Axenda e tempo do sábado 21 de marzo - Festas, música, deporte, exposicións

Santiago - Numax 

Ames - VI Triangular Benéfico de Baloncesto

Santiago - Casa das Crechas - Alma Afrobeat Esemble

Santiago - Capitol - Fintroll + Hatesphere + Profane Omen

Teo - Mercado Labrego de Os Tilos - Festa da Primavera

Santiago - Teatro Principal - Martirio e Raul Rodríguez cantan a Chavela

Outros Concertos + info

Exposicións

Santiago - Fonseca - Biblioteca Diversidade Cultural - exposición Tintín (ata finais maio)

Ames - Berros e olladas (ata o 24 de marzo)

Santiago - Fundación Granell - A inquietante beleza (ata o 5 de abril)

Brión - Vistas o campo de Juan Moreno Badía (ata o 11 de abril)

Santiago - USC - Miscela Vitrea (ata o 11 de abril)

Santiago - Fundación Granell - Miradas que falan (ata o 15 de marzo)

Santiago - Fundación Granell - Instinto Animal - Phillip West (ata o 21 de xuño)


O Tempo

Casa das Crechas - Hoxe Alma Afrobeat Esemble (vídeo no interior)

A Casa das Crechas acolle hoxe sábado un concerto de Alma Afrobeat Ensemble, un grupo internacional fundado en Chicago polo guitarrista Aaron Feder e agora afincado en Barcelona. Parten do afrobeat para levalo a un terreo que coquetea co Jazz, Rap, Funk, e outros estilos africanos como o Soukous ou M'Balax. Os seus concertos son unha festa continua de enerxía, baile e cambio social.

Aquí presentarannos o seu segundo disco, ‘Life no get dublicate’, co que están a xirar por Europa. En Galicia estarán tamén o día anterior (20 de marzo) no Café Cultural Auriense de Ourense. Anteriormente publicaron ‘Toubab soul’ en 2010 e un remix do anterior en 211 (‘Toubab Resouled’). 

Segundo DJ Floro (Radio 3 e un dos máis prestixiados DJs de world music de Europa) AAE son a mellor banda de afrobeat da Península. Estiveron en festivais por todo o mundo, incluíndo o WOMAD, Mercat de Música de Vic. 

Son unha banda moi comprometida politicamente, cun discurso claro sobre a realidade africana e non só. 

Eles son: 
Babacar Gaye (Senegal, voz) 
Aaron Feder (USA/Arxentina, guitarra)
Fernando Redondo (Canarias, baixo)
Gustavo Sassone (Arxentina, batería)
Oscar Ballester (Barcelona, teclados)
Didier Roch (Francia, percusión)
Alfonso Fernández (Barcelona, fagot)

Ames - VI Partido Benéfico de Baloncesto

O Concello de Ames e o XL Milladoiro colaboran un ano máis na organización do VI Partido Benéfico de Baloncesto, que terá lugar hoxe sábado no pavillón de Bertamiráns. A entrada é gratuíta pero os asistentes poderán realizar un donativo de forma voluntaria. Os fondos recadados doaranse á Fundación Andrea, de apoio a nenos con enfermidades de longa duración, crónicas ou terminais.

O Partido Benéfico de Baloncesto Concello de Ames reúne nesta ocasión a antigos xogadores do Real Madrid, veteranos do Obradoiro CAB e ao XL Milladoiro. Xuntos participarán nun triangular que dará comezo sobre as 20:30 horas co partido entre o XL Milladoiro e o Obradoiro. De seguido, o equipo anfitrión compartirá cancha co Real Madrid e este último enfrontarase despois ao Obradoiro. Cada un dos partidos terá unha duración duns 24 minutos. 

Antes dos encontros, dende as 18:00 horas, haberá unha exhibición de patinaxe dos clubs locais Omega e Sarela, un partido de baloncesto infantil do Basquet Ames e baile a cargo do colectivo Danzaya. O grupo Heredeiros da Requinta de Carcacía porá a música durante os quentamentos e nos tempos de descanso haberá sorteos de agasallos entre o público. 

Xogadores dos tres equipos
Polo equipo merengue, dirixidos polo adestrador Carlos Sevillano, estarán Joe Arkauckas, Chechu Biriukov, Darío Quesada, Vicente Paniagua, José Manuel Beirán, José Luis Díaz, Lorenzo Sanz, Gustavo Díaz, Ignacio Castellanos, Juan Carlos Barros, Lucas Victoriano e Roberto Núñez. 

Por parte do Obradoiro, baixo as ordes de Pepe Casal, xogarán Lolo Castro, Aitor Seoane, Fran Sánchez, A. de la Concepción, Koke Rama, Julio Jiménez, Charli Uzal, Jose Sanmartín, Carlos Trias, Camilo Ribero, Tonecho Lorenzo, Marcos Gato, Chechu Yáñez. 

E Oriol Junyent ao frente do Milladoiro XL dirixirá a José Beiras, Maxi Viaño, Chema Seoane, Xosé Barato, Nadir Pampín, Santi Pampín, Javi Arroyo, Óscar Catalán, Pepo Suevos, Nacho Tapónes, Luis Mosquera e Juans Crego.

Val do Dubra - Hoxe inaugurase o centro de maiores

O Concello de Val do Dubra inaugura hoxe sábado, 21 de marzo, o seu Centro de Encontro de Maiores, que comenzou a funcionar a inicios de pasado mes de febreiro. Este centro ofrece aos maiores do Concello de Val do Dubra unha serie de servizos especializados que lles permite mellorar a súa calidade de vida.

A inauguración será a partir das 17.00 horas. O Centro de Encontro de Maiores está ubicado nas instalacións do Centro de Formación, na rúa Vereda, que une o Campo da Feira co núcleo urbano de Bembibre. Está ao lado da Igrexa Parroquial de Bembibre. Á inauguración están invitadas todos as persoas maiores que viven no Concello de Val do Dubra. Haberá música e contacontos. Está previsto que asista o alcalde do Concello, Ramón Varela, e outros membros da corporación municipal.

PP Oroso - Sobre os cemiterios de Trasmonte e Deixebre

El candidato del Partido Popular de Oroso para las próximas elecciones municipales, Alejandro Doval, mostró su preocupación por el estado en el que se encuentran en la actualidad los cementerios de las parroquias de Trasmonte y Deixebre.

En una reunión mantenida esta semana con los vecinos de estos dos lugares, el candidato popular subrayó la “necesidad” de regular cuanto antes el campo santo de Trasmonte, y la de ampliar el de Deixebre para adaptarlo a las necesidades de la parroquia.

Asimismo, Alejandro Doval acusó al gobierno local de la “falta de mantenimiento” de algunas de las pistas del municipio, y de no preocuparse por los problemas reales que afectan a las vida diaria de los vecinos.

Por último, Doval confirmó que, a lo largo de las próximas semanas, seguirá manteniendo encuentros con los vecinos y representantes de las distintas asociaciones sociales, deportivas y culturales de Oroso, con el objetivo de escuchar sus demandas y propuestas para elaborar el programa electoral de las próximas elecciones municipales.

Oroso - O 2 de abril celébrase a Festa da Xuventude

O Concello de Oroso vén de decidir o cartel do seu Día da Xuventude, que terá lugar na noite do xoves 2 de abril. Unha festa que contará coas actuacións da orquestra Olympus, que repite por terceiro ano consecutivo, e o grupo portugués Funçao Públika (Chaves). A festa comezará ás 22:00 horas na alameda de Góis de Sigüeiro, onde haberá carpa e polbeira.

BNG Oroso - Aprobación da lista para as municipáis de maio

En Asemblea Aberta o BNG de Oroso aprobou a lista para as eleccións municipais 2015.

A lista, encabezada por Xosé Manuel Pérez Penas, actual concelleiro do BNG, tenta trasladar unha representación da poboación do noso Concello, incluíndo entre os seus membros a persoas activas no seu tecido asociativo e incluso un pequeno empresario (autónomo) que se decide a dar o paso para participar na vida política do seu concello.

Na asemblea aberta celebrada onte Xosé Manuel Pérez Penas debuxou as liñas principais do que será o programa do BNG: “en Oroso é necesario un plan de emprego xuvenil e a creación de vivendas para familias con grandes necesidades na vez de refacer beirarrúas e rúas”. “Nos momentos de crise, as administracións teñen que ter claras as preferencias, e para o BNG de Oroso a preferencia é a Xente” rematou Pérez.

Rematou a súa intervención anunciando: “esta a última vez que me presento encabezando a lista”, pero, continuou “penso que temos a xente necesaria para que o relevo se produza de forma natural”.

No número dous da lista sitúase Diego Boquete Sánchez, mestre, sindicalista da CIG Ensino e membro da executiva comarcal do BNG.

Os dous seguintes postos (Olalla Marcote e Iago Torrado) mostran que cando no BNG de Oroso falamos de renovación do BNG isto é certo, posto que os dous pertencen a Galiza Nova.

No resto da lista damos cabida a cinco independentes que mostran o traballo das Asembleas Abertas no noso Concello.

5. Isabel Fernández Gallego (Independente)

6. Manuel Ramos (Independente)

7. Margarita Mejuto Canabal

8. Santiago Barral (Independente)

9. Concepción Ramos (Independente)

10. Amelia Rodrigues Esteves

11. Agustín Raña (Independente)

12. Isabel Mejuto Canabal

Pecha a lista o noso responsábel local: Carlos Manuel Marcote Suárez

Ao longo da asemblea falouse do que van ser os cernes do noso programa: a participación cidadá, os servizos sociais e a creación dun plan de emprego xuvenil.

Tamén celebramos desde o BNG Asembleas Abertas de Oroso que unha das nosas solicitudes históricas, a entrada e saída da autopista cara e desde Compostela sexa xa unha media realidade.

Santiago Futsal - Santiago Futsal firma su pase a la final de la Copa Xunta

Comenzó el encuentro en el Municipal de Lugo con un Santiago Futsal volcado en ataque, que llegaba a portería rival con mucha insistencia y que sabía de la importancia de abrir el marcador y distanciarse de su rival lo antes posible.

Lucas Bolo pudo hace el primer con un tiro lejano, al que respondería en la jugada posterior Iago Rodríguez con un disparo raso que se marchó rozando el palo. En el minuto 8 del encuentro, Diego Quintela deleitaría a la afición compostelana presente en el encuentro con un tiro a la media vuelta que se coló por la escuadra de la portería local y que significaba el 0-1 para los de Santiago. 

Santiago Futsal siguió marcando el ritmo del encuentro, y Dani ‘Chino’ y Borja tendrían sendas oportunidades para aumentar la renta, pero Areñas evitaría que el segundo tanto de los visitantes llegara antes del descanso.

Tras el paso por vestuarios, y transcurridos apenas dos minutos del comienzo de la segunda parte, Dani ‘Chino’ marcaría dos goles para alejar a los de Santiago en el marcador y poner todo de cara para llevarse el partido. El primer tanto gracias a una magnífica combinación por la banda de Iván Rumbo que cede el balón al salmantino al segundo palo, y el segundo con un buen tiro cruzado que supera al meta lucense.

Diego Quintela anotaría el cuarto del encuentro, el segundo en su cuenta persona, en el minuto 26 tras aprovechar un balón dentro del área tras un rechace. Con el 0-4 en el luminoso Iago Rodríguez saldría a pista con la camiseta de portero jugador y Prone Lugo AD jugaría con cinco en pista. Así llegaría el primer tanto de los locales de las botas de Iago Rodríguez en el ecuador de la segunda parte.

Todavía quedaría tiempo para que, en un robo de balón de Gallego, que inició la contra del conjunto visitante, marcara Borja el quinto de los de Santiago. El argentino anotaría sólo dos minutos después el sexto y definitivo tanto del conjunto blanco a portería vacía. Iago Rodríguez cerraría el marcador para los suyos en un tiro de falta al borde del área que significa el 2-6 final.

Santiago Futsal consigue, de esta manera, el pase a la final de la Copa Xunta, undécima en la historia del conjunto de la capital gallega, en la que ya espera O Parrulo FS. 

Ficha del partido

Prone Lugo FS 2: Areñas, Cospe, Antonio Diz, Iago Rodríguez y Alex Diz–cinco inicial- Javi Río, Manuel María, José López, Diego Fente y Pablo

Santiago Futsal 6: Marcos Vara, Lucas Bolo, Kike, Hugo Sánchez y Diego Quintela –cinco inicial -Borja, Dani ‘Chino’, Iván Rumbo, Gallego, Santi y Lucho

Árbitros: Castiñeiras Posse y Carreira Romero. Amonestaron con tarjeta amarilla a Cospe, Iago Rodríguez y Diego Fente por Prone Lugo FS.

Incidencias: Partido correspondiente a la semifinal de Copa Xunta celebrado en el Municipal de Lugo con una asistencia aproximada de 500 espectadores

Goles: 0-1 min.8 Diego Quintela, 0-2 min.22 Dani ‘Chino’, 0-3 min.22 Dani ‘Chino’, 0-4 min.26 Diego Quintela, 1-4 min.30 Iago Rodríguez, 1-5 min.35 Borja, 1-6 min.37 Gallego, 2-6 min.38 Iago Rodríguez

Axenda e tempo do venres 20 de marzo - Música, cine, exposicións

Santiago - Numax 

Santiago - Capitol - Rapsusklei + Arce

Santiago - Auditorio - Real Filharmonía + Conservatorio

Outros Concertos + info

Exposicións

Santiago - Fonseca - Biblioteca Diversidade Cultural - exposición Tintín (ata finais maio)

Ames - Berros e olladas (ata o 24 de marzo)

Santiago - Fundación Granell - A inquietante beleza (ata o 5 de abril)

Brión - Vistas o campo de Juan Moreno Badía (ata o 11 de abril)

Santiago - USC - Miscela Vitrea (ata o 11 de abril)

Santiago - Fundación Granell - Miradas que falan (ata o 15 de marzo)

Santiago - Fundación Granell - Instinto Animal - Phillip West (ata o 21 de xuño)


O Tempo

Santiago - Programación cultural da fin de semana

O programa cultural desta fin de semana vén cargado de propostas musicais, xa que teremos ata cinco citas con diferentes estilos. Na xornada do venres 20 poderemos escoitar a Rapsusklei e Arce nunha noite de rap e hip-hop na Sala Capitol dentro do ciclo Compostela Rock. Sábado estarán a Orquestra do Conservatorio Profesional da cidade e a Real Filharmonía de Galicia no Auditorio de Galicia ofrecendo un concerto familiar; Martirio e o seu fillo Raúl Rodríguez no Teatro Principal dentro do ciclo Sons’15 e Es un árbol e Cro! na Zona C enmarcado no ciclo Compostela Rock. O domingo poderemos escoitar á Banda Municipal de Música co programa ‘Americanísimo’ no Teatro Principal a partir das 12.00h.

Rapsusklei e Arce no Compostela Rock
RAPSUSKLEI, despois de 7 anos sen pisar os escenarios de Santiago, volve á cidade para presentar novo disco 'Reality Flow'. E por primeira vez o rapeiro compostelán ARCE afronta unha presentación na súa cidade, á beira do respectado Rapsusklei, presentando 'Toke de Queda', o seu último traballo. Será ás 21h na Sala Capitol dentro do ciclo Compostela Rock

O prezo é de 12 euros anticipada e 15 o día do concerto e as entradas poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal (de 18.00 a 21.00h), en Ticketea, salacapitol.com, A Reixa Tenda, Cultura Urbana, Portobello (A Coruña), 4 Elementos (Vigo e Ourense).

Concerto familiar coa Orquestra do Conservatorio e a RFG
Ralph Vaughan Williams e o mestre do Romanticismo Franz Schubert son os autores deste novo concerto familiar da Real Filharmonía de Galicia organizado en colaboración co Conservatorio Profesional de Música compostelán. Baixo a dirección de Maximino Zumalave, e con Rafael López de la Torre como solista, a nosa orquestra interpretará o Concerto para tuba –unha das obras máis coñecidas do compositor británico Vaughan Williams– e unha selección da música composta por Schubert para pór en escena a historia de Rosamunda, a filla do rei de Chipre. 

O concerto, recomendado a partir de 7 anos, será o sábado ás 18.30 no Auditorio de Galicia dentro do ciclo Infantil&Familiar e a entrada é de balde previa retirada de entrada no despacho de billetes do Teatro Principal ou o propio día do concerto na billeteira do Auditorio de Galicia.

Martirio & Raúl Rodríguez cantan a Chavela

Martirio e o seu fillo Raúl Rodríguez presentan en Sons o seu traballo ‘De un mundo raro. Cantes por Chavela’, unha reinterpretación vangardista do repertorio de Chavela Vargas. A admiración, o respecto, de Martirio pola figura de Chavela Vargas ven de lonxe e é de sobra coñecida e permitiulle compartir ao longo dos anos moitos encontros e vivencias con “La Chamana” a unha beira e outra do océano. O concerto é sábado ás 20.30h no Teatro Principal dentro do ciclo Sons’15.

Pódense mercar as entradas no despacho de billetes do Teatro Principal (aberto de 18.00 a 21.00h), en entradas.abanca.com ou no 902 434 443. Teñen un prezo de 16 euros (anticipada) e 18 euros o día do concerto.

Es un árbol e Cro! no Compostela Rock
‘En el parlamento’ é o segundo disco de Es un Árbol (Metamovida 2014), composto por 15 temas de rock absurdo. Gravado e mesturado nos insignes Estudos Pastora por Jose Vázquez e Álvaro Gallego na Semana Santa de 2014. “Eles son o futuro como o sorriso dun neno, e están dispostos a facerte arder dentro da súa agreste maquinaria musical”. Estarán o sábado ás 20.30h na Zona C, acompañados da banda viguesa Cró!.

O concerto, dentro de Compostela Rock, ten un prezo de 6 euros anticipada e 8 o día mesmo e as entradas poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal (de 18.00 a 21.00h), en A Reixa Tenda, Miranda e Ticketea e o propio día na Zona C.

A Banda Municipal co programa ‘Americanísimo’
Dentro do ciclo de Primavera, a Banda Municipal de Música dirixida polo mestre Juan Miguel Romero Llopis interpretará obras de Egea, Tichelli, Bernstein e Shostakovich o domingo 22 de marzo ás 12:00 h no Teatro Principal. A entrada ao concerto é de balde

Monbus - Comunicado sobre as situación da empresa

Comunicado de MONBUS

En relación con las diferentes informaciones aparecidas en los medios de comunicación esta mañana, desde la empresa MONBUS queremos informar a nuestros usuarios y a la ciudadanía en general, que todos los servicios de transporte de viajeros que presta actualmente MONBUS están funcionando con normalidad y seguirán haciéndolo para garantizar la totalidad de nuestros servicios.

Con este comunicado queremos despejar cualquier duda sobre el funcionamiento de nuestras líneas de viajeros y transmitir tranquilidad a los usuarios de los mismos en las diferentes ciudades y comunidades, así como a los trabajadores y trabajadoras del grupo.

Aunque en estos momentos desconocemos el contenido de la investigación judicial, el cuerpo directivo y los trabajadores de la empresa compartimos la tranquilidad y la seguridad manifestada por nuestro Presidente, y queremos transmitir esta tranquilidad a nuestros usuarios y amigos.

Finalmente, queremos hacer público que la empresa está prestando y seguirá prestando una total colaboración con la investigación judicial a fin de que en el menor tiempo posible se pueda resolver esta situación.

Lugo, a 19 de Marzo de 2015

Teo - O pleno de marzo iniciará a municipalización do servizo de xestión da auga

O Concello de Teo converterase no pleno do próximo xoves en pioneiro na recuperación da xestión directa de servizos públicos. Culmina un proceso de meses coa proposta de xestión directa do servizo municipal de abastecemento de auga potable, saneamento e depuración de augas residuais. Xa están convocadas as comisións informativas para o próximo luns no que se dará un primeiro debate entre os grupos políticos presentes na coporación. 

No pleno do mes de outubro de 2014 xa se iniciaba este procedemento administrativo que responde ao interese político de recuperar a xestión dun ben público como é a auga. Daquela manifestábase a vontade de asumir a xestión directa do servizo, extremo que avalou a Deputación da Coruña cun informe de decembro de 2014. 

Agora o pleno terá que debater e votar varios puntos relacionados coa municipalización do servizo: a propia proposta de xestión directa; a aprobación do regulamento do servizo municipal de abastecemento de auga potable, saneamento e depuración; a modificación do cadro de persoal do servizo e a modificación da ordenanza fiscal reguladora da taxa por abastecemento de auga, sumidoiros e depuración. 

Rafael Sisto, concelleiro de Urbanismo e Infraestruturas de Teo destaca “a aposta pola municipalización do servizo por entender que a auga é un ben público que se debe protexer e xestionar tendo en conta criterios medioambientais, de sostenibilidade sen esquecer a eficiencia do sistema”. O edil explica que en Teo hai unha experiencia de xestión privada da auga de 25 anos “no que se deu un incremento de tarifas e de déficit económico do servizo continuado o que demostra que a xestión privada non resulta eficiente nin dende logo ventaxosa para a cidadanía”. 

Respecto dos custos do servizo Sisto explica que o Concello de Teo viña destinando nos últimos anos 1.350.000 euros ao servizo entre o que pagaba á operadora Viaqua e o que asumía directamente. O estudo de custes para a municipalización “na proposta máis conservadora tanto no capítulo de ingresos coma no de gastos, estima un custe total do servizo inferior a 1.130.000 euros polo que o aforro para a economía municipal é evidente”. 

No pleno votarase tamén a modificación da ordenanza fiscal para establecer prezos estables nas acometidas de auga e saneamento que ata o de agora decidía a empresa xestora en base a un orzamento de obra. Deste xeito os custes de acometida serán estables. Na modificación da taxa non se toca as tarifas actuais. 

Respecto do tema de persoal o pleno votará a modificación do cadro de persoal que establece os traballadores precisos para a xestión directa. Recóllese a necesidade dun xefe de instalación e redes, tres operarios de planta, un oficial eléctrico mecánico, un capataz de redes, catro operarios de redes e un auxiliar administrativo. O proceso de selección deste persoal laboral temporal farase mediante concurso-oposición. O Concello de Teo non ten amparo xurídico para poder subrogar aos traballadores da actual empresa xestora. No caso de que estes presentasen unha reclamación xurídica sobre esta cuestión o Concello paralizaría o proceso selectivo e asumiríaos mentres non se resolve o contencioso para evitar unha situación de inseguridade xurídica e de responsabilidade económica.

Ames - Legalización das obras de ampliación do complexo "Squash Santiago"

O Concello de Ames aprobou recentemente a legalización das obras de ampliación do complexo deportivo “Squash Santiago”, situado na avenida de Rosalía de Castro, no Milladoiro. Deste xeito, dáselle o visto bo á construción dunha terceira piscina e dunha nave para pistas de pádel. Asemade, tamén se legalizaron unhas instalacións que se acondionaron para usar como salas de spinnig e aeróbic, zona infantil de xogos e zonas comúns de circulación e evacuación.

Avalada polos informes dos técnicos do departamento de Urbanismo a Xunta de Goberno Local vén de darlle luz verde á solicitude de legalización destas obras construídas recentemente co obxectivo de ampliar o devandito complexo deportivo, que dispón dun aforo máximo permitido de 734 persoas.

A este acordo chegouse despois de que se presentara un proxecto para legalizar as devanditas obras no local. Ademais, tiveron que presentar un estudo xeral no que se xustificase que as novas instalacións cumprían a normativa vixente. Unha vez presentada a documentación, os técnicos do departamento municipal de Urbanismo informaron favorablemente da solicitude de formación dun complexo deportivo e confirmaron a legalidade das obras de ampliación executadas.

Por último, aprobouse a liquidación provisional do imposto sobre construcións, instalacións e obras, que ascende á cantidade de 2.023,92 euros. O presuposto das obras de ampliación segundo recolle o proxecto é de 101.195.97 euros.

Axenda e tempo do xoves 19 de marzo - Música, coloquios, cine, exposicións

Santiago - Numax - Coloquio con Antonia Madroñero

Santiago - Casa das Crechas - Fred Martins

Santiago - VII ciclo piano Ángel Brage

Santiago - Sala Moon - Los Últimos bañistas + Nunatak

Santiago - Fundación Araguaney - Inauguración expo litografías de Alí Alí

Santiago - Festival Atlántica

Outros Concertos + info

Exposicións

Santiago - Fonseca - Biblioteca Diversidade Cultural - exposición Tintín (ata finais maio)

Ames - Berros e olladas (ata o 24 de marzo)

Santiago - Fundación Granell - A inquietante beleza (ata o 5 de abril)

Brión - Vistas o campo de Juan Moreno Badía (ata o 11 de abril)

Santiago - USC - Miscela Vitrea (ata o 11 de abril)

Santiago - Fundación Granell - Miradas que falan (ata o 15 de marzo)

Santiago - Fundación Granell - Instinto Animal - Phillip West (ata o 21 de xuño)


O Tempo

Fundación Araguaney - Inauguración da exposición de Alí Alí e do libro Suleimán y Salúa

La Fundación Araguaney-Puente de Culturas inaugurará hoy jueves, día 19, una exposición de litografías del artista sirio, afincado en A Coruña, Ali Ali en la galería del Hotel Eurostars Araguaney, a las 19:00 horas. La muestra, compuesta por dieciocho grabados en piedra según la técnica tradicional, narra historias y leyendas tradicionales de la infancia de Ali Ali. La exposición permanecerá abierta desde hoy jueves hasta el 12 de abril.

También se presentará el libro ilustrado “Suleimán y Salúa” (Editorial Trifolium), escrito por Francisco X. Fernández Nadal, ilustrado por Ali Ali y editado por Xan Arias. El libro narra la historia de Suleiman y Salúa como síntesis de mitos locales, lecturas infantiles, cuentos populares, recuerdos y sueños de la memoria de Ali Ali durante su infancia en Siria.

Frades - X Festa da merenda de Aiazo

A Asociación de Veciños “Os Pasos”, da parroquia de Aiazo (Frades), vén de presentar o programa da décima edición da Festa da Merenda de Aiazo, que terá lugar o próximo domingo 29 de marzo. Unha edición especial para a que “esperamos a visita de moita máis xente que en anos anteriores”, explica Tamara Carreira, unha das organizadoras da festa, quen sinala que “se o tempo acompaña, temos confirmada a asistencia de moita xente da comarca e de fóra dela”.

A X Festa da Merenda de Aiazo dará comezo ás 12:00 horas na área recreativa “Os Pasos” coa degustación gratuíta das tortillas de masa con torriscos, que se prolongará durante toda a xornada grazas á colaboración das cociñeiras desta parroquia. Ás 13:30 horas terá lugar unha das novidades da xornada: a actuación da Charanga Mekánika.

Foliada da Merenda
Para o xantar, ademais das merendas gratuítas que se servirán baixo carpa, as familias poderán escoller entre traer a comida da casa (e utilizar as mesas e o entorno da área recreativa “Os Pasos” se o tempo así o permite) ou optar por unha polbeira (de pago) que estará aberta todo o día e baixo carpa cuberta. A partir das 16:00 horas terá lugar a gran Foliada da Merenda, coa participación dos grupos Reviravolta de Lardeiros, A Xunqueira das Encrobas, Agrocovo de Esteiro, Gharatuxa e os locais Sarillo (Aiazo), os únicos que repiten con respecto ao ano pasado. Ás 19:30 horas comezará unha gran verbena a cargo das orquestras París de Noia e Cinema, que se estenderá ata ben entrada a madrugada.

Tamara Carreira explica que “temos previsto facer algo máis dun milleiro de tortillas de masa”, elaboradas exclusivamente cunha masa feita con ovos, auga e fariña. Despois cada cociñeira lle dá o seu toque persoal, tanto polo grosor da masa como por se as acompaña ou non por torriscos (láminas de touciño de porco). Ademais, e dado o éxito acadado nas dúas edicións previas, tamén haberá a posibilidade de comprar “merendas” para levar, que se entregarán en caixas de pizza.

A Festa da Merenda xurdiu como unha iniciativa desta asociación de veciños para que os máis novos coñeceran a tortilla de masa e a importancia que tivo en décadas pasadas. Neste sentido, Tamara Carreira sinala que “en tempos de necesidade estas tortillas de masa facíanse case a diario, con máis auga e fariña que ovos, pero serviron para quitar moita fame”

Santiago - Coneza o VII ciclo de piano Ángel Brage

O ciclo de Piano Ángel Brage, que se celebra dentro do Programa de Abono de Auditorio de Galicia, chega á súa VII edición. Inaugúrase hoxe, xoves 19 de marzo co alemán Lars Vogt, no Auditorio de Galicia. Tras el, o 24 de abril estará Herbert Schuch e pecharase o 14 de maio co debut en Compostela de Alexandre Tharaud. Todos serán ás 21.00h. As entradas teñen un prezo de 12 euros (6€ para estudantes e xubilados) e poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal, en entradas.abanca.com, no 902 434 443 e no propio Auditorio de Galicia os días de concerto.

O Ciclo de piano Ángel Brage nace no ano 2008, dentro da programación de abono do Auditorio de Galicia, para homenaxear no 25º aniversario do seu falecemento a este pianista e mestre de varias xeracións de músicos composteláns. Polo escenario do Auditorio de Galicia xa teñen pasado algúns dos máis grandes pianistas da actualidade, como Olli Mustonen, Arcadi Volodos, Christian Zacharias, Krystian Zimmerman, Aldo Ciccolini, Paul Lewis, Leif Ove Andsnes, Emanuel Ax, Andrea Lucchesini, David Kadouch, Cédric Tiberghien, Andrea Bacchetti.etc... 

Lars Vogt inaugura o Ciclo de Piano. Xoves 19 de marzo

O alemán Lars Vogt inaugura o Ciclo de Piano Ángel Brage con obras de Schubert, un dos máis prolíficos compositores para este instrumento, Schoenberg e Beethoven. A súa innegable proximidade melódica e harmónica fan das tres últimas sonatas para piano de Schubert, compostas no seu derradeiro ano de vida (1828) e actualmente consideradas entre as máis importantes pezas mestras de madurez, unha verdadeira triloxía cuxas emocións expresadas son consideradas como persoais e autobiográficas e das que sempre se lembra o carácter dramático e heroico da Sonata en do menor e o apaixonado lirismo da Sonata en La maior. É precisamente a sonata en do menor a que poderemos escoitar neste concerto, xunto coas 'Seis pequenas pezas para piano' de Schoenberg e a Sonata número 32 en do menor de Beethoven.

PROGRAMA
Sonata para piano en do menor, D. 958. Schubert
'Seis pequenas pezas para piano'. Schoenberg
Sonata nº 32 en do menor Op 111. Beethoven

CSIC - CSIC y Confemadera conmemoran el Día del Árbol

El Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC), a través del Institutito de Investigaciones Agrobiológicas de Galicia (IIAG) y el Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA, CSIC-XuGa), junto con la Confederación de Empresas de Madera de Galicia, celebró ayer en Santiago de Compostela un acto con motivo del Día Del Árbol. 

Por una parte, han plantado siete árboles en las parcelas del Instituto de Investigaciones Agrobiológicas de Galicia (Campus Vida, Avenida de Vigo s/n, Santiago de Compostela). 

En la plantación han participado el conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de la Xunta de Galicia, Román Rodríguez González; el secretario xeral de Medio Rural e do Mar de la Xunta de Galicia, Tomás Fernández Couto; la directora del Área de Centros de la Axencia Galega de Innovación, Sonia Pazos Álvarez; la directora del IIAG, Carmen Trasar Cepeda, y el presidente de Confemadera Galicia, Elier Ojea Ureña. 

De los siete árboles tres –un castaño, un ciruelo y un roble- son donados por el IIAG- CSIC y cuatro –pinos- por Confemadera. 

El Instituto de Investigaciones Agrobiológicas, uno de los cinco institutos del CSIC en Galicia, realiza investigación científica y técnica en el área agro-forestal, incluyendo la propagación y conservación de especies leñosas por medios biotecnológicos, así como el estudio molecular de los procesos de desarrollo. 

En este contexto, el IIAG ha cedido para su plantación un ejemplar de castaño procedente de un árbol de Lalín que llevaba en cultivo in vitro desde 1987; un ejemplar de Claudia Blanca del país y otro de roble obtenido mediante técnicas de micropropagación de un árbol de más de 400 años, llamado “Carballa da Rocha” (Robleda de Saínza, en Rairiz de Veiga), considerado Monumento Natural e incluido en el Catálogo de Árboles Singulares de la Xunta de Galicia.

Confemadera ha adquirido y donado, por su parte, cuatro ejemplares de pino del país.

Tras la plantación, ha tenido lugar en el Centro de Supercomputación de Galicia (Campus Vida, Avenida de Vigo s/n, Santiago de Compostela) la charla “O monte é a nosa vida, axúdanos a coidalo”, impartida por personal técnico de Confemadera.

En total, han participado más de 300 alumnos: presencialmente el alumnado de 1º y 2º de ESO del IES Antón Fraguas y del CPR Junior’s (Santiago de Compostela) y, con el CESGA como proveedor tecnológico por videoconferencia, el alumnado del IES Muralla Romana (Lugo), CPIR Tino Grandío (Guntín), CEE Terra de Ferrol, CEE Infanta Elena (Monforte de Lemos), IES Carlos Casares (Viana do Bolo), CEPI Canosa Rus (Coristanco), CEIP Vivei (Viana do Bolo), IES Casa de la Virgen (Cangas do Morrazo) y CPR Padre Feijoo (Ourense).

USC - O Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC advirte das precaucións para observar a eclipse solar

As especiais precauciónsque se deben tomar para observar a eclipse total de sol deste venres motivan que o Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC organice nos xardíns das súas instalacións, no Campus Vida de Santiago, unha sesión pública de seguimento durante todo o fenómeno, entre as 9:05 ás 11:18 horas. O mesmo acontecerá en Sanxenxo e Padrón, vila esta última onde ademais o director do Observatorio José Ángel Docobo explicará o fenómeno este xoves 19 no Auditorio ás 20.00 horas.
Imaxe: Kevin Baird

Dado que a eclipse se inicia no Atlántico e pasa entre Islandia e as Illas Británicas para rematar no Polo Norte, será a galega a comunidade onde a Lúa oculte máis o Sol; concretamente na costa noroeste chegará a ocultarse máis dun 75% da superficie solar. O seu máximo darase en Galicia ás 10:09 horas.

O procedemento máis seguro para observala é proxectar sobre unha superficie a imaxe producida por un pequeno telescopio, pero nunca mirar directamente o Sol e menos aínda observalo con prismáticos ou telescopios. Unha alternativa, se non se dispón das gafas especiais ao efecto, pode ser usar os cristais que se adoitan utilizar en soldadura “pero neste caso débense manexar con máximo factor de protección e non mirar de xeito continuado”, advirte Docobo, que subraia “en todo caso, os máis cativos deben de estar sempre tutelados”.
Quen non conte cos medios axeitados ou non poida participar nas observacións dirixidas por expertos poderá seguir a eclipse vía internet polo Real Instituto y Observatorio de la Armada (ROA, http://www.eclipse.roa.es/), por Canal Ciencia (http://www.sky-live.tv/index-canal-ciencia.html) e por Misión Eclipse (http://www.misioneclipse.es/). 

A máis importante dende 2005

A eclipse do venres vai ser a máis importante en Galicia dende aquela espectacular anelar do 3 de outubro de 2005. Entón, aínda que a Lúa se situou xusto fronte ao Sol non o tapou completamente deixando un aro de luz solar arredor do satélite. Iso debeuse a que a Lúa estaba preto do apoxeo –máxima distancia a nós, tendo en conta que a distancia entre a Lúa e a Terra oscila entre 356.375 e 406.720 quilómetros–.

A próxima eclipse solar que se verá coma total na Península será o do 12 de agosto de 2026, en tanto que o 26 de xaneiro de 2028 poderá verse outra de carácter anelar. Tamén en 2015, na noite do 27 ao 28 de setembro, haberá a oportunidade de contemplar unha eclipse total de Lúa.

Xunta - Ethel Vázquez avoga para que a actividade cinexética sexa sustentable e que dinamice a economía rural

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, destacou esta mañá que a Xunta de Galicia avoga por traballar da man dos cazadores para facer da actividade cinexética sexa unha actividade sustentable e que dinamice a economía rural en Galicia. 

A conselleira presidiu a reunión anual do Comité Galego de Caza, onde destacou o traballo conxunto co sector permitirá apostar por unha actividade ordenada e sostible que propicie un dobre obxectivo: unha correcta xestión das poboacións silvestres, xa que a actividade cinexética é un instrumento eficaz para o control de poboacións. O segundo dos obxectivos que se converta nun estímulo para as economías agrarias, xa que a estreita vinculación existente entre o mundo rural e a actividade cinexética contribúe a frear o abandono do rural e a mellorar a dinamizar este sector.

Vázquez Mourelle afirmou que en Galicia a caza é unha actividade sustentable, que debe someterse a unha axeitada planificación, que ordene e xestione os recursos cinexéticos, respectando os criterios de protección da biodiversidade.

En palabras da conselleira, dende a entrada en vigor da Lei de caza en 2014 en Galicia xa se ten detectaron melloras. En boa parte porque a nova normativa soubo dar resposta á importante variación nas modalidades de caza e das condicións dos hábitats que esixían, tamén, novos modelos para a xestión dos espazos cinexéticos. 

Licenza única
A conselleira tamén recordou que Galicia, xunto coas comunidades autónomas de Castela a Mancha, Castela León, Estremadura, Madrid, Aragón, Galicia e o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente está a negociar un convenio para a posta en marcha da licenza única de caza e pesca. 

Aclarou que se trata dun paso máis, despois de que o conxunto das administracións asinaran un protocolo de adhesión; ao tempo que representa un dos retos a cumprir a curto prazo que permitirá poder cazar noutras comunidades sen ningún outro trámite. Engadiu que outro dos obxectivos é o regulamento da Lei de caza de Galicia.

Ethel Vázquez salientou que unha lexislación comprometida e eficaz na protección do medio unida á conciencia ecolóxica crecente por parte dos cazadores son o mellor instrumento para promover unha práctica que presenta un gran potencial na dinamización da economía rural da comunidade galega.

BNG Compostela - O alcalde e complice de Conde Roa no caso do interventor e o secretario

O portavoz do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, cualificou de “esperpéntica” a actuación de Agustín Hernández sobre a execución da sentenza que obriga a restituír os anteriores secretario e interventora nas súas prazas. “Agustín Hernández é responsábel directo deste asunto, non é unha vítima de Conde Roa; é cómplice do que impulsou Conde Roa e mantivo Ángel Currás”, afirmou. No Pleno extraordinario deste xoves darase conta do auto de execución da última sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza.

Cando chegou á Alcaldía Agustín Hernández tiña enriba da mesa o expediente completo deste caso cos seus respectivos informes negativos dos técnicos municipais sobre a creación desas prazas. “Pero é que ademais tiña dúas sentenzas dicindo que eses informes eran conforme a dereito e as actuacións eran ilegais”, indicou. Así, referiuse a que no último auto xudicial lle botan “unha reprimenda” a Agustín Hernández por non executar a sentenza nos termos ditaminados pola Xustiza. Ademais, explicou, contratou avogados externos supostamente para defender “interese xeral”, “cando en realidade estaba a defender o interese particular do PP”, ao que se engade o incumprimento do convenio colectivo do persoal municipal polo que se seguen a manifestar na praza do Obradoiro.

Unha decisión política sen xustificación
A chegada do PP á Alcaldía de Santiago supuxo a toma dunha decisión “política” que foi traer dous novos habilitados estatais a este Concello e crear dúas novas prazas de secretario e de interventor, cando non estaban xustificadas nin pola falta de profesionalidade dos anteriores nin por un aumento da carga de traballo que implicase reforzar eses servizos. Todo iso acontecía ao mesmo tempo que o Concello de Santiago amortizaba 51 prazas do cadro de persoal e que incumpría o convenio colectivo municipal e suprimía dereitos laborais.

“A Xustiza dános a razón a quen denunciamos no terreo político durante todos estes anos este atropelo, tanto publicamente como nos plenos, como a quen o denunciou xudicialmente que foi a CIG”, asegurou Rubén Cela.

O PP confunde maioría absoluta con absolutismo
Isto é “unha foto fiel deste mandato, un Concello xudicializado por corruptelas, por malas prácticas e por actuacións administrativas sen mínimo rigor e cando teñen consecuencias económicas que as paga a escote a veciñanza de Santiago de Compostela e non o causante, que é o PP”. Do mesmo xeito que confunden “maioría absoluta con maioría absolutista”, porque o grupo de Goberno tiña a obriga de falar coas centrais sindicais no momento en que se produce un cambio no cadro de persoal e iso, como recoñece a sentenza, é un motivo de nulidade. Cuestionou ademais como “se dilapidaron fondos públicos” nesta decisión, nun momento de recortes económicos.

Isto vai supor para as arcas municipais un desembolso de máis de medio millón de euros “pola neglixencia do PP que supoñen o salario destes habilitados, mais o custe da asesoría xurídica externa que contrataron e as posíbeis indemnizacións”. Deste xeito, cuestionou que “o PP se aproveite da lentitude da Xustiza para evitar aplicar a sentenza porque así, cun pouco de sorte, xa esgotan o mandato”.

Santiago - Sale a concurso o Plan Director de Bonaval

O Consorcio de Santiago saca a concurso a finalización do Plan Director do Conxunto de San Domingos de Bonaval. Será o documento guía que marcará os usos, mantemento e funcións deste conxunto monumental. O presuposto base da licitación é de 96.686,73 euros e estímase un prazo de execución dos traballos de 15 meses.

O conxunto que forman as antigas dependencias do Convento de San Domingos de Bonaval, en Santiago de Compostela, está declarado Ben de Interese Cultural dende o ano 1912. O Plan Especial de Protección e Rehabilitación da Cidade Histórica de Santiago de Compostela catalógao como de “nivel 1”, é dicir, que recoñece a excepcional calidade arquitectónica e valor histórico, artístico e cultural do conxunto. E establece que as actuacións nos edificios monumentais de especial valor arquitectónico deben rexerse por un Plan Director de Restauración.

O Consorcio de Santiago promoveu a redacción inicial dun Plan Director do Conxunto, a través da contratación de distintos documentos de estudo. O seguinte paso é a redacción dun Plan Director completo. Para o seu correcto desenvolvemento créase unha Comisión de Seguimento formada por técnicos e/ou representantes da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, o Concello e o Consorcio de Santiago, a Arquidiocese de Santiago, o Padroado do Museo do Pobo Galego e a Confraría do Rosario. 

O Plan Director marcará o proceso de conservación e rehabilitación e/ou reestruturación do conxunto. Establecerá os distintos niveis e tipos de intervención en cada un dos edificios que o forman, os seus usos máis axeitados, así como un plan de conservación e/ou restauración das súas fábricas e instalacións. Así mesmo, debe contemplar os bens mobles contidos en cada edificio e unha estratexia museográfica xeral.

O Concello de Santiago é propietario do convento, cedido ao Padroado do Museo do Pobo Galego para o seu uso público como museo. Parte da ala sur do convento está cedida para oficinas dos servizos de Protección do Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia e outra parte úsaa a Concellaría de Cultura do Concello de Santiago como sala de exposicións (Zona C). O Concello é responsable dos espazos verdes circundantes e da contorna urbana. O Arcibespado de Santiago é titular da igrexa, que na actualidade non ten culto e a miúdo dedícase a espazo expositivo. O Panteón de Galegos Ilustres, xestionado polo Parlamento de Galicia, ocupa unha capela da igrexa. E a Confraría do Santo Rosario ten en propiedade a capela do Rosario e o seu cemitero anexo para uso privado.

Oroso - O concello firma convenios de colaboración coas asociacións socioculturáis do muicipio

O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, e o concelleiro de Cultura, Antonio Leira, asinaron convenios de colaboración con representantes de seis entidades socioculturais do municipio: as agrupacións folclóricas Lembranzas do Tambre e Buxos Verdes, as asociacións culturais Santa Catalina e Néboas no Cumio, a asociación Amigos do Acordeón e a Asociación da Terceira Idade.

Manuel Mirás agradeceu “o traballo fundamental que estades desempeñando dende as vosas asociacións na conservación e promoción da nosa cultura”. De feito, coa sinatura destes convenios de colaboración o Concello de Oroso busca estreitar a súa relación coas distintas entidades culturais e ofrecer todo o seu apoio na realización das actividades culturais destas asociacións. “Nós colaboramos cedendo os locais ou organizando eventos, mentres que eles colaboran dando clases, ofrecendo bonificacións aos empadroados ou participando nas actividades que organizamos”, explica o alcalde orosán.

Exemplos deste tipo de colaboracións son, por exemplo, a actuación dos distintos grupos folclóricos no próximo Concurso de Tapas do Concello de Oroso ou as clases que a agrupación folclórica Buxos Verdes está a ofrecer no centro cultural de Sigüeiro para promover a cultura galega e, ao mesmo tempo, buscar novos membros para a entidade. 

Os convenios foron asinados por Daniel Liste Moscoso, presidente da Asociación da Terceira Idade; Mari Carmen Fernández Mosquera, presidenta da agrupación folclórica Buxos Verdes; Fernando Puente Boquete, da agrupación folclórica Lembranzas do Tambre; Francisco Santos Lagares, de Amigos do Acordeón de Sigüeiro; Elena Couselo Patiño, presidenta da asociación cultural Santa Catalina; e Antonio Vieites Brea, da asociación cultural Néboas no Cumio.

Val do Dubra - Rosa Quintana visita os productores lácteos

La conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, animó ayer en Bembibre a los productores lácteos de Val do Dubra a aprovechar la Oportunidad que ahora se presenta con el final de las cuotas lácteas a partir del próximo mes de abril. “Desaparece o sistema de cuotas e agora temos a oportunidade de ocupar un mercado que ata o de agora tíñamos limitado”, explicó la titular de la Consellería de Medio Rural, quien estuvo casi toda la mañana en el Concello de Val do Dubra.

Rosa Quintana se desplazó a las 11.00 horas, acompañada del alcalde de la localidad, Ramón Varela, a conocer una explotación láctea hasta la parroquia de Niveiro. También les acompañaron miembros de la corporación municipal. Allí escuchó de boca de los socios de la explotación cuáles son sus inquietudes. Y le trasladaron las limitaciones que presenta la base territorial. La explotación de ganado productor de leche de Niveiro, una Sociedad Agraria de Transformación (SAT) cuenta con 500 cabezas y produce 8.000 litros de leche al día. Fue constituida en 2002 y está formada por tres socios.

La conselleira, posteriormente, se desplazó hasta Bembibre para explicar a los productores las novedades de la ayudas de la PAC para este año. En la Casa da Cultura mantuvo un encuentro con un centenar de productores del Concello de Val do Dubra, y les animó a aprovechar las oportunidades que se presentan. “Estamos ante un momento decisivo”, indicó Rosa Quintana, quien recordó que “a limitación heredada sobre a capacidade de producir leite chega ao seu fin”. Ante este panorama invitó a los presentes a abastecer nuestro propio mercado porque “Galicia non produce o leite que consume”. En su opinión, “non existe problema en ter unhas explotacións eficientes”. En este sentido, apuntó “temos feitos os deberes”. Sí encontró algunas dificultades en la industria de transformación o en el sector de la distribución. Pero se mostró optimista ante el nuevo escenario que se presenta.

El alcalde de Val do Dubra destacó que la mayor industria del Concello “é a nosa gandeiría”. Y agradeció, en nombre del sector, la presencia de la titular de la Consellería de Medio Rural e do Mar.

Casa das Crechas - Fred Martins e Pedro Pascual

A Casa das Crechas acolle hoxe un concerto de dous cracks que se xuntan para interpretar cancións propias e populares que teñen relación coa tradición da música ibérica e do Brasil. Fred Martins é un brasileiro que ofrece un repertorio variado e moi relacionado coa tradición musical do seu país, dialogando co samba e a bossa nova, e tamén mesturando elementos do rock e doutros estilos musicais. Esta vez estará acompañado polo multiinstrumentista galego Pedro Pascual (Talabarte, Marful).

Destacado entre os artistas da súa xeración, o cantante e compositor Fred Martins vén de ser recoñecido co Premio Visa de Música Brasileira, onde recibiu o premio por unanimidade do xurado e o voto popular, conferido polo público. Tamén rexistrado en disco por Maria Rita (Sem Aviso, Perfeitamente, esta en o recentemente lanzado cd Elo), Ney Matogrosso (Tempo Afora, Novamente) e Zélia Duncan (Hóspede do tempo, Flores). 

Publicou catro discos: ‘Janelas’ (2001), ‘Raro e comum’ (2005), ‘Tempo Afora’, Cd e DVD (2008) e ‘Guanabara’ (2009), ademais de ‘Acrobata’ en dúo con Ugia Pedreira. 

Participou nos festivais internacionais Lulaworld 2014 (Canadá), Músicas Portuarias, Cantos na Maré (Galicia), Festival de Verão de Vila Real (Portugal), Festival Jawhara (Marrocos), Projeto Pixinguinha e Música na Caixa (Brasil) entre outros eventos. 

Pedro Pascual é intérprete, docente, compositor e produtor que domina diversos instrumentos. Está ligado a proxectos como Laio, Marful, Talabarte, Descarga ao Vivo, Ao Pe da Letra. Tocou e gravou con inumerábeis artistas e grupos das músicas tradicionais, da Península e internacionais. Desde o ano 2000 dedícase á docencia e divulgación do acordeón diatónico. Na actualidade realiza concertos ao vivo, produce e arranxa traballos discográficos, grava os seus propios proxectos e compón por encargo diferentes B.S.O. e sintonías para TV, teatro, publicidade e audiovisuais.