Teo incorpora dez persoas máis ás súas brigadas

Teo, 25/06/2016 - O Concello de Teo incorpora estes días un total de dez persoas ás súas brigadas de obras e de parques e xardíns. Cinco das contratacións son posibles coa participación municipal no Plan de Emprego Local (PEL) da Deputación da Coruña e as outras cinco efectúanse mediante un programa autonómico. Nas dúas iniciativas, os traballadores e traballadoras beneficiados permanecerán aproximadamente ata finais de ano. 

O 15 de xullo remata o prazo de presentación de solicitudes para as axudas a novas empresas de Compostela Móvese

Santiago, 25/06/2016 - A responsable do departamento Económico, Marta Lois, e a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, presentaron a segunda edición de Compostela Móvese, programa que recolle as múltiples actividades que desenvolve a Oficina de Promoción Económica municipal para impulsar un novo modelo económico para Santiago apoiándose nas principais fortalezas da cidade.

Especial sábados creativos en Área Central para pechar o curso

Santiago, 25/06/2016 - Hoxe sábado, Area Central pecha a súa tempada dos talleres "Sábados creativos", que veñen organizando desde o pasado mes de setembro, coa celebración da súa última sesión centrada na "cociña creativa intergaláctica". As responsables da Asociación Planeta Shalom teñen organizada unha sesión moi especial na que os nenos gozarán coa temática que máis éxito tivo esta tempada: a cociña. 

Décima edición del concurso del Club Hípico La Lagunita

Santiago, 25/06/2016 - El Club Hípico La Lagunita de Santiago de Compostela organiza el domingo, día 26, el X Concurso hípico de salto, manejo y doma en sus instalaciones de San Marcos (Lugar da Lagoa s/n), a partir de las 11:00 horas.

O delegado do Goberno e o director xeral da Policía reciben aos membros da Escola de Ávila que realizan o Camiño

Santiago, 25/06/2016 - O delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, e o director xeral da Pollicía Nacional, Igancio Cosidó, recibiron na Praza do Obradoiro aos membros da Escola Nacional de Policía de Ávila, que finalizaron o Camiño de Santiago 2016.

A Escola de música de Ames clausurou o curso

Ames, 25/06/2016 - Esta semana tivo lugar o último concerto da Escola de Música Municipal de Ames (EMMA). Un acto que acolleu a Casa da Cultura do Milladoiro e que serviu de despedida do alumnado. O público encheu o auditorio para escoitar as actuacións das agrupacións de canto, de violíns, a orquestra de guitarras, o combo xuvenil e de adultos, o alumnado de canto moderno ou ao alumnado de percusión, entre outros.

O Journal of Physics A premia un artigo do profesor José Luis Miramontes

Santiago, 25/06/2016 - A revista científica Journal of Physics A, publicada polo Institute of Physics, vén de recoñecer cos premios que anualmente concede aos mellores artigos científicos un traballo realizado polo catedrático da Facultade de Física José Luis Miramontes e que asina conxuntamente co profesor Timothy J Hollowood, da Universidade de Swansea (Reino Unido), e o doutor David M Schmidtt, do Instituto de Física Teórica de Sao Paulo (Brasil).

A oposición de Trazo pide unha comisión para investigar a pranta de residuos e o PP a rexeita

Trazo, 24/06/2016 - Non fai moito tempo o Partido Popular de Trazo rexeitaba a construcción dunha pranta de residuos na canteira de A Picota. As propostas de Psoe e BNG, no pleno celebrado onte, e que consistían na creación dunha comisión na que traballaran todos para solucionar o problema foi rexeitada.
A continuación as posturas de Psoe e BNG.

O Consello da Xunta autorizas o investimento de 200.000 € no saneamento de Filgueira, Seixido e Servia en Lousame

parroquia de Servia
Lousame, 24/06/2016 - A alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, celebra que o Consello da Xunta autorizase hoxe xoves a sinatura dun convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello de Lousame para instalar un sistema de saneamento e depuración de augas nos lugares de Filgueira, Seixido e Servia.

O PSOE de Ordes denuncia o estado de total abandono da área de lecer de Vilagudín

Ordes, 24/06/2016 - O PSOE de Ordes denuncia a situación de total abandono da área de lecer a carón do encoro de Vilagudín polo que lle pedirá ao Concello de Ordes a posta en marcha de medidas de restauración e conservación desta zona natural.

SOS Compostela denuncia complicidade entre a Consellería de Sanidade e a clínica Soto Boo

Santiago, 24/06/2016 - O colectivo SOS Compostela, que defende a sanidade pública na área metropolitana de Compostela, denuncia as prácticas da clínica Souto Boo que acolle doentes derivados dos hospitáis públicos. 
SOS Compostela enviou unha carta ao conselleiro de sanidade na que reclama explicacións e acusa a Xunta de complicidade

O goberno e o Consorcio Galego de Servizos da Igualdade e Benestar ultiman a apertura da escola infantil de Bertamiráns

Ames, 24/06/2016 - Onte o alcalde de Ames, José Miñones, o concelleiro de Urbanismo, Blas García, o concelleiro de Educación e Cultura, David Santomil, e mailo xerente do Consorcio Galego de Servizos da Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, visitaron a nova escola infantil de Bertamiráns, para ultimar os últimos traballos que quedan pendentes de executar de cara a apertura a principios de setembro deste centro que se enmarca dentro da Rede A Galiña Azul da Xunta de Galicia.

O BNG de Teo denuncia a mala constrcción das novas beiravias do concello

Teo, 24/06/2016 - O BNG de Teo denuncia a chapuza que está a facer o concello coas beiravías que se están a construír en diferentes puntos do concello.

Silleda contará con dous operarios varredores máis durante sete meses

Silleda, 24/06/2016 - O Concello de Silleda ven de incorporar a dous peóns varredores , que pasarán a reforzar a plantilla xa existente durante os vindeiros sete meses.

Ataque Escampe e Chicharrón hoxe no teatro Principal de Compostela

Santiago, 24/06/2016 - Hoxe as 20:30 horas concerto no Teatro Principal cun dos mellores grupos do panorama galego, Ataque Escampe presentan algunhas cancións do que será o seu novo traballo. 
Con Aataque escampe estarán en Compostela Chicharrón, os de Carballo presentan o segundo disco  cheo de novas sonoridades. 

Brión celebra esta tarde o acto de clausura das escolas culturais e deportivas

Brión, 24/06/2016 - O Concello de Brión organiza o acto de clausura das escolas culturais e deportivas, que terá lugar no pavillón polideportivo municipal hoxe venres 24 de xuño, a partir das 17:00 horas.

Aberta a inscrición para participar no 'Campus de verán Órdenes 2016'

Ordes, 24/06/2016 - A S.D. Club Órdenes en colaboración co Concello de Ordes pon en marcha este verán o 'Campus de verán Ordes 2016'. Unha iniciativa deportiva que se desenvolverá dende o primeiro de xullo no campo de fútbol de Vista Alegre, repartíndose en dúas quendas quincenais. Está especialmente dirixida a nenos e nenas nados entre os anos 2000 e 2012, e desenvolverase en horario de mañá (de 10 a 14 horas).

Lousame convoca os seus Campamentos de Verán

Lousame, 24/06/2016 - O Concello de Lousame convoca a decimocuarta edición dos seus Campamentos de Verán, que terán lugar entre o 11 e o 15 de xullo e que “teñen como obxectivo ofrecerlles aos rapaces e rapazas de Lousame cinco divertidos días disfrutando de actividades lúdico-culturais, deportivas e de natureza”, explica Silvia Agrafojo, concelleira de Ensino e Servizos Sociais. Unhas actividades dirixidas a rapaces e rapazas entre os 6 e os 15 anos de idade.

Frades entrega as bolsas que benefician a 12 alumnos máis co ano pasado

Frades, 24/06/2016 - O Concello de Frades incrementou en 600 euros as súas axudas para transporte escolar e para a compra de material escolar para o curso académico 2015-2016, que beneficiarán a un total de 41 familias do municipio, 12 máis ca na convocatoria de 2015.

Aberta a preinscrición para a nova edición do Máster de Atención Temperá

Santiago, 24/06/2016 - Ata o 20 de setembro permanecerá aberto o prazo de inscrición da nova edición do máster e do curso de especialización de Atención Temperá que organiza o Departamento de Psicoloxía Evolutiva e da Educación da USC.

‘Volcán culinario’, da Capilla, gaña o IV concurso Tapateo


Teo, 24/06/2016 - O IV Concurso de Petiscos TapaTeo, organizado polo Concello de Teo, dá a coñecer os seus premios. A proposta gañadora na avaliación dos clientes foi ‘Volcán culinario’, do establecemento ‘A Capilla’, situado en Calo.

O Servizo Lúdico Educativo de Silleda despide a tempada escolar cun festival

Silleda, 24/06/2016 - O Servizo Lúdico Educativo do Concello de Silleda celebrou na tardiña de onte a clausura da tempada escolar cun festival onde actuaron os 38 rapaces que participan actualmente deste servizo.

Ames creará unha comisión para traballar na ordenanza de de terrazas

Ames, 22 de xuño de 2016.- O goberno municipal mantivo esta semana unha xuntanza cos hostaleiros e hostaleiras de Ames e mailos propietarios de negocios que fan ocupación da vía pública (froiterías, florerías, comercios, etc.), para falar do borrador da ordenanza de instalación de terrazas, taboados e outros elementos análogos.

Santiago asina un convenio con FEAFES para a cesión de tres vivendas

Santiago, 23/06/2016 - O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asinou un convenio coa Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidades Mentais (FEAFES), representada polo seu presidente, José Ramón Girón. Esta entidade é unha das que participa na Mesa de traballo e coordinación sobre as persoas sen teito.

Ames e Negreira reúnense cos veciños da Ponte Maceira para coordinar os traballos de limpeza

Ames, 23/06/2016 - Os alcaldes de Ames, José Miñones, e de Negreira, Jorge Tuñas, reuníronse cos membros da asociación de veciños da Ponte Maceira. Nesta xuntanza tamén participaron o concelleiro de Urbanismo, Obras Públicas e Servizos Básicos de Ames, Blas García, e maila concelleira amesá de Participación e Atención Veciñal, Isabel González.

A Escola Municipal de Patinaxe de Silleda pecha o curso cunha exhibición este venres

Silleda, 23/06/2016 - Mañá venres día 24 terá lugar no pavillón municipal de Deportes César G. Fares de Silleda a xa tradicional exhibición de fin de curso da Escola de Patinaxe de Silleda, na que participarán 107 alumn@s.

Cursos de iniciación ao piragüismo na praia fluvial de Tapia, en Ames

Ames, 23/06/2016 - O Concello de Ames, a través da concellaría de Deportes, organiza uns cursos de iniciación ao piragüismo durante os meses de xuño, xullo e agosto. Esta actividade está dirixida aos nenos/as 8 a 14 anos.

A base do Santiago Futsal participará no Peñíscola Adventure Futsal

Santiago, 23/06/2016 - A base do Santiago Futsal poñerá o punto final á tempada coa súa participación na primeira edición do Torneo Adventure Futsal que se celebrará en Peñíscola os días 30, 1, 2 e 3 de Xullo.

Marta Lois apunta o turismo deportivo como alternativa á estacionalidade

Santiago, 23/06/2016 - A concelleira de Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, asistiu no Pazo de Altamirá á presentación dunha tese doutoral sobre o gasto que realizan os asistentes aos partido do Obradoiro.

Actividades de verán do Observatorio Astronómico da USC

Santiago, 23/06/2016 - O Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC (OARMA) intensificará as súas actividades ao longo de verán co desenvolvemento de TodoCosmos, financiado por FECYT-Ministerio de Economía e Competitividade, e do programa Visitas Astronómicas en colaboración coa Cidade da Cultura, en ambos os dous casos entre os meses de xullo e setembro.

WOMEX elixe aos galegos Radio Cos na primeira listaxe da Selección Oficial,

Santiago de Compostela, 23/06/2016 - Hoxe WOMEX, a maior feira mundial de ‘world music’, deu a coñecer as primeiras 23 bandas da súa Selección Oficial, entre as que figura o grupo tradicional galego Radio Cos, liderado por Quique Peón e Xurxo Fernandes.

Este domingo, último día para percorrer a exposición de fotografías de Xurxo Lobato na Casa do Cabildo

Santiago, 23/06/2016 - Baixo o título “Airiños Aires, Rosalía”, a Casa do Cabido, na Praza das Praterías, acolle dende principios de abril unha exposición de instantáneas na que o fotógrafo Xurxo Lobato rende homenaxe á ilustre poetisa. Este domingo, 26 de xuño, é o último día para percorrer a mostra, en horario de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas e o domingo de 11:00 a 14:00 horas. Durante estes meses visitaron a exposición unhas 5.500 persoas.

250 cacharelas iluminarán a Noite de San Xoán en Ordes

Ordes, 23/06/2016 - O municipio de Ordes encherase de cacharelas na noite máis longa do ano, celebrando así por todo o alto a Noite de San Xoán. Dende o Concello tramitáronse 250 comunicacións nas que veciños, veciñas, asociacións, agrupacións etc dan conta das súas fogueiras e celebracións previstas.

Compostela celebrará a noite de San Xoán con máis de 60 cacharelas públicas

Santiago, 23/06/2016 - Santiago vai celebrar por todo o alto a noite de San Xoán, e como é habitual serán centos as cacharelas públicas e privadas que se celebrarán por todo termo municipal.

Volve Camiño ao Gaiás

Santiago, 23/06/2016 - Un verán máis, a Fundación USC Deportiva e a Cidade da Cultura organizan conxuntamente o roteiro ‘Camiño ao Gaiás’ co obxecto de achegar á sociedade compostelá e aos seus visitantes os distintos espazos dese centro cultural e a súa contorna á vez que se promociona un estilo de vida saudable.

O alumnado do CEIP A Maía marca unha liña na estrada AC-544 para ampliar as beirarrúas

Ames, 22/06/2016 - Onte un grupo de alumnos de cuarto de primaria do CEIP A Maía participou xunto co concelleiro de Educación e Cultura, David Santomil, nunha actividade do programa “Pés na rúa”, que se enmarca dentro do Plan Proxecta, no que colaboran o Concello de Ames, o CEIP A Maía e maila Xunta de Galicia.

Silleda reitera ante Fomento, a Xunta e a Deputación a necesidade de desbrozar no marxe dos viais autonómicos

Silleda, 22/06/2016 - O Concello de Silleda ven de reiterar a petición ás tres entidades con titularidade de viais no municipio para que comecen os traballos de limpeza nas estradas que discorren polo mesmo. 

A USC organizará a cuarta Xornada Universitaria Galega de Xénero

Santiago, 22/06/2016 - A cuarta edición da Xornada Universitaria Galega de Xénero abordará o próximo 15 de xullo na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC analizará a práctica docente co obxectivo de impulsar a aplicación da transversalidade de xénero como criterio de excelencia universitaria.

Ames alerta de supostos instaladores de gas que intentan estafar aos veciños

Ames, 22/06/2016 - O corpo de seguridade amesán alerta sobre un posible engano, que están levando a cabo varias persoas que se fan pasar por instaladores de gas. Estas persoas operan de forma individual ou en parella e intentan enganar a persoas maiores que viven soas.

A Estrada perde auga a tres días de empezar as festas

A Estrada, 22/06/2016 - A Estrada levantouse hoxe, -unha vez máis-, coa traída perdendo auga na Avenida Benito Vigo e centos de veciñas e veciños sen auga corrente nas súas casas, e todo isto ocorre a tres días do inicio das festas patronais.

Pacto X Ames solicita información sobre o novo Centro de Saude para o Milladoiro

Ames, 22/06/2016 - Pacto X Ames acaba de solicitar mediante rexistro de entrada no concello nº 6876, información sobre a tan ansiada dotación sanitaria. No escrito solicítase copia do convenio que a Consellería e o Concello de Ames están a mencionar, xa que, entre as declaracións da Consellería e as do Goberno Tripartito hai diversas contradicións que serían necesario aclarar e que a oposición descoñece

A USC edita o manuscrito inédito de Valle-Inclán Con el alba. El Cuaderno de Francia

Santiago, 22/06/2016 - En plena Guerra Mundial, o 27 de abril de 1916 Valle-Inclán viaxou a Francia, onde permaneceu dous meses nos que realizou varias visitas á fronte de guerra. Desa intensa experiencia deixou constancia escrita nun pequeno caderno de notas de carácter estritamente privado que dá conta das observacións e impresións do escritor sobre os efectos da guerra na vangarda e a retagarda francesas que coñeceu.

Frades convoca os seus campamentos de verán para nenos e nenas de máis de 4 anos

Frades, 22/06/2016 - O Concello de Frades vén de convocar os seus campamentos municipais de verán para nenos e nenas maiores de 4 anos, que terán lugar do 11 de xullo ao 8 de agosto, en horario de 9:30 a 13:30 horas.

O Servizo de Deportes da USC ofrece cursos de natación e tenis no mes de xullo

Santiago, 22/06/2016 - Ás actividades que o Servizo de Deportes organiza de xeito intensivo durante o verán, engadiranse no mes de xullo tres novas propostas deportivas de natación e tenis federado e un campus de tecnificación, tamén de tenis.

Ames ofrece o servizo de transporte adaptado para as eleccións do 26 de xuño

Ames, 22/06/2016 -  O Concello de Ames pon á disposición das persoas con dificultades de mobilidade un vehículo especialmente habilitado para que poidan participar nas eleccións xerais que se celebran este domingo 26 de xuño de 2016.

El Rio Natura Monbus Obradoiro colabora en el I Circuito Gallego 3x3 organizado por Tiro Libre SCQ

Santiago, 22/06/2016 - O Rio Natura Monbus Obradoiro asistiu á presentación do I Circuíto Galego 3x3, organizado pola tenda oficial do club, Tiro Libre SCQ e apadriñado polo xogador Pepe Pozas. 

Teo abre o prazo para as solicitudes de uso de pavillóns deportivos

Teo, 22/06/2016 - O departamento de Deportes do Concello de Teo mantén aberto ata o venres 22 de xullo o prazo para que as entidades locais soliciten a utilización dos pavillóns polideportivos municipais no vindeiro curso. 

Hoxe preséntase na Granell "O tempo das mareas. María Casares e Galicia" de María Lopo

Santiago, 22/06/2016 - Hoxe preséntase na Granell "O tempo das mareas. María Casares e Galicia" de María Lopo, a cita na Fundación Granell, na praza do Toural, as sete e media da tarde.

A ANPA Carboeiro de Oroso estrea a súa segunda obra de teatro

CEIP Camiño Inglés 
Oroso, 22/06/2016 - Hoxe mércores, 22 de xuño, a ANPA Carboeiro (CEIP do Camiño Inglés, de Sigüeiro), estrenará a súa segunda obra teatral, que leva por título Isto cheira mal!!!

Silleda entrega os premios do I Concurso de Cómic “Biblioteca Pública Municipal Daniel Castelao”

Silleda, 22/06/2016 - Onte tivo lugar a entrega de premios do I Concurso de Cómic “Biblioteca Pública Municipal Daniel Castelao”, organizado pola Concellería de Educación do Concello de Silleda.

Falamos con Xaime Subiela, candidato ao Congreso e veciño de Ames

Os vos resultados de Ames Novo nas eleccións municipais, ainda que non fraguaran nun goberno de cambio, levou en parte a que Xaime Subiela
 formara parte das listas ao Congreso. En Decembro estivo a piques de conseguer un escano e agora hai unha segunda oportunidade. 

A praza de Mazarelos acollerá un mercado tradicional para celebrar o San Xoán

Santiago, 21/06/2016 - A praza de Mazarelos será o punto central das actividades do novo festival organizado polo Concello de Santiago, a través de Turismo de Santiago, para promocionar as Festas de San Xoán como un atractivo turístico da cidade.

CIG-Ensino apoia a comunidade educativa do CEIP Mesón do Vento, de Ordes, ante a supresión dunha unidade

Ordes, 21/06/2016 - A CIG-Ensino denuncia a decisión da Consellaría de Educación de suprimir unha unidade de educación infantil no CEIP Mesón do Vento, en Ordes. Ademais a Consellaría de Educación pretende suprimir no mesmo concello a escola unitaria de Merelle.

Pacto X Ames reclama a convocatoria da Xunta Local de Seguridade

Ames, 21/06/2016 - Según Pacto X Ames o goberno tripartito de Ames non se está tomando en serio a seguridade a pesares das queixas reiteradas de asociacións e outros colectivos. Pasa de puntillas sobre este tema e sáltase os prazos para convocar a Xunta Local de Seguridade, xa hai máis de un mes que tiña que estar convocada para facer o seguimento tal e como está regulado. PxA leva tres anos con esta reivindicación.

Teo apoia con 250.000 euros a actividade das asociacións


Teo, 21/06/2016 -  O Concello de Teo apoia con máis de 250.000 euros a actividade das asociacións deportivas, veciñais, culturais e sociais do municipio, a través de diversas convocatorias.

A mostra coas obras da “Trobada d´Art. De l´Empordà a Galicia” na sala de exposicións de Brión ata o 22 de xullo

Brión, 21/06/2016 - O salón municipal de exposicións de Brión acolle ata o vindeiro 22 de xullo unha exposición con 26 obras doutros tantos artistas catalanes e galegos elaboradas durante a segunda edición da “Trobada d´Art de l´Empordà a Galicia”, celebrado o pasado ano no municipio xerundense de Castell-Platja d’Aro.

Abre o prazo de matrícula para o programa de psicomotricidade

Ames, 21/06/2016 - O Concello de Ames, a través da concellaría de Educación, informa de que este luns, 20 de xuño, abre o prazo para matricularse no programa de psicomotricidade e nos servizos complementarios municipais para o curso 2016-2017.

A Xunta Electoral dá a razón ao PP e obriga a retirar da páxina web a noticia sobre o programa Compostela+

Santiago, 21/06/2016 - O Partido Popular de Santiago informa de que a Xunta Electoral de Zona de Santiago de Compostela emitiu este luns unha resolución que obriga ao Goberno local a retirar da páxina web oficial do concello a noticia que fai referencia á renda de garantía básica Compostela+.

O campo de Conxo acollerá o IV Campus de Fútbol da Fundación Atlético de Madrid

Santiago, 21/06/2016 - O concelleiro de Deporte, Rafael Peña, presentou o IV Campus de Tecnificación organizado pola Fundación Atlético de Madrid. Na rolda estivo acompañado polo seu coordinador, Héctor Antelo.

Talan as árbores da parte traseira do CEIP Silleda

Silleda, 21/06/2016 - Onte procedeuse ao talado e a retirada de varios eucaliptos que estaban situados nun solar privado, anexo ás instalacións do CEIP de Silleda.

Alumnado da Aula de Teatro sube as súas propostas escénicas ás táboas

Santiago, 21/06/2016 - Alumnado de interpretación e dirección da Aula de Teatro da USC representarán no Salón Teatro as obras ‘Cabaret Salomé e Cinzas. A hora de inicio das funcións é ás 21.00 horas con entrada libre previo paso pola billeteira, que abrirá ás 19.00 horas.

Alumnos da Escola de Altos Estudos Musicais tocarán coa Real Filharmonía de Galicia

Santiago, 21/06/2016 - A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM) imparte o Curso Avanzado de Especialización Orquestral, un curso de posgrao recoñecido como título propio pola Universidade de Santiago que naceu hai cinco anos como unha experiencia pioneira en España.

‘A frauta máxica’, primeira das proxeccións de óperas no Auditorio

Santiago, 21/06/2016 - A Sala Mozart do Auditorio de Galicia acolle a proxección da ópera 'A Frauta Máxica' de Mozart interpretada no Festival d’Aix-en-Provence 2014. Será hoxe, martes 21 a partir das 20.00 h na Sala Mozart con entrada libre.

No Día da Música Lar Legido nas Crechas e prometendo sorpresas

Santiago, 21/06/2016 - Hoxe martes 21 de xuño, Día Internacional da Música, a Casa das Crechas ofrece un concerto de LAR Legido e “surprises”. Non sabemos que fará, non sabemos con quen virá, nin sabemos o que soará, pero seguro que, como de costume, LAR LEGIDO nos vai sorprender coas súas “surprises”.

Hoxe remata o ciclo ‘A pequena historia do cuarteto de corda’

Santiago, 21/06/2016 - O ciclo ‘Pequena historia do cuarteto de corda’ da USC rematará hoxe martes 21 co último dos tres concertos previstos. Nesta ocasión, ás 20.30 horas no Paraninfo da Universidade actuarán os violinistas Ildikó Oltai e Irina Gruia, a viola Ioanna Ciobotaru e o violonchelista Millán Abeledo Malheiro, que interpretarán obras de Béla Bartók, Joaquín Turina, Dimitri Shostakovich e Benjamin Britten.

Éxito de participación no II Trofeo Concello de Ordes de Patinaxe Grupos Show

Ordes, 21/06/2016 - Máis de 330 patinadores e patinadoras de 16 equipos e con idades comprendidas entre os 8 e os 20 anos, déronse cita no pavillón Castelao I esta fin de semana para participar no II Trofeo Concello de Ordes de Patinaxe Grupos Show.