 e 20 costavales que poden ser utilizados con valores equivalentes en euros nos comercios adheridos. Os comerciantes posteriormente pódenos usar noutros negocios ou trocalos por euros na oficina da Asociación Costavales, creada para xestionar o sistema. 

“A participación dos comercios é moi flexible e cada quen pode elixir se acepta o 100 % do prezo en costavales, o 50 %, ou só o 10 % en compras dun importe superior a tantos euros, por exemplo”, explica Manuel Amigo, empresario e presidente desta nova entidade. Para promover o seu uso, recentemente sortearon un total de 1.500 costavales entre a clientela dos comercios de Santa Comba. As persoas que consegan estes vales poden usalos nas súas compras nos comercios indicados en www.Costavales.com, onde se actualiza permanentemente a listaxe e onde se explica o funcionamento cun vídeo animado e con respostas ás dúbidas máis frecuentes. Neste sitio web tamén están adisposición de todos os participantes as normas de uso e contacto cos responsables. 

Segundo explican os seus promotores, o proxecto “Costavales” ten varios obxectivos, sendo o principal, potenciar o comercio local e evitar que a riqueza producida na zona marche para fóra. Manuel Amigo explica que se inspiraron “nas monedas sociais para poñer en marcha un sistema que evite que o 80 % da riqueza dunha Costa da Morte xa deprimida marche para outros lugares”. O responsable da Asociación Costavales engade outras vantaxes: “Tamén serve para fidelizar clientes, aumentar os intercambios comerciais entre as propias empresas da comarca, mellorar a súa liquidez, axudar ás necesidades da poboación local máis desfavorecida ou facer de reclamo publicitário”. De feito, os billetes contan cun atractivo e exclusivo deseño cada un, baseados en elementos de relevancia na Costa da Morte, como a gandaría, as árbores, a pesca ou elementos xeográficos emblemáticos como a Fervenza de Ézaro.

Psoe Ordes - Moción contra os recortes educativos no CEIP Mesón do Vento

O pleno municipal de Ordes aprobou por unanimidade unha moción dos socialistas de Ordes contra os recortes educativos no CEIP Mesón do Vento. A voceira municipal do PSOE de Ordes, Verónica Gómez, asegura que “como aínda non hai solucións por parte da Consellería de Educación é positivo que sigamos facendo presión e non deixemos morrer o tema, pois non é xusto para a comunidade educativa de Ordes”. Cómpre lembrar que neste colexio se agruparon nun só curso aos nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria. 

Gómez lamentou profundamente as críticas vertidas polo BNG á presentación desta moción. “Presentamos a moción porque todo segue igual, non houbo ningunha solución”, lembrou a voceira municipal socialista, quen indicou que “para nós o importante é que todos os grupos políticos sigamos unidos e facendo presión para que a Xunta tome cartas no asunto”. Así mesmo, recordoulles aos concelleiros nacionalistas que “están faltando á verdade cando din que os socialistas non participamos na redacción do escrito conxunto presentado á Consellería de Educación ou que queremos sacar réditos políticos da situación. O que queremos é que se atendan as xustas demandas dos pais e que sigamos traballando todos xuntos. E se para iso temos que retirar a exposición de motivos no que se detallaban todos os recortes educativos que ten feito a Xunta en Ordes para propiciar que o PP apoiase o acordo, pois o facemos”.

Alumeado
Os socialistas tamén aproveitaron para solicitarlle ao alcalde de Ordes que instale o correspondente alumeado público na estrada que vai cara o CEIP Mesón do Vento. Ante a negativa do alcalde ante a falta de orzamento para a obra, os socialistas solicitaron que se inclúa no próximo Plan de Obras e Servizos da Deputación, xa que se trata dun vial moi empregado pola veciñanza e se atopa nas proximidades dun centro educativo. 

Seguindo cos problemas de alumeado, os socialistas aplauden a unanimidade do pleno para esixirlle a Unión Fenosa que revise a liña de media tensión e solucione os problemas de subministro eléctrico na aldea da Grela (Parada), onde con frecuencia se producen avarías, sobre todo cando as condicións climatolóxicas non son boas. 

Así mesmo, o alcalde de Ordes aceptou a petición do PSOE de Ordes de instalar dous paneis informativos no Camiño Inglés, un en Vilariño (Buscás) e outro en Bruma (Mesía) para “indicarlle aos peregrinos como a Ordes, ao Mesón e aos principais puntos de interese de cada núcleo para así poder atraer visitantes para fomentar a hostalería, a restauración e o comercio local no municipio”, explicou Verónica Gómez.

Finalmente, o PSOE votou a favor da Conta Xeral de 2014 por un exercicio de responsabilidade, xa que a súa aprobación é necesaria para a tramitación de subvencións e axudas, aínda que manifestou a súa preocupación polo incremento do endebedamento a longo prazo. Ademais, lamentou que a súa moción de apoio ao sector lácteo non fose aprobada debido ao voto en contra do PP, sobre todo cando na mesma sesión se aprobaron iniciativas do PP e do BNG moi semellantes.

A Xuntanza de San Pedro - Xornada de deporte na rúa

 Asociación A Xuntanza do Barrio de San Pedro organiza este sábado 3 de outubro de 10 a 14 horas unha Xornada de Deporte na Rúa na que queremos descubrir ese concepto de “estar en forma”. 

A xornada celebrarase na Rúa do Home Santo, de 10 a 14h, que será peonil e estará despexada de coches. Haberá un amplo programa de actividades e cada persoa poderá escoller unirse á que queira segundo as súas ganas e capacidade. Haberá ioga, baloncesto, brilé, volei, xogos tradicionais, pilates… mesmo esgrima ou danza oriental. Todo en pequenas doses de 45 min.

Non é preciso anotarse previamente. Abonda con presentarse, preferentemente con roupa axeitada. Trae compañía, o exercicio en grupo é máis divertido.

Casa das Crechas - Hoxe "No es país para coños"

Hoxe xoves a Casa das Crechas (dous pases: 21h e 22.30h) abre a programación de outubro con microteatro feminista en clave de humor. Trátase da comedia ‘No es país para coños’, dirixida por Diana López e creada por Enconarte Producciones. 

Trata, desde a comedia e a crítica satírica, preocupacións femininas con respecto á saúde sexual, o embarazo, o aborto e as relacións amorosas. Pretende empoderar ás mulleres e facelas conscientes da súa sexualidade, os seus dereitos e mellorar a súa independencia emocional. Precisamente por isto, visibiliza aos eternos (eternas) actores (actrices) secundarios (secundarias) no mundo da cultura: as mulleres. 

Buscan achegar o feminismo a homes e mulleres de todas as idades, e sacalo do plano teórico ou do mal chamado “feminazismo”, utilizando situacións cotiás e unha boa dose de sentido de humor. Show creado e composto integramente por mulleres. Teatro feminista en clave de humor. 

Sinopse: 

Tres mulleres novas agardan a er atendidas na sala de espera do xinecólogo. Mentres Lucía desexa quedar embarazada do seu mozo antes dos 30; Ada aborrece os nenos e opta por combinar varios anticonceptivos; e Verónica, preñada de oito meses, destripa as súas emocionantes aventuras sexuais que darán lugar a un inesperado final onde os principios, como os condóns, tamén rompen.

Axenda e tempo do xoves 1 de outubro - Música, títeres, exposicións

Santiago - Numax

Santiago - Galicreques

Santiago - Casa das Crechas - No es país para coños

Santiago - A Nave de Vidán - serán festivo

Santiago -   Inauguración da tempada da RFG

Outros Concertos + info

Exposicións

Santiago - Fonseca - retrospectiva Montero Ríos (ata o 31 de outubro)

Santiago - Numax - Sings of the Seventies (ata o 10 de outubro)

Santiago - Colexio de psicólogos - Elana ivonne Daprá (ata finais de novembro)

Santiago - Fonseca - Trazos do Pasado (ata o 15 de outubro)

Santiago - Fundación Granell - 20 formas de cambiar el mundo (ata decembro)


O Tempo

BNG Ordes - Pleno de setembro

Aprobada a moción do bng para a defensa do sector lácteo
O BNG de Ordes ven de presentar unha iniciativa para a defensa do sector lácteo galego. Dentro das propostas recollidas na moción está a de garantir a percepción dun prezo de leite en orixe xusto e que cubra os gastos de produción, e urxir ao Goberno Galego e ao Goberno Central a que no ámbito das súas competencias persigan e sancionen as prácticas de “dumping” (vender por debaixo do prezo de custe) nas grandes áreas de distribución evitando a banalización do leite e a súa utilización como elemento de reclamo mediante a súa venda a perdas.
A moción recibiu finalmente o apoio do pleno e ficou aprobada.

Mellora dos accesos dende a n-550 á piscina climatizada, ao centro comarcal e ao ies maruxa mallo
Aprobada a moción do BNG de Ordes na que se demanda solicitar ao Ministerio de Fomento a mellorar o acceso desde a N-550 á piscina climatizada, ao centro comarcal e ao IES Maruxa Mallo de Ordes, instalando na zona tres carrís, sendo o central para incorporarse e saír da N-550.
No lugar existen vías de servizo a ambos marxes da N-550, polo que se dispón do espazo necesario para levar a cabo esta actuación, o que permitirá reducir drasticamente o perigo e os accidentes na zona. 

Moción para levar a cabo unha auditoría económica externa do concello de ordes
O BNG de Ordes presentou unha moción para realizar unha auditoría externa sobre a situación económica do Concello de Ordes, coa creación dunha comisión de seguimento coa participación de tódolos grupos políticos.
Logo do debate, o BNG de Ordes decidiu deixar sobre a mesa esta moción para valorar a posibilidade de incluír na proposta a realización dunha auditoría técnica para ver si as obras executadas se axustan aos cartos investidos.

Ames - O concello volve a ser socio do Fondo Galego de Cooperación Solidariedade

A concelleira de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, Luísa Feijóo, e un técnico desta concellaría, asistiron este martes á Asemblea Xeral de socios do Fondo Galego de Cooperación, onde se aprobou por unanimidade a renovación da Comisión Executiva, que rexerá a entidade nos próximos catro anos. Despois de catro anos, o Concello de Ames volve a ser socio deste organismo. Para elo tivo que pagar as cotas pendentes dos últimos catro anos para poñerse ao día. Así, a partir de agora, poderá volver a asistir ás asembleas, así como a participar nas actividades programadas.

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade está integrado por 85 concellos e as deputacións da Coruña e Lugo, que concentran a través desta rede os seus esforzos no eido da cooperación ao desenvolvemento. Garántese deste xeito unha xestión profesional e transparente, así como a realización de proxectos con impacto nos países do Sur e a sensibilización da sociedade galega a prol da solidariedade internacional. Desde a súa fundación en 1997, o Fondo Galego ten desenvolvido máis de 150 proxectos en 25 países e promove numerosas actividades e materiais en relación aos desequilibrios Norte-Sur.

Tras unha ausencia de catro anos, o Concello de Ames volve a ser socio deste organismo. Deste xeito, a concelleira de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, Luísa Feijóo, e un técnico desta concellaría, asistiron este martes á Asemblea Xeral de socios do Fondo Galego de Cooperación, onde se aprobou por unanimidade a renovación da Comisión Executiva, que rexerá a entidade nos próximos catro anos. O alcalde de Nigrán, Juan González (PSOE), é o novo presidente, mentres que a edil redondelá Teresa París (PP), que exerceu a Presidencia na derradeira lexislatura, será agora vicepresidenta. Carme Fouces (BNG), concelleira de Benestar Social en Pontevedra, entra na Tesourería.

Incorpóranse tamén ao órgano de goberno e administración do Fondo Galego a edil Gloria Prada (PSOE), de Monforte de Lemos; o concelleiro Daniel Fernández (PP), de Cartelle, e mais Goretti Sanmartín (BNG), da Deputación da Coruña. O Concello coruñés e mais o de Oleiros conservan cadansúa vogalía, agora con Rocío Fraga (Marea Atlántica) e Marga Figueroa (Alternativa dos Veciños), respectivamente, como representantes. O Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI), que impulsou a creación da asociación en 1997, seguirá encargándose da Secretaría, na figura de Andrea García Corzo.

Balance dos últimos catro anos
Alén da renovación orgánica, que cómpre tras cada convocatoria de eleccións municipais, na sesión expúxose o balance dos últimos catro anos, nos que destacan fitos coma o de que a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) recoñeza ao Fondo Galego como axencia do municipalismo para a cooperación internacional ou que a entidade teña asesorado a Alemaña e Portugal na promoción das súas redes de cooperación descentralizada a través dun proxecto europeo. Na última lexislatura fóronse ademais incrementando os fondos para a convocatoria de proxectos de desenvolvemento en países do Sur e canalizouse axuda de emerxencia a través das axencias da ONU. Intensificáronse asemade as actividades de sensibilización en Galicia e os esforzos en comunicación.

Algúns dos concellos socios asistentes á xuntanza aproveitaron ademais para expoñer a súa opinión ao respecto da actual crise migratoria e de persoas refuxiadas, que será tida en conta para tomar futuras decisións neste senso. O Fondo Galego xa publicou unha declaración institucional na que pon a disposición o seu traballo e experiencia. Coa Asemblea de hoxe péchase o ciclo 2011-2015 e ábrese a lexislatura 2015-2019 da rede solidaria do municipalismo galego, na que se seguirá incorporando a defensa dos Dereitos Humanos á axenda local.

Ordes - Inícianse as obras de mellora do acceso ao parque empresarial de Merelle

Nestes últimos días estase a proceder coas obras de mellora do acceso ao polígono empresarial de Merelle no concello de Ordes, no enlace coa N-550 e o inicio da estrada de Ordes a Cerceda por Mercurín. Trátase dun tramo de 500 metros de lonxitude, no que o pasado sábado xa se levaron a cabo labores de sobreancheado, para continuar co fresado.

Trátase dunha intervención moi demandada, tanto polos veciños e veciñas da zona como polos traballadores e transportistas. Aínda que o orzamento inicial está cifrado en 90.000€ as xestións e negociacións realizadas pola Concellería de Obras e Infraestruturas supuxeron unha redución dun 10% sobre este prezo inicial (80.0000€). Unha cantidade subvencionada nun 80% pola Consellería de Economía e Industria a través das axudas encamiñadas á habilitación e mellora das infraestruturas de parques empresariais. 

Mediante a aplicación de conglomerado e a reposición de firme nas zonas de saneo, ademais do posterior repintado, conseguirase arranxar o estado de deterioración que presenta, cun importante desgaste estrutural e superficial que diminúe considerablemente a seguridade viaria. Unha situación moi deficiente ocasionada na súa maior parte polo continuo tránsito dos vehículos pesados que se dirixen á planta de SOGAMA. Toda esta serie de medidas foron ratificadas na acta de trazado de planta tras a xuntanza mantida onte entre a concelleira de Obras e Infraestruturas, Beatriz Martínez, e os responsables da empresa que levarán a cabo as obras, que nestes últimos días xa comezaron coa limpeza das cunetas.

Santiago - Inauguración da tempada da Real Filharmonía de Galicia

La Real Filharmonía de Galicia celebra esta semana dos conciertos, con los que arranca su temporada de abono en su sede, el Auditorio de Galicia. El concierto inaugural tendrá lugar hoy jueves, a las 21:00 horas, bajo la batuta del director titular y artístico de la agrupación, el maestro Paul Daniel, que mantendrá un encuentro con los asistentes antes del inicio del concierto, a las 20:15 horas. Al día siguiente, el viernes, la orquesta tocará para el público familiar; las entradas cuestan 5 euros y cada menor de 14 años recibirá dos gratuitas si va acompañado de dos adultos. 

El anticipo de una ópera completa
El concierto de mañana jueves se abrirá con el estreno mundial de una obra del compositor gallego Eduardo Soutullo (Vigo, 1968), con el título Overture (From an unfinished opera). “Se trata de la obertura de una ópera en la que estoy trabajando y que despliega la mayor parte del material que se desarrollará a lo largo de la ópera, que tendrá una duración total de una hora” -señala el compositor-. Explica que la orquestación utiliza la plantilla de la Real Filharmonía de Galicia, a la que se añaden dos trombones. “Sirva pues esta obertura como anticipo al estreno de la ópera completa” -manifiesta-.

A continuación la orquesta interpretará la versión para pequeña orquesta de La tragedia de Salomé, del compositor francés Florent Schmitt (1870-1958). “Gracias por esta obra maestra”, le dijo el mismísimo Ígor Stravinski a Schmitt. Se centra en el mito de Salomé, que le proporcionó la unión de dos conceptos obsesivos tan presentes entre los artistas europeos de cambio de siglo, el erotismo y la muerte.

La segunda parte del concierto comenzará con la obra Saturnal del compositor coruñés Manuel Balboa (1958-2004), estrenada por la Real Filharmonía de Galicia en su concierto de presentación el 29 de febrero de 1996. La cita musical se cerrará con la Sinfonía nº 5 del finlandés Jean Sibelius (1865-1957).

Una versión reducida del concierto para el público familiar
El concierto del viernes, que comenzará a las 18:30 horas, será una versión más reducida de la actuación del jueves, pensada para que los más jóvenes y las familias tengan la oportunidad de acercarse a la música clásica a través de la Real Filharmonía de Galicia. Es en el marco de la iniciativa Descubre una orquesta para ti, la tuya!, con la que la RFG busca llegar a nuevos públicos.

Los asistentes tendrán la oportunidad de escuchar la obra de Soutullo y una selección de la Sinfonía nº 5 de Sibelius. Las entradas cuestan 5 euros y cada menor de 14 años recibirá dos gratuitas si va acompañado de dos adultos.

Lalín - O concello e a Fundacion Galicia Verde farán unha horta comunitaria

A concelleira de Medio Ambiente, Celia Alonso, o alcalde, Rafael Cuíña, e Cristina Barreiro, da Fundación Galicia Verde, presentaron hoxe o novo proxecto de horta comunitaria que se poñerá en marcha en Lalín de xeito coordinado entre o Concello e a sociedade ambiental. Esta primeira horta crearase nun espazo verde en desuso de titularidade municipal,situado a carón do Centro Comercial Pontiñas, na Rúa do Río, na parte traseira do bloque de edificios denominado Corredoira e Quixote. A iniciativa preséntase como “un lugar comunitario de convivencia, educativo e de respecto ao medio ambiente”, explicou Alonso, que dixo sentirse “moi ilusionada” coa súa posta en marcha. Así mesmo, indicou que tamén se persegue “adecentar un espazo para facer del un lugar bonito e agradable, que todos queiran ter preto da súa casa”. O alcalde, Rafael Cuíña, coincidiu coa valoración da concelleira no “interesante e ilusionante dunha proposta que de seguro terá éxito e se acabará estendendo a outras zonas de Lalín”. Pola súa parte, Cristina Barreiro explicou que se “trata dunha iniciativa pioneira, que versará sobre o intercambio de coñecementos e experiencias, e que poñerá en valor a comunicación interpersoal, a colaboración e o respecto mutuo”. 

A horta ecolóxica, “que só funcionará baixo a vinculación e a participación da cidadanía”, terá capacidade para acoller primeiramente a 15 participantes. Tanto a selección dos mesmos como a adxudicación das parcelas farase mediante procedemento público. As solicitudes poderán presentarse dende mañá no concello e ata o día 15 de outubro, entregando unha fotocopia do DNI, o modelo de solicitude debidamente cuberto e o documento de conformidade coa normativa de uso do espazo asinada. Terán prioridade de participación aquelas persoas que manteñan algún vínculo co barrio no que se ubica a horta, así como aquelas familias cun maior número de fillos. Non se permite máis dunha solicitude por persoa ou unidade familiar. Unha vez seleccionados os participantes, convocarase unha asemblea informativa na que tamén se elixirá un responsable grupal do espazo. 



O Concello de Lalín, ademais de ceder a parcela, colaborará coa aportación de todas as necesidades materiais xurdidas do desenvolvemento do proxecto. Tamén se encargará dos gastos derivados do uso do regadío e levará a cabo todas as xestións administrativas necesarias para o seu bo funcionamento. Pola súa parte, Galicia Verde encargarase de tarefas de formación, asesoramento e resolución de posibles problemas derivados da práctica da ecoagricultura. Os participantes comprometeranse a manter a horta en perfectas condicións para o seu desenvolvemento e recollerán as súas colleitas que, no caso de haber excedentes, irán destinados a fins sociais. 





No mes de novembro comezarán os primeiros traballos de laboreo sobre a parcela, consistentes na preparación do terreo. Tamén se procederá á colocación das casetas de almacenamento de material e ao pechamento do recinto. Segundo Celia Alonso, en marzo poderán estar plantados os primeiros vexetais.

Chévere - Xira por latinoamérica

A compañía teatral Chévere, gañadora do Premio Nacional de Teatro 2014, vén de emprender unha xira por Latinoamérica co seu espectáculo Citizen I, logo de que a Axencia Española de Cooperación Internacional (AECID) seleccionase este espectáculo para o seu catálogo. Esta é a primeira vez que unha produción teatral galega acada este recoñecemento. 

Como parte desta xira, o mércores 30 e o xoves 1 ás 20.30 h. Chévere actuará no histórico Teatro Solís de Montevideo (Uruguai), un dos teatros máis importantes de Latinoamérica, onde actúan todas as compañías internacionais que visitan o país e onde se recollen tamén as principais producións uruguaias.

Ademais, e como parte da súa estancia no país, o xoves 1 ás 11,00h. Patricia de Lorenzo e Xesús Ron impartirán no Centro Cultual de España en Montevideo o obradoiro “Teatro con perspectiva de xénero”, dirixido a profesionais da escena e da educación.

Posteriormente a compañía dirixirase a Córdoba (Arxentina) para presentar Citizen o domingo 4 outubro no Festival Internacional de Teatro del Mercosur, xunto con compañías de Italia, Alemaña, Francia, Canadá, Brasil e Arxentina. Ao día seguinte, e tamén dentro deste mesmo festival, Xesús Ron ofrecerá no Teatro Real o obradoiro “Citizen: Documentando la realidad a través de la ficción teatral" .

O periplo rematará en Bos Aires, onde a compañía actuará o 6 de outubro ás 20.30 h. no Teatro Margarita Xirgú, en San Telmo.

A organización destas actividades foi posible grazas á colaboración dos teatros, centros culturais e festivais que acollerán o espectáculo nos distintos países, e enmárcase dentro da xira nacional e internacional que este realizará durante os anos 2015 e 2016. Citizen I reestreouse en xuño no Teatro del Barrio de Madrid, e xa foi presentada tamén en Valencia. Outros dos escenarios nos que se poderá ver proximamente son a Sala Ártika de Vigo (únicas funcións en Galicia), o Teatro Guirigai en Badaxoz, o Teatro Gayarre en Pamplona, o Teatre Ponent en Granollers e o Ateneu Nou Barris en Barcelona.

O PROXECTO CITIZEN

O proxecto completo de Citizen compúñase de tres espectáculos autónomos de pequeno e mediano formato, que se foron facendo e estreando na Sala Nasa de Santiago de Compostela ao longo da tempada 2010-2011, coma se se tratase dunha obra de teatro por episodios. Cada un deles foi a continuación e a consecuencia do anterior. E ao final, a suma dos tres supuxo un novo espectáculo de case catro horas de duración. A obra, por partes ou enteira, xirou por España ata finais de 2013, superando as 120 representacións e os 10.000 espectadores. Ademais, obtivo un importante recoñecemento crítico e profesional: foi a obra máis votada entre 150 propostas para acceder á Red de Teatros Alternativos de España, presentouse en festivais internacionais como Temporada Alta (Cataluña) e Escena Contemporánea (Madrid), recibiu o Premio da Crítica 2011 e 5 premios María Casares en 2012, da Asociación de Actores e Actrices de Galicia (entre eles mellor espectáculo, mellor dirección, mellor actriz protagonista).

A OBRA

Citizen é unha historia de ficción baseada nun personaxe real chamado Amancio Ortega, que ao longo dos últimos 40 anos construiu un imperio téxtil mundialmente coñecido como Zara, que tivo a súa orixe nunha pequena vila de Galicia e co que nós fomos medrando. Deste xeito, Citizen convértese nunha boa disculpa para falar, ironizar e cuestionar os efectos da globalización en relación coas nosas identidades individuais e colectivas.



Citizen conta unha historia da Transición en España a partir dunha desas singulares coincidencias históricas: a morte de Franco e a apertura das primeiras tendas de Zara en A Coruña ocorren no mesmo ano, separadas por unhas poucas semanas. Estamos en 1975. O dictador morreu. Sara, unha estudante comprometida no movemento antifranquista, foxe da policía e refúxiase nunha tenda que aínda non abriu. Aí atópase co seu dono, A.O., un empresario afastado da realidade e disposto a conquistar un imperio. Ela está exactamente onde lle corresponde estar. El non ten posición. Ela é dun lugar do que ven fuxindo. El xa esqueceu de onde vén, pero sabe exactamente a donde quere chegar. 

A FICHA



Unha creación de Chévere, compañía residente no concello de Teo. En escena: Patricia de Lorenzo, Manuel Cortés. Dramaturxia/dirección: Xron. Guión: MCortés. Técnico en xira: Fidel Vázquez. Arranxos sonoros: Xacobe Martínez Antelo. Vídeos: Oroboro Films, Quadra producións. Produción: Juancho Gianzo. Comunicación: Xana García. Deseño gráfico: Fausto Isorna.

Ames - Comeza a oferta teatral do último trimestre

A oferta teatral que ofrece o Concello de Ames para o último trimestre deste ano comeza este venres, 2 de outubro, na Casa da Cultura de Bertamiráns coa representación da peza de teatro Da Vinci tiña razón, que será representada pola compañía Producións Teatrais Excéntricas. Trátase dun espectáculo para facer rir que non deixará a ninguén indiferente. As entradas para asistir a este espectáculo poden reservarse ata o venres 2 de outubro, ás 14:00 horas, a través do teléfono 981 53 59 40 ou enviando un correo electrónico ao enderezo cultura.milladoiro@concellodeames.org. Durante os meses de outubro, novembro e decembro haberá unha decena de espectáculos teatrais tanto profesionais como afeccionado.

O concelleiro de Educación e Cultura, David Santomil, explica que “na programación teatral que se programou para o último trimestre deste ano recóllense espectáculos para todos os públicos. Hai teatro de monicreques e espectáculos para os bebés, así como obras de teatro profesional. Ademais, este ano chegamos a décima edición da mostra de teatro afeccionado, na cal van actuar tres grupos; un de Ames e os outros dous de concellos veciños como son Negreira e Santa Comba”. 

O mes de outubro comeza cunha intensa programación teatral en Ames. A Casa da Cultura de Bertamiráns acolle este venres, 2 de outubro, ás 21:00 horas, a primeira das actividades teatrais programadas para este último trimestre. Trátase da obra de teatro Da Vinci tiña razón da compañía Producións Teatrais Excéntricas. Nestes tempos que corren de pesimismo este é un espectáculo para facer rir que non deixará a ninguén indiferente. 

É unha obra que imita, para mofarse, a forma da comedia burguesa de sofás e moble-bar. Todo acontece nunha luxosa casa de casa campo clónica inscrita nunha urbanización de nivel alto. Ao dono parece que lle vai ben na vida: é alto funcionario do estado, e recibe a visita de fin de semana do seu máis estreito colaborador, un trepa que ven para mostrar a súa nova esposa, un símbolo de status económico. Os quiméricos inquilinos complétanse co fillo dos propietarios, grande demais para que lle muden os cueiros, e unha aupair sueca que non lle importa facerllo.

A programación teatral continúa o vindeiro venres, 16 de outubro, coa representación da obra Perplexo da compañía Ilmaquinario Teatro. Este espectáculo, que está dirixido ao público infantil e adulto, terá lugar na Casa da Cultura do Milladoiro. Para o venres 30 de outubro, na Casa da Cultura de Bertamiráns, está programada a peza O Furancho, que chegará a Ames da man da compañía Ibuprofeno Teatro. 

X Mostra de teatro afeccionado
O mes de novembro comezará con teatro afeccionado. A Escola municipal de teatro de Negreira representará na Casa da Cultura do Milladoiro a peza O mundo está tolo e ti ségueste duchando. A mostra continuará o venres 13, na Casa da Cultura de Bertamiráns, co espectáculo O Ollo que todo o ve. Esta obra será representada pola Escola municipal de Teatro do Concello de Santa Comba (The puntillas teatro). Para pechar esta mostra de teatro afeccionado, o venres 27, actuará o Grupo municipal de teatro de Ames, que porá en escena a peza A Voda. 

O venres 13 de novembro tamén haberá teatro para bebés na Casa da Cultura do Milladoiro. A compañía Babaluva fará dous pases do espectáculo A alfombra máxica. A primeira sesión será ás 17:30 h e a segunda ás 18:30 horas. Esta actividade está dirixida para bebés de ata 3 anos. En cada sesión poderán participar 15 bebés e os acompañantes.

Programa teatral para decembro
A semana de Nadal comezará cunha intensa programación teatral. O luns 21 de decembro, na Casa da Cultura do Milladoiro, a compañía Trompicallo representará o obra Rumpelstikin, o anano saltarín, que está dirixida ao público infantil. O día seguinte, o martes 22, continuará o teatro profesional na Casa da Cultura de Bertamiráns, da man da compañía Caramuxo Teatro, que porá en escena a obra FEO! Por último, o mércores 23, haberá teatro de monicreques na Casa da Cultura do Milladoiro, a cargo da compañía Eme2 emoción & arte, que representará a obra Jim e a illa do tesouro.

Xente de Rois - as obras no concello suporán un gasto de 16.399,84 euros para as arcas de Rois

No pasado Pleno de setembro o alcalde Ramón Tojo, na quenda de rogos e preguntas, dixo que as obras realizadas recentemente no edificio do concello "non ían costar moito porque temos unha subvención da Xunta".

Segundo a documentación en poder da agrupación de electores Xente de Rois, nunha resolución de alcaldía de 3 de xullo resolveuse aprobar un orzamento para estas obras, en concepto de “Arranxo en cuberta e fachadas exteriores en edificio do concello”, de 48.399,52 euros. As obras foron adxudicadas finalmente noutra resolución de alcaldía o 21 de xullo a Contratas y Construcciones Carrais SL, que, segundo consta nesta segunda resolución, “presentou a oferta máis vantaxosa (a día de hoxe o concelleiro de Xente de Rois non ten documentación con información sobre as diferentes ofertas).

Por outra parte, nunha resolución de alcaldía de 21 de xullo modifícouse un expediente de crédito pola recepción dun ingreso de31.999, 68 euros, con denominación “Transferencia de capital Xunta. Fondo Agrícola de Desenvolvemento Rural 2015”, para o gasto, da mesma cuantía que o ingreso, con denominación “Fondo Agrícola de Desenvolvemento Rural: Arranxo en cuberta e fachadas en edificio do Concello”.

En resumo, segundo os cálculos da nosa agrupación, as referidas obras suporán un gasto de 16.399,84 euros para as arcas do concello.

Así as cousas, desde Xente de Rois insistimos na necesidade de fomentar unha maior información pública en todos os sentidos, e especialmente na xestión dos cartos públicos.

Ordes - Ábrese novamente a vehículos e peóns a rúa Parque

Tras dúas semanas de obras esta mañá volveuse a abrir ao tráfico rodado e peonil a rúa Parque, na vila de Ordes. A concellería de Obras, encabezada por Beatriz Martínez, investíu preto de 50.000 € para a pavimentación das beirarrúas. Cifra cofinanciada nun 80% polos fondos FEADER, aprobados pola Xunta. 

O deterioro desta zona dificultaba considerablemente o correcto tránsito, sobre todo para aquelas persoas con algún tipo de diversidade funcional e que precisan dalgún elemento ortopédico para os seus desprazamentos. Neste sentido o proxecto incluíu a construción dunha nova beirarrúa con rampla, co que se puideron eliminar as escaleiras de acceso aos soportais da zona. Por outra banda tamén se mellorou o pavimento da beirarrúa que bordea o parque Félix Rodríguez de la Fuente pola rúa O Recreo, ademais de proceder co repintado da estrada.

Santiago Futsal - Novo patrocinio para o equipo

Onte tivo lugar no Hotel Los Abetos a presentación do acordo de patrocinio entre Santiago Futsal e Sercotel Hoteles. Á presentación acudiron Ramón García, presidente do Santiago Futsal; Juan Carlos Barrero, responsable nacional de eventos deportivos de Sercotel; e Manuela Hermo, responsable do Hotel Los Abetos.

En primeiro lugar, Ramón García destacou a importancia que para o Santiago Futsal ten o feito de ter un novo patrocinador, e da relevancia social de Sercotel Hoteles ‘É moi satisfactorio presentar a unha nova entidade que se suma ao proxecto do Santiago Futsal. Sercotel Hoteles, unha cadea hoteleira que está en plena expansión, mesmo a nivel internacional, será a cadea hoteleira coa que, a partir de agora, realizaremos todas as nosas viaxes e da que usaremos os seus establecementos nos desprazamentos. Nós poñémonos a disposición da mesma para que este acordo tamén sexa satisfactorio para eles, e que obteñan connosco ese retorno publicitario que as empresas privadas fundamentalmente buscan no patrocinio deportivo. Queremos que as dúas partes esteamos plenamente satisfeitas a final de tempada para poder seguir máis anos con esta colaboración.’

Pola súa banda, Juan Carlos Barrero agradeceu ao club a confianza depositada na entidade ‘Queremos agradecer ao Santiago Futsal que confiase en nós con este proxecto e que realice connosco todas as estancias do equipo. Para nós é moi importante ter un gran club como o Santiago Futsal representando á liga Nacional de Fútbol Sala, onde temos moita presenza e moi boas colaboracións con todos os equipos.’

O responsable nacional de eventos deportivos de Sercotel explicou tamén as condicións do acordo ‘A idea é que o Santiago Futsal benefíciese dunhas condicións, dentro dos nosos hoteis, onde serán sempre moi ben recibidos. E á súa vez, que nós teñamos presenza tanto no club como en todos os desprazamentos que teñan.’

Por último, Juan Carlos Barrero mostrou a satisfacción da cadea hoteleira co acordo ‘Este acordo é moi importante para nós porque nos permite seguir avanzando co obxectivo de patrocinar ou ter maior presenza dentro dos principais equipos deportivos a nivel nacional. Apostamos por Santiago Futsal porque é un club que cada ano vai en aumento e sempre tendo moi bos resultados.’

USC - Comeza o IV ciclo universitario dirixido a maiores de 50 anos

O IV Ciclo Universitario arranca o novo curso este xoves 1 de outubro nun acto académico no que se dará á benvida aos máis de 150 alumnos e alumnas deste programa de formación dirixido a persoas maiores de 50 anos con independencia do seu nivel formativo previo. Do total de matriculados, en 2015-2016 comezarán estudos máis de 32 novos estudantes, maioritariamente mulleres, procedentes do propio concello compostelá así como de Ames, Padrón, Ordes, Ribeira ou Boiro, entre outros.

A xornada, que se celebrará no Salón Nobre do Colexio de Fonseca, tamén servirá de homenaxe ao profesor José M. Mayán Santos con motivo da súa xubilación e en recoñecemento polo seu labor de posta en marcha do IV Ciclo en 1997 e do que agora se cumpren dezaoito anos de funcionamento. O vicerreitor de Oferta Docente e Innovación Educativa, Roberto López, presidirá a xornada a partir das 12.00 horas acompañado da vicerreitora de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social, Dolores Álvarez Pérez; o subdirector xeral de Dependencia, Jorge Rubén Sampedro Grande; a directora do IV Ciclo, Esther OlveiraOlveira; e o coordinador do programa no Campus de Lugo, Emilio Carral Vilariño.

Xunto á homenaxe ao profesor Mayán, a quen se lle entregará un agasallo conmemorativo, tamén se imporá a título póstumo a insignia do IV Ciclo á patroa deste programa Francisca Álvarez, en nome de quen intervirá o seu fillo José L. Alfaya Álvarez e a súa neta Elena Alfaya. Ademais, José M. Mayán imporalles unha beca ás alumnas da primeira promoción Pilar López Fernández e Mª Jesús González Novoa e o vicerreitor Roberto López entregará un diploma á alumna Mª Jesús López-Menchero.

Dende a súa posta en funcionamento, o IV Ciclo busca a integración conceptual do programa nos demais ciclos regrados que se impartan nas aulas universitarias. A súa intención fundamental é promover a incorporación de alumnado maior de 50 anos aos estudos universitarios, favorecendo a súa integración e participación en procesos formativos que respondan ás necesidades e expectativas deste colectivo social. Ademais, a oferta docente ofrecida vencella e amplifica a oferta de estudos universitarios, con criterio de interdisciplinariedade e en consonancia cos principios que inspira a educación continuada, como experiencia global que se desenvolve ao longo de toda a vida de cada individuo, subliñando o protagonismo das persoas maiores.

Ames - Presentación do libro "O pequeno recetario de Lens"

Onte o Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, acolleu o acto de presentación do libro “O pequeno receitario de Lens”, que foi elaborado pola Asociación de Veciños de San Paio de Lens. A este acto asistiron o alcalde de Ames, José Miñones, a concelleira de Participación, Atención Veciñal e Promoción Económica, Isabel González, así como Dionisio Viqueira, Juan Pérez e Sarah Phillips, membros da devandita asociación. Este receitario está escrito en galego e en inglés. O acto rematou cunha degustación dalgunhas das tortas e biscoitos que recolle o libro.

Neste pequeno libro podes atopar unha colección de receitas dos veciños e veciñas de Lens, que foron elaboradas con produtos do campo de outono, que son tan variadas como ricas. As tortas, biscoitos e postres reflicten a diversidade de talentos e culturais que se achan nunha aldea tradicional do século vinte e un. Un gran numero de receitas inclúen mazás e castañas, os produtos estrelas da tempada de outono. Tamén se usan ingredientes menos comúns, pero non por elo menos ricos, como a cenoria, o calabacín e a remolacha.

Este libro xurdiu despois de que esta asociación de veciños organizase de forma anual tres edición do “Concurso de Tortas”. Segundo explican dende a propia asociación “queriamos reflectir a variedade de tortas que se presentan a este concurso e o gran interese que esperta esta iniciativa entre as persoas adultas e os nenos/as de Lens, e incluso de fóra da parroquia. Durante as tres edicións que levamos organizando este concurso en outono presentáronse arredor de 40 tortas cada ano”.

Para elaborar este receitario houbo que facer un importante traballo de campo e recompilar todas as receitas que se recollen neste libro. Este traballo foi feito polos membros da asociación, principalmente o seu presidente, Dionisio Viqueira, e por Juan Pérez. A encargada de plasmar todas esas receitas no libro foi a escritora Sarah Phillips, que é veciña de Lens e membro da asociación. Sarah Phillips, destaca que “foi un traballo feito en equipo”. Ademais de agradecer o traballo dos seus compañeiros/as da asociación, tamén quixo darlle as grazas a Susana Mayo Redondo, que foi a encargada de realizar os traballos de corrección dos textos que se inclúen no libro. 

Onde adquirir o receitario?
Este receitario pódese adquirir poñéndote en contacto coa asociación a través do correo electrónico asociaciondevecinosdelens@hotmail.com; na librería Lenda, que se atopa na praza da Maía, en Bertamiráns; e na tenda Cousas da Terra, situada na praza Horta de Abaixo, bloque 58, tamén en Bertamiráns. A cambio do receitario pídese unha doazón de 6 euros. Todos os fondos recadados son para esta asociación.

O alcalde de Ame, José Miñones, agradeceu “o traballo desta asociación para poñer en marcha o concurso de tortas, a través do cal se fomenta o uso dos produtos de outono, e porque este tipo de actividades serven para unir ás familias e favorecen a convivencia e a relación entre veciños”. O rexedor municipal tamén destacou que “se vai trasladar esta idea a outras asociación municipais para que sumen a organización deste concurso por outras parroquias do concello”.

Oroso - Os Concellos do Camiño Inglés participarán no congreso Fairway da man da Deputación

Os Concellos do Camiño Inglés participarán da man da Deputación Provincial da Coruña en Fairway, o primeiro fórum con feira e congreso sobre o Camiño de Santiago que se celebrará do 15 ao 18 de outubro na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela. Unha iniciativa que lles foi presentada esta mañá no centro cultural de Sigüeiro (Oroso) a alcaldes e técnicos municipais dos concellos polos que discorre o Camiño Inglés polo deputado de Economía, Facenda, Contas, Persoal e Réxime Interior, Antonio Leira; polo alcalde de Oroso, Manuel Mirás; pola codirectora de Fairway, Ana Trevisani, e por técnicas da Deputación herculina.

Leira Piñeiro convidou aos presentes “a encher de contido o espazo que a Deputación terá dentro de Fairway, que agardamos que serva de escaparate do Camiño Inglés e dos nosos municipios”, ao tempo que reivindicou que “municipios como Ares tamén teñen que formar parte deste percorrido”.

Implicación da Deputación
Pola súa banda, Manuel Mirás, agradeceu a colaboración da Deputación Provincial, especialmente de Antonio Leira e do deputado de Cultura, Turismo e Patrimonio histórico-artistico, Xose Regueira Varela (BNG). “Emocióname ver a implicación da Deputación Provincial neste proxecto, pois levo anos insistindo en que é o organismo que ten que liderar o Camiño Inglés pois é o único que discorre por unha única provincia”, lembrou o alcalde orosán

Mirás Franqueira asegurou que “o Camiño Inglés é un diamante en bruto que temos que saber aproveitar. Ten cada vez máis peregrinos e é cada vez máis coñecido, polo que temos que unirnos e aunar esforzos para promovelo”. Para o alcalde de Oroso, o Camiño Inglés “é un escaparate marabilloso, só falta que os Concellos nos impliquemos”.

Finalmente, Ana Trevisani, codirectora de Fairway, solicitoulles aos representantes municipais que fixeran chegar a documentación esta mesma semana, para poder participar na feira e no workshop deste evento, que terá lugar na Cidade da Cultura do 15 ao 18 de outubro. Ademais, convidounos a dar a coñecer o congreso entre as empresas relacionadas co Camiño Xacobeo dos seus respectivos municipios.

Teo - Obradoiro iniciación ao breakdance

O Departamento de Mocidade do Concello de Teo, dirixido por Ignacio Iglesias, organiza un obradoiro de iniciación ao breakdance. A actividade está dirixida a mozos/as de 14 a 20 anos e será de balde. Para participar só hai que anotarse chamando ao teléfono do Concello 981 809 707.

Segundo indican dende Mocidade as clases serán no ximnasio do IES de Cacheiras os martes de 14:45 ás 16:15 horas e para asistir non hai que ser necesariamente alumno/a do centro. Está previsto que as sesións comecen no mes de outubro e rematen cara finais de ano. 

Os monitores do obradoiro pertencen á Vella escola e indican que a través desta actividade “foméntase o espíritu de superación persoal, mellórase a autoestima e a creatividade ofrecendo a posibilidade de expresarse libremente a través do movemento”.

Ignacio Iglesias, edil de Mocidade, destaca que “con esta oferta de ocio tentamos conxugar o exercicio saudable coas necesidades e inquietudes da mocidade de hoxe”. 

No obradoiro de breakdance realizaranse técnicas fundamentais de desprazamentos e actitude postural (toprocks), aprendizaxe de técnicas fundamentais de combinacións no chan (fookworks), técnicas de equilibrio e posicións fundamentais (freezes) e elaboración dunha breve rutina de Breakdance.

Esta actividade conta coa colaboración do IES de Cacheiras pola cesión de uso das instalacións para realizar as clases.

Axenda e tempo do mércores 30 de setembro - Festas, tertulias, exposicións

Santiago - Numax

Ordes - Festas no barrio de O Piñeiro


Santiago - Galicreques

Santiago -   Literarios - tertulia de artistas

Outros Concertos + info

Exposicións

Santiago - Fonseca - retrospectiva Montero Ríos (ata o 31 de outubro)

Santiago - Numax - Sings of the Seventies (ata o 10 de outubro)

Santiago - Colexio de psicólogos - Elana ivonne Daprá (ata finais de novembro)

Santiago - Fonseca - Trazos do Pasado (ata o 15 de outubro)

Santiago - Fundación Granell - 20 formas de cambiar el mundo (ata decembro)


O Tempo

Asociación de Hostalería de Compostela - Bos datos en agosto e boas prespectivas para a asociación

A Asociación de Hostalería de Compostela dou onte unha rolda de prensa na que presentou os datos de ocupación e falou da situación da organización nun momento de transición como o que está a vivir.

Os datos de do mes de agosto son dunha media de ocupación do 80% superando os do ano anterior. A presidenta da sección de aloxamento, Sara Santos, considera que aínda hai marxe para mellorar estas cifras e fala de boas perspectivas para setembro e outubro sobretodo grazas o turismo de congresos e para novembro coa vista posta en Cineuropa.

Ramón Garcia, avogado encargado de coordinar a parte financieira da asociación, falou de que existen problemas económicos que se poden resolver xa que a entidade ten un corpo de socios abundante e activos inmobiliarios polo que a débeda pode ser refinanciada. Recoñeceu que existían atrasos nos pagos das nóminas que se puideron solventar grazas a vontade dos empregados que estiveron todo este tempo aguantando nunha situación que calificou como "de estoicismo".

Pola súa banda o presidente da parte de restauración, Xosé Antonio Ribeiro, pediu unha maior implicación das administracións a hora de facilitar as iniciativas culturais privadas xa que son as que en boa medida dinamizan as cidades. Ribeiro explica que moitos asociados están dispostos a apostar polos concertos ou actuacións pero que precisan dun marco legal que os ampare.





Lindeiros - Roi Casal estrea unha peza con letra de Xosé Neira Vilas

A asociación de Amizade Galego Cubana Francisco Villamil reuniu a un cento de persoas na Librería Pedreira para celebrar o seu trinta aniversario. Ademais de presentar un libro que recolle todo o traballo de estes anos o acto contou coa presenza do músico Roi Casal.

Roi está a traballar nun novo disco que xurdiu da colaboración con Xosé Neira Vilas, que é o autor das letras, e con músicos cubanos. Roi acaba de rematar unha estadía na illa na que traballou precisamente con algúns dos artistas que estarán en ese disco.

No transcurso do acto Roi estreou unha das pezas ainda que advertindo que era so o comezo, o borrador do que sería a canción ao remate do proceso de grabación. A continuación un anaco de esa peza en construción

Plataforma Vitimas Alvia - AVE Léon-Palencia. ¿Otro Angrois?

Similitudes entre la "Alta Velocidad" de Galicia y la nueva línea de "Alta Velocidad" Valladolid-Palencia-León

Los víctimas y familiares del accidente del tren Alvia, algunos de ellos castellano-leoneses, nos preguntamos si la nueva línea de “Alta Velocidad” Valladolid-Palencia-León cumple con todas las medidas necesarias para no dejar en manos del fallo humano la vida de cientos de personas .

Queremos recordar que la línea Orense-Santiago, donde se produjo la catástrofe de Angrois , guarda varias similitudes con la línea Valladolid-Palencia-León que se inaugura hoy:

· Inauguración por intereses electorales. 

· Los dos trayectos sufrieron modificaciones importantes de última hora en su recorrido.

· Las dos líneas se venden como “proyectos únicos en el mundo", ya sea por el diseño de los trenes o de las vías.

Esta plataforma recuerda que las prisas y modificaciones que se hicieron en la inauguración de la línea Orense-Santiago provocaron una merma en la seguridad, tal y como han señalado los peritos en el Juzgado que, junto con el inevitable y predecible fallo humano, provocó la catástrofe de Santiago de Compostela, dejando 81 muertos y más de 140 heridos.

La situación se repite con la línea Valladolid-Palencia-León, ya que la inauguración de esta semana podría haber sido prohibida por la Junta Electoral Central en caso de celebrarse en Octubre o Noviembre, por la proximidad de las Elecciones Generales. No cabe duda, por tanto, de que el Ministerio de Fomento tiene prisa por inaugurar esta línea cuanto antes y esto puede haber provocado una toma de decisiones precipitadas o erróneas.

Del mismo modo que en la línea Orense-Santiago se decidió a última hora la supresión de distintas medidas de seguridad por cuestiones presupuestarias y electorales, en la línea Valladolid-Palencia-León se eliminó la doble vía en la llegada a León, también por falta de presupuesto y tememos, que con el consiguiente riesgo para la seguridad. Es más, la línea no tendrá el sistema de seguridad propio de la Alta Velocidad ERTMS hasta 2016.

Y por último recordar que la línea Orense-Santiago contaba con un tren "único en el mundo", así lo presentaba el entonces ministro José Blanco. También ahora, la nueva línea es singular, al recorrer más de 80 km por vía única para ambos sentidos, algo que no sucede en ninguna línea de Alta Velocidad del mundo. 

Una vez más, parece que la improvisación, la demagogia política y la chapuza imperan sobre los criterios rigurosos y profesionales; una vez más, parece que los políticos ponen por encima de todo sus intereses; una vez más, parece que tratan de engañar a los ciudadanos.

ESPEREMOS QUE ESTA VEZ NO HAYA VÍCTIMAS QUE LAMENTAR.