Axenda e tempo do sábado 30 de maio - Música, teatro, contos, exposicións

Santiago - Numax 

Santiago - CGAC - Área Central - Día do deporte solidario

Santiago - Teatro Principal - Saxo tenor de Vidal Bolaño

Santiago - Auditorio de Galicia - Dani Mateo

Santiago - Sala Capitol - Agapornis

Teo - Auditorio de a Ramallosa - Os contos de Joselín

Outros Concertos + info

Exposicións

Santiago - Fonseca - Biblioteca Diversidade Cultural - exposición Tintín (ata finais maio)

Santiago - USC - Artistas na rúa (ata o 29 de maio)

Santiago - Cidade da Cultura - Camiño, A orixe (ata o 11 de septembro)

Santiago - USC - Igrexa da Universidade  En (re)torno a Paisaxe (ata o 31 de maio)

Santiago - Fundación Granell - Instinto Animal - Phillip West (ata o 21 de xuño)


O Tempo

Santiago - Concertos e actuacións da fin de semana

A programación cultural desta fin de semana ofrece 6 espectáculos para elixir arredor do teatro, humor, música variada, circo e acrobacias. Na xornada do sábado teremos unha nova función de ‘Sax tenor’ co Teatro Nacional Dona Maria II dentro do Bono de Teatro Galego e Portugués, humor con Dani Mateo no ciclo Falabaratos e concerto do Compostela Rock con Agapornis e The Fabulous Resaca Brothers. Domingo, a Banda Municipal de Música ofrece un concerto na Alameda; a compañía Zen del Sur presenta ‘Heian’, danza acrobática, circo e música e pechamos a xornada co concerto de Christian McBride dentro do ciclo Jazz 1906.

‘SAX TENOR’. Sábado ás 20.30 h. Teatro Principal
Unha desgraza suburbana improbable entre loucos, gangsters, chulos e prostitutas: foi así que Roberto Vidal Bolaño subtitulou esta peza escrita en 1991. O compostelán Roberto Vidal Bolaño é un dos máis importantes dramaturgos, directores e actores galegos contemporáneos. En Saxo tenor, o autor –herdeiro lexítimo de Ramón Maria del Valle Inclán– propón un verdadeiro esperpento de final do século XX. Esta peza recibiu o Premio Álvaro Cunqueiro 1991 ao mellor texto teatral orixinal que agora chega á súa cidade da man da compañía nacional de teatro lisboeta Dona Maria II.

As entradas entran dentro do Bono de Teatro Galego e Portugués e se se mercan soltas teñen un prezo de 10 euros. Poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal (aberto de 18.00 a 21.00h de martes a sábado) en entradas.abanca.com ou no 902 434 443

DANI MATEO. Sábado ás 20.30 h. Auditorio de Galicia
Daniel Mateo Patau nace o 1 de xuño de 1979 en Barcelona (Cataluña). Cómico, actor e presentador de televisión e radio española que actualmente traballa en El Intermedio (La Sexta TV) e en Yu no te pierdas nada (Los 40 Principales).Licenciado en Xornalismo pola Universidade Autónoma de Barcelona, iniciou a súa traxectoria na radio local e pasou por varias emisoras profesionais de Cataluña como Catalunya Cultura, Onda Cero, Radio Gràcia, Ona Catalá, RAC 1 e Flaix FM.

As entradas teñen un prezo de 17 euros anticipada e 20 euros o día do evento. Poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal (aberto de 18.00 a 21.00h de martes a sábado) en entradas.abanca.com e no 902 434 443, así como o propio día do espectáculo no despacho de billetes do Auditorio de Galicia desde as 18.00 h.


AGAPORNIS+THE RESACA FABULOUS BROTHERS. Sábado ás 21.00 h. Sala Capitol
Noite cos sons mais movidos. Blues macarra dende a chuviosa cidade de Compostela con The Fabulous Resaca Brothers e o funk máis dinámico dende a soleada Cádiz con Agapornis. Un contraste ben marcado, cada un cunha identidade propia pero ambos cun mesmo fin.... non deixar que teñas os pes pegados ao chan nin un intre.

As entradas teñen un prezo de 6 euros anticipada e 8 o día do concerto. Poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal (aberto de 18.00 a 21.00h de martes a sábado) en Ticketea, A Reixa Tenda e salacapitol.com


BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA. Domingo ás 12.00 h. Parque da Alameda
Este domingo 31 de maio a Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela, dirixida polo maestro Casiano Mouriño Maquieira, deleitaranos co seu habitual concerto matinal no Parque da Alameda onde interpretarán obras de Chaikovsky, Pazos, Freire, entre outros. A entrada ao concerto é de acceso libre.

‘HEIAN’ CON ZEN DEL SUR. Domingo ás 19.00 h. Auditorio Abanca
A compañía Zen del Sur é o resultado dun traballo conxunto de bailaríns, acróbatas, músicos contemporáneos e deseñadores co obxectivo común de buscar un diálogo creativo entre son e movemento, perseguindo a emoción… A súa primeira produción é Heian, que en xaponés significa paz e tranquilidade… Música en vivo (instrumentación clásica, contemporánea e de orixe africana), danza acrobática (con recursos de danzas urbanas) e circo fusiónanse en Heian, un espectáculo multidisciplinar cargado de forza e sensibilidade que mereceu xa numerosos e prestixiosos premios…
 

CHRISTIAN MCBRIDE. Domingo ás 20.00 h. Teatro Principal

Christian Mc Bride está chamado a ser o sucesor de Ron Carter no don da omnipresencia. Xa pasou de longo o número de 300 colaboracións como sidemen nunha discografía que inclúe ao mellor do mellor do jazz de todos os tempos: Freddie Hubbard, Sonny Rollins, McCoy Tyner, Hank Jones, Pat Metheny, Chick Corea, Herbie Hancock, Michael Brecker e un longuísimo etcétera.

Santiago Futsal - Renovación de Daniel Montes

El pívot salmantino, Daniel Montes, conocido por ‘Chino’, renovó su contrato con el Santiago Futsal y será jugador del club blanco la próxima temporada. De esta manera, el club apuesta por la continuidad de un pívot que firmó una gran temporada con 9 tantos, algunos de ellos decisivos como el de Lugo en el último segundo que dio la victoria a los de Santiago en el derbi gallego o el que marcó ante Inter Movistar que destacó como el mejor gol de la jornada.

El jugador, de 24 años, recaló en el Santiago Futsal procedente del Albense de 2ªB en la pretemporada del curso pasado. ‘Chino’ convenció a Santi Valladares durante el periodo de prueba en el mes de Agosto, y el técnico decidió contar con él en el equipo esta temporada.

Dani expresó su alegría con la renovación y dijo “Renovar y quedarme aquí era lo que quería. A nivel individual esta temporada me he sentido muy bien y a nivel colectivo hemos cumplido los objetivos y estoy contento por haber ayudado a ello. La próxima temporada espero estar mejor, ya que será mi segunda temporada aquí y quiero ayudar más a nivel colectivo.”

Ordes - Segunda xornada do X Torneo Fútbol 8

O X Torneo Fútbol 8 Concello de Ordes terá continuidade no día de mañá na cidade deportiva Vista Alegre. Tras unha primeira xornada disputada o sábado pasado na que o Calasanz se impuxo sobre o resto nas categorías biberón e prebenxamín, chégalle a quenda aos benxamíns e alevíns.

Os partidos iniciaranse ás 9.30 horas, para continuar coa fase final dende as 16 horas. Na primeira das categorías a competición repártese en catro grupos distintos integrados polos equipo do Carral, Ordes C, Curtis, Arzúa, Luís Calvo, San Tirso, Cerceda, Betanzos, Ordes A, Burgo, Dubra, Portazgo, Ordes B, Ural, Once Caballeros e Calasanz. No caso dos alevíns os inscritos nesta edición son: Luís Calvo, Betanzos A, Atl. Coruña, Paiosaco, Betanzos B, Ural, Burgo, Calasanz, Tordoia, Ordes B, Cerceda, Arzúa, Ordes A, Dubra, Curtis e San Tirso. Novamente hai que falar de catro grupos para organizar os encontros desta competición.

O X Torneo de Fútbol 8 Concello de Ordes está organizado pola S. D. Club Ordes en colaboración co Concello de Ordes.

Vedra - Festa de clausura das escolas deportivas

O xoves 28 de maio o pavillón municipal de Vedra reuniu aos máis de 120 alumnos das súas escolas deportivas para ofrecer ao público (ateigado de familiares e amigos) unha exhibición de todo o practicado durante o curso 2014-2015: karate, patinaxe, baile moderno e baloncesto.

O broche de ouro desta xornada chegou da man da patinadora profesional Nadia Iglesias do Salvador, que fixo as delicias do público coa súa exhibición.

Durante o mes de xuño continuarán as actividades deportivas para persoas adultas e nos meses estivais de xullo e agosto estas actividades tomaranse un merecido descanso, pois nesta tempada o pavillón recibiu semanal

Neste período o horario das instalacións será de 19 h a 00 h para o aluguer da pista e de 19 h a 23.30 h para o ximnasio.

Teo - Os contos de Joselín hoxe na Ramallosa

A programación cultural en Teo deste mes de maio pecha hoxe co espectáculo “Os contos de Joselín” con Quico Cadaval e Celso Sanmartín. A actuación no CSC da Ramallosa comezará ás 21:00 horas e a entrada é de balde. 

Joselín (José Rodríguez de vicente) foi o primeiro contador galego que gravou 23 dos seus contos máis populares. Hoxe Quico Cadaval e Celso Sanmartín revisitan as temáticas dos Contos de Joselín, os primeiros documentos sonoros do teatro galego. Trátase dunha contada na que está garantida a risa e na que se poderán escoitar historias de mortos, de caciques, de curas, de personaxes singulares…. 

Este patrimonio cultural galego, que tivo un enorme éxito no seu momento e do que bebe a oratoria popular posterior, recupérase grazas a un estudio da profesora Laura Tato e á reedición dos contos da man de aCentral Folque, encargada do espectáculo. 

O Concello de Teo agradece aos asistentes que fagan unha contribución ao Banco Veciñal de Alimentos (principalmente leite ou conservas).

Oroso - Este luns ábrese o prazo de renovación dos Bos días cole

O Concello de Oroso abre o prazo de renovación de matrícula no seu programa de gardería e almorzo “Bos días cole” e no servizo de comedor escolar no CEIP Oroso para o curso 2015-2016. Un prazo de renovación que estará aberto ata o próximo 15 de xuño no centro cultural Fernando Casas e Novoa ou no teléfono 981 690 903. A partir do 16 de xuño abrirase o prazo para novas anotacións.

O “Bos días cole” é un servizo de gardería e almorzo que o Concello de Oroso ofrece ás familias nos CEIP de Sigüeiro e Oroso dende as 7:30 horas ata o comezo da xornada lectiva. Dirixido a escolares de entre 3 e 12 anos, “Bos días cole” é unha iniciativa coa que o Concello de Oroso busca facilitarlles aos pais e nais do municipio a conciliación da vida laboral e familiar, xa que lles permite deixar aos cativos nas instalacións do colexio ata o comezo das clases, tempo que os escolares pasan con obradoiros de manualidades, lectura de contos e xogos.

Por outra banda, o Concello de Oroso asume por segundo ano consecutivo a xestión do comedor escolar no CEIP Oroso. Os alumnos e alumnas xa anotados dispoñen ata o 15 de xuño para renovar as súas matrículas, mentres que a partir do 16 de xuño se abrirá o prazo para novas incorporacións.

PP Ames - Santiago Amor denuncia a “exclusión programada” do PP de Ames da xuntanza dos pais e nais do IES do Milladoiro

Santiago Amor, responsable local do Partido Popular e alcalde en funcións do Concello de Ames, vén de manifestar o seu malestar pola cita celebrada onte na casa da cultura á que “os populares non fumos convocados nin como membros do goberno local nin como forza política, todo en base a unha exclusión programada”. Amor vai máis aló e fala dunha “estratexia sectaria por parte de forzas de esquerda cuxo fin é a deslixitimación pública do seu partido de maneira intencionada”.

“Consideramos que este tipo de manifestacións e ataques gratuítos son unha falta de respecto hacia o Partido Popular e hacia todas e todos os amesáns que o escolleron de forma libre e democrática”, manifestou Amor. Puntualiza que “toda esta situación responde a un intento de manipular aos veciños e veciñas cun tema tan importante e delicado como a educación dos seus fillos e fillas”. Amor califica que é “moi preocupante que de xeito programado se exclúa ao Partido Popular e o goberno municipal de Ames duha convocatoria deste tipo, na que se vai a falar da incorporación de material académico , aspecto que ocupa un lugar prioritario na nosa axenda”, asegura. Por todo elo reitera unha vez máis a súa postura en prol de “axudar e colaborar en todo aquelo no que poida e que supoña unha mellora da formación e da aprendizaxe” sen manipular ditos encontros.

Neste punto dende o Partido Popular quérese incidir na súa postura de colaboración e e mellora do sistema educativo da zona. Como exemplo pódese recurrir ás obras de remodelación e mellora realizadas no IES do Milladoiro, aínda que non se trate dunha competencia municipal. Unha actitude diametralmente oposta á da anterior presidenta da ANPA e integrante da xuntanza do día de onte, Ana Gonzalez, quen deixou sen tramitar a subvención correspondente á convocatoria do ano 2014 xerando un perxuicio económico a dito centro nun momento de recesión económica.

Axenda e tempo do venres 29 de maio - - Música, teatro, cine, exposicións

Santiago - Numax 

Santiago - CGAC - Puntada sen fío

Santiago - Teatro Principal - Saxo tenor de Vidal Bolaño

Santiago - A Regadeira de Adela - Microteatro

Santiago - A Reixa - Palito y Zahorí

Santiago - Casa das Crechas - Luiz Caracol

Outros Concertos + info

Exposicións

Santiago - Fonseca - Biblioteca Diversidade Cultural - exposición Tintín (ata finais maio)

Santiago - USC - Artistas na rúa (ata o 29 de maio)

Santiago - Cidade da Cultura - Camiño, A orixe (ata o 11 de septembro)

Santiago - USC - Igrexa da Universidade  En (re)torno a Paisaxe (ata o 31 de maio)

Santiago - Fundación Granell - Instinto Animal - Phillip West (ata o 21 de xuño)


O Tempo

Psoe Negreira - Uso indebido de gasóleo

O Grupo Municipal ten presentada diante da Fiscalía unha denuncia polo que entendemos é un uso indebido de gasóleo agrícola ou tipo B.

Dende fai meses o Concello de Negreira está a mercar e utilizar gasóleo agrícola ou tipo B para algúns dos vehículos do Concello.

O noso Grupo entende que este uso pode ser causa de delito ao estar usándose como carburante para vehículos de obras e servizos, vehículos non autorizados para tal consumo.

Toda a información da que nós puidemos dispoñer, facturas, informes, etc.. foi posta a disposición da Fiscalía, co gallo de que esta dirima si o Concello de Negreira está facendo un presunto fraude ou non.

Numax - Programación ata o 4 de xuño

Carteleira semanal

Como todos os xoves, aquí tedes o boletín con todos os filmes e sesións ás que poderedes asistir desde mañá venres 29 de maio até o xoves 4 de xuño. E aproveitamos para introducir unha pequena variación: a partir desta semana estaremos estreando os filmes de actualidade os mércores, deixando para os venres a estrea en NUMAX dos filmes encadrados na sección «Os ollos verdes».

E vamos coas novidades da semana: este venres recuperamos outro clásico inesquecíbel como é Perdición, o filme co que Billy Wilder popularizou definitivamente o xénero negro acompañado na escrita do guión por nada menos queRaymond Chandler. A partir do mércores 3 de xuño tamén teredes ocasión de ver a última longametraxe de Jim Jarmusch, que non chegou a estrearse no seu momento en Santiago de Compostela. Só os amantes sobreviven xunta vampiros, rock e literatura romántica para dar conta da historia de Adam e Eve nunhas desoladas Tánxer e Detroit.

Polo demais, continúan unha semana máis os pases de National Gallery, Adeus á linguaxe e Güeros (até o martes 2).

Perdición
(Billy Wilder, 1944)

En Los Ángeles, un axente de seguros (Fred MacMurray) e unha cliente del (Barbara Stanwyck) argallan o asasinato do marido dela para cobrar a indemnización do seguro de accidentes. Todo se complica cando entra en acción Barton Keyes (Edward G. Robinson), o perito da aseguradora.

Só os amantes sobreviven
(Jim Jarmusch, 2013)

Adam, un músico underground fortemente deprimido polo camiño que levan os actos da Humanidades, xúntase coa súa enigmática amante, Eve, á que non lle custa recoñecer a súa condición de vampiro. A súa historia de amor prevaleceu varios séculos, pero ese idilio libertino vese interrompido pola aparción de Ava, a salvaxe e incontrolábel irmá pequena de Eve. A medida que se lles esboroa o mundo que os rodea, poderán estas astutas e fráxiles criaturas da noite continuar existindo antes de que sexa tarde de máis?

Presentación de 'Sectores de fogo' de Xoan C. Rodríguez

hoxe venres 29 de maio, ás 20h, teremos connosco aXoan C. Rodríguez para achegarnos ao seu Sectores de fogo acompañado da poeta Chus Pato e do ilustrador e deseñador do libro, Alejandro Caporale.

Venres 29 de maio

12:00    Güeros
16:00    Perdición
18:00    Adeus á linguaxe
19:30    National Gallery
22:30    Güeros
 

Sábado 30 de maio

12:00    Perdición
16:00    Adeus á linguaxe
17:45    National Gallery
20:45    Güeros
22:45    Adeus á linguaxe
 

Domingo 31 de maio

12:00    National Gallery
16:00    Adeus á linguaxe
18:00    Güeros
20:00    Adeus á linguaxe
22:00    Perdición



 

Martes 2 de xuño

12:00    Güeros
16:00    Adeus á linguaxe
17:30    Güeros
19:30    Perdición
21:30    National Gallery
 

Mércores 3 de xuño

12:00    National Gallery
16:00    Só os amantes sobreviven
18:15    Perdición
20:15    Só os amantes sobreviven
22:30    Adeus á linguaxe
 

Xoves 4 de xuño

12:00    Perdición
16:00    National Gallery
19:00    Só os amantes sobreviven
21:15    Adeus á linguaxe
22:30    Só os amantes sobreviven

Teo - Cesión dun piano o patrimonio municipal

O Concello de Teo recibiu hai unhas semanas a xenerosa doazón dun piano por parte dos herdeiros da familia Cruces Artero que será de uso público e xa está instalado na Mediateca do Grilo. Segundo explican dende a familia “quixemos ter este xesto para manter viva a memoria dos nosos pais, grandes persoas e profesionais cunha importantísima relación con este municipio”.

O piano xa está na Mediateca do Grilo onde se poderá usar respectando unhas normas de uso nas que se establece que poderán ensaiar persoas que teñan coñecementos do instrumento ou persoas que estean facendo estudos de piano e o precisen para practicar. Para non interromper as outras actividades propias da Mediateca o instrumento só se usará con cascos e pedirase autorización previa á persoa encargada da biblioteca. 

Ó carón do piano colocouse unha pequena reseña das persoas ás que pertenceu. Antonio Cruces Nogueira (As Galanas 1921-San Domingos 2009) foi médico con consulta en Baíñas-Vimianzo (1950-1951) e nas Galanas (1952-1954). Posteriormente foi xefe territorial para o Noroeste dos laboratorios Ciba-Geigy rematou a súa vida profesional de médico en Calo onde exerceu dende 1977 a 1991. A súa muller María Concepción Artero Vázquez (Vigo 1920-San Domingos 2013) foi farmacéutica en Teo dende o ano 52 ata o 86, ano da súa xubilación forzosa. Primeiro tivo a botica en Galanas e posterioremente en Cacheiras, moi preto a onde agora está o piano. O seu fillo Xosé Antonio Cruces Artero (As Galanas 1952-Cacheiras 1998) foi titular da farmacia de Cacheiras e inspector farmacéutico municipal dende a xubilación da nai ata a súa morte. 





Dende a familia queren destacar que na toma da decisión pesou a evidente relación da familia, especialmente dos nosos pais con Teo, dende un punto de vista persoal e profesional. A concelleira de Cultura, Carme Hermida, encargada da xestión desta doazón ao Concello realizou un traballo de recompilación biográfica de Antonio Cruces e María Concepción Artero no que aparecen copias de documentos municipais xa que el foi concelleiro e tivo parte de actividades empresariais en Teo e ela polo seu traballo tamén tivo unha importante vinculación municipal.

Santiago - Puntada sen fío presenta o seu primeiro traballo

Puntada sen fío’ presenta hoxe o seu novo disco ‘A lúa prendeu a luz’ dentro do ciclo Sons’15. Será ás 21.00h no Centro Galego de Arte Contemporánea e as entradas están xa á venta a un prezo de 3 euros. Poden retirarse no despacho de billetes do Teatro Principal (aberto de 18.00 a 21.00 h) ou no mesmo CGAC desde unha hora e media antes de que comece o concerto.

Puntada sen fío é un grupo de recente creación formado por Xiana Lastra (voz), Juan Collazo (percusión) e Roberto Rama (saxo) que presenta o seu primeiro traballo discográfico: “A lúa prendeu a luz”. Despois de varios anos participando doutros proxectos musicais como Odaiko, Fía na Roca, Os d'Abaixo ou O meu primeiro Celso Emilio e A miña primeira Rosalía, a súa amizade empurrounos á aventura de tocar os tres xuntos nacendo así esta nova formación.

O resultado, materializado neste traballo, son nove temas moi diferentes entre si pero cun nexo común: o pasado. Todos eles falan dun ou doutro xeito de acontecementos ocorridos hai anos ou de como afrontar o paso do tempo. “A lúa prendeu a luz” recolle cantigas baseadas na nosa música tradicional, pero tamén de autor ou mesmo algunha de fóra de Galicia traducida á nosa lingua. Todo isto, aderezado pola maior peculiariedade do grupo: a súa sonoridade, dada polos instrumentos nada habituais que utilizan.

XIANA LASTRA, voz
JUAN COLLAZO, percusión

ROBERTO RAMA, saxofón

Santiago - A compañía Teatro Nacional Dona María II interpreta Saxo Tenor de Vidal Bolaño

A compañía lisboeta Teatro Nacional Dona María II ofrece en Compostela a súa versión de ‘Sax Tenor’ dentro da programación do Bono de Teatro Galego e Portugués. Poderá verse na nosa cidade, concretamente no Teatro Principal, hoxe venres 29 de maio ás 17.30h e de novo sábado ás 20.30h. As entradas, a 10 euros, poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal (aberto de 18.00 a 21.00h); no 902 434 443 ou en entradas.abanca.com, ademais de canxearse co Bono. 

O Bono de Teatro Galego e Portugués que ofrece estas funcións, é unha iniciativa do Concello de Santiago e a Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta de Galicia que celebra, neste 2015, a súa segunda edición. Consiste en aglutinar nun só programa toda a oferta teatral galega e portuguesa que se pode ver nos dous principais espazos escénicos da cidade, Teatro Principal e Salón Teatro, ao que se engade a oferta escénica máis alternativa da Zona C e ofrecer unha bonificación a aqueles que asistan a varios espectáculos. Así, co bono que ten un prezo de 35 euros, pódese accederse a cinco das funcións a elixir do programa a un prezo máis atractivo que se se adquiren entradas soltas. As entradas soltas para este evento teñen un prezo de 10 euros e poden mercarse tanto no despacho de billetes do Teatro Principal (aberto de martes a sábado de 18.00 a 21.00h) como en entradas.abanca.com ou no 902 434 443. 

‘Saxo tenor’ de Vidal Bolaño 

Unha desgraza suburbana improbable entre loucos, gángsters, chulos e prostitutas: foi así que Roberto Vidal Bolaño subtitulou esta peza escrita en 1991. O compostelán Roberto Vidal Bolaño é un dos máis importantes dramaturgos, directores e actores galegos contemporáneos. En Saxo tenor, o autor –herdeiro lexítimo de Ramón Maria del Valle Inclán– propón un verdadeiro esperpento de final do século XX. Esta peza recibiu o Premio Álvaro Cunqueiro 1991 ao mellor texto teatral orixinal que agora chega á súa cidade da man da compañía nacional de teatro lisboeta Dona Maria II, un dos centros teatrais máis emblemáticos da capital lusa.

FICHA TÉCNICA E ARTÍSTICA


ELENCO
João Groso, José Neves, Manuel Coelho, Maria Amélia Matta, Lúcia Maria, Paula Mora, Bernardo Chatillon, Luis Geraldo, Jorge Albuquerque, Joana Cotrim, Lita Pedreira e Rita Figueiredo

Director: José Martins
Escenografía e vestiario: Rui Francisco, José Iluminación :Carlos Nascimento,
Tradución: José Martíns e Manuel Guede Oliva

135’portugués

Ordes - Día do Mercado

Este próximo sábado o Concello de Ordes celebrará o Día do Mercado cunha serie de actos promocionais co fin de consolidar estes puntos de venda e o comercio de proximidade. 

Ao longo de toda a mañá os comerciantes da praza repartirán material promocional entre a súa clientela, como bolsas, globos ou lambetadas para os máis pequenos. Tamén está confirmada a actuación do grupo de gaitas Os Viqueiras de Ordes, que porán a nota musical tanto na mesma praza como nas súas inmediacións. 

A través deste acto quérese incidir nas vantaxes que trae consigo adquirir alimentos nos mercados de abastos, que de por si contan cunha gran tradición no territorio galego. Incentivar o consumo de produtos frescos, aproveitar a profesionalidade e o trato directo entre clientela e comerciantes da praza, as repercusións positivas que para a economía da zona traen os mercados de proximidade e a diminución do impacto medioambiental son algúns dos puntos a favor.

Santiago - Futsal - Renovación de Marcos Vara

El meta de Benavente Marcos Vara y el Santiago Futsal han llegado a un acuerdo para ampliar su vinculación por una temporada. Marcos ha decidido apostar por su continuidad en el club de Santiago, equipo al que regresó la temporada pasada tras su paso por Marfil Santa Coloma y el Baku United londinense.

El portero de 27 años vive su segunda etapa en el Santiago Futsal, con el que debutó en el filial y, ya en el primer equipo jugó cinco temporadas 05/10. Marcos fue partícipe de aquella Supercopa de España que el conjunto blanco consiguió en Guadalajara en el año 2010, donde defendió la portería en semifinales. Ahora, en esta segunda etapa que comenzó la temporada pasada, ha demostrado su valía bajo palos y su compromiso con el club.

Marcos expresó su satisfacción con el acuerdo “Estoy muy contento porque el club ha reconocido el trabajo que he hecho durante todo el año. Me siento valorado debido a que ellos confían en mí para seguir en el equipo la temporada que viene.”

Brión - Cursos de piragüismo

O Club de Piragüismo Ribeiras do Tambre, en colaboración co Concello de Brión, organiza cursos de piragüismo para rapaces e rapazas de entre 8 e 18 anos que terán lugar durante os meses de xuño, xullo e agosto nas instalacións municipais de Ponte Insúa (parroquia de Ons). As cotas de inscricións serán de 17 euros, para alumnos/as de 17 e 18 anos, e de 12 euros para o resto de participantes. As inscricións poden formalizarse na Casa da Cultura de Brión ou no teléfono 981 50 99 08.

As clases terán lugar todos os venres de xuño, xullo e agosto, en horario de 18:00 a 20:00 horas. Os participantes repartiranse en grupos de acordo á súa idade: júnior, cadete, infantil, alevín e benxamín. Non é preciso ter coñecementos previos deste deporte para participar, tan só é obrigatorio saber nadar e facer unha ficha federativa coa inscrición.

Axenda e tempo do xoves 28 de maio - Música, libros, exposicións

Santiago - Numax 

Santiago - Capitol - Marcus Bonfanti 

Santiago - Concerto da Banda de Música

Santiago - A Reixa - acustico de Los Pekenikes

Outros Concertos + info

Exposicións

Santiago - Fonseca - Biblioteca Diversidade Cultural - exposición Tintín (ata finais maio)

Santiago - USC - Artistas na rúa (ata o 29 de maio)

Santiago - Cidade da Cultura - Camiño, A orixe (ata o 11 de septembro)

Santiago - USC - Igrexa da Universidade  En (re)torno a Paisaxe (ata o 31 de maio)

Santiago - Fundación Granell - Instinto Animal - Phillip West (ata o 21 de xuño)


O Tempo

Ames - Comida de celebración do Día Nacional do Celíaco

O comedor da Escola de Educación Infantil do Milladoiro acolleu este mediodía unha comida coa que o Concello de Ames conmemorou o Día Nacional do Celíaco. Con este xantar fíxose extensivo ao resto de alumnado o tratamento alimentar que seguen os nenos e nenas celíacos. Nesta comida participaron o alcalde en funcións de Ames, Santiago Amor, a concelleira en funcións de Xuventude, Ana Ruso, e varios concelleiros e concelleiras da corporación municipal, así como representantes dos centros educativos amesás, empregados dos colexios, traballadores do Concello e un grupo de pais/nais de nenos/as con celiaquía e/ou alerxias alimentarias. 

Pan sen glute, ensalada tropical, marmitaco de atún e iogur natural. Esta foi a comida que se serviu hoxe na Rede Municipal de Comedores Escolares e nas escolas infantís para conmemorar o Día Nacional do Celíaco, en colaboración coa Asociación de Celíacos de Galicia (ACEGA) e a Asociación Española de Alérxicos a Alimentos e Látex (AEPNAA). Este menú foi totalmente apto para os celíacos e os nenos/as que sofren algún tipo de alerxia alimentaria. O resto de nenos e nenas que non seguen un tratamento alimentar específico tamén xantaron o mesmo menú. 

Por parte da corporación municipal asistiron a esta comida o alcalde en funcións, Santiago Amor, a concelleira en funcións de Xuventude, Ana Ruso, e os/as concelleiros/as José Blas García, Begoña Gómez, Pilar Candocia e María González. 

Xunto a eles, estiveron Isabel Capdevila, representante da Asociación de Celíacos de Galicia (ACEGA); unha representante da Asociación Española de Alérxicos a Alimentos e Látex (AEPNAA); a directora da EEI Milladoiro, representantes dos colexios de educación infantil e primaria de Ames; empregados dos colexios, as directoras das escolas infantís municipais O Bosque e A Madalena; varias traballadoras do departamento de Educación; a aparelladora municipal, os representantes das empresas de monitores adxudicatarias dos servizos complementarios; e un grupo de pais e nais de nenos e nenas con celiaquía e/ou alerxias alimentarias. 

Alerxias alimentarias

O Concello de Ames é pioneiro dende o curso 2005-2006 nesta labor de integración nos seus comedores, mediante o traballo tanto da Rede Municipal de Comedores Escolares como das dúas escolas infantís municipais: O Bosque e A Madalena, ofrecendo aos nenos e nenas usuarios destes servizos menús adaptados ás súas necesidades alimentarias. 

Durante este curso a Rede Municipal de Comedores atende a máis de 110 nenos e nenas con tratamento nutricional específico, con menús equilibrados deseñados pola nutricionista municipal dentro de 21 protocolos (alerxia á proteína do leite, alerxia ao ovo, alerxia ao peixe, intolerancia ao glute, intolerancia á lactosa, intolerancia á frutosa, metabolopatías, dieta adstrinxente, dieta controlada en colesterol, dieta por túrmix, dieta por hipertensión, etcétera).

Estes menús son deseñados, elaborados e servidos establecendo varios filtros de seguridade para evitar a contaminación cruzada e posibles erros humanos, tanto no deseño, como na elaboración e no servizo aos correspondentes comensais.

Casa das Crechas - Este venres Luiz Caracol

A Casa das Crechas acolle mañá venres o concerto do cantautor portugués Luiz Caracol, un dos valores emerxentes da música do país veciño. Ten colaborado con grandes da música lusófona como Sara Tavares, Jorge Palma, Pierre Aderne, Aline Frazão, Susana Travassos, Manecas Costa, Fernanda Abreu, Uxía ou Tito Paris. Foi un dos protagonistas da última edición de Cantos na Maré, o Festival Internacional da Lusofonía que se celebra cada ano en Pontevedra. 

El define a súa música como “o reflexo do que eu son e da miña orixe: a mestizaxe, a urbanidade e a mestura”. Publicou o seu primeiro disco en 2013, ‘Devagar’, contando con participacións especiais como Fernanda Abreu, Jorge Drexler ou Sara Tavares. Xirou con este traballo por palcos de Portugal, do Brasil, da Europa e de África.

Músico, cantor e autor portugués, mestura a música portuguesa coa dos países africanos. Luiz Caracol naceu en Elvas, cando seus pais acababan de chegar de Angola, onde vivían antes da independencia deste país. Por iso foi criado dende cativo nun ambiente de mestura cultural, rodeado de xentes que tiñan tamén regresado a Portugal dende Brasil e África despois 25 de Abril. Toda esa mestura de culturas acabou por ter unha forte influencia nel. A pesar de que a música sempre estivo moi presente dentro da súa casa e da súa familia, non a tomou en serio até que en 1996 entrou na Academia de Música e, pasados dous anos, comezou os cursos de guitarra e canto no Hot Club de Portugal. Ao mesmo tempo comezou a tocar nalgúns bares e clubs de Lisboa, formando parte dalgúns proxectos ligados á música lusófona e ás músicas do mundo. Xa en 2009, por convite da Sara Tavares, integrou a súa banda durante a súa xira internacional, tocando o baixo, a guitarra e o cavaquiño, e tamén cantando.

En 2011 foi convidado a participar no documental MPB (Música Portuguesa Brasileira), onde colaborou con nomes como Jorge Palma, Fernanda Abreu, Susana Félix, Tito París, Sara Tavares e Susana Travassos, entre outros.

Ames - A Escola de música dará un concerto na residencia de maiores O Castro de Teo

A Escola Municipal de Música de Ames (EMMA) está celebrando o seu décimo aniversario cun completo programa de actividades para o alumnado. Durante o pasado mes de abril desenvolvéronse dúas charlas que estiveron dirixidas ao alumnado e este venres os rapaces ofrecerán un concerto na residencia da terceira idade O Castro, de Teo. A finalidade desta actuación é achegarlle a música ás persoas maiores compartindo con elas un tempo agradable.

Esta actuación comezará arredor das 17:30 horas e está previsto que participen arredor de 50 músicos que forman parte do coro, da agrupación de violíns e do grupo de frautas. Os alumnos do coro cantarán dende pezas populares galegas ata bandas sonoras, pasando por cancións do grupo El Canto del Loco. A orquestra de violíns interpretará o tema A Scottish air, mentres que o grupo de frautas tocará Colonel Bogey.

O alcalde en funcións, Santiago Amor, destaca que a Escola Municipal de Música é un referente na comarca, integrando máis alumnos cada curso na súa variada oferta de instrumentos e linguaxe musical. “É unha actividade –sostén Amor– que debemos seguir mimando desde o Concello como parte esencial da formación dos nosos escolares e xoves”.

Máis de 200 alumnos
As matrículas da Escola Municipal de Música de Ames increméntanse cada ano e na actualidade conta cuns 210 alumnos. “Ao longo destes dez anos –apuntan dende a escola– o número de alumnos aumentou e fóronse creando numerosas agrupacións de músicos. O traballo e o seu bo facer reflíctese anualmente nos concertos de fin de curso”. 

A EMMA está situada no Centro Multiusos de Aldea Nova e diariamente ofrece clases de piano, violín, saxofón, percusión, frauta e guitarra. Tamén se imparten ensinanzas de linguaxe musical e para os pequenos de entre 4 e 6 anos danse clases de música e movemento. 

Prazo de matrícula 
As persoas que desexen comezar estudos musicais na EMMA deberán realizar a matrícula no mes de xuño chamando á oficina da escola no Milladoiro, de luns a venres, en horario de 9:30 a 13:00 horas, aos números 981 883 002 (extensión 2300) / 981 535940 (extensión 3031) ou enviar un correo electrónico ao enderezo escolademusica@concellodeames.org.

Santiago Futsal - Horarios e datas do 11 Campus de verán

Como ya adelantó el club la semana pasada, este año el Santiago Futsal organiza el 11º Campus de verano para niños y niñas de 3 a 14 años. El campus, que comenzará el lunes 29 de Junio y tendrá una duración de 5 días, hasta el viernes 3 de Julio, combinará entrenamientos de futsal con otras actividades de ocio, juegos y clases de inglés.

El pabellón de Fontiñas será la instalación en la que se desarrolle el Campus, que esta edición incorpora la categoría de psicomotricidad, ampliando de esta manera el límite de edad de los participantes, desde los 3 a los 14 años.

El horario general será de 10h a 14h por la mañana y de 16.30h a 19.30h por la tarde, mientras que la categoría de psicomotricidad (3-5 años) únicamente tendrá horario de mañana. Además, el club ofrece la posibilidad de quedarse a comer y hacer horario completo de 10h a 19.30h.

Los precios variarán según incluyan comida o no y también en función de si los niños forman parte de las categorías inferiores del Santiago Futsal. De esta manera, el precio general será de 100€ sin comida y 130 con comida, mientras que el precio para jugadores del Santiago Futsal será de 90€ sin comida y 120€ con comida. Por otra parte, el precio para los niños de categoría de psicomotricidad (3 a 5 años), que sólo tendrán horario de mañana, será de 60€ general y 50€ para jugadores del Santiago Futsal. El pago se realizará en las oficinas del Santiago Futsal antes del comienzo del Campus.

Así mismo, el primer día de Campus todos los participantes tendrán que entregar a los responsables una fotocopia del DNI o del libro de familia y la tarjeta sanitaria.

La inscripción puede realizarse enviando un correo electrónico a la dirección administración@santiagofutsal.com, llamando al número de teléfono 981 11 50 38 o en las oficinas del club.

Área Central - Este sábado se celebra o Día do Deporte Solidario

Area Central acoge el sábado 30 de mayo el “Día del deporte solidario”, un evento en el que durante toda la jornada se concentrarán decenas de exhibiciones deportivas de las entidades de la ciudad y alrededores. El fin es solidario ya que durante la duración de la jornada, de 11.00 a 21.00 horas, se pondrán a la venta rifas por valor de un euro cuya recaudación irá destinada íntegramente a la Asociación de Daño Cerebral de Compostela Sarela.

Deportistas de distintas disciplinas se reunirán mañana y tarde en los pasillos interiores y en la Plaza de Europa de Area Central en esta jornada organizada por el establecimiento Centro Deportivo, en colaboración con el Concello de Santiago y Area Central. Habrá multitud de espacios con actividades en donde se celebrarán exhibiciones de los clubs participantes. También los visitantes de Area Central podrán participar en muchos de los espacios de los deportes o conocer más de cerca alguno de ellos. 

Fútbol, baloncesto, gimkana ciclista, patinaje, hockey, judo, karate, gimnasia rítmica, juegos de mesa, billar, tenis de mesa, llave, bolos, zumba o yoga son sólo algunas de las actividades que llenarán las instalaciones de Area Central durante diez horas. Asimismo, también se organizará una caminata alrededor del edificio de Area Central y una carrera, sin necesidad de inscripción previa, por las calles limítrofes a Area Central. El “Día del deporte solidario” se complementará con una exposición fotográfica de la jornada, un taller de manualidades, juegos populares en inglés e hinchables.

Esta jornada también servirá para que el público en general pueda conocer las diferentes actividades deportivas adaptadas a las necesidades de los miembros de entidades como la Asociación de Daño Cerebral de Compostela Sarela o la asociación Aspas.

Además de las exhibiciones y espacios de deportes, los pasillos contarán con stands de entidades de la comarca relacionados con el deporte, además de otras entidades como la USC y el Colegio de Licenciados en Educación Física de Galicia. También estarán presentes en los stands informativos establecimientos de Area Central vinculados al deporte como Lucola Best Nutrition y Náutica Pérez.

Las asociaciones deportivas y entidades participantes son las siguientes: Agrupación Deportiva Baloncesto Fontiñas, Club Ajedrez Gallaecia, Tenis de mesa Arteal, Club de Lucha Stellae, Squash Santiago, Club Deportivo Fontiñas, Club Tenis Compostela, Judo Club Compostela, Club San Francisco Teo, Diver Patín, Special Olimpics Aspas, Active Service, Asociación de Jugadores de Llave de Santiago, Compostela Esgrima, Club Gimnasia Rítmica Viravolta, Juego de Bolos de Boiro, Club Hockey Compostela, Gimnasia Rítmica Compostela y Club Gimnasia Oroso.

También hay que agradecer la colaboración especial de Centro Deportivo, además de otras entidades como Café Bar Aneca, Recreativos Iglesias, Axóuxere Animación e Deporte, Más Creativos, Mundo Activo, Mundo Juego, Fototemadixital, Recreativos El Niño Feliz, Jim Sports, Delegación local de la Federación Gallega de Atletismo, Federación Gallega de Fútbol Delegación de Santiago, la S.D. Compostela y A Casa das Linguas.

Festigal - Maianas gaña o concurso Novos Valores Festigal

O concurso “Novos Valores Festigal” para a difusión da música galega e en galego feita por xente moza proclamou gañador o grupo Maianas, logo da decisión do xurado que estimou o seu valor artístico na promoción da música tradicional. Maianas son tamén promotoras dun festival do Festival da Maía, teñen dous traballos editados e son mulleres novas comprometidas co país. Así, actuarán no palco de concertos do Festigal a noite do 24 de xullo de 2015, participarán na presentación do cartel xunto coas demais bandas e recibirán unha dotación económica de 300 euros.

O xurado valorou ademais a calidade e a variedade de estilos dos grupos e artistas que se presentaron a este certame como SeisPorOito, Panghea, Coso Carnobrigo, Miguel Alonso, AutOOdio, Noé Subiela, Balbordo Público, Monoulious DOP, Marta Sancho e Jorge Abreu Seoane. Estimou tamén a participación e interese de milleiros de persoas que compartiron os vídeos a través das redes sociais, na primeira fase do concurso, e que contribuíron deste xeito á difusión de música emerxente en galego.

Este concurso conseguiu a participación dunha ampla representación de estilos que pasan polo folk, pop, música de autor, death metal melódico, rap, pop-rock, festa, comedia e música de cámara, entre outros, que dan conta da creatividade e da diversidade da oferta artística existente que nace no noso país. Este certame abriuse á participación de grupos amadores e profesionais emerxentes que empregan a lingua galega nas súas letras.

Santiago - X Edición do Via Stellae

A concelleira de Cultura en funcións, María Antón, e o secretario xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo, presentaron esta mañá, acompañados do director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, a 10ª edición do VIA STELLAE. Serán un total de dezanove concertos que se celebrarán do 29 de xuño ao 15 de xullo en espazos singulares da cidade. Este festival conseguiu, na súa primeira década, consolidarse como un certame esencial no verán compostelán avalado polo respaldo do público e o recoñecemento da prensa especializada.

Organizado e promovido polo Concello de Santiago e pola Xunta de Galicia, o Via Stellae volverá encher de música Santiago de Compostela, o seu casco histórico, durante máis de dúas semanas: o Teatro Principal e o Salón Teatro; as igrexas e capelas de San Fiz de Solovio, Universidade, Orde Terceira e San Domingos de Bonaval e localizacións singulares como o CGAC, o Hostal dos Reis Católicos e o Paraninfo da Universidade, son os variados escenarios do festival. Sen dúbida unha das calidades máis sobresaíntes do Via Stellae é a recoñecida categoría dos intérpretes que enchen un atractivo cartel de dezanove concertos no que os músicos e artistas galegos contan cunha imprescindible e merecida presenza. A diversidade e riqueza da programación do Via Stellae dende a súa creación, hai dez anos, ten un dos seus argumentos sólidos na música antiga e barroca, pero o festival non esquece outras épocas e xéneros musicais interpretados por artistas de moi distintos perfís e procedencias. Esta liña de programación vinculada ao Barroco, á música antiga e á interpretación historicista ponse de manifesto coas actuacións de agrupacións e artistas de prestixio internacional do talle de Uri Caine, Concerto Italiano e Rinaldo Alessandrini, La Galanía, Manfredo Kraemer, Al Ayre Español e Eduardo López Banzo, Fuoco E Cenere e Jay Bernfeld, Romina Basso etc.

Uri Caine e Fuoco e Cenere, para abrir e pechar esta décima edición
Con dúas propostas moi singulares e atractivas arranca e finaliza o Via Stellae 2015. Compositor, pianista e músico de jazz aplaudido arredor de todo o mundo, o norteamericano Uri Caine pon o punto de mira da súa orixinal forma de entender a música en Domenico Scarlatti nun concerto cuxos contidos quixo reservarse para desvelárnolos a noite en que inaugurará no Teatro Principal o Via Stellae 2015. Fuoco E Cenere, ensemble liderado por un creativo e imaxinativo Jay Bernfeld, pecha o festival no mesmo escenario conectando música de onte, iconografía de hoxe (creada en directo polo ilustrador Fred Bayle) e historias eternas de loita contra a opresión nunha innovadora presentación de Judith e Esther, heroínas cuxas lendas inspiraron durante séculos a grandes artistas, pintores, dramaturgos e músicos.

Homenaxe aos grandes mestres
O décimo aniversario do Festival Via Stellae quere render homenaxe a algúns dos máis grandes mestres do Barroco e da historia da música: a Bach, Haendel, Vivaldi, Mozart, Monteverdi e, aínda que menos coñecidos, a compositores tan influentes como Scarlatti, Tarquinio Merula ou Antonio Soler. O xenio de Bach e Haendel son unha referencia imprescindible para un festival da vocación do Via Stellae e nesta décima edición convértense en grandes protagonistas. A presenza das obras do alemán convertido en figura nacional británica, Haendel, multiplícase nas primicias das interpretacións da integral das sonatas opus 2 a cargo de Al Ayre Español e Eduardo López Banzo (agrupación aragonesa merecedora do Premio Nacional de Música) e da recuperación dunha versión de cámara dunha das óperas máis célebres de Haendel, dunha "ópera de salón" cuxa edición recupera o músico compostelán Manuel Vilas, quen á fronte do seu conxunto Ars Atlántica conta cunha brillante e sólida repartición formada por algúns dos cantantes máis activos e reputados do panorama lírico nacional para presentar no Teatro Principal, en versión de concerto, a ópera Rinaldo de Haendel.

Haendel comparte cartel con Vivaldi noutro concerto que tamén nos traslada ao mundo da ópera barroca e dos castrados da man do contratenor Flavio Ferri-Benedetti e dunha agrupación representativa dunha emerxente xeración de conxuntos españois especializados na interpretación da música antiga como os madrileños Ímpetus que dirixe Yago Mahugo e que debutan no festival cun programa dedicado ás óperas e cantatas destes mestres. A Bach dedican o seu concerto outros membros desta nova e prometedora xeración, o trío La Bellemont que nesta ocasión conta coa colaboración do experimentado e reputado violinista arxentino Manfredo Kraemer para interpretar as súas tres sonatas para viola da gamba e clave. E despois de Bach, coñeceremos os primeiros pasos do Clasicismo cun programa deseñado por Gallaecia Antiqva, cuarteto formado por profesores de conservatorios galegos cunha recoñecida traxectoria en diversas formacións dedicadas á música antiga, que explora a relación do cantor de Leipzig cos seus alumnos e fillos.

A Real Filharmonía de Galicia, fiel ao festival
As ordes do seu director asociado Maximino Zumalave, a orquestra compostelá Real Filharmonía de Galicia non falta á súa cita co Festival Via Stellae para presentarnos, nun intenso e único programa que se o tempo o permite terá lugar nun dos fermosos patios do Hostal dos Reis Católicos, o de San Xoán, as tres últimas e máis célebres sinfonías de Mozart, tres obras dunha expresividade, dramatismo e densidade nunca alcanzados ata entón a pesar de ser escritas nun dos momentos máis duros da vida do compositor. Con ocasión do 350º aniversario da súa morte, Raquel Andueza e La Galanía achégannos a un dos compositores máis importantes -e tristemente un dos máis esquecidos- do século XVII: organista, violinista e compositor italiano, Tarquinio Merula foi un dos autores máis innovadores no campo da música sacra do Seicento. Non rematan aquí as homenaxes aos grandes mestres e volven ao Via Stellae Rinaldo Alessandrini e o seu Concerto Italiano. Trinta anos de éxitos en todo o mundo, recoñecementos e premios avalan o rigor da carreira desta agrupación italiana que sen dúbida contribuíu decisivamente a revolucionar os criterios para a execución da música antiga, e regresan a Santiago coa súa grande especialidade: os madrigais de Claudio Monteverdi. No mosteiro de San Lorenzo del Escorial foi mestre de capela o pai franciscano Antonio Soler, virtuoso do teclado a quen homenaxea cun concerto monográfico dedicado ás súas sonatas (co seu célebre fandango incluído) o talentoso e eloxiado clavecinista galego Diego Ares.

Reflexo e boa mostra da vocación do festival de explorar e promover o diálogo de diferentes disciplinas artísticas e a fusión de xéneros e diferentes períodos musicais son tamén outros programas como o que baixo o título Amores pasados ofrecerá o cuarteto formado polos cantantes Anna Maria Friman e John Potter e os laudistas Ariel Abramovich e Jacob Heringman combinando a sensibilidade de figuras do rock como Sting, Tony Banks (teclista de Genesis) e John Paul Jones (baixista de Led Zeppelin) coa antiga música de Campion e Dowland. Expresiva e sensible artista, con rica e fermosa voz de mezzosoprano, a italiana Romina Basso proponnos no seu recital en San Fiz de Solovio unha singular, libre e ilustrativa viaxe pola canción española que nos traslada dende o século XVI ata o século XX: dende os vihuelistas renacentistas (Mudarra e Narvaez), pasando pola teatralidade barroca (Marín e Fidalgo) e chegando ata as transcendentais figuras do século XX como Falla, Mompou ou García Lorca. Os violíns dos arxentinos Manfredo Kraemer e Guadalupe do Moral transportarannos entre dous continentes e durante tres séculos de música: o violín barroco dos franceses Couperin e Leclair, dos xermanos Vierdanck e Bach e do italiano Guerini comparten programa coa música de amantes da súa tradición musical popular como o húngaro Bartók, o arxentino Leguizamón e o brasileiro Pixinguinha.

OFF#Stellae… improvisando!!
Comezando xa no primeiro concerto protagonizado por Uri Caine, a improvisación será o fío condutor este ano das seis propostas do OFF#Stellae, a achega máis alternativa do festival: outras músicas, outras visións, outros espazos... Podemos viaxar no tempo e compartir experiencias marcadas pola liberdade creativa neste OFF#Stellae... improvisando!!, deixándonos levar pola inspiración e a imaxinación de músicos e artistas de variada formación e traxectoria como os pianistas Uri Caine, Brais González e Pablo Seoane, o poeta Estevo Creus, o arpista Manuel Vilas e os percusionistas Roberto Oliveira e o cuarteto Pulsat. Se Scarlatti apunta a ser a fonte de inspiración do norteamericano Uri Caine a noite de inauguración do Via Stellae, outro mestre barroco como Antonio Vivaldi serao do concerto no que o imaxinativo e inquedo pianista vigués Brais González toma como partida unha das obras máis versionadas e arranxadas de todos os tempos, As catro estacións, para " [de]construir unhas novas Estacións de herdanza barroca, alma atlántica e son universal". 

Dous artistas galegos da categoría do poeta Estevo Creus e o pianista Pablo Seoane queren compartir a súa ilusión, fantasía e sensibilidade nun lugar que cada un teremos que descubrir por nós mesmos movidos pola súa poesía e a improvisación da súa música (No lugar do lugar). A percusión é o nexo común de dúas das propostas deste OFF#Stellae… improvisando!! Múltiples, variadas e enriquecedoras son as fontes nas que bebe o programa do emerxente conxunto de percusión portugués Pulsat, un programa que inclúe obras que experimentan con sons da natureza, obras con referencias a sons da tradición (portuguesa, flamenco, ritmos africanos e latinoamericanos), obras que se deixan conducir pola música electrónica, a improvisación ou o espírito libre do jazz etc. Kableado é un programa de percusión, electrónica e arte visual, con altas doses de improvisación, que inclúe a estrea absoluta de catro obras e co que o galego Roberto Oliveira busca xerar un ambiente propicio para o entendemento destas novas tendencias na arte sonora e fomentar o interese pola música electroacústica. E o compostelán Manuel Vilas trasladaranos á nosa Idade Media coa súa arpa reproducida a partir das dúas arpas representadas no Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago: "a arpa de Mateo" a través da que soarán entrelazadas as melodías e xiros dun repertorio tan amplo e fascinante como o medieval.

Información de entradas
A entrada para catorce dos dezanove concertos será de balde, previa retirada de invitacións no despacho do billetes do Teatro Principal, que estarán a disposición do público (cun máximo de 2 entradas por persoa e concerto) a partir do 11 de xuño. Se quedaran entradas o día do concerto poderán retirarse no propio recinto do mesmo desde unha hora antes de que comece.

Os cinco concertos de pago (Uri Caine, Rinaldo/Ars Atlántica, Ímpetus, Al Ayre Español e Fuoco e Cenere) teñen un prezo cada un de 6 euros e pode adquirirse un abono para os cinco por 20 euros. As entradas poden mercarse a partir do 2 de xuño en entradas.abanca.com, no 902 434 443 ou no despacho de billetes do Teatro Principal.