O Concello de Ordes abre o prazo para participar no seu programa de conciliación durante as vacacións de Nadal
Contacontos, obradoiros de cociña, festas temáticas, ou manualidades serán algunhas das actividades que se desenvolverán no local cultural. Os participantes poderán inscribirse ata o vindeiro 20 de decembro
Co fin de facilitar a conciliación da vida familiar e laboral de cara ás vacacións de Nadal o Concello de Ordes volve a convocar un anos máis o programa ‘Conciliar será fácil e divertido’.
Dirixido a especialmente a nenos e nenas de Educación Infantil e Primaria residentes no municipio. Así durante os días 24, 26, 27, 28 e 31 de decembro e o 2, 3, 4 e 7 de xaneiro levaranse a cabo toda unha serie de obradoiros e actividades lúdicas e didácticas onde a diversión e o entretemento serán o común denominador. Baixo o epígrafe ‘Un Nadal de conto’ preséntanse distintas propostas adaptadas ás idades dos asistentes. Contacontos de temática navideña, construcción de figuras propias do Nadal, elaboración de galletitas e doces apropiados para esta época do ano, celebración de Fin de ano e de despedida de Nadal, visitas de paxes e carteiros reais ou proxeccións de películas son algunhas das actividades que este ano se levarán a cabo.
Para participar neste programa de conciliación é preciso inscribirse no departamento de Educación e Cultura, ubicado na primeira planta do consistorio ata o 20 de decembro como data límite. Tamén se pode solicitar máis información chamado ó 981 680 002.
Ningún comentario:
Publicar un comentario