Axenda e tempo do sábado 17 de xaneiro - Música, maxia, exposicións

Santiago - Teatro Principal - O Afiador

Santiago - Salón Teatro - Teatro do Morcego - Dialogo do can co seu amo

Ames - Bertamiráns - Mundo Celta - Churrascada

Santiago - Sala capitol - Tributo a Pantera

Santiago - Rúa de San pedro - Homenaxe a Morgan e Mallou


Santiago - Sala Moon - Hip Hop Compostela Fest


Santiago - Alameda - Pista de hielo

Outros Concertos + info

Exposicións

Vedra - Sabotaxe o engranaxe (ata o 20 de xaneiro)

Santiago - Museo Gaias - Cine Galicia25 - (ata o 8 de febreiro)

Santiago - Fundación Granell - A inquietante beleza (ata o 5 de abril)

Santiago - Zona C - María Castellanos - Lo Real (ata o  1 de febreiro)

Santiago - Fonseca - Colección Betty Tisinger de libros desplegables (ata o 26 de xaneiro)

Santiago - Museo do Pobo Galego - Retrospectiva sobre o premio Luis Ksado de fotografía (ata o 17 de febreiro)


O Tempo

Stop Desahucios - Campaña "Eu tamén estiven en Aríns" , descarga o formulario de autoinculpación

O caso da familia de Aríns iniciouse para StopDesahuciosCompostela no mes de xullo de 2014. A familia, cunha orde de desafiuzamento na man pediu a nosa axuda. Por dúas veces conseguimos paralizar este lanzamento. Pero no mes de setembro un xulgado cego e xordo e unha subdelegación do goberno sen ningún tipo de sensibilidade, unha vez máis deixou a unha familia sen casa e unha casa sen familia.
Ese día 19 de setembro un grupo de veciñas e veciños de Compostela fomos a Aríns a estar coa familia, fomos a apoiar os que perden unha das cousas máis prezadas: a vivenda construída coas súas mans.

DESCARGA O FORMULARIO
Os acontecementos dese día foron difundidos por multitude de medios de comunicación; unha actuación policial sen precedentes para StopDesahuciosCompostela, que ata ese día conseguiramos negociar con xulgados, bancos, administracións..., para que ningunha familia fose expulsada da súa vivenda sen unha alternativa ocupacional. Empuxóns, golpes, porradas, insultos, berros, identificacións, a detención do mediador de StopDesahucios e unha familia sen casa era o resultado desa xornada.

Pero parece que aos nosos gobernantes non lles chega con iso e agora pretenden que nunca máis apoiemos ningunha familia, pretenden que desaparezamos, que non visibilicemos o que está a suceder, que se oculten as penurias dos que tras perder o seu emprego tamén perden o teito que lles abeira, que as veciñas e veciños miremos para outro lado e non aparezamos denunciando o dereito a unha vivenda. Os nosos gobernantes e as súas leis agora queren castigar os que estivemos en Aríns: 2 persoas multadas e xuízo de faltas para outras 4 persoas. Denunciadas por policías con ACUSACIÓN de desobediencia á autoridade.

Sabemos que coas multas se pretende minar ao colectivo pero ademais 4 de nós imos ser xulgados o día 28 de xaneiro. O atestado policial que leva a este xuízo está enchido de falsidades e estase a estudar a posibilidade de DENUNCIAR ós que o elaboraron; preguntámonos se tras aquel día non estaremos ante un posible delito de falsidade documental e detención ilegal sobre a persoa "autorizada" por policía e familia para actuar de mediador e que xunto con otras tres vai ser “xulgada”. Os documentos gráficos dese día difundidos polos medios de comunicación así o demostran

Pois StopDesahuciosCompostela di que si, que nos tería gustado desobedecer a autoridade, que nos tería gustado que non se tivese desafiuzado a familia, que 50 veciñas e veciños con pancartas tivesen podido convencer a autoridade xudicial e deter a acción duns 70 policías armados. Pero o noso desexo non se cumpriu.

Por todo o descrito, todas as persoas que cremos que o dereito á vivenda é un dereito básico, por todas aquelas que cremos que o desafiuzamento de Aríns é inmoral iniciamos unha campaña de AUTOINCULPACIÓN: Eu tamén estiven en Aríns.
Elaborouse un formulario para cubrir e entregar no xulgado previo ao xuízo do 28/01/2015. Este formulario podes tamén recollelo e cubrilo en: CSA do Sar (Curros Enríquez, 28), CUT (Calzada de Sar, 93), CIG (Miguel Ferro Caaveiro, 10)]

Lindeiros - Retrasos de ata seis horas por unha ambulancia no Chus

Isabel é unha veciña de Ames que presentou distintas queixas ante o SERGAS polo mal funcionamento do servizo de urxencias do CHUS; a súa nai ten 90 anos e o trato recibido puido complicar todo aquilo que se acababa de controlar collendo unha pulmonía ou tendo un accidente ó subir a casa.

A primeira queixa data do día 2 xaneiro; tras acudir a urxencias a doutora da o alta e Isabel solicita que se lle axude para poder cambiar a súa nai de roupa ao que se lle indica que "non hai persoal sanitario suficiente" polo que a enferma continúa co camisón sanitario e unha simple manta; tras esperar neste estado 5 minutos na rúa, con tódolos riscos que iso conleva para unha persoa da súa idade, cando se chega ao domicilio a ambulancia non dispón de cadeira de rodas polo que Isabel ha de subir a casa e baixar unha cadeira de cociña coa que se sobe á enferma ao domicilio.

O 11 de xaneiro Isabel volve pasar por urxencias coa súa nai e tras o alta solicita de novo unha ambulancia para trasladar ao seu domicilio á enferma; a ambulancia chegou tras unha espera de seis horas e media, as explicacións que se lle deron a Isabel é que "só hai unha ambulancia para Santiago e os pobos de ao redor" algo incrible se pensamos nun volume de poboación de máis de 150.000 habitantes; a consecuencia desa espera de 6.30 horas puido ser unha nova infección da súa nai pola gran cantidade de persoas que nos cubículos estaban con problemas respiratorios; por se todo isto fose pouco Isabel denuncia que o asento do acompañante da ambulancia tiña o cinto atrancado e non o puido abrochar en todo o traxecto.



En cuestións como a sanitaria xeneralizar nunca é bo pero este é un exemplo máis do caos que viven algúns dos servizos de urxencias e dos recortes sanitarios; á marxe das opinións persoais é evidente que unha ambulancia, para trasladar pacientes, para unha poboación de máis de 150.000 habitantes directos e por encima con problemas tan serios como a falta dunha cadeira de rodas ou un cinto de seguridade defectuoso non é algo opinable, son datos coñecidos e denunciados que nos fan pensar en cantos máis haberá que descoñezamos.

Área Central - rastro de antigüedades y sábados creativos

Hoy sábado regresa a los pasillos de Area Central su ya consolidado rastro de antigüedades, un evento mensual que reúne más de veinte expositores de diferentes puntos de Galicia y Portugal. La tarde de hoy sábado también volverá a ser “creativa” con la celebración de los talleres de manualidades de la Asociación Planeta Shalom, dentro de la actividad “Sábados creativos”.

La sesión de Planeta Shalom, a partir de las 18.00 horas donde el escenario principal, se centrará en la jornada de hoy en la creación de manualidades artesanales. Además de participar en diferentes talleres, en las sesiones de “Sábados creativos” los niños asistentes también pueden disfrutar de una zona de lectura y de pintura.

Por otro lado, el rastro de antigüedades concentra en Area Central miles de piezas antiguas originales y reproducciones ofrecidas a los coleccionistas y a los amantes de muebles y objetos antiguos. El rastro, que ocupa un espacio de más de 400 metros cuadrados en la esquina roja, podrá visitarse hoy sábado en horario de 10 a 22 horas y el domingo de 11.00 a 21.00 horas. 

El rastro de antigüedades, que lleva celebrándose desde el año 2009, es una apuesta clara de Area Central por continuar siendo una referencia entre las superficies comerciales como centro de eventos.

Santiago - O mago Teto presenta O Afiador

O Mago Teto ofrece hoxe no Teatro Principal o seu novo espectáculo, ‘O Afiador’. Será ás 18.30h e enmarcado no ciclo Infantil&Familiar. As entradas, cun prezo 5 euros, poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal aberto de 18.00 a 21.00h ou en entradas.abanca.com e no 902 434 443. Ademais, existe tamén a posibilidade de mercar unha entrada familiar que consiste en catro entradas a 15 euros, o prezo de tres soltas.

O espectáculo de maxia ‘O afiador’ xira en torno a unha roda de afiar dos anos 30 herdada polo mago Teto dos seus antepasados. Cun oficio que tivo o seu apoxeo nos séculos XVIII e XIX e practicamente extinguido no século XXI, os afiadores desprazábanse centos de quilómetros coa única compaña da súa roda

As súas historias e aventuras, propias doutros tempos, son postas en escena coa axuda do ilusionismo polo mago Teto, quen emprega neste show elementos típicos dos afiadores como poden ser coitelos, tesoiras, navallas, paraugas…

Ficha artística

Autor: Héctor Guerra
Dirección: Héctor Guerra
Adaptación: Héctor Guerra
Escenografía: Alex Férnandez, Ebanistería a Roda
Elenco artístico / formación: Héctor Guerra

Santiago Futsal - Una magnífica segunda parte no fue suficiente para superar a El Pozo Murcia

· El Santiago Futsal demostró ser ‘El club de la lucha’ en una segunda parte en la que pudo igualar el encuentro

· Con el marcador en contra, el conjunto blanco fue capaz de ponerse 3-4 a falta de tres minutos para el final

Comenzó el encuentro en el Multiusos con un Santiago Futsal que frenaba las acometidas visitantes en los primeros minutos de partido. Pese a las llegadas de Iván Rumbo y Dani ‘Chino’ por parte del equipo local, que tuvieron la oportunidad de abrir el marcador a los 6 minutos del comienzo, el primer gol tendría firma murciana. Lo marcaría Raúl Campos en un tiro de falta que pegó con dureza y al que no pudo llegar el meta Iker López.

La más clara de los gallegos la tuvo Santi, que tras una espectacular jugada de Iván Rumbo por la línea de fondo remataría sólo ante Fede, que bloquearía el lanzamiento. 

El segundo de los visitantes lo anotaría Álex, que remataría al segundo palo al recibir el balón de Franklin a falta de cuatro minutos para llegar al descanso. Sin tiempo para digerir el segundo gol visitante, Ique haría el tercero sólo un minuto después.

Pero en una muestra clara de cómo sobreponerse a las dificultades, Dani `Chino’ reduciría distancias en el marcador sólo 20 segundos después del gol murciano.

Tras el paso por vestuarios, los de Santi Valladares volvieron a recuperar la identidad luchadora que caracteriza al club de Santiago y salieron buscando el gol con mucho peligro. Hasta en tres ocasiones en la misma jugada pudieron marcar los locales: Diego Quintela remata y salva Fede, Iván estrella el rechace en el palo y el de Arzúa volvería a encontrarse con el meta visitante en el tercer remate.

Cuando más claras eran las ocasiones locales, llegaría, como un jarro de agua fría, el cuarto gol visitante por medio de Bebe. Pero apenas duraría un minuto el 1-4 en el marcador, pues Gallego haría el segundo de los de Santiago tras una falta sacada por Dani ‘Chino’ a la que el argentino mete lo justo la puntera para que el balón acabe en el fondo de la portería.

Con portero jugador en pista y a falta de 3 minutos para el final, Dani ‘Chino’ devolvería la ilusión por la remontada a la afición compostelana al marcar el tercero local, y con tiempo todavía por delante para conseguir la igualada.

Con la expulsión de Álex por doble tarjeta amarilla, y con inferioridad numérica en pista para los murcianos, el Santiago Futsal atacaría de cinco pero no lograría finalizar sus jugadas en gol.

A falta de poco más de 20 segundos para el final del encuentro, en una contra de El Pozo Murcia, Hugo Sánchez recibiría el segundo cartón amarillo por una falta, la sexta de los locales, que conllevaría al tiro de doble penalti que Raúl Campos no erraría. Finalmente el encuentro concluyó con el 3-5 pese a la insistencia blanca y a la lucha y entrega del conjunto local hasta el final.

Sala de prensa
Tras la finalización del encuentro, Santi Valladares compareció en rueda de prensa para analizar el encuentro. El técnico declaró que “el objetivo principal de este partido para nosotros era recuperar nuestra filosofía, nuestros valores, nuestra forma de trabajar y nuestra forma de jugar, y eso lo hemos hecho perfectamente. Se pudo haber completado con un empate pero nos pusimos nerviosos. Si este equipo, en lugar de tener esta experiencia, tiene tres años más, pues seguramente hubiésemos hecho gol. Pero cuando vimos que quedaba 1’58 y ellos eran tres, los que nos pusimos nerviosos fuimos nosotros. Tuvimos miedo a perder el balón, no a empatar el partido.”

Ficha del partido

Santiago Futsal 3: Iker, Lucas Bolo, Borja, Iván Rumbo y Diego Quintela –cinco inicial- Pablo Tallón, Gallego, Hugo Sánchez, Santi, Dani `Chino’y Chus

El Pozo Murcia 5: Fede, Álex, Bebe, Adri y Raúl Campos –cinco inicial- Lima, José Ruíz, Grelló y Franklin

Árbitros: Gallo Suárez y Velasco Martínez. Expulsaron por doble tarjeta amarilla a Álex en El Pozo Murcia y a Hugo Sánchez por el Santiago Futsal; y amonestaron con tarjeta amarilla a José Ruíz y Lima por los visitantes, y a Pablo Tallón, Chus, Iker e Iván Rumbo por los locales.

Incidencias: Partido correspondiente a la 18ª jornada de Liga celebrado en el Multiusos Fontes do Sar con una asistencia de 2500 espectadores.

Goles: 0-1 min.9 Raúl Campos, 0-2 min.16 Álex, 0-3 min.17 Ique, 1-3 min.17 Dani ‘Chino’, 1-4 min.25 Bebe, 2-4 min.25 Gallego, 3-4 min.37 Dani ‘Chino’, 3-5 min.39 Raúl Campos

Ames - Programa dereforzo educativo

O Concello de Ames, a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), vén de poñer en marcha o programa de reforzo educativo dirixido ao alumnado de 1º e 2º de Ensinanza Secundaria Obrigatoria dos centros educativos de Bertamiráns e do Milladoiro. Esta acción ofrece aos rapaces a posibilidade de complementar os seus estudos con clases de apoio gratuítas, encamiñadas a potenciar o seu rendemento académico. 

As clases comezaron esta semana e desenvolveranse os mércores no IES do Milladoiro e os xoves no IES de Ames, en Bertamiráns -en horario de 16:30 a 18:30 horas- ata o vindeiro 18 de xuño. Nos dous centros xa se inscribiron un total de 54 alumnos e aínda quedan unhas corenta prazas dispoñibles. O concelleiro de Xuventude, Bernardo Moar, asistiu á primeira xornada desta actividade para animar aos estudantes a aproveitar estas clases de reforzo.

O responsable desta área sinalou que con esta iniciativa “preténdese favorecer o desenvolvemento de actividades que proporcionen aos alumnos unha formación integral e, ao mesmo tempo, promover o esforzo compartido da comunidade educativa na procura do éxito escolar e na redución do abandono temperán dos estudos”. 

Impartiranse dúas áreas de coñecemento: Ciencias e Letras, baixo a filosofía de “aprender facendo”. Fomentarase a comprensión das ideas relacionadas cos contidos traballados na aula, repasando temáticas concretas ou reforzando aqueles puntos que o alumno teña máis dificultade para asimilar. 

O alumnado interesado en asistir a estas clases deberá cubrir as follas de inscrición, dispoñibles nas secretarías dos centros educativos, na Oficina Municipal de Información Xuvenil situada na Casa da Cultura de Bertamiráns (os luns, mércores e xoves) ou no Punto de Información Xuvenil (PIX) da Casa da Cultura do Milladoiro (os martes e venres).

Ordes - Mellora da rúa Parque

Nestes días o Concello de Ordes está a realizar as obras de mellora da rúa Parque, no seu casco urbano. Un proxecto incluído no Plan DTC 93 da Deputación da Coruña e que está orzamentado en pouco máis de 50.500 euros. 

Prevese así a reposición de 40 metros lineais de beirarrúas con bordo de granito e baldosa de formigón, tras a demolición previa da existente na actualidade. Tamén se verá mellorada a capa de rodaxe mediante a aplicación de conglomerado. Será ao longo de tres treitos cunha lonxitude aproximada de 100 metros. Previa a esta execución contémplase a canalización de pouco máis de 65 metros de tubaxe cos correspondentes pozos e sumidoiros para a recollida de pluviais. Tamén se levará a cabo a instalación dunha marquesiña con reposición da cimentación, estrutura e acristalamento destinada ao servizo de taxis. 

Segundo estimacións da empresa que está a executar a obra esta estará finalizada ao longo do vindeiro mes de febreiro, sempre e cando as condicións meteorolóxicas sexan favorables.

Oroso - Concurso de disfraces de Entroido

O Concello de Oroso vén de convocar o seu tradicional concurso de disfraces de Entroido, que terá lugar no polideportivo municipal de Sigüeiro na tarde do sábado 14 de febreiro. As inscricións poden formalizarse dende hoxe mesmo no centro cultural de Sigüeiro ou no teléfono 981 690 803 (de luns a venres, de 9:00 a 14:00 horas) antes do venres 13 de febreiro. Como en anos anteriores tamén se admitirán anotacións o mesmo día do concurso, neste caso no polideportivo en horario de 16:30 a 17:30 horas.

Para poder participar no concurso será obrigatorio tomar parte nun desfile de Entroido que percorrerá as rúas de Sigüeiro ás 18:00 horas ( salvo que as condicións meteorolóxicas o impidan). Unha vez rematado o desfile, o polideportivo acollerá o concurso de disfraces, que repartirá 3.170 euros en premios.

Como en anos anteriores, o Concello de Oroso estableceu dúas categorías: infantil (ata 16 anos) e adultos (máis de 16 anos), con tres modalidades diferentes: individual, grupo (de 2 a 5 compoñentes) e comparsa, nas que se designarán un gañador e un finalista. Deste xeito, na categoría adultos, as comparsas (mínimo 6 compoñentes) optarán a dous premios de 500 e 300 euros. Os grupos repartiranse dous premios de 350 e 220 euros; mentres que na modalidade individual competirán por dous premios de 250 e 180 euros. Na categoría infantil, os premios para as comparsas serán de 350 e 200 euros; os grupos competirán por 220 e 150 euros; mentres que os individuais optarán a 180 e 120 euros. Así mesmo, haberá un premio especial de 150 euros para a mellor comparsa do concello de Oroso.

Melide - As denuncias do BNG sobre o cemiterio son falsas

O goberno municipal de Ánxeles Vázquez quere expresar a súa indignación polas información aparecidas nos medios de comunicación; indignación que se fai á súa vez extensible aos traballadores que se adican ao coidado medioambiental, xa que endexamáis houbo un arcón tirado na entrada do cemiterio municipal. 

O Concello de Melide abre as portas desta instalación todos os días en horario de 9.00 da mañá a 18.30 h, polo que os traballadores poden constatar que nun estiveron tan coidados coidados os accesos ao cemiterio municipal de Furelos. Desbroces continuos, apertura diaria, limpezas do camposanto continuadas. 
Un so arcón de xeados permaneceu perante dous días segundo informacións tirado nunha pista que accede a canteira. 

No momento que se traslada a brigada de obras do Concello de MElidepara recollelo xa non estaba algo que sen dúbida chama moito a atención.
Dende o equipo de goberno instase o Bng de Melide a que ao menos se dirixan ao Concello cando vexan algún obxecto tirado nalgunha pista se é que teñen intención de facer unha oposición construtiva e non se adediquen a mandar mensaxes a través da prensa.

Axenda e tempo do venres 16 de xaneiro - Música, cociña, exposicións

Santiago - Vilamincha - Narf

Santiago - 51ª Olimpiada Matemática

Ames - Taller práctico de cocina 

Santiago - Sala capitol - Sokram

Santiago - Sonar - Dani Royo

Santiago - Sala Moon - Will B. Carruthers


Santiago - Alameda - Pista de hielo

Outros Concertos + info

Exposicións

Vedra - Sabotaxe o engranaxe (ata o 20 de xaneiro)

Santiago - Museo Gaias - Cine Galicia25 - (ata o 8 de febreiro)

Santiago - Fundación Granell - A inquietante beleza (ata o 5 de abril)

Santiago - Zona C - María Castellanos - Lo Real (ata o  1 de febreiro)

Santiago - Fonseca - Colección Betty Tisinger de libros desplegables (ata o 26 de xaneiro)

Santiago - Museo do Pobo Galego - Retrospectiva sobre o premio Luis Ksado de fotografía (ata o 17 de febreiro)


O Tempo

Psoe Teo - Reclamación de melloras en tódolos pavillóns municipáis

Xa desde o mes de xaneiro de 2013, os Socialistas de Teo presentamos varias iniciativas para a mellora dos pavillóns municipais, con deficiencias gravísimas.

Estes días felicitámonos de que Martiño Noriega e o seu equipo, tras 7 anos no goberno, por fin procedese a mellora do pavillón de Calo, nomeadamente da súa sala de taekwondo, que cando menos podía cualificarse como insalubre.

Unha vez acadada a mellora do pavillón de Calo, os Socialistas de Teo queremos reclamar a mellora dos dous pavillóns municipais restantes, o da Ramallosa e o dos Tilos, que están tan necesitados de arranxos urxentes como o de Calo, a fin de que non haxa “pavillóns de primeira” e “de segunda” en Teo.

Ao imprescindible pintado de pista e paredes, únense queixas veciñais polo feito de que “chove” dentro das instalacións, sobre todo no pavillón da Ramallosa, o que é inadmisible nunha instalación cun fundamental uso escolar.

Pero unha queixa común a todos os pavillóns, incluído o que se acaba de remodelar é a falta de limpeza, cun incumprimento total do contrato de limpeza destas instalacións.

Este contrato que inclúe o conxunto das instalacións municipais do Concello de Teo, e que se formalizou o 20 de novembro de 2013 cun prezo anual de 159.685,93 euros (IVE incluído), é papel mollado xa que as queixas dos veciños sobre a falta de limpeza das instalacións deportivas e escolares son continuas e reiteradas.

Uxía Lemus, concelleira do PSdeG de Teo, nunha visita recente aos pavillóns municipais observou, a primeira vista, que a limpeza dos mesmos é tan desastrosa como xa denunciamos xa en febreiro de 2014.

As reiteradas denuncias dos usuarios destas instalacións, que xa chegaron ao Pleno da corporación en varias ocasións, incluso presentadas polos propios afectados, denotan un desleixo do goberno de Noriega en subsanar os frecuentes incumprimentos da empresa contratada.

Uxía Lemus sinala que “agardamos que, dunha vez por todas, desde o Goberno municipal se faga cumprir o contrato de limpeza das instalacións municipais. Tamén lembramos a necesidade de que as obras de mellora se amplíen aos pavillóns da Ramallosa e dos Tilos, sen agardar as continuas queixas veciñais. Unha vez mais estamos a falar de falta de planificación na conservación das infraestruturas, da que neste tema como en tantos outros este goberno municipal adoece” .

Santiago Centro - Gañadores da campaña "As tuas compras dan luz"

A Fundación Santiago Centro celebrou ante notario o sorteo para determinar os gañadores dos distintos premios da súa campaña solidaria de nadal "Ás túas compras dan luz".

Esta campaña, a través da venda de rifas ou unha chocolatada na Praza Roxa, recadou fondos para a Cociña Económica de Santiago.

Organizada pola Fundación Santiago Centro "Ás túas compras dan luz" conta co apoio da Consellería de Economía e Industria e de Abanca; na campaña tamén hai regalos achegados por Paradores, Quinta da Auga SPA ou Pazo Vista Alegre.

Os premiados teñen de prazo ata o 31 de xaneiro para poñerse en contacto coa Fundación, no teléfono 981 56 91 96 ou no correo electrónico info@fsantiagocentro.es . No caso de non aparecer os agraciados, o premio considerarase deserto.

Gañadores e premios

O soldo de 100 euros ao mes durante 1 ano foi para o número 6.025, un boleto expedido na Joyería Jael.
O soldo de 75 euros ao mes durante un ano caeu no 7.370, entregado en Valladares.
O soldo de 50 euros ao mes durante 1 ano é para o número 101, expedido en A Cesta da Saúde.
Unha comida para dous no Pazo Vista Alegre na papeleta con número  12.917, repartida en Teté Niños.
Unha estancia para dúas persoas no Parador Hostal dos Reis Católicos, caeu no número 7.251, entregado na Parrillada Criolla.
Un circuíto SPA en A Quinta da Auga, número 8.154, repartido na Cafetería Eirado.
Un circuíto SPA en A Quinta da Auga, para o boleto 9.481, en Teté Niños.
Un circuíto SPA en A Quinta da Auga foi para o número 12.201, entregado en Secretos de Compostela.
Un circuíto SPA en A Quinta da Auga, para o número 12.942, repartido en Teté Niños.
Un circuíto SPA en A Quinta da Auga caeu na papeleta 10.614, entregada en Charol Moda.

Esquerda Unida Santiago - Críticia a xestión das obras na Carreira do Conde

Para o Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela a incompetencia mostrada polo goberno local do Partido Popular nas obras de Carreira do Conde, demostra, unha vez máis, a execrable xestión do dedocrático alcalde Agustín Hernández, que tanto dano fai a Santiago.

En primeiro lugar, é inadmisible, como xa ten ocorrido en outros moitos barrios da cidade, a falta de información coa que actúa o PP nas medidas que toma. As veciñas e veciños teñen o dereito a que o Concello, como mínimo, avise en tempo e forma, por exemplo, das obras que se van acometer no seu barrio.

Por suposto, para Esquerda Unida é necesario ir moito máis aló, e facer real a Democracia Participativa, coa que conseguir, non so que a xente teña a información que demanda, se non que sexa partícipe das medidas que se acometan, colaborando activamente para achar as mellores solucións ante as eivas que poidan existir na súa rúa, no seu barrio, na cidade.

O único que fai o Partido Popular ao actuar unilateralmente e de costas a cidadanía, é crear malestar e non atallar as demandas das veciñas e veciños. Tralas denuncias recibidas, criticamos que non se fixera plan de mobilidade para o Ensanche antes de decidir peatonalizar Carreira do Conde. ¿Cómo e quen tomou esta decisión?¿Consultouse á veciñanza sobre posibles beneficios e prexuízos desta medida? 

Por exemplo EU sempre defenderá o fomento do transporte público, para reducir o uso do vehículo privado, e polo tanto ser necesarias menos prazas de aparcamento. Sen embargo o PP nada propón para a mellora da mobilidade en Santiago, pero si que, por exemplo, coa obra en Carreira do Conde elimina decenas de prazas de aparcamento. Creando enfado en moitas persoas que se ven na obriga de usar vehículo privado para acudir ao seu posto de traballo, e que, polo que parece, o señor alcalde desexa que usen os caros aparcadoiro privados que existen cerca desta rúa. 

Se a nefasta xestión desta obras xa é grave, o que é incrible é a falta de criterio do Partido Popular na toma de decisións. Por suposto nunca negaremos que sexa necesario facer obras de mellora na cidade pero hai que saber cales deben ser prioritarias e cales poden agardar. Neste momento consideramos que o gasto de 600.000 euros na Carreira do Conde, nesta obra sen consenso e mal planificada, non deben executarse. Tal e como comprobamos nas visitas a distintos barrios da cidade neste momento hai obras de mantemento de beirarrúas, parques, estradas e outras espazos públicos que por seguridade, non por estética, teñen que ser acometidas de inmediato.

Por último criticamos, nunha clara mostra da incompetencia de Agustín Hernández, que se orzamente a mesma cantidade para esta obra, como mínimo cuestionable e para nada urxente, que para a renda social para as persoas da cidade en risco de exclusión. É necesario que o Concello actúe de inmediato e acometa medidas que beneficien a maioría social, por exemplo, como recentemente pedimos, que se subvencione o pago do IBI as persoas en risco de exclusión social.

Ordes - A Xunta homologa ao Concello para impartir 9 novas especialidades formativas

A Consellería de Traballo, Dirección Xeral de Emprego e Formación acáballe de conceder ao Concello de Ordes a homologación da casa da cultura para impartir 9 especialidades formativas. Con iso, e de xeito oficial, o Concello ofrece un total de 11 cursos oficiais, contando cos de Atención sociosanitaria no ámbito domiciliario e en institucións sociais, os cales se imparten na aula adaptada situada no Mesón do Vento.

A partir de agora as instalacións situadas na rúa Galicia da vila ordense tamén acollerán clases de Xestión integrada de recursos humanos, Creación e xestión de microempresas, Operacións de gravación e tratamento de datos e documentos, Mediación comunitaria, Dinamización comunitaria, Competencias matemáticas N2, Comunicación en Lingua Castelá N2, Comunicación en linguas estranxeiras (inglés) N2 e Comunicación en Lingua Galega N2. 

Con iso cada un destes certificados pasa a estar incluído no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar.

Melide - Obras aprobada pola xunta de goberno

Reunida a XGL do goberno municipal de Melide aprobase a adxudicación de dúas obras de importancia para o concello de Melide. 

Unha delas versará sobre o acondicionamento de varios viais existentes na zona rural e alguhas rúas no núcleo urbano de Melide. As rúas afectadas son AC 840 - Trasmundi, pista de Xubial, pista de Piñor, pista de O Vilar, pista da Igreza en Campos, San Martiño das Varelas, a parroquia de O Barreiro, O Barreiro e o lugar de Barreiro do Medio, Vitiriz, Riocovo, A Pena, San Salvador, Lugar de Andeán cara o campo da festa, e o Leboreiro no que respecta ao rural. As actuacións a levar a cabo son limpeza de cunetas, pavimentación con riego asfáltico no rural e con aglomerado asfáltico nas rúas do casco urbano. No núcleo urbano rúa Palas de Rei, rúa Lavadoiro, e reparación do saneamento na Praza das Universidades. 

No que respecta ao proxecto de reposición de beirarrúas as rúas afectadas son Rúa Codeseira con máis de 240 metros cadrados de loseta nova, a Rúa Furelosna que se reporán 56 metros cadrados, o Cantón de San Roque con 225 metros cadrados afectados, a Avenida de Toques con 102 metros afectados e por último a Rúa Irmandiños con 40 metros. Se constatou por parte do executivo local a necesidade de levar a cabo esta actuación debido aodeterioro producido nasbeirarrúas por o paso de vehículos sobre as mesmas. Por outra banda tamén se vén de solicitar á Conselleria da Presidencia e Administración Pública e Xustizaunhasubvenciónpara o cambio de cuberta no Pavillón Municipal cunorzamento de 50.000 € dos que se solicitan 40.000 € sendo o resto aportación municipal.

USC - Fase autonómica da 51ª Olimpiada Matemática

A Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago acolle este venres 16 a fase autonómica da 51ª Olimpíada Matemática Española na que se seleccionarán tres estudantes de bacharelato que formarán o equipo olímpico que represente a Galicia na fase nacional, a celebrar do 19 ao 23 de marzo en Badaxoz.

A Olimpíada comezará cun acto de benvida ás 10.00 horas por parte da decana da Facultade, Victoria Otero Espinar, para continuar coa primeira sesión das probas: tres horas e media para resolveren tres problemas. A segunda sesión será ás 16.00 horas con outras tres horas e media para outros tantos exercicios.

Para esta edición a Olimpíada Matemática Galega conta con patrocinio de GADIS e mais de EDISA Centro de Innovación cuxo presidente, Alfonso Amorín, foi profesor do Departamento de Álxebra da Facultade de Matemáticas, coa que continúa colaborando.

Oroso - Unha volta o mundo en contos

O Concello de Oroso ten programado un inicio de ano moi viaxeiro no seu Programa de Animación á Lectura, unha iniciativa dirixida a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos que inclúe contacontos, club de lectura e obradoiros creativos. Un programa de participación totalmente gratuíta, se ben é necesario anotarse previamente na Biblioteca Municipal de Oroso ou no teléfono 981 690 903. 

Así, a Aula Infantil da Biblioteca Municipal de Oroso acollerá os sábados 17, 24 e 31 de agosto unha serie de contacontos coa temática común “Unha volta ao mundo en contos”, dirixido a nenos e nenas de 3 a 9 anos que viaxarán a outros países e culturas a través dos seus contos tradicionais. A cita é ás 11:00 horas e os menores de 4 anos deberán estar acompañados por un adulto.

Club de lectura
Para o próximo venres 23 de xaneiro, a Biblioteca Municipal de Oroso acollerá unha nova reunión do Club de Lectura, no que participan rapaces e rapazas de 8 a 12 anos. Trátase dun xeito diferente de fomentar a lectura entre os pequenos e pequenas, a través de xogos, enigmas, novas tecnoloxías e moitos retos e probas que os pequenos teñen que superar. Se o pasado mes de decembro o gran protagonista foi “Charlie e a fábrica de chocolate”, de Roald Dahl, nesta ocasión o protagonista volverá ser o autor noruegués e algún dos moitos libros que publicou. Neste caso, a cita será o venres 23 de xaneiro, ás 18:00 horas.

Finalmente, a temática das viaxes retomarase na “Rebotica dos contos”, un obradoiro dirixido a nenos e nenas de 4 a 12 anos que busca achegalos ao mundo da literatura a través de actividades de creación literaria e artística. A cita deste mes terá lugar o venres 30 de xaneiro, ás 18:00 horas, na biblioteca municipal de Oroso e incluirá unha particular viaxe en tren polo mundo enteiro.

BNG Compostela - A cafetaría da estación de autobuses segue pechada pola inacción do goberno local

O grupo municipal do BNG recorda que demandou no Pleno de xullo do pasado ano, logo de tomar posesión Agustín Hernández como alcalde, que se axilizase a solución para restabelecer na estación de autobuses o servizo de cafetaría e de restauración en condicións que permitan a continuidade dos traballadores. “Seis meses despois, comprobamos que este alcalde non fixo nada para recuperar este servizo na estación de autobuses, da que diariamente fai uso un gran número de persoas e onde tiñan un espazo acaído para as esperas máis ou menos prolongadas”, afirmou Rubén Cela.

Ademais, o peche do servizo, en marzo de 2014, deixou sen traballo un colectivo de profesionais que levaba moitos anos a desempeñar a súa actividade e cos que o anterior concelleiro responsábel da área, Luís Bello, adquirira o compromiso de velar pola súa continuidade. No Pleno de febreiro de 2014 o BNG presentou un rogo no mesmo sentido e a acta recolle o compromiso de que, así como se fixera nos primeiros pregos de condicións, nos vindeiros tamén se recollería a subrogación dos traballadores.

Até a actualidade, pese á necesidade existente de viaxeiros e viaxeiras de usar a cafetaría da estación de autobuses e ao compromiso adquirido co persoal, non se coñecen avances cara á recuperación deste servizo.

O BNG advertiu, en diversas ocasións, do prexuízo que causa que a estación siga sen servizo de cafetaría e restaurante, ademais de que o persoal está sen traballo e o Concello de Santiago, a través de Tussa, segue sen percibir as contribucións económicas derivadas desta concesión.

As explicacións do alcalde de instalar máis máquinas expendedoras son unha burla ao servizo que brindaba este local e demostran que o Goberno local é incapaz de manter unha cafetaría adecuada para a recepción de milleiros de estudantes, turistas e demais persoas usuarias que acoden á capital de Galiza a través da estación de autobuses.

Outras tres na mesma situación
Este problema das cafetarías por concesión pública vese agravado coa situación da do Auditorio de Galiza, do Centro Galego de Arte Contemporánea e do Museo da Cidade e das Peregrinacións, que seguen pechadas sen que o Goberno municipal adopte unha saída a esta falta de prestación de servizos.

Silleda - Chegou a obra donada polo escultor Alberto Castro Robles

Na xornada de onte chegou a Silleda a obra escultórica “Homenaje a París”, do escultor e gravador Carlos Alberto Castro Robles (Bos Aires, 1957), que o pasado mes de novembro cedeu esta creación ao Concello de Silleda. 

Trátase de unha peza, realizada en aceiro cortén esmaltado, e con tres metros de alto e que conta con réplicas en museos e parques de Luxemburgo, Extrasburgo ou cidades como Dallas (Texas).

Xunto coa escultura tamén chegou dende Girona (localidade na que residiu o artista dende 1988) o taller de gravado de Castro, que se trasladou a vivir a Silleda, terra dos seus antepasados, e outras dúas obras propiedade do autor.

O alcalde, Manuel Cuiña, achegouse co autor e os seus familiares ata a nave onde se descargaron as pezas.

“Aínda non temos decidido o emprazamento público onde se ubicará a escultura, pero en nome de todos os veciños e veciñas de Silleda reitero o nos agradecemento a Carlos Castro pola súa xenerosidade ao cedernos esta obra”, apunta o alcalde. 

O Concello asumirá os gastos do traslado, tal e como figura no contrato asinado o pasado novembro co autor e ratificado polo Pleno. 

Ademais da obra donada, no traslado tamén se inclúe todo o taller do artista e outras dúas obras da súa propiedade. Entre as xoias do taller de Castro está unha máquina de gravado que data de 1888.

“É un honor que un artista deste prestixio e traxectoria se instale no noso municipio”, engadiu Cuiña.

Castro Robles foi un dos introductores do chamado Movemento Madí en España. Esta corrente artística iniciuose en Arxentina no ano 1946 da man de artistas plásticos e trasladouse a todas as ramas da arte, baseándose na extremación dos conceptos de creación e invención. Está considerado, a nivel internacional como un dos artistas de gravado de maior prestixio e técnica, proxectando tamén a súa obra cara á escultura. As súas creacións están presentes no Museo Nacional Reina Sofía, no Madi Museum and Gallery de Dallas, Galería John Szoke-grapchic, de Nova York, Grandes Casinos de España, en Madrid; no Cente Cultural de Woluwe-Saint Pierre (Bruxelas), Galería de Arte de Rivadavia (Bos Aires) e en moitas obras localidades. Ademais ten participado en exposicións e mostras de moitos países de Europa, América e Asia. 

Silleda - Reunión preparatoria do Rallye do Cocido

O concelleiro de Deportes de Silleda, Klaus Brey, mantivo hoxe un encontro con Alex Moure e Juan Ramón Abeledo, da directiva da Escudería Lalín Deza, de cara a preparar o percorrido do Ralli do Cocido polo municipio.

Así, o certame automovilístico, que terá lugar os días 20 e 21 de marzo, volverá a pasar por terras silledenses. Tamén se fará un reagrupamento no centro da localidade, como xa ocorreu na última edición xunto á praza da Feira Vella.

Dende o goberno municipal Klaus Brey amosoulles o apoio do Concello á iniciativa e felicitounos polo éxito acadado na última edición.

Andaina pro saude mental - Proxecto de emprego baseado na producción de sidra

A Asociación Andaina Pro Saúde Mental continúa co seu labor de apoio e en prol da integración daquelas persoas que sofren algún tipo de trastorno ou doenza mental. O último proxecto posto en marcha consiste na elaboración de sidra e zume de mazá ecolóxico. Este labor lévase a cabo principalmente no centro de Rehabilitación Psicosocial e laboral que a dita asociación ten no Concello de Dodro, concretamente nas instalacións situadas na Paxareira.

“O primeiro paso foi aprender” explica a fundadora da asociación, Omaira Tuirán. Para iso realizouse un curso teórico-práctico de cultivo, horta ecolóxica e produtos derivados da mazá, contando co cofinanciamento do Fondo Europeo de Desenvolvemento Social (FEDER) e do Fondo Social Europeo (FSE), así como do apoio por parte da Consellería de Traballo e Benestar o do II Plan Galego de Inclusión Social. Durante catro meses un químico e un técnico experto en horticultura traballaron coas 10 persoas e os traballadores e voluntarios da asociación para saber todo o necesario sobre a elaboración da sidra e do zume. Ademais deles tamén acudiron persoas en situación de desemprego derivadas dos servizos sociais dos concellos onde atende Andaina. Dente a clasificación das mazás segundo a súa raza e as características de cada unha delas, ata os procesos de lavado, prensado, almacenamento, fermentación, proceso de calidade e trazabilidade etc.

A produción deste ano chega aos 1.500 litros de sidra, que na actualidade xa están no proceso de fermentación segundo a normativa existente por parte de Sanidade e dos organismos reguladores. Nesta ocasión as mazás empregadas proceden das zonas de Cambados (Dena), Viveiro (Val do Naseiro) e Padrón (Carcacía). Está prevista que a presentación oficial da colleita teña como marco a IV Feira da Sidra que organiza a asociación Maceira e Sidra na Estrada, prevista para a primeira fin de semana do vindeiro mes de xuño.

“Entre os obxectivos máis inmediatos que se perseguen con este labor están acadar os beneficios propios dunha terapia ocupacional que se desenvolve en grupo e nun espazo natural, e a súa mestura cunha actividade empresarial que propicie unha integración laboral para os usuarios e usuarias que o precisen”, manifesta Nazaré Davila, unha das máximas responsables de Andaina. “O motivo polo que decidimos facer sidra é porque observamos que en Galicia hai un excedente de produción e en contraposición un déficit de elaboración deste produto, polo que a idea nos pareceu moi boa”.

Deste xeito Andaina pro Saúde Mental ve incrementada a súa actividade e oferta para un colectivo desfavorecido, a cal vai dende terapias ocupacionais e cognitivas, arteterapia e traballos manuais, saídas e excursións culturais e medioambientais, clases de informática e novas tecnoloxías ou obradoiros de radio entre outros.

Ames - Visita da xefa provincial de tráfico

O alcalde de Ames Santiago Amor recibiu esta semana á xefa provincial de Tráfico na Coruña Victoria Gómez Dobarro. Ambos realizaron un seguimento dos acordos establecidos entre os dous organismos e valoraron os resultados das últimas campañas de seguridade viaria realizadas no Concello de Ames. No encontro, que tivo lugar o pasado martes, tamén estivo presente o responsable da Policía Local, José Antonio Rodríguez. 

A reunión serviu para analizar a situación dos núcleos, tanto rurais coma urbanos, que soportan unha maior intensidade de tráfico. É o caso da AC-453 ao seu paso por Augapesada, Tapia e Piñeiro, a DP-0205 de Bertamiráns a Osebe e a N-550 no Milladoiro. Sobre esta última, o rexedor amesán xa lle trasladara a súa preocupación polo tráfico elevado á ministra de Fomento, Ana Pastor, durante unha visita a Santiago. Amor considera necesario realizar obras de mellora que faciliten o tránsito rodado neste punto. 

Por outro lado, o alcalde explicoulle a Gómez Dobarro a necesidade de contar con axentes na rotonda do Milladoiro no momento en que se inicien as obras do túnel de Conxo. 

Grazas aos convenios asinados coa Xefatura Central de Tráfico, Ames ten á súa disposición un vehículo equipado de radar e etilómetro. Nos próximos meses o Concello ten previsto realizar unha campaña de seguridade viaria dirixida aos mozos e mozas do municipio e intensificará as medidas de control nos núcleos urbanos.

Axenda e temppo do xoves 15 de xaneiro - Música, teatro, catas, exposicións

Santiago - Teatro Principal - En el estanque dorado

Santiago - A Reixa - Selvática 

Santiago - USC - Homenaxe a Isidro Parga

Santiago - Salón Teatro - Emilio Rúa

Santiago - Auditorio - Concerto da Real Filharmonía

Ames  - Taller de vino y queso 

Santiago - Camalea - Andrea Bizarrian 

Santiago - Alameda - Pista de hielo

Outros Concertos + info

Exposicións

Vedra - Sabotaxe o engranaxe (ata o 20 de xaneiro)

Santiago - Museo Gaias - Cine Galicia25 - (ata o 8 de febreiro)

Santiago - Fundación Granell - A inquietante beleza (ata o 5 de abril)

Santiago - Zona C - María Castellanos - Lo Real (ata o  1 de febreiro)

Santiago - Fonseca - Colección Betty Tisinger de libros desplegables (ata o 26 de xaneiro)

Santiago - Museo do Pobo Galego - Retrospectiva sobre o premio Luis Ksado de fotografía (ata o 17 de febreiro)


O Tempo

Esquerda Unida Compostela - Reunión coa Asociación de Veciños Francisco Asorey da Almaciga

Os representantes do Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela, Xabier Ron e Vicente Vázquez, mantiveron un encontro coa AVV Francisco Asorey da Almáciga, dentro do programa de visitas ao tecido asociativo da cidade para coñecer de primeira man as necesidades do barrio e facelo partícipe no proceso de elaboración colectiva do programa das municipais de maio do 2015 .

A xestión do equipo de goberno de local do PP neste barrio é nefasta e totalmente lesiva para cos intereses da veciñanza. É inaceptable que, sen informar debidamente á veciñanza, se paren as obras de acondicionamento do Parque da Almáciga. O parque, agora mesmo, ofrece un estado lamentable que, de non realizarse as obras precisas, empeorará e farán inútil o traballo realizado ate o de agora. Xa leva dous meses sen iluminación. E o Alcalde, en vez de asumir o goberno, dilles aos veciños e veciñas que falen coa empresa que realiza as obras. 

Os accesos do Parque son perigosísimos para a saúde das persoas. Nun só día de choiva o parque converteuse nunha lodeira que correu cara abaixo por non existir ningunha obra axeitada de canalización de augas. As árbores non se podan desde hai anos: algunha delas déitase enriba do tellado do local da asociación veciñal. 

Esiximos ao señor alcalde que goberne para toda a cidade e que se retomen as obras de inmediato para solucionar as eivas existentes e que, por suposto, manteña debidamente informada á veciñanza.

Durante a visita por todo o barrio que nos fixo a AVV Francisco Asorey quedou demostrada a mala planificación das obras e a peor execución das mesmas. A rúa Escultor Asorey empeorou o seu trazado debido á instalación en plena ascensión de elementos decorativos sen ningún sentido, obrigando a trazar unha curva en plena pendente. 

Existe, igualmente, absoluta incomprensión cara á creación dunha mini-alameda na parte baixa da Caramoniña, que representa un desbaldimento de diñeiro público, quizais para o único uso e disfrute dos chalés de luxo construídos máis arriba. 

As numerosas dúbidas sobre o destino do diñeiro público prometido dentro do Plan Urbana Norte para as obras do barrio derivou nunha demanda da Asociación para que Esquerda Unida a través do grupo AGE formule unha iniciativa ao respecto no Parlamento de Galicia.

As obras son unha chapuza: contedores que seguen bailando e sen soterrarse; beirarrúas que son mosaicos de diferentes elementos construtivos; farolas vellas que non se cambian; beirarrúas que seguirán ofrecendo un aspecto lamentable e non adaptado ás necesidades das persoas con diversidade funcional; dificultades para acceder aos garaxes; obras, en definitiva, mal acabadas ou directamente esquecidas. E todo de forma contraria ao que se especificaba na Memoria de actuación do Plan Urbana Norte. 

Entre as moitas carencias detectadas, merece unha mención especial a obra na rúa de Basquiños: construción dun muro insólito, de aspecto segregador, que impide o acceso a todo tipo de persoas no paso dunha beira a outra, e que vai dificultar a vida das persoas en aspectos tan esenciais como seren atendidas por unha emerxencia médica. 

Unha rúa que, a pesar de ser de dobre dirección, coas obras realizadas xa se aprecia que se estreita en demasía e que, a pesar de existir posibilidades para impedilo, os buses urbáns seguirán deténdose para recoller pasaxeiros e pasaxeiras en plena calzada, entorpecendo así a fluidez do tráfico que nesa zona adoita ser bastante denso en determinadas horas do día. 

Un feito non menor é que as obras realizadas na escalinata da Igrexa da Pastoriza atentan contra a protección do elemento patrimonial. E, no estado actual das obras, a actuación na ascensión á rúa de Touro, para que os autobuses podan realizar traxectos en beneficio da veciñanza, ofrece moitas interrogantes.

O Alcalde debera repensar como goberna e non darlle as costas aos barrios tradicionais da Cidade e debra arbitrar os mecanismos necesarios de participación cidadá para que veciños e veciñas coñezan como se van a desenvolver as obras e mesmo poder achegar suxestións de mellora. Mais todo indica que o Alcalde actual, de goberno dedocrático, despreza a participación, xa que mesmo un elemento de participación co que se dotou o Plan Urbana Norte, como a propia páxina web (www.urbanasantiagonorte.org/) non está actualizada e segue anunciando que o Alcalde é Ángel Currás Fernández.

E, desde logo, denunciamos a actuación prepotente e autoritaria da concellería de turno, non elixida polo pobo, que, logo de reunirse cos veciños e veciñas antes de Nadal dixo, antes as críticas realizadas: “as obras fanse así porque si”. 

Estas son as formas dun goberno tecnocrático e dedocrático, que oficiliaza o seu traballo unicamente a través do DOG, deixando de lado a participación de veciños e veciñas. Estas son as formas de goberno que deben destarrarse para sempre o vindeiro mes de maio de 2015.

BNG Compostela - Proposta para que o Consorcio destine axudas a illamento sonoro no casco vello

O portavoz do grupo municipal nacionalista, Rubén Cela, expuxo en rolda de prensa unha proposta que o BNG trasladará ao Consorcio da Cidade para que subvencione nun 90% a substitución de ventás na Cidade histórica co fin de contribuír ao illamento sonoro e térmico que contribúa a minimizar o ruído.

Rubén Cela demandoulle ao grupo de Goberno de Santiago que teña unha “actitude moito máis proactiva na busca dunha solución ao conflito existente no marco da programación de música ao vivo en Santiago de Compostela”. Nos últimos meses o BNG reuniuse con veciños particulares, co asociacionismo veciñal da Cidade histórica, con representantes da industria cultural e dos músicos de Santiago e tamén do tecido da hostalería nocturna. “Do resultado desas conversas, reafirmámonos en que o Concello de Santiago ten que arbitrar unha saída razoábel a este conflito que permita compaxinar o dereito da veciñanza a poder descansar cunha programación cultural que inclúa música ao vivo á altura dunha cidade coas características de Compostela”, dixo.

Para o BNG, a música ao vivo é “unha riqueza en si mesma, porque dá a posibilidade de medrar a xente que comeza e de achegarse a artistas consolidados”. Non ten moito sentido que se intenten promocionar novos valores do ámbito cultural e logo se lles dificulte a oportunidade de tocar na súa cidade, explicou.

A música ao vivo reforza un sector importante para Santiago en termos económicos e sobre todo en termos laborais, mesmo no Foro de Directores de Hoteis de Compostela recoñeceron que supón un valor engadido para propios e visitantes. As administracións públicas deben promover e pór en valor a música ao vivo e esta programación autoxestionada polo sector privado sempre tivo unha importancia destacada en Santiago, explicou Rubén Cela, “mais nos últimos anos asistimos a un auténtico declive da programación cultural das administracións públicas na nosa cidade”. “Santiago de Compostela foi unha cidade da cultura moito antes de que se puxese unha pedra no Gaiás pero desgraciadamente se converteu nunha cidade moito máis gris no ámbito cultural”, afirmou.

O Concello de Santiago debe ter “unha vocación permanente para revitalizar a Cidade histórica e iso debe pasar pola fixación de poboación, pola dotación de servizos e por mellorar as condicións de habitabilidade das vivendas, para contribuír tamén a garantir o dereito ao descanso”. “O problema fundamental non é tanto a música ao vivo, senón o ruído nas zonas de paso”, engadiu.

Para o BNG, convén clarificar o marco normativo do futuro, sobre a ordenación e a regulación de ruídos e actividades culturais nos locais, “para que se faga co máximo consenso, con diálogo e coa vocación de chegar a acordos tanto co sector da hostalería, coa veciñanza e cos músicos”. Así, o Concello ten que velar polo cumprimento de horarios, condicións de illamento e insonorización, co volume de decibelios e coa existencia de programación cultural.

Rubén Cela demandou tamén “unha maior colaboración municipal e coordinación coa programación impulsada e xestionada polo sector privado, como houbo no pasado, porque é unha necesidade que forma parte crucial da actividade cultural da nosa cidade e o Concello non debe vivir de costas”. “O fundamental para resolver este conflito é o diálogo e o enfoque global, pois non é só na zona histórica, nin dos locais da hostalería nin dos músicos”, agregou. 

“A pesar de non ser a solución integral a este problema”, asegurou, “para mitigar o ruído no interior das vivendas, o BNG propón demandar unha partida específica para unha liña de subvencións para o cambio de ventás nos ámbitos afectados por esta problemática, para axudar a sufragar até o 90% do seu custe e que manteñan os criterios que marca o Plan especial dende unha perspectiva arquitectónica e que melloren as condicións de insonorización e térmica”. “Isto non vai solucionar o problema, mais pode axudar a minimizalo, xa que as queixas non son só da música ao vivo nos locais senón do ruído ambiente que se crea nas zonas de paso e mesmo sen que existan locais”, explicou.

Advertiu, ademais, que o BNG non presenta isto como a solución definitiva, “o problema do ruído en Santiago non se soluciona só cunha liña de subvencións para instalar ventanas novas, pero nalgúns casos puntuais pode ser unha axuda importante nalgúns casos puntuais e entra perfectamente nas liñas estratéxicas que debera ter o Consorcio da Cidade”. Queremos presentalo como unha programación plurianual, a 10 anos vista, para que dentro dunha década poida haber un número de vivendas determinado cun maior grao de insonorización.