Poemas de Manuel María na axenda do sábado


A parroquia de Bugallido celebra a tradicional romaría de San Isidro este domingo

A veciñanza poderá participar no campionato de Chave, que comeza ás 17:30 horas e que repartirá premios ás tres mellores parellas

Ames asina un contrato coa cooperativa galega “Nosa Enerxía”

As cooperativas de consumo eléctrico supoñen un aforro na factura, que adoita reverter nunha aposta polas enerxías renovables. Ames é o segundo concello de Galicia que chega a un acordo con esta entidade

Areeiro detecta os primeiros síntomas de ‘black rot’ nas viñas

Os técnicos advirten os primeiros escaravellos nas plantacións de patacas e aconsellan o tratamento contra a lepra das pexegueiras e pavieiras . En canto ao Mildeu, aconséllase comprobar a efectividade dos funxicidas e segar a vexetación para non favorecer ao fungo

O BNG de A Estrada critica que se priorize o ximnasio da Xunta por diante do municipal

O PP dá 100.000 € para o ximnasio da piscina climatizada da Xunta mentres languidece o do concello. Xosé Magariños: “ o lóxico sería investir eses cartos en mellorar e coidar o ximnasio municipal que xa temos e non en poñer bonito un espazo da Xunta que acabará xestionado por empresas privadas”

Santiago aproba o convenio de colaboración coa Fundación Refuxio de Animais

Martiño Noriega deu conta dos asuntos tratados na Xunta de Goberno.

Fin de semana con tres citas deportivas en Oroso

Sigüeiro acolle o II Torneo de Ximnasia Concello de Oroso, a III Ruta da Troita e o  IV Torneo ED Xuventude Oroso

Chega a sexta edición de Goza do Ulla

Os 20 concellos bañados polo Ulla presentan a 6º edición do xa consolidado programa ‘Goza do Ulla’ que pretende promocionar e potenciar o patrimonio natural. As 20 rutas programadas comenzan o 5 de xuño en Antas de Ulla e rematan en Vila de Cruces e Silleda o 25 de outubro.

Novas áreas de compostaxe comunitario en Lalín

Luns e mércores ás 20.30 horas, no concello e no vello colexio Manuel Rivero, respectivamente terán lugar reunións cos veciños.

O Consorcio continúa reparando as lousas do casco vello

O Consorcio de Santiago destinou nos últimos tres meses 42.611,93 euros ao mantemento e reparación dos pavimentos da cidade histórica. Entre febreiro e maio actuouse en 18 rúas e prazas, cun total de 88 intervencións.

Silleda presenta en Portugal o proxecto do Centro Agrario

Presentarase como socio principal ás subvencións do eixo atlántico xunto con dous concellos portugueses. Ao mesmo tempo está a ter contactos con outras rexións de Francia e Irlanda co fin de captar máis partners para o proxecto

Boqueixón celebra o Día das Letras Galegas

Hoxe leeranse poemas de Manuel María na Casa de Cultura de Camporrado

A biblioteca de Ordes abre a súa mostra temática sobre Manuel María Fernández

A Biblioteca de Ordes vén de abrir ao público a mostra temática sobre Manuel María Fernández Teixeiro, poeta a quen se lle dedica o Día das Letras Galegas.

O Santiago Futsal rematou a semana bailando

O equipo acudiu onte a unha clase de bailoterapia impartida no Multiusos Fontes do Sar

Exitoso lanzamento da primeira sonda estratosférica do IES Maruxa Mallo

Centos de persoas presenciaron o acto, entre eles o alcalde de Ordes, o xefe territorial de Educación e o inspector de zona de Educación. 

Teatro, música, danza, letras... de todo un pouco na axenda do venres

Ames homenaxea a Manuel María e Santiago nos ofrece danza no Teatro Principal e teatro na Casa das Crechas 

Mal Pelo presenta ‘Bach’, un traballo de María Muñoz sobre obras de Bach

Mal Pelo foi Premio Nacional de Danza do Ministerio de Cultura no ano 2009 e tras o espectáculo haberá un coloquio coa coa creadora e intérprete, María Muñoz
Será hoxe ás 20.30 h no Teatro Principal

A “Noite en Branco da Magariños” ofrecerá cinco concertos diferentes en Brión

Participarán o alumnado da Escola Municipal de Música Magariños e a Banda de Música Municipal de Brión e terán lugar en cinco enclaves diferentes. 

Hoxe na Casa das Crechas a comedia feminista "No es país para coños"

A peza está dirixida por Diana López e transcurre en clave de humor . A cita as 21:00

Teo outorga licenza de primeira ocupación a algunha das vivendas de Augas Mansas

O Concello realizará un importante investimento no entorno da urbanización coa instalación dun parque infantil, unha pista multideporte e renovación de mobiliario urbano

Ames está desenvolvendo un plan de mellora dos parques infantís municipais

Os traballos comezaron polos parques infantís de Augapesada, na parroquia de Ames, e de Estivada de Castelao, no Milladoiro

O IES Maruxa Mallo lanza hoxe a súa primeira sonda estratosférica

Será emitido en directo a través de Internet. Ademais do alcalde de Ordes ao acto tamén asistirán o xefe territorial de Educación e o secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria 

O BNG denuncia o uso partidista do voceiro municipal InformaTeo

Anova e PSOE utilizan os recursos públicos para o proveito propio e o autobombo

Ames homenaxea nunha a gala a Manuel María

A gala de celebración do Día das Letras comezará ás 20:00 horas na Casa da Cultura do Milladoiro e nela entregaranse os premios dos certames literarios

Gonzalo Concheiro presenta a súa dimisión como alcalde de Boimorto

O rexedor decidiu deixar o cargo por motivos alleos á súa actividade política 

Santiago presenta a ordenanza de vaos

O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia e a edil de Economía e Facenda mantiveron unha xuntanza cos representantes dunha trintena de asociacións de veciños, para lles dar conta da proposta do Goberno para a modificación da Ordenanza reguladora de actividades, instalacións e ocupacións da vía pública. Xan Duro e María Rozas explicaron tamén os cambios formulados na ordenanza fiscal que lle afecta aos vaos.

Arzúa conmemora as Letras Galegas coa promoción da campaña “Non trabes a túa lingua”

A campaña difundirase nas redes sociais co hastag #nontrabesalingua

O BNG demanda nos concellos de A Baña e Negreira que se declaren “Municipio insubmiso e libre do TTIP”

Os responsábeis locais de A Baña, Serxio Peillet, e Negreira, Xabier Salgado, veñen de remitir aos seus respectivos concellos mocións para o seu debate no próximo pleno

Abre o prazo para renovar praza na Escola Municipal de Música de Ames

Este primeiro prazo de inscrición está orientado, exclusivamente, aos alumnos da Escola para a continuación de estudios. Mentres que todas aquelas persoas que desexen comezar estudios musicais na EMMA deberán realizar a matrícula no mes de xuño

O PP de Compostela pide solucións para os quioscos do concello

O PP presenta unha proposición para que se regularice a explotación das instalacións sitas na avenida Xoán XXIII, Alameda, praza de Vigo e a rúa Bernardo Barreiro Vázquez Varela

Un documental de alumnado de Ciencias da Comunicación retrata a USC en formato 360º

O documental USC360 é un conxunto de catro pezas sobre a vida universitaria, a cultura, a ciencia, o deporte a historia da Universidade de Santiago gravadas en 360º, o que o converte nun dos primeiros proxectos destas características que se realiza en Galicia.

Axenda completa para este xoves con pintura, música, charlas...

Os cativos do Milladoiro abren exposición na Granell e a Real Filharmonía homenaxea a Cervantes e Shakeaspeare

Os vigueses Virandeira Folk presentan hoxe o seu disco ‘Metamorfose’

A cita na Casa das CRechas as 9 da noite

Inauguración da exposición E.E.I Milladoiro con Granell

Hoxe xoves 12 de maio, ás 18:00 h, na Fundación Eugenio Granell terá lugar a inauguración da exposición de debuxos infantís dos alumnos do E.E.I Milladoiro. As obras están realizadas polo alumnado de tres e catro anos das clases das profesoras Begoña Turnes García, Mª Elena Busto Galego, Manoli Lojo Rocamonde e Concepción López Modia. 

La Real Filharmonía de Galicia le rinde homenaje a Shakespeare y Cervantes

Paul Daniel dirigirá y actuará como narrador en “El sueño de una noche de verano” de Mendelssohn. La orquesta ofrecerá esta semana dos conciertos, el de abono mañana jueves y para niños y familias el viernes a precio reducido

A NerdNite de hoxe dará voz ao colectivo de menores trans

‘Batman, o cabaleiro escuro?’ e ‘Un simple barbeiro sacamoas, ou algo máis?’, son as charlas que completarán a sesión

Aline Frazão presenta o seu novo traballo, ‘Insular’, en Compostela

Frazão, cantante, compositora, guitarrista e produtora, que medrou en Luanda e reside actualmente en Lisboa, é un dos nomes destacados da nova xeración de músicos angolanos. Será hoxe xoves 12 de maio ás 20.30 h no Teatro Principal 

O BNG dise sorprendido polo abandono de Xesús Pena

A formación nacionalista lémbralle ao concelleiro que firmou os principios éticos que lle obrigan a devolver a acta. A continuación o escrito feito público polo BNG

O Motoclub Ameixenda organiza o Gran Premio Concello de Ames-Dagan Cup Supercross 2016

O prazo de inscrición estará aberto ata a media noite deste xoves, 12 de maio. Na actualidade xa hai máis de 70 pilotos inscritos para participar nesta competición, pero dende a organización agardan incrementar este número

Silleda instala o sistema de control horario por pegada dixital

Os tres lectores a tal efecto quedaron instalados en tres dependencias municipais
A concelleira de persoal mantivo unha nova reunión cos representantes sindicais co fin de informar sobre o procedemento

O alumnado do Obradoiro de Fotografía de Lousame presenta este venres unha exposición colectiva

A Casa da Cultura “Santeiros de Chave” do Concello de Lousame acollerá este venres 13 de maio, ás 20:30 horas, o acto de inauguración dunha exposición colectiva do alumnado do Obradoiro de Fotografía, organizado polo Concello de Lousame e impartido polo Colectivo Olláparo (Boiro) entre os meses de febreiro e abril.

Degustación de anchoas Solidarias en Mercado Artesano mañá venres

A nova tenda de alimentación de Compostela organiza unha degustación coa cooperativa solidaria Anaco unha empresa de carácter social que xurdida dunha iniciativa encamiñada a creación de emprego entre colectivos de mulleres en risco de exclusión. A cita maña venres de 12 a duas e media da tarde

A Cámara organiza un curso para vestir de forma axeitada no ámbito laboral

O curso de personal shopper estará impartido por Miryam Giménez, docente de Somos Asesores de Imagen. Celebrarase do 23 de maio ao 7 de xuño nas aulas formativas da entidade, en horario de 20:00 a 22:00 horas

A Universidade de Verán da USC chegará este ano a quince concellos e a Portugal

Abriu o período de matrícula para os 46 cursos que integran a oferta deste ano

Teo pon en valor a Manuel María cun reparto de chapas para prender na roupa

Cada chapa, que leva gravado un verso de Manuel María e a súa faciana, será entregada a cada escolar dos CEIPs e CRA teense e repartiranse nas actividades culturais do mes de maio. A imaxe máis orixinal recibida a través do cancelo #Teocoalingua recibirá un premio sorpresa 

A hostalería de Vedra promociona o galego

Tabernas do Ulla impulsarán o gusto polo idioma do 13 ao 17 de este mes

El premio Revbela de Comunicación recibe los primeros trabajos periodísticos

Proceden de América, África y Europa y tratan sobre conflictos humanitarios y medioambientales. Ghaleb Jaber Ibrahim desea que la convocatoria estimule “el interés por lo que pasa en el mundo y contribuya a propiciar relaciones pacíficas y de mutuo respeto entre los pueblos”

O plantel do Santiago Futsal probou coa escalada en Indoorwall Santiago

Os xogadores atrevéronse a subir as diferentes zonas de escalada do centro

Música desde Portugal e charla na Granell citas da axenda diaria

Dead Combo, venerados en Hollywood, darán un concerto no Teatro Principal

Os portugueses Dead Combo hoxe en concerto en Compostela

Será ás 20.30 h no Teatro Principal cando escoitemos a Tó Trips e Pedro Gonçalves
A súa música é resultado das influencias e vivencias do propio grupo que, sen letras nin palabras, cantan con enorme claridade

Marcos Correa fala da súa peza favorita na Granell

Nesta ocasión, as construccións de Eugenio Granell Cacique Tribal (1969), El Inventor (1988) e Auriga (1990) serven de inspiración para a creación dunha nova composición.

O BNG estradense traslada ao Parlamento o problema das goteiras do pavillón do Figueiroa

Xosé Magariños: “desde o Nadal nin o concello se preocupou nin a Xunta tomou medidas para arranxar os problemas do tellado”

As edificacións de Boqueixón vinculadas ao sector primario terán menos impostos

O concello reduce o imposto municipal do 0,44 ao 0,3 por cento
Ovidio Rodeiro destaca que esta é a segunda baixada de tributos locais desta lexislatura tras a redución do ICIO en decembro

Silleda negocia con Espina ¬ Delfín unha vella débeda

Ámbalas dúas partes mantiveron un primeiro contacto na máñá de onte no consistorio

Lalín reclamará unha sede digna para a oficina agraria comarcal

José Manuel Hermida indica que a actual non conta cos requisitos mínimos de accesibilidade nin coas condicións apropiadas para os traballadores
Reitera a petición de construción dun edificio de Medio Rural e insta á Xunta a que mentres non se faga “se adapten os requisitos de alugueiro aos baixos desocupados que hai en Lalín”

Esta fin de semana celébrase o torneo Cidade do Futsal

Tras terque ser aprazado polas inclemencias metereoloxicas, disputase esta fin de semana en Amio

O Oroso Tenis de Mesa podería voltar esta fin de semana a Super División Nacional

Tras alcanzar en maio de 2014 un feito histórico no tenis de mesa galego como foi o seu ascenso á máxima categoría nacional, e tras loitar toda a pasada tempada con uñas e dentes por manterse nunha categoría onde todos os seus rivais multiplicaban por 5 ou máis o seu pequeno orzamento, finalmente o Oroso TM non lograba a permanencia, e volvía á División de Honra Masculina, liga de prata do tenis de mesa nacional na que esta tempada realizou unha excelente campaña finalizando en segunda posición.

Touro programa unha ampla oferta cultural para os próximos meses

Teatro, música e probas deportivas, entre as que están a VII Ruta Río Ulla BTT e a IV Carreira Pedestre, forman parte da programación de Touro ata o outono

A asociación contra o cancro de Ordes batiu un record de recadación na Expomostra

Máis de 3000 € obtivéronse ao longo da fin de semana do 22 ao 24 de abril 

Ames participa un ano máis no programa Vacacións en Paz

Onte o alcalde de Ames, José Miñones, e maila concelleira de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, Luísa Feijóo, asinaron un convenio coa presidenta da Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí, María Teresa Isla

O Papucín campión da X Liga de Futbol Sala de Frades

Goleu na final ao Paboi e representará ao concello no torneo intermunicipal que se disputará en Tordoia os días 28 e 29 de maio

Esta fin de semana tiveron lugar as probas de avaliación dos estudantes de mediciña

Por número de implicados, entre organizadores e alumnado, trátase da máis numerosa que se celebra en España e chegaron as 300 persoas

Xesús Pena concelleiro do BNG en Brión deixa a formación pero seguirá no concello (audio)

Califica ao BNG de barco que vai cara as rochas e é partidario da confluencia coas Mareas

Máis de 1000 especialistas en mediciña bovina chegan a Santiago

Imaxe do encontro do 2015
O Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia será a sede do XXI Congreso Internacional da Asociación Nacional de Especialistas en Medicamento Bovino de España
Desde o mércores 11 de maio e ata o venres 13, máis de mil participantes entre organización, congresistas e relatoras de todo o mundo volverán crear o maior foro internacional co mundo vacún como eixo

A axenda do martes ven con contacontos, charlas e mesas redondas

Filosofía pensa desde as cinco en saídas profesionais para as súas titulacións

Ames retoma as sesións de contacontos nas bibliotecas municipais

Na Bilioteca de Bertamiráns terán lugar hoxe e o 26 de maio, e na do Milladoiro os días 12 e 25. Todas as sesións de lectura de contos comezan as 18:00 horas, son libres e gratuítas

A Cámara de Comercio informa das accións necesarias para ter tolerancia cero coa violencia de xénero

A avogada Mª Ángeles García presentará o protocolo de prevención de violencia de xénero nos lugares de traballo ás 19:30 horas de hoxe martes no salón de actos da Cámara
A avogada e delegada territorial en Galicia da Asociación Española de Auditores Socio laborais, 

Filoloxía organiza unha mesa redonda sobre as saídas profesionais das súas titulacións

A xestión cultural, a mediación en conflitos, a interpretación ou a programación lingüística en contextos dixitais son algunhas das actividades emerxentes que se presentan como novas saídas profesionais para titulados e tituladas dos graos impartidos na Facultade de Filoloxía.

Hostelería de Compostela explica a normativa das vivendas de uso turístico

A xornada terá lugar mañá mércores 11 de maio ás 17:00 na sede da Asociación. Será un acto aberto a todos os interesados/as en coñecer a nova normativa que está ás portas de entrar en vigor.

Cidadáns Ames propugna a Accesibilidade Universal para mellorar a calidade de vida

Javier López defenderá no próximo pleno unha proposta para que o Concello se sume á campaña da Asociación Funcional para a Integración Social en 2017

Frades destinará 32.000 euros ás entidades sen ánimo de lucro

As axudas poderanse solicitar ata o 4 de xuño

A Xunta de Goberno de Ames aproba obras de reparación en Bertamiráns

Os traballos afectan ao interior do lugar de Pegariños e en varias das rúas do nucleo urbán

O CIAC programa un obradoiro sobre bioconstrucións para flora e fauna urbana

Para o mes de maio, o Centro de Interpretación Ambiental de Compostela (CIAC) preparou un programa que inclúe un obradoiro sobre bioconstrucións para a flora e a fauna urbana e un roteiro sobre biodiversidade na cidade. Completarase o calendario coa celebración do IV Encontro de Cidadanía ao Poder, organizado polas Coordinadoras de ONGDs e cun curso de iniciación á apicultura da Asociación Galega de Apicultura.

Gañadores da terceira edición do certame de relatos "Xosé Neira Vilas" en Boqueixón

O concello de Boqueixón fai pública a decisión unánime do xurado que valorou a calidade dos relatos presentados a esta terceira edición. Salientar a gran participación deste ano cun total de 90 traballos presentados a concurso e a enorme dificultade para seleccionar aos mellores debido, precisamente, ao elevado nivel dos mesmos. 

Lalín recibe unha subvención para a ampliación da piscina exterior

 A achega representa o 80% do investimento total necesario para a execución dos traballos, que ascende a 31.865,09 euros

Cuarta ruta de sendeirismo entre as minas de San Finx e San Ramón de Bealo

O roteiro, de 12 quilómetros, terá lugar o sábado 4 de xuño. Inscricións na Oficina de Turismo de Boiro e na Oficina de Deportes de Lousame

Ordes participan en "un can, un amigo"

O programa educativo contra o abandono e o maltrato animal desenvolverase entre o alumnado de primaria dos colexios da comarca

Curso de edición de imaxes en Oroso

Trátase dun curso gratuíto de edición coa ferramenta GIMP 

A vindeira semana remata o prazo das axudas á rehabilitación na cidade histórica de Santiago

O Consorcio destinará un total de 150.000 euros a este fin. O nivel de ingresos adquire unha especial relevancia nesta convocatoria á hora de avaliar as solicitudes

A Asociación de Amas de Casa e Consumidores de Ordes celebra o seu 30 aniversario

A concelleira Ana Soneira resaltou “a débeda que a sociedade ten coas traballadoras domésticas non remuneradas e o mérito das primeiras fundadoras”. Dende o Concello continuarase brindando apoio para o desenvolvemento de actividades e cursos

Diego cumpriu anos co Rio Natura Monbus Obradoiro

A xornada deste fin de semana deixou no Fontes do Sar mil emociones difíciles de esquecer. Pero se para alguén foi un sábado emocionante, por encima de case 6.000 afeccionados, xogadores e corpo técnico do Rio Natura Monbus Obradoiro, foi para Diego.

Mercurio "posou" para a USC

O Observatorio Astronómico da USC consegue fotografar o planeta Mercurio ao seu paso por diante do Sol. Trátase dun acontecemento singular que unicamente sucede, de media, trece veces en todo o século

El Millaraio campión galego en categoría cadete

El pasado sábado el equipo cadete masculino del Club Atletismo MillaRaio se alzó con el título en el Campeonato Gallego por equipos en categoría cadete.

A Policía Local instala un parque infantil de tráfico no recinto feiral de Amio

Onte empezou a funcionar o parque infantil de tráfico que a Policía Local instalou no recinto feiral de Amio, dentro do seu programa de seguridade viaria Móvete seguro con Moito Olliño.