Frades - XV torneo intermunicipal de fútbol sala


OITO EQUIPOS COMPETIRÁN ESTA FIN DE
SEMANA EN FRADES POLO XV TORNEO
INTERMUNICIPAL DE FÚTBOL SALA

O pabillón municipal de Pontecarreira (Frades) acollerá esta fin de semana o XV Torneo Intermunicipal de Fútbol Sala, que disputarán oito equipos procedentes de Arzúa, Frades, Outes, Santa Comba, Teo, Tordoia, Touro e Vedra. Estes conxuntos, vencedores das súas respectivas ligas, dividiranse en dous grupos de catro para disputaren sendas liguiñas durante a xornada do sábado (de 9:30 a 21:00 horas).

Ordes - este domingo XVII Carreira Popular


O Concello de Ordes celebrará a XVII Carreira Polular este  domingo 3 de xuño

Os premios en metálico ascenderán a casi 1.000  e as distancias irán dende os 500 ata os 9.500 metros según as categorías


O Concello de Ordes celebrará o vindeiro domingo dende as 9.30 horas a XVII Carreira Popular, onde corredores e atletas de todas as idades poderán competir polo primeiro posto nunha das competicións máis concurridas da provincia.

Plataforma do Lixo de Ames - nota sobre a manifestación as portas do concello

A maior manifestación na historia de Ames contra o cobro retroactivo do lixo


A Plataforma do lixo logra unha masiva concentración ás portas do Concello, cincocentos veciños do rural unidos.

Non o cobro dos atrasos do lixo” ou “Non somos morosos” son algunhas das mensaxes que se deixaron ver nesta xuntanza.

Ames Novo Ames - intervención sobre o tema do lixo

Intervención de Anxo Doval, concelleiro de Ames Novo na presentación ao pleno da Moción sobre a taxa por actividades e servizos relacionados coa hixiene urbana, en nome da “Plataforma do lixo”

Nestes días están a rematar os prazos de alegacións ás comunicacións enviadas á maioría de fogares do rural co fin de regularizar o censo de usuarios da recollida e tratamento do lixo e que inclúe o cobro de “supostos” atrasos dos anos 2009, 2010 e 2011, polo que estamos a tempo aínda de que o Pleno inste ao goberno municipal a que derrogue esa inxusta medida.
Ningún veciño se opón ao pago da taxa do lixo, pero o que non é de recibo é pretender cobrar uns “atrasos” que nunca ata agora foran comunicados e que non é culpa súa que non se pasaran ao cobro, senón única e exclusivamente da administración.

PSOE Ames - intervención sobre o tema do lixo

INTERVENCIÓN DO VOCEIRO SOCIALISTA NA MOCIÓN DO LIXO NO PLENO DO 31 DE
MAIO DE 2012
Na miña primeira intervención quixen enfatizar nas formas que usou o goberno en todo este
procedemento e personalizando no alcade. No Decreto do 14 de Marzo de 2012 se realiza a
regularización da taxa pola prestación de servizos do lixo e o fai enviando unha carta certificada atodos os veciños e veciñas do rural de Ames. Nesta carta non se lle informa de nada aos veciños,onde non se lles da ningún tipo de explicación e onde se lles tacha de morosos.

ordes - corte de tráfico este domingo

información da XVII Carreira Popular do Concello de Ordes que se vai disputar o vindeiro domingo pero acábanme de avisar.

Cortarase dende as 9 ata as 13 horas o tráfico dende o cruce principal da vila, ubicado na avenida Alfonso Senra (N 550, na entrada de Ordes) ata o cruce coa rúa Rosalía de Castro.

Por elo aconséllase ós conductores que circulen pola Rolda Leste

Santiago - axenda sábado 2 e actuacións policía local


Sábado 2

12.30 h
No pavillón de Santa Isabel, o concelleiro de Deportes, Adrián Varela, asiste á xornada final da Liga de deporte de base de loitas olímpicas.

13.00 h
No Colexio La Salle, os concelleiros Paula Prado e Albino Vázquez asisten ao acto inaugural da Xornada de familias de persoas con discapacidade intelectual 2012.

Psoe Teo - asolagamento paso subterraneo Vilaverde


MOCIÓN URXENTE POR ASOLAGAMENTO PASO
SUBTERRANEO OSEBE-VILAVERDE
Uxía Lemus presentou no Pleno celebrado o 31 de maio, unha moción urxente
para o arranxo urxente do paso subterráneo da vía ferroviaria Coruña-Vigo
que comunica Osebe e Vilaverde, na parroquia de Calo.
Nos últimos meses, foron reiteradas as queixas dos veciños e veciñas sobre o
asolagamento do paso subterráneo da vía ferroviaria entre Coruña-Vigo, entre
Osebe e Vilaverde.

Ordes - cuarto aniversario noites de Tasca


Obradoiros ó aire libre de baile e música marcan o inicio das celebracións do cuarto aniversario de Noites de tasca

O gaiteiro de Taramundi Manuel Enríquez Fernández presentou esta tarde o seu novo libro-cd no Museo do Traxe Juanjo Linares

PSOE Ordes - o pleno aproba a moción para esixir axudas o sector textil


O PLENO DE ORDES APOIA A MOCIÓN DO PSOE
PARA ESIXIRLLE Á XUNTA UN PLAN ESTRATÉXICO PARA O SECTOR TÉXTIL DA COMARCA

O pleno apoiou por unanimidade a ampliación das beirarrúas na rúa Alfonso Senra e a suxerencia de Xesús Pedreira de instalar carteis informativos na N-550 para facilitar o desvío do tráfico pesado pola Rolda Leste

Ames - aprobadas o regulamento das axudas o transporte social


O Concello de Ames aproba o regulamento das axudas para o transporte metropolitano social
Poderán beneficiarse da tarxeta social metropolitana os maiores de 65 anos con ingresos iguais ou inferiores a 1,5 veces o IPREM; persoas con 65% de discapacidade e con ingresos iguais ou inferiores a 1,5 veces o IPREM, e persoas con máis de 12 meses en situación de desemprego, sen ingresos e que teñan traballado doce meses nos últimos cinco anos.

BNG A Estrada - por culpa do PP as contribucións incrementaranse o doble este ano


López prefire que paguen os traballadores e traballadoras no canto dos ricos
Temos un problema gravísimo; en Galiza e na Estrada, temos un problema gravísimo, e ese problema chámase Partido Popular, que está levando a cabo unha política económica suicida, unha política na que os traballadores e traballadoras son as que pagan o pato, mentres os ricos fican á marxe das políticas impositivas do goberno”

Teo - charla sobre ciclismo e este domingo Día da bicileta


O ALUMNADO DO IES DE CACHEIRAS RECIBE OS CONSELLOS DOS PROFESIONAIS PARA INICIARSE NA PRÁCITCA DO CICLISMO


·        O centro acolleu unha charla-coloquio sobre ‘Ciclismo e Lecer’ con técnicos, corredores e o presidente da federación galega

·        Rubén Mirás, estudante do instituto e destacado ciclista cadete, foi o protagonista do acto, moderado polo xornalista Terio Carrera

 Alumnado do IES de Cacheiras participou esta mañá na charla coloquio ‘Ciclismo e Lecer’, organizada polo Concello de Teo no marco do programa Ciclo Teo 2012. O acto, ao que acudiu o concelleiro de Deportes, Anxo Rey, contou coa presencia de destacados técnicos e corredores profesionais, que lles deron aos mozos e mozas consellos para iniciarse na práctica do ciclismo, tanto a nivel afeccionado como con ambicións deportivas e profesionais.

PP provincial - plan de pago a proveedores


El Plan de Pago a Proveedores liquidará 59 millones de euros en facturas en la provincia de A Coruña

·        Los diputados aplauden la inyección de liquidez que supone este plan, que se pone hoy en marcha

·        En la provincia está previsto que se liquiden más de 28.000 facturas emitidas por 1.600 proveedores

Fundación Araguaney - a fundación colabora na presentación de duas publicacións


A Fundación Araguaney colabora na presentación de dúas publicacións literarias

O salón camelia do Hotel Eurostars Araguaney de Santiago (Alfredo Brañas, 5) acollerá o vindeiro luns 4 de Xuño a presentación do libro de Serafín Portugal, “Reflexións sobre emigrantes retornados”.

Santiago - Orquesta Voland este domingo no Teatro Principal


Será este domingo 3 de xuño ás 21.00h no Teatro Principal

Orquesta Voland presenta ‘Oito pezas europeas’ dentro de Sons’2012

  • As entradas, 6€ anticipada e 10€ o día do concerto, están á venta en na billeteira do Teatro Principal (aberta de martes a sábado de 18 a 21h) e en Novagaliciabanco

  • Despois deste concerto chegarán a Sons’2012 a segunda das Noites de Fado con Ana Lains e a música pop-folk da irlandesa Sharon Corr

Frades - charla sobre alimentación saudable



ALUMNOS DE 4º DA ESO DO CPI PONTECARREIRA PARTICIPAN NUNHA CHARLA DE FOMENTO DE HÁBITOS SAUDABLES NA ALIMENTACIÓN NOS ADOLESCENTES

Unha vintena de alumnos de 4º da ESO do CPI Pontecarreira, de idades comprendidas entre os 15 e os 16 anos, participaron nunha charla de fomento de hábitos saudables na alimentación dos adolescentes. Unhas charlas nas que as monitoras fixeron fincapé manter unha alimentación saudable, reducindo o consumo de refrescos, bollería e chucherías e fomentando o consumo de froita e verduras.

Oroso - e outubro poderían comezar as obras da nova gardería


MANUEL MIRÁS ESPERA QUE AS OBRAS DA NOVA GARDERÍA DE SIGÜEIRO POIDAN INICIARSE O
VINDEIRO MES DE SETEMBRO-OUTUBRO

Técnicos do Consorcio Galego de Servizos Sociais visitaron os terreos cedidos polo Concello de Oroso para a construción da nova escola infantil, que terá 3 unidades e un total de 41 prazas 

 Técnicos do Consorcio Galego de Servizos Sociais visitaron os terreos cedidos polo Concello de Oroso para a construción dunha nova gardería no municipio, que suporá un investimento de 410.000 euros. Unha visita na que estiveron acompañados polo alcalde de Oroso, Manuel Mirás; o concelleiro de Familia e Ensino, Antonio Leira; o concelleiro de Vías e Obras, Eduardo Veiras; e o arquitecto municipal, Manuel Suárez.

Esquerda Unida Santiago - asamblea aberta, ideas para unha revoluxión cidadá


UN PROCESO TRANSFORMADOR DA SOCIEDADE

IDEAS PARA UNHA REVOLUCIÓN CIDADÁ


Para vivirmos a esencia da democracia, cómpre un fondo proceso transformador de empoderamento da sociedade, quen de rachar a cadea de alienación e sometemento á que nos queren atar os administradores do sistema coma se o actual clima de recortes, de degradación dos servizos públicos, fose algo inevitable.  A participación da xente traballadora semella indispensable para recualificar unha democracia demediada e posta en cuestión pola omnipotencia do capital, para remudar os usos políticos que se maridan cos negocios privados e malbaratan o interese xeral nun rosel de recortes dos servizos públicos, privatizacións e ataques ás liberdades.

Teo - hoxe comeza Música nos Tilos 2012


‘MÚSICA NOS TILOS 2012’ TRAE A TEO UNHA SELECCIÓN DOS MELLORES RITMOS DA MÚSICA GALEGA DURANTE O MES DE XUÑO


·        A presentación do traballo ‘Acrobata’, de Fred Martins e Ugia Pedreira, abre mañá este ciclo de actuacións, na Biblioteca

·        En sucesivos venres actuarán o dúo Fernández & Quintá, Germán Díaz e Xabier Díaz

Teo .- solicitude dos carnés das piscinas


OS CARNÉS DAS PISCINAS MUNICIPAIS PARA O VERÁN XA SE PODEN FORMALIZAR


·        Dan dereito a entrar nos cursos de xullo e de agosto e a utilizar as instalacións, que teñen prevista a súa apertura o 15 de xuño

·        Estarán exentos de pago as familias con todos os integrantes en paro, os maiores de sesenta anos e os menores de cinco

Brión - hoxe comezan os Encontros coa Arte


OS ENCONTROS COA ARTE DE BRIÓN COMEZAN COA INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN DE OBRAS DOADAS NOS ENCONTROS DE 2011, ADICADOS A LUÍS SEOANE

A exposición incluirá unha actuación musical de María Manuela e Xurxo Varela, así como un recital de poesía a cargo de Eva Veiga, Miguel Anxo Fernán-Vello e Pablo Bouza

Os 31 participantes serán recibidos polo alcalde de Brión ás 12:00 horas e pola tarde pintarán no entorno de Fonte Paredes (Ons)

Teo - prazo de solicitude de fogatas polo San Xoan


O CONCELLO DE TEO ABRE O PRAZO PARA SOLICITAR FOGUEIRAS POLO SAN XOÁN


·        As peticións pódense presentar do 1 ao 22 de xuño

·        Os solicitantes deberán cumprir diversas normas de seguridade

 O departamento de Medio Ambiente do Concello de Teo informa de que a partir de mañá, venres 1 de xuño, se abrirá o prazo para solicitar autorización para realizar fogueiras polo San Xoán. O impreso de autorización pódese recoller xa nas oficinas do Concello e tamén está dispoñible na páxina web municipal www.concellodeteo.com. As persoas interesadas deben entregalo debidamente cuberto no Rexistro Xeral do Concello antes do venres 22 de xuño.

Ames - acondicionamento da área recreativa de Tapia


A brigada municipal de obras acondiciona as instalacións da área recreativa de Tapia

Unha vez finalizados os traballos de acondicionamento das piscinas municipais descubertas, agora os operarios da brigada municipal de obras comezaron o acondicionamento da área recreativa de Tapia. Os traballos de mantemento que están levando a cabo nesta área recollen unha exhaustiva limpeza de todo o seu contorno.
Estes traballos realízanse anualmente para que a mediados de xuño este a todo en perfecto estado para que os veciños e veciñas de Ames poidan empregar estas instalacións durante os meses estivais.

Silleda - a alcadesa pídello o PP que aprenda o regulamento dos plenos


Paula Fernández pídelle ao PP que deixe de
meter cizaña e aprendan o regulamento

-“En vez de aclarar a súa postura á proposta de retrasar o pleno ordinario, dan voltas tapando o seu descoñecemento con críticas infundadas”

-A alcaldesa lémbralle que é ela que ten a potestade de convocar as sesións

-Advírtelle que durante os gobernos do PP os plenos foron sempre pola mañá e que “todos os concelleiros deste país teñen por Lei permiso no seu posto laboral para acudir ás sesións municipais”

Ames - entrega de diplomas


Os 19 alumnos que asistiron ao curso de iniciación ás follas de cálculo recibiron hoxe os seus diplomas
O rexedor de Ames, Santiago Amor, e a concelleira de Cultura, Eugenia Martín, entregaron os diplomas acreditativos aos dez alumnos da quenda de mañá. Pola tarde, os encargados de entregar as acreditacións serán tamén o concelleiro de Educación, Bernardo Moar, e o de Deportes, Manuel Ferreiro.

Melide - clausura das escolas deportivas


Case un milleiro de persoas asistirán hoxe a clausura das Escolas Deportivas que na temporada de inverno organizou o departamento de Deportes do Concello de Melide.

  • Hoxe ás 19.00 h no Pavillón de Deportes do Concello de Melide terá lugar a clausura das Escolas Deportivas do Concello de Melide correspondentes ao curso académico 2011/2012. O sábado ás 20.30h fárase o propio no Pavillón do IES coas actividades de Baile Galego e de Teatro.

Oroso - clausura das escolas deportivas


O CONCELLO DE OROSO CELEBRA HOXE VENRES
A CLAUSURA DAS SÚAS ESCOLAS DEPORTIVAS

Preto de 300 rapaces e rapazas do Concello de Oroso participarán hoxevenres 1 de xuño nas exhibicións de clausura das escolas deportivas municipais. Un acto aberto a todos os veciños e veciñas de Oroso e que terá lugar no centro deportivo Juanito Amigo de Sigüeiro entre as 17:30 e as 20:00 horas. Como novidade, este ano inclúese unha exhibición de baile hip-hop, que foi tan aplaudida durante a Festa da Troita.

Brión - arranxado o problema en Vilar


XOSÉ LUÍS GARCÍA LAMENTA QUE O PP SE PRESENTE COMO DEFENSOR DOS VECIÑOS DE VILAR CANDO AS SÚAS XESTIÓNS EN FAVOR DUN ÚNICO VECIÑO FORON AS QUE DERON PÉ AOS PROBLEMAS E DENUNCIAS VECIÑAIS 

As “xestións” dos populares motivaron que a Deputación non respectase o proxecto da obra e pretendera desviar o curso tradicional das augas da Fonte das Pichas, anulando o dereito de rego dos veciños

Oroso - días verdes para eliminar os verquidos do concello


O CONCELLO DE OROSO INVITA AOS VECIÑOS A PARTICIPAR NO PROGRAMA “DÍAS VERDES”, NO QUE SE ERRADICARÁN VARIOS PUNTOS DE VERQUIDO DE RESIDUOS NO MUNICIPIO

Unha vintena de persoas participaron na charla de presentación do “Programa de voluntariado do Concello de Oroso”

 O Concello de Oroso invitará a todos os veciños e veciñas a participar no programa “Días Verdes”, unha iniciativa que se desenvolverá os vindeiros 14 e 15 de xuños e que servirá para erradicar distintos puntos de verquido incontrolado de residuos localizados no municipio. Así o anunciou esta mañá o concelleiro de Igualdade e Cultura, Antonio Leira, durante un encontro cunha vintena de veciños para presentarlles o “Programa de voluntariado do Concello de Oroso”.

Santiago - dentro do SONS2012 Mafalda Arnauth


Será mañá, venres 1 de xuño, ás 21.00h no Teatro Principal

Mafalda Arnauth, primeira das Divas do Fado en Sons’2012

  • O ciclo ‘Divas do Fado’ péchase con Ana Lains que estará tamén no Teatro Principal ás 21.00h o vindeiro sábado 9 de xuño

  • Sons’2012 presenta tamén á Orquesta Voland o domingo 3 de xuño no Teatro e pecha esta edición, o xoves 21 de xuño, Sharon Corr no Auditorio de Galicia

Teo - ampliación planta potabilizadora de Pontevea


O GOBERNO DE TEO AMÓSASE SATISFEITO COA APROBACIÓN DA AMPLIACIÓN DA POTABILIZADORA DE PONTEVEA


·        O Concello financiará un 30% da obra, que ascende a preto dun millón de euros e solventará necesidades estruturais de Teo

·        Martiño Noriega lembra que levaba máis de catro anos reivindicando con múltiples xestións que se desbloquease o proxecto  

O Galo - posicionamento en contra da proposta de ordenanza de vía pública


Consideran que limita o exercicio do asociacionismo e que pon trabas ao acceso a cultura

A Agrupación Cultural O Galo posiciónase en contra da ordenanza de ocupación da vía pública que propón o goberno municipal de Santiago

A Agrupación Cultural O Galo quere amosar a súa oposición á proposta de ordenanza da vía pública que se debaterá no Pleno Municipal de Santiago de Compostela mañá xoves 31 a proposta do goberno municipal. Desde O Galo destacan que non lles parece adecuado cobrar ou solicitar fianzas para realizar actividades culturais na vía pública porque dificulta que a cultura chegue a toda a poboación así como a práctica do asociacionismo.

Ames - o IES estrea novo musical


A Casa da Cultura de Bertamiráns acolle hoxe a estrea do último musical do IES de Ames “Viaxe no tempo”

Neste espectáculo participan directamente na representación do musical un total de 84 alumnos/as. Ademais, na realización da escenografía participaron arredor de 140 alumnos/as de Educación Plástica e Visual de primeiro e cuarto da ESO. Tamén hai que destacar a implicación do alumnado de 2º de Bacharelato. Deste xeito, participaron na organización deste musical máis de 230 alumnos/as do IES de Ames.

Ordes - aberto prazo de inscripción para a xunta de maiores no Carballino


Aberto o prazo de inscrición no departamento de Servizos Sociais de Ordes para asistir á XXXIV Xuntanza de Maiores

O Concello porá a disposición dos interesados un autobús para acudir a este encontro que terá lugar no Carballiño o vindeiro 9 de xuño

Fundación Araguaney - un galego é o creador do cartel do Amal


Amal elixe a un galego como gañador do 2º Concurso de Carteis
Santiago de Compostela, Xoves 31 de Maio de 2012. O Festival Internacional de Cine Euroárabe Amal elixiu, entre máis de 300 carteis participantes, un traballo elaborado polo Director Creativo da Axencia Rubine Red Co, de Santiago de Compostela, Alfonso Serrano.
De entre o total de 300 carteis, hainos de diversa procedencia. Ao redor dun 50% son españois, mentres que os demais proceden de países como Francia, Bélxica, Reino Unido, Portugal, Colombia, México e os países árabes.

Santiago - axenda venres 1


Venres 1

9.00 h
No Aeroporto de Lavacolla, a concelleira de Turismo, Reyes Leis, asiste á inauguración da nova ruta de Iberia Express Madrid-Santiago de Compostela.

9.30 h
No salón nobre do Pazo de Fonseca, a concelleira de Benestar Social, Paula Prado, asiste ao acto de fin de curso do cuarto ciclo universitario do programa de formación de maiores da USC.  Ás 12.00 h participa nun coloquio no marco do devandito programa.

10.00 h e 11.30 h
No CEIP As Fontiñas, cunha  sesión ás 10:00 h, e no CEIP Monte dos Postes,  ás 11:30 h, última sesión do 2º Ciclo de concertos didácticos nos centros de educación infantil e primaria de Santiago “OS  CANTOS DO PAIS DO XEO", organizados pola Concellería de Educación a través da Escola Municipal de Música.

10.30 h
Na Alameda (entrada á rúa do Pombal desde o paseo de Santa Susana), as concelleiras de Medio Ambiente, María Castelao, e de Educación, Rebeca Domínguez, asisten á ROLDA DE PRENSA conxunta cos organizadores do proxecto educativo Escola de Reciclaxe.

11.00 h
Na Casa do Concello, Consello de Administración de Emuvissa. A concelleira de Urbanismo informará dos asuntos tratados en rolda de prensa ás 12.30 h.

Santiago - axenda xoves 31 e actuacións policía local


Xoves 31

11.00 h
Na Cámara de Comercio, presentación do ciclo de xornadas ferroviarias. Asisten: o alcalde de Santiago, Ángel Currás; o presidente da Cámara de Comercio de Santiago, Jesús Asorey; e o presidente da Federación Española de Asociaciones de Amigos del Ferrocarril (FEAAF), Carlos Abellán.

11.00 h
No pavillón de Lamas de Abade, o concelleiro de Deportes, Adrián Varela, clausura a Escola deportiva de Lamas de Abade.

11.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal do BNG, Rafael Vilar, sobre asuntos de carácter local.

ANABAD Galicia - comunicado polo peche da biblioteca de Caja Madrid


DECLARACIÓN DE ANABAD-GALICIA ANTE O PECHE DA BIBLIOTECA DA OBRA SOCIAL DE CAJA MADRID EN SANTIAGO DE COMPOSTELA


ANABAD-Galicia posicionouse no pasado mes de novembro contra algunhas decisións das administracións públicas de reestruturación de servizos que están a afectar seriamente a todos os ámbitos, e especialmente ao campo da cultura, con incidencia directa nos arquivos, bibliotecas e museos.

BNG Teo - mocións pleno ordinario do mes de Maio


O BNG de Teo presenta unha moción en defensa do ensino público e insta á Xunta a que se garanta a seguridade da AG-59

O grupo municipal do BNG de Teo presentará no pleno municipal que se celebra mañá, xoves 31 de maio, unha moción en defensa do ensino público e outra na que insta á Xunta de Galiza a que acometa as actuacións necesarias para garantir a seguridade na AG-59 e nomeadamente na vía de incorporación desde A Ramallosa ante os numerosos accidentes e saídas de vía que se producen nesta incoporación.

Oroso - pleno ordinario mes de Maio


O PLENO MUNICIPAL DE OROSO APROBARÁ HOXE A ENMENDA PRESENTADA POLA XUNTA DE GALICIA Á MODIFICACIÓN PUNTUAL NÚMERO 1 DO PXOM 

Jaime Carneiro Uzal tomará posesión como concelleiro do grupo socialista, logo da renuncia de Vanessa Reboredo

Teo - pleno ordinario Maio


O PLENO INSTARÁ Á XUNTA A ACOMETER AS TAREFAS DE MANTEMENTO E CONSERVACIÓN NECESARIAS NA AUTOVÍA AG-59


·        A proposta do goberno municipal constata serias carencias de coidados en noiros, vías de servizo, rotondas e valados perimetrais

 A corporación teense reúnese este xoves 31 de maio para celebrar a sesión ordinaria do pleno deste mes. O debate comezará ás 20:00 horas, no horario de tarde habitual, para facilitar a asistencia das persoas interesadas. Celebrarase no salón de sesións da Casa Consistorial, na Ramallosa, con once puntos na orde do día.

Silleda - o pleno ordinario trasladase o 8 de xuño


O pleno ordinario de Silleda trasládase ao día 8 de xuño para incluir os orzamentos municipais de 2012


O pleno ordinario de Silleda que se debería de celebrar o vindeiro xoves día 31 de maio vaise adiar para poder incluir na orde do día o debate do orzamento municipal de 2012. Así, prevese que a sesión ordinaria sexa o venres día 8 de xuño, en horario de mañá.

Ames - aberto prazo de inscripción no campus de futbol base do Bertamiráns F.C.


Xa está aberto o prazo para inscribirse na primeira edición do campus de fútbol base do Bertamiráns F.C.

O Pazo da Peregrina acolleu esta mañá a presentación do I Campus de Fútbol Base do Bertamiráns FC, que se desenvolverá entre o 25 e o 29 de xuño no campo de fútbol municipal de Bertamiráns e na praia fluvial de Tapia. Este evento deportivo organizado polo Bertamiráns FC conta coa colaboración do Concello de Ames. O prazo para inscribirse xa está aberto e rematará o próximo venres 15 de xuño. O horario completo do campus será de 8:00 h a 15:00 horas (inclúe o almorzo), mentres que o horario que non inclúe almorzo abrangue dende as 9:30 h ata as 15:00 horas. 

Teo - prazo extrardinario nas escolas infantís para solicitar o cheque infantil


ÁBRESE UN PRAZO EXTRAORDINARIO DE MODIFICACIÓN DE SOLICITUDES DE PRAZA NAS ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS PARA PODER PEDIR O CHEQUE INFANTIL


·        Poden solicitar o cheque infantil persoas que permanezan en listaxe de agarda das escolas infantís

·        Os cambios na convocatoria autonómica puideron ter condicionado ás familias á hora de indicar se querían que se tramitase a súa petición

Ames - xuntanza con pais de alumnos de 6º de primaria


Bertamiráns acollerá o 4 de xuño unha xornada informativa dirixida ás familias do alumnado de sexto curso de Educación Primaria do Concello de Ames
O obxectivo desta charla é informar e sensibilizar aos pais e nais de 232 rapaces para prever diferentes condutas de risco ou situacións problemáticas derivadas do paso da Educación Primaria á Secundaria.

Ordes - esta fin de semana II Xuntanza Cabalar en Ardemil


Os mellores cabalos e bestas danse cita dende este venres na parroquia ordense de Ardemil na II Xuntanza Cabalar

O programa inclúe xogos populares ecuestres, probas de andadura, concursos, actuacións musicais e unha gran churrascada

PSOE Trazo - os socialistas da comarca de Ordes reunense con Francisco Caamaño


FRANCISCO CAAMAÑO REÚNESE EN TRAZO CON MÁIS DE OITENTA VECIÑOS E MILITANTES SOCIALISTAS DA COMARCA DE ORDES

Entre outros, asistiron os máximos responsables do PSdeG-PSOE en Trazo, Ordes, Oroso, Tordoia e Val do Dubra

Brión - VII encontro coa arte, lembrando a Castelao



BRIÓN CELEBRA ESTA FIN DE SEMANA O “VII ENCONTRO COA ARTE, LEMBRANDO A CASTELAO”

Participarán un total de 31 artistas e incluirá unha ofrenda floral na lembranza de Castelao na súa vila natal: Rianxo

Brión celebrará os vindeiros 1, 2 e 3 de xuño a sétima edición dos Encontros coa Arte, que este ano estarán adicados á figura do escritor, artista e político Alfonso Daniel R. Castelao. Unhas xornadas que reunirán en Brión a un total de 31 artistas pintores, músicos e poetas, que participarán nunhas sesións de pintura natural nas que trasladarán os seus talleres a distintos entornos naturais, onde poderán interactuar cos veciños e veciñas que o desexen.

Santiago - nova web da concellaría de cultura


Presentárona o alcalde da cidade, Ángel Currás, e o director-xerente do Auditorio, José Víctor Carou

www.compostelacapitalcultural.org, nova web da Concellaría de Cultura

  • A nova web, que está dispoñible en español e galego, era necesaria xa que a súa predecesora tiña xa 6 anos e quedara obsoleta polos grandes avances tecnolóxicos

  • Ofrece a posibilidade de buscar a información á carta, un newsletter personalizado, crear pdf’s coa selección elixida e ten unha sala de prensa para profesionais

Ames - este venres no Milladoiro "Moito Conto" de Redrum producciones


Redrum Producciones representa a comedia musical Moito Conto na Casa da Cultura do Milladoiro

Este venres, 1 de xuño ás 18:30 horas, a compañía Redrum Producciones representa a obra Moito Conto na Casa da Cultura do Milladoiro. Dirixida ao público familiar, a comedia musical Moito Conto está protagonizada por Mónica García, Guillermo Carbajo e Tamara Canosa, e baséase no conto Hansel e Gretel.
Xa se poden reservar as entradas, para iso hai que chamar ao número de teléfono 981 535 940 ou enviar un correo electrónico á dirección cultura.milladoiro@concellodeames.org. O prezo das entradas é de 4 euros. Terán un 50% de desconto os menores de 12 anos, os maiores de 65 e os estudantes con carné.

Silleda - trece aspirantes a bolseiro de turismo


Presentadas trece solicitudes para optar á praza de bolseiro da oficina municipal de turismo

-A entrevista persoal cos aspirantes terá lugar o vindeiro venres día 8 de xuño

-Aínda podería haber máis solicitudes realizadas a través do rexistro da Xunta

 Un total de trece persoas formalizaron a súa solicitude para concorrer á bolsa que o O Concello de Silleda convoca para atender a oficina de turismo do municipio, logo de acadar a perceptiva subvención do Organismo Autónomo Local Turismo Rías Baixas, dependente da Deputación de Pontevedra.

Ordes - mañán remata o prazo para na inscripción nos campamentos de verán


O Concello de Ordes tramita as inscricións para poder asistir ós campamentos de verán da Deputación da Coruña

Ata o vindeiro 1 de xuño permanecerá aberto o prazo. Este ano o programa inclúe actividades como volei praia, vela, tenis, golf ou visitas culturais

 Ata o próximo venres 1 de xuño o Concello de Ordes manterá aberto o prazo para inscribirse nos campamentos deportivos 2012 organizados pola Deputación da Coruña e dirixidos a rapaces e rapazas de 9 a 13 anos.

Plataforma do lixo de Ames - concentración diante do concello este xoves


Concentración da“Plataforma do lixo” ás portas da Casa do Concello

Convocamos a todos os veciños do rural de Ames ó Xoves ás 19.30 horas a unha mobilización

A unión fai a forza, queremos unha xuntanza masiva para que nos escoiten e boten abaixo esta medida abusiva

O alcalde Santiago Amor segue sen recibir á Plataforma, esperamos que non se atrase moito esta xuntanza

BNG O Pino - o BNG critica que non se poida regar o campo de futbol


O BNG do Pino considera un auténtico despropósito o que está acontecendo co campo de céspede artificial do concello

 Os últimos domingos, o equipo de fútbol do cocnello do Pino atopouse coa desagradable sorpresa de que por orde do alcalde non se permitía regar o céspede do campo de fútbol máis que uns minutos antes do inicio do partido, como medida de aforro.

Ames - o concello asina o crédito de pago a proveedores


O Concello de Ames asina o crédito para facer fronte ás facturas de proveedores emitidas antes do 31 de decembro de 2011
Esta operación, avalada polo plan de axuste municipal e asinada con Banesto, permitirá ao Concello de Ames afrontar os pagos pendentes a 31 de decembro de 2011 e, ao mesmo tempo, seguir prestando servizos.

BNG A Estrada - petición para que a igrexa pague o IBI


O grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego, a iniciativa do seu portavoz,
Xosé Magariños Maceira, e ao abeiro do Regulamento orgánico municipal do Pleno da
Corporación, presenta a seguinte moción, para o seu debate en Pleno, relativa á
revisión ou compensación do acordo de exención do pagamento do Imposto sobre
bens inmóbeis (IBI) por parte da Igrexa católica.

PSOE Ordes - petición de ordenanza de ocupación de beirarruas


OS SOCIALISTAS DE ORDES SOLICITAN A ELABORACIÓN DUNHA ORDENANZA DE OCUPACIÓN DE BEIRARRÚAS

Xesús Pedreira faise eco das queixas dos pais e nais que baixan cos nenos do colexio Campomaior pola rúa do Muiño e teñen que ir pola estrada

A Agrupación Socialista de Ordes solicitará na sesión plenaria ordinaria deste xoves 31 de maio a elaboración dunha Ordenanza de Ocupación de Beirarrúas para que a ocupación privativa dun espazo público se faga de acordo a criterios de compatibilización do uso público coa utilización privada.

Ames - programa para reducir o abandono escolar


A Concellaría de Xuventude pon en marcha un programa para reducir o abandono escolar
O programa “Redución do abandono escolar” está dirixido aos mozos/as de 2° ciclo de Educación Secundaria (3° e 4° de ESO), PCPI, Diversificación curricular e mozos/as maiores de 18 anos, que non obtiveron o título da Ensinanza Secundaria Obrigatoria (ESO). Este programa inclúe varias actividades como son os encontros educativos, un campus educativo de verán e a preparación das probas de ESO para a convocatoria de setembro.

Ordes - este venres se celebra o cuarto aniversario das Noites de Tasca


Ordes acollerá este próximo venres a celebración do cuarto aniversario das Noites de Tasca

16 establecementos da vila albergarán a actuación de preto de 20 grupos, asociacións e intérpretes de música tradicional. Tamén haberá unha gran foliada ademais de obradoiros de baile e gaita

BNG Ordes - proposta de pago do IBI polas confesións relixiosas

O BNG PROPÓN QUE AS CONFESIÓNS RELIXIOSAS PAGUEN O IBI POLOS SEUS BENS

Gonzalo Castro afirmou que só cos bens que ten a Igrexa Católica en Ordes poderían recadarse perto de 30.000 euros anuais polo Imposto de Bens Inmobles.
Os nacionalistas consideran inxusto que mentres os veciños van a sufrir as consecuencias dunha desproporcionada suba do IBI, se manteñan estes privilegios ás confesións relixiosas.

Brión - máis de 700 rapaces pasaron pola Feira do Libro


MÁIS DE SETECENTOS NENOS E NENAS PARTICIPARON NAS ACTIVIDADES DA XXII FEIRA DO LIBRO DE BRIÓN

Un contacontos para os nenos do segundo ciclo de secundaria e unha representación teatral para os nenos da gardería pechan esta semana o programa conmemorativo do Día das Letras Galegas

 Máis de setecentos nenos e nenas dos distintos centros educativos de Brión participaron ao longo das dúas últimas semanas nas actividades correspondentes á XXII Feira do Libro de Brión, organizada polo Concello de Brión en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Oroso - 12 medallas para o clube Taekwon-do ITF Oroso


OS ALUMNOS CLUB TAEKWON-DO ITF OROSO CONSEGUEN 12 MEDALLAS NO I CAMPEONATO
GALEGO DE FORMAS, CELEBRADO EN RIBEIRA

Entre os 15 participantes orosáns figuran dúas campionas galegas, Paula Castiñeira e Lorena Zapata, seis subcampionatos e catro terceiros postos

O Club Taekwon-Do ITF Oroso vén de conseguir un importante éxito no I Campionato Galego de Formas, celebrado este sábado 26 de maio no pabillón da Fieiteira (Ribeira), onde acadou un total de 12 medallas: 2 de ouro, 6 de prata e 4 de bronce. Un gran éxito para este clube, de apenas ano e medio de vida, e que presentou a 15 competidores a este torneo, doce dos cales subiron ao pódium.

Ames - prazo de inscripción para o campamento urbano de verán


Aberto o prazo de preinscrición para o campamento urbano de verán do Concello de Ames
Esta iniciativa da Concellaría de Medio Ambiente está pensada para rapaces de entre 6 e 14 anos, que poderán pasar os seráns do 9 ao 20 de xullo na Aula da Natureza. O Concello habilitará un servizo de autobús para trasladar aos participantes.
Os rapaces poderán realizar todo tipo de actividades manuais e ao aire libre. O campamento terá un custe de 50 euros. Para a realización desta actividade será preciso contar cun mínimo de 25 rapaces inscritos.

Silleda - opera co Coro Lirico de Baudot


O Coro Lírico Gregorio Baudot levará o xénero da ópera ao auditorio da Bandeira o vindeiro venres día 1

-A formación de cámara acompañará á solitas como a soprano Laura Alonso ou a contraltro Francisca Beamont

-A silledense Cristina Taboada dirixe o coro lírica que vén de iniciar a súa xira de estrea

Ordes - Cruz Roja celebrou un encontro informativo sobre teleasistencia


Cruz Roja Ordes celebra un encontro informativo para dar a coñecer as ventaxas da teleasistencia a domicilio

A cita tivo lugar esta tarde no auditorio do Museo do Traxe Juanjo Liñares

Ordes 29 maio 2012.. Co fin de dar a coñecer o servicio de teleasistencia que leva a cabo Cruz Roja española, a súa  sede de Ordes en colaboración co Concello de Ordes realizou hoxe unha charla informativa. O encontro, especialmente pensado para dar resposta ás dúbidas dos maiores da zona, tivo lugar no salón de actos do Museo do Traxe Juanjo Liñares.

Santiago - axenda mércores 30 e actuacións policía local


Mércores 30

10.15 h
No Cersia, a concelleira de Turismo, Reyes Leis, inaugura a Xornada “os produtos para a xubilación en tempos de crise”, organizada pola Unión de Consumidores de Galicia.

11.00 h
No pazo de Bendaña (praza do Toural) o alcalde compostelán, Ángel Currás, inaugura o maratón de lectura dedicado a Eugenio Granell con motivo do centenario do seu nacemento. Asisten as concelleiras de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez (11.00 h), e de Persoal, Amelia González (13.00 h).

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Ángel Currás, e do director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, para presentar a nova web da Concellería de Cultura, www.compostelacapitalcultural.org

Un blog CO2 neutral


Desde Santiagoycomarca quixemos formar parte do proxecto protierra que pretende salvar un millón de árbores e combatir o CO2. Un pequeno grao pode ser importante se o sumamos a outros centos, miles ou millóns; en Galicia sabemos moito da colaboración, da solidariedade dos demáis e da importancia de salvar as nosas fragas, as nosas árbores, a nosa terrae por iso desde aquí animamosvos a que participedes desta iniciativa da que atoparedes toda a información na páxina