Axenda e tempo do sábado 19 de decembro - Música, mercados, teatro, danza, exposicións

Santiago - Numax

Santiago - Nadal Máxico

Santiago - Casa das CRechas - Novo Aires da Terra

Ordes - I torneo de patinaxe artístico

Ordes - Mercado de Nadal Artesán

Teo - Concerto de Pesdelan

Silleda - Concerto da Banda de müsica

Touro - Concerto da Banda de Música Isabel II 

Santiago - Área Central - Sorteo de 76 cestas de Nadal

Santiago - O camiño das burbullas

Outros Concertos + info

Exposicións

Santiago - SCQ (rúa das Orfas en Compostela) Pin Up & Burlesque - belleza alternativa (ata o 15 de decembro)

Santiago - Auditorio de Galicia - Salto de páxina (ata febreiro 2016)

Ames - Exposición de pintura do irmán Luis de Oseira (ata o dia 7)

Santiago - Área Empresarial do Tambre - exposición do colectivo Artefacto (ata o 8 de xaneiro)


O Tempo

Santiago - Actividades da fin de semana

A Concellaría de Acción Cultural propón ata sete citas culturais coa danza, maxia, teatro e música, para esta fin de semana e luns. Sábado teremos un espectáculo de maxia con varios magos galegos e danza con Los INNato; domingo temos nova función con Los INNAto, ademais do concerto inaugural de Todo Lírica e o de Nadal da Banda; e xa luns teremos teatro infantil e un concerto de góspel. As entradas para todos os eventos que son de pago (o da banda é de balde) poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal, en entradas.abanca.com, no 902 434 443 ou nos recintos de cada un dos eventos.
 
Nadal Máxico. Sábado ás 19.00 h no Teatro Principal
Nadal Máxico é un espectáculo creado pola Asociación de Magos Profesionais de Galicia estruturado en formato gala, presentado polo Mago Antón e con Kiko Pastur, Mago Richard, Mago Benxamín, Cayetano Lledó, Mago Norberto e Javier Muro. Cada un dos magos amosará o mellor do seu repertorio. O resultado é un show onde o público non terá acougo, de principio a fin. O mellor da maxia galega resumido en 75 minutos de maxia. O prezo é de 5 euros habendo un bono familiar coa cal polo prezo de tres entradas, retíranse catro.

‘No/Nato’ con LOS INnato. Sábado e domingo ás 20.30 h na Sala Agustín Magán
O Colectivo de danza Los INnato / Residentes en Costa Rica, fundado por Marko Fonseca [Costa Rica] e José Raúl Martínez [El Salvador] no ano 2009, mantén actualmente un traballo de investigación e colaboración con diferentes artistas do medio: actores, bailaríns, fotógrafos, arquitectos, vestuaristas, modelos etc. Ofrecen Obradoiros/Workshops de danza para principiantes e profesionais en diferentes centros educativos tanto en Costa Rica como fóra dela. Preséntannos en Santiago 'LOS INnato'. O prezo é de 8 euros.

Concerto de Nadal da Banda Municipal de Música. Domingo ás 12.00 h no Auditorio de Galicia
Uxía Senlle, o Cantorum Compostellana Coniujctio, a banda de gaitas de Forcarei e o grupo de baile tradicional "Xirandola" acompañarán a Banda Municipal de Santiago no seu concerto de Nadal no Auditorio de Galicia. Estarán dirixidos por Juan Miguel Romero LLopis e o coro por Anxo Abel. A entrada é libre ata completar aforo.
  
Concerto inaugural de Todo Lírica. Domingo ás 20.30 h no Teatro Principal
O ciclo Todo Lírica chega á súa 15ª edición con tres concertos. Este domingo 20 de decembro teremos á soprano Carmen Solís acompañada do pianista Rubén Fernández Aguirre cun programa de cancións de berce e Verdi; o mércores 23 de decembro serán as sopranos Belén López León e Ruth González e o barítono Elías Benito Arranz acompañados ao piano por Rubén Fernández Aguirre e con Quico Cadaval como narrador que estarán no Teatro Principal presentando ‘Unha educación incompleta’, opereta de Chabrier para tres cantantes e piano. E pechamos esta XV edición o luns 28 de decembro da man do tenor Zapata, Claudio Constantini ao piano e bandoneón, e Juan Franciso Padilla na guitarra que nos ofrecerán un programa de tangos en ‘Gardel mediterráneo’ O prezo das entradas é de 8 euros por concerto e un abono para os tres por 16 euros.

‘Improcadabra’ con Los Duguis Impro. Luns ás 19.00 h no Teatro Principal
Tres bruxiñas viaxeiras, un caldeiro máxico e marabillosas historias que aparecerán por encantamento diante dos nosos ollos. As Bruxas Pata de Cabra son especialista en contar as mellores historias, sempre axudadas dos seus pequenos aprendices de bruxo e as súas palabras máxicas. Un espectáculo de improvisación teatral dirixido ao público infantil que favorece a implicación e participación dos pequenos na creación das súas historias. O prezo é de 5 euros habendo un bono familiar coa cal polo prezo de tres entradas, retíranse catro.

Chicago Mass Choir. Luns ás 20.30 h no Auditorio de Galicia

Chicago Mass Choir, desde o respecto e a fidelidade á tradición do gospel, presenta no Nadal do 2015 "A Spiritual Tribute To B.B. King", unha sentida homenaxe ao rei do blues e lenda da música popular americana. En "A Spiritual Tribute To B.B. King" Chicago Mass Choir reproduce a música puramente gospel que gravou o gran mestre en 1959, nun disco que foi un marabilloso recoñecemento a todos os cantantes anónimos que inspiraron a xeracións de profesionais. Chicago Mass Choir con este tributo a B. B. King volve traer aos escenarios os vellos himnos que traen ao presente o lume e a beleza do pasado. O prezo das entradas é de 20 euros.  

Frades - Os veciños donaron máis de 400 de alimentos

A xenerosidade dos veciños e veciñas de Frades permitiu reunir máis de catrocentos quilos de alimentos na segunda campaña de recollida organizada polo Concello de Frades e Cáritas. Unha campaña que contou coa colaboración especial do CPI Ponte Carreira, da Cooperativa Central de Frades e da farmacia de Abellá que, canda a casa consistorial, foron os puntos de recollida dos alimentos entre o 17 de novembro e o pasado 17 de decembro.

O concelleiro de Ensino, Manuel Ferreiro, foi o encargado de entregar esta mañá os alimentos a María Luz Gómez e Mari Flor Bravo, representantes de Cáritas en Frades. Ferreiro agradeceu “a participación e solidariedade amosada polos veciños e veciñas de Frades, que achegaron máis de catrocentos quilos de alimentos básicos como leite, aceite, pasta ou conservas que agora serán repartidos por Cáritas entre as familias que máis o precisan”. 



Casa das Crechas - Hoxe sábado "Novo Aires da Terra"

A Casa das Crechas acolle hoxe sábado un concerto de “Novo Aires da Terra”, unha agrupación tradicional que nace en 2014 co ánimo de facer soar de novo as pezas do mítico coro pontevedrés “Aires da Terra” fundado por Perfecto Feijóo e que se disolvera hai agora 100 anos. 

O grupo está liderado por Pablo Carpintero, o maior etnomusicólogo de Galicia e o principal experto en instrumentos tradicionais do noroeste da Península. 

O seu repertorio está baseado case exclusivamente na colección Feijóo, o arquivo de cantos e melodías que este farmacéutico recompilou a finais do século XIX, aínda que empregan tamén outros cancioneiros, como o propio Feijóo facía. 

Nas pezas que interpretan usan copias das gaitas de Manuel Villanueva, así como reproducións do tambor e o bombo que este coro empregaba nas súas actuacións, co que intentamos recuperar dun xeito fiel a sonoridade do coro orixinal.

Numax - Programación do 18 ao 24 de Nadal

'Phantom Boy', 'A relixiosa' e 'La novia', estreas da semana no cinema NUMAX

Esta semana estreamos Phantom Boy, o novo filme de animación de Jean-Loup Felicioli e Alain Gagnol, responsábeis de Un gato en París (2010), nomeado ao Oscar 2011. Nel, un gángster misterioso e desfigurado que se quere apoderar de Nova York mediante un virus informático vai ferir Álex, o inspector de policía que ía tras del. Álex vaise facer amigo de Leo, un pequeno de once anos que ten un poder incríbel: pode saír do seu corpo coma unha pantasma, levitar e atravesar todo tipo de paredes asemade que ninguén o observa. Xuntos tratarán de deter este xefe do crime. Recomendámosvos que consultedes o fermoso dosier ao redor do filme que preparou a súa distribuídora, Pack Màgic.
A relixiosa é o filme de Guillaume Nicloux inmediatamente anterior a O secuestro de Michel Houellebecq (2014), que acaba de estrearse en salas españolas e recolle nunha nova adaptación para o cinema a novela de DiderotLa religieuse, que tamén filmara Jacques Rivette con Anna Karina en 1966. O sobranceiro traballo actoral da súa moza protagonista Pauline Étienne, unha das últimas revelacións do cinema francés, conta co engado especial de ter aIsabelle Huppert dándolle a réplica no personaxe da madre superiora Santa Eutropa.
Esta semana coñecemos as 12 nominacións aos premios Goya que obtivo La novia (entre elas o de mellor filme, mellor dirección, mellor guión adaptado, mellor actriz e actor protagonista), o filme de Paula Ortiz que acaba de estrearse en salas logo dunha grande acollida nos festivais de San Sebastián e Sevilla. Poderedes gozar desta adaptación de Bodas de sangre de Federico García Lorca a partir do mércores 23 de decembro pola tarde.

Derradeiros pases de 'Frankenstein 04155', 'O futebol' e 'África 815'

Pola súa banda, logo da excepcional acollida entre as persoas asistentes deFrankenstein 04155, decidimos prorrogar as súas proxeccións até o próximo martes 23, cando terá o seu último pase, o mesmo día que os outros dous filmes que seguen en carteleira: O futebol e África 815.

A relixiosa
(Guillaume Nicloux, 2013)


Século XVIII. Suzanne (Pauline Étienne), é unha moza brillante e fermosa nacida nunha familia burguesa. O mundo vénselle abaixo en canto os seus pais a envían a un convento de clausura. Nel, dará de fociños coa dureza da xerarquía que goberna todos os aspectos da súa nova vida: as madres superioras xulgan con dureza as dúbidas e maila rebeldía de Suzanne.

Phantom Boy
(Alain Gagnol / Jean Loup Felicioli, 2015)


Un gángster misterioso e desfigurado que se quere apoderar de Nova York mediante un virus informático fire a Álex, o inspector da policía que ía tras del. Inmobilizado na súa cadeira de rodas, é incapaz de deter o poderoso capo da mafia. Álex faise amigo de Leo, un cativo que ten un poder incríbel: pode saír do seu corpo coma unha pantasma, levitar e atravesar paredes. Xuntos tratarán de deter o xefe do crime.

La novia
(Paula Ortiz, 2015)


Adaptación de Bodas de sangre de Federico García Lorca. Dende pequenos, Leonardo, o noivo e a noiva facían un triángulo inseparábel. Porén, as cousas estanse a complicar ultimamente: o noivo e a noiva van casar, mais entre ela e Leonardo sempre houbo algo máis ca amizade. A tensión entre os dous é cada vez meirande, coma un fío invisíbel que non poden explicar, pero tampouco romper.

Programación

Venres 18 de decembro

12:00 Frankenstein 04155 (vo)
16:00 Frankenstein 04155 (vo)
17:45 Phantom Boy (vosg) Estrea
19:15 África 815 (vo)
20:30 A relixiosa Estrea
22:15 O futebol


Sábado 19 de decembro

16:00 O futebol
17:15 África 815 (vo)
18:30 Phantom Boy (vosg)
20:00 A relixiosa
22:00 Frankenstein 04155 (vo)


Domingo 20 de decembro

12:00 Phantom Boy (vosg)
16:00 África 815 (vo)
17:15 Phantom Boy (vosg)
18:45 A relixiosa
20:45 O futebol
22:00 Frankenstein 04155 (vo)

Martes 22 de decembro

12:00 Phantom Boy (vosg)
16:00 Frankenstein 04155 (vo)
17:45 A relixiosa
19:45 África 815 (vo) Último pase
21:00 O futebol Último pase


Mércores 23 de decembro

12:00 Phantom Boy (vosg)
16:00 Frankenstein 04155 (vo) Último pase
17:45 La novia (vo) Estrea
19:30 A relixiosa
21:30 La novia (vo)


Xoves 24 de decembro

12:00 Phantom Boy (vosg)
16:00 A relixiosa
18:00 La novia (vo)
VO: Versión orixinal sen subtítulos | VOSG: Versión orixinal subtitulada en galego

Algunhas ideas para o nadal
na libraría NUMAX

Deixámosvos aquí algúns dos libros que máis nos gustaron nos últimos meses. Ademais, durante estas semanas poñemos á vosa disposición tarxetas para mercar na libraría e bonos de entradas do cinema para agasallar. Podedes conseguir máis información na nosa billeteira.
María do Cebreiro
As nosas palabras tentan dispoñer as cousas
nunha orde, e a orde é sempre algo que acontece
despois


O Deserto é o último poemario de María do Cebreiro, editado por Apiario. 
Nádia Battella Gotlib
Case mil imaxes extraidas de numerosos arquivos persoais, bibliotecas, xornais e museos permitiron á investigadora Nádia Battella Gotlib configurar este libro, unha obra que permite coñecer e adentrarse noutra dimensión dunha das máis grandes e admiradas narradoras do Brasil.
Abel Ferrara
Roma, novembro de 1975. O último día da vida de Pier Paolo Pasolini. A piques de rematar a súa obra mestra, continúa a crítica feroz da clase dirixente, pondo en perigo a súa vida. As súas declaracións alporizan, os seus filmes son perseguidos polos censores. Pasolini pasa as súas últimas horas canda a súa nai, cos seus amigos máis achegados, antes de partir, ao volante do seu Alfa Romeo, na procura dunha aventura na cidade eterna...
Charles Darwin / Hermann Melville
Dúas versións da mesma viaxe: o caderno de bitácora de Charles Darwin, adianto do que foi "A orixe das especies", e o relato do aventureiro Herman Melville, autor de Moby Dick, sobre as Galápagos. Unha guía para a descuberta e a imaxinación nun percorrido literario polas illas que mudaron a concepción do mundo acompañado por ilustración de época.
Mylène Bresson (editora)
Robert Bresson (1901-1999) publicou aos setenca e catro anos un libro de aforismos, Notas sobre o cinematógrafo, en boa parte derivado das entrevistas que agora se publican xuntas por primera vez neste volume.
Manuel Sendón / X. L. Suárez Canal
José Suárez é un fotógrafo absolutamente singular dentro da fotografía histórica galega. As súas imaxes teñen unhas características moi definidas, que se manteñen durante toda a súa longa traxectoria fotográfica, produto dunha visión reflexiva, moi persoal, determinada por unha rica formación cultural, que lle dá un claro carácter de autor do que carecen xeralmente os fotógrafos profesionais históricos.

Ames - El Desván de Pestañas, gaña o X Concurso de Escaparates

Este venres, 18 de decembro, reuniuse o xurado para elixir os establecementos comerciais premiados no X Concurso de Escaparates de Nadal 2015, organizado pola concellaría de Promoción Económica, e no que participaron un total de 20 comercios (13 en Bertamiráns e 7 no Milladoiro).. Tralo ditame do xurado, nesta edición o primeiro premio recaeu en El Desván de Pestañas. O segundo premio é para Arola Moda e Complementos, mentres que o terceiro premio levouno Cousalinda Moda e Complementos. 

Neste concurso, os establecementos comerciais amesáns competiron co engalanado dos seus escaparates, que están expostos dende o pasado 1 de decembro de 2015 e permanecerán expostos ata o 5 de xaneiro de 2016. O concurso tivo 20 participantes (13 de Bertamiráns e 7 do Milladoiro).

Tralo ditame dos membros do xurado xa se coñecen os gañadores deste concurso. O primeiro premio recaeu en El Desván de Pestañas, situado na rúa Ameneiral, que obtivo 67 puntos. O segundo premio foi para Arola Moda e Complementos, que ten o seu local situado na rúa Viorneira, e que obtivo 64 puntos. Por último, o terceiro premio recaeu en Cousalinda Moda e Complementos, que está situado no Centro Comercial Novo Milladoiro, e que sumou 62 puntos. O primeiro premio está dotado de 1.000 euros, o segundo premio é de 700 euros e o terceiro premio dispón de 400 euros. 

Ademais, este ano para celebrar a décima edición deste concurso todos os establecementos inscritos participarán no sorteo dun talón de 200 euros. Deste sorteo serán excluídos aqueles establecementos que xa obtiveran algún premio. O Concello quere premiar así aos participantes desta edición dun evento que cumpre xa dez anos dinamizando o comercio amesán. Este premio aínda está pendente de darse a coñecer.

Este ano formaron parte do xurado catro persoas. Cada unha destas persoas representou a unha das asociacións de comerciantes e profesionais existentes no Concello. Así a Asociación de Comerciantes e Empresarios de Bertamiráns designou a Pablo Súarez como o seu representante; a Asociación de Empresarios, Comerciantes e Profesionais do Milladoiro nomeou a Jorge Capeáns Vales; a Asociación de Pequenos Comerciantes Viorneira, Palmira Bulebar elixiu a José Manuel Fernández Gómez; e a Asociación de Empresarios do Parque Empresarial do Milladoiro designou a Salomé Blanco Gómez Caramés.

Cada membro do xurado puntuou o deseño e a orixinalidade dos traballos presentados, tendo en conta tamén os criterios de composición e a elaboración propia. O xurado contou co asesoramento técnico da profesional Antonia Pinto Veloso, e dous traballadores da concellaría de Promoción Económica que actuaron como secretarios. 

Premio especial do público

A maiores destes galardóns económicos os establecementos competirán polos Premios Especias do Público, que como novidade este ano premiarán a un establecemento do Milladoiro e outro en Bertamiráns. Para iso entregaráselle a cada comercio inscrito 150 boletos para repartir entre a súa clientela. 

Para que estes boletos teñan validez a clientela deberá cubrir todos os campos dos boletos e asinar no espazo reservado para elo. No caso de que algún campo se deixe baleiro, incluída a sinatura, ese boleto será considerado como nulo. Os boletos depositaranse, debidamente cubertos, nas urnas situadas na Casa de Cultura e Casa do Concello, en Bertamiráns, ou na Casa de Cultura e Biblioteca, no Milladoiro, ata o 5 de xaneiro de 2016. 

Os dous locais máis votados, un en Bertamiráns e outro no Milladoiro, recibirán un talón por valor de 200 euros cada un. Os clientes e clientas que decidan votar participarán no sorteo de tres talóns valorados en 300 euros. Estes premios daranse a coñecer despois de que remate o período de votación.

Melide - Aprobación dos orzamentos para o 2016

Hoxe tivo lugar un pleno extraordinario que levaba como punto na orde do día a aprobación dos orzamentos para o ano 2016 ademais da aprobación do POS 2016. 

O Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña ascende esta anualidade á 336.201,31 € dos que se destinaran 185.124 € á mellora de de viais en Cazallas e en Furelos, dúas das parroquias máis cercanas ao núcleo urbano. Por outra banda, 151.076 € destinaranse a gasto corrente.

O orzamento do ano 2016 segue as liñas fixadas no 2011 por este goberno que non son outras que as de estabilidade orzamentaria, a regra de gasto e o ratio de pago á provedores polo que as bases de execución do orzamento cumpren integramente. O concelleiro de Economía e Facenda, Luis Arias, defendeu uns orzamentos responsables e realistas con case 1.000.000 € destinado á investimentos reais, a previsión de contratación das prazas vacantes tal e como quedou recollida na mesa de negociación cos sindicatos como é o caso das prazas de Policía Local ou o caso das prazas de educadoras infantís, para atender as demandas puntuais da Gardería Municipal. 

Por outra banda, aprobouse un límite de gasto non financeiro de 5.608.369 € así como un aumento da contía relativa á subvencións para asociacións que ascende á 30.000 € sendo as cantidades asignadas iguais ao ano anterior para o caso das subvencións nominativas, emerxencia social, premios e asignación a partidos políticos. Pola súa banda, a alcaldesa de Melide, Dalia García, subliñou a importancia de sacar adiante os orzamentos do ano 2016 para facilitar os traballos contables e administrativos no vindeiro ano sendo estos unha proposta realista de xestión seguino a liña iniciada na anterior lexislatura. Destacou ademais o importante esforzo da administración local ao manter todos os servizos públicos, incluso aumentar as horas para dependencia no último ano dúas veces consecutivas. Por outra banda, subliñou os investimentos que se achegan a un millón de euros que de seguro repercutirán no benestar de todos os melidenses.

Ames - O pleno do mes celebrarasre o día 31 ante a negativa do PP a cambiar de data

O Concello de Ames celebrará o pleno ordinario do mes de decembro o último día do ano, o 31 de decembro ás 20:30h, despois de rexeitar o Grupo Municipal do PP chegar a un acordo para prodecer ao cambio de data.

Os voceiros dos grupos municipais amesáns reuníronse onte, día 17 de decembro, tralo remate do pleno extraordinario para debater a fixación da data do pleno ordinario de decembro. A proposta, que foi aceptada polos representantes de todos os grupos da oposición, agás o PP, era a de celebrar o pleno o vindeiro luns día 21 de decembro. O motivo deste adianto é trasladar o pleno ordinario de Decembro, que cae no día de fin de ano, a unha data anterior que permita levar a aprobación diferentes asuntos que deben ser ditaminados antes do final de ano; e, de non facerse este cambio de data leva implícita a necesidade de crear un pleno extraordinario e urxente para poder ser aprobados asuntos como a prórroga do contrato da Mancomunidade ou as resolucións das alegacións a unha ordenanza.

Ante a postura adoptada polo voceiro do Partido popular o Goberno mantivo a convocatoria para hoxe -día 18- da xunta de voceiros. Esta segunda reunión foi convocada para intentar consensuar a data do pleno, pero nin o voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular nin outro membro do grupo asistiu á convocatoria. Ante a falta de consenso resolveuse que, seguindo o establecido no pleno de organización, o pleno ordinario convocarase o último xoves de decembro, a menos que este día coincida cun festivo. O día 31, derradeiro xoves de decembro, non o é. Esta previsto que a celebración do pleno ordinario, como é habitual, comece ás 20:30 horas.

Para paliar os efectos desta falta de consenso procedeuse á convocatoria dun pleno extraordinario o luns día 21 de decembro, no cal se debatirán os asuntos que precisan ser aprobados antes do remate do ano para a súa publicación no BOP, como a aprobación definitiva da ordenanza de ocupación de espazos públicos. O Alcalde de Ames sinala "que o goberno decidiu antepoñer a responsabilidade e a pesares do sobrecusto que terá a celebración de dito pleno extraordinario este levarase adiante o vindeiro luns. O 31 de Decembro manterase o pleno ordinario pola falta de sentido común e coherencia dos representantes do PP".

Veciños de Padrón - A formación abstense nas votacións dos POS e PAS da Deputación

Veciños de Padrón foi o único partido que se abstivo, durante a celebración do Pleno Extraordinario do pasado xoves 17 de decembro, nas votacións para aprobar as propostas dos plans POS 2016 e PAS 2015, nos que se recollen as obras nas que se investirán os cartos recibidos por estas plans da deputación.

A Concelleira de Veciños de Padrón, Teresa Rey, explicou durante a celebración da sesión plenaria quenon podía aprobar os proxectos presentados, a pesar de estar a favor da realización de ditas obras e de crer que son moi necesarias para o Concello, debido á falta de criterios obxectivos utilizados tanto polo goberno como pola oposicióná hora de seleccionar as obras. Durante reunións mantidas de maneira previa a celebración do pleno, a Concelleira preguntou ao resto de formacións cales eran criteriospara escoller realizar o saneamento nuns lugares e non noutros e, ante afalta de resposta, decidiu desmarcarse do acordo a pesar de ter xapresentadas ante o resto da oposición as súas propostas. 

Veciños de Padrón non está de acordo con que os cartos do POS e do PAS sexan utilizados polas diferentes formacións para cumprir as súas promesas electorais, e coida que a veciñanza ten dereito a coñecer os motivos polos que se seleccionan unhas obras e non outras. Por este motivo, presentou unha moción para que se elaborase un Plan Estratéxico de Obras e Servizos de cara aos vindeiros anos no que, guiándose por criterios técnicos, toda a corporación participase na elaboración dos proxectos de maneira obxectiva. Esta moción non chegou a debaterse no Pleno, ao non ser aprobada na Comisión Informativa.

Silleda - Torneo de PIng Pon



Foto da entrega de premios do torneo de ping pong de Nadal do Concello de Silleda que rematou onte na Casa da Xuventude.

César Rodríguez Serrada foi o campión do torneo, ao impoñerse na final a Javier Darriba. Marius quedou en terceiro posto e Sergio López foi o cuarto clasificado. A concelleira de Deportes Ana Luisa González entregou os premios e medallas do torneo, no que participaron 13 xogadores.

Hoxe no programa de Nadal ademais do concerto de Nadal da Banda de Silleda, co título Xoldra na eira, ás 21.00 horas, terá lugar no pavillón de Deportes ás 17.00 horas o torneo solidario de fútbol biberón e as exhibicións de zumba da escola municipal

Obradoiro CAB - Aprobadas las cuentas del club

La Junta General de Accionistas de Obradoiro CAB SAD aprueba las cuentas de la temporada 14/15 y el presupuesto de la 15/16

El Obradoiro CAB SAD ha celebrado su Junta Ordinaria General de Accionistas anual, en la que estuvo representado un quórum del 70.34%, para tratar los puntos correspondientes a la temporada 2014/15.

La sesión comenzó con el Informe del Presidente bajo la dirección de Raúl López (Monbus), que estuvo acompañado por sus consejeros José Manuel Rivera Otero (USC), Rafael Silva (Hospital Policlínico La Rosaleda, Lupe Murillo (Pescamar) y José Ramón López (Blusens), así como la responsable de servicios jurídicos del club, Carmen Carballedo. 

Posteriormente quedaron aprobadas las Cuentas Anuales correspondientes al ejercicio 2014/15 (99.709% a favor, 0.076% en contra y 0.216% de abstención), la distribución del resultado positivo del ejercicio (99.808% a favor y abstención del 0.132%), la Gestión de la SAD por parte del Consejo de Administración durante la temporada 2014/15 (99.755% a favor, 0.052% en contra y abstención del 0.192%) y el presupuesto de la temporada 2015/16 (99.709% a favor, 0.076% en contra y abstención del 0.216%).

Para finalizar la sesión, se dio paso al turno de ruegos y preguntas, en el que los presentes aclararon diversas dudas y realizaron sugerencias que el Consejo de Administración de la sociedad tendrá en cuenta con el fin de mejorar progresivamente la gestión de la misma.

Santiago Futsal - Nova victoria para o equipo

Santiago Futsal saltó a la pista de un Multiusos Fontes do Sar que esta noche acogió a más de 3000 asistentes, espectadores de lujo para ver la mejor versión del ‘Club de la lucha’.

Fueron los celestes los que llevaron el peso del partid. Los primeros minutos fueron de claro asedio local, con claras ocasiones de Catela y Diego Quintela, que se toparían, hasta en tres ocasiones con la madera, o con el meta visitantes.

Sin embargo, fue Solano, el jugador jienense, el que daría la primera estocada del encuentro, al adelantar a los suyos en el minuto 12. Con el 0-1 en el marcador se llegaría al descanso.

Tras la reanudación, y con el mismo papel de protagonista y dueño del encuentro de la plantilla dirigida por Santi Valladares, Catela lograría igualar el marcador en una cabalgada por banda de Antonio Diz que cede el balón al gaditano para que este remate sin dudar al fondo de la red.

Sólo 3 minutos después, Dani Montes daría la vuelta al marcador y aventajaría a los suyos con un remate al segundo palo tras recuperación y pase de Diego Quintela.

Tras la expulsión de Carlos Muñoz y con la inferioridad numérica con la que Jaén Paraíso Interior tendría que afrontar los dos minutos siguientes del encuentro, de nuevo Catela materializaría una bonita jugada dentro del área visitante para hacer el 3-1.

Jaén Paraíso Interior arriesgaría los últimos 6 minutos de juego con portero jugador, pero pese a las intentonas visitantes de reducir distancias, serían los celestes los que generarían mayor peligro. Solano sería expulsado al ver la segunda tarjeta amarilla y no perdonaría el capi Diego Quintela para hacer el 4-1 en un bonito remate de tacón pegado al palo al que nada podría hacer el portero visitante.

Con la victoria ya en el bolsillo, la afición del Multiusos ovacionó a los suyos durante el último minuto de partido con un gran aplauso, al que los jugadores respondieron al finalizar el encuentro devolviéndoles el aplauso y agradeciéndoles su apoyo.

Ficha del partido

Santiago Futsal 4: Marcos Vara, Hugo Sánchez, Iván Rumbo, Catela y Diego Quintela –cinco inicial- Quique, Santi, Álex Diz, Antonio Diz y Dani Montes.

Jaén Paraíso Interior 1: Chema Mella, Boyis, Buendía, Eloy Rojas y José López –cinco inicial- Solano, Murga, Dani Martín, Carlos Muñoz y Víctor Montes

Árbitros: Munez Carpintero y Rodrigo Miguel. Expulsaron con doble tarjeta amarilla a Carlos Muñoz y Solano por parte de Jaén Paraíso Interior.

Incidencias: Partido correspondiente a la 15ª jornada de Liga celebrado en el Multiusos Fontes do Sar con una asistencia aproximada de 3000 personas.

Goles: 0-1 min.13 Solano, 1-1 min.27 Catela, 2-1 min.30 Dani Montes, 3-1 min.31 Catela, 4-1 min.37 Diego Quintela

Axenda e tempo do venres 18 de decembro - Música, teatro, exposicións

Santiago - Numax

Santiago - Auditorio + Internet - Concerto de Nadal da real Filharmonía de Galicia

Oroso - Presentación de "non quero xorgar as agochadas coa Lúa"

Arzúa - Festival de Nadal

Santiago - Teatro Principal - Mongolia, El Musical

Santiago - Gentalha do Pichel - festa Projeto Pontos 

Santiago - O camiño das burbullas

Outros Concertos + info

Exposicións

Santiago - SCQ (rúa das Orfas en Compostela) Pin Up & Burlesque - belleza alternativa (ata o 15 de decembro)

Santiago - Auditorio de Galicia - Salto de páxina (ata febreiro 2016)

Ames - Exposición de pintura do irmán Luis de Oseira (ata o dia 7)

Santiago - Área Empresarial do Tambre - exposición do colectivo Artefacto (ata o 8 de xaneiro)


O Tempo

Santiago - Sacaúntos, Lila de Lilith e Imaxin, distinguidas na XVI edición do Premio Manuel Beiras

O vicepresidente da Cámara de Comercio de Santiago, Evaristo Rodríguez, e o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, deron a coñecer onte en rolda de prensa o nome dos gañadores do Premio Manuel Beiras. Sacaúntos Cooperativa Gráfica, a libraría de mulleres Lila de Lilith e Imaxin Software son as empresas galardoadas nesta décimo sexta edición.

Evaristo Rodríguez indicou o valor simbólico duns premios consolidados e distinguidos cunha escultura realizada expresamente para o certame por Acisclo Manzano. O alcalde destacou a posta en valor e implicación de diversos sectores da cidade que compuxeron o xurado dun premio que recibe o nome de Manuel Beiras, “un picheleiro de pata negra” adicado ao comercio compostelán e á defensa da lingua galega. Ademais, Noriega louvou a dedicación da Cámara, en concreto do seu vicepresidente Evaristo Rodríguez, na reivindicación e activismo a favor da cultura e lingua galegas.

Na categoría de empresas cun uso continuado do galego resultou gañadora a firma Sacaúntos, cooperativa gráfica, creada en 2008 e situada na rúa do Avio, que oferta servizos de deseño gráfico e web e impresión en grande e pequeno formato. Realizan libros, revistas, tarxetas de visita, cartaces para exterior, lonas de grande formato ou papelaría corporativa, ademais de deseñar logotipos, webs ou facer ilustración e infografismo. O xurado considerou que o seu compromiso co galego maniféstase nos seus usos orais e en todas as súas manifestacións escritas, tanto interna como externamente, e en proxectos propios. Ademais, valorou a súa visión da lingua desde unha estratexia internacional e de converxencia coa lusofonía.

Na categoría de nova incorporación ao galego alzouse co recoñecemento Lila de Lilith. Aberta en 2011 pola educadora social e posgraduada en estudos de xénero Patricia Porto, a libraría sitúase na rúa Travesa de Santiago. Nace dun proxecto con máis 15 anos de andaina enfocado na igualdade desde a educación. É unha libraría de mulleres, feminista, que aporta bibliografía de mulleres autoras, especialmente en narrativa, poesía, infantil, banda deseñada e ensaio en temas especializados e cruzados coa perspectiva de xénero: economía, saúde, sexualidade, historia, etc. Ademais, a libraría conta con productos de artesanía e organiza eventos relacionados cos libros e a cultura en xeral. Comparte espazo físico con outra libraría, Ciranda, especializada en portugués. 

Para Lila de Lilith o galego é a lingua oficial en todas as canles de comunicación, tanto na escrita como na comunicación oral, e o xurado destacou o uso do galego na atención ao público e na súa comunicación pública. Tamén fan en galego a publicidade en redes sociais.

E o xurado acordou conceder a distinción especial do Premio Manuel Beiras a Imaxin, empresa dedicada desde 1999 ao desenvolvemento de tecnoloxías lingüísticas e xogos educativos multimedia. Coa súa sede na rúa Salgueiriños de Abaixo, é unha empresa cunha ampla traxectoria na consultoría e no desenvolvemento de servizos e solucións de software. Tamén é a única firma galega que desenvolve software directamente para a multinacional americana Microsoft Corporation.

O xurado concede esta distinción ao ser Imaxin unha firma pioneira na implementación de ferramentas e software relacionado coa lingua galega, e con especial destaque nos seus tradutores online, tanto en web como en proxectos específicos de ámbito internacional.

Distinción de Acisclo Manzano

Os galardoados recibirán unha distinción consistente nunha escultura creada polo artista Acisclo Manzano. Poderán amosar nos seus establecementos a posesión deste premio como unha garantía máis de que respectan o idioma galego. O acto de entrega de premios celebrarase esta tarde, ás 20:30 horas, na Cámara de Comercio de Santiago. Asistirán o presidente da Cámara de Comecio de Santiago, Jesús Asorey, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, o secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o vicepresidente cameral, Evaristo Rodríguez.

O xurado estivo presidido polo vicepresidente da Cámara de Comercio, Evaristo Rodríguez; o alcalde de Santiago, Martiño Noriega; Gregorio Ferreiro, da Secretaría Xeral de Política Lingüística; Carme Silva, da Universidade de Santiago de Compostela; Miguel López Crespo, da Unión de Consumidores de Galicia; Alba Marinha Souto, da organización en defensa do idioma Gentalha do Pichel; Fátima Rodríguez e María Traveso, de Promove Consultoría e Formación, empresa premiada na categoría de nova incorporación na anterior edición; José Bermúdez, en representación de Conxelados Xosé Bermúdez, empresa premiada na categoría de uso continuado en 2014; e Manuel González, en representación da Asociación Puntogal, distinguida tamén na anterior convocatoria co recoñecemeto especial.


O nome do Premio Manuel Beiras é unha homenaxe a este galeguista polo seu apoio á lingua, ademais de pola súa actividade como comerciante compostelán. Recibiu a Medalla de Ouro da cidade pola súa contribución cultural, un exemplo de compromiso colectivo desde o sector socioeconómico.

USC - Gumersindo Guinarte tomou posesión como Decano de Dereito

O profesor de Dereito Penal Gumersindo Guinarte Cabada tomou posesión este xoves como decano da Facultade de Dereito nun acto protocolario que presidiu o reitor Juan Viaño e ao que asistiron numerosos compañeiros e amizades. Acompañarano os vindeiros catro anos no equipo de goberno do centro as profesoras Ana Gude Fernández, Marta Otero Crespo e Sonia Esperanza Rodríguez Boente.

No seu discurso de investidura o profesor Guinarte lembrou que a facultade da USC é a que ten a nota máis competitiva das catro que existen en Galicia, “mesmo coas outras tres en cidades con maior demografía que Compostela”, e ocupa o sexto lugar por nota de acceso entre as máis de 50 ofertas de grao en universidades públicas do Estado. Ademais, entre 2010 e 2015 o centro xestionou cada ano unha media de 25 proxectos de investigación de convocatorias competitivas, que sumaron en total máis de dous millóns de euros. Na mesma liña, o reitor destacou que a Facultade de Dereito é referencia en Galicia e unha das máis importantes de España. “Aquí estudaron presidentes de goberno estatais e autonómicos e persoeiros de relevancia internacional”, lembrou Viaño.

Os retos

Proporcionar ao estudantado unha mellor acollida no centro, unha docencia de grao e posgrao ben coordinada, novas ofertas formativas e unha axeitada orientación respecto das posibilidades para a súa formación posgraduada e as opcións profesionais son parte dos retos que se marca o novo decano para o futuro. 

No acto de investidura, no que puxo de manifesto o “déficit crónico nas expectativas de renovación e promoción do seu persoal docente e investigador que hai que corrixir”, falou tamén de fomentar a internacionalización e o intercambio da comunidade universitaria, incrementar as relacións coas institucións e colexios profesionais do noso eido e traballar por manter e mellorar a nosa infraestrutura básica de investigación e de apoio á docencia como é a biblioteca Concepción Arenal. “Comparto –dixo– a idea expresada polo historiador americano Shelby Foote de que unha universidade é basicamente un grupo de edificios que se reuniron arredor dunha biblioteca”.

Rematou o seu discurso defendendo o Campus da cidadanía como “o marco axeitado para o impulso das áreas das ciencias sociais e xurídicas, para a mellora da súa calidade docente e investigadora e para a proxección da súa actividade”.

Gumersindo Guinarte

Licenciado e doutor en Dereito pola USC con premio extraordinario de doutoramento, Gumersindo Guinarte é ademais director do Instituto de Criminoloxía e foi secretario xeral da Universidade de Santiago durante oito anos. Ostentou tamén os cargos de vicevaledor do Pobo de Galicia (2002-2005) e secretario xeneral da Presidencia da Xunta de Galicia (2005-2009).

Autor de libros e artigos en revistas científicas sobre cuestións diversas de dereito penal (propiedade industrial, concurso de delitos, menores, terrorismo, violencia de xénero, tráfico de drogas, branqueo…) é coautor de varios comentarios ao Código penal de 1995.

A facultade

A Facultade de Dereito, con máis de 1.500 estudantes, imparte na actualidade o título de grao;os Másteres en Estudos Internacionais, en Fiscalidade Internacional e Comunitaria e en Avogacía; o dobre grao de Dereito e Relacións Laborais e Recursos Humanos e o título propio de Diploma en Criminoloxía.