Amosando publicacións coa etiqueta ASOCIACION HOSTELERIA b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ASOCIACION HOSTELERIA b>. Amosar todas as publicacións
Novo proxecto de promoción turística: Santiago % estrelas
Santiago, 16/06/2016 - A Cidade da Cultura de Galicia acolleu a presentación do proxecto Compostela Destino 5 Estrelas posto en marcha conxuntamente pola Fundación Cidade da Cultura de Galicia e a Asociación de Hostelería de Compostela e impulsado polo Clúster Turismo de Galicia (CTG) para a promoción e desestacionalización turística de Santiago de
Compostela durante a primeira quincena de xullo do 2016.
Hostelería de Compostela explica a normativa das vivendas de uso turístico
A xornada terá lugar mañá mércores 11 de maio ás 17:00 na sede da Asociación. Será un acto aberto a todos os interesados/as en coñecer a nova normativa que está ás portas de entrar en vigor.
A Asociación de Hostalería de Compostela despexa dudas sobre a relación co concello
A Asociacion de Hostelería Compostela pretende declarar que a relación co Concello de Santiago é fluída, áxil e desenvolvese de éxito satisfactorio para a entidade. Pudindo presumir de proxectos como Paixón ou Santiago (é) Tapas, co-organizados co goberno municipal.
A Asociación Hostelería Compostela organiza dous cursos de inglés para o sector
A Asociación de Hostelería Compostela comenza a impartir dous cursos de inglés dirixidos ao persoal de recepción de hoteis, restaurantes e café-bares e que teñén entre as súas tarefas a atención ao público.
Con este curso dende a Asociación tentamos dar un paso importante na mellora da atención ao cliente dos locais de hostelería na nosa cidade, que redundará nuna mellor calidade dos servizos que ofrecemos aos turistas e viaxeiros.
O curso comenzará o vindeiro 9 de maio e durará ata o 6 de xuño. A dotación horario dos mesmo é de 18 horas e as clases desenvolveranse en tres sesions semanais de 90 minutos distribuidas en diferentes días dependendo do nivel do curso. As clases terán lugar no Centro de Formación de Hostelería na rúa Salvadas 29
Ofértanse dous niveis, un de iniciación e outro intermedio co que os alumnos obterán os coñecementos necesarios para mellorar o desempeño do seu traballo de atención ao público.
No curso aplicarase unha metodoloxía na que se fará fincapé na participación activa do aluno; a adquisición dunha lingua basease fundamentalmente na practica dos coñecementos adquiridos; é por isto que unha gran parte do curso inclúe a practica de simulación de situacións reais, relacionadas con a realidade laboral dos participantes.
O prezo do curso é de 30 € para os asociados e 60 € para os establecementos non asociados.
Máis información no teléfono 981.592.700
ou no mail informacion@santiagohosteleria.org
A Asociación Hostelería Compostela firma un convenio co Centro Xoan XXIII
Onte mércores 30 de marzo asinouse por parte da Asociación de Hostelería Compostela e o Centro Xoan XXIII un convenio de colaboración para desenvolver un curso de integración social para persoas en risco de exclusión social da cidade.
Por parte do Centro Xoan XXIII asinou o convenio o seu director Frei Francisco Javier Castro Miramontes e por parte da asociación de Hostelería os seus dous presidentes, Sara Santos Ferreiro e Antonio Riveiro Codesido.
Co presente convenio a Asociación de Hostelería cede as súas instalacións na Rúa Salvadas para o desenvolvemento do curso organizado por o Centro Xoan XIII de “Operacións básicas de cociña” de 300 horas de duración.
Con este curso, entre 12 e 15 personas en risco de exclusión social poderán obter coñecementos básicos para poder incorporarse laboralmente no sector na hostalería e así poder chegar a unha integración socio-económica na sociedade.
O curso comenza o vindeiro 4 de abril e consta de 300 horas, das cales 150 horas consistirán en practicas no laborais en empresas de la cidade.
O Centro Xoan XXIII é unhas das entidades sociais que más e melhor traballan na nosa cidade en favor da incluision das persoas pertencentes a colectivos en risco de exclusión social. Co presente convenio a Asociación de Hostelería tamén amosa o seu apoio a estas iniciativas que redundan en favor da nosa sociedade.
Asociación de Hostalería - Premiados do concurso Santaigo(é)tapas
O concurso Santiago(é)Tapas deu a coñecer os premiados da súa oitava edición. O acto de entrega de premios celebrouse no Teatro Principal, lugar no que se reuniron profesionais da hostalaría compostelá, patrocinadores, xornalistas, membros do xurado e autoridades. Patricia de Lorenzo foi a encargada de conducir o evento.
Listaxe de premiados
O Premio do Xurado á Mellor Tapa 2015 correspondeulle a Ferro, pola tapa “Pata de vitela, castañas e Mexillón de Galicia”. O premio está dotado con 500 euros.
O Premio do Xurado á Tapa que mellor marida con Estrella Galicia 2015 foi para A Curtidoría, con “Outono en Compostela”, dotado con 500 euros en produtos Hijos de Rivera. Pola súa banda, o público outorgou o Primeiro Premio á Tapa que mellor marida con Estrella Galicia 2015 a Gaia, pola tapa “O Caínzo”, cunha contía de 200 euros en produtos Hijos de Rivera.
O Premio (é)xcelente 2015 recaeu en The Seafood Bar, que recibe 500 euros por ser o establecemento mellor valorado polos clientes como experiencia global no concurso.
O Premio á Tapa con máis Chispa 2015, promovido da man de Coca Cola Iberian Partners, é para A Grella, por “O carbón da Grella”.
Na cita tamén se desvelaron as fotografías gañadoras dos concursos en redes sociais, na que Turkish Airlines e Coca Cola Iberian Partners premiaron a interacción e creatividade do público de Santiago(é)Tapas.
Datos do concurso
A oitava edición do Santiago(é)Tapas funcionou como plataforma de difusión da hostalería compostelá no mes de novembro. Un total de 69 establecementos embarcáronse neste concurso no que se presentaron 109 tapas distintas, que foron moi ben acollidas entre uns clientes que destacaron a súa calidade. Servíronse máis de 31.000 petiscos entre os establecementos participantes.
Para outorgar maior peso aos produtos galegos de calidade, todas as tapas que se serviron durante a última edición de Santiago(é)Tapas incorporaron algún produto con denominación de orixe ou indicación xeográfica protexida.
Os participantes mostraron unha gran satisfacción polos resultados obtidos nun certame que contou con moitísima afluencia de público e eco nas redes sociais.
Santiago(é)Tapas está organizado por primeira vez de xeito conxunto Turismo de Santiago e Asociación Hostalería Compostela. Conta co patrocinio do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro, Cash Record e Coca Cola, a colaboración especial de Estrella Galicia e Turkish Airlines. o apoio de Rio Natura Monbus Obradoiro; e a colaboración de Cabreiroá e Renfe.
Santiago - Últimos días do Santiago(é)tapas
A oitava edición de Santiago(é)Tapas, o concurso de petiscos de Compostela, finaliza esta fin de semana. Este domingo é o último día en que os 69 locais participantes ofrecerán as 109 tapas elaboradas para a ocasión.
Os responsables dos establecementos mostraron a súa satisfacción cos bos resultados que están a obter nesta edición de Santiago(é)Tapas desde o inicio do concurso o pasado día 12
.
.
Este ano Santiago(é)Tapas quixo outorgar maior importancia aos produtos galegos de calidade con denominación de orixe ou indicación xeográfica protexida. Por esta razón, todas as tapas desta edición contan con algún destes produtos entre os seus ingredientes.
Tamén conclúe o Santiago(é)Noite, a oferta complementaria de hostalería nocturna con creacións exclusivas a un prezo único de 3,5 euros para aqueles clientes que mostren o seu tapasporte nos locais participantes.
Turkish Airlines, colaborador do Santiago(é)Tapas, promove un concurso de fotografías premiado cun billete de ida e volta a Istambul para unha persoa, entre os que interactúen nas redes sociais do concurso á vez que degustan unha tapa nalgún dos establecementos participantes.
Para iso, acompañando á imaxe, en Twitter deberán usar o enunciado “De (nome de local no que están petiscando) a (nome dun destino de Turkish Airlines)” con @santiagoetapas, @TK_ESP e #SANTIAGOETAPAS2015. En Instagram, o enunciado é “De (nome do local no que están petiscando) a (nome dun destino de Turkish Airlines)” con @santiagoetapas, @turkishairlines e #santiagoetapas2015. En Facebook, coa mesma etiqueta, deben seguirse as instrucións na páxina oficial do concurso: fb.com/santiagoetapas.
Ademais, segue aberto o concurso de Coca-Cola Iberian Partners con premios directos ás imaxes con máis faísca, máis simpática e máis creativa.
Para participar, os concursantes deberán facer unha fotografía na que apareza calquera das 4 botellas de Coca Cola “Contour” (Normal, Zero, Light ou Zero-Zero) aberta, xunto a unha das tapas participantes no Santiago(é)Tapas. Terán que compartila en Facebook ou Instagram empregando a etiqueta #santiagoetapas2015 e mencionando a @ZonaCocaCola e o nome do local.
Premios de Santiago(é)Tapas
Os locais participantes compiten por nove galardoes. O gañador do Premio do Xurado á mellor tapa recibirá un diploma e 500 euros.
Os visitantes aos locais determinarán cos seus votos os tres premiados na categoría de Tapa do Público ‘15, que contan con diploma e contías de 1.000, 800 e 500 euros; o premio (É)xcelente 2015 ao mellor servizo e experiencia global, dotado con 500 euros e diploma; e o premio á "Tapa con máis chispa", creación máis simpática e orixinal, promovido por Coca Cola Iberian Partners e que ten como premio 30 caixas de produto.
Nesta edición de Santiago(é)Tapas tamén hai tres galardóns ás creacións que mellor maridan con cervexa, promovidos por Estrela Galicia. O Premio do Xurado á tapa que mellor marida con cervexa está dotado con 500 euros en produto e diploma; o Primeiro e o Segundo Premio do Público á tapa que mellor marida con cervexa levarán diploma e 100 euros en produto.
Santiago(é)Tapas está coorganizado por Turismo de Santiago e Asociación Hostalería Compostela. Conta co patrocinio do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro, Cash Record e Coca Cola; a colaboración especial de Estrela Galicia e Turkish Airlines.
Asociación Hostelería - Última semana do Santiago(é)tapas
A oitava edición do Santiago(é)Tapas, o concurso de petiscos de Compostela, encara a súa derradeira semana e concluirá o domingo 29 de novembro en 69 establecementos da cidade.
A satisfacción entre os participantes é a nota común dun certame que está contando con moitísima afluencia de público e eco nas redes sociais.
Turkish Airlines, colaborador do Santiago(é)Tapas, promove un concurso de fotografías premiado cun billete de ida e volta a Estambul para unha persoa, entre as persoas que interactúan nas redes sociais do concurso ao tempo que degustan unha tapa nalgún dos establecementos participantes.
Para elo, acompañando a imaxe, no twitter deberán usar o enunciado “De (nome do local no que están petiscando) a (nome dun destino de Turkish Airlines) con @santiagoetapas e @TK_ESP #SANTIAGOETAPAS2015. No Instagram, o enunciado é “De (nome do local no que están petiscando) a (nome dun destino de Turkish Airlines) con @santiagoetapas e @turkishairlines #santiagoetapas2015. E, no facebook, coa mesma etiqueta, deben seguirse as instrucións na páxina oficial do concurso (fb.com/santiagoetapas).
Ademais, segue aberto o concurso de Coca Cola Iberian Partners con premios directos ás imaxes con máis chispa, máis simpática e máis creativa.
Para participar, os concursantes deberán facer unha fotografía na que apareza calquera das 4 botellas de Coca-Cola “Contour” (Normal, Zero, Light ou Zero-Zero) aberta, xunto a un dos petiscos participantes no Santiago(é)Tapas.
A imaxe deberá ser compartida a través das redes sociais: Instagram, Twitter ou na páxina oficial do concurso en Facebook (fb.com/santiagoetapas). É imprescindible incluír na publicación a etiqueta #santiagoetapas2015 xunto a @ZonaCocaCola e o nome do establecemento no que se efectúa o consumo.
Unha das novidades desta edición do Santiago(é)Tapas é a importancia que se lle quere prestar aos produtos galegos de calidade, con denominación de orixe ou indicación xeográfica protexida. Todas as tapas deben contar con algún deles entre os seus ingredientes.
Tamén segue en marcha Santiago(é)Noite, a oferta complementaria de hostalaría nocturna con creacións exclusivas a un prezo único de 3,5 euros para aqueles clientes que mostren o seu tapasporte nos establecementos. Toman parte: Atlántico, Hervor & Fervor, Medusa, La Flor, O Boneco, The Seafood Bar e Zum Zum – La Cava de Saint James.
Premios do Santiago(é)Tapas 2015
Nove son os galardóns que se entregarán na oitava edición do Santiago(é)Tapas.
O gañador do Premio do Xurado á mellor tapa recibirá un diploma e 500 euros.
Os visitantes aos locais determinarán cos seus votos os tres premiados na categoría de Tapa do Público ´15, que contan con diploma e contías de 1.000, 800 e 500 euros; o premio (É)xcelente 2015 ao mellor servizo e experiencia global, dotado con 500 euros e diploma; e máis o premio á "Tapa con máis chispa", creación máis simpática e orixinal, promovido por Coca Cola Iberian Partners e que ten de premio 30 caixas de produto.
Nesta edición do Santiago(é)Tapas tamén hai tres galardóns ás creacións que mellor maridan con cervexa, promovidos dende Estrella Galicia. O Premio do Xurado á tapa que mellor marida con cervexa conta con 500 euros en produto e diploma; o Primeiro e o Segundo Premio do Público á tapa que mellor marida con cervexa levarán diploma e 100 euros en produto.
Existe un acordo de colaboración con Renfe polo cal os visitantes que se acheguen a Compostela en Alvia - Longa Distancia, por mor do Santiago(é)Tapas ou Cineuropa, poderán gozar dun desconto dun 30% no prezo dos seus billetes entre os días 17 e 25 de novembro.
Santiago(é)Tapas está coorganizado por Turismo de Santiago e a Asociación Hostelería Compostela. Conta co patrocinio do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro, Cash Record e Coca Cola; a colaboración especial de Estrella Galicia e Turkish Airlines.
Asociación Hostaleria - O concello e a asociación coorganizan el Santiago(é)tapas
La concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, y los presidentes de la Asociación Hostelería Compostela, Sara Santos y José Antonio Riveiro, presentaron en el Pazo de Raxoi el convenio de colaboración firmado entre ambas entidades para coorganizar el concurso de tapas de la ciudad, Santiago(é)tapas, que se desarrollará entre los días 12 y 29 de noviembre.
La octava edición de Santiago(é)tapas será la primera ocasión en la que el Ayuntamiento, a través de Turismo de Santiago, y el sector turístico, a través de la Asociación Hostelería Compostela, organizan conjuntamente el evento gastronómico más importante de la ciudad, que en este tiempo se ha consolidado como un referente fundamental para la promoción turística de la gastronomía de Compostela.
La coorganización de Santiago(é)tapas es una concreción de la voluntad de colaboración entre el Ayuntamiento y la Asociación Hostelería para desarrollar estrategias y proyectos conjuntos que permitan que la ciudad siga posicionándose como un destino de calidad, con una oferta atractiva durante todo el año para múltiples segmentos de turistas.
Santiago(é)tapas nació en el año 2008 de la mano de Turismo de Santiago con el objetivo de convertirse en un evento de referencia para la promoción gastronómica de la ciudad. En aquella primera edición la Asociación Hostelería Compostela participó como colaboradora del evento, en una fórmula que se siguió en las siguientes tres ediciones.
En el 2012, cuando se celebró la quinta edición de Santiago(é)tapas, la Asociación Hostelería Compostela se encargó de organizar directamente el concurso, contando con Turismo de Santiago como patrocinador institucional. Este modelo se repitió durante las últimas tres ediciones del evento.
Santiago(é)tapas ya ha superado las 200.000 tapas vendidas en las siete ediciones que se han celebrado hasta el momento, con un promedio de unas 30.000 tapas consumidas por año. Estas cifras muestran las posibilidades del concurso no solo como herramienta de promoción sino también como evento dinamizador del consumo para los establecimientos.
Uno de los principales objetivos de Turismo de Santiago y la Asociación Hostelería Compostela es consolidar Santiago(é)tapas en un mes fijo, ya que hasta el momento ha variado en sus fechas de celebración. Se seleccionó noviembre para, en un mes de temporada turística baja, fomentar una oferta atractiva que conjugue gastronomía y cine, uniendo las posibilidades de Santiago(é)tapas y Cineuropa, evento cultural ya consolidado y de referencia.
Asociación de Hostalería de Compostela - Bos datos en agosto e boas prespectivas para a asociación
A Asociación de Hostalería de Compostela dou onte unha rolda de prensa na que presentou os datos de ocupación e falou da situación da organización nun momento de transición como o que está a vivir.
Os datos de do mes de agosto son dunha media de ocupación do 80% superando os do ano anterior. A presidenta da sección de aloxamento, Sara Santos, considera que aínda hai marxe para mellorar estas cifras e fala de boas perspectivas para setembro e outubro sobretodo grazas o turismo de congresos e para novembro coa vista posta en Cineuropa.
Ramón Garcia, avogado encargado de coordinar a parte financieira da asociación, falou de que existen problemas económicos que se poden resolver xa que a entidade ten un corpo de socios abundante e activos inmobiliarios polo que a débeda pode ser refinanciada. Recoñeceu que existían atrasos nos pagos das nóminas que se puideron solventar grazas a vontade dos empregados que estiveron todo este tempo aguantando nunha situación que calificou como "de estoicismo".
Pola súa banda o presidente da parte de restauración, Xosé Antonio Ribeiro, pediu unha maior implicación das administracións a hora de facilitar as iniciativas culturais privadas xa que son as que en boa medida dinamizan as cidades. Ribeiro explica que moitos asociados están dispostos a apostar polos concertos ou actuacións pero que precisan dun marco legal que os ampare.
Asociación Hostaleria de Compostela - Sobre a xestión turística da cidade
Santiago é a cidade co maior grao de especialización turística de Galicia. Polo tanto, o turismo é unha competencia municipal que require dunha especial atención por parte dos grupos políticos, sobre todo tendo unha ferramenta propia de promoción e comercialización como é Turismo de Santiago (Incolsa).
Dado que o turismo é un sector clave para permitir o desenvolvemento económico sustentable da cidade, esta materia debe estar alonxada do enfrontamento entre as forzas políticas e presidida por un consenso básico que nos permita aproveitar de xeito intelixente todo o potencial neste eido a través da planificación conxunta das estratexias a curto, medio e longo prazo.
Tendo en conta o papel de Incolsa nesta área da actividade socieconómica en Compostela, entendemos que tamén debera chegarse a un acordo básico en canto ao seu modelo de funcionamento, organización interna, control e avaliación e mesmo sobre o lugar que o sector empresarial debe ocupar neste organismo, xa que é o máis interesado no seu correcto funcionamento.
Como advertimos xa hai meses, deberiamos estar traballando activamente na redacción do Plan Estratéxico de Turismo de Santiago 2015-2021 e avaliando o grao de cumprimento da actualización do anterior plan estratéxico. Estamos diante dun tema de tal importancia para a cidade e para o seu principal motor económico que non podemos seguir perdendo máis tempo.
Hostalería Compostela quere contribuir a impulsar un exercicio colectivo de reflexión e responsabilidade para tender pontes e achegar posicións a través da creación dun Foro Multisectorial de Turismo, onde teñan representación os grupos políticos municipais e os principais axentes públicos e privados que desenvolven a súa actividade no sector turístico.
Agradecemos de antemán a sensibilidade dos grupos municipais, dos medios de comunicación e da sociedade compostelá en xeral para entender que estamos diante dun tema esencial para o futuro da cidade e facermos un chamamento ao sentido común para traballar conxuntamente polo ben común.
A Directiva de Hostalería Compostela
Asociación de Hostalería, Reunión co presidente da Deputación Diego Calvo
Unha delegación da Directiva de Hostalería Compostela, encabezada polos seus presidentes, Sara Santos (Hospedaxe) e Antonio Riveiro (Restauración), foi recibida polo presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, para tratar asuntos relacionados co sector turístico e hostaleiro en Santiago e Comarca (foto no anexo). Na xuntanza abordaron diversos temas vitais para o futuro do turismo de Compostela, sempre dende a perspectiva dos empresarios de hostaleira da cidade co maior grao de especialización turística de Galicia.
Durante esta reunión, Diego Calvo comprometeuse a apoiar algunhas das accións de promoción turística propostas polos empresarios para mellorar a información que o turismo recibe de todos os establecementos asociados de Hostalería Compostela e da oferta complementaria e cultural que hai na cidade. Tamén abordaron a necesidade de mellorar a sinalización dos establecementos turísticos e a importancia da formación para manter os altos niveis de calidade e de satisfacción dos clientes que visitan o noso destino.
Con esta xuntanza, Hostalería Compostela e a Deputación da Coruña queren abrir unha nova etapa nas relacións entre o colectivo empresarial e a institución provincial, polo que se comprometeron a seguir traballando conxuntamente para mellorar as perspectivas do sector turístico, a través do desenvolvemento de acciónsconxuntas de promoción, mellora da calidade do servizo e facilitando unha información máis completa e actualizada da extraordinaria oferta gastronómica e de aloxamento, de lecer, cultura e patrimonio dispoñible na cidade para os turistas.
Asociación Hostalería - Participación no proxecto Smart Camino
Hostelería Compostela colabora con Turismo de Galicia, Xacobeo, AMTEGA y la Fundación EOI para la puesta en marcha del proyecto Smart Camino, con la intención de potenciar las posibilidades que ofrecen las nuevas tecnologías, para los establecimientos que trabajan en el Camino de Santiago, con el objetivo último de disponer de una plataforma que unifique la información existente sobre la ruta y convertirla en un referente turístico inteligente.
Los socios de Hostelería Compostela podrán integrarse gratuitamente en la plataforma web “Smart Camino”, que contará con un portal y una aplicación móvil que permitirá mostrar la información de los productos y/o servicios de las empresas de forma sencilla a peregrinos y usuarios. Será gratis para los socios gracias a la financiación de fondos Feder y de la Xunta.
Para participar en el proyecto es necesario realizar un proceso de adhesión, por lo que todos los establecimientos asociados a Hostelería Compostela, recibirán la visita de profesionales del proyecto para ayudar a rellenar la información necesaria. Con este proyecto se llevarán a cabo distintas actuaciones, con el objetivo de facilitar la familiarización e interacción de los socios de Hostelería Compostela con la plataforma “Smart Camino”:
· Diagnóstico de la situación actual de las pymes para su integración en el proyecto.
· Asesoramiento de las empresas para la publicación de ofertas en el portal del Camino de Santiago.
· Asesoramiento para hacer partícipe a la empresa en redes sociales y plataformas de comercialización de interés para el proyecto.
· Seguimiento y monitorización de las empresas adheridas.
Hostalería de Compostela - reunión co presidente da Xunta
Unha delegación da nova directiva de Hostalería Compostela, encabezada polos seus presidentes, Sara Santos e Antonio Riveiro, foi recibida polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo. Nesta xuntanza os representantes dos empresarios do sector turístico falaron da necesaria reactivación do Clúster de Turismo de Galicia, coa entrada das empresas deste colectivo empresarial, e da necesidade de incrementar a conectividade aérea internacional de Galicia, a través do aeroporto central, para redistribuir fluxos turísticos dende Compostela a toda a comunidade e reducir así a excesiva estacionalidade e a alta dependencia do turismo nacional, contribuindo deste xeito o turismo á reactivación da economía de Galicia.
Os hostaleiros tamén lle trasladaron a Núñez Feijoo a súa preocupación pola paralización da Lei do Espectáculo e o presidente da Xunta interesouse polo proxecto gastronómico e cultural deseñado por Hostalería Compostela para a nave número 5 do Mercado de Abastos de Santiago. Un modelo de negocio innovador e cun enfoque global e de cidade que tén como obxectivo facer de Santiago un destino gastronómico de referencia a nivel nacional e internacional, fronte un proxecto que os hostaleiros composteláns temen que poida contribuir a turistificar excesivamente un dos mercados de abastos máis auténticos de España, desvirtuando a súa propia natureza.
Este encontro forma parte da estratexia da nova directiva de Hostalería Compostela para poñer todo o coñecemento e a experiencia do sector empresarial ao servizo dos decisores públicos, co obxectivo de reactivar a actividade hostaleira na cidade co maior grao de especialización turística de Galicia e con máis capacidade para internacionalizar e desestacionalizar o sector turístico. Para seguir avanzando nestas liñas de traballo, o presidente da Xunta comprometeuse a manter un xantar de traballo, na semana vindeira, no Centro de Formación e Cultura Gastronómica de Hostalería Compostela, onde estes días se está a desenvolver un curso de cociña para desempregados. No arquivo anexo vanvos as fotos deste encontro mantido onte.
Asociación Hostaleria - Nova xunta directiva
Sara Santos é a presidenta da sección de Hospedaxe e José Antonio Rivero, da sección de Restauración
Onte martes, 10 de febreiro, ás 10 da mañá, os 24 socios que presentaron a súa candidatura para seren elexidos como novos membros da seccións de Hopedaxe e Restauración da Directiva de Hostalería Compostela foron proclamados como membros electos e tomaron posesión dos seus novos cargos durante a Asemblea Xeral Extraordinaria convocada con tal motivo.
Xa non foi precisa a celebración dunha votación e os novos membros da Directiva tomaron posesión e escolleron os cargos en cadansúa sección, nunha asamblea presidida polos anteriores presidentes de Hospedaxe e Restauración e na que os novos presidentes, Sara Santos e José Antonio Riveiro coincidiron en destacar “a extroardinaria importancia deste colectivo, polo peso do sector turístico na cidade (…) somos un equipo moi unido, profesional e cheo de ilusión co obxectivo de defender os intereses dos asociados e sacar adiante os nosos proxectos cunha xestión transparente”, comentaron nunha breve declaración pública que fixeron diante dos medios
Santos e Riveiro convocaron aos medios de comunicación a unha vindeira xuntanza da nova directiva de Hostalería Compostela, o mércores 17 de febreiro ás 17 horas, e a unha posterior rolda de prensa, o xoves 19 ás 11 da mañá, onde xa van dar conta do seu programa de actuación e “da folla de ruta deseñada pola nova directiva de Hostalería Compostela para devolver a este colectivo ao lugar que lle corresponde e facer que cada vez sexamos máis socios e esteamos máis unidos, cunha asociación útil, moderna e proveitosa para todos e todas”.
Os membros da sección de Hospedaxe son Ghaleb Jaber, do Hotel Araguaney, Pablo Barreiro, do Hotel Los Abetos, Sara Santos, do Hotel Rúa Villar, Carlos Tardáguila, do Hotel San Lorenzo, Alberto Pico, do Hotel Suíza, Óscar García, do Hotel Garcas, Rita Sobrado, do Hotel Real, Rosa Iglesias, da Casa da Posta, Carmen Arán, da Pensión Mafer, Francisco Sal, da Pensión Santa Rita, María Silva, do Albergue Flavia e Lucía Mirás, do Sigüeiro Hostel.
E en Restauración están Lázaro Rodríguez, do Restaurante Cre-Cotte, José Antonio Riveiro, do Restaurante Casa da Viña, Javier Iglesias, do Restaurante Solpor, Alberto Sar, do Restaurante Tropic, Germán González, do Restaurante O Celme do Caracol, Jesús Peón, do Sónar, Isabel Rodríguez, do Restaurante Santiaguiño, Natalia Devesa, do Restaurante Polígono, Juan López, do Restaurante La Cavita, Marta Leonor Varela, do Café Casino, José Ramón Seoane, do Café Bar Rakel, e Juan Carlos García, do Café Bar Nexus.
Asociación de Hostalería - Toma de posesión da nova xunta directiva
O vindeiro martes, 10 de febreiro, a partir das 10 da mañá, os 24 socios que fixeron oficial a súa candidatura para ser elexidos como novos membros da seccións de Hopedaxe e Restauración da Directiva de Hostalería Compostela van ser proclamados como membros electos e tomarán posesión dos seus cargos durante a Asemblea Xeral Extraordinaria convocada con tal motivo.
Ao haber 24 aspirantes para os 24 cargos, como resultado do consenso acadado na fase de presentación de candidaturas, onde algunhas persoas renunciaron a ser candidatos, xa non é preciso a celebración de elecciónse durante a Asemblea os candidatos van proceder a designar aos compañeiros que ocuparán os diferentes cargos das dúas seccións da Xunta Directiva.
Os candidatos que se presentaron na sección de Hospedaxe son Ghaleb Jaber, do Hotel Araguaney, Pablo Barreiro, do Hotel Los Abetos, Sara Santos, do Hotel Rúa do Villar, Carlos Tardáguila, do Hotel San Lorenzo, Alberto Pico, do Hotel Suíza, Óscar García, do Hotel Garcas, Rita Sobrado, do Hotel Real, Rosa Iglesias, da Casa da Posta, Carmen Arán, da Pensión Mafer, Francisco Sal, da Pensión Santa Rita, María Silva, do Albergue Flavia e Lucía Mirás, do Sigüeiro Hostel.
En Restauración os candidatos son Lázaro Rodríguez, do Restaurante Cre-Cotte, José Antonio Riveiro, do Restaurante Casa da Viña, Javier Iglesias, do Restaurante Solpor, Alberto Sar, do Restaurante Tropic, Germán González, do Restaurante O Celme do Caracol, Jesús Peón, do Sónar, Isabel Rodríguez, do Restaurante Santiaguiño, Natalia Devesa, do Restaurante Polígono, Juan López, do Restaurante La Cavita, Marta Leonor Varela, do Café Casino, José Ramón Seoane, do Café Bar Rakel, e Juan Carlos García, do Café Bar Nexus.
Agradecemos a divulgación desta información e convocamos a todos os medios de comunicación interesados en facer unha foto dos novos directivos o vindeiro martes, 10 de febreiro, no Centro de Formación e Cultura Gastronómica de Hostalería Compostela, ás 11 da mañá.
Asociación de Hostalería - Resultado do concurso Santiago (e) tapas
O concurso Santiago(é)Tapas deu a coñecer os premiados da súa sétima edición nun acto desenvolvido no Parador Hostal dos Reis Católicos que reuniu os profesionais da hostalaría compostelá, patrocinadores, colaboradores, xornalistas, membros do xurado e autoridades.
Listaxe de premiados
O Premio do xurado á Mellor Tapa 2014 foi para A Tafona, con Moengas, cogomelos e Touza Vella, o premio está dotado con 1.000 euros, un curso de inglés orientado á hostalería e un lote de produtos gastronómicos.
O primeiro premio á Tapa Creativa 2014 foi para Manso, con Sopa Express, o premio conta con 500 euros. O segundo premio á Tapa Creativa 2014 recaeu no Caney by Siro González, con Outono; que recibe 300 euros.
O primeiro premio á Tapa Tradicional 2014 foi para O Afiador, por Vaca3; o premio conta con 500 euros. O segundo premio á Tapa Tradicional recaeu en La Bodeguilla de San Roque, con Quiche de lacón con grelos e quixo Arzúa-Ulloa, merecente de 300 euros.
O xurado profesional do Santiago(é)Tapas decidiu que o gañador ao Premio Tapa Estrella Galicia é A Moa, por “Perrito quente” de lebre como petisco que mellor marida coa cervexa 1906 Black Coupage. O galardón leva consigo 500 euros en produtos de Hijos de Rivera
O Primeiro Premio Tapa do Público ´14 foi para A Grella, co seu petisco Brotes Verdes, o galardón conta con 800 euros. Pola súa parte, Susos e a súa tapa Negro Lambón levaron o Segundo Premio de Tapa do Público 14 e 400 euros.
O Premio (é)XCELENTE 2014 recaeu en Venecia, que recibe 400 euros por ser o establecemento mellor valorado polos clientes como experiencia global no concurso.
O Premio á Tapa con máis Chispa, da man de Coca Cola Iberian Partners, é para Artesana con Unha cunca de viño.
Na cita tamén se desvelaron as dúas fotografías gañadoras do concurso en redes sociais no que Turkish Airlines premiou a interacción e creatividade con viaxes de ida e volta a Turquía; e realizouse o sorteo para outra viaxe entre todos os que deixaron os seus datos no pousavos que serve para avaliar os distintos petiscos.
Datos do concurso
A sétima edición do Santiago(é)Tapas funcionou como un auténtico revulsivo para a hostalaría compostelá no mes de novembro. Durante 17 días, 69 establecementos embarcáronse neste concurso no que se presentaron 111 tapas distintas, que foron moi ben acollidas entre uns clientes que destacaron a súa calidade.
Servíronse un total de 31.000 petiscos a 2 euros. Esta cifra coloca nas 203.000 as tapas consumidas nos sete anos do certame.
Fóra deste cómputo están as creacións servidas no Santiago(é)Noite, a oferta complementaria de hostalaría nocturna.
O certame Santiago(é)Tapas está promovido e organizado pola Asociación de Empresarios de Hostelería de Santiago y Comarca; o seu Patrocinador Institucional é Turismo de Santiago; o seu Patrocinador Especial é a Denominación de Orixe Ribeiro, con seis referencias: Pousadoiro (Fernández Rodríguez, S.C.), Casal de Armán branco (Casal de Armán, S.L.),Beade Primacía (A Portela, S.A.T.), Alberte (Bodegas Nairoa, S.L.), Valdepuga (Valdepuga, S.L.) e Terra do Castelo Treixadura (San Roque, S.C.G.).
Santiago(é)Tapas conta tamén como patrocinadores con Cash Record e Coca Cola; como colaboradores especiais, áscervexas 1906 de Hijos de Rivera e Turkish Airlines; e como colaboradores, a Abanca, Mercado de Abastos e Santiago (é) Noite.
Asociación Hostalería - Máis de 9.000 petiscos vendidos no Santiago (e) tapas
A sétima edición do Santiago(é)Tapas, que comezou o venres 14, está a funcionar a bo ritmo e a hostalaría da capital de Galicia amósase satisfeita en liñas xerais pola súa marcha.
Unha primeira avaliación eleva a máis de 9.000 as tapas servidas ata o momento nos 69 establecementos que toman parte neste concurso de tapas, con 111 creacións distintas a un prezo único de 2 euros.
Un ano máis, os clientes apañaron o seu tapasporte, a guía do concurso, e deciden que tapas son as súas favoritas votando nas urnas situadas nos distintos locais.
Tamén está a espertar expectación o Santiago(é)Noite, a oferta complementaria de hostalaría nocturna con creacións exclusivas a un prezo único de 3,5 euros para aqueles clientes que mostren o seu tapasporte.
A Denominación de Orixe Ribeiro presenta 6 viños de 6 adegas no Santiago é Tapas e os clientes poderán tomar o seu petisco cun deses Ribeiros a prezo conxunto especial de 4 euros. Os Ribeiros que toman parte desta promoción especial son: Pousadoiro (Fernández Rodríguez, S.C.), Casal de Armán branco (Casal de Armán, S.L.), Beade Primacía (A Portela, S.A.T.), Alberte (Bodegas Nairoa, S.L.), Valdepuga (Valdepuga, S.L.) e Terra do Castelo Treixadura (San Roque, S.C.G.). Ademais, haberá 25 entradas individuais de balde para o Concerto Enoacústico Solidario Pablo Carbonell & Ribeiro do 6 de decembro; serán para eles que acrediten ter consumido petiscos con Ribeiro de 20 establecementos, selando na sección correspondente do seu tapasporte.
Turkish Airlines premia a interacción, con 2 viaxes individuais de ida e volta a Turquía entre aqueles que se retraten petiscando xunto ao seu tapasporte e deixen constancia no twitter, co hashtag #turkishsantiagoetapas ou no facebook, publicando a foto na conta do concurso facebook.com/santiagoetapas . Un xurado determinará as 2 mellores fotografías.
Establecementos participantes
A (é)tapa Praza do Obradoiro conta con: 25 de julio, A Curtidoria, AC Palacio del Carmen, Central, Coruña, Cre-Cottê, Kunsthalle, Los Caracoles, O Celme do Caracol, Orfeón San Francisco Hotel Monumento, Rúa Villar, San Jaime e San Xoán.
A (é)tapa Praza de Cervantes reúne a: A Cocotte, Bicoca, Caldeirería 26, Cervantes, Garum, Hervor & Fervor, La Bodeguilla de San Roque, La Flor, Medusa, Milonga´s, O Piorno, O Tragaluz, Resas e Tafona.
Na (é)tapa Praza de Galicia pódese atopar a: Antollos, Bodegón de Xulio, Caney by Siro González, D’ Ancares, El Bocalino, La Catedral, Negreira ‘O Patata’, O Boteco, O París, Parrillada Argentina, Porta Faxeira, Reno e Venecia.
A (é)tapa Praza Roxa suma a: Adgelo, Albarella, Artesana, Castelao, Entre Pipos, La Bodeguilla de Santa Marta, La Cavita, La Industrial, Manso, O Ferro, Rincón de Gurpegui, Singulario, Tosta e Tostiña, Tryp Santiago e Vivacce.
Por último, na (é)tapa Camiño Francés están: A Casa da Viña, A Grella, A Moa, Casal do Cabildo, La Barrika, La Bodeguilla de San Lázaro, La Casa de la Marquesa, O Afiador, O Catro, Oca Puerta del Camino, Pedra Santa, Porta do Camiño, Quercus IP e Susos.
O certamen Santiago(é)Tapas está promovido e organizado pola Asociación de Empresarios de Hostelería de Santiago y Comarca; o seu Patrocinador Institucional é Turismo de Santiago; o seu Patrocinador Especial é a Denominación de Orixe Ribeiro, con seis referencias: Pousadoiro (Fernández Rodríguez, S.C.), Casal de Armán branco (Casal de Armán, S.L.), Beade Primacía (A Portela, S.A.T.), Alberte (Bodegas Nairoa, S.L.), Valdepuga (Valdepuga, S.L.) e Terra do Castelo Treixadura (San Roque, S.C.G.).
Santiago(é)Tapas conta tamén como patrocinadores con Cash Record e Coca Cola; como colaboradores especiais, ás cervexas 1906 de Hijos de Rivera e Turkish Airlines; e como colaboradores, a Abanca, Mercado de Abascos e Santiago (é) Noite.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)




