Axenda sábado 16 marzo - concertos, exposicións, rugby

SANTIAGO

11.00 h Con saída da praza de Galicia (diante do banco de Santander), ruta “o Castelo da Rocha: visita e explicación do Castelo da Rocha, rematando coa visita ao centro socicultural da Rocha e a súa exposición de olería”. Dentro do programa educativo Cultura Viva, fai túa Compostela, promovido pola Concellaría de Centros Socioculturai e Participación Cidadá.

12.15 h Na rúa Santa Teresa de Jornet, nº19, a concelleira de Benestar Social, María Castelao, asiste á XI Convivencia familiar organizada por ASPAS. 

17.00 e 19.30 h No Teatro Principal, no programa Infantil&famliar "El Mago de Oz. El Musical", unha historia entrañable actualizada para o esixente público do século XXI que foi Premio Teatro de Rojas 2012 ao Mellor espectáculo familiar.

17.30 h No Centro Sociocultural de Vite, nova cita co programa Imos ao baile, da Concellería de Participación Cidadá e Centros Socioculturais. Grupo Solymar. Entrada de balde.

Campionato de Europa de Rugby

18.00 h No estadio multiúsos de San Lázaro, partido internacional de rugby entre España e Portugal, correspondente ao Campionato de Europa Torneo 6 Nacións B. Desde as 9.00 h, torneo para nenos en San Lázaro II. 

20.30 h Na Zona C, Escenas Poéticas (3) presenta dentro do ciclo Teatro&Danzao 'O Asombro' de Fantoches Baj, unha proposta escénica, poética, participativa e diversa especialmente deseñada para a Zona C. Últimas funcións.

20.30 h Na Igrexa San Paio de Antealtares continúa Músicas Contemplativas. O pregón de Semana Santa rematará musicalmente coa actuación de grupos de cámara de alumnos da Escola de Altos Estudios Musicais cun concerto de alumnos dun Cuarteto de Cordas do curso avanzado de especialización orquestal. 

21.00 h Na Sede SGAE / Fundación Autor, concerto no Compostela Rock de McEnroe. A banda de Getxo acadou un estatus de grupo con soleira no que todos os seus discos son agardados con expectación. Os teloneiros serán The Soul Jacket.

ACTIVIDADES 
Teo - mercado de productos galegos en Os Tilos

EXPOSICIÓNS
Santiago - MUPEGA - Luces de Alén Mar - As escolas de americanos en Galicia   +INFO 

Teo - modificación do sentido da estrada que rodea o colexio de Calo

A ESTRADA ENTRE A CASCALLEIRA E O CEMITERIO DE CALO SERÁ DE DIRECCIÓN ÚNICA
Trátase dunha decisión adoptada a petición do Consello Escolar do colexio de Calo

Silleda - o luns remata o prazo de alegacións o PXOM

O prazo para presentar alegacións ao PXOM de Silleda remata o vindeiro luns

Oroso - o concello habilita unha zona de aparcamento en Trasmonte

O CONCELLO DE OROSO HABILITA UNHA ZONA DE APARCAMENTO A CARÓN DA IGREXA PARROQUIAL DE TRASMONTE NA QUE INVESTIU 56.000 EUROS

Ames - inaugurada a novena edición da Feira do Comercio

Comeza a novena edición da Feira do Comercio Val da Maía
O evento, que se celebra por primeira vez no Milladoiro e no que colaboran as catro asociacións de comerciantes de Ames, reúne a 44 establecementos, a cifra máis alta de todas as edicións.

O acto de inauguración, celebrado ás 16:30 horas, contou coa asistencia doalcalde de Ames, Santiago Amor; o concelleiro de Promoción Económica,Bernardo Moar; a presidenta de AEMI, Dolores Mella; o presidente de ACB,Juan Carlos Zaera; o presidente da Asociación Viorneira Palmira Boulebar,José Manuel Fernández, e o presidente da Asociación de Empresarios NovoMilladoiro, Javier Santos

Ames - presentación do Campus Experience da Fundación Real Madrid

O Pazo da Peregrina acolle hoxe a presentación do Campus Experience da Fundación Realmadrid, que organiza a Peña madridista IL Ritrovo de Ames
Este campus, que se organiza por primeira vez en Galicia, está dirixido aos rapaces erapazas de entre 7 e 17 anos. Desenvolverase durante a primeira quincena do mes de xullo (do 1 ao 5 e do 8 ao 12 de xullo).
O Concello de Ames colabora na organización deste Campus, que se desenvolverá durante o mes de xullo, coa cesión de instalacións municipais para o desenvolvemento desta actividade

Santiago - esta fin de semana o concello convirtese en capital das cidades Patrimonio de España

Santiago de Compostela convértese esta fin de semana no centro das Cidades Patrimonio españolas
O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España (GCPHE), integrado polas trece cidades co máximo recoñecemento da Unesco, celebra en Santiago de Compostela a súa Comisión Executiva e a Asemblea de Alcaldes do 15 ao 16 de marzo

BNG Santiago - o BNG reclama que se corrixa a sinalización con toponimia deturpada

O BNG reclama a corrección da sinalización coa toponimia deturpada na N-550 en dirección a “La Coruña” e na N-525 en sentido “Orense”

Santiago - Ron Carter mañán no ciclo 1906 Jazz

RON CARTER TRIO Inaugura o Ciclo 1906 Jazz este domingo no Teatro Principal
O Ciclo 1906 Jazz volve ofrecer aos afeccionados ao jazz intérpretes de incontestable calidade e que percorren as diferentes correntes do jazz actual. 
Ron Carter tocou con grandes nomes da historia do Jazz como Miles Davis

Ordes - novo curso de carretilleiro

O Concello de Ordes convoca un novo curso de carretilleiro 
Terá lugar o sábado 23 de marzo nas instalación ubicadas na nave do Mesón do vento, tanto en horario de mañá como de tarde

BNG Ordes - o BNG acusa o alcalde de gastar máis de 7000 euros en cada farola da rúa Lagartos

O BNG ACUSA AO ALCALDE DE GASTAR 7.300 EUROS EN CADA FAROLA DA RÚA DOS LAGARTOS E DA RÚA NOVA 

Pablo Vidal, responsábel local do BNG de Ordes, afirmou que no ano 2008 o alcalde gastou 231.000 euros en renovar as farolas de varias rúas do centro da Vila e agora volve a substituilas gastando 119.000 euros. 

No caso das farolas da Rúa dos Lagartos e da Rúa Nova, o Concello gastou 4.358 euros en cada unha delas no ano 2008, substituindoas agora de novo e gastando 3.000 euros en cada unha, o que suma un total de 7.300 euros gastados en cada farola desas rúas. 

Pablo Vidal afirmou que “o gasto de 7.300 euros nos últimos anos en cada farola destas rúas é un escándalo, que ven a demostrar unha vez máis que a xestión do diñeiro público por parte do actual alcalde é máis que sospeitosa”. 

Pablo Vidal, responsábel local do BNG de Ordes, denunciou o gasto de 7.300 euros en cada unha das farolas da rúa dos lagartos e da rúa nova, unha cantidade “absolutamente escandalosa”, segundo o responsábel dos nacionalistas ordenses.

Vidal sinalou que no ano 2008 o alcalde de Ordes destinou 231.000 euros a cambiar 53 farolas de varias rúas do centro da Vila de Ordes, entre as que se atopaban as farolas da rúa dos lagartos e da rúa nova, o que supuxo un gasto de 4.358 euros por farola. Recentemente o alcalde ten anunciado arenovación de novo das farolas de varias rúas do centro da Vila, cun investimento de 119.000 euros para renovar 40 farolas, o que supón un gasto de case 3.000 euros por farola. Nesta actuación volven a incluirse de novo as farolas da rúa nova e da rúa dos lagartos, que xa foran renovadas no ano 2008.

Pablo Vidal afirmou que “gastar 3.000 ou 4.000 euros en cada farola é absolutamente desproporcionado, pero ao incluir a substitución de novo das farolas da rúa nova e da rúa dos lagartos, que xa foran instaladas no ano 2008, provoca que xa se levan gastado máis de 7.300 euros en cada unha destas farolas, o que é un auténtico escándalo”. 

Para o responsábel local do BNG de Ordes, “o gasto de 7.300 euros nos últimos anos en cada farola destas rúas é un escándalo que ven a demostrar, unha vez máis, que a xestión do diñeiro público por parte do alcalde de Ordes é máis que sospeitosa”. 

BNG Santiago - pètición de celeridade nas obras do túnel de Conxo e da reurbanización da Virxe Branca

O BNG pide celeridade nas obras do túnel de Conxo e da reurbanización da Virxe Branca 

Rubén Cela: “Demandaremos explicacións sobre a fórmula coa que se anunciou, porque a única emenda que se rexistrou nos Orzamentos Xerais do Estado para facer o túnel de Conxo foi a do BNG”

Axenda venres 15 marzo - exposicións, concertos, poesía, conferencias


SANTIAGO
9.00 h No Hostal dos Reis Católicos, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste ao almorzo informativo organizado por Fórum Europa Tribuna Galicia no que participa como ponente o presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo. 

10.00 e 12.00 h No Auditorio de Galicia, novo concerto didáctico de Son+d2. A fusión chegará a través da música e tamén das novas tecnoloxías ou ‘TICS’. É un concerto interactivo para nenos e nenas de 6 a 13 anos de idade no que Jara Ortiz, Xoán Curiel e Alfonso Camarero poñen voz e música en directo.

11.15 h Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, para presentar o I concurso de publicidade comercial en galego. 

11.30 h Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal do BNG Rafael Vilar sobre asuntos de carácter local. 

12.00 h Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local. 

12.00 h No Salón Vermello, recepción con motivo do partido internacional de rugby correspondente ao Campionato de Europa Torneo 6 Nacións B que enfrontará ás seleccións de rugby de España e Portugal o sábado no estadio de San Lázaro. 

12.30 h No Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA, do director - xerente do Auditorio de Galicia, José Victor Carou, para presentar o concerto "Sons da lubre nas noites de luar", o novo espectáculo de Luar na Lubre, no ciclo Íntimo e Acústico. Na rolda estarán tamén Bieito Romero (gaitas, acordeón, zanfoña) e Paula Rey (voz), acompañados do resto dos integrantes do grupo Luar na Lubre.

13.30 h Na Concellería de Benestar Social (Galeras), a concelleira de Benestar Social, María Castelao, reúnese co presidente de Down Compostela, José Martínez. 

17.30 h Na Concellería de Benestar Social (Galeras), a concelleira de Benestar Social, María Castelao, reúnese coa asociación Camiño das Fontiñas. 

Cidades Patrimonio
17.45 h Chegada ao Concello dos alcaldes do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España e sinatura no Libro de Ouro do seu presidente e alcalde de Segovia, Pedro Arahuetes García. 

18.00 h No Salón Verde, reunión da Comisión Executiva do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España, coa asistencia do alcalde compostelán, Ángel Currás.

20.30 h Na Zona C, Escenas Poéticas (3) presenta no ciclo Teatro&Danza 'O Asombro' de Fantoches Baj, unha proposta escénica, poética, participativa e diversa especialmente deseñada para a Zona C. Últimas funcións.

20.30 h No Hostal dos Reis Católicos, concerto de presentación de Músicas Contemplativas polos grupos de cámara da Escola de Altos Estudos Musicais que están formados polos alumnos do seu curso avanzado de especialización orquestral. Asisten os alcaldes do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España. 

21.00 h Na Sala Capitol, Def con Dos en concerto presentando o seu novo disco "España es idiota" con espíritu crítico, mordaz e irreverente e dentro do ciclo Compostela Rock.

21.00 hNo Auditorio de Galicia, continúa o Festival de Narración Atlántico / Falabaratos con Quico Cadaval e Jorge Serafim. Jorge Serafim é un narrador portugués con vinte anos de traballo como contador e promotor do libro e da lectura, e Quico Cadaval é pioneiro da narración oral en Galicia e recente Premio Cultura Galega das Artes Escénicas.

ACTIVIDADES 
Santiago - concentración en solidariedade con Xurxo +INFO

Santiago - Lançamento em Compostela de Esplendor Arcano, de Ramiro Torres +INFO

Santiago - Club Cachán Subsolo Rap festival +INFO

Santiago - Borriquita de Belem - Señor Jumento +INFO 

Ames - O papel das mulleres no Socialismo Galego +INFO

EXPOSICIÓNS
Santiago - MUPEGA - Luces de Alén Mar - As escolas de americanos en Galicia   +INFO 

Teo - exposición "A muller innovadora na ciencia"   +INFO 

Teo - ábrese o prazo de solicitudes de novo ingreso nas escolas infantís do concello

AS SOLICITUDES DE NOVO INGRESO NAS ESCOLAS INFANTÍS PODEN PRESENTARSE DENDE MAÑÁN  16 DE MARZO E ATA O 3 DE ABRIL
Os impresos xa se poden descargar da web municipal ou nas oficinas municipais 
Está previsto que durante a segunda quincena de abril se publiquen as listaxes provisional de persoas admitidas

Oroso - ábrese o prazo de inscripción na gardería municipal

O CONCELLO DE OROSO ABRE MAÑÁ VENRES O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE PRAZA DE NOVO INGRESO NA GARDERÍA MUNICIPAL “A ULLOA” 
Hai dispoñibles 16 prazas a xornada completa e outras 16 prazas en xornada de tarde

ordes - curso de manipulador de alimentos p sábado 23 de marzo

Ordes acollerá un novo curso de manipulador de alimentos o próximo sábado 23 de marzo

Ames - curso de inglés básico para maiores

A Oficina de Voluntariado de Ames organiza un obradoiro de inglés básico para maiores
Trátase dunha iniciativa pioneira no Concello de Ames, xa que nunca se realizou un obradoiro deste tipo dirixido a persoas maiores

As clases, que serán impartidas por unha profesora voluntaria que está licenciada en filoloxía inglesa, realizaranse os luns e mércores en horario de mañá, entre as 8:30 h e as 10:30 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro.

Ofértanse un total de 15 prazas, que se cubrirán por rigorosa orde de inscrición. Para apuntarse hai que chamar ao número de teléfono 662 377 044. Este curso gratuíto dará comezo o día 25 de marzo.

PSOE Ordes - charla coloquio sobre a situación da muller en Galicia

O PSOE DE ORDES CONVIDA AOS VECIÑOS A PARTICIPAR HOXE NUNHA CHARLA–COLOQUIO SOBRE A SITUACIÓN DA MULLER EN GALICIA 
Laura Seara e María Viqueira debaterán cos veciños e veciñas de Ordes no Museo do Traxe, a partir das 20:30 horas. A asistencia é libre e de balde

Santiago - Def Con Dos en concerto no Compostela Rock

‘España es idiota’  Def con Dos 
Tras máis de vinte anos dende a súa formación Def con Dos lanza un novo artefacto sonoro, o lapidario “España es idiota” (Warner Music, 2013), un aguerrido discurso de espírito crítico, mordaz e irreverente poñendo o dedo na ferida aberta que ven sendo a nosa historia recente

PSOE Ames - última xornada sobre o socialismo en Galicia analizando o papel da muller

PECHAN AS XORNADAS SOBRE A HISTORIA DO SOCIALISMO ANALIZANDO O PAPEL DAS MULLERES NO PSdeG

Santiago - últimas funcións de Escenas Poéticas na Zona C

Últimas funcións de “Escenas Poéticas”
Escenas Poéticas 3: ‘O Asombro’ de Fantoches Baj venres 15, sábado 16 e domingo 17 na zona C
Aneis (Branca Novoneyra), Dessassodego (DandyLady) e O Asombro (Fantoches Baj) constrúen unha proposta escénica, poética, participativa e diversa especialmente deseñada para a Zona C abranguendo teatro de obxectos, danza e cabaré.
Enmarcadas no ciclo Teatro&Danza, as entradas son a 8 euros.

Ames - hoxe inaugúrase a IX Feira do Comercio Val da Maia

Xa está todo preparado para a inauguración da IX Feira do Comercio Val da Maía, que terá lugar hoxe no pavillón do Milladoiro

Esta fin de semana, o pavillón do Milladoiro converterase no gran centro de compras de todo o Concello de Ames e dos municipios limítrofes. Durante os días 15, 16 e 17 de marzo a localidade do Milladoiro acollerá a novena edición da Feira do Comercio.

Serán tres días nos que un total de 44 establecementos porán á venda os seus produtos con grandes descontos. A inauguración da feira terá lugar este venres, 15 de marzo, ás 16:30 horas e permanecerá aberta ata as 21:00 horas. O sábado e o domingo o horario de apertura será de 10:00 h a 21:00 horas.

Silleda - obras en Portodabalde

Hoxe realizáronse obras de reafirmado na estrada de Portodabalde, en Parada
As obras de reparación realizaranse en canto baixe o nivel de auga do río

Axenda xoves 14 marzo - música, exposicións, rugby



SANTIAGO
9.45 h No Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (rúa de San Roque, 2), o alcalde compostelán, Ángel Currás, inaugura a xornada “Análise da aplicación das novas tecnoloxías á arqueoloxía. A problemática da divulgación”, organizada polo Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España en colaboración co Concello. Programa: 

10.00 h  Tecnoloxía, comunicación e xestión dos proxectos de política cultural. Novas posibilidades nos modelos de financiamento e comunicación.
Jordi Pardo Rodríguez. Fundación Barcelona Media.

12.00 h Arqueoloxía virtual: documentación, conservación e difusión do patrimonio na era dixital. 
Alfredo Grande León. Sociedade Española de Arqueoloxía virtual.
16.00 h 

Arqueoloxía virtual versus reconstrución histórica. 

Joan Santacada Mestre. Universidad de Barcelona.
17.45 h 

As TIC na museografía arqueolóxica. 
Rafael Azuar Ruiz. Museo Arqueológico de Alacante.
19.15h 

Debate e clausura.


11.00 h Varios xogadores da selección española de rugby visitan os colexios La Salle, Manuel Peleteiro, Cluny e Compañía de María.

11.30 h Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Urbanismo, María Pardo, sobre asuntos da súa área. 

12.00 h Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local. 

12.30 h Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, María Pardo, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

13.00 h A concelleira de Educación, María Castelao, visita o CEIP da Sionlla e reúnese co equipo directivo. 

17.30 h Na Alcaldía, o alcalde compostelán, Ángel Currás, recibe os voluntario do Refuxio de Bando. 

19.30 h No IES Rosalía de Castro, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á entrega dos premios Arcebispo San Clemente. 

21.00 h No Auditorio de Galicia, o viola Lawrence Power "un instrumentista equilibrado e elegante" coa Real Filaharmonía de Galicia e dirixidos por Christoph Köning, interpretarán un programa con obras de Bowen e Dvorák.

ACTIVIDADES 
Silleda . ITV agrícola en escuadro   +INFO

Santiago - 21.00 h No Teatro Principal, en Íntimo&Acústico, regresa tres anos despois a Compostela Sr. Chinarro, o grupo formado en Sevilla nos 90, co seu son recoñecible e irremplazable son   +INFO

EXPOSICIÓNS
Santiago - MUPEGA - Luces de Alén Mar - As escolas de americanos en Galicia   +INFO 

Teo - exposición "A muller innovadora na ciencia"   +INFO 

PSOE Silleda - a asamblea decidirá si solicitar o BNG que Matías Rodriguez deixe de ser o representante nacionalista no acordo de goberno

O Psdg-PSOE de Silleda ven de convocar aos seus afiliados, para trasladarlle e someter a votación, o acordo acadado na noite de onte, pola executiva local, logo de que se mantivera unha xuntanza da comisión de seguimento do pacto de Goberno co BNG

Os asistentes a esta comisión trasladaron a executiva, onte as 21:00h, o debate mantido, adoitando logo de elo, a decisión de manter a proposta efectuada no seo da propia Comision do pacto, DAR DE PLAZO ATA O LUNS 18 AO BNG PARA QUE CONTESTE A PROPOSTA DE CONTINUAR CO PACTO DE GOBERNO SEMPRE E CANDO MATIAS RODRIGUEZ NON CONTINUE COMO REPRESENTANTE MUNICIPAL DA FRONTE NACIONALISTA. Este será o acordo que a executiva someterá á asamblea

Esquerda Unuda Santiago - solución para as damilias da Casa do Neno

O CONSELLO COMARCAL DE ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA ESIXE UNHA SOLUCIÓN PARA AS FAMILIAS AFECTADAS POLA MALA XESTIÓN DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN COA CASA DO NENO DE SAN LÁZARO.

O CONSELLO COMARCAL DE EU COMPOSTELA REQUIRE AO GOBERNO LOCAL QUE DEFENDA OS DEREITOS DA CIDADANÍA COMPOSTELÁ ANTE A QUEBRA DO DEREITO A UNHA EDUCACIÓN PÚBLICA INTEGRAL

Silleda - traballos de arranxo no tramo de Lamela

O Concello de Silleda asume os traballos de reparación urxente para que o tramo de Lamela sexa transitable
-O concelleiro de Obras e Servizos, Manuel Cuíña, lembra que é unha actuación moi necesaria para garantir as condicións mínimas de seguridade, e advirte que xa no pleno do 28 de marzo de 2012 propuxo nunha moción a restricción do tráfico para poder reparar o vial e a posterior limitación a vehículos pesados

Ames - cursos para a obtención do CELGA

No Concello de Ames impartiranse tres cursos preparatorios para as probas de obtención dos Celga
Durante os meses de marzo, abril e maio impartiranse en Ames tres cursos de galego preparatorios para a obtención dos certificados de lingua galega, Celgas, nos niveis 1, 2, e 3.
Aínda quedan prazas libres nestes tres niveis que se outorgarán por orde de inscrición. A inscrición pode realizarse chamando ao número 981 884 991 ou pasando polo Servizo de Normalización Lingüística de Ames.
O prazo para a inscrición nas probas dos Celgas rematará o día 3 de abril de 2013. As persoas interesadas deberán cubrir a solicitude, aboar as taxas e presentar a documentación na Xunta de Galicia conforme sinala a correspondente convocatoria das probas Celga

BNG Santiago - acto informativo sobre a corrupción r o PP compostelano

O BNG de Santiago convida a participar nun acto informativo sobre a corrupción do PP compostelán
Será hoxe xoves ás 20:00 horas na biblioteca Ánxel Casal

Oroso - éxito de participación no arquivo de imaxes do concello

GRAN PARTICIPACIÓN VECIÑAL NO PRIMEIRO ARQUIVO HISTÓRICO DE IMAXES DO CONCELLO DE OROSO, QUE AMPLÍA O SEU CONTIDO A DOCUMENTOS HISTÓRICOS

O Concello amplía a iniciativa ante a aparición de documentos de interese histórico fechados entre os anos 20 e os 60
Nos 3 primeiros meses da iniciativa reuníronse ducias de fotos de veciños, de actos sociais e da guerra de Marrocos, así como unha película dunha malla de 1964
A recollida de fotografías e documentos realizarase sen límites de tempo nin prazos no centro cultural de Sigüeiro

Santiago - Señor Chinarro no ciclo Íntimo e Acústico (vídeo no interior)

Sr. Chinarro
Despois de 3 anos volve a Compostela Sr. Chinarro dentro do ciclo Íntimo e Acústico
O concerto será hoxe xoves 14 de marzo ás 21.00 h no Teatro Principal

Santiago - Bodas de Sangre no Teatro Principal

‘Bodas de sangre’  de Federico García Lorca 
· Tejido Abierto Teatro &TribekaWorld proyectos escénicos presenta “Bodas de sangre” xoves 11 de abril ás 21.00h no Teatro Principal. 
· E venres 12 de abril as 9.30 e 12.00h funcións escolares para rapaces desde 3º ESO

Axenda mércores 13 marzo - exposicións, concertos, narracións


SANTIAGO

11.00 h Con saída da Porta do Camiño (ao lado da fonte), ruta “A cerca da cidade II: seguindo as pegadas dunha parte da muralla da cidade, coñeceremos algúns dos segredos de Compostela”. Dentro do programa educativo “Cultura Viva, fai túa Compostela”, promovido pola Concellaría de Centros Socioculturais e Participación Cidadá.

11.15 h Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal socialista Mercedes Rosón sobre asuntos de carácter local. 

11.30 h Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Ángel Currás, para presentar os actos con motivo da celebración da Asemblea de Cidades Patrimonio e as xornadas Análise da aplicación das novas tecnoloxías á arqueoloxía. A problemática da divulgación, dentro do marco das cidades patrimonio. 

12.15 h Na casa do Concello, ROLDA DE PRENSA, do director-xerente do Auditorio de Galicia, José Victor Carou, para presentar "O Crebanoces" de Chaikovski coa Banda Municipal de Música e Títeres con Sacha, dentro do ciclo Infantil e Familiar. Recomendado a partir de 3 anos, a entrada é gratuita ata completar aforo. Na rolda estarán tamén Xosé Carlos Seráns, director da banda, Larraite Urruzola, produtora, e José Luis López "Sacha", actor.

12.30 h Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA dos concelleiros Adrián Varela e Rebeca Domínguez para presentar a imaxe corporativa da Concellería de Xuventude. 

12.30 h Na Casa de Galicia de Madrid, a concelleira de Turismo, Reyes Leis, presenta a programación da Semana Santa de Santiago 2013. Enviarase nota e foto. 

12.45 h Na praza do Obradoiro, preto de 300 nenos dos colexios de Santiago farán unha melé para promocionar o partido internacional das seleccións de rugby española e portuguesa que se celebrará este sábado no Multiúsos de San Lázaro. Participará o concelleiro de Deportes, Adrián Varela, así como xogadores da selección española e corpo técnico e federativo. 

21.00 h No Teatro Principal, Coetus&Eliseo Parra presentan en Compostela o seu segundo álbum “Entre Tierras” no ciclo Sons13. Doce músicos que dotan aos instrumentos de percusión dunha linguaxe propia inspirada nos ritmos tradicionais e creando un diálogo activo entre eles e a voz.

ACTIVIDADES 
Silleda . ITV agrícola en escuadro   +INFO

Santiago - Festival de narración oral do Atlántico   +INFO

EXPOSICIÓNS
Santiago - MUPEGA - Luces de Alén Mar - As escolas de americanos en Galicia   +INFO 

Teo - exposición "A muller innovadora na ciencia"   +INFO 

¿queres recibir cada día esta axenda e outras novas no te

BNG Santiago - o BNG reclama da Xunta que dote os centros de ensino de persoal administrativo

O BNG reclama que a Xunta cumpra o compromiso de dotar de persoal administrativo os centros de ensino 
“Este compromiso electoral do PP converteuse nun incumprimento absoluto, é máis, a Consellaría de Educación pretende reducir e amortizar numerosos postos de persoal administrativo no ensino secundario, como consecuencia dos brutais recortes que aplica no ensino público”

Psoe Ames - o PSOE nunca firmará unha moción de censura con tránsfugas

O PSdeG di que son os únicos que poden garantir a gobernabilidade DE AMES e nunca acordarán unha moción de censura con tránsfugas
Trasládanlle aos amienses tranquilidade e confianza no futuro, porque saberemos estar á altura das circunstancias e xestionaremos toda esta situación con responsabilidade.
Culpan tamén a Feijóo, Rueda, Calvo e Negreira da situación e pídenlle que veñan a Ames a dar a cara ante a cidadanía

Silleda - reparto do material promocional entre os participantes na campaña Silleda 10

Repartidas as bolsas e outro material promocional entre os establecementos participantes no programa Silleda 10
-A iniciativa promovida dende o Concello para dinamizar o comercio local, comezará o xoves día 14, con interesantes descontos en productos 10.
-Os establecementos participantes repartirán 5.000 rifas entre os clientes para participar nun total de 10 sorteos o día 23, último día da campaña, coa feira exterior na rúa Cartaxena
-As ofertas xa poden consultarse na páxina web www.silleda10.com

Esquerda Unida Santiago - moción contra o peche dos servizos de dependencia

O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela considera función indispensable das distintas administracións públicas garantir o dereito á saúde da cidadanía.
Mais isto non está a acontecer en Santiago posto que a Consellería de traballo e benestar da Xunta de Galicia perpetra un novo ataque ideolóxico contra os servizos públicos, ao permitir que a nosa cidade quede sen o equipo de valoración da dependencia e a discapacidade.

Santiago - Esta noite Coetus & Eliseo Parra no Sons13

‘Entre Tierras’ 
Un diálogo entre voces e ritmos ibéricos no Teatro Principal 
Coetus & Eliseo Parra 

Ames - plan de mellora da contratación administrativa municipal

O Concello de Ames vén de elaborar un plan de mellora da contratación administrativa municipal para todas as obras, servizos e subministros.

Brión - o obradoiro "Encontro Verde" traballa na conservación da carballeira de Santa Minia

OS ALUMNOS DO OBRADOIRO DE EMPREGO “ENCONTRO VERDE” REALIZAN UNHA IMPORTANTE ACTUACIÓN DE CONSERVACIÓN NA CARBALLEIRA DE SANTA MINIA
Ofreceron unha charla divulgativa a 90 alumnos de 5º e 6º do CEIP Pedrouzos

Esquerda Unida Santiago - reunión coa Asociación de Veciños do Castiñeiriño

O CONSELLO COMARCAL DE ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA PROSEGUE AS REUNIÓNS CO TECIDO ASOCIATIVO DE SANTIAGO MANTENDO UNHA XUNTANZA COA AV DO CASTIÑEIRIÑO.

O CONSELLO COMARCAL DE EU COMPOSTELA COMPARTE AS RECLAMACIÓNS VECIÑAIS RESPECTO Á SEGURIDADE VIARIA, MELLORA DE INFRAESTRUTURAS E SERVIZOS PÚBLICOS.

Axenda martes 12 marzo - concerto, exposicións

SANTIAGO
10.30 h Casas Novas. O alcalde compostelán, Ángel Currás, visita Casas Novas con motivo das obras de reparación do cruceiro. 

11.30 h No Teatro Principal, ROLDA DE PRENSA do director-xerente do Auditorio de Galicia, José Victor Carou, para presentar o concerto da Orquestra de Percusión Ibérica Coetus & Eliseo Parra que trae o seu segundo álbum “Entre Tierras” ao ciclo Sons13. Doce músicos que dotan aos instrumentos de percusión dunha linguaxe propia inspirada nos ritmos tradicionais e creando un diálogo activo entre eles e a voz. Na rolda estarán tamén Judit Neddermann e Marc Vila, cantante e percusionista, respectivamente.

11.30 h En Portomouro, o alcalde compostelán, Ángel Currás, visita as obras de mellora da estrada Roxos-Portomouro co conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández. 

12.30 h Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Adrián Varela, para presentar o partido internacional da Selección española de Rugby. Na rolda tamén estarán o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete; o presidente da Federación española de Rugby; Javier González Cancho; e o presidente da Federación galega, Ignacio Cociña Iglesias. 

12.45 h Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Educación, María Castelao, para presentar o programa municipal de conciliación para a Semana Santa 2013. 

18.00 h En Pontepedriña, a concelleira de Benestar Social, María Castelao, visita o local das avoas de Pontepedriña. 

19.30 h No paraninfo da USC, presentación do libro “Santiago, ciudad de encuentros y presencias”, coeditado polo Consorcio de Santiago.

ACTIVIDADES 
Silleda . ITV agrícola en escuadro   +INFO

Santiago - Marcos Teira e Fran Perez   +INFO

EXPOSICIÓNS
Santiago - MUPEGA - Luces de Alén Mar - As escolas de americanos en Galicia   +INFO 

Teo - exposición "A muller innovadora na ciencia"   +INFO 

¿queres recibir cada día esta axenda e outras novas no te

Psoe Ordes - charla coloquio sobre a situación da muller

A AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE ORDES ORGANIZA ESTE VENRES UNHA CHARLA –COLOQUIO SOBRE A SITUACIÓN ACTUAL DA MULLER EN GALICIA
Terá lugar ás 20:30 horas no Museo do Traxe de Ordes e contará coa presenza da deputada Laura Seara e da concelleira cercedense María Viqueira

Ames - aberto o prazo para participar no X Certamen Literario de Narrativa e Poesía

Ames pon en marcha a décima edición do seu prestixioso certame literario de narrativa e poesía
Os textos deberán presentarse ata o día 20 de abril. Os gañadores coñeceranse o 14 de maio e os premios entregaranse o xoves, 16 de maio, nun acto público que se celebrará na Casa da Cultura do Milladoiro.
En cada modalidade do certame (narrativa e poesía) establécense tres categorías e, en cada categoría, tres premios.
A concellaría de Cultura, María Eugenía Martín, destacou que “o certame literario serve de plataforma de lanzamento para todas aquelas persoas que lles gusta escribir e non se atreven a dar o paso”

Teo - prazo para subsanar erros na documentación das bolsas para ensino e transporte

O CONCELLO DE TEO ABRE UN PRAZO PARA SUBSANAR DOCUMENTACIÓN NAS SOLICITUDES DE BOLSAS DE ENSINO E TRANSPORTE
Un total de 140 solicitudes teñen que presentar documentación adicional que non entregaron no momento da solicitude

Frades - curso de conductor de carretas

O CONCELLO DE FRADES CONVOCA UN CURSO DE CONDUTOR DE CARRETAS ELEVADORAS, QUE TERÁ LUGAR EN FRADES OS DÍAS 5 E 6 DE ABRIL
O prazo de inscrición remata o vindeiro 21 de marzo

Ames - campaña especial de vixianza de uso dos cintos de seguridade nos vehículos

A Policía Local de Ames adhírese á campaña especial sobre o uso do cinto de seguridade e dos sistemas de retención infantil posta en marcha por Tráfico

Santiago - reunión de concelleiros da comarca para incentivar o turismo

Os concellos da Comarca de Santiago crean un grupo de traballo para incentivar o turismo
A concelleira de Turismo, Reyes Leis, reuniuse cos concelleiros de Turismo dos municipios da área metropolitana de Santiago. O obxectivo da xuntanza, na que participaron representantes de Ames, Boqueixón, Brión, Oroso, O Pino, Teo, Touro, Trazo, Val do Dubra, Vedra, Padrón, A Estrada, Vila de Cruces e Silleda, é a creación dun grupo de traballo para incentivar o turismo.

Ames - Novena edición da Feira do Comercio Val da Maia

Preto de 30 establecementos participarán na novena edición da Feira do Comercio Val da Maía, que se celebrará por primeira vez no Milladoiro

Ordes - os alumnos do IES Maruxa Mallo presentan Operación Ordes

Os alumnos dos IES Nº1 e Maruxa Mallo presentan oficialmente o concurso musical Operación Ordes 
A gala final deste concurso de talentos musicais terá lugar o vindeiro 31 de maio na discoteca LP 45 e estará aberta a todos os que queiran asistir

Axenda luns 11 marzo - exposicións, concertos,

SANTIAGO
10.00/11.30 h No Teatro Principal, programa didáctico cos títeres da compañía Babaluba presentando 'Lume', no que dúas titiriteiras recrean un bosque e os seus animais.

11.00 h No salón verde, a concelleira de Turismo, Reyes leis, reúnese cos concelleiros de Turismo dos concellos da área metropolitana de Santiago. Enviarase nota e foto. 

11.00 h En San Lázaro, o concelleiro de Deportes, Adrián Varela, visita o estadio de San Lázaro con motivo do inicio das obras no ximnasio. 

11.30 h Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal socialista Mar Martín sobre asuntos de carácter local. 

12.00 hNa Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Urbanismo e Medio Ambiente, María Pardo, para presentar os actos de celebración do Día Mundial da Árbore.

ACTIVIDADES 
Silleda . ITV agrícola en escuadro   +INFO

Santiago - Pub Borriquita de Belem Dfusion   +INFO


EXPOSICIÓNS
Santiago - MUPEGA - Luces de Alén Mar - As escolas de americanos en Galicia   +INFO 

Teo - exposición "A muller innovadora na ciencia"   +INFO 

¿queres recibir cada día esta axenda e outras novas no te

Redacción SyC - carta aberta de Ramón Garcia Argibay

O ex concelleiro do grupo Popular de Ames Ramón García Argibay ven de publicar no seu muro de Facebook esta carta aberta a dirección provincial do partido tal e como xa fixera antes Alfonso rey; en ela pide a baixa do partido deixando claro que non é que mudara de ideas políticas se non polo trato recibido e pola falta de dialogo desde que se gañaron as eleccións. A transcribimos para os nosos lectores

Ordes - máis de 4000 persoas na XV Feira do Lacón con grelos

Máis de 4.000 persoas participan no último día de celebración na XV Feira do lacón con grelos en Mesón do vento
A xornada estivo marcada tanto polo aspecto culinario como pola competición en probas de andadura federada galega e carreiras de trotóns

BNG Santiago - petición para que no vindeiro pleno se garanta os pagos o persoal de limpeza e conserxería dos colexios

O BNG pídelle ao alcalde que garanta no vindeiro Pleno os trámites para que cobre o persoal de limpeza e de conserxaría dos colexios 
“A pesar da maioría absoluta, son incapaces de tramitar asuntos da xestión ordinaria do concello como unha modificación de crédito ou os propios orzamentos municipais”

Silleda - os terreos do concello en Área 33 elevados a escritura pública

A cesión das parcelas e viais que lle corresponden ao Concello en Área 33, elevadas a escritura pública
-O proceso para formalizar a propiedade dos terreos municipais iniciouse en 2009, pero quedou truncado logo da moción de censura
-“Por fin, catro anos despois pechamos este proceso”, sinala a alcaldesa, Paula Fernández

Ordes - a Xunta local de seguridade abora os protocolos de intervención en casos de violencia de xénero

A Xunta Local de Seguridade de Ordes aborda o sistema integral de intervención en casos de violencia de xénero
Reuniuse esta mañá en sesión ordinaria para avaliar e informar sobre os resultados desta iniciativa que xa lle valeu á Mancomunidade unha mención especial nos premios Coopera Galicia Entidade Locais 2012

Ames - o alcalde supervisa a toma de mostras na rúa Anxeriz

O alcalde de Ames e o concelleiro de Urbanismo, xunto coa empresa e a dirección de obra supervisaron os traballos e a toma de mostras na rúa Anxeriz para analizar e buscar unha soluciónaos desperfectos que se produciron no pavimento

Os traballos comezaron ás 9:00 horas da mañá. O primeiro dos pasos foi determinar os tres puntos da rúa nos que se tomarían as mostras e marcalos. Despois, procedeuse ao levantamento de adoquíns nestas zonas para a toma de mostras de formigón e morteiro que posteriormente se analizarán en laboratorio para determinar a súa calidade e resistencia.

Axenda domingo 10 marzo . concertos, teatro, exposicións


ACTIVIDADES

18.30 h No Teatro Principal, títeres coa compañía Babaluba presentando 'Lume', no que dúas titiriteiras recrean un bosque e os seus animais (infantil e familiar).

19.30 h Na Zona C, 'Escenas poéticas 2', con 'Desassossego de Dandylady' dentro de 'Teatro&danza', é un recital musical-teatral sobre o desacougo.

20.00 h Na Sala Capitol, Miguel Costas presenta o seu novo disco 'Alguien tenía que hacerlo'. Estarán de teloneiros Dr. Gringo, un trío radicado en Santiago de Compostela (Compostela Rock)..


EXPOSICIÓNS
Santiago - MUPEGA - Luces de Alén Mar - As escolas de americanos en Galicia   +INFO 

Teo - exposición "A muller innovadora na ciencia"   +INFO 

¿queres recibir cada día esta axenda e outras novas no teu correo? inscríbete aquí

Ames - a Gala do deporte Feminino nos actos do Día da Muller

Ames acolleu a segunda gala do deporte feminino galego dentro dos actos conmemorativos do Día Internacional da Muller

Ordes - a Cruz Vermella colaborou no Día da Muller Traballadora

Cruz Vermella Ordes conmemora o 8 de marzo rememorando os logros que as mulleres conseguiron ao longo da Historia

Oroso - premios do concurso de fotografía do Día da Muller

O COMPOSTELÁN VÍCTOR JOSÉ GONZÁLEZ RIVERA GAÑA O III CONCURSO DE FOTOGRAFÍA MULLER TRABALLADORA DO CONCELLO DE OROSO
A exposición coas 24 fotografías participantes poderá visitarse na Aula de Música de Sigüeiro ata o 29 de marzo

Mancomunidade de Ordes - xornada de charlas nos concellos no Día da Muller

A Mancomunidade de Ordes conmemorará o 8 de marzo cunha xornada sobre o cooperativismo e as mulleres 
Tamén formará parte da campaña One Woman, desenvolvida por ONU Mulleres, coa difusión do tema musical 'Unha muller' 

Oroso - xornada de promoción do cooperativismo para conmemorar o Día da Mulller

CORENTA VECIÑAS E VECIÑOS DE OROSO PARTICIPAN NUNHA XORNADA DE PROMOCIÓN DO COOPERATIVISMO
A concelleira María del Carmen Liste destacou a cooperativa como fórmula de emprego moi interesante para as mulleres xa que “nas cooperativas, o importante non é tanto o capital como as persoas”

Frades - charla no CIM de Ordes no Día da Muller

UNHA VINTENA DE VECIÑAS DE FRADES PARTICIPAN NUNHA CHARLA INFORMATIVA DO CENTRO DE INFORMACIÓN Á MULLER DA MANCOMUNIDADE

Ordes - charla sobre cooperativismo no Día da Muller

O Concello de Ordes conmemora o Día Internacional das Mulleres cunha charla sobre cooperativismo
O Concello tamén se adheriu hoxe á campaña da ONU ‘One Woman’, a través das súas redes sociais e da emisora municipal

Tordoia - homenaxes no Día da Muller Traballadora

O CONCELLO DE TORDOIA HOMENAXEA A  CATRO DAS SÚAS VECIÑAS CON MOTIVO DO  DÍA DA MULLER TRABALLADORA 
A iniciativa promovida desde Sociais tenta poñer en valor o traballo da muller no difícil contexto sociocultural do municipio nos anos da emigración