Amosando publicacións coa etiqueta PADRON. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta PADRON. Amosar todas as publicacións

Xornada de fútbol gaélico co SD Esclavitude

Padrón, 19/08/2016 - A SD Esclavitud colabora cos Irmandinhos A Estrada na organización dunha actividade de divulgación do fútbol gaélico na Comarca do Sar.

Incendio na tarde de onte en Aluminios Cortizo en Padrón

Padrón, 29/07/2016 - O lume declarado na tarde de onte nunha nave anexa as instalacións centrais de Padrón foi totalmente extinguido.

O BNG de Padrón denuncia que a Av. da Estación esta feita unha silveira.

Padrón, 19/07/2016 - O BNG de Padrón presentou un escrito no Concello solicitando que se rocen as silvas que invaden unha das beirarrúas da Avenida da Estación de Padrón.

O alcalde Padrón pensa que os veciños non están preparados para reciclar

25/5/2016 - A comisión informativa rexeitou unha moción de Veciños de Padrón que pedía a licitación do servizo de recollida de inmediato. A moción trataba de potenciar ademáis a reciclaxe doméstica.

Veciños de Padrón vota en contra ao Recoñenecemento extraxudicial de crédito

23/5/2016 - O pasado xoves 20 de maio celebrouse un pleno extraordinario na Casa do Concello, convocado polo goberno municipal, que tiña como único punto do día a aprobación dun Recoñecemento extraxudicial de crédito para o ano 2016 por valor de 384.817,93 euros.

O BNG de Padrón denuncia a carencia de apoio ao comercio local

O BNG presentou un escrito no Concello denunciando a carencia dunha política de apoio ao comercio local por parte do goberno municipal do P.P. e as incoherencias deste goberno nas súas actuacións en relación co comercio de Padrón. 

O BNG de Padrón denuncia o estado do canal de derivación do SAR

Segundo puido comprobar o BNG de Padrón, produciuse un afundimento de bordes da estrada pegada ao muro de carga da canle de derivación onde estiveron estacionados camións e caravanas dos feirantes das festas de pascua. Tamén se produciron desperfectos nos bordillos do paseo así coma nos espazos de recreo.

Veciños de Padrón denuncian o uso que a igrexa fixo dun dos actos de Semana santa e reclaman desvincular política e relixión

Veciños de Padrón presentou, no pleno deste xoves, unha moción de urxencia en defensa da neutralidade relixiosa no Concello de Padrón, que finalmente non chegou a debaterse por chegar a sesión plenaria á hora límite das doce da noite. 

Os membros de Veciños de Padrón non participarán nas celebracións de Semana Santa

Na mañá do pasado mércores Teresa Rey, Concelleira de Veciños de Padrón, recibiu a invitaciónpor parte do alcalde para participar,xunto co resto da Corporación Municipal,nos actos oficiais que terán lugar durante a celebraciónda Semana Santa e os festexos de Pascua deste 2016. Entre estes actos atópanse as misas e procesións do Xoves e o Venres Santo, que habitualmente están presididas polo alcalde, o seu equipo e os concelleiros e concelleiras da oposición. A formación decidiu, tras unha profunda reflexión, non participar nestes actos relixiosos.

Os membros de Veciños de Padrón creen que debe existir unha separación entre a relixión e as institucións, que representan tanto a persoas relixiosas como a outras que non o son. Por este motivo, e sempre dende o máis profundo respecto a unhas celebracións que teñen un importante valor cultural e tradicional no municipio, non consideran ético participar como agrupación política. Porén, todos os integrantes do partidoque desexen acudir ás procesións a título persoal, o farán con total liberdade.

A pesar disto, Veciños ten moi claro que as misas e procesións da Semana Santa padronesa forman parte do amplo programa cultural das festas, e como tal, teñen todo o apoio da agrupación. Representantes de Veciños estarán presentes, como espectadores, durante a celebracións dos mesmos; e o partido publicitará e promocionará os actos a través da súa páxina de Facebook, dándolle o mesmo tratamento que ao resto de actos culturais aos que asiste.

BNG Padrón - Mal estado das rúas do casco vello

Durante a primeira semana de marzo, e ante a chegada da Semana Santa Padronesa, o goberno municipal decide encintar as rúas do pobo.

As presas e a desidia, fan que, novamente, e a pesar do tempo, chuvia toda a semana, os traballos se fagan igual, deixando as rúas emporcadas, con risco de accidentes e o problema sen solucionar, pois o cemento (non sabemos se é a solución máis adecuada), como todo o mundo sabe excepto o Goberno Municipal, non seca se chove.

Ademais de empeorar a imaxe do pobo ante o conxunto da cidadanía, coa xa deteriorada pola sucidade e o estado ruinoso do casco, hai que sumarlle o enfado do todo o comercio, polo que supón o nefasto impacto que o lodo formado do cemento produce nos locais comerciais.

Ante todo o exposto, o BNG de Padrón, instou ao goberno municipal, primeiro, a que planifique debidamente as obras para non repetir o nefasto resultado das actuais, e que proceda canto antes á limpeza das rúas afectadas, procurando que ao comezo das próximas festas o casco histórico de Padrón non pareza unha lameira.

CIPA Padrón - Moción irregularidades tarxetas de residentes

A Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local no seu capitulo III. Competencias. Artigo 25. Recolle que os municipios exercerá competencias nas seguintes materias.b.- Ordenación do tráfeco de vehículos e persoas nas vías urbanas, a maiores temos normativa municipal propia que se recolle na Ordenanza xeral de circulación e uso da vía pública ( BOP 19 de novembro de 2004) . Dende fai tempo temos constatado un uso fraudulento de certas tarxetas para acceso ao casco vello de Padrón, descoñecendo que número delas se atopan nesta situación, coñecemos casos de posuidores de tarxeta que teñen o seu domicilio fora da zona do casco vello que non lles daría dereito á súa expedición, outras que seguen a manter o seu domicilio antigo no casco vello, cando en realidade residen fora del e incluso noutros concellos. Con que finalidade o están a facer ?. Para non perder ese dereito de circular ou aparcar en zonas exclusivas de residentes, o que está a producir un agravio comparativo con outros padroneses/as que por non vivir no casco vello e incluso nas súas proximidades non posúen este dereito, incluso padroneses que teñen vivenda no casco vello pero viven fora do casco vello aos que se lle obriga dispor dunha autorización provisional para poder circular ou acceder. 

A vixente ordenanza xeral de circulación e uso da vía pública no art. 34.3 contempla a posibilidade de que os servizos municipais designados para funcións de comprobación expedirán a tarxeta.

Asemade o mesmo artigo, cito textualmente: “ O concello reservarase o dereito de esixir calquera outra proba documental ou de realizar de oficio cantas comprobacións considere necesarias para contrastar a veracidade das acreditacións”. 

O artigo 34.6 contempla que no caso de variación das condicións que no seu dia se expresaron na solicitude, que xerou dereito á expedición da tarxeta, como poden ser: cambio de domicilio ou cambio de vehículo, a persoa interesada deberá solicitar un novo distintivo que emitirá o Concello logo das comprobacións oportunas. O solicitante, neste caso, entregará nas oficinas municipais a tarxeta de aparcamento que obtivera con anterioridade.

O artigo 34.7 di que se das comprobacións practicadas, resultara que a persoa titular do distintivo de aparcamento realiza un uso fraudulento del ou que os datos presentados para obtelo foran falseados, procederase a retirar o distintivo, sen prexuízo da incoación do expediente sancionador que corresponda. Se das actuacións practicadas se desprenderon indicios de ilícito penal serán remitidas ao órgano competente. A anulación do distintivo por esta causa non dará dereito a reembolso da cantidade pagada para a súa obtención. 

Non sabemos cales son os motivos polos cales o goberno local non toma cartas no asunto e cumpre coas funcións de garantila legalidade pois si a cuestións económicas nos referimos a recadación polo padrón fiscal, segundo datos do exercicio 2015, pola taxa de entrada de vehículos a través das beirarrúas e por reserva da vía pública para aparcamento exclusivo (vados) recádanse 3.987,48 €, cantidade que non debería ser impedimento ao non distorsionar salientablemente o capitulo de ingresos das arcas públicas. Refutado unha cuestión económica só nos queda pensar que se trata de practicar a política do laissez faire que tantas veces denunciamos o pasado mandato e este no transcurso das sesións plenarias. Unha actuación permisiva e consentida coa ilegalidade ou ben porque afecta a votantes do Pp ou simpatizantes desta formación.

É polo que PROPOÑEMOS os seguintes ACORDOS DE RESOLUCIÓN:

a. Tomar acordo plenario para instar do goberno municipal do Pp, en concreto do sr. alcalde e do sr. concelleiro de área de tráfico encomende ao responsable ou responsables das expedicións e informes para a concesión destas tarxetas un control exhaustivo das concedidas en orde a averiguar, e solucionar as ilegalidades que están a sentar precedentes de agravios comparativos por permitir e consentir actuacións fraudulentas no emprego das tarxetas de residentes,.

b. Tomar acordo plenario para instar do goberno municipal do Pp, proceda á revisión e actualización do censo de residentes no casco vello de Padrón con criterios obxectivos e imparciais como debe ser obriga dunha administración pública en aras do principio de imparcialidade e transparencia.

c. Proceder a requirir e retirar a tarxeta dos residentes infractores.

CIPA Padrón - Demanda de melloras na Avenida de Pointecesures

Toda a Avenida de Pontecesures, nun tramo de 1  km, dende o paso de peóns do PAC ata o lugar da Ponte carece de beirarrúas coas que garantila seguridade dos peóns, esta situación que se prolonga no tempo , sen que se lle procure unha solución axeitada, preocúpanos porque todo este tramo transcorre paralelo á N-550 principal arteria de comunicación Galicia Norte-Sur que soporta un tráfico diario entre 20.000- 30.000 vehículos, co cal as condicións de falla de seguridade son máis que evidentes. Si analizamos a situación actual dos diferentes tramos atopámonos co seguinte:
Dende o paso de peóns do PAC ata o vial que conduce ao lugar do Lestido marxe esquerda da estrada, como diciamos non ten beirarrúas os peóns teñen que camiñar por entre coches que están aparcados, entran e saen de garaxes e de negocios particulares e si a isto lle engadimos que as fochas ocupan a maior parte dos tramos impedindo e dificultando o paso das persoas con mobilidade reducida ou con coches de bebés por poñer un exemplo son razóns máis que suficientes para procurar unha solución ao problema pranteado. 
Na marxe dereita non existen beirarrúas co agravante do desnivel entre o campo de fútbol e a N-550. A  maiores temos un paso de peóns sen accesibilidade para persoas discapacitadas e cun acceso en chanzos, cando o máis lóxico seria habilitalo nunha das esquinas da rampa de acceso N-550 - campo de fútbol para garantila accesibilidade.
A partires deste punto en dirección A Ponte a situación agravase coas bifurcacións a un e outro lado: marxe esquerda: pista do Lestido, saída da autopista ou vía rápida, entrada a autopista ou vía rápida ata os edificios da Ponte, de aquí ata a Ponte marxe esquerda continúase sen seguridade nin beirarrúas.
Marxe dereita, dende a rampa do campo de fútbol varios cruces: Noirmoutier, vía rápida, acceso a autopista, saída da vía rápida, acceso á EEI da Ponte.
Cando no mandato 2007-2011 formamos parte do goberno municipal solicitaramos planos na  Demarcación de Estradas do Estado en Galicia para coñecer a titularidade dos terreos existentes entre a N-550 e as edificacións desta Avda. Neste plano aparecían os terreos como lugar de afectación de estradas pero seguían sendo de titularidade privada. Cando se construíron as edificacións marxe esquerda da estrada dende as Lágrimas ata pasar o campo de fútbol ( a maior parte delas no goberno do mesmo signo político que o actual, é dicir o PP) o que deberían ser terreos municipais de cesión, non se esixiu a cesión e agora atopámonos cun problema encistado no tempo.
Volvendo ao mandato 2007-2011 en varias ocasións desprazámonos A Coruña a Demarcación de Estradas para buscar unha solución ao problema, presentóusenos un proxecto redactado polo Ministerio de Fomento para actuar sobre esta travesía na que se contemplaba a construción de beirarrúas amplas en todo o tramo, carrís de incorporación e desaceleración, unha zona intermedia nas propias beirarrúas urbanizada con luminarias, arbores, carrís bicis en ámbalas marxes. Un proxecto que superaba a inversión de 5 millóns de euros. Este proxecto quedou nun caixón e só se actuou na marxe dereita da estrada no lugar da Ponte, construíndo unha senda peonil en terra, proxecto no que se investiron entre expropiacións e construcións medio millóns de euros, co cal Padrón, A Ponte e os veciños dos núcleos están ´á espera dos 4, 5 millóns de euros restantes que lle garantan calidade de vida, seguridade e infraestruturas dignas nun tramo con perigosidade extrema.

. E polo que PROPOÑEMOS os seguintes ACORDOS DE RESOLUCIÓN:

a.     Tomar acordo plenario para instar do goberno municipal do Pp  que se dirixa de maneira urxente a Demarcación de Estradas do Estado en Galicia e o Ministerio de Fomento para que se actúe prioritariamente neste kilómetro de inseguridade vial dende Padrón ata o lugar de A Ponte e se recupere o proxecto de urbanización.
b.    Tomar acordo plenario que mentres non se actúe sobre o tramo, por parte de Fomento, que actúe o concello cos permisos que sexan necesarios sobre a beiravía para tapar as fochas que no inverno se enchen de auga e impiden o paso de discapacitados, coches de bebés ou carros da compra
c.     Tomar acordo plenario para que o concello solicite e habilite no menor prazo de tempo posible un paso de peóns con accesibilidade na zona en fronte do campo de fútbol.

d.    Tomar acordo plenario  para que o goberno encargue aos servizos xurídicos e urbanísticos municipais  un informe sobre a non cesión e non urbanización dos terreos por parte dos propietarios das edificacións existentes ao longo da N-550 dende as Lágrimas ata o acceso á autopista en ámbalas dúas marxes ao obxecto de actuar sobre estes terreos para que non continúen nunha situación de desleixo e que están a causar un problema de seguridade vial.

Psoe Padrón - Baches/Socabóns en Avda. Compostela.

O goberno municipal de Padrón (PP), fai unhas semanas pretendía facerse cargo da estrada AC-299 (Padrón(AC-307)-AC-301) entre o PK 0+000 e o 2+160. Acabaría desistindo da súa pretensión.

A realidade é que o goberno municipal e incapaz de xestionar a rede actual de pistas, beirarrúas e rúas. 

Días atrás vironse forzados ao arranxo do enlousado da Rúa Santo Domingo, que se estaba deteriorando pola deixadez do grupo de goberno, ao verse presionados por tódolos grupos políticos que formamos a corporación.

Hoxe, desde o Grupo Municipal Socialista, volvemos a denunciar públicamente o perigo que supoñen os baches, digo socavóns, que se atopan na Avda. de Compostela, marxe da estrada N-550. Ditos socavóns non visibles os días de chuvia, por estar cubertos de auga, supoñen un perigo para o tráfico rodado, especialmente as motocicletas, e tamén para os peóns, xa que se atopan na proximidade dun paso de peóns e nun lugar de cambio de sentido, polo que hai vehículos que invaden a zona de baches para adiantar pola dereita aos que están parados na calzada esperando a poder cambiar de dirección.

Desde o Grupo Municipal Socialista, facemos un chamamento a responsabilidade do grupo de goberno (PP) para poñer solución a esta situación de perigro, tanto nesta zona do casco urbano como en pistas da zona rural.

Veciños de Padrón - Denuncia da actitude do goberno municipal en plenos e comisións

Perplexidade. Esa é a palabra coa que Veciños de Padrón define as súas impresións ante a actitude que mostrou o equipo de goberno durante a celebración do Pleno Ordinario do pasado xoves 28 de xaneiro. Un pleno bronco e esperpéntico onte só se chegaron a debater, por falta de tempo, 17 dos 29 puntos da orde do día dos cales 18 eran mocións presentadas pola oposición para esixirlle ao goberno local que poña en marcha medidas para solventar as problemáticas máis urxentes ás que se enfronta a vila.

Para Veciños de Padrón, o Partido Popular non só evitou con evasivas as cuestións expostas pola oposición ao longo de toda a sesión plenaria, se non que demostrou a súa pouca capacidade e interese para gobernarculpando aos traballadores municipais das súas neglixencias, xustificando a falta de actuacións baseándose en que moitos dos problemas da vila son imposibles de solucionar e afirmando que non teñen pensado presentar orzamentos para o ano 2016 por falta de tempo; a pesar de ser esta unha ferramenta fundamental para o bo funcionamento dun Concello e de datar os últimos que presentaron do ano 2014.

Ademais disto, Veciños denuncia tamén a actitude do goberno durante as Comisións Informativas que se celebran con anterioridade aos plenos, nas que os diferentes grupos expoñen as cuestión relativas ás propostas e mocións que se debaterán e serán ou non aprobadas alí. A pesar da importancia deste procedemento para o correcto funcionamento do Pleno, o equipo de goberno está acudindo a estas Comisións sen preparación algunha, relegando as respostas das cuestións plantexadas pola oposición á propia sesión plenaria. 

Unha actitude completamente irresponsable para Veciños de Padrón, que recorda que tanto as Comisións como os plenos os están pagando cos seus cartos todos os veciños, polo que consideran que selles está a faltar ao respectoao tomar esta actitude.

Oposición Padrón - Demanda de pleno extraordinario e comisión informativa

Os abaixo asinantes, concelleiros membros da Corporación do Excmo. Concello de Padrón, en representación dos Grupos Políticos Municipais PGD, PSdeG-PSOE, AxP e CIPa, solicitan a convocatoria dun pleno extraordinario para tratar os asuntos que quedaron pendientes do Pleno ordinario celebrado o 28.01.16, e unha comisión informativa para que se aporte a información que non se dou no pleno ordinario, nin nas comisión informativas previas ao mesmo, por non tela dispoñible o grupo de gobemo (PP)

Exposición de motivos.

O xoves, 28.01.16, celebrouse pleno ordinario que finalizou sen debater a totalidade dos asuntos incluídos na orde do día, por ter que prolongarse a celebración do mesmo ata mais alá das 24:00 horas, polo que chegado ese momento se puxo fin a sesión plenaria.

Dos 29 puntos de que constaba a orde do día tan só foran debatidos e votados 17, quedando os restantes, entre o dazaoito e o vintenove, sen debater.

Por ese motivo, os grupos da oposición, consideramos necesaria a convocatoria dun pleno extraordinario e urxente, no que se debatan os asuntos pendentes, así como a convocatoria previa ao pleno de Comisión informativa, na que se de a información que quedou pendiente do pleno, e comisións informativas previas, ben por non dispoñer dela nese momento ou por outros motivos.

A información, de ser posible, que sexa entregada coa convocatoria dais comisión/s informativa/s

Entre esa información estaría: tramitación para mellora parques infantis, .contrato vallas campo fútbol Flavia, órdenes exección tramitadas aos propietarios de edificios en mal estado (durante o gobemo actual e o anterior), edificios nos que se actuo durante este gobemo e o anterior na zona ARI, altas e baixas no mercado dominical durante entre 2001 e 2016 (gobemo do PP) así como os criterios para o concesión das altas, o mesmo na Praza de Abastos municipal...(1).

Polo exposto, proporienos a celebración de:

1. Comisión informativa.

Tratar temas pendientes comisión informativas previas a celebración do pleno ordinario do 28.01.16, e pleno ordinario, non facilitar información por carecer dela nese momento ou por outros motivos. (1)

2. Orde do día do Pleno:

18. Moción presentada por. PGD, PSdeG-PSOE, Vecirios de Padrón, AxP, BNG e CIPa sobre a modificación do Regulamento orgánico municipal.

19. Moción presentada polo PGD sobre as paradas do autobús escolar.

20.-Moción 'resentada por PGD, PSdeG-PSOE, AxP e CIPa sobre a entrega das actas das sesións da Xunta de Goberno Local no prazo legalmente establecido.

21. Moción presentada por PSdeG-PSOE sobre a falla de mantemento das instalacións e recinto deportivo de Extramundi

22. Moción presentada por AxP sobre as vallas publicitarias no campo de O Souto.

23. Moción presentada por AxP sobre Campo de Traballo Internacional"Padrón no camirio"

24. Dación de conta da Resolución do Alcalde de modificación dos membros da Xunta de Goberno

25. Dación de conta da Resolución do Alcalde de modificación do nomeamento de Tene.- Dación de conta da Resolución do Alcalde de modificación das delegacións de Competencias nas persoas membros da Xunta de Goberno.

27. Dación de conta das resolucións adoptadas pola presidencia contrarias aos reparos suspensivos formulados pola intervención Municipal. Reparos 16 a 19

28. Dación de conta das resolucións do Alcalde da número 777/2015 á número 866/2015 e das Resolucións do Alcalde da número 001/2016 á número 033/2016

29. Rogos e preguntas

PG Padrón - Presentación da homenaxe a Castelao

No día de onte ás 12:00 horas no Auditorio do Centro Social de Padrón procedeuse a presentación do Acto que se vai a celebrar en Rianxo o próximo día 30 de xaneiro, sábado, conmemorando o 130 aniversario do nacemento de Castelao. O pistoletazo de saída de este acto comezou o pasado día 20 mércores, no Concello de Rianxo, e que seguirá promocionandose por distintas partes de Galicia ata o día da súa celebración.
No acto de hoxe estiveron presentes Carlos Mella Presidente da Fundación Castelao, Francisco Lopéz "Chesqui" secretario xeral do PG e Anxo Rodríguez Concde concelleiro e vicepresidente do PG.

A presentación comezou ca intervención de Anxo o concelleiro de Padrón dando a benvida e agradecemento aos medios así como ao Presidente da Fundación Castelao e o secretario xeral do PG, tamén dando as gracias pola súa vontade, xenerosidade e actitude ás distintas forzas políticas que van asistir ao acto do día 30 así como as distintas fundacións e colectivos sociais que tamén asistiran e tiveron que ver na vida e figura de Castelao.
Intervención de Carlos Mella, comeza dicindo:

Castelao foi un home esencial que por riba de continxencias persoais, históricas ou políticas, foi quen de sementar ideas, facer agromar ideais, diagnosticar galegas infirmidades e ofrecer cura para as eivas da súa terra. Castelao mirou Galicia e non lle gustou o que viu, pero en troques de deitarse na queixa, púxose remedialos atrancos e as eivas que impedían o soerguer dun país por veces esquencido de si mesmo, e fíxoo con carraxe e valentía, loitando contra a infirmidade, a guerra o exilio e mesmo contra a incomprensión, cando non contra a insolidaridade e o esquecemento. E con tódalas suas forzas loitou a prol de Galicia coas armas democráticas da palabra, da escrita e do debuxo sen botar man da violencia e sen reclamar pretendidas superiodidades. Negase a considerar a Galicia como un recanto xeográfico e administrativo, coma un pais fantasmagórico instalado no mundo da fantasía e construído cos materiais da lembranza e da resignación, sabe que Galicia é unha nación asoballada, esmagada polos de fora e esmaquizada polos de dentro e que fica sen historia propia e vive e padece unha historia allea escrita noutra lingua. Ás alturas de hoxe convén mirar Galicia como a mirou Castelao, con sua mirada critica e agarimosa, ilusionada e prudente, rexa e pacífica que nos invita a traballar cos outros en tarefas comúns, coa única condición de facelo en pé de igualdade, e decir, para entre todos construir unha Galicia mellor.

Intervención de " Chesqui ", comeza dicindo:

O PG fixo unha chamada de autoconvocatoria na persoa de Castelao, a cal respostaron todos os que están, alguén tiña que intentar xuntar o galeguismo nacionalismo arredor de un persoeiro , dunha figura como fixo Castelao tempo atrás e máis nestes momentos tan convulsos da política actual e lle correspondeu ao Partido Galeguista xa que os dirixentes do PG son os mesmos que os que foron nomeados no ano 1983 no 5º Congreso do Partido Galeguista cando o presidía D. Ramón Martinez López, Manolo Beiras, etc. Dende o PG intentamos facer o que fixo no seu día a figua de Castelao como home pacificador e de concordia, e facendo dende o PG a seguinte reflexión e dunhas verbas do propio Castelao " Quen pode, pois, salvar a Galiza? . Galiza mesma. ".

CIPA Padrón - Moción mercado dominical

Eloy Rodríguez Carbia portavoz do grupo político da C.I.Pa presenta á consideración da Corporación a seguinte MOCIÓN o abeiro do disposto respectivamente nos artigos 91.4 e 97.3 do ROF e 40.3 do ROM para o seu debate na sesión plenaria ordinaria a celebrar o 28 de xaneiro de 2016

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

O mercado dominical é unha fonte importante de ingresos para o concello de Padrón, un punto de encontro para compradores e vendedores e un reclamo para unha ampla comarca, pero este mercado precisa urxentemente da toma de decisións e xestión política que procuren unha reordenación axeitada por sectores, mellorala condicións de venda dos produtos ao desenvolverse ao aire libre, toma de medidas de control sobre a venda no referido a vendedores ilegais, desmontaxe dos postos, recollida de plásticos e bolsas e limpeza en xeral trala celebración do mercado.

O que deberían ser cumprimento de cuestións básicas vemos como cada domingo a situación empeora, non se toman medidas as beiras do río Sar, o solo do Espolón e incluso as rúas e prazoletas da vila, segundo sopre o vento convértense nun auténtica esterqueira ata ben avanzada a tarde 

. E polo que PROPOÑEMOS o seguinte ACORDO DE RESOLUCIÓN:

a. Tomar acordo plenario de facer un estudio exhaustivo por parte de persoal cualificado sobre o mercado dominical para mellorala funcionalidade do mesmo, reordenación dos postos de venda por produtos, mellorala situación e condicións de venda dos vendedores en todo o recinto feiral e control dos vendedores ilegais.

b. Tomar acordo plenario para que haxa un control exhaustivo, por parte de persoal municipal, no desmontaxe dos postos e se garanta e esixa unha recollida efectiva de plásticos e cartóns e estes non queden espallados polo chan trala celebración do mercado.

Psoe Padrón - Moción inundacións

O Grupo Municipal Socialista no concello de Padrón, a través do seu voceiro Camilo Forján Seoane, en base ao disposto nos artigos 91.4 e 97.3 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das entidades locais e demais normativa que poida resultar de aplicación, presenta diante do Pleno da Corporación a MOCIÓN relativa a " INUNDACIÓNS"

Exposición de motivos:

Días pasados, lugares como Lamas, Cambelas..., accesos ao polígono de Pazos, sofriron as consecuencias do desbordamento do río Sar.

Grave foi a situación no lugar de Lamas, onde a auga entrou en vivendas, dúas veces en oito días, provocando danos e molestias aos seus propietarios.

Os desbordamentos nesa zona vironse facilitados pola construcción da nova carretera que partindo da N-550 leva á rotonda de Rois, ao ser construída sen deixar paso suficiente para as augas que leva o río Sar nos días de fortes choivas.

Desde o Grupo Municipal Socialista, e non nos cabe a menor dúbida que tamén desde os outros grupos municipais, poñémonos a disposición do goberno municipal para axudar e apoiar as xestións necesarias para intentar minimizar os desbordamento do río Sar.

Recordamos a prometida e nunca realizada canalización do río Sar augas arriba da ponte nova que leva a Extramundi.

Polo exposto, o GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA, presenta ó Pleno a seguinte PROPOSTA DE ACORDO:

Instar ao grupo de goberno a realizar as xestións necesarias para mellorara a canalización de río Sar ou aquelas actuacción que técnicamente axuden a minimizar esta inundacións.

Alternativa X Padrón - Desidia e falata de actuación no goberno municipal

Alternativa por Padrón (en diante AxP) presentou no rexistro do Concello de Padrón dúas mocións para o seu debate no vindeiro pleno ordinario do 28 de xaneiro.

A primeira delas afonda no que consideran unha situación irregular no tocante á solicitude, adxudicación e execución do Campo de Traballo Internacional “Padrón no Camiño” levado a cabo no pasado mes de xullo de 2015. A formación política considera que o papel do concello foi de intermediario solicitando fondos públicos á administración autonómica para adxudicarllos directamente a unha entidade privada local; neste proceso, foi pouca a publicidade e promoción realizada, dubídase da execución dalgúns aspectos contemplados na memoria inicial e para sorpresa de AxP o pago da factura polo servizo será feito directamente da Xunta de Galicia á entidade adxudicataria. Non entenden o papel de intermediario do Concello que nin sequera soubo aproveitar os beneficios que esta interesante actividade podería reportar á nosa vila.

A segunda moción fai pública a situación das vallas publicitarias instaladas no campo de fútbol de O Souto (campo do Flavia); as empresas que as instalan cobran ás anunciantes pola publicidade e sen embargo o concello non ten nin acordo nin convenio nin contrato escrito establecido con elas e por tanto está a deixar pasar uns ingresos nas arcas municipais.

A formación encabezada por Cesáreo Pardal non dá crédito ao desgoberno, desidia e pasotismo coa que este goberno do PP segue a actuar e afirma que seguen a recabar información real deste modo de desgobernar Padrón.