Mesón do Vento, en Ordes, acolle hoxe o Feirón da Adina
Non faltarán os postos con produtos hortofrutícolas, roupa, utensilios labregos, gando vacún e porcino, ademais de galiñas e galos de Mos
A Asociación de Hostalería de Compostela despexa dudas sobre a relación co concello
A Asociacion de Hostelería Compostela pretende declarar que a relación co Concello de Santiago é fluída, áxil e desenvolvese de éxito satisfactorio para a entidade. Pudindo presumir de proxectos como Paixón ou Santiago (é) Tapas, co-organizados co goberno municipal.
O BNG de Padrón denuncia o estado do canal de derivación do SAR
Segundo puido comprobar o BNG de Padrón, produciuse un afundimento de bordes da estrada pegada ao muro de carga da canle de derivación onde estiveron estacionados camións e caravanas dos feirantes das festas de pascua. Tamén se produciron desperfectos nos bordillos do paseo así coma nos espazos de recreo.
O Psoe de Teo satisfeito cos fondos da Deputación para o concello
Os Socialistas de Teo amosan a súa satisfacción pola cantidade que lle corresponde ao Concello de Teo no reparto dos fondos do novo Plan de emprego local (PEL) da Deputación da Coruña.
Ames oferta un total de 545 prazas para os campamentos de verán 2016
Un ano máis o Concello de Ames xa ten preparado o seu programa de campamentos municipais de verán para este 2016, que este ano presenta varias novidades. O prazo para preinscribirse estará aberto do 21 de abril ata o 2 de maio
433 persoas participarán mañá na II Carreira Popular “Pilar Barreiro Senra” de Lousame
Un total de 433 corredores de toda Galicia participarán este domingo 17 de abril na segunda edición da carreira popular “Pilar Barreiro Senra”, que organiza o Concello de Lousame, en colaboración coa Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña.
O concello de Teo acolle “libreteo”, un evento sobre software e cultura libre
Por medio de diversas charlas e talleres, os teenses poderán coñecer as ferramentas dixitais libres ao seu alcance o día 30 de abril
O PP solicita a comparecencia de Jorge Duarte para falar da rúa Carretas
Os populares presentan no Rexistro municipal un recurso administrativo para que se soliciten os informes preceptivos e se tramite o expediente conforme a normativa contractual e patrimonial vulnerada
Encontro do alcalde de Silleda cos veciños de Moalde
O Alcalde de Silleda, xunto co cura párroco José Pérez, e as concelleiras Ana Luisa González, e Pili Peón, acudiron a unha reunión cos veciños e veciñas de Moalde para tratar varios temas de interese para a parroquia, entre eles a posibilidade de rehabilitar a ermida de San Sebastián, unha das demandas máis reclamadas polos veciños, aos que onte se lles expuxo o proxecto.
Universidades galegas e poruguesas impulsan o proxecto ‘Música e Movemento Partillados’
É a primeira vez en que as universidades galegas e as tres do norte de Portugal se conxuntan nun proxecto cultural común desta envergadura
Mañá domingo en Vedra Festival de Bandas Xuvenís
Este domingo o concello de Vedra acolle un Festival de Bandas Xuvenís organizado pola Escola de Música de Santa Cruz de Rivadulla "Concello de Vedra"
Máis de 160 postos participarán en ExpoOrdes 2016
A nova edición da feira multisectorial e de maquinaria agrícola será do 22 ao 24 de abril. O último día terá lugar a XXVII Degustación do Champiñón, no que se repartirán arredor de 2000 quilos deste tipo de cogomelos
"Galegas coma ti" xa se póde visitar na praza da Maía de Bertamiráns en Ames
Esta exposición, creada pola ONG Viraventos, está composta por 12 paneis que queren concienciar da importancia da integración das persoas migrantes
Inaugurada a exposición ‘A Illa da Memoria’ na Casa da Cultura de Lousame
A alcaldesa, Teresa Villaverde, afirma que a recuperación da memoria ten que servir “para reforzar a democracia e que ningún réxime dictatorial volva encher as nosas vidas de morte e escuridade”
Postres de Melide, Augardentes e Licores de Galicia visitaron a Praza de Abastos de Compostela
Os asistentes ao ‘Maridaxe dos sentidos’ sorpréndense co potencial das Augardentes e os Licores de Galicia na coctelería e co sabor ao combinalos coa repostería tradicional de Melide
Ames entrega os premios do concurso de tute
Hoxe venres, 15 de abril, entregaranse os premios ás tres mellores parellas da cuarta edición do campionato de tute do Concello de Ames. O acto de entrega vaise celebrar na Casa da Cultura de Bertamiráns, ás 21:00 horas. Trala entrega ofreceranse uns petiscos. Este acto forma parte da programación deportiva trimestral que acaba de publicar o Concello de Ames.
O tute é un dos xogos de cartas con máis tradición en Galicia. Son moitos os que sentan arredor dunha mesa para pasar un anaco de tempo entretido xogando a este xogo de cartas. Por iso, dende o Concello de Ames, a través da concellaría de Deportes, organizaron un campionato de tute, que se desenvolveu na cafetería da Casa da Cultura de Bertamiráns entre o 3 de febreiro e o 1 de abril. Neste campionato participaron un total de 18 parellas.
O campionato xogouse durante dous meses. As partidas disputáronse dous días á semana na cafetería da Casa da Cultura de Bertamiráns. Unha vez rematado o torneo xa se coñecen os gañadores. A parella campioa foi a formada por José Castro e Manuel Núñez; a segunda mellor parella compóñena José Blanco e Manuel Dosantos; e Manuel Vidal e Manuel de la Fuente foron os que acadaron a terceira posición deste campionato de tute.
Área Central acoge este sábado un encuentro de coros, pandereteras y baile gallego
Area Central acoge este sábado por la tarde un encuentro de coros, panderetas y baile gallego, una oportunidad para que los visitantes del centro comercial puedan disfrutar de música en vivo y actuaciones del folclore tradicional gallego de la mano del Coro Castrosúa, Asociación Xirandaina y la Agrupación Coser e Cantar.
Dicha actuación se celebrará en el escenario principal a partir de las 19.00 horas y durante una hora alternarán las canciones, la melodía de las panderetas y los bailes. Un total de sesenta personas vestidas con el traje tradicional se irán subiendo al escenario para participar en esta actuación, en la que estarán arropados por sus familiares y amigos y por el resto de los visitantes de Area Central.
La oferta de actividades de Area Central se completará el sábado con una nueva sesión del rastro de antigüedades y los talleres infantiles. Este sábado, estos talleres se celebrarán bajo el título “En abril, aguas mil”, y en ellos los niños asistentes realizarán creativos y originales paraguas a partir de diversos materiales de manualidades, como cartulinas, pinturas, etc. La cita será, como siempre, de 18.00 a 20.00 horas en la esquina amarilla del centro comercial.
Programación Numax do 15 ao 21 de abril de 2016
Dúas estreas francesas e unha visita moi especial
A carteleira do Cinema NUMAX renóvase o venres 15 de abril coa estrea de dous filmes franceses que veñen de acadar unha moi boa acollida en festivais internacionais. O primeiro deles é Meu amor, terceira longametraxe da directora francesa Maïwenn Le Besco que nos propón un arrebatador drama romántico protagonizado polo grande actor galo Vicent Cassel e unha Emmanuelle Bercot que obtivo polo seu papel no filme a Palma de Ouro en Cannes á mellor actriz. En palabras do crítico Leslie Felperin, atopámonos ante «un drama romántico moi vivo e quintaesencialmente francés; resulta un pracer pasar o tempo na compaña destes personaxes».
Tamén do país veciño provén O novato, unha entretida comedia apta para todas as idades que nos presenta a Benoît, un rapaz que chega á cidade procedente do campo e atopa certos problemas para se adaptar. A ópera prima do director Rudi Rosenberg tivo unha moi boa recepción na pasada edición do Festival de Cinema de Donostia, onde gañou o premio Novos Directores e recibiu críticas eloxiosas como a de Carlos Loureda para Fotogramas: «Cun sentido impecábel do ritmo, unha dirección meticulosa e un humor elegante, sincero e continuo, un dos máis gratos, amábeis e divertidos filmes da 63ª edición do festival de Donostia».
O luns 18 comezamos a semana cunha cita imprescindíbel. Charles Burnett, autor de culto do cinema independente e un dos meirandes cineastas afroamericanos da historia, visita NUMAX. Ademais da súa participación na Aula «Os ollos verdes», viviremos a reestrea do seu filme máis nomeado, Killer of Sheep. Concibido a xeito de retrato da vida cotiá na comunidade negra de Watts, en Los Angeles, Killer of Sheep foi seleccionado pola Biblioteca Nacional do Congreso polos seus valores históricos e artísticos e aclamado de xeito unánime pola crítica como «unha obra mestra, un dos dramas máis profundos e auténticos sobre a vida dos afroamericanos, un dos máis grandes filmes norteamericanos; e punto», sinala Dave Kehr.
Últimos pases en NUMAX
Uns filmes chegan e outros despídense da pantalla de NUMAX. Este é o caso de Cemetery of Splendour, filme co que Apichatpong Weerasethakul se despide da realización no seu país natal, Tailandia. A fita terá o seu último pase o martes 19 de abril.
Xa o xoves 21 proxectarase por última ocasión en NUMAX Encadeados. Tedes daquela unha semana máis para seguir gozando dun dos cumios creativos do grande Alfred Hitchcock e dun trío protagonista en estado de graza, formado por Ingrid Bergman, Cary Grant e Claude Rains.
AULA OS OLLOS VERDES #03: CHARLES BURNETT
A terceira entrega da Aula «Os ollos verdes» contará coa participación de Charles Burnett, autor de culto do cinema independente afroamericano. Burnett visita NUMAX o luns 18 de abril ás 17:30 para impartir a clase maxistral «Contra quen pelexo esta noite?», na que afondará na súa traxectoria artística. Ás 20:30 o cineasta presentará en sala o seu filme máis célebre, Killer of Sheep, participando nun coloquio co público asistente.
Meu amor
(Maïwenn Le Besco, 2015)
A historia segue a Tony, que está ingresada nun centro de rehabilitación despois dunha grave caída esquiando. Dependente do persoal médico e os analxésicos, toma o tempo necesario para lembrar unha axitada historia de amor con Georgio. Por que se quixeron? Quen é realmente o home ao que amaba? Como foi quen de se someter a unha paixón tan abafante como destrutiva?
O novato
(Rudi Rosenberg, 2015)
Benoît, un rapaz de catorce anos, deixou o campo para se mudar a París. O seu primeiro día no colexio resulta ser máis difícil do que esperaba e pronto se sente illado. Até que un día Johanna, unha nova compañeira sueca, chega á clase. Benoit decide organizar unha festa en casa, pero só aparecen tres persoas... tres chaponas, Aglaée, Red Head e Constantin. Contra todo prognóstico, pasan unha noite fantástica xuntos.
Killer of Sheep
(Charles Burnett, 1978)
Retrato da vida dun home común, un traballador negro dun matadoiro de Los Angeles, cunha vida chea de dificultades e contradicións no seu ámbito social e familiar. Era 1977 e Charles Burnett, estudante de raza negra da Universidade de California - Los Angeles (UCLA), capturaba coa súa cámara de 16 milímetros e un grupo de actores principiantes a vida no suburbio de Watts.
Programación
Venres 15 de abril
12:00 Encadeados
15:45 Meu amor Estrea
18:10 Cemetery of Splendour
20:30 O novato Estrea
22:10 Meu amor
Sábado 16 de abril
12:00 Meu amor
15:45 Encadeados
17:45 O novato
19:20 Cemetery of Splendour
21:40 Meu amor
Domingo 17 de abril
12:00 Cemetery of Splendour
15:45 O novato
17:20 Encadeados
19:20 Meu amor
21:50 O novato
Luns 18 de abril
17:30 Aula Charles Burnett: «Contra quen pelexo esta noite?»
20:30 Killer of Sheep Estrea
Coa presenza do director
Martes 19 de abril
15:45 Encadeados
17:45 O novato
19:20 Meu amor
21:40 Cemetery of Splendour
Último pase
Mércores 20 de abril
12:00 O novato
15:45 Meu amor
18:10 Encadeados
20:10 Killer of Sheep
21:45 O novato
Xoves 21 de abril
12:00 Meu amor
15:45 O novato
17:20 Killer of Sheep
19:00 Encadeados
Último pase
21:00 O novato
VO: Versión orixinal sen subtítulos | VOSG: Versión orixinal subtitulada en galego
Na Libraría NUMAX
Historias reales
Sophie Calle
La Fábrica publica por vez primeira en español o clásico de Sophie Calle, que inclúe ademais, algunhas historias inéditas que a artista engadiu a esta edición. Nela Calle une 47 fotografías con 47 relatos biográficos para crear dípticos que acaban coas fronteiras entre os xéneros: novela, fotolibro, diario persoal, etc.
Cartas precedidas de las actas del proceso por estupro
Artemisia Gentileschi
Neste volume reprodúcense as actas do proceso da pintora Artemisia Gentileschi contra Agostino Tassi, consistente nos interrogatorios e as declaracións da acusación, do imputado e das distintas testemuñas sobre o tema concreto do estupro.
Charlas sobre saúde no concello de Teo
O Departamento de Benestar Social e Participación Veciñal, dirixido por Ignacio Iglesias, organiza xunto a Asociación Terra varias charlas sobre saúde durante este mes de abril. Nas mesmas, que comezarán hoxe venres 15 de abril trataranse diversos temas. Hoxe o Dr. Diego Terceiro e o Dr. Javier Ayape estarán abertos a preguntas sobre as vacinas na charla “Que queres preguntar sobre as vacinas?”.
O xoves 21 de abril a charla estará adicada ao corazón con “Coida o teu corazón”, impartida pola Dra. Tamara Varela e o Dr. Daniel de Bernardo. Ambas charlas serán na Mediateca de Cacheiras a partir dás 20:30 horas.
Por outra banda, mércores 27 de abril haberá otra oportunidade de coñecer todo sobre as vacinas, de novo cos doutores Terceiro e Ayape. Desta vez, será na Casa Común de Calo a partir dás 20:30 horas.
Por último, o venres 29 de abril está dirixido ás mulleres. A charla “Muller en feminino, muller en madurez” correrá a cargo das doutoras Rosa de la Fuente e Iria Mirás. Será na Mediateca de Cacheiras a partir dás 20:30 horas.
O acceso a estas charlas é libre ata completar aforo polo que dende o Concello anímase a todas as persoas interesadas a asistir.
Cidadáns Ames pide ao Concello que revise os semáforos da Avenida Rosalía de Castro
Cidadáns Ames vén de demandar ao Goberno municipal deste concello que revise os semáforos, especialmente os pulsadores que facilitan o cruce dos peóns, emprazados na Avenida de Rosalía de Castro, en O Milladoiro. Así o solicitou o voceiro de Cidadáns no Concello de Ames, Javier López, a través dun escrito presentado a finais do mes de marzo no rexistro municipal. Javier López trasladou así “unha demanda que nos fixeron chegar veciños de O Milladoiro que denunciaron o mal funcionamento destes pulsadores cando desexan cruzar esta importante vía”.
No documento, o voceiro de Cidadáns Ames solicita que o Goberno municipal, presidido por José M. Miñones, esta acuaciónco fin de garantir a seguridade e facilitar o uso que fan a diario numerosos vecinos e veciñas de O Milladoiro que teñen que cruzar esta vía, incluso varias veces ao día.
“Esta é unha actuación, sendúbida, –sinala Javier López- coa que os amiensesgañarán en seguridade viaria tendo en conta que máis de 30.000 vehículos transitan a diario por esta vía e son moitos os vecinos que a utilizan para distintas cuestiones do seu día a día”.
A Asociación Hostelería Compostela organiza dous cursos de inglés para o sector
A Asociación de Hostelería Compostela comenza a impartir dous cursos de inglés dirixidos ao persoal de recepción de hoteis, restaurantes e café-bares e que teñén entre as súas tarefas a atención ao público.
Con este curso dende a Asociación tentamos dar un paso importante na mellora da atención ao cliente dos locais de hostelería na nosa cidade, que redundará nuna mellor calidade dos servizos que ofrecemos aos turistas e viaxeiros.
O curso comenzará o vindeiro 9 de maio e durará ata o 6 de xuño. A dotación horario dos mesmo é de 18 horas e as clases desenvolveranse en tres sesions semanais de 90 minutos distribuidas en diferentes días dependendo do nivel do curso. As clases terán lugar no Centro de Formación de Hostelería na rúa Salvadas 29
Ofértanse dous niveis, un de iniciación e outro intermedio co que os alumnos obterán os coñecementos necesarios para mellorar o desempeño do seu traballo de atención ao público.
No curso aplicarase unha metodoloxía na que se fará fincapé na participación activa do aluno; a adquisición dunha lingua basease fundamentalmente na practica dos coñecementos adquiridos; é por isto que unha gran parte do curso inclúe a practica de simulación de situacións reais, relacionadas con a realidade laboral dos participantes.
O prezo do curso é de 30 € para os asociados e 60 € para os establecementos non asociados.
Máis información no teléfono 981.592.700
ou no mail informacion@santiagohosteleria.org
Música, contacontos, obradoiros e teatro enchen a programación infantil de Santiago co programa Apego
O Concello de Santiago ten preparada unha completa programación infantil para a primavera, ao abeiro do proxecto Apego. O alcalde, Martiño Noriega, e a técnica municipal de Lingua, Socorro García, presentaron hoxe o calendario para os vindeiros meses, que estarán cheos de teatro, contacontos, música, e obradoiros para as familias.
O alcalde salientou que esta é a primeira vez na que o Concello unifica todas as súas propostas para os nenos e nenas nunha única programación. Na súa elaboración participaron varios departamentos municipais, como Lingua, Turismo, Cultura, Centros Socioculturais ou Convivencia. Tamén se incluíron propostas da Secretaría Xeral de Política Lingüística. Ademais, Martiño Noriega incidiu en que a programación chegará a todo o termo municipal, a través dos centros socioculturais do ámbito urbano e dos locais de parroquias do rural como Marrozos, Marantes, Verdía ou Figueiras.
A responsable do Departamento de Lingua salientou o esforzo realizado para unificar toda a programación infantil, "un traballo conxunto que facilitou mellorar a oferta con actividades novas que non se viñan realizando pero que se viron necesarias para cubrir algúns ocos que quedaban na programación". Socorro García explicou que toda a información sobre as actividades do Apego estará dispoñible nos máis de 10.000 folletos que se van repartir en centros socioculturais, escolas infantís ou espazos culturais coma o Teatro Principal ou o Auditorio de Galicia. Tamén se poderá consultar na web apego.gal, un espazo que se pretende ir mellorando nos vindeiros meses.
Case 30 actividades para a primavera
O eixo da programación primaveral do Apego son os contacontos, con ata 14 propostas distintas, pensadas para nenos desde os 0 ata os 6 anos. A primeira terá lugar esta mesma tarde, a partir das 17:30 horas, no Centro Sociocultural de Santa Marta. Trátase de Historias da Maletra, a cargo de Raquel Queizás. A contacontos repetirá participación no Apego no 14 de maio, no Local Sociocultural de Figueiras.
Tamén hoxe, Pavís Pavós levarán a súa proposta Contos vellos e novos ao Local Sociocultural do Casco Histórico, que repetirán o 19 de maio en Vite, e Polo Correo do Vento renderalle homenaxe a Manuel María no Centro Sociocultural de Conxo.
Na programación tamén participa o contacontos Pablísimo, que estará o 20 de abril no Local Social de Amio, o 3 de maio no Centro Sociocultural das Fontiñas, o 11 de maio en Santa Marta, e o 21 de maio en San Lourenzo. A súa proposta, bautizada como Contiario, está dirixida a nenos e nenas de entre 0 e 6 anos, que poderán coñecer da súa man os contos máis raros, interesantes e exóticos do mundo.
Anxo Moure é o terceiro dos contacontos que participan na programación infantil de primavera do Apego, cunha actuación o 22 de abril no Centro Sociocultural de Vite para celebrar o Día da Terra e do Libro. Xa en maio, Fátima Fernández presentará A bigota de Mimí o día 20 no Centro Sociocultural de Vite, e Leo Leíño levará a súa Maxia e Contos o 21 de maio ata Verdía. A súa proposta, pensada para nenos de 4 a 12 anos e que combina os contos coa maxia, repetirase o 17 de xuño na Pontepedriña. A axenda de contacontos de maio pecharana Fabaloba e Luís Prego con A casa encantada de Alí, no Centro Sociocultural do Castiñeiriño. Neste caso, a proposta está dirixida a nenos de 0 a 6 anos.
Xa no mes de xuño, o día 4 está previsto que Lisístrata presente no Centro Sociocultural de Santa Marta Contando en feminino, unha serie de contos dende a perspectiva de xénero, dirixidos a cativos de 3 a 12 anos. Trinke-trinke estarán o 7 e xuño no Centro Sociocultural das Fontiñas con Os contos dos ratiños, Pavís Pavós repetirán na programación do Apego con Palma repalma no Centro Sociocultural do Ensanche, e Raquel Queizás pechará o calendario de contacontos da primavera con Mariña, contos nados do mar, na Casa Agraria de Meixonfrío o día 14 e no Centro Sociocultural de Vite, o día 17.
Obradoiros
A programación de primavera do Apego tamén inclúe obradoiros pensados para os nenos e nenas e para os seus pais. No Centro Sociocultural do Ensanche desenvolveranse boa parte deles, os venres dende o 15 de abril ata o 17 de xuño. Nas actividades poderán participar rapaces a partir de 5 anos acompañados dun adulto, que aprenderán desde a plantar unha horta ata a facer blandiblú, pasando por customizar camisetas, encadernar libros ou descubrir a fotografía.
Para nenos de e nenas de 3 a 9 anos, o Centro Sociocultural de Santa Marta acollerá o sábado 16 de abril un obradoiro chamado Caldo de letras, no que os rapaces poderán descubrir xuntos as posibilidades do alfabeto, as emocións que poden transmitir e as súas posibles entoacións.
Nos días 6 e 27 de maio e 3 e 10 de xuño, Fabaloba ensinaralles ás nais e pais como contarlles contos aos seus fillos, nun obradoiro chamado Había unha vez, que se desenvolverá no Centro Sociocultural de Conxo. Para o 1 de xuño, Luís Prego propón un obradoiro para iniciar ás crianzas no ritmo e na melodía, a través de cantos de berce e recitados. Será no Centro Sociocultural do Ensanche.
Por último, na programación do Apego inclúese a celebración do Día da Seguridade Viaria, o venres 10 de xuño, na praza do Obradoiro, coa participación da Policía Local, dos Bombeiros e de Protección Civil.
Música e teatro
No apartado musical, a programación do Apego inclúe tres actividades para esta primavera. A primeira delas é Un conto ao revés, a cargo de Chuches Amil e dirixida a nenos e nenas de 3 a 12 anos, que estarán nos locais socioculturais de Marrozos, o 22 de abril, e Cardeal Quiroga, o 26 de abril.
Uxía Senlle e Magín Blanco, acompañados de Santi Cribeiro, presentan Todo me fala de ti o sábado 30 de abril no Centro Sociocultural de Santa Marta. Esta actividade está incluída no programa FalaRedes, da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta.
A proposta estrela será a Romaría Cativa, nos días 6 e 7 de maio, no marco das festas da Ascensión. Nas dúas tardes, a praza da Inmaculada encherase de música e circo, da man de Pitusa Semifusa, Gramola Gominola, Peter Punk, Isla Letriska, Migallas,Titiriteiros de Binéfar e Paco Nogueiras.
No apartado teatral, Limiar Teatro presentará o 19 de abril, no Teatro Principal, Don Quixote, unha comedia gastronómica que mestura narración oral, manipulación de obxectos e cociña en directo para dar lugar a unha versión diferente da obra de Cervantes. A obra é acaída para nenos e nenas a partir de 6 anos.
Outras propostas
A programación do Apego para esta primavera complétase con outras actividades como unha charla divulgativas sobre sistemas de retención infantil, ou un percorrido sobre seguridade viaria, a cargo da Policía Local; unha charla divulgativa de Manuel Núñez Singala sobre a lingua, ou un paseo por Compostela no tren turístico. Por último, Turismo de Santiago colabora coa programación do Apego co xogo-guía Santiago mmm…que rico, que propón distintas probas para coñecer Compostela a través da gastronomía.
A maioría das actividades da programación infantil do Apego son con entrada libre e de balde. Nalgúns casos, o aforo limítase a 20 persoas e é preciso inscribirse para participar. Para a obra de teatro Don Quixote, no Teatro Principal, a entrada custa 5 euros, se ben é posible adquirir catro pases ao prezo de tres. Tamén son de pago o paseo por Compostela en tren e o xogo-guía Santiago, mmm… que rico, salvo que se presente o folleto coa programación do Apego.
A Xuntanza dos maiores de Arzúa cumpre 20 anos
O sábado, 30 de abril, as persoasmaiores de Arzúa reuniranse no Recinto Feiral Terra do Queixo para celebrar o vixésimo aniversario dunha xuntanza que o Concello organiza anualmente para brindar unha oportunidade de compartir vivencias entre todos os asistentes.
O programa de actos previsto para esa xornada é o seguinte:
13:00 horas: Misa campestre.
13:30 horas: * Pregón de benvidaaos asistentes.
* Entrega de premios á muller e ao home de maioridade.
14:00 horas: Xantar ofrecido gratuitamente polo Concello de Arzúa.
17:00 horas: Gran baile amenizado por un grupo musical.
20:00 horas: Remate dos actos e despedida aos asistentes.
Para poder asistir ao evento, o Concello ten establecidos dous requisitos: ser maior de 65 anos e estar empadroados no Concello de Arzúa; tamén poderán ser beneficiarios os cónxuxes de quenes reúnan os requisitos anteriores.
As invitacións para asistir á xuntanza deben recollerse antes do día 22 de abril, os interesados deben acudir provistos do Documento Nacional de Identidade da seguinte maneira:
* Para os empadroados no casco urbano, nos ServizosSociais do Concello.
* Para os empadroadosnas Parroquias, mediante os Alcaldes Pedáneos.
O Concello poñerá a disposición de todos os veciños transporte gratuíto, que realizará o mesmo percorrido que o transporte escolar, recollendo aos veciños a partir das 12.00 horas.
A Concelleira de Benestar Social, Aurora Varela, convida a todas as persoas maiores do municipio a “participar nesta xornada festiva sinalada no noso calendario dende hai dúas décadas” e anímaos a “difrutar dun encontro no que non faltará a boa comida, a música, as charlas, os contos e as anécdotas que sempre protagonizan un haxornada marcada pola ledicia de reencontrarse, cando menos, unha vez ao ano”.
O 14º Encontro Universitario de Danza Contemporánea chega a vindeira semana a Compostela
O décimo cuarto Encontro Universitario de Danza Contemporánea da USC, un foro artístico pioneiro en Galicia e dos máis lonxevos do panorama universitario español, terá lugar os días 20 e 21 de abril no Teatro Principal de Santiago coa intención, nesta edición, de darvisibilidade ao traballo propio, unha produción cada vez maior e de probada calidade.
Nesta ocasión participan catro compañías nacidas ao abeiro do Espazo de Danzada USC–DanzaUSCompostela, DanzaUSC-Lugo, e as novas independentes Camiños e Efímero Divadlo–que, baixo a dirección de Juan Carlos Zaheranos campus de Lugo e de Santiago, presentarán distintas producións propias, xunto coa da Compañía de Danza da Universidade de Coruña.
Catorce anos despois da primeira edición, esta modalidade de expresión artística ten acadado unha dimensión transversal entre os membros da comunidade universitaria da institución académica compostelá. A creación e permanencia ao longo dos anos de dúas compañías propias nos campus de Lugo e de Santiago, así como a evolución de dúas formacións nadas ao abrigo da USC que agora comezan a súa andaina de xeito independente dan mostra das fondas raíces trenzadas pola danza na USC.
Programa
A compañía danza USCompostela xunto coa Orquestra do Espazo de Cámara da USC abrirá o mércores 20 de abril, a partir das 21.00 horas, o programa de representacións coa obra ‘O mesmo océano abrázanos longamente’, unha produción colectiva propiadas dúas compañías que colaboran por primeira vez.De seguido,Efímero Divadloporá en escena ‘Alien’, interpretada e corografiada por Daniel Lazso, e Camiñosfará o propio con‘Desconexión’.
O xoves 21abrirá de novo a programación a nova produción de USCompostela xunto coa Orquestra da USC para continuar coa compañía da UDC Danza NORMAL e a súa produción ‘Rescate’. O encontro rematará ese día condanzaUSC-Lugoe ‘Tras a pel’.
A entrada é libre e gratuíta para todas as representacións, previo paso pola billeteira do Teatro Principal a partir das 18.00 horas.
A boa participación agota os boletíns do concurso de tapas de Oroso
O Concello de Oroso está a realizar estes días un novo reparto de boletíns de votación entre os 21 establecementos hostaleiros que participan na sétima edición do Concurso de Tapas de Oroso, que rematará este sábado 16 e domingo 17 de abril. A extraordinaria acollida que tivo esta iniciativa durante a pasada fin de semana fixo que moitos dos establecementos repartiran todas as 1.000 revistas e os 500 boletíns de votación preparados para todo o concurso, polo que o Concello tivo que facer unha tirada especial de 800 boletíns.
A concelleira de Turismo, Vanesa Boo, explica que “a pesar de que o tempo non acompañou, os hostaleiros nos dixeron que a cousa foi especialmente ben na tarde do sábado e o domingo ao mediodía, cando contaron con moita xente”. Así mesmo, amosou o seu agradecemento aos grupos locais que colaboran desinteresadamente coa iniciativa, ofrecendo pasacalles durante a fin de semana: Asociación Cultural Néboas no Cumio, Asociación Cultural Amigos do Acordeón de Sigüeiro-Oroso, Agrupación Folclórica Buxos Verdes, Asociación Folclórica Lembranzas do Tambre e Faíscas da Pontraga.
Un ano máis, o polbo volverá a ser o ingrediente máis empregado na elaboración das tapas e poderá degustarse en espetos, con fabas e ameixas, en tartar ou nunha cazoliña sobre textura de pataca cremosa estilo feira. O popular cefalópodo terá duros competidores nos cogomelos, en irlandés con crema de quixo, con peituga de polo con salsa de xerez, en salsa sobre milfollas de tenreira; nas luras, ben con filloas na súa tinta ben recheas de salsa boletus con alioli gratinado e pataca; ou no xamón, ao forno con patacas e tomates cherry ou en bombóns. Unha grande e variada oferta que o cliente pode consultar no boletín de votación, de xeito que poida escoller as tapas e os locais que lle resulten máis atractivos.
Récord de participación
O VII Concurso de Tapas de Oroso desenvolverase en 21 establecementos que, en horario de 12:00 a 15:00 horas e de 19:00 a 22:00 horas, ofrecerán totalmente de balde aos seus clientes unha tapa, tradicional ou creativa, con cada consumición. Unha vez degustada a tapa, o cliente selará o boletín de votación nese local. Unha vez que teña 6 selos diferentes (un deles dun local non emprazado en Sigüeiro) poderá escoller a súa tapa favorita e votar nunha urna selada que haberá en cada un dos locais participantes. Entre todos os participantes sortearase unha tablet, unha estancia nas Cabanas do Barranco (Outes), 4 vales de compra en supermercados do concello (dous de 100 € e outros dous de 50 €), 4 vales cortesía dos comercios colaboradores (de 100, 80 e dous de 60 €), un par de zocos cortesía do comercio Zoclos e 3 lotes de Petroni (vermú, cubiteira e copas).
Os 21 locais participantes nesta edición son: Sigüeiro Hostel, Bar Tapas, Café Bar Xardín, Bar Sigüeiro, Mesón Tambre, Tapería O´Martán, Sigü Café, Café de Manuela, Cafetería Che, Mesón A Trabe, Bar Restaurante Mirás, Adega O Ribeiro, Restaurante O Cortés, Cafetería Seis Ríos, Ambore Coffee, Bar X que no? e Bodegón Cebrás, todos eles en Sigüeiro. Fora da capital municipal participarán: Parrillada As Viñas (Trasmonte), Restaurante Liñares (Estación Oroso), Bar Stop (Oroso) e O Noso Mesón (Deixebre).
Dous autores gregos, gañadores do Premio Internacional "Compostela" de Álbums Ilustrados
Un escritor e unha ilustradora gregos, Anthonis Papatheodoulou e Iris Samartzi, son os gañadores da IX edición do Premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados. Así o acordou o xurado reunido esta mañá, que tivo que estudar os máis de 240 traballos chegados de 23 países distintos. O traballo gañador leva por título El último día, e os seus autores recibirán como premio 9.000 euros en concepto de adianto polos dereitos de autor da súa obra. A Editorial Kalandraka encargarase da súa publicación nas linguas oficiais peninsulares -galego, castelán, catalán, éuscaro e portugués- así como en inglés.
O xurado destacou da obra gañadora "o equilibrio entre a ilustración e o texto, formando un todo harmónico". Tamén valoraron a consistencia da narración, "que transmite ledicia e tenrura á vez". Do aspecto estético, resaltaron a composición plástica, con predominio do trazo e do collage.
Anthonis Papatheodoulou naceu en Atenas en 1977. Estudou Animación en Atenas e Barcelona, e Literatura Española na Hellenic Open University. Traballa como tradutor e publicou varios libros. Recibiu o Premio de Álbum Ilustrado de Grecia en 2011 e 2012, o Premio de Álbum Ilustrado da revista Diavazo en 2011; e varias obras da súa autoría foron incluídas na lista The White Ravens.
Iris Samartzi, tamén ateniense de 1979, estudou Deseño Gráfico e Arte. Traballa como ilustradora de libros infantís e como profesora de debuxo en Educación Primaria. Recibiu, entre outros, o Premio Nacional de Libro Ilustrado da sección grega da IBBY en 2012 por un libro con texto de Anthonis Papatheodoulou, galardón que repetiu en 2015. Unha das súas obras tamén figura na Lista de Honra IBBY 2015.
Finalista e mención especial
O xurado decidiu proclamar finalista a obra presentada co lema Por allí, el infinito, un traballo chegado dende Murcia e que leva a sinatura de Marisa López Soria, como escritora, e Alejandro Galindo Buitrago, como ilustrador. Por último, recibiu unha mención especial o traballo titulado Nina e Antoine, da colombiana Alejandra Estrada Sierra e o madrileño Antonio Ventura Fernández.
O Premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados vénse convocando dende 2008 polo Departamento de Educación do Concello de Santiago, en colaboración coa Editorial Kalandraka. O certame, dirixido a autores e ilustradores de todas as nacionalidades, xurdiu no marco da Campaña Municipal de Animación á Lectura.
O xurado desta IX Edición estivo presidido polo concelleiro de Educación, Manuel Dios, por delegación do alcalde. Como vogais actuaron Miguel Azaola Rodríguez-Espina (tradutor, axente literario, consultor editorial e colaborador na organización de encontros literarios de ámbito internacional), Carme Solé Vendrell (pintora e ilustradora de máis de 700 títulos entre álbums e libros de texto), Ánxeles Roca López (bibliotecaria e membro da Federación Española de Asociaciones de Archiveros, Bibliotecarios, Arqueólogos, Museólogos y Documentalistas (ANABAD) e da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GALIX), Manuela Rodríguez, como representante de Kalandraka Editora, e Xosé Manuel Rodríguez-Abella, como representante do Concello de Santiago. Actuou como secretaria Beatriz Rodríguez, do Departamento de Educación.
Arzúa programa unha nova recollida de plásticos agrícolas polas parroquias
É unha labor que se vén facendo en Arzúa dende hai anos e que dende a administración municipal se ofrece gratuítamente aos veciños con certa regularidade. A recollida de plásticos derivados da actividade agrícola nas parroquias do municipio tamén é un dos pilares nos que se centra a campaña de sensibilización medioambiental emprendida en días pasados polo goberno municipal coa finalidade de concienciar e implicar a todos os veciños e veciñas no coidado e conservación do noso contorno.
Conscientes da importancia deste servizo para os veciños e veciñas do rural, o goberno municipal vén de programar unha nova recollida de plásticos agrícolas para os días 25, 26 e 27 de abril. O camión do Concello achegarase a todas as parroquias para facer a recollida, todos aqueles veciños que teñan plásticos e queiran desfacerse deles deben estar á hora indicada no lugar sinalado para cada parroquia. Os plásticos deben presentarse limpos e atados para facilitar os traballos de recollida.
O camión do concello pasará a recoller os plásticos nos días, horas e lugares que sinalaremos deseguido:
Luns, 25 de abril:
9:00 h – BOENTE, no tramo da carretera antiga en Boente de abaixo
9:30 h – FIGUEIROA, no Curro
10:00 h – A CASTAÑEDA, no campo da festa
10:30 h – VILANTIME, no campo da festa
11:30 h – MAROXO, no campo da festa
12:00 h – BRANDESO, no campo da festa
12:30 h – VIÑÓS, no campo da festa
13:00 h – TRONCEDA, xunto á escola
13:30 h – DOMBODÁN, no campo da festa
Martes, 26 de abril:
9:00 h – BRANZÁ, xunto á Igrexa
10:00 h – PANTIÑOBRE, ao carón da escola
11:30 h – LEMA, no campo da festa
12:00 h – RENDAL, no campo da festa
12:30 h – A MELLA, no campo da festa
13:30 h – VILADAVIL, xunto a pista polideportiva
Mércores, 27 de abril:
9:00 h – SANTA MARÍA, no cruce de Seixas
9:30 h – SANTO ESTEVO, xunto á igrexa
11:00 h – SAN MARTIÑO, no campo da festa
12:30 h – OÍNS, no campo da festa
13:00 h – DODRO, xunto á igrexa
13:30 h – BURRES, ao carón da escola
Os veciños que queiran desfacerse dos plásticos procedentes da actividade agrícola deben estar ás horas sinaladas no lugar indicado para cada parroquia.
Dende o Concello solicítase colaboración por parte dos veciños, xa que do contrario non se podería levar a bo fin esta iniciativa; polo que se roga que os plásticos se presenten limpos e atados e se respecten os horarios establecidos para cada lugar.
Xornada gratuíta sobre a importancia da marca persoal
A Área de Orientación Laboral da USC organiza para o próximo mércores 20 unha charla dirixida a aalumnado de último curso e titulados recentes sobre a importancia da marca persoal e o valor diferencial para dirixir a carreira profesional. A actividade correrá a cargo de Verónica Ramallal, CEO da axencia creativa Pekecha.
Entre outras cuestións, na charla aprenderase a converter as rarezas persoais en virtudes, xestionar a propia imaxe profesional nas redes sociais,conseguir ser a opción seleccionada e ser vistos como se desexa profesionalmente.
O obradoiro será o día 20 de 16:30 a 20:30 horas na Aula 6 da Facultade de Relacións Laborais e aínda que é gratuíto se precisa inscrición previa.
Alumnos da XXXIII Olimpiada de Química e da XXVII de Física reciben os seus diplomas
Los mejores alumnos de cada distrito universitario de Galicia (Santiago, A Coruña y Vigo) que participaron en la XXXIII Olimpiada Gallega de Química 2016 y en la XXVII Olimpiada Gallega de Física 2016 recibieron ayer por la tarde en la Facultad de Química de Santiago de Compostela sus diplomas y galardones de manos de los representantes de las comisiones organizadores de ambas olimpiadas. En el caso de la Olimpiada Gallega de Química, también acudieron hoy los 139 alumnos y alumnas de 31 centros educativos que participaron en la cita educativa. Los jóvenes visitaron, antes de la entrega de premios, los Laboratorios de Investigación de la Universidad de Santiago (USC) y la Biblioteca de la Facultad de Química. Este encuentro también pretende fomentar las vocaciones por la química y la física entre los más jóvenes. El director xeral de Educación, FP e Innovación Educativa, Manuel Corredoira, presidió el acto.
En lo que se refiere a la XXXIII Olimpiada Gallega de Química 2016, el primer puesto en la demarcación de la USC fue para Lara Pulido Fraiz, del Colegio Manuel Peleteiro de Santiago. Y los lugares segundo y tercero fueron también a alumnos de Peleteiro: Luis Fernández Martínez y Sara Orois Gómez. Los dos primeros puestos en la demarcación de A Coruña fueron para alumnos del Colegio Santa María del Mar (A Coruña). María Irene Lois Bermejo fue la campeona. E Ignacio Prieto Mauricio, el subcampeón. El tercer puesto lo logró Fernando Díaz Díaz, del Colegio Internacional Eirís (A Coruña). Y el primer puesto de la demarcación de la Universidade de Vigo fue para Pablo Iglesias Sanuy, alumno del IES do Castro (Vigo). El segundo lugar lo ocupó una alumna del IES Blanco Amor de Ourense: Elena Pazos Linares. Y un alumna del IES Castelao de Vigo fue tercera: Ana Pou Moure.
Los ganadores de la la XXVII Olimpiada Gallega de Física 2016 fueron, por la demarcación de la USC y por este orden, Luis Pérez Vázquez y Luis Fernández Martínez, alumnos del Colegio Manuel Peleteiro, y Miguel Fernández Gómez, del CPR La Salle. En la Universidad de Vigo el primero fue Lorenzo Sanmartín Arbones (Colegio Amor de Dios); la segunda, Alba Marcos Atanes, del Colegio Los Sauces; y tercero, Jaime González González, del Colegio Compañía de María de Vigo. En la Universidad de A Coruña los ganadores fueron, de primero a tercero: Fernando Díaz Díaz, del Colegio Eirís; María Irene Lois Bermejo, del Santa María del Mar y Carlos Saez López, del IES Eusebio da Guarda.
En el caso de la XXXIII Olimpiada Gallega de Química 2016, los dos primeros clasificados de cada demarcación acudirán a la fase nacional que comenzará mañana viernes en Alcalá de Henares. Por su parte, los tres primeros clasificados de la XXVII Olimpiada Gallega de Física 2016 competirán en la Olimpiada Nacional que se celebrará en la ciudad de Sevilla entre los próximos 22 y 25 de abril.
A Asociación Galega de Pediatría de Atención Primaria celebra a súa reunión anual en Compostela
La Asociación Galega de Pediatría de Atención Primaria (Agapap) celebrará el sábado, 23 de abril, su décima reunión anual en el Edificio Cersia de Santiago de Compostela.
Esta cita, que reunirá a un centenar de pediatras de Galicia y del resto de España, se ha consolidado como un evento de referencia para los profesionales de la atención primaria, quienes buscan soluciones a los problemas de la disciplina, la actualización de conocimientos y el intercambio de experiencias.
La primera intervención del programa girará en torno al diagnóstico y tratamiento de la alergia a medicamentos. Esta ponencia correrá a cargo del doctor Manuel Boquete Paris, jefe del Servicio de Alergología del Hospital Universitario Lucus Augusti, quien presentará y analizará varios casos clínicos.
Nacidos demasiado pronto: cuidados tras el alta es el nombre de la segunda ponencia, que tratará el seguimiento del niño prematuro desde que es dado de alta.
Teresa Valls Durán, presidenta de Agapap, recuerda que “la prematuridad es uno de los problemas de salud más prevalentes en la población infantil de los países desarrollados”. Con todo, “las tasas de supervivencia son cada vez más altas”.
La doctora Carmen Rosa Pallás Alonso, neonatóloga del Hospital Universitario 12 de octubre de Madrid; y Francisco Javier Soriano Faura, pediatra y miembro del grupo PrevInfad, serán los encargados de impartir esta charla.
El doctor Jesús Marque Marque, coordinador médico de la Clínica Amerguín de Santiago de Compostela, especializada en patología y rehabilitación deportiva, será el ponente del seminario que tratará sobre el niño deportista y las lesiones que se pueden derivar de esta práctica. Valls Durán destaca el papel del ejercicio físico “como antídoto contra la epidemia de obesidad que afecta a nuestros menores”.
Dada la coincidencia de la jornada con la celebración del Día del Libro, la clausura correrá a cargo de Juan Mata Anaya, profesor de la Facultad de Ciencias de la Universidad de Granada, divulgador literario, autor de libros sobre la pedagogía de la lectura y la escritura, y defensor de la lectura en relación al bienestar personal. Su conferencia Lecturas, emociones y salud cerrará esta reunión.
Agapap
La Asociación Galega de Pediatría de Atención Primaria nació en 2005 para dinamizar e ilusionar el trabajo de los pediatras de atención primaria, mejorar la calidad de sus condiciones de trabajo y dignificar su imagen como profesionales con un alto nivel de formación.
Agapap, que cuenta con más de 200 socios, forma parte de la Asociación Española de Pediatría de Atención Primaria (Aepap) pero actúa de forma autónoma para alcanzar sus objetivos comunes.
Especialistas de renome analizarán na USC a narrativa breve de escritoras británicas contemporáneas
A escritora escocesa Janice Galloway e especialistas en literatura e xénero de renome internacional participarán a vindeira semana no seminario internacional ‘Gender and Short Fiction: Women's Tales in Contemporary Britain’ que se desenvolverá na Facultade de Filoloxía.
O seminario, coordinado por Jorge Sacido e Laura Lojo,está organizado polo proxecto de investigaciónContos de mulleres: A narrativa breve de escritoras británicas contemporáneas(1974-2013)e o grupo Discurso e identidadecoa colaboración da Oficina de Igualdade de Xénero da USC.Para participaré preciso inscribirse previamente a través do correo electróniconoemi.pereira@usc.es.
Primeirospasos para uns orzamentos participativos en Compostela
A concelleira de Economía e Facenda, María Rozas, presentou esta mañá en rolda de prensa o inicio do proceso de orzamentos participativos para o vindeiro 2017. Trátase do primeiro paso do proceso, que ten como obxectivo dividir a cidade en 5 ou 8 zonas. Os resultados da enquisa faranse públicos a finais de maio e serán un elemento máis para a formación destes distritos.
O primeiro paso consiste en pór en marcha unha enquisa para a delimitación dos barrios e os distritos da cidade. O habitual en cidades españolas do noso tamaño é que haxa entre 5 e 8 distritos, de entre 9.000 e 21.000 habitantes cada un. Hai criterios urbanísticos, demográficos e socioeconómicos para definilos, pero ninguén mellor que a propia veciñanza, os habitantes de Compostela, para decidir cales son os barrios, ata onde chegan e con cales outros barrios próximos se relacionan máis. Por iso dende hoxe e ata o 27 de maio está aberta unha enquisa en decide.santiagodecompostela.gal para ir elaborando ese mapa de barrios.
Unha vez que se teña cuberta esta enquisa, á que se anima á participación cidadá, poderase iniciar o vindeiro mes o proceso de Orzamentos Participativos tras propoñelo o mes de febreiro no Consello de Relacións Veciñais. Cada unha das zonas vai contar cun orzamento, para o que a cidadanía decidirá cal é o seu destino. Os resultados da enquisa faranse públicos a finais de maio e serán utilizados xunto cos datos técnicos para definir os distritos de participación cidadá. Nos distritos que se consideren máis acaídos desenvolveranse os OP de forma presencial, cubrindo como mínimo un terzo da poboación da cidade (incluíndo unha parte do rural) mentres que no resto a participación será de forma telemática.
María Rozas lembrou que "os orzamentos participativos son unha ferramenta de corresponsabilidade e de codecisión, que permitirán á cidadanía de Compostela tomar as decisións sobre onde destinar unha parte do orzamento municipal".
Partirase dun orzamento mínimo inicial de 1.100.000 euros, un millón do capítulo 6 (investimentos reais) e 100.000 euros para actividades de mocidade, continuando co proxecto iniciado o ano pasado. A cantidade final ampliarase ou non en función dos recursos dos que dispoña o Concello a final de ano e dos debates de ordenanzas e de orzamentos cos partidos políticos.
Piloto na área de Mocidade
Durante o ano 2015 desenvolveuse un piloto de orzamentos participativos na área de Mocidade, que serviu para testar as ferramentas de participación da cidade. Formaron parte del máis de 200 mozos e mozas, tanto de forma presencial como telemática, e configurouse un grupo motor formado por aproximadamente 20 rapaces e rapazas.
Nese proceso, as cinco primeiras propostas recibiron máis de 200 puntos, sendo a primeira "Cine ao aire libre nos barrios do Concello: proxección de filmes temáticos que fomenten o pensamento crítico e a educación en valores e encontros cinéfilos", que recibiu 274,74 puntos.
"Violencia de xénero: formación e actividades de concienciación e sensibilización co alumnado dos institutos" foi a proposta que obtivo a segunda mellor puntuación, con 271,95 puntos. A votación fíxose de forma presencial, en tres furnas e mediante internet.
O máis destacado do proceso, que foi avaliado polo Grupo Motor e polos técnicos municipais para achegar propostas de mellora, radica na transversalidade das actividades, que non só están relacionadas co área de Mocidade senón que se interrelacionan con outras como Medio Ambiente ou Políticas Sociais.
O Presidente da Deputación de A Coruña visita o viveiro de empresas de Costa Vella
O presidente da Cámara de Comercio de Santiago, Jesús Asorey Carril, recibiu no viveiro de empresas de Costa Vella ao presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, que percorreu as instalacións da incubadora cameral, cualificada polo informe da Fundación de las Cajas de Ahorros (FUNCAS) como o mellor viveiro de España en 2015.
Os directivos camerais fixeron unha ampla exposición sobre os servizos de asesoramento empresarial e xurídico que o viveiro presta aos emprendedores e, posteriormente, amosaron polo miúdo as instalacións ao presidente do órgano provincial, cuxa visita se prolongou durante unha hora. Segundo manifestou Jesús Asorey, a mellor política laboral é “apostar polo emprendemento como base do emprego” na actual conxuntura económica.
O presidente da Deputación da Coruña salientou o “excelente funcionamento” do viveiro de empresas da Cámara de Comercio de Santiago, e afirmou que a institución provincial buscará “aproveitar a experiencia e o coñecemento” da entidade para o fomento de accións de apoio a emprendedores e “exportar este modelo” a outros puntos da provincia.
A incubadora alberga actualmente a 44 empresas
O viveiro de empresas de Cámara acolle na actualidade a 44 empresas, o que supón un nivel de ocupación do 80%. Desde o seu nacemento en 2006, pasaron pola incubadora un total de 146 firmas, cunha taxa de supervivencia empresarial do 76%, cifras que amosan o seu correcto funcionamento e a calidade do seu emprendemento.
O viveiro xerouse para impulsar a creación, crecemento e consolidación de empresarios individuais e empresas. Forma parte activa da Rede Incyde, a maior de Europa, que actualmente engloba a 117 incubadoras en activo, o que permite aos viveiristas ter acceso a unha axenda internacional de contactos e eventos.
Cunha superficie construída de 1.599,8 m2, con catro alturas, 24 oficinas, salas de reunións e aulas, o viveiro está dedicado integramente á incubación de proxectos. Sumado aos servizos de infraestrutura e loxística, os viveristas reciben formación, tutorización e asesoramento especializado segundo as súas necesidades. E de maneira complementaria, ofrece a opción do viveiro virtual para aqueles que non precisen, polas características da súa actividade empresarial, dun espazo físico onde situarse, pero sí a infraestrutura, loxística e servizos ofertados polo viveiro.
Reactivación económica, máis emprego e mellores infraestruturas
Tras a visita á incubadora, o presidente da Deputación mantivo unha reunión cos representantes do Foro Cívico Empresarial na sede da Cámara de Comercio, para tratar cuestións sobre a situación actual das infraestruturas viarias e ferroviarias pendentes na cidade, e outros temas relevates de carácter económico.
O Foro trasladou a García Formoso a súa preocupación polo estado actual das obras en infraestruturas relevantes en Santiago de Compostela neste 2016, como son o orbital e os enlaces da AP9, A-54, polígonos industriais e Cidade da Cultura, a estación intermodal, a estación de carga de mercadorías da Sionlla e o túnel de Conxo e a variante de Aradas.
O colectivo considera fundamental continuar coa demanda dunha auténtica estación intermodal para Santiago e a reclamación do proxecto. O colectivo cre que a construción da estación intermodal é unha necesidade para a capital de Galicia, que se fai máis visible coa chegada do AVE e o aumento do nivel de pasaxeiros, que beneficiará economicamente a todos os sectores de negocio da cidade.
Pola súa parte, González Formoso destacou que “a principal aposta e a liña de traballo transversal da Deputación durante o presente mandato vai a ser a xeración de emprego, o apoio ao emprendemento e a todo aquel proxecto que supoña xeración de actividade económica na provincia”.
Neste sentido, subliñou que a institución que preside ven de presentar un Plan de Emprego cun orzamento de 7 millóns de euros, que multiplica por 6 o investimento que ata agora destinaba a Deputación a esta materia, o que amosa o “compromiso” do Goberno provincial neste aspecto.
Formoso repasou algunhas da liñas principais deste novo plan do que se beneficiarán parados de longa duración e persoas con dificultades de inserción laboral, os concellos coruñeses e pemes e proxectos emprendedores da provincia, que contarán con incentivos para a contratación de persoal e para impulsar a posta en marcha de novos proxectos empresariais que contribúan a reactivación económica da provincia.
Integran o Foro Cívico Empresarial Cámara de Comercio de Santiago, Universidade de Santiago de Compostela, Asociación de Empresarios de Hostelería de Santiago y Comarca, Fundación Santiago Centro, Real Sociedad Económica de Amigos del País, Fundación Ruta Xacobea de Mar de Arousa e Ulla, Colexio de Avogados de Santiago, Colexio de Economistas, Colexio de Arquitectos, Colexio de Enxeñeiros Técnicos Industriais, Colexio de Enxeñeiros Industriais, Colexio de Procuradores, Asociación do Polígono do Tambre, Rotary Club, Asociación de Antigos Alumnos da USC, Asociación de Periodis
Las Migas presentan no Teatro Principal o seu son flamenco de influencias mediterráneas
Catro mulleres: Alba, Marta, Alicia e Roser. Catro cidades do norte e do sur: Barcelona, Sevilla, Córdoba e Lleida. Catro visións distintas da música e unha mesma paixón: o flamenco. Las Migas comezan unha nova etapa, novo espectáculo, novo repertorio e moitas ganas de mirar cara diante. E preséntano en concerto no Teatro Principal hoxe xoves ás 20.30 h. As entradas teñen un prezo de 12 euros (6 euros para os grupos cos descontos habituais) e poden mercarse no despacho de billetes do propio Teatro, no 902 434 443 ou en entradas.abanca.com
Dúas andaluzas ás guitarras: Marta Robles, a veterana do grupo, e Alicia Grillo, a incorporación máis recente. Dúas catalás: Alba Carmona á voz e ao baile e Roser Loscos ao violín. Elas forman este insólito cuarteto feminino de flamenco e músicas mediterráneas. Aínda que proveñen de mundos diversos, coinciden na procura apaixonada da beleza. Procura constante en cada unha das notas que compoñen ou interpretan.
Unha explosión de sons puros, únicos e rebeldes: así é o universo sonoro de Las Migas.
Dende os seus inicios, o cuarteto afincado en Barcelona encheu grandes teatros e participou nos festivais máis importantes de músicas do mundo. A súa nova andaina ofrece un estilo máis rítmico, máis luminoso e con toques latinos. O seu espectáculo, recentemente estreado, agocha moitas sorpresas: para comezar, Alba presenta por primeira vez unha coreografía con cante e baile, onde nos agasalla con toda a súa sensualidade e forza. O espectáculo nace intimista para tornarse, pouco a pouco, desgarrador. E canalla. E até cómico nalgún intre. Vai medrando en intensidade pero conserva o xeito exquisito, o coidado do son e do corazón que sempre caracterizou a música de Las Migas.
Las Migas fundouse no 2004, con Marta Robles, Isabelle Laudenbach e Lisa Bause (até 2013) e Silvia Pérez-Cruz (até 2011). Agora está a piques de saír á luz o seu novo traballo, producido por Josemi Carmona (Ketama).
Alba Carmona, voz
Roser Loscos, violín
Marta Robles e Alicia Grillo, guitarra
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)








