− Dun total de 53, 4 traballos son amais estrea mundial; ao que hai que sumar outras seccións, co que o número de películas exhibidas supera as 120
− O certame reparte 12.500 euros en premios, outorgados por xurados internacionais con membros da talla do cineasta canadense Mike Hoolboom ou o crítico australiano Adrian Martin
− As actividades tamén están cargadas de nomes referenciais no sector, coma o produtor de cinema independente Luis Miñarro
Curtocircuíto Festival Internacional de Curtametraxes, que terá lugar entre o 6 e o 11 de outubro, presentou hoxe a súa programación completa, a proxectarse no Teatro Principal e na Zona C. Con vontade internacional e a calidade como máxima, a sección oficial acolle 53 traballos, 27 deles estrea en España, 4 deles estrea mundial en Curtocircuíto. Todos pretenden recoller as tendencias actuais do cinema internacional, a través de dous programas que miden o nivel de exploración formal e narrativa da linguaxe cinematográfica: Radar (máis convencional) e Explora (para as propostas máis rompedoras).
Estas películas foron elixidas polo equipo de programación logo do visionado dos máis de 3.400 filmes presentados este ano, chegados de 94 países. Isto supón un incremento de ao redor do 45% respecto da edición anterior, e o número máis alto de inscritos na traxectoria de Curtocircuíto. Os xurados internacionais Radar e Explora, con membros da categoría do cineasta canadense Mike Hoolboom ou o reputado crítico australiano Adrian Martin, a participar tamén nas actividades do festival; deberán elixir as cintas gañadoras, con premios valorados en 3.000 euros para cada categoría.
O crterio de programación conceptual, e non xeográfico, como nas edicións anteriores; aplícase tamén na terceira sección competitiva fóra da oficial. Planeta GZ nace para dar cabida aos traballos galegos máis arriscados do ano, en sintonía coa liña editorial do certame. Nove curtas compiten nesta categoría por un premio de 2.000 euros, amais de optar aos de mellor director galego e mellor guión, galardóns dotados de 500 euros cada un. Estes recoñecementos outórganos CREA (Asociación de Directores e Realizadores de Galicia) e AGAG (Asociación Galega de Guionistas) respectivamente, en colaboración co festival. Deste xeito, Curtocircuíto repartirá, sumando os galardóns do Xurado Novo e o do público, un total de 12.500 euros en premios.
Actividades e sesións para todos os gustos
Como festival público, Curtocircuíto debe e quere chegar a toda a cidadanía, por iso propón un amplo conxunto de actividades e seccións paralelas variadas, nas que deixa tamén a súa pegada. O cinema non podería existir sen os profesionais que o fan posible. Por iso, proponse un conxunto de actividades paralelas para que o espectador descubra o cinema por dentro.
Clase maxistral de Mike Hoolboom. O enérxico cineasta canadense, ao que o festival dedica a primeira retrospectiva en España, ofrecerá unha clase maxistral baseada na clásica adiviña zen «Por que ao animal non lle pasa a cola?». Nunha mestura de relatorio e proxección, o artista falará do cinema centrado no proceso, da cinematografía como práctica, dos métodos do non-saber e do crucial que resulta a investigación.
Charla sobre o ensaio audiovisual. O australiano Adrian Martin, autor de obras referenciais como Mutaciones del cine contemporáneo, é unha figura clave para entender a crítica. Cristina Álvarez é coeditora da revista Transit: cine y otros desvíos, unha das que máis contan no ámbito do cinema de autor actualmente na Internet. Xuntos, partindo da súa propia experiencia e servíndose tamén doutros exemplos, ofrecerán unha charla que titulan «Novos camiños para a crítica de cinema: o ensaio audiovisual», xénero de análise fílmica que ofrece infinitas posibilidades, cada vez máis popular entre as novas xeracións de críticos.
Mesa redonda sobre produción de cinema de autor. A crise económica, a democratización da tecnoloxía audiovisual e o desenvolvemento das redes de comunicación son algúns dos factores que levaron a un cambio de paradigma no sector audiovisual. As novas narrativas comportan novos modelos de produción e iso obrigou a redefinir os perfís profesionais; entre eles, a figura do produtor, que agora, alén de ser empresario, desempeña un papel determinante no proceso creativo. Tres referencias no sector, participarán nunha mesa redonda aberta ao público, para discutir sobre modelos de produción no cinema de autor. Elos son Luis Miñarro, responsable de grandes éxitos do cinema internacional coma O Estranho Caso de Angélica (Manoel de Oliveira, 2010) ou Tío Boonme recuerda sus vidas pasadas (Apichatpong Weerasethakul, 2010); o coruñés Felipe Lage, que dende Zeitun Films produciu algúns dos títulos máis relevantes do Novo Cinema Galego (Arraianos ou Costa da Morte); e a catalá Neus Ballús, que obtivo un gran éxito internacional con La plaga, estreada na Berlinale e nomeada aos premios Goya.
Seminario sobre cinema experimental español. A estas clases maxistrais, charlas e coloquios, súmanse ademais o seminario do historiador Luis E. Parés sobre o cinema experimental español; os encontros profesionais organizados por CREA (Asociación de Directores e Realizadores de Galicia); e presentacións de colectivos como NUMAX, sala de cinema que abrirá as súas portas en marzo en Compostela; o festival de documentais Porto/Post/Doc, a celebrarse por vez primeira este decembro; e a Unión de Cineastas, asociación cultural que nace coa idea de se conformar como un novo dinamizador no eido do cinema español.
Obradoiro Blank Paper. Por último, o obradoiro Blank Paper pretende reflexionar sobre a idea do tempo; por unha banda, dende un punto de vista metalingüístico, é dicir, como representa o cinema o tempo e de que mecanismos se serve a fotografía; e, por outra banda, dende unha perspectiva máis filosófica. Que é realmente o tempo? Pódese representar? Estas son as ideas en torno ás que virará o obradoiro, organizado polo colectivo homónimo e impartido polo fotógrafo Óscar Monzón e o cineasta Lois Patiño.
Todas estas actividades son de balde, previa inscrición na web do festival. Co espírito de ofrecer prezos asumibles para todos, Curtocircuíto só cobra 2 euros por sesión na sección oficial e na retrospectiva de Mike Hoolboom. O resto das sesións son de balde, previa retirada das entradas na billeteira. Entre estas sesións, inclúese un conxunto variado de seccións paralelas para todos os públicos. As entradas poden adquirirse xa no despacho de billetes do Teatro Principal.
A continuación, un diagrama de todas as seccións do festival, cunha descrición de cada unha delas:
SECCIÓNS COMPETITIVAS
- Oficial RADAR: Obras de calquera
nacionalidade. Unha variada selección dos títulos que marcan tendencias a nivel
internacional, tanto na ficción como na animación ou o documental. Cineastas
experimentados conviven con novos realizadores aos que Curtocircuíto quere dar
visibilidade.
- Oficial
EXPLORA: Obras de calquera xénero e de calquera nacionalidade. Sección centrada
na procura de novas caligrafías fílmicas. Pezas dificilmente catalogables
nun xénero, que dilúen a idea
tradicional do cinema mediante a exploración de sendas innovadoras e as hibridacións próximas ao
documental ou ao cinema de vangarda.
- Planeta GZ: O cinema
galego vive unha efervescencia e pluralidade sen precedentes. Nesa
heteroxeneidade, Planeta GZ recolle unha selección das propostas máis ousadas e
autorais. Serán dous programas de arredor dunha hora e cuarto de duración cada
un.
SECCIÓNS PARALELAS
- 14_17: Non queremos
esquecer o aspecto máis educativo do cinema, que é unha gran vía para a
transmisión de valores á mocidade. Neste programa dobre atopamos unha selección
de curtas destinadas aos adolescentes.
- Carta branca a...
Cineclube de Compostela: Non se pode entender a vida cultural de Compostela sen
a achega imprescindible do Cineclube. Ao igual que Curtocircuíto, levan dez
anos programando cine de primeirísimo nivel, e non só fan proxeccións, senón
que tamén traen directores, xeran debate e dinamizan a cidade. Nesta sección
dámoslles carta branca para facer un percorrido histórico polas obras curtas
que eles consideran claves na historia do cinema.
- Criaturas: Hai que
facer canteira. Queremos os máis noviños no cinema para agasallalos cun
programa de curtas que os farán pensar e vibrar.
- Noite Malandra: A
nosa sesión canalla coas curtas máis atrevidas e divertidas. Un programa de
curtas deseñado para atraer os espectadores máis malandros. Humor e troula, que
non vai ser todo cinema transcendental.
- Penínsulas: Unha
sección panorámica que recolle interesantes películas portuguesas e españolas
da tempada que o festival non quería deixar de proxectar. Un conxunto diverso
que non busca unha liña definida máis aló do interese de cada obra en si mesma.
- Púlsar – Gabriel
Abrantes: (Def.: Un púlsar é unha pequena estrela de neutróns que emite
radiación periódica. Os púlsares posúen un intenso campo magnético que induce a
emisión destes pulsos de radiación electromagnética a intervalos regulares.)
Curtocircuíto ten a
obriga de pór en valor as cinematografías incipientes. Por iso, esta sección
fixou o reto de traer cada ano un cineasta novo que amosase xa un percorrido
sólido que delate unha ollada persoal e intrasferible. Púlsar é enerxía,
frescura, novidade e, coma sempre, risco. Nesta sección, o enfant terrible luso
Gabriel Abrantes fará as delicias do público coa súa irreverencia e o seu
irónico e morboso tratamento do sexo. A súa obra mostrouse en diversos
festivais internacionais e obtivo importantes premios en certames de referencia
como Locarno e IndieLisboa.
- Retrospectiva – Mike
Hoolboom: Esta sección ten como obxectivo traer en cada edición á cidade a un
cineasta internacional cuxa traxectoria vaia na liña do festival e cuxa obra,
ao tempo, achegue valores interesantes á cidade. Este ano escollemos o
respectado autor canadense Mike Hoolboom. Unha referencia absoluta do cinema de
vangarda. Ao longo das últimas tres décadas, Mike converteuse nun dos cineastas
experimentais máis orixinais e apreciados; creou máis de cincuenta películas e
vídeos que recibiron máis de trinta premios en festivais de todo o mundo.
Hoolboom, un verdadeiro artista, empurra fronteiras creativas na procura dunha
linguaxe que permita aos espectadores ter experiencias propias e únicas.
SESIÓNS ESPECIAIS
- Blank Paper: Esta
sección é o complemento ao obradoiro que durante o festival executará o
fotógrafo Óscar Monzón, do colectivo fotográfico madrileño Blank Paper, xunto
co galego Lois Patiño no CGAC. Programa composto por pezas audiovisuais feitas
por fotógrafos do colectivo nas que exploran formas de narrar que xiran arredor
de imaxes estáticas ou dinámicas, ou ambas; arredor da cuestión do tempo ou do
non-tempo; do movemento ou da ausencia deste.
- Cámping: Sesión
especial para esta tempada posestival. En diferentes festivais aos que
acudimos, detectamos unha serie de curtas variadas de temática dispar, pero
todas situadas neses estraños lugares que son os cámpings. O lecer, os
campamentos de verán, a política, a vida... Todo é posible nesas comunidades
efémeras.
CONCERTOS
PETER BRODERICK
Sala Capitol | Martes
7, 21 h | Entradas: 8 € (anticipada) / 10 € (billeteira) | Venda de entradas: A
Reixa Tenda, salacapitol.com e despacho de billetes do Teatro Principal
Peter Broderick empezou
na música a unha tenra idade. Cando aínda estaba na escola aprendeu a tocar
varios instrumentos. Máis tarde converteuse en músico de sesión para artistas
como M. Ward, Zooey Deschanel e Delorean, entre outros, para os que tocaba o
violín, o banjo ou a mandolina. Foi de xira, ademais, con bandas como
Efterklang (durante a promoción de Parades en 2007), Horse Feathers e Laura
Gibson. A finais dese ano decidiu publicar a súa propia música. Así chegou
Docile, un minidisco de piano só, e o sete polgadas Retreat/Release, editado en
Type, discográfica de confianza.
CAPSULA + PABLO UND
DESTRUKTION
Sala Capitol | Venres
10, 21:30 h | Entradas: 9 € + gastos (anticipada) / 12 € (billeteira) | Venda
de entradas: Teatro Principal, entradas.abanca.com (902434443), A Reixa Tenda,
salacapitol.com,
ticketea.com
Cápsula
En Bos Aires,
Arxentina, unha parella de amantes del rock and roll escuro e psicodélico e do
punk decidiu montar un grupo que, en poucos anos, se converteu nun dos máis
interesantes da escena rock actual. Emigraron da súa Arxentina natal para se
afincaren en Bilbao e desde ese centro de operacións souberon desenvolver unha
carreira frutífera, intensa e activa como poucas con xiras polo Reino Unido,
Francia, Alemaña, EUA e moitos outros países. Os seus referentes musicais, The
Velvet Underground, The Stooges, o primeiro David Bowie, Television, son os que
converten as súas aclamadas actuacións en directo en verdadeiras cataratas de
suor e adrenalina.
Pablo Und Destruktion
Cun discurso tan
intenso como propio, e pondo un ollo na cultura tradicional e outro na
sociedade postindustrial, a proposta de Pablo Und Destruktion pódese entender
como a ponte que une a Asturias musical de Nacho Vegas e Lucas 15 coa actitude
do Nick Cave máis recente.
ALGÚNS
NÚMEROS SOBRE O FESTIVAL:
FILMES RECIBIDOS
Edición de 2014: 3.410, procedentes de 94 países
Edición de 2013: 1.893, procedentes de 88 países
Supón un incremento do 44'49% no número de filmes
recibidos
PREMIOS
Mellor Curtametraxe Radar: 3.000 €
Mención ou Mencións Especiais Radar: sen dotación
Mellor Curtametraxe Explora: 3.000 €
Mención ou Mencións Especiais Explora: sen dotación
Mellor Curtametraxe Galega: 2.000 €
Mención Especial Galicia: sen dotación
Premio do Público á Mellor Curtametraxe: 2.000 €
Premio do Xurado Novo á Mellor Curtametraxe: 1.500 €
Premio CREA á Mellor Dirección Galega: 500 €
Premio AGAG ao Mellor Guión Galego: 500 €
Total en premios: 12.500 €
SECCIÓN OFICIAL
Filmes a concurso: 53
Xéneros:
Ficción: 17 (32'07%)
Documental: 16 (30'19%)
Animación: 14 (26'42%)
Experimental: 6 (11'32%)
Países:
Europa: 41 (77'36%)
América: 6 (11'31%)
Asia: 4 (7'55%)
Oceanía: 1 (1'89%)
África: 1 (1'89%)
Directores:
Homes: 39 (73'58%)
Mulleres: 14 (26'42%)
A competición en RADAR
Total curtas: 32
Xéneros:
Ficción: 11 (34'375%)
Documental: 10 (31'25%)
Animación: 11 (34'375%)
Países:
Europa: 24 (75%)
América: 4 (12'50%)
Asia: 3 (9'375%)
Oceanía: 1 (3'125%)
Directores:
Homes: 22 (68'75%)
Mulleres: 10 (31'25%)
A competición en EXPLORA
Total curtas: 21
Xéneros:
Ficción: 6 (28'58%)
Documental: 6 (28'58%)
Animación: 3 (14'26%)
Experimental: 6 (28'58%)
Países:
Europa: 17 (80'95%)
América: 2 (9'53%)
Asia: 1 (4'76%)
África: 1 (4'76%)
Directores:
Homes: 17 (80'95%)
Mulleres: 4 (19'05%)
Títulos en RADAR
-
Sonnet 81, de Maaike Neuville (Bélxica, 2013) – 20
min. - ESTREA ESPAÑA
-
Reizigers in de Nacht, de Ena Sendijarevic
(Holanda, 2013) – 10 min. - ESTREA ESPAÑA
-
Pride, de Pavel Vesnakov (Bulgaria, 2013) – 30 min. - ESTREA
ESPAÑA
-
Forever Over, de Erik Schmitt (Alemaña, 2014) – 15 min.
- ESTREA ESPAÑA
-
Le garçon, de Nikola Jovanovic (Serbia, 2014) – 28
min. - ESTREA ESPAÑA
-
Solecito, de Óscar Ruiz Navia (Colombia, 2013) – 20 min.
-
Washingtonia, de Konstantina Kotzamani (Grecia, 2014) –
26 min. - ESTREA ESPAÑA
-
Tant qu'il nous reste des fusils à pompe, de Jonathan Vinel e
Caroline Poggi (Francia, 2014) – 30 min.
-
Hole, de Martin Edralin (Canadá, 2014) – 15 min. - ESTREA
ESPAÑA
-
The Misfortune of Others, de Mat Govoni
(Australia, 2013) – 12 min. - ESTREA ESPAÑA
-
Gambozinos, de João Nicolau (Portugal, 2013) – 19 min.
-
La reina, de Manuel Abramovich (Argentina, 2013) – 19 min.
-
Imraan C/O Carrom Club, de Udita Bhargava
(Alemaña, 2014) – 14 min. - ESTREA ESPAÑA
-
L'ésthétique sécuritaire/1: un entraînement pour
touristes, de Ariana Arlotti (Suíza, 2014) – 10 min. - ESTREA
ESPAÑA
-
Escort, de Guido Hendrikx (Holanda, 2014) – 19 min.
-
Shipwreck, de Morgan Knibbe (Holanda, 2014) – 15 min.
- ESTREA ESPAÑA
-
Traversées, de Antoine Danis (Francia, 2013) – 8 min.
- ESTREA ESPAÑA
-
Zima, de Cristina Picchi (Rusia, 2014) – 11 min.
-
La lampe au beurre de yak, de Hu Wei (China,
2013) – 15 min.
-
La part de l'ombre, de Olivier Smolders
(Bélxica, 2014) – 28 min.
-
Hacked Circuit, de Deborah Stratman (Estados Unidos, 2014)
– 15 min. - ESTREA ESPAÑA
-
Big Hand On Big Hands, Let It Be Bigger And Bigger, de Lei Lei (China,
2013) – 6 min. - ESTREA ESPAÑA
-
Zepo, de César Diaz Meléndez (España, 2014) – 3 min.
-
8 Bullets, de Frank Ternier (Francia, 2014) – 13 min.
- ESTREA ESPAÑA
-
Northern Starfish, de Mattias Mälk
(Estonia, 2014) – 14 min.
-
Wind, de Robert Löbel (Alemaña, 2013) – 14 min.
-
Dark Mixer, de Hirotoshi Iwasaki (Xapón, 2014) – 5
min.
-
Heir to the Evangelical Revival, de Wendy Morris
(Bélxica, 2013) – 7 min. - ESTREA ESPAÑA
-
Ex Animo, de Wojciech Wojtkowski (Polonia, 2013) – 7 min. -
ESTREA ESPAÑA
-
Daphné ou la belle plante, de Sylvain Derosne
(Francia, 2014) – 15 min.
-
Dans la joie et la bonne humeur, de Jeanne Boukraa
(Bélxica, 2014) – 6 min. - ESTREA ESPAÑA
-
Don't Fear Death, de Louis Hudson
(Reino Unido, 2013) – 3 min.
Títulos en EXPLORA
-
Picture Particles, de Thorsten Fleisch
(Alemaña, 2014) – 6 min. - ESTREA ESPAÑA
-
Recycled, de Thomas Sauvin (China, 2013) – 5 min.
-
Uns geht es gut, de Michaela Taschek (Alemaña, 2013) – 7
min. - ESTREA ESPAÑA
-
Sedated Army Crazy Mirror, de Miquel Martí
Freixas e Joan Tisminetzky (España, 2014) – 28 min. - ESTREA MUNDIAL
-
Superfícies: Sonho Bolivariano (balor), de Alberte
Pagán (España, 2014) – 6 min. - ESTREA MUNDIAL
-
Substanz, de Sebastian Mez (Alemaña, 2014) – 14 min.
-
The Shepherd Principle, de Georgia Papageorge
(Botswana, 2014) – 12 min. - ESTREA ESPAÑA
-
Still Dissolution, de Siegfried A.
Fruhauf (Austria, 2013) – 2 min. - ESTREA ESPAÑA
-
Komm und Spiel, de Daria Belova (Alemaña, 2013) – 30 min.
-
O Corpo de Afonso, de João
Pedro Rodrigues (Portugal, 2013) – 32 min.
-
PIX, de Antonio da Silva (Portugal, 2014) – 3 min.
-
Diámbulo, de Javier Garmar (España, 2014) – 29 min.
-
The Claustrum, de Jay Rosenblatt (Estados Unidos, 2014) –
17 min. - ESTREA ESPAÑA
-
Laborat, de Guillaume Cailleau (Alemaña, 2014) – 22 min. - ESTREA
ESPAÑA
-
Village Modèle, de Kwon Hayoun (Francia, 2014) – 10 min. -
ESTREA ESPAÑA
-
L'autre silence, de Gaston Igounet (Francia, 2014) – 11
min. - ESTREA MUNDIAL
-
Hillbrow, de Nicolas Boone (Francia, 2014) – 30 min. - ESTREA
ESPAÑA
-
En la orilla, de Stefano Tononi (Uruguai, 2013) – 15
min.
-
Septiembre, de Pablo Arellano (España, 2014) – 13 min.
- ESTREA MUNDIAL
-
Wildnis, de Helena Wittmann (Alemaña, 2013) – 12 min. - ESTREA
ESPAÑA
Membros do xurado RADAR
-
Adrian Martin é catedrático de Estudos de Cinematografía
da Goethe-Universität (Frankfurt) e da Monash University (Melbourne). Publica
internacionalmente e foi traducido a máis de vinte idiomas, ao que hai que lle
sumar as columnas regulares que escribe en De Filmkrant (Holanda) e Caimán
(España). É autor de seis libros, entre os que se conta ¿Qué es el cine
moderno? (2008), e coeditor das revistas de cine publicadas na Internet
LOLA e Screening the Past, ademais de coautor das obras Movie Mutations
e Raúl Ruiz: Images of Passage. O seu próximo libro (Palgrave, finais de
2014) levará por título Mise en Scène and Film Style: From Classical
Hollywood to New Media Art.
-
Ana Moreira. Tras concluír o bacharelato artístico, no
2000 empeza a especialidade de deseño gráfico en Ar.Co e, simultaneamente, a
súa carreira como actriz. Desde 1998 colabora con realizadores como Teresa
Villaverde, João Botelho, Jorge Cramez, Eugène Green, Gabriel Abrantes, Salomé
Lamas e Miguel Gomes, cuxa última película, Tabú, recibiu o premio
oficial Alfred Bauer e o FIPRESCI da crítica no Festival de Berlín. Foi
premiada como mellor actriz polas películas Os Mutantes, Transe e
Adriana en diversos festivais nacionais e internacionais. Alén de
traballar con outras compañías de teatro, foi co-fundadora da compañía Voz
Humana. Foi xurado en festivais internacionais como Locarno, Vila do Conde e
Sofía, entre outros. Actualmente cursa o Mestrado en Prácticas Artísticas
Contemporáneas na Faculdade de Belas Artes da Universidade do Porto.
-
Felipe Lage é director de Zeitun Films, produtora
fundada conxuntamente con Oliver Laxe e Martin Pawley. Participou na produción
de catro filmes ata a data, Todos vós sodes capitáns (Oliver Laxe,
2010), Arraianos (Eloy Enciso, 2012), O quinto evanxeo de Gaspar
Hauser (Alberto Gracia, 2013) e Costa da Morte (Lois Patiño, 2013),
filmes todos eles recoñecidos nalgúns dos festivais de cine máis importantes
(Cannes, Locarno, Róterdam, BAFICI, FICUNAM ou Jeonju). Actualmente traballa na
produción dos novos proxectos de Oliver Laxe (As mimosas), Rainer
Kirberg (A ausencia) e Lois Patiño (Tempo vertical).
-
Neus Ballús é directora de cine e guionista. A súa
primeira longametraxe, La plaga (2013), estreouse internacionalmente na
63.a edición da Berlinale, gañou catro premios Gaudí 2013 e foi nominada aos
2013 Lux Awards e aos European Film Awards, alén de ter unha candidatura aos
Premios Goya. O filme retrata a existencia diaria en Gallecs, unha zona rural
do Vallès Oriental, na periferia de Barcelona, a través do seguimento das
relacións de cinco personaxes que viven aí. Licenciada en Comunicación
Audiovisual e mestrado en Documental de Creación pola Universitat Pompeu Fabra,
filmou así mesmo as curtametraxes La Gabi (2004) e L’avi de la càmera
(2005) e o documental Immersió (2009), rodado baixo a auga dunha
piscina, que recibiu o premio á mellor curtametraxe no festival ALCINE.
-
Tim Redford naceu no Reino Unido, mais pasou case toda
a vida en Francia, onde, a partir de 1998, adquiriu experiencia grazas ao seu
traballo na produción do Festival Internacional de Curtametraxes de Clermont-Ferrand.
A continuación viviu varios anos no Reino Unido, onde desempeñou o cargo de
xefe de proxectos do Signals Media Arts; porén, durante unha viaxe que realizou
en 2006 namorouse de Galicia e mudouse a Santiago de Compostela, onde asumiu o
posto de director de Curtocircuíto, Festival Internacional de Curtametraxes. Na
actualidade Tim está a piques de se sumar ao persoal permanente do Festival
Internacional de Curtametraxes de Clermont-Ferrand, no cal vai ocupar o cargo
de coordinador internacional e será membro do comité de selección
internacional.
Membros do xurado EXPLORA
-
Andrés Duque é un cineasta hispano-venezolano. O seu
traballo máis coñecido é Iván Z, un retrato do cineasta de culto Iván
Zulueta que lle valeu un nomeamento aos premios Goya da Academia. En 2011
realiza a súa primeira longametraxe, Color perro que huye, estreado no
Festival de Cinema de Róterdam e que obtivo o premio do público no Festival
Internacional de Cinema Punto de Vista. En 2012 é un dos cineastas convidados
ao prestixioso seminario Flaherty, que se celebra en Nova York. En 2013 recibe
o Premio Ciudad de Barcelona pola súa película Ensayo final para utopía.
-
Cristina Álvarez López é crítica de cine;
cofundadora e coeditora de Transit: cine y otros desvíos; co-curadora da sección
de ensaios audiovisuais en NECSUS: European Journal of Media Studies. Os seus
textos e os seus traballos videográficos sobre cine apareceron en publicacións
españolas e internacionais: Caimán. Cuadernos de cine, Trafic, Lola, Notebook,
Fandor, Screening the Past, De Filmkrant, Frames, [in]Transition... Participou
en libros colectivos dedicados a cineastas como Chantal Akerman, Paul Schrader,
Max Ophüls e Philippe Garrel. Actualmente imparte un curso sobre crítica de
cine e ensaios audiovisuais na Goethe-Universität (Frankfurt).
-
Lois Patiño compaxinou os seus estudos de psicoloxía na
Universidad Complutense de Madrid cos de cine na Escuela Tai. Continuou a súa
formación de cine na NYFA de Nova York e en Barcelona, onde realizou o Mestrado
en Documental de Creación na Universitat Pompeu Fabra. Os seus vídeos e
videoinstalacións puidéronse ver en centros de arte como a Casa Encendida
(Madrid), o CCCB (Barcelona), o MARCO (Vigo), o Centro Cultural San Martín (Bos
Aires) e a Galería Solar (Portugal). As súas películas mostráronse en festivais
de cine como Locarno, Róterdam, San Francisco FF, Ann Arbour, Roma, Cinema du
Réel, Vila do Conde, Media City, Jihlava, Viennale, Punto de Vista... e nos
Rencontres Internationales, que tiveron lugar no Centre Pompidou (París), a
Haus der Kulturen der Welt (Berlín) e o Museo Reina Sofía (Madrid). Con Montaña
en sombra gañou premios no Festival de Oberhausen (Alemaña) e en
Clermont-Ferrand (Francia), entre outros. En 2013, no Festival de Locarno,
director emerxente coa súa longametraxe Costa da Morte.
-
Margarita Ledo Andión. Da súa novela Porta
blindada (Edicións Xerais, Vigo, 1990) sae o personaxe masculino da súa
primeira ficción, A cicatriz branca. Investigadora e autora de obras
sobre cinema autoral como Cine de fotógrafos (GG, Barcelona, 2005),
Premio Espais d’Art Contemporani. Cineasta experimental en Illa (2009) e
en Cienfuegos, 1913 (2009); axitadora política e feminista, fai dialogar
todo o que na historia ficou sen desenvolver nos documentais Santa Liberdade
(Galicia/Brasil/Venezuela, 2004) e Liste, pronunciado Líster (Galicia,
2005), para elaborar proxectos académicos en torno das pequenas cinematografías
e as políticas da diversidade. É catedrática de Comunicación Audiovisual da USC
e numeraria da Real Academia Galega.
-
Mike Hoolboom. Nacemento: guerra de Corea, a pílula,
bomba de hidróxeno, Mansión de Playboy. Década de 1980: teima coa emulsión
fotográfica, aldrabadas en columnas dedicadas a temas de actualidade.
Escolarización no Funnel: utopía cinematográfica pregafapastista. Década de
1990: longametraxes experimentais, psicodramas transgresores, cuestións sobre o
nacionalismo. Década do 2000: cíborg da seroconversión (vida despois da morte),
transcodificación de película a vídeo: longametraxes biográficas do xénero da
metraxe atopada. Arqueólogo de medios de comunicación alternativos: autor de
sete libros sometidos a esquerdos de autor, editor ou coeditor de doce obras.
Comisario: trinta programas + www.fringeonline.ca. Empregos ocasionais:
director artístico do Images Fest, distribución alternativa en Canadian
Filmmakers. Setenta e cinco películas e vídeos, a meirande parte deles con
cortes. Dez longametraxes. Trinta galardóns, catorce retrospectivas
internacionais. Dous premios a toda unha carreira. www.mikehoolboom.com.