Ames Novo destaca a colaboración de tódolos grupos para sacar a concurso o Ciclo Integral da Auga
O pasado xoves celebrouse o pleno ordinario de mes de abril en Ames que someteu a deliberación e acordo da corporación local cuestións tan importantes como as Ordenanzas fiscais reguladoras da taxa de subministro e saneamento da auga así como a licitación do Ciclo Integral da Auga.
O BNG de Ordes acusa ao alcalde contratara a dedo
O BNG de Ordes acusa ao alcalde de contratar a dedo a redacción do proxecto para o acondicionamento e adición dun ximnasio no pavillón Campomaior. Para os nacionalistas, deberíase abrir a oportunidade de presentar ofertas a través dun procedemento aberto.
O PP de Ames critica a suba das tarifas da auga
O Grupo Popular denuncia que as novas ordenanzas da auga aprobadas polo Goberno de Ames suporán un incremento das taxas para as familias
No último Pleno, aprobouse por unanimidade o proceso de licitación do ciclo integral da auga, nun procedemento de 2+1+1 anos e que permitirá o estudo da municipalización do servizo, tal e como se intentara facer no anterior mandato coa oposición dos que hoxe conforman o grupo de goberno.
A USC elaborará a metodoloxía de xestión da transparencia pública no concello de Ames
O Concello de Ames será o primeiro organismo público no que o grupo de investigación de Psicoloxía Comercial, Comportamento do Consumidor, Estudos de Opinión e Márketing Interno e de Servizos da USC, baixo a supervisión do catedrático Jesús Varela Mallou, porá en práctica real o seu Modelo de Xestión de TransparenciaUSC e Xunta inauguran este luns a mostra xacobea ‘Galicia, casa dos peregrinos’
A mostra estará instalada no Colexio de Fonseca
Fallados os premios do concurso de fotografía ClickTrasdeza
Os traballos quedarán expostos a partir do próximo venres día 6 na Casa de Cultura
Carta da Plataforma de Vítimas do Alvia dirixida ao Congreso dos Diputados
Estimadas
señoras y señores diputados,
somos
la Plataforma Víctimas Alvia 04155, que agrupa a la mayoría de víctimas y
familiares, del accidente del AltaVelocidad
más grave de la democracia, con 81 fallecidos y más de 140 heridos.
Carmen Torres inaugura en Brión a súa exposición de pintura “Like a rolling stone”
A artista Carmen Torres inaugurará hoxe venres 29 de abril, ás 20:30 horas, a exposición de pintura “Like a rolling stone” na sala de exposicións da Casa da Cultura de Brión.
Solos de danza para celebrar o 175 aniversario do Teatro Principal
Hoxe poderemos ver ‘Planificar a caída. En proceso’ de trasPediante; o sábado ‘Ulises e a nena durmida’ de Ánxela Blanco; e o domingo ‘Control’ de Javier Martín
Mónica Doldán presenta «Registros del pozo azul» na Libraría NUMAX
A artista e deseñadora gráfica Mónica Doldán expón na Libraría NUMAX (R/ Concepción Arenal, 9, Santiago de Composetla) a súa última creación, que leva por título Registros del pozo azul. A exposición será presentada pola propia artista hoxe venres 29 de abril ás 20:00.
O BNG de Teo esixe que se revisen todas as obras de traída de auga realizadas nos últimos anos
Diante da gravidade da presenza de aluminio na rede de abastecemento solicítase información
O PP retira as mocións para protestar poos “reiterados incumprimentos” dos acordos aprobados no pleno de Santiago
Os populares abandonan a sesión plenaria, no inicio do debate das iniciativas, como rexeitamento á actitude antidemocrática do alcalde
Máis de 800 persoas asistirán este domingo á xuntanza de maiores organizada polo Concello de Ordes
O programa arrancará ás 13.30 horas no Campo da Feira, e inclúe unha misa solemne seguida de xantar, sobremesa e baile
Silleda adheriuse ao convenio entre a Xunta de Galicia e Fegamp para a realización de melloras no punto limpo
O convenio recolle accións para dotar aos puntos limpos de equipamentos para a recollida e clasificación de Residuos de Aparellos Eléctricos e Electrónicos, (RAEE), así como formación para o persoal municipal vinculado á súa xestión
O cuartel da Garda Civil do Milladoiro, en Ames, reforzarase coa incorporación de 7 novos axentes
O tenente-comandante do posto da Garda Civil do Milladoiro, Jesús Ramón Viaño, confirmou que a partir do vindeiro 5 de maio se van a incorporar 7 novos axentes ao cuartel da Garda Civil do Milladoiro co obxectivo de dispor dos 35 efectivos que había en 2011 cando se inaugurou este posto da Garda Civil
O BNG de A Estrada en contra da fusión Cerdedo-Cotobade
No día de onte reuníronse membros do BNG das comarcas de Pontevedra e da Estrada co fin de manter unha xuntanza de traballo na que avaliar o proceso fusión de Cerdedo-Cotobade aberto polos dous alcaldes do Partido Popular.
VII Encontro de patinaxe das Escolas deportivas de Ames
Moción de urxencia do goberno de Lalín en defensa do servizo de correos
Coñecedores polos medios de comunicación comarcais e sendo exhaustivamente informados por unha representación dos traballadores do servizo de reparto urbano e do rural deste Concello da decisión da Empresa Pública CORREOS, S.A. de proceder a concentrar a totalidade do cadro de persoal de reparto rural en Lalín provinte dos concellos de Agolada e Rodeiro, conxuntamente cos que xa estaban de Dozón e Lalín
Arzúa promove actuacións por máis de 135.000 euros grazas á boa xestión económica
A sesión plenaria que terá lugar no Concello de Arzúa hoxe venres, 29 de abril, permitirá abordar a aprobación de varios proxectos técnicos nos que se contemplan importantes actuacións que inclúen o acondicionamento e mellora de diversas pistas e camiños no municipio.
Sorteo Copa Terceira División de Fútbol Sala
O centro de FP de Automoción de Ordes acada un dos premios de innovación
Recibirá 3.445 € para a construción dunha maqueta a escala dun motor Citroën HDI. Ata o vindeiro sábado poderase seguir votando para a súa participación no concurso 'Xoves Técnicos en Automoción 2016'
O arxentino Nahuel Porcel de Peralta ofrece un concerto na Casa das Crechas
A Casa das Crechas ofrece este xoves o concerto do cantor arxentino-mexicano Nahuel (Carlos Porcel de Peralta), que está por primeira vez en Galicia. A cita será as 9 da noite.
Nova reunión do Club Camaleón de Brión, de animación á lectura para nenos e nenas de 3 a 8 anos
A Biblioteca Municipal de Brión acollerá hoxe xoves 28 de abril, ás 18:00 horas, unha nova sesión do Club Camaleón, unha iniciativa de animación á lectura dirixida a nenos e nenas de entre os 3 e os 8 anos de idade acompañados dun adulto.
Denis Kozhukhin dentro do Ciclo de Piano Ángel Brage
O pianista Denis Kozhukhin é o novo convidado do Ciclo de Piano Ángel Brage e poderemos escoitalo no Auditorio de Galicia hoxe, xoves 28, a partir das 21.00 h. Interpretará obras de Haydn, Brahms e Prokofiev.
Proxección do documental ‘O tesouro de Corcoesto’ e coloquio coa directora
A realizadora Cora Peña charlará hoxe xoves 28 coas persoas que asistan ás 17.00 horas no Auditorio de Ciencias da Comunicación á proxección do seu documental ‘O tesouro de Corcoesto’sobre o polémico proxecto da mina de ouro na comarca de Bergantiños, unha actividade organizada pola Oficina de Desenvolvemento Sostible da USC.O BNG de Ordes pide que se corrixan os erros da nova páxina web
O BNG de Ordes defendeu no pasado pleno unha iniciativa na que instaba ao alcalde a corrixir varios erros existentes na nova páxina web do concello de Ordes.
Teo remata o 2015 con resultado orzamentario positivo
A evolución do remanente de tesourería nos últimos anos tamén ten é moi positivo
Formando en familia, unha nova proposta educativa do Concello de Arzúa
O goberno municipal de Arzúa botará a andar un novo programa educativo que baixo o título ‘Formando en familia’ ofrecerá ás familias do municipio un conxunto de propostas formativas para interactuar en temas relacionados coa educación familiar, a comunicación e as habilidades para a resolución de conflictos cotiáns.
Axudas para a rehabilitación de vivendas nos camiños de Santiago
O DOG publica hoxe a Resolución pola que se convocan as axudas, cun prazo de solicitude dun mes. Estas axudas súmanse aos 15,4 millóns de euros destinados ás Áreas de Rehabilitación Integral e á Área de Rehabilitación Integral dos Camiños de Santiago e ao programa de rehabilitación edificatoria
Pablo Díaz ofrece este venres en Bertamiráns un concerto para a xente "miúda" da casa
O espectáculo "Xente miúda moita fartura" comeza ás 18:30 horas na Casa da Cultura de Bertamiráns. As entradas para o concerto son gratuítas e poden descargarse na Billeteira electrónica municipal
Obradoiros sobre xénero, violencia de xénero, prostitución e trata no IES de Ames
Persoal de Vagalume conduce estas sesións, dirixidas ao alumnado de 4º da ESO, 1º e 2º de Bacharelato, e un grupo de FP básico. Os principais obxectivos destas sesións pasan, todos eles, pola sensibilización cara a igualdade de xénero
Presentada a XXV Festa do Melindre e da Repostaría
concelleiro Benito Nebril. Estivo tamén o alcalde de Ourense Jesús Vázquez, nomeado embaixador do Melindre nunha pasada edición cando aínda era conselleiro de Educación da Xunta de Galicia.
XIII Campionato de seleccions provinciais de balonmán en lalín
O Balonmán Lalín te a mellor canteira galega, polo que este evento servirá para que no se poida facer alarde dunha tradición balonmanística da que nos sentimos moi orgullosos”, apuntou Nicolás González Casares
Somos a curta! volverá premiar humor e lingua na súa quinta edición
O alumnado das tres universidades galegas, do bacharelato artístico e das diferentes escolas de Imaxe e Son de Galicia poden participar xa na quinta edición do Certame de curtas de comedia ‘Somos a curta!’, que estende ata o 12 de outubro o prazopara presentaren as súas pezas audiovisuais de 10 minutos como máximo, co humor como piar e en lingua galega. A biblioteca municipal de Sigüeiro convoca o XI Concurso de Marcapáxinas
Está dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 14 anos, que deberán presentar os seus orixinais na bilbioteca municipal antes do 13 de maio
Presentado o torneo Cidade do Futsal
Onte tivo lugar a presentación da III Edición do torneo Cidade do Futsal que se celebrará na Cidade da Cultura os días 7 e 8 de Maio. Devandito acto contou coa presenza de Beatriz González, xerente da Fundación Cidade da Cultura; Julio Masid, director de Viaqua; Ramón García, presidente do Santiago Futsal e Noa Morales, concelleira de Deportes de Santiago de Compostela.
Charla sobre contaminación lumínica na Facultade de Matemáticas
Os expertos Salvador Bará, da USC, e Víctor Tilve, doCentro de Estudos de Física do Cosmos de Aragón, falarán hoxe mércores 27 sobre contaminación lumínica na Facultade de Matemáticas. A charla terá lugar ás 20:15 horas no Salón de Graos.
A actividade, organizada pola Oficina de Desenvolvemento Sostible da USC, ten como obxecto concienciar das consecuencias da contaminación lumínica e as posibles medidas de prevención, baseándose en exemplos da contorna.
Salva Bará é profesor da Facultade de Óptica e Optometría, especialista en contaminación lumínica e astronomía con especial implicación na divulgación científica. Pola súa banda, Víctor Tilve realiza o doutoramento en Matemáticas e é técnico operador de telescopios do Observatorio Astrofísico de JavalambreCentro de Estudos de Física do Cosmos de Aragón.
A charla enmárcase no traballodos bolseiros e bolseiras SPIU do Plan de Desenvolvemento Sostible, que facilitan o deseño de actividades baseadas na detección por parte do alumnado das necesidades e inquedanzas da comunidade universitaria.
Cidadáns Ames reclama Internet universal para todo o rural de Ames
Javier López defenderá no próximo pleno unha moción para garantir este servizo ao 30% de amienses que residen neste contorno
II Edición de Ler Contos con diferentes sabores na Ánxel Casal
A Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal acollerá o xoves 28 de abril ás 18.30h, en
colaboración coa Associação Galega da Língua (AGAL), a segunda edición da actividade Ler contos con diferentes sabores da nossa língua.
Xestur adxudica 20 novas parcelas, 6 delas na bisbarra de Compostela
As novas vendas súmanse ás 183 parcelas adxudicadas en 2015, cando se superaron os 416. 000 metros cadrados adxudicados
Oroso prepara xa o XX Campionato de Pesca
O Concello de Oroso abre as inscricións no XX Campionato de Pesca, que terá lugar o sábado 7 de maio durante a Festa da Troita. O torneo rexerase baixo as normas da Federación Galega de Pesca e o prazo de anotación estará aberto ata o 3 de maio
O Centro de investigación en Tecnoloxías da Información convoca cinco bolsas de verán
Desenvolveranse no mes de xullo cunha dotación de 700 euros e gastos de desprazamento
Éxito da xornada de karate infantil celebrada en Ames
Esta actividade, que se enmarca dentro da programación deportiva trimestral do Concello de Ames, estivo organizada polo Club deportivo kárate Ames.
Tratouse dunha xornada participativa e de convivencia entre os nenos e nenas dos clubs deportivos participantes. O obxectivo foi ofrecer unha alternativa ás competicións e torneos
Viaxa a Madrid para apoiar ao Obradoiro
O Rio Natura Monbus Obradoiro necesita o apoio dos seus nunha nova xornada da liga Endesa lonxe de Sar.
Crisis interna en Ames coa renuncia dunha concelleira de Contigo Pódese
Catuxa García, número dous nas listas electoráis e concelleira de Medio Ambente presentou onte a súa renuncia e deixará a acta.
Os socialistas de Ordes solicitan a construción dunha senda peonil
A infraestrutura, duns 2,5 km de lonxitude, melloraría a seguridade das persoas que fan o percorrido a miúdo e tamén sería un espazo de paseo de deporte. A senda iría desde O Valado ata Parada
O goberno municipal de Lalín solicitará a Xunta que pague a PAC do 2015
As axudas da Política Agraria Común (PAC) son a principal vía de subvencións das que se benefician as explotacións agrarias galegas.
Pacto X Ames retoma a petición dunha comisaria
Pacto por Ames retomará a iniciativa da Comisaría da Policía Nacional en vista de que o tripartito e a Delegación do Goberno seguen ninguneando aos máis de 70.000 veciños afectados coas promesas incumpridas unha vez máis.
O PP de Oroso critica o retraso nas beirarrúas na N-550
Doval, tras o inicio con dous anos de retraso da obra das beirarrúas da N-550: “Vin concellos máis rápidos”. O portavoz popular afirma que “máis vale tarde que nunca” e ironiza dicindo que “xa se sabe que as cousas de palacio, e máis en Oroso, van amodiño”
O CV Bruxas participou por primeira vez no primeiro Campionato Galego de Voleibol
Todos os partidos do torneo, tanto dos equipos femininos como dos masculinos, disputáronse ao longo do sábado 23 de abril no Pazo dos Deportes Paco Paz de Ourense. Os xogadores do Dumbría e as xogadoras do Caldario Ourense subirán á Primeira División Nacional tras coroarse gañadores do campionato.
Silleda acode a liñas de subvención europeas para financiar o Centro Agrario
Farao como socio principal co apoio de outros municipios da provincia de Pontevedra e do norte de Portugal
Últimos días para anotarse na IV Carreira Pedestre do Concello de Oroso
As anotacións deben facerse antes do 27 de abril en www.carreiras galegas.com ou www.fgatletismo.es/santiago
O PP de Ames solicita información acerca da urbanización próxima á escola infantil de Bertamiráns.
Solicita así mesmo información sobre a previsión para arranxar un dos accesos á escola infantil, en moi mal estado, dada a próxima apertura da mesma en setembro. Na páxina web do Concello non se ofrece información nin enlace a información sobre ningunha das escolas infantís da Galiña Azul de Milladoiro e Bertamiráns.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)






































