NNXX Ames - recollida solidaria de alimentos e artigos de uso diario

Novas Xeracións de Ames pon en marcha unha campaña solidaria de recollida de alimentos e artigos de uso diario para as familias que máis están a sufrir a crise
Ata o 20 de decembro, os mozos e mozas que conforman as NNXX do Partido Popular de Ames habilitaron dous puntos de recollida, nos que todas as persoas interesadas en colaborar coa iniciativa 'Axúdanos a pintar sorrisos' poderán depositar alimentos, roupa, roupa de cama, de abrigo, calzado, menaxe de cociña, produtos de hixiene ou de limpeza, entre outros. Todo o que se recolla será destinado a Cáritas Ortoño.

No Milladoiro, o punto de recollida da campaña estará situado na sede do Partido Popular, na Avenida Rosalía de Castro nº57, 1ºA. En Bertamiráns, os alimentos e artigos de uso diario poderán depositarse no Cafe-Pub 3 Pes, situado na rúa Poeta da Mahia, nº 10-Baixo

As Novas Xeracións do Partido Popular de Ames animan aos veciños e veciñas do municipio a tomar parte nesta iniciativa que ten como finalidade axudar a aqueles que máis o precisan, paliando dalgún xeito as consecuencias da crise económica.

As Novas Xeracións do Partido Popular de Ames acaban de poñer en marcha unha iniciativa solidaria que, baixo o nome de 'Axúdanos a pintar sorrisos', ten como obxectivo a recollida de alimentos, roupa e outros artigos de uso diario para as familias amienses que máis están a sufrir a crise. Todo o que se recolla a través desta campaña será destinado a Cáritas Ortoño.

Ata o 20 de decembro, os mozos e mozas que conforman as Novas Xeracións do Partido Popular de Ames habilitaron dous puntos de recollida nos que todas as persoas interesadas en colaborar con esta iniciativa poderán depositar alimentos, roupa, roupa de cama, de abrigo, calzado, menaxe de cociña, produtos de hixiene ou de limpeza, entre outros.

No Milladoiro, o punto de recollida da campaña 'Axúdanos a pintar sorrisos' estará situado na sede do Partido Popular, na Avenida Rosalía de Castro nº57, 1ºA. En Bertamiráns, os alimentos e artigos de uso diario poderán depositarse no Cafe-Pub 3 Pes, situado na rúa Poeta da Maía, nº 10-Baixo.

Nos últimos días, os membros de NNXX de Ames percorreron o concello repartindo e colocando os carteis informativos sobre a campaña. Neste primeiro contacto coa xente, os mozos e mozas de NNXX percibiron a boa acollida que está a ter 'Axúdanos a pintar sorrisos', xa que foron numerosos os comerciantes amienses que xa aportaron o seu gran de area a esta campaña solidaria.

As Novas Xeracións do Partido Popular de Ames animan aos veciños e veciñas do municipio a tomar parte nesta iniciativa que ten como finalidade axudar a aqueles que máis o precisan, paliando dalgún xeito as consecuencias da crise económica.
Todas as persoas interesadas en participar na campaña 'Axúdanos a pintar sorrisos' e que precisen mais información sobre a campaña poden facelo a través dos números 652321648 ou 630984250.

Ningún comentario: