Axenda e tempo do sábado 10 de xaneiro - Música, maxia, exposicións

Santiago - Auditorio Abanca - Globsesion

Santiago - Área Central - Mercado da Chuvia 

Santiago - Alameda - Pista de hielo

Santiago - Auditorio de Galicia - Novas orquestras

Outros Concertos + info

Exposicións

Vedra - Sabotaxe o engranaxe (ata o 20 de xaneiro)

Santiago - Museo Gaias - Cine Galicia25 - (ata o 8 de febreiro)

Santiago - Zona C - María Castellanos - Lo Real (ata o  1 de febreiro)

Santiago - Fonseca - Colección Betty Tisinger de libros desplegables (ata o 26 de xaneiro)

Santiago - Museo do Pobo Galego - Barriga Verde, de feira en feira (ata o 11 de xaneiro)


O Tempo

Ordes - Comezan os traballos na rúa Xardín

O Concello de Ordes está a realizar estes días obras de mellora na rúa Xardín, no casco urbano da vila ordense. Unhas intervencións englobadas dentro do Plan DTC 93 da Deputación da Coruña e que suporán un investimento aproximado de 20.000 euros.

Ao longo dun tramo de arredor de 150 metros de lonxitude instalarase unha nova canalización da rede pluvial, ademais de tubaxes para auga potable, a construción de beirarrúas e a aplicación de conglomerado no tramo de estrada destinado á circulación de vehículos. 

Segundo estimacións as obras estarán rematadas nun prazo de tres semanas.

USC - O Observatorio Astronómico da USC apunta condicións favorables para observar o ‘cometa verde’

De acordo coas previsións, e segundo informa o Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC, as condicións meteorolóxicas das noites deste venres 9 ao sábado e do domingo 11 ao luns facilitarán a observación do cometa Lovejoy (C/2014 Q2) xa a primeiras horas da noitiña en Galicia. 
Foto_Paul Stewart, licencia CC BY-SA

O astro está a acadar estes días o máximo brillo (magnitude 5), o que teoricamente fai posible que se observe a simple vista desde lugares con ceos moi escuros e sen contaminación lumínica. Porén, uns prismáticos ou un pequeno telescopio axudarán á súa localización e seguimento. Conforme pasen os días irase facendo lentamente menos brillante e será a finais de mes canto se atope no seu perihelio.

Descuberto en agosto desde Australia por Terry Lovejoy, o chamado cometa ‘verde’ debido á clase predominante de gases xeados que contén, fundamentalmente cianóxeno e carbono diatómico, tardará cerca de 10.000 anos en volver. 

Lovejoy, que amosa unha órbita case perpendicular á eclíptica, pasou este mércores a 70 millóns de quilómetros da Terra, a mínima distancia a nós. Actualmente se atopa xusto á dereita da constelación de Orión e debaixo do Touro, achegándose a está última nos vindeiros días.

Oroso - Obradoiros de máscaras de antroido

O Concello de Oroso abre o prazo de inscricións en dous obradoiros para a elaboración de máscaras de Entroido, un para nenos e outro para adultos, que comezarán a impartirse a finais deste mes de xaneiro. As inscricións poden formalizarse no centro cultural de Sigüeiro ou no 981 690 903.

O obradoiro para adultos impartirase os días 20, 23, 27 e 30 de xaneiro, así como o 3 e o 6 de febreiro; mentres que o obradoiro infantil terá lugar os días 4 e 5 de febreiro. En ambos casos o horario será de 16:30 a 18:30 horas e lugar de impartición será o centro cultural de Sigüeiro. Os prezos serán de 15 euros (nenos maiores de 6 anos) e de 20 euros (adultos).

Silleda - o concello continuará traballando co orzamento do 2014 prorrogado

O Concello de Silleda continuará co orzamento de 2014 prorrogado. Así se decidiu hoxe na Xunta de Goberno Local logo de que os distintos informes técnicos dos que se dispón ata o momento arroxaran dudas sobre os supostos que permite a Lei 27/2013 de Racionalización e Sostenibilidade da Administración Local. 

“Continuaremos a traballar pero co orzamento prorrogado”, explica o alcalde e responsable municipal de Facenda, “xa que por puro electoralismo os mellores orzamentos da historia recente de Silleda se viron truncados no pleno”, engade.

O goberno deixa aberta a posibilidade de unha posible aprobación nun futuro en canto se dispoña dos informes solicitados a distintas institucións.

“Con todos os respetos a Venezuela, en Silleda saímos do caos no que estábamos instaurados no ano 2007 gracias a gobernos como este, que soupo facer as cousas ben. O que demostran os grupos que hoxe están na oposición é que coma antes non souberon goberar, agora tampouco saben facer oposición, e que lles importa un bledo o seu pobo e os seus veciños, por iso botan abaixo o mellor orzamento da historia de Silleda”, di Cuiña, “e iso pese a recoller case todas as súas aportacións para inversión”, engade o alcalde. 

“Se o que conseguiu que o seu Concello pase de ser o máis endebedado de Galicia a ser un dos que máis invirten é un tirano, ¿qué se pode decir destes lumbreras da oposición?. Eu diría que son unha pandilla de charlatáns en busca dun posto persoal”, apunta.

Do mesmo xeito, Cuiña apunta que “foi unha pena que o portavoz do PP non tivera pedido informes á Xunta de Galicia antes de facer o ridículo denunciándonos en Madrid no Tribunal Administrativo de Recursos Contractuales pola adxudicación do SAF, un tribunal que non tardou nin 15 días en sacarlles a razón”.

“É este goberno municipal a quen corresponde xestionar este Concello, e creo que ata o de agora, no tocante ás contas, non caben reproches a este goberno. É por iso que seguiremos traballando como ata agora, con responsabilidade e sempre mirando polo ben dos cidadáns, pero cun orzamento prorrogado, lamentablemente”, explica Cuiña.

O alcalde reitera que a “politización que se está a facer con certas propostas incluidas nos históricos orzamentos que deseñamos para 2015 vai dar ao traste con proxectos importantes para Silleda e con visión de futuro, pero en todo caso este goberno non vai ceder non seu empeño de seguir loitando por actuacións que considera xustas, necesarias e posibles”, sinala.

Así, Manuel Cuiña lembra que “este goberno foi quen de facer unha xestión impecable a nivel económico en época de crise e cunhas arcas municipais esquilmadas por longos anos de desfilfarro do PP”. “Temos os pagos ao día, desfixémonos do lastre do remanente negativo de tesourería, pagamos as débedas, algunhas delas históricas, e aínda así seguimos prestando servizos cada vez mellores e realizando obras. Se fomos capaces de facelo en época de vacas flacas, continuaremos a traballar no que queda de lexislatura coa mesma filosofía e coas mesmas ganas”, remata.

Santiago - Novas orquestras e Maxia con globos na programación cultural de hoxe

As 20.00h no Auditorio de Galicia, concerto da Orquestra Nova da Sinfónica de Galicia dentro do ciclo de Novas Orquestras. Dirixida por Vicent Alberola e con María José Rielo, fagot. Máis información no enlace onde tamén se pode descargar o programa de man do concerto: 







Tamén hoxe e tamén ás 20.00h pero nesta ocasión no Auditorio Abanca, hai unha cita do ciclo Infantil&Familiar. Willy Monroe presenta ‘Globsesion’, maxia cómica con globos dirixida a todos os públicos. Máis información:









BNG Teo - Manuel Anxo Fernández Baz será o candidato a alcaldía

A asemblea local do BNG en Teo elixeu o primeiro tramo da candidatura nacionalista que vai estar encabezada polo actual portavoz municipal, Manuel Anxo Fernández Baz, ao que lle segue Ana Pintos Pérez, Renato Núñez Dasilva, Almudena Taboada Castro e Carlos Cebey Olveira. 

O responsábel local, Manuel Rodiño, subliñou que “a previsión é que a lista quede elaborada ao longo do mes de xaneiro incorporando as propostas que se realizaron nas asembleas abertas celebradas, destacando a incorporación de independentes, tal e como veu facendo o BNG historicamente.”

O candidato á alcaldía, Manuel Anxo Fernández Baz, agradeceu o apoio amosado pola asamblea local e fixo un chamamento á militancia e aos simpatizantes do BNG “para retomar o cambio iniciado en 2007 que se veu sumido na parálise desde 2012.” Por outra banda, presentou o BNG como “a garantía para impedir que Teo volva á política que derrotamos en 2007.”

O BNG vai iniciar unha rolda de contactos para a elaboración do programa electoral artellada en dous niveis, por un lado convocando a todas as asociacións e entidades do concello para coñecer as súas demandas, as súas problemáticas, e a súa visión sobre o funcionamento do Concello; e por outro convocando aos veciños en asembleas por parroquias para debater sobre a situación municipal e para recoller propostas.

Santiago Futsal - O equipo cae en Zaragoza por 6-1

Saltó el Santiago Futsal a la pista del Pabellón Siglo XXI con la clara intención de sumar los 3 puntos en una pista que se terciaba complicada ante un rival, D- Link Zaragoza, que no pondría las cosas fáciles a los de Santi Valladares. Pero en una segunda parte en la que el rival se mostró superior a los de Santiago, declinó la balanza para los locales.

En una primera parte de dominio alterno con ocasiones para ambos conjuntos, Iván Rumbo tendría la primera ocasión de los visitantes que salvaría el meta Iván Bernard. Pero sería el D-Link Zaragoza por medio de Carlos García el que se adelantaría en el marcador en el minuto 11.

El Santiago Futsal buscaría la igualada tras el gol local con un tiro de Gallego que se estrellaría en el palo. Pero el marcador no se movería y los equipos se irían al descanso con el 1-0.

Tras el paso por vestuarios, y a los 18 segundos del comienzo de la segunda parte, Álex Verdejo marcaría el segundo para el conjunto maño al anotar gol tras un rechace que se fue al palo. Sería también Álex Verdejo quien, en el minuto 25 del encuentro, anotaría el tercero para los suyos, dejando el partido muy cuesta arriba para los de Santiago, con una acción individual que finalizaría en gol.

Con un Santiago Futsal que no lograba materializar las ocasiones que generaba en pista contraria, el D-Link Zaragoza aprovecharía una acción a la contra para que Carlos García hiciera el cuarto tanto de los suyos en el minuto 30 del encuentro. 

Con un Santiago Futsal que jugaba con portero jugador en pista, con Hugo vistiendo la elástica roja, el meta local Iván Bernard, aprovecharía un balón parado en ataque de del Santiago Futsal para anotar el quinto en la cuenta local.

Aunque el jugador del Santiago Futsal Gallego reduciría distancias un minuto después del gol local haciendo el primero para los visitantes, Retamar cerraría el marcador con el sexto y definitivo tanto del encuentro dejando así, los tres puntos en tierras aragonesas.

Ficha técnica:

D-Link Zaragoza: Iván Bernard, Retamar, Verdejo, Caio Alves y Víctor Tejel –cinco inicial- Nano Modrego, Óscar Villanueva, Carlos García

Santiago Futsal: Marcos Vara, Lucas Bolo, Hugo Sánchez, Iván Rumbo y Diego Quintela- cinco inicial- Pablo Tallón, Dani ‘Chino’, Kike, Gallego y Chus.

Árbitros: Cuesta Sánchez y García Morón. Amonestaron con tarjeta amarilla a Nano Modrego y Víctor Tejel por el D Link Zaragoza; y a Marcos Vara y a Diego Quintela por el Santiago Futsal.

Incidencias: Partido correspondiente a la 17ª jornada de Liga celebrado en el PM Siglo XXI de Zaragoza

Goles: 1-0 min.11 Carlos García, 2-0 min.21 Álex Verdejo, 3-0 min.25 Álex Verdejo, 4-0 min.30 Carlos García, 5-0 min.33 Iván Bernard, 5-1 min.34 Gallego, 6-1 min.39 Retamar

Teo - Curso de graduado en ESO

O Concello de Teo leva anos realizando o curso para a preparación das probas libres para a obtención do Graduado en ESO e neste mes de xaneiro sácase unha nova convocatoria para anotarse nesta actividade formativa que está previsto comezar en febreiro. As persoas interesadas, que deben ter dezaoito anos cumpridos a 31 de decembro de 2014, poden entregar xa a ficha de inscrición ata o 31 de xaneiro no Rexistro Xeral do Concello. 

O acceso ao curso faise por rigurosa orde de inscrición e ten un número de prazas limitado. O curso é gratuíto e ten unha carga lectiva de 240 horas. A previsión é que se imparta no CSC da Ramallosa entre os meses de febreiro e agosto. O horario que se propón dende o Concello de Teo é de luns a venres de 20:20 a 22:40 horas de xeito que se poida compatibilizar cunha xornada laboral. 

A ficha de inscrición, que xa se pode descargar da web municipal teo.gal ou recoller nas oficinas do Concello, debe ir acompañada de copia do DNI do solicitante e o prazo para presentala remata o 31 de xaneiro.

Selección do/a mestre/a

En relación con esto o Concello vén de publicar na web municipal as bases que rexerán a convocatoria para a provisión, polo sistema de concurso, dun/ha profesor de educación de adultos para impartir o citado curso. As persoas que queiran participar no proceso selectivo deben entregar a instancia entre o 10 e o 19 de xaneiro. 

A modalidade contractual será dun contrato laboral temporal, por obra ou servizo determinado a tempo parcial, cunha duración de seis meses e unha xornada de 12 horas semanais. 

As solicitudes, que deben entregarse no Rexistro Xeral do Concello, deben ir acompañadas da copia do DNI, do certificado ou título oficial da licenciatura ou grao, do certificado de ter realizado o master ou curso de aptitude pedagóxica e dun proxecto educativo. 





As persoas que precisen máis información sobre calquera dos dous temas poden poñerse en contacto coa Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local de Teo no teléfono 981 815 721, no correo electrónico aedlteo@gmail.com ou persoalmente nas oficinas situadas na antiga Casa do Concello, na Travesía da Ramallosa, número 40.

Axenda e tempo do venres 9 de xaneiro - Música, humor, libros, exposicións

Santiago - Auditorio Abanca - Manquiña e Rober Bodegas

Ames - Gala concurso fotografia Parque empresarial Novo Milladoiro

Santiago - Alameda - Pista de hielo

Mesía - Presentación do libro A República da Braxa de Manuel Pazos

Santiago - Sonar - Som do Galpom

Oroso - Festival de aninovo da Aula de Música

Outros Concertos + info

Exposicións

Vedra - Sabotaxe o engranaxe (ata o 20 de xaneiro)

Santiago - Museo Gaias - Cine Galicia25 - (ata o 8 de febreiro)

Santiago - Zona C - María Castellanos - Lo Real (ata o  1 de febreiro)

Santiago - Fonseca - Colección Betty Tisinger de libros desplegables (ata o 26 de xaneiro)

Santiago - Museo do Pobo Galego - Barriga Verde, de feira en feira (ata o 11 de xaneiro)


O Tempo

Lindeiros - Carta dunhas familias de Ames sobre a Cabalgata de Reis

Onte o BNG de Ames facíase eco na súa conta de Facebook dunha carta dunhas familias do concello sobre a Cabalgata de Reis de Bertamiráns, carta que aquí reporducimos

EU COÑEZO O REI BALTASAR!

Se unha data hai no ano no que a xente miúda dunha casa se emocione, esa é a véspera do 6 de xaneiro, cando uns Magos de Oriente veñen ata as nosas aldeas, vilas e cidades para deixar agasallos polas portas. Mais a rapazada tamén sabe que antes de chegaren aos fogares, déixanse ver polas rúas en carrozas máis ou menos vistosas desde as que -axudados de paxes- tiran caramelos. Logo, as súas maxestades adoitan chegar a un punto no que se sentan en reais asentos e escoitan os últimos pedimentos de nenos e nenas que se achegan a eles cheos de ilusión, de esperanza e con moitos nervios. Nalgúns sitios mesmo xa lles teñen un regaliño alí mesmo.
Os nenos e nenas das familias abaixo asinantes non esperaban agasallo ningún da man dos Reis, nin que houbese unha selección de caramelos variados sen glute e aptos para alérxicos, nin sequera lles apetecía ir falar directamente cos Magos… Mais aínda con tan poucas aspiracións, a realeza do goberno municipal de Ames conseguiu debuxar nas súas cariñas a frustación e a decepción. Non lles foi difícil: Esperaron 40 minutos en Bertamiráns o retraso das súas Maxestades que lles dedicaron escasos 4 segundos , o tempo en que un deles lanzou un puño de caramelos para seis rapaces (dous por cabeza!). Isto para os máis próximos á rúa, porque os de segunda fila xa non os cheiraron. Mais o peor foi a posta en escena: un tren turístico de aluguer, sen decoración acaída para a ocasión, levaba dentro a tres Reis e uns cantos paxes remexidos, que non nos deu tempo a contar, escoltado por dous coches da policía local ( cuxas luces facían o máis vistoso dunha cabalgata de un só vehículo). Nin se molestaron en cortar o tráfico, cunha velocidade que se achegaría aos 30 km. por hora cruzaron Bertamiráns en escasos minutos e chegaron a un desanxelado pavillón municipal no que por todo escenario había unha bancada iluminada por uns focos. Pero o peor foi oír a unha das nosas cativas: eu coñezo a Baltasar!! é el, o meu adestrador de atletismo! Unha pouca borra na cara non disimulaba ningunha das súas faccións e xa era imposible remedialo…
Ante tanto desleixo e tan pouco respecto polos contribuíntes, mellor lles sería aos señores gobernantes do noso concello mandar unha nota dicindo que, por exemplo, por mor da crise, este ano non había cabalgata. Polo menos non habería frustración en Ames nunha noite máxica coma o do 5 de xaneiro.

Familias Aguín Limón, Barreiro Caruncho e Formoso Pérez

(Ames)

Ames - Gala de entrega de Premios do I Certame de Fotografía Comercial do Parque Empresarial do Milladoiro

O Concello de Ames colabora co Parque Empresarial do Milladoiro na organización da gala de entrega de Premios do Primeiro Certame de Fotografía Comercial. O evento, aberto ao público, celebrarase hoxe venres, ás 20:30 horas na Casa da Cultura do Milladoiro .

No pasado mes de outubro, a Asociación de Empresarios do Parque Empresarial do Milladoiro puxo en marcha un concurso de fotografías para darlle visibilidade ás empresas instaladas no polígono amesán e atraer novos negocios a este núcleo. Salomé Blanco, unha das integrantes deste colectivo, explica que a intención do certame é “achegarse á visión da empresa actual por medio da fotografía e ofrecer unha maior difusión comercial aos nosos negocios locais”. Na actualidade, preto de 190 firmas forman parte deste parque empresarial.

Un dos requisitos do concurso era que as fotografías debían rexistrar as instalacións do polígono, os produtos que se comercializan no mesmo ou as distintas fases do proceso produtivo. En total presentáronse 61 imaxes que están expostas na segunda planta da Casa da Cultura do Milladoiro. Malia ser a primeira edición, o nivel de participación foi, segundo Blanco, moi elevado e agardan que o concurso se estableza como un referente en toda a comarca. 

Na gala, entregaranse tres primeiros premios de 300, 200 e 100 euros e outros tres de 50 euros. Ademais, haberá música en directo dun cuarteto de corda dirixido por Mijail Moriatov e a actuación do monologuista Celso Fernández Sanmartín.

Área Central - Cerca de cincuenta puestos de artesanía, minigolf y cuentacuentos, este sábado en el “mercado da chuvia”

El “Mercado da chuvia” celebra este sábado su primera edición del año, en la que asistirán cerca cincuenta puestos de artesanía, acompañados de actividades paralelas como pistas de minigolf, cuentacuentos y talleres de manualidades. 

Ropa de bebé hecha a mano, camisetas personalizadas, repostería creativa, todo tipo de complementos originales y con las más variadas formas, talla de madera, etc. son sólo algunos de los productos que los visitantes podrán encontrar este sábado en los pasillos de Area Central. 

El “Mercado da chuvia” se celebra todos los segundos sábados de mes en Area Central de 11.00 a 21.00 horas, una cita de referencia para todas las personas que valoran la artesanía y los productos hechos a mano en los que destacan la imaginación y la originalidad de sus creadores. Los visitantes pueden encontrar un gran abanico de productos realizados con diferentes materiales como tela, cuero, barro, bronce o madera. 

Entre las actividades que destacan este sábado, la esquina roja acogerá pistas de minigolf, que estarán en funcionamiento de 12.00 a 14.00 horas y de 16.00 a 20.00 horas. También por la mañana y por la tarde, la asociación Planeta Shalom celebra cuentacuentos y talleres de manualidades en dos sesiones: de 12.00 a 13.00 y de 18.00 a 19.30 horas. 

El “Mercado da chuvia” nació en octubre de 2013 como una iniciativa de un grupo de artesanos compostelanos en colaboración con Area Central. Se trata de una propuesta comercial diferenciada en Santiago de Compostela en un marco inigualable como son las calles acristaladas de Area Central. 

El “Mercado da chuvia” es diferente cada mes ya que en cada edición varían las actividades y los puestos de venta y exposición, que llenan la totalidad de la superficie de los pasillos de Area Central.

Ames - O Concello e a empresa A Billarda asinaron o contrato para a xestión dos comedores municipais

O alcalde de Ames, Santiago Amor, e o representante da empresa A Billarda S.L., Víctor Manuel Pérez, asinaron esta mañá o contrato do servizo de Monitoraxe na Rede Municipal de Comedores Escolares. O contrato terá unha duración máxima de execución dun ano e medio dende o día 1 de xaneiro do 2015, podendo prorrogarse por un máximo de dous anos e medio. 

A Billarda S.L. foi a encargada de prestar este servizo dende o pasado mes de setembro tras un proceso de licitación no que tamén participaron as firmas COESCO e Ágora Aberta, esta última xestionou os comedores municipais dende o curso 2010-2011. Dende o Goberno local sinalan que o servizo se prestará en igualdade de condicións e garantindo a continuidade do persoal traballador que, entre monitores, coordinadores e encargados da limpeza, suman uns 100 empregados. Atenderán aos preto de 1.100 nenos e nenas dos cinco Centros de Educación Infantil e Primaria do Concello de Ames. 

O alcalde amesán, Santiago Amor, indica que cinco comedores e máis de mil escolares atendidos por un cento de monitores dan idea da relevancia deste servizo municipal. “É moito máis importante do que parece prestar a debida atención durante o xantar –agrega Amor–, xa que é un momento de recreo e distensión, pero tamén extraordinariamente educativo en canto a comportamentos individuais e colectivos. Ademais aprovéitase para inculcar nos rapaces hábitos correctos de alimentación e nutrición. Este servizo público enmárcase, igualmente, na nosa política de conciliación e de fundamental apoio ás familias”.

O importe da oferta económica de A Billarda foi de 13’90 euros o prezo por hora de cada monitor, 13’00 euros á hora do coordinador e 8’50 euros o prezo por hora do servizo de limpeza, sempre máis IVE.

Oroso - O historiador orosán Manuel Pazos presenta hoxe venres en Mesía o seu libro “A República da Berxa”

O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, asistirá hoxe venres 9 de xaneiro á presentación do libro “A República da Berxa”, do historiador orosán Manuel Pazos. Unha presentación que terá lugar na Casa da Cultura de Xanceda (Mesía) ás 20:30 horas e na que tamén participarán o alcalde de Mesía, Mariano Iglesias; o presidente da Mancomunidade de Ordes, Manuel Regos; e Emilio Grandío Seoane, profesor da USC. A entrada é libre e de balde. O acto pecharase coa actuación musical das cantareiras da Escola de Música e Baile Tradicional de Mesía e do dúo Mini e Mero.

O libro, editado pola asociación cultural Obradoiro da História, conta coa colaboración do Concello de Oroso, do Concello de Mesía, da Mancomunidade de Ordes, da asociación cultural Bieito Fandiño de Mesía e da asociación de amigos da Capela Nosa Señora de Arxán (Mesía). A obra céntrase na vida de Antonio Gómez Carneiro, alcalde de Mesía durante a II República ata o inicio da Guerra Civil e que estivo perseguido pola ditadura franquista, chegando a ser procesado e condenado por defender as súas ideas democráticas.

Melide - A alcaldesa reúnese coa Conselleira de Medio ambiente, Ethel Vázquez

A alcaldesa de Melide, Ánxeles Vázquez, xunto coa concelleira de obras mantivo unha xuntanza ónte coa conselleira de medio ambiente autonómica, Ethel Vázquez para tratar varios temas de interese.
Entre os temas abordados está a solicitude de Ánxeles Vázquez como alcaldesa de Melide para acometer a obra de saneamento na zona de Santa María a altura de O Rañado, unha obra que abarcaría máis de dúas ducias de casas aproximadamente que levan anos solicitando o saneamento, tanto pola súa proximidade co centro da vila como pola súa afectación á nacional 547, xa que as necesidades se localizan nesta estrada dirección Santiago de Compostela. 
É unha obra de difícil consecución pola súa localización e os trámites burocráticos que conleva, xa que implica os informes favorables de carreteras do Estado ademais dos xa convencionais, motivo polo cal se lle traslada á consellería para axilizar o proceso dende o departamento autonómico. 

A alcaldesa melidense mostrou logo da xuntanza a satisfacción dada a colaboración unha vez máis da Xunta de Galicia, xa que a consellería comprometeuse a facer un esforzo en todos os puntos tratados mostrando un gran interesa pola situación de Melide.

Oroso - Festival de aninovo da Aula de Música

Máis de medio cento de rapaces e rapazas participarán hoxe venres no Festival de Aninovo da Aula de Música de Oroso

O auditorio do centro cultural Fernando Casas e Novoa de Sigüeiro acollerá hoxe venres 9 de xaneiro, a partir das 19:00 horas, a terceira edición de Festival de Aninovo da Aula de Música de Oroso. Un concerto de hora e media de duración e no que participarán máis de medio centenar de rapaces e rapazas do municipio, de idades comprendidas entre os 8 e os 15 anos. A entrada é libre e de balde.

O director da Aula de Música de Oroso, Juan Salgueiro, explica que “será un programa variado, que mesturará as actuacións da orquestra e do coro infantil con dúos de música folk, un pequeno grupo de cámara e mesmo un grupo de rock, polo que a selección de pezas será moi variada”. De feito, o festival arrancará coa actuación dos máis pequenos, os nenos e nenas de Música e Movemento, de idades comprendidas entre os 4 e os 7 anos, que interpretarán “Canción mítica”, de Ruth García Campos.

Os membros da orquestra e do coro infantil, de entre os 8 e os 15 anos, interpretarán varias pezas: a banda sonora de “A bela e a besta”, “Sad movie” e a banda sonora de “Os chicos do Coro”. Canda eles actuarán dúos de guitarra e violín, piano e violín ou dúas guitarras, así como un pequeno grupo de cámara con violíns, contrabaixo e piano. O punto e final correrá a cargo dun grupo de rock formado polos máis maiores da Aula de Música de Oroso.

Axenda e tempo do xoves 8 de xaneiro - Música, teatro, exposicións

Santiago - Teatro Principal - Selección Natural 

Santiago - Alameda - Pista de hielo

Santiago - Casa das Crechas - Cata de viños e libros

Santiago - A Nave de Vidán - serán festivo

Santiago - Sala Capitol - Neuman

Outros Concertos + info




Exposicións

Vedra - Sabotaxe o engranaxe (ata o 20 de xaneiro)

Santiago - Museo Gaias - Cine Galicia25 - (ata o 8 de febreiro)

Santiago - Zona C - María Castellanos - Lo Real (ata o  1 de febreiro)

Santiago - Fonseca - Colección Betty Tisinger de libros desplegables (ata o 26 de xaneiro)

Santiago - Museo do Pobo Galego - Barriga Verde, de feira en feira (ata o 11 de xaneiro)


O Tempo

BNG A Estrada - Moción para que o dominio .GAL sexa o oficial do concello

O BNG presentará unha moción de urxencia no próximo pleno para que o dominio "aestrada.gal" sexa o oficial do concello

O concelleiro do BNG, Xosé Magariños, vén de anunciar que presentará por urxencia no próximo pleno unha moción para facer do dominio "aestrada.gal", rexistrado o pasado mes de decembro, o oficial do concello a todos os efectos.

“A nosa lingua e a nosa cultura xa gozan dunha marca propia con que identificar todos os contidos que xeramos na Rede e, así, facérmonos máis visíbeis dentro deste espazo de comunicación global que é internet”, explicou o concelleiro do BNG, “e neste sentido, A Estrada non pode quedar á marxe, o noso concello ten que poñer o seu gran de area para proxectar a nosa identidade non só en galego, que xa o fai, senón identificando os contidos que xeramos baixo un denominador común, o dominio .gal”.

O BNG non sé contenta só co rexistro do dominio .gal da web oficial do concello da Estrada; segundo explicou o concelleiro do BNG “queremos que se substitúa o actual dominio “aestrada.com” por “aestrada.gal” para que este último sexa o oficial do concello, para o que instamos ao grupo de goberno a facer unha campaña para popularizar este novo enderezo entre os veciños e veciñas da Estrada publicitándoo en todos os cartaces, díticos, comunicacións, etc, que faga o concello". 

Agora mesmo o dominio "aestrada.gal" simplemente redirixe ao enderezo .com do concello. O que pretenden o BNG é facer as modificacións técnicas que sexa preciso na web para facer do .gal o oficial do concello.

Esquerda Unida - Moción en contra do tratado UE - EUA de liberalización de servizos públicos

O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela únese á denuncia de que a Unión Europea (UE) e os Estados Unidos de América (EUA) están a negociar, de costas á cidadanía e aos seus representantes políticos (parlamentos nacionais e europeo), un amplo acordo de liberalización de comercio e investimentos, que representa un serio perigo para a democracia e a debida protección dos dereitos laborais, ambientais e de saúde, antepoñendo o interese comercial dos investidores e empresas transnacionais (ETN) ao interese xeral.

O TTIP, ao perseguir a liberalización total dos servizos públicos e a apertura de prestación destes ás ETN, así como ás compras e licitacións de bens e servizos das Administracións Públicas, pon en perigo todos os servizos públicos e as compras públicas, en todos os niveis de poder, e compromete a habilidade dos representantes elixidos para administrar libremente as súas comunidades locais e promover a industria, emprego e iniciativas locais.

Deste modo, as leis do comercio priman sobre calquera outra consideración social, e ignoran calquera lexislación continental, estatal, autonómica ou local. As comunidades locais encóntranse elas mesmas dominadas por axustes estruturais restritivos debidos aos acordos e as políticas de libre comercio e de protección do investidor. Esta lóxica desmantela os servizos públicos e suprime a liberdade dos poderes locais para subministrar os servizos públicos e satisfacer as necesidades sociais das súas poboacións, atendendo a políticas e plans de desenvolvemento industrial e de fomento da industria e emprego locais.

As Administracións Locais, ao estar preto das necesidades dos seus pobos, teñen o deber de inxerencia respecto ao que trama o TTIP, e un deber de resposta, se non queren verse acusadas de non axudar á poboación e ao planeta en perigo. Deben ser as canles axeitadas para promover os servizos públicos e a industria e emprego locais. Están obrigadas a resolver os retos sociais, económicos e ambientais e, conseguintemente, a defender a universalidade dos servizos públicos e a protección da cidadanía.

As entidades locais desexan ampliar o debate público e democrático sobre o que está verdadeiramente en xogo tras este acordo e a sorte que correrán os servizos e compras públicos:

• O comercio e o investimento soamente poden conducir a intercambios económica e socialmente beneficiosos se respecta as necesidades humanas en todo lugar, e non se basea unicamente no beneficio dos especuladores financeiros e das empresas multinacionais.

• A eliminación programada e progresiva dos servizos públicos é ao mesmo tempo a eliminación programada e progresiva da solidariedade e a democracia.

• A apertura máxima dos servizos e as compras públicas á competencia produce efectos contraproducentes en canto á súa accesibilidade, a súa calidade e o seu custo.

• Os dereitos sociais son dereitos inalienables, polo que non poden depender exclusivamente da lóxica do mercado.

• Só a existencia diversificada de servizos públicos socialmente útiles, permite asegurar unha calidade de vida digna para todos e en todas as partes, en estreito nexo co exercicio real da democracia.

• O control público debe preservarse para garantir o acceso aos bens comúns e á creación de novos servizos públicos, así como para favorecer a industria e emprego locais.

Por todo isto o Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela propón ao Pleno do concello de Santiago a seguinte proposta de

ACORDOS

Primeiro. Declarar a Santiago de Compostela como Concello insubmiso e oposto ao TTIP, defendendo os servizos públicos básicos para a solidariedade e redistribución social

Segundo. Solicitar do Ministerio de Administracións Públicas o seu apoio a todas as iniciativas dirixidas a manter o carácter público dos chamados servizos socialmente útiles

Terceiro. Solicitar do Ministerio de Economía a suspensión das negociacións do TTIP.

Vedra - Exposición Sabotaxe o Engranaxe ata o 20 de xaneiro


Vedra comeza o 2015 cunha nova oferta cultural a partir de esta mesma tarde; O concello abre a exposición ..

“SABOTAXE AO ENGRANAXE”

Unha mostra coa visión de crítica social de 7 artistas de varios eidos, Elena Agrelo, Isa Albela, Israel Jiménez, Alejandro Pregue, Tabaré Santellán, Ana Valín e Trassi Wolf. 
Pintura. ilustración, fotografá, instalacións, diferentes mensaxes e un mesmo tema.
A cita no Museo Paz Camps de San Fins de Sales ata o 20 de xaneiro, a inauguración hoxe xoves as 20 horas.


Silleda - Enviado de novo o PXOM a Patrimonio

O PXOM de Silleda xa incorporou as correccións advertidas por Patrimonio

-Agora o Concello remitirá a este organismo autonómico o documento, á espera do seu informe, mentres a empresa redactora ultima as respostas individualizadas a todas as alegacións do documento

O PXOM de Silleda xa incorporou as correccións advertidas pola Dirección Xeral de Patrimonio, o último dos organismos en informar o documento. Agora, os planos serán remitidos a este organismo autonómico coas correccións plantexadas para que realicen de novo o informe correspondente.

“Agardamos que este trámite se realice no menor prazo de tempo posible para axilizar o proceso”, sinala o alcalde, Manuel Cuiña.

Mentres, a empresa redactora do plan, Eptisa, ultima xa as respostas de xeito individual e persoalizado a todos os propietarios que presentaron alegacións ao PXOM de Silleda, informando da resolución das mesmas.

O documento que xa incorpora desde o verán as alegacións aceptadas está pendente tamén da Memoria Ambiental e terá que volver a pleno para a correspondente aprobación Provisional.

Xunta Medioambente - Licitada a redacción dos proxectos de sendas e carrís bicis na comarca

O Goberno galego avanza así na súa liña de fomento da mobilidade sostible na que se enmarcan os aparcadoiros disuasorios ou o transporte metropolitano

O obxectivo do contrato é analizar as posibles actuacións que faciliten os desprazamentos peonís e ciclistas nas estradas autonómicas, como modos de transporte alternativos á utilización de vehículo privado 
Analizarase a situación actual dos principais itinerarios peonís e ciclistas na área de estudo, e propoñerase a realización de sendas destinadas a favorecer unha mobilidade urbana e interurbana mais sostible, segura e cómoda. 
O orzamento de licitación do contrato de servizos supera os 100.000 €, e o prazo para a identificación das necesidades e redacción dos proxectos será de 12 meses 
O resultado destes traballos guiará o investimento en Galicia de máis de 28 millóns de € de fondos europeos do presuposto comunitario 2014-2020 

A Xunta de Galicia licita hoxe un contrato destinado a analizar os treitos de estradas autonómicas de Santiago e a súa comarca nos que resulta conveniente executar sendas peonís ou vías ciclistas en estradas de titularidade autonómica para fomento da mobilidade sostible. O goberno autonómico inverterá máis de 100.000 € na redacción do estudo, no que se proporán actuacións concretas que favorezan os desprazamentos a pe ou en bicicleta. A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas utilizará o produto destes traballos para programar un investimento de máis de 28 millóns de € de fondos europeos que o presuposto comunitario 2014-2020 destina ao fomento da mobilidade sostible en Galicia.

Este contrato enmárcanse nun conxunto de actuacións que a Consellería de Medio Ambiente está a desenvolver para impulso das formas de transporte menos contaminantes, das que se derivarán importantes melloras medioambientais ao reducir a pegada de carbono.

O departamento que dirixe Ethel Vázquez está a traballar no só acometendo melloras na rede viaria que faciliten a migración cara os desprazamentos en bicicleta ou peonís, senón tamén na adopción de medidas que favorezan a utilización do transporte colectivo (como a execución de aparcadoiros disuasorios) ou de medios de transporte público, mediante o plan de transporte metropolitano, que xa está implantado na área da Santiago.

Mediante o estudo que hoxe se licita se analizará a situación actual en relación ás sendas peonís e/ou ciclistas na rede de estradas autonómica, e se proporán actuacións concretas para favorecer unha mobilidade urbana e interurbana mais sostibles.

De xeito especial, analizarase a execución de sendas que permitan unha conexión urbana – rural para evitar a utilización do vehículo privado de curto e medio percorrido. Ordenando os distintos modos de transporte mellorarase ademais a seguridade viaria, estabilizando a circulación con velocidades mais homoxéneas e menores interferencias entre os distintos usuarios das estradas.

A área de estudio centrarase na comarca de Santiago, formada polos seguintes concellos: Ames, Boqueixón, Brión, Santiago de Compostela, Teo, Val do Dubra e Vedra, polo que o contratos licitado no día de hoxe suporá un beneficio para os máis de 500.000 habitantes desta comarca.

O orzamento de licitación deste contrato de servizos, IVE incluído, será de 102.943,88 €, e o prazo para a redacción dos estudos iniciais e dos posteriores proxectos será de 12 meses.

Ademais Ademais deste contrato, a consellería licita tamén no día de hoxe outro estudo para identificación de sendas na comarca da Terra Cha, ao que hai que engadirlles os licitados recentemente para as comarcas de Vigo, A Coruña, Bergantiños, O Salnés e Ferrol.

Estas sete áreas de estudo foron seleccionadas tendo en conta o resultado dunha análise multicriterio na que se valoraron, para cada comarca galega, a poboación, a lonxitude da rede autonómica e dos treitos urbanos de estrada, e os incidentes rexistrados nos últimos anos nos que se viron involucrados peóns. 

Traballos a desenvolver mediante o contrato
O contrato que hoxe licita a Axencia Galega de Infraestruturas comprenderá dúas actuacións diferenciadas: en primeiro lugar, realizarase un estudo inicial de identificación de sendas na comarca de Santiago, no que se analice a situación actual na área de estudo en relación ás sendas peonís e/ou ciclistas e se propoña a realización de actuacións concretas para resolver a problemática que poida detectarse; en segundo lugar, redactarase un proxecto construtivo no que se desenvolverán as actuacións identificadas coma necesarias.

O estudo inicial de identificación de sendas centrarase en relacionar os focos de atracción de peóns e/ou ciclistas (incluíndo focos de tipo comercial, sanitario, relixioso, deportivo, lúdico, industrial, residencial,…) cos seus puntos de xeración correspondentes (fundamentalmente residenciais). A continuación, deduciranse as rutas peonís e/ou ciclistas que os deberían de unir, identificando aquelas xa existentes, as xa planificadas, e outras onde podería ser necesario executar algún tipo de senda.

A continuación, realizarase unha análise comparativa da oportunidade de executar cada un dos treitos de senda identificados, para xerarquizar a proposta de actuación. Para apoiar o sistema de selección, incluirase unha estimación dos obxectivos a acadar coas actuacións propostas, segundo os indicadores que estableza a administración.

Finalmente, redactaranse un proxecto de construción no que se definirán as obras a acometer nos treitos de sendas identificados como necesarios. Co fin de favorecer a integración paisaxística e ambiental das sendas, na redacción dos proxectos de construción aplicaranse criterios para a súa correcta integración no territorio.

Outras actuacións da CMATI para fomento da mobilidade sostible 

Galicia acolle un territorio caracterizado por unha elevadísima dispersión da poboación, o que deriva na existencia de gran cantidade de estradas. Ademais, os bordes das infraestruturas viarias teñen servido no pasado en Galicia como apoio ao crecemento dos núcleos de poboación, o que ten favorecido a utilización indiscriminada dos vehículos privados, mesmo para desprazamentos de curto percorrido.

A Consellería de Medio Ambiente está actualmente a desenvolver diversos programas cos que se pretende favorecer a sostibilidade ambiental, reducindo a utilización dos vehículos privados, tanto mediante o fomento do transporte colectivo ou público coma coa execución de infraestruturas que favorezan a utilización de formas alternativas de transporte, menos contaminantes, coma as que se desenvolverán a raíz do estudo que hoxe se licita.

No capítulo de fomento do transporte menos contaminante, o plan de transporte metropolitano da área de Santiago, xa implantado, está a colaborar de xeito definitivo na potenciación do transporte público interurbano, ao reducir os custes do transporte.

Para favorecer o uso do transporte público e a utilización compartida dos vehículos fronte ao uso individual, a consellería, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, licitou o pasado venres, 5 de xaneiro o contrato para a execución dun aparcamento disuasorio na zona de Pontepedriña, nunha parcela proposta polo Concello de Santiago situada baixo o viaduto do ferrocarril, moi próxima á estación de ffcc, e nas inmediacións do no de Cornes da SC-20 e da glorieta de Galuresa, polo que conta cunha boa conexión coa rede viaria e ferroviara de Santiago. 

Con estas actuacións, o executivo autonómico pretende fomentar prácticas e comportamentos mais respectuosos co medio ambiente, facilitando ou facendo posible a circulación en condicións de maior seguridade para o conxunto dos usuarios.

Ames - A aula de informática do Milladoiro ofrece novos cursos gratuítos este trimestre

Elaboración de currículos, obradoiro de diapositivas e creación de blogs son as accións formativas que se impartirán entre xaneiro e marzo

As inscricións poderán realizarse a partir do 12 de xaneiro na Casa da Cultura do Milladoiro

A aula de informática do Milladoiro ofrece novos cursos gratuítos durante os meses de xaneiro, febreiro e marzo, dirixidos a persoas de todas as idades. Haberá quendas de mañá e de tarde cun máximo de 10 alumnos en cada sesión. As inscricións poderán realizarse a partir do 12 de xaneiro na propia aula de informática, situada na Casa da Cultura do Milladoiro, en horario de 16:00 a 20:00 horas, de luns a xoves, e os venres de 9:30 a 13:30 horas.

Os días 28 e 29 de xaneiro impartirase un curso de elaboración de currículos empregando o procesador de textos Writer. Desenvolverase de 10:00 a 11:30 horas ou de 18:00 a 19:30 horas e diríxese a maiores de dezaoito anos. En febreiro, do 9 ao 12, terá lugar un obradoiro de diapositivas de Entroido para que os nenos e nenas de nove a doce anos aprendan a manexar o programa Impress. Será de 18:30 a 19:30 horas.

O último dos cursos deste primeiro trimestre do ano celebrarase os días 18 e 19 de marzo, de 10:00 a 11:30 horas ou de 18:00 a 19:30 horas. Os asistentes, que deberán ter máis de dezaoito anos e coñecementos básicos de informática, aprenderán a elaborar blogs a través da plataforma Blogger.

Para acudir a algunha destas accións formativas será imprescindible estar empadroado no Concello de Ames. As prazas son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de inscrición. Para que se realicen estas actividades deberá haber un mínimo de 7 inscritos. Terán prioridade as persoas que non asistiran a esas mesmas actividades en edicións anteriores.

Santiago - Neuman presenta o seu novo traballo en Compostela Rock

Dende Murcia chega á Sala Capitol Capitol unha das bandas de culto máis importantes de España, Neuman. Será hoxe, xoves 8 de xaneiro, a partir das 21.30h e dentro do ciclo Compostela Rock. Cunha música cualificada como minimalista e definida en xéneros como o shoegaze ou o post-rock, o cuarteto liderado por Paco Román –que arrancou en solitario con este proxecto Neuman hai 15 anos– goza do respaldo da crítica e recibiu múltiples recoñecementos (Disco e Grupo do Ano para Radio 3, Band of the Year 2011 para Jungle Indie Rock, Mellor LP e Mellor Canción Nacional 2011 para Esto es música…). 

Neuman presenta por primeira vez en Galicia o seu cuarto disco, titulado If: primeiro longa duración froito da súa fichaxe por Subterfuge, gravado en cinta magnética e no que empregaron preto de vinte guitarras distintas, multitude de sintetizadores e baterías dos anos 50, 60 e 70. As entradas poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal aberto de 18.00 a 21.00h; en salacapitol.com ou na Reixa Tenda. O prezo de é de 10 euros anticipada e 12 euros o mesmo día do concerto.

Neuman, un dos grupos de culto máis importantes de España
O grupo murciano de indie rock Neuman converteuse nos dous últimos anos nun dos grupos de culto máis importantes do país grazas a discos como os autoeditados "Plastic Heaven" (2010), o encomiado "The Family Plot" (2011) e o EP “Bye Fear/Hi Love” (Subterfuge, 2013), que é o que lles dá o empuxe definitivo grazas a cancións como a que dá título ao Ep ou “Hell”. Un Ep con Ken Stringfellow que lles serve para fichar por Subterfuge e coleccionar cheos por toda a xeografía española ao longo do 2013.

En maio o 2014 o grupo volve cun novo álbum sen apenas descansar despois de facer máis de 200 concertos. Foi un paso importante para o grupo. Neuman gravou con Paco Loco, no Puerto de Santa María, unha obra mestra, un traballo deses que nunca se esquecen, un disco que soborda a sensibilidade xenuína de Neuman e, á vez encerra todo o vendaval sonoro característico dos seus directos. É o traballo máis arriscado até a data, pois é o seu disco máis pasional e á mesma vez o que máis rabia desata, abarca con máis forza e sentido que nunca todos os extremos musicais nos que se moveu Neuman.

Na gravación empregaron unha vintena de guitarras distintas e multitude de sintetizadores, baterías dos 50´60´70´, e a mismísima mesa de mesturas onde se gravaron dous dos mellores discos de Supertramp ou pistas dalgún disco de “Queen” (E cando dicimos esa mesa, é “nesa mesa”, non unha como esa). O disco gravouse en cinta magnética.

Paco Loco, coprodutor do disco, foi como un irmán musical, desde o primeiro día colleu as rendas e colaborou tamén como músico, algo que no resultado final foi fundamental. Ken Stringfellow, despois da amizade e de pasar tantos bos momentos este ano xuntos, volve estar nalgunhas cancións, esta vez desde París. Participou na gravación o coro infantil do Conservatorio profesional Francisco Casanovas de Torrevieja, de novo a Orquestra de Cox (Alacante), ademais de varios músicos de sinfónica nas cordas (chellos, violas, violíns) para a maioría das cancións.

Casa das Crechas - Cata de viños e libros co poeta Estevo Creus e Godello, Albariño e Mencía

VideVide presentará o godello de Valdeorras José Arístegui 2012; o albariño da Ribeira Sacra Pacio de Donas 2013; e o mencía da Ribeira Sacra Quinta Toucedo 2013
O poeta da Costa da Morte Estevo Creus presentaranos os seus libros

Acollemos na Casa das Crechas unha nova edición da Cata de Libros e Viños Galegos, que terá como protagonista literario o primeiro libro do compostelán Jesús Barrio Caamaño, quen presenta a obra de teatro ‘El hombre que tú necesitas’, acompañado de dúas actrices, Patricia Torres e Pauline Héroïne.

Estevo Creus (Cee 1971) foi membro fundador da editorial de poesía Letras de Cal e ten publicados varios libros de poemas e relatos, así como gañado varios premios, como o Miguel González Garcés da Deputación da Coruña, o Eusebio Lorenzo Baleirón ou o Fiz Vergara Vilariño. Membro do colectivo “nonou edicións” e da compañía multidisciplinar “traspediante”, realiza diversas colaboracións musicais para espectáculos de danza, teatro e performance. E, para acompañar, os viños galegos cos que Vide Vide nos sorprende en cada edición. 

Como poeta ten publicados os seguintes libros: ‘Poemas da Cidade Oculta’, Xerais(1996) ;Areados, Premio Miguel González Garcés da Deputación de A Coruña. Diputación de A Coruña (1996); ‘Teoría do Lugar’, Premio Eusebio Lorenzo Baleirón (1998). Edicións do Castro (1999); ‘O Libro dos Cans’. Versión en disquete de Retagarda Edicións (2000); ‘Decrúa’, premio de poesía Fiz Vergara Vilariño, Espiral Maior (2003); ‘Facer merzbau non ou posible?’Non Ou edicións (2007). O Libro dos cans. Fran-Ouren Ediciones (2010). Balea2. Edicións Positivas (2011).Tamén ten publicados os relatos: E a catro patas quilómetros. Premios Pedrón de Ouro. Edicións do Castro (1994) Alguen Matou a Bambi. Recollido en “Historia da Pusilaminidade e catro contos máis”. Casa da Xuventude de Ourense (1996). 

Ademais o espazo enocultural VideVide introduciranos na cata de tres viños: o godello de Valdeorras José Arístegui 2012; o albariño da Ribeira Sacra Pacio de Donas 2013; e o mencía da Ribeira Sacra Quinta Toucedo 2013.

Axenda e tempo do mércores 7 de xaneiro - Música, teatro, exposicións

Santiago - Teatro Principal - Selección Natural 

Santiago - Alameda - Pista de hielo

Santiago - Auditorio de Galicia - Alabama Gospel Choir

Outros Concertos + info

Exposicións

Santiago - Museo Gaias - Cine Galicia25 - (ata o 8 de febreiro)

Santiago - Zona C - María Castellanos - Lo Real (ata o  1 de febreiro)

Santiago - Fonseca - Colección Betty Tisinger de libros desplegables (ata o 26 de xaneiro)

Santiago - Museo do Pobo Galego - Barriga Verde, de feira en feira (ata o 11 de xaneiro)


O Tempo