Axenda sábado 30 marzo - exposicións, festas, deportes


SANTIAGO
20.00 h Na igrexa das Ánimas, programa de concerto do tesouro musical e artístico conservado na Catedral de Santiago, o Códice Calixtino, polo grupo compostelán Resonet, dentro do Festival de Músicas Contemplativas.

22.00 h Na igrexa da Universidade, concerto do conxunto madrileño Neopercusión no Festival de Músicas Contemplativas.

ACTIVIDADES
Ames - Ames Cup no campo de fútbol de Bertamiráns   +INFO

Melide - II Aberto de Tenis Concello de Melide    +INFO

Padrón - Festas de Pascua 2013   +INFO

EXPOSICIÓNS
Santiago - MUPEGA - Luces de Alén M ar - As escolas de americanos en Galicia   +INFO 

Santiago - Área Central - exposición de traxes do Museo Juanjo Liñares de Ordes   +INFO

CIPA Padrón - Denuncia de plaxio da Pedronía formalizada no 2009

Para por en práctica o primeiro plan de dinamización cultural (2007/11) establecéronse varías fases: a) recuperación patrimonial e documental, b) restauración e rehabilitación dos recursos c) documentación, roteiros culturais, sinalización monumentos, publicitación, posta en valor e uso do patrimonio. Sen a concienciación e axuda de particulares e institucións non sería posible. Demostrouse que con ilusión e ganas podense rentabilizar recursos en época de crise. 

Ames - en abril celbraranse as III Xornadas sobre violencia de xénero

O Concello de Ames celebrará en abril as terceiras xornadas sobre violencia de xénero

Santiago - a orquestra Nova e de Nenos da Sinfónica de Galicia pecha o ciclo Músicas contemplativas

“Músicas contemplativas” pecha o seu exitoso programa domingo 31 de marzo no Auditorio de Galicia dentro do ciclo ‘Novas orquestras’
Orquestra nova e de nenos da Sinfónica de Galicia dirixidos por Diego García Rodríguez

Ordes - Área Central acolle unha mostra de traxes cedida polo museo Juanjo Liñares

Área Central exhibe traxes típicos das Comunidades Autónomas cedidos polo Museo do Traxe Juanjo Linares

Axenda venres 29 marzo - música, deporte, exposicións


SANTIAGO
20.00 h O alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á Procesión do Santo Enterro, con saída de San Domingos de Bonaval (en caso de choiva realizarase un Via Crucis).

20.00 h Na igrexa de San Fructuoso, o Cuarteto Atlántico interpreta cuartetos para cordas de Mozart é A morte e a doncela, de Schubert, no Festival de Músicas Contemplativas.

22.00 h Na igrexa da Universidade, concerto de Il Cuncordu d'Orosei, mestres do canto tradicional do Mediterráneo, patrimonio oral da humanidade da UNESCO, dentro do Festival de Músicas Contemplativas.

ACTIVIDADES
Ames - Ames Cup no campo de fútbol de Bertamiráns   +INFO

EXPOSICIÓNS
Santiago - MUPEGA - Luces de Alén M ar - As escolas de americanos en Galicia   +INFO 

Ordes - o vial de Espinica incluese no Plan de Obras e Servizos 2013

O Concello de Ordes inclúe a mellora de parte do vial da Espinica no POS 2013 
Un segundo plan acometerá unha segunda fase que completará a totalidade do seu arranxo. As condicións meteorolóxicas postergaron moitas das obras previstas en pistas e tramos municipais

Silleda - desestimada unha demanda contra o concello por responsabilidade patrimonial

Desestimada a demanda por responsabilidade patrimonial de Construcciones Agustín Chaira contra o Concello de Silleda

Pacto x Ames - formalizado ante notario o novo proxecto político

PxA é o novo partido político de Ames, constituído para contribuir á determinación da política local

Ames - o concello organiza unha excursión a Portugal para o 13 de abril

O Concello de Ames organiza unha excursión a Portugal para o sábado 13 de abril
As concellarías de Cultura e Maiores organizan esta viaxe, que ten como obxectivo ofrecerlle á veciñanza de Ames a posibilidade de coñecer dúas localidades lusas: Vilanova de Cerveira e Valença do Minho

Ordes - o concello celebra hoxe as procesions de Los Dolores e da Soledad

O Concello de Ordes prepárase para vivir a procesión de Nuestra Señora de los Dolores e de la Soledad 

Oroso - os cativos de 3 garderías prantan árbores no paseo do Carboeiro

SESENTA MENIÑOS DA ESCOLA INFANTIL A ULLOA E DAS GARDERÍAS DE CATIVOS EN CONXO E RESTOLLAL PLANTAN ÁRBORES NO PASEO DO CARBOEIRO

Ordes - a Cruz Vermella celebrou o Día da Auga

Cruz Vermella Ordes conmemorou o Día Mundial da Auga

Frades - un ano máis celebrouse a Festa da Merenda na parroquia de Aiazo

CENTOS DE PERSOAS DESAFIARON Á CHOIVA NA VIII FESTA DA MERENDA DE AIAZO (FRADES), QUE REPARTIU CASE 1.000 TORTILLAS DE MASA

Axenda xoves 28 marzo - exposicióna, festas, música, Semana Santa


SANTIAGO
19.00 h O alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á Procesión da Última Cea do Salvador, con saída da igrexa de San Francisco.

21.00 h Na igrexa de San Domingos de Bonaval, Canto Bizantino coa cantante serbia Divna Ljubojevic e o coro Melódi, dentro do Festival de Músicas Contemplativas.

ACTIVIDADES
Ames - Ames Cup no campo de fútbol de Bertamiráns   +INFO

Santiago - Embora Bar - festa Soul Train   +INFO

Santiago - Semana Santa    +INFO 

EXPOSICIÓNS
Santiago - MUPEGA - Luces de Alén M ar - As escolas de americanos en Galicia   +INFO 

BNG Santiago - Ruben cela valora o acordo que paraliza a construcción de novos edificios na Cidade da Cultura

Rubén Cela afirma que o tecido cultural está “anémico” e non é preciso construír “máis continentes” na Cidade da Cultura

Ames Novo Ames - o concello vende fume cando fala do novo vial no polígono do Milladoiro

O goberno de Amor, unha vez mais, apúntase á política de fume e palla 
Ames Novo critica a inversión que o Concello de Ames vai realizar asfaltando unha pista de concentración parcelaria pretendendo presentalo coma un novo vial de conexión do Polígono do Milladoiro coa autovía de Brión

PSOE Ordes - solicitude de arranxo de vial en Espenica

O PSOE DE ORDES PIDE O ARRANXO DO VIAL QUE UNE A ESTRADA ORDES-PONTECARREIRA COA ESPENICA, QUE SE ATOPA NUN PÉSIMO ESTADO DE CONSERVACIÓN

Esquerda Unida Santiago - Esquerda Unida piden que se busquen novas fórmulas para financiar a nova facultade de mediciña

O CONSELLO COMARCAL DE ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA CRITICA A DERIVA ESPECULATIVA DO LADRILLO QUE SE LLE QUERE DAR AO ANTIGO HOSPITAL DE GALERAS

Silleda - o concello buscará fórmulas para potenciar os servizos lúdico e educativo

A Concellería de Educación potenciará e buscará fórmulas para dinamizar o Servizo Lúdico Educativo
-O servizo está a ser deficitario xa que dos 90 alumnos previstos só hai 39 a día de hoxe

Frades - a parroquia de Añá celebra a Santa Resaca

A PARROQUIA DE AÑÁ (FRADES) CELEBRA HOXE XOVES A OITAVA EDICIÓN DA FESTA DA XUVENTUDE COAS ORQUESTRAS ACHÉ E CICLÓN EN HONOR A SANTA RESACA

Oroso - hoxe celébrase a Festa da Xuventude

A ALAMEDA DE GÓIS (SIGÜEIRO) ACOLLE HOXE A FESTA DA XUVENTUDE CUNHA GRAN VERBENA COA ACTUACIÓN DAS ORQUESTRAS OLYMPUS E CANADÁ
Tamén actuarán a cantante ordense Tania Veiras e os DJs Marcos Magán e Manu López

Silleda - o concello presenta o mes cultural adicado a axuda o Pobo Saharaui

Silleda acolle o Mes Cultural de Axuda ao Pobo Saharaui con actuacións durante todas as fins de semana de abril

Melide - esta fin de semana dispútase o II Aberto de Tenis Concello de Melide

II Aberto de Tenis Concello de Melide o 30 e o 31 de Marzo.
O Concello de Melide en colaboración co Club de tenis Punta Salera e Ureca de Nigrán, organiza por segundo ano consecutivo o II Aberto de Tenis Concello de Melide que terá lugar o sábado e domingo en Melide

Centro de Transfusión - a necesidade da doación en Semana Santa

O CENTRO DE TRANSFUSIÓN DE GALICIA SUBLIÑA A NECESIDADE DE DOAR SANGUE DE CARA Á SEMANA SANTA

Axenda mércores 27 marzo - exposicións, música, procesións


SANTIAGO
11.30 h Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Francisco Reyes, sobre asuntos de carácter local. 

12.00 h Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira Persoal, Amelia González, sobre asuntos da súa área.

12.00 h No Hotel Congreso, a concelleira de Benestar Social, María Castelao, participa na Asemblea Xeral do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

12.30 h Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, María Pardo, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

20.00 h Na Colexiata de Sar, Eloqventia presenta Peregrinatio: cánticos e milagres no Camiño dentro do Festival de Músicas Contemplativas.

22.00 h Na igrexa de San Bieito, as formacións de cámara da Real Filharmonía de Galicia presentan un dos clásicos do Barroco, as Variacións Goldberg de Bach, no Festival de Músicas Contemplativas.

23.00 hO alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á Procesión dos Estudantes, con saída no Colexio das Orfas (rúa das Orfas, 5).

CENTRO DE TRANSFUSIÓN DE SANGUE
SIGÜEIRO (OROSO)
UNIDADE MÓBIL DIANTE DO CENTRO MÉDICO
16:00 - 21:00

EXPOSICIÓNS
Santiago - MUPEGA - Luces de Alén M ar - As escolas de americanos en Galicia   +INFO 

Brión - apertura de inscripcións para o Viaxe da Mocidade 2013 que os levará en xullo a Mallorca

O CONCELLO DE BRIÓN CONVOCA A VIAXE DA MOCIDADE 2013, QUE TERÁ COMO DESTINO MALLORCA
Poderán participar 52 mozos e mozas brioneses, de entre 18 e 35 anos 

Esquerda Unida Santiago - o concello de Santiago non responde o Valedor do Pobo

O CONSELLO COMARCAL DE ESQUERDA UNIDA DENUNCIA QUE O CONCELLO NON CONTESTA AOS REQUIRIMENTOS DO VALEDOR DO POBO

PSOE Teo - valoración do pleno do mes de marzo

O Pleno do luns 25 de marzo estivo marcado, en primeiro lugar, pola comparecencia do concelleiro de Urbanismo, Rafael Sisto, a petición do PSdeG, para informar das actuacións na Urbanización dos Tilos, nomeadamente na Rúa Castiñeiro.

Frades - cursos gratuitos de primeiros auxilios

O CONCELLO DE FRADES CONVOCA TRES CURSOS GRATUITOS DE PRIMEIROS AUXILIOS QUE SERÁN IMPARTIDOS POLA CRUZ VERMELLA

Oroso - aprobados definitivamente os orzamentos para o 2013

APROBADOS DEFINITIVAMENTE OS ORZAMENTOS DE OROSO PARA 2013, QUE ASCENDEN A 4,87 MILLÓNS

Ames - desde mañán disputase en Bertamiráns a Ames Cup de fútbol

O Pazo da Peregrina acolleu a presentación do II Torneo de fútbol base Ames Cup
O segundo Torneo de fútbol base Bertamiráns FC, Ames Cup, desenvolverase entre os días 28 e 31 de marzo no campo municipal de Bertamiráns

BNG Santiago - petición de actuacións sobre os problemas de tráfico e da praza 8de Marzo no barrio de San Pedro

O BNG require medidas destinadas á “pacificación do tráfico” e á “integración efectiva da praza 8 de Marzo” no barrio de San Pedro
Rubén Cela pregúntalle ao Goberno local do PP sobre as previsións do proxecto, que acumula un importante atraso

Ordes - a Asociación Ferrolana de Drogodependencias instala mañán unha carpa no Campo da Feira

O Campo da Feira de Ordes acollerá este próximo xoves unha carpa informativa sobre o consumo de drogas

Silleda - balance exposición do PXOM

O Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Silleda recibiu 738 alegacións
No rural, a grande maioría refírse á incorporación ou exclusión de fincas en núcleos rurais
Nos dous cascos urbáns, en Silleda e A Bandeira, figuran reclamacións para cambiar a clasificación do solo

Santiago - prazo de renovación de abonos da Real Filharmonía de Galicia

A venda e renovación de abonos realizarase o 1 e 2 de abril de 12 a 14h e a partir do día 4 de abril poderánse comprar as entradas soltas para todos os concertos do trimestre

Axenda martes 26 marzo - concertos, exposicións

SANTIAGO
10.00 h No Salón Verde, o alcalde compostelán, Ángel Currás, e o reitor da USC, Juan Casares Long, manteñen unha reunión de seguimento do convenio de colaboración entre Concello e Universidade.

11.00 h Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da sección sindical da CIG. 

11.30 h Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municial do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local. 

12.00 h Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Muller, María Castelao, para presentar a iniciativa Capirote solidario pola igualdade, da Irmandade de Estudantes. Asisten por esta confraría Laura Brenlla, secretaria; e Sara Piñeiro, integrante da Xunta Directiva.

20.30 h Na Igrexa de San Domingos de Bonaval, Zefiro Baroque Orchestra presenta Lamento e Paixón dentro do Festival de Músicas Contemplativas.

CENTRO DE TRANSFUSIÓN DE SANGUE
BERTAMIRÁNS(AMES)
UNIDADE MÓBIL NA AVENIDA DA MAHÍA, DIANTE DA PRAZA 
09:30 - 14:30
15:30 - 21:00

EXPOSICIÓNS
Santiago - MUPEGA - Luces de Alén M ar - As escolas de americanos en Galicia   +INFO 

Ames - tramites para a cesión dunha parcela para a igrexa do Milladoiro

O Concello de Ames ultima os trámites para cumprir o convenio asinado no ano 2001 co Arcebispado de Santiago para a cesión dunha parcela no Milladoiro destinada a equipamento relixioso

Brión - éxito do Festival de Cámara da Escola municipal de Música

GRAN ÉXITO DE PÚBLICO DO TERCEIRO FESTIVAL DE MÚSICA DE CÁMARA, PROTAGONIZADO POR SETENTA ALUMNOS E ALUMNAS DA ESCOLA MAGARIÑOS (BRIÓN)

Silleda - dous veciños ceden terreos para que poda acceder o camión do lixo a Barreiro

A cesión de terreos por parte de dous veciños de Graba permite o acceso ao camión de recollida de lixo ao lugar de Barreiro
-Ata agora o vehículo non podía realizar xiros neste lugar da parroquia, no que xa instalou un contenedor

Ames - comeza o programa de conciliación Primavera Lúdica

Comeza a Primavera Lúdica con 133 nenos e nenas inscritos nas actividades que se desenvolven en Bertamiráns e no Milladoiro

Ordes - comenzaron as actividades de conciliación de Semana santa

Dende onte os nenos e nenas de Ordes amplían coñecementos e divírtense grazas ás actividades de conciliación

Axenda luns 25 marzo - concertos, exposicións

SANTIAGO
12.00 h No CEIP das Fontiñas, a concelleira de Educación, María Castelao, visita os rapaces e rapazas que van participar no programa municipal de conciliación laboral e familiar no período das vacacións de Semana Santa 2013

13.00 h Na sede do Valedor do Pobo (rúa do Hórreo), a concelleira de Benestar Social e Educación, María Castelao, reúnese co valedor do Pobo, José Julio Fernández Rodríguez.

19.30 h No Salón Verde, o alcalde compostelán, Ángel Currás, reúnese coas asociacións de veciños Conxo Aberto, Esperta Conxo e Doutor Maceira. 

19.30 h En Fontiñas (rúa Roma, 5, 2ºD), a concelleira de Educación, María Castelao, asiste á inauguración da nova sede da Asociación Red Madre. 

19.30 h Na Igrexa das Ánimas, Accademia del Piacere presenta música espiritual en Roma e Nápoles, en Músicas Contemplativas.

21.30 h Na Igrexa da Universidade, Grupo instrumental siglo XX, presenta Os mestres das vangardas, en Músicas Contemplativas.

CENTRO DE TRANSFUSIÓN DE SANGUE
PRAZA ROJA (SANTIAGO)
UNIDADE MÓBIL NA PRAZA ROJA
09:30 - 14:30
15:30 - 21:00

TRAZO
UNIDADE MÓBIL DIANTE DO CENTRO DE SAÚDE (VIAÑO PEQUENO)
16:00 - 21:00

EXPOSICIÓNS
Santiago - MUPEGA - Luces de Alén M ar - As escolas de americanos en Galicia   +INFO 

Silleda - hoxe comeza o X Curso de Música da Bandeira

Preto dun centenar de alumnos asisten ao X Curso de Música da Bandeira
O ciclo, dos máis importantes de Galicia, contará ademais con actuacións e conferencias
As clases, as que asisten alumnos e alumnas de distintas localidades galegas,con seis especialidades celebraranse no auditorio Manuel Dopazo

Oroso - cursos de fotografía e de graffitis para mozos

A CONCELLERÍA DE XUVENTUDE DE OROSO ORGANIZA UN CURSO DE FOTOGRAFÍA E OUTRO DE GRAFFITIS DIRIXIDOS A MOZOS E MOZAS DE 15 A 22 ANOS

Axenda domingo 24 marzo - exposicións, música


SANTIAGO
11.30 h. no Campo Municipal de Santa Isabel, o Concelleiro de Deportes, Adrián Varela, asiste ó saque do partido oficial de Fútbol Americano, que enfronta ós Santiago Black Ravens e ós Lisboa Navigators, da Liga Portuguesa. Entrada gratuíta

13.00 h No Teatro Principal, concerto de Semana Santa da Banda Municipal de Música dirixida por X. Carlos Seráns.

18:00 h. no Campo de Fútbol de As Cancelas, ó Concelleiro de Deportes, Adrián Varela, asiste á homenaxe organizada polo Zona Vella C.F ó mozo vítima dunha agresión o pasado día 17 de marzo na Rúa Nova.

19.30 h Na Igrexa de Santa María de Conxo, a Real Filharmonía de Galicia ofrece o concerto ' As sete últimas palabras de Cristo na Cruz', en Músicas Contemplativas.

20.00 h Na Zona C, Omar Argentino presenta 'Solo de Impro', teatro experimental no ciclo Teatro e Danza.

21.30 hNa Igrexa de Santa Fiz, Ars Atlántica presentan poemas, textos e música de monxas de clausura, en Músicas Contemplativas.

EXPOSICIÓNS
Santiago - MUPEGA - Luces de Alén M ar - As escolas de americanos en Galicia   +INFO 

BNG Santiago - solidariedade cos afectados coas preferentes

O BNG amosa a súa solidariedade coas vítimas da estafa das preferentes que ven como o PP legaliza o roubo dos seus aforros

Teo - éxito do Club San Francisco no campionato de España de karate

O CONCELLO FELICITA Ó CLUB SAN FRANCISCO POLO ÉXITO NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE KÁRATE
A deportista Nerea Bellido acadou un bronce en Kumite 68 kg 

Ames - máis de 200 controis do uso do cinturón de seguridade

A Policía Local de Ames realizou máis de 200 controis dentro da campaña sobre o uso do cinto de seguridade, na que só se sancionou a 4 condutores