Frades - recoñocemento de competencias profesionáis adquiridas por experiencia

FRADES ABRE O PRAZO DE SOLICITUDES PARA O RECOÑECEMENTO DE COMPETENCIAS PROFESIONAIS ADQUIRIDAS A TRAVÉS DA EXPERIENCIA LABORAL
Na convocatoria inclúese servizos para control de pragas, confección e mantemento de artes e aparellos, información xuvenil e socorrismo

O Concello de Frades vén de abrir o prazo de presentación de solicitudes para inscribirse na convocatoria do recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral que realiza a Consellería de Traballo e Benestar. Unha convocatoria á que poderán concorrer todas aquelas persoas que teñan experiencia laboral e/ou formación non formal relacionadas coas competencias profesionais en: servizos para o control de pragas, confección e mantemento de redes e aparellos, información xuvenil e socorrismo en espazos acuáticos naturais e en instalacións acuáticas.

As persoas que desexen solicitar o recoñecemento dalgunha destas competencias profesionais deberán dirixirse ao Concello de Frades (981 695 567 ou 981 695 663). Hai dous prazos de solicitude:

ata o 14 de decembro de 2012, no caso de servizos para o control de pragas e confección e mantemento de redes e aparellos

ata o 31 de marzo de 2013, no caso de , información xuvenil e socorrismo en espazos acuáticos naturais e en instalacións acuáticas.

Para presentar esta solicitude é preciso ter 20 anos e unha experiencia laboral de cando menos 3 anos, cun mínimo de 2.000 horas nos últimos 10 anos, ou xustificar 300 horas de formación nos últimos dez anos. Máis información no Concello de Frades.

Ningún comentario: