Axenda e tempo do sábado 17 de outubro - Música, tapas, cine, exposicións

Santiago - Numax

Vedra - Vedra de tapas

Santiago - Cidade da Cultura - I Forum Faiway

Santiago - I Festival Martín Codax de premios da Música

Ames - proxección de A Esmorga en Bertamiráns

Outros Concertos + info

Exposicións

Santiago - Fonseca - retrospectiva Montero Ríos (ata o 31 de outubro)

Santiago - Colexio de psicólogos - Elana ivonne Daprá (ata finais de novembro)

Santiago - Fonseca - Trazos do Pasado (ata o 15 de outubro)

Santiago - Fundación Granell - 20 formas de cambiar el mundo (ata decembro)


O Tempo

Ames - Proxección da Esmorga en Bertamiráns e Milladoiro

O auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns acolle este sábado, 17 de outubro, ás 20:00 horas, a proxección de “A Esmorga”. Baseada na novela de Eduardo Blanco Amor, a película está dirixida por Ignacio Villar e interpretada nos seus principais papeis por Karra Errejalde, Miguel de Lira e Antonio Durán Morris. O veciño de Ames, Pepo Suevos, tamén forma parte do elenco. O filme, nominado ao premio de mellor guión adaptado na edición dos Premios Goya de 2014, narra 24 horas na vida de tres compañeiros de farra. Logo deste primeiro pase en Bertamiráns, a Esmorga chegará ao Milladoiro o sábado 31 de outubro. En ámbolos dous casos o prezo das entrada é de cinco euros.

A novela de Eduardo Blanco Amor na que se basea a película de Ignacio Villar, foi publicada en Buenos Aires en 1959 e en Galicia en 1970. Foi unha das primeiras novelas galegas de posguerra e marcou un fito na historia da literatura galega. O libro foi adaptado tamén ao teatro e traducido a varias linguas. A historia está ambientada na cidade de Ourense, lugar onde se rodou a película, e onde transcorre a noite de troula dos tres personaxes principais: Cibrán o Castizo, Xanciño o Bocas, e Aladio Milhomes, que botan de bebedela un día enteiro e máis a súa noite, unha noite que rematará traxicamente co falecemento de dous deles e o axuizamento do terceiro.

O filme, que ten unha duración de 111 minutos, está interpretado polos actores galegos Miguel de Lira, Antonio Durán “Morris”, Ledicia Sola, Sabela Arán, Monti Castiñeiras, Mela Casal, Santi Prego, Alfonso Agra, Mónica García, Elena Seijo, Covadonga Berdiñas, Lois Soaxe, Amelia Guede e Melania Cruz. Tamén forman parte do elenco Karra Elejalde e o veciño de Ames Pepo Suevos. 

Da adaptación do guión encargáronse Carlos Asorey e o propio director da película, Ignacio Vilar. A música é de Zeltia Montes e a dirección de fotografía correu a cargo de Diego Romero.

A Esmorga é unha coprodución de Vía Láctea Filmes, Editorial Galaxia e TVG. En Ames proxectarase dúas veces: o sábado 17 de outubro en Bertamiráns e o sábado 31 do mesmo mes no Milladoiro. O prezo da entrada é de cinco euros.

Ordes - Día das bibliotecas o próximo sábado 24

Co gallo do Día das Bibliotecas, que terá lugar o vindeiro sábado 24 de outubro, a biblioteca municipal de Ordes vén de dar a coñecer o seu programa de actividades conmemorativas.

Así o xoves, 22 de outubro, ás 20 horas terá lugar a presentación do obra de José Jacobo Ríos ‘El inmenso mar de los olvidados’. Un acto que terá lugar no mesmo centro e que contará coa presenza do mesmo autor, natural de Ordes, que asinará exemplares e manterá un encontro con todas e todos aqueles interesados pola súa obra e actividade dentro do colectivo literario e artística coruñés ‘In Nave Cívitas’.

Por outra banda o vindeiro venres, 23 de outubro, abrirase ao público a mostra de obras cedidas polo Ministerio de Cultura con motivo da concesión do último premio María Moliner á biblioteca de Ordes. Unha ampla colección que supera o centenar de referencias, a cal abrangue libros destinados a todo tipo de públicos. David Trueba, Fernando Pessoa, Javier Marías, Clara Sánchez, Murasaki Shikhibu, ou as editoriais Edelvives, Libros del zorro rojo, Kókinos ou Tatanka, son unha pequena mostra dos autores e editoriais cuxas obras pasarán a engrosar as estanterías da biblioteca. Ademais este mesmo día ás 18 horas ofrecerase o contaconto ‘O soño do rato’. Unha actividade dirixida especialmente para nenos e nenas a partir dos 3 anos.

Brión - Mesa polo empredemento

O Concello de Brión convoca unha Mesa polo Emprendemento para informar a todos os veciños e veciñas que o desexen sobre como montar a súa propia empresa. A participación nesta iniciativa, que terá lugar o martes 10 e o xoves 19 de novembro, é totalmente de balde, se ben é preciso anotarse antes do 3 de novembro na Casa da Cultura, no teléfono 981 50 99 08 ou en voluntariado@briondixital.org.

A sesión celebrarase no centro social polivalente, en horario de 20:00 a 21:30 horas, sempre que haxa un mínimo de 8 inscritos. Durante esas tres horas, os veciños e veciñas que se inscriban recibirán información sobre todos os pasos a ter en conta á hora de montar a súa propia empresa: fiscalidade, modelos de contratación, elaboración de nóminas... Un encontro no que se tratará de dar resposta a todas as dúbidas que poidan ter os emprendedores brioneses.

Vedra - Última fin de semana no Vedra de Tapas

O concello de Vedra en colaboración cos establece­mentos de hostalería asociados á marca “Tabernas da Ulla”
organiza o Roteiro - Concurso “Vedra de Ta­pas”, os días 9, 10, 11, 12, 16, 17 e 18 de outubro de 2015 co obxectivo de promover a restauración local.
Cada tapa terá un prezo de venda ao público de 1,50 €.
Tapa + albariño: Se os clientes degustan unha tapa acompañada por un viño albariño das adegas locais, o prezo de venda ao público será de 3,00 €.
ESTABLECEMENTOS PARTICIPANTES E TAPAS:
Establecementos participantes:

O CHURRASCO DE JUANITO
Fabas de Julia
Zorza da Ulla
RESTAURANTE VILLAVERDE
Croquetas de chocos na súa tinta
Callos de bacalao á galega
O CRUCEIRO
Tortipizza
Torrada de queixo de Arzúa con pulpo
BAR QUENLLAS
Polbo con cachelos
Delicias
BAR AVENIDA
Callos
Pulpo á feira con cachelos
TABERNA MOSQUEIRO
Fabada de Mosqueiro
Raxo con patacas novas
A TABERNA DO FERRADOR
Chipiróns na súa tinta con arroz
Tostas de lacón e pemento recheo
CAFÉ-BAR DERBI
Mans de Ministro
Richada
CAFÉ BAR A DORNA
Carne ao caldeiro
Callos da avoa
O FOGAR DO AVÓ
Tenrreira con salsa de champiñóns e castañas
Rubenadas
MESON ROBERTO
Bonito sobre fondo de compota de tomate
Tosta de atún con tomate
BAR BARREIRO
Cabra ao estilo de “Barcia”
E de segundo postre

CONCURSO:
Cando un cliente degus­te unha tapa presentada a concurso, o estable­cemento participante deberá selarlle a carti­lla de votación, na ca­siña correspondente ao seu establecemento.
Os clientes poden vo­tar todas as tapas ou parte delas, dándolle a puntuación que consi­deren: de 0 (mal) a 5 (excelente).
Para entrar no concurso de tapas as cartillas teñen que ter os selos de como mínimo 5 establecementos
Outorgaranse unha 1ª, 2ª e 3ª mención ás me­llores tapas.

SORTEOS E AGASALLOS:
Para entrar no sorteo dos diferentes agasallos será preciso:
Ter os datos cubertos e lexibles na cartilla de votación e depositala en calquera das urnas nos establecementos hostaleiros participantes ou na Casa do concello de Vedra.
As papeletas terán que estar depositadas o domingo 18 de outubro de 2015 ás 23:00h. como data tope para par­ticipar no sorteo e ser válidas para o reconto.

OS AGASALLOS A SORTEAR ENTRE OS CLIENTES PARTICIPANTES NO CONCURSO SON:

As cartillas con selos de como mínimo 5 establecementos participarán nos sorteos de:
-Unha cea para dúas persoas nun dos restaurantes do concello.
-Un lote de produtos locais.
-1 tarxeta regalo por valor de 50 € para gastar nalgún dos establecementos do concello.

As cartillas con selos de como mínimo 8 establecementos participarán nos sorteos de:
-Unha “Escapada Termal” con estanza para dúas persoas con almorzo incluído, circuito termal…
-100 €

As cartillas con selos dos 12 establecementos participantes entrarán no sorteo de 200 €

Para os agasallos de grupo:
Considerarase grupo o formado por 5 ou máis persoas.
Realizarase un CONCURSO FOTOGRÁFICO:
A foto terá que mostrar que se está facendo a ruta “Ve­dra de Tapas”.
Haberá que enviala a
e pasará un filtro de valoración e se é admitida subirase ao Facebook do concello de Vedra. A foto máis votada será a gañadora, sempre e cando cumpra os requisitos esixidos para a participación.
Premio: Un lote de produtos locais.

Ames - Mañá celébrase a XVI Carreira Pedestre Popular do concello

Este domingo, 18 de outubro, celebrarase a XVI Carreira Pedestre Popular do Concello de Ames. O número de inscritos/as mantense respecto das últimas edicións superando o milleiro de deportistas. Este ano agárdase que máis de 1.300 persoas participen nesta carreira popular. Arredor de 700 nenos e nenas están inscritos na carreira escolar, mentres que na proba absoluta hai inscritas arredor de 600 persoas. Na proba absoluta participarán a atleta profesional Esther Pedrosa e o exciclista profesional Ezequiel Mosquera. A saída da proba estará instalada nos arredores do Pazo da Peregrina de Bertamiráns (Avenida José Luís Azcárraga). Os adultos terán que percorrer unha distancia de 10.200 metros, mentres a distancia da carreira dos nenos/as variará segundo a categoría e a idade dos participantes. 

A localidade de Bertamiráns acolle este domingo, 18 de outubro, unha nova edición da Carreira Pedestre Popular Concello de Ames. Os corredores que participen na proba absoluta tomarán a saída ás 10:30 horas da mañá dende o contorno do Pazo da Peregrina. As categorías xúnior, promesa, sénior e veteranos, é dicir, os nacidos no ano 1997 e anteriores, percorrerán un total de 10.200 metros. Ás 12:00 horas, tras a competición absoluta, está previsto que comecen as probas da categoría pitufo –nados no ano 2011 e posteriores–, que correrán unha distancia de 200 metros. A esta seguiranlle os grupos prebenxamíns (350 metros), benxamíns e alevíns (1.000 metros), infantís (2.000 metros) e cadetes e xuvenís (2.800 metros), é dicir, todos os nacidos entre os anos 1998 e 2010. 

Os dorsais retiraranse na secretaría da organización situada no Pazo da Peregrina o día anterior á carreira (sábado, 17 de outubro) en horario das 17:00 ás 20:00 horas ou no mesmo día da carreira ata media hora antes da proba correspondente. Para non gardar colas recoméndase recoller o dorsal o día anterior no lugar establecido. Os participantes deberán ademais colocarse na zona de saída 10 minutos antes do comezo de cada proba. 

Participan Esther Pedrosa e Ezequiel Mosquera 
Este ano agárdase que máis de 1.300 persoas participen nesta carreira popular. Arredor de 700 nenos e nenas están inscritos na carreira escolar, mentres que na proba absoluta hai inscritas arredor de 600 persoas. Na proba absoluta participarán a atleta profesional Esther Pedrosa e o exciclista profesional Ezequiel Mosquera. Ademais, no pavillón polideportivo de Bertamiráns habilitarase un servizo de duchas e aseo para todos os deportistas que queiran usalo. 

Segundo explicou o alcalde de Ames e concelleiro de Deportes, José Miñones, “xa está todo preparado para que se celebre con total normalidade a XVI Carreira Pedestre Popular do Concello de Ames na que este ano se inscribiron máis de 1.300 deportistas. Agardamos que esta carreira sexa un festa do deporte amesá e na que participen tanto atletas profesionais como persoas a nivel afeccionado”. 

Recibirán trofeos os tres primeiros clasificados de cada categoría, masculinos e femininos e tamén os tres primeiros absolutos masculino e feminino. Os premios non serán acumulativos. A entrega de trofeos farase ao rematar a carreira. Aos atletas que obteñan algún premio poderáselles solicitar que acrediten a súa idade coa presentación do DNI ou pasaporte. Cómpre salientar que todo corredor ou corredora que chegue á meta sen o seu dorsal ou non o leve colocado de xeito correcto na zona do peito, será automaticamente descualificado. 

O control da carreira estará a cargo do Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo na Delegación de Santiago de Compostela. Aínda que a proba sexa de carácter estritamente deportivo e popular, admitiranse reclamacións, pero agárdase un espírito e un comportamento deportivo por parte de todos os participantes. As reclamacións aos resultados oficiais formularánselle ao xuíz árbitro da competición non máis tarde de 30 minutos despois da publicación dos resultados. 

Cortes de tráfico e restricións de estacionamento 
O Concello de Ames informa que durante a celebración da carreira haberá cortes esporádicos de tráfico nalgúns puntos do percorrido. Dende as 8:00 ata as 12:00 horas cortarase o tránsito de vehículos na Avenida José Luis Azcárraga, Travesía da Peregrina, Rúa da Fragua, Rúa da Xunqueira, Rúa Alcalde Lorenzo (DP 0205), Aldea de Sisalde, Urbanización "As Cortes", Rúa Revolteada, Rúa Ribeira de Maguxe, Cruce Avenida da Maía (AC-543 P.K.7) e Rúa Rosaleda. 

Posteriormente, entre as 12:00 a as 14:00 horas, cortarase o tránsito de vehículos na Avenida José Luis Azcárraga, Rúa Lodeiro, Travesía de Lodeiro, Rúa da Telleira, Rúa do Cómaro e Rúa do Camiño Novo. Ademais, queda prohibido estacionar na rúa Avenida José Luís Azcárraga dende as 6:00 ata as 15:00 horas do domingo 18 de outubro.

Silleda - Arranxados os problemas de alumeado na recta de Taboada

Os operarios municipais do departamento de Servizos de Silleda localizaron hoxe o fallo que afectou durante varios días ao alumeado público da recta da parroquia de Taboada, en plena estrada N-525. 

Logo de realizar distintas comprobacións, para dar co fallo eléctrico, os operarios do Concello localizaron a avaría nun dos puntos do tramo, onde os roedores rillaron varios cables co que se producían continuos cortes nos térmicos.

Os operarios iniciaron xa os arranxos pertinentes para solventar este problema que viña repetíndose con frecuencia.

Forum Fairway - Segunda xornada

El ejemplo del Camino como espacio multicultural, didáctico, experiencial y reflexivo se puso ayer de manifiesto en la primera jornada de FairWay que hoy afronta su segundo día con el objetivo de avanzar en la proyección internacional del fenómeno Xacobeo y en todas las ramificaciones culturales, de gestión, patrimoniales y de profunda huella física y emocional que han convertido al Camino de Santiago en la ruta milenaria que hoy es, planteando su futuro de una forma sostenible y estudiando las necesidades que demanda un patrimonio con el valor histórico, artístico y humano que posee la Ruta Xacobea.

Peregrinos anónimos y reconocidos, investigadores en la materia, autores de publicaciones sobre el Camino que se han convertido en bestsellers en muchos países, la amplia programación del Congreso se combina a la perfección con el espacio ferial en el que se exponen productos y servicios adaptados al Camino y se cierran acuerdos de comercialización y turoperación para abrir nuevos mercados al Camino de Santiago. Todo ello en un espacio de más de 2000 metros cuadrados donde los participantes disfrutan también de la gastronomía del Camino y de exposiciones fotográficas de acceso gratuito a los participantes en este Forum.

Y es que la Ciudad de la Cultura se ha vestido en estos días de Camino de Santiago gracias a dos exposiciones fotográficas. Una con las instantáneas con las que el fotógrafo japonés Koji Kusumoto recoge la magia y la profunda espiritualidad que envuelve el Kumano Kodo, la ruta de peregrinación japonesa hermanada con nuestro Camino de Santiago. 

La otra, el proyecto documental Rexistro 108 de Germán Limeres, recoge las fotografías de los peregrinos del Camino de Santiago en 2011 a su paso por la aldea sarriana de Vilei, a 108 kilómetros de su llegada a Compostela. Una serie de fotografías simples, sin concesiones, donde lo que se pretende reflejar es la fisonomía de peregrinos de todo el mundo, su condición humana y dignidad. Son retratos con nombre y apellido. 

A estos trabajos se unen las que también se pueden visitar en la Ciudad, tanto en la Galería Sargadelos como en el Hostal dos Reis Católicos, en cuya sala de arte se recoge el trabajo conjunto de Luis Ocaña y Luis Gago sobre el Camino Kodo y el de Santiago de Compostela. 

Programación especial: panel Kids &Family

Cabe recordar que este I Forum del Camino de Santiago tiene una vertiente profesional durante sus tres primeras jornadas, aunque está abierto a la participación de todas aquellas personas que estén interesadas en el fenómeno Xacobeo. También los peregrinos tienen las puertas abiertas de FairWay, tan solo tendrán que mostrar la Compostela para poder acceder al recinto. Sin embargo, la jornada de clausura, que tendrá lugar el domingo, estará completamente abierta al público general, con acceso gratuito. 

Este último día será una jornada diferente, con actividades culturales y de ocio, muchas de ellas orientadas a los niños y familias, con el objetivo de que disfruten de ponencias especiales, donde los más pequeños le podrán preguntar a los ponentes cómo ha sido la experiencia del Camino, las dificultades que pasaron o los retos que tuvieron que afrontar para superar las adversidades con las que se han encontrado, todo ello con un soporte audiovisual para amenizar la ponencia y con un moderador especial que interactuará entre los más pequeños y el ponente.

Durante esta jornada, que se desarrollará desde las 12h hasta las 18h de la tarde se sucederán las ponencias y las mesas redondas que permitirán abordar aspectos como la superación de los retos o la literatura en el Camino de Santiago. No faltarán los cuentacuentos para amenizar la jornada ni el vino y la música para poner el broche final, con la iniciativa Coro da Rá & Enocións by Ribeiro, en la que se catarán tres vinos de la D.O Ribeiro amenizados con la actuación de Coro da Rá y su música espiritual, rock, jazz, blues que se une así a la enología y el Camino de Santiago.

Santiago Futsal - A entrega e a intensidade celeste quedaron sen premio no Palau

Comezou o encontro no Palau Blaugrana con dominio local, un FC Barcelona Lassa que movía o balón en media pista e que buscaba finalizar accións elaboradas a través de Lozano e Batería, os xogadores que maior perigo crearon na portería visitante nos primeiros minutos. 

Pero as ocasións tamén chegarían para o conxunto celeste. Diego Quintela puido adiantar aos seus no minuto 5 nun balón morto dentro da área que non acertou a rematar. Tras unha sucesión de ocasións para ambos os conxuntos, o pivote de Arzúa non perdoaría nun tiro exterior desde a frontal da área que batería a Paco Sedano por alto para facer o 0-1.

Ata en 3 ocasións atopáronse os blaugranas cos paus, que non conseguían igualar o marcador. Con todo, nunha acción á contra, e para xúbilo do equipo celeste, Diego Quintela distanciaría aos de Santiago co 0-2 no minuto 17.

Coa distancia de dous goles no marcador, os locais lograron encerrar aos galegos en defensa e nun balón rebotado que favoreceu ao remate de Dyego, o xogador blaugrana lograría o 1-2 un minuto antes do descanso.

Tras a continuación, e cando transcorrese só un minuto da segunda parte, os árbitros pitarían penati favorable a FC Barcelona Lassa que Lozano convertería no empate 2-2.

Volverían gozar dunha clara ocasión de gol os celestes nunha combinación entre Antonio e Diego Quintela, pero o pivote non acertou no remate e o seu disparo marchouse fóra.

Os visitantes, empregándose a fondo en defensa, frearían as acometidas dos blaugranas, quen, por medio de Ferrao, volveron atoparse cos paus da portería defendida por Iker López; ou co meta madrileño, cunha actuación excelente na noite de hoxe.

A pesar da intensidade e á garra dos celestes durante todo o encontro, o gol de Aicardo no minuto 36 que daría a volta ao marcador inicial e poñía o 3-2 para os locais, sería un xerro de auga fría para os celestes, que estaban a manter un gran nivel ante un duro rival.

Santi Valladarares apostaría por saír con porteiro xogador os últimos minutos de partido, pero tras a expulsión de Dani Montes polo segundo cartón amarelo, chegaría o cuarto gol do FC Barcelona, nun contra que materializou Lozano no 4-2, e co que se chegaría ao final do partido.

Sala de prensa

Santi Valladares analizou o encontro tras a súa conclusión, do que dixo “Creo que o Santiago Futsal competiu a un nivel moi alto nunha cancha moi complicada ante un grandísimo equipo. Ante estes equipos, aínda que te poñas 0-2 por diante, hai situacións puntuais de xogo nos que eles che poden facer gol e eles non perdoan. O ritmo lévano eles, a presión lévana eles… pero creo que lles metemos medo no corpo e que iso o poida facer un equipo como o Santiago Futsal é de moito mérito.”

Ficha do partido

FC Barcelona Lassa: Paco Sedano, Aicardo, Marc Tolrá, Wilde e Lozano- cinco inicial- Batería, Gabriel, Dyego, Ferrao, Lin e Saad.

Santiago Futsal: Iker López, Quique, Álex Diz, Iván Rumbo e Diego Quintela -cinco inicial- David Palmas, Pablo Mel, Santi, Antonio Diz, Dani Montes e Hugo Sánchez

Árbitros: Fortes Pard;ou e Martínez Flores. Expulsaron a Dani Montes con dobre cartón amarelo no Santiago Futsal e amoestaron a Santi, Iker López e Quique. No FC Barcelona Lassa amoestaron con cartón amarelo a Ferrao.

Incidencias: Partido correspondente á 6ª Xornada de Liga no Palau Blaugrana.

Goles: 0-1 min.14 Diego Quintela, 0-2 min.17 Diego Quintela, 1-2 min.19 Dyego, 2-2 min.21 Lozano: 3-2 min.36 Aicardo, 4-2 min.39 Lozano

Axenda e tempo do venres 16 de outubro - Música, coloquios, feiras, exposicións

Santiago - Numax

Vedra - Vedra de tapas

Santiago - Casa das Crechas -  Helena Goch

Santiago - CGAC - Kontakte 

Santiago - Cidade da Cultura - I Forum Faiway

Santiago - I Festival Martín Codax de premios da Música

Santiago - Capitol - Ben Pool

Outros Concertos + info

Exposicións

Santiago - Fonseca - retrospectiva Montero Ríos (ata o 31 de outubro)

Santiago - Colexio de psicólogos - Elana ivonne Daprá (ata finais de novembro)

Santiago - Fonseca - Trazos do Pasado (ata o 15 de outubro)

Santiago - Fundación Granell - 20 formas de cambiar el mundo (ata decembro)


O Tempo

Santiago - Concerto de Kontakte no CGAC


O novo dúo galego-portugués KONTAKTEduo formado por Carlos Puga, percusión, e Patrícia Martins, piano, ofrecen hoxe un concerto dentro das Xornadas de Música Contemporánea. Será a partir das 20.30 h no Centro Galego de Ate Contemporánea baixo o título ‘Catro pezas febrís… que é a música hoxe?’. As entradas son de balde previa retirada de invitacións no despacho de billetes do Teatro Principal (aberta de 18.00 a 21.00 h) ou no propio CGAC desde unha hora antes de que comece o concerto.


Coa súa actitude de (re)descubrimento e (re)interpretación o novo dúo galego-portugués KONTAKTEduo reúne tres perspectivas distintas de son, gramática musical, xesto e intención: o virtuosismo técnico do neozelandés John Psathas en Happy Tachyons, a obsesiva escrita do Tombeau do francés Philippe Hurel e o xogo de ataque/resonancia das Quatre Pièces Fébriles do grego Georges Aperghis. Pneuma XI, do norteamericano Daniel Steffey, abre o concerto nunha tentativa de desafiar as fronteiras da interpretación/composición, instrumentista/músico, músico/home… KONTAKTEduo pretende cuestionar que é a música hoxe.

Que é a música hoxe?
Escrita polo compositor grego Georges Aperghis, Quatre Pièces Fébriles explora algúns conceptos-base musicais como a expectativa, o contraste ou a complementariedade, aliado a unha gramática extremadamente metódica e elaborada, expoñendo, dunha maneira simple e directa, a natureza acústica da marimba e do piano e cuestionando a lexitimidade da “escrita idiosincrática”. Happy Tachyons, obra do compositor neozelandés John Psathas, e Tombeau in memoriam Gerard Grisey do francés Phillipe Hurel foron concibidas, con gramáticas musicais distintas, sobre os mesmos principios na medida en que ambas as obras se constrúen co mesmo material musical e procuran unha sonoridade única a través da fusión tímbrica entre láminas/metais co piano. Pneuma XI, composición do americano Daniel Steffey, consiste nunha improvisación orientada para dous percusionistas en interacción con electrónica; Pneuma XI abrirá o concerto, nunha tentativa de desafiar as fronteiras da interpretación/composición, instrumentista/músico, músico/home.

KONTAKTEduo
Formado polo percusionista galego Carlos Puga e pola pianista portuguesa Patrícia Martins, KONTAKTEduo nace coa perspectiva de promover e difundir a música escrita para esta formación instrumental e a intención de explorar a música de hoxe cunha actitude de (re)descubrimento e (re)interpretación, non encarando o proceso artístico como repetición pero si como referencial. No marco dos festivais internacionais de música de cámara HARMOSclassical'14 e EUROCLASSICAL'14, KONTAKTEduo foi seleccionado para representar o traballo en música de cámara en Portugal, realizando actuacións na Casa da Música e Conservatorio de Música de Oporto e na Casa das Artes de Famalicão. Tamén en 2014, actuaron no auditorio do Conservatoire à Rayonnement de París, no auditorio do Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela co gallo da celebración do seu décimo aniversario e no 2º Festival de Percussão da ESMAE no Teatro Helena Sá e Costa (Porto).

Carlos Puga naceu en Vila de Cruces (Pontevedra) e actualmente remata a licenciatura en percusión na Escola Superior de Música e Artes do Espetáculo (ESMAE) de Porto. Recibiu clases e asistiu a clases maxistrais cos profesores Juan Collazo, Ton Risco, Nancy Tzelsman, Bodgan Bacanu, Nick Woud, Roberto Oliveira, LAR Legido, José Manuel Hermida, Mark Braafhart, Tchiki Duo, Nuno Aroso, Jean Pustjens, César Péris, Mark Ford, Alejandro Sanz, José Trigueros, Pius Cheung, Pedro Carneiro, Bart Quartier, Manuel Campos, Miquel Bernat, Michael Lauren, Jeffery Davis e Fernando Llopis. Foi seleccionado para tocar na Orquestra Nova da Sinfónica de Galicia, Orquestra Sinfónica do Porto Casa da Música, Fundação Orquestra Estúdio, Círculo Pontuense de Ópera e Banda Sinfónica Portuguesa. En 2013 gañou, na categoría superior, o concurso de percusión organizado polo Curso Internacional de Percusión de Agolada.


Patrícia Martins naceu en Braga (Portugal) e obtivo a licenciatura en piano e o posgrao en ópera ademais de realizar estudos músico-teatrais na Escola Superior de Música e Artes do Espetáculo (ESMAE) de Porto. Recibiu clases e asistiu a clases maxistrais con Vlad Dimulesco, Tsiala Kvernadze, Madalena Soveral, Miguel Borges Coelho, Luis Pipa, Elisa Lessa, José Alexandre Reis, José Augusto Reis e Axel Bauni. Traballou cos mestres Ernst Schelle, Emílio de César, J. F. Lobo, Martin André, Rudolfo Samglibeni, Florin Totan, Roberto Pérez, António Saiote, António Baptista, Luís Macedo, Paulo Martins e Paulo Matos, e cos directores de escena Peter Konwitschny, Sara Erlingsdotter, António Durães e João Henriques. En 2005 gañou o primeiro premio no concurso interno Calouste Gulbenkian e tocou como solista coa Orquestra do Norte dirixida por José Ferreira Lobo. En 2011 obtivo o primeiro premio no concurso Helena Sá e Costa e actuou como solista coa Orquestra Sinfonieta baixo a dirección de António Saiote.

PROGRAMA

Daniel Steffey (1986)
Pneuma XI (2014)
percusión e electrónica

George Aperghis (1945)
Quatre Pièces Fébriles, op. 115
marimba e piano

Philippe Hurel (1955)
Tombeau in Memoriam Gérard Grisey
percusión e piano

John Psathas (1966)
Happy Tachyons
marimba, vibráfono e piano


Lindeiros - Xa está na web e desde hoxe na rúa o Lindeiros de Outubro

Xa temos na web e na rúa o Lindeiros de Outubro. Este mes falamos co alcalde de Frades Roberto Rey que acaba de renovar a maioría absoluta despois de 3 anos moi duros e nos que tocou aforrar e recortar gastos.
A nosa ruta pasa polas terras de A barcala e Xallas, preciosas paixases e abundante patrimonio do que destaca o núcleo de Ponte Maceira entre Ames e Negreira e que serve de marco a nosa portada.
Pasámonos por un adestramento do Río Natura para falar con Moncho Fernández, o equipo cumpre 45 anos e 5 na ACB o que resulta un bo momento para lembrar cousas e preguntar por outras.
Tedes toda a actividade dos próximos días nas páxinas de axenda, os contos de Jorge del Oro, as reflexións sobre educación de Fátima García, podedes saber un pouco máis de como  vemos a cor o artigo de Andrés Gómez ou que servizos existen para facer unha videoconferencia, e si vos interesa saber máis do can de palleiro José Marcial Díaz Manso no lo esina no seu artigo. Coma sempre as datas das próximas feiras, as lúas, os horarios de autobuses da bisbarra e un montón de cousas máis.


Santiago Futsal - Hoxe toca enfrontarse o Barça

Santiago Futsal ten hoxe ante si outra das probas que este maratoniano comezo de Liga no seu día deparoulle. Tras os encontros ante Movistar Inter e El Pozo Murcia, agora visitan o Palau Blaugrana para medirse a outro dos claros aspirantes ao título de Liga e Copa, FC Barcelona Lassa. O encontro, que se disputará hoxe ás 21.15h, será emitido en directo pola web de CRTVG. 

Os de Santi Valladares chegan a este encontro tras acadar un merecido empate 2-2 ante El Pozo Murcia, encontro no que os de Santiago puideron levar a vitoria por méritos e entrega. Situados na 12ª praza da clasificación con tres puntos, e a tan só catro do 8º clasificado, a escuadra celeste busca a primeira vitoria en liga tras sumar tres empates (Peñíscola RehabMedic, Magna Gurpea e O Pozo Murcia) e dúas derrotas (Movistar Inter e Levante UDDM). 

Pola súa banda, FC Barcelona Lassa non coñece a derrota esta tempada e suma pleno de vitorias, o que os sitúa na 2ª posición da táboa con 15 puntos, cun encontro menos que o líder Movistar Inter. Os blaugranas, ademais, conseguiron os seus triunfos en casa con amplos marcadores, superando a Jaén Paraíso Interior por 6-1 e a Jumilla Bodegas Carchelo por 9-1. 

Nas noves ocasiones que FC Barcelona Lassa e Santiago Futsal medíronse en Liga en pistas barcelonesas, os locais lograron un total de 7 vitorias e tan só 2 empates, ambos con idéntico resultado 2-2 (06/07 e 13/14). No encontro da tempada pasada, os santiagueses caeron por un avultado marcador de 8-2 nun partido que rompeu a favor dos blaugranas a partires do 4-2. 

Para o partido de mañá, Santi Valladares poderá contar con David Palmas, que entra na convocatoria tras estar 8 semanas de baixa debido á lesión no recto anterior da súa perna esquerda. Pablo Tallón e Juanjo Catela serán as baixas do conxunto celeste. 

Sala de prensa 

O técnico Santi Valladares compareceu ante os medios en rolda de prensa previa ao encontro ante FC Barcelona Lassa. Valladares explicou “Nós imos a Barcelona a competir, a loitar polos 3 puntos e seguir coa nosa liña de traballo, outra cousa é que nos deixen.” 

Do seu rival de mañá dixo “FC Barcelona Lassa ten un potencial goleador impresionante. É un equipo que nas 5 primeiras xornadas de Liga non baixou de meter 6 goles por partido. Este último ano non se reforzou como nos anteriores, pero recuperou a Marc Tolrá. Agora mesmo en casa é un equipo intratable. Meteulle 9 a Jumilla B. Carchelo, 6 a Jaén Paraíso Interior…” 

En canto á actitude da escuadra celeste para o encontro de mañá, o técnico expuxo “O que lles digo aos meus xogadores é que nestes encontros, ante os grandes, teñen que ser irreverentes, sen importar a quen teña diante. Se hai unha situación de 1x1 dáme igual quen estea diante, sexa un xogador recoñecido ou non, porque nós temos dúas pernas e a mesma capacidade de desborde que calquera. Temos que ser irreverentes, porque se vas con excesivo respecto non vas gozar do teu traballo.” 

Valladares referiuse ao gran traballo realizado polo equipo nos encontros das pasadas xornadas e a importancia de manter o nivel “Competimos moi ben contra Movistar Inter e contra O Pozo e eu creo que o imos a facer moi ben contra FC Barcelona. Iso tennos que dar unha preparación para o que veña despois. Pero non podemos, porque veña UMA Antequera, baixar o pistón. Ese é o medo que eu teño, porque realmente aí é onde nos empezamos xogar a nosa Liga. Entón, se damos a cara contra os grandes, contra os que son da nosa Liga temos que competir ao mesmo nivel para poder ter máis opcións.” 

O xogador do Santiago Futsal, David Palmas, quen tamén asistíu esta mañá a rolda de prensa e entrará na convocatoria do conxunto celeste tras recuperarse dunha lesión que o mantivo afastado das pistas 4 meses, dixo atoparse “mellor do que prevía” e espera estar nas mellores condicións no partido deste venres. Palmas tamén explicou que “Non estou a pensar no rival senón en facer as cousas ben, en mellorar e atopar sensacións, en recuperarme o mellor posible e despois, os resultados, chegarán tarde ou cedo.” 

En canto ao papel do equipo nestas primeiras xornadas de Liga, o peche galego dixo “O equipo está a responder moi ben. Está a defender moi ben porque as estatísticas están aí e así o mostran. Estamos a encaixar moi poucos goles e o equipo está a responder moi ben en defensa. Eu creo que se todos sumamos e aplacamos calquera baixa, podemos manternos. Niso reside a nosa forza de equipo.” 

Así mesmo, o xogador, que pode estrearse en Liga mañá co Santiago Futsal, referiuse ao seu rival “Todo o mundo coñece a FC Barcelona Lassa e sabe que nos primeiros 5-10 minutos do partidos é un rodete e adoita sacar vantaxe. Creo que se somos capaces de arrefriar o partido ao principio, se temos posesións longas e tentamos que non se vaian no marcador, mesmo logramos mantelo igualado, podemos facerlles dano nalgunha contra e aí pode estar a clave. Se aguantamos os 10 primeiros minutos no partido, iso vai equilibrar moito o encontro.”

Casa das Crechas - Presentación do primeiro disco de Helena Goch

Hoxe  venres día 16 de outubro a Casa das Crechas acolle o concerto da valenciana Helena Goch, que nos presentará o seu primeiro disco, Little tiny blue men. Esta cantante é unha das últimas apostas de Ernie Records, que foi recoñecida como a mellor artista emerxente de 2014 para os ouvintes de Disco Grande de Radio 3. 

A artista valenciana, cuxo nome real é Helena Sanchis-Guarner, comezou a subir as súas cancións a Youtube cada semana e ían converténdose en vídeos virais. Así comezou todo o que deu lugar a ‘Little Tiny Blue Men’, o seu disco de debut, no que contou coa man sabia de Julio de la Rosa á produción e coa axuda de músicos como Jaime Olmedo (Havalina), Charlie Bautista (The Sunday Drivers, Tulsa), Jorge Fuertes (We Are Standard), Cecilio Santiago (Nudozurdo, Bandini) e Ángela Rubio (J.F. Sebastian).

Con este disco está a percorrer as salas de todo o Estado. Nas vindeiras semanas estará de novo por Galicia (xa estivo este verán no Festival Con V de Valarés): O 15 de outubro en Pontevedra (Pequeño Karma), o 16 en Compostela (Casa das Crechas), 5 de novembro en Ourense (Café Pop Torgal) e o 6 en Vigo (La Casa de Arriba). 

Poden escoitar o disco aquí: 

Santiago - O Blues Nite acolle o concerto de Ben Poole

Tras o concerto de The Cyborgs no mes de setembro, agora chega á programación do ciclo Blues Nite o británico Ben Poole. Será hoxe venres 16 ás 21.30 h na Sala Capitol. As entradas teñen un prezo de 12 € (anticipada) e 15 € o día do concerto e están xa á venta no despacho de billetes do Teatro Principal (aberto de martes a sábado de 18.00 a 21.00 h), A Reixa Tenda, Miranda, ticketea.com e salacapitol.com. Tras Ben Poole poderemos escoitar dentro deste ciclo a The Buttshakers o xoves 29, a Cedric Burnside o venres 20 d novembro e pechamos o programa do 2015 o venres 27 de novembro con Guadalupe Plata + Hendrik Röver & Los Míticos GT´s.

Ben Poole, a nova revelación do bluesrock británico, sorprendeu a propios e estraños na súa última xira por España ofrecendo espectáculos de máis de 2 horas onde a súa guitarra e voz falaron por si soas. Agora regresa para presentarnos o seu incrible novo traballo en directo "Live At The Royal Albert Hall". Ben está influenciado polo blues pero á súa vez infundiu ao seu estilo un contundente enfoque do rock. Nos últimos anos está a falarse del como un dos maiores talentos da guitarra en Europa. Foi nomeado nos Premios de blues británico (British Blues Awards) en 2011 e 2013 na categoría de "mellor guitarra solista", e representou ao Reino Unido no 2012 no" Blues Challenge" europeo en Berlín, onde quedou terceiro entre os seus 19 competidores.

Nos últimos anos Ben estivo tocando no Reino Unido e nalgúns dos festivais mais grandes de Europa, incluíndo dúas aparicións no lendario festival de Glastombury. Tamén foi visto por uns espectadores asombrados polo seu rock clásico no Festival de Rock de Rodas, en Grecia. Cativando á multitude no tamén coñecido festival de Blues de Sierre e no lendario Blue Balls Festival en Suíza. Ademais disto Ben vira asiduamente por Europa en salas e festivais de Alemaña, Holanda, Bélxica, Suíza, Grecia, República Checa e o Reino Unido.

Ames - O concello solicitará a ampliación do prazo para a revisión catastral

O alcalde de Ames, José Miñones, e os voceiros dos grupos municipais de PSdeG-PSOE, Blas García, Contigo Pódese, Genma Otero, e BNG, David Santomil, compareceron esta mañá ante os medios de comunicación para dar a coñecer a postura do goberno ante as numerosas queixas recibidas polos veciños e veciñas afectados pola regularización catastral que está realizando o Ministerio de Facenda e Administracións Públicas a través da Dirección Xeral do Catastro. Fundamentalmente vanse adoptar tres medidas que son a solicitude da ampliación do período de 15 días para realizar alegacións, a solicitude dun técnico de Catastro para asesorar aos veciños/as amesáns, e a solicitude dunha xuntanza coa Dirección Xeral do Catastro. 

Dita regularización da situación/descrición dos inmobles que correspondan a novas construcións, ou alteración das características de inmobles existentes, que non foran comunicadas ao Catastro polos propietarios/as, leva aparellada unha taxa de regularización catastral que é un tributo estatal que ascende a 60 euros por cada un dos inmobles obxecto de regularización, e implicará un incremento do valor catastral dos inmobles que sexan obxecto de regularización e tributará polo IBI que lle corresponda por estes bens.

Ante esta situación, o Concello adopta unha serie de medidas que van desde o asesoramento directo á veciñanza afectada ata a solicitude á Dirección Xeral do Catastro de demandas que entende básicas para minimizar o impacto que esta regularización pode ter entre os veciños e veciñas. Neste sentido, o goberno municipal remitiu unha carta a Catastro para que, nun primeiro momento e de xeito inmediato, se amplíe o prazo de alegacións, establecido en quince días. Ademais, o goberno local solicitou que se envíe a un técnico de Catastro ao Concello para dar conta de toda esa información, habilitando unha oficina para desenvolver ese traballo. Por último, o goberno local demanda que non se aplique esa regularización con carácter retroactivo ou, no seu defecto, que se aplique a partir do 1 de xaneiro de 2016. O goberno local demandará, igualmente, unha reunión urxente coa Dirección Xeral de Catastro. 

Desde o Concello poñen a disposición dos veciños e veciñas o número de teléfono 981883002 para calquera consulta relacionada con esta regularización, ademais de manter a oficina de Urbanismo aberta a todos os afectados para realizar as súas consultas. Este departamento está a recibir da orde de entre 80 e 100 persoas ao día para recibir información ante esta situación. Para o alcalde de Ames, José Miñones, as cartas remitidas pola Dirección Xeral de Catastro poñen de manifesto unha clara “falta de información, xa que non se especifican os inmobles que se están regularizando, nin se din as consecuencias que pode ter esta situación, consecuencias directas como cando para o ano que ven o recibo do IBI se vexa incrementado por estas novas regularizacións de vivendas de valor catastral e tamén cando se teña que facer ese cobro con carácter retroactivo deste imposto no referente ao que non se regularizou durante estes últimos catro anos”.

A concelleira de Economía e Facenda, Genma Otero, quixo lembrar que o Concello de Ames non ten nada que ver neste procedemento de regularización e asegurou opoñerse a un “proceso escuro, que non se está a facer de xeito transparente e cunha linguaxe administrativa nada clara. Son moitas cousas nas que non estamos de acordo e nos parece un catastrazo en toda regra”. O concelleiro de Urbanismo, Blas García, manifestou que “desde o primeiro día habilitamos persoal para atender e axudar aos veciños e veciñas e a día de hoxe temos o departamento practicamente colapsado xa que temos a catro persoas atendendo aos afectados, simplemente dando información, o que indica o abuso que está cometendo a Dirección Xeral de Catastro con esta regularización”.

Publicarase un bando informativo

O goberno municipal publicará un bando informativo no que dará conta de toda a información en torno a esta regularización e as súas consecuencias. Ademais, púxose en contacto coa Deputación da Coruña, xa que o recibo do IBI está delegado no ente provincial, para saber que medidas pode adoptar a Deputación e a posibilidade do fraccionamento da débeda en caso de levarse a cabo o cobro retroactivo. O grupo de goberno aludiu, igualmente, á falta de información do anterior goberno do PP, que non informou aos grupos da oposición, goberno entrante e á veciñanza de que ese procedemento estaba en marcha.

No caso de Ames, o procedemento de regularización que se está facendo é de aplicación, a partir da resolución do 9 de decembro do 2014 (BOE do 15 decembro 2014), da Dirección Xeral do Catastro, que inclúe dentro da Xerencia Rexional de Galicia-A Coruña a regularización para os concellos de Ames, A Baña, Corcubión, Dumbría, Frades, Laxe, Neda, Ortigueira, Outes, Paderne, Ponteceso, As Pontes de García Rodríguez e Teo. Este procedemento remata o vindeiro 30 de novembro de 2015. Na comunicación que envía a Dirección Xeral do Catastro ven detallada a regularización correspondente, o número de inmobles, os metros cadrados, o valor catastral, etc. Os propietarios/as poderán formular as alegacións que estimen oportunas no prazo de 15 días hábiles desde o día seguinte o da comunicación.



Para iso deberán enviar as alegacións á Xerencia Rexional do Catastro de Galicia- A Coruña; rúa Comandante Fontanes, número 7, 15071, A Coruña. Para calquera dúbida os veciños/as poderán poñerse en contacto co Catastro chamando ao número de teléfono 981 16 13 72 ou enviando un correo electrónico á dirección: gerencia.galicia@catastro.minhap.es. Tamén se pode utilizar a liña directa do Catastro: 902 37 36 35 (tamén no 91 387 45 50).

Área Central - Mañá I Feira Maker Faire

O 17 de outubro en Área Central A Maker Faire toma forza como un evento
referente da creatividade en Galicia

Estase preparando un encontro para o sábado 17 de outubro en Área Central, en Compostela. Trátase da primeira xuntanza de inventores de Galicia, a festa do movemento MAKER que chega por primeira vez á nosa comunidade. A Compostela Mini Maker Faire, a maior feira de inventores do mundo, busca poñer en valor aos creadores galegos.

Os makers son os argalleiros de toda a vida, é dicir: persoas inquedas que gostan de utilizar o seu talento pensando en solucións a problemas cotiás e que disfrutan compartindo aquilo que saben facer. Dúas condicións fundamentáis que fan dun argalleiro, un maker.

Por espazo dun día enteiro máis de 70 expositores chegados de toda Galicia e doutras comunidades darán vida a unha programación composta de makers, talleres e mesas redondas. Nas catro rúas principais de Área Central haberá unha intensa programació de expositores, exhibidores e proxectos e produtos relacionados coa tecnoloxía robótica, impresión 3D, cortadoras láser, etc así como o máis innovador en artesanía, gastronomía e máis.

O movemento MAKER caracterízase por compartir coñecemento e polo seu talante colaborativo: neste sentido haberá de mañá e de tarde talleres en aberto para toda a familia, e un terceiro espazo onde ao longo do día se sucederán mesas redondas sobre
tecnoloxía, innovación educativa, espazos colaborativos, gastronomía e MAKERS coa presenza de referentes en cada un dos sectores. Haberá ademáis unha zona específica na que artistas urbanos realizarán intervencións sobre obras de artistas e artesáns de renome o que constituirá un espectáculo ao vivo.

Enrique Saavedra e Marcos Saavedra, Matilde Rodríguez e Chus Prol impulsores do Design Thinking, movemento DoItYourself, e economía colaborativa respectivamente están detrás desta iniciativa. Desde hai meses actividades como a elaboración en patchwork do logotipo da Compostela Maker veñen sumando vontades ao evento.

Tamén se conta coa colaboración de moderadores para as mesas de debate: Marcus Fernández, Javier Mosquera, Chus Prol, Iñaki Quenerapú e Paula Cabaleiro. A animación non faltará coas performances de Lar Legido, Furia de Timotei de Unitaria e outros DJ, e a actuación de Víctor Grande. Todos sumando esforzos para poñer en valor a capa

Arzua - Ciclo de Teatro de Outono

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa continúa desenvolvendo as representacións programadas dentro do 9º Ciclo de Teatro no Outono.

Despois do éxito de participación na sesión infantil da pasada fin de semana, o certame segue co espectáculo ‘Historias da vida, guerra, amor e case morte’ da compañía Daboapipa. A representación, dirixida a un público adulto, terá lugar este domingo, 18 de outubro, no local social de Viladavil ás seis da tarde. 

Historias de vida, amor, guerra e case morte’ é unha fermosa proposta a medio camiño entre a narración oral e o teatro con música en vivo.

Ao longo de varias historias recollidas de experiencias reais, Santi Prieto e Vero Rilo cóntannos historias dos nosos maiores que reflicten dun xeito agarimoso e divertido a realidade na que vivían. Historias de amor, de emigración, de reclusión, guerra e amor contadas dende a ternura e a emoción nunha proposta que arranca bágoas, lembranzas e sorrisos.

A sesión teatral, de 45 minutos de duración, fai un percorrido pola nosa historia cotiá máis próxima e popular a través dos contos, de cancións populares e de instrumentos tradicionais como o acordeón. A entrada será libre e gratuíta.

USC - O crecemento das poboacións de eucaliptos nunha app

Os modelos de crecemento e a produción de plantacións de Eucalyptus globulus Labill, unha especie que ocupa máis de 400.000 das 600.000 hectáreas de plantación de eucalipto existentes en España, están xa accesibles para todas as persoas interesadas a través da aplicación de software EucaTool. Nesta ferramenta de software de acceso gratuíto, a través da web http://app.eucatool.com, o investigador da USC Juan Daniel García Villabrille presenta todos os parámetros avaliados e os resultados recollidos na tese de doutoramento ‘Modelización do crecemento e a produción de plantacións de Eucalyptus globulus Labill. No Noroeste de España’, que vén de presentar na Escola Politécnica Superior do campus de Lugo. 

Dirixida polos profesores da USC Alberto Roco Alboreca e Ulises Diéguez Aranda, así como polo tamén investigador na EPS Felipe Crecente Campo, a tese de doutoramento desenvolvida por este enxeñeiro de Montes asturiano presenta un modelo de crecemento e produción para rodais da especie destinados principalmente á produción de celulosa. 

Os datos utilizados na investigación realizada por García Villabrille proveñen dunha rede de parcelas, instalada e deseñada ex professo e coa que se que trata de cubrir a variedade de materiais de reprodución, idades, densidades e calidades existentes para a especie na rexión. O modelo de crecemento accesible na app EucaTool inclúe funcións de transición para predicir o crecemento en altura dominante e área basimétrica das plantacións de eucalipto, así como a evolución do número de pés. Tamén se inclúen tarifas de cubicación con e sen cortiza de árbore individual e de rodal, así como ecuacións de biomasa de árbore individual e de rodal. O último compoñente do modelo é unha función de desagregación para a predición de diámetros e o número de pés en cada clase diamétrica. 

Durante o desenvolvemento dos módulos avaliouse a necesidade de elaborar modelos específicos segundo os materiais de reprodución (brinzais, clons F0 e clons F1), e/ou solos (esquistos e granitos) e a inclusión de variables climáticas, resultando modelos únicos en tódolos casos. Os modelos desenvolvidos aportan información de precisión, así como novas ferramentas non dispoñibles para a especie ata a data, como o modelo dinámico de crecemento, a tarifa de cubicación sen cortiza (a única materia prima para a celulosa), e as ecuacións de biomasa de rodal. As proxeccións do modelo indican que as producións de calidades medias sitúanse preto dos 150 m3/ha cunha quenda de 13 anos. 

García Villabrille destaca como novidade da súa investigación o feito de que tamén inclúe modelos de crecemento de produción tanto de variedades clonais como de plantas de eucalipto procedentes de sementeiro. Este investigador salienta asemade que os estudos realizados no marco da súa tese de doutoramento analizan modelos de crecemento e produción de plantacións de primeira quenda, que son as predominantes, di. 

Respecto da utilidade e dos beneficios que pode reportar a aplicación web EucaTool, unha app xa rexistrada, García Villabrille sinala que esta nova ferramenta de software que e caracteriza polo seu fácil manexo ademais de polo acceso libre, permite a calquera produtor/usuario coñecer datos de interese en aras a acadar unha maior produtividade da súa plantación, ao tempo que lle brinda a posibilidade de escoller entre distintas opcións á hora de xestionar unha plantación de eucaliptos. 

EucaTool é unha aplicación moi sinxela, destaca este enxeñeiro de Montes asturiano formado na Escola Politécnica Superior do campus de Lugo, para quen o desenvolvemento desta app é unha fórmula acaída para garantir a transferencia de tecnoloxía á sociedade. Neste senso, García Villabrille sinala que basta con que o usuario de EucaTool introduza datos básicos como o son a data de plantación, número de pés e a altura máxima das plantas da parcela para coñecer qué accións debe realizar e cándo debe facelas para obter a máxima renda. 

Tribunal de tese e cualificación 
A catedrática do Departamento de Enxeñaría Forestal do Instituto Superior de Agronomía da Universidade Técnica de Lisboa Margarida Tomé foi a encargada de presidir o tribunal encargado de avaliar a tese de doutoramento presentada por García Villabrille na Escola Politécnica Superior do campus de Lugo da USC. 

Paula Soares, tamén da Universidade Técnica de Lisboa; Sonia Concés, da Universidade Politécnica de Madrid; Juan Gabriel Álvarez, da USC, e Fernando Castedo, da Universidade de León, completan a formación do tribunal avaliador, que acordou conceder a máxima cualificación de sobresaínte cum laude para esta tese de doutoramento.